Amosando publicacións coa etiqueta Esquerda Unida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Esquerda Unida. Amosar todas as publicacións

domingo, marzo 02, 2014

Esquerda Unida considera que prosegue a burla política co inicio da chamada” terceira fase do plan de barrios”


Esquerda Unida considera que prosegue a burla política co inicio da chamada” terceira fase do plan de barrios”.


Para o grupo municipal de Esquerda Unida todo segue igual: o señor Rey Varela co seu plan de barrios particular agora entrando nunha chamada terceira fase que é nin máis nin menos que o anuncio dunha longuísima campaña electoral financiada coa operación de enxeñería financieira consistente en deseñar un supostamente necesario plan de axuste para así xenerar superávit e ,agora, distribuílo por obras. Electoralismo e amiguismo.

Xa en setembro de 2013 e ao inicio dunha moi parcial actuación a propósito de terrazas “a dedo” o grupo municipal de Esquerda Unida denunciou que ao mesmo tempo que non se quería convocar as asembleas de barrio e o consello da veciñanza o concellerio Langtry declaraba nos corredores da casa do concello que el estaba en campaña electoral. Chusco, moi chusco, pero un verdadeiro adiantado. Agora o asunto xa toma visos de altura política e o señor Alcalde anuncia a terceira fase do plan de barrios. Certamente a produtividade do Alcalde da para moito e o que é mantemento ordinario vaise transformar, por terceira vez, en actuacións singulares, o que son obras a cargo do Urban, ou plan de obras da deputación, en audacia do goberno municipal e o que é desenvolvemento do plan de mobilidade en propostas innovadoras do concelleiro de turno.

Esta semana en Canido aconteceu o que xa se atisba vai ser moeda común: os representantes eleitos solicitan unha asemblea de barrio e o Alcalde, raudo, organiza unha “paralela” pero só para palmeros e como non sae ben , inmediatamente, unha reunión co asociacionismo porque, é evidente,  hai reivindicacións e problemas que atender. A pregunta é: sabe facer algo o señor Rey fóra de foco? Pode organizar unha reunión de traballo sen presencia mediática?

O grupo municipal de Esquerda Unida aínda agarda ,con esperanza, como agardan os veciños e representantes nas institucións participadas que o Alcalde teña , aínda que sexa por inspiración divina, un soplo de altura política e inclúa no “plan-fase tres” información completa , detallada e unificada do conxunto de problemáticas que afectan ao conxunto da cidadanía: unha ordenanza de tráfico para toda a cidade, un plan integral de transportes públicos para toda a cidade, un plan de mantemento ordinario participado, un plan de mantemento de viais transparante e público etc.

Ferrol 1 de marzo de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
15403 - Ferrol

Telf: 981944035
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
1 de março de 2014 11:07

Bo día. Enviámosvos nota do grupo municipal de Esquerda Unida ante o anuncio do Alcalde e do PP do inicio da terceira fase do plan de barrios.Preparados. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación Consello Político Local

__________________

Foto: Daniel Alexandre no 'Diario de Ferrol' - O "paripé" por Caranza.
__________________________

xoves, febreiro 20, 2014

Esquerda Unida ante as novas referidas ao pago de dietas sen asistencia efectiva do consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol


Comunicado do Consello Político Local de Esquerda Unida.

O Consello Político Local de Esquerda Unida ante o desfile de novas que temos todos os días referidas ao pago de dietas sen asistencia efectiva do consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, o pouco edificante que é saber, por mera análise, de todo o referido ás dietas e outros gastos de difícil xustificación a partir, e só a partir, da abrupta marcha da presidencia do ente do anterior titular e o inicio dun durisimo axuste de contas entre faccións rivais do Partido Popular local. Certo que a Intervención Xeral do Estado é a entidade que emite as recomendacións que dan lugar á polémica pero dubidamos moito que a saída á prensa, con todo luxo de detalles, fora esa que  hoxe, e todos estes días, temos de darse outras circunstancias que non afectaran á estabilidade interna do partido gobernante.

En segundo lugar, desde Esquerda Unida queremos resaltar que a corrupción e as prácticas incompatibles co desempeño dos cargos públicos apuntan sempre aos mesmos lugares: aos ámbitos político-empresariais que se moven na contorna dos partidos do sistema. Neste sentido o que acontece é, non só unha cuestión que afecta á legalidade, senón tamén o síntoma do acabamento do réxime bipartidista até agora vivo por retroalimentación de vasos comunicantes entre elites políticas e elites empresariais. Versión local disto é o espectáculo da Autoridade Portuaria.

Non é unha cuestión menor, en terceiro lugar, a que podemos denominar actitude moral. En espera da completa rexeneración das prácticas políticas e empresariais, e que só poder ter lugar a partir dun cambio de réxime vía radicalización das condicións democráticas e aumento das garantías, é dicir, gañar politicamente a posición para que haxa, efectivamente, Dereito e dereitos. En espera diso, dicimos, non estaría mal que se xeneralizara as actitudes moralmente irreprochables entre o común dos cargos institucionais. Espello no que mirarse hai, se se quere. Esquerda Unida estivo moi ben representada no consello de administración do Porto de Ferrol-San Cibrao durante o tempo que ostentou a representación do Concello de Ferrol. Non se trata de vangloriarse pero a cidadanía debe saber que non todos e todas somos, neste sentido, ”iguais”. Cada que que tire as súas conclusións: as nosas son que estamos moi orgullosos da decisión tomada no seu momento polo representante do Concello de Ferrol na Autoridade Portuaria de doar as súas dietas a unha entidade  benéfica da cidade por entender que o seu traballo no consello entraba xa coa remuneración como concelleiro.

Rematamos esixindo, como non, a investigación máis rigorosa posible para este e para todos os casos de corrupción así como a necesaria depuración e asunción de responsabilidades políticas amén das que, no seu caso, se deriven da acción dos tribunais de xustiza.

Ferrol a 20 de febreiro de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
15403 - Ferrol

Telf: 981944035
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
20 de fevereiro de 2014 17:47

Boas. Enviámosvos adxunto a resolución do Consello Político Local de Esquerda Unida de Ferrol diante da polémica xenerada polas dietas sin asistencia efectiva ao Consello de Administración da Autoridade Portuaria e cobradas por distintas personalidades , da política local ou non. Apuntamos tamén as diferencias que pode haber entre os e as protagonistas desta desgraciada historia e outros representantes, protagonistas neste caso dunha actividade política guiada por unha actitude cívica que Esquerda unida se enogullece de poder mostrar como exemplo e de que figure entre as súas filas. | Saúde, grazas e un saúdo, | Secretaría de Comunicación. | Consello Politico Local.

__________________

Foto: Diario do Porto.
__________________________

xoves, febreiro 13, 2014

Esquerda Unida contesta á presentación e anuncio da existencia dun inminente Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello


O grupo municipal de Esquerda Unida esixe do goberno do PP que o debate sobre o Plan especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello non sexa un mero trámite. | “Se de verdade se quere acometer unha rexeneración urbana ligada á recuperación económica do barrio e aá conservación patrimonial nós dámoslle a benvida xa que levamos moito tempo esixindo cousas así. Agora ben, isto significa investimento público e participación cidadá na toma de decisiónsafirma Javier Galán.

O grupo municipal de Esquerda Unida saúda con satisfacción a modificación da perspectiva coa que o goberno do PP viña traballando até o momento no caso de Ferrol Vello e os seus problemas urbanísticos. Así, como de maneira reiterada vimos sinalando e como se ven propoñendo dende instancias veciñais e profesionais de Ferrol (por exemplo, dende o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e desde a Federación Veciñal Roi Xordo) hai que traballar pola rexeneración urbana como concepto inclusivo e que vai alén da mera rehabilitación. Hai , neste sentido, que contemplar medidas encamiñadas á dinamización comercial e outras que fagan compatible a rehabilitación coa rexeneración económica.

En principio, sobre o papel todo está ben e o grupo municipal de Esquerda Unida saúda as declaracións do concelleiro Evia sobre a necesidade de ir máis aló da rehabilitación de inmobles e “poñer en valor o espazo urbano, realizando un traballo coordinado entre administracións, os técnicos e os veciños”. A pregunta é: como? Con que medidas? Cal é o presuposto? Vaise convocar os órganos de participación cidadá?. Ou vai ser todo como está a acontecer co URBAN, que está executado como se fose un plan de obras, ou como o Plan de mobilidade que só se tira del por parcelas e á conveniencia? Realmente estas son as preguntas e as cuestións que ten que responder o concelleiro Evia. Non as referidas ao traballo dos técnicos, non ao rigor ,que se supón, para a catalogación e os seus criterios. A cuestión é a revitalización integral do barrio non un problema urbanístico puntual. Se de verdade estamos dispostos a pronunciar as palabras e a darlles o valor que denota o seus significados non nos podemos  (auto)enganar. Se pola contra  é certo todo o que se di entón  é unha emenda á totalidade á política desenvolvida até agora. Benvida en todo caso.

Esquerda Unida agarda impaciente a entrega do documento xa que será a primeira información da que dispoña para poder , man a man, traballar en pos dunha rexeneración integral, participada e que “poña en valor o espazo urbano”. Polo ben común. Polo interese xeral. Contra a especulación.

Ferrol 13 de febreiro de 2014

Acompañamos a nota con dúas de hai un ano onde xa Esquerda Unida reclamaba o que agora se pretende así como denunciaba o que, inevitablemente, tiña que acontecer de seguir o goberno polo rego no que estaba: ruínas.


NOTA INFORMATIVA GRUPO MUNICIPAL ESQUERDA UNIDA DO 28 DE XANEIRO DE 2013.


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA OBSERVA CON PREOCUPACIÓN O ESTADO DE ABANDONO DUNHA IMPORTANTE CANTIDADE DE INMOBLES NA NOSA CIDADE E ESIXE DO GOBERNO MUNICIPAL DILIXENCIA NA UTILIZACIÓN DOS RECURSOS PREVENTIVOS DISPOÑIBLES PARA ACTUAR NESTES CASOS.  | ESQUERDA UNIDA REITERA QUE CÓMPRE GRAVAR AS VIVENDAS DESHABITADAS  CON FÓRMULAS FISCALMENTE PROGRESIVAS  DE FORMA QUE INCIDA ESPECIALMENTE NOS  GRANDES PROPIETARIOS E SEXA DISUASORIA FRONTE Á RUÍNA E A ESPECULACIÓN. | O GRUPO MUNICIPAL DE E.U. ENTENDE QUE ADEMAIS ESE IMPOSTO DEBE DESTINARSE Á REFORMA E ADECUACIÓN DE VIVENDAS SOCIAIS DO CONCELLO, FUNDAMENTALMENTE  RECIMIL, PARA QUE CUMPRAN A FUNCIÓN SOCIAL QUE RECLAMAN MOITAS FAMILIAS NA CIDADE | O CONCELLO DEBE DAR EXEMPLO: SITUACIÓNS COMO AS AGORA VIVIDAS CO BAMBÚ  CLUB OU COA CASA NATAL DE RICARDO CARVALHO CALERO DEBEN ATOPAR SOLUCIÓN E NON REPETIRSE NO FUTURO.

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que o Concello ten recursos legais uteis para combater as numerosas incidencias que se veñen producindo nos últimos anos en inmobles abandonados da nosacidade. Incendios, derrubes, non son só un gran perigo para os cidadáns de Ferrol senón que ademais supoñen unha merma fundamental para o patrimonio da  cidade. A ordenanza municipal vixente, aprobada por unanimidade, debe aplicarse con rigor contribuíndo así a previr posibles accidentes e contribuíndo a loitar contra a especulación que en moitos casos é o fondo último do deterioro dos nosos edificios.

Esquerda Unida non pode darse por conforme coas reiteradas desculpas en forma de incapacidade para discernir cal é ou non un inmoble deshabitado á hora de gravar os citados edificios. O goberno dispón de diferentes formas de control da legalidade que ten que exercer, sen máis. Unha cidade como Ferrol, cunha merma constante de habitantes e con moitos cidadáns en situación realmente precaria, debe acometer os problemas e tomar decisións políticas que lle permitan  actuar no campo da vivenda. Fiscalizar aspectos como o sinalado pode ser unha ferramenta fundamental para dinamizar a habitabilidade daqueles barrios que presentan agora unha densidade demográfica realmente pobre así como para poder obter recursos que destinar a xestionar adecuadamente o parque de vivendas sociais propiedade do Concello.

O grupo municipal de Esquerda Unida esixe ao goberno municipal a defensa do patrimonio existente na cidade. Situacións de feitos consumados como as recientemente vividas coa Fábrica de Lápices ou como a que agora nos toca afrontar co Bambú Club non deben producirse. Trátese dun edificio de propiedade privada ou pública calquera perda no catálogo de construcións singulares ou de interese en Ferrol debe considerarse como unha merma irreparable para o conxunto da cidadanía.

Ferrol, 28-xaneiro-2013


COMUNICADO DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DE EU FERROL DO 21 DE FEBREIRO DE 2013

Esquerda Unida apoia a asemblea aberta da cidadanía convocada para mañá en Ferrol Vello. O futuro do barrio ben o merece. | “Non pode ser que nesta situación de emerxencia o proxecto para o malgasto na praza de España continúe” afirma Javier Galán.

O grupo municipal de Esquerda Unida Ferrol denuncia a política de abandono e especulación que o Goberno Municipal do PP mantén sobre o barrio e a veciñanza de Ferrol Vello. Mañá o goberno municipal promoverá  a contratación das obras da praza de España por un importe superior ao millón de euros nun contexto marcado polo desleixo do quefacer municipal e autonómico sobre o futuro dun barrio como Ferrol Vello  que se suma ao caso de Recimil  barrio catalogado e protexido,  polo menos nominalmente, pola Dirección Xeral de Patrimonio. Ao igual que nas vivendas de Recimil seica  o futuro de Ferrol Vello é  o derrubo.“A piqueta e a especulación son as marcas de fábrica do goberno do PP en relación co barrio de Recimil”, decía Javier Galán á altura de xaneiro deste ano cando se anunciaba o derrubo do Bambú Club. Daquela ,coma hoxe, se recortan  as partidas para o mantemento do barrios, se bloquean e impiden na práctica a entrega do cento de vivendas baleiras , ou se mete a piqueta; todo menos desenvolver un  plan de actuación que contribúa a reverter o proceso de degradación material e social do barrios, que este goberno semella estar interesado en profundar, quizabes na busca dun pretexto para lanzar unha operación especulativa de gran formato. Porque o PP aposta máis pola especulación que por garantir o acceso a unha vivenda digna na nosa cidade.

Esquerda Unida lamenta o malgasto do potencial enorme que teñen os barrios de Ferrol para desenvolver unha política pública de vivenda social en aluguer.

O Grupo  lamenta a  inacción do Goberno Municipal e apoia decididamente a iniciativa da asociación veciñal de Ferrol Vello de impulsar unha asemblea da cidadanía. Esquerda Unida como organización e os seus concelleiros estarán mañá na asemblea e participarán a carón dos veciños e veciñas no debate e sobre o futuro do barrio de Ferrol Vello.

Ferrol, 21 de febreiro de 2013

--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
15403 - Ferrol

Telf: 981944035
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de fevereiro de 2014 14:09

Boas. Enviámosvos nota de prensa do grupo municipal de Esquerda Unida pola que se contesta á presentación e anuncio da existencia dun inminente Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello do que non se teñen máis noticias que as declaracións do concelleiro Evia. Non hai novidade dada a peculiar política informativa e de (nula) participación do goberno do PP mais neste caso anúnciase unha proposta que de ser tomada en serio implica unha modificación radical do que se ven facendo até agora. Acompañamos a nota con dúas de hai un ano onde xa Esquerda Unida reclamaba o que agora se pretende así como denunciaba o que, inevitablemente, tiña que acontecer de seguir o goberno polo rego no que estaba:ruínas. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local - EU Ferrol

__________________

Foto: Urban cidades
__________________________

martes, febreiro 04, 2014

Esquerda Unida denuncia o desleixo das distintas administacións coa asociación Aspaneps así como o contexto de ruína no que está inmerso parte do patrimonio inmobiliario público na cidade


Esquerda Unida considera inaceptable a situación do local onde ASPANEPS desenvolve as súas actividades
| Goteiras e humidades dentro dun edificio cedido polo Ministerio de Defensa pero agora forma parte do paquete especulativo | O grupo municipal de EU denuncia a actitude de desleixo da Xunta e Concello que se suma á indiferenza habitual diante da problemática sociosanitaria e anuncia que impulsará iniciativas tanto no Parlamento Galego como no Congreso dos Deputados.

Javier Galán denuncia que esta actitude de desleixo é a mesma que conduce á situación do Sánchez Aguilera, precintado despois dunha inspección da Consellería de Traballo.

Preocupados como están por conseguir unha foto, coa que disimular tantas cousas mediocres, que retrate a sinatura dun supostamente óptimo convenio con Defensa previa pase por caixa por parte do  Concello, as administracións do PP no ámbito local e autonómico móstranse absolutamente indiferentes ao deterioro físico dos inmobles nos que se prestan servizos esenciais. Aspaneps, é case vergoñento recordalo, é unha asociación de pais e nais que é o único soporte de atención  específica  para nenos e nenas con sofren problemáticas de perfil psicosocial.

O grupo municipal de EU cre que unha asociación deste tipo e que ven prestando servizos á comunidade merece unha atención preferente por parte do concello e non é de recibo que non só teñan que sufrir os recortes, ao igual que o resto do asociacionismo asistencial, senón que xa haxa que convivir con goteiras e humidades como cutre pegada da crise  nos centros asistenciais do mesmo xeito que  xa convivimos todos coa proliferación de fochas nas estradas urbanas ou non.

Como xa non hai prima de risco como espada de Damocles e o vinteoito deste mes viñeron os reis a Ferrol, seica, o Alcalde debe estar contento e agora o importante debe estar noutros lares e  Lazos ou Aspaneps, entidades que non teñen homólogos na sanidade pública e, aínda que para EU deberían estar integradas na rede pública, existen como entidades que prestan servizos de atención sociosanitaria pero parece que nin existan nin presten servizos. Desde a Alcaldía se continúa coa faraónica pretensión de centrar en obra ornamental o fundamental do investimento: onte a praza de España mañá o elevador do millón de euros para a costa de Mella. De malgasto en malgasto. Mentres, a  goteira de Aspaneps agarda.

En contexto con isto Esquerda Unida quere lembrar as xa numerosas iniciativas consistentes en dotar de instalacións axeitadas ás varias entidades que prestan servizos de tipo sociosanitario na comarca e que hoxe ou ben deambulan de local en local ou ben están a sufrir o abandono dos locais nos que desenvolven  as súas actividades por desleixo das diferentes administracións.

De desleixo en desleixo até chegar ao estado de ruína no que xa se atopa até o cuartel Sanchez de Aguilera, unha das grandes promesas dos distintos gobernos para vendernos un convenio de defensa polo que estamos a agardar desde hai décadas.

O grupo municipal de Esquerda Unida reitera a súa valoración negativa da pésima xestión do goberno municipal neste asunto e que vai camiño de superar esperpentos anteriores xa que poida esteamos á porta dun convenio defunto antes de nacer. Hoxe igual que hai dez anos, ou hai sete, Esquerda Unida pide unha renegociación para a consecución dun convenio ambicioso que permita á nosa cidade dotarse duns espazos que tiveron noutra hora usos militares pero que deben hoxe, sen coste, enriquecer a vida da cidade e o seu desenvolvemento económico.

Ferrol 4 de febreiro de 2014

Consello Político Local- Esquerda Unida de Ferrol

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
4 de fevereiro de 2014 14:00

Bo día. Enviámosvos nota de prensa pola que denunciamos o desleixo das distintas administacións coa asociación Aspaneps así como o contexto de ruína no que está inmerso parte do patrimonio inmobiliario público na cidade, agardando por un convenio non nato pero xa, polo que se ve, defunto. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local- Esquerda Unida de Ferrol.

__________

Foto: STGO-Fotos - STGO-Web.
___________________

domingo, febreiro 02, 2014

Mocion de Esquerda Unida ao Pleno do Concello de Ferrol sobre a Pobreza Enerxética


AO PLENO DO CONCELLO DE FERROL

Javier Galán Peréz, voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida no concello e  ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para a súa aprobación a seguinte moción e que leva por título:

MEDIDAS PARA PREVIR A POBREZA ENERXÉTICA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A pobreza enerxética pódese definir como aquela situación que sofre un fogar incapaz de pagar unha cantidade de servizos da enerxía suficiente para a satisfacción das súas necesidades domésticas e/ou cando se ve obrigado a destinar unha parte excesiva dos seus ingresos a pagar a factura enerxética da súa vivenda.

A pobreza enerxética depende fundamentalmente de tres compoñentes: os ingresos familiares, os custos da enerxía e a calidade da vivenda en canto á súa eficiencia.
Segundo a Enquisa de Orzamentos Familiares -EPF- e a Enquisa de Condicións de Vida -ECV-, arredor do 10% da poboación española sófrea (4 millóns de persoas), e trátase dun fenómeno in crescendo, mentres o desemprego e a crise económica minguan o poder adquisitivo da cidadanía, os servizos básicos como a electricidade, o gas ou a auga, cuxos prezos se encareceron sen tregua, están a acaparar cada vez maior proporción no orzamento familiar.

A ECV de 2011 destaca que o 6% da poboación non pode manter a súa vivenda a unha temperatura adecuada, porcentaxe que se sitúa no 8% o caso de mulleres que habitan soas. Trátase aínda dun fenómeno invisible tanto polo seu carácter doméstico como pola súa interrelación con outras manifestacións da pobreza e exclusión social. E a pesar da dificultade de cuantificar este fenómeno xa existen estudos que reflicten como a pobreza enerxética se incrementa no noso país. 

O último informe do Observatorio de Vulnerabilidade de Cruz Vermella sinala que preto do 58% das persoas atendidas por Cruz Vermella durante o 2013 tiña problemas para manter a súa casa a unha temperatura óptima, un 16% máis que no 2011. Outro dato é que unha de cada tres persoas atendidas por Cruz Vermella non pode pagar as subministracións básicas, como a auga, a luz ou o gas.

A pobreza enerxética ten un impacto profundo na vida das persoas e pode influenciar na súa esperanza de vida e no agravamento de enfermidades crónicas. Estímase que a pobreza enerxética pode ser responsable de máis de 2.300 mortes prematuras anuais fronte ás 1.480 provocadas por accidentes de tráfico. As consecuencias da pobreza enerxética son múltiples: a falta de calefacción afecta á hixiene, a saúde (dilema «heat or eat», afeccións respiratorias, etc.) e, a miúdo, xera sobre mortalidade e sobreendeudamiento, así como illamento social e xeográfico.

A UE tamén comparte este diagnóstico e xa nas Directivas 2009/72/CE e 2009/73/CE do mercado interior de electricidade e gas, respectivamente, expoñen esixencias que obrigan aos Estados Membros a adoptar medidas para abordar o fenómeno da pobreza enerxética.

O Ditame do CESE -Comité Económico e Social Europeo- de 2011 sobre «A Pobreza Enerxética no contexto da liberalización da crise económica» sinala que a pobreza enerxética é unha nova prioridade social que necesita apoio a todos os niveis e propón que a pobreza enerxética se teña en conta á hora de elaborar calquera política enerxética.

E nun posterior ditame de 2013 «Por unha acción europea coordinada para previr e combater a pobreza enerxética», o mesmo CESE -Comité Económico e Social Europeo-­,  manifesta que a enerxía é un ben común esencial, debido ao seu papel indispensable en todas as actividades cotiás, que permite a cada cidadán ter unha vida digna, mentres que carecer del provoca dramas. Engade que a pobreza enerxética mata física e socialmente.

O Estado español é o país da UE27 cos prezos da electricidade máis caros, despois de Malta e Chipre (FACUA 2012). Segundo datos de Cruz Vermella de 2012, en dous anos o gas incrementouse o 22%, a luz o 34%, a auga o 8,5% e a bombona de butano o 23%. Segundo Eurostat, desde 2001 a 2012, a factura de electricidade en España custa de media un 105,1% máis. Entre 2007 e 2012, un 49% máis. Se se conta desde 2006 até os últimos incrementos, no caso do pequeno consumidor a subida é do 88%, o que, unido á crise económica, agrava a dificultade de afrontar a factura enerxética das persoas máis vulnerables, facendo crecer con forza a pobreza enerxética e os cortes de subministración.

As compañías non ofrecen datos para cuantificar o número de clientes que non pagan e, por tanto, ven afectados por cortes de subministración. O certo, no entanto, é que aos servizos sociais chegan cada vez máis casos deste tipo. Así, mentres concellos e entidades sociais incrementan as axudas destinadas á urxencia social, e concretamente ás referidas ao pago de facturas de gas, luz e auga, as grandes compañías de subministración continúan obtendo beneficios millonarios, que chegan a ser da 6,78% fronte ao 2,62% das europeas, e ordenando o corte de subministracións por débedas irrisorias.

O Estado español carece dunha política específica dirixida a previr o fenómeno da pobreza enerxética que sofren cada vez máis familias e fogares para garantir uns consumos mínimos vitais a todas as familias en función do número de membros e de períodos estacionales. Todas as compañías subministradoras aseguran dispor de bonos sociais para as familias máis desfavorecidas, pero non tan só son insuficientes senón que a miúdo provocan que quen máis os necesite quede fóra.

O Estado debería mellorar o actual bono social, para ter en conta tamén as condicións da vivenda e o nivel de ingresos familiares e non só a potencia contratada ou a situación familiar/laboral. Tamén habería que valorar a posibilidade de establecer un bono social para o gas butano, como xa fan outros países.

O Real Decreto-lei 13/2012, de 30 de marzo, polo que se traspoñen directivas en materia de mercados interiores de electricidade e gas e en materia de comunicacións electrónicas, e polo que se adoptan medidas para a corrección das desviacións por desaxustes entre os custos e ingresos dos sectores eléctrico e gasista, fai referencia no seu redactado á pobreza enerxética, anuncia o establecemento de medidas de protección para o consumidor vulnerable e reverte transitoriamente ao bono social eléctrico regulado no Real Decreto-lei 6/2009, de 30 de abril, polo que se adoptan determinadas medidas no sector enerxético e se aproba o bono social.

A reforma do mercado enerxético emprendida polo Goberno até agora tampouco establece solución algunha ao fenómeno de pobreza enerxética e o déficit tarifario ameaza con incrementar aínda máis a factura. Os prezos soben debido á falta dunha auténtica reforma eléctrica, e a consecuencia diso está a recaer sobre os consumidores/as e as renovables, sen un diagnóstico previo.

Ademais, os cambios regulatorios no sector eléctrico, especialmente os máis recentes, suporán un encarecemento dos custos que afectarán fundamentalmente aos consumidores/as coa revisión automática das peaxes. O cambio do sistema de facturación que aumentará os custos fixos da factura supón unha penalización engadida a quen menos consome, xa sexa por menor renda ou por ser eficiente, empeorando o problema da pobreza enerxética e aumentando a exclusión.

A teórica liberalización do sector eléctrico non serviu para abaratar o prezo da subministración. A cuestión non resolta do déficit tarifario está a converterse na causa principal do incremento das taxas de pobreza enerxética en tanto que se resolve mediante un incremento dos prezos fixados ao consumidor, mentres o Goberno mira para outro lado.

Existen experiencias a nivel europeo onde ademais de axudas puntuais a colectivos vulnerables para o pago de facturas ou dirixidas ao aforro e eficiencia enerxética, aseguran a subministración en momentos críticos, trátase de impedir a desconexión durante os meses de máis frío ou a consumidores/as vulnerables, é dicir aquelas persoas que por razóns de idade, saúde, discapacidade ou inseguridade financeira grave non están en condicións de garantir o seu benestar persoal e o do resto de membros da súa familia.

Esta falta de recursos para manter o fogar en condicións térmicas axeitadas durante os meses de inverno afecta a un 20% da poboación galega segundo fontes de organismos como Cáritas ou a Rede Galega contra a pobreza pero a pesar de todos isto a insensibilidade da Xunta de Galicia está á altura o grupo parlamentar do PP no Congreso dos deputados onde  grupo e Goberno vetaron unha iniciativa do grupo parlamentar de  Izquierda Plural e non quixeron admitir en consideración a proposición . A Xunta de Galicia e os Concellos non poden permanecer impasibles diante desta situación. Hai razóns máis que suficientes para a que as distintas administracións públicas acheguen unha resposta eficaz e solidaria do conxunto dos elementos que fan habitable un fogar en primeirísimo lugar a enerxía eléctrica, a calefacción e a auga.

Por todo o exposto o Grupo Municipal de Esquerda Unida

PROPÓN AO PLENO MUNICIPAL DO CONCELLO DE FERROL A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1. Esixir ao Goberno de España a aprobación dunha Lei de medidas para previr a pobreza enerxética que regule o sistema de subministracións básicas do fogar e inclúa mecanismos que prime o aforro e penalice o consumo ineficiente, garantindo que as tarifas non sexan obxecto de mercado, establecendo prezos sociais e elementos de fiscalidade enerxética favorables para as familias con baixos ingresos económicos.

Igualmente, na citada Lei estableceranse medidas para que todos os fogares poidan manter unhas condicións adecuadas de temperatura como dispor doutros servizos enerxéticos esenciais a un prezo xusto. Crearase o bono social para aqueles fogares con poder adquisitivo reducido ou en risco de exclusión social, establecéndose unha tregua invernal e impedindo o corte de subministración a estas familias.

2. Instar ao goberno central a:
a) presentar unha proposta de reforma da Lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas de 2013 para que as empresas subministradoras non poidan suspender o abastecemento de auga a unha familia por razóns económicas cando os recursos familiares non permitan cubrir o seu pago.
b) presentar unha proposta de modificación da Lei 3//1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido establecendo un IVE reducido para o prezo de gas e a electricidade a nivel doméstico.
3. Instar á Xunta de Galicia.
a) a desenvolver un programa de fogares habitables en forma de axudas inmediatas á cidadanía galega para garantir o subministro dos elementos enerxéticos básicos (luz, auga e calefacción)  de xeito que ningún fogar perda eses subministros polo impago dos mesmos.
b) a acometer con urxencia un programa de rehabilitación  para acadar a eficiencia enerxética do parque de viviendas galegas.
4. O Concello de Ferrol elaborará un plan contra a pobreza enerxética, co obxectivo de garantir o dereito da cidadanía ás subministracións básicas do fogar que permita identificar, previr e corrixir as situacións detectadas.

5. Desta moción darase traslado a:
  • Presidencia do Goberno de España.
  • Grupos con representación parlamentaria no Congreso de Deputados.
  • Presidencia da Xunta de Galicia.
  • Parlamento de Galicia.
  • Federación Española de Municipios e Provincias  (FEMP).
  • Federación Galega de Municipios de Provincias. (FEGAMP)
  • Confederación Galega de  Asociacións de Veciños (COGAVE)
  • Asociacións de Veciños e Consumidores de Ferrol.
En Ferrol , a 27 de xaneiro de 2014

Asdo.:
Concelleiro Portavoz do Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
31 de janeiro de 2014 14:17

Bo día. Enviámosvos a moción que onte defendimos no pleno do Concello. Esquerda Unida considera que a incapacidade de moitos fogares para facer frente ao gasto enerxético é un problema socio-político de primeira magnitude e que interpela ao conxunto das administracións públicas, concello incluídos. Evidentemente o PP votou en contra apelando á necesidade de facerlle frente ao"déficit" tarifario, esa estafa sen parangón en Europa. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local- EU Ferrol

__________

Foto libre e CA21.
___________________

xoves, xaneiro 23, 2014

Esquerda Unida propón un plan de rexeneración urbanística integral dinamizador do emprego que sexa quen de frear o deterioro a pasos axigantados da cidade


O grupo municipal de Esquerda Unida considera totalmente propagandístico o informe -valoración do PP sobre un suposto programa municipal de emprego
| Esquerda Unida iniciou a rolda de contactos habituais co movemento asociativo para valorar os orzamentos municipais do PP e as alternativas posibles, este ano centrados nas prioridades de emprego e rexeneración urbana | Onte con Ferrol Vello e mañá coa directiva da Federación Veciñal Roi Xordo, o grupo municipal escoitará as demandas do asociacionismo veciñal nun momento de bloqueo por parte do PP da participación cidadá no concello.

Esquerda Unida presentou como alegación aos orzamentos municipais unha emenda que esixía unha modificación crediticia por valor de dous millóns de euros para a elaboración dun plano-programa de emprego local que, centrándose nos sub - programas 2411 e 2415 dos orzamentos incluíse apartados de formación, asistencia técnica, soporte  en financiamento, viveiro de cooperativas e rexeneración económica e comercial. En contexto con isto Esquerda Unida presentou emendas varias que reforzaban a idea de poñer o conxunto dos orzamentos ao servizo da creación de emprego e este, de calidade e mediante investimento público directo, para a satisfacción de necesidades urxentes: comercio de proximidade, desenvolvemento de sectores ligados á economía social, servizos públicos vivenda e alugueiro social etc.

Tal é o que onte en reunión coa directiva da asociación veciñal de Ferrol Vello e a súa presidenta Maite Fernández (dada a situación de emerxencia na que vive o barrio) se expuxo por parte do grupo municipal: entre outras cousas a actual situación se caracteriza porque o PP non se compromete con algo que é unha necesidade evidente para a situación da cidade e incide directamente na problemática do barrio; un plan de emprego digno de tal nome asociado a  necesidades básicas para a recuperación  urbana e con dous eixos fundamentais; a rexeneración urbanística integral a través dun auténtico plan de barrios que inclúa os aspectos comerciais e e de dinamización da participación cidadá. Todo o contrario que hoxe estamos a vivir. O outro eixo, a aposta pola economía social, ten tamén consecuencias claras para a rexeneración urbana xa que ,necesariamente, a rehabilitación integral urbana ten que contemplar iniciativas ligadas ao traballo asociado impulsado desde os sectores públicos xa que a rehabilitación de Ferrol Vello responderá a unha estratexia definida desde o público, a mans invisible do mercado é o que hai hoxe: ruínas e especulación.

Para Javier Galán, voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida, a aposta debe ser pola cidade compacta, por defender e promover os barrios da cidade histórica como aposta de futuro, pasan necesariamente por un xiro copernicano do concello en canto á participación cidadá. Para mostra un botón: co concello da veciñanza funcionando ordinariamente e o goberno municipal asumindo os consensos xerados alí nin se suprimirían paradas de autobuses na cidade como en Ferrol Vello nin asistiriamos ao espectáculo lamentable das terrazas na Magdalena e Esteiro. Ningún ente de participación veciñal consentiría que  un barrio como Ferrol Vello se quedara sen conexión de transporte público co Hospital Xeral de Caranza  ou coa Residencia. Ningunha asemblea de barrio aprobaría o malgasto permanente , onte un millón de euros na praza de España, mañá, outro millón ,no ascensor da costa de Mella.

O declive económico de Ferrol, paralelo ao declive urbanístico, precisa da solidariedade e interacción de veciños e goberno, e fortalecer e interrelacionar o emprego coa recuperación dunha cidade que vai camiño de converterse nunha morea de cascallos deserta, intransitable e inhabitable. Fronte á improvisación, as ocorrencias, o malgasto e as respostas precipitadas a titulares de prensa incómodos, Esquerda Unida propón un plan de rexeneración urbanística integral dinamizador do emprego que sexa quen de frear o deterioro a pasos axigantados da cidade, por unha banda, e contrarrestar as consecuencias da nefasta política de emprego e industria do Partido Popular.

En Ferrol, a 23 de xaneiro de 2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
21 de janeiro de 2014 14:27

Bo día. Achegamos nota de prensa do grupo municipal de Esquerda Unida, con propostas sobre rexeneración urbana e emprego, dando conta das demandas veciñais da asociación de veciños de Ferrol Vello. Un saúdo. Secretaría de comunicación

__________

Foto de Artabria.com. A "Praza Vella" en Ferrol Vello.
__________________________

mércores, xaneiro 22, 2014

A nova regulación dos servizos sociais comunitarios e o seu financiamento comeza un camiño cara o desmantelamento dun dos piares do benestar, denuncia Esquerda Unida


O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia a pasividade acrítica do goberno municipal con respecto ao repago  no servizo de axuda do fogar
| Esquerda Unida votará en contra da ordenanza municipal que consagra o repago para a axuda familiar | O grupo advirte das graves consecuencias para os dependentes severos con baixos recursos.

Desde que o goberno do PP publicou no DOG un 16 de marzo de 2012 a  nova regulación dos servizos sociais comunitarios e o seu financiamento comezouse un camiño cara o desmantelamento dun dos piares do benestar. Ata o momento o Servizo de Axuda no Fogar era considerado como un servizo social comunitario básico de carácter público garantido polos concellos sen distinción e con financiamento fundamentalmente público. Con independencia de que quedaran moitas cousas por facer a tendencia ao longo dos anos precedentes era de avance progresivo a partir das bases anteriores, non de retroceso. A partir dos anos 2010 e 2011 o financiamento público ,dependente da Xunta, non parou de decrecer con recortes anuais continuos en xeral para o conxunto dos servizos sociocomunitarios e especialmente para os servizos básicos como é a axuda no fogar. Cando falamos disto falamos de persoas dependentes, desestruturación familiar, enfermidades agudas etc.

O  decreto  establece unha nova regulación da participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar que incrementa de xeito substancial en case todos os tramos de renda: o repago. Subas grandes para as persoas que teñen recoñecidas as prestacións por dependencia e aínda moito maiores para as que sen ter recoñecida as prestación están en grave situación de risco ou vulnerabilidade ou para os grandes dependentes que non só van ter que repagar as prestacións básicas senón tamén  os servizos complementarios. É especialmente sangrante este último asunto: aquelas persoas con dependencia severa e que até agora podían acceder aos servizos de adaptacións funcionais, podoloxía e fisioterapia van verse privados deles xa que no caso, dramaticamente en ascenso, de baixos ingresos e gran dependencia, co repago médico-sanitario polo medio, o repago nas prestacións comunitarias faise imposible.

Estamos diante dunha situación típica de exclusión por achiques de espazos sociais : a sociedade de mercado que se pretende onde o todo non é o dereito e os dereitos sociais senón o mercado e as relacións mercantís, non deixa espazo para a universalización de dereitos e as prestación públicas. E non o fai porque a dogmática neoliberal ataca nos dous puntos cardinais que sosteñen os dereitos sociais: financiamento público e con cargo a impostos e prestacións con cargo a unha concepción universal do servizo. Dadas determinadas condicións todos/as temos dereito á prestación pública, de calidade e tendencialmente gratuíta.

Pola contra a colonización mercantil do conxunto da vida non fai máis que ocupar a vida social e excluír aos sectores que non poden acceder, por recursos, aos servizos. Imos asistir neste punto a aspectos moi dramáticos do que podemos cualificar de “consecuencias non desexadas” :  entre elas non é a menos importante o feito da previsible deriva de moitos casos de dependencia cara o mundo da  parasanidade, sen claridade profesional e fiscal,  xa que está claro que non vai poder haber  repago en moitos casos de pacientes con dependencia severa e necesidades de prestacións continuadas.

O papel do goberno municipal do PP foi de submisión e colaboración absoluta cos ditados da nova normativa . Alén da lectura restritiva que fai do decreto, xa que mesmo podería ser moito máis favorable aos usuarios con menos recursos introducindo outros tramos nos obrigatorios que estabelece a norma, non se fai ningunha lectura política do asunto que nos traemos entre mans e se despacha todo coa evasiva  e tópica afirmación  de que a lei hai que cumprila etc. Tamén hai que cumprir a nova normativa de retribucións salariais aos alcaldes e concelleiros coa nova lei de administracións locais e , que saibamos, hai toda unha batería de presións para que non  se cumpra. Chegaría décima parte de todo ese movemento de cargos e electos do PP, vía FGAMP e outras, para paralizar todos os aspectos máis lesivos da aplicación do decreto, e o decreto mesmo: manter o financiamento dos gastos derivados do servizo e impedir o seu progresivo deterioro como servizo público, facer que esta contribución sexa vía impostos e impedir a participación das persoas usuarias no servizo.

Previsiblemente este mes vai se aprobar definitivamente a nova ordenanza fiscal do concello sobre axuda no fogar. Sen dubidalo Esquerda Unida votará en contra. Sen apaños posibles: oposición clara e rotunda.

Ferrol a 21 de xaneiro de 2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
21 de janeiro de 2014 14:27

Bo día. Enviamos nota de prensa pola que o grupo municipal de Esquerda Unida fixa a súa posición sobre a nova ordenanza municipal que regula o servizo de axuda no fogar. Novamente estamos diante dun recorte e dun repago para un servizo público e para un sector da poboación especialmente vulnerable. Con toda probabilidade proximamente se procederá á súa aprobación definitiva en pleno e o grupo municipal igual que non aceptou apaños de ningún tipo tampouco aceptará agora evasivas sobre legalidades vixentes: votará en contra. Grazas. Un saúdo, Secretaría de Comunicación. CPL - Ferrol

__________

Foto do xornal dixital Terra Cha Xa.
__________________________

luns, xaneiro 20, 2014

Esquerda Unida demanda unha nova política de urbanismo e incide na crítica á política escurantista do goberno municipal do Partido Popular, en todo o que ten que ver coa ordenanción do espazo público e o transporte


O grupo municipal de Esquerda Unida considera necesario un cambio radical na política urbanística na cidade
. | Esquerda Unida considera que se está a perder unha oportunidade para unha planificación integral que poña en conexión emprego con rehabilitación. | O grupo  de Esquerda Unida reclama, por enésima vez ,que se activen os organismos de participación e comece a discusión pública sobre o secuestrado plan de mobilidade.

Hai no concello un informe polo que se pagou unha chea de cartos que vai de cousas referidas a mobilidade e espazo público e que , suponse, é o documento técnico necesario para un debate sobre as solucións de detalle en aspectos esenciais para áreas como o transporte público, a rede de rúas peonís a rexeneración urbana dos barrios a recuperación económica e comercial da cidade e, por parar por algún lado, o deseño dos aparcadoiros en superficie. Por suposto que este documento está en contexto con outros ,ben xa existentes ben en proxecto por necesidade urxente, por exemplo con plans sectoriais de urbanismo cos que se poida comezar a poñer fin a esperpénticas situacións que se dan no noso concello. Un que inviste cartos procedentes de fondos europeos finalistas para a rexeneración de barrios enteiros, coas súas rúas e os seus servizos, e logo as vivendas deses barrios caen por desleixo.

Todo isto debería ser motivo de debate no concello. Pero non. Hai tempo o grupo municipal de Esquerda Unida demandou dúas cousas: a primeira que se modificara a prioridade do investimento nas obras da praza de España, e outras, para, a través dun plan específico de apoio á economía social, crear emprego de calidade poñendo en conexión cousas como a rehabilitación integral e a rexeneración económica dos barrios; a segunda que se puxeran en marcha as medidas necesarias para comezar un amplo e extenso (no tempo e nos axentes participantes) debate sobre o conxunto da proposta do Plan de Mobilidade e Espazo Público e os seus detalles sectoriais. Ambas cuestións son   prioridades para este grupo municipal e así se fixo saber á hora de emendar os orzamentos deste ano. Xa alí diciamos o de sempre desde que entrou o Partido Popular no goberno da cidade: ao malgasto hai que sumar o escurantismo; tamén na política local está a acontecer a trufa de elementos que se dan en Galicia ou no Estado:corrupción política e baleirado das arcas públicas en favor das corporacións amigas máis ocultación máis lei mordaza etc.

Dúas son as alegacións que queremos remarcar: fronte ao malgasto creación da Empresa Municipal de Vivenda e inicio inmediato da política de acción rehabilitadora encamiñada a potenciar unha política pública de alugueiro e creación de emprego, fronte ao escurantismo  dotación dunha partida suficiente para a presentación pública e edición masiva do plan de mobilidade urbana de xeito que a peonalización e reorganización do tráfico, aparcadoiros, transporte de mercadorías etc sexan obxecto de discusión pública e planificación integral.

Se non, e cremos que por desgraza, non , seguirán a derrubarse edificios, a cidade continuará a súa lenta pero inexorable agonía e, por suposto, a veciñanza de Ferrol Vello e doutras latitudes acabará por non ter, xa non paradas para coller o autobús, senón autobús e servizos públicos en xeral. Así, como soa.

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
20 de janeiro de 2014 16:23

Boas. Enviamos nota do grupo municipal de Ferrol pola que demandamos unha nova política de urbanismo e incidimos na crítica á política escurantista do goberno en todo o que ten que ver coa ordenanción do espazo público e o transporte. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local- Ferrol

__________________

Foto de José Pardo.
__________________________

martes, xaneiro 14, 2014

Esquerda Unida en defensa do dique flotante - Sobre as enmendas presentadas no Senado para a construción do dique flotante en Navantia Ferrol rexeitadas polo Partido Popular


ESQUERDA UNIDA PON DE MANIFESTO A NEGATIVA DO PP DE VOTAR A FAVOR DUNHA ENMENDA DE IU DOTADA 30 MILLÓNS DE EUROS NO SENADO.


Ante a noticia aparecida hoxe nun medio de comunicación, segundo a cal, pode deducirse que Izquierda Unida non votou a favor dunha enmenda para a construción dun dique flotante en Navantia Ferrol, Esquerda Unida, co fin de eludir descontextualizacións ou imprecisións, quere facer as seguintes aclaracións:
  • Izquierda Unida presentou no Senado unha enmenda de 30 millóns para a construción do dique flotante, que o Partido Popular votou en contra, como tamén fixo coa enmenda de 5 millóns do PSOE.
  • Nas enmendas aos orzamentos no Congreso dos Deputados, Izquierda Plural presentou diversas enmendas para o Naval Público ferrolano, por valor de 80 millóns, vinte especificamente para a construción do dique flotante, así como unha serie de investimentos plurianuais que permitiran o seu completo financiamento, que o PP rexeitou.
  • No Parlamento galego, AGE, ven de presentar, nos dous últimos orzamentos de 2013 e 2014, sendas enmendas por máis de vinte millóns de euros en inversión plurianual, que permitirían iniciar a construción do dique, sen sobrepasar o tope de gasto autonómico posible. O Partido Popular votou en contra.
  • Nos orzamentos de 2013, unha enmenda por cinco millóns de euros foi aprobada polo Parlamento de Galicia, cos votos de PSOE e PP. Esa partida quedou sen executar. Tanto o BNG como AGE, abstivéronse nesa votación, o que non significa estar en contra da infraestrutura, senón que é unha forma de manifestar a nosa rotunda  oposición aos brindes ao sol, con cantidades insignificantes que, como quedou demostrado, quedarían sen executar, e corroboran as palabras de Yolanda Díaz, vicevoceira no Parlamento, que cualificou a ridícula partida como unha farsa, un intento de paralizar a mobilización sostida do cadro de persoal.
Javier Galán, voceiro do grupo municipal, quere recalcar o compromiso adquirido polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, no seu famoso “contrato cos ferroláns” presentado ante notario antes das eleccións, que toda a cidadanía pode consultar en http://contratoconferrolylosferrolanos.com/ dicía:
2.- Me comprometo a anteponer los intereses de esta ciudad por encima de los del partido. Ferrol es y será siempre una prioridad para este candidato.
Segundo o concelleiro Javier Galán, pasa en Ferrol o mesmo que en Madrid, os programas de goberno son puro fume que non vinculan. A democracia non pode ser depositar un voto na urna cada catro anos, a participación e  o compromiso cos programas vinculan aos gobernantes, polo que unha vez máis reivindicamos que o alcalde de Ferrol rache o carnet do seu partido ou dimita por dignidade e respeto a Ferrol e aos máis de 4000 traballadores e traballadoras das industrias auxiliares que perderon o seu posto de traballo, condenados á exclusión, á emigración ou á falta total de expectativas pola ausencia de políticas activas de emprego e sen posibilidade dunha planificación democrática da economía.

Por outra banda, o coordinador local, Suso Basterrechea, quere recordar o compromiso adquirido en febreiro de 2013 polo Parlamento de Galicia, por unanimidade, compromiso que incluía reivindicar a construción dun dique flotante en Navantia Ferrol, que daría ocupación durante moitos meses a máis de 900 traballadores, ademais de posibilitar novos contratos adaptados aos novos megabuques. Este compromiso debe traducirse en reprobacións a todos os deputados e senadores que votaron contra esta infraestrutura, por incumplir o acordo soberano do pobo galego expresado a través do noso Parlamento.

Esquerda Unida sempre apoiou e apoiará a construción do dique flotante, o levantamento do veto, a inxección de investimentos públicos masivos capaces de conseguir novos contratos que poidan reflotar ao case desaparecido tecido industrial da comarca, o mantemento de todos os postos de traballo en condicións dignas e, en ningún caso, privatizacións, especulacións ou segregacións dos estaleiros da ría.

Ferrol, 10 de xaneiro de 2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
10 de janeiro de 2014 16:36

Boa tarde. Remitimos nota de prensa sobre as enmendas presentadas no Senado para a construción do dique flotante en Navantia Ferrol rexeitadas polo Partido Popular. Un saúdo. Secretaría de Comunicación do CPL de Esquerda Unida de Ferrol

__________________

Sobre o mantemento de viais en Ferrol - Esquerda Unida considera que debe revogarse o contrato coa empresa adxudicataria, e iniciar unha xestión pública integral


ESQUERDA UNIDA CRE NECESARIA A REVOGACIÓN DO CONTRATO COA EMPRESA MISTURAS


Segundo Javier Galán, voceiro do grupo municipal o lamentable estado das rúas da nosa cidade son consecuencia directa do empeño do Partido Popular de externalizar servizos, cando quedou máis que demostrado que a xestión de recursos públicos por empresas privadas tan só carrexa emprego precario e servizos diferentes.

A nosa cidade que xa ostenta o vergoñento record na taxa de paro, na de risco de pobreza, na perda de poboación, senón que agora tamén exemplificamos o que non debe ser a xestión do mantemento de viais, que debería facer non só máis confortable a vida da cidadanía, senón, cando menos, posible, cousa que non está a suceder.

O compromiso de hai máis dun ano adquirido polo goberno municipal é evidente que non se está a cumprir, como así o demostran as convocatorias cidadás de protesta, as declaracións de comerciantes e o sentir xeral da cidadanía, que debe saber que cos seus cartos, preto de medio millóns de euros anuais, non se está a solucionar un tema prioritario para o convivir ferrolán, nin tan sequera está habilitada a liña telefónica a que quedou comprometida a empresa adxudicataria para que a veciñanza puidera por de manifesto as irregularidades dos seus barrios.

O mantemento de viais e a reparación de fochas pareceu quedar reducido ás visitas daquel Plan de Barrios que emprendeu o noso alcalde, cando ao seu paso promete investimentos para reparacións defectuosas, e cando non queda un só barrio da nosa cidade no que os veciños poidan dicir que non hai prexuízos polas irregularidades do pavés: A Malata, Santa Mariña, o Ensanche, San Xoan,... son públicos e notorios os incumprimentos no mantemento.

Polo tanto, segundo Suso Basterrechea, considera que debe revogarse o contrato coa empresa adxudicataria, e iniciar unha xestión pública integral, con cuadrillas municipais para acometer as obras de reparación e mantemento, que ademais de asegurar un maior control sobre as mesmas, crearían ese emprego que tanto necesita a nosa cidade e suporían un abaratamento do custo do servizo.

Ferrol, 13 de xaneiro de 2014-01-13

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de janeiro de 2014 14:21

Bo día, Remítese nota de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida sobre o mantemento de viais e reparación de fochas na nosa cidade. Un saúdo. Secretaría de comunicacion de EU Ferrol

__________________

Foto de Daniel Alexandre no Diario de Ferrol.
______________________

luns, xaneiro 13, 2014

O Grupo Municipal de Esquerda Unida esixe continuar coa rehabilitación e entrega de pisos no barrio de Recimil para o presente ano 2014


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE DO GOBERNO LOCAL DAR CONTINUIDADE NO PRESENTE ANO Á REHABILITACIÓN E ENTREGA DE PISOS BALEIROS  NO BARRIO DE RECIMIL.


A nosa organización non pode darse por satisfeita coas ao redor de 30 vivendas que ata o momento foron destinadas a este fin xa que é necesario recordar son bastantes máis de cen as familias en dificultades que solicitaron no seu momento a inclusión nese plan e que esperan a día de hoxe, sen ningún tipo de información, unha solución a tan urxente demanda. | O grupo municipal de Esquerda Unida espera que o goberno local do PP sexa diligente para dotar ao citado barrio dos servizos e recursos para que a citada ocupación se produza con todas as garantías de normalidade. Do mesmo xeito naqueles asuntos onde a responsabilidade corresponda a outras administracións, como educación, é o Concello o que debe esixir a dotación humana e material oportuna para garantir unha plena integración dos novos residentes.

 O concelleiro de Esquerda Unida, Suso Basterrechea, preguntou hoxe na comisión de servizos sociais sobre a previsión do goberno local no sentido de continuar coa rehabilitación e entrega de pisos no barrio de Recimil para o presente ano. A concelleira responsable do área non puido ofrecer unha resposta á referida pregunta, silencio elocuente e que, se o sumamos á ausencia dunha partida específica nos recentemente aprobados orzamentos do Concello, levan á conclusión de que o goberno que dirixe Rey Varela non ten programado nada neste sentido para o 2014, nin rehabilitación, nin vivenda social, nin políticas de emprego que integren ámbalas dúas cuestións.

Esquerda Unida quere recordar que foron máis de cen as familias que iniciaron en decembro do 2010 todos os trámites que lles permitiron ser incluídas na lista elaborada polo Concello nese sentido. As preto de trinta vivendas entregadas ata a data amósanse claramente insuficientes. A nosa organización é coñecedora de que crece a inquietude entre este colectivo que, ademais, ve como a súa situación familiar agrávase co paso do tempo sen merecer unha explicación ou unha previsión por parte do goberno do PP.

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que ademais este labor debería xerar postos de traballo directos. O Goberno municipal non é quen de activar unha bolsa de emprego para rehabilitar as vivendas, confirmando que nin cre no emprego público nin nas políticas sociais de integración. Está moi ben un urbanismo moderno, pero quizáis outros aspectos, como o desemprego, a pérdida constante de poboación e unha cobertura social integral, que é posible,  parece prioritario, ou, cando menos, deberían estar tamén na axenda política dun goberno digno. Non parece normal queixarse do problema demográfico da cidade sen tratar de habilitar políticas sociais e laborais que poidan aliviar unha tendencia de desastrosas consecuencias.

Esquerda Unida tamén quere informar de que o seu referido concelleiro Suso Basterrechea solicitou nunha recente comisión de educación que o Concello de Ferrol esixa da Xunta de Galicia que recupere o profesor de apoio suprimido ao comezo do curso e que obriga agora a compartir entre o colexio de Recimil, o Manuel Masdías e o San Xoán os dous agora destinados a devandito fin. O grupo municipal sempre mostrou o seu rexeitamento a un recorte que, agora, coa chegada de novos nenos ao citado centro de Recimil resulta moito máis evidente.

En conclusión, opacidade, falta de vontade para resolver os conflitos, ausencia de comunicación coa cidadanía caracterizan unha vez máis a este alcalde que, por un lado reivindica no discurso de San Xiao unidade e por outro desacredita as organizacións sindicais, aos partidos da oposición e ao tecido asociativo que defende as persoas con necesidades reais e cotiás máis alá de inalcanzables como o RISGA, que a nosa organización propón substituir por unha Renda Básica Cidadá, máis xusta e solidaria.

Ferrol, 9-1-2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
9 de janeiro de 2014 16:41

Boa tarde, Achegamos nota de prensa sobre a nula previsión do goberno municipal de continuar coa entrega das vivendas desocupadas de Recimil, segundo se desprende da actitude da concelleira responsable na Comisión da Área de Benestar Un saúdo

__________________

Foto da Asociación Veciñal San Fernando.
_________________

xoves, xaneiro 09, 2014

Esquerda Unida de Ferrol en defensa da Aula de Ecoloxía Urbana na súa actual localización - Un elemento imprescindible no equipamento pedagóxico da cidade


O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA FERROL ESIXE DO CONCELLO O MANTEMENTO DO AULA DE ECOLOXÍA URBANA NO SEU ACTUAL EMPRAZAMENTO.

Esquerda Unida sinala que o nivel de visitantes, as actividades desenvolvidas nun equipamento único no Estado nas súas formulacións así como o conxunto didáctico que conforma con Aquaciencia son razóns máis que suficientes para mantelo no Parque Raíña Sofía.

O Consello Local indica a estreita relación existente entre este servizo pedagóxico e os centros educativos da comarca con numerosos compromisos adquiridos para este mesmo curso escolar.

O Consello Local de Esquerda Unida quere remarcar o seu compromiso cunhas instalacións que recibiron o pasado ano 6.746 visitas e que ofreceron actividades únicas no Estado nas súas formulacións. Cuestións todas elas que fan do Aula de Ecoloxía Urbana un elemento imprescindible no equipamento pedagóxico da cidade. Queremos poñer en valor o triángulo didáctico que establece co Museo da Natureza da S.G.H.N. e con Aquaciencia situada tamén no Parque Reina Sofía. Estas infraestructuras conforman un conxunto único, algo do que Ferrol pode estar orgulloso e que merece un tratamento destacado dende o goberno da cidade.

Esquerda Unida sinala que a Aula de Ecoloxía Urbana, pola súa natureza, mantén un programa de actividades en relación cos diversos centros ou asociacións pedagóxicas da comarca axustado ao calendario escolar. Neste curso 2013-2014 estaban previstas multitude de actividades formativas, algunhas ata de carácter semanal, con diversos colexios, grupos de adultos ou con asociacións como Aspanaes. Todo iso fai necesario prorrogar o contrato durante seis meses máis, como así se contempla, e non pechar o servizo o próximo mes de febreiro como pretende o goberno do PP. Do mesma xeito, e como resultado de todo o apuntado anteriormente, pedimos a continuación desta infraestrutura pedagóxica e cultural no seu actual emprazamento por resultar a máis adecuado para desenvolver a súa actividade.

O Consello Local de Esquerda Unida ten claro que modelo de cidade defende e cales son as prioridades á hora de conseguila. Unha instalación como a referida, asentada e implicada no tecido formativo da cidade, que promove e defende valores ecolóxicos e de sustentabilidade sempre merece un trato preferencial. Non pode en ningún caso verse subordinada a outro tipo de intereses, e moito menos empresariais privados,  e non cabe outra solución que non pase por manter ou incrementar o valor desta Aula de Ecoloxía Urbana nos seus parámetros actuais, tal e como demandan os seus traballadores, o tecido educativo da cidade e a nosa organización.

Ferrol, 8-1-2014.


Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
8 de janeiro de 2014 16:33

Boas tardes, Achegámosvos nota de prensa sobre a intención do goberno municipal de desmantelar a Aula de ecoloxía urbana.

__________________

sábado, decembro 21, 2013

O Grupo Municipal de EU critica o resultado final das obras na praza de España: un desastre funcional e esteticamente un bodrio

O Grupo Municipal de EU critica o resultado final das obras na praza de España: un desastre funcional  e esteticamente un bodrio. | Esquerda Unida considera  lamentable que o Partido Popular se esconda do seu proxecto de Praza de España.

O Partido Popular e o Alcalde Rey Varela rematan o vodevil da praza de España tal e como o comezaron o mentor político do señor Rey e o seu compañeiro Vilariño cando o da performane do  pico e a pala: con un espectáculo lamentable e bochornoso.

En primeiro lugar é lamentable todo o conxunto de decisións tomadas para chegar a un malgasto dun millón de euros. Neste punto non imos insistir máis xa que abonda co moito que xa se dixo no seu momento e os ouvidos xordos dos nosos gobernantes, insensibles ao sufrimento da xente do común e extraordinariamente atentos a cumprir con supostos mandados e compromisos electorais que, no fondo, son actuacións dun programa  impregnado de revanchismo político.

En segundo lugar é lamentable que o propio Alcalde inaugure o labirinto da praza aludindo a unha rocambolesca comparativa coa situación de hai doce anos. O labirinto inaugurado metéuselle nos miolos e agora temos un labirinto mental  do señor Rey. Non señor Rey, a cuestión é se había ou non que investir en cousas como levantar o chan recén feito e volver a poñer outro modelo, se había que retirar un xardín e deseñar e poñer outro, se había que defender ou non disparates como o de que non hai prazas sen árbores etc. vostede ten  que asumir que procedeu de maneira aloucada a executar compromisos sen sentido en virtude de argumentos irracionais É, amodo de exemplo, o disparate seguinte: non me gusta a praza de Armas e arrecende a estética franquista ergo levanto o chan da praza e póñoo novo, “de vermello- Ferrol” a poder ser. Adubío todo co discurso dos postos de traballo, investimentos, plan de barrios e demais e asunto concluído. Pero a cidadanía non está para estas bromas. Nin para estas nin para ningunha outra. É literalmente impresentable a súa actitude, politicamente cobarde, de non asumir as súas propias decisións e inaugurar a súa magna obra pola porta de atrás, con disimulo e con declaracións infumables. Un auténtico laberinto mental.

Porque, e en terceiro lugar, a obra é un atentado ao bon gusto. Sen dúbida o peor proxecto de todos os posibles. Esquerda Unida sempre foi respetuosa como organización cos profesionais que presentaban as súas propostas e ofertas pero hai que dicilo, agora xa, unha vez concluídas: é tecnicamente un bodrio e estéticamente horrible; dá arrepíos e é un atentado ao gusto. Nin é praza, nin é xardín nin hai concepto regulativo que recolla o feixe de impresións de tal cuadro: unha mistura kitsch que só con bo humor ferrolano conseguiremos dixerir. Bo nadal, señor Alcalde. Parabéns, señor Evia. Debeulles quedar a cabeza aliviada.

Ferrol a 21 de novembro de 2013

Grupo Municipal

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
21 de dezembro de 2013 13:51

Bo dia. Adxunto enviamos nota do grupo municipal sobre a inauguración da praza de España. Grazas e un saúdo. Secretaría de Comunicación. CPL- EU Ferrol.

____________

martes, decembro 17, 2013

Os concelleiros de Esquerda Unida participaran no acto unitario sindical que terá lugar, na Coruña, o vindeiro xoves 19 de decembro, ás 12 do mediodía, diante da Delegación do Goberno de Galicia, en protesta pola reforma da Administración Local


O consello político local de Esquerda Unida de Ferrol, e os concelleiros Javier Galán e Suso Basterrechea, participarán o día 19 de decembro na concentración convocada ante a Delegación do Goberno da Coruña contra a reforma local.


Esquerda Unida, como organización política que sae da rúa e non de arquitecturas institucionais ficticias, considera o goberno como sometido á sociedade e non á inversa. Javier Galán, voceiro municipal, reflexiona sobre esta reforma:

É unha reforma recentralizadora e ideolóxica. Converten ás deputacións en órganos reitores das necesidades da veciñanza. Repítese o modelo troika-estados nacionais a pequena escala: os concellos perden autonomía e posibilidade de atender aos veciños e veciñas que os escolleron, e os servizos básicos pasan a depender de entes non electos, como son as deputacións. No horizonte: perda de emprego público, servizos sociais onerosos e deficitarios e privatizacións para enriquecemento duns poucos en detrimento do xa raquítico estado de benestar

EU forma parte da reacción social unánime contra a liquidación do público, as novas colonias que a devastación capitalista explota xa non están en África ou América do Sur, están na cidadanía, e, concretamente, na poxa dos servizos públicos que traen como consecuencia empobrecemento social e perda de calidade de vida cidadá.
A aprobación desta lei suporá a anulación de facto dos programas da esquerda vertebrados ao redor da xente do común, impedirá remunicipalizar servizos, como Emafesa ou a axuda no fogar, crear empresas públicas para crear emprego e servir de estímulo á depauperada economía produtiva comarcal, e o tecido asistencial público será desmantelado.

Por iso facemos un chamamento á rebeldía cidadá e a acompañarnos á Coruña o día 19 ás 12:00 fronte á Delegación do Goberno, para o que nos desprazaremos nos autobuses postos a disposición polas organizacións sindicais e abertos a toda a cidadanía.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
.

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
17 de dezembro de 2013 14:31

Bo día. Enviamos nota de prensa pola que anunciamos a presencia dos concelleiros de Esquerda Unida na concentración do xoves 19 ás 12:00 na delegación do goberno na Coruña en apoio ao acto sindical unitario en protesta pola reforma da Administración Local. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación Consello Político Local- Ferrol

_________________

martes, decembro 10, 2013

Cun acto de rúa, a Executiva Nacional de Esquerda Unida elixiu Ferrol, para conmemorar o 65 Aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos


ESQUERDA UNIDA CONMEMORA EN FERROL, CUN ACTO DE RÚA, O 65º ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Son as políticas do PP compatibles cos dereitos humanos?

Mañá MARTES 10 de decembro Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE, xunto cos deputados/a de AGE, Ramón Vázquez, Xabier Ron  e Eva Solla celebrarán en Ferrol.

Asunto: 65º aniversario dos DD.HH.
Día: venres 10 decembro 2013.
Hora: 12h
Lugar: FERROL, Praza de Armas

ACTO CONMEMORATIVO DO 65º ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.
________________

luns, decembro 09, 2013

Esquerda Unida diante do Informe da delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europe que visitou a Ría de Ferrol o pasado mes de Febreiro deste 2013

O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia a operación de ocultación e enmascaramento da  realidade por parte do Partido Popular europeo, e de  manipulación por parte do seu deputado Phillippe Boulland, ao servizo dos intereses dos donos de Reganosa e das políticas de engorde  do capital que sostén ás empresas do sector enerxético, no informe da comisión europea sobre o estado das rías galegas en xeral e da nosa en particular.

O informe final foi emendado por Esquerda Unida despois dunha esperpéntica historia de continuos borradores e versións provisionais que só se explican polo interese do Partido Popular (galego, español e europeo) de impedir que o que viron e ouviron os membros da delegación na nosa e en todas as demais rías visitadas saíra á luz nas observacións preliminares e nas conclusións finais do informe. A primeira e antiga, e polo mesmo moi venerable, acepción de “verdade” era en grego arcaico “aletheia” e, alí mesmo, significaba no seu uso común, non marcado, saír á luz. Neste caso o representante do Partido Popular europeo e xefe da delegación tratou por todos os medios que non resplandecera a verdade, que non houbera luz. No espazo urbano que o PP está a  promover como cidade da Ilustración o propio PP orquestra unha negrísima trama que pretende agochar a realidade nunha noite de sombras e reacción: todas as rías incumpren os prazos dados pola Unión Europea para o seu saneamento e a nosa en particular incumpre o anterior máis ten a peculiaridade de acubillar no seu seo a Reganosa da que o señor Boulland (o representante do PP) pretende caracterizar como perfectamente legal e razoable en canto ao seu emprazamento. Aínda temos todos/as nos ouvidos a pregunta da valente eurodeputada Angelika Werthmann membro da delegación ao observar alí, in situ, o monstro á beira das vivendas: canta xente hai no cárcere?. Agora o PP pretende deseñar unha realidade tan virtual como falaz chea de autoridades que se esforzan por cumprir a pesar de que aínda non se fixo nada por cumprir, de legalidades por todas as esquinas a pesar de que a UE recrimina continuamente as infraccións cometidas, de autoridades locais que colaboran coas asociacións peticionarias a pesar de que as asociacións peticionarias estean todo o santo día pedindo e reclamando colaboración. O informe-esperpento, en fin, froito da fusión entre os representantes da dereita e o capital enerxético constituído en grupo fáctico aderezado pola presenza muda de supostos representantes da esquerda benpensante e institucionalmente ben instalada.

Volvemos desde aquí igual que fixemos no seu momento a lembrar o enorme e importante papel que , para todo isto, desempeñou o noso eurodeputado Willy Meyer. Sen a súa constancia e interese non podería terse desempeñado a visita nos termos de denuncia pública tal e como aconteceu.

Esquerda Unida quere deixar ben claro que as alegacións presentadas ao informe cumpren cos compromisos da organización coas asociacións peticionarias e coa cidadanía, co seu programa electoral e co seu compromiso dentro de AGE cuxo grupo parlamentar presentou hai pouco tempo unha iniciativa sobre Reganosa por primeira vez no Parlamento galego. Neste sentido alegamos o informe nos seguintes puntos:
  • na defensa dunha industria marisqueira importante que dista moito de poder desenvolver todo o seu potencial económico e produtivo por mor da actual situación.
  • na necesidade de atallar con medidas concretas o deterioro do conxunto das rías atendendo de maneira inmediata ás consecuencias das graves infraccións en materia de saneamento e que foron constatadas de maneira reiterada pola UE.
  • en concreto para Ferrol, e sen ser caso único, a existencia de zonas onde non hai discriminación entre augas fecais e pluviais coas negativas consecuencias que isto comporta.
  • a necesidade de contemplar o saneamento non como mero gasto corrente senón investimento con retorno en saúde pública.
  •  a consideración do emprazamento de Reganosa como inadecuado e ilegal
  • Polo que se reclama:
  • a profundización de todas as medidas necesarias para o cumprimento dos estándares de saneamento máis esixentes da UE.
Oberva e denuncia:
  • o xogos de feitos consumados de Reganosa coa complicidade política necesaria para manter a planta en funcionamento no actual emprazamento.
E insta:
  • á comisión europea a facer valer os intereses xerais da cidadanía sobre os compromisos espurios político-empresariais tomando nota dos perigos asociados ao emprazamento con respecto a un accidente considerando insuficientes as actuacións en materia de prevención de emerxencias .
  • a facer cumprir os prazos para o saneamento integral da ría incluíndo a augas tratadas industrialmente.
Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
.


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de dezembro de 2013 10:29

Bo día. Adxuntamos nota do grupo municipal pola que se critica a actitude oscurantista e manipuladora do Partido Popular,local,galego,español e europeo, no asunto do informe sobre o estado das rías galegas, en xeral e a de Ferrol en particular, despois da visita da delegación da Comisión de Peticións do Parlamento europeo e na que se detallan as alegacións presentadas por Esquerda Unida con interés especial para o caso de Reganosa e do saneamento integral da ría. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local. EU-Ferrol

_______________