Amosando publicacións coa etiqueta Gas Non é Solución. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gas Non é Solución. Amosar todas as publicacións

domingo, febreiro 05, 2023

Lembrando a Carmelo Teixeiro, quen fora o primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e de todas as compañeiras e compañeiros que nos acompañaron nestes 22 anos de actividade en defensa da nosa Ría, contra o despropósito gasista de Reganosa


Ofrendas florais en Parque Carmelo Teixeiro

O 15º aniversario do pasamento de Carmelo Teixeiro, Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia.

O Concello de Ferrol lembrou o 15º aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro, cunha ofrenda floral, no parque de Caranza que leva o seu nome.

PARQUE CARMELO TEIXEIRO MENÉNDEZ (Mugardos 1937 – Ferrol 2008). O Excmo. Concello de Ferrol en sesión plenaria do 26.02.2009, acordóu nomear este espazo público na memoria deste activista social, sindical e político, que foi Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo seu labor na transición, a súa implicación sindical, a defensa das liberdades e da nosa ría e a súa coherencia na loita polos principios democráticos. 8 de xuño de 2018. Memoria de Ferrol”.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, depositou hoxe unha ofrenda floral no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, en memoria de quen fora o primeiro Coordinador deste Comité e de todas as compañeiras e compañeiros que nos acompañaron nestes 22 anos de actividade en defensa da nosa Ría, da legalidade e da vida das persoas que habitan na súa contorna, sempre coa ameaza presente dunha Planta de Gas no centro dela, que, a pesar dos permisos que unhas administracións cómplices lle conceden, segue incumprindo todas as normas de seguridade segundo demostraron as cinco sentenzas xudiciais en contra dela.

Hoxe cúmprense 15 anos do pasamento de Carmelo pero lembramos tamén a:

José Gabeiras - presidente de honra do Comité Cidadán in aeternum (Xaneiro de 2005), Xaime Quessada autor do mural contra a imposición de Reganosa, mural que agora se expón no Auditorio Municipal de Ferrol (Decembro de 2007), Santiago Torrente 'Tito' (Marzo de 2009), Tino Deibe autor do logotipo do Comité (Maio de 2010), José Luís Estévez Barros 'Seli' (Decembro de 2011), Regino Varela (Xullo de 2014), Victoria Fernández Paredes, (compañeira de Carmelo, falecida o 8 de novembro de 2014), Ramón Capotillo (Febreiro de 2015), Luís Matalobos (Outubro de 2015), Julio Videira (Xuño de 2016), Joaquín Cupeiro (Decembro de 2016), Julio Pico (Xuño de 2017), Bernardo Bastida, (Xaneiro de 2018), Emilio Romero "Milín" (Marzo- 2018), Mel Sanxoán (Abril de 2018), José Luis Rodríguez Pardo (Xuño de 2018), Helena Sánchez (Novembro de 2018), Pepe Leira (Outubro de 2019), Ricardo González Costas "Cardín" (Xaneiro de 2020), Víctor Agulló López (11 de Xullo de 2021),  Eugenio Pereiro Couce (4 de novembro de 2021), Marichy Cuadrado Caruncho (14 de xaneiro de 2022) e Antonio Dopico Carro (23 de xaneiro de 2022).

Todas e todos sempre na nosa memoria!

Enviado por:
Comité Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de fevereiro de 2023 às 17:1

_______

mércores, xaneiro 18, 2023

O H2Med protagonizará o cume hispano-francesa a pesar da súa dubidosa viabilidade - A rede 'Gas Non é Solución' sobre o hidroducto-proxecto H2Med


O H2Med protagonizará o cume hispano-francesa a pesar da súa dubidosa viabilidade

O proxecto H2Med/BarMar protagonizará as negociacións do cume hispano-francesa coa complicidade do President da Generalitat, Pere Aragonès.

Esta infraestrutura foi contestada por expertos e a sociedade civil organizada. A rede Gas non é Solución [*] e a Plataforma Resposta ao BarMar, radicada en Barcelona, sinalan este proxecto como unha falsa solución á crise enerxética actual.

O 19 de xaneiro celebrarase en Barcelona o cume hispano-francesa na que se tratarán varios asuntos, entre eles o H2Med, que aspira a ser a principal infraestrutura de hidróxeno verde entre España e Francia. A capital catalá foi especialmente escollida para centrar as discusións neste proxecto que conectará Barcelona con Marsella, tal como aseguraba a portavoz do Goberno español, Isabel Rodríguez, hai unha semana. O proxecto, ademais do apoio da Comisión Europea, Francia e Portugal, conta coa complicidade de Pere Aragonès. O President da Generalitat subliñaba hai uns días a súa vontade de aproveitar este cume para concretar e impulsar o H2Med.

Pero o avance das conversacións está a ser contestado pola sociedade civil. A rede Gas non é Solución (en diante, a rede), formada por máis de 30 organizacións, rexeita firmemente este proxecto. A esta oposición súmase a Plataforma Resposta ao BarMar, anteriormente conformada para responder á construción do gasoduto MidCat, xa abandonado.

O H2Med é unha aposta que pon en risco a viabilidade da transición enerxética, desviando para a exportación unha enerxía imprescindíbel para a descarbonización da demanda estatal. Ademais de usar un vector enerxético como o hidróxeno (H2) moi ineficiente, este tipo de infraestruturas perpetúan un modelo centralizado que vai en contra das persoas, o medio ambiente e segue privilexiando ás grandes empresas enerxéticas como Enagás.

O pasado xoves 15 de decembro presentouse ao fin o H2Med no rexistro de proxectos candidatos a recibir financiamento europeo. Esta infraestrutura suporá a construción sen precedentes dun conxunto de gasodutos que transportarán en principio hidróxeno producido a partir de enerxías renovábeis. Será adxudicada a Enagás e custará entre 2.500 e 3.000 millóns de euros procedente das arcas públicas. Comezará en Portugal co tramo Celorico-Zamora (CelZa) e continuará co tramo submarino Barcelona-Marsella (BarMar). O H2Med non se entende sen outras interconexións que involucrarán a Huelva, Cartaxena, Puertollano, Zamora e Xixón creando unha rede moito máis ampla e paralela á nosa rede actual de gas. Ademais, o proxecto presentado expón dous almacenamentos subterráneos de hidróxeno situados en cavidades salinas de Cantabria e o País Vasco.

A rede aclara que o hidróxeno verde pode axudar a alcanzar un sistema enerxético 100% renovábel. Pero a súa utilización debe reservarse para casos concretos nos que sería inviábel utilizar outro tipo de enerxía renovábel, especialmente para substituír o uso do hidróxeno como materia prima en determinados procesos industriais, así como naqueles que requiren de altas temperaturas que non teñen polo momento outras opcións de descarbonización.

Con todo, denuncia que esta aposta pola exportación de hidróxeno a gran escala implica grandes riscos debido á inmadureza da tecnoloxía que se contempla tanto na produción como no transporte de hidróxeno. O investimento público estaría mellor empregada en medidas cuxo funcionamento xa foi comprobado como o é a electrificación, a aposta por proxectos renovábeis con participación cidadá, o autoconsumo, as comunidades enerxéticas e melloras na eficiencia enerxética dos fogares.

Ademais, ás limitacións e riscos xa mencionados, as organizacións agrupadas na rede engaden as seguintes consideracións:

– Exportar grandes cantidades de hidróxeno implicaría a implantación de moitísimos máis proxectos de renovábeis de grandes dimensións que poderían ter un  alto impacto ambiental e territorial. Tamén existe o risco de que, ao non haber suficiente excedente de enerxía renovábeis, caia en producir o hidróxeno con gas fósil como é o caso do 99% do H2 obtido na actualidade.

O anterior risco aumenta debido á baixa eficiencia enerxética do H2, como sinalou xa o instituto de investigación independente Hydrogen Science Coalition. No proceso de produción de hidróxeno por electrólise a partir, por exemplo, de fontes renovábeis e durante o seu transporte por gasoduto, pódese chegar a perder ate un 80% da enerxía investida.

– Se finalmente o H2Med inclúe-se na lista de Proxectos de Interese Común (PICs), aspirando a financiamento europeo, podería acollerse aos controis ambientais menos esixentes introducidos polo REPowerEU. Como denunciou xa ClientEarth, este paquete de medidas destinadas a substituír o gas ruso outorga aos PICs a posibilidade de saltarse o principio de “Non Dano Ambiental Significativo” (ou “Do Non Significant Harm” en inglés) e estar exentos de avaliacións de impacto ambiental exhaustivos.

– Isto último faise especialmente relevante se temos en conta que atravesará o Golfo de León, un dos ecosistemas con maior índice de biodiversidade no Mediterráneo, onde se atopan espazos mariños protexidos, un corredor de cetáceos e o Santuario de Pélagos.

Por todas estas razóns, a rede Gas non é Solución denuncia a postura do executivo do Estado español. Tamén sinala o apoio que recibe da Generalitat, que ve o H2Med e concretamente no tramo Barcelona-Marsella (BarMar) “positivamente, no sentido de que marca a Catalunya e Barcelona como un punto neurálxico da nova estrutura enerxética europea”, en palabras de Aragonès. Os riscos asociados a este megaproxecto urxen a un debate social moito máis amplo, transparente e que involucre á cidadanía.

18 de xaneiro de 2023

A rede 'Gas Non é Solución'

[*] Os colectivos que integran esta rede son: 350 Bcn, Aliança contra la Pobresa Energètica, Amigos de la Tierra, Asamblea Ciudadana contra el Gas en Gran Canaria, Asociación de Cultura Popular Alborada (Gallur), Berriztu!, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (Galiza), Ecologistas en Acción, Enginyeria Sense Fronteres (ESF), Equo, Equo Huelva, Ferrol-Cape, Fracking Ez, Fundación Renovables, Fundación Ecología y Desarrollo, Greenpeace España, Instituto Internacional de Derecho y Medio Ambiente, No Més Gas,Observatorio Crítico de la Energía, Observatori del Deute en la Globalització, Plataforma Ciudadana Zaragoza sin Fractura, Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, Plataforma Resposta al Midcat, Plataforma Salvemos Doñana, Podemos, SEO/BirdLife, Transport & Environment, WWF España, Xarxa per la Sobirania Energètica.

Enviado por:
Manuel Amorim
-m.amorim@telefonica.net-
18 de janeiro de 2023 às 10:53

_______

xoves, xullo 21, 2022

A Ecomarcha ciclista 2022 chegou onte a Reganosa, onde se realizou un acto nas inmediacións da planta de regasificadora


A Ecomarcha ciclista 2022 chegou onte a Reganosa

Hoxe mércores 20 de xullo, una representación do Comité Cidadán de Emerxencia acudiu a Mugardos, para diante da Planta de Gas de Reganosa recibir á Marcha Ciclista de Ecoloxistas en Acción que co lema “Sempre Mais” recorre Galicia reivindicando causas sociais e ambientais.

Un representante da Ecomarcha 2022, Fixo a presentación do Informe “GNL: Ao caos climático pola vía líquida”, intervindo tamén, en nome do CCE, para salientar as irregularidades o perigo e o fraude de REGANOSA, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, o membro do mesmo Carlos Álvarez e a avogada Patricia Gabearas.

A Continuación tivo lugar un xantar de confraternización no Campo dos Carneiros.

Álbum Fotográfico (fotos de Lupe Ces e Fer OM) . Acceder/Baixar.

No actopresentou-se o Informe "GNL: AO CAOS CLIMÁTICO POLA VÍA LÍQUIDA . 10 razóns polas que o gas fósil licuado non é unha opción" | Acceder/Baixar.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de julho de 2022 22:20

_______

xoves, abril 07, 2022

De fondo Reganosa - Desenterrar a verdade do gas natural como gas de efecto invernadoiro - É o carbón 'mellor para o clima' que o GNL?

Tendo en conta o conflito en curso en Ucraína, case parece non apropiado discutir outros asuntos. Cando hai vidas en xogo, todo o demais vólvese secundario. Mais talvez estea xustificado tendo en conta que esta situación política en Europa tamén ten que ver co acceso á enerxía.

Un novo artigo de investigación científica do Dr. Lars Schernikau e o Prof. William Smith (Universidade de Washington, St. Louis), 'Impactos climáticos dos combustíbeis fósiles nos sistemas enerxéticos de hoxe', recibiu recentemente unha revisión por pares e publicouse (dispoñíbel en liña en SSRN ou en YouTube), dá un exemplo do distorsionante e custosa que pode ser a política enerxética cando trata de dar conta dos desafíos medioambientais sen ter en conta o ciclo de vida completo dos sistemas enerxéticos e toda a información dispoñíbel.

Presentado como un documento de investigación simple, só utiliza información oficial do IPCC e a IEA sobre o potencial de quentamento global dos gases de efecto invernadoiro (GEI) e as emisións antropóxenas (causadas polo home) de CO2 e CH4. Conclusións crave dos resultados da investigación:

✔ Primeiro, a investigación confirmou que menos da metade do CO2 emitido, o 46% segundo o IPCC, en realidade termina na atmosfera, e loxicamente só esta porción de CO2 pode contribuír ao quentamento. O outro 54% do IPCC que non está no aire ocúpao a natureza e os océanos, o que contribúe á ecoloxización do noso planeta (confirmado polo IPCC e a NASA). Polo tanto, debemos deixar de falar das emisións de CO2 xeradas pola enerxía humana e comezar a falar dos cambios no equivalente de CO2 no aire, xa que só estes poden contribuír ao quentamento.

✔ En segundo lugar, a investigación baséase nos datos de emisión de CH4 resumidos pola AIE por primeira vez a escala mundial en 2020 e actualizados en 2021. Aproximadamente o 40 % das emisións de metano proveñen de fontes naturais. As emisións antropoxénicas de metano ascenden a ~60%, sendo a agricultura o maior emisor de CH4. A enerxía representa ~20% e quéimaa de residuos/biomasa ~15%. Segundo, os datos da AIE, poida que non sexa sorprendente que, das emisións coñecidas de metano enerxético, a maioría proveña do gas natural e o carbón. Usando o potencial de quentamento global de 20 anos do IPCC [1] (GWP20) de 84x, pódese calcular que as emisións antropóxenas actuais de CH4 representan case o 65 % de todos os gases de efecto invernadoiro humanos transportados polo aire que chamamos CO2eq. O CO2 antropoxénico transportado polo aire "" representa o 35% de todo o CO2eq transportado polo aire con GWP20.

✔ En terceiro lugar, debido a que os impostos actuais sobre o carbono non inclúen as emisións do ciclo de vida de ningunha fonte de enerxía, senón que se enfocan só na combustión, o prezo do carbono é erróneo e distorsiona a política enerxética a expensas do medio ambiente e a economía. Si acéptase o GWP20 do IPCC's, unha perda de CH4 ~2 % [2] maior en toda a cadea de valor antes da combustión do gas natural fronte ao carbón poñería ao carbón e ao gas natural en "paridade climática".

Ao analizar os datos públicos, as cadeas de valor do gas natural teñen altas perdas de CH4 e CO2 non documentadas. En promedio, a nivel mundial, o gas natural emite 15 % máis CO2eq que o carbón extraído ao descuberto, nun horizonte de 20 anos. Esta diferenza aumenta a medida que se expande o uso de gas de esquisto e GNL. Tendo isto en conta, segundo o IPCC e a AIE, o GNL é, en promedio, "menos favorable para o clima" que calquera carbón. Os resultados foron sorprendentes ata para os autores. A industria do gas utilizou as súas emisións de CO2 aparentemente máis baixas durante décadas para aumentar a participación de mercado nun mercado enerxético moi competitivo, con todo, esta nova investigación proporciona á industria do carbón a xustificación necesaria para fortalecer o caso da súa importancia para a combinación de enerxía.

Ademais, as conclusións subliñan un punto de importancia crítica para a enerxía e o medio ambiente. Necesitamos analizar as emisións reais do ciclo de vida e o impacto ambiental non relacionado cos GEI para toda a cadea de valor de todas as enerxías convencionais e renovábeis, incluído o hidróxeno, as baterías e os vehículos eléctricos. Facer estas análises sen dúbida significaría sorpresas. Imaxine que a Unión Europea (UE) prometa que o carbón e a enerxía nuclear son "verdes" en lugar do gas natural e a enerxía nuclear.

Os autores creen explicitamente que hoxe en día o mundo require todos os combustíbeis fiábeis e alcanzábeis para a xeración de enerxía, incluídos o gas, o carbón, a enerxía nuclear, a hidroeléctrica, a xeotérmica e, de forma selectiva, a eólica e a solar. Só unha combinación de enerxía equilibrada pode evitar a escaseza de electricidade e os efectos devastadores nos seres humanos e as industrias como se experimentou a nivel mundial durante os últimos 18 meses.

Con todo, non existe unha solución de enerxía única para todos. Os inversores deben apoiar todos os sistemas de enerxía dun xeito que evite unha crise enerxética, incluídos os sistemas intermitentes de enerxía renovábel cando teñan sentido. Si é necesario reducir as emisións de CO2, unha das formas máis efectivas sería a instalación de centrais ultrasúper críticas con tecnoloxía CCUS. Con todo, os beneficios do CO2 a través da fertilización deben considerarse e avaliarse de xeito xusto.

A política enerxética debe volver centrarse nos seus tres obxectivos, a seguridade enerxética, a accesibilidade enerxética e a protección do medio ambiente. Isto tradúcese en dous camiños para o futuro: 1) investir en educación e investigación básica para aplanar o camiño cara a unha Revolución de Nova Enerxía; e en paralelo, 2) apoiar o investimento en sistemas enerxéticos para mellorar a súa eficiencia e reducir a carga ambiental da enerxía necesaria para as nosas vidas.

notas

[1] O potencial de quentamento global (GWP) é un tema moi debatido, e o GWP20 potencial de quentamento global de 20 anos do IPCC parece disputarse na ciencia. Ademais, a concentración atmosférica de CH4 alcanza só 0,0002 %, mentres que o CO2 representa 0,04 %. Aínda que os autores tamén teñen reservas sobre o GWP do IPCC, para este traballo de investigación utilizáronse os números oficiais do IPCC. Isto débese a que son utilizados polos gobernos e hai moita discusión sobre a urxencia inmediata de resolver a 'crise climática' agora mesmo, non en 20 anos. Cabo sinalar que o GWP100 de 100 anos é menos discutido. Isto tamén se discute no documento e todos os cálculos móstranse tanto para 20 como para 100 anos.

[2] Esta cifra de equilibrio do carbón/gas aumenta de 2 % a 5,5 % de perda de metano utilizando o potencial de quentamento global de 100 anos GWP100 do IPCC en lugar do GWP20 de 20 anos. Os cálculos detallados menciónanse no documento.

Fonte: World Coal. | Published by Will Owen, Deputy Editor | World Coal, Wednesday, 06 April 2022 11:00

Foto: Acción de Greenpace en Reganosa (Ría de Ferrol - Galiza). | 15 de novembro de 2021. | Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
_______

venres, abril 01, 2022

Non ás falsas solucións para o sistema enerxético - Escapar do gas para construír un mundo pacífico e resiliente - O gas non é solución

Non ás falsas solucións para o sistema enerxético

Escapar do gas para construír un mundo pacífico e resiliente

· A rede GAS NON é SOLUCIÓN, [*] queremos expresar a nosa solidariedade con toda a poboación afectada pola guerra de Ucraína e por todos os conflitos en activo.

· Desexamos que o conflito bélico acabe canto antes e instamos a todas as partes a respectar o dereito internacional humanitario que protexe á cidadanía civil dos ataques. Por iso, demandamos un alto ao lume inmediato.

Somos conscientes de que en todo o mundo as persoas sofren enormemente polos impactos do cambio climático, a pandemia da COVID' 19 e polas guerras en curso. O recente informe do IPCC arroxa unha imaxe aterradora dos impactos que xa se están sentindo en todo o planeta, e que resultan moito máis duros no Sur global. Non queremos que outro conflito armado traia máis inestabilidade e perda de vidas. Necesitamos unidade e capacidade para afrontar os retos que nos esperan.

A situación actual pon de manifesto que os combustíbeis fósiles e os impactos do cambio climático exacerban os conflitos, facendo sufrir aínda máis ás persoas máis vulnerábeis. Por esta razón, un maior investimento en combustibles fósiles e infraestruturas relacionadas aumentará as perforacións, o fracking, as emisións asociadas e só servirá para empeorar os impactos no planeta e a saúde das persoas.

Esta guerra deixou aínda máis claro a gran dependencia europea e do Estado español dos combustíbeis fósiles, en especial do gas fósil. Tamén arroxou luz sobre a importancia das nosas finanzas públicas e o relevante que é ser conscientes de en que mans acaban e que apoian. As compañías gasistas beneficiáronse enormemente da crise dos prezos da enerxía e pretenden sacar máis provecho da guerra.

Necesitamos unha eliminación progresiva dos combustíbeis fósiles, no Estado español, en Europa e en todo o mundo. Para iso, debemos impulsar unha transición enerxética rápida e xusta que nos afaste do carbón, o petróleo, o gas e a nuclear, para conducirnos á democratización da enerxía, ao aforro enerxético e ás enerxías renovables. Este é o único camiño viable para reducir rapidamente a dependencia dos combustibles fósiles, contribuíndo ao mesmo tempo de forma xusta a alcanzar o obxectivo do Acordo de Parides de limitar o aumento da temperatura a 1,5 °C.

Con todo, non se están tomando as medidas necesarias nin no Estado español nin na Unión Europea (UE). Esta guerra debe de ser un punto de inflexión para a transición enerxética, para iso débese:

Aumentar a ambición climática e garantir a seguridade enerxética. A UE e os Estados Membros deben asegurar a integridade e ambición do paquete lexislativo sobre clima e enerxía "Fit for 55" e outras ferramentas, como os Plans Integrados de Enerxía e Clima (PNIEC).

Sacar ao gas e á nuclear da taxonomía verde. O conflito actual pon de manifesto que estas enerxías non cumpren co obxectivo de Non Causar Dano Significativo (DNSH polas súas siglas en inglés) nin producen unha contribución substancial aos obxectivos climáticos, senón que son a orixe de conflitos xeopolíticos e obxectivos militares altamente perigosos.

Lograr un sistema enerxético 100 % renovábel antes de 2040. A UE e os seus membros deben acelerar urxentemente as medidas para reducir significativamente a demanda de enerxía e promoción de enerxías renovábeis. Para iso, o gas fósil debe quedar fóra dos fogares como tarde en 2035.

Evitar a expansión de infraestruturas de combustíbeis fósiles e outras falsas solucións. As medidas a curto prazo adoptadas polo Estado español e a UE para facer fronte á crise enerxética non deben poñer en perigo o camiño xa percorrido en materia de acción climática, evitando por todos os medios a expansión das infraestruturas de combustíbeis fósiles e outras falsas solucións que se están suscitando estes días. Unha delas é a posta en marcha da regasificadora do Musel. Ademais de ilegal, é totalmente innecesaria pola capacidade de almacenamento e regasificación xa existentes. Ou o resurximento do proxecto do gasoduto MidCat, que non resulta unha solución en ningún dos horizontes enerxéticos si queremos cumprir co Acordo Verde Europeo. Doutra banda, o hidróxeno non pode converterse nunha falsa coartada que fortaleza o papel do gas fósil no mix enerxético.

Impulsar a transición xusta para protexer á poboación vulnerábel dos prezos volátiles da enerxía. O acceso á enerxía limpa debería garantirse mediante unha tarifa social efectiva, fomentando ao mesmo tempo o cambio masivo de caldeiras de gas por sistemas térmicos renovábeis e o investimento en eficiencia enerxética nos edificios.

Desvincular o prezo da luz do gas. As medidas de redución da demanda xunto coa electrificación son a mellor alternativa ao gas fósil. Con todo, actualmente é o gas fósil quen acaba marcando os prezos, aínda cando só unha pequena parte da electricidade prodúcese a partir de gas (17 % en 2021). Este sistema perverso fomenta o empobrecemento da poboación en favor das ganancias das grandes compañías enerxéticas, ademais, distorsiona os sinais de prezo, dificultando a aposta pola electrificación.

Prohibir a publicidade que promova o uso de calquera combustíbel fósil como combustíbel de transición ás enerxías renovábeis. A promoción dos combustíbeis/enerxía fósil como transitorios supoñería unha resistencia ao cambio ás enerxías renovábeis e, xa que logo, un freo na aposta por un futuro sostíbel.

Necesitamos construír un futuro máis resistente, pacífico e seguro, no que a acción climática e o compromiso da poboación nos leve a consumir menos enerxía e que a consumida sexa sostíbel, renovábel, alcanzábel e libre de conflitos. Unha sociedade con enerxía renovábel accesíbel para todas as persoas non só axudará a afrontar a crise climática, senón que tamén garantirá a seguridade enerxética, sendo o mellor seguro contra futuras subidas de prezos da enerxía e unha forma de protexer ás persoas máis vulnerábeis.

Mentres facemos un chamamento á paz, tratamos de manter o noso traballo sobre a acción climática nestes tempos difíciles. Non hai tempo que perder.

[*] Os colectivos que integran esta rede son: 350 Bcn, Aliança contra la Pobresa Energètica, Amigos de la Tierra, Asamblea Ciudadana contra el Gas en Gran Canaria, Asociación de Cultura Popular Alborada (Gallur), Berriztu!, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (Galiza), Ecologistas en Acción, Enginyeria Sense Fronteres (ESF), Equo, Equo Huelva, Ferrol-Cape, Fracking Ez, Fundación Renovables, Fundación Ecología y Desarrollo, Greenpeace España, Instituto Internacional de Derecho y Medio Ambiente, No Més Gas,Observatorio Crítico de la Energía, Observatori del Deute en la Globalització, Plataforma Ciudadana Zaragoza sin Fractura, Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, Plataforma Resposta al Midcat, Plataforma Salvemos Doñana, Podemos, SEO/BirdLife, Transport & Environment, WWF España, Xarxa per la Sobirania Energètica.350 Bcn, Aliança contra la Pobresa Energètica, Amigos de la Tierra, Asamblea Ciudadana contra el Gas en Gran Canaria, Asociación de Cultura Popular Alborada (Gallur), Berriztu!, Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Ecologistas en Acción, Enginyeria Sense Fronteres (ESF), Equo, Equo Huelva, Ferrol-Cape, Fracking Ez, Fundación Renovables, Fundación Ecología y Desarrollo, Greenpeace España, Instituto Internacional de Derecho y Medio Ambiente, No Més Gas, Observatorio Crítico de la Energía, Observatori del Deute en la Globalització, Plataforma Ciudadana Zaragoza sin Fractura, Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, Plataforma Resposta al Midcat, Plataforma Salvemos Doñana, Podemos, SEO/BirdLife, Transport & Environment, WWF España, Xarxa per la Sobirania Energètica.


luns, febreiro 21, 2022

Gas ruso para Reganosa - Un novo buque gaseiro, o 'LNG Vladimir Voronin', está previsto que entre a última hora desta tarde na Ría de Ferrol, para descargar en Reganosa o GNL, aumentando unha vez máis, de xeito exponencial, o perigo que xa de por si ten a planta de gas localizada en Mugardos, proxima aos núcleos de pobación e á beira dun complexo petroquímico


O "LNG VLADIMIR VORONIN", vai arribar a última hora desta tarde ao porto de Mugardos, para descargar en Reganosa. Actualmente o buque está navegando baixo bandeira de The Bahamas. Un buque de grande porte, de 299 metros de eslora e 50 de manga, construído en 2019.

O "LNG Vladimir Voronin", cargou o GNL no porto ártico de Sabetta, na Federación Rusa.

O buque gaseiro "LNG Vladimir Voronin", vai descargar en Punta Promontorio, miles de toneladas de GNL para Reganosa, farao-no perante 24 horas que dura o transvase do gas natural licuado aos tanques, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si supón a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol, para as miles de persoas que moran na súa contorna.

O gaseiro "Vladimir Voronin" atracará no peirao de punta Promontorio para descargar decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, na terminal regasificadora de Mugardos. Unha vez máis negocio para ao holding multinacional do gas no que se converteu Reganosa e pobreza para a nosa Ría que vai sofrer o arrefriamento duns 2.500 millóns de litros das súas augas (entre 4 e 7°C), un proceso de esterilización das augas e a creación de Sopa Química. Son sobre uns 2,5 millóns de toneladas de auga mariña, por medio dos vaporizadores con auga do mar, os que se van a utilizar na regasificación dos aproximadamente 160.000 m3 de GNL que descargará o buque.

Perante as 24 horas que vai durar a de descarga do GNL no peirao de Punta Promontorio, aumentará exponencialmente o perigo, para a poboación da contorna, perigo que xa de por si ten a Planta de Gas instalada no corazón da Ría de Ferrol, á beira do dun complexo petroquímico [Forestal del Atlántico e Imelgasa] onde se almacenan sobre uns 280.000 metros cúbicos de productos altamente perigosos e tóxicos [fueloleos; resinas; as colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol; residuos MARPOL tipos A, B e C] e hai a poucos metros [80 m] unha planta de coxeneración eléctrica que funciona queimando gasóleo. E para máis desgraza (polo aumento exponencial do perigo), o Grupo Tojeiro, proxecta a ampliación do complexo de Punta Promontorio cunha planta de fabricación de metanol.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

domingo, febreiro 06, 2022

14 aniversario do pasamento de Carmelo Teixeiro


14 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE CARMELO TEIXEIRO


Este 14 aniversario do pasamento de Carmelo Teixeiro, o primeiro Coordinadodor do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a súa lembranza segue presente en todas e todos nos, igual que a dos restantes compañeiros e compañeiras que nos deixaron nestes máis de 20 anos de loita na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida, contra a ameaza mortal que a Planta de Gas de REGANOSA representa para esta comarca.

A causa da pandemia non celebramos o acto público de costume pero a súa perseverancia e sacrificio polo ben común continúan sendo un exemplo para nos.
Agradecemos a ofrenda floral do Concello de Ferrol e continuamos esixindo: PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de fevereiro de 2022 17:34

_______

sábado, febreiro 05, 2022

Hoxe sábado 5 de febreiro de 2022, cumpren-se catorce anos da morte de Carmelo Teixeiro - Ao redor desta data é cando lembramos a todas as persoas que, como Carmelo, nos deixaron e participaban na loita contra o despropósito gasista de Reganosa, na defensa da Ría, da seguridade e da vida das miles de persoas que moran na súa contorna


Hoxe sábado 5 de febreiro de 2022, cumpre-se o catorce cabodano da morte de Carmelo Teixeiro. Ao redor desta data é cando lembramos a todas as persoas que, como Carmelo, participaban na loita contra o despropósito gasista de Reganosa, na defensa da Ría, da seguridade e da vida das miles de persoas que moran na súa contorna.

Cada vez que arriba un buque LNG, para descargar as decenas de miles de toneladas de gas natural licuado na regasificadora de Mugardos, en Punta Promontoiro, no despropósito gasista de Reganosa, aumenta de xeito exponencial a xa de por si perigosidade da Planta de Gas, localizada no interior da Ría de Ferrol. Normalmente son buques de grande porte próximos aos 290 metros de eslora. Mentres se produce a descarga, perante 24 horas, aumenta de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as miles de persoas que moramos na súa contorna. Unha planta de gas que Reganosa construíu na ribeira sur da nosa Ría, a poucos metros dos núcleos de poboación, empobrecendo-a aínda máis do que estaba e poñendo en perigo a seguridade e a vida das miles de persoas que moramos na súa contorna.

Para máis perigo esta planta regasificadora está á beira dun complexo industrial petroquímico que almacena centos de miles de metros cúbicos de fluídos tóxicos, propiedade dos socios promotores e maioritarios da planta de gas e que agora conforma xa un holding transnacional da enerxía (Reganosa Holdco) que xunto á transnacional nipona (Sojitz Corporation) son os propietarios da regasificadora.

Mais o aumento do potencial perigo para a poboación que mora na contorna da Ría de Ferrol non remata aí, a voraz ambición do grupo que controla Reganosa (Grupo Tojeiro) que pretende engadir (baixo a etiqueta de "verde", para facer-se con parte dos fondos europeos do NextGenerationEU), unha planta de fabricación de metanol no complexo petroquímico de Punta Promontorio.

Hoxe 5 de Febreiro, cumpren-se 14 anos (2008) do falecemento do noso ben querido compañeiro Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Desde entón ao redor desta data, e cando lembramos a todas as persoas que como Carmelo participaban na loita contra o despropósito gasista. Este ano como o pasado, esta lembranza, ten un significado especial, estamos na sexta onda dunha pandemia por mor do Covid-19 que trae morte, enfermidade, desasosego e profunda crise social e económica; esta situación ten diminuída a actividade dos movementos sociais e coincide despois de que o goberno cedera ante Reganosa,  concedendo os permisos de construción e funcionamento, aínda que estes chegaran despois de máis de 17 anos de ter comezado a súa construción e 13 desde a entrada en funcionamento. Todo un proceso cheo de irregularidades, onde se alegan feitos consumados, aínda que fora transgredindo toda a lexislación medioambiental en referencia a súa localización próxima a núcleos de poboación consolidados. Foron responsábeis políticos, funcionarios, tribunais, xornalistas e medios, ... os que se implicaron na fraude, para "legalizar" o despropósito gasista. Abrindo unha nova etapa na loita, despois de cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra da regasificadora de Mugardos. De todos os xeitos, fronte a este desprósito, o Comité Cidadán para a Ría de Ferrol ten presentado recursos contra estes novos permisos.

Reganosa é unha ameaza para a vida humana e o medio ambiente e pode chegar a converterse nunha enorme traxedia, no caso dun accidente na Planta ou no gaseiro. Nesta localización, dentro da Ría, con 40.000 habitantes ao redor, non hai Plan de Emerxencia capaz de facer fronte a catástrofe que provocaría, contiguo como está ademais ao Complexo Petroquímico.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol dende o ano 2000, en ausencia e sen amparo das administracións, veuse na obriga de defender a Vida, a Ría e a Legalidade ameazadas pola construción da Planta de Gas de Reganosa. Foron cinco ás sentenzas do Tribunal Supremo que confirmaron que Reganosa está baseada nunha flagrante ilegalidade e non cumpre coa normativa esixida para a construción deste tipo de instalacións. Sentenzas que anulaban a falsa tramitación ambiental que fixo Reganosa ou mesmo o cambio de usos dos terreos nos que se construíu a Planta; a modificación do Plan Xeral de Ordenación de Mugardos, feita polo Concello, que serviu para que se instalara a Planta; ou a resolución do goberno de Mariano Rajoy que eximía a Reganosa de ter que someter-se a avaliación de declaración ambiental (DIA)...  Mais agora a administración, baixo o goberno progresista se lle aproba a DIA e se lle conceden os permisos de construción e funcionamento.

A regasificadora entrou ilegalmente en funcionamento o 4 de maio de 2007; como ilegais tamén foron as entradas na Ría dos gaseiros que abasteceron, durante anos á planta; irregulares os permisos concedidos tanto de construción e funcionamento; todo o mundo sabía que non cumpría a Lei no asunto fundamental da localización ao non respectar-se a distancia de 2000 metros que marcaba a Lei, ate que en 2013 a Xunta de Galicia elaborou unha Lei á medida de Reganosa...

Estamos diante do maior fraude cometido no noso país coa escusa de que o gas é estratéxico para Galiza.

INMEMORIAM

Ademais de Carmelo, lembramos a: José Gabeiras - presidente de honra do Comité Cidadán in aeternum (Xaneiro de 2005), Xaime Quessada autor do mural contra a imposición de Reganosa, mural que agora se expón no Auditorio Municipal de Ferrol (Decembro de 2007), Santiago Torrente 'Tito' (Marzo de 2009), Tino Deibe autor do logotipo do Comité (Maio de 2010), José Luís Estévez Barros 'Seli' (Decembro de 2011), Regino Varela (Xullo de 2014), Victoria Fernández Paredes, (compañeira de Carmelo, falecida o 8 de novembro de 2014), Ramón Capotillo (Febreiro de 2015), Luís Matalobos (Outubro de 2015), Julio Videira (Xuño de 2016), Joaquín Cupeiro (Decembro de 2016), Julio Pico (Xuño de 2017), Bernardo Bastida, (Xaneiro de 2018), Emilio Romero "Milín" (Marzo- 2018), Mel Sanxoán (Abril de 2018), José Luis Rodríguez Pardo (Xuño de 2018), Helena Sánchez (Novembro de 2018), Pepe Leira (Outubro de 2019), Ricardo González Costas "Cardín" (Xaneiro de 2020), Víctor Agulló López (11 de Xullo de 2021),  Eugenio Pereiro Couce (4 de novembro de 2021), Marichy Cuadrado Caruncho (14 de xaneiro de 2022) e Antonio Dopico Carro (23 de xaneiro de 2022).

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


_______

venres, febreiro 04, 2022

Gas ruso ou ningún - Apuntes da conxuntura do gas natural en Europa ante o aumento da tensión con Rusia


Gas ruso ou ningún

Apuntes da conxuntura do gas natural en Europa

O GNL/LNG

A pinza que Biden tentaba apertar no abastecemento de gas ruso a Europa, no caso de que Rusia invadise Ucraína, afrouxouse por completo cando a diplomacia estadounidense percibe que os países cos que contactou ofreceron só un apoio simbólico se Rusia (ou forzara a USA), pechara a billa do gas ruso.

As empresas produtoras de Qatar (país dos maiores provedores de GNL do mundo), aseguraban que era imposible prestar un apoio firme porque, debido aos altos prezos deste gas no último trimestre do ano pasado, prometéronse a ampliar o subministro aos seus clientes habituais, aínda que con todo, verían se entre todos eles, e os seus clientes poderían axustar estes subministros para trasladar algún gaseiro a Europa.

Por parte de Xapón, Corea e China, algo semellante. Din que non teñen gas suficiente pois os acordos feitos en vigor de GNL lles van moi xustos para satisfacer as súas necesidades. Todos os países están no mesmo. Pechar as centrais térmicas de carbón e substituílas por outras de ciclo combinado.

Foron a Australia, outro país que máis GNL produce do mundo, e tampouco pode subministrar gas adicional polos mesmos motivos que Qatar. Ademais, estando nas antípodas de Europa, a diplomacia USA intentou facer acordos a tres bandas: Australia vendería GNL a aqueles países asiáticos clientes de Qatar e Qatar á súa vez enviaríao a Europa. Este último tampouco cristalizou.

Europa recibe de Rusia 1/3 do gas natural que consume. Estados Unidos non pode substituír esta oferta por si só, e menos aínda neste momento no que Asociacións Civís e senadores demócratas advirten de que EEUU non pode facelo, xa que é posible que dada a demanda interna, non só non poida aumentar as exportacións, senón que poderían ter que reducilos. En resumo, o conflito de Ucraína converteuse nun conflito do gas máis que nun conflito bélico/defensa/estratéxico.

Que fará Europa ante estas circunstancias?

Exemplos destes días sobre os posibles recortes de gas USA

✔ Os demócratas piden aos funcionarios de Biden que limiten as exportacións de gas natural de EE. UU. debido ao aumento dos costos de calefacción do fogar. | Democrats call for Biden officials to limit US natural gas exports because of rising home heating costs. By Matt Egan, CNN Business - February 3, 2022.
     
✔ Os senadores estadounidenses queren poñer freo ás exportacións de GNL para frear as facturas de enerxía doméstica. | U.S. Senators Want To Put Brakes On LNG Exports To Curb Domestic Energy Bills. By Tsvetana Paraskova - Feb 03, 2022.

✔ Biden enfróntase a unha presión crecente para restrinxir as exportacións de GNL tralo aumento dos prezos. | Biden faces growing pressure to restrict LNG exports following price spike. By James Osborne - Feb. 3, 2022.
_______

martes, xaneiro 11, 2022

O primeiro buque gaseiro do ano 2022, o LNG Fedor Litke, arribou a pasada noite ao porto de Mugardos, para descargar en Reganosa - Perante as 24 horas que dura a de descarga do GNL, aumentará exponencialmente o perigo, para a poboación da contorna, que xa de por si ten a Planta de Gas instalada no corazón da Ría de Ferrol


A noite do luns 10 de xaneiro arribou ao porto de Mugardos o primeiro buque gaseiro do ano 2022, para descargar miles de toneladas de gas natural licuado (GNL) en Reganosa. Foi o "LNG Fedor Litke", un buque construído en 2017 que navega baixo bandeira chipriota (Cyprus), de grande porte (299 metros de eslora e 50 de manga), procedente do porto ártico ruso, Sabetta (Península de Yamal).

Perante as 24 horas que vai durar a de descarga do GNL no peirao de Punta Promontorio, aumentará exponencialmente o perigo, para a poboación da contorna, perigo que xa de por si ten a Planta de Gas instalada no corazón da Ría de Ferrol, á beira do dun complexo petroquímico [Forestal del Atlántico e Imelgasa] onde se almacenan sobre uns 280.000 metros cúbicos de productos altamente perigosos e tóxicos [fueloleos; resinas; as colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol; residuos MARPOL tipos A, B e C] e hai a poucos metros [80 m] unha planta de coxeneración eléctrica que funciona queimando gasóleo.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

domingo, novembro 21, 2021

20 anos de loita contra o despropósito gasista de Reganosa - Celebrouse no Ateneo Ferrolán, o pasado xoves 18 de novembro, un encontro co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol - Recuperar a memoria e dar as pinceladas do que vai ser a actuación do Comité no próximo ano


Celebrouse no Ateneo Ferrolán, o pasado xoves 18 de novembro, un encontro co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Un encontro que tiña como finalidade recuperar a memoria sobre os feitos acontecidos ao longo destes 20 últimos anos, en relación á construción e posta en marcha da planta regasificadora de Mugardos, e tamén, dar as pinceladas do que vai ser a actuación do Comité no próximo ano. Como dicía o lema da convocatoria “esta é unha loita historia com futuro”.

No acto interveu o Coordinador do Comité, Manuel Angel Rodríguez Carballeira, quen fixo un resume do camiño de corrupción, burla da legalidade e enganos que favoreceron a instalación da planta. Recordou asemade os feitos máis significativos do movemento opositor á planta (parada de gaseiros bloqueando a entrada da ría, mobilizacións, feches veciñais, concentracións...)

Luz Marina Torrente falou do que significou para a veciñanza de Mehá, o ter que enfrontar unha ameaza tan enorme “David contra Goliat”, recordando que que pasou este luns coa acción na Planta de Greenpeace, foi un sopro de ar fresco para a veciñanza e demostrar que todo o que se viña dicindo de Reganosa por parte dos veciños e veciñas era verdade “agora que nos veñan a contar o conto de que a planta é segura”.

Pola sua parte Manuel Amorim desmentiu unha a unha toda a argumentación coa que Reganosa quixo gañar a opinión pública, con promesas de creación de miles de empregos, ou que ia atraer outras industrias, ate cando sentenciou que o GNL nen ardía nen explotaba. Na súa intervención fixo especial fincapé nas consecuencias que o gas ten no cambio climático.

Na quenda de Carlos Álvarez tocou explicar como foi a actuación do Comité na “barricada xudicial”. Explicando os 17 contenciosos que desenvolveu o Comité, as argucias ás que se agarra a empresa para dilatar os tempos xudiciais e a connivencia coas distintas institucións que, a canda sentencia condenatoria ten preparado o remendo para permitir continuar a Reganosa. Nestes momentos, aclarou “estamos recorrendo as terceiras autorizacións”.

Lupe Ces pechou o acto agradecendo o apoio ao Comité ao longo destes 20 anos, lembrando que o Comité só se financia con eses apoios económicos e iniciativas como o da lotería de Nadal, e o traballo totalmente voluntario da avogada Patricia Gabeiras. “Imos seguir porque a nosa vida está en perigo, o ecosistema da ria sofre danos e a corrupción non pode ficar inmune”.

Vídeos do Acto:.

Primeira Parte
https://youtu.be/KtcJBMAegXc

E Segunda Parte
https://youtu.be/ejbn8JTpfQs

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com
19 de novembro de 2021 22:10

_______

venres, novembro 19, 2021

Unha loita histórica con futuro: 20 anos de loita contra o despropósito gasista de Reganosa - Vídeos do acto do pasado 18 de novembro, no Ateneo Ferrolán


Acto público no Ateneo Ferrolán: "Unha loita histórica con futuro. 20 anos de loita contra o despropósito gasista de Reganosa". Realizou-se o xoves 18 de novembro de 2021, ás 7 da tarde, no salón de actos da entidade cultural, sito na rúa Madalena, 202-204, do barrio da zona centro de Ferrol.

1ª parte do acto onde interveñen: Lupe Ces, Manuel Angel Rodríguez Carballeira e Luz Marina Torrente


2ª parte do acto onde interveñen: Manuel Amorím e Carlos Álvarez



Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

martes, novembro 16, 2021

Acto público no Ateneo Ferrolán: Unha loita histórica con futuro - Xoves 18 de novembro ás 7 da tarde - 20 anos de loita contra o despropósito gasista de Reganosa


Acto público no Ateneo Ferrolán: "Unha loita histórica con futuro. 20 anos de loita contra o despropósito gasista de Reganosa". Este Xoves 18 de novembro, ás 7 da tarde, no salón de actos da entidade cultural, sito na rúa Madalena, 202-204, do barrio da zona centro de Ferrol.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comité Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de novembro de 2021 13:2
3

_______

luns, novembro 15, 2021

GreenPeace entra na Planta de REGANOSA en Mugardos para denunciar que 'O GAS É CARO e CONTAMINA'


GreenPeace entra na Planta de REGANOSA en Mugardos para denunciar que "O GAS É CARO e CONTAMINA"

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol apoia a acción sorpresa que Greempeace está levando a cabo agora mesmo na Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos.

A Planta de Gas de Reganosa, innecesaria e deficitaria é un perigo para as nosas vidas e una carga nas nosas economías. Planta de Gas peche xá !

GreenPeace entrou esta mañá na planta regasificadora de Mugardos  para denunciar que "o gas é caro e contamina", e teimar en que a idea de seguir a investir nos combustíbeis fósiles non é a solución.

A asociación ecoloxista, denuncia tamén que o resultado da #COP26 está lonxe do necesario pero por primeira vez entrou no debate a eliminación dos combustíbeis fósiles.

¡Necesitamos un abandono ordenado, pero URXENTE! Protesta contra el GAS FÓSIL

A dependencia do gas fósil agrava a crise climática e encarece a nosa factura. GreenPeace quere esixir que se planifique o abandono dos combustíbeis fósiles.

Podes seguir a acción de GreenPeace nas redes sociais a través dos hastags:

#ElGasEsCaroYContamina #OGasÉCaroEContamina










 



Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

mércores, novembro 03, 2021

O aumento de buques gaseiros que van a descargar a Reganosa, tamén aumenta o perigo para a poboación que mora na contorna da Ría de Ferrol, por mor da inadecuada localización da planta de gas en Mugardos - Hoxe está descargando no peirao de Mugardos, o 'LNG Adventure', que fai o buque número 308 desde a accidentada entrada do 'LNG Galicia Spirit' en maio de 2007


O aumento de buques gaseiros, con decenas de miles de toneladas de GNL nos seus tanques, que descargan en Reganosa, por mor da crise xerada polo peche do gasoduto "Durán Farrell" (Maghreb-Europa), tamén supón un aumento do perigo para a poboación que mora na contorna da Ría de Ferrol, por mor da inadecuada localización da planta de gas en Mugardos. Un perigo que aumenta exponencialmente, ao xa de por si que ten a planta regasificadora construída en Punta Promontorio, a poucos metros de núcleos de poboación e ao lado do complexo petroquímico, onde están presentes sustancias perigosas, inflamábeis e tóxicas, para as persoas e para os organismos e animais mariños. Un complexo conformado por Forestal del Atlántico e Imegasa, afectadas ambas as dúas (como Reganosa), polas disposicións do Real decreto 840/2015, de 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan sustancias perigosas; sumado ás cisternas de Reganosa cargando GNL e ás de Forestal cargando fuel-óleo, metanol e formol. Somado aos buques desgasificando ou a quimiqueiros que cargan/descargan no peirao de Forestal, ás veces simultaneamente a menos de 100 metros dos gaseiros, como así ten denunciado o Comíté Cidadán de Emerxencia en numerosas ocasións. Mais non só iso senón que se encontra a moi pouca distancia da vila de Mugardos, os estaleiros (Navantia), o Arsenal Militar (actual base das fragatas F-100) e a Estación Naval d'A Graña. Ademais dos buque militares, das diversas infraestruturas militares e civís, son decenas de miles as persoas ameazadas as que moran na contorna da Ría.

Hoxe está descargando no peirao de Mugardos, o "LNG Adventure", que fai o buque número 308 desde a accidentada entrada do "LNG Galicia Spirit" en maio de 2007. O "LNG Adventure" é un recentemente construído (2021) buque gaseiro que navega baixo pavillón francés, de grande porte, 293 metros de eslora e 46 de manga, procedente do porto de Lake Charles, do estado de Lusiana (USA), onde cargou GNL extraído polo método tan pernicioso para a saúde e o medio ambiente, como é o fracking (fracturación hidráulica), unha grande contradición co que están acordando hoxe, respecto ao metano, no cume do clima da ONU en Glasgow.

Ao día de hoxe, Reganosa é a matriz dun holding corporativo da enerxía que opera en diferentes estados, aumentando o seu volume de negocio e afianzando o seu poder de influencia política. Só así se entende a favorábel campaña mediática e os continuos reportaxes que lle dedica a TVG nos seus telexornais destes días. A crise xerada polo peche do gasoduto "Durán Farrell" (Maghreb-Europa), veu-lle como anel ao dedo. Pois Reganosa, na maior parte da súa vida operativa estivo, apenas de media, ao 30% da súa capacidade, variando a súa situación apenas hai dou anos coa caída do carbón. Unha planta de gas construída ao amparo da corrupción política, con sospeitoso apoio mediático, con mentiras e manobras, corroboraras por cinco sentenzas do Tribunal Supremo que viñeron dar a razón ao denunciado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Mais os promotores de Reganosa (Grupo Tojeiro), practicaron a política de feitos consumados, cunha regasificadora construída e en funcionamento que conseguiu os permisos 17 anos despois de comezar-se a construír e 14 despois de comezar a funcionar, despois de ter que pasar por unha avaliación ambiental feita á medida da súa localización ilegal xa consumada e 301 gaseiros descargados. Permisos que o Comité Cidadán de Emerxencia volveu a recorrer, continuando a loita contra este despropósito gasista.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

xoves, outubro 28, 2021

Reganosa reclama seis millóns de euros ao Concello de Mugardos, ... Por Miguel Pardo - Reganosa, coa Xunta no accionariado e altos cargos do Goberno galego no consello, quere pagar boa parte do IAE en Madrid e non en Mugardos


Reganosa reclama seis millóns de euros ao Concello de Mugardos

Por Miguel Pardo [*]
28.10.2021


Reganosa demanda o Concello de Mugardos, ao que reclama seis millóns de euros por un suposto cobro indebido do Imposto de Actividades Económicas (IAE) durante unha década, de 2009 a 2019. Así o anunciou este martes o alcalde da localidade, Juan Domingo de Deus, durante unha entrevista en Radio Ferrol-Cadena SER, na que amosou a súa "decepción", "sorpresa" e "desacordo" coa actitude da compañía, da que é accionista a Xunta de Galicia.

Reganosa reclama ao Concello de Mugardos 6 millóns de euros polo suposto cobro indebido do Imposto de Actividades Económicas durante unha década

Segundo relatou o rexedor popular, Reganosa presentou hai xa varias semanas a documentación previa á demanda nun xulgado do contencioso-administrativo de Ferrol reclamando seis millóns de euros, dos que 800.000 serían xuros de demora, ao Concello de Mugardos polos presuntos cobros indebidos dunha parte do IAE, que en total supoñen uns 460.000 euros anuais para as arcas municipais.

"Estamos sorprendidos de que unha empresa coa implantación que ten Reganosa en Mugardos actúe así", dixo o alcade De Deus, que lembra o apoio que "todos" os gobernos municipais deron durante anos á compañía para que xerase emprego e recursos na zona, mesmo ante as continuas irregularidades que advertiu a Xustiza. "De súpeto, quérennos pasar factura", lamenta o rexedor, que advirte que os servizos xurídicos do Concello xa amosaron o seu desacordo cos argumentos da empresa, da que cren que non ten razón na súa reclamación, tal e como lle responderon a varios recursos presentados pola compañía ante o consistorio. "Imos defender os intereses dos mugardeses, independentemente de quen reclame", asegura.

O alcalde Juan Domingo de Deus (PP) amósase "sorprendido e decepcionado" pola actitude de Reganosa, á que pide que "rectifique"

"Reganosa debe rectificar e pensar se lle beneficia demandar o Concello que a acolle; é unha enorme decepción cunha empresa que sempre contou co apoio da administración local. Equivócase e non imos pagar un céntimo ata que un xuíz nolo ordene", insistiu o alcalde popular de Mugardos, que advertiu de que o pagamento deses seis millóns que reclama a planta de gas suporían "ter que rescindir ou recortar moitos servizos que non se poderían pagar". "É case o orzamento municipal dun ano", engadiu quen cre que "a responsabilidade social corporativa non está sendo especialmente social nin corporativa".

"Debe rectificar e volver ao entendemento co Concello", insistiu De Deus, que falou abertamente de "divorcio" con Reganosa que, segundo dixo, anunciou tamén a súa intención de pagar boa parte do IAE (uns 300.000 euros) en Madrid e non en Mugardos. Ademais, denunciou que a compañía está deixando de financiar proxectos na localidade que tiña comprometidos. "A empresa debe tributar na localidade que a acolle", di o rexedor.

"Limitámonos a cobrar o que nos di a Axencia Tributaria que temos que cobrar; no Concello non tomamos decisión ningunha", afondou o alcalde, que insistiu en lembrar que mesmo a Xunta e o Goberno central "foron respondendo" ás múltiples sentenzas xudiciais en contra da implantación da planta na ría. "Estou decepcionado", engadiu De Deus, que xa puxo en coñecemento dos grupos municipais a situación e que prevé que o Goberno galego "medie" no conflito.

Reganosa, coa Xunta no accionariado e altos cargos do Goberno galego no consello, quere pagar boa parte do IAE en Madrid e non en Mugardos

Segundo indican fontes de Reganosa, en declaracións a Radio Ferrol, a empresa estase "limitando a pedirlle ao Concello que cumpra unha resolución de 2019 do Tribunal Económico Administrativo Central" que avalaría a súa reclamación. "Somos conscientes das implicacións que se mandato poida ter", di a empresa, que asegura ter ofrecido á administración local "ata cinco saídas diferentes para o cumprimento sen resultar afectado ningún dos servizos municipais". "Entendiamos que estabamos en diálogo con eles", engaden.

Goberno de España e Xunta culminaron en xullo a legalización de Reganosa tras cinco sentenzas do Supremo en contra


O conflito, sexa como for, causou a fonda indignación do rexedor popular de Mugardos, que se amosou moi crítico coa empresa e lembrou que Reganosa ten como un dos seus accionistas á Xunta, que posúe unha cuarta parte logo de impulsar da man de Manuel Fraga a creación desta planta de gas hai dúas décadas xunto co Goberno central de José María Aznar. Ambas as dúas administracións outorgáronlle diversos permisos de xeito ilegal, como certificou o Tribunal Supremo, unha anomalía que non foi corrixida ata este pasado verán.

Logo de cinco sentenzas en contra do alto tribunal contra cinco decisións ilegais do Estado e da Xunta favorables a Reganosa, o Goberno de España culminou a legalización dos cinco trámites que foran anulados ata agora pola xustiza, tras publicar no Boletín Oficial del Estado (BOE) os permisos. Desde xullo, Reganosa conta oficialmente cunha nova autorización administrativa e co seu proxecto de execución aprobado, malia que leva en funcionamento desde 2007.

Só meses despois, o Concello de Mugardos afronta unha demanda dunha empresa de cuxo consello de administración forman parte varios altos cargos da Xunta e que levou ao propio Feijóo a protagonizar un vídeo propagandístico da compañía. Reganosa é, ademais, unha das tres empresas que conforman o capital privado da empresa promovida polo Goberno galego para captar fondos europeos. Posúe o 12% da Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia, polo 38% de Abanca, o 10% de Sogama e o 40% da propia Xunta.

Segundo a última memoria anual da compañía, en 2020, ano marcado pola pandemia, obtivo un beneficio histórico de 16,8 millóns de euros logo de incrementar os seus volumes de produción nun 45% e elevar a súa facturación de 55,1 a 60,1 millóns.

[*] Miguel Pardo @depunteirolo. Entre A Coruña e o Ortegal. Antes en La Opinión, Depor Sport, L-V ou Xornal de Galicia. Co-autor de La imagen del mundo árabe y musulmán en la prensa española (2010, Fundación Tres Culturas).

Publicado en Praza Pública. | 26.10.2021 | Baixo licenza Creative Commons BY-SA.
_______