Amosando publicacións coa etiqueta Planta de Gas: fóra da Ría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Planta de Gas: fóra da Ría. Amosar todas as publicacións

martes, febreiro 12, 2008

15 de febreiro Homenaxe a Carmelo Teixeiro

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de fevereiro de 2008 19:33
Asunto: 15 de febreiro Homenaxe a Carmelo Teixeiro



Organizada polo
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol


O Venres, 15 de Febreiro, ás 12 h.
no Parque próximo a Ermida de Santa María de Caranza


Celebrarase unha
HOMENAXE A CARMELO TEIXEIRO.


Con invitación expresa a toda a cidadanía

Plantaránse tres árbores, monumento vivo a súa lembranza.
Intervirá un orador e un representante da súa familia
e recitaránse uns poemas,
Rematando cunha interpretación musical.
A continuación sairán do espigón próximo varias embarcacións
que trasladarán a súa familia, mariscadores, compañeiros e amigos
ó centro da Ría, onde serán depositadas as súas cinzas.

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Prégase participación e difusión.

______________

Enlaces relacionados:

_____


______________

Blog solidario coa veciñanza de Meá

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade:
C/C en BBVA
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440

_________
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

O gaseiro "Catalunya Spirit" está á deriva perto de Boston - EE.UU.

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de fevereiro de 2008 10:43
Asunto: O gaseiro "Catalunya Spirit" está á deriva perto de Boston - EE.UU.



O gaseiro "Catalunya Spirit" está á deriva perto de Boston - EE.UU.

Segundo as axencias de noticias o gaseiro "Catalunya Spirit" está á deriva a 35 millas ao leste de Chatham (Massachussetts). O gasero perdeu toda a potencia propulsiva cando se dirixía ao porto de Boston para descargar a carga de GNL na terminal de EVERETT. O gasero procedía das plantas de TRINDADE TOBAGO. O buque leva a bordo a 29 tripulantes.

O servizo de gardacostas dos EE.UU. (USCG) xa están na zona co seu buque "Cutter Escanaba" para axudarlle nas comunicacións. O armador do buque pediu a asistencia de dous remolcadores cando se iniciou a situación de alerta. Onte á tarde pediu outros dous máis dada a situación de mal tempo.

Este buque é de recente construción aínda que xa se lle detectaron serios problemas no illamento de tres dos seus tanque nunha inspección rutineira en Navantia, ao parecer debido ao fenómeno Sloshing dentro dos tanques.

Este accidente reforzará sen dúbida a opinión do USCG de que non ten efectivos suficientes para atender accidentes en buques gaseiros nas proximidades das costas de EE.UU. Recentemente o USCG emitiu un informe negativo para a navegación dos gaseros na bahía de Narrangasett onde o concello de Fall River está presentando unha batalla legal e política para unha empresa gasera NON consiga situar unha planta preto desta cidade.

Pola súa banda o GAO -Ofcina de Control do Congreso USA- emitiu un informe requirindo ao FERC -Comisión reguladora de enerxía de USA- que non autorice ningunha planta nas proximidades en tanto os expertos en GNL non se poñan de acordo sobre os perigos destas plantas.

O palacio gobernamental -Statehouse- de Massachussetts vai votar nuns días unha proposta de lei que prohibe situar estas planta a menos dunha milla de distancia de zonas habitadas.

Ler máis en:

http://wbztv.com

http://www.marinelog.com
http://www.bostonherald.com
http://wormius.blogspot.com

Saúdos

Envía www.f-cape.org
Colectivo Universitario Opositor a Planta de Gas (GNL) da ría de Ferrol (Galicia)
________________________

Día 15 de febreiro en Cedeira: Presentacion "Muros d Silencio"

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de fevereiro de 2008 20:48
Asunto: Presentacion "Muros d Silencio" e Razón Socialista en Cedeira



Presentacion "Muros d Silencio" e Razón Socialista en Cedeira


Organiza
fuco buxán
Asociación Cultural

ACTO PÚBLICO:

Presentación do libro:
"Muros de Silencio".
Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol. O caso REGANOSA.

Presentación do nº 23 da Revista:
"Razón Socialista"

Venres, 15 de febreiro, ás 20 h.
AUDITORIO MUNICIPAL
DE CEDEIRA

Presenta:
Xosé Luis Vergara
Alcalde de Cedeira

Interveñen:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente da A.C. Fuco Buxán
Enrique Barrera Beitía
Historiador
José Torregrosa
Director da Revista "Razón Socialista"

Entrada libre. Prégase difusión.

--
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

xoves, febreiro 07, 2008

Centos de persoas despiden a Carmelo Teixeiro ... Concentración contra a entrada na Ría dun novo Gaseiro ... A Revolta consigue outro 1º Prémio


Pasadas as 6 da tarde, do 6 de febreiro, no cemiterio de Catabois, tiña lugar o enterro de Carmelo Teixeiro, nun acto onde centos de persoas rendiron unha merecida homenaxe ao que foi Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia desde a súa constitución o 17 de Xullo de 2001.

Despois dunha cerimonia relixiosa, pois Carmelo era creente, interviron "Lalán", no nome da Asociación Cultural "Fuco Buxán" e Monse Garel no do Comité Cidadán de Emerxencia, que falaron con emotivas palabras, valorando a entrega e o compromiso do compañeiro Carmelo. Logo no nome da familia interviu o fillo maior Juan Ramón que agradeceu as mostras de apoio e recoñecimento, para pasar a expresar con palabras a lembranza do seu pai, a dor que sentían e a esperanza de que se consigan os obxectivos polos que loitaba Carmelo.

O venres 15 de febreiro, vai ter lugar un acto de recoñecimento a Carmelo Teixeiro, onde se van plantar tres carballos no bairro de Caranza que simbolizarán o seu compromiso e entrega, así como tamén, o mesmo día, espaciranse parte das súas cinzas pola Ría de Ferol. Mais adiante informara-se con concreción dos Actos.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Hoxe, tiña lugar con moito suceso, unha nova concentración sonora, no Porto de Ferrol, contra a entrada do gaseiro "Cheikh el Mokrani", cargado con GNL para REGANOSA. Este é un buque mono-casco e máis pequeno que os anteriores, e dase a circunstáncia que na relación de buques metaneiros compatíbeis coas terminais da península, non figura como compatíbel coa terminal de Mugardos, cousa que teremos que investigar, así como a responsabilidade, se a hai, da Autoridade Portuaria neste asunto. Coa entrada na Ría do "Cheikh el Mokrani", xa son 14 os buques que entraron, poñendo en perigo a seguridade e a vida de miles de persoas.


O pasado Martes de Antroido, 5 de febreiro, A Revolta de Trasancos, cunha comparsa de 65 persoas conseguia o 1º Prémio á Comparsa mellor valorada deste Antroido 2008. Non publicaríamos esta noticia hoxe aquí, se non fose porque "A Revolta Chalaneira e os seus gases ..." representa a Loita das lanchas de Mariscador@s e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, contra a ilegal e perigosa REGANOSA e os seus ameazantes gaseiros cargados de GNL. O pasado sábado A Revolta tamén foi o 1º Premio en Narón. Que a loita contra a Planta de Gas sexa paseada por toda a comarca, aindaque sexa en forma de comparsa e cançons, é moi importante.
___________

Enlaces relacionados:

Morreu Carmelo Teixeiro, Coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol
_______________

mércores, xaneiro 30, 2008

Este venres, 1 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración ante a chegada dun novo buque gaseiro con GNL para REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, nunha reunión celebrada hoxe, ante o anuncio dunha proxima chegada dun novo buque gaseiro, cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, convoca unha nova concentarción, no Porto de Ferrol, o vindeiro venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá.

Como outras veces, a concentración vai ser sonora, polo que se prega que levemos as cacerolas e outros elementos de percusión.

Despois da Concentración no Porto desprazaremo-nos até o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, diante da Praza da Porta Nova [Praza de España].

Características do buque: LNG SOKOTO, Bandeira de Bermudas, Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría, según a norma EN-1532.

O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría. É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.

O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica, administrativa, de sensibilización, e de mobilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas.

_______________


Desde a Plataforma Ártabra 21, secundamos a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e chamamos a participar o vindeiro venres, 1 de febreiro, na concentración convocada, ás 11 da mañá no Porto de Ferrol e despois ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


________________

Sábado 2 de febreiro 2008: Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de janeiro de 2008 15:17
Asunto: Ultranoite en defensa da ría de Ferrol



Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

reganosaEste sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría, producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe á veciñanza de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".
_______

Arredemo
Rede de Acción Socio-Cultural
http://www.arredemo.info/
______________

mércores, xaneiro 16, 2008

Trascripción do artigo que foi publicado no número 22 de Revísta "Ferrol Análise", editada polo Club de Prensa de Ferrol

Localización dunha Planta de Gas
dentro da Ría de Ferrol


Miguel Fernández e Fernández, Almirante na Reserva


[Trascripción do artigo que foi publicado no número 22 de Revísta "Ferrol Análise", editada polo Club de Prensa de Ferrol. No ano 1999 Miguel Fernández e Fernández era o Xefe do Arsenal Naval Naval Militar de Ferrol, cando o 26/8/1999, polo entón Almirante da Zona Marítima do Cantábrico, foi subscrito un informe contrario á localización dunha Planta de Gas dentro da Ría, ao que se fai alusión neste artigo.]

Imos supor que eu fose terrorista. Nunha das reunións cos meus colegas, proporíalles: Para atacar as bases desta sociedade que odiamos, busquemos un escenario onde sexa fácil cometer un atentado a un enorme buque transporte de combustible, ou de substancias químicas, ou de gas e á súa planta de apoio, ou mellor aínda, aos dous ao mesmo tempo. Un porto que teña unha entrada angosta por unha canle facilmente accesible desde terra, no que os grandes buques só poidan entrar coa marea alta, que se atope situado moi preto de núcleos densos de poboación, para que se produzan máis danos materiais, humanos e ecolóxicos e que, ademais, de paso carguémonos unha importante base naval, neutralizando aos estaleiros de apoio, o arsenal e todos os buques militares....

Agora imos supor que eu fose un político sen moitos escrúpulos: Nunha das reunións cos meus colegas, ao tempo de degustar unhas exquisitas ameixas, desas que xa van quedando menos na ría de Ferrol, proporíalles: Imos apoiar un proxecto sen ter en conta os intereses dos cidadáns (cantos postos de traballo creáronse?), a modificar unha solución intelixente tomada anos atrás (o porto exterior pensouse, precisamente, para situar á planta de gas), a cargamos o atractivo turístico dunha fermosa ría, a debilitar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, a pór en serio perigo as vidas dos cidadáns que nos votan, a non cumprir as normativas de distancias de seguridade nin de impacto ambiental; a construír unha autoría con diñeiro público que termine, vaia casualidade, na planta de gas. Ademais, existe a posibilidade de cargamos máis aínda a vida mariña e os cultivos de ameixa e outros bivalvos... que tamén os crían noutros lugares de maior interese para o noso partido.

En ambos os casos as respostas son coincidentes e, se se consegue o segundo suposto, facilítase enormemente o labor dos "pobres" terroristas.

Se pasamos das suposicións aos feitos sucede que en Mugardos nos instalaron unha planta de gas, en casa.

Entre as moitas formas de actuar do terrorismo marítimo pódense de enumerar: O ataque en alta mar a barcos que transporten mercancías vitais; a voadura en augas interiores ou no peirao de mercantes especialmente vulnerables; o ataque en porto a grandes buques con cargas perigosas, ben desde o aire utilizando aeronaves pequenas cargadas de explosivos, ben mediante ataques submarinos por mergulladores ou equipos de demolición suicidas, utilizando minas adhesivas. Estas ha posibilidades están contempladas nos manuais interceptados aos terroristas. Afundir un barco mercante capturado previamente, bloqueando unha canle estratéxica é unha das moitas continxencias posibles. Outra é un ataque desde terra con foguetes. Tampouco fai foi falta ter moita imaxinación para pensar que podería pasar se uns terroristas secuestran un buque transporte de materias química ou de gas e fano voar nas proximidades dunha cidade da costa.

As instalacións de LNG situadas na costa tamén poden atacar desde terra por medio de camións bomba con similares desastrosas consecuencias.

Os ataques de piratería multiplicáronse nos últimos anos especialmente en lndonesia Curiosamente a rede de Al Qaeda, comprou un número considerable de buques creando a primeira, forza naval terrorista da historia. Os buques están rexistrados con bandeiras de conveniencia dea Iemen ou Somalia. É lóxico que recorde aquí que unha das accións máis claras de antiterrorismo naval foi a interceptación por unha fragata española, nunha impecable e brillante acción, do buque norcoreano Sosan levando mísiles a Iemen en decembro de 2002. Unha excitante historia de piratas que nos retrotrae ás novelas de Emilio Salgari da nosa infancia, coa diferenza de que non era ficción imaxinada por un escritor, senón a crúa realidade dos tempos que corren. O final foi que ao barco autorizóuselle a seguir a súa viaxe pois se trataba de dous países soberanos e, xa que logo, suponse que respectables. O negocio é o negocio.

Que sucedería en caso dun ataque? As características do gas natural licuado (LNG) e a súa volatilidade ofrecen, nesta desgraciada era do terrorismo, moitas oportunidades de atentados a infraestruturas de apoio vulnerables que estean emprazadas preto de núcleos urbanos.

Segundo técnicos respectables un ataque dun terrorista cun bote bomba sobre un gasero pode facer que a metade da carga de LNG se escápe e se incéndie. En 3 minutos o lume pódese estender a uns mil metros do buque. Nun caso así non hai nada que se poida facer, non hai tempo de evacuar á xente ou de apagar o lume. Os estudos afirman que os maiores efectos terán lugar ata os 500 metros. A radiación térmica alcanzará os 1.500 metros e pode incendiar miles de fogares. e estes estudos son os que impuxeron as actuais medidas de seguridade que fixan un mínimo de 2 a 3 km de distancia aos núcleos de poboación. En todo caso os informes máis conservadores, é dicir, os das propias compañías que varren loxicamente para casa, sinalan como distancia mínima de seguridade unha milla (1.850) metros.

Como se dicía no informe do Estado Maior da Zona Maritima do Cantábrico de Agosto de 1999, as distancias ao centro urbano eran de 1.200 metros, ao centro 1.600, a Mugardos 900 e ao propio Arsenal 1.000 metros. Ese informe foi elaborado co soporte técnico proporcionado polo Arsenal, naquel momento baixo o meu mando. Os informes negativos da Armada non prosperaron pois había unha firme decisión de .levar adiante o proxecto.

Non deixa de ser curioso que un dos socios da planta de gas de Mugardos, ENDESA, estea construíndo unha planta en Livorno (Italia) 20 km mar dentro e presuma da súa tecnoloxía como clave do que representará o futuro dos proxectos de regasificación mundiais. Este feito fai que á burla sómese o escarnio, cando xa estaba previsto que a planta situásese nos terreos do porto exterior en Caneliñas. Acaba de chegarme a esperanzadora noticia de que o goberno italiano acaba de suspender o decreto de aprobación da planta de gas licuado de Brindisi por non cumprir a lei italiana nin a europea.

Distintos organismos oficiais recoñeceron o perigo da planta, e que é previsible que se produzan perdas humanas en caso dun accidente cuxa repercusión económica sería alta. As distancias de seguridade non se respectaron e a saída do buque, nunha urxencia, polos seus propios medídevos é imposible. As persoas e organismos públicos que tiñan que haberse manifestado no seu momento, inhibíronse.

No seu favor poderíase dicir que o que non sabe é como o que non ve. Naquel momento os cidadáns e poida que algúns políticos, quizais non soubesen, pero os técnicos si sabían e os que tomaron as decisións tamén sabían. E agora si sabe que o lugar adecuado desta e bomba potencial é o porto exterior de onde nunca se debeu desvincular. Se aos galegos sóbranos diñeiro para pagar cinco veces máis que o seu orzamento orixinal por unha Cidade da Cultura de dubidosa funcionalidade, ben podiamos aspirar a que un sopro de xuízo nos nosos dirixentes faga inexorable o traslado futuro da planta.
______________

luns, xaneiro 14, 2008

Manifestación en Compostela o 17 de febreiro de 2008

[Para ampliar clicar acima do cartaz]

sábado, xaneiro 12, 2008

Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa

De: santiago diaz-garzón morillo
-xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de janeiro de 2008 01:27
Asunto: Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa



Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa

LORENA BUSTABAD - Ferrol
EL PAÍS - 10-01-2008

Un total de 11 leiras -antigos labradíos e varias vivendas- radicadas na parroquia mugardesa de Mehá e adquiridas por Forestal do Atlántico, propiedade do grupo Tojeiro, entre 2000 e 2003 por un importe próximo aos 600.000 euros, foron vendidas a Reganosa en agosto do mesmo ano por 2.681.564 euros.

Con estes datos do Rexistro da Propiedade de Pontedeume sobre a mesa, Humberto Fidalgo, do Comité Cidadán (CEE), denunciou onte o "segundo pelotazo" do empresario pontés Roberto Tojeiro cos terreos nos que se sitúa a terminal. En outubro de 2007, Fidalgo denunciara ante a Fiscalía do TSXG que Tojeiro, propietario do grupo empresarial do mesmo nome e accionista de Reganosa (18%), obtivera unhas "plusvalías millonarias" coa compravenda da leira na que se asenta a planta e que pertencía a Forestal do Atlántico. A propiedade, de 75.849 metros cadrados, comprou por 285.480 euros en febreiro do 2001 e vendeuse a Reganosa semanas despois por 4.429.459 euros, 15 veces o seu valor inicial.

"Se sumamos os catro millóns que Tojeiro gañou en 2001 e os outros dous millóns en 2003, obtivo unhas ganancias de seis millóns só cos terreos", sinala Fidalgo. O Comité, que agrupa aos opositores á localización de Reganosa no interior da ría, sinalou onte que porá estes últimos datos a disposición da Fiscalía para ampliar a denuncia interposta contra a Xunta de Manuel Fraga pola existencia dun acordo secreto que garantía de antemán a viabilidade da terminal ao sur da ría de Ferrol, mentres o ex conselleiro de Economía, José Antonio Orza, era accionista do Grupo Tojeiro. "A Tojeiro entrar en Reganosa sáelle gratis", sinala Fidalgo, xa que "os seis millóns correspóndense co 18% do accionariado que posúe na empresa".

Un centenar de persoas convocadas polo comité recibiu onte con outra cacerolada ao gasero LNG Sokoto, con 58.476 toneladas de gas natural nas súas cubas. Trátase do duodécimo buque que atraca en Mugardos desde que Reganosa iniciase en maio a súa fase de probas. O Comité esixiu onte ao Ministerio de Industria "que anule a licenza e paralice de inmediato a actividade de Reganosa". Os opositores sosteñen que a compañía ten "problemas" porque "non hai demanda".

Enlace coa noticia orixinal no xornal "El País"
__________________
Enlace relacionado:

Denuncia á Fiscalia do TSXG dun pelotazo económico no despropósito chamado REGANOSA

__

xoves, xaneiro 10, 2008

Concentración en protesta pola entrada do LNG Sokoto na Ría cargado con GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA

Este mércores 9 de xaneiro de 2008, entrou na Ría de Ferrol un novo buque gaseiro, o LNG Sokoto, cargado de GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA. E con este xa son 12 os buques que entraron na Ría poñendo en perigo a vida e seguridade de miles de persoas.

[Clicar acima da imaxe para ver Galería de Diapositivos da Concentración -09.01.2008]

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou, xa como é habitual, unha sonora concentración para protestar pola entrada do buque na nosa Ría. Ao final da concentración o compañeiro "Lalán", coordenador do citado Comité dirixiuse ás persoas concentradas e aos medios de comunicación alí presentes. Fíxonos chegar un saúdo de Carmelo Teixeiro que está convalecente dunha grave enfermidade. Comunicou a interposición do Recurso de Alzada contra a Acta de Posta en Funcionamento de REGANOSA. Lembrou que o vindeiro 13 de xaneiro cumprese décimo aniversario do accidente do Discoverer Enterprise que deixara incomunicado Ferrol durante meses. Se ese accidente foi grave, no caso do que o accidente sexa dun buque gaseiro cargado de GNL pode ser catastrófico. Lembrou a necesidade de dotarse de recursos económicos, polo que chamou para que se venderan as rifas de apoio que están en circulación editadas polo Comité Cidadán. Comunicou que se ía poñer en coñecimento da fiscalia nova documentación no caso do pelotazo urbanístico de REGANOSA en Mugardos. Por último chamou a continuar na loita até conseguir os obxectivos.

Planta de Gas Fora da Ría !!
_____________

_
Enlace coa Galería de Diapositivos da Concentración [09.01.2008]
__________________

Novo exemplo de periodismo cínico

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de janeiro de 2008 19:03

Asunto: De novo o Delegado de La Voz de Reganosa en Ferrol D Miguel Angel Souto


De novo o Delegado de La Voz de Reganosa en Ferrol D Miguel Angel Souto, a quen temos que agradecer que en Ferrolterra cada vez hai máis lector@s de Diario de Ferrol, El País, La Opinión, El Correo Gallego e outros, na súa traxectoria de periodismo cínico, se supera e el mesmo co comentario de opinión que achegamos.

Para calquera que viva en Ferrolterra e coñeza a súa realidade, seguramente, lle parecería máis axeitado o seguinte titular:

Fará falla outro "Discoverer ", esta vez con centos ou miles de mort@os, para que a Planta de Gas de Reganosa sexa trasladada fóra da Ría de Ferrol?


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

_____________________

xoves, decembro 13, 2007

Fuco Buxan A.C. presenta o nº 23 de "Razón Socialista"

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de dezembro de 2007 18:04
Asunto: Presentación do nº 23 de "Razón Socialista"


Presentación do nº 23 de "Razón Socialista"

Fuco Buxán Asociación Cultural Presenta o número 23 da súa Revista semestral

"RAZÓN SOCIALISTA" "Pola rexeneración da Esquerda"

Lúns, 17 de Decembro, ás 20 horas no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202 – Ferrol)
Intervirán:
José Torregrosa
Director de "Razón Socialista"

Arantxa Domínguez
Que publica neste número
"Carta a unha muller maltratada"

Yolanda Díaz
Concelleira de Cultura
"A muller na política de esquerdas"

Entrada libre
Prégase difusión


__________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

___________

luns, decembro 03, 2007

O Premio "Semente" de VERDEGAIA, para a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de dezembro de 2007 17:23
Asunto: PREMIO SEMENTE VERDEGAIA


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

PREMIO SEMENTE VERDEGAIA

Onte día 1 de decembro a asociación ecoloxista VERDEGAIA fíxonos entrega do premio SEMENTE 2007 á Plataforma de Veciños O Cruceiro de Mehá

Quremos facer público o noso agradecemento pola atención recibida desde o primeiro día do noso peche no concello de Mugardos por devandita asociación, así como das frecuentes visitas dun bo número dos seus compoñentes.

Grazas a todos e sabede que desde a nosa plataforma "O Cruceiro de Mehá" seguimos pelexando porque a planta de gas sexa trasladada fora da ría de Ferrol a outra ubicación menos perigosa para todos.

VENCEREMOS

NOTA: Adxunto fotografias do acto Asociación Plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá Página Web: http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
e-mail: ocruceiromeha@yahoo.es

Teléfono asociación 699548246

Presidenta: Luz Marina Torrente

_______________


______________________________________



____________________________________

Verdegaia.-


Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta.

Enderezo: Apdo. Correos nº 49 - Santiago de Compostela [ 15870 ]

Correo-e: info@verdegaia.orgEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Teléfono: 622 033 665 - 629 835 351


Núcleos Comarcais:

______
web nacional:

http://www.verdegaia.org/
______________

Resoluçom da IV AN de NÓS-UP Contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência

De: NÓS-Unidade Popular
-nacional@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de dezembro de 2007 01:24
Asunto: Resoluçom da IV AN de NÓS-UP Contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência



Resoluçom da IV AN de NÓS-UP Contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência

Encaminhamos a Resoluçom aprovada na IV Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular celebrada o passado dia 1 de Dezembro na Comarca de Compostela contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência. Há mais informaçom da nossa IV AN em www.nosgaliza.org
Saúdos independentistas, socialistas e nom patriarcais
Bruno Lopes Teixeiro
Responsável Nacional de Organizaçom de NÓS-UP

Contra REGANOSA e em apoio ao Comité Cidadao de Emergência

Um importante movimento social leva anos a reclamar na comarca de Trasancos o respeito às mais elementares normas de segurança e ambientais, e rejeitando por isso a regasificadora imposta por REGANOSA no coraçom da Ria de Ferrol. Trata-se de um exemplo paradigmático de como os interesses das grandes firmas empresariais e financeiras determinam directamente as políticas institucionais e as posiçons dos partidos do sistema.

A IV Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular adere às reivindicaçons da vizinhança organizada de Trasancos, e exige à Junta da Galiza e ao Governo espanhol a definitiva paralisaçom da regasificadora. Os negócios privados de Tojeiro, Caixa Galicia ou Unión Fenosa nom podem continuar a impor-se à segurança de dezenas de milhares de pessoas, e o lucro imediato nom pode continuar a destruir a sustentabilidade socioambiental do nosso país.

Daqui queremos apontar directamente as responsabilidades partilhadas polo PSOE, o BNG e o PP no caso REGANOSA, e as conseqüências que poda chegar a ter umha actividade altamente perigosa e agressiva para o meio natural e económico da comarca de Trasancos.

A Ria é nossa, e nom de Reganosa!!
_________________

venres, novembro 30, 2007

Desde Santurce a Bilbao, artigo de Miguel Angel Aguilar, sobre Reganosa, no xornal "Cinco Días"

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
fucobuxan@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de novembro de 2007 20:16
Asunto: Artigo sobre Reganosa no periódico "Cinco Días"


Artigo sobre Reganosa no periódico "Cinco Días"

O periódico "Cinco Días" publica hoxe, sobre as ilegalidades de Reganosa, un interesante artigo de opinión, asinado polo periodista Miguel Angel Aguilar, quen anuncia continuar co tema.

Desde Santurce a Bilbao
Miguel Angel Aguilar (30-11-2007) Publicado en: Edición Impresa - Opinión

Cantabamos de pequenos en honra do comercio, ao que daban vida as mozas emprendedoras de entón, as estrofas que empezaban"desde Santurce a Bilbao, vengo por toda la orilla, con la falda remangada, luciendo la pantorrilla, vengo deprisa y corriendo, porque me aprieta el corsé, voy gritando por las calles: ¡quién compra!, sardinas frescué. Mis sardinitas, que ricas son, son de Santurce, las traigo yo". Recoñezamos que aquelas pioneiras trataban co peixe e que se lucían a pantorrilla era para incentivar a comercialización, como sucede agora nos anuncios da prensa ou os anuncios de televisión.

Pero máis aló da estampa costumista que evoca esta cantata popular, o seu arranque podería servir para caracterizar a España dos desastres ecolóxicos perpetrados nas nosas costas. Porque efectivamente, desde Santurce a Bilbao ou desde Totana ao Puerto de Santa María ou á ría de Ferrol xa podemos ir -non saltando de árbore en árbore como podían facer os esquios para pasar desde Gibraltar até os Pireneos, en épocas anteriores ao culto arboricida, senón de apartamento en apartamento e de torre en torre- sen tocar o chan.

Estes últimos días, os abusos urbanísticos con arrastres ecolóxicos irreversibles saltaron en Totana (Murcia) -patria moza dos Garrigues- pero convén atender tamén a outros casos, en especial cando quedan sorprendentemente ocultos sen romper a barreira de silencio.

Vexamos, por exemplo, o que está sucedendo na ría de Ferrol coa planta de regasificación promovida por Reganosa, barbarie fronte á que se estrela a oposición cidadá. Os seus clamores contra a ilegalidade que supón esa planta, contra os perigos que engade a súa absurda localización, así como as súas alegacións polo incumprimento das máis elementais normas de seguridade industrial e ambiental, carecen de eco algún nos medios de comunicación, se se exceptúan as páxinas do diario La Opinión de A Coruña, e de aí a consecuente desatención da Xunta, cuxos actuais responsaábeis proceden coma se debesen subrogarse nas corrupcións financeiras e políticas características dos tempos da presidencia de Manuel Fraga. Velaquí algúns botóns de mostra:

Estes últimos días, os abusos urbanísticos con arrastres ecolóxicos irreversibles saltaron en Totana, pero debe atenderse a outros casos
  • A instalación da planta de Reganosa incrustouse no corazón da ría de Ferrol nun lugar onde dentro dun radio de 2.000 metros viven máis de 7.000 persoas, cuxo caserío presenta vivendas a distancias de apenas 80 metros. En ningunha planta de gas en España sucede nada semellante.

  • Á planta só se pode acceder desde o mar aberto a través dunha estreita canle de escasa profundidade e de máis de 4 quilómetros de lonxitude. Estas condicións impiden o tránsito dos grandes buques gaseros fóra das dúas horas diúrnas de pleamar, único intervalo en que se dispón da luz e o calado suficiente para a súa navegación, e iso sempre que os fortes ventos habituais non o impidan.

  • Os fondos mariños desta canle están clasificados como lugar de interese comunitario (LIC) e quedan baixo normas de protección integral, polo que debe excluírse a posibilidade de proceder a dragarlos.

  • Os tanques da planta atópanse dentro da zona de seguridade para a defensa nacional fronte ao arsenal de Ferrol. De modo que os buques gaseros coa súa carga de gas natural licuado (GNL) quedarían fondeados a menos de 200 metros dos buques de guerra e do resto das instalacións militares da Armada.

  • No seu informe de agosto de 1999 o contraalmirante Pedro Español Jofre de Villegas, co respaldo do almirante xefe da Zona Marítima do Cantábrico, Rafael Morales Robledo, fixo constar a gravidade da situación descrita pero a reacción do ministro de Defensa Federico Trillo limitouse a pasar á reserva ao almirante Morales.
O próximo día de clase ocuparémonos nesta mesma aula dos antecedentes, da situación actual do expediente de autorización e das causas que levaron a elixir precisamente Punta Promontorio para instalar a planta de Reganosa. Atentos.

Miguel Angel Aguilar

Xornalista
____________

Enlace orixinal no xornal económico de ámbito estatal "Cinco Días"
______________

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡!

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
_______________

mércores, novembro 28, 2007

Solidariedade de Fuco Buxan A.C. coa delegación do Comité Cidadán de Emerxencia que se despraza até Bruxelas

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de novembro de 2007 19:02 Asunto: Saída Deleg. CEE a Bruselas



Unha Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol viaxa a Bruselas.

A Asociación Cultural "Fuco Buxán" solidarizase cos compañeiros e compañeiras, membros do Comité Cidadán de Emerxencia, que hoxe 27 de novembro desplázanse a Bruselas, para entregar, na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a denuncia pola posta en funcionamento da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol, incumprindo toda a normativa comunitaria de seguridade.

A delegación, que partirá ás 19 h. da Praza de Galicia de Ferrol, está composta polos seguintes membros do CCE:

Manuel Rguez. Carballeira (Tfo 669208499), Presidente da Asociación Cultural Fuco Buxan, quen actuará de portavoz, Luz Marina Torrente ( Presidenta da Plataforma de Veciños de Mehá, Mugardos), Jesús Caselas, Presidente da Federación de AA.VV. Roi Xordo de Ferrol, Eliseo Zaera, Presidente do Ateneo Ferrolán, Jaime Gabarri Representando á Cofradía de Mariscadores de Ferrol e Alexandre Carrodeguas.

Durante esta visita ó Parlamento, xestionada polo Grupo Parlamentario Europeo de Esquerda Unida, teñen previsto entrevistarse con representantes dos Grupos: Socialista, Esquerda Unida e Os Verdes, e asemade con membros da citada Comisión de Peticións.

O retorno está previsto para o próximo día 29.

Achégase Comunicado oficial do CCE

Sorte nas xestións, e sempre:

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
_____________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
________________

martes, novembro 27, 2007

REGANOSA en Euskadi

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de novembro de 2007 21:27
Asunto: REGANOSA en Euskadi


REGANOSA en Euskadi

Boas noites
votádelle unha ollada a esto:

http://www.gara.net/
___________
Asociación Plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá
Página Web: http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
e-mail: ocruceiromeha@yahoo.es
Teléfono asociación 699548246
Presidenta: Luz Marina Torrente
____________

Martes, 27 de novembro, concentración para despedir á Delegación do Comité de Cidadán de Emerxencia que se vai desprazar até Bruxelas

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de novembro de 2007 01:21
Asunto: Urxente convocatoria e roda de prensa



Urxente convocatoria e rolda de prensa

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol,
co motivo do desprazamento ó Parlamento Europeo en Bruselas
dunha delegación de seis dos seus membros

Convoca:

Martes, 27 de Novembro,
ás 18,30 horas


na Praza de Galiza
[fronte ó Edificio de Correos]
en Ferrol


A tóda a cidadanía

Como medida de apoio e solidaridade
cos compañeiros e compañeiras
que van levar ao
Parlamento Europeo
a denuncia e o rexeitamento
á localización da Planta de Gas
dentro da Ría de Ferrol.

E aos Medios de Comunicación,
co fin de efectuar unha rolda de prensa,
previa a saída (18,30 h.)
e no lugar concreto onde se produce.


Engádese comunicado oficial do CCE
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
Para apoio económico:
C.c. en BBVA, titular: Carmelo Teijeiro e otros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN ES96 0182 0181 5902 0154 8440
______________

UNHA DELEGACIÓN DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA VIAXARÁ A BRUXELAS, PARA PRESENTAR UNHA DENUNCIA NA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO
27 DE NOVEMBRO DE 2007

Os próximos días 28 e 29 de novembro, seis compoñentes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [en diante CCE] estarán en Bruxelas para presentar unha denuncia a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo polo feito de que a Planta de Gas de Reganosa desde o pasado 9 de maio está en funcionamento, ameazando a vida de 100.000 persoas que viven na Ría de Ferrol, vulnerando fragantemente os artigos 8 e 12 da Directiva Europea 96/82/CE (Seveso II), sen ter acreditado o cumprimento de dita normativa nin da Norma europea EN-1532 de saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia e ameazando a riqueza marisqueira da que viven máis de 600 familias.

Así mesmo a Delegación do CCE terá entrevistas con distintos eurodiputados , para facilitarlles copia de devandita denuncia que se presentará esta semana á Comisión de Peticións por vulneración da Directiva Seveso II e así mesmo para darlles coñecemento doutra denuncia mais presentada hai un mes ao Comisario Europeo da Competencia Mario Monti por vulneración da normativa europea da Competencia cun convenio subscrito no ano 2000 por D. Manuel Fraga, entón Presidente da Xunta de Galicia, cunha cláusula secreta para esconder investimentos e axudas publicas, en prexuízo doutros operadores do sector enerxético.

A viaxe esta organizado polo Grupo Parlamentario Europeo de Esquerda Unida, quen traslada a Bruxelas a uns 25 persoas de Galiza de distintos colectivos que se aloxasen no Hotel Best Western Premier Carrefour De L´Europe. A viaxe realízase en dúas etapas unha en autobús que sae o martes 27 ás 19 horas desde a Praza de Galiza, fronte ao Edificio de Correos, en Ferrol para levarlles ao Aeroporto de Madrid, desde onde o mércores dia 28 ás 6,15 horas sairá o avion da compañía irlandesa Ryanair, que lles levará ao aeroporto de Clarleroi, a uns 46 kilometros ao Sur do Centro de Bruxelas e coñecido como o seu aeroporto sur.

Para o mércores día 28 ás 12,30 da mañá esta prevista a súa acreditación para entrada no Parlamento Europeo onde ás 13,30 horas terá lugar a comida nos comedores do mesmo. Á primeira hora da tarde do mércores terán unha entrevista con Willy Meyer, Eurodiputado por Esquerda Unida e con David Lowe, Secretario Xeral do Comité de Peticións. Posteriormente asistirán a unha charla coloquio sobre o funcionamento das institucións comunitarias.

Para o xoves 29 de novembro a Delegación do CCE ten previsto entrevistarse con Parlamentarios Europeos dos verdes, entre eles David Hammerstein. Así mesmo esta previsto unha entrevista coa eurodiputada Inés Ayala Sender, representante socialista na Comisión de Peticións, así mesmo cos eurodiputados socialistas galegos Rosa Miguelez e Antolin Sánchez.

Para facilitar a identificación dos compoñentes do CCE, estes levarán camisetas de cor vermella, distintivo do sinal de perigo, co slogan: Planta de Gas Fora da Ría! "En defensa da vida da Ría e dá legalidade". O regreso da Delegación do CCE está previsto para a mañá do venres 30 de novembro, tamén en dúas etapas, unha primeira en avión da compañía irlandesa Ryanair que sae do aeroporto Charleroi (Bélxica) ás 19,05 do dia 28, e a segunda etapa desde Madrid a Ferrol en autobús.

Para a saída desde Ferrol a partir das 18,30 o Comité Cidadán de Emerxencia convocou unha rolda de prensa nas beirarrúas e escaleiras próximas das oficinas de Correos.
_________________________

Anexos:

TÍTULO VIII : DAS PETICIÓNS
Regulamento do Parlamento Europeo
-16ª edición - setembro 2007 -

Artígo 191 : Dereito de petición

Artígo 192 : Examen das peticións

Artígo 193 : Publicidade das peticións
___________________

Membros da Comisión de Peticións:
Relación de membros

Web da Comisión de Peticións:
Sitio web C.P.

_______________

domingo, novembro 18, 2007

Presentación do libro "Muros de Silencio", no Ateneo de Pontevedra, o luns 19 de novembro

De: Fuco Buxán -fucobuxan@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de novembro de 2007 23:28
Asunto: Presentacion "Muros de Silencio" (caso Reganosa)



Ateneo de Pontevedra

Presentación do Libro
editado por
fuco buxán
Asociación Cultural


MUROS DE SILENCIO
CORRUPCIÓN E AMEAZA NA RÍA DE FERROL
O CASO REGANOSA

Lúns, 19 de novembro, ás 20 horas
Na Fundación Caixa Galicia

(praza dos Músicos ou de San Xosé)
Pontevedra

Interveñen:

Antón Masa
Presidente da Plataforma para a Defensa
da Ría de Pontevedra
• Carmelo Teixeiro Menéndez
• Enrique Barrera Beitia
• M.Angel Rodríguez Carballeira
Autores do Libro e Directivos de “Fuco Buxán, A.C.”

FucoBuxán edita este libro, nun esforzo por contribuír á tarefa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Esta Ría e quenes aquí vivimos, estamos ameazados pola ubicación ilegal da Planta de Gas de Reganosa no interior da ría, en lugar de no Porto Exterior de Caneliñas, como en tantas ocasións levamos dito.

Son necesarias todas as accións que contribúan ao coñecemento do risco e ameaza (para a vida humana e riqueza da ría) que supón a planta de Reganosa.


Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240.
Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España.
fucobuxan@yahoo.es
www.fucobuxan.com
______________________

venres, novembro 16, 2007

Concentración no Porto de Ferrol, este Luns 19 de novembro, para protestar contra a entrada na Ría do décimo gaseiro para a ilegal e perigosa REGANOSA

De: Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de novembro de 2007 23:46
Asunto: Cacerolada luns 19 de novembro décimo gaseiro a Reganosa.


CONCENTRACIÓN
cacerolada-tamboreada
19 de Novembro

Luns ás 10 da mañá
no Porto de Ferrol,
diante do Edificio
da Autoridade Portuaria

Para protestar pola entrada
na Ría de Ferrol dun novo
buque gaseiro cargado con GNL
para a ilegal e perigosa REGANOSA

Convoca:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

________

O Comité Cidadán de Emerxencia acordou convocar unha cacerolada-tamboreada para as 10 da mañá do próximo luns 19 de novembro, diante dos edificios da Autoridade Portuaria sen descartar outras mobilizacións.

A única Pleamar diúrna para o luns 19, está prevista para as 11 horas, mais as ultimas entradas de gaseros producíronse adiantadas en case media hora respecto da pleamar correspondente.

A mobilización ten como finalidade:

a) Expresar o rexeitamento pola pretendida entrada ilegal na Ría de Ferrol dun décimo buque Gasero, chamado "PORT HARCOURT", cunha eslora de 275 metros, cargado con 134.000 m3 de Gas Natural Licuado con destino ás instalacións de Reganosa dentro da angosta Ría de Ferrol, sen garantía algunha, por Reganosa, nin pola Autoridade Portuaria, de que en caso de emerxencia durante a descarga, o buque, poida saír ao mar aberto, con rapidez e polos seus propios medios tal e como require a norma EN-1532. Así mesmo sen que Reganosa teña acreditado o cumprimento de todos os condicionados da súa autorización de construción, entre eles a saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia e a distancia suficiente ata as poboacións segundo o artigo 12 do R.D. 1254/99 de 16 de xullo, cuxa aplicación en España é o RAMINP que require unha distancia mínima de dous quilómetros ata as poboacións, por todo o cal desde o pasado 9 de maio, con mais probabilidades na entrada e descarga dun buque gasero cargado de GNL, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.

b) Demandar do Ministerio de Industria, que ANULE o acta de posta en servizo de Reganosa asinada o pasado 7 de novembro polo "Área de Industria e Enerxía da Coruña", a fin de que sexa paralizada a actividade de Reganosa e que sexa desmantelado o seu potencial de destrución masiva pola proximidade das poboacións e o angosto da Ría de Ferrol.

Hoxe iniciouse a difusión de 20.000 exemplares dunha octavilla, que se distribuirá ao longo dos próximos días, con motivo do acta de posta en servizo, asinada o pasado 7 de novembro, a fin de facer chegar ó conxunto da cidadanía de Ferrolterra que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol continuará con mais intensidade a loita contra a ameaza de Reganosa, á vida humana, á riqueza marisqueira da Ría e ao seu patrimonio histórico, polo que seguirán abertas todas as vías de actuación posible: administrativa, xudicial, mediática e de mobilización ou de comunicación coa sociedade.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_____________________