Amosando publicacións coa etiqueta Planta de gas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Planta de gas. Amosar todas as publicacións

domingo, xaneiro 03, 2010

"Ladran, porque cabalgamos Sancho"

Unha vez máis, Reganosa sae aos medios de comunicación, este fin de ano, cunha campaña de imaxe e medias verdades, posibelmente elaborada pola redacción da axencia  INCIS, empresa de Santiago de Compostela, contratada desde o 2001 pola empresa regasificadora. A campaña de imaxen busca contrarrestar a denuncia do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de que a planta de Mugardos estaba a baixo rendemento, moi por debaixo da súa capacidade operativa. Para mostra, basta ver a lista dos buques gaseiros que arribaron ao terminal de Punta Promontorio, só 21 dos 50 previstos no proxecto. Esta denuncia demostraba que a Planta Regasificadora é a todas luces innecesaria, tendo en conta ademais o peche do gasoduto de Tui que abastecía á rede na Galiza, con gas moito máis barato. Ante a reacción da empresa frente a esta denuncia só queda decir "Ladran, porque cabalgamos Sancho".


Mais que é o que quere ocultar Reganosa ?

Esta é a realidade que pretende ocultar Reganosa

O desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización

Título: Informe 34/2009 da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de orde pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas e a retribución das actividades reguladas do sector gasista para o ano 2010.
Autor: Consello de Administración
Data: 28 de Decembro de 2009
Referencia: 155/2009

Fonte: http://www.cne.es/cne/Publicaciones?accion=3&id=2047&id_nodo=32

No informe mencionado, nas páxinas 17 e 18, figura textualmente, en español, o que a continuación publicamos en galego:

4.3 Comentarios particulares

4.3.1 Peaxes de descarga de buques

A información que acompaña á proposta de Orde xustifica que a modificación das peaxes de descarga de buques débese ao desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización.

Cabe sinalar que, durante o período comprendido entre xaneiro e outubro de 2009, e tendo en conta a caída da demanda, a regasificación na planta de Mugardos diminuíu un 26,6% respecto ao mesmo período do ano anterior, diminución superior ao resto de plantas do sistema (Véxase o Cadro 8).

Considérase que se deberían analizar as causas de devandita variación, para determinar en que medida esta é consecuencia da evolución da demanda rexistrada nos últimos meses, e xa que logo responde a unha situación temporal, ou resulta máis ben dun problema estrutural de demanda en devandita planta. Dependendo da causa, os remedios que se requiran para resolver o problema serán diferentes.

Cadro 8. Regasificación por plantas (GWh)

Planta

Xaneiro - Outubro 2008 Xaneiro - Outubro 2009 Taxa de variación (%)
Barcelona 64.045 58.864 -8,1%
Huelva 50.019 50.209 0,4%
Cartaxena 39.178 37.453 -4,4%
Bilbao 47.725 41.836 -12,3%
Sagunto 55.610 55.795 0,3%
Mugardos 18.040 13.233 -26,6%
TOTAL 274.617 257.390 -6,3%
Fonte: GTS
Nota: Inclúese a carga en cisternas

Neste sentido, as cantidades que os axentes regasifican en cada planta dependen de diversos factores, entre os que se atopan a distancia desde as plantas de licuefacción, as restricións á operación das plantas, a posibilidade de realizar transaccións con outros axentes comercializadores, etc. Polo tanto, a modificación da peaxe de descarga de buques é un elemento que favorece a utilización da mesma, pero que en ningún caso garante unha utilización superior, o que dependerá esencialmente dos custos de trasladar devandito gas e fretes asociados [9].

[9] No informe 34/2006 da CNE sobre a proposta de Orde pola que se establecen as peaxes e canons asociados ao acceso de terceiros ás instalacións gasistas, explícase a diferenza existente entre os custos de trasladar un buque desde o Mediterráneo ás plantas do norte (aproximadamente 100.000 €) e o incentivo existente nas peaxes de descarga de buques (que aplicando as peaxes da proposta de Orde resulta en aproximadamente 78.000 €).

Fonte: Informe 34/2009 da CNE

__________________

Ademais de páxinas completas de publicidade coas "excelencias" da planta de gas, Reganosa elabora noticias que a maioría dos medios reproducen integramente e lles dá un espazo nas súas portadas, tanto nos medios convencionais impresos como nos audio-visuais e dixitais.

Reganosa nalgúns medios:

E así poderíamos seguir poñendo noticias aparecidas na rede cos mesmos titulares, máis "para proba un botón".

Nota: Consideramos a necesidade do estudo por parte dos nosos técnicos, o máis axiña posíbel, do Documento referenciado como Informe 34/2009 da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de orde ...  , pois nas súas 62 páxinas hai asuntos de suma importancia que afectan a Reganosa, como pode ser a previsión de disminución  nun aproximado 14% da demanda de GNL para os ciclos combinados ou mesmo partes do informe onde menciona a planta de Mugardos, sen asignar-lle previsións para o 2010 e noutros casos reduccións do 100% en peaxes asignados co respeito ao 2009.

Se non se poidera descargar, o Documento, da páxina da CNE, o CA21 dispon de copia do documento en formato  -PDF-, quen o necesite pode solicirá-lo a:
artabra21@gmail.com

SAÚDE, LIBERDADE E BON ANO 2010 !!
Colectivo Ártabra 21
__________________________

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


____________________________________

Enlaces relacionados:
____________________________

martes, decembro 29, 2009

Entrou pola mañá o "Hispania Spirit" na Ría de Ferrol, cargado con GNL-LNG para Reganosa e o Comité Cidadán realizou unha acción de denuncia e protesta


[Concentración contra a entrada do 58 gaseiro - Foto: Suso Pazos]

A pesar de que MeteoGalicia daba tempo adverso anunciando alerta laranxa e amarela para o 28 de Decembro, o temporal deu unha tregua que aproveitou o buque gaseiro para entrar na Ría, cargado con gas natural licuado, para as instalacións de Reganosa. O "Hispania Spirit", fixo o buque nº 58 desde que en Maio de 2007 que entrou o nº1.

Unha representación dos diferentes colectivos que participan na Asemblea Cidadá, sobre unhas 40 persoas, secundaron a chamada do Comité Cidadán de Emerxencia, concentrando-se nas inmediacións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, facendo soar as sirenes e soltando os berros reivindicativos e de denuncia. O compañeiro "Lalán" no nome do Comité foi o encargado de dirixir-se ás persoas concentradas, denunciando unha vez máis ao innecesario e corrupto despropósito gasístico; ao perigo potencial que representa Reganosa que se ve aumentado sempre que un buque gaseiro cargado con GNL-LNG entra na nosa Ría. Mencionou que a planta non era necesaria que este ano 2009, remata cun nefasto rendimento, con apenas un 30% da súa capacidade de regasificación. Asegurou que Reganosa non era necesaria, pois as necesidades de gas estarían perfectamente cubertas se non se pechara o gasoduto de Tui, ademais cun gas moito máis barato. Dixo que Reganosa só é un grande negocio para o Sr. Tojeiro e as demais empresas socias, ao receber das arcas do Estado sustanciosas cantidades polo simple feito de estar construída e funcionando. Denunciou unha vez máis que o sistema de regasificación, utilizando para os vaporizadores auga de mar, empobrecen a Ría, ao esterilizar máis de 300 millóns de litros ao día, mentras dura o proceso de rasificación. Denunciou aos medios de comunicación que non publican estes datos ou manipulan a información como o asunto do anuncio do arquivo do expediente sobre Reganosa na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, cando isto é totalmente falso, dado que este asunto quedou adiado e aínda se vai tratar na vindeira sesión plenaria de dita Comisión que está previsto que se celebre a finais de Xaneiro do ano que ven. Rematou a intervención desexando un feliz 2010 cheo de logros e conquistas para o movimento social.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Enlace de Interese:
_____________________

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


________________________________

domingo, decembro 27, 2009

Prevista a entrada do "Hispania Spirit" na Ría de Ferrol, este Luns 28 de Decembro, cargado con GNL-LNG para a perigosa e ilegal Reganosa: O Comité Cidadán convoca nova acción de denuncia e protesta


[O "Hispania Spirit" atracado en Reganosa, en Xuño deste 2009 - Clicar acima da foto para ampliar]

De novo Reganosa, coa complicidade das autoridades, disposta a poñer en perigo a nosa seguridade e vida, ao traer un buque cargado con gas natural licuado, para as súas instalacións de Punta Promontorio en Mugardos. Pois este Luns 28 de Decembro de 2009, está prevista a entrada dun novo buque gaseiro, o Hispania Spirit, de grande porte con 279 metros de eslora que faría o nº 58 desde que en Maio de 2007 entrara o Galicia Spirit que contabiliza como o nº 1. Mais as condicións meteorolóxicas, para este Luns, son totalmente adversas, con alerta laranxa de madrugada e amarela durante todo o día. Polo que segundo a normativa vixente, e o sentido común, estes niveis adversos van a impedir que o buque se achegue á costa do Golfo Ártabro. MeteoGalicia editou o seu Boletín de tempo meteorolóxico adverso para o 28 - decembro - 2009. Entre outras cousas di: "Unha fronte moi activa atravesará Galicia durante este día deixando ventos fortes e chuvias de carácter moderado, localmente fortes".

Xa son moitos os buques gaseiros que por mor das condicións meteorolóxicas non puideron entrar na Ría de Ferrol. Mesmo o parlamentario de Esquerda Unida Pascual Llamazares advertiu, con varias preguntas, no Parlamento Español sobre estes feitos que se veñen repetindo, xa con demasiada frecuencia.



Aínda que sexa o máis probábel que o Hispania Spirit, non entre na Ría este Luns 28 de Decembro, o Comité Cidadán de Emerxencia, como ten por norma, convoca unha acción de protesta e denuncia contra o corrupto despropósito gasístico e o perigo potencial que representa Reganosa, aumentado esponencialmente sempre que un buque gaseiro cargado con GNL-LNG entra na nosa Ría. Polo que a Concentración terá lugar o mesmo día ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Características do buque: Nome.- Hispania Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 279 m, Manga.- 43.4 m, Calado.- 12.12 m, Puntal.- 26.02 m, Capacidade.- 140.620 m3, Carga.- 59.318 Tons de GNL

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información elaborada pola enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
26 de dezembro de 2009 22:55
_________________________________

Enlaces e documentos de interese:
_____________________________

luns, decembro 21, 2009

Carrusel de Diapositivos do perigoso voo do avión sobre Reganosa

Tod@s sabemos que o corredor aéreo cara ao aeroporto d'A Coruña pasa por encima de ambas as instalacións [Forestal e Reganosa]. Mais hoxe asistimos ao voo raso deste avión. Pasou unhas 3 veces por encima das instalacións da petroquímica e da planta de gas.

Carrusel de Diapositivos do perigoso voo do avión sobre Reganosa




[Para entrar clicar acima da imaxe]


Enviado por:
suso Pazos
-susopazos@yahoo.es-
20 de dezembro de 2009 22:21
_____________________

domingo, decembro 20, 2009

Actualidade sobre Reganosa: Hoxe, 20 de Decembro de 2009, avión sobrevoando a Planta de Gas

Un voo con moito perigo

Hoxe un avión sobrevoou por varias veces a Ría pasando por acima da Planta de Gas que, irracionalmente, Reganosa instalou en Punta Promontorio no concello de Mugardos. Suso Pazos, o autor das fotos, di: "Fotos de hoxe: un avión facendo pasadas por enriba da planta de gas, xiraba en Montefaro e voltava a pasar, fixoo unhas tres pasadas. Apertas".




[Ampliar clicando acima da foto - Autor: Suso Pazos]




[Ampliar clicando acima da foto - Anotacións do CA21]

Pregunta do:
  • Movimento Opositor a Reganosa- Algo que dicir
 Resposta de:
  • Concellos de Mugardos e Ferrol, Xunta de Galicia, Goberno Español, Comisión Europea, .... - No comment

Ante tanta irresponsabilidade: Maloserá !!!





Enviado por:
Suso Pazos
-susopazos@yahoo.es-
20 de dezembro de 2009 15:10
_______________________

martes, decembro 15, 2009

Preguntan no Parlamento Español sobre os problemas que teñen algúns buques gaseiros para entrar na Ría e instan a revogar a autorización de posta en funcionamento de Reganosa


  • ESQUERDA UNIDA REXISTRA NO CONGRESO UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS PARLAMENTARIAS EN RELACIÓN COS PROBLEMAS QUE ESTÁN A TER OS GASEIROS PARA ENTRAR NA RÍA
  • EU RECLAMA DO GOBERNO MEDIDAS PARA EVITAR OS CONTINUOS ATRANCOS NA ENTRADA DE GASEIROS
  • O GRUPO PARLAMENTAR NO CONGRESO AVOGA POLA RETIRADA DA AUTORIZACIÓN DE FUNCIONAMENTO DA PLANTA

O Grupo Parlamentar de EU no Congreso rexistrou unha batería de preguntas parlamentarias en relación coa sucesión de atrancos que están a ter os gaseiros na entrada da ría de Ferrol, consecuencia do inaxeitado do emprazamento no interior da ría da planta de gas de Reganosa, localización que a fai ilegal e perigosa.

A iniciativa parlamentar inscríbese na ofensiva política que Esquerda Unida está a desenvolver tanto no Congreso dos Deputados canto no Parlamento Europeo  para desmantelar unha instalación ilegal e perigosa, que non cesa de ameazar de xeito cotián á poboación de Ferrolterra.

As preguntas interésanse pola continua sucesión de incidentes  que estánse a producir como resultado da entrada de gaseiros na ría de Ferrol e require do Goberno resposta acerca das medidas a adoptar para evitar este risco continuo sobre a cidadanía de Ferrolterra.

Doutra banda, interrógase ao Goberno acerca da conveniencia e necesidade de revogar a autorización de funcionamento da planta de gas diante da nova planificación enerxética que fai totalmente prescindible a actual planta de gas e toda vez que hai tres sentenzas xudiciais – certo que recorridas – contrarias a actual planta de gas.

A nosa organización está certa do valor primordial da seguridade e, xa que logo, insta ao Goberno do Estado a fuxir da súa condición de refén de intereses económicos que antepoñen o lucro privado á vida e seguridade da nosa cidadanía. Ínstao a revogar a devandita autorización de posta en funcionamento.

Ferrol, 15 de decembro  de 2009
GRUPO MUNICIPAL DE DE ESQUERDA UNIDA

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
15 de dezembro de 2009 15:17


Prezad@s amig@s: achegamos un segundo Informacións en relación coa iniciativa parlamentar de EU no Congreso diante dos continuos atrancos dos gaseiros na entrada da ría. As preguntas demandan medidas de resposta para enfrontar este risco e achegan a demanda de revogar a autorización de posta en funcionamento da planta, xa que non resulta necesaria coa nova planificación enerxética e ten 3 sentenzas xudiciais en contra, aínda que recorridas. Grazas polo voso interese. Un saúdo, Ramiro Marier (Grupo Municipal de EU).

____________________

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
___________________________

domingo, decembro 13, 2009

Convocada nova acción de protesta, este Martes 15 de Decembro, ante o anuncio de próxima entrada na Ría de Ferrol do “LNG Abuja”, buque gaseiro cargado con LNG-GNL para a ilegal e perigosa Reganosa



CONVOCADA CONCENTRACIÓN-PROTESTA POR ENTRADA DO GASEIRO Nº 57

Agárdase para o próximo martes a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro “LNG Abuja”, vello gaseiro de case 30 anos de antigüedade. Este gaseiro vai facer o nº 57 desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit" que foi o nº 1, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha acción de denuncia e protesta cunha CONCENTRACIÓN este Martes, 15 de Decembro de 2009, ás 7 da Tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, na Praza Amada García.





Localización do buque: http://aprs.fi/?call=309487000

Características do buque: Nome: “LNG Abuja” – Bandeira: Bahamas – Eslora 285,4 m. – manga: 45.7 m. – calado: 11,5 m. – capacidade: 126.530 m3 – antigüedade: 30 anos (1.01.1980)

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de dezembro de 2009 21:20
______________________

domingo, decembro 06, 2009

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a XXII Asemblea Cidadá: Xoves 10 de Decembro de 2009

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a XXII Asemblea Cidadá

ASEMBLEA CIDADÁ

Xoves, 10 de Decembro 2009, ás 19,30 horas

Local da A. VV. “Ferrol Vello”

Orde do día:
  1. Balance e informe de situación.
  2. Plan de traballo para os próximos meses.
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Novas recentes; relacionadas co CCE que se poden ler na súa web:
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
4 de dezembro de 2009 14:51
_____________________________

xoves, decembro 03, 2009

Desmentido ao arquivo da denuncia no Parlamento Europeo contra Reganosa


Ante as noticias publicadas hoxe nalgún medio de comunicación que afirman o arquivo no Parlamento Europeo da denuncia presentada por EU-IU, Federación de AA VV “Roi Xordo” e Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol,  contra a Planta de Gas de Reganosa, este Comité Cidadán de Emerxencia

Manifesta:

Que ningunha das tres entidades demandantes recibíu comunicación algunha ao respeto.

Que o grupo municipal de EU-IU de Ferrol, - en comunicado que achegamos, -  contactou hoxe mesmo co seu Grupo Parlamentario, confirmando que a denuncia segue vixente e están aportando máis documentación a mesma.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
3 de dezembro de 2009 18:20

______________________

Enlace de interese:

Colectivo Ártabra 21: Esquerda Unida desminte o arquivo da denuncia presentada diante do Parlamento Europeo polo emprazamento ilegal da planta de gas de Reganosa
_____________________________

Esquerda Unida desminte o arquivo da denuncia presentada diante do Parlamento Europeo polo emprazamento ilegal da planta de gas de Reganosa

  • ESQUERDA UNIDA AFIRMA QUE A COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO NON PECHOU A DENUNCIA PRESENTADA POR EU E OUTROS COLECTIVOS DE FERROLTERRA POLO  ILEGAL  EMPRAZAMENTO DA PLANTA DE GAS
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA  ANUNCIA A  SÚA  DETERMINACIÓN DE CONTINUAR A LOITA PARA  GAÑAR A SEGURIDADE E A VIDA CONTRA REGANOSA CON OUTRA BATERÍA DE   INICIATIVAS  NO CONGRESO
 O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere desmentir  con rotundidade que a denuncia contra a planta de gas de Reganosa presentada, entre outras entidades, pola nosa organización diante do Parlamento Europeo  fora  arquivada.

O Grupo Parlamentar da Esquerda Unitaria Europea, onde se atopa integrado o parlamentario de Esquerda Unida, Willy Meyer, desenvolveu nestes días unha serie de xestións  diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo conducentes a manter a vixencia  da devandita denuncia.



O resultado destas iniciativas é o mantemento da denuncia aberta na Comisión de Peticións, segundo nos confirmou  esta mesma mañá o deputado Meyer.

Esquerda Unida anuncia que vai achegar nova documentación diante da Comisión de Peticións ao obxecto de  apoiar a argumentación presentada con motivo da viaxe que unha sesentena de colectivos de toda Galicia, entre eles nomeadamente de Ferrolterra, realizaron  hai máis dun ano ao Parlamento Europeo para presentar a denuncia contra a planta de gas.

O noso Grupo Parlamentar no Congreso dos Deputados  achegará neste días unha nova batería de iniciativas en forma de preguntas parlamentarias para reclamar do Goberno do Estado un pronunciamento sobre os continuos problemas que teñen os gaseiros para entrar na ría de Ferrol e os perigos  derivados para a seguridade da veciñanza da zona.

Queremos lembrar as últimas sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenando  o desmantelamento dos depósitos de ferrazo no porto de Vilagarcía e a sentenza condenatoria sobre os recheos no porto de Marín. Pendentes de resolver xudicialmente os recursos sobre o emprazamento de Reganosa, que en primeira instancia dan a razón a denuncia presentada por Esquerda Unida, afirmamos a nosa determinación de acompañar o rexeitamento cidadá dunha planta de gas ilegal e perigosa  para a vioda de milleiros de persoas e para a riqueza que alberga a ría de Ferrol.

Ferrol, 3 de decembro  de 2009

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
3 de dezembro de 2009 13:46


Prezad@s amig@s: achegamos un Informacións de EU desmentindo o arquivo da denuncia  presentada diante do Parlamento Europeo polo emprazamento ilegal da planta de gas de Reganosa. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier


Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
____________________

venres, novembro 27, 2009

O terceiro gaseiro que se agardaba estes días, ten prevista a súa entrada este Sábado 28 de Novembro: O Comité Cidadán convoca unha acción de denuncia e protesta



[Feito cunha foto de:romarin]


Ante a a pevisión de entrada na Ría de Ferrol do "LNG Lokoja", novo buque gaseiro, que fai o número 56 desde Maio de 2007, cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, chama a concentrarse unha vez máis na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, o mesmo Sábado 28 de Novembro de 2009, ás 7 da Tarde, para denunciar e protestar ante tanta irresponsabilidade das autoridades municipais, autonómicas e centrais.




Participa !! 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡


Características do buque: Nome "LNG Lokoja" -  Bandeira "Bermudas" - Eslora "288.2 m" Manga "43.44 m" - Calado "12.35 m"

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@gmail.com
27 de novembro de 2009 00:43

_________________________

mércores, novembro 25, 2009

A perla da Ría era falsa

O ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga, referíase á planta de gas de Mugardos (ría de Ferrol) como "a perla da ría". Tamén algúns medios de comunicación, animados pola euforia do momento, anunciaban que a construción da planta e a súa posta en servizo ía supor o "fin da secuela do paro" en Ferrolterra. (ver hemerotecas, 2 agosto 2001).

Pasaron dous anos desde a súa posta en funcionamento e a regasificadora non satisfixo aquelas expectativas. Todo o contrario, pois segundo os últimos datos publicados por Enagas, xestor do sistema gasista, a regasificadora da ría de Ferrol produce menos gas cada mes que trascurre e está lonxe de alcanzar a cifra da súa produción nominal (nestes momentos regasifica o 29% da súa capacidade). Pódese dicir que "a perla era falsa".

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Para o colmo, outra contrariedade vaille a xurdir á regasificadora de Mugardos, xa que o novo gasoduto MEDGAZ (1) tendido entre Orán (Alxeria) e Almería está a piques de comezar a fornecer gas natural (2) cunha capacidade de 8.000 Mill. m3/ ano, o que reducirá nun 30% a regasificación das plantas de gas licuado (GNL) existentes en España. Este gas natural ademais de ser máis barato que o licuado o seu consumo é prioritario pois ao estar suxeito á típica cláusula comercial "take or pay" o gas deberá ser consumido pois pola contra habería que pagalo igual.

Vexamos uns números:
  • Capacidade Nominal de regasificación (INICIAL) 2.500 Mill. m3/ano
    (85 GWh/día)
  • Produción en outubro 2008
    61 GWh/día
    (o 51 % de 120 GW.h/día -actual)
    (o 25% de 240 GW.h/día- futuro)
  • Capacidade Nominal de regasificación (ACTUAL) 3.600 Mill. m3/ano
    (120 GW.h/día)
  • Produción en outubro 2009 37 GWh/día (3)
    (o 29 % de 120 GW.h/día- actual)
    (o 14% de 240 GW.h/día- futuro)
  • Capacidade Nominal de regasificación (FUTURA - solicitada) 7.200 Mill. m3/ano 240 GWh/día
  • Produción reducida polo gasoduto MEDGAZ (estimada) 26 GWh/día (3)
    (o 20% de 120 GW.h/día- actual)
    (o 10% de 240 GW.h/día - futuro)
Este novo escenario situaría á regasificadora cunha produción de gas igual a un 20 % da capacidade nominal actual e do 10% si amplíase ao dobre a instalación de regasificación.

Esta análise mostra unha vez máis que a planta regasificadora da ría non era necesaria. Ademais debemos ter en conta que o gasoduto de Tui está pechado desde o inicio da operación da planta polo que o gas procedente de Alxeria, vía Marrocos (e máis barato) non chega a Galicia.

Malos ventos pois para a regasificadora da ría. Esta circunstancia unida á baixa operatividade dos ciclos combinados e á inexistencia das programadas industrias químicas nas Pontes (ver informe do CNE) augura un custoso sistema de subministración de gas natural en Galicia. Espérase tamén con impaciencia a sentenza do Tribunal Supremo sobre a súa ilegal localización.

Ferrolterra - Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna
f-cape.org


1) http://www.cepsa.com/medgaz/pages/index.htm
2) O impulsor deste gasoduto foi D. Carlos Pérez de Bricio, presidente de CEPSA (sempre se mostrou contrario ao negocio do gas natural LICUADO polo seu carácter especulador). O gasoduto ía atender inicialmente o mercado francés e español e construíuse con fondos europeos. Segundo a noticia do xornal "Expansión" (
4) de data 29 de outubro pasado, Francia négase a ampliar os gasodutos de conexión (1) coa rede española polo que os 8.000 millóns de m3 antes citados vainos ter que consumir soamente España. Unha boa noticia para os consumidores ao non depender tanto do gas natural (GNL) licuado.
3) Estes valores están por baixo do "mínimo técnico de produción" da planta o que a situaría en "situación de operación excepcional" requirindo un fluxo suplementario de GNL para o funcionamento normal do relicuador. Ver páxina 22 - Nota de operación 19, do informe de Enagas de Outubro 2009. http://www.enagas.es/
4) http://www.expansion.com


Enviado por:
Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
24 de novembro de 2009 09:08
www.f-cape.org
Colectivo universitario opositor a Planta de gas (GNL) da ría de Ferrol (GALICIA)

______________________________

xoves, novembro 12, 2009

Importante concentración este venres, 13 de Novembro, convocada polo Comité Cidadán ante o anuncio de chegada dun novo buque gaseiro para Reganosa



[Clicar acima da imaxe para ampliar]

O anuncio de chegada dun novo buque gaseiro cargado con GNL-LNG para Reganosa, produce-se despois de que se soubera que "nunha nota de operacións datada o pasado 29 de outubro, o xestor gasístico [ENAGAS] chamou a atención sobre os baixos niveis de GLN en Mugardos, -insuficiente para atender a produción diaria mínima-", e decidiu desviar a Ferrol o Sestao Knutsen, con 125.000 metros cúbicos de gas natural licuado [GNL-LNG], buque que se dirixía a Barcelona mais que decidiron que puxera rumbo a Reganosa para poder inxectar gas na rede desde Galiza. "Desde o Comité de Emerxencia dá Ría, sosteñen que a regasificadora -carece de demanda- e que a razón do seu emprazamento na ría é -cobrar as retribucións do sistema gasístico que saen do peto de todos os cidadáns-". Argumentan que a planta é unha -risco innecesario- para a poboación. O Sestao Knutsen entrou na mañá do pasado martes 10 de Novembro, día no que a Plataforma Veciñal de Meá foi obxecto dun atentado onde "alguén" provocou un incendio nos arquivos da entidade veciñal, onde se atopa a documentación relacionada coa loita contra a Planta de Gas. Por último o pasado día 11 deste mes de Novembro, os medios de comunicación facian-se eco dunha noticia relacionada coa Sentenza do Tribunal Supremo de ilegalizar a expansión do porto de Marín o que senta un precedente para a anulación das resolucións que acordaron os recheios ilegais sobre os que se asenta Reganosa.


[Para ampliar clicar acima da imaxe]

O novo buque gaseiro, “LNG Finima”, cargado con GNL-LNG, que faría o 55 desde que que entrou o primeiro en Maio de 2007, está previsto que chegue a Ría de Ferrol, coa súa perigosa carga para Reganosa, este Venres, 13 de Novembro de 2009. Ante este feito o Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta e denuncia, con unha CONCENTRACIÓN CIDADÁ ás 7 da Tarde na Praza Amada García, de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
  • PARTICIPA !!
Características do buque: “LNG FINIMA” – eslora: 286,85 m. manga: 41,83 m. puntal: 11,22 m - Bandeira de Bermudas, antigüidade: 26 anos (1983)
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
  • A ría é nosa e non de Reganosa !
  • Desmantelamento de Reganosa xa !
--

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Nota baseada na información enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de novembro de 2009 22:04
_____________

luns, novembro 09, 2009

O "Sestao Knutsen", buque gaseiro cargado con GNL-LNG, está previsto que volte a entrar na Ría de Ferrol, coa súa perigosa carga para Reganosa, ante este feito o Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta e denuncia


[Feito cunha foto de:romarin]


Este martes 10 de Novembro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha nova concentración cidadán, ante a previsión de que o buque gaseiro, que faría o 54 desde Maio de 2007, entre na nosa Ría coa súa perigosa carga para Reganosa, aumentando exponencialmente o perigo que de por si mesma representa esta.

CONCENTRACIÓN EN FERROL

A Concentración vai ter lugar este Martes 10 de Novembro ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Participa !!

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Características do gaseiro: Nome: Sestao Knutsen  - Bandeira: España - Eslora: 284,4 m - Manga: 42,50 m - Calado: 12,3 m - Capacidade:138.000 m3

--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de novembro de 2009 19:12

____________________

luns, novembro 02, 2009

Magosto Popular contra a Planta de Gas, este Sábado 7 de Novembro


[Para ampliar clicar acima do cartaz]

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, este Sábado 7 de Novembro 2009, ás 6 da tarde, na Praza do Inferniño de Ferrol. Terá lugar o 1º Concurso de Cabazas: “A Ría e nosa e non de Reganosa”, Con premios ás categorias infantil e adulto, dentro do Magosto Popular contra a planta regasificadora de REGANOSA, instalada no corazón da Ría, no concello de Mugardos.

Ven e participa ! Haberá castañas, viño, liscos e música.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
31 de outubro de 2009 00:05

_____________________

xoves, outubro 15, 2009

ADEGA pide a anulación do permiso de vertedura a Reganosa

Por reiterados incumprimentos do permiso e ocultación de información.

Ferrol, 13 de outubro de 2009.

A Planta de REGANOSA, mesmo dende a súa entrada en funcionamiento (oficial) en novembro de 2007, vén incumprindo os termos da autorización de Augas de Galiza para a vertedura de augas residuais á ría de Ferrol (Resolución do 13 de decembro de 2005). Nestes 2 anos, REGANOSA xa leva vertidos 93 millóns de m3 de auga tratada con hipoclorito sódico, ocultando as concentracions de cloro que realmente verte á ría así como as temperaturas das augas vertidas
. Solicitude VERTEDURAS REGANOSA.pdf Solicitude ADEGA VERTEDURAS REGANOSA (21 KB)

REGANOSA utiliza a auga do mar no proceso de regasificación do gas natural, xa que o gas chega á planta nos buques en estado líquido a unha temperatura de –1690C. Permanece almacenado nos tanques en forma líquida até o momento de ser introducido nos gasodutos, que é cando precisa ser quentado para lle devolver o seu estado gaseoso. Neste proceso de regasificación REGANOSA bombea auga da ría e a fai pasar por un intercambiador de temperatura, quecendo o gas natural para pasalo ao estado gasoso. No proceso, a auga mariña sufre un notable enfriamento previa a ser devolta á ría. Amáis disto, REGANOSA engádelle cloro á auga do mar en forma de hipoclorito sódico (lixivia) coa fin de esterilizar a auga captada e impedir que algas, mexilóns e outros organismos obstrúan as tubarías do sistema de refrigeración.

A autorización de vertedura a REGANOSA por parte de Augas de Galiza está sometida a certas condicións:
  • A oscilación de temperatura entre a auga captada e a vertida non sea superior a -6ºC.
  • A concentración de Cloro non pode ser superior a 0,1mg/litro.
REGANOSA presenta, tanto para o cloro como para a temperatura, uns valores promedio que non teñen correlación algunha cos valores límites autorizados por Augas de Galiza. Estas medicións teñen que ser realizadas EN CONTINUO e presentarse con periodicidade mensual e na forma establecida no permiso de vertedura, ao organismo público Augas de Galiza.

Portanto, REGANOSA está a furtar información á administración e á cidadanía, xa que a información que está obrigada a presentar nunca foi entregada por REGANOSA á administración. Por esta razón, ADEGA volta a solicitar a Augas de Galiza a información referente aos níveis de cloro e temperatura que no seu momento determinou através da resolución do 13 de decembro do 2005. E dado o reiterado incumprimento desta, solicitamos a revogación/anulación do permiso de vertedura a REGANOSA.

Documentación:

Fonte: adega.info
______________

Detalle de documento e fotos en Ártabra 21 datados en Xuño de 2007:

SOPA QUÍMICA: VERTEDURAS DE REGANOSA

As fotos que se achegan son dos vertidos de REGANOSA nunha das súas probas cando estaba descargando o metaneiro Mourad Didouche. Na escolleira e próximo a costa está a descarga dos vertidos, un tubo de dos metros de diametro, de onde sae a "sopa química de auga de mar esterilizada con restos de cloro e bisulfito". Nesas probas debe saír unha cantidade menor da que corresponde a vaporización nominal, é dicir, como son probas ese vertido pode estar moi por debaixo dos 11.000 m3/hora correspondentes aos 322.500 m3/hora de gas natural regasificado que constan na autorización de REGANOSA como capacidade nominal.


[Clicar acima das fotos para ampliar]


Enlace relacionado moi interesante:

   _______________________

domingo, outubro 04, 2009

Vídeo da concentración en Ferrol, deste 3 de Outubro, para protestar pola ameaza que representa Reganosa e os gaseiros cargados que entran na Ría



Unha nova concentración, na Praza Amada García, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, pois un gaseiro cargado con GNL-LNG, entraba na Ría a primeira hora da tarde, aumentando exponencialmente o perigo que de por si mesma representa a planta regasificadora de REGANOSA, instalada no corazón da Ría, no concello de Mugardos.

Este buque o LNG Bayelsa, fai o número 53 dos que irresponsabelmente entran, periodicamente, na Ría desde Maio de 2007.

O vídeo amosa un detalle da concentración, desta tarde 3 de Outubro de 2009, onde unha integrante do Comité Cidadán, Luz Mariña Torrente, toma a palabra para protestar e denunciar este feito.





Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org





Enlaces relacionados:
__________________

venres, outubro 02, 2009

Un novo buque gaseiro ameaza a nosa seguridade: o “LNG Bayelsa”, que procede de Nixeria, ten anunciada a súa chegada a Reganosa, este Sábado 3 de Outubro, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración ás 8 da tarde, para denunciar e protestar ante este feito



De novo un gaseiro cargado con GNL-LNG, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, aumentando exponencialmente o perigo que de por si mesma representa REGANOSA, instalada no corazón da Ría, no concello de Mugardos. Este buque o “LNG Bayelsa”, que procede de Nixeria [país onde a extracción de gas e petróleo só produce corrupción, miseria e xenocidio contra a poboación, onde, só uns poucos e as transnacionais petroleiras, se enriquecen a consta dos recursos enerxéticos do país africano], faría o número 53 que irresponsabelmente entran, periodicamente, na Ría desde Maio de 2007.

O buque gaseiro é un buque de grande porte de case 300 metros de eslora por 50 de manga, imposibilitado de dar marcha atrás unha vez que poña proa na boca da Ría. Máis o peor é o seu calado con 12,32 m, conven precisar este dato, pois a canle de entrada na Ría ademais de ser sinuosa, estreita e longa, ten moi pouco calado e os fondos son rochosos, o que provoca que os buques só podan pasar por esa canle condicionados a que se cumpran, segundo a normativa vixente, unha serie de requisitos de seguridade, é dicir: sen vento, con marea alta e por suposto coa luz do día e sen néboa ou chuvia que impida a visibilidade.

Sobre este último punto, no mes de Xullo deste ano 2009, o Comité Cidadán enviaba unha carta tanto ao Presidente da Xunta como ao do Goberno Central que nun dos seu apartados di: "Reganosa atópa-se enclavada no interior de Ría de Ferrol. Unha Ría que se comunica co mar aberto a través dun estreito e sinuoso canle, os buques gaseiros deben atravesar unha canle de 5 Km de longo e tan só 150 m de ancho navegábeis, sendo necesarios 6 cambios de rumbo, cando no resto das plantas un só cambio é suficiente para abandonar o porto. Para esta operación deben estar apoiados por dous prácticos do porto, catro remolcadores de alta capacidade de tiro, deben dar-se unhas boas condicións de vento (menos de 15 nós) e visibilidade (máis de 1000m) e só poderá realizarse durante unha hora ao redor da preamar diúrna. Todas estas circunstancias imposibilitan que no caso dun accidente, ben sexa na planta ou no propio buque durante as operacións de descarga, o gaseiro puide-se abandonar rapidamente o interior da Ría e poder saír a mar aberto polos seus propios medios, tal como esixe a normativa aplicábel para diminuír os efectos dun posíbel accidente".

Nun dos últimos boletíns editados polo Comité Cidadán de Emerxencia, dicíamos isto que conven lembra-lo cada vez que se poida, e este é un bon momento, pois un novo buque ameaza as nosas vidas, a nosa seguridade e á propia Ría, ferida xa de morte polos verquidos que a ela van parar sen depurar: "Reganosa é un dos maiores escándalos de corrupción política, económica e mediática da democracia e tamén pode chegar a converter-se nunha enorme traxedia no caso de que siga con actividade. Non existen medios materiais, nin técnicos capaces de evita-la diante os elevados riscos de accidentes. Que Enagas, trala súa privatización, renunciara á Planta de Gas, non é xustificación para que a Xunta de Galicia apostara, a costa das nosas vidas e patrimonios, pola localización dentro da Ría de Ferrol, polo feito de que os seus promotores decidisen, por razóns de beneficio propio, a localización en Mugardos. Lugar que xa fora descartado, no ano 1994 por un rigoroso estudio técnico de riscos realizado por MW Kellog".



Diante da anunciada chegada do xa citado buque, “LNG Bayelsa”, cargado con LNG-GNL, o vindeiro Sábado 3 de Outubro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha nova concentración, ás 8 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García de Ferrol.
  • Pola paralización da actividade e o desmantelamento de Reganosa xa !
  • A Ría é nosa e non de Reganosa !!
  • Planta de Gas Fora da Ría !

Características do buque “LNG Bayelsa: Bandeira .- Bermudas,  Eslora.- 288,75 m,  Manga.- 48 m., Calado Máximo.- 12,32 m

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:



Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de outubro de 2009 23:03

__________________

mércores, setembro 23, 2009

Outro gaseiro cargado con GNL-LNG, ten previsto entrar na Ría de Ferrol o vindeiro Venres 25 de Setembro: O comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta e denuncia



Anunciada a entrada na Ría do gaseiro "Cheik el Mokrani" que fai o número 52, cargado con GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha:

CONCENTRACIÓN



Este Venres 25 de Setembro, ás 8 da tarde, na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Características do buque "Cheik el Mokrani":
Bandeira: Bahamas - Eslora: 220 m. - Manga: 35 m. - Calado: 10,75 m.- Capacidade: 75.500 m3


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
23 de setembro de 2009 22:31

________________________

mércores, setembro 02, 2009

Verán 2009: o pregón das desgrazas ferrolás

Na noite do 31 de agosto, unha espectacular traca de petardería puxo broche de fume e ruído a unhas festas que comezaran, ao contraxeito, da forma máis explosiva que un poida imaxinar. Vaia por diante non cremos na mala fe do excelente actor Javier Gutiérrez, que se viu, desde o seu ferrolanidade na diáspora profesional, atrapado nun renuncio ás mínimas leis da lóxica, o bo gusto e aínda a vergoña propia e allea.

O affaire da planta de gas de Mugardos, sempre de candente actualidade no seu estado permanente de ameaza para a vida de miles de ferroláns, e non en menor medida de pasaporte ao paro de tantas familias da mar que dependen do pan que amasan desde a ría, tamén ameazada de morte por contaminación, supón, como recoñecía recentemente Pachi Vázquez, aspirante a ser, desde o PSOE, unha razoable alternativa á dereita da componenda e o privilexio, serio motivo de preocupación para calquera cidadán responsable. Cando vemos un tema tan doloroso, motivo de enfrontamento e de polémica, introducido a modo de caramelo envelenado ou mensaxe subliminar, na mensaxe festiva dunha cidade en forma de camiseta a lucir polo pregoeiro de honra, ao socaire dun apoiable racinguismo, a moitos dos ferroláns que abarrotabamos a Praza de Armas, fíxonos pensar, unha vez máis, en que se nos estaba tratando, inutilmente, de manipular: estamos coa categoría profesional de Javier Gutiérrez, estamos co Racing de Ferrol, pero o noso sentido da xustiza e a razón, lévanos a situarnos en contra dos plans de Reganosa de manter unha situación anómala, reiteradamente denunciada nos tribunais.

Os víctores e aplausos ao home e ao equipo verde non incluían á empresa responsable da negra e ilegal ameaza.

"A camiseta da discordia", entregada polo Sr. Alcalde a Javier Gutiérrez, e non só a el, para ser lucida como mensaxe desde a cidade de Ferrol, supón un moi lamentable e fraudulento trapicheo cos fondos e as formas: non o pensamos elegante nin ético nin decente. Propaganda caciquil disfrazada de cordeiro verde.

Deixemos a festa, a arte e o deporte na paz do xogo limpo, Sr. Alcalde. Non faltan en Ferrol motivos para sentirnos todos xuntos orgullosos, satisfeitos e felices. A planta de gas é unha mancha negra nalgunhas conciencias e noutras unha bandeira de enganche para unha unión en busca de Xustiza.

Planta de gas, fóra da ría. E das camisetas, convertidas en motivo de abuso e manipulación.

Fuco Buxán
Asociación Cultural

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
2 de setembro de 2009 18:42

______________________