Amosando publicacións coa etiqueta Reganosa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reganosa. Amosar todas as publicacións

xoves, outubro 28, 2021

Reganosa reclama seis millóns de euros ao Concello de Mugardos, ... Por Miguel Pardo - Reganosa, coa Xunta no accionariado e altos cargos do Goberno galego no consello, quere pagar boa parte do IAE en Madrid e non en Mugardos


Reganosa reclama seis millóns de euros ao Concello de Mugardos

Por Miguel Pardo [*]
28.10.2021


Reganosa demanda o Concello de Mugardos, ao que reclama seis millóns de euros por un suposto cobro indebido do Imposto de Actividades Económicas (IAE) durante unha década, de 2009 a 2019. Así o anunciou este martes o alcalde da localidade, Juan Domingo de Deus, durante unha entrevista en Radio Ferrol-Cadena SER, na que amosou a súa "decepción", "sorpresa" e "desacordo" coa actitude da compañía, da que é accionista a Xunta de Galicia.

Reganosa reclama ao Concello de Mugardos 6 millóns de euros polo suposto cobro indebido do Imposto de Actividades Económicas durante unha década

Segundo relatou o rexedor popular, Reganosa presentou hai xa varias semanas a documentación previa á demanda nun xulgado do contencioso-administrativo de Ferrol reclamando seis millóns de euros, dos que 800.000 serían xuros de demora, ao Concello de Mugardos polos presuntos cobros indebidos dunha parte do IAE, que en total supoñen uns 460.000 euros anuais para as arcas municipais.

"Estamos sorprendidos de que unha empresa coa implantación que ten Reganosa en Mugardos actúe así", dixo o alcade De Deus, que lembra o apoio que "todos" os gobernos municipais deron durante anos á compañía para que xerase emprego e recursos na zona, mesmo ante as continuas irregularidades que advertiu a Xustiza. "De súpeto, quérennos pasar factura", lamenta o rexedor, que advirte que os servizos xurídicos do Concello xa amosaron o seu desacordo cos argumentos da empresa, da que cren que non ten razón na súa reclamación, tal e como lle responderon a varios recursos presentados pola compañía ante o consistorio. "Imos defender os intereses dos mugardeses, independentemente de quen reclame", asegura.

O alcalde Juan Domingo de Deus (PP) amósase "sorprendido e decepcionado" pola actitude de Reganosa, á que pide que "rectifique"

"Reganosa debe rectificar e pensar se lle beneficia demandar o Concello que a acolle; é unha enorme decepción cunha empresa que sempre contou co apoio da administración local. Equivócase e non imos pagar un céntimo ata que un xuíz nolo ordene", insistiu o alcalde popular de Mugardos, que advertiu de que o pagamento deses seis millóns que reclama a planta de gas suporían "ter que rescindir ou recortar moitos servizos que non se poderían pagar". "É case o orzamento municipal dun ano", engadiu quen cre que "a responsabilidade social corporativa non está sendo especialmente social nin corporativa".

"Debe rectificar e volver ao entendemento co Concello", insistiu De Deus, que falou abertamente de "divorcio" con Reganosa que, segundo dixo, anunciou tamén a súa intención de pagar boa parte do IAE (uns 300.000 euros) en Madrid e non en Mugardos. Ademais, denunciou que a compañía está deixando de financiar proxectos na localidade que tiña comprometidos. "A empresa debe tributar na localidade que a acolle", di o rexedor.

"Limitámonos a cobrar o que nos di a Axencia Tributaria que temos que cobrar; no Concello non tomamos decisión ningunha", afondou o alcalde, que insistiu en lembrar que mesmo a Xunta e o Goberno central "foron respondendo" ás múltiples sentenzas xudiciais en contra da implantación da planta na ría. "Estou decepcionado", engadiu De Deus, que xa puxo en coñecemento dos grupos municipais a situación e que prevé que o Goberno galego "medie" no conflito.

Reganosa, coa Xunta no accionariado e altos cargos do Goberno galego no consello, quere pagar boa parte do IAE en Madrid e non en Mugardos

Segundo indican fontes de Reganosa, en declaracións a Radio Ferrol, a empresa estase "limitando a pedirlle ao Concello que cumpra unha resolución de 2019 do Tribunal Económico Administrativo Central" que avalaría a súa reclamación. "Somos conscientes das implicacións que se mandato poida ter", di a empresa, que asegura ter ofrecido á administración local "ata cinco saídas diferentes para o cumprimento sen resultar afectado ningún dos servizos municipais". "Entendiamos que estabamos en diálogo con eles", engaden.

Goberno de España e Xunta culminaron en xullo a legalización de Reganosa tras cinco sentenzas do Supremo en contra


O conflito, sexa como for, causou a fonda indignación do rexedor popular de Mugardos, que se amosou moi crítico coa empresa e lembrou que Reganosa ten como un dos seus accionistas á Xunta, que posúe unha cuarta parte logo de impulsar da man de Manuel Fraga a creación desta planta de gas hai dúas décadas xunto co Goberno central de José María Aznar. Ambas as dúas administracións outorgáronlle diversos permisos de xeito ilegal, como certificou o Tribunal Supremo, unha anomalía que non foi corrixida ata este pasado verán.

Logo de cinco sentenzas en contra do alto tribunal contra cinco decisións ilegais do Estado e da Xunta favorables a Reganosa, o Goberno de España culminou a legalización dos cinco trámites que foran anulados ata agora pola xustiza, tras publicar no Boletín Oficial del Estado (BOE) os permisos. Desde xullo, Reganosa conta oficialmente cunha nova autorización administrativa e co seu proxecto de execución aprobado, malia que leva en funcionamento desde 2007.

Só meses despois, o Concello de Mugardos afronta unha demanda dunha empresa de cuxo consello de administración forman parte varios altos cargos da Xunta e que levou ao propio Feijóo a protagonizar un vídeo propagandístico da compañía. Reganosa é, ademais, unha das tres empresas que conforman o capital privado da empresa promovida polo Goberno galego para captar fondos europeos. Posúe o 12% da Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia, polo 38% de Abanca, o 10% de Sogama e o 40% da propia Xunta.

Segundo a última memoria anual da compañía, en 2020, ano marcado pola pandemia, obtivo un beneficio histórico de 16,8 millóns de euros logo de incrementar os seus volumes de produción nun 45% e elevar a súa facturación de 55,1 a 60,1 millóns.

[*] Miguel Pardo @depunteirolo. Entre A Coruña e o Ortegal. Antes en La Opinión, Depor Sport, L-V ou Xornal de Galicia. Co-autor de La imagen del mundo árabe y musulmán en la prensa española (2010, Fundación Tres Culturas).

Publicado en Praza Pública. | 26.10.2021 | Baixo licenza Creative Commons BY-SA.
_______

sábado, outubro 02, 2021

Un novo buque gaseiro, o 'LNG Megrez', entrou na Ría de Ferrol esta madrugada, para descargar en Reganosa, aumentando unha vez máis, de xeito exponencial, o perigo que xa de por si ten a planta de gas localizada dentro da Ría de Ferrol, proxima aos núcleos de pobación e á beira dun complexo petroquímico


O "LNG Megrez", arribou esta madrugada ao porto de Mugardos, para descargar en Reganosa. Actualmente o buque está navegando baixo bandeira de Hong Kong. Un buque de grande porte, de 295 metros de eslora e 45 de manga, construído en 2020.

O "LNG Megrez", cargou o GNL no porto ártico de Sabetta, na Federación Rusa.

O buque gaseiro "LNG Megrez", está descargando en Punta Promontoiro, miles de toneladas de GNL para Reganosa, farao-no perante 24 horas que dura o transvase do gas natural licuado aos tanques, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si supón a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol, para as miles de persoas que moran na súa contorna.

O gaseiro "LNG Megrez" atracou no peirao de punta Promontoiro para descargar decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, na terminal regasificadora de Mugardos. Unha vez máis negocio para ao holding multinacional do gas no que se converteu Reganosa e pobreza para a nosa Ría que vai sofrer o arrefriamento duns 2.500 millóns de litros das súas augas (entre 4 e 7°C), un proceso de esterilización das augas e a creación de Sopa Química. Son sobre uns 2,5 millóns de toneladas de auga mariña, por medio dos vaporizadores con auga do mar, os que se van a utilizar na regasificación dos máis de 160.000 m3 de GNL que descargará o buque.

Foto: O "LNG Megrez" atracado en punta Promontoiro o 2 de outubro de 2021.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

A descarga do 'LNG Ogun' en Reganosa, simultanea no mesmo porto a menos de 100 metros a do quimiqueiro 'Minerva Grace', aumenta o potencial risco do que xa ten de por si, a localización da regasificadora no corazón da Ría de Ferrol

Foto: o LNG Ogun a menos de 100 metros do quimiqueiro 'Minerva Grace',
no Porto de Punta Promontorio (Mugardos), na Ría de Ferrol.


O 'LNG Ogun', é un buque gaseiro de grande porte, con 285 metros de eslora por 43 de manga, que navega baixo bandeira de conveniencia de Bermuda, construído en 2007. O 'LNG Ogun' arribou ao peirao de Punta Promontorio (Mugardos), procedente do Delta do Nixer (Bonny - Nixeria). Atracaba a primeira hora da mañá do pasado martes 28 de setembro, para descargar 141.041,3 m3 de GNL para Reganosa, proceso que durou unhas 24 horas. Perante ese tempo que durou a manobra de descarga do gaseiro, coincidiu no mesmo peirao, de apenas 650 metros de lonxitude, co buque quimiqueiro 'Minerva Grace'  na zona de carga/descarga de graneis líquidos,  un buque construído en 2005 de 183 m de eslora e 32 de manga e navegando baixo bandeira de conveniencia de Malta. Se a isto sumamos-lle a xa de por si perigosidade da planta regasificadora, localizada no Corazón da Ría de Ferrol, encostada ao complexo petroquímico, onde están presentes sustancias perigosas, inflamábeis e tóxicas para as persoas e para os organismos e animais mariños. Complexo conformado por Forestal del Atlántico e Imegasa, afectadas ambas as dúas, polas disposicións do Real decreto 840/2015, de 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan sustancias perigosas, sumado ás cisternas de Reganosa cargando GNL e ás de Forestal cargando fuel-óleo, metanol e formol.

Para a poboación que moramos na contorna da Ría significa aumentar as probabilidades de risco. Para o Grupo Tojeiro e o holding gasista supón un bo negocio.

Aínda que se lle outorgara a DIA, o 2 de decembro de 2020 (17 anos despois de comezar a construír-se, 13 anos despois de que comezara a funcionar e 5 sentenzas firmes do Tribunal Supremo na súa contra), en resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental -pola que se formulou Declaración de Impacto Ambienta (DIA) do proxecto de instalación da planta de gas-, os requisitos de "condicións de seguridade e protección do medio ambiente", son imposíbeis de conseguir, pola localización da planta dentro da Ría a poucos metros de núcleos de poboación, á beira dun complexo pretroquímico (que almacena máis de 300.000 m3 de liquidos inflamábeis), unha fábrica de colas (Imegasa) e unha planta de coxeneración eléctrica (que funciona a base de queimar fuel-oil), unha base naval militar e ter que atravesar os buques gaseiros un sinuoso, estreito, pouco profundo, longo e de fondo rochoso canle de entrada da Ría o que imposibilita ao buque saír polos seus propios medios como require a normativa UNE EN ISO 28460:2011 (Industrias do petróleo e do gas natural. Instalacións e equipamento para gas natural licuado. Interfaz terra-navío e operacións portuarias - ISO 28460:2010).

O buque quimiqueiro 'Minerva Grace' estaba a menos de 100 metros do 'LNG Ogun'. A normativa marca unha distancia mínima de 200 metros, nestes casos no que o gaseiro vai cargar GNL en Reganosa, cuestión que reiteradamente se está incumprindo, co consentimento das administracións e a vista gorda (moi gorda) da Autoridade Portuaria, que é a encargada de controlalo. Feitos que este CCE ten denunciado, en numerosas ocasións, e á Dirección Xeral da Mariña Mercante, que pasa tamén do tema.

Irresponsabilidade e lamentacións

Cando ocorra una desgracia, ninguén se sentirá culpábel de estar sempre mirando para outro lado en beneficio dos intereses dunha empresa perigosa, innecesaria e dunhas personaxes que levan 20 anos beneficiándose, para lucro privado, do diñeiro público e 13 anos recibindo retribucións públicas só por regasificar e transportar, e de todas as trampas e ilegalidades, a costa da nosa seguridade.

#GasNoneSolucion
#PlataDeGasForaDaRia


Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

xoves, setembro 09, 2021

O gaseiro 'Rias Baixas Knutsen' atracou, no peirao de Punta Promontorio (Mugardos), para descargar miles de toneladas de GNL para Reganosa, aumentando o potencial perigo da manobra de descarga, ao estar atracados no mesmo porto os buques 'Norma' e 'Elisalex Schulte' - O que aumenta exponencialente o potencial perigo da regasificadora que ameaza, de noite e de día, á poboación que mora na contorna da Ría de Ferrol



O gaseiro que arribou hoxe á Ría de Ferrol, chama-se 'Rias Baixas Knutsen', procede de Cove Point (Lusby, Maryland, Estados Unidos), onde cargou gas natural licuado, extraído por medio da destrutiva técnica do fracking (fracturamento hidráulico), técnica de extracción moi daniña para a saúde e o medio ambiente, onde se libran grandes cantidades de metano á atmosfera, e inxectan no subsolo grandes cantidades de sopa química moi tóxica, contribuíndo deste xeito ao cambio climático, e a contaminación das augas subterráneas e o subsolo.

O 'Rias Baixas Knutsen', é un buque gaseiro de grande porte, con 299 metros de eslora por 48 de manga, que navega baixo bandeira española, construído en 2019. O LNG 'Rias Baixas Knutsen' arribou ao peirao de Punta Promontorio (Mugardos) na tarde de hoxe mércores 9 de setembro de 2021, para descargar decenas de toneladas de GNL para Reganosa, proceso que vai durar unhas unhas 24 horas. No momento do atraque do gaseiro están outros dous buques no peirao de Punta Promontorio: o 'Norma' (Navegando baixo bandeira de Malta), un cargueiro, de 108,2 metros de eslora por 18,2 de manga, realizando manobras de carga/descraga e o quimiqueiro 'Elisalex Schulte' (Navegando baixo bandeira de Singapur), de 145 metros de eslora por 23 de manga, probabelmente realizando un proceso de deslastre/degasificación, para entrar a reparar nos estaleiros. Unha vez máis incumprindo a regasificadora a normativa de seguridade de navegación dentro da Ría de Ferrol. Esta situación é un perigo potencial, aumentado ao que xa supón a planta regasificadora, construída no Corazón da Ría de Ferrol. Planta de gas localizada á beira do complexo petroquímico, onde están presentes sustancias perigosas, inflamábeis e tóxicas para as persoas e para os organismos e animais mariños. Un complexo conformado por Forestal del Atlántico e Imegasa, afectadas ambas as dúas, polas disposicións do Real decreto 840/2015, de 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan sustancias perigosas, sumado ás cisternas de Reganosa cargando GNL e ás de Forestal cargando fuel-óleo, metanol e formol.

A situación actual coas manobras que se están producindo no peirao e complexo de Punta Promontorio, aumentan exponencialmente as probabilidades de risco para a poboación que moramos na contorna da Ría. Para o holding gasista de Reganosa supón un grande negocio.

Cando ocorra una desgracia, ninguén se sentirá culpábel de estar sempre mirando para outro lado en beneficio dos intereses dunha empresa, cuestionada por cinco sentenzas do Tribunal Supremo, perigosa, deficitaria e innecesaria e dunhas personaxes que levan 20 anos beneficiándose do diñeiro público, e de todas as trampas e ilegalidades, a costa da nosa seguridade.

Planta de Gas: Peche Xa !!
#GasNoneSolucion
#PlataDeGasForaDaRia


Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

domingo, xullo 11, 2021

Pesar polo falecemento do compañeiro Víctor Agulló - Lembrarémoste sempre


Pesar polo falecemento de Víctor Agulló

Narón, a 11 de Xullo, de 2021

O Comité Cidadán de Emerxencia lamenta o falecemento do querido compañeiro Víctor Agulló López, que onte nos deixou tras unha longa enfermidade.

Victor, amigo entrañable e persoa comprometida con todas as causas sociais, colaborou asiduamente en todas as actividades públicas deste Comité, acompañándonos coa súa gaita, coa súa mestría musical e a súa enorme calidade humana.

A súa familia, especialmente a Paula e ao seu fillo Dani e filla Paula, aos amigos e amigas, a nosa aperta solidaria.

Enterro: Mañá luns, 12 de xullo, ás 10 da mañá no Cemiterio do Cadaval, en Narón,.

Localización: https://g.co/kgs/jdiinh

Lembrarémoste sempre.






Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de julho de 2021 17:13

_______

sábado, xullo 10, 2021

O BOE publica hoxe 9 de xullo de 2021, a vergoñenta Resolución de 29 de xuño do mesmo ano, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se outorga a Reganosa, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da planta de gas de Mugardos, despois de estar construída e 14 anos despois de entrar en funcionamento - A loita contra o despropósito gasista continúa


O BOE publica hoxe 9 de xullo de 2021, a vergoñenta Resolución de 29 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se outorga a Reganosa, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da planta de gas de Mugardos, [1] despois de estar construída e 14 anos despois de entrar en funcionamento. A resolución non causa sorpresa, si o causa, que saia agora cando está a punto de ditar-se a Sentenza que con toda probabilidade anulará a segunda autorización, unha casual sincronización entre a xudicatura e a administración.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, segue denunciando a unha planta de gas que non só pon en perigo as nosas vidas, contribúe ao deterioro da Ría e ao cambio climático, senón que foi construída ao amparo da corrupción económica e política. Foi construída e posta en funcionamento, sen avaliación ambiental e a sabendas de que, a súa localización, incumpría a lexislación medio ambiental en vigor. Aplicando unha política de feitos consumados. Confirmado por cinco sentenzas do Tribunal Supremo.

Consigue esta autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, 17 anos despois de que se comezaran a executar as obras de construción e 14 despois de que comezara a operar coa accidentada entrada do "LNG Galicia Spirit" en maio de 2007. Antes de conseguir a autorización, máis de 38 millóns de m3 de GNL foron descargados por 301 buques gaseiros. E uns 753 millóns de litros de auga esterilizada e con sopa química, foron deitados á Ría, no proceso de regasificación cos vaporizadores. Sobre unhas 15.000 cisternas cargaron GNL da Planta. Sen contar os buques que cargaron para levar o GNL (Manobra á inversa) desde Reganosa ao mercado especulativo do gas e os que estiveron arrefriando os tanques despois dunha reparación ou parada. Todo un despropósito e un grande negocio para uns poucos.

A construción e posta en funcionamento de Reganosa, tivo un custo de tan só 333 millóns de euros, cando por retribucións do sistema gasista xa cobraron máis de 670 millóns, sen contar as retribucións variábeis en función do uso (regasificación, posta en frío, carga de cisternas, ...). Este dato obtívose da resposta á pregunta escrita ao congreso de ref. 184/35477, do 17/02/2021, 89682. O que supón unha sangría para o sistema gasista. Que pagamos todos nós, para un negocio privado.

Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme. Nun dos seus parágrafos a Xunta comprometía-se a tramitar "coa máxima celeridade todas as actuacións administrativas necesarias para a obtención de licenzas que dependan dela e instará e axudará ao máximo no que competa a outras administracións ate o normal funcionamento da planta e a rede de gasoductos", logo viñeron as sentenzas do Supremo, para tumbar todo.

O requisito de "adecuación urbanística", resolveron-no, o 20 de xuño de 2012, coa complicidade política e institucional do Concello de Mugardos e a Xunta de Galicia, adecuando, cinco anos despois da posta en funcionamento e case 10 desde que se iniciara a súa construción, o PAXOM aos intereses de Reganosa. Despois dunha Sentenza do Tribunal Supremo ratificando a sentenza do TSXG que anulaba a resolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. Outra ilegalidade filla do famoso acordo confidencial do 2000 auspiciado por Manuel Fraga, Cholo Orza (Conselleiro de Economía e socio do Grupo Tojeiro) e o vello Tojeiro.

Todo o proceso administrativo de Reganosa estivo cheo de irregularidades, ás cinco sentenzas do Tribunal Supremo contra a planta de gas confirmaron-no, os promotores, o Grupo Tojeiro, sempre contaron co apoio institucional, político e mediático. Construíron a planta en Punta Promontoiro, beneficiando-se dun pelotazo urbanístico, e a sabendas de que non se podía nesa localización, pois non cumpría as condicións de seguridade e protección do medio ambiente, pois son imposíbeis de cumprir, pola localización da planta dentro da Ría a poucos metros de núcleos de poboación; á beira dun complexo pretroquímico que pode almacenar ate 300.000 m3 de líquidos tóxicos e inflamábeis, unha fábrica de colas e unha planta de coxeneración eléctrica que queima fueloi que traen quimiqueiros que atracan a poucos metros do pantalán dos gaseiros; situada apenas a 1.000 metros da Casa do Concello no centro de Mugardos, a pouco máis de 1.500 metros dunha base naval militar, a pouco máis de 1.000 metros da base de estacionamento das fragatas F-100, do Arsenal Militar e de Navantia; a pouco máis de 2.000 metros da delegación de 'La Voz de Galicia' en Ferrol; os buques gaseiros teñen que atravesar un sinuoso, estreito, pouco profundo, longo e de fondo rochoso, canle de entrada da Ría polo que en caso de emerxencia, o buque non pode saír polos seus propios medios como require a normativa de seguridade [2], e nun radio de 3.000 metros habitan 45.000 persoas. E a este potencial perigo hai que engadir a terminal de carga de GNL para camións cisternas dentro do recinto que cargan uns 502 m3 de GNL semanais.

Reganosa é a única instalación enerxética que necesitou ate por tres veces solicitar autorizacións para a súa execución e poder seguir en funcionamento. As primeiras [3] foran anuladas por dúas sentenzas do Tribunal Supremo [4]. Na actualidade o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ten demandado ante o Tribunal Supremo, a Segunda Autorización da que non tardará en saír a sentenza. Esta segunda autorización [5] foi outorgada despois de que o goberno de Mariano Rajoy resolvera eximir a Reganosa de someter-se á avaliación ambiental, [6] resolución que foi anulada por unha Sentenza do Tribunal Supremo, [7] foi por iso polo que Reganosa tivo que volver a solicitar unha terceira "autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución" que agora lle foi concedida por esta resolución que foi publicada hoxe no BOE.

Na actualidade Reganosa [8], converteu-se nun holding multinacional, a pesares de ser unha empresa cuestionada e de malas prácticas no proceso de localización, construción e funcionamento, condenada polo Tribunal Supremo en cinco ocasións, forma parte a proposta do Presidente Nuñez Feijóo da sociedade encargada da xestión dos Fondos Europeos Next Generation na Galiza e hai uns días saíu publicamente como promotora dun proxecto de produción de hidroxeno verde e outras iniciativas enerxéticas xunto á multinacional de matriz portuguesa EDPR, apuntando-se á carreira para o negocio "verde" e contribuír a inflar a burbulla do hidróxeno.

Notas.-

[1] Terceira e Actual Autorización: Resolución de 29 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se outorga a Regasificadora do Noroeste, SA, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da planta de recepción, almacenamento e regasificación de GNL de Mugardos (A Coruña). | BOE» núm. 163, de 9 de xullo de 2021, páxinas 82408 a 82420 (13 páxinas) Departamento: Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. | Ir ao BOE.

[2] UNE EN ISO 28460:2011 - Industrias do petróleo e do gas natural. Instalacións e equipamento para gas natural licuado. Interfaz terra-navío e operacións portuarias - ISO 28460:2010.

[3] Primeira autorizacións e permiso: Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas pola que se outorga a "Regasificadora do Noroeste, Sociedade Anónima" (REGANOSA) autorización administrativa previa para a instalación dunha planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos (A Coruña). BOE núm. 176, de 24 de xullo de 2002, páxinas 6032 a 6033 (2 páxs.) Departamento: Ministerio de Economía. | Ir ao BOE. | Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, de 13 de febreiro de 2004,  que aprobou o proxecto de execución das instalacións da planta de recepción, almacenamento e regasificación de GNL, no término municipal de Mugardos. | Con data 7 de novembro de 2007, estendeuse a acta de posta en servizo da planta pola Dirección do Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno na Coruña.

[4] Sentenzas do Tribunal Supremo núm. 695/2016, de 28 de marzo de 2016, e núm. 889/2016, de 25 de abril de 2016. | Ir ás Sentenzas.

[5] Segunda Autorización: Resolución de 7 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se outorga a Reganosa, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado de Mugardos (A Coruña). BOE» núm. 165, de 9 de xullo de 2016, páxinas 48146 a 48158 (13 páxs.) | Departamento: Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. | Ir ao BOE.

[6] Resolución do Consello de Ministros do 29 de Maio de 2016 polo que o Goberno en funcións de Mariano Rajoy, acordou excluír á planta de gas de Reganosa da tramitación ambiental, alegando carácter de urxencia para que seguira funcionando. | Ir á Resolución.

[7] Sentenza 1075/2019 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 16.07.2019 | Recurso Ordinario 4825/2016. | A planta de gas de Reganosa aséntase nun cúmulo de ilegalidades, esta é a quinta sentencia do Supremo na súa contra. Agora, en sentenza inapelable que ven de anular a Resolución do Consello de Ministros do 29 de Maio de 2016 polo que o Goberno en funcións de Mariano Rajoy, acordou excluír á planta de gas de Reganosa da tramitación ambiental, alegando carácter de urxencia para que seguira funcionando, incorrendo en manifesta ilegalidade, logo de que o Supremo anulara en catro sentenzas firmes anteriores, as diferentes autorizacións outorgadas a Reganosa: modificación do Plan de Urbanismo, administrativa previa, autorización de construción e Plan de Emerxencia. | 13 páxinas formato pdf. | Recorría a Plataforma Veciñal da parroquia de Mehá. | Acceder/Baixar.

[8] O Grupo ToJeiro ten na actualidade o 59,64% das accións do holding gasista que controla Reganosa. | Co propósito de progresar no mercado global, os accionistas maioritarios de Reganosa formalizaron a creación dunha multinacional da enerxía de matriz galega. Desde este momento, unha matriz con sé en Mugardos, Reganosa Holdco, pasa a xestionar tres sociedades: Regasificadora do Noroeste, que é xestor cualificado da rede de transporte (TSO), opera o seu propio gasoduto e posúe a terminal de GNL do porto de Ferrol; unha para a prestación de servizos, Reganosa Servizos, que xa opera a terminal de GNL de Malta e outra en Cerdeña (Italia); e outra para o investimento en activos, Reganosa Asset Investments. | A actividade gasista de REGANOSA, que consiste principalmente na xestión de infraestruturas de Gas Natural Licuado (GNL) prestando servizos de carga e descarga de buques, gassing up e cool down, almacenamento de GNL, regasificación e carga de cisternas, e na xestión de redes de transporte de gas (TSO). Así, REGANOSA desenvolve operacións en España á vez que realiza actividades de servizos de operación, mantemento e apoio técnico das actividades enerxéticas en: Alemaña, Italia, Kuwait, Brasil, Chile, Canadá, Ghana e Mozambique.
_______

xoves, xullo 08, 2021

Gas extraído por medio do destrutivo fracking descargou-se en Reganosa - O buque 'Flex Endeavour' cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, estivo descargando no peirao de Punta Promontoiro, na Ría de Ferrol


O LNG Tanker "Flex Endeavour", arribou ao porto de Mugardos onte mércores 7 de xullo, para descargar en Reganosa. Actualmente o buque está navegando baixo bandeira de conveniencia de Malta. Un buque de grande porte, de 295 metros de eslora e 46 de manga, construído hai só catro anos, en 2018.

O "Flex Endeavour", procedente do Golfo de México, cargou o GNL en Port of Ingleside, que está situado no condado de San Patricio, Texas (United States - USA). O buque gaseiro que arribou á Ría de Ferrol, trouxo gas natural licuado (LNG) de Estados Unidos, extraído por medio da destrutiva técnica do fracking (fracturamento hidráulico).

A técnica de extracción coñecida como fracking, é moi daniña para a saúde e o medio ambiente, onde se libran grandes cantidades de metano á atmosfera, e inxectan no subsolo grandes cantidades de sopa química moi tóxica, contribuíndo deste xeito ao cambio climático, e a contaminación das augas subterráneas e o subsolo. De feito no artigo 9 da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética aprobada nas Cortes Xerais este 20 de maio de 2021, prevé expresamente a denegación de autorizacións de explotacións de hidrocarburos que empreguen a técnica fractura hidráulica de alto volume.

O "Flex Endeavour" descargou 164.138 m3 de GNL (Segundo o Xestor Técnico do Sistema) no despropósito gasista de Reganosa. Foron decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, as que se descargaron para a perigosa regasificadora. Mentres se producía a descarga, perante 24 horas, aumentou de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as miles de persoas que moramos na súa contorna. Para a regasificación de tal cantidade de GNL, van-se utilizar máis de 2.500 millóns de litros de augas do mar, ao que se lle engadirá hipoclorito sódico, tamén obtido da auga do mar nun proceso de electrólise. Esa auga que se utiliza para a regasificación, volve á Ría, arrefriada entre 4 e 6°C e en forma de sopa química, ao que se lle engadiron sulfitos para rebaixar a incidencia dos hipocloritos, mais millóns de litros de auga volven á Ría esterilizados sen apenas vida orgánica (con grande parte dos microorganismos mortos) contribuíndo a empobrecer a biodiversidade da contorna marítima.  

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, segue denunciando a unha planta de gas que non só pon en perigo as nosas vidas, contribúe ao deterioro da Ría e ao cambio climático, senón que foi construída ao amparo da corrupción económica e política. Foi construída e posta e funcionamento, sen avaliación ambiental e a sabendas de que, a súa localización, incumpría a lexislación medio ambiental en vigor. Confirmado por cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra do despropósito gasista de Reganosa. Agora co novo goberno se lle aprobou a avaliación ambiental, sen ter en conta a súa localización, alegando que xa é unha infraestrutura construída e en funcionamento. Reganosa segue operando sen os permisos de construción e  autorización de funcionamento, despois de 18 anos de comezar a súa construción e a 14 de comezar a funcionar. Despois das cinco sentenzas do Tribunal Supremo que anulou os permisos e autorización, a regasificadora tivo que volver a tramitar os mesmos.

Planta de gas fora da Ría !!

#GasNoneSolucion

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Foto: O "Flex Endeavour" descargando no peirao de Reganosa, na noite do 7 de xullo de 2021.
_______

mércores, xuño 23, 2021

O 'Golar Frost' é un buque gaseiro que estivo cargando GNL en Reganosa durante catro días, para o negocio especulativo do gas, unha planta subsidiada con diñeiro do Tesouro Público, que pagamos a través dos recibos da luz e do gas - Unha operación especulativa que durante catro días aumentou de xeito exponencial, o perigo para a poboación que mora na contorna da Ría


O pasado domingo 13 de xuño, o buque gaseiro "Yakov Gakkel",  descargaba as miles de toneladas de GNL para Reganosa, fixo-o perante 24 horas que é o que dura o transvase do gas natural licuado do buque aos tanques. Segundo os datos do Xestor Técnico do Sistema, foron 164.173 m3, os que deixou na planta de gas. Este proceso de descarga aumenta exponencial o perigo que xa de por si supón a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol, para as miles de persoas que moran na súa contorna. Mais desta vez, o GNL que descargou o "Yakov Gakkel", durou pouco nos tanques de Reganosa, pois o venres 18 deste mes de xuño, arribaba ao porto de Mugardos o LNG Tanker "Golar Frost", procedente de Mina' al Ahmadi, Kuwait, para desta vez cargar 150.532 m3 de GNL. O proceso de carga desde os tanques ao buque gaseiro, é moito máis lento, dura uns catro días, polo que o exponencial perigo para a poboación que mora na contorna da Ría é moito maior.

O "Golar Frost", é un buque de grande porte, con 281 metros de eslora e 44 de manga, actualmente navegando baixo bandeira de conveniencia das Marshall Islands, construído en 2014. Arribou ao porto de Mugardos sobre as 21:30hs do pasado 18 de xuño e puxo rumbo a alta mar, na madrugada deste martes 23. Na actualidade, atopa-se navegando fronte as costas de Portugal en situación de "for orders" (espera de pedidos ou dirixirse a novos pedidos). Podemos concluir, segundo a información pública que hai, que este buque cargou GNL en Reganosa, agardando un cliente que pague ben polas miles de toneladas que leva nos seus tanques. Non deixa de ser un negocio especulativo, co gas natural licuado procedente dunha planta subsidiada polo diñeiro do Tesouro Público, que pagamos a cidadanía a través das peaxes e impostos nos recibos da luz e do gas. O que queda demostrado é que ese gas que se leva o "Golar Frost", non era  tan estratéxico para Galiza, com así se nos ten dito unha e outra vez, para xustificar a construción da planta.

E todo isto sucede en Reganosa, no corazón da Ría de Ferrol, onde está situada a regasificadora a poucos metros de núcleos de poboación (Unhas 45.000 persoas nun radio de 3 Km); á beira dun complexo petroquímico que pode almacenar 300.000 m3 de produtos tóxicos e perigosos (Forestal del Atlántico e Imegasa) e dunha planta térmica de coxeración eléctrica (De 28,8 MW de potencia e que funciona a base de queimar fuel-óleo); a pouco máis de 2 Km da Base Naval d'A Graña; a pouco máis de 1 Km dun grande estaleiro (Navantia), e a 1,5 Km do Arsenal Militar e da Base de estacionamento das Fragatas F-100.

E para finalizar non podemos perder de vista que a estas alturas Reganosa aínda non ten concedidos os correspondentes permisos de construción e funcionamento que foran tumbados polas cinco sentenzas do Tribunal Supremo e que na actualidade segue en proceso de trámite. Situación que amosa as ilegalidades continuadas, cometidas por gobernos e administración, na tramitación dos diferentes permisos e concesións. A construción de Reganosa deu comezo hai 18 anos (2003) e comezou a funcionar hai 14 (2007) e aínda segue sen ter os correspondentes permisos.

Foto do "Golar Frost", no peirao de Reganosa. | 19.06.2021

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

martes, xuño 15, 2021

De fondo Reganosa: Explosión e incendio nunha planta química en Rockton, no estado de Illinois, en Estados Unidos - Vídeo


Espectacular incendio, despois dunha explosión que se desatou nunha planta química en Rockton, no estado de Illinois, en Estados Unidos. Os bombeiros están tratando de controlar o lume.

Segundo informa o medio de comunicación Univisión Chicago, o Departamento de Bombeiros ordenou a evacuación obrigatoria, que afecta a todos os residentes e negocios ao sur da planta. A empresa confirma que todos os presentes no lugar cando se produciu a explosión están a salvo.

Os accidentes producen-se, é por iso polo que as industrias perigosas teñen que estar lonxe dos núcleos de poboación, e Reganosa e o resto do complexo petroquímico de Punta Promontoiro (Mugardos) están moi próximos aos núcleos de poboación, no corazón da nosa Ría.

A directiva Seveso  é a normativa europea e de referencia internacional, como consecuencia dun proceso de estudo e análise que se xerou despois do dramático accidente de consecuencias  catastróficas, que se debeu a unha fuga de produtos químicos, que  crearon unha nube tóxica de dioxina, na cidade italiana Seveso en 1976, de aí o nome da directiva (Seveso I, II e III), e ten como obxectivo evitar accidentes graves dese tipo.

"Os accidentes industriais con axentes químicos perigosos supoñen unha ameaza significativa para as persoas, os animais e o medio ambiente. Ademais, estas representan grandes perdas económicas. Non obstante, o uso de produtos químicos perigosos en moitas industrias é inevitábel".

"Polo tanto, son necesarias medidas preventivas para minimizar os riscos asociados ao uso destes produtos químicos e para garantir a preparación e a resposta se se producen eses accidentes. A ocorrencia destes accidentes levou á necesidade de definir mecanismos para a súa prevención e control de perigos asociados, así como a creación de limitacións sobre as consecuencias para a saúde humana e o medio ambiente".

E a principal medida preventiva é a localización idónea e máis segura das instalacións, con axentes químicos perigosos, que teñan en conta a seguridade e a vida das persoas. No caso de accidente grave no complexo petroquímico de Punta Promontorio ten todas as probabilidades de causar o que sería o "efecto dominó", no que se advirte na citada Directiva.


Fontes: RTVE, Wikipedia, EUR-LEX, e Apo Partner.

✔ A nova en EuropaPress. Unha forte explosión nunha planta química de EEUU provoca a evacuación de centos de persoas. 15.06.2021 . | Ir á Web.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

domingo, xuño 13, 2021

O 'Yakov Gakkel' e o gaseiro que fai o número 300 que entra cargado na Ría para Reganosa, aumentando unha vez máis, de xeito exponencial, o perigo que xa de por si ten a planta de gas localizada dentro da Ría de Ferrol, proxima aos núcleos de pobación e á beira dun complexo petroquímico


O LNG Tanker "Yakov Gakkel", arribou ao porto de Mugardos, para descargar en Reganosa. Actualmente o buque está navegando baixo bandeira de conveniencia de Bahamas. Un buque de grande porte, de 299 metros de eslora e 50 de manga, construído hai só tres anos, en 2019.

O "Yakov Gakkel", cargou o GNL no porto ártico de Sabetta, na Federación Rusa.

O buque gaseiro "Yakov Gakkel", está descargando en Punta Promontoiro, miles de toneladas de GNL para Reganosa, farao-no perante 24 horas que dura o transvase do gas natural licuado aos tanques, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si supón a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol, para as miles de persoas que moran na súa contorna.

Este gaseiro fai o número 300 desde que en maio de 2007 entrara, con forte oposición popular, o "Galicia Spirit".

O gaseiro "Yakov Gakkel" atracou no peirao de punta Promontoiro para descargar decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, na terminal regasificadora de Mugardos. Unha vez máis negocio para ao holding multinacional do gas no que se converteu Reganosa e pobreza para a nosa Ría que vai sofrer o arrefriamento duns 2.500 millóns de litros das súas augas (entre 4 e 7°C), un proceso de esterilización das augas e a creación de Sopa Química. Son sobre uns 2,5 millóns de toneladas de auga mariña, os que se van a utilizar na regasificación dos 164.173 m3 de GNL que descargou o buque, por medio dos vaporizadores con auga do mar.

Foto: O "Yakov Gakkel" atracado en punta Promontoiro o 13 de xuño de 2021.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

xoves, xuño 10, 2021

Grupos ecoloxistas mostran a súa oposición a un novo proxecto de biogás de Reganosa - Amigos da Terra e Food & Water Action Europe mostran o seu rexeitamento á inclusión dun proxecto de biogás na lista europea de Proxectos de Interese Común


Grupos ecoloxistas mostran a súa oposición a un novo proxecto de biogás de Reganosa

Amigos da Terra e Food & Water Action Europe mostran o seu rexeitamento á inclusión dun proxecto de biogás na lista europea de Proxectos de Interese Común.

✔ A empresa Renagosa xa conta con proxectos controvertidos en Galiza cun gran impacto ambiental.

✔ O biogás provoca un grave problema de xestión de residuos e fomenta un modelo gandeiro insostíbel.


Amigos da Terra e Food & Water Action Europe reclaman ás autoridades españolas e europeas que non inclúan un proxecto de biogás da empresa Reganosa na lista europea de Proxectos de Interese Común, o cal daría a esta empresa acceso preferente a fondos públicos. Denuncian que o biogás supón un intento de lavado verde da industria gasística e que segue tratándose dun gas contaminante por moito que se utilice o prefixo "bio".

O obxectivo da empresa é xerar biometano a partir de biogás producido con purines de ganadería industrial e residuos, para inxectalo na rede de gas convencional. Un negocio que provocaría un grave problema de xestión de residuos e fomentaría un modelo gandeiro insostíbel.

Ademais, o custo do proxecto, que se estima en 75 millóns de euros e poderíase elevar ate 235 millóns, sería subvencionado pola cidadanía europea a través de fondos públicos, cando a súa aposta polo biogás trátase dun atentado contra o medio ambiente e o interese común.

"A inxección de biogás nas redes de gas supón a permanencia deste combustíbel contaminante na matriz enerxética atrasando a descarbonización e desprazando outros tipos de enerxía realmente renovábeis na transición enerxética", asegurou Cristina Alonso, responsábel de Xustiza Climática de Amigos da Terra.

"Este proxecto implicaría dar un gran paso atrás na xestión dos residuos e ir contra a normativa europea en materia de economía circular, ademais de agravar a crise climática", sinalou Adriana Espiñenta, responsábel de Residuos e Recursos Naturais da organización ecoloxista.

"A creación de novas plantas de produción de biogás ligadas a explotacións gandeiras industriais supón unha estratexia de lavado verde das grandes empresas cárnicas, como COREN e un apoio con diñeiro público á gandería industrial que debería destinarse a outros fins", engadiu, Andrés Muñoz, responsábel de Soberanía Alimentaria de Amigos da Terra. "A produción de biogás non elimina o principal problema dos purines, que é a contaminación por nitratos. Resolver isto implica unha moratoria sobre novas explotacións gandeiras industriais e a redución da cabana gandeira industrial xa existente, especialmente en zonas como a comarca da Limia en Galiza", seguiu explicando.

A aprobación das anteriores listas europeas de Proxectos de Interese Común foi moi polémica, ao abrir a porta dos fondos europeos a proxectos baseados en grandes infraestruturas e conexións gasísticas. Xusto durante estes meses o Parlamento Europeo está debatendo a revisión da normativa que regula a admisión de proxectos ás listas, por este motivo as organizacións insisten na necesidade de rexeitar a inclusión dun proxecto afastado do interese xeral como o de Reganosa.

A lista de Proxectos de Interese Común é unha proposta caduca, que segue financiando proxectos enerxéticos insostíbeis. O debate deixa cada vez máis claro que o gas fósil e o biogás non poden xogar ningún papel relevante no futuro enerxético da Unión Europea, aseverou, Frida Kieninger, de Food. Water Action Europe.

Reganosa xa fai gala, ademais, dun historial controvertido en Galiza, onde xa contan cunha regasificadora en Ríaa de Ferrol, a cal ten un gran impacto ambiental e xera unha forte oposición social. "Reganosa non é compatible co modelo de transición enerxética cara ao que debemos camiñar e nin a regasificadora actual nin os novos proxectos que propoñen serán aceptábeis desde o punto de vista ambiental e social", concluíu María Durán, portavoz de Amigas dá Terra Galicia.

Madrid, Bruxelas, 1 de xuño de 2021.

Notas.- A presentación do proxecto realizouse o 22 de abril no marco das reunións rexionais organizadas pola Comisión Europea para presentar os proxectos candidatos para a lista. A partir do minuto 14:39:20.

Fonte: Tercera Información. | 01.06.2021
_______

luns, xuño 07, 2021

O buque gaseiro 'LNG Fukurokuju', está descargando, miles de toneladas de GNL para Reganosa, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si supón a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol, para as miles de persoas que moran na súa contorna


Na tarde do domingo 6 de xuño, arribou ao porto de Mugardos o buque gaseiro "LNG Fukurokuju", actualmente navegando baixo bandeira de Bahamas. Un buque de grande porte, de 293 metros de eslora e 49 de manga, construído en 2016.

O "LNG Fukurokuju", cargou o GNL, o pasados 27 e 28 de maio, na terminal do porto de Bonny (Nixeria), situado no Delta do Nixer, unha zona en conflito permanente e das máis contaminadas do mundo. Os continuados vertidos de petróleo, durante décadas, danaron o medio ambiente e a economía local, arruinado a vida da poboación do Delta.

O buque gaseiro "LNG Fukurokuju", está descargando en Punta Promontoiro, miles de toneladas de GNL para Reganosa, farao-no perante 24 horas que dura o transvase do gas natural licuado aos tanques, aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si supón a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol, para as miles de persoas que moran na súa contorna.

Este gaseiro fai o número 299 desde que en maio de 2007 entrara, con forte oposición popular, o "Galicia Spirit".

O "LNG Fukurokuju" atracou no peirao de punta Promontoiro para descargar decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, na terminal regasificadora de Mugardos. Unha vez máis negocio para ao holding multinacional do gas no que se converteu Reganosa e pobreza para a nosa Ría que vai sofrer o arrefriamento duns 2.500 millóns de litros das súas augas (entre 4 e 7°C), un proceso de esterilización das augas e a creación de Sopa Química. Son 2,5 millóns de toneladas de auga mariña, os que se van a utilizar na regasificación do LNG que descargou o buque, por medio dos vaporizadores con auga do mar.

Foto: O "LNG Fukurokuju" atracado en punta Promontoiro o 6 de xuño de 2021.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______

venres, maio 28, 2021

Un novo buque gaseiro, o 'Maran Gas Spetses' descargou GNL en Reganosa aumentando exponencialmente o perigo que xa de por si supón a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol


O "Maran Gas Spetses", buque gaseiro que estivo descargando en Punta Promontoiro, GNL para Reganosa durante as 24 horas que dura o transvase do GNL aos tanques, aumentou exponencialmente o perigo que xa de por si supón a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol, no concello de Mugardos.

O buque "Maran Gas Spetses", é un LNG Tanker, procedente de Gibraltar, onde estivo fondeado na espera dun comprador para a súa carga, de onde partiu o pasado 23 de maio. Gaseiro  que actualmente navega baixo bandeira de Grecia. Con antelación cargara o GNL na terminal africana "Punta Europa" na Guinea Ecuatorial. Un buque de grande porte, de 173.400 m3 de capacidade, con 295 metros de eslora e 46 de manga, construído en 2018. Este gaseiro fai o número 298 desde que en maio de 2007 entrara con forte oposición o "Galicia Spirit".

Foi onte 27 de maio, sobre as 4 da tarde, cando o "Maran Gas Spetses" arribou ao porto de Mugardos, no corazón da Ría de Ferrol, para descargar 138.700 m3 de gas natural licuado (GNL) en Reganosa.

O que é un negocio para Reganosa, supón un maior empobrecemento da Ría e un potencial perigo para as persoas que moran na súa contorna

O gaseiro atracou no peirao de punta Promontoiro para descargar decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, na terminal de Mugardos. Unha vez máis negocio para ao holding multinacional do gas no que se converteu Reganosa e pobreza para a nosa Ría que vai sofrer o arrefriamento duns 2.500 millóns de litros das súas augas (entre 4 e 7°C), un proceso de esterilización das augas e a creación de Sopa Química. Son 2,5 millóns de toneladas de auga mariña, os que se van a utilizar na regasificación do LNG que descargou o buque gaseiro, por medio dos vaporizadores con auga do mar. E o mais grave foi o aumento exponencial do perigo para a vida e a seguridade da poboación que mora na contorna da Ría, perante o tempo que durou o proceso de descarga do gas licuado.

Foto: O "Maran Gas Spetses" atracado en punta Promontoiro o 27 de maio de 2021.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

______

sábado, maio 15, 2021

Un novo buque gaseiro (LNG Boris Davydov) descargando na terminal de Mugardos: Unha vez máis negocio para ao holding multinacional do gas, no que se converteu Reganosa, e pobreza para a nosa Ría e inseguridade para as persoas que moran na súa contorna


Un día de condicións meteorolóxicas adversas, de pouca visibilidade, vento e chuvia abundante, un novo buque gaseiro, procedente do porto ártico de Sabetta (Federación Rusa) entrou a pasada tarde na Ría de Ferrol para descargar 160.600 m3 de gas natural licuado (GNL) en Reganosa. Trata-se do "LNG Boris Davydov", un buque de grande envergadura que actualmente navega baixo bandeira de Cyprus, construído en 2018, de 299 metros de eslora e 50 de manga.

O gaseiro atracou no peirao de punta Promontoiro para descargar decenas de miles de toneladas de gas natural licuado, na terminal de Mugardos. Unha vez máis negocio para ao holding multinacional do gas no que se converteu Reganosa e pobreza para a nosa Ría que vai sofrer o arrefriamento duns 2.500 millóns de litros das súas augas (entre 4 e 7°C), un proceso de esterilización das augas e a creación de Sopa Química. Son 2,5 millóns de toneladas de auga mariña, os que se van a utilizar na regasificación do LNG que descargou o buque gaseiro, por medio dos vaporizadores con auga do mar. E o mais grave é o aumento exponencial do perigo para a vida e a seguridade da poboación que mora na contorna da Ría, perante as 24 horas que durou o proceso de descarga do gas licuado, desde o buque ate os tanques en terra.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

______

xoves, maio 13, 2021

Malas horas para os proxectos de ampliación do negocio de Reganosa no actual contexto de descarbonización, segundo a axencia europea de reguladores enerxéticos - O LNG Tanker 'Arctic Princess' puxo rumbo ao porto de 'Las Palmas', despois de arrefriar os seus tanques, o que para o holding gasista supuxo un negocio e aumentar a baixa porcentaxe de utilización da planta, para as persoas que moramos na contorna, foi aumentar exponencialmente o risco para a seguridade e a vida que xa de por si representa a localización da planta de gas no corazón da Ría de Ferrol


O LNG Tanker "Arctic Princess" puxo rumbo hoxe, 13 de maio de 2021, ao porto de Las Palmas, nas Illas Canarias, despois de arrefriar os seus tanques en Reganosa, cargando 4600 m3 de GNL, proceso que durou case tres días desde o pasado 10 deste mes de maio, logo de estar reparando en Navantia Ferrol desde o pasado 30 de abril. A posta en frío dos tanques, é un proceso que dura unhas 50 horas. É un dos diferentes negocios da empresa regasificadora, aínda que isto signifique aumentar as probabilidades de risco para a seguridade e a vida da poboación que mora na contorna da Ría. Para o holding gasista supón un negocio e aumentar a baixa porcentaxe de utilización da planta, para xustificar a súa permanencia no sistema. Pois o historial de utilización da planta é moi baixo respecto á súa capacidade e previsións recollidas no documento xustificativo para a súa construción.

Malas horas para os proxectos de ampliación do negocio de Reganosa no actual contexto de descarbonización.

Todo isto nunha conxuntura onde sae á luz a comunicación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) que advertiu na UE sobre varios proxectos gasistas en diferentes lugares do territorio peninsular que considera innecesarios no actual contexto de descarbonización. As advertencias figuran nun relatorio da axencia europea para a cooperación dos reguladores da enerxía (ACER), [1] e comprenden varias infraestruturas de gas natural licuado (GNL) e un proxecto para construír unha terceira interconexión con Portugal. O xornalista Antonio M. Vélez, publica unha interesante análise sobre este relatorio da axencia europea, no xornal 'El Diario', no que manifesta que "... o relatorio da axencia europea tamén advirte sobre catro proxectos de ampliación doutra regasificadora polémica que leva anos en marcha, a de Reganosa, en Mugardos (A Coruña): 'De acordo coa actual Política Enerxética Española de descarbonización, as novas infraestruturas e corredores de gas non van ser desenvolvidos na Península Ibérica'...". Continua escribindo Antonio M. Vélez, sinalando os proxectos da regasificadora de Mugardos: "Os catro proxectos prevén duplicar a capacidade da terminal de GNL ate 19,8 mcm/diarios mediante a construción de novos vaporizadores Open Rack; construír un segundo porto de atraque para os barcos que descargan o GNL; ampliar a capacidade de almacenamento cun tanque adicional para 190.000 metros cúbicos; e construír un novo gasoducto de 318 quilómetros de lonxitude que iría desde Guitiriz (Lugo) ate a estación de compresión de Enagas en Zamora". A preguntas do xornalista sobre esta cuestión, os responsábeis de comunicación de Reganosa non queren contestar: "Reganosa, que ten nos seus socios á Xunta de Galicia, declinou facer valoracións sobre este asunto ["Non comentamos informes dos reguladores"]. A empresa logrou a finais do ano pasado que o Ministerio para a Transición Ecolóxica concedese a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorábel á planta. Un paso imprescindíbel despois de que, en xullo de 2019, o Tribunal Supremo declarase nula a exención dese procedemento que acordou o Consello de Ministros en maio de 2016, co Goberno de Mariano Rajoy en funcións". Sobre a ampliación do gasoduto e a capacidade de almacenamento, o relatorio da axencia europea que reproduce o contribuído pola CNMC, é demoledor ante as aspiracións cobizosas da cinco veces sentenciada Reganosa: "O informe de ACER cuestiona outro proxecto vinculado a ese gasoducto que suscita Reganosa, a construción dunha terceira interconexión con Portugal proxectada pola empresa lusa REN. Trátase da primeira fase da infraestrutura que conectaría Celorico dá Beira, no Distrito de Garda, con Zamora (España), cun gasoducto de 162 quilómetros. A iniciativa recibiu observacións en contra do regulador portugués e do español. A CNMC 'dúbida da necesidade deste proxecto' e recorda que xa hai en operación dúas interconexións gasistas entre ambos países que están infrautilizadas...". [2] Asunto que leva tempo denunciando o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Trátase da burbulla especulativa do gas que non tardará en rebentar. Falamos das  infraestruturas non necesarias construídas, que están moi por abaixo da súa capacidade de utilización, Reganosa entre elas. Infraestruturas que nos obrigan, pola vía dos impostos e peaxes, a manter e pagar.

[1] O Relatorio de ACER está fechado o 3 de maio e recolle as observacións dos organismos de supervisión de cada país sobre os borradores de proxectos a dez anos presentados en outubro de 2020 polos diferentes xestores de transporte de gas da UE. | Opinión Nº 02/2021 da axencia da unión europea para a cooperación dos reguladores de enerxía (ACER) do 3 de maio de 2021 sobre o proxecto ENTSOG do plan decenal de desenvolvemento de Rede 2020. | En Inglés, de 36 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

[2] Di o relatorio da axencia europea: O CNMC dubida sobre a necesidade deste proxecto. Actualmente hai dous gasodutos de interconexión entre estes países que están baixo reserva (reservados ao redor do 67% da capacidade técnica no primeiro semestre de 2020) e, ademais, infrautilizados (só ao redor do 10% da capacidade reservada empregouse no primeiro semestre do 2020). Nas poxas de produtos anuais para o ano 2020 (20 de outubro, 21 de setembro) só se asignou o 4% da capacidade ofrecida (o 26% da capacidade técnica dispoñible e, polo tanto, ofrecida) de España a Portugal. Prezo de reserva. O mercado non solicitou capacidade de Portugal a España (o 82% da capacidade técnica estaba dispoñible e ofrecida).

Planta de Gas: Peche Xa !!
Planta de gas, fora da Ría !!
Gas Non é Solución !!

#GasNoneSolucion
#PlantaDeGasForaDaRia



Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enlaces de interese:

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.
_______