Amosando publicacións coa etiqueta Violencia Machista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Violencia Machista. Amosar todas as publicacións

xoves, novembro 22, 2018

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas por organizacións feministas do país, entre as cales está a Marcha Mundial das Mulleres o vindeiro domingo, 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres


CIG-INFORMA: Mobilizacións 25 de novembro


A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas por organizacións feministas do país, entre as cales está a Marcha Mundial das Mulleres (da que a nosa central sindical forma parte), o vindeiro domingo, 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, co obxecto de visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres e reclamarmos medidas efectivas e concretas para combatela. Porque como di o lema da campaña da CIG: estamos FARTAS DO ACOSO E DA VIOLENCIA MACHISTA. Por iso esiximos “#NinUnhaMáis. Nin unha soa muller máis  acosada no traballo, agredida física, psicolóxica ou sexualmente, nin unha máis que sufra violencia económica, patrimonial, simbólica, obstétrica ou institucional.

Facémonos eco da necesidade de autoorganización e de autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica, mais tamén fronte á violencia económica e institucional, lema escollido pola Marcha Mundial das Mulleres da Galiza coa intención de construír alternativas para a vida e defendernos das violencias machistas que nos atravesan.

Mobilizacións do 25N:

  • Vigo: 12:00 h, cruce de Vía Norte con Urzáiz (Feminismos Vigo).
  • Pontevedra: 12:00h na Peregrina.
  • Lugo: 12:00h, diante do concello (Plataforma Feminista Lugo).
  • Ourense:
  • 12:00 h. Acción de rúa (Praza Maior).
  • 19:00 h. Obradoiro de pasamontañas (Subdelegación Goberno).
  • 20:30 h. Manifestación (saída Subdelegación Goberno).
  • A Coruña: Manifestación 20:00 h, desde o Obelisco (Feminismos A Coruña).
  • Ferrolterra: 19:00 h Manifestación desde praza da Gándara. Narón.
  • Compostela: 12:00 h, desde a Praza 8 de Marzo (Feminismos Compostela). Día 26 de novembro: 19:00 h. Casa de Xohana Torres. Palestra-café con Paz Filgueira, xuíza de Familia.
  • A Estrada: 11:30 h concentración diante do concello.
  • As Pontes: 11:30 h Concentración na Praza do Hospital.
#QuerémonosVivas
#FeminismoparaVivir
#NinUnhaMáis
#NinUnhaMenos

https://www.cig.gal/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-nonresposta@cig.gal-
22 de novembro de 2018 20:00

_______________

Loitemos dende o feminismo todas xuntas para unha sociedade xusta, libre de violencias e radicalmente democrática

O Pleno do Concello de Narón contra a violencia machista

NIN VIOLENCIA MACHISTA NIN VIOLENCIA PATRIARCAL. EU NARÓN


A violencia contra as mulleres converteuse nun problema estrutural que se dirixe cara as mulleres co obxecto de manter ou incrementar a súa subordinación ao xénero masculino.

Trátase dun problema social tanto no fogar como no público, de forma física, sexual, psicolóxica, económica, cultural...

Dende Esquerda Unida de Narón sumámonos ao grito de “Nin Unha Menos”este 25 de novembro do 2018. Como todos os anos por esta data chamábavos a atención para dicir nin unha menos Basta xa, nin unha asasinada máis, nin unha violada, acosada, discriminada, invisibilizada ou marxinada por etnia...

Este ano indignante para as mulleres polos casos Juana Rivas, a Manada,o aumento de casos de violación en grupo e a mala xestión do poder xudicial.

Tamén estamos vendo unha gran resposta social do movemento feminista en tódolos seus aspectos e que está a redefinir o sentido común da nosa sociedade.

Debemos ter presente a enorme importancia do feminismo nun momento no que temos que dar unha dura batalla contra o neoliberalismo, o autoritarismo,
a intolerancia e o fascismo, que avanzan internacionalmente.

Loitemos dende o feminismo todas xuntas para unha sociedade xusta, libre de violencias e radicalmente democrática.

Por todo iso, dende Esquerda Unida de Narón esiximos de xeito urxente:
  • O cumprimento da LEI 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Que aumente o orzamento destinado a políticas de igualdade.
  • Que se poña en marcha o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
  • Que as campañas promovidas dende as distintas administracións para a violencia de xénero teñan unha perspectiva feminista e se ensine educación afectivo-sexual e contra a discriminación e violencia de xénero.
  • Que se desenvolvan plans de formación e sensibilización contra a violencia de xénero de obrigado cumprimento ao persoal ao servicio das administracións.
  • Demandamos unha xestión pública directa da rede de servizos de violencia de xénero.
Por todo o anterior, dende Esquerda Unida esiximos unha estratexia estrutural que loite en todos os ámbitos.

AREA DA MULLER DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de novembro de 2018 17:49

_________

luns, agosto 20, 2018

En Ferrol e nas Pontes como noutras cidades e vilas da Galiza, este martes 21 de agosto, ás 8 da tarde, están convocadas concentracións en repulsa polo novo asasinato machista que tivo lugar en Cabana de Bergantiños - En Ferrol diante da Casa do Concello e nas Pontes na Praza do Hospital


CONCENTRACIÓNS por asasinato machista en Galicia.

Convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra:

Martes, 21 de Agosto, ás 20 hs,

diante do Concello de Ferrol.


E nas Pontes, na Praza do Hospital.

Novo feminicidio na Galiza, desta volta en Cabana de Bergantiños. Unha muller de 50 anos foi asasinada polo seu home, e xa son 3 este ano en Galicia e 26 no Estado.

O feminismo galego resposta nas rúas!

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Info enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
20 de agosto de 2018 13:58

___________________

xoves, xullo 19, 2018

Como noutras cidades e vilas da Galiza, en Ferrol e n'As Pontes, este venres 20 de xullo, ás 8 da tarde, van ter lugar actos de repulsa e denuncia, ante un novo crime machista, non ao feminicidio


Convocatoria Concentración
por feminicidio: Venres 20, ás 20 hs no Concello de Ferrol e n'As Pontes, na Praza do Hospital.

Convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra:

Venres, 20 de Xullo, ás 20 hs

Diante do Concello de Ferrol.

Tamén ás 20 horas, do mesmo día, n'As Pontes, na Praza do Hospital

Novo feminicidio na Galiza, desta volta na Coruña. Baixo a escusa de asistir á compañeira enferma un home degola á súa muller. Estamos fartas de violencia e estamos fartas de escusas, cortarlle o pescozo a unha persoa non é coidar nin acompañar!!. O feminismo galego resposta nas rúas!

#BastaDeFeminicidios

#OMachismoMata

Info baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
19 de julho de 2018 16:57

________________

martes, xuño 19, 2018

O machismo mata, basta de feminicidios: mobilización en Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza, diante dun novo asasinato machista n'O Porriño - Este mércores 20 de xuño, ás 8 da tarde, diante da Casa do Concello de Ferrol - Resposta do feminismo galego ante un novo feminicidio no noso país

O machismo mata!

Basta de feminicidios !

Resposta do feminismo galego ante un novo feminicidio no noso país.

Magdalena Moreira Alonso foi asasinada no Porriño polo seu marido.

Estamos fartas de ser asasinadas!

Querémonos Vivas!

O machismo mata, basta de feminicidios:

Concentración en Ferrol
, como noutras cidades e vilas da Galiza, diante dun novo asasinato machista n'O Porriño
.
Este mércores 20 de xuño, ás 8 da tarde, diante da Casa do Concello de Ferrol

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
19 de junho de 2018 15:48

__________________

luns, maio 07, 2018

Presentación en Ferrolterra do libro ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’, o venres 11 de maio, no Ateneo Ferrolán ás 19:30 horas, coa eurodeputada Lídia Senra e con Estrela Gómez Viñas, activista de Agamme - A eurodeputada galega chama a rebelarse contra o machismo que campa na xustiza, que castiga ás mulleres e que segue provocando dor e sufrimento


Presentación en Ferrolterra do libro ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’, o venres 11 de maio, no Ateneo Ferrolán ás 19:30 horas, coa eurodeputada Lídia Senra.      

Lídia Senra chama a rebelarse contra o machismo que campa na xustiza, que castiga ás mulleres e que segue provocando dor e sufrimento.
Despois de ser presentado noutras cidades e vilas da Galiza, chega a ferrolterra a presentación do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa” coordinado pola eurodeputada Lídia Senra. No acto público, que dará comezo ás 19:30 horas, intervirán ademais da propia europarlamentaria e Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).

Continúa deste xeito a rolda de presentacións do libro que a eurodeputada está a facer por varias localidades galegas. Así, despois de que a mediados de abril tivera lugar a presentación en Chantada, e a semana pasada en Vigo, este último sábado 5 de maio na Estrada e agora, o venres 11 de maio, presentarase tamén no Ateneo Ferrolán ás 19:30 horas.

Lídia Senra pretende con estes actos dar a coñecer a publicación, que se distribúe ademais de xeito gratuíto, e poñer a énfase no debate para lograr acabar co patriarcado que a día de hoxe continúa a imperar na sociedade, na xustiza e tamén nas organizacións políticas e sindicais. A eurodeputada critica “como se inventan todo tipo de argucias para castigar ás mulleres e seguir provocando dor e sufrimento e como esas argucias son aplicadas, en demasiadas ocasións, pola xustiza sen ningún tipo de base”. Así, chama a rebelarse contra o nesgo machista na xustiza e tamén a reflexionar sobre a necesidade de combater as resistencias que sigue habendo nas organizacións para que as mulleres feministas teñan voz.

Ademais da versión impresa, que conta cunha tirada inicial de 1.500 exemplares, o libro está dispoñible tamén en aberto na súa versión dixital na propia web de Lídia Senra. A publicación recolle textos de mulleres que participaron na xornada organizada por Senra en novembro do 2016 en Ourense co mesmo título que o libro e na visita realizada ao Parlamento Europeo en novembro do 2015 para participar na xornada “O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da Xustiza”. Así, na primeira parte recóllense artigos da feminista e profesora da Universidade de Valladolid Alicia H. Puleo, sobre o ecofeminismo; da brasileira doutoranda en socioloxía Eliane de Moura Martins, sobre o feminismo popular para facerlle fronte á colonialidade, ao capitalismo depredador e a todas as formas de machismos; de Fiadeiras, o Grupo de Traballo en Igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), sobre a acción social desde o feminismo e a súa experiencia de traballo; das membros de Anova Ourense, Nerea Conde e Tania Bouzo, sobre participación política e liderado feminino; da deputada Paula Verao, sobre a loita contra a precariedade e pobreza laboral feminina; e da Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, Rosa Álvarez, sobre como os micromachismos cimentan o patriarcado.

Na segunda parte do libro, recóllense artigos da eurodeputada do GUE/NGL Ángela Vallina, sobre a figura da Síndrome de Alienación Parental (SAP) como reforzo do heteropatriarcado nas sociedades europeas; da concelleira de Marea de Vigo Marga López Barreiro, sobre o nesgo machista na xustiza; da psicóloga clínica forense e experta en vitimoloxía e violencia de xénero Sonia Vaccaro, sobre a utilización do SAP como unha forma de violencia machista máis; da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, sobre as dificultades da violencia machista nos procesos xudiciais; de Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), sobre por que se debe incluír a cuestión dos dereitos da infancia no debate sobre o nesgo de xénero presente nas institucións; da coordinadora da Área de Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG), Ana Eiras, sobre a realidade das mulleres labregas; e de Rosa Álvarez novamente, desta vez cunha ollada desde a psicoloxía á violencia contras as mulleres para unha abordaxe integral do problema.

Versión dixital completa do libro de 140 páxinas en formato pdf.. | Acceder/Baixar.

Sitio web da Eurudiputada:
http://ageuropa.gal/

Sitio Web de Agamme:
http://agamme.org/

__________________

domingo, maio 06, 2018

É urxente rematar ca ‘cultura da violación’ e garantir a perspectiva de xénero nos profesionais da xustiza - Senra denunciou no pleno do PE o nesgo machista da sentenza referida á violación en grupo cometida por cinco homes en 'sanfermines' 2016 - Reiterou á Comisión Europea a demanda de pór en marcha unha Directiva Comunitaria para facer fronte á violencia machista


“É urxente rematar ca ‘cultura da violación’ e garantir a perspectiva de xénero nos profesionais da xustiza”. | Senra denunciou no pleno do PE o nesgo machista da sentenza referida á violación en grupo cometida por cinco homes en “sanfermines” 2016.| Reiterou á Comisión Europea a demanda de pór en marcha unha Directiva Comunitaria para facer fronte á violencia machista.


Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), aproveitou unha das súas quendas de intervención durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo para chamar a atención sobre a grande indignación social que espertou a sentenza que reduce a abuso o brutal ataque sexual realizado durante as Festas de San Fermín (2016) por cinco homes que se autodenominan “manada”. “Non foi abuso. Foi violación”, reiterou na Eurocámara. Cualificou a sentenza de “machista” e alertou do “duro golpe” que asesta ás mulleres, “ao noso dereito a sentirnos libres, ao noso dereito a non ser violadas nin atacadas sexualmente”.

É urxente rematar ca ‘cultura da violación’ e garantir a perspectiva de xénero en tódalas persoas que teñen que aplicar as leis”. Senra, responsábel a nivel de todo o Parlamento Europeo da transversalización da perspectiva de xénero  na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural apelou a “non permitir que haxa profesionais na xustiza sen formación en perspectiva de xénero para abordar as cuestións que están directamente relacionadas cas mulleres”.

Por último, como xa ten reiterado ao longo desta lexislatura, a eurodeputada galega exhortou unha vez máis á Comisión Europea a pór en marcha unha Directiva para loitar contra a violencia machista e adoptar esta liña de traballo como unha prioridade das institucións comunitarias.

Lídia Senra ten abordado en varias ocasións a necesidade estratéxica de garantir que as persoas responsábeis da elaboración e desenvolvemento das distintas políticas e leis conten con unha formación sólida en perspectiva de xénero. Xa no ano 2015 desenvolveu no Parlamento Europeo a xornada “O sesgo machista na aplicación das políticas: O caso da xustiza”, onde seis poñentes especializadas subliñaron as claves para detectar e afrontar a violencia machista presente nos procesos xudiciais.

Actualmente atópase inmersa tamén na rolda de presentacións na Galiza da publicación “O feminismo, imprescindíbel para construír outra Europa”, no que se recollen tanto intervencións realizadas durante a xornada celebrada en Bruxelas, como na xornada internacional sobre feminismo realizado no ano 2016 en Ourense baixo o mesmo título da publicación editada este ano.

A próxima presentación terá lugar este sábado 5 na Sala Abanca de A Estrada, onde Lídia Senra estará acompañada por Eva Bastión, integrante do Grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras, do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais; e Mar Blanco Casais, edil de Móvete. A seguinte cita será o venres 11 de maio no Ateneo Ferrolán, contando ca participación de Estrela Gómez, coordinadora de Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).

Bruxelas, 03 de Maio de 2018.

Sesión Plenaria [02_03/05/2017]

TEMA DA INTERVENCIÓN: “É urxente rematar ca ‘cultura da violación’ e garantir perspectiva de xénero nos profesionais da xustiza” | Escoitar/ver.

INFORMACIÓN E CONTACTO. | Oficina de Lídia Senra Eurodeputada Galega Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura - Comisión de Pesca - Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE | 0034 609 845 861 - Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas) - Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo). | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | twitter  - facebook.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
3 de maio de 2018 12:27

_________

martes, maio 01, 2018

Un 26 de abril para non esquecer, ... Por Mar Moreira - Ese gran xarro de auga fría espertou aos meus demos e fixo rexurdir o meu medo, ese que tanto traballo me custou conter


Por Mar Moreira [*]
01.05.2018


O 26 de abril será unha data que moi poucas poderemos esquecer, a data en que se fixo pública a sentenza que o tribunal de Navarra impuxera a la manada.
Miles de mulleres pasamos da incredulidade ao odio: non sentenciaran á manada, sentenciáronnos a nós.

Ese gran xarro de auga fría espertou aos meus demos e fixo rexurdir o meu medo, ese que tanto traballo me custou conter. Un empuxón contra a parede, o frío dos azulexos, o golpe, aquela masa que me premía e non me deixaba escapar, o terror, a parálises volvían ocupar a miña mente.

Coñeciámolo como Javi o dos vellos, rexentaba a cafetería do centro de día de Marín, tiñamos confianza con el.

Era o verán do 94, unha tarde como outra calquera; viñamos da praia toda a cuadrilla, parabamos alí, naquel bar que estaba xunto ao parque no que nos atopabamos a diario.

Como cada tarde, partida de cartas ou de dados mentres nos comiamos un bocadillo; como cada tarde, collemos no almacén, onde había unha pequena cociña, as cartas, cubiletes, bolígrafos... Como cada tarde, como ningunha outra tarde:

A porta do almacén pechouse tras de min, un forte empuxón golpeoume contra a parede, notaba o frío dos azulexos na miña cara, o corpo que me esmagaba impedíndome escapar daquel recuncho. O medo non che deixa pensar, non che dá marxe de manobra para poder entender o que está pasando e o pánico paralízache.

Cando logrei zafarme del e saír daquel cuarto, daquel pesadelo, o meu primeiro pensamento era que ninguén me ía a crer e que, si facíano, miraríanme con mágoa, quedaría marcada.

Unha vez fóra atopeime cunha das miñas mellores amigas, miroume aos ollos e non fixeron falta palabras: ela estaba fóra, non entraba alí, porque a ela tamén lle pasou.

Quedou como o noso segredo -existía o medo a ser acusadas, a ser marcadas, a que puxesen en dúbida a nosa palabra- un segredo que arrastrei cunha tremenda dor e coa culpa ao pensar que outra nena podería estar pasando polo mesmo ou peor.

22 anos despois, somos nós as acusadas. Non sufrimos violación porque non houbo o que estes xuíces consideran violencia: non houbo ósos rotos, nin rachos, quizais nin tan sequera considerárono abuso sexual porque non houbo penetración, quizais terei que dar as grazas a ese malnacido por seguir viva.

Os meus monstros reapareceron, unha sentenza abriulles a porta para volver campar ás súas anchas deixándonos claro, a min e a todas, que só nos queda o medo, que aos ollos da xustiza estamos desamparadas, que non nos podemos confiar, que debemos asumir que o noxo e o medo formarán parte das nosas vidas.

Condenáronnos a toda unha vida de medo, sen dereito a ser libres.

[*] Mar Moreira -Marín 1979, Colectivo Soeres. | @MarMoreira79

Enviado por:
Colectivo Soeres
-colectivosoeres@gmail.com-
30 de abril de 2018 19:56

_____________________

Documentación:

Texto integro da Sentenza 00038/2018 da sección Segunda da Audiencia Provincial de Navarra. | Procedemento sumario ordinario 0001670/2016 - 00 Xdo. Instrución Nº 4 de Pamplona/Iruña | Proc.: PROCEDEMENTO SUMARIO ORDINARIO Nº: 0000426/2016 | 371 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
______________

venres, abril 27, 2018

Indignación na rúa pola sentenza da vergoña, pedindo a inhabilitación dos maxistrados - En Ferrol como en toda Galiza e no resto do Estado, este 26 de abril, centos de persoas mobilizaron-se contra a xustiza machista que volve golpear nos dereitos das mulleres - Vídeos e Fotos


Porque non hai xustiza posíbel nunha sociedade machista, centos de persoas saíron ás rúas en Ferrol, como en toda Galiza e no resto das nacións e territorios do Estado, nunha mobilización de protesta, diante do edificio dos Xulgados, onde quedaron as rúas cortadas, para unha vez leido un comunicado da Marcha Mundial das Mulleres, partiu unha manifestación que se achegou até a Praza de Armas, diante da Casa do Concello, onde se estaba celebrando o Pleno Ordinario de final de mes que quedou paralizado, mentres o Alcalde, concelleiras e concelleiros dos grupos do BNG, Ferrol en Común, PSOE e concelleiras non adscritas baixaron á Praza para sumar-se á mobilización. Mentres os concelleiros e concelleiras do grupo do Partido Popular e a de Ciudadanos quedaban na sala de Plenos, acatando a infame sentenza. Na mobilización tamén participou a Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro.

A continuación presentamos os vídeos da mobilización desta tarde, do 26 de abril de 2018, contra a xustiza machista que volveu golpear nos dereitos das mulleres, unha acción que amosou a súa indignación na rúa pola sentenza da vergoña, pedindo a inhabilitación dos maxistrados da Audiencia de Navarra que xulgaron o caso chamado de "La Manada" que cualificaron a brutal violación colectiva de "abusos sexuais". En toda Galiza e no resto do Estado tiveron lugar mobilizacións similares á producida en Ferrol.


https://youtu.be/7Y-tUutuY2o


https://youtu.be/pt6b8r3WeqU


https://youtu.be/zb6PnytoOjY


https://youtu.be/YRyzaizjT1c


https://youtu.be/Kp2DBQbEapU








#querémonosvivas #feminismoparavivir #machismomata #nenunhamenos #xustizamachista

Para poñer-se en contacto coa Marcha Mundial das Mulleres na Comarca:

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza


Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
_________________

Documentación:

Texto integro da Sentenza 00038/2018 da sección Segunda da Audiencia Provincial de Navarra. | Procedemento sumario ordinario 0001670/2016 - 00 Xdo. Instrución Nº 4 de Pamplona/Iruña | Proc.: PROCEDEMENTO SUMARIO ORDINARIO Nº: 0000426/2016 | 371 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
______________
_________________________

xoves, abril 26, 2018

Porque non hai xustiza posíbel nunha sociedade machista, hoxe 26 de abril saímos ás rúas, en Ferrol, como en toda Galiza e no resto das nacións e territorios do Estado, terá lugar unha mobilización de protesta, ás 20:30hs, diante dos Xulgados - Contra a xustiza machista que volve golpear nos dereitos das mulleres


[ Mobilizacións ] HOXE 26 DE ABRIL / Contra a xustiza machista que volve golpear nos dereitos das mulleres. Porque non hai xustiza posíbel nunha sociedade machista, hoxe saímos ás rúas en todo o país. #querémonosvivas #feminismoparavivir #machismomata #nenunhamenos #xustizamachista

MOBILIZACIÓNS PREVISTAS PARA HOXE XOVES 26 DE ABRIL:
  • Vigo, 20.30h no Marco
  • Bertamiráns, 19.30h Praza da Mahía
  • Compostela, 20h Praza 8 de marzo
  • Lugo, 20.30h ás portas do Concello
  • A Coruña, 20h no Obelisco
  • Pontevedra, 20h na Audiencia Provincial
  • As Pontes, 20.30h ás portas do Concello
  • Ourense, 20h na Castañeira
  • Noia, 20h ás portas do Concello
  • Ferrol, 20.30h nos xulgados
  • Vilagarcía, 20h ás portas do Concello.
  • Cangas, 20h ás portas do Concello.
  • Vilalba, 20.30h na Praza do Concello
  • Cee, 20h na Praza 8 de Marzo
  • Teo: 19.30h. Concello
  • Viveiro: 20h. Praza Maior
  • Burela: 20.30h. Praza do Concello
  • A Estrada: 20.30 h. diante do Concello
  • Monforte:  20h. Praza de España
  • Sarria: 20h. Concello
  • O Barco:  20.15 h. Concello
  • Redondela: 20.30h. diante do xulgado
  • Ribadeo: 21h Praza 8 de Marzo
  • Ponteareas: 20h. diante dos xulgados
_________

Documentación:

Texto integro da Sentenza 00038/2018 da sección Segunda da Audiencia Provincial de Navarra. | Procedemento sumario ordinario 0001670/2016 - 00 Xdo. Instrución Nº 4 de Pamplona/Iruña | Proc.: PROCEDEMENTO SUMARIO ORDINARIO Nº: 0000426/2016 | 371 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
______________
______________________

sábado, decembro 23, 2017

Acçom e Racçom, ... Por Lupe Ces - As que exploramos a teoria de que a violência machista, tal e como se vem expressando nas últimas décadas, é umha reacçom ante o exercício dos direitos fundamentais das mulheres, historicamente negados...


Por Lupe Ces [*]
23.12.2017


Quando o feminismo consegue um oco dentro do ruído mediático para falar de violência machista, aproveita para acender o foco sobre o que falta por conseguir, fronte ao que tem conquistado (maior consciência social, leis, instituiçons especializadas, cursos de formaçom, investigaçons, estudos, ensaios, expressons artísticas e culturais que abordam o tema…) , porque seguem amoreando-se diante nossa, os cadáveres das mulheres e crianças assassinadas, as violaçons, as agressons, o abuso e acosso sexual, as atitudes e instituçons machistas, a linguagem excluinte, o relato que nos ignora… É como se o Patriarcado conseguisse levantar muros estanco, onde por umha parte temos o reconhecimento das conquistas feministas, e por outra a realidade patriarcal atuando nas instituiçons, nas ruas, nas casas, nos leitos…

As que exploramos a teoria de que a violência machista, tal e como se vem expressando nas últimas décadas, é umha reacçom ante o exercício dos direitos fundamentais das mulheres, historicamente negados, mormente o direito à liberdade para decidir, vemos ante nós ainda, um longo caminho onde as caídas neste combate a prol da liberdade vam seguir escrevendo páginas de heroísmo, resistência e afouteza. Paradigmático é o caso da India, ou a viragem estratégica dos assassinos e maltratadores machistas utilizando como objeto de tortura e chantagem as próprias crianças.

Cumpre pois dotar-se dos médios mais ajeitados para avançar neste combate desigual. Cumpre conseguir os maiores apoios e alianças. A solidariedade masculina, demonstrada como muito eficaz como elemento de conscienciaçom entre os homens, e também como desativante de atitudes machistas, tem que dar muito mais de si. Cumpre publicitar o conflito e visibiliza-lo em todos os contextos. Cumpre sinalar as estratégias e armas dos agressores, por suposto como formaçom preventiva (se controla o teu móbil, e o teu jeito de vestir…), mas também para inclui-las como defesa e prova ante os processos judicias (fechava com chave a sala de juntas do sindicato para falarmos…)

A aplicaçom da lei em casos mediáticos como o da Manada, confirma que a defensa dos direitos das mulheres, a conquista da Igualdade, é também objetivo da Reacçom. Estamos ante um momento involucionista, e umha deriva autoritária das instituiçons do estado. Umha reacçom que pretende desarmar a defensa da sociedade civil. Fronte a essa reacçom, as mobilizaçons e posicionamentos públicos som imprescindíveis. Um estado que segue a ter na Monarquia, na Igreja Católica e no Exercito, uns dos seus pilares fundamentais, quer dizer, três instituiçons patriarcais que nom se vam deixar questionar sem resistência, e que vam atrincheirar-se no poder judicial e legislativo para evitar qualquer mudança.

Mas fronte a isto temos a resistência de muitas mulheres, que cada dia ponhem seus corpos para que a liberdade de todas avance; a resistência de cada vez mais homens que se atrevem a falar, a cambiar e a afrontar com valentia o machismo e desterra-lo das suas vidas. Temos às novas geraçons incorporando-se decididamente às ideias e ao movimento feminista. Marchamos!


[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, feminista e activista social. Forma parte do Colectivo Ártabra 21. Blogue persoal: Caranza free opiniom.

Facebook e Twitter.
_________

sábado, novembro 25, 2017

Este sábado 25 de novembro en Fene, ás 6 da tarde contra a violencia machista, acto convocado pola Marcha Mundial das Mulleres: O machismo oprime e mata dende a infancia - Organizémonos para combatelo


DIA INTERNACIONAL CONTRA A VILOLENCIA MACHISTA


ACTO CONMEMORATIVO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA

Sábado 25 de novembro:
"Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres"

A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha acto en Ferrolterra como no resto da Galiza e do Mundo, no Día Internacional contra a violencia machista.

O acto de Ferrolterra, terá lugar desde as 6 da tarde na barriada de San Valetín (Fene), entre a ribeira e a Avenida do Mar, xunto ao Pavillón Polideportivo Municipal e o centro escolar A Xunqueira.

Este ano volve a ser Fene o concello anfitrión dos actos organizados pola Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra baixo o lema “O machismo OPRIME e MATA dende a infancia”.

O acto consistirá nunha performance baseada no lema escollido para esta ocasión. Preténdese con ela, facer unha reflexión sobre o aumento de casos de violencia contra os e as menores, utilizados e asasinados coa única finalidade de facer o máximo dano á muller, á nai. É necesaria a implicación de todo o mundo para illar aos agresores e a o propio machismo existente na sociedade, e loitar contra a violencia de xénero.

Farase tamén unha lembranza ás mulleres asasinadas no que vai de ano no Estado Español.

Para elo pediremos a implicación das persoas asistentes, como por outra parte ven sendo habitual nos actos da Marcha, na propia performance.

Rematarase o acto coa lectura do manifesto aprobado pola MMM a nivel nacional.​

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
En Facebook e Twitter.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
24 de novembro de 2017 13:39

___________________

domingo, novembro 19, 2017

En Ferrolterra como noutros lugares da Galiza e do Mundo, este 25 de Novembro hai mobilización, cun acto en Fene, polo Día Internacional contra a violencia machista - O machismo oprime e mata dende a infancia. Organicémonos para combatelo!


25 Novembro O machismo oprime e mata dende a infancia Organicémonos para combatelo!

O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Neste día, como no resto do ano, queremos visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres e reclamamos medidas efectivas e concretas para combatela. Esta violencia asumímola desde que nacemos e aféctanos a todos os aspectos das nosas vidas: violencia estética, acoso sexual, agresións sexuais, discriminación laboral, etc., ata chegar á máis evidente que é o asasinato.

Esta violencia sistémica, o patriarcado, é aínda máis cruel coas mulleres que están relegadas ás marxes pola súa condición de raza, clase, orientación sexual, inmigración...

Mais cando falamos de violencia machista non sempre entramos a debater sobre as fillas e fillos asasinados como forma de vinganza contra as súas nais. Os asasinos son sempre os seus pais biolóxicos, ou ben parellas ou exparellas das súas nais. Soen facelo durante o réxime de visitas. Usados como un mero obxecto para danar de xeito irreparábel ás súas nais, para provocarlles o maior dano posíbel. É un dos xeitos máis crueis da violencia machista porque o obxectivo é que non se recupere e non o esqueza xamais.

De feito, as administracións tan só recoñecen dous feminicidios durante este ano 2017 en Galiza: o de Virginia, de 55 anos, no Carballiño, e o de María José Mateo (Sesé), de 52 anos en Redondela. Mais aínda que non computan para as cifras oficiais, foron catro e non dúas as vítimas do machismo. Xa que no mes de maio un meniño de 11 anos foi asasinado polo seu pai en Oza Cesuras. E durante o secuestro da súa filla de tan só 21 meses, asasinaban na Coruña a M.M.A, de 73 anos, quen foi atopada molida a paus a mans do seu ex-xenro.

Nos últimos dous anos foron 18 os asasinatos machistas na Galiza. Destes, non podemos esquecernos dos asasinatos das irmás Amaia e Candela Oubel, con tan só 9 e 4 anos, asasinadas polo seu pai cunha radial durante o período de visitas estival. Por iso pretendemos visualizar na nosa campaña non só na violencia contra as mulleres no marco das relacións de parella, senón poñer o foco tamén no tipo de violencia que exercen os machistas no sistema patriarcal, agredindo todo aquelo ao que ás mulleres teñen estima: obxectos, animais de compañía, mais tamén inclúen ameazas e violencia contra amizades, novas parellas das vítimas, familiares e dentro destes, incluso as fillas e fillos. De feito, os maltratadores transforman ás crianzas en obxectos para continuar co maltrato e a violencia contra a muller, conscientes de que a través dos fillos e fillas manterán o contacto e poderán continuar coa extorsión, o acoso. Este tipo de violencia recibe un nome: violencia vicaria, que é a que se exerce contra as crianzas para ferir á muller.

Non é casual que moitos dos varóns que amosaron comportamentos violentos na relación de parella, que durante a convivencia non se preocuparon polos seus fillos e fillas, no momento da separación soliciten un réxime de custodia compartida, un réxime amplo de visitas, ou mesmo a custodia das crianzas, só co afán de seguir en contacto coa exmuller e poder continuar co maltrato. Por iso rexeitamos calquera modificación legal dirixida a impoñer este modelo de custodia cando non exista acordo entre os membros da parella.

No estado español a realidade é igual de crúa. Foron case un cento as mulleres asasinadas durante o ano 2017. Máis de dez menores. Se acudimos as estatísticas sobre violencia as cifras son demoledoras: preto de 3 mulleres ao día son violadas (as estatísticas soamente contan os casos nos que hai penetración), ducias violentadas en cada recuncho do planeta, tamén aquí ao pé das nosas casas, dos nosos lugares de ocio ou traballo. Como é posible que a loita contra a violencia machista non sexa unha prioridade? Para chegar a estas cifras tan arrepiantes sen que exista unha conmoción, é necesaria unha violencia tolerada pola noso sistema de valores. En consecuencia, reclamamos que se combata como un problema social e político. Os problemas das mulleres son problemas da sociedade e como tales, sen complexos patriarcais, deben ser tratados.

É urxente loitar contra a impunidade do acosador, do maltratador xa que esta impunidade da abeiro a múltiples abusos. Si, precisamos de leis máis coercitivas que disuadan o home maltratador de concretar con violencia o seu desprezo polas mulleres, pero é necesario insistir en que non se trata dunha violencia con motivacións psicolóxicas ou individuais senón que debemos mudar o tecido social. Non cremos na individualización da defensa contra a violencia machista. Non podemos permitir que cada unha dependa da súa sorte ou da súa fortaleza.

Esta violencia patriarcal e a cultura da violación teñen intereses económicos pois o capitalismo, na súa lóxica de acumulación de riqueza precisa que as mulleres percibamos como unha violencia menor que nos reclúan nos nosos fogares, baixo o pretexto do amor romántico, responsabilizándonos da reprodución, obrigándonos a realizar gratuitamente traballos indispensables para a sostibilidade da vida. Non soamente estas responsabilidades non son asumidas pola sociedade senón que as políticas neoliberais desmantelan os servizos públicos: garderías, centros de atención á vellez, sanidade, etc. O capital financeiro, as medidas de austeridade e a privatización provocan a pobreza e as violencias cara as mulleres.

Rebelámonos contra a intimidación colectiva que xorde das agresións físicas ou sexuais. As vítimas sofren o último mecanismo de imposición do poder masculino, son mulleres que resisten, valentes que se atreveron a cuestionalo, que deciden non ser a posesión da súa parella, que deciden non terlle medo á noite, que toman as rúas. Mentres unha soa de nós sinta medo non viviremos nunha sociedade xusta e igualitaria. Unidas en resistencias loitamos e loitaremos contra o capitalismo, o heteropatriarcado, o racismo e o colonialismo, construíndo alternativas para un mundo que poña no centro a vida, sen converter as persoas en mercadoría.

Esiximos orzamentos que se tomen en serio a violencia afrontándoa desde todos os ámbitos sociais. Rexeitamos pactos de estado que manteñen a violencia no ámbito doméstico e de parella negando a existencia dunha estrutura de opresión das mulleres. Non queremos políticas de foto e apertóns de mans, queremos solucións e recursos contra a violencia que sufrimos.

Para acadar a igualdade efectiva reclamamos:
- Unha educación non sexista nun modelo de escola que non sexa androcéntrico no reparto de espazo, nos contidos, na organización do traballo...,

- Educarmos en relacións en pé de igualdade baseadas no respecto e a liberdade para sermos e estarmos con quen nos pete.

- Campañas de concienciación social dirixidas aos nenos, adolescentes e homes para que non asuman a violencia como pauta de comportamento masculino.

- Unha xustiza ao servizo da igualdade: aumentar e dotar de recursos materiais e humanos máis Xulgados especializados en violencia de xénero.

- Protección real ás mulleres que sofren violencias: aumentar o número de vivendas de acollida para mulleres e crianzas vítimas de malos tratos, garantir a liberdade económica das mulleres que sofren violencia, garantir a asistencia letrada da vítima por parte da mesma profesional en todos os procesos xudiciais que teña que emprender tras denunciar ser vítima de violencia -separación legal, custodia das crianzas, pensións alimenticias, disolucións de gananciais, ..., acurtar os prazos de resposta na tramitación de ordes de afastamento, e realizar unha correcta avaliación do nível de risco, conquerindo que as vítimas sexan acompañadas desde o inicio por profesionais dos servizos sociais que orienten ás mulleres durante todo o proceso.

- Unha sanidade que coide das persoas: formación en perspectiva de xénero de todo o persoal sanitario que trate a mulleres e crianzas.

Mais para lograr vivir sen violencia é preciso dun cambio de actitudes, dun cambio de políticas e dun cambio do modelo social vixente na nosa sociedade. Desde a Marcha Mundial das Mulleres seguiremos loitando para acadalo. Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres.

Mobilizacións:

OURENSE - ás 19h diante do C.C. Ponte Vella
VIGO - às 20h dende a Farola de Urzàiz
A CORUÑA - ás 19h no Obelisco
COMPOSTELA - ás 20h dende a Praza 8 de Marzo
FERROLTERRA - ás 18h polideportivo San Valentín (Fene)
ARZÚA - ás 19.30h entrada principal do Multiusos

#QuerémonosVivas
#FeminismoparaVivir

'As mulleres decidimos'


Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza

Teléfonos de contacto:
Coord. A Coruña 639 78 76 26
Coord. Compostela:  647735737
Coord. Vigo: 630486886
Coord. Ourense: 652140217
Coord. Ferrolterra: 636 87 86 06

Comunicación:
http://www.feminismo.info
@MMMGaliza
www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Denuncian desde a Marcha Mundial das Mulleres da Galiza a campaña deseñada pola Xunta de Galicia para este 2017 con motivo do 25N, Día internacional Contra a Violencia Machista'


A Marcha Mundial das Mulleres da Galiza denuncia a campaña deseñada pola Xunta de Galicia, para este 2017 con motivo do 25N, Día internacional Contra a Violencia Machista.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres da Galiza denunciamos a campaña do 25N contra a violencia de xénero deseñada pola Xunta de Galicia para este 2017. Esta é unha campaña que reflicte claramente o paternalismo e heteropatriarcado que sustenta a desigualdade de xénero no noso país.

O máis grande de Galicia non se maltrata”: non somos o máis grande de Galicia, non pretendemos selo, non nos gusta esa connotación de paternalismo absurdo que nos sitúa nun pedestal de adoración irreal. Esa adulación esaxerada pretende infantilizar, non fala dende unha voz igualitaria que denuncia a inxustiza e asasinato que padecen persoas ao mesmo nivel, que teñen dereitos propios e por iso non poden ser maltratadas.

Se o lema nos parece inaxeitado, a imaxe reforza amplamente a cousificación da muller e cae no esperpento: igual que non se danan os monumentos nacionais, non se pode maltratar a unha muller porque, xunto coa catedral de Santiago de Compostela somos “o máis grande de Galicia”. Lema e imaxe mostran ese paternalismo rancio que nos lembra que teñen que tratarnos con delicadeza cabaleirosa e sitúannos nun segundo plano como obxectos aos que protexer mais non recoñecer personalidade propia e dereitos.

Resúltanos grotesco que dende unha administración pública con persoal contratado para, supostamente, combater o machismo e fomentar a igualdade, cunha muller, Susana López Abella como Secretaria Xeral da Igualdade, se elaboren materiais tan reaccionarios e sexistas. Isto lémbranos a todas as feministas canto traballo nos queda por facer nesta sociedade, cando dende os ámbitos nos que debería presuporse maior sensibilidade, coma toda maquillaxe, aparece o patriarcado sen barreiras.
--
'As mulleres decidimos'

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza

Teléfonos de contacto:
Coord. A Coruña 639 78 76 26
Coord. Compostela:  647735737
Coord. Vigo: 630486886
Coord. Ourense: 652140217
Coord. Ferrolterra: 636 87 86 06

Comunicación:
http://www.feminismo.info
@MMMGaliza
www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Información baseada na enviada pola:
Marcha Mundial das Mulleres - Galiza
-marchagaliza@gmail.com
14 de novembro de 2017 22:19


_____________

sábado, novembro 18, 2017

Hoxe sábado 18 de novembro dentro dos Actos contra a Violencia Machista organizados por Ti e Máis Eu Teatro e a Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza: actuación das Cantareiras Xirafeiras e Airiños de Fene e o venres 24 'Construíndo un mundo de Respecto', relatorio da psicóloga Sandra Izaguirre


Hoxe sábado 18 de novembro dentro dos Actos contra a Violencia Machista organizados por Ti e Máis Eu Teatro e a Asociación de Mulleres de Caranza: actuación das Cantareiras Xirafeiras e Airiños de Fene e o venres 24 "Construíndo un mundo de Respecto", relatorio da psicóloga Sandra Izaguirre.

Onte venres foron os Amigos do Acordeón de Sigüeiro, os que actuaron no Centro Cívico de Caranza. Todos os actos son ás 8 da tarde e a entrada é de balde até completar aforo.

No Centro Cívico de Caranza pode-se visitar unha Exposición relacionada con esta campaña contra a Violencia Machista centrada ao redor do 25N como efeméride declarada como "Día Internacional pola Eliminación da violencia contra a Muller".  Día, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.

Enlace ao sitio oficial do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. | Ir á Web.


https://youtu.be/U4YxbGc8-4U

Ti máis Eu Teatro, asociación que coordina, en Ferrol, desde 2012, os Domingos a Escena, unha programación do teatro aficionado. Organiza o Festival Internacional de Teatro Amador e Artes Escénicas 'EstéNarúa' que vai pola súa quinta edición. E outras actividades de interese cultural e artístico. Mais tamén é unha asociación que tamén fai activismo social. | tiemaiseuteatro@gmail.com | A asociación nas redes: Facebook.

A Asociación de Mulleres do Barrio de Caranza, é unha asociación dedicada ao activismo en prol dos dereitos das mulleres, pola igualdade, contra a violencia e a pobreza. Organiza unha Escola-Obradoiro no barrio. (Local Social: Avda. Castelao, Blq. 37 Baixo, Lateral Dereita. 15406 - Ferrol).

Nos últimos meses, as mulleres destas dúas asociacións promoveron un movemento veciñal asembleario, contra a imposición do gas natural, na vez do propano que resulta moito mais barato a miles de familias (Só en Ferrol sobre 3.500), moitas delas empobrecidas pola situación de declive socioeconómico da cidade. A directiva da asociación veciñal de Caranza, actuando como axente comercial de Gas Natural Fenosa e da súa filial Gas Galicia SDG, pretendía vender como irremediábel o paso dun combustíbel a outro. A audacia e inconformismo das mulleres destas asociacións, conseguiron unha verdadeira rebelión veciñal contra esta imposición.
_________

luns, novembro 06, 2017

A presidenta e o vicepresidente da Comisión FEMM do Parlamento Europeo reciben o martes á delegación galega de En Negro Contra as Violencias Machistas - A eurodeputada Lídia Senra acompañará á delegación de case medio cento de representantes de entidades locais e provinciais galegas integradas na campaña que chegan xa hoxe pola tarde a Bruxelas - A concelleira de Igualdade de Santiago, Marta Lois, presentará na reunión o pacto social municipal contras as violencias machistas e tamén está prevista unha acción de visibilización na rúa - Previsión: Martes 7 de Novembro 2017 en Bruxelas da Presentación internacional da campaña galega

A campaña galega En negro contra as violencias machistas chegou xa á sede do Parlamento
Europeo en Bruxelas. Benvidas!!  Tarde do luns 6 de novembro de 2017

A presidenta e o vicepresidente da Comisión FEMM do Parlamento Europeo reciben o martes á delegación galega de En Negro Contra as Violencias Machistas. | A eurodeputada Lídia Senra acompañará á delegación de case medio cento de representantes de entidades locais e provinciais galegas integradas na campaña que chegan xa hoxe pola tarde a Bruxelas. | A concelleira de Igualdade de Santiago, Marta Lois, presentará na reunión o pacto social municipal contras as violencias machistas e tamén está prevista unha acción de visibilización na rúa.


A presidenta e o vicepresidente da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero (FEMM) do Parlamento Europeo, a lituana socialista Vilija Blinkeviciute e o portugués membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Joao Pimenta Lopes, respectivamente, así como outros eurodeputados e eurodeputadas de FEMM de diferentes países recibirán este martes no edificio da Eurocámara en Bruxelas á delegación de case medio cento de representantes municipais e provinciais galegas que chegan este luns pola tarde á capital belga para presentar a campaña En Negro contra as violencias machistas. O grupo galego, encabezado pola concelleira de Igualdade de Santiago de Compostela, Marta Lois, estará acompañado en todo momento e será presentado aos representantes internacionais pola eurodeputada galega tamén membro do GUE/NGL Lídia Senra.

A reunión terá lugar ás 10:00 horas da mañá do martes, na sala E1E do Parlamento Europeo, e nela Marta Lois, arroupada polo resto de integrantes da delegación, presentaralle aos representantes da Comisión FEMM o Pacto social municipal galego contras as violencias machistas. Posteriormente, ás 11:30 horas, terá lugar unha acción de visibilización da campaña galega na explanada de diante do Parlamento Europeo. O obxectivo: Que Galiza simbolice na institución comunitaria a repulsa e a loita colectiva contras as violencias machistas, na antesala do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A campaña En Negro contra as Violencias Machistas, posta en marcha hai tres anos polo Concello de Santiago por primeira vez, conta neste 2017 con 72 concellos de toda Galiza adheridos a ela e case 3.000 establecementos de todo tipo.

A eurodeputada Lídia Senra amosa o seu apoio a esta iniciativa, no marco da reivindicación que realiza constantemente para que a loita contra a violencia machista e pola igualdade de xénero sexa unha prioridade nas políticas do Parlamento Europeo. “Non é suficiente con amosar de palabra que se está en contra do machismo, hai que demostralo con feitos, poñer en marcha iniciativas que promovan a igualdade real e a fin da violencia. O Parlamento Europeo debería ser máis firme nestas cuestións. En varias ocasións temos asistido no pleno a comentarios machistas por parte de membros do Parlamento Europeo, un Parlamento que, por certo, non é paritario nin de lonxe (só o 37% dos escanos están ocupados por mulleres)”, defende Senra. “É necesario impulsar medidas que acaben co nesgo machista na aplicación das leis, e que blinden a tolerancia cero coa violencia machista, os cargos públicos que exerzan violencia machista deben ser cesados fulminantemente. Os casos de acoso que están saíndo á luz, tanto no Parlamento Europeo como noutras institucións son intolerables. Precísanse actuacións contundentes para acabar con estas situacións de violencia machista para sempre. Se non somos contundentes nas institucións, que leccións estamos dando á sociedade?”, declara a europarlamentaria.

A delegación de medio cento de persoas galegas que viaxa a Bruxelas esta semana está integrada por deputadas provinciais da Deputación de Lugo e de Pontevedra, concelleiras e concelleiros, responsables municipais de Centros de Información ás Mulleres e técnicas locais de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Muros, Salceda de Caselas, Rianxo, Ribadeo, Fisterra, Val do Dubra, Lugo, Ames, Cerdido, Ortigueira, As Pontes, Cambre e Becerreá.

Segundo os datos da última Macroenquista de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, un 13% das mulleres residentes no Estado español de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella; un 26% violencia psicolóxica de control como celos, control de horarios e actividades; e un 20% violencia psicolóxica emocional como insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc. Desde 2003 até maio do 2017, a Delegación do Goberno rexistrou 53 asasinatos machista na Galiza e 780 no Estado español.

En Negro contra as Violencias Machistas naceu no 2015 da man do Concello de Santiago, que puxo en marcha a campaña Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementoscomerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista. Partindo desta práctica inicial, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social da campaña, no 2016, xa 16 concellos máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña En negro, contra as violencias. Neste 2017, xa son máis de 70 os concellos adheridos que intentan así situar na axenda política esta loita e como gran novidade está tamén o salto que darán esta semana ao Parlamento Europeo.

A iniciativa enmárcase dentro das actividades que terán lugar ao longo de novembro para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro, así instaurado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

Bruxelas, 6 de novembro de 2017.
---

Previsión: Martes 7 de Novembro 2017 en Bruxelas, no Parlamento Europeo: Presentación internacional da campaña galega "En Negro contra as Violencias Machistas".

Unha delegación integrada por case medio cento de representantes municipais e provinciais galegos, encabezada pola concelleira de Igualdade de Santiago de Compostela Marta Lois e acompañada pola eurodeputada galega Lídia Senra, presentarán este martes no Parlamento Europeo a campaña En Negro contra as Violencias Machistas, na que participan 72 concellos de toda Galiza e case 3.000 establecementos de todo tipo. | Acceder/Baixar Programa.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). Facebook e Twitter.

lidia.senra@europarl.europa.eu      
http://ageuropa.gal/

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
6 de novembro de 2017 11:59
6 de novembro de 2017 17:34

_________________

domingo, novembro 05, 2017

A campaña galega En Negro Contra as Violencias Machistas preséntase no Parlamento Europeo - Unha delegación de case medio cento de representantes de entidades locais e provinciais integradas na campaña chegará este luns a Bruxelas - A eurodeputada Lídia Senra acompañará ao grupo, que o martes presentará a súa iniciativa ante membros da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero


A campaña galega En Negro Contra as Violencias Machistas preséntase no Parlamento Europeo. | Unha delegación de case medio cento de representantes de entidades locais e provinciais integradas na campaña chegará este luns a Bruxelas. | A eurodeputada Lídia Senra acompañará ao grupo, que o martes presentará a súa iniciativa ante membros da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero.

A campaña galega En Negro Contra as Violencias Machistas, posta en marcha hai tres anos polo Concello de Santiago, e á que actualmente hai adheridos 72 concellos de toda Galiza e case 3.000 establecementos de todo tipo, presentarase esta semana que entra no Parlamento Europeo. Unha delegación formada por case medio cento de representantes de entidades locais e provinciais integradas na campaña desprazarase mañá luns até Bruxelas, onde permanecerán até o mércores, convidadas e convidados pola eurodeputada galega membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, Lídia Senra; e polo eurodeputado galego membro do Grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas José Blanco.

Lídia Senra amosa o seu apoio a esta iniciativa, no marco da reivindicación que a eurodeputada realiza constantemente para que a loita contra a violencia machista e pola igualdade de xénero sexa unha prioridade nas políticas do Parlamento Europeo. “Non é suficiente con amosar de palabra que se está en contra do machismo, hai que demostralo con feitos, poñer en marcha iniciativas que promovan a igualdade real e a fin da violencia. O Parlamento Europeo debería ser máis firme nestas cuestións. En varias ocasións temos asistido no pleno a comentarios machistas por parte de membros do Parlamento Europeo, un Parlamento que, por certo, non é paritario nin de lonxe (só o 37% dos escanos están ocupados por mulleres)”, defende Senra. “É necesario impulsar medidas que acaben co nesgo machista na aplicación das leis, e que blinden a tolerancia cero coa violencia machista, os cargos públicos que exerzan violencia machista deben ser cesados fulminantemente. Os casos de acoso que están saíndo á luz, tanto no Parlamento Europeo como noutras institucións son intolerables. Precísanse actuacións contundentes para acabar con estas situacións de violencia machista para sempre. Se non somos contundentes nas institucións, que leccións estamos dando á sociedade?”, declara a europarlamentaria.

A delegación que viaxa a Bruxelas esta semana que entra, estará encabezada pola concelleira de Igualdade de Santiago de Compostela, Marta Lois, quen en 2015 puxo en marcha esta iniciativa de sensibilización na capital galega e á que desde aquela non deixan de sumarse concellos e establecementos doutros lugares. Marta Lois será a encargada de presentar o martes pola mañá, ás 10:00 horas, na sede do Parlamento Europeo, o Pacto social municipal galega contra as violencias machistas. Á presentación acudirán eurodeputados e eurodeputadas de diferentes países que son membros da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero do Parlamento Europeo. Ao rematar a reunión, contra as 11:30 horas, está prevista unha acción de visibilización pública da campaña 'En Negro contras as Violencias Machistas' no exterior do Parlamento Europeo, na explanada que hai diante da entrada principal. O obxectivo é que Galiza simbolice na institución comunitaria a repulsa e a loita colectiva contras as violencias machistas.

Entre o medio cento de persoas que viaxan a Bruxelas para participar nesta posta en escena, hai deputadas provinciais da Deputación de Lugo e de Pontevedra, concelleiras e concelleiros, responsables municipais de Centros de Información ás Mulleres e técnicas locais de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Muros, Salceda de Caselas, Rianxo, Ribadeo, Fisterra, Val do Dubra, Lugo, Ames, Cerdido, Ortigueira, As Pontes, Cambre e Becerreá.

Segundo os datos da última Macroenquista de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, un 13% das mulleres residentes no Estado español de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella; un 26% violencia psicolóxica de control como celos, control de horarios e actividades; e un 20% violencia psicolóxica emocional como insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc. Desde 2003 até maio do 2017, a Delegación do Goberno rexistrou 53 asasinatos machista na Galiza e 780 no Estado español.

En Negro contra as Violencias Machistas naceu no 2015 da man do Concello de Santiago, que puxo en marcha a campaña Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista. Partindo desta práctica inicial, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social da campaña, no 2016, xa 16 concellos máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña En negro, contra as violencias. Neste 2017, xa son máis de 70 os concellos adheridos que intentan así situar na axenda política esta loita e como gran novidade está tamén o salto que darán esta semana ao Parlamento Europeo.

A iniciativa enmárcase dentro das actividades que terán lugar ao longo de novembro para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro, así instaurado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

Bruxelas, 5 de novembro de 2017

En negro, contras a violencias
http://ennegrocontraasviolencias.gal/

@galiciaennegro

facebook - ennegrocontraasviolencias

#GaliciaInBlack
#EuropeanParliamentInBlack

#GaliciaEnNoir
#ParlementEuropéenEnNoir


Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu      
http://ageuropa.gal/


Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
5 de novembro de 2017 11:29

______________

mércores, outubro 18, 2017

Pronunciamento da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores Agamme, ao respecto do debate no Parlamento Galego da ILP para a probación dunha lei galega de custodia compartida - A asociación considera que a aprobación da lei supoñería un paso atrás na loita contra o maltrato infantil e contra a violencia de xénero

Foto de portada do informe "Ollos que non queren ver", publicado por
Save the Children o 20 Setembro de 2017 , feita por Alba Lajarín.
Agamme, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, posiciónase en contra da ILP que propón a aprobación dunha lei galega de custodia compartida.

Agamme dirixiuse aos grupos parlamentarios para manifestar a súa inquedanza pola apertura do debate sobre a custodia compartida como opción preferente e para manifestar que unha lei destas características supón un risco para os nenos e nenas que sofren maltrato no ámbito familiar e/ou violencia de xénero e un paso atrás nos dereitos da infancia e adolescencia.

A asociación considera que a lei poñería en situación de maior vulnerabilidade aos nenos e nenas que sofren violencia no ámbito da familia por dous motivos: en primeiro lugar porque segue a existir unha gran falla de medios que permitan investigar adecuadamente os delitos cometidos contra nenos e nenas, o cal se traduce en que a inmensa maioría das denuncias non cheguen nin sequera a xuízo. Neste sentido apuntan os datos do informe recentemente publicado por Save the ChildrenOjos que no quieren ver”, sobre o abuso sexual. Segundo a ONG o 70% das denuncias quedan en fase de instrucción. Nestas condición, considerar necesaria unha condena firme para evitar a custodia compartida é evidentemente un risco para moitos nenos e nenas con situacións reais de maltrato que o sistema xudicial non chega a enxuiciar. Outro tanto sucede en situación de violencia de xénero. O perigo secundario desta realidade é que as mulleres atoparán dificultades engadidas á hora de decidirse a dar o paso da denuncia, por temor a que os fillos e fillas se atopen a soas ante o agresor.

Deste xeito, a aprobación da lei supoñería un paso atrás na loita contra o maltrato infantil e contra a violencia de xénero.

Por outra banda, Agamme lembra que un dos principios fundamentais da Lei de Protección Xurídica do Menor, do ano 96’, é a consideración do neno ou nena como suxeito de dereito, como parte activa nos asuntos que lle competen. Aplicar a custodia compartida de maneira prioritaria é tirar por terra este principio. Non existe unha fórmula maxistral aplicable a todos os casos, o Comité de Dereitos do Neno e da Nena, de Nacións Unidas, aclara que o interese superior debe ser estudado en cada caso, cada neno e cada nena ten a súa propia idiosincrasia que debe ser analizada coidadosamente para o seu benestar. Ademais o Comité considera imprescindible que o neno ou nena poida participar no procedemento a través do cal se toman decisións sobre asuntos que lle competen. É dicir, o neno ou a nena debe ter a oportunidade de ser escoitado ou escoitada.

Polo tanto, a aprobación dunha lei de custodia compartida significaría ignorar o marco internacional de dereitos dos nenos e das nenas por negarlles o dereito a que se considere o seu particular interese superior e a ser parte do procedemento a través do dereito a ser escoitados ou escoitadas.

Agamme reunirase en breve cos grupos parlamentarios para deixar constancia dos seus argumentos e do seu interese en participar no debate, como entidade a prol dos dereitos da infancia e da adolescencia

No nome da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores - Agamme

Estrela Gómez Viñas e Víctor M. López Casal

agammeferrol@gmail.com
http://agamme.org/
Tamén no Twitter e no Facebook.

Informe "Os Ollos que non queren ver - Os abusos sexuais a nenos e nenas en España e os fallos do sistema" | Save the Children - En formato pdf, 160 páxinas - en español | Acceder/Baixar.

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
18 de outubro de 2017 12:09

__________