mércores, xuño 05, 2019

Charla-Coloquio sobre as Rendas Básicas, coa participación de Manuel Saez Bayona e Bieito Lorenzo Panela, o xoves 13 de xuño, no Centro Cultural do Antigo Hospicio de Ferrol, organizada pola Plataforma de Ferrolterra en defensa das Pensións Públicas


Charla-Coloquio sobre as Rendas Básicas, coa participación de Manuel Saez Bayona, activista pola renda Básica das Iguais e membro da rede Baladre (Coordinación contra a precariedad, o empobrecimiento e a exclusión) e Bieito Lorenzo Panela,[2] activista pola renda básica universal o xoves 13 de xuño, ás 7 da tarde, no Centro Cívico e Cultural do Antigo Hospicio de Ferrol (Rúa Méndez Núñez, 11, nas inmediacións da Praza de Amboage) organizada pola Plataforma de Ferrolterra en defensa das Pensións Públicas - Modepen Ferrolterra.

Evento no Facebook.

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

---
[1] Manuel Saez Bayona, é um activista que desde hai décadas participou en múltiples mobilizacións de carácter autónomo e anticapitalista. A súa actividade en defensa da renda básica das iguais é unha das mais coñecidas. Tamén participou da Asemblea de Parados de Gasteiz, as campañas contra a Europa do capital, ... Igualmente é membro do Colectivo Baladre e se encarga, entre de outros, de sacar materiais para a reflexión crítica.

Algúns libros nos que participou:

➤Olham Etxezarreta, Ramón Fernández Durán, Manuel Sáez Bayona, Globalización capitalista. Luchas y resistencias. Ed. Vírus.
➤Enrique García Escamilla e Manuel Sáez Bayona (coord.). Vivir donde quieras. Estudo sobre a viabilidad social y económica de La Renta Básica de los Iguales en municipio de Alfafar (País Valenciano). Ed. Vírus.
➤José Iglesias Fernández, Josep Manel Busqueta, Manolo Sáez Bayona, L. P. R. (La Polla). Todo sobre La Renta Básica. Introducción a los principios, conceptos, teorías y argumentos. Ed. Vírus.
➤José Iglesias Fernández, Josep Manel Busqueta, Manolo Sáez Bayona. Todo sobre La renta Básica II. Ed. Vírus.

[2] Bieito Lorenzo Panela, Vigo, 1956. Licenciado en Biología pola USC (1978) e en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UNED (2004). Secretario-interventor de administración local. Membro do Colectivo pola Renda Básica de Betanzos (Colectivos pola Renda Básica de Galiza).

Artigos de interese de, Bieito Lorenzo, en Praza Pública:

➤ Renda Básica Universal. Para acabar coa pobreza de vez. | 05.11.2018  | Ir á Web.

➤ Renda Básica e Eleccións Europeas. | 25.09.2018 | Ir á Web.


_________________

Un diario para todas e todos nós: Nòs Diario


Nós Diario diríxese a un público de pensamento aberto, actual e implicado que non ve satisfeitas as súas ideas de avance social na prensa convencional. Procura unha audiencia activa, que non asume o seu status subordinado.

O diario, co foco nos intereses galegos e tamén no mundo, ollándoo desde nós, quere situarse na vangarda, con temáticas que carecen de espazo na axenda mediática e que afectan e preocupan ás galegas e galegos. Cultura, traballo, ecoloxía, feminismos, lingua, historia, diáspora, economía, memoria, dereitos e liberdades civís, mobilidade… son algúns dos fíos que tecerán os textos do diario. A selección, enfoque e edición de cada un dos asuntos determinará a diferenza da axenda propia coa do resto dos medios.

A mirada construtiva cara ao desenvolvemento e a transformación económica e social ficará estruturada en catro grandes módulos de información (Galiza, Economía e traballo; Internacional e Cultura e axenda) co fin de evitarmos as fórmulas fechadas coas que presentan a información os medios tradicionais, e contaremos con tres seccións de ruptura (Opinión, En foco e Última, que cada día recollerá o editorial).

O xornalismo do futuro pasa por ser multisoporte, de aí que reforcemos a aposta no diario dixital, que se actualizará os 365 días do ano e que potenciará as pezas audiovisuais, unha tendencia consolidada na rede. A reflexión e a información en profundidade virá da man de Sermos Galiza. O actual semanario vira en suplemento de fin de semana. Con acento galego, diario en papel, diario dixital e suplemento contribuirán a crear cidadanía crítica, con capacidade de pensamento e reflexión.

Publicado en 'Nòs Diario'. 03.05.2019 | Ir á Web.

https://www.nosdiario.gal/

Facebbok. | Twitter. | Youtube.

Para contactar e subscribir-se:
subscricion@nosdiario.gal

____________

O Porto de Ferrol instala un formigón permeábel, anticontaminación, que evita o vertido libre ao mar de augas de escorrenta - Esta é a primeira aplicación do proxecto Life Drain Rain - Seminario Técnico: 'Substentabilidade e medio ambiente no tratamento de augas', o mércores 5 de xuño


O PORTO DE FERROL INSTALA UN INNOVADOR PAVIMENTO ANTICONTAMINACIÓN


Unha zona do peirao Fernández Ladreda conta xa cun formigón permeábel que evita o vertido libre ao mar de augas de escorrenta. Esta é a primeira aplicación do proxecto Life Drain Rain, que tamén inclúe un sistema de purificación e almacenamento.

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao instalou no peirao Fernández Ladreda un moderno sistema de drenaje de augas. Este proxecto forma parte da iniciativa Life Drain Rain, a cal persegue a purificación de augas de escorrenta de zonas pavimentadas a través de métodos innovadores e economicamente viábeis.

A execución deste primeiro piloto do proxecto empezou en febreiro e levouse a cabo nun área de 1.200 metros cadrados no porto interior de Ferrol. O principal obxectivo desta obra é evitar o vertido libre ao mar de augas contaminadas. Para iso, pavimentou-se a parte interna do peirao Fernández Ladreda cun formigón poroso que funcionará como primeiro elemento de drenaxe. Tamén se construíu un sistema para o tratamento do auga e un tanque de almacenamento para poder amoreala por si fose necesario o seu uso.

Estas obras executáronse baixo o paraugas dun consorcio do que forma parte a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao xunto con Proyfe, Copasa, o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) e CYE Control e Estudos. O proxecto está cofinanciado pola Unión Europea, dentro do Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima (LIFE).

Seminario Técnico: "Substentabilidade e medio ambiente no tratamento de augas"
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, mañá (mércores 5 de xuño) a sala de exposicións da Autoridade Portuaria acollerá un seminario técnico que, no marco do proxecto Life Drain Rain, transcorrerá baixo o título de "Substentabilidade e medio ambiente no tratamento de augas". A xornada concluirá cunha visita á zona do Fernández Ladreda dotada do referido pavimento anticontaminación.

Ferrol, 4 de xuño de 2019

https://www.apfsc.com/

Enviado por:
Autoridade Portuaria
apfsc@apfsc.es
4 de junho de 2019 14:57

_______________

Inauguración da exposición 'I Mostra de alumnos Laudas Calamity', na Casa da Cultura (Museo do Humor) de Fene, o venres, 7 de xuño - Actuación do grupo Grey City Funk


Inauguración da exposición I Mostra de alumnos Laudas Calamity

Libros de Artista “Animalario”, do alumnado do laboratorio de creación artística Laudas Calamity de Fene. O acto terá lugar este venres, 7 de xuño, ás 19.30 hs, na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene e contará coa actuación do grupo Grey City Funk.

Exposición:
Do 7 de xuño ao 30 de xullo.


--
Museo do Humor de Fene
Rúa Conces, 20-22
15.500. Fene (A Coruña)
Tfno. 981-342400 // 607-625357

Enviado por:
Museo do Humor de Fene
-museodohumor@gmail.com-
4 de junho de 2019 14:08

_______________

Presentación, do libro 'No me llames Olvido', de Ruth Utande, no Ateneo Ferrolán, o xoves 13 de xuño ás 7 da tarde - Participarán, ademáis da autora, Rosa Cal e o vicepresidente do Ateneo Luis Calvo



Presentación do libro “NO ME LLAMES OLVIDO“ de Ruth UTANDE

O libro presentarase no Ateneo Ferrolán o xoves 13 de xuño ás 19 hs.

Participarán ademáis da autora Rosa Cal e o vicepresidente do Ateneo Luis Calvo.

No me llames Olvido” é o primeiro libro de relatos curtos da coruñesa Ruth Utande. Está composto de dezaseis historias de persoas con vidas difíciles, que nadan sempre ao contraxeito para superar as situacións que lles toca afrontar. Son mulleres e homes que caen e levántanse e que, a pesar dos avatares da vida, aínda confían en que hai lugar para a esperanza. Os relatos están baseados en experiencias reais e todas eles ocorren en tempos e situacións diferentes pero cun denominador común que a escritora recolle no título: os protagonistas son capaces de perdoar e vivir sen rancor, pero non de esquecer.

Ruth Utande naceu na Coruña, e despois de vivir tres décadas en Madrid, a illa de Tenerife adoptouna de forma permanente fai tres anos. Xornalista de formación e escritora por vocación, traballou en prensa escrita e en comunicación empresarial durante moitos anos, actividade esta última que continua realizando na actualidade. Tamén colaborou no sector das organizacións non gobernamentais coa ONG Infancia sen Fronteiras, onde se ocupou de diversos proxectos en Níxer e en Nicaragua.

Durante todo este tempo nunca deixou de escribir. Biografías por encargo, contos para nenos e outros relatos para diversos eventos. Gústalle dicir que os ventos alisios da illa canaria déronlle a forza suficiente para dar vida a “No me llames Olvido” e voz aos seus protagonistas. Eles, máis que ninguén, merécenllo.

Evento no Facebook .

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
4 de junho de 2019 13:1
1

_________

martes, xuño 04, 2019

O Recibo de Emafesa: O caso da depuración, as liquidacións e os requerimentos de pago de atrasos


Desde o pasado 29 de marzo, despois  dunha rolda de prensa onde se fixo un pequeno balance da actividade, a Plataforma mantívose só en actitude de observación, até que pasaron as eleccións xerais do 28 de abril e as municipais do 26 de maio. Nestes últimos anos, en referencia aos servizos públicos, e en concreto a inxusta situación do servizo de saneamento e depuración, coas correspondentes taxas, mantivemos, dentro das nosas posibilidades, informada á veciñanza, e por varias veces requirimos a súa mobilización. O tema é que aínda está todo por resolver e ao novo goberno municipal que veña, queda-lle unha situación que hai que tratar con dedicación, reflexión, transparencia e participación.

O recibo de Emafesa é un recibo complicado que conten catro facturas nun só recibo.[1] Son varios os servizos que pagamos. Tamén o Canon da Auga, que é unha Taxa que todo fogar ou local de entidade xurídica ou persoa, paga a Augas de Galicia (Xunta de Galicia), segundo está estabelecido por Lei.[2]

A principios de 2015 cando iniciamos a campaña de non pagar o recibo da depuración, correspondente aos meses de Setembro, Outubro, Novembro e Decembro de 2014 (Período no que non se depuraba), cando era Alcalde José Manuel Rey Varela, o recibo polo servizo de depuración era único, tiña unha periodicidade semestral, e mesmo tiña unha cor sepia. Durante o mandato de Jorge Suárez, volveron a pasar un recibo das mesmas características, para un período só de 45 días entre novembro e decembro de 2017, logo do Pleno onde foi levantada a suspensión da Taxa de Depuración. O recibo seguía sendo o mesmo, con carácter semestral. Mais con posterioridade a depuración foi incluída na mesma factura de Emafesa xunto ao abastecemento e o saneamento (recibo verde/azul claro).

Como antes mencionamos, o goberno de José Manuel Rey Varela pasou ao cobro o período de setembro a decembro de 2014 (catro meses), do recibo de depuración. Este recibo foi recorrido, por máis de 2.500 persoas (Entre xaneiro e febreiro de 2015). Segundo fontes municipais, moita xente deixara de pagar. E o goberno de Jorge Suárez asinou, nos últimos meses de mandato, a liquidación desde xaneiro de 2015 a marzo de 2017, para que Emafesa o puidera cobrar, pasadas as eleccións locais, entre o 1 de xuño de 2019 e o 31 de agosto deste mesmo ano, (Unha media duns 200 euros por vivenda). Ambos os dous períodos, correspóndense co tempo no que non se depuraba.

Jorge Suárez alegaba que se non asinaba a liquidación destes recibos, a empresa entraba en concurso de acredores. Hai que ter en conta que a parte privada de Emafesa (Socamex), que agora pertence a un fondo de inversións de capital chinés (Firion Investments), demandou ao Concello por non asinar, no seu momento, a liquidación deste período. Socamex, gañou en primeira instancia e o Concello recorreu ao TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), aínda sen sentenza firme. Esta nova sentenza aínda por ditar, podería-se recorrer, por ambas partes, ao Tribunal Supremo. Polo que imos pagar unha taxa que aínda está nos tribunais e, probabelmente, por algún tempo. Son sobre uns 5,5 millóns de euros, co 10% de IVA supera os 6 millóns. Unha cantidade desorbitada para un período onde non se depuraba e que Emafesa ten as mans libres para cobrar-nos á veciñanza.

Desde o 3 de abril de 2017 o sistema de depuración entrou en marcha, mais non se levantou a suspensión da taxa, (Que é a mesma taxa avultada de Rey Varela), até o 15 de novembro de 2017, despois de varios intentos do goberno municipal de aprobar unha nova taxa, aínda avultada. Como Plataforma, só chamamos a non pagar a taxa en xaneiro e febreiro de 2015 (a do período de setembro a decembro de 2014), cousa que fixeron máis de 2.500 persoas (período que tamén está reclamando Emafesa mediante escrito). Lembrar que había un número de persoas que si pagaran aquel recibo e que Jorge Suárez se comprometera a devolver aqueles 800.000 euros, en diferentes ocasións, e que nunca se devolveron.

O do recurso que fixeramos do período do 15 de novembro de 2017 a 31 de decembro do mesmo ano (45 días), aínda que xente da Plataforma e outras persoas non pagamos, non fixemos un chamamento público a non pagar, pois as condicións de mobilización, co nulo apoio das asociacións veciñais en xeral, non eran as de principios de 2015. Sen un "non pago" masivo, non habería presión, e ademais xa estaba en funcionamento o sistema de saneamento desde abril de 2017.

O que si fixemos, foi un recurso contra o levantamento da suspensión da taxa, por considera-la inxusta. Mesmo o propio informe encargado polo Concello así o manifestaba, tamén recoñecido polo informe do concello de Narón, e polo propio Goberno Municipal de Jorge Suárez.

Este recurso foi resolto xenericamente nun informe do Secretario do Concello. Non se aceptou por tratar-se do levantamento dunha taxa xa aprobada entre o 29 de maio  e o 28 de agosto de 2014. Polo que non se tiveron en conta os argumentos que dabamos. Aínda sendo inxusta e non ser conforme co custe real do mantemento do sistema de saneamento e depuración.

No actual recibo están-nos cobrando unha parte da taxa do período comprendido entre 1 de abril de 2017 e o 15 de novembro do mesmo ano, que foi cando se levantou a suspensión da taxa (Por un acordo entre o PP e FeC). Foi un período que quedaba á espera do que ditaminara o 'Consello Consultivo de Galicia'. Mais este organismo non se pronunciou, alegando que non era da súa incumbencia. Jorge Suárez acordou a liquidación deste período, con efectos retroactivos, para que Emafesa o puidera cobrar, cousa que fixo a empresa mixta de augas de Ferrol, enviando-nos unha carta na que dicía que ese período o ía cobrar en fraccións nos seis seguintes recibos.

É o que aparece no recibo como "Fracción Tasa Depuración (Atrasos)", sobre uns 7 euros por recibo (Dependendo do consumo dos recibos dese período de cada fogar, uns menos e outros máis), máis o 10% de IVA. Pensamos que este xa é o sexto recibo, e último, para pagar os atrasos dese período (No que si estaba funcionando o sistema de saneamento e depuración).

Unha vez asinadas polo alcalde Jorge Suárez, as liquidacións dos recibos pendentes, a empresa (Emafesa), pode pasar ao cobro estes recibos, dentro da legalidade. Non é xusto mais é legal. Foi acordado en pleno (Levantamento da suspensión da taxa), e resolto polo Alcalde, asinando as liquidacións, polo tanto legal. No caso de non pagar no prazo sinalado no escrito, de xeito voluntario, Emafesa pasará os recibos ao Concello, e daquela irán por vía executiva[3], pode que con recargo. Polo tanto paga a pena paga-los dentro de prazo.

Outro asunto será a liquidación dos 5,5 millóns de euros (Máis de 6 millóns co 10% de IVA), correspondentes ao recibo da depuración do 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de marzo de 2017 que asinou Jorge Suárez, para que Emafesa os puidera cobrar agora, durante estes tres meses (De xuño, xullo e agosto de 2019). Este é un asunto que o goberno que se constitúa agora tería que abordar, pois moitas familias non poderían asumir un recibo duns 200 euros de media. Ademais de ser un abuso, pasar a pago unha factura por unha depuración que non existía. Tería que buscar-se unha solución que non pase por cobrar á veciñanza por unha depuración que non se fixo (Falta de feito impoñíbel).

Na última xuntanza da Coordinadora da Plataforma, tratamos todos estes temas e preparamos unha táboa reivindicativa para expoñer nunha próxima rolda de prensa. Estamos elaborando un dossier para entregar ao novo Goberno Municipal e intentar acordar unhas reunións de traballo, onde lles expliquemos as nosas propostas, para que sexan unhas taxas participadas, xustas e axeitadas; ademais dun plano para fiscalizar a actividade de Emafesa, e evitar os seus abusos, e en última instancia iniciar un proceso de remunicipalización do servizo.

[1] Abastecemento de Auga e Saneamento (Emafesa), Canon da Auga (Xunta de Galicia), Recollida e Transporte de Lixo (Urbaser) e o seu Tratamento na Planta de Cerceda (Sogama).

[2] O Canon da Auga e un dos novos tributos que foron creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. Non obstante, o inicio da súa aplicación non tivo lugar ata o 1 de xullo de 2012, momento no que entrou en vigor o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais. O Canon da Auga veu sustituir ao Canon de Saneamento regulado na Lei 8/1993, de 23 de xuño, reguladora da Administración Hidráulica de Galicia. Unha taxa para a construción e mantemento de infraestruturas hidráulicas de Galicia. Artigo de interese.

[3] Detalle do Artigo 14 da Ordenanza Fiscal Xeral. .../... En período executivo, a recadación hase realizar coercitivamente por vía de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado que non cumprise a obrigación ao seu cargo nos períodos sinalados no parágrafo anterior.

Regulamento e Ordenanzas Relacionadas.-

➤ Regulamento de Auga Potábel Concello de Ferrol. | Acceder/Baixar.
➤ Ordenanza Fiscal nº17 Reguladora da Taxa Depuración e Augas Residuais. | Acceder/Baixar.
➤ Ordenanza Reguladora da Prestación Patrimonial de Carácter Público Non
Tributaria da Rede de Sumidoiros . | Acceder/Baixar.
➤ Ordenanza Fiscal nº16 Reguladora de Submistración de Auga Poábel. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces | Alexandre Carrodeguas |

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
_____________

luns, xuño 03, 2019

A lista, ... Por Cheikh Fayé - Nesta lista podería estar a metade ou máis da humanidade, esperando a fin de mes para saber se pode seguir vivindo

Por Cheikh Faye [*]
03.06.2019


É unha lista de traballadores da ferralla e do formigón no porto exterior da Coruña. Hai nixerianos, mauritanos, peruanos, guineanos, españois, senegaleses, alxerianos, marroquís e algunha outra nacionalidade. É unha anotación das débedas dunha empresa que constrúe as grandes pedras que pouco a pouco van ampliando a superficie do porto.

A empresa deu en creba e os traballadores están a espera de cobrar polo que suaron. As pedras quedaron feitas, pero o traballo de duascentas persoas non se pagou. É a relación da xente, a maioría inmigrantes, que constrúe coas súas mans unha das grandes infraestruturas do país.

Os homes que gañaron terreo ao mar e traballaron para asentar esa conquista son case todos africanos e latinoamericanos. Man de obra forte, sacrificada, calada… son quen de traballar 12 horas durante oito, nove ou dez días seguidos en quendas de mañá ou de noite, xunto ao mar, contra o mar.

Son man de obra barata para maior beneficio das empresas que aínda así creban. Son traballadores que se senten desprotexidos pola lei. Que desconfían dos sindicatos. Que dormen pensando en se ao día seguinte haberá traballo e, cada fin de mes, salario.


Son nomes nunha lista de xente sen medo que viaxou desde o seu país para gañar o pan con suor e sacrificio. Son persoas esquecidas nos comentarios da prensa sobre o avance das obras no porto, nos comentarios da prensa sobre as grandes magnitudes das obras no porto, nos comentarios sobre as oportunidades que traerá o porto.

As obras marchan a bo ritmo”, din os titulares dos xornais. Pero por ningures aparece unha soa liña contando cal é a situación das persoas que cargaron ca parte máis dura do traballo, que súan e pasan frío e comen alí en casetas, que van e veñen en autobús, que moran de a catro e a cinco en pisos baratos gastando o mínimo para aforrar e enviar cartos a casa.  E non cobran. Pero seguen traballando, esperanzados, porque a empresa en creba foi substituída por outra empresa que se fai cargo da contrata e por riba de todos eles hai unha multinacional que é suxeito de titulares en prensa polas súas cifras de negocio e nunca pola incerteza que produce a explotación.

A lista é unha denuncia da explotación laboral máis clara canto máis escura é a pel dos explotados. A lista é o mellor artigo que lle podo enviar a través de Internet aos meus fillos e aos fillos do Senegal. É un sinal de alerta. Aquí nós cargamos co traballo e uns poucos levan os cartos. Aquí igual que alí. Nesta lista podería estar a metade ou máis da humanidade, esperando a fin de mes para saber se pode seguir vivindo.

Publicado en Sermos Galiza. | 01.06.2019 | Baixo unha licenza Creative Commons by-nc-nd/2.5.

[*] Cheikh Fayé, nado no ano 1962 na comunidade rural de Gade Escale, departamento de Diourbel, é un mestre e escritor senegalés radicado en Galiza. O 11 de xullo de 2017 presentou o seu primeiro ensaio titulado "Ser Modou Modou" e editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, sendo o primeiro escritor senegalés que escribe e publica en lingua galega.[4] - É o autor do blog Senegaliza. |Artigos no Sermos Galiza.
____

domingo, xuño 02, 2019

A Delegación comarcal de Adega informa do 'Mapa da II Deseucaliptización Simultanea para o vindeiro sábado 8 de xuño', a zona será no Monte Calexon (Valón, Doniño, Ferrol) - Uns 15 montes galegos serán liberados de eucaliptos e acacias perante este evento na defensa do medio ambiente


A Delegación comarcal de Adega informa do 'Mapa da II Deseucaliptización Simultanea o vindeiro sábado 8 de xuño', na zona será no Monte Calexón (Valón, Doniños,Ferrol) e nas Fragas do Eume (Monfero).


Na II Edición da Deseucaliptización Simultánea de Galicia, convocada pola rede a prol do bosque galego “Cousa de Raíces”, realizaranse 15 accións de eliminación de especies forestas exóticas invasoras, nomeadamente, de eucaliptos, acacias e mimosas. Estas actuacións estarán organizadas, á súa vez, por 25 entidades, entre o 1 e o 15 de xuño, para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. Desde Cousa de Raíces animamos a sociedade galega  a participar activamente nestas xornadas de eliminación de invasoras co fin de contribuír ao cambio cara un monte sustentable e demostrar que outra xestión forestal é posible!

Unhas 25 entidades de carácter ecoloxista, cultural, veciñais e comunidades de montes responderon á segunda convocatoria de Cousa de Raíces para realizar unha eliminación simultánea de especies exóticas invasoras, desta volta, con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente. O obxectivo desta II Deseucaliptización Simultánea é resaltar os efectos negativos das especies exóticas invasoras nos montes galegos, nomeadamente os eucaliptos e as acacias ou mimosas, e reivindicar outra forma de xestión forestal do monte, onde primen as especies forestais autóctonas, se preserve a biodiversidade, se diversifiquen as funcionalidades do monte e onde haxa un ordenamento real do territorio. Cabe lembrar que as especies exóticas invasoras erosionan o solo, desprazan as especies propias, favorecen os lumes forestais, afectan os recursos fluviais ou alteran a paisaxe, entre outras consecuencias ambientais, alén de xerar elevados custos económicos para a comunidade de propietarios/as.

O ciclo de actuacións comezará mañá sábado, 1 de xuño, no Monte de Fornelos de Monfero e rematará o vindeiro 15 de xuño en Vigo, no Monte da Guía, sumando en total 15 saídas deseucaliptizadoras e/ou desacacializadoras repartidas nas catro provincias galegas. Pontevedra volve ser a provincia con maior número de accións, 7 en total, 2 delas en Vigo,  e as outras en Lourizán, Moaña, Gondomar, Pontecaldelas e Cerdedo-Cotobade. Na provincia da Coruña convócanse 5 accións de eliminación en montes dos concellos de Ferrol, Monfero, Corcubión, Lousame e Rianxo. Ourense acolle dúas actuacións nos montes de Cenlle e Melón e, en Lugo, acudirase a Ramil (Palas de Rei).

Grande parte das actuacións consistirán na eliminación de tocóns e rebrotes de eucaliptos e acacias que rexurdiron tras os lumes de outubro de 2017, así como traballos que darán continuidade aos xa iniciados na primeira edición de eliminación simultánea convocada por Cousa de Raíces hai dous meses. Tamén se abordarán traballos en lugares con presenza de hábitats naturais prioritarios, como é o caso da que se vai desenvolver no Parque Natural da Fragas do Eume pola asociación de custodia Bétula, ou na de Froxán, en Lousame. Nalgúns casos, as accións completaranse con repoboacións de especies forestais autóctonas.

A xornada máis prolífica desta convocatoria será o sábado, 8 de xuño, con 9 accións de eliminación, aínda que tamén se suman á celebración mundial do Medio Ambiente a través dunha deseucaliptización simultánea outras 5 iniciativas, repartidas entre os días  1, 5, 7, 9 e 15 de xuño.

As entidades que nesta ocasión acudiron ao chamado de Cousa de Raíces: ADEGA, Couto da Eirexiña, As Brigadas deseucaliptizadoras, Verdegaia, Montescola, A Rente do Chan-Pladever, Arlequín (MonTeis), Voces polo litoral de Teis, APDR, Bétula, Amigos da Terra, Asociación Vergasta, Boca do Sapo, Fundación Eira; os colectivos veciñais de Lentille, Tirán, A Movemento veciñal Fousas ao Monte; e, as comunidades de montes veciñais en man común de Tourón (Melón), O Fieitoso (Rianxo), Teis (Vigo), Lourizán (Pontevedra),  Froxán (Lousame) e Rebordelo (Cercedo-Cotobade).

Cousa de Raíces ofrecerá proximamente os resultados da II Deseucalptización Simultánea que na primeira edición acadou a eliminación de máis de 200.000 pés de eucaliptos e acacias.

PARTICIPA NA DESEUCALIPTIZACIÓN SIMULTÁNEA DE COUSA DE RAÍCES

Pódeste inscribir previamente en calquera destas accións de deseucaliptización e eliminación de especies exóticas invasoras, contactando coas entidades promotoras de cada unha delas a través dos teléfonos e dos emails que se sinalan no mapa de actuacións e na seguinte Táboa deseucaliptizacion simultanea 2019 (II).

Cartaz II Deseucaliptización Simultánea

Anímate a deseucaliptizar o país!!!

Fonte: Cousa de raices

ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza)
Delegación de Ferrolterra
adegatrasancos@adega.gal
Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol
ASÓCIATE!!!
www.adega.gal

Enviado por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
1 de junho de 2019 04:14

______________

Enlace relacionado en Ártabra 21:

Xornada voluntariado deseucaliptización, convocada pola Asociación Custodia Bosque Atlántico Betula, o 1 de xuño na parcela de Betula nas Fragas do Eume - Hai que anotar-se con antelació. | Ir á Web.
___________________________

Publicado o Nº 32 de 'CIG Informa', o Boletín da CIG Saúde Laboral - Máis da metade das empresas non investigan os accidentes de traballo, a pesares de ser legalmente obrigatorio


CIG Informa: Boletín CIG Saúde Laboral Nº 32

Publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega.

Para proceder á súa visualización ou descarga. | Acceder/Baixar.

Poderase acceder a este contido de forma permanente na web do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG, no espazo adicado ao Boletín CIG Saúde Laboral. | Ir á Web.

Podes recibir os siguientes exemplares do Boletín CIG - Saúde Laboral de xeito automático, dándote de alta no espazo específico localizado na parte dereita da portada da nosa web. | www.cigsaudelaboral.org

Están a túa disposición as fontes RSS  que permiten recibir as noticias que se publican na nosa páxina web www.cigsaudelaboral.org (suscripción premendo aquí) e a ferramenta Asesoramento Técnico a través da que se poden realizar consultas on line en materia de prevención de riscos e saúde laboral, empregando o formulario de contacto accesible dende a portada da web o premendo aquí, ou solicitar unha cita presencial, empregando o formulario de contacto accesible dende a portada da web o premendo aquí.

CIG Saúde Laboral

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig@cig.gal-
30 de maio de 2019 12:00

____________

xoves, maio 30, 2019

O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU pede a libertación imediata de Junqueras, Sànchez e Cuixart


O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU pede a libertación imediata de Junqueras, Sànchez e Cuixart.

O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU emitiu unha opinión muito dura contra a España e até pede ao Estado que indenize os prisioneiros. Malia non ser vinculativa é xeralmente considerada nos tribunais internacionais xa que é unha entidade ligada às Nacións Unidas, formada por especialistas independentes en dereitos humanos, que analisa posíbeis casos de prisións e detencións arbritarias dos estados.

Segundo o xornal Nació Digital, o Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU mesmo afirma que o Estado deberia indenizar prisioneiros por privación de liberdade antes de emitir unha sentenza. Os pormenores desta resolución non serán coñecidos nesta cuarta-feira à tarde en Londres nunha rolda de imprensa convocada polo avogado Ben Emmerson.

No inverno de 2018, este avogado especialista en dereito internacional e dereitos humanos apresentou unha carta à ONU solicitando a opinión do grupo de especialistas sobre a prisión dos líderes pró-independencia. Fixo iso en nome de Junqueras e os Jordis,agás Joaquim Forn, que acabara deixar a acta de  deputado e abandonou a atividade política e non aderiu. O avogado argumentou que eles estaban no cárcere por razóns políticas, como a defensa do dereito à autodeterminación. Alén diso, súa detención viola os dereitos de asociación, expresión, opinión política e participación na vida pública, ou que seu dereito a un tribunal imparcial está sendo violado e a preparar a defensa.

IMPRISONMENT OF CATALAN POLITICIANS: The long awaited decision of the UN Working Group on Arbitrary Detention will be announced and discussed at a press conference in London tomorrow. Details: Wednesday 29 May, at 17:30 at the Law Society, 113 Chancery Lane, London WC2A 1PL

— Ben Emmerson 🎗️ (@BenEmmerson1) May 28, 2019


En declaracións ao Guardian Emmerson afirmou que “esta decisión debia marcar un ponto de viraxe na política española face à Cataluña. A España age en flagrante violación da lei internacional, como foi agora apontado polo organismo da ONU con mais autoridade sobre a cuestion das detencións arbitrárias”. Caso a España non liberte de imediato todos os presos políticos e se sente à mesa das negociacións, “o goberno de Madrid irá ter de enfrentar en breve a opinións pública internacional”, concluiu o avogado especialista en Dereito Internacional.

Publicado no xornal cedeirés Olloparo. 29.05.2019 |Ir á Web.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
30 de maio de 2019 01:10

___________

O ‘sorpasso’ en votos do BNG ao PP abre a porta ao primeiro goberno de esquerdas en Barreiros - Ana Ermida, nº1 da candidatura: 'A sensación é de alivio e liberdade por rachar con tantos anos da dereita en Barreiros'

Ana Ermida nº1 da cabndidatura do BNG, a máis votada no concello de Barreiros (A Mariña). AXM

Candidatura do BNG de Barreiros, liderada por Ana Ermida. AXM

O ‘sorpasso’ en votos do BNG ao PP abre a porta ao primeiro goberno de esquerdas en Barreiros. |
Os nacionalistas empatan a cinco concelleiros cos populares e o PSOE obtén un edil.

Barreiros deparou a gran sorpresa das eleccións municipais 2019 na Mariña Lucense co empate a cinco edís entre o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Popular (PP). A candidatura nacionalista, liderada por Ana Ermida, superou aos populares como a forza máis votada con 941 votos (46,47%), o que lle outorgará a posibilidade de formar un executivo de esquerdas por primeira vez en toda a democracia.

O PP de Alfonso Fuente Parga, alcalde desde 2005, obtivo 877 apoios, o 43,31% do escrutado, mentres que o PSdeG-PSOE de Carmen Veiga sumou 178 para acadar un edil. Unha coalición de esquerdas podería poñer fin a unha etapa de mandatos conservadores que duraba desde 1979, con Manuel Díaz Sampedro, Luis Fraga Leiro e o propio Fuente Parga.

RESPONDEREMOS AO APOIO

A líder da lista do BNG barreirense agradeceu o apoio dos votantes. “Aínda nos costa crelo, puxemos moito esforzo e moitas ganas neste proxecto e ser a primeira forza é algo impresionante. A sensación é de ilusión e de ganas e responderemos a este respaldo da cidadanía”, concluíu Ermida.


“A sensación é de alivio e liberdade por rachar con tantos anos da dereita en Barreiros”. | Ana Ermida, do BNG, será a alcaldesa do municipio barreirense despois da vitoria dos nacionalistas nas eleccións municipais do pasado domingo.

Ana Ermida (Barreiros, 1983) ten unha leve afonía, probablemente produto da campaña electoral e tamén da celebración dun fito histórico: por primeira vez, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), a candidatura que liderou, gobernará o municipio barreirense, poñendo fin así a mandatos conservadores desde as primeiras eleccións municipais trala ditadura, no 1979.

Como está despois da vitoria deste domingo?


Aterrizando (risas). Estamos recibindo moitas chamadas para felicitarnos, xente que pola rúa nos dá a noraboa. Isto danos moito ánimo, ilusión para o que temos por diante.

Barreiros terá por primeira vez un goberno de esquerdas desde 1979. Imaxino que haberá xente maior que non coñeceu máis ca primeiro a ditadura e despois executivos de dereitas no municipio. Que lles di a xente?


Pois creo que a sensación xeral é de alivio, dunha certa liberdade. Rachamos co que case poderiamos chamar unha tradición. Vai haber un cambio total: haberá un goberno de esquerda, nacionalista e cunha muller á fronte.

“vai haber un cambio total: haberá un goberno de esquerdas, nacionalista e cunha muller á fronte”

No 2015, a primeira vez que se presentou como candidata, quitou 699 votos (catro edís), por 377 de 2011 (dous). Agora alcanzou os 941, para sumar cinco actas. Cando se deu conta de que o BNG podía alcanzar o goberno?

Pois a verdade é que eu non o crin ata que se pechou o escrutinio, mesmo agora me custa crermo. É certo que viñamos nun ritmo ascendente e que fixemos un traballo importante ao longo dos anos, cun grupo de xente plural e diverso, que traballa moitísimo, con xente nova e con moita ilusión.

Creo que a campaña foi determinante, porque foi limpa e dinámica, falamos de nós e do que tiñamos que ofrecer aos barreirenses, sen entrar en descualificacións. E conforme avanzaron os meses si que percibimos un aire distinto, xente que de súpeto non tiña medo de posicionarse.

“a campaña foi limpa, centrámonos no programa e creo que iso foi determinante. de súpeto, a xente non tiña medo de posicionarse”

Foi a primeira candidata en anunciarse da Mariña Lucense e quizais unha das máis madrugadoras de Galicia.

Si, en xullo. Queriamos demostrar que había un proxecto definido, cunha cabeza visible, preocupado só en chegar á xente. Tentamos levalo á veciñanza polas parroquias e creo que fixemos o que tiñamos que facer; ser positivos, falar do noso programa e dunha serie de medidas para sacalas adiante. Creo que a xente percibiunos como unha alternativa real.

Como interpreta o resultado e que cre que é o prioritario en Barreiros?


Interpretamos que os barreirenses votaron a favor dun cambio da maneira de facer as cousas. Cremos que ese voto tivo que ver co noso traballo por estar en contacto permanente coa veciñanza e por iso adquirimos un compromiso de goberno de que a cidadanía teña a súa participación na política e que estea enterada de como e por que se fan as cousas, de que haxa un executivo transparente. Queremos levar a cabo unha auditoría das contas municipais para que todo o mundo saiba o que hai e tamén para nós, para saber de que partimos.

“queremos transparencia. faremos unha auditoría de contas para mostrarlle á veciñanza de onde partimos”

Por outra parte, aspiramos a gobernar cunha planificación que teña en conta os recursos cos que contamos. Non estamos para un ano senón para catro, polo que hai que facer un plan a medio prazo. Queremos ser un punto e aparte do que se fixo ata agora.

Falaba antes da súa condición de muller. Foron poucas as candidatas na Mariña Lucense nestas eleccións xerais.

Isto é importante para que a sociedade confíe cada vez máis en nós e tamén para que se goberne cun punto de vista diferente, máis feminino. Somos a metade da poboación e tradicionalmente fomos esquecidas. Hai que dar voz e representación a quen non a ten, penso tamén nas persoas maiores. Ogallá algún día non falemos disto e ser alcaldesa entre dentro dunha normalidade, pero por agora lamentablemente segue a ser unha nova.

Imaxino que, para unha estabilidade de goberno, buscarán un pacto co PSOE barreirense, que sumou un edil. Xa conversou con Carmen Veiga, a edil socialista?

Aínda é cedo para conversar con outros partidos porque nin sequera conversamos entre nós (risas). Por suposto queremos un goberno estable, e temos o compromiso de responder á confianza maioritaria da cidadanía cun executivo que respecte e leve adiante o programa que se lle ofreceu aos votantes.

“ogallá os resultados do bloque dean confianza á nosa xente. penso que gañamos en credibilidade cada día”

Tamén é a responsable comarcal do Bloque. Que valoración fai dos resultados?

As eleccións serían positivas aínda que non se desen resultados coma os desta vez polo traballo da nosa xente. Temos persoas que traballaron arreo durante a campaña para cambiar as cousas. Obviamente, os resultados son bos, gañamos unha alcaldía que non tiñamos e mantemos a de Ribadeo. Subimos en moitos concellos e é posible que entremos en gobernos de coalición.

Penso que demostramos que onde gobernamos, facémolo ben. Temos un exemplo ao lado. Cada día gañamos en credibilidade e creo que a xente nos ve xa como unha alternativa real para gobernar. Ogallá que este apoio lle dea confianza á nosa xente para seguir.

Resultados Eleccións Locais 2019 en Barreiros. | Acceder.

Publicado no Xornal da Mariña. | Para a entrevista:  Ramón González Rey. | 26 e 27 de maio de 2019. | Xornal da Mariña é o primeiro gran xornal dixital en galego do norte da provincia de Lugo e comarcas do Eo.
______________

Orgullo Crítico 2019, Sábado 1 de Xuño na Praza Vella de Ferrol, desde as 5 da tarde - Debate, reflexión e creación de redes entre a comunidade LGBT da Galiza - Coa participación de Brigitte Vasallo, e comezando a noite coa actuación das Las Antonias e Nüca Live Set


Orgullo Crítico 2019
Sábado 1 de Xuño, na Praza Vella de Ferrol, desde as 5 da tarde.

Este ano queremos centrar as actividades do Orgullo no debate, na reflexión e na creación de redes entre a comunidade LGBT da Galiza. Comenzamos as xornadas cun coloquio entre organizacións LGBT do país e continuamos con Brigitte Vasallo, presentada por Crity Tojo de Lesbicas Creando que removerá as nosas mentes e corpos co seu discurso e forza.

Ás 20h faremos un pequeno descanso para comer e beber nos bares da Praza Vella, rematando as xornadas coa actuación das Las Antonias e Nüca Live Set.

Difunde e acude!!

#OrgulloCríticoFerrolterra

Evento
https://www.facebook.com/events/2334209723519549

Redes
Instagram | Facebook | Twitter

Info por:
@AvanteLGBT en Ferrolterra.
@AvanteLGTBFerrolterra
Asociación Galega LGBT, feminista e anticapitalista.
Contacta con nós!
avanteferrol@gmail.com
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
30 de maio de 2019 01:08
__________

mércores, maio 29, 2019

Resolve as túas dúbidas sobre a 'Factura da Luz' e coñece que é o 'Bono Social', participando nun acto público con Adicae en Fuco Buxán, o mércores 5 de xuño, ás 7 da tarde, en Caranza, na Rúa Armada Española, 32 Baixo


Resolve
as túas dúbidas sobre a
FACTURA DA LUZ
e coñece que é o
BONO SOCIAL

MÉRCORES, 5 DE XUÑO, ÁS 19.00 HORAS
ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN
En Caranza, na rúa Armada Española, 32 Baixo -Ferrol-

ADICAE - Galiza

FUNDACIÓN AXENCIA ENERXÉTICA
PROVINCIAL DA CORUÑA

Fuco Buxán A. C.

⏩ Local Social:
Rúa Armada Española, nº32 Baixo - Caranza
15406 - Ferrol

⏩ Correo-e:
fucobuxan@gmail.com

⏩ Web:
http://www.fucobuxan.net/

⏩ No facebook:
https://www.facebook.com/fucobuxan/

⏩ No twitter:
https://twitter.com/fucobuxan

Info baseada na enviada por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
27 de maio de 2019 23:25
____________

Presentación do libro-caderno 'Maragatos en Ferrol' de Eva Ocampo, no Ateneo Ferrolán, xoves 30 de maio, ás 8 da tarde


Presentación do libro-caderno “Maragatos en Ferrol” que promove o Club de Prensa de Ferrol e cuxa autora é Eva Ocampo, no Ateneo Ferrolán, xoves 30 de maio, ás 8 da tarde.

Hai diversas achegas que non se poñen de acordo sobre a orixe do pobo maragato e iso podería ser motivo para organizar algunha xornada que achegara certa luz sobre a procedencia deste colectivo que tanta incidencia tivo, sobre todo no comercio, da nosa historia máis recente e o libro de Eva Ocampo pode ser o alicerce.

Ferrol foi lugar de arrivada de moita xente procedente das terras da Maragatería cuxa capital é Astorga e Eva Ocampo nesta publicación pormenoriza sobre a importancia que tiveron certas familias no desenvolvemento da actividade mercantil na cidade de Ferrol na que aínda residen descendentes daqueles pioneiros que chegaron a se facer comerciantes estables logo de andaren levando e traendo mercadorías de aquí para acolá.

O libro de Eva ocampo ven de ser unha achega para coñecer un anaco máis da nosa intrahistoria.

Intervirán, ademais da autora, Man Castro e Xulia Sixto.

Evento no Facebook.

Clube de Prensa de Ferrol

http://www.clubdeprensadeferrol.com/
__________________

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGal), aprecia invalidez nos pregos do servizo de Limpeza viaria e Recollida de lixo de Narón


O TACGal aprecia invalidez nos pregos da licitación do servizo de Limpeza viaria e Recollida de lixo do Concello de Narón
.

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma De Galicia (TACGal) estimou parcialmente dous dos recursos especiais en materia de contratación, interpostos por o concelleiro Marcos López Balado do PP e polo concelleiro Alfonso Casal Pita de Eliximos Narón, contra os pregos da licitación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria de Narón

O TACGal adoptou o pasado 9 de maio, como medida cautelar, a suspensión da contratación do servizo, suspensión que non interrompeu o prazo de presentación de ofertas, como se recolle na páxina da Plataforma de Contratación do Sector Público:

Servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria do Concello de Narón. | Acceder á Plataforma de Contratación .

O primeiro recurso argumenta (entre outras cousas) que a fórmula recollida no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares para a revisión de prezos do contrato incumpre el Real Decreto 55/2017 de desindexación da economía española porque vincula a revisión dos gastos de persoal ao “Convenio colectivo do centro de traballo da sociedade Urbaser S.A.”, argumentando o recorrente que “de no resultar Urbaser la contratista, la fórmula de revisión de precios en su parámetro salarial quedaría sin referencia”.

O tribunal indica que:

En todo caso, o certo é que o propio informe do Concello sinala que “en calquera caso, o convenio colectivo aplicable sería, loxicamente, o de empresa subscrito pola entidade adxudicataria do contrato”, argumento que contradí a literalidade do prego e que fundamenta xa a súa anulación, por incumprir o deber de transparencia necesario en toda licitación pública.

Mentres o segundo recurso impugna tamén a cláusula de revisión do canon do contrato (entre outras cousas) por non cumprir o Concello coa tramitación esixida, pois non consta no expediente o preceptivo informe valorativo da estrutura de custos, que nin se solicitou, que non se elaborou unha proposta de dita estrutura e, en consecuencia, tampouco se cumpriu co necesario trámite de información pública. O Tribunal da a razón ao noso concelleiro indicando:

En consecuencia, só podemos concluír que non consta no expediente remitido a este Tribunal que se dese cumprimento ao esixido no artigo 9.7 do RD 55/2017. Así, non consta o preceptivo informe a efectuar, nesta Comunidade Autónoma, pola Xunta Consultiva de contratación administrativa de Galicia, o cal determina xa de por si a anulación da cláusula impugnada.

No mesmo sentido anulatorio da licitación pola falta do preceptivo informe esixido no artigo 9.7 do RD 55/2017, a Resolución 176/2017 do Tribunal de Recursos Contractuais da Xunta de Andalucía e a nosa anterior 88/2019 deste TACGal.

Ademais, tampouco se pode dar por cumprido o obrigado trámite de información pública da estrutura de custos previsto no mesmo artigo, posto que o proceso de alegacións e suxestións referido no informe do órgano, como aí se indica, unicamente incorporou os pregos e o acordo plenario de 3 de setembro de 2018.

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.| Resolución nº 118/2019 | Acceder/Baixar.

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook




Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
29 de maio de 2019 08:15

_______________

#RefugalloCero - O vindeiro 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para reivindicalo, ADEGA súmase á campaña internacional #RefugalloCero, promovida por Zero Waste co fin de realizar unha semana de #‎BoicotAoPlástico - Non consumir ningún alimento nin produto envolto en plástico na semana do día 3 ao 9 de xuño - Úneste ao reto?


Campaña Internacional
Entre o 3 e o 9 de xuño de 2019


Úneste ao reto #RefugalloCero?



O vindeiro 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para reivindicalo, ADEGA súmase á campaña internacional #RefugalloCero, promovida por Zero Waste co fin de realizar unha semana de #BoicotAoPlástico. Esta campaña consiste en non consumir ningún alimento nin produto envolto en plástico na semana do día 3 ao 9 de xuño, co fin de reducir o seu consumo e alertar dos problemas ambientais dos plásticos dun só uso.

O obxectivo é demostrar que podemos vivir con alternativas ao plástico mudando só uns pequenos hábitos diarios. Tamén mostrar o poder e o potencial transformador que temos como consumidoras conscientes, poñendo freo aos mercados e a súa destrución do medio natural.

Súmaste ao reto?

A contaminación por plásticos, un problema global que non entende de fronteiras

A maior produción de plásticos a nivel mundial está destinada á fabricación de envases para alimentos, é dicir, a plásticos dun só uso. Na UE só o 30% destes residuos consumidos acaban en plantas de reciclado, moi lonxe da cifra do 50% esixida polo parlamento Europeo para ano 2020.

Pola súa banda, Galiza está nunha situación peor que a media europea, acadando tan só a cifra actual do 14.8% de residuos reciclados. De feito, está cifra reduciuse durante o período da crise pasando do 15,7% no ano 2010 ao 14,8% no 2018, demostrando que o modelo SOGAMA é o máis caro e dos que peores resultados obtéñense en termos de reciclaxe.

De toda a produción de plásticos mundiais, cada ano máis de 8 millóns de toneladas de plásticos acaban nos mares e nos océanos, supoñendo o 85% da contaminación por lixo mariño. Desde a fosa das Marianas até as grandes illas de plásticos, este contaminante acaba por estar presente en tódolos os hábitats mariños. A degradación deste residuo pola acción do sol, da auga, do vento e da forza das mareas e das ondas, provoca a súa disgregación en microplásticos pasando así a formar parte da cadea trófica, dando lugar a un problema ambiental e social a nivel mundial. Estímase que uns 100.000 mamíferos mariños e un millón de aves morren cada ano por contaminación de plásticos.

Tampouco hai que esquecer os hábitats terrestres, contaminados por vertedoiros ilegais ou por mala xestión dos residuos.

Mudando pequenos hábitos, salvamos o planeta e as especies

Cunhas pequenas mudanzas nos hábitos diarios do noso xeito de consumir, podemos reducir como consumidoras a nosa pegada ecolóxica e a nosa achega de plásticos ao medio. Con esta calculadora da UDC podes calcular facilmente a túa pegada ecolóxica de residuos e comprobar como de sustentábeis, ou non, son os teus hábitos diarios.

Algúns exemplos para pasar á acción e reducir a túa pegada ecolóxica poden ser os seguintes:

➤Podes facerte cunha botella de vidro e enchela con auga da billa. Reducirás centos de botellas de plásticos que non serán recicladas anualmente.
➤Podes substituír os envases de plásticos para gardar ou transportar a comida por envases de vidro. Así evitarás a contaminación por compostos químicos presentes no plástico, como o bisfenol-A.
➤Levar bolsiñas reutilizables e de material ecolóxico é unha moi boa opción para facer a compra. Cada bolsa de plástico ten unha vida útil de 12 -20 minutos e tarda centos de anos en degradarse no medio.
➤Podes evitar o uso de materiais de plástico como os bastoncillos de algodón, as palliñas, ou utensilios como pratos, vasos ou garfos de plástico. A partir do 2021 a UE prohibirá a comercialización destes plásticos dun só uso.
➤Podes comprar produtos a granel empregando bolsiñas de papel, de pano ou envases de vidro. Reducirás notablemente o teu lixo diario. Poderás atopar tamén cooperativas ou grupos de consumo na túa cidade ou vila para comprar a granel, permitindo consumir ademais produtos de quilómetro cero

Úneste ao reto? Partilla nas redes os teus hábitos #RefugalloCero

Desde ADEGA alentámoste a sumarte á campaña #RefugalloCero durante a semana do 3 ao 9 de xuño co fin de non consumir plásticos dun só uso e concienciar así sobre esta problemática global. Tamén te animamos a partillar nas redes sociais fotografías cos teus hábitos responsables mediante a etiqueta #RefugalloCero, para dar a coñecer novos xeitos ou iniciativas a prol do medio ambiente a través do consumo responsable.

Anímaste?

O planeta vaino agradecer!

#RefugalloCero #BoicotAoPlástico

ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza)

Delegación Nacional
adega@adega.gal
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 - Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099


Delegación de Ferrolterra
adegatrasancos@adega.gal
Antigo Hospicio - Rúa Mendez Nuñez, 11
Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol


www.adega.gal

Enviado por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
28 de maio de 2019 16:46
_________