sábado, setembro 06, 2008

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" acorda formar parte da Plataforma Cidadá en Defensa do Cabo Gago

De:ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de setembro de 2008 12:01
Asunto: Acordamos formar parte da Plataforma Cidadá en Defensa do Cabo Gago, convencidos de que defender ó cabo Gago é defender á Xustiza e a Democracia.




A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", cando se van cumprir o vindeiro día 8 de decembro 30 anos da aprobación da Constitución do Estado Español que formaliza un réxime de liberdades políticas, poñendo fin á ditadura franquista, queremos DENUNCIAR que estas liberdades democráticas non existen nas Forzas Armadas e se quere mandar á cadea a unha persoa por cumprir co seu deber e sobre todo por deci-la verdade: O cabo Jorge Miguel Gago Chao o único que fixo foi cumprir co seu deber e non só non é merecente de ningún castigo senón que hai que agradecer o seu comportamento que evitou unha catástrofe, aínda maior, na fragata Extremadura que puido rebentar,a fectando á Reganosa e a Forestal del Atlántico, que puido ser mortal para a cidadanía de Ferrol e Mugardos como o foi para Erik Noval e Francisco Castrillón.

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" acordamos formar parte da Plataforma Cidadá en Defensa do Cabo Gago, convencidos de que defender ó cabo Gago é defender á Xustiza e a Democracia.

Expresamos con este comunicado ó noso apoio tanto a Jorge Miguel como á súa familia e facemos un chamamento á toda a cidadanía da comarca de Ferrol e de todo Galicia a que participen na concentración do vindeiro xoves día 11 de setembro ás 20 horas fronte ó Arsenal de Ferrol.

Ferrol a 5 de setembro de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"

Asdo./Xosé Miguel López Pérez , presidente
________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

____________

venres, setembro 05, 2008

Activistas pola paz interrompen o discurso de McCain - Deteñen a 400 persoas durante o último día da convención republicana

[Clicar na foto para ampliar - Foto de: Todd Heisler]


Activistas pola paz interrompen o discurso de McCain

McCain foi interrompido dúas veces por membros do grupo pola paz Code Pink (Código Rosa). Un dos manifestantes foi identificado como Adam Kokesh, membro do grupo Veteranos de Iraq contra a Guerra. Kokesh portaba unha pancarta que dicía "Non pode gañar unha ocupación" dun lado, e do outro "McCain vota contra os veteranos". No seu discurso McCain defendeu o seu apoio ao aumento de soldados en Iraq levado a cabo polo Presidente Bush.
  • O Senador John McCain dixo: "Loitei pola estratexia acertada e porque houbese máis soldados en Iraq cando non era o máis aceptado. E cando os expertos dixeron, cando os expertos dixeron que a miña campaña estaba acabada, eu dixen que prefería perder as eleccións que ver ao meu país perder unha guerra".

Arrestan a 400 persoas durante o último día da convención republicana

As protestas continuaron durante o último día da Convención Nacional Republicana. Centos de persoas participaron nunha protesta organizada polo grupo Youth Against War and Racism (Mozos contra a Guerra e o Racismo).
  • Un manifestante dixo: "A misión hoxe é, supoño, traer aos soldados de regreso, e pór fin á guerra inxusta e ilegal por beneficios económicos en Iraq. Creo tamén, que non hai que elixir a John McCain este outono, porque iso significaría continuar co mesmo plan de batalla terrible que vivimos desde o ano 2003".
Horas máis tarde, aproximadamente 400 persoas foron arrestadas nunha protesta cerca do Capitolio estatal, a pouco máis de 1,5 quilómetros do lugar onde se celebraba a convención. A policía utilizou gas lacrimóxeno e granadas de iluminación contra a multitude. En total, máis de 800 persoas foron arrestadas en protestas contra a Convención Nacional Republicana nas Twin Cities (Minneapolis e St. Paul) esta semana. Dezanove traballadores dos medios tamén foron encarcerados.
________

Os Titulares de Hoxe [05.09.2008]

* McCain acepta candidatura republicana
* Activistas pola paz interrompen o discurso de McCain
* Arrestan a 400 persoas durante o último día da convención republicana
* Obama descobre opinións en común con Ou?reilly en Fox News
* Abramoff foi condenado a 4 anos de prisión
* Libro: O goberno estadounidense dirixe extenso programa de espionaxe do goberno iraquí
* O Pentágono pide que se atrase a redución de soldados en Iraq e un aumento na ocupación de Afganistán
* Estados Unidos arresta a xornalista iraquí e á súa familia
* Taxa de suicidios no exército achégase a cifra marca
* Karzai visita sitio de ataque letal de EE. UU.
* Crece a indignación en Paquistán por ataque de EE. UU.
* Morren 90 persoas en Haití por tormenta tropical Hanna
* Alcalde de Detroit declárase culpable e renuncia por caso de perjurio
* Avogada pide pericia mental para unha prisioneira paquistaní procesada
* Cheney presiona para que Xeorxia sexa membro da OTAN
* ONU: a axuda ás nacións pobres queda atrasada

Xa está publicado o Boletín de Noticias e os audios "Os titulares de hoxe" correspondentes a hoxe, Venres, 5 de Setembro de 2008, no

Blog para difundir Democracy Now! desde Galiza:

http://democracia-xa.blogspot.com
__________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en todo o mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa. [+ Info]

_______________

Posición da Asociación Cometa co motivo da publicación na prensa da posta en marcha da canceira de Mouga por parte do Concello de Ferrol

De: jefernandez@navantia.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de setembro de 2008 12:05
Asunto: Co motivo do anuncio da posta en marcha da canceira de Mouga.



Co motivo da publicación na prensa da posta en marcha da canceira de Mouga por parte do Concello de Ferrol, queremos comunicarvos o noso total desacordo e a realidade dos feitos.

COMETA intentou durante moito tempo reunirse con alcaldes e concelleiros de toda a comarca para, entre todos, darlle solución a un problema que moitos non queren ver e estudiar a posibilidade de construír un albergue para todo Ferrolterra. Conseguimos convocar para setembro de 2007 unha reunión comarcal. Dous días antes da cita, María López, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, cancelou pola súa conta o encontro.

Desde entonces e durante meses tentamos convencela de que é posible a construcción dun refuxio onde non se maten animais, aportándolle datos e explicándolle con detalle por que a canceira de Mougá, tal como está construída, só pode converterse nun centro de exterminio. A pesar dos nosos esforzos fai poucos días o Concello de Ferrol aprobou a rehabilitación.

Mougá dispón dun espacio de 2 ferrados para unhas 30 canceiras moi pequenas (podería albergar entre 50 e 70 cans), 2 espacios para gatos, 3 para corentena (sen ningún tipo de illamento) e 2 máis para animais feridos (no exterior)!!!, ningún espacio verde para exercitalos (a pesares de estar en Mougá), e tampouco disporá de quirófano nin hospital.

A canceira consistirá nun espacio reducido, do cal a xestión supoñemos se lle outorgará a unha empresa privada xa que irá a concurso, para que ós 20 días máis ou menos os cans sexan sacrificados. Tamén é certo que nas instalacións non hai espacio para máis.

O presuposto para esta remodelación, xa que as instalacións foron construídas no 2002, é de case 300.000€, cantidade tremendamente desorbitada (como exemplo a construcción e equipamento do Refuxio de Santiago de Compostela, de 7.000 m2 e cunha capacidade para 200-250 cans, custou hai só 3 anos menos de 400.000€)

Está demostrado que un albergue para animais sen sacrificios é totalmente viable. De feito, mantemos contactos con protectoras que xa o fixeron, como precisamente o albergue de Santiago, que da servicio a 6 concellos, e do que ofrecemos non hai moito ó Concello de Ferrol datos económicos e planos das instalacións, así como o seu apoio e experiencia, pero, por algún motivo, todos os concellos pechan as portas á única protectora sen ánimo de lucro que funciona na comarca, e que sobrevive polas achegas monetarias dos socios e alleos, ademais do traballo voluntario dos colaboradores.

Polo de agora o proxecto de Mougá segue adiante, pero nós seguiremos no noso empeño de conseguir un albergue digno para os animais de Ferrolterra.

Fai unhas semanas iniciamos, con moi boa aceptación, unha campaña de recollida de firmas coa fin de obrigar ós concellos a escoitar o que a cidadanía reclama. Enviámosvos a folla de firmas para que podades colaborar e entre todos facernos oír. Podedes entregar as follas á dirección de correo a seguir ou chamar ó 617 040 992 e pasariamos recollelas.

Grazas a todos polo apoio, xa que sen vos teríamos que desistir na nosa loita polo respecto a todos os que habitamos neste planeta.

Narón, 21 de Agosto de 2008
Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234
_______________

xoves, setembro 04, 2008

Suspendida a conferencia de Federico Mayor Zaragoza

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de setembro de 2008 17:03
Asunto: Suspendida conferencia Federico Mayor Zaragoza



Suspendida a conferencia de Federico Mayor Zaragoza


Por problemas de enfermidade, D. Federico Mayor Zaragoza non pode asistir no día de hoxe - 4 de setembro- tal como tiña previsto, a Inauguración do curso da UIMP en A Coruña "La nueva ciudadanía global y los movimientos sociales: ecologismo, pacifismo y feminismo; suspendese polo tanto tamén a Conferencia prevista para as 20 h. baixo o titulo "Democracia local y global de subditos a ciudadanos la gran transición" , no salon do Vicereitorado ( campus de Ferrol) e organizada por Fuco Buxan ,.

De acordo con D. Federico Mayor establecerase unha nova data para levar a cabo o acto agora suspendido.

Rogamos acepten as nosas disculpas.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

__________

A Asociación de veciñ@s de Caranza forma parte desde hoxe da Plataforma Cidadá en defensa do Cabo Gago

De: Asociación Veciñal de Caranza -avvcaranza@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de setembro de 2008 15:32
Asunto: A Asociación de veciñ@s de Caranza forma parte desde hoxe da Plataforma Cidadá en defensa do Cabo Gago


A Asociación de veciñ@s de Caranza forma parte desde hoxe da Plataforma Cidadá en defensa do Cabo Gago, móstrase a disposición da familia para canto consideren oportuno e anima aos veciñ@s de Caranza e de toda a cidade a participar na manifestación do día 11 ás 20:00 hrs para defender a liberdade de expresión e a xustiza,"é importante concienciar aos cidadáns de que Jorge Miguel Gago evitou co seu bo facer profesional e a súa rápida reacción unha catástrofe que puido afectar a unha parte da poboación e ademais convencido de que a vida de seres humanos está por encima de calquera disciplina deu un claro exemplo de civismo digno non de castigar con carcel senón de tomar como bo exemplo".

Fdo. Pilar rodríguez Venancio

Presidenta

_____________
Asociación de Vecin@s de Caranza " Cuco Ruiz de Cortazar"
Centro Cívico de Caranza 2º Planta Apartado de Correos 1045
Avda. de Castelao s/n
15.406 FERROL (A Coruña)

Páxina web:
http://www.empresas.mundo-r.com/avvcaranza/index.htm

Teléfonos:
981 325 852 - 650 373 930

Fax:
981 325 500

Correos electrónicos:
correo@avvcaranza.es
secretaria@avvcaranza.es
avvcaranza@mundo-r.com
_____________

Até o 15 de Setembro exposición no Ateneo Ferrolán de "Implicadas no Desenvovemento"

De: ATENEO FERROLAN
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de setembro de 2008 13:19

Asunto: EXPOSICIÓN no ATENEO FERROLÁN ate o 15 de setembro




EXPOSICIÓN no ATENEO FERROLÁN até o 15 de setembro


<<...>> EXPOSICIÓN 10 ANOS DA ONGD galega chamada IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO.

Este ano a organización cumpre 10 anos de loita pola erradicación das desigualdades Norte - Sur e de xénero.

Para celebrar esta data crean unha exposición conmemorativa dos 10 anos de proxectos de cooperación e sensibilización que Implicadas leva realizando.

Pódese visitar até o 15 de setembro na 2ª planta das salas de exposicións do ATENEO FERROLÁN
_________

ATENEO FERROLÁN
-Fundado en 1879-
www.ateneoferrolan.org

“EXECUCIÓN XA do PROXECTO APROBADO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA”

_______________
Ateneo Ferrolán
e-mail: a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303
____________

Estratexia para impedir a barbarie acuícola

Estratexia para impedir a barbarie acuícola
Plataforma Medioambiental de Corrubedo Mércores, 03 de Setembro do 2008

Recursos xudiciais, denuncias á Fiscalía e a Europa e iniciativas nos concellos afectados, xunta co compromiso inquebrantábel da cidadanía en defensa do litoral.

ADEGA E AS PLATAFORMAS EN DEFENSA DO LITORAL PRESENTAN A SÚA ESTRATEXIA PARA IMPEDIR A BARBARIE ACUÍCOLA

2 de setembro de 2008. O consello da Xunta a iniciativa do seu presidente ven de perpetrar o Plano Acuícola, consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán case 3 millóns de m2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo milleiros de Hm3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados.

Esta aprobación levouse a cabo ademáis con aleivosía e de xeito fraudulento, xa que tivo que ser o Presidente da Xunta, facendo por primeira vez uso desta prerrogativa, o que forzara a inclusión do Plano Acuícola na orde do día do Consello, malia a contar con informes desfavorábeis da Comisión de Secretarios, incluídas as Secretarías Xerais de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Ante estes lamentábeis feitos, ADEGA e as plataformas de Oia, Corrubedo, Seráns, Quilmas, Arou, Camelle, Xove e Ribadeo queren en primeiro lugar respostar ás mentiras e intoxicacións coas que o Sr. Touriño e Sra. Gallego tentan xustificar tan vergoñento acordo [Ler todo o Documento en Altermundo.org]

Baixar o documento en formato -pdf-
________
Enlaces relacionados:
_________________

4, 5 e 6 de Setembro terá lugar o XXII Festival da Poesia no Condado dedicado a Rede Galiza Non Se Vende

XXII Festival da Poesia no Condado
4, 5 e 6 de Setembro de 2008
A scd condado dedica o festival ao movimento galiza nom se vende Governe quem governe, Galiza nom se vende

Da SCD do Condado sentimos as justas demandas de 'Galiza Non Se Vende' como próprias e pretendemos que o vigéssimo-segundo Festival da Poesia sirva como ponto de encontro das entidades que confluem na plataforma, como altofalante do sentir popular e como homenagem a todas aquelas luitas que continuam a livrar-se ao longo do território nacional.

A SCD do Condado distinguiu-se sempre por identificar-se e apoiar as batalhas em favor dos interesses populares e vizinhais frente aos das empresas e políticos ao seu serviço. E desta maneira, continuamos sem desviar-nos do caminho andado, tentando aportar o nosso grao de areia à imprescindível tarefa de construir poder popular na Galiza de 2008.

* Perante possibilidade de que chova nas datas do Festival, estará habilitada umha grande carpa para as actividades previstas ao ar livre.

· Programa do XXII Festival da Poesia

· Como chegar a Salvaterra de Minho?


Endereço
SCD Condado
Rua Castelao, nº26
Salvaterra de Minho
36.450

Telefones
986 658 268 (Manolo)
986 658 036 (Carmen)
690 034 632 (Manolo)
655 185 171 (Xosé)

Correio Electrónico
info@scdcondado.org

Web
www.scdcondado.org

_______________

luns, setembro 01, 2008

A Plataforma "Salva O Tren" reinicia a loita cunha nova Mobilización de "NO 2012 -O Tren- irá pola estrada", o Venres 5 de Setembro


Plataforma Galega polo Tren de Proximidade
“SALVA O TREN”
NOTA DE PRENSA
Asunto: A Plataforma "SALVA O Tren" reinicia a loita cunha nova Mobilización de "NO 2012 O Tren IRÁ POLA ESTRADA".

Saída da Caravana: Venres 5 de Setembro, ás 6 da Tarde

A Plataforma polo Tren de Proximidade en Galiza "SALVA O Tren" formada polos Colectivos:

Coordinadora Tren Rexional
Asociación Universitaria Ambiental SYME
Sindicato de Estudantes
Amigos dá Terra
Sindicato Ferroviario dá Confereración Intersindical
A golpe de Pedal
CXT (SFF-CXT de Pontevedra)
Asociación Cultural O Fervedoiro
STOP Accidentes
Anacos dá Cidade
Verdegaia Colectivo Ecoloxista do Salnés
Matar por Matar NON
Comité de Empresa de ADIF en Pontevedra

Infórma
que ante a falta de coherencia, de resposta ás nosas propostas, de responsabilidade para cos cidadáns e de sentido común por parte do Ministerio de Fomento e do Goberno de Galiza; despois de que grazas á resistencia Numantina da Localidade de Portas, abortouse o segundo intento de levantar as vías do tramo xa fose de servizo Portas-Vilagarcía de Arousa, e atopándonos ante o inicio do "desangramiento e posterior morte" do tramo Vilagarcía de Arousa- Santiago de Compostela (o cal prevemos que levará a cabo para finais de 2011 ou comezos do 2012), vémonos obrigados a mobilizarnos novamente mediante o que denominamos "Non 2012 o Tren irá pola estrada". A Plataforma quere facer un chamamento á sociedade Galega a fin de que tome conciencia de que unha vez desaparecidos os Trens Rexionais e sen existir unha alternativa a este servizo, os cidadáns verémonos abocados a utilizar o noso transporte particular (o automóbil). Queremos facer unha chamada de atención sobre o que isto suporá en canto ao amento de vítimas mortais nas estradas, o colapso do trafico, a contaminación do ambiente, a dependencia enerxética do exterior e con iso os conflitos bélicos en que se traduce.

Como sabedes, a mobilización "No 2012 o Tren irá pola estrada" consiste en circular pola estrada Nacional 550 entre Pontevedra e Vigo á velocidade mínima permitida polo Código de Circulación.

Información dos detalles da convocatoria:

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Itinerario:
Partida: Nacional 550, Concesionario Peugeot da saída de Pontevedra, sentido Vigo.
Percorrido: Saída de Pontevedra Primeira rotonda na entrada a Vigo (Gasofeira de Petronor)
Estación de tren de Pontevedra.
Hora: 18:00 horas do Venres, 5 de setembro.

En Santiago, 1-09-08
O Coordinador Xeral
Fernando Gómez Camarero
TF: 649183521
www.salvaotren.tk
_______________

Baixar o Manifesto polo Tren de proximidade en formato -pdf-
_____________

Acta final do "Constantino Bellón 2008"

XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” ANO 2008

En Ferrol a 31 de agosto de 2008, no Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :
  • Víctor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodríguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas.

Acordan outorgar o Premio SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” a :
  • SANTIAGO AGUSTÍN MOLINA
Acordan outorgar dous accésit de 1.000€ cada un a:
  • GONZALO MANUEL ABELAIRAS LEMOS
  • BRUNO VILLAMOR GAY
Así mesmo, ACORDA por unanimidade, concederlle o PREMIO ÚNICO de 3.000€ deste 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ
Asinado:
  • Victor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodriguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
  • Cristina Meizoso Alonso
Algunhas fotos do Constantino Bellón deste ano.


___________

Ateneo Ferrolán
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza, expresidente da UNESCO, o Xoves 4 de Setembro

Suspendida a conferencia de Federico Mayor Zaragoza

Por problemas de enfermidade, D. Federico Mayor Zaragoza non pode asistir no día de hoxe - 4 de setembro- tal como tiña previsto, a Inauguración do curso da UIMP en A Coruña "La nueva ciudadanía global y los movimientos sociales: ecologismo, pacifismo y feminismo; suspendese polo tanto tamén a Conferencia prevista para as 20 h. baixo o titulo "Democracia local y global de subditos a ciudadanos la gran transición" , no salon do Vicereitorado ( campus de Ferrol) e organizada por Fuco Buxan ,.

De acordo con D. Federico Mayor establecerase unha nova data para levar a cabo o acto agora suspendido.

Rogamos acepten as nosas disculpas. [04.09.2008 17:03]
______________

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com

Data: 31 de agosto de 2008 23:21
Asunto: Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza



Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza Organizada pola Asociación Cultural FUCO BUXÁN coa colaboración da Universidade de A Coruña o próximo Xoves, 4 de setembro, ás 20:00 hrs. no Salón de Actos do Vicerreitorado - Campus de Esteiro, en Ferrol, na que intervirá D. Federico Mayor-Zaragoza (Ex Director Xeral da UNESCO e Copresidente do Grupo de Alto Nivel para á Alianza de Civilizacións) e que leva por título :

"Democracia Local e Global: de Súbditos a Ciudadáns, a grande transición".

O acto será presentado por Manuel A. Rodríguez Carballeira, Presidente da A.C. Fuco Buxán.

Dita conferencia forma parte do Ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO, no que prestixiosos analistas indagan nas claves político-sociais do noso tempo desde perspectivas diversas.

Entrada libre.

Enlace a web "CULTURA DE PAZ"

Semblanza do conferenciante

____________

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_______________

domingo, agosto 31, 2008

Este venres, 29 de Agosto, tivo lugar unha nova concentración de protesta, pois ese mesmo día o buque metanero "LNG Abuja" entrou na Ría

Este venres, 29 de Agosto, tivo lugar unha nova concentración de protesta, pois ese mesmo día o buque metanero "LNG Abuja" entrou na Ría con miles de metros cubicos de GNL para a Planta de Gas de REGANOSA.


Este buque fai o nº 28 en 18 meses de funcionamento da Planta. Son 28 buques cargados con GNL que cada vez que, un deles, entra na Ría, poñen en perigo a seguranza de miles de persoas, é por iso polo que cada vez que entra un buque con GNL nos seus tanques, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha mobilización en sinal de protesta e para denunciar o conxunto do despropósito gasístico instalado no corazón da nosa Ría, en Punta Promontorio no concello de Mugardos.

Este venres, a concentración voltou ser moi sonora e cargada de forza e razóns, como non podía ser doutra maneira, dada a calidade humana e a consciencia cidadá do grupo de voluntarias e voluntarios do citado Comité que manteñen un alto grado de compromiso, orgullo e dignidade.

Mentras tiña lugar a sonora concentración, o buque estaba descargando o gas nos macrotanques de Mugardos, máis no caso de producirse unha emerxencia este buque non podería saír da Ría, dado que só o pode facer, auxiliado por remolcadores; con marea parada en pleamar diurna; con visibilidade superior a 800m e os ventos inferiores a 54Km/h, como así lembraba o compañeiro "Lalán" na súa intervención.

Todas as normativas sobre estes buques metaneros e as instalacións portuarias [por exemplo a UNE - NE 1532 de obrigado cumprimento] din que en caso de emerxencia, os buques, terían que saír polos seus propios medios a mar aberto, neste caso sería imposíbel de cumprir.
___________

xoves, agosto 28, 2008

As organización ecoloxistas e plataformas veciñais, dispostas a defender o litoral galego en todos os campos e impedir a aplicación do Plano Acuícola


As organizacións ecoloxistas e plataformas veciñais, dispostas a defender o litoral galego en todos os campos e impedir a aplicación, na práctica, do Plano Acuícola


O Consello Xeral da Xunta, como se preveía, aprobou hoxe o "Plano Galego de Acuicultura" que é unha -revisión- do anterior e nefasto “Plano Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega” elaborado, e aprobado en funcións, polo goberno Fraga [PP], máis coñecido como Plano Acuícola.

O goberno bipartito [PSdeG-PSOE /BNG], aprobou o citado plano, sen ter enconta, o fundamental, das máis de mil alegacións presentadas; á oposición do conxunto das organizacións ecoloxistas e ambientalistas galegas; ás numerosas plataformas veciñais; a sectores universitarios; ás advertencias de técnicos de Política Territorial.

Este 28 de Agosto de 2008, consumo-se a decisión política de seguir apostando por unha económia productivista, esquilmadora, especulativa e non sustentábel, apostando por unha industria de "macrofabricas de contaminación mariña". O Plano Acuícola é desde hoxe a principal ameaza contra o património natural do noso litoral.

ADEGA dixo:" ... consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán máis de 3 millóns de m2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo millóns de Hm3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados".

"... O máis grave é que un governo que se dí "progresista" aposte por modelos de desenvolvemento depredadores e insustentábeis, sacrificando o potencial e os recursos endóxenos do litoral a maior gloria das contas de beneficios das transnacionais do peixe de plástico".

"Non deixa de ser un paradoxo que Galiza, cun dos ecosistemas mariños máis produtivos e potentes do mundo, aposte por cultivar os peixes en terra dándolle as costas, mesmo comprometendo esa riqueza natural da que directa e indirectamente viven milleiros de persoas en todo o país. Centos de millóns de euros en subvencións públicas van ser agasallados ás empresas acuícolas en forma de axudas directas e indirectas (máis do 50% dos investimentos por planta), empresas para as que se vai expropiar a prezo de saldo os millores espazos da costa ..."

A Rede Galiza Non Se Vende dixo: "... o executivo galego aprobou a que será unha das máis grandes desfeitas que se producirán no litoral galego: a construción de 13 novas piscifactorias e a consolidación doutras 11 xa existentes, algunhas delas ocupando terreos da Rede Natura. ..."

"... Esta privatización encuberta do litoral suporá outorgar ás grandes multinacionais a explotación de extensas superficie agora adicadas á extracción tradicional dos recursos mariños suprimindo así os medios de manutención de milleiros de familias. E iso sen esquecer a grave contaminación que estas plantas acuícolas ocasionan ao medio mariño cuxa riqueza vese esquilmada pola avaricia das grandes multinacionais. ..."


Mobilización sonora e contundente

Mentras se consumaba a agresión ao noso litoral, coa aprobación do Plano Acuícola, frente aos edificios administrativos da Xunta en San Caetano, tiña lugar unha concentración de representantes de diversas organizacións ecoloxistas como VERDEGAIA, GREENPEACE, ADEGA, ... e plataformas veciñais como a de Quilmas, Corrubedo, Oia, Seráns, Arou, Camelle, Xove, ... e a Rede Galiza Non Se Vende que se mobilizaban con firmeza contra esta decisión política que vende o noso litoral ás "multinacionais do rodaballo dopado" como así os denominan @s compañeir@s de ADEGA. Grande sonoridade con ritmo e consignas como "As mellores piscifactorias son as nosas rías", "Goberne que goberne, Galiza non se vende", "A mellor acuicultura é a pesca de baixura", ... era o que destacaba na citada mobilización. [Nunha noticia publicada por Vieiros pode-se ver un vídeo con importantes declaracións]


A postura do pp

O PP volve pedir barra libre para o sector acuícola
O PSdeG defende que é un documento amplamente consensuado. Galiza Non se Vende organiza unha concentración este xoves contra o documento. [Noticia completa en Vieiros]


A patronal do "rodaballo dopado" moi contenta coa decisión política

Os produtores de rodaballo aplauden a aprobación do Plan Acuícola
Defenden que a medida é máis que unha "decisión política" por contar cunha "vintena" de informes técnicos favorábeis.[Noticia completa en Vieiros]


A loita continua

ADEGA dixo: "... Para cada unha das localizacións das macroplantas temos preparado unha batería de accións, propostas e iniciativas novidosas que van facer moi difícil levar a termo os proxectos previstos. ..."

A Rede Galiza Non Se Vende, diversas plataformas veciñais e as organizacións ecoloxistas, anunciaron protestas, accións xudiciais e administartivas, ... todo un conxunto de iniciativas, en defensa do litoral galego, para impedir a aprobación dos planos sectoriais.


Artigos de interese:

Touriño impón a inclusión do Plano Acuícola no que pode ser o último consello da lexislatura
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
Xoves, 28 de Agosto do 2008


A realidade da acuicultura industrial: STOLT solicita permiso de vertido... 20 anos despois !!!
Federación Ecoloxista Galega
___________________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia[26.08.2008]
______________________

Documentación:

A Xunta aproba o Plan Galego de Acuicultura [28.08.2008]

A Consellería de Pesca informou no Parlamento do resultado das alegacións ao Plan Galego de Acuicultura [03.03.2008]

O novo Plan Galego de Acuicultura bota a andar coa súa publicación no DOG [30.06.2007]

O texto do novo Plan Galego de Acuicultura pódese consultar na páxina web da Xunta de Galicia a través do enlace http://www.xunta.es/conselle/pe/publicacions/pga.html ou a través da web da Consellería de Pesca (http://webpesca.xunta.es).

Pesca presenta ao sector o borrador do Plan Galego de Acuicultura [12.01.2007]
___________________

As imaxes da explosión en Forestal do Atlántico son de setembro do 2007

A nova que publicou Artabra 21 às 01:48 hrs do 28/08/08 na súa primeira edición e ampliada logo en dúas edicións máis, en relación a un accidente ocurrido en "Forestal del Atlántico" corresponden realmente a setembro do 2007. A fonte que enviou as imaxes as databa no día de onte [27.08.2008] polo que deu lugar a confusión. A noticia se reafirmou ao dar outra fonte información das sereias de alarma que se escoitaron en Mugardos. Ártabra 21 continua investigando sobre a orixe destas imaxes e o porqué non apareceron publicadas antes. Desde Artabra 21 pedimos desculpas pola confusión creada e reafirmamonos no compromiso de continuar informando dun xeito crítico e veraz sobre todo o relacionado coa planta regasificadora de Mugardos.

Explosión en "Forestal del Atlántico", empresa do Grupo Tojeiro que está á beira de REGANOSA, no mesmo complexo químico-industrial de Punta Promontorio en Mugardos.


Onte, 27 de Agosto de 2008, sobre as 12 do mediodía comezan a soar as sereias, non era un simulacro, en "Forestal del Atlántico" pasaba algo, saía moito fume e pasou o que mostra o vídeo. Agardamos que haxa unha explicación da Dirección da Empresa, así como das autoridades locais, pois a estas alturas Barcia e Irisarri xa tiñan que estar pedindo e dando explicacións a cidadanía e diante dos medios de comunicación. Tamén calan os responsábeis da nosa seguridade na Xunta de Galicia e na Delegación do Goberno. E como non os medios de comunicación convencionais ocultan o accidente e iso que soaron as alarmas. Onde están os polític@s, coas súas potentes maquinarias electorais ?.



Video postado por Susete70 -
A web de Susete

"ATENT@S AO 'PEACHO PEPINO' QUE SAE DISPARADO DA CHEMINEA, CARA AO INTERIOR DA PLANTA PETROQUÍMICA, APARTE DAS MILES DE TONELADAS QUE ALMACENA DE PRODUCTOS TÓXICOS, INFLAMABLES E PERIGOSOS, TEN ENCOSTADA A SÚA DEREITA A ILEGAL PLANTA DE GAS CONSTRUÍDA NO INTERIOR DA RIA DE FERROL (REGANOSA)". Susete70

Comentario de Artritris en Chuza !:

"Ás 12 do mediodía de onte mércores comezaron a soar sereas en Punta Promontorio. Eu, que non quixen pecar de paranoico, non lle din moita importancia malia vivir a 450 metros e escoitar as sereas perfectamente, pero pechei as fiestras da casa, non fora ser o demo... Finalmente parece que non era unha simple "proba de son" e efectivamente, saltaran as alarmas pola explosión dunha cheminea da planta petroquímica. A ver se cando menos a prensa informa do que pasou. Menos mal que o becho leva aí catro días... " [28/08/08 01:58]
[Enlace co Comentario Orixinal]

[Complexo Químico-Industrial de Punta Promontorio - Mugardos- Ría de Ferrol]
_____

Actividade de Forestal del Atlántico, S.A.:


Fabricación de colas e resinas.
para a industria do taboleiro e impregnación de papel cunha ampla gama de produtos como son as colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol.

Parque de almacenamento e terminal marítimo de líquidos:
Forestal dispón de tanques de almacenamento cunha capacidade total aproximada de 280.000 m3 preparados para hidrocarburos e produtos químicos, e de instalacións portuarias para a carga e descarga de buques-tanque.

Distribución de produtos petrolíferos.
Forestal leva traballando dende 1997 non mercado de fueloleos.

Coxeración de electricidade e vapor:
Forestal posúe a súa propia planta de coxeración cunha potencia eléctrica instalada de 25 Mw para consumo eléctrico propio, exportación á rede e produción de vapor para a utilización na planta.

Actividades "ambientais":
Forestal ven desenrolando dende vos seus inicios a xestión de residuos MARPOL tipos A, B e C en conexión coa limpeza, deslastre e desgasificación de buques.

Porto de sólidos:
Cunha superficie de almacenamento de 50.000 m2, unha liña de atracada de 400 m. de lonxitude e un calado mínimo de 14m.
____________

mércores, agosto 27, 2008

Perigo! de novo está previsto que este Venres, 29 de Agosto, entre un buque cargado con GNL dentro da Ría, ante isto está convocada unha concentración


Perigo!! de novo está previsto que este Venres, 29 de Agosto, entre un buque gaseiro [LNG ABUJA] cargado con miles de toneladas de GNL, dentro da Ría. Ante isto está convocada, por parte do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, unha nova concentración na Praza Amada García diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Con este serán 28, os buques cargados con GNL que van a entrar na Ría de Ferrol desde maio de 2007, coa perigosa carga para REGANOSA, poñendo en perigo a seguridade e vida das miles de persoas desta comarca, coa complicidade das autoridades, locais, autonómicas e estatais. Mais outra vez, terá a resposta do movimento opositor á Planta de Gas que denunciará na rúa e ante a opinión pública a entrada do buque e todo o despropósito gasístico, por perigoso, ilegal e corrupto.

Buque: "LNG ABUJA", Bandeira : Bahamas, eslora: 285,40 m., manga: 45,7 m.
Capacidade: 126.500 m3 – Antiguedade: 28 anos


Concentración Sonora, de Protesta e Reivindicativa

Ante a chegada do buque gaseiro o Comité Cidadán de Emerxencia, anunciou, como ven sendo habitual nestes casos, unha nova acción de protesta na rúa o vindeiro venres, 29 de Agosto, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Participa e Difunde a convocatoria !!

A Ría é Nosa e Non de Reganosa !! Planta de Gas Fora da Ría !!
______________

Participa, ponte en contacto:

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________________

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”]:

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado]:

Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de ...
Convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro ...

Manifesto 17 de Febreiro de 2008 da Rede Galiza ...
A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral ...

Rolda de Prensa colectivos contra Plano ...
Asunto: Roda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola Rolda de Prensa colectivos contra ... Contido: PRÓXIMAS ACCIÓNS CONTRA O PLANO ACUÍCOLA Asisten: ...

Malpica e Camelle manifestanse contra o ...
O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte ... Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ...

4 de Novembro. marcha nacional contra o ...
4 de Novembro. marcha nacional contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia ... Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un ...

... o convite para unha manifestación nacional ...
Asunto: MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA ... NON AO PLANO ACUÍCOLA! A COSTA É GALEGA, E NON DE NORUEGA! Co patrocinio de: ...

Algúns artigos de opinbión ao redor de ...
Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. ...

O 15 de Novembro, concentración en Muxia na ...
O 15 de Novembro, concentración en Muxia na Defensa da Costa, contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia, convocada pola Plataforma Veciñal de Merexo ...

Manifestación en Malpica o vindeiro domingo ...
Asunto: 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro, domingo, contra o Plan Acuicola. ...

Unha grande mobilización na Defensa do ...
Miles de persoas manifiestan-se en Corrubedo en contra do Plano Acuícola ... Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21 ...

Informacións sobre a Marcha Nacional na ...
2 nov 2007 ... NON AO PLANO ACUÍCOLA VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA Facemos un chamamento a todos os colectivos, ...

Valoración da Plataforma Medioambiental de ...
E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, ...

Presentada a Rede Galiza Non se Vende
... do Courel a Corrubedo, as explotación mineiras, REGANOSA, o Plano Acuícola, ... Moitos despropósitos en pouco tempo, e o PP frotando-se as mans, . ...

Marcha a Corrubedo (Novo horario)
"Non o Plano Acuícola" Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas. Desde FERROL Saída de autobuses (Correos - Praza de Galicia) ás 8,45 horas * ...

Crónica: a mobilización social que volve
... xa que van desde o rexeitamento do Plan Acuícola que pretende ... desas augas e volve situar nun primeirísimo plano o papel da autoorganización social e ...

Confirmado lugar, data e hora para a ...
14 nov 2007 ... no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de ... acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para ...


Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia [26.08.2008]

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola ...
___________________

martes, agosto 26, 2008

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

Convocatoria Urxente: Xoves 28 de Agosto, ás 11 da mañá en San Caetano, Santiago de Compostela

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola.

Este proxecto, amplamente rexeitado, expropia terreos nalgúns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega, para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa. Unha actividade económica antiecolóxica (fan falla tres quilos de peixe bravo para producir un quilo de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxístico e que compite coa actividade pesqueira artesanal.

A rede de colectivos GALIZA NON SE VENDE convoca con urxencia para este xoves, día 28 de agosto, unha concentración en Compostela. Ás 11:00 da mañá en San Caetano. Acude e mostra o teu rexeitamento ás políticas que favorecen aos grandes grupos empresariais perxudicando ao interese xeral.

XOVES 28, ÁS 11 DA MAÑÁ EN SAN CAETANO

AS MELLORES PISCIFACTORÍAS SON AS NOSAS RÍAS

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE


__________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

________________

Informe: Arrestaron a catro persoas implicadas en conspiración para asasinar a Obama

Informe: Arrestaron a catro persoas implicadas en conspiración para asasinar a Obama

A canle de televisión de Denver CBS4 está informando que polo menos catro persoas están arrestadas por un posible complot para asasinar a Barack Obama, no que se planeaba dar morte ao candidato durante o discurso de aceptación que deu o xoves pola noite na Convención Nacional Demócrata. Estes homes están detidos por cargos de posesión de drogas ou armas. Un dos sospeitosos díxolle ás autoridades que ían "a dispararlle a Obama desde un lugar estratéxico, cun rifle con mira telescópica, a unha distancia de case 700 metros". Fontes da policía dixéronlle a CBS4 que se lle preguntou directamente a un dos sospeitosos se foran a Denver a asasinar a Obama, e este respondeu que si. O domingo, a policía arrestou a Tharin Gartrell durante un control de tránsito de rutina nun área residencial periférica de Denver. Dentro da camioneta que alugara, a policía atopou dous rifles- un deles con mira telescópica-, un chaleco antibalas, caixas de municións, radios portátiles e supostos narcóticos. Logo as autoridades foron a un hotel local e arrestaron a un cómplice de Gartrell, chamado Shawn Robert Adolph. A policía logrou arrestalo logo de que saltou desde a fiestra dun sexto piso para evitar ser capturado. As fontes dixeron que Adolph tiña unha esvástica, e que se cre que está vinculado a organizacións defensoras da supremacía da raza branca. O FBI e o Servizo Secreto están investigando o presunto complot.

________

Xa está publicado o Boletín de Noticias e os audios "Os titulares de hoxe" correspondentes a hoxe, Martes, 26 de Agosto de 2008, no

Blog para difundir Democracy Now! desde Galiza:

http://democracia-xa.blogspot.com/

__________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en todo o mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa. [+ Info]

_______________

Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de agosto de 2008 17:09
Assunto: Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol



Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

Nos últimos dias, deparamos com umha desagradável, ainda que relativa, surpresa na política da coligaçom governante na nossa cidade. O edil de Obras, Miguel Reimúndez, anunciou a assinatura de um contrato de privatizaçom do serviço de manutençom de ruas e passeios, de maneira semelhante a como se privatizou, no seu dia, a manutençom dos jardins ferrolanos.

Segundo diversos meios, será um contrato de dous anos em que o concelho se compromete a pagar 1.000.000 de euros e com o qual, segundo Reimúndez, vai "agilizar-se" o procedimento administrativo para a execuçom das obras, que até agora demorava até quatro semanas pola burocracia excessiva e a falta de meios próprios para acometer as obras menores.

É verdade que o serviço de manutençom municipal nom funciona como deveria. É verdade que é um tema de suficiente importáncia, polo que afecta no dia a dia da vizinhança, para que seja afrontado de maneira realista e resolutiva. É necessária umha brigada de obras dependente da administraçom local, com meios e pessoal suficientes para atender as necessidades.

Em lugar disso, a 'soluçom' proposta por IU consiste em aplicar as políticas do Partido Popular, imitadas cada vez mais também polo PSOE e polo BNG. Essas políticas partem da desatençom às necessidades do trabalho público para assim justificar as privatizaçons, que nom resolvem o problema e hipotecam os recursos públicos.

Nom é nada novo, nem sequer em Ferrol. Antes, partidos como o PP, PSOE e BNG assinárom contratos privatizadores de serviços como a água, o lixo ou a manutençom de jardins.

Como sempre nestes casos, parte-se de umha realidade: o mau funcionamento de umha área e, em lugar de fazê-la funcionar, decide-se pô-la em maos de umha empresa privada, favorecendo o lucro dos empresários e a precarizaçom das condiçons de emprego. Quer dizer, o governo renuncia a governar e contrata umha empresa que o faga no seu lugar, enquanto contribui para desacreditar os mesmos serviços públicos que renunciou a fazer funcionar.

De NÓS-Unidade Popular denunciamos a aplicaçom de receitas neoliberais como a que propom agora Izquierda Unida em Ferrol, e reivindicamos umha reforma dos mecanismos e recursos que afectam à área da manutençom de obras, pondo a funcionar umha brigada pública de manutençom e obras menores, para que funcione como deve sem deixar de ser o que sempre foi: um serviço público.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 26 de Agosto de 2008
_________________________