1 de Maio: Día do Internacionalismo Proletario.
Unidade Obreira e FOLGA XERAL! | SÓ CON LOITA E SEN PACTO SOCIAL PODERÁ HABER VITORIA | CONVOQUEMOS OUTRA FOLGA XERAL
Desde o estourido da actual crise xeral capitalista as condicións laborais e de vida das clases traballadoras e capas populares están sendo golpeadas pola implantación de medidas antiobreiras que teñen un só obxectivo: cargar as consecuencias da crise sobre as costas da maioría traballadora.
Para iso a burguesía e os seus gobernos de quenda non están dubidando en arrasar os dereitos históricos adquiridos, demostrándose unha vez máis a falacia que tratou e trata de presentar ao capitalismo como o modo de produción capaz de asegurar un futuro digno, próspero e estábel, tamén para a clase obreira.
Pero a crise estrutural do capitalismo tamén mostra o papel que cada estratexia de loita xoga neste escenario de crise. Tras as contundentes Folgas Xerais convocadas de mala gana polas cúpulas sindicais ante a esixencia das mesmas pola clase obreira, volve abrirse o debate sobre o Pacto e a Paz Social.
Para os CUO o debate está claro, o Pacto e a Paz Social son -por definición- renunciar a conquistas adquiridas a cambio de que non nos ameacen con algo peor. E tres décadas de sindicalismo de pacto social demóstrano pois só conseguiron que reforma tras reforma laboral e pacto tras pacto social se nos vaian liquidando os dereitos adquiridos mediante a loita desenvolvida anteriormente por un modelo sindical de clase.
Por iso os CUO apostamos por abrir un período de mobilizacións sostido no tempo e que aumente progresivamente o nivel de confrontación ata derribar todas e cada unha das medidas que os sucesivos gobernos do capital han ir aplicando. E usando a arma da Folga Xeral como principal elemento de loita.
Por iso, para os CUO, neste 1 de Maio, debe manifestarse a actitude militante dunha clase obreira que sitúe con moita claridade unha serie de elementos:
1º DE MAIO 2014
COMITÉS PARA A UNIDADE OBREIRA (CUO)
www.unidad-obrera.org
cuogaliza@gmail.com
--
Comités para a Unidade Obreira (CUO) - Galiza
Enviado por:
Comités para a Unidade Obreira (CUO-Ferrol)
-cuoferrol@gmail.com-
30 de abril de 2014 13:21
_____________

- A defensa da data do 1 de maio como día internacional de combate da clase obreira e que a enmarca con orgullo no recordo da súa historia de loita.
- O rexeitamento frontal á chamada paz social como práctica suicida para os intereses da clase obreira.
- A necesidade de pasar á ofensiva, a organizarse e preparar as mobilizacións necesarias para non só recuperar aquilo que nos está sendo arrebatado, senón para desposuír dos seus privilexios a unha minoría cuxa opulencia descansa sobre as nosas condicións de traballo e de vida, cada vez máis penosas.
- A disposición inequívoca de manter a loita ata o final contra un sistema que demostrou que nada trae de bo para a clase obreira e os sectores populares.