A estratexia económica de Podemos vai na boa dirección pero pode, e debe, ir máis aló ...
Austeridade ou estímulo?
Por Giorgos Kallis [*]
05.04.2015
Esta é a cuestión para economistas e gobernos tralas secuelas da crise. En Europa a austeridade non está funcionando nin economicamente nin moito menos socialmente, excepto para protexer a riqueza do 1%. En USAmérica evitouse o peor coas medidas de estímulo impulsadas pola débeda, pero a recuperación aínda está por chegar, o que indica un "
estancamento secular". Tal como temos argumentado en "
Decrecemento. Un vocabulario para unha nova era",
o propio dilema austeridade vs. estímulo quedou obsoleto. Entramos nunha nova era na cal relanzar o crecemento, xa sexa por medio da austeridade ou do estímulo, non é posíbel nin sostíbel. O rápido crecemento da posguerra en Occidente é unha excepción histórica, resultado dunha reconstrución logo dunha catástrofe sen precedentes. Un crecemento anual do 2% duplica a economía en 35 anos. Ao paso ao que se están esgotando os recursos naturais baratos, cada vez faise máis difícil manter este ritmo. Do mesmo xeito, vai ser moi difícil que demanda e investimentos continúen dobrándose en cada xeración e, máis aínda, nas economías maduras. Na década de 1980 e 90 as altas taxas de crecemento puidéronse manter a base de burbullas, produtos financeiros ficticios e de débeda pública e privada, postergando as consecuencias para o futuro. Pero até si o crecemento continuado fose posíbel, non sería desexábel. É causa directa do cambio climático e por encima dun certo nivel de riqueza ten máis custos que beneficios sociais sen facernos máis felices. Con todo, para o economista
Tim Jacksonla a cuestión central da nosa época non é austeridade ou estimulo, senón
como garantir a prosperidade sen crecemento, noutras palabras, como facer que o decrecemento sexa estábel.
Neste terreo, non esperamos nada dos conservadores ou socioliberais que gobernan Europa. Ambos abrazaron, máis ou menos, a austeridade con algúns gastos para clientelas seleccionadas. A esquerda tradicional, socialista ou keynesiana, está tamén apegada á idea do desenvolvemento das forzas de produción. Os Verdes, nos lugares onde gobernan, como en Alemania, apostan polo mito do "
crecemento verde". Noutros países onde son máis radicais, como en España ou en Grecia, onde si falan de decrecemento, teñen desafortunadamente unha escasa influencia electoral. Así que cando Podemos, un novo partido de esquerda radical formado por trintañeiros, nacido das Universidades e as prazas ocupadas e desde fai uns meses encabezando aa enquisas no Estado (
o artigo está feito en Decembro de 2014), lanza a súa estratexia económica, tense curiosidade e esperanza por si se vai a apostar por algo distinto. No
documento de Podemos, elaborado polos profesores Navarro e Torres, e publicado o pasado mes (
Novembro, 2014), hai moitos elementos positivos desde a perspectiva da
prosperidade sen crecemento, aínda que este non sexa o seu obxectivo.
En primeiro lugar, dá un forte respaldo á
redistribución con impostos máis altos para o capital e as rendas altas, unha renda mínima garantida e límites ás diferenzas salariais dentro das empresas. Si o crecemento está chegando ao seu fin, asegurar un mínimo vital para todos e reducir a desigualdade é básico.
En segundo lugar, o documento apela aos impostos para
frear as transaccións financeiras e a especulación en bolsa e propón unha serie de reformas no sistema bancario para desviar a capacidade de financiamento desde as burbullas cara ás necesidades reais das pequenas empresas e as clases traballadoras. Dirixir as finanzas cara ás necesidades reais con valor social engadido é un paso básico cara á prosperidade.
En terceiro lugar, apela ao debate democrático para reestruturar e cancelar parte da débeda privada e pública. De feito,
como argumenta Federico Demaria,
non se pode obrigar á economía a crecer artificialmente só para pagar as débedas que alimentaron o crecemento ficticio do pasado; parte da débeda ten que ser cancelada.
En cuarto lugar, o documento propón unha semana laboral de 35 horas. Nunha economía sen crecemento,
só se poden crear máis postos de traballo si todos nós traballamos menos.
En quinto lugar, o documento chama a un cambio nos investimentos cara ás industrias limpas e as enerxías renovábeis, impoñendo unha moratoria a todos os megaproxectos en infraestruturas desorbitadamente custosos e corruptos. Isto é parecido ao que
Naomi Klein chama "
decrecemento selectivo". Tamén
cambia o obxecto do investimento público cara ao coidado e a educación e chama ao apoio das cooperativas. Nunha economía de crecemento nulo ou baixo, as cooperativas teñen unha vantaxe natural: non requiren ganancias crecentes. E nun contexto de desemprego, os sectores intensivos en traballo dedicados ao coidado proporcionan máis emprego e de maior valor social.
Os grupos de traballo de Podemos nun proceso de consulta concretarán a implantación da estratexia. Unha cuestión crave é como se vai a reestruturar a débeda privada e pública. Non debe ocorrer, como ocorreu en Grecia ou Chipre, que sexan os acredores ou os debedores ricos quen se beneficien e os pequenos aforradores, españois ou estranxeiros, os que perdan. O documento chama tamén a mellorar a eficiencia do sector público pero, separadamente das boas intencións,
non concreta ningunha nova alternativa de esquerdas aos recortes dos neoliberais, as privatización e a externalización. Pérdese unha oportunidade para tomar ideas e inspiración da florecente economía cooperativa no Estado, na que os grupos de axuda mutua organizan solucións adquiríbeis para a saúde, educación, alimentación, vivenda ou servizos. Estas solucións poderían rexenerar os servizos de benestar, reducindo os seus custos de mantendo e profundando no seu carácter público.
O estímulo ao consumo está no núcleo da estratexia, pero os autores fan fincapé en que buscan un consumo ecoloxicamente sostíbel. Non queren volver ao período anterior á crise cun crecemento impulsado pola débeda e destrutor do medio ambiente. Con todo, non está claro como nin por que van obter este resultado a partir da combinación de políticas proposta. Sen ningunha outra medida complementaria a redución da débeda e a mellora dos fluxos de crédito poden relanzar o crecemento insostíbel. A redución das horas de traballo pode liberar tempo para o consumo material. Que vai facer Podemos si de novo comeza un crecemento insostíbel? O paquete de medidas proposto necesita ser complementado coas seguintes medidas:
Primeiro, límites obrigados ao total do carbono e dos materiais empregados na economía española (incluíndo os incorporados nos produtos importados) e límites á presión ambiental, como o total de terras que poden ser urbanizadas, a auga utilizada na agricultura ou as novas instalacións turísticas permitidas.
Segundo, prohibición das mega-infraestruturas que debería estenderse a unha moratoria de todos os proxectos perxudiciais ao medio ambiente, como novas presas, minas ou promocións inmobiliarias (hai moitas vivendas baleiras que poden ocuparse antes de empezar a construír de novo).
Terceiro, é necesario aplicar controis máis estritos en materia de publicidade.
Cuarto e máis importante, necesítase un cambio na fiscalidade, reducindo os impostos sobre o traballo e redirixindo-os cara ao uso dos recursos, cun deseño favorábel ás rendas máis baixas.
A prosperidade sen crecemento non é o obxectivo da estratexia, pero pode ser o seu resultado. Os autores recoñecen que o investimento no coidado e a educación se cadra non van aumentar o PIB inmediatamente. Están seguros de que si o farán a longo prazo, pero non dan ningún argumento convincente do por que. Sexa o que sexa, coincido con
Yayo Herrero en que temos que "saír da dicotomía keynesianismo-decrecimiento". As políticas públicas e os investimentos tamén van ser necesarias na transición cara ao decrecimento. Un "
keynesianismo" verde non é unha mala cousa, aínda que como sostiven noutras partes, é improbábel que conduza ao crecemento. E as políticas de
Navarro-Torres non son Keynesianas estritamente falando:
eles non pretenden estimular calquera consumo, senón o consumo que satisfaga as necesidades básicas. En resumo, as políticas que propoñen son boas, independente do seu efecto sobre o crecemento. Pero si ignoramos o PIB, como eles correctamente fan no seu documento, entón necesitaremos novas métricas do benestar para avaliar o éxito desas políticas. E teremos que asegurar que os obxectivos de ditas políticas se poidan alcanzar no caso de que, tal como eu creo, o PIB ou a actividade económica, de forma máis xeral, se negue a crecer,
o que significa que Podemos tería que manexarse cuns ingresos públicos estancados. Sen crecemento, unha cuestión crave é como se pode asegurar un estándar de vida digno para todos desde a, aínda considerable, riqueza común aínda que non crecente.
Neste contexto, será un erro si Podemos se rende na cuestión da Renda Básica. O informe de
Navarro-Torres suxire, no seu lugar, unha renda mínima garantida para aqueles que non poidan atopar traballo.
A vantaxe dunha renda básica universal como un dereito da cidadanía é que elimina o estigma do desemprego. Non é un factor disuasorio do traballo xa que a xente recíbea sen condicións e proporciona seguridade complementaria para aqueles que queiran traballar menos horas retribuídas e dedicar máis tempo á familia, ao coidado, ao lecer, ao desenvolvemento persoal, ao voluntariado ou ao traballo político. Os estudos preliminares mostran
que unha renda básica mensual de 400 a 600 euros por persoa é factible no Estado sen cambios dramáticos nos impostos.
Si a unha Renda Básica unímoslle o acceso a un paquete mínimo de recursos (
enerxía, auga, alimentos e vivenda)
necesarios para satisfacer as necesidades básicas a un custo baixo ou de balde garantido polo Estado, velaquí un novo contrato social. Un contrato que pode garantir a prosperidade de todas e todos sen crecemento.
[
*]
Giorgos Kallis, é profesor de ICREA do ICTA-UAB (
Universitat Autònoma de Barcelona). de Ciencias Sociais e do Comportamento. O profesor é un científico ambiental que traballa en economía ecolóxica e ecoloxía política. A International Fellow Marie Curie no Grupo da Universidade de California en Berkeley Enerxía e Recursos antes de chegar a Barcelona Giorgos ten un PhD en Política Ambiental e Planificación da Universidade do Exeo, en Grecia, un máster en Economía pola Universidade Pompeu Fabra, e Máster en Enxeñaría Ambiental e un Bacharelado en Química pola Imperial College, de Londres.
Corre-e:
giorgoskallis@gmail.com
conta de twitter:
https://twitter.com/g_kallis
Intereses de Investigación
A investigación do profesor
Giorgos Kallis, forma parte do campo interdisciplinar de estudos ambientais, é dicir, o estudo das causas sociais e biofísicos da degradación ambiental. Esta motivado por unha busca para atravesar divisións conceptuais entre o social e os dominios naturais como, por exemplo, a súa colaboración con
R. Norgaard en Berkeley, onde avanzarons co concepto de
co-evolución socio-ecolóxica (
concept of socio-ecological coevolution). Esta interesado nas raíces político-económicos da degradación ambiental e a súa distribución desigual ao longo de liñas de poder, renda e clase. A súa investigación actual está motivada pola dupla crise económica e ecolóxica global.
E explorar a hipótese de-crecemento sostíbel: a redución de escala económica suave para un futuro sostible, onde podemos vivir mellor con menos.
Publicado no
Portal do Decrecimento e na revista dixital
Sen Permiso. | 04.04.2015 e 28.12.2014
Documento de Podemos elaborado polos profesores Navarro e Torres, de 68 páxinas, en formato pdf, é un documento para o debate. | "
Un proxecto económico para a xente", na súa introdución di que "
O presente texto é un documento realizado a petición de Podemos para que sirva como punto de partida para a discusión e elaboración dun Programa Económico de goberno co que concorra a unhas próximas eleccións xerais", |
Acceder/Baixar.
Nota.-
Sinpermiso electrónico ofrécese semanalmente de balde. Non
recibe ningún tipo de subvención pública nin privada, e a súa existencia
só é posible grazas ao traballo voluntario dos seus colaboradores e ás doazóns altruístas dos seus lectores e lectoras.
_____________