mércores, outubro 22, 2008

Convocatoria e Acta da sexta reunión do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta

De: Participación Cidadá -participacion@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de outubro de 2008 09:19
Asunto: acta_sexto_gap e convocatoria do gap núm.8


Enviando por correo electrónico: acta_sexto_gap e convocatoria do gap núm.8

Acta da sexta reunión do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta [Martes 14 de outubro de 2008] en formato -pdf-

Convocatoria do gap núm.8

Espero a vosa confirmación de recepción. Un saúdo
___________

    Estimada amiga, Estimado amigo:

    Despois das últimas reunións do Grupo Análise e Proposta, do día 14 de outubro (GAP) e do 16 de outubro (GAP e cinco grupos políticos), achegamos unha nova convocatoria para o Martes 28 ás 19,00 horas no Salón de Plenos, cos seguintes asuntos a tratar:

    • Valoración do proceso de reforma do regulamento e validación do texto coas recomendacións xurídicas para a aprobación e conformidade co futuro Regulamento orgánico de administración e goberno.
    • Elección de representantes para a exposición do borrador do Regulamento no Pleno.
    • Presentación das Primeiras Xornadas de Orzamentos Participativos.
    • Debate sobre os criterios e pautas de selección dun territorio ou sector na posta en marcha de orzamentos participativos.

    Para calquera cuestión, poden poñerse en contacto coa Concellaría de Participación Cidadá (981 944 000 ext 219; participacion@ferrol.es).

    Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

    Ferrol, 21 de outubro de 2008.

    Francisco Javier Galán Pérez

    Concelleiro delegado de Participación Cidadá

    _______________

O vindeiro 30 de outubro terá lugar nas Pontes ás 19:30 hrs na casa Dopeso a conferencia de Urmi Basu "Vida e traballo coa infancia en Calcuta"

De: Montserrat González (Concello das Pontes de García Rodríguez)
-montserrat.gonzalez@aytoaspontes.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de outubro de 2008 14:42
Asunto:
Vida e traballo coa infancia en Calcuta

O vindeiro 30 de Outubro terá lugar nas Pontes, ás 19:30 hrs na casa Dopeso, a conferencia de Urmi Basu "Vida e traballo coa infancia en Calcuta"

Organizada polo Concello

Urmi Basú taballadora Social e presidenta da ONG New Light, é un referente na loita contra o tráfico de mulleres no seu pais, atende a mais de 200 nenos e nenas fillos e fillas das mulleres que se dedican a prostitución no barrio de Kaligaht. Nesta ocasión Urmi vestára acompañada por 9 nenos e nenas que por primeira vez saen de Calcuta.

A conferencia versará sobre a súa experiencia en prol da infancia e a loita dunha muller que quedou apartada da súa familia por dedicarse a atender os menores mais desfavorecidos da casta dos intocables.

Tedes mais información sobre Urmi Basu e os seus proxectos na seguinte dirección de correo


Estades todas e todos convidados para escoitar a esta muller tan loitadora e cunha vida adicaca a coidar da Infancia
________________

Protección de Datos avala e respalda a actividade do MpDC

A Axencia española de Protección de Datos trasladou o seu respaldo a actividade que está a levar a cabo o Movemento polos Dereitos Civís na defensa dos dereitos fundamentais dos cidadáns. A institución emitiu unha valoración, a petición da asociación, da sentenza do Xulgado Contencioso que obriga ao Concello de Compostela a retirar as cámaras de vídeovixilancia do centro histórico da cidade. Dende a Axencia recoñécese que a instalación descontrolada de cámaras e o tratamento posterior que se lle da ás imaxes obtidas "estase convertendo nunha preocupación cada vez maior dos cidadáns" e relaciónase esta situación co incremento considerable do número de denuncias presentadas por particulares perante a AEPD, "cuxa consecuencia directa supuxo un número superior a 120 inspeccións só no ano 2007".

As palabras do director da Axencia, agradecidas por parte desta asociación, non reflicten non obstante a realidade que estamos a vivir. O aumento do vídeocontrol tanto na Galiza como no resto do Estado estase a levar a cabo dun xeito irregular, sen que na meirande parte das instalacións se cumpran os requisitos mínimos para garantir o exercicio dos dereitos e das liberdades civís, principalmente pola falla dunha lexislación máis estricta e completa neste ámbito e pola desidia practicada dende as administracións encargadas de supervisar o cumprimento da normativa. A este feito, hai que engadir que a falla dunha lei que regule os dispositivos privados facilita que se produzan vulneracións dos dereitos en espazos que pertencen ao ámbito público, pero con impunidade salvagardada polo baleiro legal. Cicunstancia esta que dificulta máis aínda a defensa dos principios que asisten a todos os cidadáns, deixando a porta aberta ao mercadeo da imaxe propia en medios de comunicación, a Internet, etc. (tal e como se puido ver esta pasada fin de semana nun xornal galego que publicou as fotografías dunha parella tomadas por unha cámara ilegal privada).

Por iso agardamos que dende a AEPD se poñan en práctica os bos desexos do director de "manter o máis firme empeño en continuar coa nosa labor de velar polo cumprimento da normativa en protección de datos y control da súa aplicación".

Movemento polos Dereitos Civís | Rúa Rosalia de Castro - Galerías Belen - Local 108 (Santiago de Compostela) | Tel-Fax: 881972938 | Movil 610858850
__________________

60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de outubro de 2008 12:39
Asunto: 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos



60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Benqueridas amigas e amig@s:

A Iniciativa polos Dereitos Humanos é unha plataforma unitaria creada hai dous anos para sensibilizar arredor da Declaración Universal e incentivar na sociedade o coñecemento dos dereitos que a conforman, denunciar a violación dos mesmos no mundo e contribuír á súa materialización e perfección.

Para este ano, no que conmemoramos o 60 Aniversario, mantivemos unha primeira reunión e teremos unha nova o vindeiro día 27 de Outubro, ás 18:00 horas, nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz (Rúa do Valiño 13- 1º en Compostela) co obxecto de analizar as posibilidades de apoiarnos mutuamente en actos conmemorativos que faremos e promover algunha actividade conxunta arredor do 10 de Decembro (algunha está prevista no propio FSG).

Acordamos tamén invitar ás organizacións do FSG que tiveran interese en participar nesta Iniciativa.

Na actualidade a Iniciativa polos Dereitos Humanos está conformada por distintas entidades (Amnistía Internacional, Coordinadora Galega de ONGDs, Coordinadora de Crentes Galegos, Encrucillada, Esculca, Fesga, Fundación Luis Tilve, Fundación 10 de Marzo, Foro da Inmigración, Irimia, Seminario Galego de Educación para a Paz e Xustiza e Sociedade).

Agradecendo de antemán a vosa participación, trasládovos un saúdo cordial.

Manuel Dios Diz
Seminario Galego de Educación para a Paz

________________

O BNG empraza ao Alcalde Irisarri a convocar o Pleno comprometido sobre o Sector Naval

De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2008 13:29
Asunto: XOÁN XOSÉ PITA EMPRAZA A IRISARRI A CONVOCAR O PLENO COMPROMETIDO SOBRE O SECTOR NAVAL


XOÁN XOSÉ PITA EMPRAZA A IRISARRI A CONVOCAR O PLENO COMPROMETIDO SOBRE O SECTOR NAVAL

O portavoz municipal considera que "Irisarri foxe dos debates que comprometen a súa fidelidade ao PSOE"

Ferrol, 21 de outubro de 2008. O portavoz nacionalista no Concello de Ferrol emprazou esta mañá a Vicente Irisarri a convocar o Pleno que goberno local se comprometeu a convocar para analisar o futuro do sector naval e as reivindicacións dos Comités de Empresa de Navantia Ferrol-Fene.

Xoán Xosé Pita lamentou o comportamento do primeiro edil da cidade do que dixo que "segue a fuxir dos debates que comprometen a súa fidelidade ao PSOE". Así mesmo, evidenciou a negativa do Alcalde a que o conxunto da corporación municipal participe coa súa opinión neste asunto transcendental para o desenvolvemento industrial da nosa comarca, non convocando o Pleno comprometido e negando a participación dos grupos políticos nas reunións que mantivo cos representantes dos traballadores.

O BNG afirma que cumpre un posicionamento político que esixa a reapertura das tres mesas de negociación comprometidas pola Dirección de Navantia (SEPI). Mesas sobre o Novo Marco Regulador o Plan Industrial e a Regularización de actividade das compañías auxiliares, asemade quer que se concrete a contratación da 6 fragata prometida nas continuas visitas electorais dos Ministros a Ferrol, que Navantia Fene recupere a actividade civil e que se reactive a actividade que mantiña Navantia no sector eólico.

O portavoz nacionalista "esixe a SEPI que deixe de botar sombras sobre o futuro do sector Naval" e incide en que o BNG "non vai a xogar a lavarlle a cara a determinadas posturas políticas que no formal manteñen discursos diferentes en Ferrol e en Madrid".

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.
--
Xosé Manuel Pazo Blanco
____________

'Ferrol e o que queda por chover' presentación do libro de Alberte Momán

De: Alberte Moman -albertemoman@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de outubro de 2008 20:56
Asunto: 'Ferrol e o que queda por chover' na Galería Sargadelos


'Ferrol e o que queda por chover' na Galería Sargadelos

Xoves 23 de outubro, 20 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32, 15402 Ferrol) presentación de Ferrol e o que queda por chover, coa presenza do propio autor e de Melba Couto, mestra de literatura e lingua galegas no IES Sofía Casanova.

Ferrol e o que queda por chover
Alberte Momán
Editado por Lulu.com
ISBN: 978-1-4092-1367-3


Ferrol e o que queda por chover. Ferrol ten sentido. Has horas son un estigma nesta cidade. Unha restrospectiva histórica moi persoal sobre o Ferrol que me tocou vivir. Tamén dese outro Ferrol que viviron por min, das súas experiencias plasmadas na miña imaxe.

Pódese adquirir en:
Galería Sargadelos de Ferrol
Lulu.com
Amazon.com
ou solicitándoo neste correo electrónico: albertemoman@gmail.com


Alberte Momán. (Ferrol, 1976), profesionalmente enxeñeiro técnico agrícola, é autor de diversas obras premiadas, como 'O lobo da xente' (Edicións Positivas, Premio Narrativas Quentes 2003), 'Erótica' (Premio Francisco Añón de Poesía 2004, publicado en Agosto de 2005 na editora arcosonline.com), 'O pasado nas horas' (Premio Rosalía de Castro, Cornellá, 2004), 'De ter un can chamaríalle Guenguis' Mención de honra no certame de poesía GZcrea 2006 (recollido no volume colectivo 'Isto é un poema e hai xente detrás' (Espiral Maior. 2007), 'Baile Àtha Cliath' (Premio de poesía erótica Illas Sisargas 2007). No ano 2008 edita 'Ferrol e o que queda por chover' e 'Erótica' con Lulu.com. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Ten colaboracións dispersas por diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética 'Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata' (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía 'Sempre mar. Cultura contra a burla negra', promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra 'Benvidos á noite americana'. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de 'Efecto Iguana', novela por entregas que se publicou no suplemento cultural deste xornal. En Maio de 2006 participa nos 'Dias da Criaçao' celebradas na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En Febreiro de 2007 publica 'O alento da musa' (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 saca o volume colectivo de poesía 'A porta verde do sétimo andar', da agrupación do mesmo nome.

Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal, editada pola Universidade Complutense de Madrid, ou Dorna, que publica a Universidade de Santiago de Compostela.

--
http://moman.wordpress.com
________________

Vilar do Colo: Posición do BNG de Fene sobre o feito en Cabanas respecto ao Río Baa

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
xavi -xriveiro@ya.com-
ADEGA-TRASANCOS(FERROLIÑO)" -adegatrasancos@adega.info-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de outubro de 2008 18:29

Asunto: Vilar do Colo. Posición do BNG de Fene sobre o feito en Cabanas



Vilar do Colo: Posición do BNG de Fene sobre o feito en Cabanas e Convocatoria concentraicon entrada novo gaseiro

Boas a tod@s, os comentarios na ligazón de RadioFusión, estánse a poñer interesántes.
Invítovos a que participedes e volquedes as vosas impresións.
Un saúdo

Enlace en Radio Fusión sobre o Río Baa con comentarios

http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/ferrolterra


MANUEL POLO: 'SE CADRA EN CABANAS AS COUSAS NON SE RESOLVERON BEN CO RÍO BAA'
________________

Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de outubro de 2008 11:55
Asunto: Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento



Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño" de Ferrol XUNTANZA DO GAP...
10/17/2008

Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento.

A reunión celebrouse no salón de recepcións do Concello e durou máis de hora e media.

Diario de Ferrol.- -D. ALEXANDRE REDACCIÓN > FERROL

Os grupos municipais están conformes co avance do Regulamento de Participación Cidadá elaborado por entidades veciñais, colectivos, e cidadáns.

Os portavoces de PSOE, EU, PP, IF e BNG así llo manifestaron onte aos membros do Grupo de Análise e Proposta (GAP).

A reunión, coa que se pechou o proceso de elaboración do novo regulamento iniciado no pasado mes de maio e no que participaron unhas 70 asociacións locais, ademais de particulares, celebrouse a petición dos integrantes do GAP.

Estes estaban interesados en coñecer a opinión dos representantes municipais sobre este texto e manifestaron o seu desexo de que sexa aprobado por unanimidade cando leve ao pleno.

Neste sentido, tanto os concelleiros do Goberno (PSOE e EU) como da oposición (PP, IF e BNG) mostráronse de acordo co contido do documento e co método seguido pola Concellaría que dirixe Javier Galán (EU) para elaboralo, aínda que se reservaron o sentido do seu voto para a sesión plenaria.

Pero o que se convocou como posta en común do traballo levado a cabo polo grupo de veciños e a comisión política para mellorar o actual regulamento derivou nun debate sobre a compatibilidade deste coa lei de grandes cidades, cuxo desenvolvemento foi ratificado neste mandato.

Neste sentido, o concelleiro popular, José Manuel Rei, considerou conveniente perfilar primeiro como afectará esta lei aos órganos de xestión municipal antes de aprobar o novo regulamento.

Así, explicou que coa Lei de Grandes Cidades moitas das competencias que agora ten o pleno e que son tratadas previamente polos grupos en comisión asumiraas directamente o alcalde a través da Xunta de Goberno Local, polo que os cidadáns terán un maior nivel de participación nuns órganos do Concello cada vez máis baleiros de competencia, advertiu.

Nesta liña pronunciouse o independente Juan Fernández, que criticou ao rexedor por non explicar á oposición como aplicará a Lei de Grandes Cidades, non vaia ser que esteamos traballando nun novo regulamento de participación que non vai valer para nada.

Ante estas dúbidas, o edil de EU Javier Galán asegurou que non haberá contradición entre a lei e o regulamento, engadindo que se ou novo regulamento non se leva a cabo, dimitirei como concelleiro de Participación Cidadá.

Foi máis aló ao manifestar que EU non aceptará a Lei de Grandes Cidades cando contraveña a este regulamento de participación.

Pola súa banda, Manuel Santiago, representante do grupo municipal socialista na reunión, destacou que coa nova norma de participación Ferrol situarase á cabeza en canto ao traspaso de competencias á cidadanía da xestión municipal.

Co encontro de onte -que se iniciou ás sete da tarde e hora e media despois aínda continuaba- deuse por resolta a participación veciñal.

Agora serán os grupos municipais os que teñen que aprobar o texto que resultou deste proceso, primeiro en comisión informativa e logo en pleno, onde un portavoz veciñal defenderá o novo regulamento.

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com
________________

Solidaridade cos traballadores de MEGASA

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de outubro de 2008 16:53
Asunto: Solidaridade cos traballadores de MEGASA



A convocatoria de dez días de folga xeral dos TRABALLADORES DE MEGASA, en demanda dun convenio xusto e unhas condicións laborais propias dun sistema democrático, tiveron onte unha resposta cerril da patronal: o despido de dous traballadores (un deles membro do Comité de Empresa e de Folga).

Desde "Fuco Buxán" invitamos a toda a cidadanía, a expresar a súa solidaridade cos compañeiros de MEGASA, nesta loita democrática, por conquerir as condicións de traballo dignas e xustas que pretenden. [+ Info]

Engádese Artigo de Rafael Pillado (Vicepresidente de "Fuco Buxán, A.C."), publicado en "Diario de Ferrol" hai poucos días.
__________

MEGASA: O dereito a negociar un convenio razoable

Os compañeiros de Megasa pretenden negociar un convenio que sexa razoable. A empresa se nega a estudar as súas propostas e chegar a acordos cos lexítimos representantes dos traballadores, incluso apelando á intervención policial desmesurada, cando o conflito viña discurrindo pacífica y ordenadamente, e no marco pleno da legalidade.

Pois ben, estes días coñeciamos diversas opinións a través dos medios de comunicación, con algún dos cales discrepo diametralmente. Mentres Felipe do Muíño recorda a actitude serena dos traballadores o longo dos anos, sen renunciar nin os seus dereitos, nin o seu posto de traballo, Fernando Álvarez, sinala como prioritario “cuidar mucho a Megasa”, “y si una empresa para salvarse en época de crisis, tiene que reducir su plantilla … debe hacerlo…” E afirma que “… los acuerdos con los trabajadores es la diferencia entre la empresa privada y la pública”. Quere isto dicir que na empresa privada non caben os acordos? Que eu saiba, na nosa lexislación laboral, a negociación colectiva é un dereito dos traballadores. Incluso na Ditadura, tiveron que recoñecelo.

No caso de Megasa quen se nega a negociar é a Empresa. E quero dicir que esa empresa a compoñen o capital empresarial e os traballadores. A plusvalía non cae do ceo. ¡Sen traballadores, Megasa non sería Empresa!

E debemos saber que pese a constante redución de plantilla, Megasa duplicou a súa produción de aceiro. Iso chámase sobreexplotación.

E esa produción permitiulle á Empresa comprar a Siderúrxica Nacional Portuguesa. Supuxo convertela nunha multinacional, onde os recursos se moven a capricho do empresario. Un empresario paternalista que ten o concepto das relacións laborais propias do feudalismo. E xa sabemos o que pasa cando non se respecta o marco regulado polo Estado. ¡Mirade a EE.UU. hoxe!

Según o Sr. Álvarez, os traballadores son “servos da gleba”, e deben tragar o que se teña disposto polo patrón. (Por certo, faltoulle dicir no seu artigo que Segundo Vilaboi foi asasinado a garrote vil.)

Pero, Que piden os traballadores? Que barbaridade pretenden? Facerse coa empresa?

Pois o que queren e superar o convenio actual que está por debaixo do provincial do metal de A Coruña, pese a que o seu traballo se realiza en condicións durísimas.

Temas:

1.- “Contrato de relevo”, que permita renovar a plantilla, xa moi diminuída.
2.- Promoción interna. Como é posible que un 70% da plantilla sexan especialistas? ¡Así resulta máis barato!
3.- Cobrar efectivamente o 100% do salario no caso de accidente.
4.- Redución da xornada laboral, a máis alta do sector. Sobre 100 horas máis que na siderúrxica vasca.
5.- Un sistema de primas obxectiva, que non se rexan polo “dedo”.
6.- Aplicación do IPC real e non o previsto.
7.- Un plus por traballar na fin de semana.

E queren negociar, non ser só mandados. Para algo conquerimos a Democracia.

Por qué se nega a empresa a algo tan natural? Porque quere evitar ter que ceder unha parte dos beneficios xenerados polos traballadores. EI está movendo os traballadores dun posto de traballo a outro, para romper a súa resistencia. Pretende cortar as súas mobilizacións, buscando a división da plantilla e o seu cansancio polo custe económico das mobilizacións.

Estou seguro de que non o conquerirán, e algo terán que dicir os sindicatos e os traballadores de Ferrolterra. Solidariedade de clase.

___________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

________________

Iniciativa sobre o control á Plataforma de apoio ao Cabo Gago

De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de outubro de 2008 10:08
Asunto: Iniciativa sobre o control á Plataforma de apoio ao Cabo Gago



Iniciativa sobre o control a Plataforma de apoio ao Cabo Gago

O BNG pregunta no Parlamento polas denuncias da Plataforma Cidadá en defensa do cabo Gago sobre a vixianza á que os somete o exército

Santiago de Compostela, 16 Outubro 08.- O deputado do BNG Fernando Blanco Parga vén de rexistrar no Parlamento Galego unha pergunta para a súa resposta escrita sobre as denucias da Plataforma Cidadá en Apoio do Cabo Gago sobre a vixianza que o exército mantén sobre este colectivo.

Tal e como explica o parlamentar na iniciativa, “representantes desta plataforma denunciaron publicamente que na realización dunha rolda de prensa e dun acto público celebrado na sede do Ateneo Ferrolán ese mesmo día estiveran situados nun local fronte o edificio dous militares de paisano, controlando e realizando fotografías das persoas que asistían a ese acto”.

Do mesmo xeito, a plataforma realizou outra denuncia pública ao remate da manifestación de apoio ao Cabo Gago o pasado 12 de outubro en Ferrol, “sobre a participación de militares de paisano na propia manifestación, co interese de informar sobre o que ali sucedía”.

O parlamentar pergunta no texto se o goberno considera que “é función das Forzas Armadas o control e información dos actos e manifestacións convocados por unha Plataforma Cívica”.

Blanco Parga quer saber se “o goberno vai demandar algún tipo de información ao respecto destas denuncias do goberno estatal, responsábel do funcionamento das Forzas Armadas”.


Baixar ou acceder ao documento "Iniciativa sobre o controlo á plataforma do Cabo Gago" en formato -pdf-
________________

O Grupo Municipal do BNG lembra que “Irisarri adía desde o mes de abril a revisión da ordenanza municipal de antenas de telefonía”

De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 17 de outubro de 2008 09:50

Asunto: O BNG ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE PERMISIVIDADE COAS EMPRESAS DE TELEFONIA



O BNG ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE PERMISIVIDADE COAS EMPRESAS DE TELEFONIA

Xoán Xosé Pita lembra que “Irisarri adía desde o mes de abril a revisión da ordenanza municipal de antenas de telefonía”.

Ferrol, 16 de outubro de 2008. O portavoz do BNG, Xoán Xosé Pita, afirmou esta mañá que o Goberno Local non esta interesado en regular as antenas de telefonía móbil no noso Concello e lamentou a actitude municipal por ser demasiado permisiva coa proliferación de “estacións base” sen licenza municipal.

O BNG cre que é hora de porlle freo aos abusos que sofren os veciños e veciñas afectados polas antenas por parte das empresas operadoras e regular convenientemente a súa instalación de cara a garantir unhas condicións mínimas e que teñan en conta os problemas de saúde que poden acarrear este tipo de instalacións.

Pita indicou que o alcalde da cidade leva adiando desde o pasado mes de abril o inicio da revisión da Ordenanza Municipal de antenas de telefonía, para mellorala e adaptala a Lei estatal de telefonía Móbil. Unha ordenanza aprobada no ano 2002 que se atopa desfasada e na que a xuízo do BNG se deberían reforzar aqueles aspectos onde o concello si pode impor restricións máis firmes, dentro das súas competencias, como é nos apartados urbanísticos e estéticos.

Queremos lembrar o acordo plenario, tomado por unanimidade, para a revisión desta Ordenanza, impulsado polo BNG, debido ás múltiples denuncias pola instalación deste tipo de antenas na práctica totalidade dos barrios da nosa cidade que mesmo foron e son obxecto de informes do valedor do Pobo, de sentencias xudiciais que dan a razón aos veciños e veciñas mentres que as antenas seguen a funcionar sen que ninguén actúe.

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
_____________

martes, outubro 21, 2008

A Ría na Rúa

Contra os que se empeñan em destruír e pórnos em perigo, tendo como obxectivo a súa riqueza e como aliada a irresponsabilidade de quen nos debería defender, o Comité cidadán de emerxencia para a ría de Ferrol quere construír.

Coa inestimábel axuda de dez artistas plásticos da nosa cidade, totalmente desinteresada, e coa colaboración da Concellaría de Cultura, temos deseñada esta actividade. Dez prazas da nosa cidade van ver como, desde un suporte baleiro, xurde unha obra de arte, enriquecéndonos a tod@s.

Son tempos difíciles, pero non podemos amolarnos. A busca cega do beneficio, e a venda absurda e mentirosa de postos de traballo a cambio do noso futuro, estanos a levar a un pozo sem fondo. A Planta de gas é o exemplo máis claro, aínda que, lamentabelmente, non único. Mais nós somos a xente, o pobo, a cidadanía e imos reaxir. Axuda tamén, un pouco de alegría e reflexión para os sentidos e para o espírito; iso é a arte, esa grande creación humana.

A ría, que nos ten dado tanto, vai verter e por uns días,adentrarase terra adentro. Tod@s sabemos que non existiría Ferrol sem ela ... non nos suicidemos.

Camiñaremos, avaliaremos, gozaremos da arte e remataremos o dia 1 cun magosto. Un magosto para conxurar a morte coa alegría de vivir. Entre os cadros murais, as gaitas, os aturuxos e as castañas, tamén matinaremos sobre o que non pode ser. Acudide, estades na vosa casa.

Difundir:

Para acceder ou baixar:

Cartaz en formato pdf

Folleto en Formato pdf
_______________

Outra vez a néboa ...

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 20 de outubro de 2008 16:57

Asunto: Outra vez a néboa ...



Outra vez a néboa ...

A néboa, por segunda vez en menos dunha semana, impediu esta mañá a entrada a Reganosa, do "LNG Madrid Spirit" coa súa carga de gas natural licuado.

Outra vez terá que fondear na ría de Ares, co risco consiguiente para as poboacións daquela contorna, ata a próxima pleamar diurna de mañá, se para entón as condicións de visibilidad permíteno.

Outra vez en poucos días, voltamos plantexar os temores que o pasado xoves manifestabamos, e así sucesivamente, ante cada entrada dun buque na nosa Ría.

Por cada entrada anunciada – teña lugar ou non - este Comité Cidadán de Emerxencia, seguirá convocando á CONCENTRACIÓN, para manifestar a Autoridades e cidadanía, o perigo permanente a que estamos expostos, pola ilegal ubicación da Planta de Gas, e para seguir esixindo:

¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡

Pleamar día 20: 8,49 e 21,31 h.
Pleamar día 21: 10,02 e 22,58 h.

Isto diciamos fai só 4 días:

"Onte, 16 de outubro, non lle foi posible ao LNG "EDO" arribar a Reganosa. Uns minutos antes da pleamar, encheuse de néboa a boca e o interior da Ría, desistindo o buque da manobra de aproximación, e retrasando a súa entrada á próxima marea diurna.

A aparición da néboa nas nosas augas surxe de súpeto moitas veces .

Preguntámonos que pasaría, se esta circunstancia se dera xa inciada a entrada no canal. Co buque entre castelos, e sen visibilidade, sería probable que encallara.

¿Cal sería a reacción da poboación circundante, ó saber que un barco cargado de GNL, unha bomba flotante, estaba accidentado e próximo as nosas casas?.

¿Ou se por causa grave tivera que abandoar a ría e se pechara de néboa nese momento?

¿Saberían as nosas Autoridades que decirnos?.¿Saberíamos nos que facer?……"

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

____________

venres, outubro 17, 2008

Charlas-Coloquio de FerrolDeporte no Ateneo

De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de outubro de 2008 22:18
Asunto: Charlas-Coloquio deFerrolDeporte no Ateneo




FerrolDeporte
propón para paliar o mal que sofren hoxe en día moitos clubs deportivos, unha serie de charlas-coloquio no Ateneo Ferrolán.

A partir do 16 de Outubro, e durante os dous próximos xoves (23 e 30 de Outubro), a asociación ferrolana FerrolDeporte emplaza a todos os directivos de clubs da comarca a tomar parte nos faladoiros que se celebrarán no Ateneo Ferrolán a partir das 20.00 h e ata as 22.00 horas.

O 16 de Outubro, abre o ciclo "Os nosos poucos cartos", unha charla na que se tocarán aspectos do financiamento, subvencións, axudas e patrocinios privados, entre outros temas sobre os que os presentes poderán intercambiar opinións. O día 23 as infraestructuras tomarán protagonismo na conferencia "Vos lugares onde vive ou deporte", na que se abordará os problemas dos locais así como necesidades futuras dos clubs neste sentido.

O ciclo de faladoiros clausurarase con algunhas das claves da formación, a comunicación e os procedementos que as distintas entidades terán que desenvolver fronte á administración en "Que deberiamos aprender".

Ateneo Ferrolán
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303


http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0
_________

xoves, outubro 16, 2008

Hoxe o "LNG Edo" cargado con GNL para REGANOSA, non poido entrar na Ría por mor da presencia de néboa espesa ao longo do seu canal, ...

Hoxe o "LNG Edo" cargado con GNL para REGANOSA, non poido entrar na Ría por mor da presencia de néboa espesa ao longo do seu canal, no momento da marea morta en pleamar diurna. O buque cargado co perigoso gas durme na Ría de Ares. Mais a acción de protesta tivo lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Berros de frases cargadas de razóns alertaban do perigo que supón a entrada de gaseiros para a ilegal e perigosa REGANOSA.

O compañeiro "Lalán" voltou reiterar da ilegalidade da entrada de gaseiros na Ría e informou de que a vía administrativa, contra o despropósito gasístico, continua aberta, pois recibiron anuncio de que a correspondente dirección xeral da Comisión Europea, vai emprazar ao Goberno Español, ante a denuncia da cidadanía polo incumprimento de REGANOSA da Directiva Seveso II [Artigos 8 e 12], respecto á proximidade a zonas poboadas e sobre o efecto dominó que pode causar un accidente, tanto na planta de gas, como no complexo industrial petro-químico [Forestal del Atlantico] ao que está encostada. Por outra banda Jam López, coordenador da campaña "A Ría na Rúa", informou de dita campaña que terá lugar entre os día 25 de Outubro e 1 de Novembro que pretende levar a loita contra REGANOSA a dez prazas de Ferrol, coa colaboración de 10 artistas que realizarán murais en ditas prazas, ademais dun roteiro reivindicativo e un magosto popular.
_______________

Presentación en Ferrol de "Xanela aberta", libro de Adela Figueroa, hoxe ás 8 da Tarde

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de outubro de 2008 17:01
Asunto: Presentación "Xanela aberta", libro de Adela Figueroa



Presentación "Xanela aberta", libro de Adela Figueroa

Convidamos a asistir á presentación do libro de Poesía

"XANELA ABERTA"

de Adela Figueroa Panisse

Xoves, 16 de outubro, ás 8 da tarde.

Galería Sargadelos - Ferrol

Desenhos: Celsa Sánchez Vázquez
Limiar: Marica Campo
Ediciós do Castro

Presentación: Suso Piñeiro,

Presidente de ADEGA – Trasancos.
________

Boletín Especial "Eventos e Convocatorias" de ADEGA - 15 de Outubro de 2008

17-19 e 24-26 de outubro. CAMPAMENTO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO RÍO TEA
camptea08.jpgNa campaña de outono do Proxecto Ríos e dentro do programa de Voluntariado en Ríos en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, celebrarase durante tres fins de semana de outubro (10-12; 17-19; 24-26) un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción para eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material (traxes e botas de auga, material de inspección, guias de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos Durante os tres turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en rexime de pensión completa.
Información e inscricións na seguinte ligazón: CAMPAMENTO VOLUNTARIADO TEA 08

18 e 19 de outubro. Feira de TERRACTIVA e actos da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
logo_feira_mmm.jpgEsta fin de semana, nos días 18 e 19 de outubro ADEGA estará presente en dous importantes eventos que terán lugar no país: un de carácter nacional e outro internacional. O primeiro é o Festival das Artes pola Biodiversidade TERRACTIVA, que vai ter lugar en Arzúa. O segundo é a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES en Vigo, que este ano está adicada á soberanía alimentaria. Preme para ver o programa detallado de actos!

26 de outubro. ROTEIRO POLO COUREL E MAGOSTO
ancares1.jpgO tema da programación de roteiros 2008-2009 son os Parques Naturais, os xa declarados e os propostos, nomeadamente os da cornixa oriental galega. Dende ADEGA entendemos que a declaración dunha zona singular como é O Courel como Parque Natural debe ser un beneficio para a comunidade en xeral, e en especial para os habitantes dese espazo. Por iso, comezamos este ciclo de roteiros cunha camiñada polo Courel desde Paderne até Sobredo, acadando unha lonxitude de 12 quilómetros. É un percorrido de dificultade baixa, sendo o punto máis alto da ruta o Castro de Brío con 1.060 metros (no km. 5), e o máis baixo o paso sobre o río Lor, a 450 metros sobre o nivel do mar (no km. 11). Como remate, e mentres algunhas e algúns preparamos o MAGOSTO, outras e outros faremos un anexo de 3 km máis polos penedos de Ferreirós, aos que se lles recomenda levar lanterna.

DOMINGO 26 DE OUTUBRO

Normal ............................................. 15 €
Estudantes, xubilados/as e no paro. ........ 12 €
Socios/as. ........................................ 10 €
Até 17 anos ....................................... 5 €

SAÍDA: diante da Escola de Maxisterio de LUGO ás 9 da mañá

Imprescindible anotarse chamando ao 699626660 (Xosé Luis) ou 982240299 (local de ADEGA Lugo)

8 e 9 de novembro. II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO
Bótalle unha man ao lobo!
O lobo é a especie máis emblemática da nosa cultura. Simboliza o máis indómito da nosa fauna. Todos/as os/as que esteades interesados/as en colaborar activamente na conservación do lobo poñédevos en contacto con Pepe Salvadores, vogal de Diversidade Natural de ADEGA (correo electrónico: psalvadores@edu.xunta.es; teléfono 659 683 384).
Hai moito que facer para axudar á conservación desta especie que está en regresión.
O máis inmediato: II Encontro sobre o lobo galego. No CEIDA (Santa Cruz. Oleiros), os días 8 e 9 de novembro. Achegaremos máis información proximamente.

Máis información:
Local nacional (981 570099) ou na páxina:
www.adega.info
_________

Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas): 26 de Outubro de 2008

De: Miguel Ángel Fernández -miguelafp@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 15 de outubro de 2008 18:51

Asunto: Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas)


Roteiro reivindicativo en defensa das Fragas do Rego Pequeno (Somozas): 26 de Outubro de 2008

Querid@s compañeir@s:

É para min un pracer remitirvos información sobre o noso seguinte roteiro, que terá lugar o vindeiro 26 de outubro.

Como sempre iremos en bus, dende a escalinata de Correos en Ferrol.

Cando chamedes, lembrade dicir un nome completo e o número de persoas. Tede en conta que as prazas son limitadas.

Como información adicional que non aparece no arquivo adxunto, direivos que o percorrido discurre por unha pista forestal en bo estado e, na parte final, por pistas alfaltadas, polo que non é imprescindible que o calzado sexa de montaña.

Lembrade levar cada un/unha a súa auga e comida.

Saúdos,

Miguel.
[Para amliar o folleto clicar acima da imaxen]
[Para amliar o folleto clicar acima da imaxen]
_________________________

Boletín de Noticias de Democracy Now! - Mércores, 15 de Outubro de 2008

A hora completa do programa de radio e televisión Democracy Now! -- "O Informe de Guerra e Paz" -- sae en inglés (texto, audio, e vídeo) en www.democracynow.org. A continuación o noticiero "Os titulares de hoxe" e a síntese en español da hora completa do programa. O audio e o texto atópanse en www.democracynow.org/es

Os Titulares de Hoxe en español
Baixe o arquivo audio en español (MP3)
O audio atópase dispoñible ao redor das 5:00 pm (17:00), hora de NY

As radios que queren emitir o audio poden descargalo desde un link exclusivo para emisoras. Este servizo non ten custo. Por favor, contáctar para recibir esta información.
______
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
________

Comezou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, o primeiro celebrado en Europa, coa participación de 150 mulleres ...

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de outubro de 2008 21:06

Asunto: FOTOS E INFO do VII Encontro



FOTOS E INFO do VII Encontro

TODOS OS DIAS PODEDES SEGUIR NESTA WEB O DESENVOLVEMENTO DO VII ENCONTRO INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES QUE ESTÁ SUCEDENDO EM VIGO

www.feminismo.info

Comezou o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, o primeiro celebrado en Europa, coa participación de 150 mulleres procedentes dos cinco continentes


Mulleres en marcha até que todas sexamos libres! é o lema que enmarca o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres que se celebra nesta ocasión na Galiza, sendo destacábel o feito de que este é o primeiro Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres celebrado en Europa.

Neste encontro do feminismo internacional participan un total de 42 coordenadoras nacionais: 84 delegadas e 25 observadoras e mulleres convidadas de países como Dinamarca ou Inglaterra que non contan aínda con coordenadora nacional, facendo un total de 150 delegadas procedentes de todo o mundo.

Deuse o caso de representantes de coordenadoras que non puideron asistir porque as fronteiras se fecharon para as mulleres de Guinea, Gana e Nixeria, ou por temor a non poder recuperar a sua vida despois de ter participado neste encontro internacional de mulleres, é o caso de Irán.

O recibimento e inauguración do encontro consistiu nun acto de acollida das delegadas galegas que fixeron de anfitrioas oferecendo unha mostra da cultura, tradicións e da música galega feita polas mulleres, nun acto cargado de emoción. A terra foi o principal elemento simbólico que foi o enlace que uniu as mulleres dos diferentes países e culturas.

A presentación do Encontro correu da man de Tereixa Otero da Coordenadora Nacional Galega, e Míriam Nobre da Coordenadora do Secretariado Internacional.

Na mañá do día 15 celebrouse o pleno inicial que se centrou na análise do plan estratéxico mundial da Marcha e na introdución ao traballo das distintas áreas ou campos de acción, coa participación das coordenadoras nacionais de Albania Argentina, Bangladesh, Bélgica, Bolivia, Brasil, Burkina Faso, Catanlunya, Chile, Colombia, Costa de Marfil, Cuba, Euskadi, Filipinas, Francia, Galiza, Grecia, Guatemala, Haití, India, Italia, Kenia, Líbano, Macedonia, Mali, México, Mozambique, Nepal, Nueva Caledonia, Paquistán, Perú, Portugal, Quebec, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Ruanda, Senegal, Sudáfrica, Sudán, Suiza, Turquía.

Ver fotos en pantalla completa

Na súa intervención Miriam Nobre sinalou vários aspectos preocupantes para as mulleres e que teñen que ver co modelo de mercado e as relacións económicas do mundo actual que seguen en moitos países excluindo as mulleres incluso do seu dereito de acceso á terra.

A crise financeira que xorde en EEUU e está contaminando a todo o mundo, demostra que a economía financeira actual está afastada da produción real da riqueza que é a producida polo traballo humano. Esta economía que é virtual ten impacto na economía real, no quotidiano e é a causa do encarecemento dos alimentos, sobre todo para aquelas comunidades que non consuman os seus produtos locais. Agora podemos dicir que o mercado está corrupto, non só se dá a corrupción nos estados, tamén no mercado, e son case sempre os homes os que protagonizan este apropiamento das riquezas e dos recursos sen medir as consecuencias para o conxunto da poboación.

O grado de cinismo é tan grande que se impón a percepción de que cando o Estado para os profesores está gastando, cando compra títulos da banca está invirtindo. Estase a dar un proceso de privatización das ganacias e socialización das perdas.
Conclúe Miriam Nobre que temos que construír unha forza grande todas as mulleres para reaccionar a esta situación.

Outro aspecto que foi avaliado foi o proceso de emigración de mulleres do Sul e do Leste que se dedican ao coidado no Norte, sen ter acceso ás mesmas proteccións e dereitos. Hai inmigrantes que son útiles e outras que non.

Para as vindeiras xornadas a Marcha Mundial das Mulleres vai debater sobre a violencia cara as mulleres, a paz e a desmilitarización, o ben común e o traballo das mulleres que son os campos de acción de traballo e en equipos rexionais organizados en Asia e Oceanía, Américas, África, Europa, Medio Oriente e Mundo Àrabe.

No contexto do Encontro Internacional, a soberanía alimentaria está presente en cada debate e terá culminación no Foro de Soberanía Alimentaria que está ideado para propiciar este debate concreto desde a perspectiva feminista. Celébrase o vindeiro 18 de outubro e culmina na feira que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de outubro desde as 11 da mañá na Praza da Estrela en Vigo. A manifestación será o domingo 19 de outubro desde as 12.00h con saída na Praza do Concello de Vigo, baixo o lema "MARCHA CON NÓS PARA MUDAR O MUNDO". Percorrerá as rúas de Vigo até a Estación Marítima.No seu comezo terá lugar a construción dun Milladoiro coa participación de todas as delegadas da Marcha Mundial das Mulleres.
Modificado o ( Mércores, 15 Outubro 2008 18:23 )

www.feminismo.info
marchagaliza@feminismo.info

--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

__________

Sherlock II: Efecto compás de duelo

De: Comunistas da Galiza P.C.P.E.
-comunistasdagaliza@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de outubro de 2008 09:23
Asunto: SHERLOCK II



SHERLOCK II EFECTO CAMPÁS DE DUELO

VIÚVA A CHORAR

SHERLOCK Ola. Novamente estou aquí. Son o famoso detective Sherlock Holmes.

WATSON E tamén estou eu, Watson, infaltable acompañante de Sherlock? Que misterio temos que investigar hoxe, Sherlock?

SHERLOCK Non escoitas?... Son campás de duelo.

WATSON Algún crime, algún asasinato?

SHERLOCK Están a tocar a morto en Wall Street? no centro, no cogollo, no mongondo do imperio financeiro norteamericano.

WATSON Pois deberan tocar a festa porque, se lin ben os xornais, os lexisladores gringos aprobaron o salvavidas para os bancos usureIros de Wall Street.

SHERLOCK Tes razón. Os lexisladores fixéronse cómplices do maior roubo da historia moderna.

WATSON Esquecín a cifra, Sherlock... de canto era o botín?

SHERLOCK 700 mil millóns de dólares, Watson. Se se puxesen un sobre outro eses billetes, a torre chegaría á Lúa.

WATSON Ou sexa, que o goberno gringo vailles inxectar esa millonada de diñeiro aos bancos?

SHERLOCK Boa palabra, Watson. Inxectarlles. As inxeccións son para os enfermos, verdade? A economía norteamericana está enferma. Talvez unha enfermidade terminal.

WATSON E todo ese diñeiro sae de?

SHERLOCK ? do peto dos contribuíntes norteamericanos, da xente común. As cidadás e cidadáns honestos pagan a estafa dos banqueiros. E os banqueiros, felices da vida.

WATSON Pero, entón, Sherlock, por que están a tocar a morto en Wall Street? Iso é o que non entendo.

SHERLOCK Sabes por quen dobran as campás? Polo neoliberalismo. A doutrina neoliberal? morreu.

WATSON Non entendo, Sherlock.

SHERLOCK O neoliberalismo, meu querido Watson, baseábase no famoso principio da "man invisible".

WATSON De que man estás a falar, Sherlock?

SHERLOCK Estados Unidos dixo e repetiu e volveu repetir e a repetir que o mercado se regula só. Que o Estado non ten que meterse a arranxar as cousas do mercado. Os brillantes economistas neoliberais afirmaron que o mercado ten "unha man invisible" que o amaña todo.

WATSON Pero se é así? por que o Estado ten que lles resolver agora o problema aos banqueiros?

SHERLOCK Ese é o crime, o meu querido Watson. A famosa "man invisible" só lles serviu aos banqueiros neoliberais para estrangular aos debedores. E como a avaricia rompe o saco, eles tamén rebentaron.

WATSON E agora?

SHERLOCK Agora, na hora da crise, pídenlle a papi Estado que os salve, que os saque de apuros. E papi Estado dálles o diñeiro dos contribuíntes para que sigan prestando e explotando a eses mesmos contribuíntes.

WATSON Pero, onde quedan, entón, os principios neoliberais?

SHERLOCK Nas nádegas, querido Watson. Limparon as nádegas coa súa infalible doutrina neoliberal. Ese é o truco do neoliberalismo. Cando as cousas van ben, quedo con todo. E cando van mal, que papi Estado mo amañe.

WATSON As ganancias privatízanse?

SHERLOCK e as perdas se socializan.

WATSON Que fillos da ... eses banqueiros!

SHERLOCK Por iso, aquel poeta revolucionario Bertolt Brecht preguntábase: que delito é maior, roubar un banco ou fundalo?

EFECTO CAMPáS E REQUIEM

SHERLOCK Reza, Watson, reza pola doutrina económica neoliberal. Réquiem polo neoliberalismo e por todas as súas mentiras.
_______
  • SHERLOCK II
  • ERE E DESPEDIMENTOS EN MASA
  • INTERNACIONAL II
  • INTERNACIONAL I
  • HUMOR
  • DA OLIVEIRA DE TEO
  • NOVOS ENCOROS NO MIÑO E O SIL!
  • MESA REDONDA
  • 10 PREGUNTAS SOBRE A CRISE
  • RESOLUCIÓN
  • RESOLUCIÓN
  • xornadas memoria historica
  • MAIS HUMOR. O REI E A CRISE
  • HUMOR
  • _________

    http://comunistasdagzpcpe.blogspot.com/

    http://www.pcpe.es/
    ________________

    mércores, outubro 15, 2008

    Ao redor do Día Mundial Contra a Pobreza: 17 de Outubro de 2008

    Ao redor do Día Mundial Contra a Pobreza, na Galiza realizanse moitos actos diferentes vilas e cidades [Viana do Bolo, Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, A Coruña, Lugo, Ouerense]. En Ferrol podes participar na "Concentración e Performance" este Venres, 17 Outubro, desde as 7 da tarde a nove da noite, no Cantón frente ao Palco da Música.

    "ANQUE OS LÍDERES POLÍTICOS SE COMPROMETERON A LOITAR CONTRA A POBREZA, SÓ NESTE ANO HAI 50 MILLÓNS MÁIS DE PERSOAS CON FAME QUE PODO FACER EU PARA APOIAR A MOBILIZACIÓN CONTRA A POBREZA? "

    Acudir coa miña xente á manifestación "tod@s contra a pobreza" que terá lugar este sábado, 18 de outubro, en Vigo. Ás 12.30 sairemos da Praza da Independencia deica á Praza da Constitución. Se non estás dacordo con que @s polític@s non cumpran coas súas promesas: dío en alto. Agardámoste!!!"

    Tamén podese colaborar:
    • Difundindo carteis, dípticos, octaviñas, bandas brancas... no meu centro de traballo, no cole das miñas crianzas, na miña universidade
    • Apoiando o manifesto da campaña coa miña sinatura
    • Informándome sobre a campaña en www.pobrezacero.org
    • Engadindo os banners da mobilización nas miñas comunicacións e páxinas web:
    http://www.rebelatecontralapobreza.org/spip.php?article390
    • Animando á participación de máis colectivos (asociacións de veciños/as, organizacións de mulleres, grupos ecoloxistas, pacifistas, sindicatos, igrexa, etc...)

    Máis información:
    www.rebelatecontralapobreza.org
    www.pobrezacero.org
    www.galiciasolidaria.org
    _________________

    Ferrol Solidario acompañanos a seguinte programación:

    Dende a Àrea de Solidaridade,Cooperación e Voluntariado invitamosvos a participar con nosco o dìa 17 de Outubro na Praza de Armas a partir das 11h. da maña,con motivo do dìa Mundial para a Erradicación da Pobreza.Adxuntamos o programa con todas as actividades.

    Saúdos

    DÍA DA ERRADICACION DA POBREZA 17 DE OCTUBRE de 2008

    PROGRAMACIÓN

    11:00 INAUGURACION

    -Exposición Fotográfica. CRISIS OLVIDADAS. Médicos Sin Fronteras.
    -Comercio Xusto.
    -Bases Concurso Fotografía.
    -Mesa con Material Divulgativo.
    - A árbore “ Outro Mundo é Posíbel”

    14:00-16:30 PECHADO

    -Exposición Fotográfica. CRISIS OLVIDADAS. Médicos Sin Fronteras.
    -Comercio Xusto.
    -Bases Concurso Fotografía.
    -Mesa con Material Divulgativo.
    -A árbore “ Outro Mundo é Posíbel”

    19:00-20:00 PERFORMANCE ( Plataforma Pobreza Cero, Coordinadora Galega de ONGDs.)

    PERFOMANCE:

    O acto xirará en torno a unha mesa de tres metros ubicada na rúa, no que dun estremo se representará a unha persoa sentada a mesa dun país “desenvolvido” e do outro se representará a unha persoa senda a mesa dun país “subdesenvolvido”. A idea deste acto, non é tan só mostrar as diferenzas existentes entre o primeiro e terceiro mundo, ben coñecidas xa por todos e todas. Senón explicar as súas causas, incidindo ademais na crise alimentaria actual. Polo que a ambientación de cada un dos lados da mesa, xirará en torno a esa idea.

    Parar apoia o entendemento do “teatrillo”, na parte de diante e visible da mesa colocaremos diferentes carteis, nos que se dean cifras e exemplos prácticos, para visualizar de forma tanxible á magnitude de pobreza da que estamos falando. (obxectivos do milenio...). Tamén haberá un último cartel, no que escribiremos, a frase. “Somos a primeira xeración capaz de erradicar a pobreza do mundo

    Por outro lado, haberá ubicado nun lugar visible da mesa, un ábaco ou similar que complemente a función. Que servirá para representar dun modo máis visual o que queremos facer. Cada vez que unha persoa firme ou coloque un compromiso no patchwork, as contas do ábaco tenderán cara a redución da pobreza, e mentres non se faga nada e o “teatro” que xira en torno o lado que represente o “primeiro mundo” as contas do ábaco tenderá cara o aumento da pobreza. (Pódese acompañar dun cartel que a través dunha frase explique o movemento das contas. Ex: Gáñalle a partida a pobreza... etc...)


    20:00- Representación Teatral, “ANIMALIÑOS” e “ATAQUE VERBAL”, por Bartoleta Teatro. Dúas obras de teatro de temática social que reflexan distintos aspectos, todos eles relacionados coa pobreza.
    __________

    DN!: Boletín Democracy Now! - Martes, 14 de Outubro de 2008

    NÓS-Unidade Popular apoia a decisom de IU e do BNG e reclama que se retire o convite à rainha espanhola na comemoraçom dos 150 anos de Ferrol

    De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
    Para: artabra21@gmail.com
    Data: 14 de outubro de 2008 18:57
    Assunto: NÓS-Unidade Popular apoia a decisom de IU e do BNG e reclama que se retire o convite à rainha espanhola na comemoraçom dos 150 anos de Ferrol



    NÓS-Unidade Popular apoia a decisom de IU e do BNG e reclama que se retire o convite à rainha espanhola na comemoraçom dos 150 anos de Ferrol

    A esquerda independentista galega organizada em Ferrol em NÓS-Unidade Popular quer fazer pública a sua denúncia polo papel vergonhoso que o máximo representante municipal de Ferrol, Vicente Irisarri, está a fazer no relacionado com a comemoraçom dos 150 anos da nossa cidade. Parece-nos um insulto ao povo ferrolano que os actos institucionais sejam modificados em funçom da agenda da rainha espanhola, a quem nom vinha bem participar nos actos na data própria da celebraçom: o dia 13.

    Em lugar de dar ao evento personalidade própria e convertê-lo num acto autónomo em que o povo seja protagonista da efeméride, o PSOE, com o apoio do PP, opta por render vassalagem a umha instituiçom monárquica que carece de qualquer aval democrático e é rechaçada por boa parte do nosso povo.

    Tal como noutras ocasions temos criticado a atitude submissa de todos os partidos representados no pleno municipal, nesta ocasiom fazemos público reconhecimento da negativa de IU e do BNG a participar de umha comemoraçom humilhante e injustificável em que se cede o protagonismo a umha representante da família Bourbon, alheia ao nosso país e à nossa cidade.

    Esperamos que esta decisom de IU e o BNG nom seja puramente conjuntural, dada a evidência da ridícula manobra protagonizada por Irisarri e o seu partido. Em nengum caso forças que se dim republicanas e/ou nacionalistas galegas podem legitimar umha instituiçom caduca, antidemocrática e alheia à Galiza.

    Da mesma forma, NÓS-Unidade Popular quer reclamar que o PSOE evite qualquer exaltaçom espanhola na celebraçom de umha data histórica para Ferrol. O dinheiro da instituiçom municipal nom deve ser gasto em propaganda monárquica do nacionalismo espanhol, e sim em serviços sociais e na defesa da identidade inequivocamente galega da nossa cidade.

    Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

    Ferrol, 14 de Outubro de 2008

    www.nosgaliza.org

    nacional@nosgaliza.org
    __________

    Anunciada a entrada na Ría do 32 gaseiro con GNL para REGANOSA, polo que o Comité Cidadá de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta

    [O metaneiro frente ao barrio de Caranza, saíndo dunha reparación realizada, hai anos, no asteleiro de Perlio - Foto Xan Porto]


    De: Comité Cidadán de Emerxencia
    Para: artabra21@gmail.com

    Data: 15 de outubro de 2008 00:20

    Asunto: xoves 16, ás 7 tarde: CONCENTRACION (Gaseiro Nº 32º)



    Xoves 16 de Outubro, ás 7 tarde: CONCENTRACIÓN (Gaseiro Nº 32º)

    Anunciada a entrada na Ría do gaseiro nº 32, cargado de GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

    CONCENTRACIÓN – MANIFESTACIÓN

    Partindo da Praza Amada García
    (Edificio Xunta de Galicia ó lado da Praza de España)

    Xoves, 16 de Outubro,
    ás 7 da tarde
    (Retomando o horario de inverno)


    Características do buque: "LNG EDO"
    Eslora: 285 m. manga: 45,6 m. calado: 11,5 m.
    Capacidade: 126530 m3
    Antiguedade: 28 anos. ( 1.01.1980)

    ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

    Comité Cidadán de Emerxencia
    para a Ría de Ferrol
    comitecidadan@gmail.com
    http://comitecidadan.org

    ______________