martes, decembro 08, 2009

Galiza perante o cumio do clima de Copenhaguen


Por Xosé Veiras García [*]
24.11.2009

Desde hai polo menos 20 anos non faltan razóns sólidas para tomarse moi en serio a mudanza climática, unha das caras, xunto co cénit do petróleo, da crise enerxética global. O problema xa está aquí, golpeando primeiro e máis forte ás xentes máis desfavorecidas.

Porén, os impactos actuais serán pouca cousa en comparación cos futuros se superamos o limiar dunha mudanza climática “moi perigosa”, o que acontecería se non invertemos antes de 2020 a tendencia de aumento das emisións mundiais de dióxido de carbono (CO2) e outros gases de invernadoiro. É o primeiro paso necesario para prevenirmos unha mudanza climática catastrófica.

Malia o Protocolo de Quioto -incumprido por estados como o español- a taxa anual de aumento das emisións de carbono debidas á queima de combustíbeis fóseis multiplicouse por catro entre a década dos noventa e o período 2000-2007. Non vai ser nada fácil, se se recupera o crecemento económico, atinxir o teito mundial das emisións nos próximos anos. Moito máis díficil aínda, por non dicir imposíbel, será reducilas até chegarmos cara ao 2050 a niveis polo menos un 80% inferiores aos de 1990, no caso de tentarmos seguir pola vía do crecemento ilimitado, inherente ao capitalismo.

Ninguén podería asegurar que o cumio do clima a celebrar en Copenhaguen do 7 ao 18 de decembro será a derradeira oportunidade para salvarmos o clima, mais se non é a derradeira será con certeza unha das últimas. Xa perdemos moito tempo, de xeito que hoxe a mudanza climática é inevitábel. Se seguimos a perdelo, o que será inevitábel será unha crise climática de consecuencias devastadoras, peores canto maior sexa o aumento da temperatura media global do planeta. Estamos chocando contra os límites da Terra e canto máis insistamos en vivir por riba das posibilidades ecolóxicas mais nos achegaremos ao abismo.

A chave do éxito do cumio de Copenhaguen, no que se debería adoptar un acordo ambicioso, xusto e legalmente vinculante que substitúa ou amplíe o Protocolo de Quioto, téñenna os países enriquecidos. Polas súas emisións históricas e actuais (moi superiores ás que lles corresponderían nun reparto equitativo considerando a súa poboación), son os responsábeis da crise climática (e da máis ampla crise ambiental global). Son os que máis deben e poden facer para a resolver, nun cadro de responsabilidade común entre países mais diferenciada. Como era de agardar, e con excepcións como a de Noruega, as posicións dos países industrializados durante o proceso de negociacións previas a Copenhaguen non están á altura das súas responsabilidades, especialmente no caso dos EUA. O conxunto das propostas destes países supoñen entre unha cuarta parte e unha terceira parte da redución de emisións necesaria no horizonte do ano 2020 segundo o mellor coñecemento científico. A día de hoxe, os estados centrais non están dispostos a asumir plenamente a súa débeda climática.

Unha elevada pegada de carbono

Galiza forma parte claramente do grupo de países responsábeis da mudanza climática. As nosas emisións por habitante ascenden a 12,7 toneladas, unha cifra moi elevada que mesmo supera amplamente a media europea e española. É certo que unha parte corresponde a emisións “importadas”, asociadas á electricidade, aos produtos petrolíferos ou ao aluminio producidos no noso territorio e exportados ao resto do Estado español ou a outros estados. Mais mesmo descontando estas emisións, o noso contributo relativo á mudanza climática seguiría a ser alto, moi por riba do socioambientalmente aceptábel.

Segundo senllos estudos realizados nas Universidades de Santiago e da Coruña, a nosa pegada de carbono, é dicir, a superficie de terreo arborizado necesaria para absorber o CO2 procedente do consumo de enerxía, situaríase entre 1,7 e 2,1 hectáreas por persoa. Isto equivale a afirmar que abonda practicamente coa pegada de carbono, unha das compoñentes da pegada ecolóxica, para nos convertermos en “transgresores ecolóxicos” a escala global, para termos un modelo socioeconómico ecoloxicamente insustentábel.

Loxicamente non todos os galegos e galegas somos igualmente responsábeis da débeda climática que o noso país está contraendo cos países empobrecidos ao se apropiar dunha parte excesiva da capacidade que teñen os sistemas naturais do planeta de absorber CO2, cuxa superación é o que provoca o caos climático. Sen esquecermos que a maioría da poboación galega fai parte da chamada “clase consumidora mundial”, son os gobernos –desde os municipais até o estatal- e máis as grandes empresas os principais responsábeis de que Galiza sexa parte do maior problema socioambiental global.

As emisións galegas de gases de invernadoiro foron en 2007 un 23,4% superiores ás de 1990, que é o ano de referencia para o Protocolo de Quioto. As nosas emisións aumentaron en maior medida aínda que as do conxunto dos países enriquecidos, nos que o incremento medio foi do 9,9%. Isto non aconteceu por acaso, senón pola aplicación de políticas públicas curtopracistas e irresponsábeis. Por exemplo, mentres as accións a prol do aforro enerxético tiveron un carácter pouco máis que simbólico, encheuse o país de estradas de alta capacidade que favoreceron a urbanización dispersa (e por conseguinte a demanda de mobilidade motorizada) e o uso abusivo do coche.

Por tras das políticas públicas que estimularon o aumento das emisións de gases causantes da mudanza climática están os intereses das transnacionais do sector enerxético, do da construción ou do automobilístico. Os “accionistas contra o clima” teñen moita máis forza que os activistas en defensa do clima á hora de influíren nas políticas de gobernos e nos hábitos dos consumidoras e consumidores, pero alén diso son responsábeis directos da maior parte das emisións que teñen lugar na nosa terra. Seis transnacionais privadas foron responsábeis de nada menos que do 51,6% das emisións de gases de invernadoiro de Galiza en 2007, último ano para o que se dispón de datos oficiais sobre as emisións totais do país. Os seis maiores emisores son, por esta orde, Endesa –o primeiro con moita diferenza, grazas á súa central térmica de carbón das Pontes-, Gas Natural-Unión Fenosa, Alcoa, Repsol, Ferroatlántica e Cementos Cosmos (Corporación Noroeste-Grupo Cimpor).

A xustiza climática desde Galiza

A xustiza climática debería ser o principio inspirador dun novo tratado climático. Que significa para un país como Galiza aplicar o principio da xustiza climática?. Dúas cousas moi importantes. Reducir drasticamente as súas elevadas emisións e axudar aos países empobrecidos a mitigar e a adaptarse á mudanza climática, é dicir, contribuír a que melloren as condicións de vida das súas xentes con baixas emisións de carbono e a que minimicen os impactos negativos da mudanza climática que xa é inevitábel e que foi provocada polos países enriquecidos (fundamentalmente pola “tríade devoradora”: EUA, UE e Xapón).

Non se trata no noso caso de desacelerar o aumento das emisións, de diminuílas a respecto dun escenario tendencial “business as usual”, como se pode esixir nestes momentos a países como Brasil ou China. Isto era, sen ir máis lonxe, o que propoñía o plano de loita contra o cambio climático do bipartito, que se conformaba con que as emisións en 2012 fosen un 37% superiores ás rexistradas en 1990, cando no 2007 eran un 23,4% maiores. Feixóo anulou este plano, de seguro que non para o mellorar, senón para o substituír por outro aínda peor, facéndolle de paso o favor á nosa esquerda parlamentaria de disimular a súa falta de compromiso climático, tal como fixo Aznar con Zapatero ou Bush con Obama. Fronte a unha dereita tan extremadamente produtivista case calquera pode pasar por “ecoloxista radical” nun momento dado.

Galiza debería comezar xa a reducir de forma sostida as emisións –máis alá de contextos de crise como o actual- iniciando a transición cara a estilos de vida e modos de produción sustentábeis, sen recorrer ás reducións virtuais que trampas do mercado de emisións permiten ou a falsas alternativas como a enerxía nuclear ou os agrocombustíbeis insustentábeis. Como facelo?. Pois, por exemplo, loitando porque pechen canto antes as térmicas de carbón e impulsando con forza a xeración de electricidade renovábel de xeito socioambientalmente responsábel; deixando de enterrar tanto diñeiro en estradas que xeran máis e máis tráfego e promovendo adecuadamente o transporte colectivo; con máis soberanía alimentaria e con menos grande distribución, “alimentos quilométricos” e agricultura e pesca industrial (agora tamén armada!); ou desbotando a incineración e promovendo a redución e a reciclaxe intensiva dos residuos urbanos.

Trataríase, en definitiva, de procurarmos vivir ben decrecendo o consumo de enerxía e de materiais e distribuíndo con equidade a riqueza, o que ademais de nos situar no lado da solución xusta á temíbel crise climática, nos prepararía para escenarios futuros de escaseza e encarecemento de recursos naturais, nomeadamente do petróleo, do que tanto dependemos hoxe (unha mostra diso é que fornece o 62% da enerxía dispoñíbel).

Sermos coherentes coa xustiza climática significa tamén colaborarmos, na medida das nosas responsabilidades e capacidades, nos esforzos de mitigación e adaptación á mudanza climática nos países empobrecidos. Con financiamento adicional ao destinado á cooperación, o que desde logo será moito pedir para algúns, considerando os orzamentos escandalosamente raquíticos destinados até hoxe á cooperación, que o Goberno Feixóo pretende reducir aínda máis para o próximo ano, até suporen tan só o 0,086% do orzamento da Xunta.

A xustiza climática non está no programa dos que nos gobernan desde institucións e empresas, así que cómpre da mobilización de todas as persoas que demandamos o pagamento da débeda climática e loitamos por un mundo xusto e sustentábel, o que pasa por atinxir un bo acordo en Copenhaguen. O próximo Día de Acción Global polo Clima (12 de decembro) é unha ocasión para facermos ouvir de novo as nosas voces.

Publicado en altermundo.org
________________

 Acima Xosé Veiras nun detalle dunha foto de X. M. Albán

[*] Xosé Veiras, o ecoloxista maduro e rigoroso. Por Xaime Leiro. Verde si, maduro tamén. O biólogo compostelán Xosé Veiras, vocacional cento por cento, naceu en 1970 cando o ecoloxismo galego (Adega e a Sociedade Galega de Historia Natural) empezaba a dar os seus primeiros pasos. Hoxe, ambas as dúas asociacións, polas que pasou este activista, representan, coma el, a madureza dun movemento plenamente asentado en Galicia, que é capaz de sacarlles as cores ós representantes de multinacionais como Endesa, Celulosas ou Pescanova. Precoz, entrou con 15 anos na SGHN, un colectivo centrado máis no estudo ca na denuncia. Esta concepción de seriedade científica nos argumentos non o abandonaría xa nunca, impregnando dela toda a súa actividade futura. Despois de ocupar a secretaría xeral da SGHN, con apenas 18 anos, e sendo presidente Xosé Manuel Penas Patiño (actual alcalde nacionalista de Rois), este empedernido trotamontes, deu un paso máis contra o minifundismo tan asentado na comunidade e empezou a traballar por aglutinar os esforzos de todos os grupos galegos no xerme do que sería a Federación Ecoloxista Galega, da que foi coordinador xeral entre 1996 e 2001, e converteuse na voz solvente e na cara autorizada de todo o movemento en Galiza. Afastado paseniñamente da SGHN por considerar que tiña moito de estudo e pouco de defensa do medio, entrou en Adega, da que foi secretario executivo entre 2001 e finais de 2005. O proceso deseñado pola Unión do Pobo Galego para o control efectivo do grupo derivou no seu abandono da organización e nunha ruptura traumática que acabou por frutificar no nacemento de Verdegaia. Crítica, solvente, rigorosa, independente e apartidaria, así é a organización que soña para Galicia este biólogo metido agora a consultor ambiental, que denunciou con contundencia os responsables populares da xestión do accidente do Prestige que se converteu en marea negra, e que tampouco calou (como si fixeron significativamente outros) cando o verán pasado eran os nacionalistas os que tiñan baixo o seu control o operativo contra os lumes forestais que derivou en catástrofe ecolóxica. Rara avis sen ataduras. [No xornal diario "Galicia Hoxe"]

________________________

Morales marca o século XXI boliviano e planta-se contra o imperialismo




A Paz, 7 dic (ABI
) - O presidente reelecto Evo Morales, gañador indiscutíbel das eleccións do domingo co 63% dos votos, marcou a fe e lume o século XXI boliviano e plantado cara contra o imperialismo e o capitalismo, en momentos en que a Latinoamérica progresista non alcanza a dixerir o crebe institucional na centroamericana Honduras e Colombia consente a instalación de bases militares de Estados Unidos.

Co seu esmagador triunfo nas urnas, que non sorprendeu en Bolivia nin aos seus opositores máis enconados, Morales parece despexar a gran incógnita: o século XXI en Bolivia será rexido polo indio orixinario desta terra, como o foi no pasado polo branco non indíxena.

Tamén, a orientación que seguirá o Estado Plurinacional de Bolivia, o socialismo comunitario aberto ao investimento estranxeiro, privada ou pública, baixo o principio de "negocios si pero co Estado como reitor".

Nese marco de restauración estatal, Morales deixou en claro o seu talante gruñón contra calquera forma imperial e o seu apego á rexión.


Morales, de 50 anos, o presidente con maior apoio popular na historia política deste país, campión da inestabilidade institucional en Latinoamérica, dedicou o seu triunfo electoral aos países e gobernos que apoiaron a súa enunciada "revolución democrática e cultural", en referencia aos signatarios da Alternativa Bolivariana para os Pobos da nosa América (ALBA) e gobernos e líderes de Europa e Asia, que apontoaron o seu goberno de esquerdas.

"O triunfo en Bolivia non só é para os bolivianos; este triunfo dos bolivianos é, fundamentalmente, un xusto recoñecemento, é unha dedicación, a presidentes, a gobernos, a pobos antiimperialistas", salientou.

O mandatario indíxena confirmou o seu segundo mandato consecutivo e pasará, a controlar a bicameral Asemblea Lexislativa Plurinacional (ALP), sucesora do Congreso, onde as previsións afirman que non atopará escollo para pór en práctica a súa Constitución, referendada nas urnas con apoio maioritario en xaneiro último.

O mandatario reelecto comprometeu-se, á luz do apoio popular que recibiu nas urnas, a acelerar o proceso de cambios estruturais que puxo en marcha na súa primeira xestión e que subliña a "nacionalización ou descolonización de Bolivia", como concepto político e cultural e, no económico, o retorno da riqueza natural a mans do Estado e, en consecuencia, a industrialización de Bolivia, o país máis pobre de Sudamérica.

"Temos a enorme responsabilidade con Bolivia, pero tamén coa vida e a humanidade, de profundar e acelerar o proceso de cambios", impúxose nun discurso pronunciado a horas de desvelada a súa incuestionábel vitoria electoral ante miles dos seus achegados.

"Que obteñamos máis de dous terzos (na ALP) obríganos, obrígame, a acelerar o proceso de cambios", insistiu.

Morales que conseguiu efectivamente "refundar Bolivia", algo que parecía máis unha frase de boas intencións cando foi investido presidente en 2006, basea, entre outras cousas, a súa pretensión de terminar de cambiar Bolivia ata 2015 na utilidade marxinal que lle deixou o triunfo electoral da véspera: esnaquizar a "Media Lúa" boliviana, unha ficción xeográfica que serviu de plataforma ideolóxica para promover a secesión territorial do país andino amazónico.

Noutras palabras, escorrentou as pantasmas da división de Bolivia que planearon fai pouco máis dun ano.

Así, baixo este cadro da situación, fixo un chamado ata os seus enconados opositores a "traballar" e "servir" a Bolivia.

"Fago unha convocatoria a autoridades que non queren traballar con Evo, a alcaldes, a cívicos, a empresarios, a intelectuais que dubidan, a servir a Bolivia", afirmou en ton sereno e conciliador.

"Que veñan a traballar polo pobo boliviano, porque somos da cultura do diálogo", insistiu ao arengar a adhesión dos seus adversarios políticos ao modelo de país que profesa.

"Agora si temos o camiño aberto, entendéndonos como bolivianos, un camiño aberto, dialogando con distintos sectores para aplicar a primeira Constitución, aprobada polo pobo boliviano" nas urnas en xaneiro pasado, desafiou.

Acusado recurrentemente de autoritario polos seus opositores, Morales demostrou o seu fervor democrático, pois todo o que conseguiu a favor das súas políticas fíxoo, cos matices e aparato propios da política criolla, no terreo do institucional.

"O pobo, coa súa participación, demostra que é posible cambiar Bolivia en base ao voto do pobo boliviano", aseverou, ao tempo de render tributo á vocación democrática dos seus compatriotas.

"Hoxe Bolivia novamente demostra unha vocación democrática, unha revolución democrática, cultural, ao servizo do pobo. Novamente o pobo boliviano fai historia, grazas a esa conciencia do pobo. O que hoxe viu o pobo boliviano é como avanzar como un proxecto, cun programa do pobo, ao servizo do pobo boliviano", afirmou.


Congratulouse porque, "con máis do 63% (dos votos), case 64%, impuxéronse estas transformacións no económico, no estrutural e económico".

Reducida a dous dos nove departamentos bolivianos, dous menos que no pasado recente, a oposición fixo, con todo, pouco menos que unha declaración de guerra á convocatoria de Morales.

O seu principal contendor electoral, o ex militar Manfred Reyes Vila, que logrou adherir o 28% dos votos, dixo que o triunfo de Morales non representa senón a ratificación de que o país está aínda dividido entre dous modelos e visións de Estado e formas de vida: a occidental versus a indíxena orixinaria.

"No país subsiste a división" dixo á luz dos resultados electorais, mentres que outro dos seus adversarios electorais derrotados, o adiñeirado empresario Samuel Doria Medina, anunciou oposición a Morales en base do magro 6% que obtivo nas urnas.

"É importante sinalar que os problemas que mencionaramos como a pobreza, a falta de traballo, os abusos de parte do partido gobernante, o incremento desmedido na promoción da coca e os seus derivados, póidase agravar co resultado das eleccións e iso preocúpanos", cuestionou.

Por Coco Cuba

Fonte: ABI
_______________________________

luns, decembro 07, 2009

Atentados urbanísticos en Recimil

A Asociación San Fernando, aínda recoñecendo que as obras actuais das Casas Baratas de Recimil, non colman as nosas aspiracións para a súa rehabilitación, entendemos que é un paso importante o que se está dando, xa que o tratamento de beirados e bajantes supón un importante freo á deterioración dos edificios, en espera da solución definitiva que sería a substitución das cubertas por outras novas.

En canto ao problema do pintado, que se afronta por vez primeira en máis de 60 anos, queremos facer constar a nosa protesta por este novo ataque á esperanza de humanización dos nosos fogares, a través dunha denuncia relativa ás cores da pintura, cando todos sabemos que se cometeron verdadeiros atentados urbanísticos coa nosa barriada, de moita maior entidade que un pintado máis ou menos vistoso, sen que ninguén se escandalizase por iso.

Por exemplo:

En pártea Norte do grupo I, correspondente á Praza de España, a edificación deixou un espazo no centro, para permitir a comunicación entre ambas as Prazas, a través dun conxunto de arcadas que servían de unión entre os edificios. Estas arcadas que comunicaban a Praza de Sevilla coa Praza de España, foron derrubadas no ano 1996 e substituídas por un horroroso procreo de ferro e plástico.

Isto é o que había




A actuación sobre a Praza de Sevilla e as arcadas, foi rexeitada pola maioría dos ferroláns, que non estaban de acordo co proxecto que arrasaba totalmente os xardíns e arboledo. A A. VV. recolleu nunha semana perto de sete mil firmas, en defensa das árbores, os xardíns, o parque de tráfico e as arcadas. Os pregos foron entregados no Concello, gobernado entón polo PP, que fixo caso omiso das firmas e só se conseguiu salvar varios das árbores máis valiosas, e a instalación dun novo parque de tráfico nunha parcela contigua á igrexa.

E isto é o que hai




Nos grupos II, III, e IV, as entradas ás vivendas estaban protexidas por anteportales sobresalientes das fachadas, dos que actualmente quedan moi poucos. Na fachada Norte, os tres grupos presentaban, cada un, dous pasos cubertos para comunicación coa Estrada de Castela; e nas súas fachadas Sur, os grupos III e IV, tamén tiñan dous pasos cubertos cada un, para a súa comunicación coa rúa Ramón e Cajal. O tempo e a falta de mantemento foron minando os tejadillos dos pasos e os anteportales, e os representantes municipais non tiveron mellor idea que eliminalos.

Non poderiamos dicir que fose só o PP o culpable de todos estes "atentados" urbanísticos, pero si que tiveron boa parte ?na desfeita?.

De calquera xeito, o feito de ?rasgarse as vestiduras? agora por culpa das tonalidades dun pintado que se realiza por primeira vez en máis de 60 anos, resulta, cando menos, ridículo.

Cantos anos gobernou o PP en Ferrol? Por que non fixo entón un pintado ao seu gusto?

Trátase de machucar ao goberno do PSOE ou de machucar aos veciños de Recimil?

É unha vinganza porque non puideron derrubar o barrio?

Ata cando teremos que sufrir os veciños das Casas Baratas o acoso insistente de certas persoas do Partido Popular de Ferrol?

A Asociación San Fernando.
Recimil a 5 de Decembro do 2009.

Enviada por:
sanfernanadorecimil
-sanfernandorecimil@mundo-r.com-
7 de dezembro de 2009 12:40

____________________________

Web da Asociación San Fernando para a Conservación do Patrimonio Histórico do Barrio de Recimil de Ferrol:

http://www.telefonica.net/web2/asociacionsanfernando/index.htm

_____________________________________

domingo, decembro 06, 2009

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a XXII Asemblea Cidadá: Xoves 10 de Decembro de 2009

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a XXII Asemblea Cidadá

ASEMBLEA CIDADÁ

Xoves, 10 de Decembro 2009, ás 19,30 horas

Local da A. VV. “Ferrol Vello”

Orde do día:
  1. Balance e informe de situación.
  2. Plan de traballo para os próximos meses.
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Novas recentes; relacionadas co CCE que se poden ler na súa web:
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
4 de dezembro de 2009 14:51
_____________________________

xoves, decembro 03, 2009

Desmentido ao arquivo da denuncia no Parlamento Europeo contra Reganosa


Ante as noticias publicadas hoxe nalgún medio de comunicación que afirman o arquivo no Parlamento Europeo da denuncia presentada por EU-IU, Federación de AA VV “Roi Xordo” e Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol,  contra a Planta de Gas de Reganosa, este Comité Cidadán de Emerxencia

Manifesta:

Que ningunha das tres entidades demandantes recibíu comunicación algunha ao respeto.

Que o grupo municipal de EU-IU de Ferrol, - en comunicado que achegamos, -  contactou hoxe mesmo co seu Grupo Parlamentario, confirmando que a denuncia segue vixente e están aportando máis documentación a mesma.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
3 de dezembro de 2009 18:20

______________________

Enlace de interese:

Colectivo Ártabra 21: Esquerda Unida desminte o arquivo da denuncia presentada diante do Parlamento Europeo polo emprazamento ilegal da planta de gas de Reganosa
_____________________________

Analise de Esquerda Unida dos últimos datos sobre o desemprego na Galiza


  • ESQUERDA UNIDA CONSIDERA OS ULTIMOS DATOS DO PARO COMO UNHA SITUACIÓN LÍMITE CONSECUENCIA DAS POLÍTICAS POPULISTAS DE PP e PSOE
  • EU UNIDA ADVIRTE QUE ESTES DATOS PODERÍAN REDUCIRSE SI A POLÍTICA DE EMPREGO NO SECTOR AUTOMOCIÓN E NAVAL FOSE MAIS AMBICIOSA
  • ESQUERDA UNIDA INVITA AS CENTRAIS SINDICAIS A INCLUÍR NAS SÚAS  PROPOSTAS A XORNADA DE 35 HORAS SEN PERDA SALARIAL E A ELIMINACIÓN DAS HORAS EXTRAS

O responsable da Área de Economía e Traballo da Executiva Nacional de Esquerda Unida, Xosé Henrique González Lago, cualifica os últimos datos do paro como de “situación límite” na que 7.905 traballadoras e traballadores galegos perderon o seu posto de traballo, así pois xa son máis de 216.828 os parados na Galiza, sen contabilizar aqueles que están a realizar cursos de formación. Estes datos ven a demostrar que a política populista do PP de Núñez Feijoo segue a facer augas, afastándose cada vez máis da realidade do noso pais.

Esquerda Unida advirte que estes datos poderían reducirse si a política de emprego no sector automoción e naval fose mais ambiciosa, dito sector esta trasladando producción cara o norte de Portugal e mesmo planéanse novas reduccións en fabricas de compoñentes de automoción na comarca de Vigo.

Dende EU felicitamos as mobilizacións feitas por algúns sindicatos pero salientamos que estas non deben ser sectoriais senón globais. Volvemos facer unha chamada as organizacións sindicais para que se mobilicen, xa que os traballadores/as necesitan solucións a corto prazo máis aló de subsistir a base de subvencións. EU invita as centrais sindicais a incluír nas súas propostas a xornada das 35 horas sen perda
salarial e a eliminación das horas extras.

Dentro dunha valoración dos datos estatais podemos dicir que a calidade no emprego segue en descenso, dos contratos firmados en novembro solo o 8,6% foron indefinidos e exceptuando Estremadura, o paro creceu en todas as comunidades, o que nos indica que estamos ante un problema estructural xeneralizado, unha vez mais as políticas populistas de Zapatero volven a romper os soños da clase traballadora.

¡¡Por un traballo pleno e digno!!

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
3 de dezembro de 2009 13:54


Prezad@s amig@s: achegamos un segundo Informacións coa valoración dos novos e malos datos do desemprego. Grazas de novo polo voso interese.
Recibide unha aperta, Ramiro Marier
_________________

Esquerda Unida desminte o arquivo da denuncia presentada diante do Parlamento Europeo polo emprazamento ilegal da planta de gas de Reganosa

  • ESQUERDA UNIDA AFIRMA QUE A COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO NON PECHOU A DENUNCIA PRESENTADA POR EU E OUTROS COLECTIVOS DE FERROLTERRA POLO  ILEGAL  EMPRAZAMENTO DA PLANTA DE GAS
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA  ANUNCIA A  SÚA  DETERMINACIÓN DE CONTINUAR A LOITA PARA  GAÑAR A SEGURIDADE E A VIDA CONTRA REGANOSA CON OUTRA BATERÍA DE   INICIATIVAS  NO CONGRESO
 O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere desmentir  con rotundidade que a denuncia contra a planta de gas de Reganosa presentada, entre outras entidades, pola nosa organización diante do Parlamento Europeo  fora  arquivada.

O Grupo Parlamentar da Esquerda Unitaria Europea, onde se atopa integrado o parlamentario de Esquerda Unida, Willy Meyer, desenvolveu nestes días unha serie de xestións  diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo conducentes a manter a vixencia  da devandita denuncia.



O resultado destas iniciativas é o mantemento da denuncia aberta na Comisión de Peticións, segundo nos confirmou  esta mesma mañá o deputado Meyer.

Esquerda Unida anuncia que vai achegar nova documentación diante da Comisión de Peticións ao obxecto de  apoiar a argumentación presentada con motivo da viaxe que unha sesentena de colectivos de toda Galicia, entre eles nomeadamente de Ferrolterra, realizaron  hai máis dun ano ao Parlamento Europeo para presentar a denuncia contra a planta de gas.

O noso Grupo Parlamentar no Congreso dos Deputados  achegará neste días unha nova batería de iniciativas en forma de preguntas parlamentarias para reclamar do Goberno do Estado un pronunciamento sobre os continuos problemas que teñen os gaseiros para entrar na ría de Ferrol e os perigos  derivados para a seguridade da veciñanza da zona.

Queremos lembrar as últimas sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenando  o desmantelamento dos depósitos de ferrazo no porto de Vilagarcía e a sentenza condenatoria sobre os recheos no porto de Marín. Pendentes de resolver xudicialmente os recursos sobre o emprazamento de Reganosa, que en primeira instancia dan a razón a denuncia presentada por Esquerda Unida, afirmamos a nosa determinación de acompañar o rexeitamento cidadá dunha planta de gas ilegal e perigosa  para a vioda de milleiros de persoas e para a riqueza que alberga a ría de Ferrol.

Ferrol, 3 de decembro  de 2009

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
3 de dezembro de 2009 13:46


Prezad@s amig@s: achegamos un Informacións de EU desmentindo o arquivo da denuncia  presentada diante do Parlamento Europeo polo emprazamento ilegal da planta de gas de Reganosa. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier


Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
____________________

A Lira, por Uxía Senlle


O director galego Mario Iglesias envolve a canción tradicional das Azores "A Lira" cun universo de imaxes propias de gran forza e intensidade. A cantora galega Uxía Senlle é a que interpreta esta balada açoreana, a música é popular das Ilhas Açores.

" ...Pois mira, eu nascim numa família de músicos, o meu pai tocava o contrabaixo numa orquestra de baile, o meu avó gostava muito da música, sempre fomos uma família onde todos cantam, havia uma guitarra e eu comecei com ela de jeito mui intuitivo e autodidacta, eu era mui nova e mui ousada, e desde muito cedo já estava compondo, musicava poemas de poetas a medida que os ia descobrindo: Celso Emílio, Curros, Rosália...

Como te dizia era pequena e ousada, cantava no instituto, cantava nalgum pub da zona, cantava na universidade, eu fum ao CUVI1 e no ambiente académico foi onde mais desenvolvim a minha actividade, sempre com os amigos
...".

Letra e música: popular: Açores
(balada açoreana)

Morte que mataste Lira,
Morte que mataste Lira,
Morte que mataste Lira,
Mata-me a mim, que sou teu!

Morte que mataste lira
Mata-me a mim que sou teu
Mata-me com os mesmos ferros
Com que a lira morreu

A lira por ser ingrata
Tiranamente morreu
A morte a mim não me mata
Firme e constante sou eu

Veio um pastor lá da serra
À minha porta bateu
Veio me dar por notícia
Que a minha lira morreu
___________________

Canta Uxía Senlle




Enlaces de interese:
Interesante entrevista:

Margarida Martins - A obra de Uxía Senlle sempre se fundamentou em expressões musicais populares além de se converter em catalisadora de culturas, músicas e artistas diferentes. O espetáculo Cantos da Maré, desenhado por ela mesma, é boa mostra disso, trazendo as melhores vozes de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guiné Bissau e Moçambique... vozes que falam a nossa língua.

Em Janeiro de 2009 estivemos com a cantora de Mós na freguesia de Manhufe (Gondomar), no estúdio de gravação a Casa dos Tolos. Recebeu-nos e falamos de música, de língua, de lusofonia e da sua experiência pessoal durante todos estes anos, experiência que faz que hoje afirme sem complexos que galego e português são a mesma língua.

Segue a entrevista: aqui
___________________________

"O segredo da Frouxeira" é un documental de Xosé Abad que pretende recuperar a historia do último alcalde republicano de Serantes, fusilado polos falanxistas en 1938 en Valdoviño


Trailer provisional do documental "O Segredo da Frouxeira" que se presenta hoxe pola tarde, Xoves 3 de Decembro de 2009, no Teatro Jofre de Ferrol, ás 19:30 horas. O documentario está centrado no asasinato, en 1938, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, “paseados” con él por axudar e protexer ao alcalde.




Ficha artística
Dirección: / Xosé Abad


Ficha técnica
Produtora / EAF Producciones
Sonorización, locución e dobraxe / Zen Audio Pro
Titulo orixinal: O segredo da Frouxeira
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego


Sinopse:
A familia do último alcalde democrático de Serantes- na II República enfróntase á memoria do seu asasinato. Alejandro Porto Leis foi fusilado en compañía de tres veciños que lle prestaron auxilio cando fuxía dunha morte segura. Delatárao un médico amigo ao que acodira en lamentable estado de saúde. Despois de ser brutalmente torturado fusilárono o 1 de febreiro de 1938 na praia da Frouxeira xunto aos seus veciños Modesto del Rio, Avelino Landeira e Jesus Miño. Os corpos das catro vítimas aínda non foron hoxe recuperados.

Máis información: AVG

Memoria Histórica
O segredo da Frouxeira
Un documental de Xosé Abad recupera a historia do último alcalde republicano de Serantes, fusilado polos falanxistas na praia de Valdoviño en 1937
PATRICIA HERMIDA . FERROL

Onde se perderon as pegadas do último alcalde republicano de Serantes? Nas dunas da Frouxeira, na fermosa praia de Valdoviño onde se esfumaron os corpos de tantos desaparecidos na Guerra Civil Española. O documental O segredo da Frouxeira desfai o último camiño emprendido por Alejandro Porto Leis e polos tres homes que intentaron protexelo. E axuda a unha dobre reconciliación: a da comarca de Ferrol co seu pasado, e a das propias familias do político falecido.

A historia desta resurrección, filmada polo director Xosé Abad, iníciase grazas ó azar. Un membro da familia do alcalde fusilado atopa cartas e recortes xornalísticos do seu antepasado. Paulino Gasalla lembra como "hai anos localicei na casa de Alejandro Porto restos de prensa e conteillo á miña sogra, ela amosoume toda a documentación recompilada por este familiar en vida". Pero a muller "non quería pescudar a historia sobre o meu tío, permanecía todo oculto e agochado, mesmo as causas escritas contra el". Ademais, as familias de Alejandro Porto sufrían un enfrontamento dende os tempos da Guerra Civil. E Paulino viuse "superado". Grazas ó contacto co historiador Enrique Barrera, da Asociación Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, emprendeuse un auténtico labor de investigación ata a resolución final. Vislúmbrase así o destino de Alejandro Porto como último alcalde de Serantes, un concello anexionado en 1941 a Ferrol para ampliar a magnitude da cidade natal de Franco. Tras o triunfo do bando nacional na cidade, o rexedor fuxiu e ocultouse nas covas de San Xurxo ou Covas. No inverno de 1938, os falanxistas asasinárono. Tamén mataron os seus protectores: Modesto del Río, Jesús Milo Loureiro e Avelino Landeira Maneiros.

Pero o documental, que se estreará mañá xoves no teatro Jofre de Ferrol, tamén traza as vidas cruzadas de Alejandro e o seu irmán Eliseo: cunha ruptura ideolóxica en dous bandos que chega ata o presente. Os seus descendentes recoñecen que "algo escuro e tráxico afectaba a toda a familia". Xosé Abad lembra como "os familiares non se coñecían entre eles e había reticencias por un conflito nacido hai 70 anos".

RECONCILIACIÓN

"A película pecha feridas"

Aínda que esta historia asentada na dor remata curiosamente cun final feliz. Mentres as familias enfrontadas pola ideoloxía descubrían o seu pasado común, reapareceron os fortes lazos. Paulino celebra que "o documental serviu para a nosa reconciliación". Segundo Xosé Abad, "acadamos que as testemuñas máis remisas falasen, o documental pecha feridas".

Publicado en Galicia Hoxe
_____________________

Despabílate amor que o horror amence


Correo enviado pola socióloga ferrolá, María Castro Serantes, cooperante en Honduras.

"Despabílate amor que o horror amence".

NOTA QUE EXPRESA MOI BEN O QUE SENTIMOS MOITOS/AS EN HONDURAS...

Compártovos esta nota que escribiu unha boa amiga, coa que compartimos debates, frustracións e alegrías durante esta tolemia hondureña. Recoñezo que, a pesar que se me fixo difícil, aprendín moitas cousas e fíxome reflexionar sobre a cantidade de hipocrisía que existe no noso "mundo". O bo destas situacións é que as máscaras caen. O malo é que a amnesia colectiva nas fonduras é un mal común (e fóra das fonduras tbn...), así que quizais ataque á poboación.

un abrazote e boa vibra
mari


Despabílate amor que o horror amence

Despabílate amor
que o horror amence.
Mario Benedetti


Dirannos que mañá será outro día, que os resultados das eleccións son a solución á "crise hondureña". Dirán que os hondureños e hondureñas queren a paz, que o pasado queda atrás e o que importa é o futuro.

Dirán que a xornada electoral desenvolveuse pacíficamente, sen incidentes (unas cantas mortes son só danos colaterais). Dirán que triunfou a "democracia", sacarán as súas bandeiras e os soldados da patria pisarán co paso firme da impunidade. Farán do cinismo o seu sorriso, a nosa dor será a súa alegría.

Dirannos que os comicios estiveron supervisados por observadores internacionais, que a nación máis potente do mundo recoñece e avala os resultados das eleccións.

A comunidade internacional irase sumando lentamente ao circo, á fin e ao cabo Honduras é terra de ninguén e patio de todos, o que interesa é a calma, a submisión.

Dirannos que triunfou o ben sobre o mal. Os predicadores de "todo por cen" farán lecturas mesiánicas da realidade, e nacerán novos redentores nun país onde poderiamos exportar predicadores sen lamentar ningunha perdida.

Os "progres de festas" alegraranse de recuperar os seus espazos de lecer os fins de semana.

Os "mall adictos" poderán volver consumir ata morrer.

Os apolíticos sairán do armario e exhibirán a súa vitoria.

Os avestruces que traballan en organismos internacionais sacarán a súa cabeza do chan e poderán seguir comendo dos dereitos humanos e da cooperación ao terceiro mundo, aínda que cando falen de democracia xa non poderán facelo sen cargos de conciencia.

Pintarán as paredes e calarán as rúas.

Esqueceranse as 30 vidas perdidas, os nosos mártires non terán mausoleos, nin placas.

Pero quedarán silencios marcados para sempre nos corpos mutilados, nas cicatrices que deixa a tortura, na rabia contida para quen a dignidade é a única forma de vida. A casa da xustiza seguirá sendo ese niño de encantadores de serpes que recitaba o poeta Eslamiada.

Mais nos levantaremos coa conciencia tranquila coa certeza de defender as ideas. Seremos máis humanos. Roubarannos a democracia, pero non o pensamento. Seguiremos alerta e non permitiremos que nos volvan a roubar a memoria.

"A liberdade non pode ser fecunda para os pobos que teñen a fronte manchada de sangue". José Martí

Autora Anónima

__________________

feminismo. (Do lat. fem na, muller, femia, e -ismo).

1. m. Doutrina social favorable á muller, a quen concede capacidade e dereitos reservados antes aos homes.

2. m. Movemento que esixe para as mulleres iguais dereitos que para os homes.


feminista.

1. adx. Pertencente ou relativo ao feminismo.

2. adx. Partidario do feminismo. U. t. c. s.

___________________________

Enviado por:
maria castro serantes
-seralgomas@yahoo.es-
2 de dezembro de 2009 20:32

________________________

Datos do Instituto Galego de Estatística -IGE- sobre o Índice galego de confianza empresarial: datos do Terceiro Trimestre de 2009


Confianza empresarial. Terceiro trimestre de 2009

O IGE publica hoxe na súa páxina web a Confianza empresarial correspondente ao terceiro trimestre de 2009.

No terceiro trimestre de 2009 a confianza empresarial diminúe 1,3 puntos con respecto ao trimestre anterior.

A confianza empresarial por sectores.

Os datos do terceiro trimestre de 2009 do “Índice de confianza empresarial”, elaborado polo Instituto Galego de Estatística, reflicten que o indicador total1 diminúe en 1,3 puntos con respecto ao trimestre anterior, pasando de -27,6 a -28,1.

Por sectores, o comercio polo miúdo é o que presenta unha tendencia máis favorable; incrementándose 3,9 puntos ao pasar de -27,6 a -23,7. O resto de servizos soben 1,3 puntos.

Pola contra, a industria diminúe 2,5 puntos e a construción 11,6.

Un saúdo

Servizo de Difusión e Información Estatística
Instituto Galego de Estatística

Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu


Enviado por:
Servizo de Difusión e Información Estatística
Instituto Galego de Estatística
ige.novidades@ige.eu
3 de dezembro de 2009 09:10

___________________

Nota.-

O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia. Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma debe prestar servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolver bases de datos de interese público, analizar as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegurar a súa difusión.

Sitio web: www.ige.eu

_______________________

Acto de solidariedade con Aminatou Haidar


O BNG CONVOCA UN ACTO PÚBLICO DE SOLIDARIEDADE CON AMINATOU HAIDAR

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol decidiu convocar un acto de solidariedade coa activista saariana Aminatou Haidar quen desde o 15 de Novembro está en folga de fame para reclamar os seus lexítimos dereitos -o seu retorno en liberdade ao Sáhara-, pisoteados polo Goberno marroquino coa lamentábel cumplicidade das autoridades españolas.

Este acto se celebrará o vindeiro venres 4 de decembro as 19:30 horas na praza de Armas de Ferrol coincidindo coa visita que o ministro de Xustiza realiza a nosa cidade e como xeito de reclamar ao Goberno español que encontre a solución a este problema, que desfaga a lea en que el mesmo se meteu.

Para o BNG a solución que se lle pode dar é exactamente a que está a demandar Aminatou Aidar. O Goberno español é cúmplice do que está a pasar. É evidente que actuou con conivencia con Marrocos. Cremos que o Goberno Español ten que exixir con clareza a Marrocos que lle devolva o seu pasaporte á señora Aidar.

Así mesmo e aproveitando a condición de Ministro de Xustiza o BNG considera escandaloso que se impuxera unha multa a Aidar -a instancias da dirección do Aeroporto de Lanzarote- e afirmou con clareza que demostra a falta de sensibilidade das autoridades españolas.

O Bloque Nacionalista Galego continúa a apoiar o dereito de autodeterminación que asiste ao pobo saariano e lamenta que o goberno español, os sucesivos gobernos españois, teñan abandonado esta xusta causa. Para nós o pobo saariano está oprimido por Marrocos e ten perfecto dereito a que se cumpran as resolucións de Nacións Unidas e a ser independente.

Bloque Nacionalista Galego Ferrol

Enviado por:
Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
3 de dezembro de 2009 09:23

_______________

Convocada para o xoves día 3 de decembro unha asemblea aberta para debater e acordar a creación dunha Plataforma Cidadá pola Defensa da Sanidade Pública


CONSTITUCIÓN DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Convocada para o xoves día 3 de decembro ás 19 horas no local da Asociación de Veciños de Esteiro en Fernando VI, Bloque I, baixo s/n, unha asemblea aberta para debater entre todas e todos e acordar se así se estima a creación dunha Plataforma Cidadá pola Defensa da Sanidade Pública.

Esta asemblea xurde da inquedanza de un bó de número de persoas ante a situación na que se atopa a Sanidade Publica na Área Sanitaria e no conxunto de Galicia tras os últimos acontecementos e anuncios por parte do Partido Popular:
  • Reducción dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ( 38 millóns de euros para o ano 2010).

  • Aumento alarmante das listas de espera.

  • Aumento dos concertos cos Hospitais Privados.

  • Aumento de derivacións de pacientes a outras Áreas Sanitarias e a centros privados concertados.

  • Conxelación dos cadros de persoal.

  • O anuncio de construcción de catro centros de saúde na comarca pola iniciativa privada.

  • A falla de orzamento para o Plano de Alta Tecnoloxía que non dedica nin un só euro no ano 2010 para a Área Sanitaria.

  • O escaso compromiso co Plano Director do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide , que destina 100.000 euros para o ano 2010, fronte ós 200.000 e 250.000 que recibirán Monforte e o Salnés.
--
CIG-Saúde Ferrol
981334566
www.cigsaudeferrol.blogspot.com


Enviado por:
Cig Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
2 de dezembro de 2009 15:02

_____________________

Análise da situación en Honduras, Democracy Now! presenta unha entrevista destacada con diferentes persoas ligadas a este conflito

Os hondureños, divididos tras a vitoria dun partidario do golpe nas eleccións presidenciais boicoteadas polos seguidores de Zelaya

O goberno de Obama estase afastando cada vez máis da súa declaración de apoio á restitución do presidente deposto, Manuel Zelaya. O luns, o Departamento de Estado encomiou as eleccións hondureñas celebradas o fin de semana, que resultaron na vitoria do partidario do golpe de estado e adiñeirado terrateniente Porfirio Lobo, que obtivo o 55 por cento dos votos. Os seguidores de Zelaya boicotearon as eleccións, e moitos países latinoamericanos negáronse a recoñecer os resultados.


AMY GOODMAN: Falamos agora sobre a situación en Honduras, onde o goberno de Obama estase afastando cada vez máis da súa declaración de apoio á restitución do presidente deposto, Manuel Zelaya. O luns, o Departamento de Estado encomiou as eleccións hondureñas celebradas o fin de semana, que resultaron na vitoria do partidario do golpe de estado e adiñeirado terrateniente Porfirio Lobo, que obtivo o 55 por cento dos votos. Os seguidores de Zelaya boicotearon as eleccións e moitos países latinoamericanos negáronse a recoñecer os resultados. En declaracións desde Wáshington, D.C o Subsecretario de Estado estadounidense para América Latina, Arturo Valenzuela, cualificou ás eleccións como un primeiro paso significativo.


ARTURO VALENZUELA: "Aínda que as eleccións son un paso siginificativo no camiño de retorno de Honduras á orde democrática e constitucional tras o golpe de estado do pasado 28 de xuño, son só iso, son só un paso, non o último paso. Dada a gravidade do golpe de estado e a situación de polarización na que se atopa Hounduras, tanto agora como antes do golpe de estado, é moi importante que o liderado político hondureño avance nos próximos meses no cumprimento da totalidade do amplo marco do acordo Tegucigalpa-San José.

Cales son os pasos adicionais que se deben tomar? Débese formar un goberno de unidade nacional. O Congreso ten que votar a restitución do presidente Zelaya á presidencia, e outro elemento que eu creo que é moi, pero moi importante do Acordo San José a medida que Honduras avanza no intento por reestablecer a orde constitucional e democrático é a formación e a estructuración dunha comisión da verdade, que é algo que tamén está contemplado no plan orixinal do acordo de Tegucigalpa."

AMY GOODMAN: O réxime golpista hondureño di que a participación electoral foi relativamente alta, de ao redor do 62, pero relevamientos independentes estiman que estivo ao redor do 47. En Portugal, a Ministra de Asuntos Exteriores de Zelaya, Patricia Roda, afirmou que a maioría dos hondureños consideran as eleccións como ilexítimas.


PATRICIA RODA: O que ocorreu agora é o intento por blanquear un golpe de estado militar, que obviamente non se pode blanquear. O pobo hondureño sabe o que foi, un crime, e como un crime recoñéceno e no día de onte decideron non ser parte e converterse en cómplices.

AMY GOODMAN: Está previsto que o Congreso hondureño vote mañá se acepta un acordo que lle permitiría a Zelaya reasumir a presidencia ata o fin do seu mandato, que termina o mes que vén. As expectativas xerais indican que os lexisladores rexeitarán a proposta, dilatando así aínda máis calquera posibilidade de resolución da crise política hondureña. Para falar máis respecto diso acompáñanos acá, en Wahshignton, Sergio Moncada, co-fundador do grupo Hondureños pola Democracia. Por vía teléfonica desde Honduras comunícase connosco Patricia Adams. Ela é co-cordinadora do Proxecto de Acompañamento por Honduras do Centro Cohota e do Centro Quixote, espazos que organizaron unha delegación internacional de dereitos humanos que arribou a Honduras a semana pasada. Patricia, comecemos con vostede. Cóntenos que viu, que pasou nestas eleccións e por que vostedes están en Honduras.

PATRICIA ADAMS: Estamos en Honduras porque é importante que haxa unha presenza internacional, non para recoñecer e darlle aprobación oficial ás eleccións, senón máis ben para ter presenza nas rúas e nas diferentes comunidades, e estar á beira do movemento popular, observando e dando testemuño sobre a experiencia das eleccións, o proceso elctoral e o ambiente xeneral no que se desenvolveron as eleccións. O que ví o domingo en Tegucigalpa foron rúas bastante baleiras e unha calma abafadora, debido ao feito de que a maioría da xente cumpriu co toque de queda popular convocado pola Fronte Nacional de Resistencia, no que se chamaba á poación a quedar nas súas casas. Moitos non votaron. Todos os centros de votación de Tegucigalpa polos que pasei a cada hora o domingo estaban bastante desocupados. Había moitos máis policías, militares e funcionarios electorais que xente votando. Os informes que chegaron dos outros tres equipos de observadores que temos noutras partes do país confirman isto mesmo, que a poboación gardou o toque de queda popular e que houbo pouca xente votando; coa excepción de San Pedro Sula, onde a xente saíu ás rúas e, como probablmente puidérono ver, a protesta foi reprimida violentamente.

AMY GOODMAN: Tamén nos acompaña, aquí en Wáshington D.C., Sergio Moncada, co- fundador da organización Hondureños pola Democracia. Sergio, Cal é a túa reposta ás eleccións e que pasará agora?

SERGIO MONCADA: Moitas grazas por haberme invitado. A miña resposta é a mesma que a de moitos hondureños. Nós cremos que estas eleccións son ilexítimas porque foron levadas a cabo nun ambiente de medo e intimidación. Só para darche uns exemplos, o presidente democraticamente electo de Honduras agora mesmo está encerrado na embaixada de Brasil, onde as armas dos francotiradores estanlle apuntando durante todo o día.

Desde fai dous meses que el é vítima de asedio e fustrigación, están as marchas nocturnas do exército que rodea as instalacións da Embaixada, sen mencionar o que lle está pasando ao resto da poboación hondureña. Como mencionaron antes, o día das eleccións ao redor de 500, 1000 manifestantes tomaron as rúas de xeito pacífico e foron violentamente reprimidos polo Exército e a policía. A isto súmaselle que o día anterior ás eleccións sufrimos varias situacións de intimidación. Unha das máis visibles foi a violación ás oficinas dunha cooperativa de agricultores no centro de Honduras. E, no día das eleccións, o grupo que encabezo xunto con outros hondureños acá na área de Washingon organizou unha protesta en fronte do centro de votación correspondente ao D.C, un dos cinco centros de votación en Estados Unidos. A hemana dun dos manifestantes que estaba connosco foi arrestada polo exército hondureño o día previo ás eleccións, simplemente por participar dunha protesta. O Departamto de Estado di que estas foron eleccións libres e xustas e o noso grupo e moitos outros gurpos en Estados Unidos estamos moi en desacordo con iso. Nada podería estar máis afastado da realidade.

AMY GOODMAN: Sergio, que cre vostede que Estados Unidos debería facer agora?

SERGIO MONCADA: Lendo entre liñas as declaracións que fixo onte o Señor Arturo Valenzuela, o Departamento de Estado de Estados Unidos quere sacar vantaxe das dúas posicións atopadas. Eu creo que nos próximos días imos escoitar máis informes sobre o número real de votantes que acudiron ás urnas. A diferenza entre as cifras oficiais e, por exemplo, os números da compañía que foi contratada para facer a enquisa a boca de urna. E creo que o Departamento de Estado vai seguir xogando este mesmo xogo, o de recoñecer estas eleccións e dicir `nós queremos que Honduras avance´, pero o Departamento de Estado terá que asumir un rol moito máis agresivo para superar as divisións que hai no país. Os hondureños están divididos neste momento de tal xeito que é imposible lograr a paz. De feito, hai varias faccións dentro de Honduras, en ambos os lados, que están falando da posiblidad tanxible de que ocorra unha guerra civil e do que está pasando na rexión.

AMY GOODMAN: Quero pasar agora a Andrés Conteris, quen está dentro da Embaixada de Brasil en Tegucigalpa, onde o presidente democráticamnete electo, Manuel Zelaya, estivo refuxiado desde que regresou ao país. Andrés, cal é a resposta do Presidente no interior da embaixada?


ANDRES CONTERIS: Amy, o Presidente Zelaya dixo claramente que esta elección debe ser anulada. Non pode pódella xustificar de ningún xeito lexítimo, dada a moi pobre participación do electorado. Teñen que ser reprogramadas, e esa é o único xeito de que a democracia poida volver a este país, porque esta elección é un instrumento do réxime golpista para encubrir a represión que estiveron cometendo e tratar de achegarse á comunidade internacional, e esa é a razón pola que deben ser revertidos por completo, tanto o golpe de estado como a elección mesma.

AMY GOODMAN: E, en relación coa elección de Porfirio Lobo, quen é el? E outro tema, que vai pasar no Congreso? Hai algunha posibilidade de que o Presidente Zelaya acepte asumir a presidencia de novo antes do fin do seu mandato en xaneiro?

ANDRES CONTERIS: Porfirio Lobo, coñecido como Pepe Lobo, é un empresario moi rico que foi membro do Congreso. É membro tamén do Partido Nacional. tratou de ignorar totalmente o golpe na súa campaña a fin de distanciarse de calquera culpabilidade e non involucrarse cun tema complicado. En termos do que o Presidente Zelaya fará, quedará aquí na embaixada de Brasil o tempo que poida e seguirá buscando consolidar a presión, tanto da resistencia interna como da comunidade internacional, para tratar de rexeitar a elección e intentar que se reprograme e convóquese a novas eleccións. Se o Congreso vota esta semana a favor da súa restitución, el non a aceptará a menos que os que cometeron crimes durante o golpe preséntense ante a xustiza. Esa é o único xeito na que el aceptaría volver á presidencia, é o que dixo.

AMY GOODMAN: Quixese exporche a ti esta pregunta e tamén coñecer cal é a resposta dentro da embaixada brasileira sobre o que Estados Unidos debería facer agora e o papel que desempeñou.

ANDRES CONTERIS: Estados Unidos foi cómplice no golpe mesmo e utilizou o acordo asinado entre as mesas de negociación de Zelaya e Micheletti como unha forma de avanzar sen realmente restaurar a democracia. Estados Unidos, cando o acordo foi asinado, Thomas Shannon, o Subsecretario de Estado, dirixiuse inmediatamente aos medios de comunicación e dixo que EE.UU. recoñecería a elección, máis aló do feito de que Zelaya fose restituído ou non. Isto constitúe unha violación do espírito e a letra do acordo. Estados Unidos non tiña ningunha razón xustificada para facelo en absoluto. E así, EE.UU. foi parte do problema neste punto, foi parte do non restablecemento da democracia. E se agora EE.UU. realmente quere lavarse as mans de todo isto, se quere quedar limpo, entón debe rexeitar a elección, dado que houbo tan baixa participación, e debe sumarse ao que o Presidente Zelaya di, que hai que reprogramarlas para que a democracia pode ser reestablecida.

AMY GOODMAN: Grazas a todos por estar connosco, Andrés Conteris, que nos fala desde o interior da embaixada de Brasil, onde estivo recluído co presidente e varias decenas máis de persoas, o presidente elixido de Honduras, Manuel Zelaya. Quero tamén agradecer aos nosos invitados aquí en Nova York, así como en Honduras. Sergio Moncada é o coordinador ou co-fundador de Hondureños pola Democracia e Patricia Adams, coordinadora do Proxecto de Acompañamento por Honduras, do Centro Quixote

1 de Decembro do 2009
Edita: Democracy Now!.

_____________

Escoita os titulares de hoxe, en español, clicando acima da imaxe:







Especial Honduras
:
  • Interesante  informe cronolóxico e permanentemente actualizado con entrevistas, noticias, audios, videos, artigos: democracynow.org
_______________________

martes, decembro 01, 2009

VI Exposición Colectiva de Artes Plásticas "Pequeno Formato", do 17 de Decembro de 2009 ao 14 de Xaneiro de 2010



Informamos que no mes de Decembro de 2009, imos celebrar, nas salas do Ateneo Ferrolán, a VI Exposición Colectiva de Artes Plásticas "Pequeno Formato", só para socios e socias do Ateneo Ferrolán, na que podes participar con unha ou dúas obras.

Para iso, debes enviar as obras antes do 10 de decembro, acompañadas dunha plica onde se sinale o nome do autor, enderezo, título da obra, así como o seu prezo si é que a desexas poñer á venda, a medida máxima da obra será de 70 x 70 cm.. incluíndo o marco.

O expositor que venda a súa obra aboará ó Ateneo unha comisión do 10%. Os gastos que orixine a exposición como tarxetas, cartel, copa de viño da inauguración, ... correrá a cargo do Ateneo Ferrolán, excepto transportes e seguros.

As obras non adquiridas, deberán ser retiradas no prazo máximo dun mes, logo da clausura da exposición, que terá lugar do 17 de decembro ate o 14 de xaneiro na primeira planta do Ateneo Ferrolán.

Esperando a túa participación, recibe un cordial saúdo.

Vocalía de Artes Plásticas do Ateneo Ferrolán 2009.

Enviado por: Ateneo Ferrolán
____________________

Proxeción de "O Gran Dictador", este Xoves 26 de Novembro, dentro do III Ciclo de Cine en Esteiro

III Ciclo de Cine de Esteiro organizado pola Asociación Veciñal de Esteiro.

III Ciclo de Cine: Proxección d'O Gran Dictador

O vindeiro Xoves día 3 de Decembro ás 20 horas nos cines Duplex de Esteiro.




ENTRADA DE BALDE.

Enviado por:
Asociación Veciñal de Esteiro.
-avvfontelonga@mundo-r.com-
30 de novembro de 2009 17:53

_____________________

A loita das persoas con diversidade funcional: outra linguaxe, outras actitudes, non ás barreiras, si á visibilidade, a diversidade é enriquecedora, normalización, dereitos iguais, ...


Manifiesto do 3 de Decembro de 2009

MANIFESTO

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Non queremos que haxa un día adicado a nosoutros pero xa que aínda o ten que haber queremos aproveitalo non para festexar senón para denunciar e exisir:

Queremos que haxa unha nova visión de nos, unha visión que non nos nomee negativamente e por iso queremos cambiar a linguaxe e se hai que adxetivarnos que se diga persoas con diversidade funcional: non temos menos valía senón que o noso funcionamento é diferente. A diversidade sempre é enriquecedora.

Queremos loitar contra a invisibilidade e por iso imos exisir que se eliminen as barreiras e se modifiquen as actitudes que nos fan invisibles

Somos parte da sociedade, somos cidadáns de Ferrol e queremos vivir a cidade en igualdade con toda a poboación, non queremos quedar reducidos a ghettos

Defendemos o dereito á vida independente  e a responsabilidade dos nosos actos así como o respeto as nosas decisións.

Na nosa cidade pedimos que se poñan os medios para cumprir os principios de:

NORMALIZACIÓN. Que todas as persoas poidamos facer unha vida normal accedendo aos mesmos lugares, ámbitos e servizos que se poñen a disposición de calquera persoa

ACCESIBILIDADE. Que o entorno, os servizos, etc sexan utilizables por todos e todas en condicións de seguridade e da forma máis autónoma posible

TRANSVERSALIDADE. Que os proxectos e actividades que se fagan desde o concello non sexan exclusivamente para persoas con diversidade funcional senon que sexan de carácter xeral xa que así nos beneficiamos toda a poboación.

Por último, queremos que se cumpran as directrices dos dereitos das persoas con discapacidade recollidas na Convención das Nacións Unidas que entrou en vigor en todo o Estado o día 3 de maio de 2008.

Se acadamos isto será un motivo para celebrar e o faremos todos e todas moitos días ao ano.

Ferrol, 3 de decembro de 2009

COMISIÓN DA DIVERSIDADE E ACCESIBILIDADE DO CONCELLO DE FERROL


ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
C/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544
Fax: 981930544
E-mail: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog: http://rachandobarreiras.blogspot.com


Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
1 de dezembro de 2009 11:44

___________________

Acción de denuncia e protesta para evidenciar públicamente a discriminación do noso idioma nos espazos de lecer e en concreto no que ao cinema se refire


Na pasada Xunta Xestora Comarcal da Plataforma Cidadá Queremos Galego, acordamos evidenciar públicamente a discriminación do noso idioma nos espazos de lecer e en concreto no que ao cinema se refire.

A vindeira cuarta feira - mércores 2 de Decembro, ás 7 da tarde realizaremos unha concentración nas salas Cinebox de Narón para denunciar a total ausencia do noso idioma na oferta de filmes quer para adultos quer para infantil e xuvenil.

Mesmo estando a oferta de estreas inzada de obras elaboradas en inglés e sendo todas elas traducidas, non hai ningunha traducida ao noso idioma propio.

O Plano Xeral de Normalización do galego aprobado por unanimidade no Parlamento no ano 2004 márcase como unha das medidas a aplicar: “Promover a dobraxe ao galego de polo menos 10 filmes anuais, dos que presenten maiores expectativas comerciais”  Nin se cumpre este obxectivo de mínimos no que respecta aos filmes en xeral, xa que logo menos aos de maiores expectativas comerciais.

É importante a presenza do maior número de persoas para evidenciar que QUEREMOS GALEGO tamén no cinema. Difúndeo na túa asociación e no teu entorno social. Acudide!

Lugar: Sala de cines Cinebox de Narón - Odeon
Cando: Mércores 2 de Decembro ás 19:00 h.

Queremos Galego de Ferrol Terra

Sitio web oficial:
http://www.queremosgalego.org/

Enviado por:
Colectivo Sociocultural "A Revolta" da Terra de Trasancos
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
30 de novembro de 2009 09:57

_____________________

Próximas actividadaes no Ateneo Ferrolán

Martes, 1 de Decembro de 2009

2º CICLO: A MEMORIA RECOBRADA

Todas as proxeccións serán ás 19:00 horas.


* "Os do monte", con Manuel Gutiérrez Aragón -director que en 1978 realizou “O corazón do bosque”, sobre os maquis do norte-, é un regreso ao bosque, nesta ocasión para investigar, entre outras, a lenda de Juan Fernández Ayala, ‘Juanín’, un dos guerrilleiros cuxa vida nos montes recreou na súa película de finais dos 70. A historia de ‘Juanín’ permite facer un repaso polas fases da guerrilla, desde os “fuxidos” ate os que non se quixeron retirar e acabaron en mans da Guarda Civil. O escritor Julio Llamazares, autor de “Luna de Lobos”, tamén colabora neste episodio para mostrar nos montes de León, cerca de Riaño, refuxios e covas que permanecen intactos e aos que acceden as cámaras por primeira vez.



CLUB DE LECTURA
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo Todos os primeiros MARTES DE CADA MES.

Encontros coa LECTURA onde xúntanse uns 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.

A PRÓXIMA CITA no noso CLUB DE LECTURA Martes día 1 de Decembro ás 19:30 horas

Estamos lendo: “MUERTES DE PERRO” de FRANCISCO AYALA


Mércores, 2 de Decembro de 2009

ACTO: EN PÉ CONTRA A CRISEMércores día 2 de Decembro ás 20:00 horas no Auditorio do Ateneo.

Enviado por: Ateneo Ferrolán



http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0

_____________________

Mesa Redonda sobre o futuro do Porto carboeiro de Ferrol: Xoves 3 de Decembro de 2009

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA-, organiza, na Galería Sargadelos de Ferrol, un acto de información e debate sobre o futuro do Porto Carboeiro de Ferrol, este Xoves, 3 de Decembro de 2009, ás 19:30 horas. O local está situado na esquina do cruce entre a Rúa Rubalcava e a Rúa María.


MESA REDONDA-COLOQUIO:
  • PORTO CARBOEIRO DE FERROL : ¿QUE SE DEBE FACER CON EL?

  • PASOS NA REXENERACIÓN DA RÍA DE FERROL

Relatores:
  • D. Joám Luís Ferreiro. Biológo. Confraría mariscadores Barallobre e Sociedade Galega Historia Natural
  • D. Javier Solloso. Vicepresidente da Asociación Vecinos “Cruceiro de Canido” (Ferrol).
Modera:
  • Antonio García (ADEGA)
Organiza:
  • ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)

Colaboran:
  • Galería Sargadelos. Ferrol
  • Sociedade Galega Historia Natural
  • A.VV. Cruceiro de Canido.Ferrol
  • Confraría Mariscadores Barallobre. Fene.

Enviado por:
Antonio García J.- ADEGA-Trasancos
-angaji@yahoo.com-
30 de novembro de 2009 22:54
_____________________

Enlace de Interese:

http://www.adega.info/
_________________________

Rafael Correa, Presidente de Ecuador, na XIX Cume Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno, en Portugal: "...o coñecemento debe ser un ben público mundial. ..."


O Goberno do Ecuador sostén que o coñecemento debe ser un ben público mundial

Quito (Pichincha).- O Ministerio de Relacións Exteriores, Comercio e Integración informa que do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2009, leva a cabo a XIX Cume Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno, en Portugal, cuxos temas principais son a innovación e o coñecemento.

Durante o encontro, o Presidente Rafael Correa disertou este luns durante cinco minutos sobre a importancia de alcanzar unha innovación científica e tecnolóxica propia ás necesidades dos países en vías de desenvolvemento.

"É imperante que os países da nosa América do Sur invistan en xeración de coñecemento para a satisfacción das necesidades básicas, unha débeda aínda pendente da nosa rexión", sinalou o Mandatario, á vez que lanzou a proposta, diferente á que actualmente se promove desde os países do norte, de que o fin da produción do coñecemento non sexa o lucro, senón conseguir un mundo máis humano. "Neste sentido, e desde Ecuador, sostemos que o coñecemento debe ser un ben público mundial", expuxo aos 22 países que conforman a rexión iberoamericana, dos cales 19 están en América Latina e tres na península Ibérica: España, Portugal e Andorra.

Logo de condenar a crise de pensamento dos países do sur, a importación de teorías e liñas de investigación non acordes necesariamente coas realidades destes países, a fuga de cerebros suramericanos e a privatizada propiedade intelectual que deixa de lado os dereitos humanos, o primeiro mandatario ecuatoriano sinalou que outro ben público que debe acaparar a nosa atención, é a innovación científico-tecnolóxica para o coidado, a protección, a remediación e a sustentabilidad do medio ambiente.

"Fronte a esta neo-dependencia e á privatización dos saberes, a nosa aposta é á produción soberana e á democratización do coñecemento", concluíu

O marco do encontro servirá ademais ao Presidente, Rafael Correa -quen actualmente exerce a Presidencia Prol Témpore da Unión de Nacións Suramericanas (UNASUR)- para expor as teses ecuatorianas sobre o fortalecemento da integración, para impulsar o desenvolvemento sostible e o benestar dos pobos da rexión, así como para eliminar a pobreza, a exclusión e a desigualdade social persistentes.

Ao concluír a cita asinarase unha Declaración Final cos principais acordos entre os países iberoamericanos./Cancillería

Fonte: Presidencia da República
Luns, 30 de Novembro de 2009 15:55
__________________________



Sobre a farsa eleitoral en Honduras:

Ecuador non recoñece a Porfirio Lobo como presidente electo polos hondureños
Luns, 30 de Novembro de 2009 18:25

Estoril (Lisboa).- O Presidente da República, Rafael Correa, cuestionou o proceso electoral realizado o domingo en Honduras xa que foi convocado por un réxime de facto.

Fonte: Presidencia da República
_______________________________