sábado, febreiro 20, 2010

Reganosa baixo mínimos, e as condicións meteorolóxicas adversas na Ría de Ferrol, fixeron activar a alarma no sistema gasístico da península


REGANOSA BAIXO MÍNIMOS

Este Xoves, 17 de Febreiro de 2010, a xestora técnica do sistema gasístico estatal -ENAGAS- emitía unha nota informativa sobre a alerta que causou a situación de mínimos de Reganosa complicada polas condicións atmosféricas adversas.

Esta é a nota que publicou ENAGAS:

"Nota de Operación Nº03 - 17.02.2010 (Cont. 2 e Final)[*]

Ante a eventualidade de que persistisen as condicións atmosféricas adversas durante o día de onte martes e fora preciso chegar a ter que parar a produción da Planta para manter as existencias mínimas de seguridade, preparáronse para a súa posible activación, as medidas previstas para este caso no Acordo de Asistencia Mutua ENAGÁS-REN, consistentes na achega a través da conexión de Valença-Tui de cantidades de gas suplementarias. Desde o propio luns, o sistema gasistico configurouse para conseguir a máxima achega de gas á Zona IV (Galicia- Asturias) desde a Vía da Prata e os gasodutos Burgos-Santander.

O buque finalmente puido realizar a súa manobra de entrada e atracada, e proceder ao comezo da súa descarga na tarde noite de onte martes. As medidas de Asistencia Mutua desactiváronse sen chegar a implementarse. Debemos destacar a actitude positiva e de total colaboración de REN.

Mantense a atención a toda a demanda programada".

A actividade de Reganosa está baixo mínimos. O Comité Cidadán de Emerxencia ven informando desta situación nos últimos meses, somado a algo tamén reiteradamente denunciado polo mesmo Comité, sobre a persistencia de condicións atmosféricas adversas perante moitos días no ano que obrigan a retrasar a descarga dos buques gaseiros e a que estes permanezan proximos á costa ou, como nalgún caso ten acontecido, teñan que virar mesmo case na bocana da Ría (LNG Finima, LNG Lokoja, ...), convertindo todas estas operacións en situacións de risco extremo para a población desta comarca.

Son unha ducia, os buques gaseiros cargados con GNL que até agora tiveron que abortar a súa entrada na Ría por mor de causas meteorolóxicas. Dun total de 60 buques, 12 non puideron entrar na Ría polo mal tempo reinante, é dicer o 20%. Estas condicións meteorolóxicas tan frecuentes no golfo Ártabro, non permiten aos prácticos portuarios, entrar cos buques polo angosto canle da Ría de Ferrol. A existencia de Reganosa ve-se unha vez máis xustificada só polo volume de negocio basado na especulación do chan, concesións portuarias, e subsidios públicos que teñen os seus promotores.

Reganosa mentiu ao presentar o seu proxecto para que lle fose concedida a licenza tanto de construción como de entrada en funcionamento. Estas mentiras, entre outras sobre a súa carteira de clientes, está pondo en perigo o sistema gasístico. Reganosa leva tempo funcionando a mínimos, sen cumplir cos seus compromisos de inxectar gas no sistema. Asi aconteceu estes días, mais nom é a primeira vez que Reganosa chega aos límites co chamado "gas de manobra", que é a porcentaxe de gas que se pode utilizar para manter a planta dentro dos límites de temperatura e seguridade. Xa no pasado mes de Outubro, a xestora técnica gasística obrigou a Reganosa a contratar un buque que ía con rumbo a Barcelona, pois detectaron a situación crítica da planta regasificadora de Mugardos [Protocolo de Rangos Admisibles PD-09 **]. Mesmo a Comisión Nacional de Energía, CNE, no seu Informe 34/2009 que xa temos publicado en Ártabra 21, dicia:

" A información que acompaña á proposta de Orde xustifica que a modificación das peaxes de descarga de buques débese ao desequilibrio na utilización da planta de Mugardos, o cal pode constituír un problema na medida en que se poñan en perigo os niveis mínimos de planta por falta de utilización". [***]

_____

[*] Acceder ou Baixar a Nota orixinal de ENAGAS en formato -pdf- :
[**] Protocolo de Rangos Admisibles PD-09: "é un protocolo aprobado pola Dirección de política Enerxética e Minas en abril do 2007, onde fala da necesidade de que cada planta de regasificación dispoña dun volume mínimo -gas talón- para asegurar que se vai poder relicuar o gas de boil-off que se xera de forma natural nos tanques evitando así a súa emisión á atmosfera"

[***] Artigo publicado en Ártabra 21 sobre o Informe 34/2009 da CNE

Fontes: Comité Cidadán e Enagas

Información baseada na enviada por:
Ferrol-Cape
-ferrol.cape@gmail.com-
19 de fevereiro de 2010 15:37
_______________

Enlaces relacionados:
________________________

Enlace de interese:

REAL DECRETO 949/2001, de 3 de agosto, polo que se regula o acceso de terceiros ás instalacións gasistas e establécese un sistema económico integrado do sector de gas natural. [Con análise xurídico da disposición]
________________________

Nom à criminalizaçom da luita contra a planta de gás


Solidariedade com os repressaliados

Catorze mariscadores serám julgados 22 de Fevereiro em relaçom com um acto de protesto contra REGANOSA na Autoridade Portuária de Ferrol. Os factos remontam-se a 30 de Maio de 2007, data na que os acusados, membros da Confraria de Pescadores de Ferrol, protagonizárom um encerramento no escritório do entom presidente, Amable Dopico.

A fiscalia pede para cada um dos participantes no encerramento, nove messes de prisom.

Como já temos experiência em repressom judicial contra movimentos populares e de classe nom podemos mais do que qualificar esta proposta de condena como de política, com a intencionalidade de blindar a intocabilidade dos responsáveis políticos de umha decisom injusta e ilegal, como a instalaçom de umha planta de gás em plena ria e num núcleo povoado como Mehá, e também de amedonhar aos sectores mais activos nos protestos (os sectores mais directamente afectados, pescadores, mariscadores...) para assim debilitar ao movimento popular e derrotá-lo.

Nom podemos permitir que estes catorze membros do movimento popular fiquem sozinhos perante o intento do poder judicial espanhol de impôr-lhes puniçons “exemplarizantes”. O movimento contra a Planta de Gás nom pode recuar, porque as suas reivindicaçons som justas e porque nom se pode consumar um abuso político com tintes criminosos como este.

NÓS-Unidade Popular manifesta a sua solidariedade com os mariscadores e solicita que se arquivem as diligências.

Absoluçom dos processados!!! Planta de Gás fora da Ria!!!!!

Assembleia Comarcal de NÓS-UP em Trasancos

19-02-2010

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
19 de fevereiro de 2010 15:49
_______________________

Web Oficial de Nós-UP:
http://www.nosgaliza.org/
________________________________

venres, febreiro 19, 2010

Domingo 21 de Febreiro, Mercadiño de Troco en Ferrol

Contra o consumismo: troca e reutiliza

Domingo 21 de Febreiro, Mercadiño de Troco en Ferrol

O vindeiro domingo 21 de Febreiro (a periodicidade é bimensual) celébrase na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:30 h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos naqueles soportes traidos polas propias persoas que se acheguen. Para evitar os intermediarios (ben sexan outras persoas ou moedas) cada participante negociará coas persoas interesadas o troco de obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Durante o transcurso e tamén ao remate do mercadiño cada participante deberá responsabilizarse e recoller os obxectos que non fosen trocados ou cedidos.


Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais - Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas. Tamén podes acceder ao mercadiño permante en www.trocaferrol.org

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
17 de fevereiro de 2010 20:21
___________________

mércores, febreiro 17, 2010

Quen e por que atacan á economía española, ou á grega? E que facer para evitalo?

Por Juan Torres López [*]
18.02.2010

Todo o mundo é consciente de que "van a por España", como dicía un artigo publicado fai uns días no diario El País. Dito doutro xeito, iso quere dicir que "os mercados" atacan á economía española, que se difunden rumores sobre a súa debilidade, que saen capitais e, sobre todo, que as axencias de cualificación poden estimar que a capacidade de España para facer fronte aos seus compromisos de débeda diminúe, o que dificultaría a colocación da débeda española, facéndoa máis custosa e quizá impedindo que puidese seguir facendo fronte aos seus compromisos de pago. Ata aquí é máis ou menos o que contan os xornais e o que din a maioría dos economistas, pero convén saber algunhas cousas máis.

Quen son os mercados que atacan á economía española?

Loxicamente, os mercados non son criaturas reais que teñan corpo e alma, sentimentos, voz e vontade. De ningún xeito. Os "mercados" son en realidade os propietarios dos grandes capitais que operan neles: os grandes banqueiros e os directivos dos bancos, os grandes investidores, os titulares dos xigantescos fondos de investimento, de pensións, as grandes multinacionais... Son, xa que logo, persoas normais concretas, cidadáns como os demais pero que teñen moitísimo diñeiro e, xa que logo, moitísimo poder. Privilexiados que dominan aos gobernos e que se superponen a calquera das decisións que os órganos ou institucións representativos poidan adoptar, e tamén os que teñen influencia sobre os organismos internacionais. Non creo que sexa necesario que dea nomes, calquera persoa ben informada sabe con quen se reuniron os presidentes dos gobernos, quen van a Davos, os que forman parte da Trilateral ou do Club Bilderberg, os empresarios multimillonarios ... A eses refírome. Son os que controlan non só os seus propios e inmensos recursos financeiros senón tamén o aforro, no noso caso, dos españois, co cal atacan á economía española. Usan o noso diñeiro para empobrecernos. Eses son "os mercados" a quen os medios de comunicación nunca pon nome nin cara.

Por que lles preocupa agora a situación da economía española?

Todos eles gañaron miles de millóns nos últimos anos cando lograron implantar en España, ou noutros países, un modelo produtivo especulativo grazas ás leis que foron aplicando os sucesivos gobernos. E, a escala global, difundindo por todo o planeta e investindo e especulando con activos financeiros arriesgadísimos e grazas á complicidade das autoridades económicas. Ata que todo saltou polo aire porque ese modo de gañar diñeiro é materialmente insostible. Todos coñecemos a historia, os seus enganos e fraudes, a súa extraordinaria irresponsabilidade, a súa avaricia ilimitada ... e o que despois sucedeu, o colapso financeiro e a práctica paralización da economía mundial porque esta non pode funcionar sen financiamento.

Cando todo estalou, os bancos que provocaran o desastre e que antes pedían aos gobernos que se abstivesen de intervir nos seus negocios, enseguida pedíronlles protección e que puxesen sobre a mesa centos de miles de millóns para salvar as súas contas.

Foi tanto o desastre que provocaran que se fixo necesaria unha intervención xigantesca dos gobernos, que tiveron que endebedarse ata as cellas para evitar o colapso global das economías e a quebra xeneralizada do sistema financeiro e bancario. E así, e con avais ou préstamos ao 1% ou ata a menor interese os bancos centrais puxeron a disposición da banca mundial centos de miles de millóns de euros para que saíse á boia e reactivase o fluxo de crédito á economía (por certo, cometéndose dese modo, cando ao mesmo tempo negaban uns poucos miles para loitar contra o fame, un dos crimes máis horrorosos da historia humana). Pero en lugar diso, en lugar de dedicar ese diñeiro a financiar de novo a actividade económica, os bancos dedicáronse a sanear os seus balances, ben colocando o mesmo diñeiro que os bancos centrais dábanlle en depósitos mellor retribuidos alí mesmo, ou subscribindo ao 3, 4 ou 5% a débeda que tiñan que emitir os gobernos para facer fronte á situación que eles crearan, ou investindo en novas burbullas nos mercados do ouro, das materias primas ou do petróleo. Así se creou un novo e extraordinario negocio para a banca e os especuladores financeiros: comprar a débeda que os gobernos tiveron que emitir para tratar de facer fronte ao desaguisado que a propia banca e os especuladores financeiros provocaron. Por iso, o que agora lles preocupa é, sobre todo, que os estados estean en condicións de facer fronte a esa débeda. E por iso quérenlles impor condicións draconianas para que os seus recursos se dirixan prioritaria e inexcusablemente a pagala. O mesmo que fixeron cos países do terceiro mundo nos anos oitenta.

En que consiste o ataque ás economías que están facendo os especuladores?

Os especuladores están actuando de varias formas pero, sobre todo, tratando de mostrar que a economía española é sumamente débil, de modo que apareza como imprescindible a adopción de medidas orientadas, como acabo de sinalar, a garantir en todo caso o pago da débeda. Saben que, en realidade, España atópase nunha situación de dificultade en principio pasaxeira (aínda que iso non queira dicir que non haxa outros problemas de fondo moi graves, como analicei, por exemplo, en Crise inmobiliaria, crise crediticia e recesión económica en España) porque tivo que dedicarse a botar auga sobre o lume que provocaron as súas propias irresponsabilidades pero lles dá igual. O que buscan agora é apontoar ao máximo o seu novo negocio. O que están facendo é un "pressing" en toda regra e en todos os ámbitos nos que poden actuar buscando, principalmente, compromisos de recortes no gasto público, maior privatización das pensións e, en xeral, máis facilidades ao sector privado (onde eles mesmos gañan diñeiro) para eliminar ao máximo as cargas públicas que puidesen distraer recursos do pago da débeda. O que fan estes grandes, xigantescos investidores é en realidade "sementar a dúbida", non só para previrse sobre calquera risco de falta de pagamento senón, ademais, para lograr que aumenten as curmás de risco e os tipos aos que o goberno ha de emitir a débeda e así gañar máis diñeiro aínda. Xogan a crear eles mesmos, grazas ao seu inmenso poder directo e indirecto a través de académicos, xornalistas e medios de comunicación, as condicións que lles resulten sempre máis favorables. Todo iso ten un nome: extorsión, ou chantaxe, como vostedes queiran. E ten tamén un resultado seguro: a submisión dos gobernos. Unhas veces porque así o aceptan sen máis, cando actúan como os seus sicarios. Outras, como lle ocorreu ducias de veces a gobernos progresistas ou simplemente honestos, sinxelamente porque non dispón de poder suficiente para dicirlle Xa abonda aos banqueiros e grandes investidores.

Poder cidadán

Por iso non é suficiente con criticar a estes últimos gobernos. É inxenuo pensar que polo mero feito de gañar unhas eleccións tense capacidade para facer fronte a quen detentan o poder monetario. Hai que dispor, ademais do goberno, doutro poder, do poder dos cidadáns e das cidadás. Gobernar sen este último non serve para nada. Ou mellor devandito, serve, como vimos tantas veces e estamos vendo agora en España ou en Grecia, para caer derrotado ante os poderosos, para ceder e aceptar todas as súas condicións.

Cando o poder dos cidadáns e cidadás non existe ou é insuficiente, como está pasando agora en Grecia ou en España, como pasou en tantos outros lugares, o diñeiro triunfa e sempre obtén os resultados que comentei, a redución de salarios e do gasto público e o desmantelamento dos servizos colectivos, ou o que é igual, a deterioración das condicións de vida das persoas que non ten fortunas.

Por iso é tan necesario xerar esoutro poder, o dos homes e mulleres que amamos a vida e non o diñeiro, que buscamos a xustiza e non a ganancia, que queremos a paz e non a avaricia. E ser conscientes de que aínda que eles fan todo o posible para evitar que naza, e fusilan, secuestran, menten, torturan e matan para evitar que se consolide, tamén é verdade que nós perdemos tamén moito tempo e enerxías en balde. Non deberiamos deixarnos derrotar tan facilmente.

Fonte: juantorreslopez.com

[*] Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web (Ganas de Escribir: www.juantorreslopez.com) e coordena a páxina web dedicada a información económica www.altereconomia.org.
_____________________________________

Concello e A.Veciñal O Rosario do Inferniño, rendirán unha homenaxe ás mulleres científicas nadas no século XIX cunha exposición e unha conferencia no Carvalho Calero


  • A concelleira Mercedes Carbajales e a presidenta da A Veciñal, Ana J. López, presentaron esta mañá as iniciativas, pensadas en particular para estudantes de ESO ou Bacharelato
  • A mostra de pintura “Ciencia EX Aequo” inaugurarase o 2 de marzo e nela invítase á reflexión sobre o recoñecemento da igualdade entre homes e mulleres ao longo da historia
Ferrol, 12 de febreiro de 2010.- A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, presentou esta mañá xunto coa presidenta da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, Ana Jesús López, unha iniciativa que se levará a cabo de xeito conxunto no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero. Trátase, tal e como explicou a responsable das políticas municipais de Educación, dunha exposición de pintura e dunha conferencia que terán como protagonistas a aquelas mulleres que ao longo da historia tiveron un destacado papel no mundo da ciencia sendo, en ocasións, esquecidas.

Tal e como subliñou a edil Mercedes Carbajales, esta iniciativa enmárcase dentro da política levada a cabo polo departamento que dirixe coa finalidade de transmitir á sociedade en xeral e aos estudantes, en particular, a importancia de educar en igualdade, fundamental para construír unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres.

Este será un dos aspectos relacionados coa actividade que hoxe se deu a coñecer. E neste senso, a presidenta da AVeciñal O Rosario avanzou que a sala de exposicións do Carvalho Calero acollerá desde o 1 de marzo ao 15 a mostra de pintura “Ciencia Ex Aequo” (“Ciencia por igual”) da que é autora Margarita Cimadevila, licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e directora, na actualidade, do IES Urbano Lugrís de A Coruña. Nela réndese unha homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de ter realizado un importante labor e mereceron un recoñecemento polo seu traballo, foron ignoradas en moitas ocasións ou relegadas a un segundo plano a favor dos seus superiores, colegas ou competidores masculinos que, en moitos casos, non tiveron reparos en atribuírse os seus traballos.

A exposición, tal e como destacou Ana López, coincidirá coa conmemoración, o vindeiro 8 de marzo, do Día da Muller, unha data moi apropiada para dar a coñecer o labor desempeñado por unha ducia de mulleres que, nadas no século XIX e principios do XX, xogaron un importante papel na Ciencia, en campos como o da física, química, bioloxía, matemáticas ou astronomía. Para iso, cada un dos cadros que integran esta exposición estarán acompañados dunha breve explicación científica e dunha nota biográfica.

Así mesmo, xunto con esta exposición, a edil Mercedes Carbajales anunciou que se celebrará unha conferencia o vindeiro 2 de marzo, ás 17.00 horas, no salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero, na que a propia autora da mostra, Margarita Cimadevila, presentará a súa obra, os criterios tidos en conta á hora de seleccionar as científicas ás que rende homenaxe e o feito científico que tratou de plasmar en cada lenzo.

A responsable de Educación do Concello subliñou que esta charla está especialmente orientada aos estudantes de Secundaria e Bacharelato, se ben está aberta a toda a cidadanía, polo que se cursou unha invitación a todos os institutos da cidade para que asistan a esta convocatoria. Para iso, os centros interesados deberán contactar co Departamento de Educación do Concello de Ferrol, a través da súa páxina web (www.ferrol.es/educacion), onde ademais poderán descargar as solicitudes.

A este respecto, a edil destacou o interese destas dúas actividades que pemitirán traballar en aspectos como o recoñecemento da igualdade entre os dous sexos, a cultura do esforzo e superación que estas mulleres amosaron traballando en condicións adversas, o coñecemento científico como un traballo continuado e concatenado de moita xente ao longo de moitos anos, que sentou as bases do coñecemento en temas de máxima actualidade como o ADN, a fisión nuclear ou os fenómenos sísmicos, entre outros. Tamén pretende promover unha visión integradora do mundo a través da conexión entre realidades tan aparentemente distintas como son a ciencia e a arte.

Concello de Ferrol - A. Veciñal O Rosario- Inferniño.

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
16 de fevereiro de 2010 23:51
__________________________

martes, febreiro 16, 2010

Abortada entrada gaseiro nº 60

Unha vez máis, o LNG Catalunya Spirit houbo desistir da entrada na Ría de Ferrol, por mor das condicións do vento.

De 60 gaseiros o nº de entradas abortadas foi de 12, o que supón o 20% do total sendo un indicativo das condicións singulares da Ría de Ferrol e da non idoneidade da ubicación da Planta de Gas no interior dela.

O recente accidente pola explosión de gas na planta de ciclo combinado en Conneticut (USA) pon ao día a peligrosidade dunha instalación como Reganosa  que en caso de accidente, tanto na Planta como nun gaseiro, causaría miles de vítimas. Esta instalación que actualmente traballa ao 30 % da súa capacidade -para manter a sua actuividade, teñen pechado o gasoducto de Tui- é unha instalacion non so peligrosa e ilegal senon deficitaria e que soportamos o conxunto dos cidadáns  pagando un gas máis caro para o beneficio exclusivo dos promotores. Estes recibiron no pasado ano 60 MM de euros do Sistema Gasístico, ou sexa do peto de todos.

Unha vez máis o CCE demanda dos poderes públicos o peche desta instalación e a apertura dos gasoductos.

Relacion de gaseiros cargados con GNL que abortaron a súa entrada na Ría de Ferrol, para descargar na planta de Reganosa, por culpa das condicións metereolóxicas:

LNG Cheik el Mokrany (05/02/2008), LNG Mourad Didouche (24/03/2008), LNG Edo(16/10/2008), Madrid Spirit (20/10/2008), Bilbao Knutsen ( 25/11/2008) , LNG Lagos (13/12/2008 e 14/12/2008), Madrid Spirit (29/08/2009), LNG Finima (13/11/2009 e 14/11/2009), LNG Lokoja (28/11/2009), LNG Catalunya Spirit (15/02/2010).

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@gmail.com
16 de fevereiro de 2010 21:16

__________________________

De novo un buque cargado con GNL para Reganosa tivo que abortar o seu intento de entrada na Ría por mor do forte vento



E xa van 12, xa son unha ducia os buques gaseiros, cargados con GNL, os que tiveron que abortar a súa entrada na Ría por mor de causas meteorolóxicas. Estes representan o 20% do total, de 60 buques 12 non puideron entrar na Ría polo mal tempo reinante, fortes ventos fixeron desistir aos prácticos portuarios no seu intento de entrar polo angosto canle de entrada á Ría de Ferrol.

O Catalunya Spirit tiña prevista a súa chegada a Reganosa este Luns 15 de Febreiro de 2010, mais como xa dixemos non puido entrar, o forte vento desta tarde foi o "culpábel". Mais mañá coincidindo coa pleamar diúrna, único momento no que o buque pode atravesar a canle da Ría e atracar no peirao da regasificadora de Mugardos en Punta Promontorio, vai-no intentar de novo, até conseguir deixar a súa perigosa carga.

Reganosa, ao traer este buque, voltará de novo, coa complicidade da Xunta, dos concellos de Mugardos e Ferrol, do Goberno de Madrid, a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta de gas, instalada no corazón da nosa Ría, ameazando a seguridade e vida das miles de persoas que moramos na súa contorna.



A pesar de que o buque non entrou, o Comité Cidadán realizou a súa acción de protesta, unha acción que pretende avisar á poboación do perigo da presencia dun buque cargado con GNL dentro da Ría, así como para denunciar mais unha vez a instalación da planta de gas dentro da Ría, todo un despropósito: perigoso, irracional e corrupto.

Polo seu interese achegamos un artigo de Lorena Bustabad, publicado hoxe no xornal El País na súa edición para Galiza.

Reganosa intenta enviar gas a Portugal por Tui

Por Lorena Bustabad
15.02.2010

A posibilidade de espremer a regasificadora galega, que traballa a medio gas, para fornecer enerxía a Portugal, vai tomando corpo. Gas Natural, que logo de comprar Unión Fenosa controla o 21% do accionariado da planta, despunta como operador independente no mercado luso. Cunha produción de 2,2 millóns de megavatios hora en 2009, pechou un acordo con Reganosa o mes pasado para rendibilizar a proximidade da planta -a 200 quilómetros da fronteira portuguesa- para penetrarse no mercado luso polo Norte. A única regasificadora portuguesa está en Sines, ao sur de Lisboa e esta distancia deixa de ser un competidor para a terminal galega.

Gas Natural xa se asegurou o transporte e a distribución nese país mediante acordos co xestor REN e os operadores Galp e EDP. Esta opción de negocio tamén abre novas vías para Reganosa, que pechou 2009 cun descenso na produción do 26%, mentres a demanda nacional recortábase un 8%. A terminal de Mugardos rexistrou a caída máis acusada das seis plantas da rede estatal.

Proxecto de Feijóo

A posibilidade de explotar unha gran vía gasista de Galicia ao norte de Portugal tamén forma parte do proxecto que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo expuxo ao primeiro ministro luso na reunión que ambos os mandatarios mantiveron a semana pasada en Lisboa. Feijóo reclamou un novo gasoduto de alta presión que José Sócrates se comprometeu a estudar.

A exportación de gas desde Reganosa a Portugal permitirá reabrir o gasoduto de Tui, pechado desde 2008. Por este conduto de dobre sentido, capaz de transportar 23 gigavatios por hora cada día, subía o gas africano a Galicia ata que comezou a funcionar a terminal de Mugardos, en maio de 2007.

O último informe anual de Enagás coloca a terminal de Mugardos ao 35% da súa capacidade. Foi a última en construírse. Tamén a máis pequena e polémica. Abastécese, fundamentalmente, de gas de Nixeria, Alxeria ou Trinidad e Tobago. Os seus opositores, agrupados no Comité Cidadán de Emerxencia, cren que "a planta é innecesaria" e pouco máis que "un proxecto especulativo". protestaron contra a chegada de todos e cada un dos 58 buques metaneros que atracaron nos peiraos de Reganosa.

Fonte: elpais.com
_________________________

luns, febreiro 15, 2010

Reganosa e o Xacemento Romano de Caldoval

[Para entrar na Galería de Diapositivos clicar acima da imaxe]

Diante as novas recollidas nos medios, sobre o Convenio asinado entre Reganosa, o Sr.Alcalde de Mugardos e o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia que pretende “poñer en valor” o xacemento romano de Caldoval trasladándoo a un museo na vila, queremos manifestar:

1º.- Sábese a pretensión dos promotores da planta de gas de Reganosa de desmantelar os xacementos arqueolóxicos da zona, cualificada no PXOM de Mugardos como solo rústico de protección de patrimonio (SRPP) que inclúe o Castro de Mehá, o xacemento romano de Caldoval e o de Sta. Lucía, como paso previo, para poder recalificar o solo e permitir a ampliación de Reganosa.

2º.- A recalificación do solo onde se atopa o xacemento, proposta por Reganosa e tramitada polo entón Alcalde Sr. Toimil, foi rexeitada no seu día pola Xunta de Galicia, aínda así os promotores de Reganosa, a sabiendas de que nese espazo non poderían instalar 2 tanques máis, acadaron o seu obxectivo de desmantelamento do xacemento do seu lugar orixinal, un xacemento por outra banda non “descuberto” por Reganosa, xa que estaba perfectamente catalogado desde hai tempo.

3º.- O TSXG, ditou unha 3ª sentenza en contra de Reganosa (Sentenza nº 00311/2008 de 22 de abril de 2008), anulando a modificación puntual do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que serviu ao Concello para outorgar a licenza de obras e de actividade a Planta de Gas de Reganosa.

4º.- Estamos diante dunha nova patraña por parte dos promotores de Reganosa, como as que propagaron ao longo destes anos. Onde van as moreas de postos de traballo que ían crear? Unha planta de gas que so funciona ao 30 % da súa capacidade -pechan o gasoduto de Tui para colocar o pouco gas que produce-,que ameaza a vida de miles de cidadáns, unha planta deficitaria, cuxo custo pagamos tod@s, e innecesaria pois os gasodutos teñen a capacidade para subministrar aos ciclos combinados e ao consumo doméstico de Galicia. A pesares de todo isto, da Sentenza do TSXG, este Convenio só obedece aos interese de Reganosa para recalificar a zona.

5º.- A musealización in situ constitúe o mellor modo de poñer en valor o citado xacemento e o conxunto da zona en particular, e de respecto que merece a historia do noso pobo, a súa cultura, a legalidade e o interese xeral.

Isto e o que debería facer o Sr. Alcalde de Mugardos, e un Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, non debería seguir os imperativos dos que promoven a barbarie contra o patrimonio, a nosa Ría e a seguridade das persoas,con tal de obter beneficios..

Ferrol a 13 de Febreiro de 2010

Álbum fotográfico de Caldoval:
http://picasaweb.google.es/comitecidadan/XacimentoRomanoDeCaldoval#

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia

comitecidadan@gmail.com
15 de fevereiro de 2010 15:21
__________________________

Enlace de interese:
__________________________________

Pode-se escoitar "Atenea", o programa do Ateneo Ferrolán, en Radio Filispim, no 93.9 da FM

"Atenea"
O programa do Ateneo Ferrolán en Radio Filispim
ESCOITAO!

Mércores día 17 febreiro : 20:00hs. - 21:00hs. [Directo]

A nova grella filispiniana, inclúe o programa que vai realizar o Ateneo
Ferrolán, "Atenea".

En principio, o programa terá unha periodicidade mensual, aínda que se a
cousa funciona e a xente se anima, poderiamos chegar a semanal.

Desde o Ateneo Ferrolán, facemos un chamamento aos socios e socias para que,
se lles interesa, se animen a participar nesta nova actividade radiofónica e
axuden a facer o programa.

O programa Atenea, emitirase en Rádio FilispiM 93.9 da FM:
  • Luns: 21:00hs. - 22:00hs. [Diferido]
  • Mércores: 19:00hs. - 20:00hs. [Directo]
  • Sábados: 15:00hs. - 16:00hs. [Diferido]
Consulta a Grella Filispiniana:
http://www.opaii.blogspot.com/

Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
Enviado por:
Ateneo Ferrolán
ateneoferrolan.secretaria@gmail.com
15 de fevereiro de 2010 19:40

__________________________

Exposición “Solidaridad Obrera, 100 años de prensa anarcosindicalista”


O luns 15 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar a inauguración da exposición Solidaridad Obrera, 100 años de prensa anarcosindicalista” nos locais do Ateneo Ferrolán, organizada pola Federación Local da CNT de Ferrol.

No centenario do nacemento do sindicato CNT, esta exposición percorre tamén os cen primeiros anos de vida do xornal “Solidaridad Obrera”, o voceiro histórico desta organización. A exposición recolle as épocas e as persoas máis significativas da vida deste xornal, ao tempo que se percorre unha longa historia de traballo e loita da clase obreira.

A exposición permanecerá nos locais do Ateneo Ferrolán até o día 20 de febreiro e pode visitarse de luns a venres de 11.30 a 13.30 e de 17 a 21 horas e os sábados, de 10.30 a 13.30 horas.


Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

___________________

Cancentración este Luns 15 de Febreiro, ante o anuncio da chegada dun novo gaseiro cargado con GNL para Reganosa


Un novo gaseiro ten prevista a súa chegada a Reganosa este Luns 15 de Febreiro de 2010.

Desde a chegada do último gaseiro, xa pasou un mes, todo un síntoma da situación que esta pasando á planta regasificadora de Mugardos, sen clientes a quen vender o seu gas.

O Catalunya Spirit que é así como se chama o buque agardado, será nº 2 do ano e o 60 desde que entrara o Galicia Spirit en Maio de 2007.

A empresa gasística volta máis unha vez, coa complicidade das administracións, a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia de Reganosa en Punta Promontorio, instalada irresponsabelmente no corazón da nosa Ría, ameazando a seguridade e vida das miles de persoas que moramos na súa contorna.



Concentración

Como xa mencionamos, este Luns 15 de Febreiro está prevista a entrada do buque, e como resposta o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha acción de protesta e denuncia, o mesmo día ás 7 da Tarde na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, unha concentración sonora e reivindicativa.

Características e Notas sobre o buque:
  • Nome: Catalunya Spirit - Bandeira: España - Eslora: 284 m - Manga: 42 m - Calado: 12 m - Capacidade: 138.000 m³
  • Este gaseiro o 11 de Febreiro de 2008 quedou, a plena carga, á deriva fronte a Cape Cod, costa do estado de Massachussets (USA).

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡


Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de fevereiro de 2010 01:01
__________________

xoves, febreiro 11, 2010

Este sábado 13 de Febreiro de 2010, entre as 11 e as 13 horas, nova edición d'O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán que se emite en Radio Filispim no 93.9 fm

[Emisión en directo: Sábado de 11:00hs. a 13:00hs.
- Repetición en diferido: Mércores, de 15:00hs. a 17:00hs. e Domingos, de 20:00hs. a 22:00hs.]

O Recuncho nº 25

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Entrevista a Moncho Aboal, secretario do equipo de fútbol base Rácing de San Pedro. O cal nos falará dos problemas que ten o deporte aficionado na nosa comarca.
  • Escoitaremos audios da conferencia organizada por Fuco Buxán de Gaspar Llamazares, presentando o libro “Al rojo vivo”.
  • En directo, no estudo     Nieves Monteiro Vargas  e María Teresa Vilariño Lorenzo  as cales nos falarán do traballo que estase a realizar no taller de promoción da Muller de Caranza e dos problemas que se atopa a poboación de etnia xitana na nosa comarca.
  • María Castro, dende Honduras, daranos as últimas novas dos acontecementos que están tendo lugar dende o proceso golpista.
  • Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, escoitaremos poemas de  Bertol Bretch.
  • José Torregrosa  coa súa sección “O Despertar da Razón” traeranos: “ A morte do poeta”.

Tódolos programas en:
www.recunchofuco.blogspot.com
--
"O recuncho", o programa  da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Micki
-ser_tb_algo_mas@yahoo.es-
10 de fevereiro de 2010 22:07

________________

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar


Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info

Programa

Sábado 27 de Febreiro de 2010
  • 10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP

  • 10:30 h. Palestra:
    Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
    Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)

  • 12:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir da Terra
    Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)

  • 14:00 h. Pausa para xantar

  • 16:30 h. Palestra:
    Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
    Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)

  • 18:00 h. Palestra:
    Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
    Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)
Domingo 28 de Febreiro de 2010
  • 10:30 h. Palestra:
    Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
    Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)

  • 12:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir do Mar
    Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)

  • 14:00 h. Pausa para xantar

  • 16:30 h. Palestra:
    Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
    Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)

  • 18:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
    Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel
Propaganda para a  divulgación:
Fernada Couñago Otero - Directora da Asociación Galega AMARANTE Setem para o Ecodesenvolvemento - Avenida Romero Donallo, 17 15706 COMPOSTELA
www.amaranteong.org
www.comercioxusto.com

Enviado por:
Amarante Central
-amarante@amaranteong.org-
9 de fevereiro de 2010 13:16
______________________________

martes, febreiro 09, 2010

Ciclo de cine: "O cine arredor de foise co vento"



As proxeccións serán os MARTES ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán con entrada de balde. durantes os meses de Febreiro e Marzo de 2010.

Ciclo de cine: "O cine arredor de Foise co Vento"
Os 70 anos do mellor ano do cine: 1939



Adeus Mr. Chips (1939) – Martes 2 febreiro
  • Director: Sam Wood
  • Intérpretes: Robert Donat, Greer Garson, Terry Kilburn
  • Sinopse: No corazón de Inglaterra está enclavada a escola de Brookfield. A ela chega, a finais do século pasado, o novo profesor Mr. Chips. Nela transcorrerá toda a súa vida profesional como mestre de varias xeracións.
Cabaleiro sen espada (1939) – Martes 9 febreiro
  • Director: Frank Capra
  • Intérpretes: James Stewart, Jean Arthur
  • Sinopse: Jefferson Smith, un home sinxelo dunha pequena cidade, é enviado como senador a Washington por un grupo de políticos que queren convertelo nunha marioneta ao servizo dos seus intereses. Smith iniciará unha batalla en solitario contra a corrupción e un grupo de senadores sen escrúpulos. James Stewart, nunha interpretación maxistral, Jean Arthur e Claude Rains protagonizan este clásico da historia do cine.

Ninotchka (1939) – Martes 23 febreiro
  • Director: Ernst Lubitsch
  • Intérpretes: Greta Garbo, Melvyn Douglas, Ina Claire
  • Sinopse: ¡Garbo fala! Anunciábase cando a estrela do cine mudo Greta Garbo debutou no cine sonoro. Nove anos e doce clásicos da pantalla despois, a talentosa lenda do celuloide estaba preparada para outro cambio. ¡Garbo ri! Anunciaba a publicidade da súa primeira comedia, un conto espumoso sobre unha austera enviada rusa que antepón a súa condición de muller ao seu patriotismo soviético, até que se namora dun amable e sofisticado parisiense (Melvyn Douglas).


Terra de audaces (1939) – Martes 2 marzo
  • Director: Henry King
  • Intérpretes: Tyrone Power, Henry Fonda, Nancy Kelly
  • Sinopse: Esta incrible narrativa recolle a historia do pistoleiro máis tristemente famoso do Oeste americano, Jesse James (Tyrone Power), e o seu irmán Frank (Henry Fonda), desde a súa infancia nunha granxa de Missouri, até a súa idade adulta, narrando as súas aventuras como salteadores de trens e bancos.
    Entre ficción e realidade, esta impresionante narración das súas lendarias actividades delituosas está cargada de suspense e de romanticismo e apoiase nuns personaxes sabiamente debuxados, como o interpretado por Randolph Scott, magnífico coprotagonista que dá vida a un dos máis pintorescos personaxes do Salvaxe Oeste.


Os violentos anos 20 (1939) – Martes 9 marzo
  • Director: Raoul Walsh
  • Intérpretes: James Cagney, Priscilla Lane, Humphrey Bogart
  • Sinopse: Clásico do xénero que relata os diferente destinos de tres veteranos da Primeira Guerra Mundial que, tras coñecerse no campo de batalla, regresan a América tras loitar polo seu país. A pesar do desemprego e das difíciles condicións económicas, Lynn irá polo bo camiño, pero Cagney, amargado por non ter traballo nin futuro, unicamente atopa unha oportunidade no contrabando ilegal de licor. Bogart é un implacable gánster nun mundo onde a violación da lei seca implica entrar no mundo do crime.


Cumes borrascosos (1939) Martes 16 marzo
  • Director: William Wyler
  • Intérpretes: Merle Oberon, Sir Laurence Olivier
  • Sinopse: Perdido nunha tormenta de neve nun rochoso páramo inglés, un estranxeiro atopase con Cumes Borrascosos, a lóbrega mansión do misterioso Heathcliff, un home tan torturado por un amor non correspondido que perdeu o desexo de vivir. Mentres a treboada roxe no exterior, o esgotado camiñante escoita fascinado a triste historia de Heathcliff -o antigo mozo dos cabalos- e o seu inocente amor por Cathy, un espírito libre que nunca chegou a facer realidade a súa paixón, porque cando Heathcliff volveu na súa busca logo de moito tempo tentando facer fortuna, atopouse a Cathy xa casada cun mozo da alta sociedade.


Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

____________________

Xuntanza da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Ferrolterra

Segundo o acordo da Comisión Permanente da Plataforma, integrada por CCOO, UXT, CIG, Xunta de Persoal de Área, Agavida, Alcer, Grupo Diversidade Funcional, Av Caranza, Av Valón e Av Esteiro, celebrada o día 27:

CONVOCAMOS unha xuntanza das 35 entidades que, neste momento compoñen a Plataforma para o mércores día 24 de febreiro ás 19 horas no local da AV de Esteiro na rúa Fernando VI, Bloque I baixo.

A orde do día é a seguinte:
  • Aprobación dun logo da Plataforma.
  • Aprobación dunha aportación económica ( se propoñen 50 euros/ano por entidade).
  • Campaña de reclamacións contra as listas de espera.
  • Coordinación da Plataforma con outras Plataformas pola Defensa da Sanidade do resto de Galicia.
  • Campaña de difusión do programa da Plataforma en toda a Área Sanitaria.
  • Propostas de Mobilizacións.
  • Varios.

Facemos un chamamento á participación de tólas entidades veciñais e asociacións sociosanitarias que aínda non forman parte da Plataforma para que asistan a esa xuntanza e , se así o deciden, se incorporen á mesma.

Por vez primeira, esta será a terceira xuntanza do Pleno, se CONVOCA a tódolos partidos políticos que queiran asistir a esa xuntanza e que subscriban o ideario da plataforma ( sempre, por suposto, modificable).

Asdo/ Salustiano Gómez Rodríguez e Xosé Miguel López. portavoces da Plataforma

Blogue oficial da Plataforma:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
8 de fevereiro de 2010 19:01
__________________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Constituída a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitária de Ferrol
_____________________________

Connecticut (EEUU) un gravísimo accidente nunha Planta eléctrica de ciclo combinado, ao facer explosión unha canalización de gas natural

[Estado en que quedou a planta de ciclo combinado "Kleen Energy de 620MW" logo da explosión de gas, do pasado 5 de Febreiro de 2010 - Connecticut-EEUU]

Onte, ás 5 da tarde hora española, producíase en Connecticut (EEUU) un gravísimo accidente nunha Planta eléctrica de ciclo combinado, ao facer explosión unha canalización de gas natural.

Transcorridas 24 horas do suceso, continúa sen pecharse definitivamente o balance de vítimas, posto que parte dos traballadores poden estar aínda baixo os escombros da Planta. Algúns medios apuntan a posibilidade de 50 mortos e un centenar de feridos.

A Planta, aínda en período de probas, está situada a 4 quilómetros da cidade de Middletown (40.000 habitantes) nunha zona apenas poboada.

Ante esto, o Comité Cidadán de Emerxencia, plantexase o seguinte:

Esta explosión de Gas Natural tivo lugar nunha central eléctrica - como ben dixo hoxe en Radio Voz o Alcalde de Mugardos - non nunha Planta de Gas, e aínda así causou numerosas vítimas, a planta quedou totalmente esnaquizada e causou importantes danos a numerosas vivendas bastante afastadas. Os efectos da explosión notáronse nun radio superior a 25 km.

De producirse unha situación similar na planta de Reganosa (o que o Sr. Barcia denomina “futuroloxía”, e no que non quere entrar), as consecuencias - é evidente - serían gravísimas. Tanto polo volume de gas almacenado, como polo efecto multiplicador que supón a contigua planta de Forestal do Atlántico que almacena enormes cantidades de produtos tóxicos.

Ao estar situada no interior da ría, a poucos metros de núcleos de poboación, a 600 metros de Mugardos e a pouco máis dun quilómetro dos Arsenais e cidade de Ferrol, os mortos terían que contarse por miles.

Unha vez máis este Comité Cidadán, reitera o mantido nos últimos dez anos, en canto á ilegal localización da planta (aínda que “conte con todos os permisos”), o seu perigo permanente así como o tráfico de gaseiros no interior da nosa ría.
Urxe que o Tribunal Supremo dite sentencia confirmando as emitidas no seu día polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, favorables a este Comité e recorridas pola Xunta de Galicia.

Urxe - agora que ainda estamos a tempo - que os poderes políticos, - locais, autonómicos e estatais - que consenten esta temeridade, tomen a determinación de erradicar do interior da nosa ría esta ameaza real e permanente.

Urxe tamén que os cidadáns e cidadás da contorna, como o vimos facendo desde fai unha década, e cada vez con máis razóns e con máis motivos, porque o tempo corre na nosa contra, tomemos conciencia e esixamos publicamente o noso dereito a vivir libres deste perigo.

¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de fevereiro de 2010 22:44

______________________

Enlace relacionado:

Máis de 600 enlaces coa noticia vista por diferentes medios
________________________

domingo, febreiro 07, 2010

Videos da homenaxe a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario do seu pasamento

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizou-se o Sábado, 6 de febreiro 2010, ás 12 do mediodía no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador: Carmelo Teixeiro Menéndez, ao celebrarse o segundo aniversario do seu pasamento.

Os que a continuación presentamos son vídeos que recollen algúns dos momentos relevantes do acto.

Ofrenda Floral na Ría de Ferrol desde Caranza


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=iBfcP0VtgNc

Intervencións de Luz Mariña Torrente, Eliseo Zaera e Lalán


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=p5nlanEnUOg

Na voz de Pim Patinho, unha versión especial para Carmelo, de Xan Tavía, do poema NALGURES de Marica Campo.


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=UvwPyYBdzzg

A música de Bach desde o violín de Estrela Gómez.


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=6HJ9ArDwtcQ

Interpretación de Agulló e André d'A Revolta


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=CI70GPT2_9w

O Hinno Galego por Agulló e André d'A Revolta


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=kw2-78DlD3U

__________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Emoción e compromiso na homenaxe a Carmelo

Ártabra 21: Lembrando a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte

Ártabra 21: Sábado 6 de Febreiro de 2010: Homenaxe a Carmelo Teixeiro no II Aniversario do seu pasamento
__________________________

Emoción e compromiso na homenaxe a Carmelo


Hoxe, sábado 6 de Febreiro, en Caranza, xunto aos tres carballos plantados no seu recordo, no parque que leva o seu nome, celebrouse un acto sinxelo e entrañable dedicado a Carmelo Teixeiro, cando se cumpre o segundo aniversario do seu falecemento.

A emoción coa que case un centenar de persoas depositaron un caravel no mar onde Carmelo descansa, ademáis dun acto de recordo e de solidariedade coa súa familia, é un sinal inequívoco de que as súas compañeiras e compañeiros seguimos na loita e non abandonaremos ata conseguir que
algún día, Carmelo poida ver cos nosos ollos o final destaameaza contra a que tanto loitou.

Do compromiso, da tenacidade e da entrega xenerosa de Carmelo, así como do seu esforzo de toda unha vida por facer un mundo mellor, falaron na súa intervención Luz Mariña Torrente, Presidenta dá A. VV. “O Cruceiro” de Mehá e Eliseo Zaera, Presidente do Ateneo Ferrolán,  membros do Comité Cidadán de Emerxencia.

Lalán, como coordinador do CCE, estableceu unha conversa con Carmelo na que lle dicía:

Saberás Carmelo que a ameaza segue en pé. A morea de postos de traballo que ian crear, esfumáronse, é mais, vivimos unha profunda crise económica, consecuencia da rapiña e da especulación levada adiante por unha minoría que cementou unha gran parte do solo do estado español, do que Reganosa é un exemplo.

A destrución da Ría avanza. A produción de gas disminúe, os ciclos funcionan ao ralentí. Esta realidade amosa a falsedade dos datos aportados polos promotores para obter a autorización da Planta.


Para nos, a seguridade, a defensa da vida, da legalidade e da Ría, son fundamentais. Pero agora sabemos tamén que é unha instalación innecesaria.

Carmelo, tamén saberás que seguimos aquí contra esta ameaza, con todos os frentes de loita abertos: xurídico, administrativo, mediático e de movilización, que ao longo deste anoDécimo Aniversariodesenvolveremos”.

E así seguiremos, porque nós non nos resinamos, Queremos deixar ás novas xeracións un entorno habitable, sin ameazas. Conseguiremos que o espírito de rebeldía que tiña Carmelo


cristalice nesta sociedade e impediremos que estes sectores económicos e financieiros, cuio obxetivo non é máis que obter beneficios sen ningunha outra consideración, a base de explotar aos seres humanos e a propia natureza, sigan dominando o presente e o futuro.

Tras das intervencións citadas, a música e a poesía selaron este compromiso de solidariedade.

Na voz de Pim Patinho, unha versión especial para Carmelo, de Xan Tavía, do poema NALGURES de Marica Campo. A música de Bach desde o violín de Estrela Gómez, e o son dás

gaitas de André e Agulló (A Revolta) encheron o parque e os corazóns presentes de saudade e determinación.

Compañeiro Carmelo : ¡ A loita continúa ¡
¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡


NALGURES

Nalgures andarás, nalgunha guerra,
quizais nunha cidade destruída
osmando entre os cadáveres a vida,
que o oficio de vivir nunca te aterra.

Sempre a loitar coa xente que se aferra
aos soños e que aposta na partida
non dando nunca a causa por perdida

loitando sempre polo mar e a terra

Pintando arcos da vella na tormenta,
liñas pintadas coma pontes,
cousas de non matar e bolboretas,

así te podo ver, sempre á mantenta
onde se movan máis os horizontes,
que as ondas do teu mar nunca están quietas.

Marica Campo

[poema versionado por Xan Tavía, especialmente para Carmelo]


Album fotográfico (fotos de Suso Pazos):

http://picasaweb.google.com/fucobuxan2/IIHomenaxeACarmeloTeixeiro#

--
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de fevereiro de 2010 00:41

______________________

Lembrando a Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte

Por José Torregrosa [*]
06.02.2010


Desde a Asociación "Fuco Buxán", onde tanto tivo que facer ese home enteiro, quero expresar -está soando Bach- a súa vívida nostalxia e o seu presente. Pois a loita pola Razón aínda segue en pé, desde esa ría que mece a súa brillante cinza, continúa chegando a esixencia do seu alento, un máis entre todos, arrimando ombreiros e argumentos.

Que levou a morte de Carmelo? Non a súa enerxía e a súa fe esperanzada no futuro; non a súa bondade, que nos serve de exemplo. Se seica, afastou a súa cabal proximidade; pero non máis aló do horizonte dunha empresa en común e salvadora: "Planta de Gas Fóra da Ría". El foi o seu impulsor e baluarte; a súa vangarda e a súa forza integradora. Nin a Comadre Seca foi quen para esgotar a súa forza convencida. Non se cansou Carmelo nin na Hora: caeu, non o calaron nunca, rodeado de muíños de furacán corrupto, de plantas venenosas, de cámaras de gas onde debía perecer Natureza e Vida ...

[Lembrandoa Carmelo Teixeiro no segundo aniversario da súa morte.]

Foi un privilexio convivilo, compartir a súa mensaxe xenerosa, unha consigna chea de sentido: "Todos xuntos; pero ti, o primeiro". Non era incansable; sacaba forzas da súa crenza no próximo alcanzable e un sentido emocionante do deber, do compromiso, da acción, que non coñeceu máis límite que o espazo dedicado á reflexión e ao sentimento.

Ai, Carmelo, loitador, e home de familia, e compañeiro, que roubaches o tempo aos reloxos para poder cumprir coa túa tarefa; que aprendiches, como pedía Machado, a distinguir as voces dos ecos ... Hoxe sabémosche perto, respirando unha espera: o converter os muros de silencio no berro cidadán colectivo, portador da rabia e da idea.

Nese día descansarás tranquilo, peixe de luz nesa ría que hoxe acolle a túa historia e o teu traxecto: permanecer, xa sempre, na memoria da masa fecunda do teu Pobo. Mentres tanto, temos moitas cousas que encargarche; sobre todo, o que non nos esquezas: oxalá acertemos a encher o teu repouso de recordos, os novos pasos, tantos novos camiños que estamos percorrendo co teu nome nos beizos e a túa hombría xusta e sabia no corazón e a cabeza.

Non digamos "parece que foi onte", pois non o foi. Carmelo é o reto dun mañá nunha Galicia a salvo de ameazas e de atrasos. Se vin chorar aos teus amigos aquel día, foi por agrandar o mar que ti defendes desde o máis profundo da súa alma, o asuco azul que labra o po e a semente da túa, tan branca e tan fermosa.
Na mañá do sábado, che ofrendaremos flores. Non será suficiente: debemos achegarche a vitoria contra o despropósito e a avaricia.

Só entón poderemos darche grazas e ser dignos de estar na túa memoria eterna, ao teu lado, nun milagre laico, cando na ría de Ferrol estea fóra de perigo e dentro do Progreso, e vexamos como se multiplican, outra vez, Carmelo, na ría de Ferrol, os pans e os peixes.


[*] José Torregrosa comezou a traballar na prensa galega a mediados dos anos sesenta. No ano 1972, foi encausado no proceso dos 23, un xuízo aos traballadores dos estaleiros de Bazán en Ferrol aos que a ditadura franquista represaliou polos seus actos de protesta.

Un feito que o marcou e que fixo tamén que marchara a Madrid en 1974 para intentar a aventura teatral. Logo, regresa en Ferrol, onde casa en 1976 e ten dúas fillas.

Colaborador na prensa e en diversas entidades culturais, gusta de escribir sobre cine e literatura que cre que "unha novela ten tantas historias como lectores ten".

Comezou adicandose á poesía dende o mesmo cárcere da Coruña. "Era a única forma de saír do meu interior a través das palabras". Ademais, tamén ingresou no Grupo Chorima co que publicou antoloxías e recitais poéticos. "Todo o que escribín ten que ver coa poesía existencial, experimental, en palabra e forma, sempre cunha búsqueda do interior", asegura Torregrosa.

Unha vida moi intensa a deste xornalista e escritor ferrolán que, dende o 2000, dirixe a revista Razón Socialista da Asociación Fuco Buxán e tamén colabora co suplemento "Nordesía" do xornal Diario de Ferrol. [Galicia -Hoxe]


Bolgue Persoal:
http://josetorregrosa.wordpress.com/______________________________

xoves, febreiro 04, 2010

Presentación no Ateneo Ferrolán do libro "55 mentiras sobre a lingua galega": Este Venres 5 de Febreiro de 2010


Venres día 5 Febreiro de 2010, ás 20,:0 horas, no Ateneo Ferrolán.

PRESENTACIÓN DO LIBRO:

"55 mentiras sobre a lingua galega"

ProLingua, plataforma civil comprometida coa defensa da lingua galega, presentará o próximo venres día 5 de febreiro a súa primeira publicación: "55 mentiras sobre a lingua galega", compendio de textos coordinado por Xosé Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo.

O libro ofrece unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden "os negocionistas do idioma". Trátase segundo os seus promotores, dunha "reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións dos que buscan o esmorecemento da lingua propia de Galiza".

O libro é un argumentario sinxelo, ao tempo que sólido e rigoroso, que axuda a superar as valoracións e interpretacións subxectivas e ideoloxizadas que se teñen feito sobre a lingua desde ópticas partidistas que nalgúns casos só teñen por obxectivo frear a normalización de usos da lingua no propio país galego.


Na cidade de Ferrol o libro será presentado por Xosé Manuel Sardiña, Xosé Lastra Murais e Xosé Manuel López.

A presentación será simultánea en outras 63 localidades.
Edita LAIOVENTO
LIGAZÓN ao blogue de ProLingua.


Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com
_______________________

Sábado 6 de Febreiro de 2010: Homenaxe a Carmelo Teixeiro no II Aniversario do seu pasamento

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, este Sábado, 6 de febreiro 2010, ás 12 do mediodía en Caranza (Parque Carmelo Teixeiro), celebrarase unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador:  Carmelo Teixeiro Menéndez, ao celebrarse o segundo aniversario do seu pasamento.

Alí, no parque que leva o seu Nome, ao pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembraremos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas localizada no interior da Ría de Ferrol.

Será un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité e a música de Estrela e o seu violín e do grupo A Revolta.

Farase unha ofrenda floral na que tod@s estamos convidados.








Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da localización da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.

Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.

Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista “Razón Socialista”, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, é un exemplo de entrega e compromiso para as compañeiras e compañeiros que se esforzan cada día por acadar un mundo máis xusto e solidario.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


______________________