venres, xuño 18, 2010

Bartoleta Teatro estrea, en Ferrol, "Mackie o Navallas", unha adaptación de "A Ópera de a Patacón” de Roberto Vidal Bolaño, este Domingo 20 de Xuño

Este Domingo 20 de Xuño de 2010, ás 7 da Tarde en Ferrol, no Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero, situado na Praza do Inferniño, BARTOLETA TEATRO, coa dirección de Helga Méndez, estrea "Mackie o Navallas", unha adaptación da obra A Ópera de a Patacón de Roberto Vidal Bolaño. A entrada será libre até que se complete o aforo.



[Clicar acima das imaxens para ampliar]

BARTOLETA TEATRO da A.VV. Ensanche “A” - Ferrol

http://bartoletaferrol.spaces.live.com

Envia do por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
15 de junho de 2010 18:30
_________________________

O Grupo Motor inicia o traballo de clasificación das primeiras propostas presentadas pola veciñanza aos Orzamentos Participativos do 2010


PRINCIPIAN OS TRABALLOS DAS PROPOSTAS VECIÑAIS

A sesión de traballo tivo lugar no Teatro Jofre e ata o 27 de xuño está aberto o prazo para achegar as propostas cidadás. Persoal técnico e o Grupo Motor participan hoxe en San Pablo e sábado en Doniños en novas accións informativas

Os integrantes do Grupo Motor iniciaron o traballo de clasificación das primeiras propostas achegadas polos veciños e veciñas de Ferrol para executarse con cargo aos 1.650.000 euros dos Orzamentos Participativos deste ano.

Así o avanzou o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, quen informou de que esta nova xuntanza de traballo se celebrou no Teatro Jofre (cuarto andar) entre as 18.00 e as 21.00 horas.

Alí abríronse as urnas coas propostas que foron depositadas nos once puntos habilitados polo Concello ao abeiro deste proceso pioneiro en Galicia, distribuidos nos nove barrios obxecto de actuación neste 2010 (Ferrol Vello, Canido, San Xoán de Filgueira, San Pablo de Catabois, Santa Mariña, San Xurxo, Doniños, Covas e Esmelle) e mesmo na Casa Consistorial (no departamento de Participación Cidadá).

Tamén a través da páxina web municipal (www.ferrol.es). E ao fío disto, o edil Manuel Santiago fixo un novo chamamento á cidadanía, á cal invitou a sumarse a este proceso e facer chegar as súas propostas de intervención participando de xeito activo para elixir o destino desta partida orzamentaria.

O prazo finalizará o vindeiro 27 de xuño. Así as cousas, as 50 persoas que forman parte do recentemente constituído Grupo Motor empezaron a clasificar as propostas recibidas atendendo aos temas aos que fan referencia, mediante procedementos de etiquetado e codificación. Este é un dos cometidos do dito Grupo, do que forman parte veciños e veciñas a título individual e representantes de asociacións veciñais, de mulleres, comunidades de montes ou de mocidade dos 9 barrios.

Non só iso, tamén son os encargados de dinamizar os barrios e parroquias nos que se intervirá neste proceso de Orzamentos Participativos informando aos veciños e veciñas do territorio acerca de como participar no mesmo.

E neste senso, o concelleiro de Participación Cidadá lembrou que cada veciño ou veciña poderá achegar ata un máximo de dúas propostas, as cales poderán ser de dous tipos: investimentos e/ou mantenemento de infraestruturas ou equipamentos, e actividades ou programas sociais.

Só é preciso ser maior de 16 anos para poder presentalas e, para exercer o voto, estar inscrito no Rexistro de Votantes (o prazo pecharase o 27 de xuño).

Por outra banda, o Grupo Motor en colaboración coas asociacións nos barrios continúa co seu labor de difusión e dinamización do proceso nas diferentes zonas do Concello de Ferrol nas que se está a intervir co proceso.

Así, o pasado venres a entidade veciñal de San Pablo de Catabois acolleu unha charla informativa coa participación de arredor de 60 veciños e veciñas para analizar os problemas do barrio e idear propostas para presentar aos Orzamentos Participativos.

Hoxe terá lugar unha nova actividade informativa a partir das 19.30 horas na cafetería Vanessa, novamente en San Pablo, na que se contará coa participación de persoal técnico e integrantes do Grupo Motor.

O sábado ás 19,30 horas no local da A.VV. O Lago de Doniños está convocada a veciñanza desta parroquia para realizar unha dinámica de grupo.

Estas accións súmanse ás charlas informativas que ao longo do mes de maio se desenvolveron nos diferentes barrios e parroquias que serán obxecto de actuación este ano para dar a coñecer polo miúdo as diferentes fases do proceso.

Xoves, 17 de xuño de 2010

--
comision.gap@gmail.com

www.participacion-ferrol.blogspot.com

Enviado por:
Comision veciñal
-comision.gap@gmail.com-
18 de junho de 2010 00:23
________________________

A Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá somete a aprobación a normativa que regulará o seu funcionamento interno






O concelleiro Manuel Santiago presidiu o encontro deste órgano consultivo, que poderá presentar iniciativas para a súa discusión nas comisións informativa.

O Regulamento establece as súas obrigas e funcionamento, sendo os seus cometidos o control , seguimento e presentación de propostas en materia de participación cidadá.


O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, presidiu no Concello a reunión da Comisión Provisional de Control do Regulamento de Participación Cidadá na que se aprobou o regulamento de funcionamento interno da dita comisión, un órgano transitorio e provisional ata a constitución do Consello da Veciñanza e posterior elección polo mesmo da Comisión Permanente para o control e seguimento dos procesos participativos.

Esta Comisión, integrada por 12 membros, na meirande parte por representantes sociais e veciñais do antigo Grupo de Análise e Propostas (GAP), é o órgano impulsor do Regualmento de Participación Cidadá e realizará funcións de control e seguemento, estudo, proposta e suxestións en materia de participación cidadá.

Así mesmo, terá como cometido activar, seguir e avaliar o desenvolvemento de obxectivos, liñas e actuacións recollidas e programadas desde o departamento de Participación Cidadá, como son os plans de accións ou cronogramas de actuación.

O regulamento aprobado recolle as funcións, facultades, integrantes e funcionamento desta Comisión Provisional de Control. Neste senso, o concelleiro Manuel Santiago explicou que esta se constituirá como un foro de debate e canle de participación e enlace coa cidadanía e tecido asociativo en materia de participación cidadá e poderá presentar iniciativas e suxestións para a súa discusión nas comisións informativas correspondentes.

Tamén colaborará e asesorá na elaboración de programas e proxectos da actuación municipal dentro da súa área, discutirá o programa anual de actuación e o orzamento na materia que lle corresponde presentando unha proposta de orzamento anual ao departamento de Participación Cidadá e establecerá canles de relación coas entidades cidadás, plataformas, organizacións e axentes sociais.

No só iso, tamén fomentará a consolidación de procesos participativos do Concello e promoverá os procesos de participación cidadá no seo das entidades cidadás e nos barrios.

A dita Comisión provisional en pleno reunirase, en sesión ordinaria, alomenos unha vez cada trimestre e con carácter extraordinario cando así o solicite a maioría absoluta dos membros.

Os acordos adoptaranse por maioría simple dos membros presentes e para que sexa válida a celebración das sesións, deliberacións e toma de acordos requerirase a presenza da metade dos membros da comisión.

Por outra banda, e para executar o seu labor, a Comisión poderá constituír grupos de traballo abertos nos que participen outros cidadáns e cidadás, persoal experto, entidades cidadás e axentes sociais. Crearanse para o estudo de temas puntuais e concretos relativos á posta en marcha do Regulamento de Participación Cidadá.

Os ditames da Comisión, ao ter esta un carácter consultivo e de control, terán unha importancia singular constituíndo directrices, co rando de recomendacións para os órganos de goberno municipais e órganos de participación.

Finalmente, o edil Manuel Santiago explicou que para o cumprimento dos seus fins e obxectivos, a Comisión Provisional servirase dos medios persoais e materiais do Concello de Ferrol.

O dito regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Na reunión abordouse así mesmo a proposta do fórumcidadán, un espazo ao que se destinará un dos edificios da superficie da superficie da Praza de España.

Este será un punto central para a participación cidadá, unha plataforma de información sobre a cidade, sobre as actividades de entidades sociais e sobre o Concello, acollendo tertulias, exposicións, concertos, teatro infantil ou comparencias do alcalde, Vicente Irisarri, e dos concelleiros.

ferrol.es

Xoves, 10 de xuño de 2010
--
comision.gap@gmail.com

www.participacion-ferrol.blogspot.com

Enviado por:
Comision veciñal
-comision.gap@gmail.com-
18 de junho de 2010 00:17
________________________

Polo menos 17 persoas mortas e 55 desaparecias pola explosión dunha mina en Colombia


COLOMBIA-EXPLOSIÓN

O accidente produciuse nunha mina de carbón na localidade de Amagá, no departamento de Antioquia, noroeste colombiano. O Ministerio de Minas investiga eventuais irregularidades na última inspección ás instalacións.

Ao momento do estalido na noite do mércores había ao redor de 72 persoas na mina que ten máis de 150 metros de profundidade.

Ata o momento a prensa colombiana informou que só dúas persoas lograron saír con vida do lugar.

Traballan para o rescate dos mineiros atrapados o persoal de Cruz Vermella, de Defensa Civil e do Departamento Administrativo de Prevención, Atención e Recuperación de Desastres.

O rescate dos traballadores é complicado pola acumulación de dióxido de carbono. Ademais, a explosión provocou o derrube de sectores do túnel de acceso.

O ministro de Minas e Enerxía de Colombia, Hernán Martínez, afirmou que "o pasado 9 de xuño houbo unha inspección á mina". Indicou que "non se atopou nada irregular", mais aclarou que "o máis probable é que non existise detector de gases".

Martínez aclarou que a empresa nunca tivo unha orde de peche. Tamén sinalou que tiña os seus papais en regra.

A mina de carbón é propiedade da empresa privada Carbones San Fernando. Alí traballan 600 persoas.

Despacho enviado pola "Axencia Informativa PULSAR"

www.agenciapulsar.org
pulsar@agenciapulsar.org


Fonte do video: Telesur
______________

Comeza a rehabilitación do edificio do "Ateneo Ferrolán"

Ante o inminente inicio das obras de rehabilitación da Sede do Ateneo Ferrolán


A Xunta Directiva informa


Con motivo do inminente inicio das obras de rehabilitación da Sede do ATENEO FERROLÁN (Edificio 202 e 204 da Rúa Magdalena) iniciamos o traslado temporal dos nosos fondos patrimoniais, que estarán depositados en almacenamento da Empresa Mudanzas Félix polo tempo de execución de dita rehabilitación de quince meses.

Así mesmo, transmitimos aos socios e socias e á cidadanía en xeral que manteremos a atención ao público e a programación prevista, revista trimestral, administración ..... e calquera outra actividade cultural que desenvolveremos no propio Ateneo ou nun espazo alternativo.

A Xunta Directiva

--
Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-webmaster@ateneoferrolan.org-
18 de junho de 2010 10:59
________________________

"Se a ti non te vale, a min pode que si", e viceversa: Este Domingo 20 de Xuño de 2010, Mercadiño de Troco en Ferrol -Video-

Coincidindo coa Feira de Ferrol, do terceiro domingo de mes, este Domigo 20 de Xuño de 2010, vai-se celebrar tamén o "Mercadiño de Troco", na Praza Vella de Ferrol. Este ten carácter bimensual, cada dous meses vemo-nos na Praza Vella.

Contra o consumismo: troca e reutiliza

Desde as 10 da Mañá até as 2 da Tarde, na Praza Vella en Ferrol Vello.

"Se a ti non te vale, a min pode que si", e viceversa !!

Mercadiño do Troco en Ferrol



Web de Troca Ferrol [Mercadiño Permanente]:
http://trocaferrol.org/
____________

E agora tamén o transporte escolar...!

[Clicar acima da imaxe para entrar no carrusel de diapositivos, en alta resolución]

Este Xoves, 17 de Xuño, as ANPAS de Ferrol Terra mobilizaron-se na defensa do Ensino Público. Nas pancartas as reivindicacións e denuncias dos recortes e medidas que tomou a actual Consellaría de educación do Governo de Feijóo. O recorte nos comedores escolares, a falta de profesorado e coidador@s, o paso atrás na gratuidade dos libros de texto, e a discriminación no proxecto Abalar, dotando de ordenadores aos colexios concertados e negándolles aos públicos. Este é o resumo do curso escolar da Consellaría de Jesús Vázquez. Asín o denunciaron hoxe as ANPAS de Ferrolterra nunha concentración ás 18hs diante do Edificio da Xunta. De boca en boca comentava-se o novo despropósito, o recorte no transporte escolar. No próximo curso aqueles nenos e nenas que teñan o domicilio a menos de 2Km do centro escolar, non terán dereito a transporte. Nen as condicións metereolóxicas do noso País, nen o peso das mochilas, nen o estado dos camiños e estradas, parecen estar presentes nas decisións destes governantes metidos a sastres, que só saben usar as tesoiras e recortar hoxe nos servizos públicos, mañá nos dereitos, pasado nas coberturas sociais ... Seguro que o do transporte non é a última sorpresa que se leva a comunidade educativa.

Álbum de Fotos:
http://picasaweb.google.es/fucobuxan/DefensaDoEnsinoPublico17062010#

Carrusel de Diapositivos:
http://picasaweb.google.es/fucobuxan/DefensaDoEnsinoPublico17062010#slideshow/5483807140324619122

Fonte das Fotos:
http://picasaweb.google.es/fucobuxan
_______________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: As ANPAS de Ferrol Terra mobilizan-se na defensa do Ensino Público: 17 de Xuño de 2010
___________________

Mobilizacións contra a Reforma Laboral en toda Galiza: A manifestación de Ferrol contou coa participación dunhas 2.000 persoas

[Na Avenida de Esteiro]

Comezaron as mobilizacións en resposta da Reforma Laboral aprobada onte, 16 de Xuño, polo Consello de Ministros. Desta vez foi a CIG en solitario a que saíu á rúa, case 2000 persoas deron-se cita na manifestación que partíu da Avenida de Esteiro e rematou na Praza do Concello, onde se dirixiron ás persoas concentradas os secretarios comarcais: Manel Grandal e Suso Pintos.

[Na Praza do Concello de Ferrol]

O 29 de Setembro a CIG tamén convocara a Foga Xeral.

Unhas 12.000 persoas participaro nas manifestacións convocadas pola CIG en contra da reforma laboral en toda Galiza.

A central advirte que se non hai unha resposta contundente na rúa o poder económico e político continuará cos recortes á clase traballadora

Unhas 12.000 persoas participaron esta tarde nas manifestacións convocadas pola CIG en toda Galiza en resposta a aprobación dunha reforma laboral que suporá o recorte de dereitos máis importante dos últimos trinta anos. O texto aprobado polo goberno español, que atende ás demandas históricas da patronal de facilitar e abaratar o despedimento, deixa nunha total indefensión á clase traballadora, polo que dende a CIG se fixo un chamamento á dar unha resposta contundente na rúa que paralice este ataque, pero tamén para demandar que se adopten políticas para combater de xeito eficaz a crise dende un punto de vista favorábel á maioría social.

Aquí estamos ante unha loita de poder, ante unha loita cun claro contido de clase, ante a unha loita por modelos de organización socioeconómica totalmente confrontados e polo tanto, ou conseguimos paralizar todo isto, ou a situación da clase traballadores nos próximos anos vai empeorar gravemente tanto nas condicións laborais como sociais, impóndose un modelo de relacións laborais desregularizado e controlado polo empresariado”.

Con esta contundencia se dirixiu o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, aos centos de manifestantes que esta tarde participaron na mobilización convocada pola central en A Coruña, e que en paralelo se estaba desenvolvendo nas cidades de Vigo, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol e Vilagarcía, como resposta á aprobación no Consello de Ministros da nova reforma laboral.

Seixo lembrou na súa intervención final que esta reforma lexitima o recorte de dereitos máis importante adoptado no estado español no período de democracia, introducindo unha serie de medidas para facilitar e abaratar o despedimento, “e na perspectiva de que co tempo o que se vai consolidar é o despedimento por causas obxectivas, que supón para a patronal poder despedir con 12 días por ano, xa que 8 días estarán subvencionados polo FOGASA”.

+ info en Avantar

_____________________________

xoves, xuño 17, 2010

Conferencia: Galegos en Portugal durante a guerra civil e a posguerra: En Ferrol o Venres 18 de Xuño de 2010

Este Venres 18 de Xuño, celebrara-se unha conferencia organizada por Memoria Histórica Democrática, ás 19.30 horas na Galería Sargadelos de Ferrol.

Conferencia: "Galegos en Portugal durante a guerra civil e a posguerra"

Ángel Rodríguez Gallardo é Doutor en Filologia Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Profesor Convidado na Faculdade de Humanidades da Universidade Nacional da Patagonia (Argentina) e Investigador Post-doutoral no Centro de Estudos de Etnologia Portuguesa da Faculdade de Ciências Sociais da Universidade Nova de Lisboa e no Centro de Linguística da Universidade de Lisboa. É profesor contratado Doutor na Universidade de Vigo e investigador do Centro de Estudos Interdisciplinares Século XX da Universidade de Coimbra. As suas investigacións céntranse en historia social do franquismo, movimentos migratorios, historia oral, memoria histórica, escritura epistolar e análise do discurso. Ten publicado Letras armadas (2005), O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (2006), Memoria e Silencio na Galiza contemporânea (2008) e La escritura femenina en reclusión (2009).


--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de junho de 2010 18:10
_________________

Enlaces relacionados:

http://www.memoriahistoricademocratica.org/

http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/
__________________________

“Dou e darei as miñas clases en galego”

Hoxe, Xoves 17 de Xuño de 2010, Radiofusión remite-nos unha nova de interese surdida en relación co V Congreso de AGAPEMA -Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática- que se vai celebrar en Ferrol os vindeiros 25 e 26 de Xuño.

O maxistrado da Fonsagrada, o xuíz Luís Villares, participará no V Congreso de AGAPEMA, nunha mesa redonda cunha comunicación baixo o título "Podemos dar as clases en galego?". RadioFusión entrevista ao xuíz que entre outras cousas di: "Unha sanción por desobedecer o decreto do ensino poderíase impugnar por ilegal" ... “Non habería dificultade ningunha en que ante unha hipotética sanción derivada desa aplicación do regulamento se puidese impugnar a actuación por ilegal e declarala nula completamente”.

Dou e darei as miñas clases en galego” dicía o texto do alegato asinado por máis de 4.500 profesores de toda Galicia que foi entregado no Rexistro Xeral da Xunta manifestando o seu compromiso de empregar a lingua galega no exercicio da súa docencia malia o que establecese o decreto do plurilingüismo que preparaba a Xunta. Ese decreto é hoxe unha realidade e nel figura, entre outras cuestións, que a materia de Matemáticas impartirase, por decisión do Goberno, en lingua castelá. ...

Pode-se aceder á noticia completa co audio incluido na web de Radiofusión:
http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=6501

Radiofusiòn é a programación común elaborada polas Emisoras Municipais Galegas desde unha perspectiva local, con vocación pluralista e comprometida con Galiza, ... na nosa Comarca a emisora asociada é Radio Fene que a podes escoitar no 107.7 da FM ou mentras navegas por internet [Radiofusión]
__________________

Enlaces relacionados:

Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

Queremos Galego: 4530 profesores e profesoras

Radiofusión
________________

Por fin vía libre á nova Lei de Medios na Arxentina

Despois de todo un proceso de iniciativa popular por unha Radiodifusión Democrática, concretada na "Coalición por una Radiodifusión Democrática", para cambiar a Lei de Medios na Arxentina, a Corte Suprema resolveu a favor da nova e alternativa "Lei de Servizos de Comunicación Audiovisual" que ven superar unha situación de case monopolio coa concentración en poucas mans dos medios de comunicación, sobre todo os audiovisuais e radiofónicos. Esta Lei vai combatir a manipulación informativa e regula o dereito á información. Destacando a división dos medios de radiodifusión en tres bandas diferentes: un 33,33% para os medios comunitarios [Sen ánimo de lucro], outro 33,33% para os medios publicos e un 33,33% para os medios comerciais e privados. Pola importancia da noticia pasamos a trancribir a información que nos remite a Axencia Pulsar, para Ártabra 21.

Nota publicada o 16/06/2010 - 17:02 hs.

ARXENTINA-MEDIOS
Organizacións sociais celebraron a posta en marcha da Lei de Medios

Sindicatos, universidades e asociacións de radios agrupados na Coalición por unha Radiodifusión Democrática destacaron a súa alegría pola resolución da Corte Suprema que destrabó a Lei de Servizos de Comunicación Audiovisual.

Nunha conferencia de prensa brindada este mércores, a agrupación destacou ao fallo como "claro, contundente, e como se esperaba que fose".

Coa resolución do máximo tribunal de Xustiza arxentino a Lei de Medios volve a implementarse, a pesar doutras medidas cautelares que obxectan artigos específicos da norma.

A norma estaba conxelada por unha medida cautelar presentada polo deputado Enrique Thomas, que foi avalada pola Cámara de Apelacións da cordillerana provincia de Mendoza.

O avogado especialista en medios, Damián Loreti, explicou que "o resultado do debate nas cámaras de Deputados e Senadores dun proxecto de lei non pode ser revisado nos estrados xudiciais para cambiar o decidido alí".

O pasado martes, ao coñecerse o fallo, a presidenta de Arxentina, Cristina Fernández, sinalou que esta medida "axuda a democratizar a palabra e o acceso aos medios de comunicación".

Por outra banda, o titular da Autoridade Federal de Servizos de Comunicación Audiovisual (AFSCA), Gabriel Mariotto, explicou que unha vez "terminado o trámite en Salta, a lei pode aplicarse, e en breve vailla a reglamentar".

Mariotto refería á medida cautelar vixente na provincia norteña de Salta. Trátase dunha presentación xudicial identica á revogada pola Corte Suprema.

Audios disponibles:

Gabriel Mariotto, titular ASFCA (plano)
22 seg. (176 KB) archivo mp3

Damián Loreti, abogado especialista en medios (cautelares)
40 seg. (312 KB) archivo mp3

David Blaustein, integrante da Coalición (volve)
33 seg. (258 KB) archivo mp3

_____________________

Enlace relacionado:

mércores, xuño 16, 2010

Defendendo o Galego nos centros de ensino -Carta e Vídeo-

O Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos" que formamos parte da "Plataforma Cidadá Queremos Galego", manifestamos o nosso apoio à campanha que esta Platorma está desenvolvendo nos centros de ensino. Pois estes dias as nais e pais estám chamados a cubrir um tramposo formulário que suporá a morte do Galego no Ensino Infantil, em aplicaçom do "Decretaço contra o Galego no Ensino", mal chamado Decreto para o Plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, aprovado pola Xunta de Galicia desoindo e contra a opiniom quase unánime do conjunto da comunidade educativa e cultural da Galiza [sindicatos, organizaçons estudantís, associaçons de nais e pais, instituiçons culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, e mesmo contra o ditame jurídico do Consello Consultivo de Galicia].

A Revolta de Trasancos

Plataforma Cidadá Queremos Galego
Rúa do Vilar, 15 - 1º dereita Santiago de Compostela
Tel. 981 563 885 - Fax. 981 583 782
queremosgalego@acogalo.net
www.queremosgalego.org


Ao Coidado da ANPA DO CENTRO

ESCRITO PARA ENTREGAR COMO NAI/PAI/TITOR-A DUN NENO OU DUNHA NENA NA EDUCACIÓN INFANTIL, PARA GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN EN GALEGO

A Xunta aprobou, a pesar do rexeitamento da comunidade educativa, un novo decreto que, entre outros problemas, non garante que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino en galego na etapa de infantil.

Esta norma foi promulgada de forma unilateral, sen ter en conta a opinión de sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais, institucións culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, ou un informe de altísimo nivel xurídico do Consello Consultivo. Este último organismo advertiu á Xunta de que este decreto conculca dereitos na educación infantil.

Que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino na lingua propia até que faga os seis anos de idade é unha situación que non se produce en ningunha outra comunidade do Estado español e que leva o galego a unha situación preautonómica, alén de conculcar o dereito a un ensino igualitario e de calidade.

Por iso, desde Queremos Galego animamos a todas as nais, pais ou titoras e titores de nenas e nenos na etapa de educación infantil a que cubran o seguinte formulario e o remita ao enderezo da nosa plataforma cívica: Queremos Galego, Rúa do Vilar, 15 – 1º dereita, 15705 Santiago de Compostela.

Desde Queremos Galego entregaremos todos os escritos (que serán compilados de acordo coa Lei de protección de datos) no rexistro da Xunta, dirixidos ao Conselleiro de Educación, e achegarémoslle tamén as copias correspondentes a cada centro de ensino á dirección do mesmo, para que teñan constancia.

Este documento está pensado para todas as familias que, falen galego ou castelán, desexen que o seu fillo ou a súa filla teña as garantías para unha educación en galego. Subliñamos isto porque o actual decreto non só dificulta que unha familia falante de galego poida ter ensino neste idioma para o seu fillo/a, senón que imposibilita que un neno dunha familia falante de castelán poida adquirir competencias comunicativas en galego.

Ademais pedimos a todas as nais e pais que respondan á pregunta formulada pola Consellaría de Educación: EN GALEGO. A pregunta está formulada de tal xeito que non se quere ter en conta en que lingua se quere escolarizar ás fillas e fillos, senón en que lingua falan as nais e pais.

O escrito tamén se pode descargar: nos doc-google de "Queremos Galego"



Xunta de Galicia, á atención do Conselleiro de Educación

Dona/Don ....................................... ,

nai/pai/titor-a de ..............................,

alumna/o do curso ......... ,

no centro ........................................ ,

con enderezo a efectos de notificación en ................. .

Comunícolle a miña solicitude para que se me comuniquen as medidas pedagóxicas que se van adoptar para que a miña filla / o meu fillo aprenda en galego, reforzando e afianzando o noso idioma propio.

A escola segue a ser unha institución fortemente castelanizante e a experiencia indica que, sen unha atención específica, as nenas e nenos falantes de galego perden o seu idioma, mesturándoo caoticamente nun xeito de castrapo que afecta gravemente á fixación da lingua. O resultado é que a nena ou o neno infravalora o seu idioma e acaba por abandonalo.

Pola súa banda, todos os estudos oficiais demostran que os nenos que entran na escola falando castelán non conseguen as competencias comunicativas en galego, pois a lingua propia continúa a estar desfavorecida a nivel social. Se xa antes existía este problema, co decreto 79/2010, esta situación agrávase, pois non se ofrecen as garantías para unha docencia mínima na lingua propia da nosa sociedade.

A Lei de normalización lingüística, que desenvolve o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, sinala que o galego é tamén lingua oficial do ensino en todos os tramos educativos (art. 12) e que as autoridades arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego (art. 13). Ademais, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, ratificada polo Estado en 2001 e que forma parte do noso ordenamento xurídico constitucional, sinala no seu artigo 8 que os poderes públicos deben promover un modelo educativo con garantías para a lingua propia. Así mesmo, aínda que o decreto 79/2010 vulnera o dereito a unha formación escolar en galego, conculcando así dereitos lingüísticos individuais e colectivos, sinala no seu artigo 5 que se “procurará” que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas oficiais, mais sen determinar como.

Por todo isto, SOLICITO:

1. Que se me informe por escrito das medidas pedagóxicas que se van adoptar para que a miña filla / o meu fillo aprenda en galego, reforzando e afianzando o noso idioma propio.

2. Que se me garanta o dereito a dispor dun ensino en galego na etapa educación infantil, de acordo coa art. .8.1.a.i da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias e co disposto no art. 13.1 da Lei de normalización lingüística.

3. Que se me informe das medidas concretas de atendemento individualizado que a miña filla / o meu fillo vai recibir en lingua galega, de acordo co que o artigo 5.3 do decreto 79/2010 estipula.

Non reclamo estas medidas exclusivamente en beneficio da miña filla / do meu fillo. Teño en consideración que a lingua galega é patrimonio de todas e todos e, por tanto, tamén dos seus compañeiros e do profesorado. O esforzo especial que se faga desde a escola en favor da nosa lingua propia perseguirá un beneficio colectivo e non individual.

Atentamente. Asdo.



Queremos Galego chama a nais, pais e familias á “rebelión cívica” contra a “pregunta trampeada” sobre a lingua no proceso de matriculación en infantil

Carlos Callón: “É indecente que o presidente da Xunta malgaste 5 millóns de euros de todas e todos en atacar o galego

A plataforma cidadá pide responder “galego” á pregunta introducida no sobre de matrícula “como única vía de non facer desaparecer o idioma propio das aulas desta etapa




Enviado por:
A Revolta de Trasancos
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
16 de junho de 2010 09:10
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/
_____________

As ANPAS de Ferrol Terra mobilizan-se na defensa do Ensino Público: 17 de Xuño de 2010

Este Xoves 17 de Xuño, ás 6 da tarde temos unha concentración na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en defensa do ensino público, pedimos a presencia de canta mais xente mellor, e moi importante despois do recorte que fixeron na ensino, do descaro do chamado plan Abalar, mais ben Plan privatizar, a falta de profesorado, de cuidador@s, a negativa da conselleria de non facer-se cargo dos comedores, a gratuidade dos libros de texto, redución da cobertura no transporte escolar etc.......



Enviado por:
pili pilinha
-pilicex@gmail.com-
15 de junho de 2010 22:49
_____________________________

luns, xuño 14, 2010

A CIG mobiliza-se contra a Reforma Laboral: 17 de Xuño de 2010

Xoves 17 de xuño, manifestacións contra a reforma laboral

A CIG chama a participar nas manifestacións convocadas en todas as cidades de Galiza contra a reforma laboral

A Confederación Intersindical Galega convoca manifestacións en todas as cidades galegas o próximo xoves, 17 de xuño, para manifestar o máis contundente e rotundo rexeitamento ao decreto de reforma laboral que será refrendado polo Consello de Ministros do mércores día 16 de xuño.

A CIG considera que só cunha resposta masiva dos traballadores e traballadoras galegos poderemos frear a súa imposición e posterior aprobación no trámite parlamentario, no Congreso dos Deputados.

Os medios de comunicación están trasladando á opinión pública e ao conxunto de traballadoras e traballadores que cos recortes aprobados o que se quere é reducir o déficit público, cando este é consecuencia da actual situación de recesión e que a solución á crise e ao desemprego está na reforma do mercado laboral, como se os nosos salarios e as nosas condicións laborais a tiveran provocado, mentres que os seus responsábeis seguen a especular e a incrementar a súa riqueza.

A reforma laboral non vai facilitar a saída á crise, só pretende satisfacer as demandas dunha patronal insaciábel que leva anos solicitando a desregularización e a precarización das condicións laborais. Medidas que agora, co pretexto da crise, se lle van servir en bandexa para que continúe incrementando os seus beneficios a custo do empobrecemento dos traballadores e traballadoras.

LUGAR E HORA DAS DISTINTAS MOBILIZACIÓNS:

-Vigo: Vía Norte ás 20.00 horas.

-A Coruña: Praza da Palloza ás 20.00 horas.

-Santiago de Compostela: Praza Roxa ás 20.30 horas.

-Pontevedra: Praza da Ferrería ás 20.30 horas.

-Ferrol: Avenida de Esteiro (local da CIG) ás 20.00 horas.

-Lugo: Parque de FRIGSA ás 20.00 horas.

-Ourense: Pavillón dos Remedios ás 20.00 horas.

-Vilagarcía de Arousa. Casa do Mar (Avenida da Mariña) ás 20.30 horas.

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
14 de junho de 2010 16:57
_____________________

Roteiro de Verdegaia polas Fragas do Eume, 20 de xuño de 2010


Este domingo 20 de xuño realizamos unha nova rota do noso programa "Vai de Roteiros", desta vez polo Parque Natural das Fragas do Eume un dos exemplos señeiros de bosque atlántico. Sairemos en autobús dende o edificio de Correos en Ferrol, ás 10h, facendo paradas en Fene e As Neves e estaremos de volta sobre as 20:00. Recoméndase levar comida, bebida, así como roupa e calzado cómodos.
  • Hora de saída: 10 hs dende o edificio de Correos (Ferrol) Paradas en Fene e As Neves.
  • Dificultade:Media-baixa
  • Lonxitude: 7,5 Km.
  • Prezo: 9 € non socios, 7 € socios.
  • Hora de regreso: 20 hs.

Recoméndase levar comida, bebida, así como roupa e calzado cómodos.
Prégase inscripción no teléfono 661 636 946 ou no email ferrol@verdegaia.org

Percorrido
Comezamos a nosa andaina no almacén situado 500 m antes da Fábrica de Luz da Ventureira. Baixaremos pola pista asfaltada que leva dende As Neves ata a Central Hidroeléctrica do Eume.

Na ponte falaremos da situación actual do Río Eume, que debido á presa e ao aproveitamento hidroeléctrico carece de caudal ecolóxico, tal e como constata a recente denuncia do fiscal de Medio Ambiente de Galicia (23 de abril de 2010). Tamén teremos ocasión de contemplar a antiga central eléctrica da Ventureira, ao tempo que disfrutamos da vista da Fervenza do Teixidó.

Continuamos en dirección á minicentral do Parrote, levando o Río Eume á dereita, e pasando primeiro por diante da actual Central H.E. do Eume. Atopámonos axiña á esquerda coa chamada Pena dos Maquis, chamada así por ser acubillo dos escapados que se botaron ao monte na Guerra Civil.

Discurrindo por un sendeiro estreito e esvaradío (pagará a pena mirar onde se pon o pe) atravesaremos as Fragas do Retorno, que ata o ano 1900 non se podían atravesar. Ao pouco, o carreiro desemboca nunha pista cementada moi peada que nos deixará, despois de cen metros, na Minicentral do Parrote, onde cae o Rego da Laxe ou de San Bartolomé. Aquí o Eume fai unha curva e toma a dirección Noroeste, formándose así a Illa do Fondal, de máis de 300 metros de lonxitude. Cara á metade desta illa cruzaremos unha pequena ponte de cemento e madeira que salva o Rego da Vaca, importante pola flora que alberga, en especial unha grande colonia do felgo macaronésico Woodwardia radicans.

Dende aquí ata o final da illa atópanse as pedras sanguezugueiras, onde os paisanos do lugar adoitaban buscar as samesugas ou "sanguezugas" (como aquí lles chaman), que se usaban na medicina antiga como remedio para facer sangrías e curar certas doenzas. Dende este punto ata Santa Cristina atravesaremos o auténtico corazón das Fragas do Eume. En Santa Cristina atopamos un dos pozos máis grandes do Eume, tanto en lonxitude (350 metros) como en profundidade. No remate poderemos ver unha pequena desfeita: unha presa feita para facilitar o traballo aos malos pescadores.

Continuando sempre a favor do río, a 200 metros atopamos a Ponte de Santa Cristina, que pode ser un lugar axeitado para facer o xantar.

Tomando o sendeiro pola marxe dereita do río ata a desembocadura do Rego Sesín, percorreremos un treito que nos ofrece os restos dunhas interesantes construcións de pedra, os "caneiros", usados para a pesca do salmón en séculos pasados.

Á nosa dereita, na ladeira, iremos vendo os socalcos ou aterrazamentos, un sistema de cultivo usado polos frades.

Xusto antes do Rego Sesín (que desemboca á dereita), encontramos o Pozo e Illa de San Rosendo, que foron fonte de inspiración de fermosas lendas populares.

Remontamos o Sesín ata a altura do Mosteiro de Caaveiro. Pola esquerda aparece o único camiño que chegaba a Caaveiro na época medieval, partindo de Cabanas. Aquí teremos a ocasión de admirar a arquitectura dos muíños, a fonte e o impresionante arco de medio punto da ponte medieval. Tamén esta zona alberga interesantes mostras de fauna e flora.

Aproveitaremos para facer unha visita guiada ao mosteiro de Caaveiro, cuxas obras de restauración remataron recentemente.

A última parte farémola por unha pista que conduce dende Caaveiro ata a estrada asfaltada onde iniciamos o roteiro, cun percorrido aproximado total de 2,5 quilómetros.

Neste traxecto podemos ver unha "curripa", construcción tradicional adicada ao secado dos ourizos das castañas. Dentro dela atopamos a proba irrefutable do tempo que leva abandonada.

Seremos testemuñas tamén dun intento de desfeita ambiental que, por sorte, foi denunciada a tempo e evitada. Trátase do proxecto do concello da Capela de convertir o camiño nunha pista que permitiría o tráfico de vehículos particulares e chegaría ata o propio mosteiro de Caaveiro e que, finalmente, foi substituída por unha opción menos agresiva. Cando alcancemos a estrada asfaltada, estaremos xa no punto de remate da nosa andaina.

Venres, 11 de Xuño do 2010

http://www.verdegaia.org/

Enviado por:
Miguel Ángel Fernández
-miguelafp@gmail.com-
14 de junho de 2010 23:09
_______________

O Informe Anual da CSI sobre os dereitos sindicais documenta un impresionante incremento no número de sindicalistas asasinados en 2009 con 101 mortes e ademais fala da crecente presión que pesa sobre os dereitos fundamentais das traballadoras e traballadores de todo o mundo debido ao impacto, cada vez máis profundo, da crise económica global no emprego

101 sindicalistas asasinados en 2009; maior presión nos dereitos dos traballadores pola repercusión da crise nos empregos

O Informe Anual da CSI sobre os dereitos sindicais documenta un impresionante incremento no número de sindicalistas asasinados en 2009: 101 mortes - un 30% máis que o ano anterior. O Informe, publicado o 9 de Xuño de 2010, expón ademais a crecente presión que pesa sobre os dereitos fundamentais dos traballadores de todo o mundo debido ao impacto, cada vez máis profundo, da crise económica global no emprego.

Das 101 vítimas, 48 foron asasinadas en Colombia, 16 en Guatemala, 12 en Honduras, 6 en México, 6 en Bangladesh, 4 en Brasil, 3 na República Dominicana, 3 en Filipinas, 1 na India, 1 en Iraq e 1 en Nixeria. Vinte e dous dos sindicalistas colombianos asasinados eran dirixentes sindicais, e cinco deles mulleres, o que mantén a acometida rexistrada en anos anteriores. A escalada da violencia en Guatemala e Honduras tamén segue unha tendencia que se veu desenvolvendo nos últimos anos.

"Colombia volveu a ser o país onde defender os dereitos fundamentais dos traballadores significa, con maior probabilidade que en ningún outro país, sentenza de morte, a pesar da campaña de relacións públicas do Goberno colombiano no sentido contrario. O empeoramento da situación en Guatemala, Honduras e varios outros países é tamén motivo de extrema preocupación", dixo Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI.

O informe deste ano volve rexistrar unha extensa lista de violacións sufridas por sindicalistas que loitan por defender os intereses dos traballadores, nesta ocasión en 140 países. Outras violacións seguen sen ser rexistradas debido a que mulleres e homes traballadores ven privados dos medios necesarios para facer oír as súas voces, ou ben prefiren non falar por medo ás consecuencias que iso puidese implicar para os seus empregos ou ata para a súa seguridade física. Xunto coa abafadora lista de asasinatos, o Informe proporciona documentación detallada de acosos, intimidacións e outras formas de persecución antisindical.

Tívose ademais noticia doutros 10 intentos de asasinatos e 35 ameazas de morte, unha vez máis en Colombia e Guatemala principalmente. Doutra banda, numerosos sindicalistas permanecen en prisión, e en 2009 sumáronse a eles un centenar máis. Moitos outros foron arrestados en Irán, Honduras, Paquistán, Corea do Sur, Turquía e Zimbabwe concretamente. A situación xeral con respecto aos dereitos sindicais continuou deteriorándose en numerosos países, entre eles Exipto, a Federación Rusa, Corea do Sur e Turquía.

As forzas antidemocráticas seguiron tomando como branco dos seus ataques a actividade sindical, conscientes de que os sindicatos adoitan situarse en primeira liña á hora de defender a democracia. Isto quedou patente en Honduras, durante os episodios de violencia que seguiron ao Golpe de estado; e en Guinea, durante unha manifestación de protesta contra a Xunta no poder que desembocaría nunha terrible matanza o 28 de setembro.

En cada unha das rexións documentáronse numerosos casos de represión de folgas e ataques contra folguistas. Miles de traballadores e traballadoras que se manifestaban para reclamar os seus salarios, denunciar unhas condicións de traballo extremas ou os efectos perniciosos da crise financeira e económica mundial, foron obxecto de agresións, arrestos e detencións, en países como Alxeria, Arxentina, Belarús, Birmania, Côte d'Ivoire, Exipto, Honduras, India, Irán, Kenya, Nepal, Paquistán e Turquía. Tamén se tivo noticia en moitos países de despedimentos de traballadores e traballadoras por mor das súas actividades sindicais. En Bangladesh, seis traballadores da confección que estaban en folga para reclamar un incremento salarial e o pago de salarios debidos perderon a vida como consecuencia dunha intervención policial.

As patronais seguiron recorrendo a presións e accións encamiñadas a destruír os sindicatos. En varios países, diversas empresas ameazaron aos traballadores con pechar as plantas de produción se optaban por organizar ou afiliarse a un sindicato. Moitas veces, sinxelamente negáronse a negociar cos representantes legais dos traballadores e traballadoras, sen que as autoridades fixesen nada respecto diso. Algúns códigos laborais foron emendados para permitir unha maior "flexibilidade" e para desbaratar os sistemas de seguridade social, o cal adoita ter un impacto importante no sistema existente de relacións industriais e redunda nun recorte dos dereitos sindicais.

O debilitamiento das normas do traballo internacionalmente recoñecidas supuxo que cada vez máis traballadores enfróntense á inseguridade e vulnerabilidade no emprego: o 50% da man de obra global ten un traballo vulnerable. Isto afecta aos traballadores e traballadoras nas zonas francas industriais, especialmente no Sueste asiático e en América Central; ás empregad@s do servizo doméstico, sobre todo en Oriente Medio e o Sueste asiático; aos migrantes e aos traballadores e traballadoras agrícolas.

Convén mencionar que as mulleres representan a maioría da man de obra nestes sectores. Doutra banda, constatouse o crecemento do emprego informal e o desenvolvemento de novas formas de emprego "atípico", tanto nas rexións como nos distintos sectores industriais. As dificultades que atopan estes traballadores á hora de organizarse ou de exercer os seus dereitos sindicais gardan relación directa coa súa posición vulnerable no mercado laboral.

O Informe tamén pon de relevo moitos casos nos que, aínda cando os dereitos sindicais están oficialmente protexidos pola lexislación, as restricións na cobertura legal e unha aplicación débil ou inexistente súmanse á vulnerabilidade dos traballadores que loitan nas profundidades da crise. Nun gran número de países as folgas están severamente restrinxidas ou rotundamente prohibidas. Doutra banda, uns procedementos complexos, a imposición da arbitraxe obrigatoria e o recurso a definicións excesivamente amplas dos "servizos esenciais" fan que o exercicio dos dereitos sindicais resulte a miúdo imposible na práctica, co que se priva aos traballadores e traballadoras dos seus dereitos lexítimos a contar cunha representación sindical e a participar en accións industriais.

O informe da CSI constata que en 2009 celebrouse o 60º Aniversario do Convenio 98 da OIT sobre o dereito de sindicalización e de negociación colectiva. Países como Canadá, China, India, Irán, República de Corea, México, Tailandia, Estados Unidos e Vietnam aínda non o ratificaron, o que implica que aproximadamente a metade da poboación economicamente activa do mundo non está cuberta por devandito convenio.

"O informe da CSI deste ano mostra que a maioría dos traballadores e traballadoras do mundo aínda carecen dunha protección efectiva dos seus dereitos a organizar sindicatos e negociar colectivamente, un factor importante do incremento a longo prazo da desigualdade económica dentro e entre os países. Os ingresos inadecuados para a maioría da man de obra mundial contribuíu a provocar a crise económica global, e está facendo que resulte moito máis difícil canalizar a economía pola vía do crecemento sostible", dixo Ryder.

Fonte: http://www.ituc-csi.org/
___________________

Enlaces relacionados:
_______________________

Centrais Sindicais

Confederacións Internacionais:
_____________________________

Culturas de Resistencia acaba de publicar unha hora de material audio-visual do ataque ao buque da Flotilla da Liberdade "Mármara Mavi" que levaba axuda humanitaria á Franxa de Gaza, na Palestina ocupada

Na noite do domingo, 30 de maio, amosando un desprezo pola vida humana, as forzas navais israelís cercan e abordan os buques que navegan para levar axuda humanitaria á bloqueada Franxa de Gaza, na Palestina ocupada. No buque máis grande, o "Mármara Mavi", soldados israelís abren fogo contra os pasaxeiros civís, matando polo menos nove persoas e ferindo outras moitas. Outras persoas aínda están desaparecidas. O número final de mortes aínda non foi determinada. A cineasta Iara Lee integrante de Culturas de Resistencia estaba a bordo do buque, esta xa voltou a casa.

A pesar dos esforzos do goberno israelí para confiscar todas as imaxes collidas durante o ataque, Iara Lee foi capaz de manter ocutas algunhas das súas gravacións de vídeo. Abaixo están os enlaces coa rodaxe editada a partir dos momentos que antecederon e durante o asalto do exército israelí sobre o "Mármara Mavi".

As mentiras do Goberno Sionista do Estado de Israel quedaron ao descuberto.

Nos seguintes enlaces pode-se aceder á imaxen e tamén baixar todos os videos en diferentes formatos e tempos, son máis dunha hora de gavacións.

Under Attack: Mavi Marmara Attacked - Flotilla
http://tc.indymedia.org/files/flotilla-footage/index.html

Israeli Navy Attacks Gaza Freedom Flotilla
http://culturesofresistance.org/gaza-freedom-flotilla
____________________

Notas discriminatorias: "Prebendas na piscina de Batallóns"


Unha instalación construída e mantida con diñeiro público, non pode rexir-se por normas discriminatorias por razóns de grados no escalafón xerárquico. O contido da nota fala por si mesmo. Outra cousa sería que se trata-se dunha discriminación positiva por ter algún tipo de diversidade funcional ou por un entrenamento ou rehabilitación especial.

O artigo 1 da Declaración Universal dos Diretos Humanos dí que todos os seres humanos nacemos libres e iguais en dignidade e dereitos ... mais alguén segue pensando outra cousa. Os poderes públicos teñen que velar para que non haxa
discriminación algunha por razón de "nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social".
________________

Un outro buque gaseiro anuncia a entrada na Ría de Ferrol con carga para a planta de gas que Reganosa ten en Mugardos, o Comité Cidadán convoca acción de protesta e denuncia


Hoxe, Lúns 14 de Xuño de 2010, está prevista a entrada na Ría de Ferrol, do buque gaseiro "Galica Spirit" con dúcias de miles de metros cúbicos de LNG-GNL, para a planta de gas que Reganosa ten en Mugardos. Este faría o buque 67 desde que en Maio de 2007, entrara o primeiro, que paradoxas do destino foi o "Galicia Spirit", de actualidade pola causa que se segue nos xulgados de Ferrol.


Ante o aumento da pontencial ameaza que significa a entrada pola angosta canle da Ría e a posterior descarga en Punta Promontorio, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, como ven sendo habitual sempre que un buque destas características entra na Ría.

Na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, está convocada, hoxe, Luns 14 de Xuño, unha Concentración, ás 8 da Tarde.

O obxectivo da acción do Comité, non é só o de protestar e denunciar polo aumento potencial da ameaza, cada vez que chega un buque con GNL-LNG, senón de lembrar todo o despropósito gasístico que significa o ter unha planta regasificadora no corazón da nosa Ría, ameazando a vida e seguridade das persoas e contribuíndo ainda máis ao deterioro da Ría e a súa produción marisqueira. Planta de Gas instalada en Mugardos coa complicidade das administracións e a corrupción política e económica, para beneficio de moi poucos. Planta de Gas que algúns no-la presentaron como estratéxica e despois de tres anos de funcionamento tornou-se totalmente innecesaria, dos máis de 156 buques gaseiros que xa tiñan que ter entrado na Ría segundo o proxecto presentado no seu día, só entraron 66. Estratéxica si, mais só para o peto deles que o enchen de cartos públicos, é dicer do diñeiro de todos nós.

Características do buque
Nome: Galicia Spirit - Eslora: 279.8 m - Manga: 43.4 m - Calado: 12.12 m - Capacidade: 140.500 m³
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de junho de 2010 19:02
__________________________

sábado, xuño 12, 2010

O Comité Cidadán de Emerxencia ante o arquivo das inculpacións por parte da Fiscalía


Ante a nova aparecida onte nos medios de comunicación segundo o cal, o fiscal xefe da Área, Román Ruíz Alarcón, decidiu o arquivo das autoinculpacións presentadas polas membras e membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, no procedemento que se segue contra os mariscadores aos que se lles imputa un delito grave nos sucesos de Maio de 2007, cando se lle impediu a entrada na Ría ao buque gaseiro Galicia Spirit, o CCE manifesta:

Todo o mundo sabe que o CCE promoveu a acción que o 7 de Maio de 2007 impediu a entrada na Ria de Ferrol do primeiro gaseiro cargado con GNL”Galicia Spìrit”. Nesta acción participaron centos de persoas, entre elas as 31 que o pasado dia 1 presentaron un escrito de inculpación dirixido á Fiscalía.

A actuación desta Fiscalía, apartando ao CCE e reducindo agora a 9 mariscadores a imputación dos feitos, parece máis dirixida a castigar de xeito exemplar a un pequeno grupo de traballadores do mar, “asumible pola sociedade”, que a facer xustiza.

¿Quererá o Sr. Fiscal que pase desapercibida a raíz do problema, que non é outro que a ameaza á vida de miles de persoas que supón a planta de gas de Reganosa no corazón da Ría de Ferrol?

¿Quererá o Sr. Fiscal que non se saiba que esta instalación esta acelerando a destrución do ecosistema da Ria, o medio de vida dos mariscadores?

¿Quererá o Sr . Fiscal que non se saiba que esta instalación é produto dun acto continuado de corrupción do que se beneficia unha ínfima minoría?

Lamentamos que as actuacións do Sr. Fiscal, sexan publicitadas nos medios de comunicación antes que se notifiquen aos afectados. Contrasta esa dilixencia, con outras actuacións de quen parecen cegos diante da ameaza de Reganosa, que representa un perigo para a vida, profundiza na destrución da nosa Ría, está mergullada desde o seu nacemento na corrupción, e pola contra, tentan atemorizar precisamente a aqueles que, como neste caso, defenden a vida, a legalidade e a Ría.

Ferrol a 11 de Xuño de 2010

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de junho de 2010 19:12
_______________________

Enlaces relacionados:
_____________________

xoves, xuño 10, 2010

Proxección do documetario "Entre Linguas": Venres 11 de Xuño de 2010


O venres 11 de xuño ás 20 horas no Auditorio do Ateneo Ferrolán, proxectarase o documental "Entre Línguas"

Este documental, ten directores e equipo integramente galegos e é un estudio filolóxico que mostra como en distintas zonas fronteirizas, nas que o portugués conflúe co español, estes entrelázanse e dan como resultado dialectos que son utilizados día a día pola poboación local e que son claramente similares ao galego que utilizamos actualmente en Galicia.





Sinopse
O galego de que nada sabíamos

O caso do 'galego de Cáceres' tornou-se conhecido na Galiza há quase duas décadas. Porém, ao longo da fronteira com Portugal, desde a província de Samora até a de Badajoz, existem outros quatro territórios que, por diferentes vicissitudes históricas, possuem actualmente soberania espanhola e conservam uns dialectos muito semelhantes ao galego.

Afinal, o que é o galego? Será que a língua portuguesa, em contacto com o castelhano sobreposto através dos séculos, pode dar origem a outros galegos? No transcurso deste documentário, os vizinhos e vizinhas destas quase sempre pequenas vilas, contam-nos como vivem a sua mais forte peculariedade e conversam sobre os motivos para continuarem a falar como ainda falam e cantam, ou todo o contrário.

Ficha Técnica
Produtora: Colectivo Glu-Glu.
Contacto: Eduardo Sanches Maragoto 696 026 002 (esmaragoto@hotmail.com).

Guión: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto.
Producción: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto.
Montaxe: Ramiro Ledo Cordeiro.
Dirección: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto.
Imaxe: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto.
Son: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto.
Música: “De la vida de les piedres” extraído de Diariu 2 de Nacho Vegas e Ramón Lluís Bande.
Desing: Manuel Pintor Vigo.
Postproducción: Ramiro Ledo Cordeiro.

Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-webmaster@ateneoferrolan.org-
10 de junho de 2010 12:04

__________________________

En Andalucia promoven a constitución dun movimento cidadán de converxencia diante da deriva política ante a actual situación de desastre económico, social e ambiental: Encontro andaluz


Encontro andaluz

Un bo número de andaluces autoconvocamonos para reflexionar sobre a situación política e económica e tratar de atopar modos de dar respostas unitarias. O encontro celebrarase en Mollina (Málaga) o vindeiro sábado e a el están invitadas todas as persoas que se sintan con ganas pola xustiza social, a igualdade e os dereitos humanos. Picando en Ler máis se pode ver o manifesto do Encontro, os asinantes da convocatoria e o que perseguimos. ¡Vémonos alí!

Quen asinamos este chamamento somos mulleres e homes andaluces movidos pola responsabilidade moral ante a situación social, política e económica que estamos vivindo: miles de familias desafiuzadas por deber uns centos de euros a bancos que gañan miles de millóns; banqueiros e grandes empresarios que gañan eses miles de millóns e que apenas se pagan impostos; caixas de aforro e empresas ou fundacións públicas gobernadas por un novo tipo de caciques que se limitan a copiar o modelo de xestión privada; bancos e grandes multinacionais que se saltan á toureira as propias leis do mercado que queren impor aos demais; peches empresariais e abusos comerciais; aumento escandaloso do desemprego e a precariedade laboral; medios de comunicación públicos que nos degradan e avergoñan; un medio ambiente cada día máis agredido; os niveis de fracaso escolar máis altos de Europa mentres que se reclama cada vez menos gasto público social; crecente posta das universidades ao servizo dos intereses privados coa escusa da "homologación con Europa"; unha taxa de paro de máis do 60% nos mozos entre 16 e 19 anos sen que apenas se fale diso; leis e normas contra os inmigrantes que alimentan o racismo e a xenofobia; aumento da pobreza e a exclusión social ...

Somos andaluces e andaluzas que:
  • Non estamos dispostos a aceptar con resignación que todo isto sexa inevitable.
  • Non queremos deixarnos vencer pola impotencia,
  • Negámonos a deixarnos levar pola sensación de que ?non se pode facer nada?,
  • Non queremos que os asuntos públicos resólvanse nun coto pechado por profesionais da política
  • Entendemos que é fundamental que a xente participe directamente nas decisións políticas para evitar que estas favorezan sempre aos máis poderosos.
Queremos:
  • Promover a máis ampla participación posible dos nosos concidadáns e concidadás na vida pública e política e participar nós mesmos do xeito máis comprometido posible para crear condicións que favorezan un exercicio diferente do poder. Para que non sexan sempre os mesmos os que se benefician das decisións dos gobernos.
  • Loitar contra a desigualdade crecente, contra os privilexios dos ricos, dos banqueiros e dos grandes empresarios que crean paro e destrúen a nosa riqueza humana, material e ambiental. E tamén contra os que na trastienda do poder político actúan e aprovéitanse da situación ou son os seus cómplices.
  • Construír outro tipo de sociedade, máis xusta e igualitaria, onde as decisións sexan compartidas e onde a democracia non sexa unha simple mecánica de voto que non serve para resolver as cuestións máis perentorias socialmente para dar poder real a toda a cidadanía.
  • Propiciar o encontro de todas as xentes a quen indigne o cúmulo de inxustizas e violacións dos dereitos humanos que se dan cada día en todos os lugares do mundo e, especificamente, en Andalucía. Non nos importa de onde veña cada un nin cada unha, nin cal sexa a súa análise concreta da situación, senón o seu sincero compromiso de facer fronte ás inxustizas e loitar na práctica polo exercicio real dos dereitos humanos.
Desde estas conviccións, chamamos a iniciar un movemento cívico:
  • Que intente romper co modo en que funciona o noso sistema social e político,
  • Que parta doutros principios éticos para impulsar cambios efectivos que establezan outro equilibrio de poderes máis democrático e
  • Que permita superar as desigualdades, eliminar as inxustizas e garantir que todos e cada un dos cidadáns e cidadás poidan gozar realmente dos dereitos individuais e colectivos.
Por todo iso, coa nosa firma queremos apoiar e promover o encontro que terá lugar en Mollina (Málaga) o próximo 12 de xuño, como primeiro paso para constituír este movemento cidadán, onde converxan as e os activistas dos movementos sociais e todas as persoas que non se resignan a aceptar pasivamente a actual situación de desastre social, ambiental e política de Andalucía.

O próximo 12 de xuño en Mollina (Málaga), a partir das 10h.

Lista de adhesións 

Para asinar este chamamento, escríbe a encuentroandaluz@gmail.com 

E máis información en Encontro andaluz pola igualdade a xustiza social e os dereitos humanos.
 
Enviado por: Ganas de Escribir -juantorres@uma.es- 10 de junho de 2010 14:21
______________________

Xa está na rúa un novo libro, de Lina Gálvez e cun prólogo de José Luís Sampedro: "Desiguais - Mulleres e homes na crise financeira"

Por Juan Torres López
10.06.2010


Xa está na rúa un novo libro, este escrito ao alimón con Lina Gálvez e cun prólogo de José Luís Sampedro que nos honrou coa súa lucidez e xenerosidade de sempre. O seu título, "Desiguais - Mulleres e homes na crise financeira", e é unha proposta de interpretación da crise tendo en conta o que tantas veces se deixa de lado, as desigualdade posición social e persoal entre homes e mulleres como resultado do seu diferente poder e dos prexuízos e estereotipos machistas aínda predominantes. Publícao Editorial Icaria e pode atoparse en calquera librería.

A continuación o seu índice:

PRÓLOGO.
INTRODUCIÓN.

I. A CRISE.
A orixe inmediata da crise: hipotecas e finanzas lixo.
O colapso financeiro e a crise da economía global.
Burbullas, trampas, complicidade... e testosterona.
Por que falar de mulleres e de homes cando falamos de crises?

II. O QUE DE VERDADE HAI DETRÁS DA CRISE.
Financiarización.
A crise dos setenta e a resposta neoliberal.
A incorporación segregada das mulleres ao emprego.
Desigualdade e crises financeiras. Políticas deflacionistas e patriarcado na orixe da crise.
A desnaturalización da actividade económica e da vida humanaUna crise sistémica.

III. MULLERES E HOMES NA GRAN RECESIÓN.
Os efectos da crise. Diminución do ingreso.
A crise, o emprego e as relacións laborais.
Racionamento do crédito e discriminación financeira.
O traballo non pagado na crise.
Os danos colaterais da crise. As respostas dos gobernos.

IV. OUTRAS RESPOSTAS A La DESIGUALDADE E A CRISE.
A desigualdade de xénero.
As causas da desigualdade de xénero: un resumo xeral.
Outra análise económica. ¡Hai alternativas!

http://www.icariaeditorial.com/


Enviado por:
Ganas de Escribir
-juantorres@uma.es-
10 de junho de 2010 14:21

___________________________________

O Movemento polos Direitos Civís parabeniza o roteiro de Aranga a prol da memoria histórica

AO TEMPO QUE CRITICA A XUNTA
O MpDC parabeniza o roteiro de Aranga a prol da memoria histórica

Este sábado, 12 de Xuño de 2010,  terá lugar en terras luguesas e coruñesas unha acción nun dos lugares do país onde se calcula que máis represaliados poden estar enterrados en foxas. Será nos arredores de Aranga e está organizado por diversos colectivos entre os que se atopan a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ou Roxín Roxal, entre outros.

O Movemento polos Dereitos Civís celebra a valentía de organizadores e familias das vítimas que están a dar un enorme paso para a reparación da honra de moitos homes e mulleres asasinados pola ditadura. Desde o colectivo quere facerse público o apoio a esta actividade ao tempo que demanda a Xunta e goberno central que axilicen os trámites para a aplicación sen matices da Lei de Memoria Histórica.

Neste sentido o colectivo critica as últimas actuacións da Xunta, que lembremos recurtou en preto dun 90 por cento a investigación neste eido e que teña deixado de apoiar o proxecto “Nomes e Voces” ou que teña renunciado a seguir sufragando o proceso de exhumación das vítimas ou ten rexeitado participar no proxecto de localización de fosas son algúns dos retrocesos que o país está a vivir desde a entrada do goberno de Feijóo.

Dereitos Civís súmase, pois, a esta homenaxe ás persoas que deron a vida pola democracia e a liberdade e louba a procura de datos que axuden a poñerlle nome a moitas desas persoas asasinadas. Os historiadores cren que pode ser un dos lugares do país onde maior número de vítimas da represión franquista se atopan nun conxunto de foxas comúns.

En movemento
www.movemento.org


Enviado por:
Prensa MpDC
-prensa1@movemento.org-
10 de junho de 2010 13:06
__________________

A Asociación Cometa convidanos a visitar un novo portal en defensa dos animais

Ola a todos:

Chegou á asociación un correo dun novo portar para buscar mascota en toda España, por provincias, tanto para os que queiran adoptar como para os que perdan algunha.

Déixovos o enlace:

http://buscandomascota.com

Os nosos queridos TAQUI, THOR e SIRO xa están rexistrados esperando un novo fogar.

¡Anímovos a visitalo!

Saúdos.

Carmen LLantada.

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992
correo@asociacioncometa.com
www.asociacioncometa.org

Enviado por:
Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
10 de junho de 2010 11:00
________________________