venres, xullo 22, 2011

O Venres 22 de Xullo "Tod@s a Mugardos", 5ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa

O Venres 22 de Xullo: Tod@s a Mugardos

O Venres, 22 de Xullo de 2011, ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro", partirá a 5ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá. Este 22 de Xullo marcharemos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Cuarto Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.

Tres horas máis tarde recebira-nos as veciñas e veciños de Meá na Praza do Mercado de Mugardos, onde disporán de bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.

O Blogue Solidario coa Veciñanza de Meá, recolle a crónica destes 111 días de reivindicación e solidariedade.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

xoves, xullo 21, 2011

Novo programa "O Recuncho" da AC Fuco Buxán en Rádio Filispim, no 93.9 da FM, este Sábado 23 de Xullo, ás 11 da mañá


Sábado 23 de Xullo, excepcionalmente: O Recuncho nº 56 ás 11 h. 93.9 FM

Ante a dificultade de facer o programa o pasado martes e o vindeiro, excepcionalmente, e co desexo de seguir en contacto coa nosa xente, a emisión nº 56 de O Recuncho, o programa semanal da Asociación Cultural Fuco Buxán, terá lugar, en directo, o próximo

Sábado, 23 de xullo 2011, de 11 a 12 hs. No 93.9 FM de Rádio FilispiM.

Abordaremos os seguintes contidos:
  • Conversa no estudio con membros das Mesas de Converxencia Ferrolterra “Praza Pública”.
  • José Torregrosa no seu espazo “O Espertar da Razón” entrevistará a Rafal Pillado, en torno as súas Memorias.
  • As novas de Fuco Buxán para estas datas.
  • Breve crónica da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos que o Comité Cidadán de Emerxencia organiza para este venres día 22.
  • Victor G. Novás, falará dos seus libros recomendados.
  • Lorena Calaza no apartado de poesía traenos a Xulio López Valcárcel.
Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com
ou a través da nosa web: www.fucobuxan.com
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM

Enviado por:
Miguel Castro Serantes
-opafuco@gmail.com-
21 de julho de 2011 23:06
___________________

Chamamento para mobilizar-se este Xoves, 21 de Xullo, ás 11 da mañá na Praza do Concello: Contra os abusos e privilexios da Banca

É O INTRE DE DAR UNHA RESPOSTA CIDADÁN AOS ABUSOS E PRIVILEXIOS DA BANCA

A crise do sistema escenifica o fracaso dun modelo baseado na explotación, especulación e a inxustiza.Os gobernos foron cómplices desta situación. Non hai vontade de esixir responsabilidades aos banqueiros e especuladores.

Onde están os sacrificios da banca para saír da crise que xeraron?

MILES DE FAMILIAS QUE SERÁN DESAFIUZADAS DAS SÚAS CASAS POLAS MESMAS ENTIDADES FINANCEIRAS QUE PROVOCARON A CRISE E QUE FORON RESCATADAS CON DIÑEIRO PÚBLICO.

QUE AS ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS, lonxe de dar resposta a esta situación de emerxencia habitacional e deter os desaloxos, PARECEN MÁIS DISPOSTAS A AMPARAR E PROTEXER OS INTERESES DAS ENTIDADES FINANCEIRAS QUE A DEFENDER OS DEREITOS MAIS ELEMENTAIS DA CIDADANÍA.

O proceso de execución hipotecaria termina coa poxa da vivenda. SE NON HAI NINGUÉN QUE POXE POR ELA, O BANCO TEN DEREITO A QUEDARLLA POLO 60% DO PREZO DE TASACIÓN. E POR LEI, RECLAMARÁ O RESTANTE 40% MÁIS AS COSTAS DO PROCESO DE EXECUCIÓN, á persoa debedora, aínda que esta quedouse sen vivenda. Chegados a este punto, e para cubrir a débeda, o banco pode embargar parte da nómina tanto da(s) persoa(s) ex.propietaria(s) como de avalistas.

Facemos un chamamento a toda a cidadanía, para asistir á concentración que terá lugar o Xoves, 21 de Xullo,ás 11:00h da mañá,na Praza de Armas-Ferrol

Acude e difunde !!

#acampadaferrol - M15M: Dentro do Ciclo de conferencias sobre o ”Dereito á vivenda”

Ciclo de conferencias: ”Dereito á vivenda

Enmarcada dentro do Ciclo de conferencias, ”Dereito á vivenda”, contamos cunha nova charla debate, desta volta contamos coa participación dos arquitectos Toni García e Miguel Reimúndez.

Xoves, día 21 de Xullo de 2011, a partir das 7 da Tarde, na Praza 15 de Maio, (antiga Praza de Armas).

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
20 de julho de 2011 23:19
__________________

mércores, xullo 20, 2011

As Mesas de Converxencia chaman a mobilizar-se contra o desafiuzamento previsto dunha familia de dez membros, incluídos cinco menores, que vive no barrio de Caranza - Mércores 20 de Xullo de 2011

Desafiuzamento previsto dunha familia de dez membros, incluídos cinco menores, que vive no barrio de Caranza nunha vivenda do Instituto Galego dá Vivenda e ou Só (IGVS), sen contrato desde fai sete anos.

A afectada traballara para a Xunta de Galicia como limpadora, e na actualidade está en paro e "en listas de substitución". Vive desde o ano 1985 nunha vivenda do IGVS no barrio de Caranza, xunto aos seus fillos e o seu cinco netos. En total, son 10 persoas na vivenda, pero só perciben "dúas pagas de 400 euros" tras esgotar o paro.

Fai sete anos a muller divorciouse do seu marido, que acumulaba unha falta de pagamento na vivenda de case 6.000 euros. Tras a separación, o titular da casa seguiu sendo o home, a pesar dos intentos legais para que pasase á muller. Ante a débeda acumulada, o contrato rescindiuse, pero a muller e a súa familia seguiron vivindo na casa, pero sen posibilidades legais de pagar a vivenda.

O pasado mes de xuño recibiron unha notificación de que ían ser desafiuzados da vivenda, que conta con 80 metros cadrados e está en "pésimas condicións", . Aínda que o procedemento é legal e "intachable" desde o punto de vista xurídico, "comete a tropelía de provocar unha situación de indigencia e exclusión social".
O Estado de Dereito, non pode permitir que dez persoas queden na rúa de ningunha maneira"

Para protestar contra o desafiuzamento, CONVOCAMOS a tod@s @s interesad@s a unha acción de protesta

Mércores 20 de Xullo de 2011, ás 10.30 horas, Bloque 47, portal 55, da rúa Emilia Pardo Bazán.

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
19 de julho de 2011 15:53
______________

sábado, xullo 16, 2011

"Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios", ... comunicado público do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Nota de Prensa do CCE  - Ferrol - 15.07.2011

Reganosa: Vellas mentiras e novos negocios.

Diante das novas, sobre Reganosa, aparecidas o pasado día 13 no xornal "La Voz de Galicia". O Comité Cidadán de Emerxencia fai as seguintes consideracións:

Dende a súa constitución REGANOSA, pola conivencia dos seus socios, faltou á verdade ao respecto da necesidade da planta en Galicia, falseando os datos para acreditar a súa viabilidade económico-financeira.

Co único fin de cumprir (só formalmente), co 4º requisito necesario para obter a autorización de construción e o preceptivo Vº Bº da CNE, os socios de Reganosa comprometéronse a construír catro centrais de ciclo combinado; Fenosa dous ciclos de 400 MW cada un e Endesa outros dous nas Pontes, con un consumo anual de 1.600 millóns de m³/ano de gas natural, aos que habería que agregar un consumo adicional das empresas de nova creación do grupo Tojeiro de 500 millóns de m³/ano.

A realidade é que o grupo Tojeiro non consume gas, porque as empresas non se fixeron, e os ciclos combinados (700 millóns de euros de inversion) cando non estan parados traballan ao ralentí.

Despois de case 4 anos de funcionamento, os datos de produción facilitados polo xestor técnico do sistema, ano 2010, falan dun funcionamento tan só do 43%. A planta de Reganosa só aporta o 6% do total do estado. Agora, no mes de xuño deste ano, sufriu unha nova baixada do 28% ao respecto do mesmo mes do ano anterior, sendo o ratio de utilización do mes pasado só dun 29% da súa capacidade nominal.

Reganosa foi obxecto de intervencións extraordinarias por parte do xestor do sistema para asegurar os niveis de GNL, mínimo técnico de seguridade nos tanques. A última advertencia foi o pasado 6 de Xullo, véndose obrigada a unha reprogramación, é dicir, foi obrigada a reducir a produción ata que o sistema gasista lograse descargar un gaseiro para subir o nivel nos seus tanques. Hai que engadir a isto que o 25% dos gaseiros tiveron que abortar a súa entrada na data prevista, dadas as condicións meteorolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol.

Agora, preséntannos como unha vantaxe a venda de GNL ao mercado especulador, cargando de novo gaseiros cun gas que orixinalmente era para consumo da nosa comunidade, convertendo a regasificadora como simple depósito para trapichear no mercado do gas.

As plantas do resto do estado teñen produción de gas regasificado suficiente, non necesitan participar no trapicheo da venda de gas como Reganosa, que almacena gas á espera de que soba o prezo, todo a expensas de incrementar os perigos para a cidadanía.

A cidadanía merece información veraz sobre o que está acontecendo en Reganosa e tomar consciencia da irracionalidade das operacións deste trapicheo.

Por exemplo, o pasado mes de febreiro, o buque gaseiro SCF Polar, carga en Mugardos 68.000 m³ de GNL para transportalos a Italia (La Spezia). Un gas que poucos dias antes descargara o "Cheikh el Mokrani" procedente de Arxelia. Por qué o gas alxerino fai a ruta Orán- Ferrol- Xénova que supón 4540 millas náuticas, cando a distancia de Orán a Xénova só é de 715 millas?.

Outro caso para a reflexión e a denuncia, a operación realizada polo gaseiro "Norman Lady". Este gaseiro, que permaneceu atracado dende o 13 ao 16 de Maio, un dia descargou gas en Reganosa, e, sen abandonar as instalacións, carga outra vez nos seus depósitos ese mesmo gas. É este o futuro de Reganosa? Poñer en perigo a nosa seguridade para trapichear co gas?.

Temos razóns para a desconfianza. Lembremos que nas instalacións anexas de Forestal, propiedade exclusiva do grupo Tojeiro, xa a finais dos anos 90, descubriuse un xigantesco fraude co gasóleo. Fraude que, por certo, aínda debe estar sendo investigado polo xulgado.

Sobre o negocio da carga de gas en cisternas, aparte de aumentar os riscos para a cidadanía (lémbrese o accidente dos Alfaques ano 1978), o seu carácter residual non modifica para nada a escasa produción de Reganosa e o seu carácter deficitario.

Mailo empeño dos cómplices mediáticos, en distraer aos cidadáns, a realidade actual amosa a gran patraña dos promotores de Reganosa como instalación ”estratéxica” para Galicia. Unha instalación que, aseguraban, iba a supor o relanzamento da comarca, creando moreas de postos de traballo, etc etc.

Reganosa supón unha ameaza para a vida das persoas que vivimos na contorna, e tamén para o noso medio natural, pois destrúe a riqueza da Ría. O que agora pretenden apresentar como unha vantaxe, é a constatación de que Reganosa como proxecto económico, é un fracaso que se inscribe no marco da burbulla enerxética, apoiada institucional e mediaticamente para beneficio dos seus promotores. Unha estafa a toda a cidadanía, que está a pagala a través das axudas a Reganosa por parte da Xunta de Galicia e da suba das tarifas eléctricas e do gas.

Os gasodutos de Tui e Llanera, sin actividade de entrada desde a posta en servizo de Reganosa, teñen capacidade suficiente para subministrar gas; tanto para as centrais de ciclo combinado como para o consumo convencional.

Estamos a pagar 60 millóns de euros cada ano a REGANOSA, unha instalación ILEGAL, PERIGOSA, DEFICITARIA E INNECESARIA. Non existe pois motivo algún que poida xustificar manter operativa unha perigosa planta de gas como a de Reganosa, que supón ademais dunha ameaza para a poboación, e un alto custe medioambiental, económico e social.

Planta de gas Fora da Ría!

Ferrol a 15 de Xullo de 2011

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


___________________



APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
____________________

Regresa parte do grupo de activistas de 'Rumbo a Gaza' que ocuparon durante nove días a Embaixada de España en Grecia en protesta pola inmovilización do 'Gernika' e da Segunda Flotilla da Liberdade


Parte do grupo de activistas de "Rumbo a Gaza" que ocuparon durante nove días a Embaixada de España en Grecia en protesta pola inmovilización do "Gernika" e da "Segunda Flotilla da Liberdade" regresou este xoves, 13 de xullo de 2011. En concreto, chegaron ao Aeroporto de Barajas: Juan Manuel Morais, Rafael Palacios, Miguel San Miguel, Mikel Suloaga, Elvira Souto e Antón Gómez-Reino. Varias destas persoas mantiveron nos últimos días unha folga de fame ante o silencio do Ministerio de Asuntos Exteriores con respecto ás súas reivindicacións.

Á súa chegada a Barajas, o grupo de activistas mostrou ante os medios de comunicación a súa determinación para seguir loitando pola liberdade do pobo palestino e incidiu en que a orde grega de inmovilización da "Flotilla da Liberdade" e do "Gernika" e o silencio dos gobernos da Unión Europea evidenciou de forma rotunda a complicidade das autodenominadas democracias avanzadas coas prácticas delituosas do Estado de Israel.

Ademais, recalcaron que se logrou pór en primeiro plano do debate internacional o bloqueo ilegal israelí á "Franxa de Gaza", un dos grandes obxectivos da Flotilla da Liberdade.

Na sección de Prensa Resaltada podes atopar a cobertura que os medios de comunicación fixeron da chegada do grupo de activistas.

Mentres, na illa de Creta continúa o "Gernika", o barco de "Rumbo a Gaza", con oito membros da campaña a bordo. Nos próximos días a nave partirá con destino ao Estado español. O "Gernika" converteuse nun auténtico símbolo de paz e de resistencia civil no Mediterráneo. A fotografía da nave -unha embarcación civil con persoas pacíficas e desarmadas- acosada por unha patrulleira grega deu a volta ao mundo e é xa unha icona da loita non violenta por un mundo igualitario e libre.

Fonte: http://www.rumboagaza.org
___________________________

venres, xullo 15, 2011

Os dereitistas do Goberno Municipal de Ferrol pretende desviar unha partida orzamentaria do servizo de comedores escolares dos centros públicos para o ensino privado

  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PRESENTARÁ ALEGACIÓNS AO PREGO DOS COMEDORES ESCOLARES PARA O VINDEIRO CURSO
  • EU REXEITA QUE SE DESVÍEN CARTOS PÚBLICOS MUNICIPAIS PARA BECAS AO ALUMNADO DO ENSINO PRIVADO
  • YOLANDA DÍAZ PÍDELLE AO GOBERMO MUNICIPAL QUE RECLAME DA XUNTA DE GALICIA A ASUNCIÓN DESTE SERVIZO
INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, venres 15 de xullo de 2011

O Grupo Municipal de Esquerda Unida presentará un conxunto de alegacións ao prego de prescricións técnicas que rexera a prestación do servizo dos comedores escolares nos centros públicos da cidade, que hoxe se presentou na Comisión informativa de Cultura. Nos vindeiros días se presentará un escrito para millorar e fornecer a prestación deste servizo complementario fundamental para a escola pública. Servizo que nestes anos é debedor da meritoria laboura da federación de anpas que a nosa organización quere salientar e agradecer.

Sen prexuízo dun estudo máis pormenorizado dos contidos do prego, a nosa organización rexeita de plano a posibilidade que abre este documento para becar a alumnado procedente doutros centros escolares privados. Esquerda Unida considera que de producirse esta situación estaríase a cometer un novo prexuízo sobre este servizo complementario do ensino público, dado que se desviarían cartos dunha partida concebida para atender este servizo no eido do ensino público, partida que non experimenta crecemento algún; partida que ten que sufragar o concello dada a negativa da Consellería de Educación, en mans do PP, a incorporar os comedores escolares de Ferrol á rede dependente que depende de xeito directo da Consellaría. Mantendo desta maneira unha inaceptable discriminación sobre a nosa cidade que ten que rematar canto antes.

Lembramos a importancia deste servizo para fornecer a capacidade da escola pública para ofrecer un servizo educativo integral e de calidade atento ás necesidades do tempo actual, facilitando sobremaneira a conciliación laboral e familiar dos proxenitores do alumnado usuario.

Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a manter a prestación deste servizo para o alumnado dos centros públicos como viña acontecendo até o de agora. A poboación que opte pola privada debe ser consecuente con esa escolla. A nosa organización rexeita a continuada vampirización de recursos económicos públicos polo ensino privado, que pola contra dista de asumir un reparto igualitario dun alumnado plural pola súa condición de clase ou polas súas identidades culturais.

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, reclama do Goberno Municipal que dirixa unha mobilización social unitaria para arrincar da Xunta de Galicia a asunción integral do servizo dos comedores escolares nas condicións de xestión directa pública que contempla de maneira preferente a normativa vixente, o Decreto 10/2007 de xaneiro, que contempla como modalidade de carácter xeral a xestión directa , deixando como excepcional a situación – discriminatoria con Ferrol – que temos na nosa cidade.

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
15 de julho de 2011 16:40
Ola ! Remitimos unha Informacións do Grupo Municipal de EU en relación co servizo de comedores escolares, servizo do que o Goberno Municipal pretende desviar unha partida orzamentaria para desviala cara ao alumnado dos centros privados. Saúdos, Ramiro Marier
____________________

mércores, xullo 13, 2011

Ártabra 21 ante o novo negocio de Reganosa

[A Ría de Ferrol desde a bocana de entrada]

Como era de esperar, "La Voz de Galicia" desperta-nos hoxe, cunha "boa noticia" sobre Reganosa co seguinte titular "A regasificadora mugardesa lidera a nivel nacional o negocio das cargas de buques".

Non nos chegaba coa presión de soportar os buques que veñen a descargar o gas natural licuado -GNL/LNG- á xa de por si perigosa planta de gas de Mugardos, que agora temos que soportar tamén que ese mesmo gas sexa despachado no corazón da nosa Ría para fóra. Un irracional negocio que pon constantemente en perigo á Ría, a nosa seguridade e a nosa vida.

O citado xornal que sempre se destacou por ser "a voz de Reganosa", considera unha boa noticia, o que é unha pésima noticia para a poboación que moramos na contorna da Ría de Ferrol que soportamos o depropósito gasístico corrupto e irracional que só serve para encher os petos de diñeiro público aos seus promotores.

Non sabemos cantos, mais a noticia temén di que temos o record en tránsito de camións cisternas por estrada, "que ben" son moi "boas" noticias: "Reganosa está a experimentar un crecemento no tráfico de carga de cisternas". Só temos que lembrar o sucedido un 11 de Xullo de 1978 en Tarragona, no cámping de "Els Alfacs", ao paso dun camión cisterna con 25 Tm de gas licuado -propileno, un gas altamente inflamábel, estoura ao seu paso pola estrada que bordea o cámping, todo queda aniquilado, máis de 240 vítimas mortais, unha vintena de desaparecidos e o recordo indelébel da traxedia que se podía evitar [Entrar].

Di a noticia: "A diferenza doutras plantas do país, que apenas se lle prestaron interese a este tipo de negocio, Reganosa leva máis dun ano sentando as bases para crecer neste tipo de actividade e, de feito, logrou-no, e nestes momentos lidera xa este segmento a nivel nacional". Porque será? Será que Reganosa non era necesaria para o consumo interno de Gas? Será que non era tan estratéxica como argumentaban algúns sectores políticos nacionalistas, para xustificar o inxustificábel? Cando as organizacións políticas que mudaron de postura pedirán desculpas e recoñecerán o seu erro? Un erro que mesmo minguou toda unha organización na nosa Comarca?

A noticia cuantifica o gas que saiu, por este medio, da planta de Mugardos este ano: "Así, no que vai de ano, Reganosa forneceu gas a catro barcos, mentres que o ano anterior só fíxoo a un. En total, as cargas deste exercicio suman 216.600 metros cúbicos de combustíbel, fronte aos 73.100 cargados na planta de Huelva, e aos 69.000, da de Cartaxena". "Que ben", non só entran buques cargados de gas, senón que agora saen tamén cargados. E o Concello de Ferrol, segue negando-se a contemplar no seu Plano de Emerxencias, un eventual accidente no tránsito de buques gaseiros cargados pola nosa Ría, ou unha posíbel emerxencia na propia planta de gas que está situada a pouco máis dun quilometro de Ferrol, do Arsenal e dos asteleiros de Navantia.

Na noticia en cuestión fala-se doutro lucrativo, mais tamém moi perigoso negocio, trata-se da posibilidade de que buques gaseiros que reparan en Navantia, unha vez que zarpen pasen por Reganosa a encher os seu tanques: " ... conta cos equipos máis modernos para levar a cabo a subministración de gas desde os seus tanques aos navíos. Ademais, ao atoparse nas proximidades dos estaleiros, ofrece aos armadores que traen os seus metaneros a reparar a Navantia a posibilidade de saír da ría cos seus tanques cargados ...". Todo o que sexa carga e descarga de gas e tránsito de buques cargados pola Ría, ven a aumentar exponencialmente o, xa de por si, potencial perigo que supon a presencia da planta regasificadora tan próxima aos núcleos de poboación. Aumentado aínda máis este perigo por atopar-se Reganosa encostada ao complexo petroquímico de "Forestal del Atlántico"-"Imegasa" que almacena centos de miles de toneladas de produtos tóxicos e perigosos [Entrar].

Máis a noticia di algo a ter en conta, cando refire: " ... O feito de que Reganosa non reciba moitos barcos para descargar ao mes redunda positivamente no seu crecemento neste mercado, por canto mantén dispoñibles as instalacións para levar a cabo as operacións de carga". Por fin recoñecen a incapacidade de Reganosa a manter-se operativa, xa non dicimos ao 100%, nen ao 80%, nen tan sequera ao 50%. A operatividade de Reganosa está sobre un 43% da súa capacidade real [RATIO UTILIZACIÓN planta 43%  Produción media/produción nominal   -B/A-] , polo que non está sendo, nen se aproxima a ser óptima, iso que no 2010 subiu un 10% con respecto ao 2009 -segundo os datos do propio Xestor Técnico do Sistema Gasista [Informe del Sistema Gasista Español 2010, publicado o 17.03.2011 ]. Mesmo a propia noticia publica que " ... "As regasificadoras do país rexistraron un descenso da actividade o pasado mes con respecto a xuño do 2010 e, de feito, en Reganosa caeu un 28%".


O despropósito gasístico de Reganosa que xa de por si representa un grave perigo, aumenta exponencialmente cando un buque cargado con miles de toneladas de GNL, entra pola angosta, sinuosa, estreita, longo e de fondos rochosos, canle da ría de Ferrol, para logo pasar máis de 24 horas descargando no pantalán do Porto de Punta Promontorio. No caso de emerxencia, o buque, non podería saír a mar aberto nen polos seus propios medios [como sinala a lexislación de seguridade], nen con axuda, até a próxima marea diúrna, e xa non digamos se as condicións meteorolóxicas son adversas, con fortes ventos, pouca visibilidade, .... A Autoridade Portuaria ten previsto segundo a normativa elaborada pola Capitanía Marítima de Ferrol que, en caso de emerxencia, o buque vaia a uns poucos metros, no fondeadoiro de Santa Lucia, onde non hai suficiente calado para elo, novo despropósito e grande irresponsabilidade.

Ao que íamos, non hai razóns para congratular-se Srs. do grupo "Voz", máis ben hai razóns que nos din por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas vidas. E aquí presentamos 10 razóns moi importantes a modo de síntese:

Porque almacena o equivalente a mais de 12 millóns de bombonas caseiras, o que no caso dun accidente, provocaría unha devastación de difícil cuantificación. No accidente de "Els Alfacs", que matou a 243 persoas, e fireu a máis de 300, a cantidade de gas equivalía tan só a 2000 bombonas.

Porque os gaseiros só poden entrar e saír na ría cando se dan as axeitadas condicións meteorolóxicas (vento e visibilidade) e marea diúrna. No caso de accidente nun buque, durante a manobra de entrada, atraque ou descarga, sería imposíbel aparta-lo da planta e das zonas poboadas.

Porque Reganosa colle da Ría, esteriliza e verte, clorada e a baixa temperatura, perto de 300.000 toneladas de auga ao día. Ademais, promove xunto á Autoridade Portuaria, un proxecto para dragar os fondos da Ría, que pertencen á Rede Natura pola súa riqueza en vida mariña. Aínda dragando a Ría, os gaseiros cargados con LNG, seguirían a ter dificultades para entrar e saír.

Porque os 40 postos de traballo que crea Reganosa, non son comparábeis aos 400, da actividade marisqueira e pesqueira, que pon en perigo esta instalación, tanto polo tratamento da auga como pola súa intención de dragar a Ría.

Porque ten pegado un complexo petroquímico, Forestal do Atlántico, e  Imegasa, que almacenan 280.000 m3 de produtos tóxicos e perigosos que no caso dun accidente, pode provocar un efecto dominó de consecuencias devastadoras.

Porque, como ven denunciando o Comité Cidadá de Emerxencia, desde o inicio do proxecto no ano 2000, Reganosa supón o caso de maior corrupción político-empresarial da nosa comunidade, porque só responde á cobiza dos seus promotores, o Grupo Tojeiro, que obtiveron pola venda dos terreos e a concesión portuaria,  perto de 30 millóns de euros de beneficio.

Porque incumpre todas as normativas que se lle esixen a unha instalación destas características, Directiva Europea 96/82/CE - Lei Seveso II, NFPA 59 A, Regulamento 2414/1981 Raminp, UNE-NE 1532, R. D. 6/2001 do 8 de maio sobre Evaluación de Impacto Ambiental, Directiva europea 97 /11 /CEE, R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño, Directiva europea 85/337/CEE.

Porque existen tres sentencias condenatorias, e moitas causas abertas por denuncias, en distintas institucións xudiciais e no Parlamento Europeo.

Porque é unha instalación innecesaria e deficitaria, funciona só a un 40% da súa capacidade e encarece o recibo do gas. Reganosa presionou para fechar o gaseoducto que viña de Tui, que viña suministrando gas, que era suficiente para cubrir a demanda de gas.

10ª Porque, como se demostrou en Xapón, os accidentes existen, e as condicións improbábeis suceden. Polo tanto a única medida efectiva é apartar as instalacións perigosas dos núcleos de poboación. Exemplos existen: Cleveland, Les Alfaques, Aoxaca, Shanghai, Skikda, Houston, Gaoqiao... Non permitamos que a nosa comarca aumente esta tráxica lista!
Nunca é tarde para loitar pola Ría, a nosa Seguridade e a nosa Vida.


O Venres 22 de Xullo: Tod@s a Mugardos

O Venres, 22 de Xullo de 2011, ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro", partirá a 5ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá. Este 22 de Xullo marcharemos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Cuarto Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.

Tres horas máis tarde recebira-nos as veciñas e veciños de Meá na Praza do Mercado de Mugardos, onde disporán de bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.

O Blogue Solidario coa Veciñanza de Meá, recolle a crónica destes 111 días de reivindicación e solidariedade.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org






APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
___________________

luns, xullo 11, 2011

O LNG "Port Harcourt", outro buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 12 de Xullo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza de Ultramar


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA DE ULTRAMAR
ÁS 8 DA TARDE, DO MARTES 12 DE XULLO

O LNG "Port Harcourt", un antigo buque gaseiro, de máis de 35 anos de antigüedade, de grande porte con 275 metros de eslora por 40 de manga, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 12 de Xullo de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 95, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza de Ultramar, no bairro ferrolá do mesmo nome. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


[Clicar acima da foto para entrar no carrusel de diapositivos]

Características do buque:
Un vello buque de máis de 35 anos de antiguidade [construído en 1976], o “LNG Port Harcourt”, con bandeira convencional d'as Illas Bermudas, de 274.20 m de eslora e 42 m de manga, 12 m de calado e 122.000 m3 de capacidade.

Ademais o Venres 22 de Xullo: Tod@s a Mugardos

O Venres, 22 de Xullo de 2011, ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro", partirá a 5ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá. Este 22 de Xullo marcharemos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Cuarto Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.

Tres horas máis tarde recebira-nos as veciñas e veciños de Meá na Praza do Mercado de Mugardos, onde disporán de bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.

O Blogue Solidario coa Veciñanza de Meá, recolle a crónica destes 111 días de reivindicación e solidariedade.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de julho de 2011 12:45
---

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

domingo, xullo 10, 2011

A mobilización social conseguiu paralizar os recortes de profesorado no CEIP San Xoán de Filgueira


#acampada no CEIP San Xoán de Filgueira

A mobilización social, a denuncia, a protesta, ... a vontade de loita da comunidade educativa do colexio conseguiu paralizar os recortes de profesorado no CEIP San Xoán de Filgueira. Mais había algo que aínda tiña máis forza e ese algo era ter a razón, que se fixera xustiza.

A Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Educación pretende aplicar as súas políticas neoliberais contra o ensino público, máis recortes e baixar a calidade. Toda Galiza está afectada por esta política, de feito están convocadas mobilizacións unitarias, en defensa do ensino público, para o mes de Setembro.

O acto da confraternización que tivo lugar onte no recinto do colexio, converteu-se nun acto de celebración por acadar os obxectivos da loita. Mais tod@s sabemos que a ameaza segue aí. Non van parar até que consigamos unha grande mobilización social que lles diga basta! outras políticas económicas e sociais, son posíbeis e necesarias.

Pola importancia do asunto transcribimos a nova publicada no xornal comarcal "Diario de Ferrol".

O San Xoán de Filgueira pon fin ó peche tras chegar a un acordo coa Xunta

m.f.g. > ferrol -09.07.2011

Despois de máis dunha semana de peche, o conflito no Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de San Xoán de Filgueira chegou a unha solución. Os representantes do centro mantiveron na tarde de onte un encontro coa xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, quen lles asegurou que o número de profesores previsto para o vindeiro curso permitirá manter o proxecto educativo que se viña desenvolvendo.

A directora do colexio, Marián López, afirmou que a reunión foi “longa pero satisfactoria”. “Pensamos que co compromiso de manter o número de agrupamentos e unidades coas que traballamos este ano poderemos seguir co noso proxecto educativo”, indicou. “Foi unha semana dura e longa, pero tivo os seus froitos”, engadiu.

O número de profesores non é aínda definitivo, pero o centro espera poder contar cun aumento de docentes grazas ós contratos programa ós que concorre para o vindeiro ano, que agarda que sexan concedidos.

Por parte da Consellería de Educación, sinalouse que o número de profesionais definitivos que lle corresponde á escola por alumnado non implica en ningún caso que non se podan atender as necesidades particulares do centro. Estas teranse en conta no proceso de asignación de docentes provisionais.

As movilizacións no centro de San Xoán comezaron o pasado día 30, cando se iniciou o peche nas instalacións. A comunidade educativa protestaba polo anuncio de reducir ata sete mestres para o vindeiro curso, coa conseguinte perda de aulas e reagrupamento dos alumnos.

O centro presenta particularidades importantes, coma un 30% de alumnado de etnia xitana, un 11% de procedencia inmigrante e preto da metade en situación de exclusión social. Pese a estes condicionantes, o nivel de absentismo era tan só do 2%, e a labor educativa desenvolvida nas súas aulas foi recoñecida con premios coma o Nacional de Boas Prácticas.

O centro mantén a convocatoria de xantar solidario prevista para hoxe, que trala resolución de onte terá un carácter de celebración e servirá para poñer fin ó peche. A comida empezará ás dúas da tarde.

Enlaces relacionados de novas anteriores en Ártabra 21:

Continua o peche en defensa do ensino público e de calidade - Contra os recortes da Xunta de Galicia - #acampada no CEIP San Xoán de Filgueira - Este Sábado 9 de Xullo: Xantar de Confraternización e Solidario, e unha Tarde de Música e Reivindicación

#acampada no CEIP San Xoán de Filgueira, contra os recortes da Consellería ao colexio público - Concentración o Luns 4 de Xullo ás 12 do mediodía diante do Centro
_______________

Asasinan, en Guatemala, ao cantautor arxentino Facundo Cabral -09.07.2011

GUATEMALA
Conmoción en Guatemala:
Asasinaron ao coñecido músico arxentino Facundo Cabral

Sábado, 09 de Xullo 2011

Mandatario guatemalteco mostrouse consternado pola violenta morte do artista, quen recibiu múltiples disparos de sicarios que non puido ser repelido por membros de seguridade.

O presidente de Guatemala, Álvaro Colom, expresou hoxe que sente "consternado" polo asasinato do cantautor arxentino Facundo Cabral, cando se dirixía ao aeroporto da capital guatemalteca, segundo informou a cadea británica BBC.

A través do seu portavoz Ronaldo Carballos, o mandatario mostrouse consternado pola violenta morte do artista, quen recibiu múltiples disparos dun grupo de sicarios que non puido ser repelido polos seus membros de seguridade.

O funcionario dixo que o presidente Colom "está consternado por este feito covarde".

Polo momento, o goberno dispuxo que tres equipos especializados de investigadores traballen no esclarecemento do asasinato do cantante de 74 anos.

Segundo o diario Prensa Libre, o trobador arxentino abandonaba o país logo de varias presentacións musicais realizadas esta semana. O vehículo que o transportaba foi emboscado no Bulevar Liberación e 14 rúa, da capital guatemalteca.

Cabral saíra en compañía do seu representante David Chairos e Henry Fariña rumbo ao aeroporto a iso das 5.20 horas desde o hotel Tikal Futura, zona 11, onde estaba hospedado.

O condutor dun dos vehículos que acompañaban ao de Cabral dixo que o ataque foi perpetrado por homes que se conducían en dous vehículos.

Os membros da seguridade de Cabral intentaron evitar o asasinato, pero non conseguiron que as balas alcanzasen o corpo do trobador.

Cabral retornara de Quetzaltenango onde presentou o seu último concerto e foi a canción "No soy de aquí, ni soy de allá" -Non son de aquí, nin son de alá, escrita en 1970, a última melodía que deu a un auditorio.






Facundo Cabral na wikipedia

Enviado por:
Resumen Latinoamericano
-resumen@nodo50.org-
9 de julho de 2011 19:44
http://www.resumenlatinoamericano.org/
http://resumenlatinoamericano.blogspot.com/
__________

sábado, xullo 09, 2011

Os medios en galego importan [Asina]

Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Tod@s somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesm@s e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.

Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un tras doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tomen a decisión de axudar aos medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.

Ningunha persoa  lectora ou espectadora deste país pode tampouco declararse allea ou ausente cando pechan un tras outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores e as lectoras, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de tod@s.

Asinar

Entrar na web:

http://www.osmediosengalegoimportan.com/

Enviado por:
Rafael Aguirrebengoa
-r_aguirrebengoa@hotmail.com-
8 de julho de 2011 19:56
_______________________________

A Sala Terceira do Tribunal Supremo confirmou, estes días en sentenza firme, a anulación do Plan de Sectorización de Menáncaro, onde, entre outros -o actual Alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela, pretendían a construción, en plena Fraga de Menáncaro, de 69 Chalets e un hotel de luxo


Unha sentenza do Tribunal Supremo reforza a proteción integral da Fraga de Menáncaro

Aínda que a Fraga de Menáncaro, xa estaba en trámites de protección definitiva pola acción e perseveranza da Comunidade Menáncaro, as entidades ecoloxistas [ADEGA, SGHN e VERDEGAIA] e a do Colectivo Ártabra 21, así como polas -aínda que lentas- actuacións levadas a adiante polo anterior grupo que gobernaba no Concello de Ferrol co apoio dos grupos municipais do BNG e EU -polo Eixo Verde e o inicio de expediente de modificación do PXOM, esta Sentenza ven reforzar o obxectivo do Movimento Ecoloxista de protección integral da Fraga de Menáncaro. Paradoxicamente, mesmo a propia Xunta de Galicia, ao aprobar o seu Plan de Ordenación do Litoral, -Decreto 20/2011, do 10 de Febreiro, polo disposto no seu Artigo 66, prohibe expresamente os desenvolvementos urbanísticos nos "Corredores". Nun destes corredores o propio POL situa a grande parte da Fraga de Menáncaro, nun dos denominandos como "Corredor Ecolóxico".

A Sala Terceira do Tribunal Supremo do Contencioso-Administrativo, ven confirmar a Sentenza do TSXG 01131/2009 , que xa ditara -o 5 de Novembro de 2009, a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG, que se pronunciara, a favor da veciñanza de Menáncaro, estimando o seu Recurso contra o vergoñento Acordo Plenario do Concello de Ferrol do 20 de Abril de 2007, no que se aprobou "definitivamente" o Plano de Sectorialización de Menáncaro, anulando deste xeito o ilegal acto administrativo por ser contrario a dereito.


No actual goberno municipal da dereita ferrolá, hai responsábeis políticos  de todo este despropósito que non só tivo un importantísimo custe económico para as arcas municipais, senón de tempo perdido e multiples actuacións municipais inecesarias. O sofrimento de anos de incertidume dunha veciñanza afectada pola cobiza duns poucos depredadores da natureza e o benestar da xente. Dos responsabeis políticos que aquel 20 de Abril de 2007, están agora no goberno municipal son: José Manuel Rey Varela -actual Alcalde Presidente do Concello de Ferrol, José Manuel Vilariño Anca -Tenente de alcalde e concelleiro responsable da Área de Alcaldía e portavoz do grupo municipal do PP, Guillermo Evia Pérez -Concelleiro responsable da Área de Urbanismo e Medio Ambiente e Amador Rodríguez Silvar (PP) asesor en Medio Ambiente.

Non nos esquecemos do anterior e actual "socio" do goberno municipal do PP que se ausentou do pleno, cando se realizou a votación, Juan José Fernández García (IF), por ser unha parte interesadísima en todo este negocio.

O Tribunal Supremo non admitiu os dous recursos de casación e que se interpuxeron en nome do xa citado Juán José Fernandez García, concelleiro por Independentes por Ferrol e da Sociedade Agraria de Transformación Agropino número 374 Xuga de responsabilidade limitade cuxo titular é Amando Romero Castrillón, coñecido industrial madereiro e empresario agrícola de San Sadurniño, un "astuto" cazador de rendas que xa intentara talar a Fraga, a nosa acción impideu-no, mais non conseguimos que acabara con grande parte do bosque ripario, mais sen poder levar a madeira que ainda segue alí depositada.

Desde a Comunidade Menáncaro damos os parabéns a todas as persoas que loitaron pola Fraga e a toda a cidadanía de Ferrol, porque a conservación da Fraga de Menáncaro significa a protección dun dos patrimonios naturais máis singulares e importantes que temos no Concello.

Con este comunicado achegamos, como xa temos feito outras veces unha pequena Galería Fotográfica e un Vídeo onde se pode apreciar a inmensidade e o valor da Fraga no seu conxunto.

Que é a Fraga de Menáncaro ?

A Fraga de Menáncaro está situada no val do río Aneiros ou río da Sardiña, na parroquia de Serantes, esta conforma un habitat natural de máis de 10 ha de superficie.

A Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carballeira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.

A Fraga é unha mostra de bosque potencial desenvolvido, prácticamente desaparecido noutras zonas de Ferrol. Un dos principais valores é a súa singularidade, dada a case ausencia de formacións de carballeiras en Ferrol. O habitat natural de Menáncaro, a protexer, está formado por un bosque ripario que ocupa as marxes do río, unha zona da carballeira que se imbrica coa aliseda riparia e zonas de prado húmido nas marxes do bosque ripario.

O seu bosque ripario de grande singularidade é valor foi parcialmente talado, de forma ilegal por dúas veces: a primeira vez en 2001, pola agora empresa promotora da urbanización SAT Agropino, de Amando Romero Castrillón; e a segunda vez por unha actuación de Fenosa, empresa coa que se chegou a un acordo para que fixera unha serie de actuacións, que xa están en marcha, para preservar a Fraga no seu conxunto.

O Movimento Ecoloxista sempre estivo atento

Desde 1995, o movimento ecoloxista ven realizando actuacións co obxecto da protección da Fraga, denunciando actuacións ilegais, como vertedoiros incontrolados, apertura de camiños, talas ilegais, vertedura de entullos, ... Temos nos nosos Arquivos cantidade de propostas, denuncias, alegacións ao PXOM aprobado no 2000, cartas e outros documentos, cun só obxectivo final a protección da Fraga. Entrevistas, reunións, roldas de prensa, roteiros e mobilizacións, tamém nese camiño. Recursos, alegacións, denuncias e outras actuacións xudiciais e administrativas.

Os antecedentes

O anterior goberno conservador de PP e IF -2003-2007, que levaba as rendas do Concello de Ferrol na pasada lexislatura, até Maio de 2007, aprobou un Plano de Sectorialización de Menáncaro que sometera a información pública unha vez publicado nos boletín oficiais o 22 de Xullo 2005. Foron case dous anos de trámites administrativos, recursos e alegacións que se combinaron coas accións de protesta e denuncia.

Queremos significar que un dos propietarios, coa parcela de maior superficie, desta Fraga é o Sr. Juán José Fernández García do grupo municipal IF, que foi Tenente de Alcalde do Concello de Ferrol co goberno conservador bipartito [PP e IF] e que agora segue sendo concelleiro polo mesmo grupo. O que explica moitas das irracionais actuacións do propio goberno municipal.

En abril do ano 2007, cos grupos de PP e IF á fronte do goberno local e nun polémico pleno, no que a oposición se ausentou nun xesto de solidariedade, dado que o Alcalde impediu o acceso ao mesmo aos representantes veciñais e ecoloxistas, aprobouse o plan de sectorización de Menáncaro. O proxecto de urbanización incluía a construción de 69 chalés de luxo e un hotel no corazón da mesma Fraga. O goberno conservador capitaneados polo Alcade Sr. Juncal [PP] e sendo daquela concelleiro de Urbanismo o Sr. Evia [PP], aínda quen xestionara todo o Plano fora o Sr. Pita Romero [IF], encontra da vontade veciñal, dos argumentos ecoloxistas, dos informes reiterados de diferentes Direccións Xerais da Xunta de Galicia, e da propia normativa urbanística do Concello [PXOM]  e Xunta [Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia]  e no disposto no Catálogo Municipal de Bens Protexidos [Páx. 21 e 22].

Por último queremos destacar que desde o movimento ecoloxista e veciñal non só tivemos que loitar contra o goberno municipal conservador do bipartito PP-IF, senón que tamén tivemos enfronte ao Grupo Voz [Radio Voz e La Voz de Galicia], coas súas manipulacións e o seu posicionamento, en todo momento, a favor dos argumentos municipais e dos promotores urbanísticos.

Pola Comunidade Menáncaro
Ramón REGUEIRO SANTIAGO

Fraga de Menáncaro
Serantes - Quia 155
15405 Ferrol [GALIZA]
Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/
Correio-e da Comunidade Menáncaro:
menancaro@gmail.com

Filme realizado pola SGHN e ADEGA, onde se pode apreciar a imensidade e o valor da fraga no seu conxunto. Filme realizado pouco despois de saberse que a Fraga de Menáncaro estaba ameazada por unha posibél especulación urbanística.

En formato mpg, cunha duración 6 minutos 43 segundos.
Editado por SGHN e ADEGA, Novembro 2005
Feito por Yosy (c)



[Fraga de Menáncaro, delimitado de xeito aproximado, o espazo natural a protexer]

Reportaxen fotográfica da Fraga de Menáncaro, de varias persoas integrantes das entidades que conforman a Comunidade Menáncaro [Reportaxen fotográfica que se pode ampliar acedendo ao blog da Comunidade http://menancaro.blogspot.com ].





















_______________________

mércores, xullo 06, 2011

Continua o peche en defensa do ensino público e de calidade - Contra os recortes da Xunta de Galicia - #acampada no CEIP San Xoán de Filgueira - Este Sábado 9 de Xullo: Xantar de Confraternización e Solidario, e unha Tarde de Música e Reivindicación

Continua o peche na #acampada no CEIP San Xoán de Filgueira, contra os recortes da Consellería de educación ao colexio público. O pasado 30 de Xuño comezaba un peche nas instalacións do centro educactivo, hoxe vai ser a sexta noite de peche, o Sábado 9 de Xullo, sería a décima noite, ese día está convocado un acto de apoio e solidario coa xente pechada no colexio, será un acto de confraternización, con música e un xantar, cada quen que leve a comida a partires das 13:00 hras.
Pasan de ser 189 a 207 alumn@s,
e pretender recortar, prescindindo de 7 mestres e mestras,
como se pode entender?
En defensa dos nosos nenos e nenas !!

En defensa da Escola Pública e de Calidade !!

Non ao recortes da Xunta ao ensino público !!

Participa no acto aberto de confraternidade deste Sábado 9 de Xullo !!

[Fotos de Susete'70]

Participa na convocatoría contra o desmantelamento e o deterioro da escola pública.


INDIGNADOS
A COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP SAN XOÁN DE FILGUEIRA
INDIGNADA
COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
AO ESTABLECEREN CRITERIOS ECONÓMICOS
POR RIBA DAS NECESIDADES EDUCATIVAS DO ALUMNADO

CEIP "SAN XOÁN DE FILGUEIRA"
Campo Chao s/n 15405 Ferrol
A CORUÑA (Galiza)

Tfno: 981 320 853 Fax: 981 320 853
ceip.xoan.filgueira@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipxoanfilgueira/

O Colexio na rede [máis de 26.000 resultados]
_________________

[Máis info]
__________________