Crise na eurozona
Papandreu asegura que a consulta era un farol para atar á oposición
Non tardou moito o Goberno grego en recuar na súa proposta de organizar un reférendum para consultar á cidadanía sobre o novo plan de rescate subscrito en Bruxelas a pasada semana. Segundo o primeiro ministro Yorgos Papandreu, o obxectivo final era forzar á oposición a dar a súa visto e prace no Parlamento. Aínda que non falta quen, como Sarkozy, opina que a marcha atrás foi froito das presións.
Imanol Intziarte [*]
"
O Goberno anuncia de forma oficial que non avanzará cara a un referendo". Esta frase, pronunciada polo ministro grego de Finanzas,
Evangelos Venizelos, nun discurso ante os deputados do seu partido (
Pasok), provocou un suspiro de alivio en Cannes, onde os líderes do G-20 xa tiñan preparados os seus instrumentos para, en caso contrario, apertar ao Executivo heleno onde máis doe, na conta corrente.
Non será necesario porque, como recoñeceu o primeiro ministro
Yorgos Papandreu nun comunicado, consultar á poboación sobre o segundo plan de rescate "
nunca era un fin en si mesmo".
O obxectivo confeso do seu órdago era conseguir que o principal partido da oposición, a conservadora
Nova Democracia, some os seus votos aos do
Pasok para sacar adiante na Cámara ateniense o proxecto aprobado en Bruxelas a semana pasada.
Explicouno máis claramente Venizelos: "
A crítica situación esixe que se consigan 180 escanos no Parlamento para aprobar o acordo do 26 de outubro". Serían tres quintos do total, cando o
Pasok só conta con pouco máis da metade, e iso a condición de que non haxa máis desercións.
O primeiro acto desta obra protagonizouno o líder da oposición,
Antonis Samaras, ao mostrarse disposto a apoiar o plan de rescate, á vez que reclamaba "
a formación dun goberno de transición temporal cun mandato exclusivo para celebrar inmediatamente eleccións".
As voces favorables a un goberno de unidade nacional para facer fronte á crise foron numerosas durante a xornada, ata desde as filas do
Pasok. "
É hora de deixar de enganarnos", manifestou a deputada
Vasso Papandreou.
O Executivo recolleu a luva e replicou que "
non hai ningunha razón para que haxa un referendo se hai consenso entre os dous principais partidos" respecto ao acordo de Bruxelas. "
No que se refire ás outras propostas, estamos dispostos a discutilas seriamente, no interese do país", engadiu o portavoz
Ilias Mossialos.
A continuación,
Papandreu informou mediante un comunicado de que o seu partido abrirá negociacións con
Nova Democracia. "
Estou contento de que toda esta discusión leve polo menos a moita xente a entrar en razón. Falarei con Samaras para que examinemos os próximos pasos sobre a base dun consenso máis amplo", rezaba o texto, no que se matizaba que a cooperación limitarase a "
políticas específicas".
"
Unha catástrofe"
Máis tarde, xa en sede parlamentaria -
onde hoxe se vota a moción de confianza cara á súa persoa-, o primeiro ministro rexeitaba de plano a posibilidade de convocar eleccións anticipadas porque serían unha "
catástrofe" para o país.
Papandreu asumiu que "
rexeitar o paquete (
de rescate)
é algo que significaría para os nosos socios o principio da nosa saída da eurozona" e explicou que tras buscar "
de forma repetida e infrutuosa un amplo consenso" interno, apostou por propor un referendo como ferramenta para "
forxar alianzas".
En canto á reacción dos seus socios da UE, manifestou que "
cando nos dixeron como celebrar o noso referendo deixámoslles moi claro que se trata dunha decisión dun goberno soberano. Podemos estar baixo supervisión económica pero as institucións democráticas son nosas. Estamos soportando unha cruz e encima diso, estannos tirando pedras", resolveu.
"
Chantaxear e mentir"
Tamén desde o estrado,
Antonis Samaras aproveitou a súa quenda para reiterar a súa aceptación do acordo de Bruxelas, pero esixiu a dimisión de
Papandreu, a posta en marcha dun goberno de transición e a celebración de eleccións nun prazo de seis semanas.
O líder opositor acusou ao primeiro ministro de "
chantaxear e mentir" ao redor da convocatoria dun referendo. "
Para saír da crise hai que ter un Goberno e hoxe non o temos", sentenciou.
Reaccións desde Cannes
Os líderes europeos reunidos no cume do G-20 de Cannes instaron a Grecia a actuar con prontitude. Nun comunicado conxunto, o presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, e o da Comisión,
José Manuel Durao Barroso, subliñaron que "
a eurozona está disposta a continuar apoiando a Grecia, pero Grecia debe cumprir o paquete pactado o 26 e 27 de outubro e, en particular, continuar aplicando o programa da UE e do FMI. Isto ten que quedar moi claro".
O anfitrión do encontro,
Nicolas Sarkozy, defendeu que foron as súas ameazas e presións e as da chanceler alemá
Angela Merkel as que fixeron cambiar de rumbo a
Papandreu. "
Non podemos aceptar a explosión do euro, porque iso significaría a explosión de Europa", remarcou o presidente francés.
Merkel Dubida
A chanceler alemá,
Angela Merkel, non termina de crerse o paso atrás dado polo Goberno grego. "
Para nós o que contan son os feitos. Non está do todo claro como vai pasar", manifestou.
Portugal
Suprimir unha décima parte das liñas de autobús e pechar o metro dúas horas antes son algunhas das ideas que se debaten para reducir as perdas do transporte público en Lisboa, obrigada como o resto de Portugal a recortar gastos.
Irlanda
O ministro de Finanzas de Irlanda,
Michael Noonan, indicou que está negociando coa UE unha rebaixa da súa débeda de entre 15.000 e 20.000 millóns. "
Aínda que non podo dicirlles cando ocorrerá, direilles que hai un proceso en marcha", sinalou.
Presións á UE para que resolva xa a crise da débeda
Estados Unidos, Rusia, China e outros países do G-20 presionan á Unión Europea para que acelere a posta en práctica do plan contra a crise de débeda acordado no cume do Eurogrupo da semana pasada e dea unha solución definitiva aos problemas de Grecia por entender que aumentan o risco de recaída na recesión da economía mundial.
"
O aspecto máis importante da nosa tarefa durante os próximos dous días é resolver a crise financeira aquí en Europa. A UE deu algúns pasos importantes cara a unha solución global, pero aquí no G-20 teremos que concretar os detalles sobre como se aplicará o plan de forma total e contundente", sinalou o presidente estadounidense,
Barack Obama, ao arranque do cume. Posteriormente, Obama asegurou que non se sumará á proposta franco-alemá de crear unha taxa ás transaccións financeiras a nivel mundial, a denominada taxa Tobin.
"
Europa debe axudarse a si mesma. A UE ten todo para facelo: a autoridade política, os recursos financeiros e o respaldo de moitos países", resaltou o presidente ruso,
Dimitri Medvedev. "
Cremos que Europa ten a sabedoría e a capacidade de resolver os problemas de débeda. Ao mesmo tempo, o resto do mundo debería apoiar e axudar", insistiu o primeiro ministro chinés,
Hu Jintao.
Mentres, os líderes europeos presentes na cita comprometéronse a acelerar o reforzo do
Fondo Europeo de Estabilidade Financeira (
FEEF) para que alcance canto antes unha potencia dun billón de euros co obxectivo de frear o posible contaxio ao Estado español e Italia.
Italia
O primeiro ministro,
Silvio Berlusconi, anunciou a súa intención de expor unha cuestión de confianza no Senado para aprobar pola vía rápida as reformas que se comprometeu a acometer o seu Goberno ante as esixencias da UE.
Fonte: GARA
Idatzia Eguneko gaiak
[
*]
Imanol Intziarte, xornalista.
__________________