domingo, novembro 06, 2011

Que tes na caldereta...? - Martes 8 de Novembro - Vicente Couce: " unha vida pola liberdade"

QUE TES NA CALDERETA...?

Día 8 de Novembro, Martes, ás 20:30 horas, no Pub Borsalino de Ferrol

CHARLA-TERTULIA CON VICENTE COUCE

UNHA VIDA POLA LIBERDADE

Vicente Couce Ferreira, ex-crego de Sta. Mariña, ex-concelleiro do Concello de Ferrol, loitador antifranquista e do Frente Sandinista falará da súa vida.

Asoc. C. Lefre de Caldereta
Móvil 609. 933.098

Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
CIF:-G-70027909
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com


Enviado por:

Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
6 de novembro de 2011 21:07
_________________

Miles de persoas manifestaron-se en Ferrol polo Emprego, pola Ría, polo Sector Naval, pola Sanidade Pública, polo Ensino Público ... convocadas poa maioría sindical


Pasadas as 12 do mediodía miles de persoas saían do Inferniño á altura da confluencia entre a estrada de Castela e a Avenida das Pías. Unha faixa asinada polas centrais sindicais convocantes abría a manifestación  "Polo emprego e o futuro das comarcas - O naval é fundamental - Carga de traballo xa!" e outra polos comités das compañias auxiliares e os de Navantia "Carga de traballo xa, 17.000 postos de traballo en xogo". Seguía a faixa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, contra a privatización e os recortes "En defensa da Sanidade Pública - Contra os recortes sanitarios". Continuaba a marcha, a faixa en defensa do ensino público, portada polos sindicatos de sector e as ANPAS de Ferrol Terra "En defensa da calidade do ensino público - Non aos recortes nos centros de Ferrolterra", e a continuación, a faixa da xente do mar, manifestándo-se polo saneamento da Ría : "Non aos verquidos na Ría, depuración Xa!", "Plan de Rexeneración da Ría de Ferrol xa !". Detrás, multitude de bandeiras e cartaces na súa maioría, das centrais sindicais convocantes [CIG, CCOO, UGT e USTG]. Tampouco faltaron as partidarias do BNG e EU-Os Verdes. Houbo repartos de folletos co programa electoral dos partidos que non entran no asfixiante bipartidismo [PCPE], con presencia de concelleir@s de distintos concellos da Comarca. Tampouco faltaron activistas da Forxa e da CNT, e de GalizaNova, Briga e Nós-UP, e a denuncia de Fuco Buxán AC  demandando o rescate d@s traballadorxs, non a dos bancos, e os berros contra os  abusos bancarios, a corrupción, ... e esixindo postos de traballo na Terra, e outras faixas sen siglas que aludían a romper o acomodamento das direccións sindicais que estas recuperen a confianza na Clase Obreira, no seu poder transformador que se dean conta que se conciencien de que si que podemos que podemos gañar, que podemos transformar. Faixas de reivindicacións de traballadorxes de empresas concretas como Poligal e Privilege. Faixas da mocidade "por un futuro digno na nosa Terra" ou reclamando "Nin un paso atrás na defensa dos servizos públicos". Unha escenificación cun cadaleito, denunciando que o veto á construción naval civil e a ASTANO, é a morte do sector naval na Comarca. A Asemblea Local do Movimento 15M - #AcampadaFerrol, tamén apoiaba esta mobilización: "berrraremos por un cambio, por un futuro para a nosa comarca, para que os gobernos PP e PSOE se enteren que NON estamos de acordo co seu sistema, que NON estamos de acordo coas súas propostas, que NON estamos de acordo con eles, que NOM nos representan, que NON ... , que NON ... , que NON van ter os nosos votos, e que SI nos van ter na rúa loitando polo que e noso".

Manifesto: "Carga de traballo xa, 17.000 postos de traballo en xogo"

No longo manifesto lido ao final da manifestación, e que foi moi escoitado pola xente que abarrotaba a Praza do Concello, non faltou a mención á rexeneración e saneamento da Ría. A carga de traballo para o sector naval e a construción dun grande dique flotante para Navantia, ocuparon un lugar importante no discurso, mais tamén a defensa da sanidade, o ensino e os servizos sociais públicos e de calidade. Tampouco foron esquecidas as esixencias de cumprimento de compromisos pendentes. Compromisos non cumpridos coa Comarca tanto por parte do Goberno Central como por parte da Xunta de Galicia. Compromisos en infraestruturas como o enlace ferroviario ao porto exterior ou a vía de alta capacidade entre San Cibrao e Ferrol. Non faltou a reivindicación do "tren de cercanías" para pasaxeir@s e mercadorías, moderno e eficaz como medio de transporte [Electrificado e de dupla vía].

O 20N:"Eleccións Xerais"

As eleccións xerais do 20N tiveron a súa referencia. As referencias veladas a romper co bipartidismo abafante, a romper coa alternancia dos que unha vez que están no goberno, fan políticas que lles ditan "os mercados", e que gobernan para os intereses destes, non para os das persoas. As centrais sindicais convocantes, pediron o voto para os partidos comprometidos coa Clase Traballadora; cos seus dereitos laborais, sociais, políticos e económicos; e a defensa da Sanidade, o ensino e os servizos sociais públicos.

Sinalaron no comunicado unitario, a cobiza dos chamados "mercados financeiros", como responsábel da situación de crise. Lembrando que a nosa Comarca é unha comarca en declive, con importantes perdas de poboación como consecuencia das crises económicas e os miles de empregos que desapareceron. Os ataques ao sector público e o desmantelamento da industria naval son responsabilidade dos gobernos de Madrid e o da Xunta de Galicia, aos que cualificaron de irresponsábeis. As políticas neoliberais e os reiterados incumprimentos dos dous gobernos coa Comarca, están levando a esta a unha "situación límite". A destrución da Ría, a perda de miles de postos de traballo, o desmantelamento do sector naval, a falta de investimento, ... fan de Ferrol Terra unha comarca deprimida.

Oportunistas na Manifestación

Representantes da Xunta, da Deputación e do Concello de Ferrol [José Manuel Rey Varela, Diego Calvo, ...], así como deputados e representantes de partidos -PP e PSOE-  corresponsábeis desta situación, estiveron presentes na marcha pedindo un imposíbel "frente común" para esconder as súas responsabilidades, pois eles, e os seus partidos, son os irresponsábeis que aplican as políticas económicas neoliberais, dos recortes, das privatizacións, das contrarreformas laborais contrarias aos intereses da Clase Traballadora.

Esperanza e Pedagoxía

Mais a de hoxe foi unha mobilización de esperanza e pedagoxía. De esperanza porque as rúas de Ferrol Terra viron-se enchidas por miles de persoas dispostas a manifestar o seu descontento e defender os dereitos laborais e sociais da comarca na que viven. Pedagóxica porque foi a resposta cidadá á unidade sindical. As direccións dos sindicatos deben tomar nota desta mensaxe: "Queremos-vos unidos, e unidos en loita polos nosos dereitos". Agora queda a concienciación, a mobilización e a transformación, unha outra comarca e posíbel e necesaria, como diciamos no Foro Social de Ferrol Terra: "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida".

A Galería Fotográfica é de Susete'70 e Albuns de Suso

Chegou-nos outra interesante Galería Fotográfica desta vez da A.C. Fuco Buxán:
Ver álbum fotográfico

Nota do Álbum:
   Convocados polos Sindicatos, milleiros de cidadás e cidadáns de Ferrolterra encheron hoxe a Praza de Armas, rexeitando as políticas neoliberais, demandando postos de traballo e denunciando os recortes nos Servizos Público emprendidos pola Xunta de Galicia.
   A nosa Asociación tamén participou, co lema: "RESCATAR AOS (BANCOS) TRABALLADORES. Salvar os Servizos Públicos"
.

Enviaron-nos outro interesante Álbun fotográfico desta vez da CIG.
__________________

O VIII Congreso do SLG se reafirma no principio da soberanía alimentaria como eixe vertebrador do seu traballo e como garantía de futuro


[Carmen Freire -Secretaria Xeral do SLG]

No marco do VIII Congreso do Sindicato Labrego Galego, medio milleiro de delegados e delegadas elixidos e elixidas en asembleas locais celebradas en 31 comarcas de Galiza nos últimos meses, referendaron, o 5 de novembro, co seu voto, ás sesenta e cinco persoas que integrarán a Dirección Nacional desta organización agraria durante os vindeiros catro anos. Entre os membros da Dirección Nacional, Carme Freire Cruces foi reelixida como secretaria xeral.

Outra das decisións sometidas ao referendo do VIII Congreso foi a de que o Sindicato Labrego Galego se integrase na Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) como membro de pleno dereito. Até o de agora, o SLG viña mantendo un convenio de colaboración con esta coordinadora estatal. Deste xeito, o Sindicato Labrego Galego segue, a nivel de Estado, os pasos que ten dado integrándose na Coordinadora Europea da Vía Campesina a nivel europeo, e na Vía Campesina a nivel mundial; nun contexto global no que o meirande das decisións políticas que afectan á agricultura galega se toman fóra de Galiza, nos organismos oficiais de cidades como Madrid ou Bruxelas.


[A Dirección Nacional do SLG]

A soberanía alimentaria como principio-raíz das demandas sindicais

O lema do VIII Congreso do Sindicato Labrego Galego “A soberanía alimentaria é garantía de futuro” expresa a aposta decidida da organización agraria por facer desta reivindicación un eixe vertebrador para garantir o futuro dos labregos e das labregas, e dos pobos. No seu discurso de clausura, Carme Freire englobou en tres eixes fundamentais as loitas que manterá o Sindicato Labrego Galego de cara a traballar por esa soberanía alimentaria para Galiza:

1. A loita polos recursos produtivos para a alimentación, que se traducirá nunha defensa sen paliativos de recursos como a auga, a terra e as sementes; e nunha oposición frontal a agresións como a forestación de terras agrarias, os transxénicos, a lexislación que nos quere roubar as nosas sementes, a Lei de Mobilidade de Terras, a Lei de Montes, os agrocarburantes, as directrices de ordenación do territorio, a Lei de Augas, a utilización de lodos de depuradora como abono en agricultura ou a invasión dos parques eólicos.

2. A loita polos servizos públicos ás persoas e ás explotacións. Ou sexa, a defensa de servizos públicos para as persoas que se desmantelaron ou están a desmantelar no noso medio rural como a Seguridade Social, a sanidade, a educación, a vivenda, a atención ás necesidades das persoas maiores e das crianzas, os servizos de de asesoramento e de sanidade animal e vexetal para as explotacións, os seguros, as axudas ás explotacións, infraestruturas, investigación, etcétera.


[Detalle do VIIICongreso do SLG]

3. A loita por prezos e mercados xustos expresada na defensa das pequenas explotacións, na negociación colectiva de prezos dignos e remuneradores que se garantan a través de contratos, na regulación pública dos mercados, na potenciación de circuítos curtos de comercialización ou na calidade e seguridade alimentarias; demandas todas que darán contido a nosa loita por unha nova reforma da Política Agraria Común (PAC) que se deseñe para defender e salvagardar os intereses dos labregos e labregas de toda a Unión Europea, que son os intereses de toda a cidadanía.

Fonte: Sindicato Labrego Galego - Comisión Labregas
_______________

sábado, novembro 05, 2011

Polo Emprego, pola Ría, polo Naval, polo Ensino e Sanidade públic@s, ... Manifestación Comarcal este Domingo 6 de Novembro en Ferrol


MANIFESTACIÓN COMARCAL
DOMINGO 6 DE NOVEMBRO
ÁS 12 DO MEDIODÍA DESDE O INFERNIÑO
POLA CREACIÓN DE EMPREGO
POLO SANEAMENTO DA RÍA
POR CARGA DE TRABALLO PARA O SECTOR NAVAL
EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
POLO CUMPRIMENTO DA DÉBEDA EN INFRAESTRUTURAS
PARTICIPA !!

Este Domingo 6 de Novembro de2011, a cidadanía de Ferro Terra está chamada a participar nunha Manifestación Comarcal convocada pola maioría sindical por un futuro para a Comarca, cunha Ría saneada e limpa, con emprego, con ensino e sanidade pública e de calidade, ... A marcha partirá ás 12 do mediodía dende o Inferniño até a Praza do Concello de Ferrol.
_____________

Sindicatos e Confrarías esixen o saneamento urxente da Ría de Ferrol e o mantemento do Plan de Dinamización


Os integrantes da Mesa denuncian o abandono da Consellaría do Mar e advirten que máis de 400 empregos directos están en perigo.

Os integrantes da Mesa do Plan de Dinamización da ría de Ferrol compareceron esta mañá en rolda de prensa para esixir a recuperación e o saneamento integral da ría co obxecto de eliminar as Zonas C e permitir ao colectivo de traballadores/as do mar retornar con plena normalidade á súa actividade produtiva. Así mesmo, durante a comparecencia denunciouse a situación de abandono na que a Consellaría ten deixado aos mariscadores/as e as pretensións da administración galega de disolver o programa, a pesar de que a ría continúa sendo a máis contaminada de Galiza.

Os representantes da CIG, CCOO e UGT e as Confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos na Mesa do Plan de Dinamización lembraron que a día de hoxe a Consellaría do Mar aínda non respondeu á solicitude de convocatoria urxente trasladada a pasada semana para abordar a intención de deixar sen efecto dito Plan. Neste senso, un dos voceiros da CIG de Ferrol e integrante da Mesa, Xesús A. López Pintos, criticou que a Consellaría realizase este anuncio a través dos medios de comunicación, sen consultar cos membros da mesma e sen ter en conta as necesidades dos mariscadores e mariscadoras.

Dende sindicatos e os pósitos criticouse o incumprimento por parte do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de mediar ante a conselleira do Mar para que convoque a reunión da Mesa do Plan de Dinamización así como o compromiso de abordar no Consello do Goberno o pagamento das contías adebedadas aos mariscadores/as polas tarefas de limpeza da ría, pendentes de cobrar o mes de setembro e oito días de outubro. Este compromiso fora adquirido por Núñez Feijoo o pasado sábado durante o decurso dunha protesta dos traballadores/as nun acto do Partido Popular na Coruña.

Sobre esta cuestión, o voceiro da CIG, denunciou que a Consellaría continúe desoíndo as reivindicacións dos mariscadores/as e pretenda suprimir o Plano cando aínda non se teñen completado as tarefas de saneamento da ría de Ferrol (a máis contaminada de Galiza) e polo tanto non están recuperadas as Zonas C. Cómpre subliñar que o Plan de Dinamización permite aos mariscadores e mariscadoras percibir un salario por realizar tarefas de rexeneración, limpeza da ría e recollida de ameixa das zonas contaminadas para o seu traslado a augas limpas durante os meses do ano nos que teñen prohibido faenar.

[Foto: Susete'70 - A Xente do mar en Loita Outubro 2011]

Levamos catro anos co Plano activo e agora a Consellaría quere rematalo sen que a ría estea limpa”, critica. Pintos subliñou a importancia económica da Ría de Ferrol, xa que dela dependen máis de 400 traballos directos. Neste senso, lembrou que estas augas conteñen o maior banco de produción de ameixa do País, que, non obstante, non se pode comercializar en fresco polo grao de toxicidade do marisco.

Participación na manifestación do domingo 6 de novembro

Pola súa banda, o colectivo de mariscadores e mariscadoras continuaron estes días coas mobilizacións en demanda do cobro das débedas polas tarefas de limpeza da ría e para demandar actuacións urxentes que permitan a recuperación das zonas C. Así na noite do xoves levaron as súas protestas ao inicio de campaña do PP, que finalmente acordou suspender a pegada de carteis.

Ademais, o colectivo de mariscadores e mariscadoras participarán o domingo 6 de novembro (portando unha faixa propia) na manifestación comarcal convocada por CIG, CCOO, UGT e USTG en defensa do emprego e do sector naval. A marcha, que se desenvolverá baixo o lema "Polo emprego e o futuro da comarca. O naval é fundamental. Carga de traballo xa!", sairá ás 12:00 do mediodía dende o Inferniño e rematará na Praza de Armas, onde se procederá á lectura dun manifesto.

Do mesmo xeito, as organizacións sindicais da comarca acordaron secundar e apoiar as mobilizacións que os traballadores/as do mar decidan levar adiante en defensa dos seus empregos e para esixir á recuperación integral da ría.

Fonte: Avante

A Ría de Ferrol en Fotos -Susete'70:
http://fotosdeferrol.blogspot.com/p/na-ria-podes.html
___________________

Unha visión diferente do que aconteceu en Libia - A experiencia de Lizzie Phelan en Libia - Vídeo


A experiencia de Lizzie Phelan en Libia
Narra a súa experiencia en Libia durante os ataques da OTAN

Lizzie Phelan, xornalista e activista política londinense, presenciou a guerra en Libia.

Afirma a complicidade dos medios de comunicación ao xenocidio organizado pola OTAN, como se modificou a información para confundir aos países occidentais e xustificar unha mentira: "Gadaffi manda disparar ao pobo", para así ter o apoio político e "liberar ao pobo libio"...


Testemuña da situación en Libia - vídeo censurado en youtube de Georgina Miller Carrasco en Vimeo.


Lizzie Phelan artigos na rede Voltaire:
http://www.voltairenet.org/Testimony-by-Lizzy-Phelan-The-war



[*] Lizzie Phelan, xornalista independente británica. Foi correspondente de PressTV en Trípoli durante o asalto da OTAN.

Xuntos cos seus colegas de Telesur, Russia Today, do Centre for Research on Globalization, da Rede Voltaire, a xornalista Lizzie Phelan (PressTV) é unha das raras reporteiras en arriscar a súa vida para informar a realidade da guerra en Libia, información moi diferente e a contra-corrente da propaganda divulgada polos medios comerciais nos países da Coalición.

Liberada polo CICR (Comité Internacional da Cruz Vermella) do hotel Rixos en Trípoli onde estaba bloqueada durante cinco días, a xornalista Lizzie Phelan dános as súas primeiras impresións da caída da capital libia. O perigo, a morte e o medo reinan por todos lados en diante en Trípoli, a capital da «Nova Libia», mentres que desfilan as tropas da OTAN e os seus Colaboradores.

Blogue de Georgina Miller Carrasco:
http://georgina-alucina.blogspot.com/
____________________

venres, novembro 04, 2011

Docu #indignados - Hoxe 4 de Novembro ás 22:30 horas, estrea online do documental "Indignad@s" - Vídeo - Enlaces


Hoxe 4 de Novembro ás 22:30 horas estréase online o último filme de Antoni Verdaguer #indignados, producido por Josep Jover.

Para que todo o mundo poida gozar ao mesmo tempo, creamos dúas canles de distribución:

1- Unha hora antes, enviarase a todas as acampadas, locais e centros que o soliciten, o link para que se poidan descargar a película. Este link terá a película en calidade HD. Para iso, pedímosvos que nos dirixades un email a camelocolectivo@gmail.com

2- Á hora indicada, publicarase na web www.docuindignados.com os links de acceso a quen persoalmente queiran ver o filme, xa sexa en streaming ou ben sexa descargándoo. Só teredes que acceder a el e visionarlo.

O equipo que rodou #indignados, baixo a forma de autofinanciación, considera unha honra acompañarvos a todos vós nas prazas, rúas, salas de exhibición e domicilios nun día que será, cando menos, complexo. Nós sentimos a vosa calor durante toda a rodaxe. Devolvémosvos unha parte do que nos destes. Esperamos que vos guste.

A partir de agora (ata o momento da súa estrea) información actualizada sobre o documental en twitter: #docuindignados.

Mentres tanto invitámosvos a ver o seguinte clip...

DOCU #INDIGNADOS from naopospo on Vimeo.


Dossier do documentario #Doc.Indignados: Dossier

Podes-se acceder para ver ou baixar o documentario en HD:


Fonte: http://madrilonia.org/
____________________

Entrevista ao portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol Terra - 26.10.2011 - Vídeos

O pasado 26 de Outubro de 2011, unha canle de televisión local, entrevistou a Miguel López Pérez presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol Terra. Pola súa importancia reproducimos os vídeos que xa están colgados na rede e desde Ártabra 21 pregamos a súa máxima difusión.

Primeira Parte - 10min. 24seg.

http://youtu.be/NUxKnnJ1AGQ

Segunda Parte - 9min. 42seg.

http://youtu.be/_Ysjf5fDZTg

Terceira Parte - 7min. 57seg.

http://youtu.be/75jUcpNBPw0


Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Sos Sanidade Pública

Información baseada na enviada por:
Xose.Miguel.Lopez.Perez@sergas.es
-Xose.Miguel.Lopez.Perez@sergas.es-
3 de novembro de 2011 12:12
__________________

Comentario do libro "A enerxía liberada ...", de Rosa María Artal, por parte de Juan Torrres López

"A enerxía liberada. O estalido social dun mundo en crise" (Aguilar 2011) é o título do novo libro de Rosa María Artal que recomendo ler. Nel realízase unha excursión "xeolóxica", como dá a entender o seu título, a través das sucesivas fallas e zonas de ruptura social que se foron xerando nos últimos anos no planeta. Rosa María ten unha gran experiencia na análise dos problemas sociais e a súa longa traxectoria xornalística proporcionoulle unha extraordinaria sagacidade para detectar os momentos e os impulsos máis relevantes do cambio social que tantas veces permanecen ocultos aos ollos de observadores menos perspicaces. O libro permite percorrelos todos eles, aínda que é posible que algúns lectores máis esixentes poidan atopar que algunhas das placas tectónicas, como ela di, que veñen movendo, como a mediombiental, quizá pasan un tanto desapercibidas, aínda que non totalmente ausentes, desde logo. Ou que o desexo de descubrir as zonas de ruptura deixe quizá un pouco á beira da análise aos factores de contención que o propio sistema xera para evitar os desprazamentos máis perigosos. En todo caso, é un libro moi interesante, oportuno e útil, como adoitan ser os comentarios que día a día nos proporciona Rosa María no seu blog, que igualmente recomendo visitar a diario, cheos de intelixencia e, sobre todo, da indignación e rebeldía tan necesarias para evitar que o mundo en crise que analiza se vaia ao garete.

Por Juan Torres López
Venres, 4 de Novembro de 2011

Accede ou descarga as primeras páxinas do libro "A enerxía liberada ..." - En formato pdf.

Ficha técnica do Libro.-
Título: "La energía liberada. El estallido social de un mundo en crisis "
Páxinas: 288
Publicación: 09/11/2011
Temática: Actualidade
Formato: Rústica hilo 15 x 24
Precio: 16,50 €
ISBN: 9788403052857
EAN: 9788403052857

Enviado por:
juantorres@us.es
-juantorres@us.es-
4 de novembro de 2011 13:27
__________________

Mortes de can, ... Por José Torregrosa


Por José Torregrosa Rodríguez [*]
04.11.2011

A cidadá Susana Alaniz, nacida en Uruguai, admirable muller, compañeira e amiga, responsable do programa "Sen Fronteiras" en Radio Filispim, marchaba, nunha viaxe de ida e volta, desde a indignación á sorpresa. O que antes era un exemplar comportamento solidario da Sanidade española, que non discriminaba a enfermo algún á hora de brindarlle o seu coidado, a nivel de Galicia (mais non só aquí), pasara a facer borrón e conta vella. Unha vez máis, as siglas, esa trampa mortal, nunca mellor dito, van encargarse da faena de aderezo porque lles sae do escroto non nomear, polo si ou polo non, aos Parias da Terra: P. S.R. foron bautizados (Persoas sen Recursos Económicos Suficientes).

As persoas con dificultades socio-económicas que acudan a un centro de saúde sen tarxeta sanitaria -explícanos Susana, cuxa dozura habitual vólvese ferro a lume ante as inxustizas- e os inmigrantes "ilegais", aqueles recentemente chegados, non serán atendidos; deberán acudir a Urxencias. Sexa cal for a situación da súa saúde, deberán, previamente, asinar un compromiso de pago polos servizos médicos recibidos. Susana Alaniz pásame un comunicado do "Foro Galego de Inmigración" e "Médicos do Mundo" rexeitando estas restricións sanitarias en base á súa vulneración das leis españolas.

Acordeime de "Soylent Green": aquelas escavadoras que ían recollendo cadáveres polas rúas. O "1984" orwelliano quedouse atrás; imos agora a facer economía a base de desafiuzamentos clínico-fogareños. Se non podes pagar, mellor será mórrasche na beirarrúa. Ou mellor aínda: deseñarémosvos un gueto onde pasedes a mellor vida sen estragarnos a beleza da paisaxe. Nesta España "cristiá e decente" e non a de Mérimée (bis), todos somos irmáns; pero, ai, aínda hai clases (¡Non me digas ..!): uns, máis irmáns que outros.

Notas.-

[*] José Torregrosa -Ferrol 1945, mestre, escritor, xornalista e activista. Directivo da Asociación Cultural Fuco Buxán. Comezou a traballar na prensa galega a mediados dos anos sesenta. Foi encausado no proceso dos 23 de Ferrol, un xuízo relacionado coas loitas dos traballadores dos estaleiros de Bazán aos que a ditadura franquista e o seu réxime fascista represaliou con porradas, pólvora, sangue, prisión e mortes, no histórico 10 de Marzo de 1972. Un feito que o marcou e que fixo tamén que marchara a Madrid en 1974 para intentar a aventura teatral. Logo, regresa en Ferrol, onde casa en 1976 e ten dúas fillas. Colaborador na prensa e en diversas entidades culturais, gusta de escribir sobre cine e literatura que cre que "unha novela ten tantas historias como lectores ten". Comezou adicandose á poesía dende o mesmo cárcere da Coruña. "Era a única forma de saír do meu interior a través das palabras". Ademais, tamén ingresou no Grupo Chorima co que publicou antoloxías e recitais poéticos. "Todo o que escribín ten que ver coa poesía existencial, experimental, en palabra e forma, sempre cunha búsqueda do interior", asegura Torregrosa. Unha vida moi intensa a deste xornalista e escritor ferrolán que, dende o 2000, dirixe a revista Razón Socialista da AC Fuco Buxán e tamén colabora co suplemento "Nordesía" do xornal Diario de Ferrol.

[Fontes: Propias e de Galicia -Hoxe]

"Cumbres Borrascosas" é a bitácora persoal de José Torregrosa:
_______________

Asemblea Local do Movimento 15-M en Ferrol, este Luns 7 de Novembro, ás 8 da Tarde

Como todos os Luns de cada semana, a #AcampadaFerrol convoca a Asemblea Local do Movimento 15-M, na Praza do Concello - Praza do 15-M.

Así que este Luns 7 de Novembro de 2011, ás 8 da Tarde, terá lugar a Asemblea coa seguinte orde do día:
1- Lectura acta anterior.
2- Aprobación orde do día.
3- Mobilizacion 13N.
4- Actividades cara o 20N.
5- Orde do día seguinte.
6- Rogos e preguntas.

Para máis información e contactar.


Asemblea Local do 15M >>> #AcampadaFerrol

Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/

N-1:
perfil: https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol
grupo: https://n-1.cc/pg/groups/490592/acampada-ferrol/

Axenda Acampada Ferrol:
https://www.google.com/calendar/embed?src=acampadaferrol%40gmail.com&ctz=Europe%2FMadrid

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com

Foro Galego de Acampadas:
https://n-1.cc/pg/groups/388441/15m-galicia/

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/
_________________

Enlaces de interese:

#AcampadaBCN:
4 Nov: Ante a prohibición da Xunta Electoral Central, volvemos á praza

#AcampadaSol:
Ante a prohibición da Xunta Electoral, seguimos na praza: info, programa e cartelería #alaplaza
________________________________

Crise na eurozona - Papandreu asegura que a consulta era un farol para atar á oposición - Información elaborada por Imanol Intziarte


Crise na eurozona
Papandreu asegura que a consulta era un farol para atar á oposición

Non tardou moito o Goberno grego en recuar na súa proposta de organizar un reférendum para consultar á cidadanía sobre o novo plan de rescate subscrito en Bruxelas a pasada semana. Segundo o primeiro ministro Yorgos Papandreu, o obxectivo final era forzar á oposición a dar a súa visto e prace no Parlamento. Aínda que non falta quen, como Sarkozy, opina que a marcha atrás foi froito das presións.


Imanol  Intziarte [*]

"O Goberno anuncia de forma oficial que non avanzará cara a un referendo". Esta frase, pronunciada polo ministro grego de Finanzas, Evangelos Venizelos, nun discurso ante os deputados do seu partido (Pasok), provocou un suspiro de alivio en Cannes, onde os líderes do G-20 xa tiñan preparados os seus instrumentos para, en caso contrario, apertar ao Executivo heleno onde máis doe, na conta corrente.

Non será necesario porque, como recoñeceu o primeiro ministro Yorgos Papandreu nun comunicado, consultar á poboación sobre o segundo plan de rescate "nunca era un fin en si mesmo".

O obxectivo confeso do seu órdago era conseguir que o principal partido da oposición, a conservadora Nova Democracia, some os seus votos aos do Pasok para sacar adiante na Cámara ateniense o proxecto aprobado en Bruxelas a semana pasada.

Explicouno máis claramente Venizelos: "A crítica situación esixe que se consigan 180 escanos no Parlamento para aprobar o acordo do 26 de outubro". Serían tres quintos do total, cando o Pasok só conta con pouco máis da metade, e iso a condición de que non haxa máis desercións.

O primeiro acto desta obra protagonizouno o líder da oposición, Antonis Samaras, ao mostrarse disposto a apoiar o plan de rescate, á vez que reclamaba "a formación dun goberno de transición temporal cun mandato exclusivo para celebrar inmediatamente eleccións".

As voces favorables a un goberno de unidade nacional para facer fronte á crise foron numerosas durante a xornada, ata desde as filas do Pasok. "É hora de deixar de enganarnos", manifestou a deputada Vasso Papandreou.

O Executivo recolleu a luva e replicou que "non hai ningunha razón para que haxa un referendo se hai consenso entre os dous principais partidos" respecto ao acordo de Bruxelas. "No que se refire ás outras propostas, estamos dispostos a discutilas seriamente, no interese do país", engadiu o portavoz Ilias Mossialos.

A continuación, Papandreu informou mediante un comunicado de que o seu partido abrirá negociacións con Nova Democracia. "Estou contento de que toda esta discusión leve polo menos a moita xente a entrar en razón. Falarei con Samaras para que examinemos os próximos pasos sobre a base dun consenso máis amplo", rezaba o texto, no que se matizaba que a cooperación limitarase a "políticas específicas".

"Unha catástrofe"

Máis tarde, xa en sede parlamentaria -onde hoxe se vota a moción de confianza cara á súa persoa-, o primeiro ministro rexeitaba de plano a posibilidade de convocar eleccións anticipadas porque serían unha "catástrofe" para o país.

Papandreu asumiu que "rexeitar o paquete (de rescate) é algo que significaría para os nosos socios o principio da nosa saída da eurozona" e explicou que tras buscar "de forma repetida e infrutuosa un amplo consenso" interno, apostou por propor un referendo como ferramenta para "forxar alianzas".

En canto á reacción dos seus socios da UE, manifestou que "cando nos dixeron como celebrar o noso referendo deixámoslles moi claro que se trata dunha decisión dun goberno soberano. Podemos estar baixo supervisión económica pero as institucións democráticas son nosas. Estamos soportando unha cruz e encima diso, estannos tirando pedras", resolveu.

"Chantaxear e mentir"

Tamén desde o estrado, Antonis Samaras aproveitou a súa quenda para reiterar a súa aceptación do acordo de Bruxelas, pero esixiu a dimisión de Papandreu, a posta en marcha dun goberno de transición e a celebración de eleccións nun prazo de seis semanas.

O líder opositor acusou ao primeiro ministro de "chantaxear e mentir" ao redor da convocatoria dun referendo. "Para saír da crise hai que ter un Goberno e hoxe non o temos", sentenciou.

Reaccións desde Cannes

Os líderes europeos reunidos no cume do G-20 de Cannes instaron a Grecia a actuar con prontitude. Nun comunicado conxunto, o presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, e o da Comisión, José Manuel Durao Barroso, subliñaron que "a eurozona está disposta a continuar apoiando a Grecia, pero Grecia debe cumprir o paquete pactado o 26 e 27 de outubro e, en particular, continuar aplicando o programa da UE e do FMI. Isto ten que quedar moi claro".

O anfitrión do encontro, Nicolas Sarkozy, defendeu que foron as súas ameazas e presións e as da chanceler alemá Angela Merkel as que fixeron cambiar de rumbo a Papandreu. "Non podemos aceptar a explosión do euro, porque iso significaría a explosión de Europa", remarcou o presidente francés.

Merkel Dubida

A chanceler alemá, Angela Merkel, non termina de crerse o paso atrás dado polo Goberno grego. "Para nós o que contan son os feitos. Non está do todo claro como vai pasar", manifestou.

Portugal

Suprimir unha décima parte das liñas de autobús e pechar o metro dúas horas antes son algunhas das ideas que se debaten para reducir as perdas do transporte público en Lisboa, obrigada como o resto de Portugal a recortar gastos.

Irlanda

O ministro de Finanzas de Irlanda, Michael Noonan, indicou que está negociando coa UE unha rebaixa da súa débeda de entre 15.000 e 20.000 millóns. "Aínda que non podo dicirlles cando ocorrerá, direilles que hai un proceso en marcha", sinalou.

Presións á UE para que resolva xa a crise da débeda

Estados Unidos, Rusia, China e outros países do G-20 presionan á Unión Europea para que acelere a posta en práctica do plan contra a crise de débeda acordado no cume do Eurogrupo da semana pasada e dea unha solución definitiva aos problemas de Grecia por entender que aumentan o risco de recaída na recesión da economía mundial.

"O aspecto máis importante da nosa tarefa durante os próximos dous días é resolver a crise financeira aquí en Europa. A UE deu algúns pasos importantes cara a unha solución global, pero aquí no G-20 teremos que concretar os detalles sobre como se aplicará o plan de forma total e contundente", sinalou o presidente estadounidense, Barack Obama, ao arranque do cume. Posteriormente, Obama asegurou que non se sumará á proposta franco-alemá de crear unha taxa ás transaccións financeiras a nivel mundial, a denominada taxa Tobin.

"Europa debe axudarse a si mesma. A UE ten todo para facelo: a autoridade política, os recursos financeiros e o respaldo de moitos países", resaltou o presidente ruso, Dimitri Medvedev. "Cremos que Europa ten a sabedoría e a capacidade de resolver os problemas de débeda. Ao mesmo tempo, o resto do mundo debería apoiar e axudar", insistiu o primeiro ministro chinés, Hu Jintao.

Mentres, os líderes europeos presentes na cita comprometéronse a acelerar o reforzo do Fondo Europeo de Estabilidade Financeira (FEEF) para que alcance canto antes unha potencia dun billón de euros co obxectivo de frear o posible contaxio ao Estado español e Italia.

Italia

O primeiro ministro, Silvio Berlusconi, anunciou a súa intención de expor unha cuestión de confianza no Senado para aprobar pola vía rápida as reformas que se comprometeu a acometer o seu Goberno ante as esixencias da UE.

Fonte: GARA  Idatzia  Eguneko gaiak

[*] Imanol Intziarte, xornalista.
__________________

Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo rexeitan as restricións ao acceso ao sistema sanitario público establecidas pola Consellería de Saúde da Xunta de Galicia


Comunicado de prensa do Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo

Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración rexeitan as restricións ao acceso ao sistema sanitario público establecidas pola Consellería de Saúde da Xunta de Galicia

Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración mostran o seu rexeitamento frontal ás actuacións devidas da Orde do 5 de setembro da Consellería de Saude da Xunta de Galicia pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e desempregadas. A Orde limita o acceso á asistencia sanitaria a persoas sen recursos económicos suficientes e condiciónao a unha antigüidade de 183 días antes de autorizar o cartón sanitario, indispensable para toda consulta ou receita médica.

O articulado da normativa autonómica establece trabas ao acceso ao cartón sanitario para os estranxeiros. A partir do próximo 1 de xaneiro, o Sergas esixirá unha antigüidade mínima no padrón de 183 días antes de autorizar o cartón sanitario, indispensable para toda consulta ou receita médica. Esta condición para acceder ao cartón vai limitar o acceso á atención primaria nos centros de saúde. O novo regulamento, en vigor desde o 29 de setembro, vén incrementar as barreiras que atopan as persoas estranxeiras en acceder ao dereito á saúde e expón rebaixar un dereito en lugar de garantilo.

A Orde da Consellería de Saude vulnera o propio marco legal español, que recoñece e garante o principio de universalidade do dereito á saúde e é contraria a leis estatais como a Lei Xeral de Sanidade 14/1986 e da Lei Orgánica sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social (decembro 2009) que establece no seu artigo 12: "Os estranxeiros que se atopen en España, inscritos no padrón do municipio no que teñan o seu domicilio habitual, teñen dereito á asistencia sanitaria nas mesmas condiciones que os españois" sen incluír período mínimo de empadroamento como agora fai intenta o Servizo Galego de Saúde.

Ademais, contravene normas internacionais ao establecer criterios limitantes que rompen o principio de equidade como queda establecido no artigo 12 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos Sociais e Culturais (1966) e o artigo 25 da Declaración de Dereitos Humanos (1948).,

Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración reivindican o dereito á saúde como un dereito universal e sobre o que non pode establecerse unha limitación por vía administrativa como se establece na Orde da Consellería de Saúde da Xunta de Galicia ao establecer, ademais do empadroamento, unha antigüidade de 183 días de residencia en España

O argumento esgrimido polos valedores da iniciativa en relación a un suposto abuso por parte das persoas inmigrantes como xustificación para instaurar o presente regulamento non pode servir como coartada para menoscabar o dereito fundamental á saúde das persoas máis vulnerables.

Non é certo que as persoas inmigrantes veñan a Galicia ou a España para aproveitarse dos sistemas de cobertura socio-sanitaria. Numerosos estudos conclúen que, en xeral, as persoas estranxeiras utilizan menos os servizos sanitarios que a poboación española. O último exemplo témolo no estudo desenvolvido na Xerencia de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid que conclúe que, a igual idade e enfermidade, os estranxeiros que proveñen de países con rendas baixas acoden menos ao médico de familia.

Tampouco é verdade que as persoas inmigrantes xeren un custo económico ao sistema de saúde superior ao que achegan vía impostos. Debemos recordar que o Sistema Nacional de Saúde responde a un modelo de prestación non contributiva que se financia mediante os impostos no que cada persoa achega segundo os seus ingresos e recibe servizos sanitarios de acordo coas súas necesidades de saúde.

O que está constatado é que limitar o acceso exclusivamente aos servizos de urxencia, máis custosos que a atención primaria, pode levar a un agravamento ou cronificación da enfermidade por mor dun diagnóstico ou tratamento tardío. A atención de urxencias será moito máis custosa para o sistema da mesma forma que o sería o tratamento de patoloxías transmisibles que poderían ser atalladas cunha atención primaria adecuada.

Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración reclaman o papel que as Administracións Públicas teñen que xogar en tempos de crises para garantir o acceso aos servizos de saúde. Ambas as organizacións van supervisar as consecuencias destas restricións ao dereito á saúde das persoas desempregadas, en situación de exclusión social, e inmigrantes, e exercerán as medidas ao seu alcance para a defensa deste dereito.

CONTACTOS DE PRENSA:
Foro Galego da Inmigración
Teléf de contacto: 662 307 019
Correo electrónico: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Médicos do Mundo
Teléf de contacto: 981 578 182
Correo electrónico: galicia@medicosdelmundo.org

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
4 de novembro de 2011 08:06
__________________

Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Cando o delito é ser PSR -Persoas Sen Recursos Económicos Suficientes, ... Por Susana Alaníz González

O SERGAS aplica, ás persoas sen recursos, recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria - CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal.

Diario nº 173 de data 09.09.2011 ORDE do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

Tamén pode-se descargar, a orde, en formato PDF:

Descargar PDF
__________________________

Moi interesantes aulas impartidas por Arcadi Oliveres, o 24 de Outubro de 2011 - A situación mundial, análise, diagnóstico e alternativas - Vídeos

Chegou-nos un correo-e, vía Fernando Leston Baltar -fleston2907@gmail.com-, de Esther Castro Vélez -trigoluz@yahoo.es-, cos enlaces a catro vídeos que se corresponden a unhas aulas no Máster de Cooperación ao Desenvolvimento do IIDL -Instituto Interuniversitario do Desenvolvimento Local- na UJI -Universitat Jaume I de Castelló-, impartidas por Arcadi Oliveres i Boadella [*], economista catalán e un recoñecido activista pola xustiza social e a paz. Estas aulas duran catro horas, son moi recentes, foron impartidas o 24 de Outubro deste ano 2011, hai uns días, e expón dun xeito moi claro a situación mundial, a análise e diagnóstico, tamén fala do que podemos facer, tanto no plano colectivo, como no plano persoal.

Documentario en catro partes publicado na Canle de Antonio Grandio 3:

Aula 1 no Máster de Cooperación ao Desenvolvimento do IIDL na UJI de Arcadi Oliveres (24/10/11) 1/4.

http://youtu.be/JW1msrFf6Ww

Aula 2 no Máster de Cooperación ao Desenvolvimento do IIDL na UJI de Arcadi Oliveres (24/10/11) 2/4.

http://youtu.be/qiPM-VM_qIg

Aula 3 no Máster de Cooperación ao Desenvolvimento do IIDL na UJI de Arcadi Oliveres (24/10/11) 3/4.

http://youtu.be/ZCIZCFdapxg

Aula 4 no Máster de Cooperación ao Desenvolvimento do IIDL na UJI de Arcadi Oliveres (24/10/11) 4/4.

http://youtu.be/yHeE8L7r4pE


[*] Arcadi Oliveres i Boadella, nado en Barcelona en 1945, é un economista catalán e un recoñecido activista pola xustiza social e a paz.

En marcha un documentario sobre Arcadi Oliveres
http://www.verkami.com/projects/594-documental-sobre-arcadi-oliveres-work-in-progress

FSdeFerrolTerra
Foro Social de Ferrol Terra
http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/



Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
3 de novembro de 2011 11:29
________________

xoves, novembro 03, 2011

Posposto o desafiuzamento de Edurne Cajal en Tui - Mensaxes - Enlaces -Correos-e


O pasado Domingo, 30 de Outubro, saltaba a alarma ao enviar, unha traballadora en paro, a "SOSDesafiuzamentos d'A Coruña" unha mensaxe desesperada, pois este Venres 4 de Novembro, tiñan pensado executar o desaloxo da súa vivenda.

As Mesas de Converxencia ... enviaron o SOS por todos os medios para localiza a Edurne Cajal que é asi como se chama a afectada que posteriormente a localizou e a puxo en contacto con "SOSDesafiuzamentos d'A Coruña", enviando esta Plataforma, a seguinte mensaxe:

"Grazas a tod@s polo apoio prestado a Edurne. Xa a localizamos, estivemos con ela, onde acudiron numerosos compañeiros do 15M de Tui, que é o pobo onde reside a afectada. Falamos cos servizos sociais, que se portaron fantasticamente, co banco ao que lle esiximos unha solución razonálbe para o seu caso, e co secretario xudicial, que está á espera de recibir un informe da súa situación para paralizar o desafiuzamento. Seguirémosvos mantendo informados da situación".

Posteriormente as Mesas de Converxecia e ... recebiron unha menxase da propia Edurne:

"... oxalá non sexa necesario o do Venres. Mañá teño que levar uns informes de dúas asistentas sociais (Tui e Vigo) ao secretario do xulgado, supoño que como máximo o xoves pola mañá saberei algo. Non vos podedes imaxinar o FORTE (en positivo) que foi o día de onte, para min. NUNCA pensei que ese pensamento sincero lanzado ao vento fóra a obter ningún tipo de reacción. Onte logo de estar tanto tempo na penumbra vin un raio de sol que me fixo sentir viva. Moitísimas grazas!!!!!!!. Un abrazo GRANDE".

Última nota recebida:

"O xulgado aceptou unha moratoria no desafiuzamento de Edurne ata que non se arranxe a súa situación. Manterémosvos informados. ¡¡¡ XUNTOS PODEMOS !!!"


- Como contactar?

En Ferrol:

mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com

Asemblea Local do Movimento 15-M Ferrol

acampadaferrol@gmail.com
-----

Enlaces de interese d'A Coruña:

Rede de Asembleas e Barrios e Vilas d'A Coruña:
-----
En Ferrol:

Mesas de Converxencia e Acció - Rede de Converxencia Social "Praza Pública"

Blogue:
http://rededeconverxenciasocial.blogspot.com/

Correo de Contacto:
mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com

-----

Desafiuzamento Coruña - Grupo creado para evitar desafiuzamentos na Coruña e arredores.

De interese no facebook:
@desahuciocoruna
https://n-1.cc/pg/groups/372403/desahucios-corua/


Foto: da Rede de Converxencia Social "Praza Pública".

Información baseada na enviada por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
2 de novembro de 2011 17:21
_____________

Enlace relacionado:

Tivemos resposta de Edurne, grazas a tod@s - Un novo desafiuzamento que xa está en marcha, en Tui, este Venres 4 de Novembro de 2011, necesita unha Acción - Consellos en caso de anuncio de desafiuzamento - Manifesto de Afectad@s pola Hipóteca - Correos-e - Enlaces
________________________

mércores, novembro 02, 2011

Manifestación Comarcal en Defensa do Emprego e do Sector Naval - Domingo 6 de Novembro


Unha gran manifestación comarcal percorrerá Ferrol o 6 de novembro en defensa do emprego e do naval

A marcha sairá ás 12 do mediodía dende o Inferniño e concluirá na Praza do Concello.

O domingo 6 de novembro a cidadanía de Ferrolterra está chamada a participar nunha gran manifestación comarcal convocada por CIG, CCOO, UGT e USTG en defensa do emprego e do sector naval. A marcha partirá dende o Inferniño baixo o lema “Polo emprego e o futuro da comarca. O naval é fundamental. Carga de traballo xa”.

MANIFESTACIÓN COMARCAL
DOMINGO 6 DE NOVEMBRO ÁS 12 DO MEDIODÍA
DESDE O INFERNIÑO -FERROL

A manifestación comarcal desenvolverase baixo o lema”Na defensa do emprego e do naval” e nela agárdase unha importante participación cidadá. Neste senso, os voceiros da CIG de Ferrol, Manel Grandal e Xesús A. López Pintos, lanzaron unha chamada a toda a cidadanía para que participe na mobilización, xa que o naval é un sector primordial para a comarca.

Sen esquecer a importancia dos restantes sectores produtivos, que tamén terán cabida nesta manifestación, cómpre subliñar que da actividade de Navantia dependen arredor de 17.000 empregos, cifra que acada unha especial relevancia dados os elevados niveis de paro que rexistra a comarca e a ausencia de alternativas económicas. Os voceiros da CIG de Ferrol volveron reiterar que se hai un sector que amortece a caída do emprego este é sen dúbida o naval.

Alén da manifestación convocada polos catro sindicatos, os traballadores e traballadoras de Navantia e da industria auxiliar aprobaron en asemblea un novo calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo para o sector e para esixir a construción do dique flotante. O vindeiro mércores 28 de setembro, o persoal dos dous estaleiros realizará, por volta das 11 da mañá, unha marcha dende Navantia até o Concello de Ferrol, onde os representantes do persoal teñen previsto manter un encontro co alcalde para trasladar as súas reivindicacións.

Deste xeito, os traballadores/as retoman as masivas mobilizacións realizadas nos pasado mes de maio na demanda da consecución de nova carga de traballo que permita o mantemento dos empregos. Nesta ocasión, as reivindicacións estarán moi centradas na petición de construción do dique flotante, unha infraestrutura “vital” que permitiría paliar o problema inmediato da falta de actividade e incrementaría a capacidade das instalacións da ría de Ferrol, permitíndolle facer fronte aos cambios que se están operando no sector de reparacións e carenas.

Neste senso, dende a CIG de Ferrol lembran que esta unha das áreas con maior proxección de Navantia, polo que as súa ampliación resulta imprescindíbel para estar no mercado de reparación de buques ao máximo nivel de competitividade. Sobre esta cuestión, Grandal criticou a falta de actuacións concretas por parte das administracións para pór en marcha esta plataforma, a pesar de que no propio Parlamento galego se aprobou, co apoio de todas as forzas políticas, unha proposta para demandar da Xunta e do Goberno español accións conxuntas de cara a conseguir este obxectivo.

A COMARCA ESTÁ EN XOGO !!!
PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN !!!

CIG-Saúde
Ana Arto 647938026
Sandra Martínez 630594691
Merche Díaz 670264501
Local sindical 981334566

Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
2 de novembro de 2011 17:47
_______________

Pode-se ver, nos seguintes enlaces, o que din as centrais sindicais de clase ao respecto desta manifestación e da convocada en Vigo para o mesmo día 6N. Unhas centrais convocan, outras non convocan e outras foron excluídas da convocatoria.

Centrais Sindicais con presencia na Galiza:
____________________

martes, novembro 01, 2011

O 15-M chama a participar na manifestación Comarcal do vindeiro Domingo 6 de Novembro


A Asemblea Local do Movimento 15M - #AcampadaFerrol, apoia a Manifestación Comarcal polo Emprego que convocan a maioría sindical  e está previsto que saía este Domingo 6 de Novembro, ás 12 do mediodía desde a Estrada de Castela, nas inmediacións da Praza do Inferninho.

Di o 15 M: "berrraremos por un cambio, por un futuro para a nosa comarca, para que os gobernos PP e PSOE se enteren que NON estamos de acordo co seu sistema, que NON estamos de acordo coas suas propostas, que NON estamos de acordo con eles, que NOM nos representan, que NON ... , que NON ... , que NON van ter os nosos votos, e que SI nos van ter na rúa loitando polo que e noso.
ACUDIDE E DIFUNDIDE"

Representantes da CIG, CCOO, UGT e USTG compareceron en rolda de prensa para anunciar a convocatoria da Manifestación Comarcal para o Domingo, 6 de Novembro, "Polo Emprego, en defenda do Sector Naval e da Ría de Ferrol". A marcha que como dicíamos vai saír sobre as 12 do mediodía do Inferniño, rematará na Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "Polo emprego e o futuro da comarca. O naval é fundamental. Carga de traballo xa".
________

A quen lle importa o paro? ... Por Suso Díaz

Por Suso Díaz [*]
01.11.2011

O paro é o principal problema para a cidadanía segundo todas as enquisas. E non é de estrañar dado o alarmante número de persoas que se atopan nesta situación: segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre, 4.978.300 persoas, o que representa unha taxa de paro do 21,5%; é dicir, están paradas 1 de cada 5 persoas activas. No último ano o paro medrou en 403.600 persoas. O emprego caeu en 390.500 persoas: 277.000 asalariadas e 116.000 autónomos. En Galicia os datos son peores: hai 226.500 persoas paradas e, no último ano, o paro medrou en 31.300 persoas, un 16% fronte ao 8,8% do estado; o emprego caeu en 31.800 persoas, un 2,8% fronte ao 2,1% estatal.

Pois ben, malia aos datos de paro, que representan millóns de dramas persoais e familiares, aos gobernos non parece preocuparlles; se lles preocupara como a cidadanía instrumentarían políticas para resolvelo ou cando menos reducilo. Tamén nestes casos se establece unha grave asintonía entre os gobernantes e os gobernados e un desprestixio global da política.

Canto tempo hai que non escoitan a Zapatero falar do paro? Non me lembro: dende Maio de 2010, cando asumiu as teses neoliberais, a única prioridade política que ten é reducir o déficit e a débeda. Ata tal punto o paro non é a súa preocupación que os orzamentos de 2011 prevían rematar o ano cunha taxa do 19,3%. Pero a realidade vai ser peor; consecuencia das políticas aplicadas, o crecemento vai ser moito menor ao previsto e a taxa de paro, sendo realistas, superará o 21,5% actual e, por tanto, os cinco millóns de parados a finais de ano. Hoxe xa máis de 1,4 millóns de familias teñen a todos os seus membros no paro.

E que di Feijóo tendo en conta que, cal Superman, prometía superar a crise en 45 días? Non o sei. Coñecen vostedes algún plan da Xunta ou algo que se lle pareza para abordar o problema principal tamén de Galicia? Eu non. Por certo, a única vez que escoitei a Feijóo falar do paro foi no parlamento para dicir que non tiña competencias para resolvelo. E non é certo; sí ten competencias: o que non sei é si el e o seu goberno teñen competencia para aplicar as competencias. É obvio que o paro tampouco lle preocupa: Feijóo ostenta a triste honra de ser o presidente con máis parados da historia de Galicia, case 250.000 en Marzo de 2011. Claro que como inventor non ten prezo: despois de crear as fracasadas fundacións sanitarias ven de inventar, coa conselleira de Traballo, unha clave S-698, única no estado, para agochar determinados parados e así reducir o paro rexistrado real. Compórtase como un perfecto prestidixitador agochando a realidade para que non a coñeza a cidadanía poñendo en evidencia a transparencia real da “Democracia Feijoniana”.

E a CEOE que opina do paro? En realidade nada porque para a CEOE os parados son o exército de reserva que presionan á baixa os salarios e as condicións de traballo dos que teñen emprego e, para que enganarse, dende a súa óptica insolidaria cantos máis haxa mellor. Cales son as súas propostas para solucionar o paro? Pois as de sempre: precarizar máis o emprego e abaratar máis o despido; seguen co seu raca-raca á espera de que o PP gane as eleccións para ver cumpridos o seus obxectivos que en nada van favorecer a creación de emprego e menos o emprego estable. Así mentres ao principio da crise o axuste de plantillas se fixo sobre os e as temporais, despois da reforma laboral de 2010, que abaratou o despido, o axuste se realiza sobre as e os fixos: segundo a EPA, o emprego indefinido caeu, no último ano, en 277.000 persoas mentres que se mantivo estancado o emprego temporal. Miren: por moito que se abarate o despido os empresarios non van contratar máis traballadores; só os contratarán si son necesarios para a actividade da empresa. Os datos da EPA non fan máis que confirmalo: malia a que a reforma laboral abaratou o despido cae o emprego e aumenta o paro. Niso se quedan as teorías insolidarias e reaccionarias da CEOE.

A quen lle importa o paro? Quen fai propostas racionais e coherentes para solucionalo? En primeiro lugar, os sindicatos de clase –como é a súa obrigación– e, en segundo lugar, determinadas forzas políticas á esquerda do PSOE. Pero diso falamos noutra ocasión.


Publicado no "Diario de Ferrol".

[*] Suso Díaz, foi Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia
[+ Info]
_________

"Hai alternativas" xa en librarias - Escrito por Vicenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón con prólogo de Noam Chomsky

HAI ALTERNATIVAS xa en librarías

Por Juan Torres López
01.11.2011


Ides deixar que o GRUPO PRISA se salga coa súa?

O noso libro HAI ALTERNATIVAS. Propostas para crear emprego e benestar social en España, con prólogo de Noam Chmosky xa está en librarías a 10 euros, tal e como previramos despois da negativa de Aguilar a publicalo. Cómprao e difúndeo e se non queres gastarche ese diñeiro para telo impreso, báixacho gratis en formato pdf.

Podes descargar o libro gratuitamente aquí ou en:

Enviado por:
juantorres@us.es
-juantorres@us.es-
1 de novembro de 2011 13:11
http://www.juantorreslopez.com/
_______________

Enlace relacionado:

Novo libro de Vicenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón con prólogo de Noam Chomsky: "Hai Alternativas" - Enlace para baixar en Formato PDF
__________________________