xoves, xuño 21, 2012

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración ante a entrada dun novo gaseiro cargado na ría [ Venres 22 de xuño ás 19 horas na Praza da Himno Galego - Ferrol ]



Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con gnl, nº 120 “LNG Borno” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:


CONCENTRACIÓN

Venres, 22 de xuño 2012, ás 19 hs,

Praza do Himno Galego

Esteiro - Ferrol


Características do buque:
Nome.- LNG Borno, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 285 m, Manga.- 43.4 m, Calado.- 12 m, Puntal.- 26 m, Capacidade.- 149.600 m³ de GNL

Visita a nosa Web:  www.comitecidadan.org
-- 
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........

Ligazóns relacionadas:

Ártabra 21: O Comité Cidadá fai pública a 3ª Sentenza do TSXG contra REGANOSA e reclama á Xunta de Galicia que retire os recursos ante o Tribunal Supremo

Ártabra 21: O Tribunal Supremo falla: ¡Reganosa ilegal! - O Comité Cidadá de Emerxencia convoca unha Rolda de Prensa
 
Ártabra 21: Rápido, depresa, correndo e prevaricando, a Xunta de Galicia apurou-se a aprobar unha modificación do PXOM mugardés co ánimo de chulear a Sentenza do Tribunal Supremo que declara a Reganosa ilegal  

Ártabra 21: Quen a fai a paga ! - REGANOSA ILEGAL !

Lumeirada d'A Revolta o vindeiro Sábado 23 de Xuño, en Caranza - Con Chouriços, Sardinhas, Vinho, Cerveja


Este Sábado 23 de Junho, desde as 18hs. a disfrutar da LUMEIRADA 2012.
Chouriços, Sardinhas, Vinho, Cerveja ... Música. E MOITA FESTA!!!
Donde sempre, na Rua do Moinho de Cartagena.
No Campo de Terra Batida na Ribeira de Caranza.

Únete ao evento no Facebook





Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos" | Centro Social d'A Revolta | Rua Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2 | Praça do Anfiteatro da Unidade Vizinhal 2 de Caranza | 15406  Ferrol - Galiza | Telefone do Coordenador do Colectivo: 605 455 340 [André]
a.revolta.de.trasancos@gmail.com
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com


Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
21 de junho de 2012 00:34

____________________

O Parto, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
21.06.2012


Estes dias Yolanda Díaz, dirigente de Esquerda Unida, pronunciava umha das frases máis lúcidas que tenho lido nas últimas semanas “Nós sós nom podemos”. Trata-se da frase que ainda parecendo que xurde da impotência ou da frustraçom, é a que tem a clave que nos pode tirar do abismo no que levamos caindo irremediavelmente, sem tam sequer chegar a albiscar o fundo.

A esquerda que aguardamos, a esquerda que poida abrir a porta para sairmo-nos fora deste sistema, a esquerda que precisamos, ainda nom viu a luz, por mais que sintamos já as contraçons do parto. Um caminho que nom vai ser doado, as organizaçons que estam chamadas à sua construçom, estám instaladas no “Nós somos a esquerda”, ou “Nós somos o país”, ou mesmo colhem posiçons porque entendem o accionar político coma umha carreira em competiçom. Ainda fica muito autismo político entre nós.

Ainda assim, começam as ganas de empuxar, polo que cumpre levar a bo termo este parto, sabendo em primeiro lugar se a criatura está bem colocada, e ao pouco que se apalpe vera-se que nom, que polo de agora vem de nádegas.

Estamos olhando para o que deixamos atrás, para a placenta nutricia que nos alimentava até agora, e deixamos de olhar para a canle que temos que atravesar para respirar numha nova vida. Seguimos pensando que é suficiente com enumerar soluçons, alternativas, obxectivos... onde mais ou menos todo o mundo coincidimos, mas esquezendo explicar como é que imos atravesar essa canle para chegarmo-nos a esses obxectivos, a cristalizar essas alternativas, a darmo-nos soluçom aos problemas.

Nom nos decatamos que estamos na canle de parto, e nom hai volta atrás. Nada vai volver a ser igual. Se as organizaçons de esquerdas, as que dim que querem um outro sistema, tivessem a maioria nas instituiçons, que fariam co déficit? e ca débida? com que medios? com que alianzas? Hai muito para reflexionar no acontecido nos últimos días, resignaçom ante a realidade em Andalucia, e fracaso na desuniom em Grécia. Eis o que cumpre decidir, submissom ou insubmissom; confluencia e unidade ante a emergência, ou desuniom e ignoráncia e sálve-se quem poida. O tempo corre contra nós, mas tampouco podemos andamiar em falso. Nom som mais, mas som poderosos, nom tenhem escrúpulos e venhem a por nós.

[*] Por Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
21 de junho de 2012 00:04
_______________

Este 20 de Xuño tivo lugar unha nova manifestación "Na defensa doutra política social e económica, non a reforma laboral" - Fotos


Mobilización en Ferrol, contra a refoma laboral en defensa doutra política social e económica, convocaba CCOO, UGT e USTG, dentyro dun marco mobilizador estatal onde o mesmo día mobilizaban-se no conxunto do Estado.

Este 20 de Xuño, unha manifestación percorreu as rúas de Ferrol para protestar contra os duros recortes sociais e a reforma laboral promovida polo Goberno do PP de Mariano Rajoy. A mobilización, que se desenvolveu baixo o lema “Defende vos teus dereitos. Non cales! Queren acabar con todo”, partiu ás oito da tarde desde a praza do Inferniño e rematou na Praza do Concello de Ferrol, onde se leu un comunicado unitario. _______________

Edificio de Carlos III nº 34 de Esteiro: Ante o silencio e a pasividade da Concellaría de Urbanismo, despois de reiteradas denuncias e solicitudes de reunión, a Asociación Veciñal vai denunciar no Xulgado a situación de abandono e de perigo para as persoas nas que se atopa este edificio



Edificio de Carlos III nº 34

Desde a AV de Esteiro, ademais de todo o que vimos denunciando reiteradamente, a última vez o día 4 de xuño, onte poidemos comprobar como agora xa lle quitaron unha das portas co que, calquera persoa, neno ou adulto, pode acceder ao interior.
Non temos ningunha infomación de que a Inspección Técnica de Urbanismo, fixese un informe, nin teña tomado medida ningunha.

Debido a que desde a Concellería de Urbanismo non se actúa, nin siquera se reúne con nós, a Asociación Veciñal de Esteiro na vindeira semana imos poñer en coñecemento do Xulgado e da Fiscalía a situación de abandono e de perigo para as persoas nas que se atopa este edificio, estamos na fase de elaboración dun informe completo para acompañar a denuncia xudicial.

A Asociación Veciñal de Esteiro queremos denunciar unha vez máis, como levamos cinco anos facendo, o estado do inmoble da rúa Carlos III nº 34, antiga panadería dos Irmáns Bellón, que cada vez está en un estado de conservación máis deplorable ( achegamos fotos) e no que, como tamén temos denunciado repetidas veces, están vivindo varios indixententes o que constitúe un risco gravísismo para a súa seguridade.

Xa denunciaramos no seu día, diante do Fiscal de Urbanismo do TSXG ,D Antonio Roma a situación que non foi estimada en via penal, pero si que foi requirido o Concello de Ferrol para que actuase sobre o estado do Edificio que é propiedade de Abelardo Bellón López.

Na actualidade, o edificio ten as portas e as fiestras abertas e calquera pode entrar nel ,se almacena mobles bellos no seu interior o teito interior xa se veu abaixo e é un niño de ratas, podredume e malos cheiros.

Xa tivo nunha ocasión o Corpo de Bombeiros de Ferrol que intervir para retirar elementos da fachada que costituían grave perigo para os moitos peóns que por alí circulan, moitos deles en dirección o Colexio Isaac Peral e o Instituto Saturnino Montojo.

Nesta Asociación recibimos continuas queixas dos veciños que residen nas vivendas que rodean o citado edificio, nas que nos denuncian os cheiros, de excrementos, que teñen que padecer continuamente e especialmente cando vai calor.

Que ten que pasar para que o Concello, en aplicación da Lei, lle obrigue ao propietario do edificio a consolidar a estructura para evitar que se veña abaixo, que é o que quere o seu propietario?

Haberá que esperar que ocorra unha desgraza aos indixentes que están dentro do Edificio, feito que comunicamos varias veces á Policía Local, para que a Concellería de Urbanismo actúe?

Cantas veces máis teremos que denunciar unha situación que xa foi recollida varias veces nos medios de comunicación e que mesmo a TVG fixo unha reportaxe no programa ViVIR AQUI con Isabel Durán e Farruco?.

Está por encima da Lei o propietario de este edificio que tamén o é de moitos máis, ademais de en Esteiro, na Magdalena e Ferrol Vello?

Xunta directiva da AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
20 de junho de 2012 09:13

_________________

Saneamento da Ría: Solución ou deixación? - O BNG explica o seu voto nos concellos de Narón e Ferrol - O voto do BNG non é un voto en contra do saneamento da Ría, se non que é un voto en contra do convenio proposto polo PP


Ferrol e Narón, 19 de xuño de 2012. Nestes días pasados, os Plenos dos concellos de Ferrol e Narón daban luz verde ao 'Convenio para a construción e explotación da actuación “Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol” e Protocolo de Colaboración para o desenvolvemento da actuación “Interceptor xeral da marxe dereita da ría de Ferrol: Tramo Cadaval-Neda”', cos votos en contra dos representantes do Bloque Nacionalista Galego.

Compre aclarar que:

O VOTO DO BNG NON É UN VOTO EN CONTRA DO SANEAMENTO DA RÍA, SE NON QUE É UN VOTO EN CONTRA DO CONVENIO PROPOSTO POLO PP.

PORQUE…

1. Os veciños e veciñas de Ferrol e Narón van ter que financiar unha obra  que é competencia do Estado, por ser esta declarada de interese xeral por lei, mentres o Estado non pon nin un euro.

O financiamento proposto é o seguinte:  80%: Europa; 10%: Augas de galiza; 10% Concellos de Ferrol e Narón, sendo esta parte a que debería financiar o goberno central.

2. Aceptando o convenio proposto, estariamos a aceptar que o 10% mencionado anteriormente, que son 3,7 millóns de euros,  se convirtan en 15 millóns no ano 2060, o cal para o BNG roza a usura.

3. Non se trata dunha obra nova se non que, en grande parte,  trátase de  rehabilitar ou substituir: o interceptor xeral existente (dende finais dos anos 90), en función do estado de conservación do mesmo e da súa capacidade hidráulica e rehabilitar ou executar os bombeos necesarios ao longo do trazado do interceptor xeral.

A obra indicada xa foi financiada no seu día por Europa e as partes  propoñentes do convenio deixan claro que non asumirán máis custos dos reflectidos no texto do convenio entón…. vai pagar Europa dúas veces a mesma obra? Quen vai ter que asumir a parte que lle correspondería no caso de rexeitar o financiamento?

4. O Concello de Ferrol aprobou un convenio que en Narón estaban a revisar e, finalmente, Narón aprobou un texto distinto ao de Ferrol. Cal é o que vale?

As aportacións feitas ao novo texto aprobado no Concello de Narón, das que participou o BNG activamente o BNG foron:
a.A sinatura dun protocolo de colaboración para o desenvolvemento da actuación “Interceptores Xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol: tramo Cadaval-Neda”, o que demostra que o Saneamento da Ría non era o principal obxectivo do PP.

b.A inclusión da posibilidade de realización de pagamentos por parte dos Concellos que terían a consideración de tarifas anticipadas, coas que se iría amortizando a débeda anticipadamente, co conseguinte aforro económico para a veciñanza.

c.Que a xestión corra a cargo dos Concellos, o que suporía tamén un importante aforro para Ferrol e Narón.

Non obstante, e alén das introducións sinaladas, que poderíamos cualificar como melloras substanciais:

1. O Estado segue sen poñer un euro.

2. O protocolo asinado é simplemente unha declaración de intencións, sen investimentos nin prazos de execución.


Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada


Enviado por:

Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
20 de junho de 2012 03:04
_________________

mércores, xuño 20, 2012

ATTAC protesta no Parlamento Europeu: contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias que condena á fame a millóns de persoas no mundo


Protest at ECON Committee, European Parliament

ATTAC protestou no Parlamento Europeo, este Martes 19 Xuño de 2012. Asesión da Comisión de Asuntos de Assuntos Económicos e Financeiros foi interrompida por unha protesta deasociacións alenaas de ATTAC e Campact, integrado na campaña contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias, que nos últimos anos condenou á fome varias rexións do planeta.


http://youtu.be/zzWuBno_PyM

Publicado en 19.06.2012 por beinternacionaleu Campact

Attac.de Protest Brussels |19.06.2012
http://beinternacional.eu

Situación alimentaria mundial segundo a FAO:

http://www.fao.org/worldfoodsituation/wfs-home/es/
________________________

Presentación dunha Moción contra o 'Malgasto do Goberno Municipal' - Reunión coas asociacións de comerciantes - Hai outras necesidades, xa basta de malgastar máis diñeiro público na Praza de España - Recollida de sinaturas, este Martes 20 de Xuño, para solicitar unha 'Consulta Popular'

A Plataforma en contra do malgasto de diñeiro público, informamos que presentaremos esta mañá no Rexistro Municipal unha MOCIÓN para o seu debate e aprobación no Pleno Municipal a través dos grupos municipais da oposición.

Informamos que onte, luns a tarde, mantivemos un encontro cos responsables de Comerciantes de Novo Ferrol e representante do Centro Comercial Aberto A Magdalena para trasladarlles a nosa oposición a estas obras. Intercambiamos diversas informacións e opinións sobre a inconveniencia desta innecesaria actuación habendo puntos de coincidencia no que se refire  as prioridades nos diferentes barrios da cidade, programas sociais e outras actuacións de infraestruturas.

Continuaremos coas actuacións anunciadas co fin de evitar unhas novas obras innecesarias na superficie da Praza de España, entre as que anunciamos a RECOLLIDA DE SINATURAS este vindeiro Mércores, 20 de Xño a partir das 10,30 h da mañá na mesma Praza de España.

O goberno segue adiante coa súa decisión sen escoitar á cidadanía, a pesar de que o Alcalde presume ante todos e ante todo de ser o artífice da participación cidadá no noso Concello.

Ante esta situación, os cidadáns non estamos dispostos a que se despilfarre o diñeiro público e consideramos unha irresponsabilidade por parte deste goberno seguir adiante co seu proxecto.

Continuaremos informando das accións a tomar por esta plataforma de oposición a esta proxecto concreto  na Praza de España.

Saúdos

A Plataforma.-
espazosferrol@gmail.com

Enviado por:
Espazos Públicos Ferrol
-espazosferrol@gmail.com-
19 de junho de 2012 13:06
_______________

MOCIÓN PRESENTADA NO REXISTRO DO CONCELLO DE FERROL
19 DE XUÑO DE 2012


A Plataforma en contra do despilafarro de diñeiro público presenta a seguinte  proposta para o seu debate e aprobación no Pleno Municipal.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Ante a decisión do goberno municipal de levar acabo un proxecto e unhas obras na Praza de España, valorado en máis de 700.000 € nun momento no que os cidadáns, por fin, podíamos dar por rematada esa praza despois de máis dunha década e de máis de 17 millóns de euros de investimento.

Despois dun ano de goberno no que se alardea de políticas de austeridade, no que se consideran gastos superfluos e non prioritarios a posta en marcha de comedores sociais, como os de Esteiro e o de San Pablo, así como o resto das partidas económicas recollidas dos orzamentos participativos, como son a mellora das novas tecnoloxías nas zonas de sombra do rural, o plan de ordenación forestal, parques urbanos, etc.

Un ano no que se recortaron axudas a entidades socio -sanitarias que prestan servizos ós colectivos máis desfavorecidos do noso Concello, colectivos en aumento dada a situación económica que estamos atravesando.

Un ano no que estamos sufrindo a degradación das rúas e camiños en todos os barrios e parroquias por mor das políticas de austeridade.

Un ano no que os asuntos cotiáns, os servizos municipais, sofren unha parálise total na súa actividade.

 O goberno segue adiante coa súa decisión sen escoitar á cidadanía, a pesar de que o Alcalde presume ante todos e ante todo de ser o artífice da participación cidadá no noso Concello.

Ante esta situación, os cidadáns non estamos dispostos a que se despilfarre o diñeiro público e consideramos unha irresponsabilidade por parte deste goberno seguir adiante co seu proxecto.

Por todo isto

SOLICITAMOS:

A retirada do proxecto da Praza de España xa que consideramos este espazo rematado, agás certas actuacións de arranxo na confluencia coas rúas Real e Rochel, a zona onde estaba previsto a colocación da fonte e a posta en marcha dos locais situados na Praza .

SR. ALCALDE –PRESIDENTE CONCELLO DE FERROL.-
_________________________________

Lazos Anti-Sida sae á rúa afogada polas administracións gobernadas polos dereitistas do PP, cun acto de Denuncia: na Praza do Concello de Ferrol, este Mércores 20 de Xuño, trasladará o servizos de almorzos á rúa - Posteriormente fará unha Rolda de Prensa



A asociación Lazos sae á rúa pois está afogada economicamente polas institucións públicas. Lazos é unha asociación sociosanitaria que está cumprindo un papel fundamental que debería estar cuberto polas institucións, as mesmas que agora non mostran ningunha preocupación porque esta asociación non poda seguir realizando o seu traballo. O importante é rescatar aos millonarios. É urxente, a asociación Lazos prol Solidariedade - Comité AntiSida de Ferrol Terra, necesita do apoio de todas e todos, non podemos permitir que pechen as súas portas. As institucións que son quen deberían facer esta función, non o fan, pero recortan as axudas a quen de xeito tan responsábel levan adiante os diferentes programas.

Entre as 10 e as 11 da mañá na Praza do concello de Ferrol diante do Pazo Municipal, este Mércores 20 de Xuño.

http://comitelazos.blogspot.com.es/




Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
19 de junho de 2012 23:14

a-revolta-de-trasancos.blogspot.com

_____________

martes, xuño 19, 2012

Os mitos do Sistema Agroalimentario - Esther Vivas - Vídeo


Esther Vivas desmonta un a un os mitos sobre os cales está construído o actual sistema agroalimentario.


http://youtu.be/9tmLmVB4olg


Visita http://esthervivas.com/

Colabora con AttacTV para que podan seguir producindo contidos.

ATTAC.TV

__________

Economía verde, negocio verde? - Primeiro reporte de AttacTV sobre o que sucede en Río de janeiro



Primeiro informe sobre Rio+20 e as Persoas no de Cume en Río de Janeiro.
Economía verde, negocio verde?.




Clic encima CC para activar subtitulos http://youtu.be/8t34i3n8x3c?hd=1



Colabora con AttacTV para que podamos seguir producindo contidos.
ATTAC.TV

Enviado por:
ATTAC.TV
-attactv@gmail.com-
19 de junho de 2012 20:09

______________

SOS contra o veto do PP a Inicitiva Lexislativa Popular - O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra a privatizacion saúde



SOS contra o veto do PP a Inicitiva Lexislativa Popular

Ante o veto do Grupo do Partido Popular a que o Parlamento de Galicia debata a Iniciativa Lexislativo Popular e defensa do sistema sanitario público e da potenciación da Atención Primaria e en contra da súa deterioración e privatización a pesar de cumprir con todos os requisitos esixidos pola lexislación electoral e do propio Parlamento, a Plataforma SOS Sanidade Pública quere:
  • 1.- Denunciar este comportamento antidemocrático que menospreza a vontade cidadá e vulnera a Constitución e as leis electorais que dan aos cidadáns a posibilidade de elevar ao Parlamento proposicións de lei para o seu debate e aprobación (sempre que teñan respaldo suficiente debidamente controlado pola Comisión Electoral como é o caso).
  • 2.- Expor que a Iniciativa tivo un enorme respaldo, habendo recolleu máis de 45.000 o que supón superan con fartura as 15.000 esixidas para a súa toma en consideración polo Parlamento.
Consideramos que esta negativa pretende acalar a vontade líberamente expresada por miles de galegos que de manase voluntario mostraron o seu rexeitamento á privatización e apoian os seus sistema sanitario público. O PP non acepta manter un debate que deixaría novamente en evidencia a súa intención de desmantelar e privatizar a sanidade pública galega para entregala a grupos empresariais, bancos e aseguradoras privadas afíns aos seus intereses.

A Plataforma SOS fai un chamamento á cidadá para que esixa a este partido que acepte as regras da democracia e anuncia que convocara no seu momento as mobilizacións oportunas para conseguilo.

Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública

www.sos-sanidadepublica.org


O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra privatizacion saúde

O Grupo Popular do Parlamento de Galicia utilizou a súa maioría absoluta para vetar o debate no Parlamento de Galicia da Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública contra a privatización dos centros sanitarios e a favor da xestión pública dos mesmos e da potenciación da Atención Primaria (en situación de precariedade incompatible co funcionamento racional e eficiente do sistema sanitario).

A Iniciativa Lexislativa Popular reuniu todos os requisitos legais esixidos polo Parlamento e a Comisión Electoral para a súa presentación e trámite e reuniu máis de 45 firmas perfectamente acreditadas en apoio da mesma.

Esta decisión mostra
  • O talante antidemocrático e autoritario do Partido que se atreve a bloquear un mecanismo de participación social recoñecido e regulado pola Constitución Española e polo ordenamento xurídico galego.
  • O temor a que a cidadanía coñeza o proceso de privatización e deterioro da sanidade pública galega perpetrado polo Goberno da Xunta de Galicia polas serias consecuencias electorais que pode ter para o PP.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esixe ao Grupo Popular que acepte o debate democrático da Iniciativa no Parlamento e retire o veto á tramitación da mesma, en caso a Plataforma contrario convocará á cidadanía galega a mostrar a súa repulsa a un comportamento tan prepotente e antidemocrático.

É perigoso para a convivencia desprezar a vontade e o esforzo de miles de galegos que exerceron o seu dereito democrático a expresarse e a presentar as súas propostas ao Parlamento da súa Comunidade Autónoma para o seu debate e posible aprobación.


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
______________________

Concentración na Coruña contra o asasinato en Guatemala dun Líder Comunitario por dous empregados da empresa con sede na Coruña Hidralia Energía - Deteñen a dous pistoleros españois polo asasinato de líder comunal - Os sicarios da empresa Hidro-Santa Cruz recoñecen súa relación coa empresa española - Os escuros negocios de Hidralia Energía en Guatemala


Hoxe ás 20 horas na Avenida do Exército da cidade da Coruña decorrerá unha concentración contra o asasinato en Guatemala a mans de dous traballadores da empresa con sede na Coruña Hidralia Energía do campesiño e Líder Comunitario Andrés Francisco Miguel.

GUATEMALA: Deteñen a dous pistoleros españois polo asasinato de lider comunal.  
correovermello-noticias
Cidade de Guatemala, 01.06.12

Segundo informan axencias de noticias e xornais da capital, a policía detivo a dous cidadáns españois, gardas de seguridade da empresa Hidro Santa Cruz. S.A. subsidiaria da empresa galega Hidralia Energia, como presuntos responsables do asasinato do dirixente comunal Andrés Francisco Miguel, o pasado 1 de maio.

O Grupo Hidralia Enerxía con sede central na Coruña (España) e desde a súa Delegación en Cidade de Guatemala, acomete traballos en diversos países: España, Guatemala, Nicaragua, Panamá, Fonduras, Ecuador ou Venezuela.

Este crime foi o detonante das mobilizacións de protesta, que serviron como escusa, ao goberno da burguesía burocrática que preside Otto Perez, para decretar o Estado de Sitio no municipio de Barillas (departamento de Huehuetenango ), onde a transnacional pretende construír unha represa hidroeléctrica sen o consentimento das comunidades, baixo o argumento de loita contra o narcotráfico e o crime organizado, nunha zona ecolóxica na que a poboación oponse taxantemente, desde o 2009, á construción dunha hidroeléctrica, no río Cambalá, unidades militares estan hostigando aos pobladores que rexeitan o proxecto feitos denunciados ao Alto Comisionado para Dereitos Humanos da ONU.

A sede central da Empresa Hidralia Enerxía,que dirixe Luís Castro Valdivia* foi recentemente trasladada a unhas novas oficinas en A Coruña (Galicia), situadas na Avenida do Exército nº 10. E segundo o seu páxina web: "Conta con amplos espazos de traballo e office, así como unha equipada sala de xuntas con equipos para videoconferencias e chamadas internacionais. dirixíndose a área de Ingeniería así como os labores de Administración e Dirección da empresa".

*Imputado xunto ao dirixente da patronal CEG Antonio Fontenla e Francisco Vazquez nun delito de trafico de influencias por a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no caso das centrais éolicas.


Máis noticias da captura:
PL / Capturan a dous homes pola morte dun campesiño en Barillas: A Policía Nacional Civil (PNC) e o Ministerio Público (MP) capturaron hoxe a dous homes, traballadores da hidroeléctrica Hidro Santa Cruz, a quen sindican da morte do campesiño Andrés Miguel, en Barillas, Huehuetenango, que orixinou os disturbios que ameritaron o estado de Sitio.
http://www.prensalibre.com/noticias/xustiza/Estado_de_sitio-costo-seguridade-MP-Otto_Perez_Molina-Santa_Cruz_Barillas_0_707329359.html

S21 / Dous capturados por morte de campesiño en Barillas: En conferencia de prensa, o Ministerio Público e o ministro de Gobernación, Mauricio López Bonilla, informan de dous capturas pola morte dun campesiño perpetrada en Santa Cruz Barillas, Huehuetenango.
http://www.s21.com.gt/capturas/2012/05/26/dúas-capturados-morte-campesiño-barillas 

EP / Capturan a presuntos asasinos de campesiño en Santa Cruz Barrillas: A Fiscalía reportou este sábado captúraa de dous sospeitosos do asasinato fai un mes dun campesiño en Barillas, Huehuetenango, que xerou disturbios por parte dos pobladores e obrigou ao Executivo a decretar un estado de sitio que xa derrogou.
http://www.elperiodico.com.gt/é/20120526/pais/212755/ 

EU / Capturan a dous homes polo asasinato de campesiño en Santa Cruz Barillas: Dous homes foron detidos como supostos responsables do asasinato dun campesiño en Santa Cruz Barillas, Huehuetenango, segundo informou o ministro de Gobernación, Mauricio López Bonilla.
http://noticias.emisorasunidas.com/noticias/nacionais/capturan-dous-homes-sindicados-asasinato-campesiño-santa-cruz-barillas 


Os sicarios da empresa Hidro-Santa Cruz recoñecen sua relación coa empresa española

Os sicarios Ricardo Antonio Lopez e Óscar Ortiz Solares autores dos disparos que custaron a vida ao dirixente comunal Andres Pedro Miguel e feridas de gravedade a outro campesiño.

O xuíz ligaos ao proceso. 
Ricardo Antonio García López e Óscar Armando Ortiz Solares quedaron ligados ao proceso por asasinato e homicidio en grao de tentativa, según resolvió Óscar Sagastume, xuíz terceiro da instancia Penal.

Ambos-los dous foron acusados polo Ministerio Público de matar ao campesiño Andrés Pedro Miguel, o 1º de maio pasado, en Santa Cruz Barrillas, Huehuetenango, o cal xenerou disturbios que motivaron que o Goberno decretara o estado de Sitio nesa localidade.

Os acusados fixeron a sua primeira declaración e coincidieron en que foron provocados polos poboadores. García López afirmou que un dos campesiños disparoulle e que él respostou coa sua arma*, o que terminou coa vida de Pedro Miguel e deixou ferido a outra persoa. Relatou que foi contratado por un executivo da hidroeléctrica** , proxectada no río Cambalá naquel municipio, para capacitar a empregados que serían os encargados da construcción.

*Arma incautada ao detido que coincide coa utilizada nos disparos contra os campesiños, non sendo atopada ninguna outra arma na escena do crime.
**Hidro Santa Cruz SL, empresa filial da empresa Grupo Hidralia Energia con sede na Coruña e dirixida polos hirmans Castro Valdivia empresarios galegos relacionados co Presidente da Patronal CEG Antonio Fontenla Ramil.

Artigo extraído de Prensa Libre Prensa Libre



Persoas das comunidades indíxenas despois do ataque do exército © Plaza Pública


Santa Cruz Barillas


Os escuros negocios de Hidralia Energía en Guatemala

O pasado 1 de maio foi asasinado en Santa Cruz Barillas, unha pequena e illada vila de Guatemala, Andrés Francisco Miguel. Era un líder da comunidade, un líder indíxena oposto ao proxecto de construción dunha central hidroeléctica na zona por parte de Hidralia Energía, unha empresa coruñesa propiedade de Luis e David Castro Valdivia, cun conflitivo pasado cheo de denuncias e condenas en Galicia pola actividade das súas minicentrais e centrais eólicas, a chamada trama enerxética na que tamén estiveron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia.

Non se puido probar este vencello directo entre a súa morte e a súa oposición ao proxecto, aínda que as autoridades se apresuraron a desementir toda relación e culparon a un enfrontamento entre veciños e mesmo a un asunto relacionado con drogas (Santa Cruz Barillas sitúase preto da fronteira con México e os cárteles mexicanos estenden a súa actividade a estas zonas). Sexa como for, nos días seguintes o autoritario goberno de Guatemala presidido por Otto Pérez, decretou o estado de sitio na rexión e 600 soldados tomaron a vila, botando abaixo as portas das casas, destrozando as colleitas, detendo 21 persoas e traendo á memoria os tempos do xenocidio indíxena no país. Hai uns días foron detidos como sospeitosos do asasinato dous españois, gardas de seguridade das obras da central eléctrica.

A historia comeza antes. Hidralia Energía instálase en Guatemala en 2008 e comeza a traballar nunha serie de proxectos de produción de enerxía hidroeléctrica en centroamérica coa conivencia dalgúns gobernos da rexión, comezando polo guatemalteco. Entre eles está o de Santa Cruz Barillas, unha pequena central de apenas 5.000 kW, xestionado pola empresa Hidro Santa Cruz e que dende o inicio contou coa oposición das comunidades indíxenas da zona. Non tanto porque se trate dun macroproxecto que podería borrar do mapa literalmente as súas comunidades, senón porque estas persoas se opoñen ao modelo enerxético proposto: explotación para a exportación e porque din que a empresa se negou a negociar con eles en todo momento. Ademais, argumentan quen en 2007 os habitantes da rexión votaron masivamente en referendo contra a instalación na zona de explotacións mineiras, petrolíferas ou eléctricas.

O proxecto de Hidralia conta coa aprobación dun informe da Corporación Interamericana para el Financiamiento de Infraestructuras (CIFI), unha entidade participada por Bankia e polo Banco Mundial e que non só garatiu que a hidroeléctrica tería un efecto lesivo limitado, senón que lle concedeu á empresa un empréstito de 11 millóns de dólares para a súa construción. Toda unha mostra dos intereses cruzados entre entidades financeiras, empresas, organismos internacionais e gobernos.

Son moitas as denuncias que nos últimos anos se dirixen contra a actividade de empresas eléctricas europeas (moitas delas españolas e algunhas galegas) en América Latina. Por exemplo, en 2011 Emgesa (filial de ENDESA) iniciou a construción da central hidroelétrica do Quimbo, no departamento de Huila, Colombia e toda a rexión se está a ver afectada xa na súa actividade produtiva, baseada na pesca e no agro, polo asulagamento de 2.000 hectáreas de cultivos. Ou podemos falar igualmente da falida aventura hidroeléctrica de Nova Caixagalicia en Perú, que rematou coa súa reventa ao seu primeiro dono.

No caso de Hidralia, ademais, cómpre poñer sobre a mesa, como xa o fixeron algúns medios latinoamericanos, coma a Agencia Latinoamericana de Información, o seu documentado pasado de conflitos e ilegalidades. Foi fundada en 2006 polo empresario Luis Castro Valdivia, agora tamén representante legal de Hidro Santa Cruz; o seu irmán David é CEO de Hidralia e propietario e accionista maioritario de Hidro Santa Cruz.Porén, xa dende os anos oitenta Luis Castro Valdivia creou unha multitude de sociedades interpostas que foron recibindo distintas concesións para a construción de minicentrais e centrais eólicas.

Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas.

Nesta trama enerxética, revelada polos medios de comunicación e denunciada polo TSXG, tamén foron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia. As acusacións por tráfico de influencias, prevaricación e fraude foron desestimadas polo Xulgado de Instrución número 1 da Coruña en 2010, pero unha sentenza do TSXG de 23 de xuño de 2011 confirma as malas prácticas do proxectos. Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia por parte de medios de comunicación coma La Opinión, organizacións ecoloxistas coma ADEGA ou partidos coma o BNG, que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas.

Artigo extraído de Praza Pública
________________

luns, xuño 18, 2012

Mareando as Nosas Letras 2012, unha travesía pola Ría de Ferrol: fraternidade, paisaxe, palabras, música e poesía.


Un ano máis a Asociación Cultural 'Lefre de Caldereta' organizou o 'Mareando as Nosas Letras' (omareonosopatrimonio). Pasadas as doce e media da mañá, do Domingo 17 de Xuño, desatracaba a lancha mariñeira rumo a unha travesía pola nosa fermosa, mais depauperada Ría de Ferrol. As marabillas paisaxísticas e patrimoniais, converxeron coas cancións e poesías da xornada. O tempo non acompañou de todo, mais non podemos dicir que se portara mal. Deixou que as persoas, crianzas, mozas e maiores gozaran da travesía das nosas letras.

Agardemos tamén que o goce da travesía, faga pensar na necesidade que temos de salvar a Nosa Ría, das gadoupas do Capitalismo depredador e cobizoso que non respecta o medio ambiente nin a saúde das persoas. A Ría require xa un plano integral de recuperación: saneamento, limpeza e rexeneración. E Reganosa fora xa!

Agora podemos tamén gozar da galería fotográfica que tivo a ben publicar o noso compañeiro Suso.

Fotos: Susete'70.

Pode-se acceder ou baixar o Folleto coas Letras de Cancións Mariñeiras


Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com





Enlace relacionado:

Ártabra 21: Poesía e Música do Mar, este Domingo 17 de Xuño en Ferrol: "Mareando as Nosas Letras 2012"
______________

domingo, xuño 17, 2012

Dous filmes imprescindíbeis para entender o que está pasando en Grecia e no resto do mundo occidental, 'Debtocracy' e 'Catastroika' - Vídeos moi interesantes


Publicamos dous filmes imprescindíbeis para entender o que está pasando en Grecia e no resto do mundo occidental, 'Debtocracy' e 'Catastroika'. Desde Ártabra 21, pensamos que paga a pena buscar un tempo e atender no que nestes filmes intentan contar, paga a pena o esforzo que supón unhas horas de atención e de lectura dos subtítulos en portugués ou español, ... até seis idiomas. Aseguramos que non che vai deixar indiferente.

Por primeira vez en Grecia, un documentario producido pola xente do común. 'Debtocracy' busca as causas da crise da débeda e propón solucións que o goberno e os medios de comunicación dominantes ocultan. O documentario distribúe-se en liña baixo licenza Creative Commons desde o 6 de Abril de 2011, con subtítulos en varios idiomas.

Aris Chatzistefanou e Kateřina Kitidi preguntan e escoitan a economistas, xornalistas e intelectuais de todo o mundo, que describen os pasos que levaron a Grecia a débeda trampa actual para 'Debtocracy'. O documentario segue o curso de países como Ecuador, que creou as comisións de auditoría, e acompaña o proceso semellante na Grecia.

'Debtocracy' presenta aos académicos David Harvey, Samir Amin, Costas Lapavitsas e Gerard Dumenil, o filósofo Alain Badiou, o xefe da Auditoría do Ecuador Comisión Hugo Arias, presidente do CADTM Eric Toussaint; xornalistas como Avi Lewis (co-creador do documental "O Take ") e Jean Quatremer, así como figuras públicas como Manolis Glezos e Wagenknecht Sahra (do partido Die Linke alemán).

A banda sonora foi escrita por Yiannis Aggelakas, Georgiadis Ermis e RSN Aris, mentres que o xornalista e economista Leonidas Vatikiotis editan todo o proxecto. BitsnBytes comezou a produción de 'Debtocracy', que foi seguida por Aris Triantafyllou.

Os creadores de 'Debtocracy' traballaba con financiamento popular. Co fin de evitar calquera tipo de dependencias, volveron-se para os sindicatos e os sindicatos dos traballadores para o financiamento. Sobre todo, porén, volveron-se para as cidadás e cidadáns, que axudaron a co-producir a película. A resposta do público foi impresionante o que lles levou a emprender un novo proxecto: o 'Catastroika' documentario, que presentamos neste mesmo post como segundo filme.

Neste segundo documentario analizan a privatización dos activos do estado. Viaxan polo mundo recollendo información sobre a privatización en países desenvolvidos e buscando as chaves ao día seguinte despois do programa de privatización masiva en Grecia. O documentario segue o tema das privatizacións das empresas públicas con mais detalle, empresas en sectores chave de economías: comunicacións, enerxía, transportes e auga, fundamentalmente. Importantes infraestruturas pagadas con diñeiro público, van caer de saldo en mans das oligarquías financeiras.

Contemplamos baixo os efectos dun relaxante e tranquilizante social, medio-conformados coa situación, "maloserá", un dos maiores saqueos da historia da humanidade. O mellor e ver os documentarios online ou descarga-los ao computador.

Saúde e Liberdade !


'Debtocracy' (subtitulado)

Excelente documentario realizado polos xornalistas gregos Katerina Kitidi e Ari Hatzistefanou, e distribuído na Rede libremente polos seus autores, que busca as causas da crise e da débeda en Grecia e a"Eurozona", e que propón solucións que o Goberno e os medios de comunicación dominantes ocultan.

Ano: 2011 | Duración: 74 Minutos | Audio: Inglés | Subtitulado: Si (Aquí púxemo-los en portugués mais poden-se elexir 6 idiomas)

Páxina oficial do filme:

http://www.debtocracy.gr/indexen.html


Debtocracy International Version por ThePressProject


'Catastroika' (subtitulado)

O documentario descobre os resultados da actual venda dos recursos públicos de Grecia, esixidos a fin de afrontar a inmensa débeda soberana do país. Slavoj Zizek, Naomi Klein, Luís Sepulveda, Ken Loach e Greg Palast falan sobre as medidas de austeridade, o goberno grego así como do ataque contra a Democracia en Europa, trala propagación xeral da crise financeira. Académicos e especialistas como Dani Rodrik, Alex Callinicos, Ben Fine, Costas Douzinas, Dean Baker e Aditya Chakrabortty presentan aspectos descoñecidos dos programas de privatización en Grecia e no estranxeiro. Os creadores de 'Debtocracy', os xornalistas Aris Chatzistefanou e Katerina Kitidi, utilizan este término para dar nome a este novo documentario, lóxica secuela e continuación do anterior, no que se examinaron as causas da crise de endebedamento en Grecia e na periferia de Europa. Ademais tamén está coproducida polo público, que contribuíu financeira e ideoloxicamente na súa creación e está dispoñíbel de forma gratuita baixo licenza Creative Commons.

Ano: 2011 | Duración: 80:00 | Idioma: Inglés | Subtitulado: Si (Aquí púxemo-los en portugués mais poden-se elexir 6 idiomas)

Páxina oficial do filme:
http://www.catastroika.com/indexes.php


CATASTROIKA - Multilingual por infowar


Moitas grazas polo apoio. No caso de querer doar, para o proxecto, entra na páxina oficial de calquera dos filmes

'Catastroika' e 'Debtocracy' son dous un documentarios de financiamento colectivo con Licenzas Creative Commons.

Fontes: http://www.dailymotion.com/infowar#video=xqdvex | http://www.dailymotion.com/ThePressProject#video=xik4kh | http://docsprimus.blogspot.com.es/
__________________

Traballadores e traballadoras de SEAGA mobilizan-se contra o desmantelamento do servizo público de prevención e extinción contraincendios - Por un rural vivo, non á Lei de Montes dos dereitistas do PP - Vídeo


MANIFESTACIÓN DE TRABALLADOR@S DE SEAGA
SANTIAGO DE COMPOSTELA,
DESDE A ESTACIÓN DE TRENS
20 DE XUÑO, ÁS11 DA MAÑÁ

Se queres ir no Autobus desde Ferrol chama
aos telefonos: 981358750 ou 663075082

COMUNICADO D@S TRABALLADOR@S DE SEAGA PARA A MANIFESTACIÓN DO 20 DE XUÑO

Neste tempo de incertidume, inseguranza e dúbidas temos ante nós unha nova campaña de verán. Vimos de experiencias traumáticas para o noso monte. Desde o inverno houbo 16.000 Ha. queimadas en menos de 6 meses e espazos protexidos destruidos (Xurés, Invernadoiro, Fragas do Eume), sen que a Xunta contratase persoal, nin de prevención, nin de extinción, nin de rexeneración. Produciuse a morte do compañeiro Hixiño cando traballaba na extinción dun lume, e lembrámonos tamén de Xulio e Rodrigo, compañeiros nosos de SEAGA. Como sabedes o camiño andado até aquí foi longo e cheo de atrancos. Se recapitulamos, som moitos anos de loita contra o lume e contra as condicións laborais que vimos sufrindo os traballadores e as traballadoras de SEAGA. Queimados, vimos dicer abonda!

Denunciamos a irracionalidade do actual modelo forestal que esquece os servizos ambientais e sociais do monte e da biodiversidade, que fomenta os monocultivos e que permite a proliferación de especies pirófitas, como consecuencia da miopía dun sistema de loita contra o lume que segue primando a extinción e o desbaldimento de recursos en lugar de investir en prevención.

Tememos porque se perda unha xeración de persoal do servizo de prevención e extinción contraincendios con experiencia e coñecementos. Tememos porque este servizo non sexa estábel. Tememos porque este servizo sexa privatizado. Ano após ano, somos unha poeira que a leva o vento do goberno que xestiona o servizo.

Após 228 denuncias de traballadores e traballadoras de SEAGA contra a fraude do sistema de contratación, fundamentadas por sentenzas do Tribunal Supremo, a empresa segue a ofrecer mais precariedade, inseguranza e disminución do servizo, reducindo irresponsabelmente os meios na loita contra os incendios.

Reclamamos uns servizos unificados e públicos polas listas da Xunta de Galiza, cunha valoración obxectiva da experiencia, recoñecéndose aos traballadores e traballadoras de SEAGA o tempo traballado. Reclamamos un convenio que regule o sector recollendo as necesidades específicas dos e das traballadoras. No caso de continuarmos en SEAGA, reclamamos un convenio própio que regule o persoal, tempo de traballo, funcións dos postos,... así como un número de postos de traballo que se corresponda coas necesidades reais do servizo, e non eses ridículos 500 postos estimados pola Xunta. E reclamamos tamén a retirada da Unidad Militar de Emergencias e das patrullas do Ejercito de Tierra das labouras contraincendios forestais.

Queremos un rural vivo, que fixe poboación  que se asente no rural para aproveitaren os  recursos que ofrece o monte, respectando os seus ritmos biolóxicos, promovendo a prantación de árbores autóctonas e unha xestión forestal que integre as tres funcións básicas do monte (ambiental, productiva e de uso social) e procure o aproveitamento múltiple do monte (madeira, gando, froitos e cogomelos, etc.)

Pedimos a derogación da nova Lei de Montes porque achegará o lume ás casas reducindo as faixas de protección de 100 metros a 50; limitando a capacidade de xestión e decisión das comunidades de montes; e que ten unha visión productivista do monte galego primando o uso exclusivamente madeireiro; e que permitirá grandes extensións de monocultivo de especies, o que supón unha clara regresion na xestión forestal.

Apelamos á unidade dos traballadores e das traballadoras de SEAGA, á participación nas asembleas e a loitar polos seus dereitos e por un monte sostíbel.
  • O MONTE QUEIMADO E NÓS NO PARO.
  • O MONTE A MONTE E NÓS NA CASA.
  • SEAGA SOLUCIÓN.
ANÓTATE NOS AUTOBUSES QUE SAIRÁN DESDE A TÚA COMARCA:
Ferrol: 981358750 / 663075082
A Coruña: 981169293 / 981169894 / 646597051
Verín: 988412345
Ourense: 988233134 / 607936734
Vigo: 986827945 / 986827900 / 630893184
Pontevedra: 986852950 / 672295227
Lugo: 982225812 / 676249840


Enlaces de interese
:

Enlace ao blogue coas novas que recollen a información sobre a situación a en SEAGA.

http://bombeirosforestais.blogspot.com.es/

SEAGA - CAMPAÑA CONTRAINCENDIOS FORESTAIS DE GALIZA 2012from Mourelo on Vimeo.

Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
17 de junho de 2012 17:14
____________________________

CCOO e UGT convocan manifestacións en máis dun cento de cidades do Estado, para o mércores 20 de Xuño, contra a reforma laboral e en defensa doutra política social e económica - Á manifestación de Ferrol soma-se á convocatoria a USTG



CCOO, UGT e USTG convocan unha manifestación para o día 20 de xuño contra a reforma laboral

No marco dunha convocatoria a nivel estatal promovida polos sindicatos CCOO e UGT, as unións comarcais destas dúas centrais, xunto á USTG, organizaron para o próximo día 20 unha manifestación na cidade naval para protestar contra os duros recortes sociais e a reforma laboral promovida polo Goberno do PP de Mariano Rajoy. A mobilización, que se desenvolverá baixo o lema “Defende vos teus dereitos. Non cales! Queren acabar con todo”, partirá ás oito da tarde desde a praza do Inferniño.

Os responsables dos tres sindicatos, Xulio Abelleira, Cesáreo Fraga e Gregorio Freire, respectivamente, compareceron en roda de prensa para explicar o obxectivo da convocatoria e ao mesmo tempo facer un chamamento á participación da cidadanía para protestar polas actuais políticas do goberno estatal.

Tamén para “rexeitar a agresiva reforma laboral”, que, segundo recordou Abelleira, reduce o salario dos traballadores, afecta gravemente á negociación colectiva ou reforza o poder dos empresarios, entre outras cuestións, supoñendo, dixo, “ou recorte do Estado de Benestar”. Ademais, esixiu ao Goberno liderado por Rajoy, en relación ao rescate de 100.000 millóns de euros para recapitalizar a banca española, que “explique ou alcance deste acordo, xa que ou único que está a facer é crear confusión”. O responsable da Unión Comarcal de CCOO asegurou que coa manifestación do próximo día 20 preténdese dar continuidade á estratexia “de manter este nivel de participación para forzar ao Goberno a acadar un gran pacto para saír desta situación e que se conte cos cidadáns e vos traballadores”.

Abelleira afirmou que malia os esforzos para buscar posturas conxuntas coa CIG de face ás mobilizacións, “non nos parece o máis adecuado facer unha folga” –en relación á xornada de loita que a central nacionalista convocou para o próximo día 28 de xuño e que inclúe unha manifestación e un paro de nove da mañá a dúas da tarde.

Pola súa banda, o responsable de USTG, Gregorio Freire, considerou que “os problemas de Galicia son iguais aos do resto do estado español”, polo que defendeu este tipo de mobilizacións a nivel estatal para facer fronte aos ataques. “Si non somos capaces de facer unha formulación unitaria e deixar á marxe ideoloxías políticas particulares, estase facendo un fraco favor aos traballadores”, engadiu.

Finalmente, Cesáreo Fraga, responsable comarcal de UGT, empezou aludindo ao rescate financeiro que, segundo dixo, “nos vai custar entre 3.000 e 4.000 millóns de euros cada ano en intereses, e isto si que é déficit”. Tamén dixo que quen goberna agora España non é Rajoy, senón a “troika e Merkel”, nunha clara crítica cara á xestión e políticas do actual executivo estatal.

Fronte ao chamamento que días pasados a CIG fixo ás bases de CCOO e UGT para que os seus sindicatos apoiasen a mobilización do día 28 da central nacionalista, Fraga quixo deixar claro que “non meu, todos os delegados apostan por esta estratexia de manter a presión sobre os políticos para acadar fins como ou dique flotante, ou saneamento dá ría...”, dixo.

Noticia publicada no Diario de Ferrol o 15 de Xuño de 2012.



Enlace relacionado:

Ártabra 21: CCOO e UGT mobilizaronse en defensa do sector público e pola dignidade dos empregados - Convocatoria de manifestacións para o vindeiro 20 de Xuño en defensa doutra política social e económica
_______________

venres, xuño 15, 2012

Rápido, depresa, correndo e prevaricando, a Xunta de Galicia apurou-se a aprobar unha modificación do PXOM mugardés co ánimo de chulear a Sentenza do Tribunal Supremo que declara a Reganosa ilegal


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co ánimo de chulear a Sentencia do Tribunal Supremo que dá a razón ao movimento opositor a Reganosa, aprobou a modificación puntual do PXOM do concello de Mugardos, rápido, depresa, correndo e  prevaricando.

Cando o Tribunal Supremo sentenciou a pasada semana a nulidade da modificación puntual, que no seu momento posibilitou a construción da planta de gas en Mugardos, quedou clara a ilegalidade da regasificadora construída en Punta promontorio, ademais das ilegalidade das actuacións políticas e administrativas do Concello de Mugardos, da Xunta de Galicia e do Goberno de Madrid. Segundo a citada Sentenza, a regasificadora carecía dunha declaración de impacto ambiental, "pese a que a normativa europea e o ordenamento interno esixen dita declaración para unhas instalacións destas características e riscos", como así viñera manifestando perante todos estes anos o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Co ilegal acto de prevaricación, de aprobación da modificación do PXOM, a Consellería de Medio Ambiente permite a adecuación de usos de regasificación ao chan onde se asenta Reganosa.

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remiteu o 14 de Xuño de 2012, ao Concello a orde de aprobación definitiva. Previamente, a modifiación puntual someteuse "ao procedemento integrado de avaliación ambiental estratéxica" rexeitado por un amplo abano de organizacións sociais e, veciñais e ecoloxistas que no seu momento alegaron contra este procedimento. A Xunta insiste en que "con esta modificación incorpóranse vos criterios de calidade paisaxística para a integración dás instalacións industriais do contorno, dotándose ao ámbito dunha regulación integradora dous aspectos urbanísticos e de seguridade industrial" que vai dicir snón. Ademais, contan, coa xa aprobada ampliación da produción de regasificación. Paradoxica aprobación de aumento da produción de regasificación cando a planta non chega o 40 % da súa capacidade regasificadora. Todo un cúmulo de despropósitos.

Non lles importa xogar coa vida e seguridade das persoas, nen en destruír aínda máis a xa depauperada Ría de Ferrol, coas súa sopas químicas [Post 1 e Post 2]. Non lles importa manter unha planta que nos costa a todos nós dúcias de millóns de euros anuais. Non lles importa manter unha planta de gas instalada só para beneficiar a uns poucos corruptos e cobizosos.

As manobras da Empresa, da Xunta e dos políticos corruptos, non tardaron en dar os seus froitos e seguen a continuar con ilegalidades e pasos para desviar a atención e intentar xustificar o inxustificábel. Reganosa é unha planta de gas, ilegal, perigosa e innecesaria.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, xa iniciou as accións políticas, administrativas e xudiciais necesarias facer frente a tanta corrupción, ilegalidades e inxusticia. Mesmo preparan-se mobilizacións, como a grande Marcha a Pé até Mugardos, convocada para o 20 de Xullo, que partirá ás 5 da tarde desde o Parque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza.

Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008

Nota de prensa da Xunta:

A Xunta aproba a modificación puntual do PXOM de Mugardos
Santiago, 14 de xuño de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente aprobou hoxe a modificación puntual do PXOM de Mugardos que permite a adecuación de usos de regasificación no solo no que se asenta Reganosa. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo enviou esta mañá ao Concello de Mugardos a orde pola que se aproba definitivamente a modificación puntual do Plan xeral para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro. |Ir á nota da Xunta|

Enlace de moito interese:

Ártabra 21: Rolda de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia coa presenza da súa asesora xurídica, Patricia Gabeiras, analizando a Sentenza do Tribunal Supremo que confirma a ilegalidade do PXOM de Mugardos que permitíu a construción de Reganosa no corazón da nosa Ría - Audio, Fotos, Enlaces, Notas de Prensa, Documentos

________________

A Executiva Confederal da CIG acorda iniciar unha campaña de mobilizacións contra a estafa do Rescate - Concentracións o Venres 15 de Xuño - En Ferrol ás 11:45 horas, diante do edificio da Xunta, na Praza Amada García

Convoca concentracións en todas as comarcas para o vindeiro venres, día 15 de xuño, e manifestación o día 1 de xullo

A Executiva Confederal da CIG reunida este luns, acordou pór en marcha unha campaña de información, sensibilización e de mobilizacións ante o anuncio do rescate do sector financeiro por uns 100.000 millóns de euros. A campaña consistirá na convocatoria de actos nas empresas e na vía pública, xunto coa convocatoria de concentracións de delegados/as en todas as cidades o vindeiro venres, día 15 de xuño, e de  manifestacións nas sete comarcas de Galiza, o día 1 de xullo, para denunciar “o saqueo dos gobernos e da banca á clase traballadora”.

Para a Executiva Confederal da CIG, o rescate suporá a transferencia da débeda dos bancos ao sector público, porque o Fondo de Estabilidade Europeo a quen lle presta os cartos, realmente, é ao FROB. Isto terá como consecuencia un incremento significativo do déficit e da débeda pública e levará aparellada a exixencia de novas medidas de recorte que empeorarán aínda máis as condicións de vida da clase traballadora, da maioría social, hipotecando, ademais, o futuro da nosa mocidade.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, considera que a situación na que se atopa o estado español, non se debe a que houbera moita débeda pública, senón á débeda privada, nomeadamente á que foron contraendo as entidades financeiras españolas con entidades financeiras dos países europeos, fundamentalmente con Alemaña.

Unha débeda moi vinculada á burbulla inmobiliaria, por teren concedido créditos de forma xeneralizada a irresponsábel, e incrementada por mor da súa posta en circulación nos mercados especulativos. “Un enorme burato negro que teñen que pagar nos próximos meses e para o que non teñen recursos.  Por iso, agora o Estado ten solicitar este préstamo ao FEE,  para garantir que os bancos poden pagar ás entidades financeiras europeas, e se eles non poden, teñen a garantía de que a débeda a asumirá o Estado”.

Seixo afirma que a situación derivada da decisión de solicitar o rescate “é gravísima” e alerta de que non vai garantir que flúa o crédito á pequena e mediana empresa, nin axudar a reactivar a economía e crear emprego. “Son cartos que van destinados unicamente a pagar os pufos que a banca española ten contraídos coa banca alemá. Vai agravar aínda máis a situación, non vai favorecer a recuperación económica e tampouco á creación de emprego. Terá consecuencias directas nas condicións de vida das persoas, rebaixará máis as condicións salariais e  provocará un empeoramento da calidade dos servizos públicos”.

Ante esta situación a CIG acordou promover mobilizacións para denunciar o saqueo dos bancos e dos gobernos á clase traballadora; denunciar aos responsábeis da crise; exixir responsabilidades e demandar que o estado non pague a débeda ilexítima, consecuencia da especulación. As concentracións de delegados serán o 15 de xuño en todas as comarcas e convocaranse manifestacións nas sete cidades o 1 de xullo.

Horarios e lugares das concentracións xa confirmados:
  • A Coruña: ás 12:00 horas diante do edificio do Banco de España (r/ Durán Loriga).
  • Lugo: ás 12:30 horas diante da oficina de Bankia.
  • Burela: ás 12:00 horas diante da oficina de Bankia (r/ Castelao, 1º).
  • O Barco: ás 20:00 horas diante do Concello.
  • Compostela: ás 12:00 horas, na Praza de Galiza.
  • Ferrol: ás 11:45 horas, diante do edificio da Xunta, na Praza de España
  • Ourense: ás 11:30, diante da oficina de bankia, na rúa Diagonal.
  • Pontevedra: ás 12:00 horas, diante da ofina de Bancaja, na rúa Rosalía de Castro (onde está a Audiencia Provincial)
  • Vigo: ás 12:00 horas, no cruce de Colón con García Barbón
Confederación Intersindical Galega - CIG
_____________

CCOO e UGT mobilizaronse en defensa do sector público e pola dignidade dos empregados - Convocatoria de manifestacións para o vindeiro 20 de Xuño en defensa doutra política social e económica

Unha representación de delegados e delegada, membros de comités e xuntas de persoal das centrais sindicais CCOO e UGT, concentraron-se en Ferrol na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Foi este pasado Xoves 14 de Xuño de 2012, sobre as 12 do mediodía. Esta foi unha das centos de mobilizacións que estas centrais, convocaron a nivel estatal en defensa dos servizos públicos.

A protesta foi dirixida contra os gobernos dereitistas do PP, pola súas política de acoso contra o sector público, con o desmantelamento, recortes e privatizacións e o ataque á dignidade das empregadas e empregados públicos.


CCOO e UGT convocan manifestacións para o 20 de xuño por outra política social e económica


Os secretarios xerais de CCOO e UGT de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, anunciaron esta mañá a convocatoria de manifestacións para o vindeiro 20 de xuño en defensa doutra política social e económica. Continúan así as mobilizacións contra a reforma laboral, iniciadas o pasado mes de febreiro, ás que se suman agora actos de protesta contra o rescate á banca.

Sánchez Aguión manifestou a súa preocupación polos efectos negativos que o rescate provocará sobre os servizos públicos e a «maioría social deste país», xa que, independentemente do anunciado polo Goberno central, probablemente se lle esixirán a España novos recortes «que afectarán gravemente a Galicia».

Precisamente, sobre a situación galega, o secretario xeral de CCOO sinalou que Galicia leva padecendo recortes desde que o PP regresou ao Goberno da Xunta. «Feijóo gábase de ser o campión da austeridade en España», apuntou Sánchez Aguión. O dirixente sindical lamentou que os recortes e a deterioración dos servizos públicos «prexudica máis a quen menos teñen, sobre todo parados e pensionistas», e lembrou que esta situación se produce cando en Galicia «contamos coas pensións máis baixas do Estado».

Por último, insistiron en peidr que o Goberno rectifique a reforma laboral, e esixiron que o Executivo español, diante dunha decisión tan importante como o rescate, confoque un referendo.

Así as cousas, haberá manifestacións en nove localidades galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Burela, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo) baixo o lema «Non cales. Defende os teus dereitos».


Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Gabinete de Comunicación
Horario de verán: luns a venres, 8-15h
686 469 993 / 981 551 867 |  xuz[arroba]galicia.ccoo.es

Fonte: http://www.galicia.ccoo.es/
________________