luns, febreiro 16, 2015

Taxa non !, ... Por Alexandre Carrodeguas

Por Alexandre Carrodeguas [*]
16.02.2015

Os veciños deberían saber que nos recibos que xa estaban a pagar a Emafesa figura o canon do saneamento da Xunta de Galicia, destinado a financiar os gastos de explotación, e as inversións nas infraestruturas de xestión, mantemento e depuración das augas residuais de Galicia.

Pois ben, mercede á complicidade do actual goberno municipal co xestor privado de Emafesa (Urbaser), en busca do maior negocio deste último, as costas da sufrida veciñanza ferrolá van ter que pagar dúas veces polo mesmo concepto: o canon de saneamento de Augas de Galiza e a taxa de depuración de Emafesa. Gravadas con unha nova taxa para financiar a explotación do sistema de saneamento e depuración, para maior beneficio desta empresa privada.

Isto debese a que o actual grupo de goberno ten asinado un convenio con Augas de Galicia onde se contempla unha encomenda de xestión na que o concello a través de Emafesa se fai cargo de todolos gastos de mantemento e xestión da EDAR de Cabo Prioriño. (Non debería poder ser que a veciñanza de Ferrol teñan que soportar todo o custo de xestión desta infraestrutura e a Xunta de Galicia a través do canon da auga, que xa esta a cobrar, non participe no financiamento da depuración da nosa ría).

Hai que ter en conta tamén que vinte mil das trinta e tres mil vivendas de Ferrol non están aínda conectadas á rede de saneamento e que van ter que pagar esta taxa igualmente.

O Concello ten anunciado que a veciñanza da zona rural e os que viven na bacía do rio Sardiña estarán exentos de pagar este novo recibo por non ter conexión á rede de saneamento. Entón porqué o resto da cidade que non ten nestes momentos conexión a rede, non fica tamén exento do pago do recibo?

O que amosa a xestión municipal neste asunto é a total supeditación do goberno aos intereses dunha empresa privada que obterá pingües beneficios a costa da cidadanía de Ferrol, nunha cidade "non o esquezamos" onde a taxa de paro, o empobrecemento, a emigración e a crise demográfica alcanzan cotas insostíbeis que poñen en perigo a supervivencia da propia cidade. E que agora por riba se vai ver gravada cunha taxa anual por fogar duns 70 euros de media.

Temos que ter tamén presente que o sistema de saneamento implantado é "obsoleto" e "custoso", que consiste basicamente nunha depuración intensiva e unitaria (mestura de augas residuais e pluviais), o que implica ademais unha depuración insuficiente e insustentábel, cuns moi altos consumos enerxéticos e custos de mantemento que teremos que soportar todos e todas.

Tódalas xentes, forzas políticas e sindicatos que loitan por un Ferrol mellor están xa a traballar pola necesaria remunicipalización do servizo de augas, porque só dende a xestión pública e integral do ciclo da auga poderemos garantir a necesaria transparencia e eficiencia no servizo, e evitar este tipo de abusos onde se poñen os intereses empresariais por riba dos intereses de todos e todas.

O próximo xoves día 19 de febreiro temos que berrar na praza do noso Concello ben alto e claro: Taxa non!

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia, do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e da Comisión Social de Seguimento da construción da infraestrutura de depuración e saneamento da marxe norte da ría de Ferrol. E un dos promotores da iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
13 de fevereiro de 2015 19:43
____________

Colectivos e xentes de todo o Estado apoian a loita da xente de Coia contra o malgasto municipal e a represión do goberno socioliberal de Abel Caballero en Vigo


Colectivos e xentes de todo o Estado apoian a loita da xente de Coia. | Comunicado de apoio ás compañeiras detidas en Coia (Vigo).

Os colectivos que asinamos este comunicado condenamos o aumento da represión nas protestas sociais e amosamos, de xeito público, o noso apoio a unha loita fortemente reprimida por parte de Abel Caballero e do seu goberno que non dubidou en empregar á policía local en contra da veciñanza.

Por todo isto, queremos amosar o noso total apoio ás compañeiras detidas no barrio de Coia en Vigo por defender os dereitos sociais e o noso total rexeitamento ás políticas de represión exercidas neste caso e noutros de todo o estado español.

As veciñas de Coia (Vigo) levan dende o 4 de decembro tratando de impedir a instalación dun barco nunha rotonda no barrio que supón un gasto inxustificado e inmoral nunha cidade na que, como no resto do estado, a xente malvive nos barrios mentres ve proliferar no seu contorno obras faraónicas.

Abel Caballero, alcalde do PSOE de Vigo, puxo todo o seu empeño en criminalizar a protesta veciñal, empregando medios de comunicación afíns como altofalantes das súas falacias e terxiversacións. Ademais, co fin de acalar a protesta e violentar á veciñanza, non tivo o menor reparo en empregar a policía local como instrumento represor ao seu servizo: tres detencións arbitrarias e inxustificadas (S., Xurxo e Diego; este último membro da ODS-Coia e de Baladre, Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social), vinte e cinco persoas con supostos cargos perante a Fiscalía, numerosas multas,...

Mentres dirixentes e partidos políticos maniféstanse a favor da liberdade de expresión co gallo do atentado terrorista de París, a escalada de represión e criminalización da protesta social segue en aumento no estado español.

As loitas de pobos e barrios, así como as do sindicalismo combativo e de clase, están a ser duramente reprimidas por empresas e institucións públicas, a través das súas forzas de represión policiais, a xudicatura e unhas leis que, cada vez máis, póñense ao servizo dos intereses do capital e das oligarquías dominantes. O recente caso de Alfon, condenado a 4 anos de cadea pola súa participación na folga xeral do 14N no 2012 tras un xuízo cheo de irregularidades, súmase a unha longa lista de activistas condenadas pola súa militancia. É unha ofensiva en toda regra contra a lei de folga, o dereito de manifestación e de reunión e as leis que garanten a liberdade de expresión.

A vindeira aprobación da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como Lei Mordaza, é un chanzo máis no entramado legal que se está a elaborar para silenciar a disidencia ideolóxica e reprimir a protesta social, sinal inequívoca da debilidade dun sistema que, a falta de argumentos e ante o incremento da contestación cidadá, unicamente sabe responder coa represión.

Reiteramos a nosa solidariedade cos detidos. As loitas das xentes de Coia son as nosas loitas.

Se nos tocan a unha, tócannos a todas!

  1. A Ría Non Se Vende
  2. Acción Verapaz
  3. Ambilokwoi Futebol Gaélico Mixto
  4. Anova-Irmandade Nacionalista
  5. Asamblea Canaria por el Reparto de La Riqueza (ACRR)
  6. Asamblea intercorralas de Málaga
  7. Asamblea de Gamonal (Burgos)
  8. Asdecoba (Salamanca)
  9. Asemblea de Movementos Sociais de Vigo
  10. Asociación contra la exclusión ALAMBIQUE (Xixón)
  11. Asociación de Vecin@s Santiago de Nuevo Gijón, Perchera y la Braña...
  12. Asociación Kanguras, criando en brazos (Galiza)
  13. Baladre, Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social
  14. Berri-Otxoak, Plataforma Contra la Exclusión Social y Por los Derechos Sociales (Euskadi)
  15. BNG
  16. CaMot (Xàtiva)
  17. Campamento Dignidad Mérida
  18. Ceivar, Organismo Popular Anti-repressivo
  19. Centro Social Okupado Taucho (Canarias)
  20. CIG
  21. CNT (Vigo)
  22. Colectivo IMAN (Galiza)
  23. Comités
  24. Confederación General del Trabajo (CGT)
  25. Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega
  26. Coordinadora de Barrios (Madrid)
  27. Coordinadora de Crentes Galegos
  28. Comité Oscar Romero
  29. Comunidad Parroquial de San Atanasio de Madrid
  30. Cova dos Ratos
  31. CP San Carlos Borromeo
  32. Distrito 9
  33. Entremos na Panificadora
  34. Erletxea (Irún)
  35. Esculca - Direitos e liberdades
  36. Espacio Sociocultural La Casa (Canarias)
  37. Espazo Aberto Antimilitar (Galiza)
  38. Esquerda Unida
  39. Foro Galego de Inmigración
  40. Galiza Contrainfo
  41. Galiza Nova
  42. G.A.S. (Galiza)
  43. Grupo Andarivel de Cantabria
  44. Inclusión Activa Boa Vida (Galiza)
  45. Isca!
  46. Liga Estudiantil Galega
  47. Marea roja Alacant
  48. MLP (Movemento Loita Popular) Coruña
  49. Movemento Cidadán “O noso barrio”
  50. No somos delito Alacant
  51. ODS-Coia (Galiza)
  52. Parroquia Cristo da Vitoria (Galiza)
  53. Parroquia de Santa María de Nazaret en el Barrio de Buenos Aires (Salamanca)
  54. Piratas de Galicia
  55. Radio Pimienta (Canarias)
  56. Rede Sementes Galega
  57. Redes Cristiás
  58. Stop desafiuzamentos Coruña
  59. Toma la Plaza Alacant
  60. Vangarda Obreira Coruña
  61. Verdegaia
  62. Zambra Cuenca
  63. Zambra Málaga
  64. 15M Monte Alto (Galiza)

Vigo, 14 de febreiro de 2015

--
Asemblea Aberta de Coia
nonarotonda@gmail.com  |  @AsembleaDeCoia  |  facebook.com/asembleaabertacoia
XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

Enviado por:
Asemblea Aberta Coia
-nonarotonda@gmail.com-
14 de fevereiro de 2015 10:08

Achegamos un comunicado de apoio aos detidos na loita en contra da instalación dun barco na rotonda de Coia apoiado por numerosos colectivos do Estado. | Colectivos, sindicatos, organizacións... entre os que se atopan nomes tan coñecidos como a xente de Gamonal, San Carlos Borromeo, Stop Desafiuzamentos Coruña, Imán... Preto de 70 sinaturas de apoio, ás que hai que engadir as de centos de persoas que tamén seguen a nosa loita polos dereitos sociais con especial agarimo. Seguimos na procura de apoios polo que esta lista en breve quedará pequena. | Pedimos á vosa axuda nesta loita que Abel Caballero e o seu goberno está a reprimir con man dura, espallar o comunicado para nós é moita axuda.

_______________

domingo, febreiro 15, 2015

Aspaneps, por quê nos quedamos aí?, ... Por Lupe Ces

Lupe Ces [*]
15.02.2015


Estes dias saiam em prensa novas relacionadas coa entidade que xestiona a saúde mental da nossa infáncia nas comarcas de Eume, Ortegal e Ferrolterra. Umha entidade sem ánimo de lucro, que nasceu pola iniciativa das famílias que nos anos 80 começarom a reivindicar umha saída diferente á problemática educativa e psicológica das suas crianças. Passarom logo mais de três décadas sem conseguir que essa atençom á saúde mental infantil, fosse assimilada polo sistema público de saúde.

Ao melhor é que nem o intentamos... Houvo oportunidades políticas de que umha cousa tam importante como é a saúde das nenas e nenos nom dependera dunha iniciativa privada, isso sim, sem ánimo de lucro, mas privada na gestom, contrataçom..., e preferimos, mais umha vez, deixar que a infáncia mais vulnerável nom seja o epicentro das políticas públicas. Assim temos nestes momentos a saúde dos nossos nenos e nenas, pendente dum convenio ou dunhas ajudas...

O caso de Aspaneps [1] nom é único na nossa cidade, nem tampouco o de Aspanaes [2]. Se seguimos o rastro a menores em risco, que passarom a ser tutelados pola administraçom, temos a entidades religiosas ou associaçons que regentam centros privados, onde se derivam a estes menores e estas menores, via convênios. E nom podemos esquecer o feche dos dous centros públicos emblemáticos na nossa cidade, “Virgen del Carmen” e “Soutomaior”, e posterior privatizaçom dos serviços que prestavam, para passar a mans da “Fundación Camiña Social”, que regenta também o "Punto de Encontro Familiar" da nossa cidade. Nom devemos esquecer tampouco, a privatizaçom do centro “Souto de Leixa”, em mans de Clece, pertencente á multinacional ACS de Florentino Pérez, que arrastra desde a sua privatizaçom umha estela de conflitividade e precarizaçom do serviço, como denunciam repetidamente as famílias.

O dinheiro público, e o que é mais importante, a responsabilidade social, de todas e todos, no coidado da infáncia, na custodia da sua integridade, segue em mans privadas. Realmente apenas a abandoou desde o franquismo, como se o coidado da infáncia, se reduzira ao ámbito privado ou assistencial da beneficência ou caridade.

As associaçons que acolhem à infáncia em situaçom de risco social e familiar, derivam também a matricula escolar a centros religiosos, "Cristo Rey", "Compañía de María", "Tirso de Molina". Salvo no caso da "Asociación Dignidad", de confessom evangélica, que deriva a matrícula a centros públicos por razons obvias. Eis o circulo pechado que gestiona os direitos da infáncia e o investimento público.

Por isso nom deixa de chamar a atençom que as organizaçons e partidos que defendem a sanidade pública, os serviços públicos, fiquem ai, numha simple reclamaçom de melhora dum convênio ou subsídios, na vez de reclamar que todo o que tem a ver coa saúde, maiormente da infáncia; todo o que tem a ver coa custodia, coidado, defesa dos direitos e interesse das menores e dos menores... fique a salvo da gestom privada e da provisionalidade dos convénios.

Questom a parte som os direitos laborais adquiridos polas trabalhadoras e trabalhadores destes centros, que num processo de recuperaçom para o sistema público, sempre haverá que respeitar. Luitar, reivindicar e conseguir o poder político suficiente para a recuperaçom destes serviços públicos vinculados aos direitos da infáncia e o direito universal à saúde, leva associado também a qualidade e a seguridade no emprego.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.

[1] Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psico-Sociais - Aspaneps.
[2] Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista - Aspanaes.


Enviado por:
Lupe Ces
lupeces@gmail.com
15 de fevereiro de 2015 13:31
____________

Iniciativa a nivel mundial dirixida aos laboratorios Gilead que se fixeron coa propiedade da patente dos farmacos para o tratamento das persoas con hepatite C


CAMPAÑA DE PRESIÓN E DENUNCIA A GILEAD POLOS TRATAMENTOS CONTRA A HEPATITE C


Iniciativa a nivel mundial dirixida a Gilead, encabezada por varias asociacións (Coalición Internacional de Preparación para o Tratamento -ITPC, Grupo de Acción para o Tratamento -TAG), Médicos Sen Fronteiras -MSF, Iniciativa para as Medicinas, Acceso e Tratamento -I-MAK, Global Health Justice Partnership Health GAP), para:
  • Ampliar a cobertura xeográfica das licenzas, incluíndo aos 51 países de ingresos medios que están excluídos actualmente.
  • Eliminar as restricións na produción de ingredientes farmacéuticos activos e o abastecemento de Sofosbuvir.
  • Modificar os requisitos para garantir o acceso dos pacientes aos fármacos.
  • Para que abandonen a súa apelación contra a recente decisión da India de rexeitar a patente do Sofosbuvir.
PETICIÓN POLO ACCESO EQUITATIVO AOS FÁRMACOS CONTRA A INFECCIÓN CRÓNICA POLO HCV (HEPATITE C): Coordinadora Antiprivatización da Sanidade - Cas Madrid | http://www.casmadrid.org | info@casmadrid.org | Twitter: CAS_madrid ou http://twitter.com/CAS_madrid | Facebook: http://www.facebook.com/profile.php?ide=100000750273195.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol
plataformadspferrol@gmail.com
14 de fevereiro de 2015 11:33

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/
_____________

Enlaces de interese:

Plataforma galega adherida á organización estatal, pola loita dos dereitos sanitarios dos enfermos da hepatite C.

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/plataformagalegadeafectadospolahepatitecdegalicia

Conta no twitter:
https://twitter.com/VHCGalicia

Correo-e:
afectadosvhcgalicia@gmail.com.
___________

Diferentes organizacións sociais, políticas, veciñais e sindicais de Ferrol, convocan unha mobilización unitaria contra a abusiva nova Taxa de Depuración e Saneamento


Diferentes organizacións sociais, políticas, veciñais e sindicais de Ferrol, convocan unha mobilización unitaria contra a abusiva nova Taxa de Depuración e Saneamento que se está pasando ao cobro en recibo semestral estes días, sen que a veciñanza, hosteler@s e comerciantes, saían do seu asombro polo incremento tributario que significa esta taxa a maiores das que xa se veñen pagando por unha poboación sumida no declive social e no desemprego, ou quen traballa con salarios reducidos e pensións conxeladas, tendo que manter ás familias que non cobran ningún tipo de subsidio, nunha cidade coa taxa de ocupación (38%) e actividade (49,9%) das máis baixas da Galiza e a de paro a segunda máis alta, chegando, segundo os últimos datos da EP, case a un 24%. Unha cidade que a estas alturas por mor das defuncións, a baixa taxa de natalidade e a emigración das persoas máis novas, debe baixar a barreira psicolóxica dos 70.000 habitantes, cando, hai menos de 20 anos, en 1996 eramos 83.048, segundo o padrón municipal (INE).

Acordos da xuntanza, de grande parte do tecido social de Ferrol, celebrada o mediodía do pasado venres 13 de  febreiro.
Reunidos no Concello de Ferrol as seguintes entidades:

PSdeG-PSOE, BNG, EU, Anova, Espazo ecosocialista,CIG,CCOO,UGT, Asociación López Bouza, Comisión de Saneamento Integral da Ría de Ferrol, AC Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, Marea Ártabra, AVV San Pablo e Federación de AVV Roi Xordo.

Trataron a problemática actual da taxa de saneamento e acordaron:

1- Facer un chamamento para unha convocatoria aberta   as asociacións de comerciantes e hostelería , veciñais e cidadanía en xeral  para unha reunión o luns 16 ás 17:00 na Galería Sargadelos de Ferrol.
2- Convocar unha concentración  na praza de Armas o día 19, xoves , ás 19:00 horas contra a taxa de saneamento que está a aplicar o goberno do PP.
Desde Ártabra 21 chamamos ao pobo de Ferrol, a participar na concentración de protesta do vindeiro xoves 19 de febreiro, ás 7 da tarde na Praza do Concello, diante do Palacio Municipal. Por un concello democrático, transparente e participativo. Polo retorno da auga a mans públicas, pola remunicipalización da xestión da auga, pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol.
---

Moi interesante artigo de Marcos Pérez publicado en Praza Pública co título "Crece o malestar en Ferrol pola nova taxa de saneamento", o pasado xoves 12 de febreiro de 2015. | Ir a Web.

Foto: José Mauel Rey Varela, visitando o Edar de Ferrol en Prioriño.

Información baseada na enviada por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
14 de fevereiro de 2015 11:03
http://orosario-inferninho.blogspot.com/
_____________

Solidariedade da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública coas persoas enfermas de Hepatite C que insta á Xunta a garantir o acceso á novas terapias contra esta enfermidade


AGDSP ante a expulsión do parlamento galego de persoas enfermas hepatite C


Ante a información de que enfermos de Hepatite C, que seguían o debate dunha iniciativa, apoiada por toda a oposición, que instaba á Xunta a garantir o acceso á novas terapias contra esta enfermidade, foron expulsados do Parlamento de Galicia, desde a Asociación Galga para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:
1.- De xeito inmediato adminístrense estes medicamentos aos enfermos graves afectados por esta enfermidade, que non poden esperar por estar en risco de morte.

2.- A subcomisión de hepatite de Galicia acelere a tramitación dos expedientes pendentes de resolver para o tratamento destes pacientes e que se publiquen os posibles conflitos de interese dos seus compoñentes, dado que na Comisión creada polo Ministerio de Sanidade a práctica totalidade dos mimos tiñan intereses relacionados con industria farmacéutica.

3.- A Xunta de Galicia esixa ao Ministerio de Sanidade a fabricación deste fármaco como xenérico, como se esta facendo en países como a India que gañou un recurso internacional neste sentido ao considerar que o Sovaldi non é unha novidade terapéutica patentable.

4.- Non é de recibo que o Ministerio negociase e fixase un prezo exorbitante co laboratorio Gilead de 25.000 dólares, que deben ser sufragado por unha CCAA que non foron invitadas a participar na negociación.

5.- Consideramos inaceptable e inxusto o trato dado a un colectivo cunha grave problema de saúde que non está recibindo a resposta do sistema sanitario polos recortes do sistema e enfrontamentos comerciais entre empresas multinacionais.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

12 de febreiro do 2015

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área sanitaria de Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
14 de fevereiro de 2015 11:31

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/

________________

Nova de interese relacionada:

A plataforma galega de afectados por hepatitis C desvelou este sábado a composición da subcomisión que concede ou denega a medicación a estes enfermos e, acto seguido, ha instado aos seus membros a explicar "públicamente" si "avalan" os criterios que segue dita subcomisión. | Esta revelación prodúcese despois de que a propia plataforma ofrecese, o pasado mércores, un prazo de 48 horas á Consellería de Sanidade para que fixese pública a composición desta subcomisión. | Con todo, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, rexeitou publicar, este venres, os nomes dos integrantes de dita subcomisión. Por iso, a plataforma galega de afectados por hepatitis C asegurou desvelar, finalmente, a súa composición, a cal contrastou, segundo defendeu, en repetidas ocasións.| SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Feb. 2015 (EUROPA PRESS). | Acceder.
____________________________

Solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais e aos afectad@s polo Plan PROA, ante as políticas sociais e de saúde do goberno do PP na Xunta de Galicia


Fuco Buxán A.C. amosa o seu apoio Solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais (Aspaneps) e aos afectad@s polo Plan PROA, ante as políticas sociais e sanitarias do goberno do PP na Xunta de Galicia

A A.C Fuco Buxán amosamos o noso total apoio e solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Problemas Psicosociais (Aspaneps)). Denunciamos os salvaxes recortes presupuestarios do goberno da Xunta de Galicia, de Feijoo e do PP nos Programas Asistencias da Infancia, que disminuiron, nos últimos catro anos, un 35% nas axudas destinadas o Programa de saúde mental infantil-xuvenil para toda a área sanitaria de Ferrol da Asociación Aspaneps.

Asemade, máis de 50 de nenos/as dos centros educativos CEIP Cruceiro de Canido e a Laxe de Balón quedaranse este ano 2015 sen clases de Reforzo polos recortes da Consellería de Ensino da Xunta de Galicia no Plan PROA (Plan de Reforzo, Orientación e Apoio).

A.C Fuco Buxán denunciamos que son recortes ideolóxicos, clasistas e neoliberais e amosan a profunda insensibilidade, insolidariedade e inhumanidade do goberno do PP da Xunta de Galicia, coa submisa complicidade do goberno do PP de Ferrol, que mira para outro lado mentres estas medidas afectan as persoas mais vulnerables da nosa cidade, atentando contra a igualdade de oportunidades, perxudicando seriamente aos usuarios, supoñendo un grave ataque os dereitos humanos, mermando os servizos e os recursos, cebándose salvaxemente coas persoas mais vulnerables e coas súas familias e causándolles moita dor e sufrimento.

Desde a A.C Fuco Buxán esixímoslle ao goberno da Xunta de Galicia e ao goberno do PP de Ferrol máis axudas públicas destinadas a asociación Aspaneps e para o Plan PROA para que estes programas poidan desenvolverse nas mellores condicións e cos mellores recursos e atender a todos os nenos e nenas da nosa cidade que o necesiten.

Fuco Buxán, A. C.
--
Correo-e: fucobuxan@yahoo.es | Web: http://www.fucobuxan.net | Blogues: Escolma das Razóns http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/ | Pensamento Crítico http://opinionsfuco.blogspot.com.es/ | Facebook:
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 | Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan | Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts | Telefono: 981325492 | Local Social: Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol | Apartado Correos: 240 C.P. 15400 Ferrol.

Foto de Jorge Meis publicada no 'Diario de Ferrol' | 13.02.2015 | http://www.jorgemeis.com/.

Enviado por:

A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
14 de fevereiro de 2015 17:53
_______________________

Buques gaseiros sen traballo en Singapur - Un novo examen da situación do GNL / LNG no mundo



Buques gaseiros sen traballo en Singapur

Máis dunha ducia de gaseiros de gas natural licuado (GNL) están estacionados, moitos sen actividade, en e nos arredores de Singapur - un dos maiores centros comerciais do mundo de combustibles - dá un sinal de que os mercados mundiais de gas están en desaceleración e que poden estar empeorando nesta crise.

Con prezos asiáticos do GNL de case dous terzos dos de febreiro de 2014, xunto coa diminución da demanda e combinado co aumento da produción (novos produtores), os transportistas están estacionando os seus gaseiros preto dos portos como Singapur onde os barcos non utilizados poden ser mantidos e reparados facilmente ata a chegada de novos contratos.
Os principais axentes marítimos estiman que máis dunha décima parte da flota mundial de gaseros (uns 400 buques metaneiros) non se utiliza actualmente debido á desaceleración do crecemento nas economías máis grandes de Asia. O impacto só en Singapur suxire que o problema podería ser peor.

"Neste momento hai de 30 a 40 buques (petroleiros e gaseros) inmobilizados en Singapur, moitos sen nada que facer", dixo Javier Moret, xefe de logística de GNL de RWE , o maior produtor de enerxía de Alemania, durante unha conferencia en Singapur esta semana última.

Segundo os datos do envío en Thomson Reuters, sete gaseiros foron estacionados sen facer nada fronte á costa este de Johor por máis de dúas semanas, e outros dous gaseiros ancoráronse ao sur de Batam, Indonesia, desde fai varios meses. Media ducia de buques de GNL están en peiraos de Singapur.

Os 15 barcos teñen unha capacidade combinada para levar a 2,26 millóns de metros cúbicos de GNL, unha capacidade igual á demanda de gas dunhas dúas semanas de Singapur.

Para os propietarios de buques, petroleiros ociosos significan unha perda de US $ 60.000 (RM 216,500 - Ringgit malayo- moeda oficial de Malasia) en honorarios de fletamento diarias por buque. O prezo do gas que poden cargar estes 15 gaseiros pode chegar a valer máis de US $ 200 millóns en términos actuais do mercado.

Fai un ano, esa cantidade de GNL habería ter un valor de case US $ 600 millóns.

A localización de Singapur entre os países produtores de Oriente Medio, Australia e a bacia do Atlántico e os grandes consumidores como Xapón, Corea do Sur e Chinesa significa que a maioría dos gaseiros detéñense aquí para abastecerse de combustible ou someterse a traballos de reparación e mantemento.

Polo menos en parte provocado pola caída de prezos do petróleo, os mercados do gas han ter un diferencial de prezo duns US$10 por millón de unidades británicas termales (mmBtu) fai un ano a apenas US$ 1.50 actual, facéndoo pouco atractivo para embarcar o gas entre dúas rexións (recargas) e erosionando a demanda dos gaseros.

En Asia, os prezos do GNL caeron a ao redor de US $ 6.90 por MMBtu desde máis de US $ 20 / MMBtu fai un ano. O prezo de referencia británico, pola súa banda, é de ao redor de US $ 8.50 / MMBtu. O esborralle da demanda en Asia é tan grave que algúns analistas din que o futuro de toda a industria do GNL pode verse afectado.

"A debilidade dos mercados de enerxía ameaza con descarrilar o surgimiento de GNL como fonte de enerxía por excelencia", dixo o banco ANZ esta semana nunha nota de investigación.

Xunto con prezos da enerxía, os prezos de contratación de gaseros tamén se esborrallaron. A empresa de servizos navieiros de Inglaterra British Clarkson di que as taxas de aluguer de gaseiros caeron de US $ 90.000 ao día en 2013 a US $ 60.000 ao día na actualidade.

"A nosa opinión é que os fletes de GNL permanecerán en crises deste ano", dixo Erik Stavseth, analista de logística Arctic Securities, agregando que el só ve unha mellora gradual antes de 2018.

Os operadores dixeron que os buques gaseiros non estaban exactamente ociosos ao redor de Singapur, pero que isto tamén é un problema na cuenca do Atlántico, onde as economías de Europa loitaban para volver ao crecemento.

A forte caída dos prezos do GNL e dos costos de flete debido á desaceleración da demanda agrávase coa crecente produción de gas.

Xapón e Corea do Sur, os maiores importadores de GNL no mundo, reduciron importacións debido a que as súas economías tartamudean.

Espérase que un reinicio esperado das centrais nucleares xaponesas a finais deste ano logo dunha paralización pola fusión dos reactores de Fukushima en 2011 reducirá máis a demanda de GNL.

Coa economía de China crecendo ao seu nivel máis baixo en máis de 20 anos, as importacións tamén están diminuíndo, mentres que ao mesmo tempo a oferta de produtos está aumentando.

A capacidade (nova) de exportación de GNL de Australia establécese en máis do triplo a 86 millóns de toneladas ao ano antes de 2020, poñéndose diante do líder actual Qatar que exporta 77 millóns de toneladas ao ano e as expectativas estadounidenses de venda de 61,5 millóns de toneladas ao ano en 2020.

Fonte: The Rakyat Post | Singapore Feb 13, 2015
________________

sábado, febreiro 14, 2015

Podemos elixiu ao ferrolterrán Breogán Riobóo Lois como Secretario Xeral co 54% dos votos, tamén foron elixidas as 121 persoas que constituirán o seu Consello Cidadán e as 14 da súa Comisión de Garantías Democráticas

BREOGÁN RIOBÓO, SECRETARIO XERAL DE PODEMOS EN GALICIA

Despois de 4 meses de asemblea "Si Se Pode", Podemos xa rematou de organizarse internamente e está preparado para comezar a traballar cóbado con cóbado coa sociedade civil e utilizar podemos como unha ferramenta para o cambio político que xa é imparable en todo o estado.
Despois de coñecer os resultados en Galicia, dende Claro Que Podemos queremos agradecer o gran apoio que tivemos dos inscritos en Podemos.Tamén queremos felicitar ás outras candidaturas "Podemos Cambiar Galicia", "Galicia Pode" e "Ágora Galicia", así como aos candidatos e candidatas non agrupados en listas. Todos somos necesarios para facer de Podemos un actor referente na política galega e recuperar as institucións autonómicas para a cidadanía e convertelas en sedes da vontade popular.

Estes son os resultados:

Secretaría Xeral

Votos totales: 3868
Votos en blanco: 520 (13.44%)
Votos válidos: 3348 (86.56%)
  • 1.- A. Breogán Riobóo Lois (1810 votantes, 54.06%)
  • 2.- Ana Sánchez Diz (1048 votantes, 31.3%)
  • 3.- Susana Fernandez Blanco (370 votantes, 11.05%)
  • 4.- Xaime Castaño Fernández (120 votantes, 3.58%)
Consello Ciudadán

Votos totales: 3868
Votos en blanco: 216 (5.58%)
Votos válidos: 3652 (94.42%)
  • 001.- Carmen Santos Queiruga (1867 votantes, 51.12%)
  • 002.- Jose María Castro Álvarez (1749 votantes, 47.89%)
  • 003.- Gonzalo Iglesias Rodríguez (1738 votantes, 47.59%)
  • 004.- Jose García Buitrón (1726 votantes, 47.26%)
  • 005.- Ángela Rodríguez Martínez (1723 votantes, 47.18%)
  • 006.- María Dolores Villoch Bañobre (1709 votantes, 46.8%)
  • 007.- Antón Gómez Reino-Varela (1697 votantes, 46.47%)
  • 008.- M. Pilar Conde Prol (1686 votantes, 46.17%)
  • 009.- Sigrid Campo Regueiro (1684 votantes, 46.11%)
  • 010.- Marcelo Armendáriz Gil (1680 votantes, 46.0%)
  • 011.- Inés Mallada Fernández (1660 votantes, 45.45%)
  • 012.- Patricia Grela González (1657 votantes, 45.37%)
  • 013.- Xavier Sánchez Lombardero (1657 votantes, 45.37%)
  • 014.- Natalia Prieto Fernández (1651 votantes, 45.21%)
  • 015.- Marcos Fontán Cortizo (1647 votantes, 45.1%)
  • 016.- Bárbara Dopico Prado (1643 votantes, 44.99%)
  • 017.- Elena Botana De Castro (1643 votantes, 44.99%)
  • 018.- Óscar López González (1638 votantes, 44.85%)
  • 019.- Adrián Fuenteseca Fernández (1632 votantes, 44.69%)
  • 020.- Ana Vidal Sánchez (1629 votantes, 44.61%)
  • 021.- Daniel Liceras Pascual (1628 votantes, 44.58%)
  • 022.- Jose Miguel Diéguez Rodríguez (1625 votantes, 44.5%)
  • 023.- Borja San Ramón Tizón (1624 votantes, 44.47%)
  • 024.- Marta Díaz Marcos (1624 votantes, 44.47%)
  • 025.- Juan Villarino Martínez (1624 votantes, 44.47%)
  • 026.- Matilde López Álvarez (1623 votantes, 44.44%)
  • 027.- Mayka Arias Fernández (1621 votantes, 44.39%)
  • 028.- Cristina Laya Miguélez (1620 votantes, 44.36%)
  • 029.- Óscar García Ruíz (1604 votantes, 43.92%)
  • 030.- Rubén Compés Molina (1601 votantes, 43.84%)
  • 031.- María Lourdes Sylla García (1588 votantes, 43.48%)
  • 032.- Marco Varela Fernández (1585 votantes, 43.4%)
  • 033.- Marysol Babarro (1582 votantes, 43.32%)
  • 034.- Eduardo Martínez Nieto (1576 votantes, 43.15%)
  • 035.- Genma Otero Uhía (1007 votantes, 27.57%)
  • 036.- Ana Sánchez Diz (1002 votantes, 27.44%)
  • 037.- Salva Garcia (975 votantes, 26.7%)
  • 038.- María Luisa Cayetano Rodriguez (949 votantes, 25.99%)
  • 039.- Mª Carmen Ferreño García (947 votantes, 25.93%)
  • 040.- Mabela Porta Martin (946 votantes, 25.9%)
  • 041.- Iria López Iglesias (939 votantes, 25.71%)
  • 042.- Miguel Estevez Agudo (931 votantes, 25.49%)
  • 043.- Tania Castro Paredes (929 votantes, 25.44%)
  • 044.- Iris López Müller (927 votantes, 25.38%)
  • 045.- Iván Urtaza Coto (923 votantes, 25.27%)
  • 046.- Marta Concepción Febles Diaz (917 votantes, 25.11%)
  • 047.- Marcos Cal Ogando (916 votantes, 25.08%)
  • 048.- Carlos José Palacios Suarez (912 votantes, 24.97%)
  • 049.- Florentino Balado Pachón (911 votantes, 24.95%)
  • 050.- Manuel Novo Cobas (905 votantes, 24.78%)
  • 051.- Michel Werner Kulinowsky (905 votantes, 24.78%)
  • 052.- Pablo Sebastián Piñeiro Guridi (900 votantes, 24.64%)
  • 053.- Concepción Nanin Delgado (891 votantes, 24.4%)
  • 054.- Sira Ethel Bouzas Pérez (891 votantes, 24.4%)
  • 055.- Manuel Ángel Rey Chao (883 votantes, 24.18%)
  • 056.- Olga Oliveira Cambeses (882 votantes, 24.15%)
  • 057.- Marcos Vieites Mosteiro (880 votantes, 24.1%)
  • 058.- Nacho León Galiano Oliveira (879 votantes, 24.07%)
  • 059.- Jesús Silvestre Rodriguez González (876 votantes, 23.99%)
  • 060.- Eulalia Sánchez Martínez (876 votantes, 23.99%)
  • 061.- Luis Domenech López (873 votantes, 23.9%)
  • 062.- Consuelo Rivadulla Rodríguez (873 votantes, 23.9%)
  • 063.- Hector Fernández Sánchez (867 votantes, 23.74%)
  • 064.- Cristóbal López Pazo (865 votantes, 23.69%)
  • 065.- Carmen Galván González (863 votantes, 23.63%)
  • 066.- José Manuel Bea González (857 votantes, 23.47%)
  • 067.- José Rodríguez Zúñiga (849 votantes, 23.25%)
  • 068.- Susana Fernandez Blanco (481 votantes, 13.17%)
  • 069.- Miguel Angel Costoya Rivera (464 votantes, 12.71%)
  • 070.- María Isabel Blanco Doce (435 votantes, 11.91%)
  • 071.- Nieves Bastos Leirós (426 votantes, 11.66%)
  • 072.- Pablo Weimar Rodriguez Acevedo (414 votantes, 11.34%)
  • 073.- Lina Graciela Henao Zambrano (407 votantes, 11.14%)
  • 074.- Juan José Rodríguez González (386 votantes, 10.57%)
  • 075.- Estrella Estrella Carrera (386 votantes, 10.57%)
  • 076.- Luis Leiro Gonzalez (384 votantes, 10.51%)
  • 077.- Maria Jose Sanchez Iglesias (373 votantes, 10.21%)
  • 078.- Alain Elder Sánchez Fistonich (371 votantes, 10.16%)
  • 79.- Carlos Ramon Brea Eiroa (365 votantes, 9.99%)
  • 080.- Gerardo Avelino De Lima Peña (362 votantes, 9.91%)
  • 081.- Sonia Gómez López (358 votantes, 9.8%)
  • 082.- Manuel Andrés Crespo Castro (353 votantes, 9.67%)
  • 083.- Miguel Lamela Veiga (353 votantes, 9.67%)
  • 084.- Juan Antonio Gullón Rebassa (351 votantes, 9.61%)
  • 085.- Jose Manuel Fernández Fernández (350 votantes, 9.58%)
  • 086.- Jose Ignacio Dans Sampedro (350 votantes, 9.58%)
  • 087.- Antonio Quiñoa Iglesias (349 votantes, 9.56%)
  • 088.- Rafael Diaz Taracido (349 votantes, 9.56%)
  • 089.- Jose Manuel Fernandez Lopez (348 votantes, 9.53%)
  • 090.- Jose Calzón Martín (347 votantes, 9.5%)
  • 091.- Carlos Castro Castro (345 votantes, 9.45%)
  • 092.- Xesús Feàs Sànchez (199 votantes, 5.45%)
  • 093.- Lúa-Ana María Campos Gómez (197 votantes, 5.39%)
  • 094.- Manuel Villot Pascual (195 votantes, 5.34%)
  • 095.- Violeta Rodriguez Marcuño (194 votantes, 5.31%)
  • 096.- Juan Valcarcel Obelleiro (188 votantes, 5.15%)
  • 097.- Xaime Castaño Fernández (168 votantes, 4.6%)
  • 098.- Sandra Maria Cotelo Fajardo (167 votantes, 4.57%)
  • 099.- Maria Esther Neira Ferreiro (155 votantes, 4.24%)
  • 100.- Anxo Gude Teira (144 votantes, 3.94%)
  • 101.- Alfonso Casal Pita (144 votantes, 3.94%)
  • 102.- Nelson Quinteiro Roa (143 votantes, 3.92%)
  • 103.- Xan X. Cancelas Collazo (142 votantes, 3.89%)
  • 104.- Ramón Posada Y Gabela (141 votantes, 3.86%)
  • 105.- Alejandro Hermida Prada (136 votantes, 3.72%)
  • 106.- José Francisco Borrego Vázquez (131 votantes, 3.59%)
  • 107.- Ramón Magariños Duro (129 votantes, 3.53%)
  • 108.- Fe Lopez Lopez (128 votantes, 3.5%)
  • 109.- Yordan Casañas Correoso (127 votantes, 3.48%)
  • 110.- Francisco Carro Suarez (124 votantes, 3.4%)
  • 111.- Roberto Garcìa Estèvez (123 votantes, 3.37%)
  • 112.- José María Carballo Martinez (121 votantes, 3.31%)
  • 113.- Xabier Alberto Fernandez Posa (121 votantes, 3.31%)
  • 114.- Marco Antonio Duran Cabobianco (117 votantes, 3.2%)
  • 115.- Francisco Jiménez Corpas (116 votantes, 3.18%)
  • 116.- Aurelio Dacosta Álvarez (116 votantes, 3.18%)
  • 117.- Maximino Pardo Lourido (112 votantes, 3.07%)
  • 118.- Francisco Salcines Rial (111 votantes, 3.04%)
  • 119.- Francisco Javier Obenza Iglesias (110 votantes, 3.01%)
  • 120.- Antonio Llanos Alonso (110 votantes, 3.01%)
  • 121.- Francisco Javier Fontan Cortizo (109 votantes, 2.98%)

Comisión de Garantías Democráticas

Votos totales: 3868
Votos en blanco: 903 (23.35%)
Votos válidos: 2965 (76.65%)
  • 01.- Ana Pérez Fernández (1895 votantes, 63.91%)
  • 02.- Noemí Martínez González (1848 votantes, 62.33%)
  • 03.- Miguel Ángel Jiménez Domínguez (1792 votantes, 60.44%)
  • 04.- Elena Pernas Ciudad (1748 votantes, 58.95%)
  • 05.- Eladio Medel Iglesias (1729 votantes, 58.31%)
  • 06.- Jesús Gayoso Álvarez (1723 votantes, 58.11%)
  • 07.- Marcos Alonso Muiño (540 votantes, 18.21%)
  • 08.- Belen Alvarez Silva (531 votantes, 17.91%)
  • 09.- Medalit Violeta Carrión Herrera (516 votantes, 17.4%)
  • 10.- Luis Blasco Lopez (492 votantes, 16.59%)
  • 11.- Xosé Francisco De Castro González (484 votantes, 16.32%)
  • 12.- Yonathan Sueiro Barra (454 votantes, 15.31%)
  • 13.- Francesco Bertussi (451 votantes, 15.21%)
  • 14.- Francisco Andrés Freire Mandaio (217 votantes, 7.32%)
Inés Mallada

PODEMOS, unha nova ferramenta para Galicia
www.CQPGalicia.gal

Enviado por:
Claro que podemos Galicia - Prensa
-prensa@cqpgalicia.gal-
14 de fevereiro de 2015 21:26

__________

xoves, febreiro 12, 2015

Van coincidir dous buques con carga perigosa, no Porto de Punta Promontorio, xunto ao Complexo petroquímico e Reganosa, demasiado perigo potencial no corazón da nosa Ría


Van coincidir dous buques con carga perigosa, no Porto de Punta Promontorio, xunto ao Complexo Petroquímico de Forestal del Atlántico e Reganosa, demasiado perigo potencial no corazón da nosa Ría

Neste momento xusto no medio do peirao de Forestal del Atlántico (Complexo Petroquímico) encostado a Reganosa está atracado o petroleiro 'Noble Spirit' (Quimiquero Tanker - Hazard B) de 179.8 m de eslora × 32.22 m de manga [Localización]. Maís agarda-se para mañá venres 13 de febreiro de 2015 ao "LNG Castillo de Villalba" [Localización] que ten previsto atracar a uns metros no pantalán de descarga de Reganosa. Segundo a normativa vixente de navegación dentro da Ría de Ferrol, estes dous buques non poden coincidir no mesmo porto e a menos de 200 metros.
__________

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do LNG 'Castillo de Villalba', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Venres 13 de Febreiro, ás 7 da Tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 VENRES 13 DE FEBREIRO, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo buque gaseiro, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 13 de Febreiro de 2015. O "LNG Castillo de Villalba", de máis de 284,4 metros de eslora, 42,5 de manga, 57,7 de puntal e un calado de 11,4m, que pode cargar sobre uns 138.000 de m³ de gas natural licuado (LNG / GLN),  vai enfilar a súa proa para entrar pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.000 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos, onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los día, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos (Punta Promontorio). De entrar este buque, será o número 189 que descarga, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


O 11 de Maio de 2012 ditou-se a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de fevereiro de 2015 15:35
_______________

De fondo Reganosa: Unha explosión de produtos tóxicos no exterior dunha empresa química no polígono Cómeslles de Igualada, en Catalunya, causou unha nube tóxica laranxa e deixou tres feridos - Os accidentes ocorren - A Generalitat activa o plan de alerta Plaseqta, que supuxo a orde de confinamiento de 60.000 persoas durante horas


Os accidentes ocorren, tanto por causas técnicas ou humanas, é por iso polo que non se pode localizar unha planta regasificadora, como Reganosa encostada a un complexo petroquímico como o de Forestal del Atlántico, e á beira dos núcleos de poboación como o de Meá ou Mugardos, no corazón da Ría de Ferrol onde viven miles de persoas.

Unha explosión de produtos tóxicos no exterior dunha empresa química no polígono Cómeslles de Igualada, en Catalunya, causou unha nube tóxica laranxa e deixou tres feridos.

A Generalitat activa o plan de alerta Plaseqta, que supuxo a orde de confinamiento de 60.000 persoas durante horas

Os Bombeiros da Generalitat informaron que a explosión rexistrouse pouco logo das 9:00 da mañá, hora local, no exterior da empresa Simar, situada en en o polígono Cómeslles de Igualada, en Catalunya, cando se realizaban operacións de carga e descarga de produtos químicos. Debido a causas aínda descoñecidas, varios destes produtos mesturáronse, desencadeando unha explosión e unha nube tóxica laranxa, informa 'El Periódico'.

A consecuencia da explosión tres persoas resultaron feridas leves e foron trasladadas a un hospital polo Sistema de Emerxencias Médicas (SEM).

Nun primeiro momento, os Bombeiros da Generalitat de Cataluña e Protección Civil obrigaron a confinarse no interior das súas vivendas á veciñanza de Òdena, Igualada, Santa Margarida de Montbui e Vilanova do Camí (Barcelona), para posteriormente restrinxir a medida só ás embarazadas, nenos, anciáns e persoas con dificultades respiratorias.

O alcalde da rexión de Igualada, Marc Castells, asegurou que os protocolos de seguridade están funcionando "de xeito excelente" e que, segundo confirman os partes meteorolóxicos, prevese que a nube tóxica comece a disiparse e desapareza a partir das 12.30 horas, hora local. Así mesmo, Castells explicou que a nube non é "tóxica", senón "irritante".


http://youtu.be/R5-_kGD8fkU


Máis fotos:
https://twitter.com/search?q=%23Igualada&src=hash&mode=photos

____________

A Alernativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) di que para rematar co enquistamento da violencia na República Democrática do Congo as multinacionais e potencias estranxeiras deben saír do país


Para rematar co enquistamento da violencia na RDC multinacionais e potencias estranxeiras deben saír do país. | Senra sinalou que a situación de países como o Congo están provocadas fundamentalmente polo interese en espoliar os seus recursos naturais. | Demandou unha atención especial para as mulleres e as nenas residentes en países en conflito.


Durante a sesión plenaria do martes 10 de febreiro, a Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e tamén Vicepresidenta da Comisión Europea, Federica Mogherini, interveu cunha declaración sobre os asasinatos nas recentes mobilizacións cidadás contra a reforma electoral na República Democrática do Congo (RDC).

Na súa intervención, a Alta Representante propuxo o envío dunha misión de observación a Kinshasa para informar sobre este novo repunte da situación de violencia estrutural na que está sumida a RDC, neste caso  por mor da intención do Goberno de emendar a actual Lei Electoral -reforma que implicaría retrasar as eleccións locais previstas para este ano e as presidenciais previstas para o ano 2016[1]-, proposta xa retirada debido ás protestas sociais e ao escándalo internacional que supuxeron o asasinato de máis de corenta persoas durante as mobilizacións cidadás, criminalmente reprimidas dende o Goberno congolés.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, titular tamén do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica na Asemblea Paritaria Unión Europea-África, Caribe, Pacífico, puxo novamente enriba da mesa a necesidade de que as institucións europeas, neste caso a Comisión e o Parlamento, deixen de eludir a imprescindíbel visibilización das causas das distintas problemáticas abordadas polas institucións comunitarias, analizando o porqué do enquistamento das crises sociais e humanitarias, como acontece na RDC dende fai ducias de anos, aliás da durísima etapa como colonia belga.

Así, durante a súa intervención Lídia Senra resaltou, “unha vez máis”, que “cada conflito que analizamos ou debatemos neste Parlamento sempre está directamente ligado cos intereses das compañías transnacionais e das potencias occidentais no saqueo dos recursos destes países”.

De feito, a mesma Mogherini expresou na súa intervención que a propia UE vén sendo “un socio forte e coherente da RDC nos últimos quince anos” . Tan “coherente” que, como tamén sinalou onte Mogherini, “no 2006 a UE proporcionou a maior parte da financiación para a organización das primeiras eleccións democráticas na historia do Congo e da República Democrática do Congo”, é dicir, as mesmas eleccións nas que o actual presidente, Joseph Kabila, polo tanto o último responsábel dos máis de corenta asasinatos perpetrados en xaneiro, foi elixido. Deixando inda máis claro a inxerencia da UE na RDC, Mogherini non dubidou en amosar na súa intervención o seu “total apoio ao exército congoleño e ás tropas da ONU da MONUSCO”, despregadas no territorio dende 2010.

Abondando na responsabilidade que potencias e empresas estranxeiras teñen no caso concreto da RDC, Lídia Senra sinaloulle á Alta Representante que “non se escapa” a clara importancia estratéxica deste país africano “pola súa enorme dimensión xeográfica, por contar con grandes reservas de minerais como diamantes, ouro, coltán, cobre; reservas de petróleo, auga, terra....”. Dito potencial, como resumiu a eurodeptuada galega, converte ao Congo nun país “tremendamente rico mais tremendamente empobrecido”.

Para Senra, se realmente se queren solucionar este tipo de crises enquistadas, e que moi habitualmente atopamos nos países empobrecidos polas grandes potencias, “hai que comezar a falar seriamente de que as multinacionais e as potencias estranxeiras teñen que saír”, é dicir, “teñen que deixar que sexan os propios pobos os que decidan sobre os seus recursos e sobre a súa economía”.

Por último, Senra subliñou tamén que “nos casos de conflito, normalmente as mulleres e as nenas sempre levan a peor parte, polo que cómpre prestar unha atención especial”. Con respecto ao Congo, a situación é tan extremadamente grave que a miúdo dende os medios de comunicación faise alusión a este país africano como “a capital mundial das violacións”, e ás violacións no Congo como “a epidemia silenciosa”.

En Bruxelas, a 11 Febreiro de 2015

Pode-se acceder a intervención de Lidia Senra no debate en sesión plenaria, do 10 de Febreiro, sobre a represión gubernamental na República Democrática do Congo, no Canle de AGEe en Europa: Acceder.

Foto: Familias desprazadas preto dun centro de desprazados na cidade de Goma, na provincia de Kivu Norte (República Democrática do Congo). 27/12/2012 Unicef.

---

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861 | lidia.senra@europarl.europa.eu

Máis información en:
Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
ageeneuropa@gmail.com
11 de fevereiro de 2015 18:23
___________

mércores, febreiro 11, 2015

A Marea Ártabra continua a elaboración dos borradores de propostas programáticas nas Comisións Temáticas


CONVOCATORIA COMISIÓNS TEMÁTICAS


Convocase reunión das Comisións temáticas para o vindeiro Luns 16 de Febreiro ás 19,00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol  para proseguir os traballos para o programa de Marea Ártabra

As comisións que se convocan son as seguintes:
Muller, Cultura e Educación, Servizos Sociais, Economía e Emprego, Urbanismo, Medio Ambiente 

---
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asembleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter.

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'

Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais:
Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

Enviado por
marea artabra
mareaartabra@gmail.com
11 de fevereiro de 2015 12:42
______________

Asembleas, ... Por Xosé María Dobarro

Por Xosé María Dobarro [*]
11.02.2015


Dado que toda a miña infancia e adolescencia transcorreu en Ferrol, nunha cidade moi marcada polo filofascismo franquista, nunha cidade na que, a maior abundamento, nacera o propio ditador, foi un pouco tardiamente que descubrín o que era unha asemblea. Tal feito veu acontecer en Compostela, outra cidade onde o bafo do rexime ditatorial se manifestaba a través do inmenso peso que a poderosa igrexa católica exercía sobre a cidade. A misa dominical do mediodía, nunha catedral ateigada de xente, así o manifestaba ben ás claras. Mais o Santiago daquel tempo, como o de séculos antes e o de hoxe mesmo, tiña unha Universidade, moi familiar e basicamente das clásicas, das denominadas literarias, que, abría a mente, entre outras razóns porque acollía mozos e mozas de acó e de acolá, e onde o acolá podía ser Venezuela, Bolivia, Siria, Palestina, Asturias, Navarra, Castela ou o País Vasco. Xentes de posibles, claro, abundantes ou escasos, mais con posibles, porque, como é público e notorio, os pobres nunca puideron ir á Universidade. E iso que aínda non apareceran en escena nin o PP co seu ministro Wert de mestre de cerimonias universitarias. Pois ben, cando cheguei a estudar a Santiago, outubro de 1968, había poucos meses que tiveran lugar relevantes protestas universitarias en moi diferentes lugares do planeta. Santiago un deles, onde o movemento estudantil fora reprimido non só con detencións e porrazos senón tamén coa apertura de expedientes a aqueles discentes que destacaban na pelexa. E uso só o masculino porque creo que non houbera ningunha rapaza expedientada, sen dúbida por sorte ou porque finalizaran os estudos nese curso, porque na vangarda vangarda coñecín a máis dunha e dunha ducia. Tamén licenciaran un grupiño de rapaces, líderes destacados. Ós expedientados só se lles permitía pisar as instalacións universitarias para acudir ós exames das materias en que estaban matriculados por libre.  Ás poucas semanas de comezar o curso souben dunha asemblea, naturalmente clandestina, que ía ter lugar nunha aula da Facultade de Filosofía e Letras, ás 8 da tarde –cando acababan as clase dos dous primeiros cursos, que eran pola tarde– e á que asistiría un dos expedientados da Facultade: Alberto Reverter. Fíxose a asemblea sen problema ningún e cando xa estaba a acabar, xa perto das 10, apareceu todo apurado un compañeiro que cando estaba saíndo do edificio puido ver como a policía político-social estaba a pedirlle o carné a outro colega que estaba saíndo xusto diante del. Como a policía, sen permiso do reitor, non pisaba as instalacións da Universidade, puido recuar e avisar do que estaba a acontecer. Como saír pola porta supuña identificación segura e logo..., encabezados polo dinámico José Gómez Alén dispuxémonos a procurar outra saída ou a ficar a dormir alí se non pedían permiso para vir a por nós. Había, como dixen, un expedientado vulnerando a lei. A saída apareceu nas aulas de Dereito, na planta baixa, que daban ó mercado e que tiñan as xanelas abertas por estárenas limpando. E aló fomos todos a correr para e pola rúa. Ese día, fóra tamén dalgún medo, descubrín que unha asemblea era un acto no que unha ou dúas persoas introducían brevemente un tema e a continuación os presentes que o estimaban oportuno falaban do que lles parecía. Se había consenso avante popolo e se había propostas diverxentes votábase e cada un marchaba por onde viñera. O que naquelas asembleas non había eran carretes de dirixentes acaparando o tempo nin censuras na expresión. Comportamentos deste estilo vinos descubrir non hai moito. Mais iso xa é outra historia. Supoño que comportamentos diferentes dos que acabo de citar, exceso de dirixismo e coerción, que están moi lonxe do espíritu que debe encher o ámbito das asembleas, obedecen a eivas de comportamento derivadas dunha moi escasa ou nula participación en encontros destas características nos anos de formación como individuos. É difícil, aínda que non imposible, aprender a nadar ou a andar en bicicleta por riba de certas idades. Neste asunto, e noutros semellantes que se nos poidan ocorrer, tampouco a adaptación é doada, e tampouco imposible. En querendo...

Publicado no Diario de Ferrol | 08.02.2015

[*] Xosé María Dobarro Paz (Ferrol, 1950), escritor, articulista, profesor, activista cultural e político. Na súa xuventude militou no PCG, e posteriormente no nacionalismo-popular galego, sendo militante da UPG e foi Presidente da Sociedade Cultural Medulio e divulgador da figura de Ricardo Carvalho Calero. Foi catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña. Na actualidade é coordinador comarcal de Esquerda Unida.

Enviado por:
André Abeledo Fernández

Dede o facebook
https://www.facebook.com/loboroxo
_________

O governo do millón de euros ou o ocaso das ideoloxías, ... Por Alexandre Carrodeguas

Por Alexandre Carrodeguas [*]
11.02.2015


O concello de Ferrol parece seguir a senda daquel ministro franquista, Gonzalo Fernández de la Mora e o seu famoso libro do crepúsculo das ideoloxías, que se traducía na consigna do estado en obras.

O goberno municipal quere que os cidadáns de Ferrol ante a falla dun modelo de cidade, dunha cidade onde os nosos fillos non se teñan que ir a Namibia a buscarse un futuro, como me comentaba unha veciña, volvamos a votar a este goberno pola frenética actividade asfáltica-construtora.

Nos próximos tres meses antes das eleccións van a ser capaces de remodelar o Cantón, de poñer un ascensor panorámico na costa de Mella, de asfaltar tódalas rúas e non sei cantas obras mais. Todo elo deslabazado e improvisado; Que se un plan de tráfico dun día para outro, que se na Praza de Galicia arman un lio monumental coa parada dos autobuses, que se o antroido non se sabe se vai ou se ven etc. Publicidade a esgalla, chapuzas e improvisación. Todo elo regado con fondos Europeos do 'plan urban', destinados ademais a Ferrol vello, onde curiosamente as ruínas avanzan sen freo.

Tamén nos anuncian a colocación de dúas estatuas e non sei cantas cousas mais. Como conservadores que din ser deberían seguir os consellos das nosas nais e acordarse daquilo que nos recomendaban: Non intentes facer no último momento aquilo que non fixeches no seu tempo.

Se os nosos preclaros gobernantes pretenden en tres meses, facer o que non fixeron en catro anos van aviados. Os cidadáns de Ferrol non merecemos ser tratados como menores de idade. O que queremos é un goberno municipal decente para que os nosos fillos non teñan que emigrar a Namibia. Nada mais.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
5 de fevereiro de 2015 14:20

_______________

luns, febreiro 09, 2015

Irresponsabilidade das autoridades sanitarias na asistencia das urxencias sanitarias


Fuco Buxán sobre a irresponsabilidade das autoridades sanitarias na asistencia das urxencias sanitarias
. | Desde a A.C. Fuco Buxan queremos chamar a atención sobre a irresponsabilidade das autoridades sanitarias en relación coas Urxencias sanitarias. | Profesionais e sindicatos levan desde 2013 avisando de que os recortes do Goberno poderían custar vidas humanas.


É demoledor o informe da Defensora do Pobo, Soledad Becerril: As urxencias hospitalarias no Sistema Nacional de Saúde: dereitos e garantías dos pacientes. Xaneiro 2015 elaborado xunto cos defensores do pobo de varias comunidades autónomas.

Mariano Rajoy, Esperanza Aguirre e outros cargos do PP negaron que se aplicaran recortes á Sanidade, pero o certo é que si se fixo: pecháronse plantas, limitáronse horarios de servizos, despediron a profesionais sanitarios, non se contratou persoal para substituír a traballadores en situación de baixa, entre outras medidas, e este é o resultado.

As urxencias hospitalarias son unha peza esencial para o bo funcionamento dos sistemas de saúde (en España xestionan 26 millóns de atencións ao ano e 6 de cada dez ingresos hospitalarios son de pacientes de urxencias), pero enfróntanse a moitos problemas cuxa solución excede das capacidades destes servizos.

O estudo analiza os problemas comúns ao conxunto dos servizos de urxencias, sen particularizar a situación de ningún deles.

Resúmense a continuación algunhas das corenta conclusións deste Estudo:

As medidas de ampliación ou renovación dos espazos físicos dedicados á atención de urxencias nos hospitais non resolven os problemas de presión asistencial e de saturación dos servizos, se non se introducen cambios na organización e xestión da realidade hospitalaria.

As ferramentas informáticas de xestión clínica, polo xeral, non adoitan ter en conta os requerimientos específicos da atención urxente e son percibidas polos profesionais como unha dificultade adicional que entorpece a necesaria axilidade e a propia seguridade da actividade asistencial.

A presenza suficiente de profesionais especializados e con experiencia na atención urxente non está garantida en todas as franxas horarias e todos os días da semá.

Os servizos de urxencias hospitalarios son ámbito de risco por estrés laboral, o que aconsella introducir ferramentas de xestión proactiva destes riscos.

As repetidas situacións de saturación dos servizos de urxencias dan lugar a un menoscabo da dignidade dos pacientes neles atendidos e pode vulnerar o dereito á intimidade e a confidencialidade dos seus datos de saúde.

A experiencia dos profesionais e os actuais métodos de xestión permiten prever o nivel de demanda asistencial ao longo de todo o ano, incluídos os periodos estivais ou vacacionais. A disponibilidade de recursos, camas hospitalarias e persoal, debe axustarse a esas previsións.

Nos servizos hospitalarios de urxencias é imposible garantir aos pacientes en fase terminal unha morte digna e preservar o duelo dos familiares.

A práctica do consentimento informado, verbal ou escrito, é insuficiente nos servizos de urxencias e debe ser asumida en toda a súa extensión polos profesionais sanitarios.

A atención en urxencias, polas súas características, incrementa os riscos para a seguridade dos pacientes e é causa dun maior número de efectos adversos.

Os inmigrantes en situación irregular teñen dereito a recibir do sistema público atención sanitaria de urxencia.

As persoas en situación de fraxilidade, especialmente con trastornos cognitivos, enfermidade mental ou discapacidad grave, deben poder ser atendidas con prioridade e débese facilitar o acompañamiento por familiares ou achegados, ou por persoal formado específicamente nesta atención.

Para a atención a pacientes vulnerables, con risco de maltrato ou de exclusión social, os sistemas de clasificación de pacientes poden incluír parámetros e información non estrictamente clínica, deberían ser aplicados protocolos específicos de asistencia, incluíndo a disposición de espazos reservados que preserven a intimidade destas persoas.

Ofrecer a debida atención a determinados colectivos, como os pacientes crónicos e pluripatológicos, as persoas de idade moi avanzada ou as persoas en exclusión social.

A específica atención ás persoas detidas ou en situación de custodia.

Os programas de calidade son unha esixencia legal e unha garantía para o adecuado funcionamento dos servizos de urxencias.

Os sistemas de reclamaciones e suxestións dos pacientes son unha ferramenta moi eficaz para garantir a calidade do servizo.

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
9 de fevereiro de 2015 14:33
http://www.fucobuxan.net/
__________________