domingo, outubro 18, 2015

Presentación do libro "Indecencias e corruptelas" de Manuel Monge, no Ateneo Ferrolán, o Luns 19 de Outubro, ás 19:30 horas


Presentación do libro "Indecencias e corruptelas" de Manuel Monge (publicado por Corsarias)


Luns 19 de outubro, ás 19:30 hora, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

Manuel Monge González (Valladolid, 1947) mestre, sociólogo e ensaísta galego. Concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña até 2011. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico. Colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.

É autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa (1999); A Coruña de Paco Vázquez (2003); Outra Coruña é posíbel (2007); A historia secuestrada polo franquismo (2010); O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista (2014); Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (2014); O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (2015).

Unha das causas da derrota electoral da esquerda é o seu desarme ideolóxico. Non soubo ou non puido difundir os argumentos e ideas para desmontar o discurso reaccionario da dereita que, por outra parte, ten unha importante cobertura en moitos medios de comunicación. Este é un libro de combate, unha modesta contribución a ese rearme ideolóxico e político, unha ferramenta para aumentar a indignación e potenciar a organización e a mobilización cívica. Non podemos quedarnos na indignación, hai que pasar á acción, presentar alternativas, organizarse, mobilizarse e ocupar as rúas.

Estas son algunhas reflexións que inspiran a mensaxe de ruptura coa situación económica, política e social actual e coas ideas dominantes que quero transmitir con este libro: “Os responsábeis políticos, económicos, intelectuais e o conxunto da sociedade non pode claudicar, nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia” (Stéphane Hessel). “Vivimos nunha orde mundial criminal e caníbal, onde as pequenas oligarquías do capital financeiro deciden de forma legal quen vai morrer de fame e quen non. Estes especuladores financeiros deben ser xulgados e condenados, reeditando unha especie de Tribunal de Núremberg” (Jean Ziegler, profesor emérito na Universidade de Xenebra). “Es una falacia hablar de crisis financiera únicamente. La crisis es política. La crisis es del sistema occidental. En nuestro sistema quien manda es el capital. La democracia sólo lo es nominalmente. En realidad el poder lo ejercen los grupos dominantes” (José Luis Sampedro). “Tenemos un sistema donde a los banqueros se los rescató y a sus víctimas se las abandonó para que se las arrreglen como puedan” (Joseph E. Stiglitz, Premio Nobel de Economía). “O capitalismo é incompatíbel coa democracia e a xustiza social” (Thomas Piketty, economista francés). “O capitalismo de hoxe en día ten as mans sucias: é a corrupción cotiá, a fraude sistemática, o crime internacionalmente organizado” (Michael R. Krätke, economista e analista político alemán). “Es injusto en su raiz; tiranía invisibe, mercado divinizado donde imperan la especulación financiera, una corrupción ramificada y una evasión fiscal egoista. No a una economía de la exclusión y la inequidad. Esa economía mata” (Papa Francisco, A Alegría do Evanxeo, exhortación sobre o actual sistema económico).

A pesar das políticas neoliberais e dos recortes sociais. A pesar do reforzamento do centralismo, dos triunfos electorais de Rajoy e Feijóo, aquí estamos; nin desanimados, nin dobregados, nin domesticados, nin derrotados. Hai moitos motivos para a esperanza e a loita continúa.
---
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Fai unha achega pola cultura https://achegas.ateneoferrolan.org Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade

http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
18 de outubro de 2015 11:09
___________________

Polo dereito a vivir dignamente, ás Marchas da Dignidade chaman a encher o Obradoiro de Compostela o vindeiro sábado 24 de Outubro, ás 12 do mediodía


O próximo 24 de Outubro na Praza do Obradoiro.

As Marchas da Dignidade, estan-se mobilizando este mes de Outubro no contexto das loitas a nivel europeo que teñen lugar en diferentes países, cidades e vilas, por unha outra Europa posíbel, por unha Europa Democrática, Solidaria, Social e dos Pobos. Para responder, desde a mobilización e a concienciación, ás políticas austericidas implementadas pola Troika e secundadas polos gobernos cómplices.

As Marchas da Dignidade pulan pola unidade popular contra as políticas neoliberais emanadas e impostas dede o Eurogrupo, o Banco Centra Europeo e o Fondo Monetario Internacional (Troika) e os gobernos cómplices que as aplican en beneficio propio e das grandes corporacións e bancos transnacionais, que pagan favores contratando, con sumas astronómicas, a membros deses gobernos nos seus consellos de administración e viceversa, o que se ven chamando as portas xiratorias na política das elites corruptas que deciden sobre a vida das persoas..

Despois das mobilizacións e accións comarcais e locais do pasado día 8 deste mes, as Marchas da Dignidade chaman a encher o Obradoiro nunha concentración nacional en Santiago de Compostela, o próximo sábado 24 de Outubro, onde chegarán columnas que desde diferentes vilas e cidades da Galiza confluirán na Praza do Obradoiro, ás 12 do mediodía. Ferrolterra irá na Columna Norte que partirá da explanada do antigo Mercado do Gando, ás 11 da mañá, marchando por Xoán XXIII e San Francisco até o Obradoiro.

Desde Ferrol sairán autobuses, para dirixir-se a Compostela, co fin de mobilizar, concienciar e participar no #OBRADOIRO24O. Precisamente cando se dan a coñecer os datos de que hai máis de 13 millóns de persoas pobres ou en risco de exclusión social no conxunto do Estado Español, cun desemprego de máis de cinco millóns, dos cales 250 mil só en Galiza. Mariano Rajoy e o Partido Popular que goberna, presumen de “medio millón de parad@s menos”, cando marcharon máis de 2 millóns de persoas fóra da península (entre inmigrantes que retornaron empobrecidos aos seus países de orixen e a nosa mocidade xa formada que busca futuro noutros lugares). Ou cando por mor da reforma laboral hai máis de 2 millóns de traballadores/as probes, mais con emprego ou subempregad@s (baixos salarios, sen dereitos, precarizados e moito peores condicións laborais e de seguridade),  e máis de 350.00 persoas que perderon a súa vivenda, ...

A crise económica acelerou en Europa a imposición da orde neoliberal, baseada na tiranía do poder financeiro, a primacía do diñeiro sobre a soberanía popular, a privatización da xestión dos servizos públicos e a transformación dos cidadáns en clientes.

A imposición destas políticas na Galiza e no resto do Estado Español, da man do Partido Popular e outros gobernos afíns, xerou pobreza, exclusión, represión e indignación na maioría da poboación. Tamén grandes beneficios para o corrupto poder financeiro e os políticos cómplices.

As Marchas da Dignidade participaron na promoción e preparación das Marchas Europeas pola Xustiza e a Dignidade, xunto a numerosas organizacións do continente e baixo 4 reivindicacións básicas acordadas no Encontro Alternativo en marzo: Confrontar as políticas austericidas e de privatización de servizos públicos da Troika; os pobos teñen que ser consultados; acabar cos Paraísos Fiscais na Unión Europea (UE) e deter as negociacións secretas do TTIP entre Estados Unidos e a UE.

As Marchas da Dignidade  incorporarán a estes puntos unitarios as súas propias reclamacións de Pan, Traballo, Teito e Dignidade, facendo especial mención á súa demanda de derrogación das reformas laborais e a lei mordaza; a esixencia de prestacións para todas as persoas sen emprego; rematar coa pobreza enerxética; garantir a alimentación e o dereito a unha vivenda digna, á saúde, aos coidados e ao ensino; e combater a violencia machista, a homofobia e a xenofobia. Na Galiza, o dereito de autodeterminación dos pobos, o dereito a decidir, forma parte das reivindicacións do Manifesto constituínte.

As Marchas, xunto a outras plataformas, percorreron Europa con itinerarios converxentes, tocando todos os paraísos fiscais da UE, realizando actos nas cidades do percorrido, chegando finalmente o pasado 15 de Outubro a Bruxelas, o mesmo día que se iniciou un Cume da Unión Europea. Coa chegada das Marchas, ese mesmo día, apoiando a iniciativa dos movementos belgas, fixo-se un cerco simbólico do Cume oficial, para a continuación abrir un Cume Social Europeo, cunha Conferencia sobre a Débeda e un debate sobre Políticas de “Austeridade” e Pobreza na UE culminando o sábado 17 de outubro cunha gran manifestación europea no Día Mundial contra a Pobreza. O mesmo 16 de outubro instalaou-se en Bruxelas un campamento contra o TTIP (Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos).

En Ferrolterra, desde Marzo as Marchas da Dignidade veñen reivindicando un plan de choque contra o paro e unha renda básica, para toda persoa que non teña ningún tipo de prestación económica. Coa implicación de todas as administracións, para paliar a situación de declive económico e social na que estamos inmersos. Consideramos que a Ría é unha oportunidade para o emprego, comezando polo seu saneamento, limpeza e recuperación,  seguindo polo seu aproveitamento pesqueiro e marisqueiro, e mesmo turístico e de lecer, mais tamén a loita contra o cambio climático como xerador de emprego, con empresas públicas ou de economía social dedicadas á rehabilitación, a reciclaxe, a reutilización e a recuperación.

Participa !! Ven a Compostela o 24O !! Nós Imos !!
Fora Rajoy, Fora Troika!    Pan, Traballo e Teito !!
Marchas da Dignidade Ferrolterra

Folla Informativa en Formato pdf: Accede/Baixa.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/982674298443504/

Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Telefono 603213863 | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

______________

domingo, outubro 11, 2015

Xuízo ao compañeiro Nicanor Acosta Alonso de Stop Desafiuzamentos d'A Coruña, pola loita contra o despexo de Aurelia Rey en Febreiro de 2013 - Concentración en apoio a Nicanor e contra a represión dos movementos sociais, este Martes, 13 de Outubro, ás 09:30, no Edificio PROA, Matogrande, n'A Coruña.


Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, chama a solidarizar-se co compañeiro Nicanor Acosta (Nico) e o resto de compañeir@s de Stop-Desafizuamentos d'A Coruña, contra a onda represiva que se desatou e segue desatando contra quen defende os dereitos fundamentas, e o derito a unha vivenda digna e adecuada, o dereito a manifestar-se libre mente contra a inxustiza e opoñer unha resistencia pacifica contra os abusos do sistema que exerce contra os pobres e os desposuídos da Terra, o dereito a rebelear-se contra a tirania dos mercados, do Capital. Adiante compañeir@s o futuro é noso, de xustiza, de igualdade, de solidariedade, do bon vivir, .... As compañeira e compañeiros de Ferrolterra estamos con Nicanor. Pan, Traballo, Teito e Dignidade. A continuación transcribimos o comunicado que nos achegaron @s compañeir@s de stop-Desafiuzamentos da Coruña.

Xuízo ao compañeiro Nicanor Acosta do colectivo polo desafiuzamento de Aurelia Rey. | Case tres anos máis tarde, Nicanor segue pendente dun xuízo no que se lle acusa da “provocación de reacciones no público que alteren o podan alterar a seguridade cidadán”. | El só acumula máis de 2.700 € en multas polas distintas mobilizacións do noso colectivo nestes tres anos

O noso compañeiro Nicanor afronta o próximo martes 13 de Outubro un xuízo no contencioso-administrativo contra as multas impostas pola Delegación do Goberno pola súa participación no intento de parar o desafiuzamento de Aurelia Rey en Febreiro de 2013. Tras anos de presentar recursos pola vía administrativa opoñéndose á sanción, este martes o xuíz resolverá o procedemento.

Na sanción acúsase a Nicanor da “provocación de reacciones no público que alteren o podan alterar a seguridade cidadán”, reclamándolle por isto 600 €. O que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as “reaccións no público” as causaba un grupo de homes armados e uniformados que agrediron á xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun megáfono.

Este compañeiro de 74 anos de idade, presente en practicamente todas as mobilizacións producidas dende o 15 de Maio de 2011, ten sido un obxectivo sistemático da represión policial. Só pola súa participación nas mobilizacións de Stop Desafiuzamentos A Coruña foi sancionado con multas que, xuntas, reclámanlle máis de 2.700 €; e a isto habería que sumar as correspondentes ao seu compromiso na loita contra as preferentes, polos servizos públicos e de calidade, contra a corrupción, nas Marchas da Dignidade, etc.

Afortunadamente, e grazas á solidariedade de moita xente, Nicanor e as outras compañeiras multadas do noso colectivo teñen garantida a cobertura económica para as sancións tras a campaña “Múltannos a nós para asustarte a ti” que vimos realizando dende 2013. Un éxito do compromiso colectivo fronte ás ameazas, a persecución e o hostigamento que vén realizando o Goberno contra os movementos sociais a través da Policía Nacional e demáis organismos estatais de represión.

Ante a inxustiza e o acoso que está a sufrir o noso compañeiro Nicanor, convocamos unha concentración diante do edificio PROA (Matogrande) o próximo martes 13 de outubro, ás 9.30h, para amosarlle o noso apoio e o rexeitamento á política represiva do Goberno.

SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!


Concentración en apoio a Nicanor e contra a represión dos movementos sociais.

Día: Martes, 13 de Outubro.
Hora: 09:30hs.
Lugar: Edificio PROA, Matogrande - A Coruña.

STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA
-desahucios.coruna@gmail.com-
10 de outubro de 2015 12:28

PARTICIPA NO EVENTO:
https://www.facebook.com/events/495923013901455/


Si se Pode !! |Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

________________

Manifesto do Movemento Galego da Saúde Mental

O Día Mundial da Saúde Mental foi establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para chamar a atención das sociedades e os gobernos sobre a situación na que se atopan as persoas afectadas por trastornos e enfermidades mentais, para potenciar o desenvolvemento de políticas acordes coa importancia desta dimensión da saúde e para mobilizar a todos os cidadáns e cidadás contra a estigmatización e a prol da integración e o apoio a todo aquel que se atope, por esta causa, en situación de exclusión ou en risco dela.

Neste día o Movemento Galego da Saúde Mental diríxese á sociedade para trasladarlle a valoración da situación que neste eido estamos a vivir en Galicia.

Non é alarmismo afirmar que, comparado con como estabamos hai un ano, nada vai mellor na atención á saúde mental, na prevención dos trastornos psíquicos  ou na integración sociolaboral daquelas persoas máis gravemente afectadas. Despois de sete anos deste goberno da Xunta, a situación é moi preocupante: os indicadores de saúde evolucionan indiscutiblemente a peor (incremento da incidencia de trastornos psíquicos, grave elevación da taxa de sucidios, aumento do consumo de psicofármacos), os recursos asistenciais específicos atópanse deteriorados e seguen a sufrir recortes, continúase sen planificación e sen coñecemento de cara onde quere ir o SERGAS na atención á saúde mental, prívase ós doentes do acceso a prestacións básicas do sistema nacional de saúde -sinaladamente á psicoterapia que segue a ser un tratamento inaccesible para moitos usuari@s que a teñen indicada e que se beneficiarían dela-. Tampouco se desenrolan  programas ante patoloxías prevalentes e de alto custo humano e económico (trastorno mental grave), desconsidéranse as indicacións da OMS en prevención do suicidio, eludindo a Xunta de Galicia o compromiso mundial da súa redución nun 10% antes do 2020,  e desorganízanse os servizos para impedir a participación dos profesionais.

A crise, tan socorrida polos nosos gobernantes para agochar as súas responsabilidades, xa non é un argumento críble para xustificar o que está a pasar. Non é a crise,  é a forma de gobernar da Xunta: a xestión torpe no día a día, a incompetencia gobernante, o favoritismo na selección dos mandos intermedios, os intereses compartidos coas industrias que fan negocio coa saúde e que, a miúdo, son opostos ós da poboación, e tamén o plan de privatización progresiva da atención á saúde mental.

Esa forma de facer as cousas: incompetente, autoritaria, despectiva cos que non son da corda política-ideolóxica dos gobernantes actuais, sen proxecto de futuro nin esperanza en nada mellor, ten o seu reflexo nunha acción de goberno predominantemente propagandística (da que é un exemplo  o publicitado proxecto mastermind de tratamento da depresión por teleasistencia que cubriu, no seu día, un par de páxinas de xornal e do que non se volveu  saber), ou de franco falseamento da realidade (como se reflexou nas recentes respostas parlamentarias dadas polo grupo gobernante no Parlamento de Galicia ante o incremento de suicidios en Galicia, nas que mesmo negaron os seus datos oficiais).

Deterioro, incompetencia, utilización inxusta dos recursos públicos, falseamento  da realidade e abuso da propaganda. Ese é o resumo da xestión en saúde mental do goberno do Partido Popular en Galicia. Estamos moi mal na atención á saúde mental en Galicia: fai falla outra política sanitaria.

Urxe un plan guiado por obxectivos de saúde e que potencie a atención a quen se atopa en condición de maior fraxilidade. É  imperioso o establecemento de prioridades que superen a mera xestión administrativa actual dos servizos e recursos, fai falla un futuro ó que dirixirse para reducir o efecto tan daniño que ten a crise e a súa xestión gubernamental nas persoas con trastorno mental severo, hai que comprometerse cos obxectivos da OMS neste eido, debe apoiarse o movemento asociativo e facilitar a sua participación, e fan falla outros gobernantes que poidan dirixir a sanidade cara un futuro mellor.

O Movemento Galego da Saúde Mental contribuirá tamén á definición dese futuro aportando o seu coñecemento e esforzo ó programa de goberno que necesita este país.

En Santiago a 9 de outubro de 2015
_________________

venres, outubro 09, 2015

Con dignidade, como en toda Galiza, en Ferrol comezan a quentar motores as Marchas da Dignidade camiñando cara ao 24 de Outubro en Compostela


Hoxe 8 de Outubro, como en toda Galiza, en Ferrol comezaron a quentar motores as Marchas da Dignidade camiñando cara ao 24 de Outubro en Compostela, para responder, desde a mobilización e a concienciación, ás políticas austericidas implementadas pola Troika e secundadas polos gobernos cómplices, como os do Partido Popular de Feijóo na Galiza ou de Rajoy en Madrid.

A media tarde daba comezo o acto reivindicativo das marchas, concentrando-se na significativa Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, baixo o lema "Camiñando cara ao Obradoiro: Fora Rajoy, Fora Troika! Pan, traballo e teito". Case unha ducia de colectivos interviñeron na concentración que organizo a Marcha en Ferrol (Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, Esquerda Unida, Decide en Común, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Podemos, Agamme, Fuco Buxán AC, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, Apicultores, Marcha Mundial das Mulleres, Foro Galego da Inmigración, ...). Os colectivos, organizacións sociais e políticas que participaron neste acto, tomaron a palabra para explicar os seus obxectivos de loita, a problemática social á que se enfrontan, e compartiron análise da conxuntura, amosando o seu apoio e participación o próximo 24O na Praza do Obradoiro.

Remamtou-se o acto manifestando que desde Marzo as Marchas veñen reivindicando un plan de choque contra o paro e unha renda básica, para toda persoa que non teña ningún tipo de prestación económica. Coa implicación de todas as administracións, para paliar a situación de declive económico e social na que está inmersa Ferrolterra e o resto das comarcas do noroeste galego.

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA


Telefono e Correo-e de Contacto:

603 213 863

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios na Rede:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCBGNk1PF297Qdm33jbX_esg
Perfil de facebook das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra
_______________

mércores, outubro 07, 2015

O armário, ... por Lupe Ces

Olhavas aquel armário quando precisavas acobilho, quando o monstro aparecia, justo polo mesmo caminho, polos mesmos olhos, nos que noutros momentos agromava o amor, a paixom ou as migalhas de alegria. Umha alegria que axinha passou a ser só alivio, e logo, um longo e lousado silencio tenso.

Olhavas aquel armário e sentias um desejo irreparável de que te resgatasse de todo, daquela vida, dos paus, dos gritos, da vergonha... meter-te naquel armário e meter a cabeça entre as maos... e que o tempo parara, e que te deixaram em paz. Descansar, descansar até do sol, descansar del, descansar do horror...

Aquel armário nunca se abriu para ti... Nunca atopaches um armário para ti... Nem quando estiveste ante o juiz, nem quando estiveste nos médicos..., nem quando fuches ao salom a amanhar o cabelo, onde maquilharom as pegadas do monstro.

Aquel armário só se abriu para o teu corpo já sem vida, vida roubada no último arrebato da fera que bramia, polo mesmo caminho que saiam os beijos e as caricias. E ali estivo teu corpo dous dias, Silvina, naquel armário que quixo dar-te em morte o que nom te dera em vida.

Sodes moitas. Refugiadas fugindo do país do amor-trampa. Refugiadas entrando na terra do esquecimento. Sodes moitas.  Um mar de refugiadas de feridas abertas, de ossos rotos, de colos esganados, de carne desgarrada... Sodes moitas, derrotadas nesta guerra. Sodes moitas, e nom chega um só coraçom, nem partido em mil anacos, para ter-vos.

* Silvina, foi assassinada em Vigo, o 4 de outubro de 2015

---

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.
_________

Como noutras cidades da Galiza, en Ferrol está convocada unha concentración polas Marchas da Dignidade - Xoves, 8 de Outubro, ás 18:30hs na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio da Xunta de Galicia) - Camiñando cara ao Obradoiro: Fora Rajoy, Fora Troika! Pan, traballo e teito


Este xoves, 8 de Outubro de 2015, igual que nas outras cidades da Galiza, en Ferrol vai ter lugar unha mobilización das Marchas da Dignidade. Ás 18:30hs realizara-se unha concentración na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio da Xunta de Galicia).

A Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, acordou convidar a todos os colectivos, organizacións sociais e políticas, comprometidos coa transformación social e a defensa do ben común, a participar neste acto, tomando a palabra para explicar os seus obxectivos de loita, a problemática social á que se enfrontan, ou simplemente compartir análise da conxuntura onde temos que dar esta loita que se vai concretar o próximo 24O na Praza do Obradoiro.

As Marchas da Dignidade reunidas na cidade da Coruña o pasado 19 de setembro decidiron ratificar o calendario de accións, que se realizarán no contexto da loita europea que están tendo lugar neste mes de Outubro, por unha outra Europa posíbel, para responder, desde a mobilización e a concienciación, ás políticas austericidas implementadas pola Troika e secundadas polos gobernos cómplices.

As Marchas da Dignidade da Galiza, acordaron neste contexto que a súa participación se concreta, ademais das mobilizacións e accións comarcais e locais, nunha concentración nacional en Santiago de Compostela, o próximo sábado 24 de Outubro, onde chegarán columnas que desde diferentes vilas e cidades da Galiza confluirán na Praza do Obradoiro, ás 12 do mediodía.

A concentración en Ferrol para este xoves 8 de outubro, tamén ten o fin de mobilizar e concienciar na participación cara o #OBRADOIRO24O.

O lema que escolleron foi "Camiñando cara ao Obradoiro: Fora Rajoy, Fora Troika! Pan, traballo e teito"  .

A crise económica acelerou en Europa a imposición da orde neoliberal, baseado na tiranía do poder financeiro, a primacía do diñeiro sobre a soberanía popular, a privatización de servizos públicos e a transformación dos cidadáns en clientes.

A imposición destas políticas na Galiza e no resto do Estado Español, da man do Partido Popular e outros gobernos afíns, xerou pobreza, exclusión, represión e indignación na maioría da poboación. Tamén grandes beneficios para o corrupto poder financeiro.

As Marchas da Dignidade participan na promoción e preparación das Marchas Europeas pola Xustiza e a Dignidade, xunto a numerosas organizacións do continente e baixo 4 reivindicacións básicas acordadas no Encontro Alternativo en marzo: Confrontar as políticas austericidas e de privatización de servizos públicos da Troika; os pobos teñen que ser consultados, acabar cos Paraísos Fiscais na Unión Europea (UE) e deter as negociacións secretas do TTIP entre Estados Unidos e a UE.

As Marchas da Dignidade  incorporarán a estes puntos unitarios as súas propias reclamacións de Pan, Traballo, Teito e Dignidade, facendo especial mención á súa demanda de derrogación das reformas laborais e a lei mordaza; a esixencia de prestacións para todas as persoas sen emprego; rematar coa pobreza enerxética; garantir a alimentación e o dereito a unha vivenda digna, á saúde, aos coidados e ao ensino; e combater a violencia machista, a homofobia e a xenofobia. Na Galiza, o dereito de autodeterminación dos pobos, o dereito a decidir, forma parte das reivindicacións do Manifesto constituínte.

Entre o 1 e o 15 de outubro, estas Marchas xa comezaron a percorrer Europa con itinerarios converxentes, que tocando todos os paraísos fiscais da UE, realizando actos nas cidades do percorrido, para finalmente chegar o 15 de Outubro a Bruxelas, o mesmo día que se iniciará un Cume da Unión Europea. Coa chegada da Marcha, ese mesmo día, apoiando a iniciativa dos movementos belgas, farase un cerco simbólico do Cume oficial, para a continuación abrir un Cume Social Europeo, cunha Conferencia sobre a Débeda e un debate sobre Políticas de “Austeridade” e Pobreza na UE que culminará o sábado 17 de outubro cunha gran manifestación europea no Día Mundial contra a Pobreza. O mesmo 16 de outubro instalarase en Bruxelas un campamento contra o TTIP (Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos).

En Ferrolterra, desde Marzo as Marchas veñen reivindicando un plan de choque contra o paro e unha renda básica, para toda persoa que non teña ningún tipo de prestación económica. Coa implicación de todas as administracións, para paliar a situación de declive económico e social na que estamos inmersos. Consideramos que a Ría é unha oportunidade para o emprego, comezando polo seu saneamento, limpeza e recuperación,  seguindo polo seu aproveitamento pesqueiro e marisqueiro, mais tamén a loita contra o cambio climático como xerador de emprego, con empresas públicas ou de economía social dedicadas á rehabilitación, a reciclaxe, a reutilización e a recuperación.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
____________

luns, outubro 05, 2015

Hoxe, luns 5 de Outubro, a Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa, chega a Ferrolterra - Recebemento, no Catón de Ferrol ás 7 da tarde


A Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa, chega a Ferrol - Recibimento, no Catón de Ferrol ás 7 da tarde


A Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres, convoca, este luns, día 5 de outubro, ás 18,30 h, a todas e todos na Estación de Servizo do Polígono Río do Pozo de Narón, para recibir á Caravana e participar na mesma, acompañando-a,  no seu percorrido, até chegar ao Cantón de Ferrol, ás 19 hs, (hai reservado estacionamento no lateral de Afundación).

Acto de recibimento no Catón


No Cantón terá lugar un acto festivo e reivindicativo, presentado pola actriz Helga Méndez, coas actuacións de Airiños de Fene, Cantareiras Xerfa, Maite Dacosta, Lidia India, Eugenia Sanmartín e Eloís e Sergio.

Actos en San Sadurniño e Narón

O martes 6 de outubro, os actos serán en San Sadurniño e Narón (+info) e continuarán por Galicia e Portugal até rematar o día 17 de outubro en Lisboa.


Unha representación galega da Marcha Mundial das Mulleres, na cal van integrantes da Marcha de Ferrolterra, viaxou até Bilbao para incorporarse á Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa e que recibiremos hoxe en Ferrolterra.

http://www.feminismo.info/webgalego/

______________

xoves, setembro 24, 2015

Ante a morte de Carlos Midón, o movimento antidesafiuzamentos de Ferrolterra convoca unha Concentración de dor, denuncia e reivindicación - Venres 25 de Setembro, ás 6 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia


Ante a morte de Carlos Midón, o movimento antidesafiuzamentos de Ferrolterra convoca unha Concentración de dor, denuncia e reivindicación.

O movimento antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna, como noutras zonas da Galiza, convocamos en Ferrol para o Venres 25 de Setembro, ás 6 da tarde, unha concentración na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Con toda probabilidade que sexa unha convocatoria conxunta da PAH de Ferrol e Comarca e STOP-Desafiuzamentos da rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, co apoio das Marchas da Dignidade, e agardamos recibir mais apoios.

O motivo da concentración é o de amosar a nosa dor ante a morte de Juan Carlos Midón Míguez, que se quitou a vida o pasado 21 de setembro. Carlos era un compañeiro de STOP-Desafiuzamentos de Compostela, que fora desafiuzado coa súa familia hai un ano en Aríns. Vítima dunha estafa e un cúmulo de circunstancias adversas, dun sistema inxusto que non rescata ás persoas, só rescata bancos. Carlos fixera a súa casa coas súas mans. O feito de quedar en paro, desencadeou empobrecemento e a perda da vivenda a mans dun usureiro. Imos-nos concentrar, tamén, para denunciar este Sistema inxusto e corrupto, aos poderes públicos, económicos e financeiros que permiten e promoven os desafiuzamentos, o desemprego e o empobrecemento das persoas. E por último, mobilizaremos-nos para reclamar políticas que garantan o dereito ao emprego, unha renda básica, alimentación, saúde, coidados, educación, enerxía, vivenda e unha vida digna.

A continuación transcribimos o comunicado emitido pol@s companheir@s de Carlos de Stop-Desafiuzamentos Compostela:
"Na tarde de onte, 21 de setembro, cumpríndose un ano do desafiuzamento de Aríns, o afectado por aquel despexo, Carlos Midón, quitouse a vida.

Stop Desafiuzamentos Compostela lamenta profundamente que a voracidade duns poucos, a súa guerra económica contra as persoas de abaixo (non é unha crise) e as nefastas condicións psicolóxicas e vida ás que estamos sometidas a maioría social siga a levarse vidas por diante.

Mentres o desemprego, a miseria, os desafiuzamentos...existan, haberá mortes. Os reponsables teñen nome propio.

Todo o noso apoio á familia e amizades e especialmente á María e ós seus fillos.

Que a terra che sexa leve compañeiro!!!
"
Non son suicidios, son asasinatos!!

Participa !!

Nin casa sen xente, nin sente sen casa !!

Si se Pode !!

Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol


Nota.- Foto de Xoán A. Soler.

________________

martes, setembro 22, 2015

Entre o 13 ao 15 de novembro, terá lugar no Ateneo Ferrolán o Congreso "Ferrol-Galiza-Cuba, historias comúns" - Información e solicitude de participación


Congreso "Ferrol-Galiza-Cuba, historias comúns" no Ateneo Ferrolán, do 13 ao 15 de novembro de 2015"


Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, ditaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o "Centro Gallego e Hijas de Galicia" ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, intervirán na Galiza mediante as sociedades de instrución e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo, a nosa cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas pola xente que vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte retornou á terra.

Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuír ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.

O Ateneo Ferrolán organiza os vindeiros días 13 a 15 de novembro o Congreso baixo o título "Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns".

O Congreso vai desenvolverse nos locais do Ateneo Ferrolán, e irá acompañado de diferentes actividades complementarias:
  • Unha exposición bibliográfica, hemerográfica, fotográfica e de outros obxectos sobre as relacións entre Cuba e Ferrol, Eume e Ortegal.
  • Unha exposición en paneis sobre as relación entre a emigración a Cuba e o desenvolvemento das reivindicacións da lingua e a cultura galega.
  • Unha publicación central sobre a relación entre Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba, e afondando no protagonismo de xente das nosas bisbaras na adopción dos símbolos de Galiza.
  • Outras actividades culturais e de lecer relacionadas coa emigración e as relacións entre Ferrol, Eume, Ortegal e Cuba.
Para propoñer algún traballo de investigación é preciso encher a folla inscrición que se pode baixar nesta ligazón:

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/convite-participacion-no-congreso.html

A organización do Congreso está aberta a todas as propostas que suxiran as investigadoras e investigadores mais considera necesario sinalar como aspectos de especial interese o papel da muller na migración a Cuba, a participación da emigración na vida política e social de Cuba (en épocas como a independencia ou a revolución cubana e en áreas significativas como o sindicalismo ou o xornalismo), as transferencias culturais entre Galiza e Cuba (arredor da música, a arquitectura ou a gastronomía, por exemplo), a influencia da emigración en Cuba na formación da identidade nacional galega, a tarefa desenvolvida na Galiza polas sociedades de instrución dos emigrantes ou a repercusión económica e social dos investimentos e remesas dos emigrantes na súa terra de orixe.

Para participar no Congreso é preciso encher a xa citada folla de inscrición cos datos da persoa ou persoas que desexen presentar algún traballo de investigación ao Congreso, e un breve resumo ou explicación do contido do traballo e envialo á secretaría do Ateneo Ferrolán antes do 30 de setembro de 2015.

---

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Fai unha achega pola cultura https://achegas.ateneoferrolan.org Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade

http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
eliseo@nodo50.org
-eliseo@nodo50.org-
21 de setembro de 2015 18:08
___________________

luns, setembro 21, 2015

Human, é un excelente filme de Yann Arthus-Bertrand - Non o deixedes de ver - Paga a pena parar-se - Vídeos


Un documento de moito valor, ... pensamentos, ideas e realidades, mas tamén esteticamente destaca en beleza. Non o deixedes de ver. Paga a pena parar-se. HUMAN está formada por máis de 200 incríbeis retratos e entrevistas de persoas de distintos ámbitos e estilos de vida que ensinan distintos aspectos do que nos fai persoas humanas.

"Soñei cunha película onde a forza das palabras reflicta a beleza do mundo. Os homes faláronme de todo e é toda esta beleza da palabra humana que esta en o corazón de HUMAN. Esta película leva a voz de todos os homes e mulleres que me confiaron a súa historia. Vólvese o seu mensaxeiro".

Yann Arthus-Bertrand

Composta de imaxes aéreas inéditas e de testemuños, a nova película do fotografo e cineasta Yann Arthus-Bertrand retrata a humanidade de hoxe en dia. Rodeada en 60 países durante mais de dous anos, as 220 persoas entrevistadas entregan testemuños auténticos e profundos, abarcando temas universais como a loita contra a pobreza, a guerra, a homofobia pero tamén o amor, a familia e o futuro do noso planeta. Música de Armand Amar.

Publicado en 11 de set de 2015

Que é o que nos fai humanos? Que amamos, que loitamos, que rimos, que choramos? É a nosa curiosidade? A procura de descubrimentos? Dirixido por estas preguntas, o cineasta e artista Yann Arthus-Bertrand pasou tres anos recollendo historias da vida real de 220 homes e mulleres de 60 países. Traballando cun equipo dedicado de tradutores, xornalistas e cámaras, Yann captura temas moi persoais e profundos que nos unen a todos: a loita contra a pobreza, a guerra e a homofobia e o futuro do noso planeta. Todo iso mesturado con momentos de amor e felicidade.

Polo de agora a pelicula están en versión orixinal subtitulada en tres idiomas: EN, FR e ES. Mas van continuar a subtitula-la en máis idiomas, o próximo é o PT-BR, mais na web oficial aínda segue en español.

Trailer oficial de HUMAN de Yann Arthus-Bertrand


https://youtu.be/rtM5V0ZZYnY


Vexamos os 3 volumes da película e vivamos a experiencia de #WhatMakesUsHUMAN.

O VOL.1 trata os temas: amor, mulleres, traballo e pobreza. (Duración 1h. 23' 19'')

O VOL.2 trata os temas: guerra, perdón, homosexualidade, familia e vida logo da morte. (Duración 1h. 26' 17'')

O VOL.3 trata os temas: felicidade| educación| discapacidade| inmigración| corrupción e significado da vida. (Duración 1h. 33' 20'')

VOL.1

https://youtu.be/N1WdfVWo1pQ


VOL.2

https://youtu.be/9eWu6l8vnuc


VOL.3

Descubrir máis contidos, en http://g.co/humanthemovie

Vendo a película na canle oficial en Youtube, podes acceder aos moi interesantes comentarios e a moitas entrevistas completas, o que recomendamos.

Web:
https://humanthemovie.withgoogle.com/

Youtube:
https://www.youtube.com/channel/UCP_oTZy1PxwpAps-rVXoUJg Twitter:
https://twitter.com/humanthemovie

Facebook:
https://www.facebook.com/humanthemovie

GooglePlay para móbiles:
https://play.google.com/store/apps/details?id=org.culturalspot.mobile.humanbehindthescene

_______________

Grecia votou, e votou ben, ...por David Rodríguez

Por David Rodríguez [*]
21.09.2015


Unha boa análise do que se ventilaba nestas eleccións gregas fíxoo a Comisión Europea hai uns días asegurando que, desta volta, non había nerviosismo ningún entre a oligarquía europea ante estes comicios. Os dous partidos con máis opcións de gañar non poderían facer ningunha política económica diferente da acordada polo Consenso de Bruxelas-Berlín. Demostrando así que a liña de demarcación en Europa entre o neoliberalismo e a esquerda (entendida esta como a socialdemocracia clásica e todo o que se atopa á súa esquerda) pasa por desafiar a ditadura do euro, auténtica ferramenta de disciplinamento político das clases populares europeas. Como era de esperar, ademáis da vitoria da abstención, Syriza gañou as eleccións sen que se producisen cataclismos nos mercados. Unha vez depurados os seus elementos “excéntricos”, hoxe votar Syriza é “votar ben”.

O partido Podemos celebra a vitoria de Tsipras como aposta a cabalo gañador en momento preelectoral ao tempo que algúns dos chamados municipios do cambio (Madrid, Barcelona, Badalona, Zaragoza e Alacante, así como as cidades galegas da Coruña e Compostela) asinan a Declaración de Zaragoza na que denuncian a falta de marxe de manobra para facer políticas económicas para as maiorías sociais por causa desa apisoadora neoliberal que é a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local, a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira e o artigo 135 da Constitución. Porén, no texto da Declaración de Zaragoza non se chega a mencionar, por ningures, o Pacto Fiscal Europeo, verdadeira fonte da que beben esas leis e ese artigo.

Pola banda do que se presenta coma o outro polo de ruptura, o independentismo catalán, o gran debate céntrase no dereito de Catalunya a ser un membro máis do Consenso de Berlín, e no dereito da futura república catalana a contribuír cunha parte alícuota de imaxinería propia no repuxado dos futuros euros.

Para a esquerda que fía todo á longa marcha polas institucións europeas para a reforma dos tratados (a que institucións democráticas concretas se refiren é xa tema de Expediente X), a elección de Jeremy Corbin significou unha nova inxección de optimismo. Claro que a posición de Corbin e do resto da esquerda da eurozona é substancialmente distinta polo "pequeno detalle" de que se o británico chega a gobernar contará cun Banco Central e unha moeda de seu. Como o mesmo Corbin dicía hai pouco nun artigo no Financial Times, “Deberiamos estar agradecidos a Gordon Brown que como chanceler mantivo ao Reino Unido fóra da moeda única cando outros membros do goberno sostiñan que tiñamos que entrar na mesma”. O cal é outra forma de dicir que o que constitúe o maior problema para a esquerda en toda a Eurozona é un problema resolto para a esquerda británica.

O máis parecido a unha esperanza é o artigo asinado por Melenchon, Lafontaine, Varoufakis e outros, no que se aseguraba que: “Se o euro non pode ser democratizado, se insisten en úsalo para esganar á xente, levantarémonos, fitarémolos, e dirémoslles: Tentádeo, as vosas ameazas non nos asustan. Atoparemos un camiño para asegurar que os europeos teñen un sistema monetario que funcione para eles, non ás súas expensas.”; claro que, hoxe por hoxe, no que respecta a apoios da Francia popular, máis opción terá de rebentar o euro a Front National que o Front de Gauche.

En suma, proletarios da Eurozona, non agardedes que nos anos vindeiros vaiades recibir algo diferente a máis doses de neoliberalismo en vea.
O Funambulista Coxo

Publicado o 20 de Setembro de 2015 no blogue
ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
______________

A Política e o Sistema, ... por Rui Pulido Valente - O caso grego tem sido muito elucidativo e revelador do problema de fundo que atravessa a sociedade ocidental e os seus sistemas políticos

Por Rui Pulido Valente [*]
21.09.2015


As democracias, ditas modernas, só o são (democracias) no quadro do sistema em vigor, isto é, no âmbito do sistema em que existe um domínio dos mercados (diga-se do interesse financeiro daqueles que dominam os mercados de capitais e bens transaccionáveis). Poder-se-ia dizer do sistema capitalista. É-o de facto, mas acontece que hoje, e sempre, houve perspetivas diferenciadas sobre o próprio capitalismo.

À medida que os problemas se vão agravando e as soluções se revelam ineficazes, todos compreendemos que o que divide as pessoas e os partidos são os diferentes objetivos de fundo, uma vez que também todos percebemos que não é possível conciliar o inconciliável: a justiça social é incompatível com a sede de lucros das multinacionais (esse dinheiro não é para investir na sociedade e os impostos pagos, muitas vezes, também não); o interesse das pequenas e médias empresas não é conciliável com a ganância da banca quando aplica as taxas de juro nos empréstimos (também esse dinheiro não é aplicado socialmente nem os impostos que os bancos pagam); os paraísos fiscais não trazem vantagens para as populações, mas sim, para os donos do capital; a corrupção é uma ferramenta de trabalho fundamental para a manutenção do atual sistema económico e político que não tem qualquer benefício para o cidadão comum [a ideologia, estúpido!!!].

Podemos concluir então o que já há muito é evidente. Há interesses antagónicos inconciliáveis pelo que qualquer política passa por definir quais os interesses que devem prevalecer: os daqueles que controlam o dinheiro e dominam a finança, ignorando toda a sociedade e os seus valores de justiça, equidade, bem comum, desenvolvimento equilibrado, ambiente sustentável, transparência, ética, seriedade, respeito pela diferença; ou os da maioria da população, que sabe que as assimetrias atuais são sempre impeditivas de poder cumprir aqueles valores básicos da vida em comum.

Será possível governar sem corrupção? Parece que no atual sistema, tal não é possível, basta olhar para os exemplos que todos os dias nos aparecem à frente!

O caso da Grécia mostra que a ideologia dominante quer manter a ideia de que o sistema apenas funciona com aquelas regras, sendo inevitável a austeridade para alguns enquanto que outros recebem os juros resultantes de um modelo de desenvolvimento que não tem por base os próprios recursos nacionais e políticas de industrialização e de crescimento económico bem definidas.

O sistema capitalista tem outras variantes, a democracia tem outras dimensões, a sociedade exige novos modelos de organização. Quando se refere que não há alternativa ao capitalismo mantemo-nos num quadro que tem por base o paradigma de uma sociedade sempre em crescimento baseada nas assimetrias entre ricos e pobres e no domínio do dinheiro. Se o paradigma mudar as alternativas surgem e não é necessário acabar primeiro com o capitalismo pois ele próprio encontrará um caminho que levará a um sistema de sociedade diferente.

O que temos presenciado é a paranoia de alguns grupos políticos quanto à possibilidade de existirem soluções alternativas que deixem de se basear nos valores do individualismo, do nacionalismo, da xenofobia e da ditadura do dinheiro.

Quando se diz que um partido é contra o sistema como o caso do Syriza ou do Bloco de Esquerda estamos a dizer que são contra o que hoje personifica o sistema capitalista com toda a carga de valores anti-sociedade (ou anti-sociais) que acarreta, traduzida também por inúmeras figuras públicas corruptas, pouco sérias, vivendo na ostentação, contradizendo-se sistematicamente (são precisos nomes?). Chegamos então aos partidos e à prática democrática que também está excessivamente marcada por este sistema capitalista que de democrático tem pouco, escondendo-se na sua burocracia e nas leis, quando necessário (e nas regras).

No seu livro “Rebooting Democracy” ou na versão portuguesa “Reinventar a Democracia”, Manuel Arriaga, investigador português a trabalhar em Inglaterra e nos Estados Unidos, refere várias experiências de democracia participativa e fala claramente da necessidade de mudança na prática partidária e no sistema partidário. Não são exemplos teóricos que ele refere mas práticas concretas com bons resultados em países tão próximos como Malta, Irlanda, Canada, Austrália e Estados Unidos.

Há, hoje, problemas nas sociedades que não têm resolução através do sistema político tradicional, que exigem outras formas de participação dos cidadãos e novas oportunidades de intervenção cívica. Mas para tal é necessário que os carreiristas abram mão do seu poder e o cidadão deixe de depositar nos políticos, de 4 em 4 anos, o tratamento exclusivo dos problemas e a defesa dos seus interesses.

Também muitos já compreenderam que o futuro das sociedades passa por uma redefinição do papel do Estado nas democracias. A ideia de que não é necessário um poder público interventivo e responsável por algumas áreas e as experiências de Reagan e Tatcher, já deixaram as suas marcas negativas. Há quem queira insistir nessas receitas mas a crise veio criar-lhes novas dificuldades. Mesmo na discussão do Tratado Transatlântico de Comércio e Investimento o problema passa pelo total desrespeito pela soberania dos Estados, dando mais força e valor às multinacionais do que aos próprios países. Será?

Havia quem anunciasse o fim da História! Há os que agora pretendem o fim da Política, impedindo os Estados e os seus cidadãos de terem uma palavra no futuro das suas pátrias. São aqueles que se vendem para obterem uma reforma dourada! Mas morrem como os outros! E não mudam o Mundo, pelo contrário, são avessos à mudança!

21 de Setembro, 2015 - 09:32h em http://www.esquerda.net/

Artigo publicado em portalegre.bloco.org em 16 de setembro de 2015

[
*] Rui Pulido Valente, é professor do Instituto Politécnico de Portalegre e da Escola Superior de Gestão e Tecnologia. Cabeça de lista do Bloco de Esquerda nas eleições legislativas de 2015, pelo círculo de Portalegre, como candidato Independente.
___________

A CIG solicita do goberno turco o cese inmediato de todas as accións militares, policiais e políticas contra a poboación kurda


A CIG solicita do goberno turco o cese inmediato de todas as accións militares, policiais e políticas contra a poboación kurda. | Manifesta a súa enérxica condena á represión á que está sometido o pobo kurdo. | A CIG, a través do seu Departamento de Internacional, vén de dirixir un escrito ao embaixador da República de Turquía para manifestar que “condena con toda enerxía a represión á que está sometido” o pobo kudo e solicitar “con firmeza ao goberno turco o ce.se inmediato de todas as accións militares, policiais e políticas  en curso contra a poboación kurda”.

Sr. Don ÖmerÖnhon

Embaixador da República de Turquía

Estimado Sr.

Nos últimos meses, numerosos medios de comunicación de diferentes Países recollen noticias referidas a un progresivo endurecemento da política represiva do Goberno turco cara a poboación kurda en Turquía, Siria e Iraq.

Coa desculpa de combater ao Exército Islámico de Iraq e Siria (ISIS), Turquía está procedendo a un sistemático acoso da poboación civil kurda, ao tempo que intensifica as accións militares contra o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK). Durante o mes de agosto, a aviación turca realizou máis de 500 ataques contra o PKK. Nese mesmo período as accións contra o ISIS, foron unicamente tres. As xustificacións do goberno turco son tan pouco críbeis que mesmo algúns funcionarios de alto rango de Estados Unidos están recoñecendo que a declaración de Turquía de terse unido á loita contra o ISIS foi simplemente unha estrataxema para bombardear o PKK.

Moitos outros feitos poñen de manifesto o reinicio da ofensiva antikurda, algúns dos que salientamos de seguido.

Desde abril deste año, o goberno turco negou todas as visitas, incluíndo as dos seus avogados, a Abdulá Ocalan o líder histórico do PKK. Condenado a cadea perpetua en 1999, confinado nunha cela de 12 metros cadrados nunha prisión da illa Imrali, podería ser o único capaz de pór fin aos enfrontamentos e relanzar o proceso de paz, pero todas as informacións coinciden en valorar con grande preocupación o su crecente illamento. Non está de máis lembrar que o ano pasado, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenou a Turquía por tratos "inhumanos" contra o líder kurdo.

O 24 de xullo, Turquía iniciou o bombardeo das posicións kurdas no norte de Iraq, rompendo a tregua iniciada unilateralmente polo PKK no ano 2013 e poñendo fin ás conversas de paz. A ruptura da tregua ten lugar un mes despois das eleccións lexislativas nas que o Partido Democrático dos Pobos (HDP) obtén 80 escanos, superando ol 10% dos votos exixidos para entrar no parlamento, levando por primeira vez representación directa kurda á cámara lexislativa.

A semana pasada, LeylaZana, histórica militante kurda, Premio Sajarov de Dereitos Humanos concedido pola Unión Europea e deputada do HDP no Parlamento turco, iniciou unha folga de fame para presionar a favor do reinicio das negociacións de paz entre o goberno de Turquía e o PKK.

O 4 de setembro, o exército turco iniciou un asedio total á cidade kurda de Cizre. Durante nove días non se permitiu a entrada ou saída de persoas, impedindo tamén o subministro de mercadorías, incluídos os alimentos. O cerco estableceuse co argumento de que se persegue o terrorismo do PKK, cando é notorio que esta organización non opera nesta zona. O asedio, complementado con actuacións da policía no interior da cidade, saldouse coa morte de varias decenas de civís kurdos. Agora que o toque de queda de 24 horas foi levantado, o Ministerio do Interior de Turquía anunciou que Leylaİmret -primeira muller elixida co-alcaldesa de Cizre, co 82% dos votos- será retirada do seu cargo da cidade cercada. Simultaneamente, o Fiscal do Estado iniciou unha investigación contra Leyla por “propaganda dunha organización terrorista” e “incitar á rebelión”.

Fronte á situación que atravesa a comunidade kurda, situación  exemplificada nos parágrafos anteriores, a central sindical Confederación Intersindical Galega (CIG), ao tempo que expresa a súa solidariedade co Pobo kurdo e condena con toda enerxía a represión á que está sometido, solicita con firmeza ao goberno turco o cese inmediato de todas as accións militares, policiais e políticas  en curso contra a poboación kurda.

15 de Setembro de 2015

Fonte: Avantar.

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
21 de setembro de 2015 10:33

Envio esta carta enviada pola CIG ao embaixador turco. Toda ajuda é pouca para evitar um novo genocidio. Acho que está muito bem aclarado o conflito atual.

________________

venres, setembro 18, 2015

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do LNG 'British Ruby', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Venres 18 de Setembro 2015, ás 8 da Tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 VENRES 18 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

O LNG Tanker "British Ruby", de bandeira da Illa de Man (Reino Unido), vai descargar miles de toneladas de gas natural licuado para Reganosa. Un buque gaseiro, de grande porte, con máis de 288 metros de eslora, 44 de manga e un calado de 12,2 m, que pode cargar sobre uns 155.000 m³ de gas natural licuado (LNG / GLN). O "LNG British Ruby" vai entrar pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.500 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos (Punta Promontorio). No caso de entrar, Este buque faría o gaseiro número 200 que descargaría en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

A recente Traxedia, ocorrida  na cidade portuaria China de Tianjin, coa explosión do almacén de substancias químicas, con 170 persoas mortas ou desaparecidas e case 800 feridas, pon en evidencia o perigo das instalacións  que, como a Planta de Gas de Reganosa, non gardan as distancias legais aos núcleos de poboación e constitúen unha ameaza para a vida das persoas.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este Venres ás 8 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Pasaron xa máis de tres anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de setembro de 2015 12:10
_______________

sábado, setembro 12, 2015

En Ferrol como no resto das cidades de Galiza, este Domingo 13 de Setembro, vai ter lugar unha mobilización en solidariedade coas persoas refuxiadas ante a crise humanitaria que se está a vivir en Europa


SOLIDARIEDADE GALEGA COAS PERSOAS REFUXADAS
Domingo 13 de Setembro.


Ante a crise humanitaria que se está a vivir en Europa, a CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas (pola CIG, CCOO, UGT, BNG, EU, ANOVA,  PSOE, Podemos e Asemblea de Cooperación pola Paz) para este domingo, 13 de setembro, en apoio ás persoas refuxiadas e desprazadas. As manifestacións e concentracións, convocadas por organizacións sindicais, políticas e sociais e abertas á novas adhesións, realizaranse nas sete cidades galegas.

Nas últimas semanas estamos a ver a diario na prensa como milleiros de persoas tentan chegar a Europa na procura de protección, empurradas polas inhumanas condicións que sofren nos seus países de orixe ou polas situacións de conflito bélico das que se ven obrigadas a fuxir .

Non cómpre perde de vista que estas persoas foxen dos seus países como consecuencia da guerra e destrución causada polas sucesivas actuacións imperialistas dos EEUU e dos seus aliados europeos;  sendo os responsábeis últimos desta situación de emerxencia humanitaria.

Porén, nun exercicio de cinismo e hipocrisía absoluta, os Estados e institucións europeas non están respondendo adecuadamente a esta crise humanitaria, mesmo dándose casos de gobernos que promoven ou practican actuacións que vulneran os dereitos e tratados internacionais a respecto das persoas refuxiadas ou desprazadas.

É urxente que se poña fin á guerra en Siria e as intervencións militares dos Estados Ocidentais na zona, especialmente no Kurdinstán e se promovan activamente a vía pacífica e a negociación para lograr a resolución dos conflitos respetando sempre a soberanía dos pobos. Así mesmo, é urxente a retirada de todas as forzas militares norteamericans e estranxeiras dos países de Oriente Próximo e Norte de Africa.

Europa e o Goberno español non pode ficar agora impasíbel ante semellante crise humanitaria. É vergonzoso que as institucións europeas se mostren incapaces de acoller en condicións dignas as 400.000 persoas que, segundo EUROSTAT, chegaron en situación de risco ou persecución no que vai deste ano 2015.

Por todo isto, e baixo o lema «Solidariedade galega coas persoas refuxiadas», a CIG anima a participar nas mobilizacións que esta fin de semana terán lugar en toda Galiza.

HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS:

- A Coruña: ás 12 h, praza da Palloza.
- Ferrol: ás 12 h, praza de España.
- Santiago de Compostela: ás 12 h, praza do Obradoiro.
- Lugo: ás 12:30 h, Subdelegación do Goberno.
- Ourense: ás 12 h, Subdelegación do Goberno.
- Pontevedra: ás 12 h, praza da Ferreiría.
- Vigo: ás 12 h, Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

Executiva Confederal da CIG

Nota: esta mensaxe foi enviada desde un enderezo de correo electrónico que non acepta mensaxes entrantes. Por favor, non respondas esta mensaxe, para calquera tipo de consulta ponte en contacto coa túa Unión Local ou Comarca de afiliación.

http://www.galizacig.gal/avantar/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
cig@cig-galiza.org
11 de setembro de 2015 10:40
______________

luns, agosto 03, 2015

Manifesto da MMM e de AGAMME lido nas concentracións de repulsa polo asesinato de Amaia e Candela


A morte dunha crianza é sempre dura de aceptar, preséntasenos como algo case antinatural. Pero cando é un asasinato do propio pai, a imposibilidade de aceptar, de comprender, lévanos ao estupor e a tentar alonxar da nosa mente esa imaxe que se nos fai insoportable.

Quizais por iso buscamos a explicación desa “loucura” nun problema individual, de alienación mental , reducíndoo ao ámbito familiar onde ocorreu o asasinato, para non ter que responsabilizarnos colectivamente. Para non ter que cuestionar ese esquema social que desprotexe as vítimas da violencia machista.

Non debemos aceptar que se fale de conflito marital, pois é unha fórmula que leva á desprotección das vítimas mulleres, nenas e nenos. Falemos de problema orgánico, dun esquema social patriarcal que atopa a súa máxima expresión na estrutura familiar: o pai (cabeza de familia) como controlador das vidas da súa prole e da súa muller. A nai, como figura subordinada, pasa a ter a consideración de persoa que non acada nunca a maioría de idade. Os fillos e fillas son as posesións, obxectos que o patriarca utiliza e sobre os que ostenta certos dereitos.

Chamémoslle máis ben abuso de poder, pois é precisamente o desequilibrio de forzas o que caracteriza o sistema familiar patriarcal.

Formamos parte dunha sociedade que tolera e incluso incentiva certas formas de violencia, que continúa a considerar a familia un espazo privado onde o maltrato é posible e que silencia ás vítimas.

Rompamos o pacto de silencio e deixemos aos nenos e nenas vítimas expresar a súa dor, aprendamos a escoitalas, e a crer nelas.

Adiantando que un dos problemas para coñecer o verdadeiro impacto do maltrato infantil é a ausencia de datos e estudos actualizados, sinalamos algunhas cifras:

Dende 2013, 14 nenas e nenos foron asasinados no Estado Español no marco de violencia machista.

Máis de 100 perderon ás súas nais

Máis de 3000 foron vítimas no ámbito familiar.

Segundo a memoria de análise de impacto do anteproxecto de lei de protección á infancia, o 54% das nais vítimas de violencia machista relatan que os seus fillos e fillas sofren tamén violencia.

O Consello de Europa estima que un 20% da poboación infantil é vítima de abuso sexual, cuxos vitimarios serían nun 80% membros da propia familia.

Estudios de prevalencia indican que o 99% da poboación adulta relata ter sido obxecto dalgunha forma de maltrato intrafamiliar na súa infancia.

Os gobernos teñen a obriga de plantexar políticas integrais contra a violencia machista que inclúan as fillas e fillos das vítimas de violencia e que rectifiquen as carencias do sistema actual, ao abeiro do marco normativo internacional e dos requirimentos da sociedade civil:

Dende a clase política, que non acaba de entender a necesidade de introducir asuntos de infancia nas súas axendas e que, pola contra, continúan a entender o que atinxe aos nenos e nenas como asuntos menores.

Pasando polo ámbito xurídico, cunha xustiza anquilosada en esquemas e hábitos do pasado e en absoluto adaptada ás necesidade e características específicas da infancia.

Así como no caso dos diversos servizos da administración galega dirixidos cara a atención á infancia, con equipos técnicos que carecen de toda formación específica nesta área, tal e como sinala o Valedor do Pobo nos seus informes dos dous últimos anos.

O Estado Español négase a cumprir a resolución do Comité para a Erradicación da Violencia Contra a Muller de Nacións Unidas (CEDAW), que obrigaba en agosto do ano pasado a indemnizar a Ángela González. No corpo do documento, a CEDAW expresa a súa condena ao Estado Español non ser dilixente na protección de nai e filla, vítimas de violencia machista. A nena, Andrea, de sete anos, foi asasinada polo pai durante unha das visitas que se lle outorgara por sentenza xudicial. A resolución de Nacións Unidas indica ademais a obriga do Estado Español de realizar unha serie de modificacións no funcionamento das institucións de tal maneira que se corrixa o sego de xénero no ámbito xudicial. O comité tiña observado esta forma de discriminación en asuntos tales como a consideración do interese superior do menor, a avaliación da necesidade de protección das vítimas, así como o feito de que se considerase de maneira prioritaria o dereito do pai ás visitas, por riba dos dereitos da nena. O Estado Español, a través de resolución do Tribunal Supremo, considera que a resolución da ONU non é vinculante polo que se nega a darlle cumprimento.

O movemento feminista ven denunciando durante anos a instrumentalización das crianzas por parte dos seus pais para seguir perpetuando a violencia que sofren as nais. Os fillos e fillas son,a cotío, armas e vítimas da violencia. A miúdo se lles emprega para desacreditar á nai, para ameazala, para intimidala, e noutros casos, como testemuñas ou mesmo obxecto da violencia do home, como é o caso que hoxe denunciamos.

Por iso, facemos un chamado á loita para a erradicación da violencia contra as mulleres, nenas e nenos; a ruptura cos esquemas patriarcais que marcan as relacións interpersoais e as estruturas familiares; a reivindicación da problemática do maltrato infantil como un asunto de interese xeral que debe colocarse en lugar preferente en cada unha das áreas da organización do noso país, tanto no micro como no macro, no cotiá como no institucional; un cambio de paradigma, en fin, na consideración da infancia e dos seus dereitos.

Estamos hoxe aquí porque queremos mudar una situación insostíbel para as mulleres e para as crianzas, porque forma parte da nosa responsabilidade. Queremos visibilizar o noso rexeitamento, que toda a sociedade entenda que é a nosa vida e a dos nenos e nenas a que está en perigo. Que non lle pertencemos a ninguén. E que non imos ficar caladas, que non toleramos a violencia contra as crianzas, igual que non toleramos a violencia contra as mulleres.

Transmitimos, así mesmo, o noso pesar e a nosa solidariedade á nai e á familia das pequenas, porque non podemos imaxinar nada máis doloroso para ningunha nai e porque ela tamén é vítima.

Amaia e Candela permanecerán para sempre na nosa mente e no noso corazón, e é un deber de todas e todos nós marcarnos como meta que o horror non se volva repetir.

O MACHISMO MATA, NON SEXAMOS CÓMPLICES.

BASTA XA DE VIOLENCIA MACHISTA.

Asociación galega contra o maltrato a menores AGAMME

Marcha Mundial das Mulleres

Foto de Daniel Alexandre no Diario de Ferrol