xoves, maio 26, 2016

Defendemos no Parlamento Europeo que non se debe pagar a débeda, polo que ten de ilexítima, ilegal e odiosa - Lídia Senra no Parlamento Europeo que está en sesión plenaria en Bruxelas, os 25 e 26 de Maio - Vídeo resumo da xornada "Débeda pública: O impacto do memorando da Unión Europea", celebrada en Compostela o 21 de Maio


Até as 23.30hrs. de onte, e hoxe entre as 08.30 e as 13.30hrs. desenvólvese a sesión plenaria do Parlamento Europeo en Bruxelas. | Adiantamos declaracións da eurodeputada de AGEe esta noite na quenda libre de turno de palabra para denunciar a estafa da débeda. | Defendemos no Parlamento Europeo que non se debe pagar a débeda, polo que ten de ilexítima, ilegal e odiosa.


O mércores 25 de maio, de 15.00hrs. a 23.00hrs, e o xoves 26, dende as 08.30 e até as 13.30hrs, o Parlamento Europeo (PE) está en sesión plenaria en Bruxelas [ORDE DO DIA e SEGUIMENTO EN DIRECTO, de 25 a 26 de Maio de 2016 - Bruxelas].

Esta noite, durante a quenda de intervención libre dun minuto de duración, a eurodeputada de AGE, Lídia Senra, referirase á crise da débeda no Estado español -que a día de hoxe supera o 100% do Produto Interior Bruto (PIB)-, identificándoa como "o eixe central das reformas antisociais realizadas polos Gobernos nos últimos anos".

As clases populares estanse a ver abafadas nunha situación na que teñen máis gastos que ingresos, situación que se explica atendendo, por unha banda, á débeda pública e, por outra, ás "políticas neoliberais que nestes últimos anos levaron á deslocalización da produción, á eliminación de postos de traballo, á privatización de empresas públicas e a políticas fiscais regresivas que fan que o Estado ingrese menos”. No ano 2013 o 25% do orzamento do Estado foise para pagar os xuros da débeda.

Durante a súa intervención Senra lembrará que "a pobreza, o desemprego, a precarización laboral e das pensións e a exclusión social non deixan de aumentar". Na Galiza, seis de cada dez fogares teñen dificultades para chegar a fin de mes, e un terzo da nosa mocidade vive en risco de pobreza  ou exclusión social.

Nestes días soubemos que o presidente da Comisión Europea, o conservador Jean Claude Juncker, cómplice necesario na evasión de impostos a través de Luxemburgo cando era Primeiro Ministro, "ten a desvergoña de pedir un novo axuste fiscal de máis de 8.000millóns de euros e ameaza con multa de 2.200 millóns", é dicir, o 0.2% do PIB; "iso si, despois das eleccións no Estado, para podelo empregar como arma política contra a cidadanía no caso de que os resultados non lles gusten".

"Sras. deputadas/os, Sr. Juncker, os pobos do Sul esiximos que deixen de enganarnos", reivindicará Senra en alusión á carta de Rajoy a Juncker filtrada recentemente, unha misiva que para a eurodeputada galega constitúe "unha burla e un engano ás persoas que o próximo día 26 están chamadas a votar no Estado Español".

"Nas seguintes eleccións agardamos a chegada dun Goberno de esquerdas que poña fin á chantaxe e ao negocio duns poucos negándose a pagar a débeda polo que ten de ilexítima, ilegal e odiosa", concluirá.

Para analizar a actual situación económica e debullar propostas de resposta, o pasado sábado 21 de maio o grupo parlamentario da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), do que AGEe fai parte, desenvolveu en Compostela a xornada “Débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea”.

Bruxelas, 25 Maio 2016.


Vídeo resumo da xornada "Débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea". Celebrada en Santiago o 21 de maio do 2016

Existe a débeda? Existe e supera xa o 100% do PIB do Estado español. Pero é xusto que a sociedade pague as súas consecuencias? Non, evidentemente. A débeda é inxusta, non é soberana, a poboación non é responsable dela e sen embargo somos as clases populares quen a estamos pagando coa imposición de recortes nos servizos públicos e para beneficio dunha elite financeira minoritaria privilexiada. Non vale unha reestruturación, se a débeda é ilexítima, o único que se pode aceptar é a súa cancelación. As forzas de esquerda debémolo ter claro.


https://youtu.be/ZT5UIA2JD-0

Vídeo resumo da xornada "Débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea". Celebrada en Santiago o 21 de maio do 2016 e organizada polo GUE/NGL e AGEe, coa participación de Lídia Senra, Éric Toussaint, Xosé Manuel Beiras, David Rodríguez, Iolanda Fresnillo, Joan Tafalla, Esther Duro, Mar Blanco, Ramón Franquesa, Xoán Carlos Carreira, Miguel Quinteiro, Antón Sánchez, María Luisa Lores e Concha Fernández. | Publicado en 24 de Maio de 2016. Canle AGEe Europa.

Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

   

Nota.- A foto corrresponde a Intervención da eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa en sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo Maio de 2016, sobre a situación social en Gambia.


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
25 de maio de 2016 18:35
__________

Esquerda Unida de Narón leva a pleno unha moción para esixir o fin do bloqueo a Cuba - En varios concellos galegos xa se presentaron mocións neste senso, até no Parlamento Galego onde foi aprobada por unanimidade unha resolución polo fin do inxusto e ilegal bloqueo a Cuba


Esquerda Unida de Narón leva a pleno unha moción para esixir o “FIN DO BLOQUEO A CUBA”.


A Resolución 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”, concluíu con 191 países a favor da Resolución e dous en contra: Estados Unidos e Israel, sen ningunha abstención.

As medidas promulgadas ata o momento pola Casa Branca deron mostras do seu limitado alcance e o moito que aínda se pode facer para modificar substancialmente a aplicación do bloqueo.

Actualmente esta inxusta política continúa afectando a  todas as áreas da vida económica, social e cultural do pobo cubano restrinxindo as posibilidades económicas de Cuba e lastrando o seu futuro.

O seu carácter extraterritorial, mostra como esta política viola con total impunidade o Dereito Internacional e en particular o principio de igualdade  soberana dos Estados consagrado na Carta das Nacións Unidas.

No seo da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, durante 23 oportunidades consecutivas, unha abrumadora maioría de Estados recoñeceu o bloqueo contra Cuba como unha política absurda, ilegal e moralmente insostíbel.

A recente visita do Presidente, Barak Obama a Cuba debe supor un pulo para a prosecución das relacións diplomáticas entre ambos países, co fin de levantar o embargo.

Os acordos que se piden o Pleno do Concello de Narón son os seguintes:
  1. Demandar dos EE.U. de América o levantamento do embargo a Cuba.
  2. Se remita este acordo ao Parlamento de Galicia e ao Consulado de Cuba en Galicia.
En varios concellos galegos xa se presentaron mocións neste senso, ata no Parlamento Galego onde foi aprobada por unanimidade unha resolución polo fin do inxusto e ilegal bloqueo a Cuba que so trouxo sufrimento a este pobo irmán.

Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Concelleiro: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/



Enviado por:

Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
24 de maio de 2016 18:46

________________

Este 28M bus das Marchas da Dignidade dende Ferrol a Lugo - Este sábado 28M, #MurallaDignidade

Este 28M bus das Marchas dende Ferrol a Lugo. Este sábado 28M, #MurallaDignidade. Pódeste apuntar Xa!

Como sabes este sábado 28 de Maio, hai mobilizacións en toda Europa. No conxunto do estado as Marchas da Dignidade tamén mobilizan. Na Galiza decidimos convocar en Lugo, na que entraremos nas históricas murallas romanas da cidade, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade". Todas as columnas da Galiza confluiremos, ás 12 do mediodía en Lugo, para rematar na Praza Maior, onde está programada unha concentración e un acto final.

Desde Ferrol, sairán autobuses, desde a Praza 10 de Marzo, no barrio de Recimil, nas inmediacións d'As Pías. A saída está programada para ás 10 da mañá. Regresaremos, desde Lugo, entre as 14:00 e 14:30 horas.

Están previstas paradas en Caranza, Fene e Cabanas.

O prezo de ida/volta por persoa é de 6 euros.

Pódeste apuntar chamando ao Teléfono:

602 587 531

Escribindo-nos ao noso correo-e:

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

ou apuntándote no formulario:

Formulario autobus a Lugo.

Enlace de referencia:
  • Unha primavera de mobilización e loita: As Marchas da Dignidade volvemos ás rúas o 28 de Maio con mobilizacions na Galiza e simultáneas, nesa data, en todo o Estado e no resto de Europa - Imos a Lugo este 28M, a construír entre tod@s unha Muralla de Dignidade. | Ir á Web.
Eventos:
Ferrol a Lugo 28M
https://www.facebook.com/events/1746319132281983/
Galego a Lugo 28M
https://www.facebook.com/events/962423563856468/
https://www.facebook.com/events/1773664319530143/
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/ |
Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica:
http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
25 de maio de 2016 18:31

_____________

martes, maio 24, 2016

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes, na que propón a renuncia ao contrato eléctrico, co obxectivo do rescate para a xestión pública de dito servizo - Texto da Moción anexo


Para o BNG de continuar adiante con este concurso..., o que vai facer é hipotecar ós veciños e veciñas desta cidade e continuar avanzando..., nun camiño desaforado cara á privatización... de servizos...

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes na que propón a renuncia ao contrato eléctrico, co obxectivo do rescate para a xestión pública de dito servizo.

O BNG PROPÓN AO PLENO À RENUNCIA AO CONTRATO ELÉCTRICO


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno municipal de fin de mes na que propón a renuncia ao contrato do subministro, servizos enerxéticos e mantemento das instalacións de alumeado público exterior e dependencias municipais xustificando o interese público e carácter prioritario de dito servizo.

O BNG considera que é preciso que o goberno local asuma a importancia deste servizo e encare decididamente o obxectivo da xestión pública do subministro e do mantemento eléctrico mediante a renuncia ao procedimento iniciado polo PP.

O BNG propón, así mesmo, que se elabore a declaración de servizo público esencial do servizo de subministración e mantemento eléctrico e a determinación do persoal necesario para o desenvolvemento desta actividade e a forma de integralo na administración local co fin de cubrir necesidades urxentes e inaprazábeis.

Para o BNG de continuar adiante con este concurso, que a día de hoxe continúa sen resolver e que polo tanto pode ser revocado, o que vai facer é hipotecar ós veciños e veciñas desta cidade e continuar avanzando nunha política que consiste na redución e no adelgazamento da prestación de servizos por parte da Administración Pública, nun camiño desaforado cara á privatización mediante a externalización de servizos que deberían e poderían ser prestados por parte desta Administración Local.

O BNG lembra que finalmente se o Goberno Local decide asumir este concurso, promovido polo Partido Popular, vai hipotecar aos veciños e veciñas desta cidade. En primeiro lugar porque vincula o subministro eléctrico co servizo de mantemento, de modo que o subministro que supón o 60% dos custes do contrato condiciona o mantemento para grande beneficio da empresa concesionaria, por dúas razóns evidentes: por que o concello deixa de exercer un control directo sobre o prezo da enerxía que contrata e ademais fai-no por un período de quince anos; o que nun mercado coma o enerxético, sometido a constantes cambios na regulación e na súa lexislación, é cando menos unha temeridade porque, nun contexto coma o actual, o da enerxía é unha das variables económicas máis importantes nun contexto en permanente cambio coma o actual pero ademais privatizan o servizo de mantemento, un servizo que perfectamente podería ser asumible polo propio Concello.

Ferrol, a 23 de Maio, de 2016.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 - Ferrol
bngferrol@gmail.com
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.



Moción do BNG ao Pleno do concello de Ferrol, do vindeiro 26 de Maio de 2016, onde se insta ao Concello á renuncia do Contrato Eléctrico, para iniciar o proceso do rescate da xestión pública do servizo. | Acceder/Baixar.

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
23 de maio de 2016 20:40
______________

luns, maio 23, 2016

Caso Reganosa: O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou denuncia ante o Xulgado de Garda de Ferrol, pola entrada dun gaseiro cargado con GNL/LNG para ilegal e perigosa Reganosa, sen que esta dispoña de autorización para o seu funcionamento, pois foron anuladas por sentenzas firmes do Tribunal Supremo que foron comunicadas ás distintas administracións


O sábado 21 de Maio deste 2016, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentaron denuncia no Xulgado de Garda de Ferrol, pola entrada, que estaba prevista para esa tarde, do Gaseiro "LNG Akwa Ibom" a REGANOSA, logo que o Tribunal Supremo en sucesivas sentencias declarara a ilegalidade das autorizacións de funcionamento da Planta de Gas.

Na denuncia sinálanse como responsábeis ao Capitán Marítimo, Presidente da Autoridade Portuaria, Director de Reganosa e Director do Xestor Técnico do Sistema Gasístico.


Ao Xulgado de Garda de Ferrol

Luz Mariña Torrente Lopez, con DNI XX.XXX.XXX-X, con domicilio a efectos de notificacións en XXXXXXXXXXXXXXX, en nome e representación da "PLATAFORMA DE VECIÑOS CRUCEIRO DE MEHA (MUGARDOS)" co número de CIF XXXXXXXXX.

Manuel Angel Rodriguez Carballeira, con DNI XX.XXX.XXX-X, con domicilio a efectos de notificaciones en XXXXXXXXXXXXXXX, en nome e representación da "ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN" con NIFXXXXXXXXX.

Humberto Fidalgo Couce, con DNI XX.XXX.XXX-X, con dirección a efectos de notificación en XXXXXXXXXXXXXXX, membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en representación de ADEGA Ferrolterra.

A planta de regasificación de REGANOSA localizada en Punta Promontoiro no Concello de Mugardos non dispón de autorización para o seu funcionamento por sentenzas firmes do Tribunal Supremo (achéganse) que foron comunicadas ás distintas administracións.

Temos coñecemento que coa pleamar do dia 21 de Maio ten prevista a entrada dun buque gasero na Ría de Ferrol e o posterior atraque no pantalán de REGANOSA para descargar gas natural licuado que será almacenado nos tanques que dispón esta empresa e que posteriormente sería incorporado ao Sistema Gasista do Estado.

Todas estas operacións entrañan un risco para as poboacións próximas e supón un evidente menosprezo ás decisións do máis alto Tribunal do Estado, feitos que poderían constituír un delito de desobediencia á autoridade; contra a ordenación do territorio e contra a seguridade colectiva.

Consideramos responsables destas actuacións ao Capitán Marítimo de Ferrol: Jorge Cao, ao Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao: José Vilariño, ao Director de REGANOSA: Emilio Bruquetas e ao Director Xeral do Xestor Técnico do Sistema Gasista de ENAGAS.

Ferrol a 21 de Maio de 2016


AMPLIACIÓN DA DENUNCIA DE HOXE, APORTANDO IMPORTANTES ARGUMENTOS, ANTE A ENTRADA NA RÍA DO GASEIRO AKWA IBOM, CARGADO DE GNL PARA REGANOSA

Pola tarde o CCE presentou no Xulgado de Garda una ampliación á denuncia presentada pola mañá.

Desoindo as Sentencias do Tribunal Supremo, entrou hoxe un novo Gaseiro a REGANOSA, a una Planta declarada ILEGAL, poñendo en risco a toda a cidadanía.

Que compañía de seguros cubre a una Planta DECLARADA ILEGAL?


AO XULGADO DE GARDA DE FERROL

Luz Mariña Torrente Lopez, con DNI XX.XXX.XXX-X, con domicilio a efectos de notificacións en XXXXXXXXXXXXXXX, en nome e representación da "PLATAFORMA DE VECIÑOS CRUCEIRO DE MEHA (MUGARDOS)" co número de CIF XXXXXXXXX.

Manuel Angel Rodriguez Carballeira, con DNI XX.XXX.XXX-X, con domicilio a efectos de notificaciones en XXXXXXXXXXXXXXX, en nome e representación da "ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN" con NIFXXXXXXXXX.

Humberto Fidalgo Couce, con DNI XX.XXX.XXX-X, con dirección a efectos de notificación en XXXXXXXXXXXXXXX, membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en representación de ADEGA Ferrolterra.

Ante o Xulgado comparecemos e DICIMOS:

Que como ampliación á denuncia presentada esta mañá e como continuación, tamén, á conversación mantida coa súa Sría. na que a Xuíz de Garda nos manifestou que a priori non ten intención de actuar de oficio con carácter previo á entrada do gasero, por medio deste novo escrito vimos facilitar a súa Sría. a documentación complementaria con base na cal entendemos non poderá eludir a intervención, posto que nos atopamos ante a inminente comisión de senllos delitos de risco, contra o medio ambiente e contra a seguridade colectiva, así como ante a comisión inminente dun delito de desobediencia ás resolucións do Tribunal Supremo quen non só declarou ilegal a instalación, senón que ademais solicitou o inmediato cumprimento.

Que en calquera caso en relación con estas resolucións do noso máis alto Tribunal habemos de ter en conta que son de natureza declarativa por canto, desde o mesmo momento en que adquiriron firmeza, despregan os seus efectos; devandito contido declarativo implica, pois, que REGANOSA carece na actualidade dos permisos de actividade e é unha instalación ILEGAL.

Achegamos a estes efectos -as dúas sentenzas do Tribunal Supremo achegadas no escrito de denuncia da mañá, o auto de aclaración da segunda delas.

Habemos de anticiparnos, pois é probable que se utilice como argumento, que non pode ampararse o incumpridor dunha sentenza declarativa no prazo de dous meses que establece a lei da xurisdición para a acreditación do cumprimento da sentenza, pois devandito prazo é meramente procesal e só implica a habilitación que tería o Tribunal Supremo para instar a execución en vía contencioso administrativa, e menos cando o pronunciamento declarativo refírase a unha actividade perigosa; pois dicir semellante dislate sería tanto como autorizar actividades perigosas sen cobertura en España por prazos de dous meses, cando obviamente esa non é a finalidade que ten o prazo procesal previsto na lei da xurisdición.

Como pode deducirse da súa lectura a anulación das autorizacións concedidas a REGANOSA é radical e é por iso que a autoridade xudicial esixa que a instalación, si quere continuar coa actividade inicie os trámites de novo; debendo acreditar de conformidade coa normativa que actualmente atópase vixente que esta instalación cumpre os requisitos que esixe o Art. 67 da Lei de Hidrocarburos; isto é adecuación ao territorio, medio ambiente, seguridade e viabilidade económico financeira.

En tanto REGANOSA non volva acreditar ex novo estes requisitos e consiga as novas autorizacións non poderá operar e a autoridade xudicial debería impedirllo.

Teñamos así mesmo en conta que a perdida das autorizacións que habilitan para realizar a actividade implica a perda e non cobertura dos seguros. É por iso que a descarga do GNL do barco que está previsto que entre non estará cuberta polas compañías aseguradoras de tal modo que si se produce un accidente, ninguén se fará cargo do sinistro.

En canto a que o seu Sría ha de esperar a que entre o barco porque si non non se consumou o delito, dicir que nos parece con todos os respectos unha equivocación xurídica.

O tráfico de buques metaneiros en España está controlado por ENAGAS, que asumiu legalmente a posición de regulador do sistema. Todos os barcos que entran e saen das plantas de regasificación españolas prográmanse con suficiente antelación. É por iso que calquera pode saber, como sabemos nós, que existe a intención de dirixir na primeira marea un barco rumbo a REGANOSA, unha planta declarada en firme ILEGAL. Vea-se neste sentido páxina web do regulador do sistema.

É por iso, que separadamente de que programar a entrada dun barco supón unha evidente intención de desobedecer o mandato do Tribunal Supremo -cuestión esta que de por si é un feito o suficientemente grave como para que o representantes da xustiza en Ferrol fosen sensibles a iso-, polas características concretas da autorización que se ha anulado, estamos ante unha instalación básica do Estado e ante un buque cargado até a bandeira con GNL e non ante unha mera vivenda que perdeu a súa licenza urbanística, cuxa demora no cumprimento da sentenza non ten consecuencias para a vida das persoas.

E é, precisamente, pola natureza da instalación e pola altísima perigosidade da actividade pola que hai que reaccionar de xeito preventiva, cando se coñece que unha instalación declarada ilegal decide seguir coma se nada ocorrese coa actividade e coma se o Tribunal Supremo non se pronunciou.

Si estivésemos ante un coche que ten a intención de circular sen seguro e cargados de material pirotécnico ata na baca para acudir á feira de Betanzos, non habería dúbida sobre a necesidade de intervención preventiva.

E é por iso que ante delincuentes que se parapetan detrás de mesas de oficina e ao amparo de grandes corporacións, a sensibilidade e capacidade de reacción dos nosos administradores de xustiza, ante o incumprimento flagrante das resolucións do noso máis alto Tribunal, debería ser a mesma.

Insistimos, pois, que estamos ante unha instalación básica do Estado que por orde do Tribunal Supremo perdeu a habilitación que lle permitía realizar a actividade, que dita actividade non é unha actividade calquera, senón que é unha actividade de altísimo risco que por iso mesmo está sometido a un réxime de permisos rigorosos e altamente complexos e que os xulgados de Ferrol non poden permanecer inactivos ante esta nova realidade. Polo menos deben investigar e débeno facer de xeito urxente, a fin de impedir calquera danos que poida causar a actitude rebelde de REGANOSA.

Na súa virtude

SUPLICAMOS a actuación de oficio e inmediata do Xulgado na investigación dos posíbeis delitos dos que informamos, co fin de paralizar a actividade de risco de xeito inmediato, debendo en particular solicitar á instalación hoxe mesmo e con anterioridade á entrada dos gaseros, as pólizas de seguros para comprobar si a instalación perdeu a cobertura e o estado de situación das autorizacións.

En Ferrol a 21 de maio de 2016

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:

Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
21 de maio de 2016 16:38
21 de maio de 2016 18:12________________

domingo, maio 22, 2016

AGEe aposta por facer pedagoxía social ante unha “débeda que non é lexítima nin soberana nin ética” - A eurodeputada galega Lídia Senra defende que as forzas de esquerda deben tomar valentía, buscar solucións e oporse a que os Estados paguen a débeda.


A débeda pública, un dos aspectos máis importantes da política económica e da política en xeral que afecta a case todo o mundo e que se converteu nunha ferramenta de dominación que releva o actuar democrático a un plano moi inferior. Onde quen decide nos aspectos fundamentais da vida das persoas e dos países, son as grandes corporacións transnacionais financeiras e industriais, no nome do Deus Mercado. O que supón no actual proceso político europeo e do polo de agora Reino de España, o fundamenta que debemos saber, o fundamental que nos teñen que explicar os partidos políticos que se presentan nestas próximas elección xerais do 26X, de cal é o seu posicionamento e que é o que teñen pensado facer, no caso de participar no goberno ou desde o parlamento español, ante unha débeda impagábel, nas actuais circunstancias, onde xa supera o 100% do PIB anual. Desde Ártabra 21 consideramos de moito interese esta xornada, que se vai difundir integra a través da rede, polo que hai que prestar atención nos vindeiros días no canle de AGEe.  

AGEe aposta por facer pedagoxía social ante unha "débeda ilexítima". | AGEe aposta por facer pedagoxía social ante unha “débeda que non é lexítima nin soberana nin ética”. | Lídia Senra defende que as forzas de esquerda deben tomar valentía, buscar solucións e oporse a que os Estados paguen a débeda. | Un cento de persoas participan na xornada organizada polo GUE/NGL en Santiago sobre o impacto das imposicións europeas.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), asegurou onte que a chamada débeda pública, que, segundo os datos difundidos esta semana polo Banco de España, superou xa no Estado español o 100% do Produto Interior Bruto (PIB), é “unha estafa, un negocio para unhas poucas persoas e un elemento de chantaxe para os pobos e para manter de xeonllos ás clases populares”. Lídia Senra realizou estas afirmacións durante a xornada “Débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea”, organizada este sábado na Facultade de Filosofía de Santiago polo propio GUE/NGL e AGEe e na que participaron ao redor dun cento de persoas.

A eurodeputada realizou un chamamento ás forzas políticas de esquerda para “coller valentía, buscar solucións e facer pedagoxía” na sociedade de cara a que a poboación coñeza que estamos ante uns datos “alarmantes” sobre os que hai que reflexionar, xa que no 2015 a débeda do Estado español estaba en máis de 23.000 euros por persoa. A Comisión Europea esta semana xa advertiu de que se deberán realizar máis axustes e tamén reducir o déficit en 8.100 millóns de euros.

Senra cualificou de “ilexítima” a débeda e defendeu unha oposición ao seu pagamento por parte dos Estados e das clases populares. “Non é lexítimo nin ético que unha débeda provocada na súa inmensa maioría en orixe pola banca e as grandes empresas multinacionais se traspase ao conxunto da cidadanía e sexa utilizada para facer negocio”, exclamou. Por iso, chamou a “plantarse”, non pagar esta débeda ilexítima e desenvolver políticas a favor da maioría da poboación, non da minoría.

Lídia Senra foi a encargada de inaugurar a xornada, xunto co portavoz de AGE no Parlamento galego, Xosé Manuel Beiras, quen alertou, pola súa banda, de que a débeda é un exemplo máis da “deriva fascistizante” ante a que nos atopamos. Beiras asegurou que o poder conseguiu “acostumar á sociedade a asumir falsidades como se foran verdades” a través dun “continuo proceso de perversión”. Así, fronte ao nome de “débeda pública”, puxo a énfase en que “a orixe da débeda non é pública, senón privada”. “Non é unha débeda que contraese o Estado para atender á maioría da cidadanía”, explicou, senón para atender ás entidades financeiras. Por iso, defendeu, igual de Lídia Senra, que “non temos motivo para ter que pagar unha débeda así, que non é soberana”. “Temos que salvar á cidadanía, non ás entidades que provocaron a débeda”, engadiu, e por iso animou a levar a cabo un “combate a fondo, non a medias”, zanxou.

Na xornada participou a economista e responsable de Organización de Anova, Esther Duro, que aportou algúns datos ao respecto da débeda na Galiza. Duro tachou a débeda de “ferramenta de extorsión á soberanía dos Estados” e de “ferramenta de fomento da servidume, na medida en que somete á maioría social á vontade dos novos señores feudais, reencarnados hoxe na elite financeira que goberna o mundo”.

Duro explicou que cando Alberto Núñez Feijóo acadou a presidencia da Xunta, no 2009, a débeda pública galega era de 3.923 millóns de euros e representaba o 6,7% do PIB galego. Tras algo máis de 7 anos de goberno do PP, a débeda acadou os 10.375 millóns de euros, un 18,6% do PIB galego.  A economista afirmou que o incremento da débeda ten un impacto importante no orzamento anual galego e que o seu crecemento descontrolado trasládase en forma dunha maior carga financeira polos xuros que se amortizan con cada vencemento. Neste sentido, no ano 2015 os xuros que pagou a Xunta ás entidades financeiras foron de 336 millóns de euros, partida que acada valores máximos cada ano que pasa. “A débeda é o xugo para garantir a supervivencia do capitalismo”, afirmou Esther Duro, quen defendeu, igual que Lídia, valentía por parte das forzas políticas de esquerda para esixir a cancelación da débeda. “Temos que reclamar unha auditoría pública da débeda e solicitar a súa cancelación. Non é unha débeda soberana e polo tanto non debe de valernos unha simple reestruturación ou reconversión”, concluiu.

No mesmo sentido, Iolanda Fresnillo, membro da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda, criticou que se estea a usar a débeda como “ferramenta de medo e ameaza” por parte dos “estados financeiros, que secuestraron a soberanía”. “A débeda é un negocio polo cal estamos pagando uns intereses que son os que realmente están rescatando á banca contra os dereitos sociais, ambientais, políticos e económicos da maioría”, denunciou. Fresnillo fixo fincapé na necesidade dunha resposta global e de auditorías para acumular argumentos compartidos coa poboación a favor do impago.

O membro da Plataforma Saír do Euro, Joan Tafalla, expuxo que resolver o problema da débeda non será posible sen recuperar a soberanía económica e política dos pobos do Estado español. “Por que motivo se deben aceptar as chantaxes da banca en forma de intereses brutais da débeda?”, preguntou, para facer un chamamento a non ter medo ao déficit e a recorrer ao Banco da República Confederal Española futura. “Todo vai depender de que sigamos acatando a servidume ou decidimos emanciparnos”, dixo.

Na última parte da mañá interveu o fundador e portavoz da rede internacional do Comité para a Anulación da Débeda do Terceiro Mundo, Éric Toussaint, quen definiu a débeda ilexítima como aquela débeda contratada a favor dunha minoría privilexiada; e a débeda insostible como aquela que impide aos gobernos garantir os dereitos fundamentais da cidadanía.

Santiago, 21 de Maio de 2016


Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com

Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu

Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

     

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
21 de maio de 2016 17:16
____________________

A auga é un dereito básico para todas as persoas, unha reportaxe desde Vigo: Vídeo #AugaParaTodas


As compañeiras e compañeiros de da Oficina de Dereitos Sociais do barrio de Coia en Vigo, envían-nos unha reportaxe audiovisual de interese, desde Ártabra 21, publica-mo-la, non podía ser menos, para difundir a actividade social das organizacións comprometidas co benestar social e a loita pola xustiza e os dereitos civís e humanos, desde o sur da Galiza.

A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo non debería estar en mans de empresas privadas, que fan negocio mentres a administración se desentende e non se garante que persoas sen recursos vivan situacións terríbeis como a do corte deste subministro.

Na reportaxe falamos con afectadas polos cortes de auga en Vigo, coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia, e escoitaremos tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestiona o acceso ao dereito básico da auga no concello de Vigo.

Queremos escoitar outras voces, visibilizar o que acontece na cidade de Vigo, onde os dinosetos saíron gratis porque foi Aqualia quen os pagou, ademais de se facer cargo de humanizacións de rúas, e onde non existe un protocolo para aquelas persoas que non poden pagar as facturas da auga.

#AugaParaTodas porque é un dereito, un ben común, e porque queremos que rematen os cortes de auga.

Video #AugaParaTodas


https://youtu.be/LwucFc7INRo
--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia) | odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663. | Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)

Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
20 de maio de 2016 16:52

_______________

venres, maio 20, 2016

24 de Maio "Dia Internacional das Mulleres pola Paz", acto da Marcha Mundial das Mulleres xunto con BDS-Galiza, no Ateneo Ferrolán, presenta a acción internacionalda Flotilla da Liberdade "Mulleres Rumbo a Gaza”

A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA CONMEMORA O DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ

Este ano A Marcha Mundial das Mulleres, en Ferrol como noutras cidades da Galiza, conmemoramos o 24 de Maio "Dia Internacional das Mulleres pola Paz", presentando a campaña que a Marcha xunto con BDS iniciamos para apoiar e dar a coñecer a acción da Flotilla da LiberdadeMULLERES RUMBO A GAZA” na que mulleres de todas as partes do mundo faranse á mar para resaltar o importante papel desempeñado polas mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas resistencias non só ao estado de Israel senón tamén á discriminación e o patriarcado.

É por isto que vos convídamos o próximo martes día 24 de Maio ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán á charla na que falaremos mulleres da Marcha Mundial das Mulleres e activistas de BDS.

Gustaríanos contar coa vosa presenza para dar especial importancia e relevancia a este proxecto no que por primeira vez as mulleres somos as únicas protagonistas  nunha acción deste tipo.
--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info

Encontra-nos no facebook e twitter.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
19 de maio de 2016 23:26

_____________

Roteiro Urbano das Irmandades da Fala em Ferrol, Atelier infantil de Respostaria Criativa e petiscada de irmandade, organizado pola Fundaçom Artábria este sábado 21 de Maio en Ferrol


Roteiro Urbano das Irmandades da Fala em Ferrol, Atelier infantil de Respostaria Criativa e petiscada de irmandade, organizado pola Fundaçom Artábria este sábado 21 de Maio en Ferrol


No sábado 21 de Maio, daremos continuidade as atividades de comemoraçom do centenário das Irmandades da Fala com um roteiro urbano pola cidade, onde Joám Lopes, licendiado em história pola UNED e Guia turístico da Galiza, vai guiar-nos polos locais mais significativos das Irmandades em Ferrol. Na atividade contaremos com a colaboraçom do Toxos e Flores e da Semente Trasancos.

A saída está marcada para às 17.30hs ao pé do palco da música, no Cantom de Molins e terá umha duraçom de aproximadamente 1 hora e 45 minutos.

Entre outros pontos visitaremos a rua irmandinhos, onde está sediado o Teatro Jofre, onde conheceremos a importáncia do teatro na criaçom das Irmandades. Também faremos umha visita polo local do Toxos e Flores, guiados polo seu presidente, Arturo Lamas.

Também saberemos onde estava sediado o local da rondalha Airiños da miña terra, local onde tivo lugar a constituiçom das Irmandades da Fala em Ferrol. No Cantom de Molíns, contaremos com a intervençom de Rosalia Cortiças Leira, da Semente Trasancos, que nos falará um bocado da Semente como projeto continuador das Escolas de Insiño Galego.

O roteiro finalizará na estátua de Camilo Dias Valinho onde rendiremos umha pequena homenagem às pessoas vinculadas às Irmandades que fôrom represaliadas em 1936.

Para finalizar a jornada haverá umha petiscada de irmandade no nosso Centro Social.


Sábado 21 de Maio, às 19.00hs decorrerá no Centro Social um atelier infantil de repostaria criativa ministrado por Maru Alonso. Precisa-se de inscriçom prévia gratuita e há límite de assistência para 15 crianças.

A atividade está programa para nenos e nenas a partir dos 4 anos.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone: +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

 A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
18 de maio de 2016 21:52
18 de maio de 2016 20:42

____________

Ante a entrada dun novo buque gaseiro cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este venres 20 de Maio, ás 8 da tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 VENRES 20 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo buque cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, ten previsto a súa entrada na Ría de Ferrol para descargar en Reganosa. Un buque de grande porte con unha capacidade de carga de ducias de miles m³ de GNL (LNG). O buque entrará pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 210 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Este é o primeiro buque que entra na Ría, despois de que o Tribunal Supremo ditara a súa Terceira Sentenza firme contra Reganosa que anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegalsa).

Onte unha nova en "La Voz de Galicia" viña de novo a botar flores a un grande despropósito ilegal e corrupto, como é o de Reganosa, falaba-se dun proxecto coñecido, por reiterado neste xornal: "Ferrol, a la vanguardia del transporte marítimo sostenible", ademais dun verdadeiro faro, mente no de "transporte sostíbel", a non ser que entendan por sostibilidade algo diferente ao que é en realidade. Chaman-lle "transporte marítimo sostenible" a algo tan sorprendente como é que os buques utilicen de combustíbel o gas (GNL/LNG), como se este combustíbel, fora renovábel, non contaminara e non fora un máis dos chamados combustíbeis fósiles.

Son xa máis de dous anos coa mesma ladaíña. Pois foi a principios de 2014, que Reganosa anunciaba un novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. O negocio anunciado consiste nun dispositivo que traslade á boca da Ría o GNL como combustíbel. Un negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será  a construción dun surtidor de gas (gasolineira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel. Este proxecto xa conta co apoio da Unión Europea, cun custe orzamentario millonario. Mais hai uns meses un dos principais socios de Reganosa, Gas Natural Fenosa, abandonaba o proxecto e a propia Reganosa, vendendo todas as súas accións. Aínda está sen explicar, e menos analizar, o porque o principal socio gasista de Reganosa abandona. Algo que nos venderon en positivo, como que Galiza se facía co controlo da planta, onde diñeiro público se invístese nunha planta de gas deficitaria, ilegal e perigosa. E xa non digamos a aposta de GADISA, que co seu novo investimento pon en perigo a viabilidade de miles de postos de traballo que xera o grupo noutras actividades, como na rama da distribución e comercio de alimentación.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este venres ás 8 da tarde (Novo Horario) en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Mugardos, ao fondo os tanque de Reganosa - Foto de Jorge Meis.

Van catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a primeira Sentenza firme polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia. E agora os pasado 28 de Marzo e 25 de Abril des 2016, dita-se a Segunda e Terceira sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra o despropósito gasista de Reganosa, anulando a autorización previa de instalación e a autorización para a construción da mesma respectivamente.

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
18 de maio de 2016 18:22
_______________

Preparando o 28M: Faladoiro da Dignidade en Lugo con Manuel Cañadas, Rocío Fraga, Isabel Vilaba e Rafa G. Escudero - Vídeos das intervencións no Acto - Para apuntar-se no bus Ferrol-Lugo


As Marchas da Dignidade, quentando motores para a cita do vindeiro 28M en Lugo organizando un Faladoiro da Dignidade.

A Columna Galega das Marchas da Dignidade, co organizou coa Columna de Lugo un "Faladoiro da Dignidade", foi un acto o día 13 de Maio de 2016 en Lugo, para falar das Marchas da Dignidade e da importancia de mobilizarse o día 28 deste mes de Maio, na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade" | #MuralladeDignidade.

Dese a Columna de Ferrolterra, hoxe publicamos as catro interesantes intervencións das compañeiras e compañeiros convidados a participar neste Faladoiro. Con antelación o Concello de Lugo recepcionou aos compañeiros e compañeiras das Marchas nun acto de recoñecemento e solidariedade.

Fala Manuel Cañadas, do Campamento Dignidad de Extremadura.


https://youtu.be/QEKVQSOyPxs


Fala Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade do Concello d'A Coruña pola Marea Atlántica.


https://youtu.be/1db1ToC9byU

Fala Isabel Vilaba, Secretaria Xeral Sindicato Labrego Galego.


https://youtu.be/j7KuTcReHWk

Fala Rafa G. Escudero, do Sindicato Ferroviario.


https://youtu.be/mxFCvPPl6iY

Publicado o 17 de Maio de 2016 no Canle do Frente Cívico.

As Marchas da Dignidade, polos dereitos das persoas, dos pobos... e en defensa do medio ambiente; contra a Troika e as súas políticas austericidas que nos condenan ao paro e ao empobrecemento, contra o latrocinio das grandes corporacións transnacionais, contra o cambio climático... Un outro mundo é posíbel e necesario.

Contacto:

#ColumnaFerrolterra
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com


Telefono Ferrolterra:
602 587 531


*******

#Marchas da Dignidade Ferrolterra

Conta no Facebook.

Grupo no Facebook.

Conta no Twitter.

Canle de Ferrolterra no Youtube.

Chamar ao Telefono: 602 587 531.
Ou apuntar-se cubrindo o formulario: Acceder.
______________

xoves, maio 19, 2016

Fene e a trana Vendex, ... Por Xosé Manuel Galdo-Fonte - Cando no ano 2000 o titular da firma Vendex movíase ás súas anchas polo municipio de Fene cometendo un delito ecolóxico de primeira magnitude, os responsables políticos de velar polo cumprimento da disciplina ambiental, en vez de proceder en consecuencia dedicábanse a mirarse o embigo

Por Xosé Manuel Galdo-Fonte [*]
19.05.2016


Cando no ano 2000 o titular da firma Vendex  movíase ás súas anchas polo municipio de Fene cometendo un delito ecolóxico de primeira magnitude, os responsables políticos de velar polo cumprimento da disciplina ambiental, en vez de proceder en consecuencia dedicábanse a mirarse o embigo.

Puidera ter sucedido en calquera outro lugar, pero como as desgracias nunca veñen soas, unha vez máis, o novo escándalo do día ten que acontecer no concello do esperpento.

Si, xustamente aí, o da carallada do naval; nese municipio que ao igual que ten un estaleiro para non facer barcos, por idéntica contradición, ante un acto delituoso, en vez de proceder acorde a disciplina legal, dedícanse a colgar o marco lexislativo nas paredes da casa consistorial, e estas sincrónicas incongruencias tan só pódense reunir no coruñés termo municipal de Fene, onde por circunstancias sobrevidas, sen risco a erro, pódese afirmar que tanto o endóxeno coma o exóxeno van da man e circulan en idéntica dirección.

Vén a conto esta introdución en razón á actualidade desatada pola trama corrupta da operación "Pokémon", e en concreto, pola implicación como protagonista no enredo do presidente da mercantil Vendex, quen á hora da verdade resulta ser tamén o promotor en cuberto da quebra empresarial da fábrica Rubber con asentamento nesa localidade.

Unha turbulenta actuación que para público coñecemento no ano 2002 fose declarada xudicialmente fraudulenta, sen que ao parecer, tan polémicos antecedentes resultasen óbice nin atranco para que este transgresor profesional seguise o seu desenfreo mercantil, estendendo as súas malas artes ao espazo da administración pública, para cuxo acceso e finalidade contou co cómplice beneplácito duns delincuentes comúns, iso si, revestidos de credencial político - institucional.

Para coñecer o alcance colateral daquela quebra simulada e a súa afección no ámbito da localidade, non só débese traer a colación a transparencia repercutida dos prexuízos laborais, senón tamén, a opacidade e inhibición institucional mantida na esfera ambiental.

Pois contrariamente ao desleixo sostido pola Administración, cando en outubro do ano 2000, o perverso instigador presentaba ante o xulgado de garda de Ferrol unha solicitude de quebra para proceder á liquidación da planta fabril, ao día seguinte destes feitos, non mais tardar, era obrigado que en concorrencia o conxunto de organismos con competencia en materia procedesen coordinadamente coa finalidade de incoar o procedente expediente por delito ecolóxico; toda vez que con aquel trámite dirixido a lapidar a actividade industrial, o abasto de pneumáticos existentes na planta destinadas ao recauchutado, con tal acción suspensiva, toda esa provisión de material transformouse de facto nun vertedoiro ilegal.

Pero o que tiña que ter sido non foi, e a pasividade interventora derivou nun serio problema ambiental que pasados 14 anos por acumulada neglixencia e implicación política de todo signo, fixo que o recinto da antiga planta de recauchutados Rubber, sexa ao día de hoxe o mais perigoso depósito de pneumáticos de toda a xeografía galega.

Dicir ao efecto, que actualmente nesa localización deposítanse ao redor de 60.000 toneladas de pneumáticos abandonados, ou o que é o mesmo miles de rodas desbotadas, amoreadas nunha zona de 5700 m2, e a escaso medio quilómetro da zona urbana da vila, que ademais da afección por impacto paisaxístico, a degradación química parcial dese material pon en grave risco a estabilidade dos recursos naturais da zona. afectando nocivamente ao solo, o subsolo, e á totalidade do medio hidrobiolóxico.

Tendo de engadir a iso que por situación anexa a unha frondosa masa forestal, un suposto incendio obrigaría á total evacuación da veciñanza da localidade, por canto a nube tóxica de combustión das rodas almacenadas sería altamente perigosa para a saúde humana ao causar afección ao sistema respiratorio, afogos inmediatos, insuficiencia cardíaca, asma e ata cancro pulmonar.

Pasado o tempo e persistida tan alarmante situación, os feitos veñen a corroborar que dende os distintos organismos e escalas da administración, en vez de esixir e vixiar o cumprimento da lei, por omisión de atribucións e ao non facer pagar aos culpables, a propia dirección política converteuse en responsable directa da comisión dun delito ecolóxico de primeira magnitude, que á marxe da obrigada rendición de contas e expurga por responsabilidades, esixe en primeiro termo e sen mais dilación a súa recondución en prol de alcanzar a urxente erradicación de tan daniña realidade.

Solución que pola complexa titularidade xurídica do espazo de localización e o elevado custo de eliminación, debese ser afrontada e sufragada conxuntamente polas Administracións de confluencia, con reversión de custos diferidos á órbita da trama Vendex como causante  de tan delituosa  situación.


PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Infocadernos; Globedia 21 feb. 2014 FENE E A TRAMA DE VENDEX .

Fonte: http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/2014/02/fene-e-trama-de-vendex.html

___________________

Charla-coloquio sobre Economía e Decrecemento: outras alternativas ao modelo actual... o luns 23 de Maio ás 12 do mediodía no salón de actos do campus de Esteiro en Ferrol, a cargo de Enrique LLuch Frechina profesor de econonomía


Charla-coloquio sobre Economía e Decrecemento


Dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado, convidan a asistir o vindeiro luns 23 de Maio ás 12.00 h no salón de actos do campus de Esteiro á charla-coloquio a cargo do profesor de economía da Universidade CEU Cardenal Herrera de Valencia, Enrique LLuch Frechina.
"MÁIS ALÁ DO CRECEMENTO E DO DECRECEMENTO:
CARA ONDE ORIENTAR A ECONOMÍA?
".
A charla-coloquio estará aberta a toda a comunidade universitaria e ao público interesado en coñecer outras alternativas ao modelo económico actual, e propostas prácticas para mudar os nosos hábitos de consumo.

Agardamos que a información sexa do voso interese.
--
Vanessa Míguez Martín
Técnica da Oficina de
Cooperación e Voluntariado
Centro Cultural Universitario, 1º
15403  - Campus de Esteiro - Ferrol
Tlf:+34  981 167 000   ext. 3677
Horario habitual atención público: luns a venres de 8.30-14.30 h
email: ocvfer@udc.es
http://www.udc.gal/ocv
Skype: vanessa.miguez
https://www.facebook.com/ocv.udc


Enviado por:
OCV Ferrol
-ocvfer@udc.es-
16 de maio de 2016 11:22

______________

Proxeción, en Narón, do documental "O Piloto o último guerrilleiro..." E posterior coloquio con coa participación de: Afonso Eiré, Xosé Reigosa, Santiago Macías e Enrique Barrera, o venres 20 de Maio, ás 7 da tarde, no Café-Teatro do Pazo da Cultura


Proxección, en Narón, do documental "O Piloto o último guerrilleiro..." E posterior coloquio, o venres 20 de Maio, ás 7 da tarde, no Café-Teatro do Pazo da Cultura

O acto contará coa presentación de Enrique Barrera, profesor e historiador, membro da asociación Memoria Histórica Democrática e a participación de:
  • Afonso Eiré, Guionista e documentalista.
  • Xosé Reigosa, Director.
  • Santiago Macías, Historiador.
Acto organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática  e o Concello de Narón, coa colaboración do Padroado de Cultura do Concello de Narón e Librería DAY.
José Castro Veiga “O Piloto” (O Corgo 1915 – Chatada 1965) o último membro do Exército Guerrilleiro abatido pola Garda Civil, según os autores da documental: “Nin foi un bandoleiro, nin foi un escapado, nin andaba polo monte. Foi un político que non tivo máis remedio que coller as armas para defender a legalidade republicana, primeiro, e logo aos máis necesitados, tratando de que os abusos e as inxustizas minguasen ou non se levasen a cabo en moitos casos”,...
​--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
18 de maio de 2016 14:32

_____________

mércores, maio 18, 2016

Carlos Callón, Xosé Mª Dobarro e Xurxo Souto, estarán en Ferrol, este mércores 18 de Maio, ás 19:30hs, no Centro Cultural Carvalho Calero, dentro do Ciclo "Democracia e Compromiso", organizado pola asociación Fuco Buxán

Ciclo "Democracia e Compromiso": Carlos Callón, Xosé Mª Dobarro e Xurxo Souto este mércores 18 de maio

O vindeiro acto que terá lugar dentro do ciclo de conferencias que estamos a desenrolar baixo o título "Democracia e Compromiso", e que ofreceron este ano a posibilidade de atender a actos protagonizados por importantes figuras do panorama sociopolítico, como Vicente Álvarez Areces, Nieves Santomé, Manolo Lago, Manuel Rivas, Juan Carlos Monedero, Manuela Carmena, Xosé Manuel Beiras, Antón Losada, ...

Concretamente, este mércores 18 de Maio, contaremos coa presenza de Carlos Callón no Centro Cultural Carvalho Calero ás 19:30h para presentar o seu último poemario "Atravesar o Fantasma", ao que se sumarán posteriormente Xosé Mª Dobarro Paz e Xurxo Souto para protagonizar unha Mesa-Debate baixo o lema "Vivir en Galego". Tamén contaremos coa presenza de Roger de Flor, que interpretará varios temas do seu repertorio.

Dende a nosa A. C. Fuco Buxán facemos un chamamento a toda a cidadanía e tecido asociativo a participar no Debate "Vivir en Galego" [Compromiso coa Lingua]. Un debate necesario en Ferrolterra para poñer en valor a necesidade de traballar todos e todas a prol da nosa lingua. Consideramos que é necesario traballar en positivo para recuperar a nosa fala en todos os ámbitos da vida. Consideramos que é necesario un paso adiante de toda a cidadanía e tecido asociativo de Ferrolterra para implicarse no labor do [Compromiso coa Lingua]. Consideramos que é necesario o atrevemento dos e das neofalantes, así como, da normalización e da aceptación na sociedade a todo aquel o aquela que decida trocar a súa fala do castelán ao galego, o respecto aos neofalantes. É unha sorte aprender unha palabra nova cada día, é unha sorte poder mellorarse nunha fala e teimar para lograr dominala, e é necesario poñerlle a atención que merece por ser a Lingua Nai, a lingua do noso lugar de orixe. Non se lle debe dar as costas a nosa lingua, nin a nosa cultura, nin a nosa tradición; pois estas son únicas e non deben ser substituídas por outras, senón, como mínimo, deberan ter as mesmas atencións e oportunidades, deberan ter o coidado que merecen e precisan.

Porén; precisamos unidade; o galego precisa do apoio vital dos centros de ensino, dos docentes e do alumnado en xeral, o galego precisa da axuda dos pais e nais para implicar na nosa lingua aos seus fillos e fillas. O galego precisa ineludiblemente da unidade de todo o tecido asociativo e do seu compromiso coa nosa fala. O galego precisa o apoio dos nosos maiores -que inda a ter prohibida a nosa fala nos seus tempos teimaran por conservala-, é precisa a implicación da xuventude. Demandamos o [Compromiso coa Lingua] dos Medios de Comunicación de Ferrolterra, convídaselles, ofréceselles unha boa oportunidade para implicarse na posta en valor da nosa Lingua uníndose a este chamamento divulgando o mesmo nos seus medios, enviando reporteiros a cubrir o evento e amplificándoo xustamente para darlle a nosa Lingua a cobertura que merece.

Dende a nosa A. C. Fuco Buxán facemos un chamamento xeral á Mesa-Debate "Vivir en Galego" [Compromiso coa Lingua] para tentar acadar un Decálogo de motivacións para Vivir en Galego, para motivar a toda a cidadanía de Ferrolterra a un necesario Compromiso coa Lingua, pois "Vivir en Galego é Posible".

Por outra banda, sinalar que para unha asociación como a nosa supón un serio esforzo -sobre todo económico- conseguir o amable desprazamento ata Ferrol de tódolos conferenciantes.

Por este motivo, pedimos a vosa colaboración:

  • Difundindo os actos previstos
  • Facendo unha doazón: nos actos que desenvolvemos, sempre imos acompañados dalgunha das nosas producións como asociación -chapas, libros, documentais en DVD, ou o último número da nosa revista FUCO BUXÁN- coas que agasallaremos a vosa xenerosidade en función da cantidade doada. Por outra banda, tamén é posible contribuír facendo un ingreso na conta: ES75-2080-0222-8230-4001-5401
  • Seguíndonos nas redes sociais: poderás atoparnos en Facebook, Twitter e na web.
  • Inscribíndovos como socios e socias, contribuíndo ó crecemento da asociación e ó seu sostemento, tanto no económico como na súa actividade.

--

ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN: DIRECCIÓN: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) APARTADO DE CORREOS: 240 - C.P. 15400 - Ferrol TELÉFONO: 981325492 EMAIL:  fucobuxan@gmail.com A NOSA WEB: www.fucobuxan.net AXENDA: http://www.fucobuxan.net/p/axenda.html FACEBOOK: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 TWITTER: http://twitter.com/FucoBuxan GOOGLE+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Enviada por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
14 de maio de 2016 05:32
______________________