venres, xuño 08, 2018

Apresentaçom do número 4 da revista de estudos galegos Kallaikia - Em Ferrol esta sexta-feira, 8 de junho, às 20.30hs na sala de atos da Fundaçom Artábria, no ferrolano bairro de Esteiro


Apresentaçom do número 4 da revista de estudos galegos Kallaikia


O quarto número da revista editada pola Associaçom de Estudos Galegos será apresentada em Ferrol esta sexta-feira, 8 de junho, às 20.30hs na sala de atos da Fundaçom Artábria, no ferrolano bairro de Esteiro.

Na apresentaçom contaremos com a participaçom de Maurício Castro, membro do Comité de Redaçom, Joám Lopes, autor de um dos trabalhos incluídos neste quarto volume (Eppur si muove. Pátrias e Fronteiras) e de Lucia Mato, autora do artigo “Dos inícios da apicultura à problemática do vespom-asiático“, trabalho também contido neste número 4 da revista da AEG.

Desde esta sexta-feira, a revista estará disponível para a venda no Centro Social. 
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
7 de junho de 2018 12:36

________________

mércores, xuño 06, 2018

A devolución de 150.000 euros por Urbaser a Narón responde a una acción do Tribunal de Contas promovida por Eliximos Narón


A devolución de 150.000 euros por Urbaser a Narón responde a una acción do Tribunal de Contas promovida por Eliximos Narón

É a primeira vez na historia do Concello en que unha concesionaria vai a devolverlle cartos ao Concello que cobrou de máis. O feito é aínda sorprende máis si temos en conta que a actualización do canon non se facía dende hai tres anos, pois a empresa non o pedía e o Tripartito miraba para outro lado. Ademais, sorprende o momento, xa que a empresa rematou o contrato e está cunha prórroga forzosa tamén a punto de rematar.

A cousa xa se explica sabendo que neste mes chegou unha notificación do Tribunal de Contas co inicio dunha acción pública promovida por Eliximos por un presunto prexuízo ás arcas públicas estimado en 370.000 euros, o cal podería afectar persoalmente ao patrimonio persoal de funcionarios e políticos, entre eles o ex-alcalde e a actual alcaldesa.

De todas formas, a actualización non está ben feita porque non se está a aplicar correctamente a revisión do canón segundo a formula aprobada no 1998, cando a Lei de Hidrocarburos obrigou revisala, e nunca se aplicou ben. Coa fórmula correcta aínda deberían de devolverse uns 60.000 euros máis, pois o correspondente a anos anteriores a 2014 xa prescribiu.

A reclamación de Eliximos tamén abarca outros aspectos como pagos presuntamente ilegais relacionados coa man de obra.

Lamentablemente xa non podemos trasladar esta baixada do canon ao recibo do lixo dos pasados anos, o que houbese sido posible se o tripartito fixese o seu traballo a tempo e se aplicasen a fórmula correcta, como reclamamos na última revisión no 2015.

Estamos ante un caso máis de inacción do Goberno que está a prexudicar aos veciños coas taxas, que vén sumarse á confiscación de máis de 100.000 euros en 2015, tamén no recibo do lixo, e que o tripartito non quere devolver de oficio, motivo polo que estamos a facer unha campaña informativa para que, quen queira, reclame a devolución correspondente.

Eliximos Narón Electores (ENE)

Grupo Mixto do Concello de Narón

Praza de Galicia s/n – Entrechán

15570 Narón (A Coruña)

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web:
http://eliximos.esy.es/http://eliximos.esy.es/


Documentación.-

Acción Pública ante o Tribunal de Contas do Concelleiro de Eliximos Narón, Alfonso Casal Pita - 3 de abril de 2018 | Acceder/Baixar.

Notificación de Dilixencia de Ordenación do Tribunal de Cuentas -  |11 de maio de 2018 | Acceder/Baixar.

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
1 de junho de 2018 11:13

_______________________________________

Media hora antes do inicio da XII Marcha a Pé de Ferrol a Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa, terá lugar un acto institucional, onde se colocará a placa denominativa no Parque “Carmelo Teixeiro” de Caranza - Este venres 8 de xuño, ás 16:30h


Actos do Comité Cidadán de Emerxencia para o Venres, 8 de Xuño en Caranza

16,30 hs Colocación da Placa denominativa no Parque “Carmelo Teixeiro”, que fará o Concello de Ferrol en cumprimento do Acordo Plenario adoptado por unanimidade en 2009, en testemuña a unha vida dedicada as cuestións sociais, ao seu compromiso cidadán, cultural, sindical e político e sobre todo ao seu papel fundamental como primer Coordinador deste Comité.

17,00 hs Inicio da XII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, para reivindicar o peche da Planta de Gas de Reganosa, perigo permanente na nosa Ría e nas nosas vidas, e que rematará na A. VV. Cruceiro de Mehá de Mugardos, onde haberá, como é costume, viandas e confraternización.

O CCE convida a toda a cidadanía a participar nestes eventos, andando, en bici ou en coche, conforme ás posibilidades de cada quen.

PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !

Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de junho de 2018 12:45

______________

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) multa a Italia con 25 millóns de euros por incumprir a norma de tratamento de augas residuais - O tribunal constatou que o estado italiano leva desde 2012 sen garantir que 109 núcleos urbanos estean dotados de sistemas colectores para augas residuais que se axusten á normativa europea


O TXUE multa a Italia con 25 millóns de euros por incumprir a norma de tratamento de augas residuais. | O tribunal constatou que o estado italiano leva desde 2012 sen garantir que 109 núcleos urbanos estean dotados de sistemas colectores para augas residuais que se axusten á normativa europea
.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) condenou este xoves a Italia a pagar unha cantidade a tanto alzado de 25 millóns de euros por non aplicar as normas comunitarias sobre recolleita e tratamento de augas residuais urbanas, así como unha multa coercitiva de 30 millóns por cada semestre que pase a partir de agora sen aplicalas.

O tribunal de Luxemburgo declarou en xullo de 2012 que Italia había incumprido a súa obrigación de garantir que 109 aglomeracións estivesen dotadas de sistemas colectores para augas residuais urbanas ou sistemas de tratamento que se axustasen ao establecido na respectiva directiva comunitaria.

A Comisión Europea interpuxo en febreiro de 2016, cando terminaba o prazo fixado, un segundo recurso ante o TJUE no que solicitaba que se impuxesen sancións polo incumprimento. Na súa sentenza deste xoves, o tribunal con sé en Luxemburgo constatou que Italia non adoptou aínda as medidas necesarias para dar execución á sentenza de 2012.

O TXUE considera que o incumprimento de Italia, ademais de durar case seis anos, é "particularmente grave" porque a inexistencia ou a insuficiencia de sistemas colectores ou de tratamento de augas residuais urbanas "poden prexudicar o medio ambiente".

Por iso, a Xustiza europea decidiu condenar a Italia a abonar á UE unha multa coercitiva de 30,1 millóns de euros por cada semestre de atraso na aplicación das medidas necesarias para cumprir coa sentenza de 2012 a partir do mércores 30 de maio e até a data en que se cumpra.

Ademais, condenou a Italia a abonar ao orzamento da Unión Europea unha cantidade a tanto alzado de 25 millóns de euros co obxectivo de previr a repetición no futuro de infraccións análogas do Dereito da UE.

Fonte: Facua. | Baixo Licenza  Creative Commons.

Enviado por:
Ramón Castiñeira Sestayo
-racasestayo@gmail.com-
5 de junho de 2018 21:11

Rubén Dopico
-ruben.dopico@gmail.com-
5 de junho de 2018 19:53

_____________

martes, xuño 05, 2018

A CIG, diante da nova situación de cambio de goberno en Madrid, coa caída de Mariano Rajoy, vai acordar a desconvocatoria da Folga Xeral, prevista para o 19 deste mes de Xuño - Probabelmente que hoxe teña previsto face-lo público


A CIG vai anunciar a desconvocatoria da Folga Xeral que estaba prevista para o 19 de Xuño. | A decisión ten que ver co resultado da moción de censura da pasada semana que provocou a caída do goberno español de Mariano Rajoy

Aínda que anunciada con antelación nunha masiva Asemblea Xeral de representantes sindicais en Compostela, foi o pasado 25 de maio cando se rexistraba o preaviso de convocatoria, na consellaría de Economía, Emprego e Industria, a Folga Xeral para o 19 de xuño.

O secretario xeral, Paulo Carril, aseguraba que “é a nosa moción de censura” diante da situación de “emerxencia nacional” que estamos a vivir do punto de vista laboral, social, económico e político-institucional. Chamaba á mobilización para recuperar os dereitos e derrogar as reformas que provocaron o empobrecemento, a precariedade e a situación de explotación laboral que padece a clase traballadora e aseguraba que “un sindicato digno de tal nome, nun momento como este, ou dá un paso á fronte e convoca unha folga xeral ou, senón, entendemos que o seu papel é inútil”.

Mais, polo que sabemos, a decisión da CIG ten que ver co resultado da moción de censura da pasada semana que provocou a caída do goberno español de Mariano Rajoy e que o Partido Popular, non só facedor das políticas neoliberais empobrecedoras da clase traballadora, senón que corrupto até o espiñazo, pasa á ser oposición e deixar de utilizar as institucións para delinquir como o ten feito e xa sentenciado xudicialmente, mais só a punta do iceberg dos máis de 300 procesos  de corrupción nos que está implicado.

Polo que sabemos, aínda que persisten motivos e razóns, mais que sobrados, pois as lexislacións lesivas e as políticas neoliberais seguen o seu curso, a nova situación, coa caída do goberno do PP, ven facer variar a apreciación que, a nivel xeral, se ten da situación. Polo tanto, ante este este novo escenario político, mellor é adiar a Folga Xeral "sine die" e formular demandas concretas que cambien a situación. Mais sendo conscientes que o actual goberno, no económico, non vai desobedecer aos organismos do capitalismo transnacional que marcan a lume as políticas de recortes contra a Clase Traballadora, a favor das grandes corporacións capitalistas.
___

luns, xuño 04, 2018

A Plataforma convoca unha mobilización en Ferrol contra os abusos da empresa mixta de augas (Emafesa) - Concentración o xoves 7 de xuño, ás 7 da tarde diante da Casa do Concello - Emafesa está cobrando unhas facturas da auga, abusivas con lecturas estimadas avultadas e irregulares


NON AOS ABUSOS DE EMAFESA
CONCENTRACIÓN EN FERROL
DIANTE DA CASA DO CONCELLO
XOVES 7 DE XUÑO, ÁS 7 DA TARDE

"Non ás facturas da auga, abusivas con lecturas estimadas avultadas e irregulares"

Estamos fart@s de tanto abuso de Emafesa, a empresa mixta de augas de Ferrol, xestionada por unha empresa privada chamada Socamex-Urbaser, unha multinacional que fai do Concello un pandeiro, e que considera á veciñanza o seu peto do que pode sacar cartos sen pedir permiso. Primeiro tivemos o cobro dunha Taxa avultada e manipulada politicamente, co anterior goberno de J. M. Rey Varela que nos enganou, e asumiu unha depuradora que non funcionaba e un sistema de saneamento e convenios que resultan ser un saco sen fondo. E agora, para rematala, o goberno de Jorge Suárez, fai caso omiso ao seu propio programa, aos acordos anunciados e á palabra dada.

Emafesa busca liquidez económica, facendo un cobro masivo de facturas calculadas en base a unhas estimacións de consumo irregulares, non conformes á normativa municipal (Ordenanzas e Regulamento da Auga)[1] , nalgúns casos até 37 euros por encima do que legalmente podería cobrar. Multipliquemos isto por miles, dentro duns 35.000 fogares abonados, e podemos ver o alcance destes cobros irregulares.
Mobilízamo-nos para esixir-lle ao Alcalde que poña freo aos abusos de Emafesa, que lle abra un expediente informativo e faga unha investigación a fondo.

Mobilízamo-nos para denunciar a Augas de Galicia e á Xunta,
  • por atrasar, adrede, a solución legal para que o Concello de Narón poda pagar a depuración;
  • pola deixación de funcións que lle asigna a Lei;
  • e por endosar ao Concello un sistema de saneamento que comeza a arrastrar unha débeda millonaria que está poñendo en perigo a súa viabilidade económica.
Ao final están intentado que o mal-goberno o paguemos o conxunto da veciñanza.

Mobilízamo-nos para demandar unha revisión completa da factura e todos os conceptos relacionados coa auga.
Seguimos demandando:
  • unha Taxa Xusta, Explicada e Participada;
  • unha auditoría integral a Emafesa;
  • a denuncia dos convenios -Acuaes e Augas de Galicia;
  • e a devolución da depuradora a Augas de Galicia mentres non estea constituído un ente mancomunado que a xestione.
Queremos unha Emafesa 100% Pública, libre da xestión privada que nos afoga e leva a máis-valía fóra de Ferrol, unha empresa de augas, onde o ‘M’ de Mixta, pase a ser o ‘M’ de Municipal.

Ferrol, 1 de xuño de 2018

Nota.-
[1] Por exemplo o disposto no Artigo 8, no Punto 8.3.B) da Ordenanza Fiscal Nº16 reguladora da taxa por subministración de auga potable: "8.3.B.: Facturación no caso de que non exista lectura: No caso de que nun bimestre non se poda toma-la lectura do abonado, existindo contador operativo, tomarase como consumo estimado a media de consumo dos anteriores bimestres..." O mesmo no resto das ordenanzas e regulamentos do ciclo da auga (Abastecemento, Sumidoiros e Depuración).

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es



#Emafesa

#Ferrol
____________

venres, xuño 01, 2018

Conferencia e proxección audiovisual - Facendo Historia: Arqueoloxía galega en terras de Palestina - Martes 5 de xuño ás 19,30 h.


"Facendo Historia: Arqueoloxía galega en terras de Palestina"

Conferencia e proxección audiovisual

Falarán:

Juan Luis Montero (Universidade da Coruña)
José Pardo (La Voz de Galicia)

Martes 5 de xuño de 2018 ás 19,30 h.

Coa colaboración da Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotámicos.

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos! | Ir á Web.

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
1 de junho de 2018 11:57

_________

xoves, maio 31, 2018

Acto Terceiro Aniversario que celebra Ferrol en Común: 'Tres Anos de Municipalismo', no Centro Cívico de Canido, o sábado 2 de xuño, desde as 5 da tarde, coa participación de Sonia Mauriz, Modesto Renda, María Chao, María Rozas e os alcaldes d'A Coruña e Ferrol Xulio Ferreiro e Jorge Suárez


Acto Terceiro Aniversario: 'Tres Anos de Municipalismo' que celebra Ferrol en Común, no Centro Cívico de Canido, o sábado 2 de xuño, desde as  5 da tarde, coa participación de Sonia Mauriz (Presentadora do acto), Modesto Renda (Vilalba Aberta), María Chao (Xunt@s por As Pontes), María Rozas (Compostela Aberta), Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) e Jorge Suárez  (Ferrol en Común).

Centro Cívico de Canido
Rúa Poeta Pérez Parallé, 15401 Ferrol
Sábado, 2 de xuño, de 20189, ás 17:00hs

Evento en facebook.

Páxina de Ferrol en Común no Facebook |
ferrolencomun@gmail.com |
https://ferrolencomun.gal/

______________

martes, maio 29, 2018

A ex-deputada das CUP Mireia Boya falará esta quarta-feira, 30 de maio, às 20.30hs, na Fundaçom Artábria do processo independentista na Catalunya - Em Ferrol, na Travessa de Batalhons nº7, de Esteiro


A próxima quarta-feira, 30 de maio,  às 20.30hs, decorrerá na Fundaçom Artábria umha conferência sob o título "Umha república sem medo" ministrada pola ex-deputada do Parlament de Catalunya e membra do secretariado nacional das CUP Mireia Boya.

A palestra enquadra-se nos atos que a entidade internacionalista Mar de Lumes tem organizados para comemorar os seus primeiros cinco anos de existência.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
29 de maio de 2018 01:16

______________

Lugar de encontro e asesoría colectiva da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada - Stop-Desafiuzamentos


Lugar de encontro e asesoría colectiva da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra

Despois de seis anos de actividade: resistimos. A precariedade e a necesidade de vivenda digna e accesíbel, segue sendo unha realidade. Só en Ferrol máis de 600 familias e en Narón case 200, son demandanates de vivenda social para alugueiro, no rexistro único do IGVS da Xunta de Galicia.

A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, ven mantendo desde hai un ano, un lugar de encontro e a asesoría colectiva. Un esforzo que beneficiou a moitas familias e situación de vulnerabilidade e en emerxencia residencial. Desde a Rede e coa colaboración da asociación "Fuco Buxán", mantemos un espazo aberto que agora conta coa colaboración do compañeiro avogado Renzo Arca Morote [renzo@ferrolterra-abogados.com].

Día, hora e lugar de encontro e asesoría colectiva

Todos os martes (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 17:00 e 19:00 hs, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente da PAH de Ferrol e Comarcal e de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113.


E se queredes podedes escribir-nos a:

forosocialdeferrolterra@gmail.com

Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Por un parque público de vivenda!

Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol________________

Ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro que descargou en Reganosa, tivo lugar unha nova acción de protesta, na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol - O venres 8 de xuño, Marcha a Pé a Mugardos desde Ferrol, non faltes - Vídeo da protesta de onte e enlaces ás sentenzas e outra documentación


Ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro, o "LNG Maran Gas Hector" que descargou en Reganosa, tivo lugar unha nova acción de protesta, na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

O "LNG Maran Gas Hector", descargou en Reganosa, miles de toneladas de gas natural licuado. Este buque fai o número 236 que entrou na Ría de Ferrol cargado con GNL, mentres descargaba no pantalán de Punta Promontoiro (Mugardos), perante 24 horas, aumentou de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as persoas que moramos na contorna.

Marcha a Pé a Mugardos

O vindeiro 8 de xuño, sae a XII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, desde o Parque Carmelo Teixeiro de Caranza. Ás 5 da tarde é a cita, para percorrer 15 KM. Con esta Marcha, lembramos o peche que perante 111 días mantivo a veciñanza de Mugardos no seu Concello, contra o despropósito gasista.

O Comité Cidadán fai un chamamento a participar nesta Marcha que quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito que despois de catro sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, o Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que mediante unha resolución gubernamental, eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora (Asunto que xa temos recorrido).

Participa na Marcha, non faltes...


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc





https://youtu.be/prF8lQYH9Uc



Sentenzas

Din formalmente os políticos corruptos, cando lles convén que as sentenzas está para cumprilas, mais este non é o caso de Reganosa, con catro sentenzas do Tribunal Supremo que a declaran ilegal. O goberno español, daquela en funcións, de Mariano Rajoy, para saltar-se formalmente as sentenzas do alto tribunal, resolveu eximir a Reganosa de someter-se a preceptiva avaliación ambiental que por suposto o Comité Cidadán de Emerxencia ten recorrida a citada resolución gobernamental. Mesmo esta decisión gobernamental de exclusión da obriga de someter-se a avaliación ambiental foi custionada por "El Defensor del Pueblo". Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

________________

luns, maio 28, 2018

Em 1871 tal dia como hoje 147 dirigentes da Comuna de Paris forom fuzilados no Cemitério parisino de Pere Lachaise, ... as principais medidas deste primeiro governo obreiro, ...Por Joam Tavia


Por Jam Távia [*]
28.05.2018


Em 1871 tal dia como hoje 147 dirigentes da Comuna de Paris forom fuzilados no Cemitério parisino de Pere Lachaise.

Aproveito com a ajuda da wiki para lembrar as principais medidas deste primeiro governo obreiro.
  • O trabalho noturno foi abolido;
  • Oficinas que estavam fechadas foram reabertas para que cooperativas fossem instaladas;
  • Residências vazias foram desapropriadas e ocupadas;
  • Em cada residência oficial foi instalado um comitê para organizar a ocupação de moradias;
  • Todas os descontos em salário foram abolidos;
  • A jornada de trabalho foi reduzida, e chegou-se a propor a jornada de oito horas;
  • Os sindicatos foram legalizados;
  • Instituiu-se a igualdade entre os sexos;
  • Projetou-se a autogestão das fábricas (mas não foi possível implantá-la);
  • O monopólio da lei pelos advogados, o juramento judicial e os honorários foram abolidos;
  • Testamentos, adoções e a contratação de advogados se tornaram gratuitos;
  • O casamento se tornou gratuito e simplificado;
  • A pena de morte foi abolida;
  • O cargo de juiz se tornou eletivo;
  • O calendário revolucionário foi novamente adotado;
  • O Estado e a Igreja foram separados; a Igreja deixou de ser subvencionada pelo Estado e os espólios sem herdeiros passaram a ser confiscados pelo Estado;
  • A educação se tornou gratuita, laica e compulsória. Escolas noturnas foram criadas e todas as escolas passaram a ser de frequência mista;
  • Imagens santas foram derretidas e sociedades de discussão foram adotadas nas Igrejas;
  • A Igreja de Brea, erguida em memória de um dos homens envolvidos na repressão da Revolução de 1848, foi demolida. O confessionário de Luís XVI e a coluna Vendôme também;
  • A Bandeira Vermelha foi adotada como símbolo da Unidade Federal da Humanidade;
  • O internacionalismo foi posto em prática: o fato de ser estrangeiro se tornou irrelevante. Os integrantes da Comuna incluíam belgas, italianos, poloneses, húngaros;
  • Instituiu-se um escritório central de imprensa;
  • Emitiu-se um apelo à Associação Internacional dos Trabalhadores;
  • O serviço militar obrigatório e o exército regular foram abolidos;
  • Todas as finanças foram reorganizadas, incluindo os correios, a assistência pública e os telégrafos;
  • Havia um plano para a rotação de trabalhadores;
  • Considerou-se instituir uma Escola Nacional de Serviço Público, da qual a atual ENA francesa é uma cópia;
  • Os artistas passaram a autogestionar os teatros e editoras;
  • O salário dos professores foi duplicado.
28 de maio de 2018


[*] Joam Tavia -Xoán López - Narom, 1962. Activista e sindicalista. | jtavia@gmail.com |  Facebook . | Licenciado em História e membro da Fundaçom Artábria.
_____

O concelleiro da esquerda de Narón desenvolve, estes días, unha grande actividade institucional: sobre os intereses da veciñanza de O Val que se ve afectada polo trazado da senda peonil e ciclista; sobre a moción para rebaixar o período mínimo de empadroamento para solicitar axudas sociais e sobre a necesidade de que a Xunta de Galicia se tome en serio o problema cos xabarís na zona



Abeledo defende a necesidade de defender os intereses da veciñanza de O Val que se ve afectada polo trazado da senda peonil e ciclista.

André Abeledo defendeu a necesidade de defender os intereses da veciñanza de O Val que se ve afectada polo trazado da senda peonil e ciclista proposto pola Xunta de Galicia.

Abeledo entende que unha Declaración Institucional é a mellor ferramenta, posto que é unha mostra unánime de todos os Grupos Municipais de apoio a veciñanza afectada.

André Abeledo defende que os Grupos Políticos do consistorio debemos esixir a Xunta de Galicia que se abran contactos coas veciñas e veciños afectados para que o trazado sexa o mais consensuado posible.

Nese sentido no Pleno deste Xoves EU Narón compartirá Moción con aqueles Grupos Municipais que apoien a Declaración Institucional.

A Moción propón instar á Consellería de Infraestruturas e Vivenda a abrir un diálogo cos veciños de O Val afectados pola senda peonil ciclista das vías AC-116 e AC-114 para diminuír a afección do proxecto,e remitir esta Moción a todos os partidos con representación parlamentaria na Xunta de Galicia.


Apoio maioritario a Moción de EU Narón para rebaixar o período mínimo de empadroamento para solicitar axudas sociais.

André Abeledo amosa a súa satisfacción polo apoio maioritario dos Grupos Municipais do Consistorio a Moción para rebaixar o período mínimo de empadroamento para solicitar axudas sociais no noso concello de seis a tres meses.

A Moción será aprobada no Pleno Ordinario deste mes de Maio.

"Sen dubida esta é unha medida que vai a beneficiar a moitas familias que están a pasar por un mal momento, é unha medida xusta, é un avance social para Narón".

Abeledo insiste en que dende EU Narón seguiremos aportando ideas, seguiremos traballando para mellorar a vidas das naronesas e naroneses. Temos un proxecto de cidade e un modelo de sociedade e traballamos para que cada Moción e cada iniciativa de EU Narón sexan útiles para a veciñanza


André Abeledo insiste na necesidade de que a Xunta de Galicia se tome en serio o problema cos xabarís na zona.

Abeledo advirte que o atropelo dunha cría de xabaril no Polígono do rio do Pozo nestes días e os danos que continúan a sufrir as plantacións na zona rural, son os síntomas visibles dun problema que continua e seguirá medrando si non se comeza a trazar un plan a medio e longo prazo.

André Abeledo
insiste na necesidade de que a Xunta de Galicia se tome en serio este problema antes de que a situación se torne aínda máis complicada.

André Abeledo e Antón Sánchez mantiveron unha reunión cos labregos de Narón o pasado 15 de Xullo do 2017 para falar deste problema.

Naquela xuntanza os afectados denunciaron ademais a falla de control que ten o Goberno galego que non ten nin datos sobre a poboación do xabaril e “veñen a preguntarnos o número de xabarís que hai no monte” asegurou un deles. Destacaron ademais que o problema do xabaril agrava aínda máis o abandono das terras xa que “ninguén vai querer traballar e investir na terra para que veña despois o xabaril a esnaquizar todo o plantado sen que ninguén faga nada por evitalo”.

Xa entón a veciñanza de Narón denunciou importantes perdas nalgúns casos con colleitas de case unha hectárea estragadas a causa destes ataques. Por este motivo reclamaron a busca de solucións de xeito urxente para este problema que na zona de Ferrolterra onde aseguran “nunca houbo tanto xabaril”.

A diminución da superficie agraria, o abandono do rural, o incremento da superficie de plantación de eucaliptos, a falla dunha política real orientada a loitar polo rural están a provocar que o xabaril se convertera nun grave problema para os veciños e veciñas como sinalou o vicevoceiro no Parlamento, Antón Sánchez.

Lembramos que a raíz daquela reunión en Narón, En Marea levou entón ao Parlamento de Galicia diversas iniciativas nas que se pedirán explicacións ao Goberno galego ante a súa total falla de interese por este problema que afecta de xeito moi importante ao rural. O grupo parlamentario presentou unha proposición non de Lei na que se presentarán medidas reais que o Goberno galego debería impulsar para dar solución a corto prazo compensando polos danos ocasionados polo xabaril, e a medio e longo prazo, controlando a poboación da especie e traballando por recuperar o equilibrio no monte galego.

Así, tanto En Marea na Xunta de Galicia como o concelleiro de EU Narón André Abeledo no Concello a través dunha Moción solicitaron as seguintes medidas a Xunta de Galicia:
* Garantir as indemnizacións que cubran a totalidade de danos causados polos xabarís e predadores en explotacións agrícolas, así como implantar un maior control destas especies.
*  Afondar e estabilizar das estratexias de prevención de danos causados por predadores e xabarís nas ganderías.
*  Impulsar o diálogo entre os actores involucrados.
*  Convocar e facilitar mesas de diálogo intersectorial, como pode ser a Mesa do Lobo.
*  Mellorar o deseño, axilizar e simplificar as indemnizacións.
*  E por ultimo, estudar e impulsar estratexias de prevención.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
28 de maio de 2018 11:36
28 de maio de 2018 12:06

_________________________
_______

A solidariedade foi apaleada no CSO A Insumisa, pola violencia policial - Un centro social onde a veciñanza fixera dun recinto militar abandonado, un espazo do común cheo de vida e actividades comunitarias - Vídeo


A Insumisa era un centro social Okupado que con anterioridade era un recinto militar abandonado, onde se reconverteu nun espazo do común aberto á veciñanza, onde mediante autoxestión, desenvolvía-se unha chea de actividades.

O goberno municipal do Concello da Coruña da Marea Atlántica mandou executar o desaloxo do CSO A Insumisa. As imaxes son exclarecedoras da violencia policial contra unha concentración de protesta pacifica.


https://youtu.be/x8mEwww7fPA

CSO A Insumisa

facebook. | @ainsumisa | ainsumisa@riseup.net | https://ainsumisa.wordpress.com/
________________

A eurodeputada galega Lídia Senra reclama uns servizos públicos de calidade no rural como garantía para poder manter poboación - A eurodeputada ve fundamental crear conciencia colectiva para dar o debate social e institucional que permita mudar o modelo e o investimento - Denuncian deficiencias no acceso a internet e no transporte cos núcleos próximos, así como o recorte de Correos nos concellos de Vedra e Boqueixón


Lídia Senra reclama uns servizos públicos de calidade no rural como garantía para poder manter poboación. | A eurodeputada ve fundamental crear conciencia colectiva para dar o debate social e institucional que permita mudar o modelo e o investimento. | Denuncian deficiencias no acceso a internet e no transporte cos núcleos próximos, así como o recorte de Correos nos concellos de Vedra e Boqueixón.

A eurodeputada galega Lídia Senra reclamou este sábado uns servizos públicos de calidade como garantía para poder manter e fixar poboación nas zonas rurais da Galiza e lograr un rural vivo no que a xente poida residir nunhas condicións dignas. Fíxoo durante a primeira mesa da xornada “Acceso aos servizos básicos: Un dereito imprescindible para un rural vivo en Europa”, que se está a desenvolver durante todo o día na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) organizada por ela mesma, como membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). No coloquio, no que participaron Senra, Roberto Castro Rocamonde, concelleiro Non Adscrito en Vedra, e María del Carmen Soutullo Carolo, concelleira da Agrupación de Veciñ@s de Boqueixón, abordouse e denunciouse a deficiente situación actual da maioría do rural galego e de Vedra e Boqueixón en particular en canto ao acceso que ten a cidadanía a servizos básicos como poden ser internet, o transporte público ou Correos.

Lídia Senra defendeu que en todo o rural galego hai dúas batallas fundamentais a dar: Unha é a batalla sobre a actividade económica, xa que “se non hai unha actividade agraria forte, o rural esmorece”; e outra son os servizos públicos porque “se non temos servizos públicos que nos permitan ter unha vida normal no medio rural, a poboación tamén marcha destas zonas”. “Son temas importantes aos que non se lle está prestando no debate político a importancia que teñen e temos que preocuparnos e moito desde as organizacións sociais e desde as institucións para solucionalo”, defendeu. Así, denunciou tamén o interese privatizador que impera actualmente, de pretender converter os servizos públicos nun negocio e vaticinou que se seguir así, o rural será o primeiro en pagar estas políticas privatizadoras. “O PP e o PSOE reformaron o artigo 135 a Constitución para priorizar o pago da débeda por riba do investimento, mesmo én detrimento dos servizos públicos básicos, e as consecuencias témolas enriba”, dixo.

Ante esta situación, a europarlamentaria chamou a articularse socialmente para que no rural, e nomeadamente en Vedra e Boqueixón, se tome conciencia colectiva para facerse escoitar nas institucións e dar o debate social. “Estase acabando cos servizos no rural á vez que están intentando converter o rural nos vertedoiros das cidades e estamos chegando a un nivel de contaminación impresionante. Só nas proximidades de Santiago, da capital galega, temos a antiga mina de Touro convertida nun basureiro contaminador de augas e solos; temos o vertedoiro de Miramontes, en Grixoa, na mesma situación; e ademais agora queren facer algo similar nunha antiga canteira de Teo. Isto hai que sacalo á luz, está oculto. Oco que hai, oco que están usando para esconder lixo e ademais residuos que se producen en moitos casos a centos de quilómetros”, denunciou.

Na mesma liña, María del Carmen Soutullo Carolo exixiu uns servizos públicos para evitar o abandono do rural e acabar co illamento das aldeas. “Se non miramos polo rural imos quedar sen centros médicos, sen escolas, sen centros de día, coa poboación envellecida que temos”, dixo. “Se o mundo rural sobrevive vivo é porque a súa xente está viva e queremos vivir no mundo rural, pero non illados ou como hai 50 anos, debemos fortalecer a presenza de mocidade no rural e de xente neorural. Fainos falta un transporte público de calidade como forma de chegar no rural aos servizos, que nos conecte. Tamén o acceso a internet é imprescindible para que as empresas se poidan asentar e os estudantes poidan ter acceso a nivel doméstico. Esa sería a forma de fixar poboación no rural, facendo presión entre todos e todas. Se o conseguimos, fixariamos poboación no rural. Se a xente ten unhas boas condicións de vida, si querería vivir nas aldeas”, zanxou.

Roberto Castro Rocamonde, criticou que a día de hoxe a xente da aldea “teñamos que defendernos como se foramos case unha reserva de indios” que ten un muro colocado que lle impide acceder aos servizos. Así, chamou a aceptar que o medio urbano e o rural teñen que ser permeables xa que o medio urbano dificilmente se vai soster sen o rural e polo tanto o rural terá que recibir unha serie de prestacións.

O concelleiro de Vedra considerou que os problemas que ten o rural son causados por unhas políticas feitas desde unha perspectiva puramente urbana. “O rural úsase como o receptor de pasivos do urbano, para instalar o que no urbano non interesa como poden ser os vertedoiros”, dixo. Así, reclamou cambiar o modelo e a perspectiva. “Dificilmente se pode cambiar nada no rural se continuamos mantendo esquemas e modelos do urbano. O empoderamento do rural é imprescindible, é posible o empoderamento enerxético, é posible a soberanía alimentaria, o rural é quen pode reportar os recursos ambientais. É imprescindible fluxos entre o urbano e o rural e unha ordenación do territorio e a territorialización dos recursos”, abondou. Tamén reclamou “un modelo funcional de transporte público que permita a mobilización interna, deixarnos dos localismos, ir a un modelo máis integrador, que permita a mobilidade interna e conectar Vedra e Boqueixón con Compostela”.

O concelleiro de Santiago Jorge Duarte, na defensa dun transporte público rural para a comarca

O concelleiro de Santiago de Compostela responsable de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, que participou na segunda mesa da mañá para abordar o plan de transporte para Compostela e comarca, defendeu os servizos como un dereito para todas as persoas. “Se non se aposta porque a xente poida vivir da agricultura ou dunha pequena industria ou da innovación ou o desenvolvemento no rural, se non se aposta por servizos, se desde a Administración púbica non se cre en manter a poboacion no rural e en apostar polo reequilibrio territorial, se non se inviste e se financian alternativas demográficas e servizos para que os que vivan no rural vivan con mais calidade de vida que nas cidades, se non se aposta por todo isto desde o modelo económico, o problema continuará. Hai que crer nun cambio de modelo que aposte por fixar poboación no rural e polo reequilibrio territorial. É un problema de país”, dixo.

Duarte, que foi presentado por Mar Blanco Casais, concelleira na Estrada polo Movemento Veciñal Estradense (MÓVETE), defendeu a necesidade dun transporte público rural para a comarca. “Non hai que valoralo, hai que facelo, porque é un dereito. Noutras comarcas e territorios está implantado e funciona. É unha cuestión de prioridades. O rural ten que ser unha aposta, ser máis que simples palabras. Vainos custar máis levar os servizos ao rural que á cidade, pero ou cres ou non cres que toda a veciñanza ten os mesmos dereitos. Non podemos pensar no que é máis caro ou barato, a igualdade para a xente ten que ser en todo”, defendeu. O concelleiro compostelán criticou que no Plan de Transporte de Galicia desde a Xunta non se está a facer nada nin hai coordinación. “Cando se prorizan os intereses das empresas por riba das persoas, é imposible ter nada bo. A Xunta non ten vontade política de rural vivo e así non imos a ningún lado. Desde os concellos temos que seguir reivindicando e mobilizando”.

Na sesión da tarde, a xornada continúa cun debate baixo o título de “O rural vivo é posible. Exemplos de interese na xestión de servizos básicos de concellos galegos e doutras partes de Europa”, no que intervirán o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez; María Ángeles López Agüera, directora do máster de Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxéitca da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e deseñadora do Plan de Actuación de Enerxía Sustentable (PAES) do concello de Vedra; e Maja Gilbert, membro do Partido da Esquerda sueca e do Consello do Condado na rexión de Dalarma, en Suecia, onde está en marcha o proxecto Fibre to the Village, que estimula ás comunidades a establecer as súas propias redes de internet nos municipios. O profesor na Universidade de Vigo e xornada David Formoso moderará esta parte.

Vedra, 26 de maio de 2018.

Oficina de Lídia Senra
Eurodeputada Galega
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
26 de maio de 2018 13:47

_______________

xoves, maio 24, 2018

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol solidariza-se coas vítmas do accidente de Tui - Este CCE sabe moi ben o que é vivir á beira dunha ameaza permanente -a Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría e o ilegal tráfico de gaseiros que a fornecen- mil veces denunciada, pública e xudicialmente...


Nota do CCE sobre o accidente de Tui

O CCE SOLIDARÍZASE COAS VÍTIMAS DE TUI

Onte en Tui explotou un almacén pirotécnico clandestino causando unha vítima mortal, catro desaparecidos e varias decenas de feridos, así como a destrución de moitas vivendas, moi numerosos danos materiais en edificios, instalacións e automóbiles nun amplo radio, mesmo a quilómetros do lugar do sinistro, o desaloxo de centos de persoas e o sobresalto de decenas de miles.

Este Comité Cidadán de Emerxencia solidarízase con todas as persoas afectadas e desexa a súa pronta recuperación.

A veciñanza desa industria perigosa e ilegal levaban moitos anos sinalando o risco e loitando a través de protestas e procesos xudiciais sen que as Administracións atendesen as súas demandas. Administracións que agora se doen e prometen axudar pero que non restituirán as vidas, a saúde, o patrimonio, nin evitarán a dor, para sempre, de tanta xente afectada por unha desgraza que se puido evitar.



Este CCE sabe moi ben o que é vivir á beira dunha ameaza permanente -a Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría e o ilegal tráfico de gaseiros que a fornecen- mil veces denunciada, pública e xudicialmente, pero que se mantén coa complicidade das Administracións a pesar das sentenzas dos tribunais, sendo ademais de perigosa, innecesaria e contaminante e que sobrevive só para xustificar o pelotazo económico dos seus promotores a conta dos Orzamentos Xerais do Estado que a cidadanía pagamos.

Algún día, como en Tui, seremos vítimas dun terrible accidente, de proporcións inimaxinables, que borrará do mapa a comarca de Ferrolterra. Entón, tamén virán as administracións a solidarizarse cos que queden e a prometer recuperacións.

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !


O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Info baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de maio de 2018 10:23

____________________