Amosando publicacións coa etiqueta ADEGA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ADEGA. Amosar todas as publicacións

luns, maio 24, 2021

Radio Cerna presenta o novo Boletín informativo ambiental semanal: Enerxía eólica, posible neglixencia da Xunta no ámbito forestal, xabaril e lobo... algúns dos temas sobre os que pivotou esta semana a actualidade ecoloxista de Galiza


Boletín informativo ambiental 21/05/20

Enerxía eólica, posible neglixencia da Xunta no ámbito forestal, xabaril e lobo... algúns dos temas sobre os que pivotou esta semana a actualidade ecoloxista de Galiza. Animámoste a escoitar a información completa.

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna! [Boletín informativo ambiental 21/05/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
21 de maio de 2021 13:46

_______

mércores, maio 19, 2021

O desenvolvemento eólico na Galiza centra o nº 84 da Revista Cerna


O desenvolvemento eólico na Galiza centra o nº 84 da Revista Cerna


A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentamos o número 84 da Revista Cerna, a publicación sobre ecoloxía e medio ambiente en Galiza. Ante o actual modelo de implantación de parques eólicos no noso territorio, o experto en enerxía Ramón Varela, analiza as potencialidades e riscos do seu desenvolvemento mariño e damos voz á iniciativa “Aldeas con Horizonte”, da que formamos parte e que reclama a urxente dos moratoria aos novos proxectos e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica.

En canto á cuestión forestal, coñecemos a iniciativa do concello de Teo para a inclusión das especies da familia eucalyptus no Catálogo Español de Exóticas Invasoras, o proxecto HabitaTeo para a defensa da biodiversidade e o exemplo de erradicación de eucalipto sen glifosato posto en marcha por unha comunidade de montes de Vilaboa.

A conservación e a biodiversidade, neste caso de especies do medio acuático, lévanos a coñecer o Proxecto 1MardeAlosas, orientado a evitar as capturas incidentais de zamborcas ocasionadas pola pesca. Por outra banda, activistas do ecoloxismo de Lugo presentan a batería de actuacións de impacto negativo para o medio que se están a desenvolver arredor do río Miño ao seu paso pola cidade.

A Covid-19 ten tamén espazo neste número de Cerna, reservándolle un artigo de opinión sobre os métodos para a súa contención e outros tres que dan a coñecer a súa incidencia na xeración de residuos, tanto en Sogama, como no Plan Revitaliza de Pontevedra e no Complexo Medioambiental do Barbanza.
Mantemos o compromiso co noso territorio

ADEGA, con máis de 40 anos de historia, mantemos o compromiso co noso territorio, hoxe aínda con maior convicción. Avogamos por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrución ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países. Centramos o noso traballo en Galiza sen por iso deixarmos de ter unha visión global da problemática ambiental e de exercermos na medida das nosas posibilidades a solidariedade coas loitas ambientalistas doutros pobos.

Revista Cerna Nº 84 . | 44 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Fonte: ADEGA.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza. | Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela. | Tlf/Fax: 981 570 099
Email: adega@adega.gal

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
______

sábado, maio 01, 2021

ADEGA promove un Ciclo de 5 mesas redondas sobre enerxía eólica e os seus impactos na Galiza que comezará o vindeiro mércores 5 de maio, seguirá o resto dos mércores do mes de maio, finalizando o 2 de xuño - As tres primeiras mesas dos impactos sobre o Patrimonio, a Biodiversidade e o Socioeconómico, a cuarta coa participación dos colectivos de afectadas e a última coa participación das organizacións políticas


O mércores, 5 de maio, ADEGA dará comezo ao Ciclo de mesas redondas "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza", que se celebrará todos os vindeiros mércores de maio, ata o 2 de xuño incluído. A través destas mesas de debate e reflexión ADEGA pretende analizar desde diferentes puntos de vista os impactos que poden carrexar para o noso territorio a actual enxurrada de proxectos eólicos que se está a tramitar tanto nos organismos da Xunta como do Estado. Arestora xa son máis de 130 proxectos eólicos, alén das súas infraestruturas de evacuación, os que se pretenden instalar en Galiza, e que en total suman máis de 10.000 MW de potencia en tramitación, case o triple do actualmente instalado.

Desde a asociación ecoloxista ADEGA rexeitamos este modelo de desenvolvemento eólico, entre outras razóns, por carecer dunha planificación racional e axeitada para afrontar o reto da descarbonización e do quecemento global, non ter en conta as necesidades enerxéticas de Galiza e reproducir o noso papel histórico como territorio colonizado e espoliado para a xeración de enerxía eléctrica en beneficio do grande capital e doutros territorios intensamente consumidores.

A actual carreira das empresas eólicas por chantar a súa bandeira en territorio galego está a poñer en risco, non só unha transición enerxética xusta, tamén a preservación do patrimonio cultural, da biodiversidade, a viabilidade dos sectores económicos primarios e estratéxicos, a nosa paisaxe, e demais, pode significar o golpe final para o futuro do rural galego. Todos estes impactos procedentes do actual modelo eólico serán tratados nas 5 mesas redondas previstas. Tamén se reservará espazo para coñecer e compartir as experiencias de colectivos e persoas directamente afectadas por esta nova e masiva vaga eólica que atenta contra os seus dereitos das persoas e a súa forma de vida.

Mesa 5 maio: Impactos sobre o Patrimonio

A primeira mesa redonda deste Ciclo de debate sobre a enerxía eólica e os seus impactos sobre o territorio celebrarase o mércores, 5 de maio, ás 19:30 horas e poderá visualizarse en directo desde a páxina web de ADEGA ou a súa canle de Youtube. As palestras desta mesa serán pronunciadas por:

Xabier Moure, Patrimonio dos Ancares.
Aurora Grandal, paleontóloga da UDC.
Pilar Sánchez, O Sorriso de Daniel.
Luis Leclere, Colectivo A Rula.

Modera: Xiana Iglesias, ADEGA.



Canle de Adega.

Programa Completo, información e enlaces. | Ir á Web.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza | Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela | Tlf/Fax: 981 570 099 | Email: adega@adega.gal

http://adega.gal/

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

_______

venres, abril 23, 2021

Radio Cerna presenta o novo Boletín informativo ambiental semanal: Ence valora mudar de emprazamento, pero non agora; os fondos next generation e a moratoria forestal; macroproxectos eólicos; Día da Terra


Boletín informativo ambiental 23/04/21

No día posterior ao Día da Terra repasamos a actualidade ambiental galega, que volve estar protagonizada polos macroproxectos eólicos, os fondos next generation e a moratoria forestal. A sorpresa da semana: Ence valora mudar de emprazamento, pero non agora. Se queres saber máis, escoita! [Boletín informativo ambiental 23/04/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
23 de abril de 2021 13:06

_______

sábado, abril 17, 2021

Radio Cerna presenta o novo Boletín informativo ambiental semanal: O impacto dos novos proxectos eólicos na sociedade galega está a facer agromar novas plataformas que reivindican a defensa do rural e outras novas

Parque eólico en Corme (Costa da Morte)

Boletín informativo ambiental 16/04/21

O impacto dos novos proxectos eólicos na sociedade galega está a facer agromar novas plataformas que reivindican a defensa do rural. Nos últimos días nas comarcas do Deza e Bergantiños. Os sindicatos agrarios alertan das consecuencias para o agro, e, por primeira vez, alcaldes do PP din non ao actual modelo eólico. Tamén se manifestan os órganos xestores de Reservas da Biosfera (Mariñas-Terras do Mandeo), consellos regulares e selos denominación de orixe... Alén da revolución eólica, este espazo tamén se fai eco do informe de Ence sobre a contaminación por mercurio do recinto de Elnosa. [Boletín informativo ambiental 16/04/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
16 de abril de 2021 12:05

_______

xoves, abril 15, 2021

Actúa contra a invasión eólica! - Enlace ao formulario para participar - Loita con nós por un modelo eólico racional, planificado sustentábel e ao servizo da sociedade - E axúdanos a parar esta barbarie contra o rural e o medio ambiente galego


ACTÚA CONTRA A INVASIÓN EÓLICA DE GALIZA!

O AMBIENTE GALEGO NECESITA dA TÚA AXUDA!


Fronte a actual invasión eólica sen precedentes, irracional, desordenada e inxusta, social e ecoloxicamente, a organización ecoloxista ADEGA pide a túa colaboración.

Loita con nós por un modelo eólico racional, planificado sustentábel e ao servizo da sociedade. E axúdanos a parar esta barbarie contra o rural e o medio ambiente galego.

ACTÚA E FAI VALER A TÚA OPINIÓN! COMO?

✅  A túa axuda é imprescindible para frear a nova vaga eólica carente de planificación.

✅  Calquera colaboración por pouca que sexa, será benvida.

✅  Non tes por que ter coñecementos especializados, só ganas de axudar.

✅  Ti decides o tempo que queres dedicar á causa.

Contamos contigo? Cubre este formulario para participar.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza | Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela | Tlf/Fax: 981 570 099 | Email: adega@adega.gal

http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
14 de abril de 2021 16:29

_______

mércores, marzo 17, 2021

En Ferrol, como noutros lugares da Galiza imo-nos mobilizar contra o 'Plan Forestal do PP', no Día da Árbore, por un Monte Galego con Futuro, este domingo 21 de marzo, ás 12 do mediodía na Praza Amada Garcia, diante deo edificio da Xunta


Non ao Plan Forestal do PP, mobilización no Día da Árbore en toda Galiza

Este domingo 21 de marzo en toda Galiza, tamén en Ferroterra nos mobilizaremos, ás 12 do mediodía na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.

Demandamos á Xunta que concrete o paquete de medidas para facer efectiva a moratoria do eucalipto.

Tras do anuncio da Xunta de Galicia dunha moratoria para a plantación de eucaliptos a plataforma Por un Monte Galego con Futuro [1] alégrase de que por fin o Goberno Galego recoñeza o grave problema económico e ambiental que ten Galiza polo monocultivo do eucalipto.

A plataforma Por un Monte Galego con Futuro denuncia que a moratoria non terá valor ningún se non se establecen a través dun regulamento de medidas específicas para aplicala de maneira efectiva impedindo novas plantacións de eucalipto mediante un reforzamento das medidas de control e vixilancia.

O Plan Forestal Galego de 1992 establecía como limiar que no ano 2032 as plantacións de eucalipto ocuparían 245.000 hectáreas. Segundo os últimos datos do Inventario Forestal de Especies Produtivas –realizado cada década polo ministerio–, en 2018 eran xa 300.500 hectáreas de monocultivo de eucalipto e outras 121.700 hectáreas nas que a especie se atopaba presente dalgún modo. É dicir, case o dobre das previstas para 2032. A falta de realizarse o novo inventario forestal encargado polo goberno galego xa hai voces autorizadas alertando que esta especie exótica invasora pode ocupar xa preto das 600.000 hectáreas en Galiza.

A plataforma sinala que o anuncio da moratoria por parte do goberno galego prodúcese escasas horas despois de aprobar un novo Plan Forestal Galego que responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado. Un plan que pon a ordenación dos usos do monte en mans das empresas madeireiras e forestais e deixa de lado o interese xeral. Un plan que non contempla a necesidade de manter unha reserva ecolóxica de hábitats naturais e garantir así os servizos ecosistémicos dos montes galegos.

Un novo Plan Forestal, que segundo denuncia esta plataforma fomenta, o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras ata acadar 1,4 millóns de hectáreas de piñeiros e eucaliptos en 2040, e o aumento de 3 millóns de m3 de cortas anuais de madeira de baixo valor engadido ata acadar os 12 millóns de m3 de cortas/ano. Un plan que propón aumentar aínda máis a superficie ocupada por eucalipto E. nitens, pese a ter traspasado xa en máis do dobre as previsións para 2030, e en detrimento das masas forestais autóctonas que apenas sufrirán incremento nos vindeiros 20 anos.

Este plan, indican, non fai máis que agravar a situación actual. Unha situación que o propio goberno galego recoñeceu co anuncio da moratoria para prohibir máis plantacións de eucaliptos.

A plataforma solicita ao Parlamento Galego a devolución do novo Plan Forestal Galego ao Consello Forestal para realizar unha nova redacción axeitada ás necesidades do país e na que poidan participar todas as organizacións relacionadas co monte e co medio rural.

Organizacións asinantes

Organizacións que conforman a plataforma Por un Monte Galego con Futuro:
A Estruga, A Rente do Chan-Pladever, A Ría Non se Vende, A Terra Non se Vende (ATNSV), Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Amigos da Terra, Anduxía, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación Ambiental Senda Nova, Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques “O Ourol de Anllóns”, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a defensa medioambiental Salvemos Monteferro, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), Asociacion de Custodia do Territorio Brexa, Asociación Frouma, Asociación Medioambiental Galicia Ambiental, Asociación Medioambiental Grupo Lobo, Asociación Monte Galego, Asociación Montes de Galiza (MONTEGAL), Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), Asociación Naturalista Hispella, Asociación Rebinxe, Asociación Rexeneración Autóctona, Asociación Veciñal do Saviñao, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (FRUGA), Foro do Camiño, Fundación Eira, Greenpeace, Grupo Naturalista Hábitat, Instituto de Estudos Miñoráns, Mariña Patrimonio, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo «CÍES», Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Quercus Sonora, Salvemos as Fragas de Catasós, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), SOS Groba, SOS Suído Seixo, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada.

Novas relacionadas

💚 O novo Plano Forestal da Xunta: Máis eucalipto e menos consenso social que nunca

💚 Os colectivos contrarios á revisión do Plan Forestal acoden ao Parlamento para pedir a súa retirada

💚 Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal

[1] Demandan á Xunta que concrete o paquete de medidas para levar a cabo a moratoria do eucalipto 4/03/2021 | Ir á Web.

Fonte: ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza | Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela | Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal
_______

venres, febreiro 12, 2021

A delegación de Adega de Ferrolterra convida a asinar o manifesto a favor da saúde e fututo do noso monte e contra o plan forestal da Xunta, que vai implicar unha maior eucaliptización da Galiza

A delegación de Adega de Ferrolterra convida a asinar o manifesto a favor da saúde e futuro do noso monte e contra o plan forestal da Xunta, que vai implicar unha maior eucaliptización da Nosa Terra.

Asina por un novo Plan Forestal que rexeite o eucalipto

Uns 50 colectivos galegos rexeitan a revisión do PP do Plan Forestal que implicará unha maior eucaliptización do país e deixar o monte galego en mans privadas con fins unicamente produtivistas. Apoia ti tamén a nosa petición por un monte galego con futuro!: http://chng.it/FM6WNhNTXG

Consulta tamén as 10 razóns polas que debemos rexeitar a Revisión que fai o PP do Plan Forestal, e que pretende aprobar neste primeiro trimestre de ano.

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
11 de fevereiro de 2021 04:29

_______

mércores, febreiro 10, 2021

Manifestación medio ambiental virtual na rede: Defende a túa terra de proxectos eólicos agresivos - #NovoPlanEolico - #MoratoriaEolicos - #TransicionXusta


DEFENDE A TÚA TERRA DE PROXECTOS EÓLICOS AGRESIVOS

👉🏻 Envíanos a túa foto coa faixa e o lugar que queres defender antes do 14 de febreiro. As publicacións faranse a partir do 14 de febreiro, Día Mundial da Enerxía.

Se non podes participar agora, podes facelo ao longo do ano.
Para participar, segue as seguintes INSTRUCIÓNS:

1. Descarga e imprime a faixa “Aldeas con Horizonte”, ou fai a túa propia faixa a man.

🔗https://app.box.com/s/jcu3t6lwx0rceyzq34z0gzxxrlbsvk4q

2. Escribe ou engade na faixa o nome do aldea, lugar ou monte que queiras defender.

3. Fai unha 🤳🏻foto coa faixa. Podes facela:

• Diante do sitio que queres defender...
• Na túa casa...
• Na rúa...
• Soa ou en compañía de outras persoas...

Todo nos vale! Non te cortes e tira de creatividade, canta máis diversidade mellor.

4. Envíanos a túa foto. Podes facelo de 2 formas:

1️⃣ Cubrindo este formulario, no que poderás cargar o ficheiro de imaxe:

🔗 https://forms.gle/PK4aLMTHsLdwY68n9

2️⃣ Enviándoa ao e-mail redegalegaporunruralvivo@gmail.com, indicando o nome do monte, aldea ou lugar, concello e parque eólico que che preocupa. Tamén podes enviarnos as coordenadas de localización ou unha ligazón de google maps.

🤓 As imaxes recibidas serán publicadas nas redes sociais das distintas plataformas e colectivos que apoiamos o manifesto Aldeas con Horizonte, desde o 14 de febreiro en diante. As localizacións das fotos serán incorporadas no mapa de Aldeas con Horizonte.

* Os datos e imaxes que se faciliten utilizaranse unicamente para a campaña Aldeas con Horizonte.

Descargas
Cartaz para imprimir

#AldeasConHorizonte - #NovoPlanEolico - #MoratoriaEolicos - #TransicionXusta

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
10 de fevereiro de 2021 06:44

_______

domingo, febreiro 07, 2021

Cinco verdades e cinco mentiras sobre Alcoa: Na procura dunha solución integral para a Mariña - Informe de Adega


INFORME ADEGA: “5 VERDADES E 5 MENTIRAS SOBRE ALCOA. NA PROCURA DUNHA SOLUCIÓN INTEGRAL PARA A MARIÑA”


Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) pensamos que o debate público e social xerado tras ameaza de despedimento de 534 postos de traballo da factoría de Alcoa en San Cibrao, e doutros 300 empregos de empresas auxiliares, debe enfocarse na procura dunha solución integral para o futuro da Mariña lucense que transcenda o obxectivo de salvar a Alcoa ou o sistema actual de produción de aluminio. A decisión da multinacional de pechar a súa factoría de San Cibrao está tomada, malia que a luz eléctrica se lle outorgase de balde, polo que xa é hora de virar o debate público na busca dunha alternativa para a Mariña alén de Alcoa.

Neste contexto, ADEGA vén de elaborar o Informe “5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña” co que pretende introducir no debate algunhas cuestións que considera necesarias para analizar desde unha perspectiva máis xusta e integral a problemática ou que precisan ser matizadas, desde o seu punto de vista.

5 VERDADES SOBRE ALCOA

1. “Os traballadores/as de Alcoa non deben pagar os custes da actual situación”.

Os 800 traballadores/as, entre o plantel de Alcoa e das empresas auxiliares, cuxo futuro se atopa ameazado, non deben pagar as consecuencias do peche da factoría, en particular, e dun modelo industrial frustrado, en xeral. De xeito inmediato, as administracións públicas, autonómica e estatal, deben poñer enriba da mesa unha solución para resolver a inxusta situación que atravesan os traballadores de Alcoa. Neste sentido, vemos que o Estado tería unha oportunidade clara de contribuír á resolución do conflito destinando ao mantemento deses postos de traballo parte dos fondos procedentes da UE para mitigar os efectos da pandemia no emprego e na economía, mais non para favorecer o sector electrointensivo, como propón a Xunta, senón para reactivar unha economía máis sustentable.

En ningún caso, a solución á actual problemática actual debería pasar pola condonación da débeda ecolóxica de Alcoa, o reforzamento do sector electrointensivo ou a venda de activos en falso que non garanten o mantemento dos postos de traballo nin a reparación ecolóxica (véxase a actual situación das antigas factorías de Alcoa na Coruña e Avilés, que volven reclamar a intervención Estado).

Así pois, a medio e longo prazo, ADEGA insta á Xunta e a todas as institucións e forzas galegas a abandonar as actuais propostas de reforzo dos sectores electrointensivos (necesariamente intensivos en impactos ambientais e emisións contaminantes) para pór sobre a mesa o desenvolvemento dun novo modelo industrial e económico máis sustentable, diversificado, que deixe beneficio na sociedade e para o que poidamos esixir o financiamento polo Estado e a Unión Europea.

2. “Alcoa debe pagar a súa débeda ecolóxica antes de marchar”.

O complexo de San Cibrao é dos complexos químico-industriais máis contaminantes de Galiza e dos que maior pegada teñen sobre o clima polas emisións e os enormes consumos de enerxía que demanda. Consume máis de 3.700 GWh/ano de electricidade, o que equivale aproximadamente ao 20% parte de todo o consumo eléctrico de Galiza, ao 65% do consumo eléctrico da provincia de Lugo, e ao total do consumo eléctrico das sete principais cidades galegas. Agora, perante a desaparición da súa principal fonte de enerxía, a central térmica das Pontes, e no marco da transición cara a unha economía descarbonizada, as necesidades enerxéticas de Alcoa terán que ser satisfeitas a partir de enerxías renovables, o cal volvería a condicionar por completo o deseño do futuro sistema enerxético galego e español. Cantos montes, chairas e vales máis teríamos que ocupar con parques eólicos e centrais hidroeléctricas para satisfacer o consumo inxente de enerxía de Alcoa?

Por tanto, a factoría de Alcoa en San Cibrao, indirectamente, sería responsable de parte do impacto ambiental xerado pola térmica máis contaminante do Estado español. Pero tamén, no seu proceso de fabricación de alúmina e aluminio, emite os seus propios compostos gasosos á atmosfera con efectos perniciosos sobre a saúde ambiental e humana, sendo unha das 5 industrias asentadas en Galiza que máis emite dióxido de carbono (1.098.000 t CO2), entre outros contaminantes: CO 31.000 t; SOx 3.740 t; NOx 165 t; HF (fluoruros) 114 t. e 177 t de partículas PM10, segundo o rexistro estatal PRTR1. Só na fabricación de aluminio emite á atmosfera: CO2 419000 t; CO 20.600 t, NOx 207 t, SO2 3.630 t, PFC 1,3 t; Ni 130 kg.; Fluor 111 t , PM 10 232 t.

Cabe lembrar que desde hai varios anos as estacións de control da contaminación atmosférica da Xunta situadas na contorna de Alcoa non son operativas, sendo substituídas por outra estación controlada pola propia empresa.

Alcoa recoñece na documentación presentada na Xunta para a renovación da súa autorización ambiental integrada (AAI) que supera os límites de emisión para o flúor e as partículas por factores moi altos (máximo de x20 e x14, respectivamente). Estas poden crear doenzas no gando e na saúde das persoas que viven próximas á planta a través da auga, ou do consumo de alimentos. En 2006, un estudo realizado por encargo dos veciños e coa colaboración de ADEGA, revelaba a contaminación por flúor acadaba os 3 quilómetros de radio arredor de Alcoa e que, neste radio, no era seguro beber auga dos pozos sen realizar análises periódicas.

O ano pasado, demostrando un absoluto desprezo pola normativa vixente, Alcoa solicitoulle á Xunta que lle concedese unha nova excepción para superar os valores legais de emisións contaminantes actualmente en vigor, ameazando con posibles despidos se non o facía.

O complexo de alúmina-aluminio tamén exerce unha presión importante sobre o recurso auga. Consume ao ano 6 millóns de m3 de auga que capta do río Cobo, o equivalente ao 15% do consumo anual de auga de todos os fogares galegos. Paralelamente, emite cada ano uns 7,5 millóns de m3 de efluentes que van parar ao mar, ademais dos frecuentes vertidos que se coan a través das filtracións da balsa de lodos vermellos, o grande pasivo ambiental de Alcoa, cuxo futuro aínda é incerto.

3. “A balsa de lodos non cumpre cos parámetros ambientais e de seguridade”.


De cada 4 toneladas de bauxita utilizadas por Alcoa como materia prima para a elaboración de alúmina-aluminio, 3 convértense en residuos sen tratar que van parar á balsa de lodos vermellos de San Cibrao dunha superficie de 73 Ha e nunha cota elevada de 100 m fronte o mar. Prevese que o depósito, cando estea cheo, acade un volume de lodos de 41,26 Hm3.

Nun recente comunicado, a empresa aseguraba que a balsa de lodos vermellos cumpre coa lexislación vixente de responsabilidade ambiental e descarta calquera posibilidade de rotura do dique ou de que a balsa fique abandonada tras a súa saturación, prevista para 2025. Afirma que o peche da balsa se fará acorde á normativa e de maneira gradual nos vindeiros dez anos.

Sen embargo, segundo consta no expediente de actualización da autorización ambiental integrada (AAI) solicitada hai un ano por Alcoa, as pólizas de responsabilidade civil e ambiental para a factoría de San Cibrao poderían estar caducadas, alén de que o seu importe era ridículo para enfrontar os danos dun hipotético sinistro ou derrubamento, xa que non consta que se teñan renovado desde o 30 de xuño de 2019. Malia a negativa da multinacional, a balsa de lodos vermellos de Alcoa segue a constituír un elevado risco para o medio ambiente e as persoas. Nin tan sequera logo do desastre ecolóxico e humano producido polo derrubo dunha balsa de lamas vermellas en Hungría en 2010 fixo que Alcoa investise no reforzamento do depósito de San Cibrao, 7 veces maior que o húngaro, e onde se verten diariamente 4.500 toneladas de lodos vermellos. Como quere que confiemos na seguridade da balsa se deixa caducar as pólizas de responsabilidade ambiental?

A Xunta debería esixirlle avais ao día e maiores coberturas, porén, exerce de cómplice da multinacional. Hai 8 meses que ADEGA solicitou coñecer os contidos do proxecto de selado e clausura da balsa de lodos ao que Alcoa fai referencia, obtendo un absoluto silencio como resposta. Tampouco consta que o proxecto de clausura estea aprobado pola administración autonómica, polo que, formalmente, a día de hoxe, non existe.

Por outra banda, Alcoa leva décadas incumprindo a lexislación ambiental por canto o muro de contención da balsa, que non é máis que un noiro de xabre, pedras e terra sen impermeabilizar nin selar, contén multitude de fisuras causantes de reiteradas filtracións e de vertidos contaminantes á terra e ao mar que aínda a día de hoxe se seguen producindo e sobre os que a Xunta de Feijóo fai a vista gorda.

Tampouco se sabe nada daqueles proxectos de investigación que Alcoa prometía realizar para dar saída á reutilización dos lodos vermellos ou da súa aplicación en sistemas de contención e inactivación de residuos tóxicos e perigosos. Esta solución, investigada pola USC, recibiu o premio da Asociación para a Investigación e Desenvolvemento Industrial dos recursos naturais. Tamén o Instituto de Cerámica de Galicia instou nalgunha ocasión a estudar a reutilización dos residuos vermellos para a fabricación de tixolos, sen que a multinacional nin o goberno galego amosasen ningún tipo de interese.

4. “Nin a Xunta nin o Estado son quen de achegar solucións de futuro”.

Nos últimos anos o goberno de Alberto Núñez Feijóo só se ocupou de culpabilizar da hipotética marcha de Alcoa ao goberno central e de deitar neste toda a responsabilidade na procura dunha solución. Teima en situar a solución da problemática nun abaratamento do prezo da luz eléctrica e sen garantías de que, ante este suposto, a empresa fique en San Cibrao. Mais tampouco se preocupou nos últimos anos, nos que a empresa ameazou continuamente con marchar, por deseñar unha alternativa de tipo socio-económica para Alcoa ou para a Mariña lucense, unha alternativa que pulase pola ampliación e/ou diversificación do sector cara as industrias de transformación e derivadas que axudasen a amortiguar o impacto social e económico ante a posible caída desta industria de enclave.

Hai tempo que a Xunta tamén abandonou as súas obrigas como órgano competente na inspección e vixilancia sobre o impacto ambiental e sobre a saúde da actividade fabril de Alcoa, mesmo permitíndolle aumentar os límites de emisións e contaminación nalgunha ocasión. E á vista dos contidos do expediente de renovación da AAI da factoría, tampouco lle está esixindo a Alcoa a anovación dos obrigados seguros de responsabilidade civil e ambiental nin das garantías financeiras que procuren solventar a pegada ambiental co complexo antes de botar o peche.

Pola súa banda, o Estado ten o deber de favorecer aqueles territorios máis castigados pola transformación enerxética e industrial que xa se está perpetrando ao amparo da transición ecolóxica cara a unha economía descarbonizada. Galiza está a ser discriminada polo Estado no reparto de fondos europeos destinados a incentivar a promoción dunha economía sen carbón e de empregos sustentables, malia a ser un dos territorios do Estado español máis afectados nesta transición. Para que sexa sostible, a transición ecolóxica e o cambio do modelo de produción e consumo deben ser socialmente xustos, evitando que sexan os postos de traballo e as economías locais as que acaben pagando os custos da transformación enerxético-industrial ao tempo que as grandes multinacionais da enerxía e as industrias máis contaminantes reciben axudas públicas multimillonarias. No actual proceso de desindustrialización emerxente do país (Navantia, As Pontes, Alcoa A Coruña,... e quizais moi pronto Citröen), non se albisca a existencia do necesario plan de reconversión industrial que atraia procesos de produción e de transformación menos contaminantes ou que conteña fórmulas de compensación que permitan reparar as perdas no eido social e crear postos de traballo sostibles.

O goberno central tamén ten pendente resarcir a histórica débeda contraída con Galiza en materia de enerxía, pola que debera establecer mecanismos de compensación ou de discriminación positiva con respecto a outros territorios do Estado, que só consumen electricidade e que non teñen que soportar os impactos ambientais e sociais derivados da produción enerxética. A Xunta, pola súa banda, debería promover mecanismos que eviten que no territorio galego só fiquen os custes ambientais da produción da enerxía e que os beneficios marchen para fóra. Debería pular por que a sociedade galega fose cada vez máis dona dos seus recursos, favorecendo incluso a creación dunha empresa pública e galega da enerxía.

5. “O sector do aluminio é unha alternativade futuro para a Mariña lucense”.


Dicir que Alcoa é a única alternativa de futuro para a Mariña lucense, non só nos sitúa nunha posición derrotista e sumisa, senón que carece de fundamento. Non deberíamos estar procurando unha alternativa a Alcoa, en todo caso, deberíamos procurar unha alternativa máis eficiente e menos contaminante no sector da metalurxia ou do aluminio. Neste senso, unha das vías de desenvolvemento que aínda non se ten explorado é a dos procesos industriais ligados á reciclaxe do aluminio. A Asociación Española do Aluminio (AEA), da que forma parte Alcoa, define o aluminio como o “metal rei da reciclaxe” e un dos materiais de primeira liña na transición cara a economía circular. Ademais, consume un 95% menos de enerxía e só xera un 5% das emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto á produción de aluminio primario.

A propia AEA afirma que o 75% dos 700 millóns de toneladas de aluminio fabricadas no mundo no último século aínda está en fase de uso e poderían ser obxecto de reciclaxe. As estimacións do sector son que en 2050 se poderán reducir á metade as emisións de CO2 derivadas da actual produción de aluminio, só a través da reciclaxe dos residuos. Ademais, o aluminio é un material permanente, polo que as súas propiedades inherentes non cambian durante o uso e despois do reciclado repetido en novos produtos.

O que non se entende é que, mentres en Lugo e Galiza cargamos cos custes sociais e ambientais da produción de alúmina e de aluminio, as industrias transformadoras do metal se estean a instalar noutros lugares do Estado (Madrid, Tarragona, Logroño, Guadalaxara, Sevilla…). As industrias derivadas do aluminio teñen maiores perspectivas de futuro, son infinitamente menos contaminantes e consumidoras de enerxía que as industrias de produción de aluminio primario, e ademais son xeradoras de emprego e de rendas de capital que fican no territorio de asentamento. Aquí en Galiza poderían abastecer a demanda crecente de aluminio do mercado das latas de conservas e de bebidas. En 2017, a empresa estadounidense Crown Holdings un investimento de 66 millóns nunha nova planta de reciclaxe de aluminio en Sagunto con 112 postos de traballo. En 2018, a norteamericana Ball Beverage Packaging instala unha nova fábrica en Guadalaxara (Cabanillas del Campo), cunha inversión inicial de máis de 100 millóns de euros e crea 122 empregos directos…

Mais, se falamos de alternativas sostibles e de futuro, que aseguren empregos e actividade produtiva na Mariña lucense, non podemos xogarnos o futuro a unha soa carta e desbotar o fomento doutros sectores económicos con potencialidade na comarca, que son alleos ao sector industrial da metalurxia ou do aluminio, e que foron sacrificados no pasado ante a chegada de Alcoa. Neste balanzo dos pros e contras do que supón e supuxo Alcoa para o noso país, non se están a contabilizar nin os pasivos ambientais nin as perdas sufridas por outras actividades económicas da zona como a agrogandeira, a pesqueira, a forestal, ou a turístico-cultural.

Por tanto, de cara a un futuro máis prometedor, as políticas industriais e de fomento da actividade económica na comarca da Mariña, e en xeral en Galiza, deberían virar cara a un novo modelo industrial máis diversificado, menos contaminante, con participación social e que cotice no país. Neste novo modelo industrial e económico, as industrias electrointensivas, fortemente dependentes de axudas e subvencións públicas, deberían ter unha menor promoción, xa que ademais, a día de hoxe só representan o 2% dos traballadores/as industriais.

5 MENTIRAS SOBRE ALCOA

1. “Alcoa ficaría en Galiza se o Estado abaratase o prezo da enerxía eléctrica”.

Non existe ningunha garantía. Confirmado recentemente polo secreatrio xeral de Industria, Raül Blanco, polo secretario xeral de CCOO Industria, Agustín Martín, e polo presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan. Indican que en diferentes encontros mantidos con altos cargos da multinacional estadounidense, estes reiteraron a súa vontade de pechar San Cibrao, “aínda que o prezo da luz fose gratis”. Hai dous anos, Alcoa tamén desvinculou as vendas das factorías de Avilés e da Coruña do factor enerxético, alegando “problemas estruturais inherentes” máis ligados á pouca eficiencia das fábricas que as facían “incompetitivas globalmente”.

Desde que Alcoa adquiriu en 2009 a factoría saudí de Maaden, á que a propia multinacional denomina “a máis grande e económica do mundo”, embarcouse nun proceso decidido de deslocalización da produción e de desmantelamento das súas factorías no Estado español cara a zonas con ligazón terrestre ás minas de bauxita e con tecnoloxías máis eficientes e económicas. Nese mesmo ano deixou de investir na renovación tecnolóxica da factoría de San Cibrao e nunca tivo a intención de promover sistemas de autoxeración eléctrica para o autoabastecemento da planta, en contra do que sería máis eficiente, dado o seu elevado consumo enerxético. Ademais, algúns dos convenios máis suculento promovidos pola multinacional nos últimos anos, fan pensar que se atopa inmersa nunha reconversión tecnolóxica total cara a era do aluminio “ecolóxico” ou da produción do metal sen emisións de dióxido de carbono.

Datos tirados de Eurostat e da patronal catalá Pimec sobre o prezo da electricidade en Europa no primeiro semestre de 2019, desmenten que España ofreza peores condicións de acceso á enerxía que outros países europeos. Os datos indican que os prezos da luz en España para as industrias electrointensivas están por debaixo da media europea, e máis barata que en Alemaña, Italia, Inglaterra, Dinamarca, Irlanda ou Eslovaquia.

Así pois, por moito que o Estado español favoreza as condicións de prezo da luz eléctrica para as industrias electrointensivas, moito nos tememos que Alcoa non vai ceder na súa postura de peche. O seu obxectivo é marchar do Estado español unha vez esgotado o ciclo produtivo da factoría de San Cibrao, deixando aquí o proceso produtivo máis contaminante e promovendo a industria transformadora e máis sostible noutros lugares. O prezo da luz é a súa escusa de “mal pagador”.

2. “A factoría de San Cibrao é competitiva globalmente”.

Unha das razóns polas que Alcoa está pechando os seus centros de produción no Estado español é porque estes centros se quedan obsoletos e son pouco eficientes e económicos fronte a revolución tecnolóxica que prevé o sector. Alcoa, xunto con outro xigante mundial do aluminio, Río Tinto Aluminium, creou a empresa Elysis, co apoio do goberno de Canadá, Quebec e Apple, para desenvolver un novo método de produción de aluminio libre de carbono. A tecnoloxía representa a culminación de décadas de investigación e, segundo os seus impulsores, está chamada a revolucionar o sector do aluminio e a mudar por completo o método de fabricación altamente ineficiente e contaminante empregado nos últimos 130 anos. A nova fórmula, que será comercializada a grande escala dentro de 4 anos, pretende eliminar as emisións directas de gases de efecto invernadoiro do proceso de fundición.

Este método máis sostible de produción de aluminio xa está a funcionar desde 2009 na fábrica de Alcoa en Pensilvania.

É bastante probable que a razón principal da marcha de Alcoa de San Cibrao estea máis relacionada coa obsolescencia da planta fronte a nova era tecnolóxica do aluminio que co prezo da enerxía. Certo é que habería que avaliar se as vellas factorías de Alcoa poden reconverterse cara a implantación desta prometedora tecnoloxía, mais o certo é que Alcoa leva máis dunha década sen investir cartos na modernización das instalacións de San Cibrao.

3. “O Estado español non investiu o suficiente en Alcoa”.

Alcoa sempre foi moi mimada polas administracións españolas desde que mercou a empresa pública Inespal en 1998. Malia a todo, a estratexia de Alcoa de someter ao país a unha continua chantaxe, ameazando con facer despedimentos masivos se non se aceptaban as súas condicións obtivo resultados.

Antes de 2012 beneficiouse da tarifa G4 que abarataba os custos das empresas, e mesmo se apuntou á existencia dunha cláusula segreda asinada coa SEPI (Sociedade estatal de participacións industriais) que garantía un prezo máximo da enerxía para a produción do aluminio. En 2014, tras ameazar co peche das factorías de Avilés e A Coruña, Alcoa percibiu unha substanciosa cantidade de 142 millóns de euros. E nos últimos anos beneficiouse da poxa polo servizo de ininterrompebilidade (pola disposición a esconectarse da rede en caso de necesidade) pola que adquiriría uns 1.000 millóns de euros a fondo perdido (695 millóns desde 2011), a cuarta parte da escandalosa cifra de 4.400 millóns de euros que pagamos todas e todos por este servizo ás industrias electrointensivas do Estado. E en 2018 beneficiouse da suspensión temporal do imposto de xeración ás industrias electrointensivas (que supuxo o 4% de aumento no recibo da luz) e da compensación indirecta por dióxido de carbono, outros 25 millóns de euros anuais dos 90 millóns totais destinados a tal fin. Actualmente, o goberno da Xunta propón que esta partida anual se aumente a 200 millóns de euros, ademais de presionar para que se aprobe o Estatuto das Electrointensivas que abarataría aínda máis o prezo da luz deste tipo de industrias. A ministra de Industria, Reyes Maroto, tamén revela que nos últimos dous anos Alcoa recibiu 38 millóns de euros en axudas públicas para o mantemento do emprego.

Ademais, é preciso lembrar que o porto de San Cibrao foi construído hai 40 anos polo Estado para uso exclusivo da factoría do aluminio que, desde aquela, se segue mantendo a cargo dos contribuíntes. Esta concesión, que remata en 2023, deixa fóra de disposición por outros axentes económicos da Mariña preto de 750.000 m2 de superficie terrestre e de 17.000 m2 de lámina de auga marítima. E, por se fose pouco, en 2015 destináronse 30 millóns de euros procedentes tamén de todas as contribuíntes para construír o gasoduto de 65 km que abastecería de gas natural á planta de Alcoa, co obxectivo de reducir nun 25% os seus custos de produción.

4. “Alcoa representa do 30% do PIB de Lugo”.


O PIB da provincia de Lugo nos últimos dados publicados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) é de 7.139 Millóns de euros e o de Cervo, onde se contabilizan as rendas de Alcoa (nomeadamente, salariais) é de 372,5 Millóns de euros. Por tanto, como queda de manifesto, Alcoa podería representar o 5,2% do PIB da provincia de Lugo, moi lonxe da disparatada cifra do 30%, só atribuíbel a un afán de magnificar a importancia económica de Alcoa na Mariña ou en Lugo.

Ademais, outros concellos da Mariña como son Burela e Viveiro suman entre os dous case o dobre do PIB que o correspondente a Cervo, e nestes casos, o seu PIB é atribuíble principalmente a empresas e actividades económicas vinculadas á pesca.

Tampouco podemos obviar que Alcoa ten a súa sede fiscal en Madrid, non en Galiza, e a maior parte da riqueza que xera na factoría de San Cibrao reverte fóra da Mariña e da provincia lucense.

5. “A factoría de San Cibrao de Alcoa é estratéxica para o país”.

O feito de ser a única factoría en activo que fabrica aluminio no Estado español non significa que esta sexa estratéxica para o futuro desenvolvemento industrial do país. Se non mudan os parámetros de fabricación do metal, se non moderniza as súas tecnoloxías, se non reduce o seu consumo enerxético que condiciona totalmente o sistema enerxético galego, se non é capaz de dar solución á problemática dos lodos vermellos, nin de garantir a descontaminación dos solos nin a seguridade da balsa, se non é competitiva globalmente, se non cotiza no país nin deixa máis beneficio que as rendas salariais, se tampouco ofrece garantías de mantemento dos postos de emprego, se non paga a súa débeda ecolóxica a pesar de estar recibindo permanentemente milleiros de euros de fondos públicos….., onde está o factor estratéxico?

Se a fabricación de alúmina-aluminio en San Cibrao é estratéxica para o conxunto do Estado, resulta paradoxal que teñamos que seguir importando aluminio para a fabricación de latas de bebidas e conservas. A importación de aluminio no Estado español acada as 300.000 toneladas anuais, procedentes de Arabia Saudí, Rusia, Mozambique e A India. E a meirande parte das importacións entran por Galiza, polos portos de Vigo e Vilagarcía. Incluso, o porto de Vigo se gababa o ano pasado de ter realizado unha das maiores descargas de lingotes de aluminio convencional da historia.

Se realmente se quere apostar pola permanencia da industria do aluminio no país, o estratéxico sería adaptar estes procesos de produción ao novo paradigma da transición ecolóxica e da economía circular ou potenciar outras actividades económicas que diversifiquen a oferta de traballo.

Lugo, a 12 de xuño de 2020

ADEGA

ADEGA / Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal
http://adega.gal/
_______ 

 

 

 

 

 

 

xoves, febreiro 04, 2021

Adega - Ferrolterra convida a participar no certame de vídeo, baixo o titulo 'A cidade que eu quero', ... como é a túa cidade saudábel, medioambiental, física e psicoloxicamente


Certame de video-creación:
"A cidade que eu quero"


O responsábel da delegación comarcal, Miguel Anjo González, informa que Adega - Ferrolterra convida a participar no certame de vídeo que convoca Adega-Lugo, baixo o titulo "A cidade que eu quero". Anima a participar, para deste xeito a través do vídeo, as persoas interesadas podan dar a súa opinión de como é a súa cidade saudábel, medioambiental, física e psicoloxicamente.

Poden-se enviar os traballos ate o día 25 de febreiro, todas aquelas persoas e colectivos poden enviarnos un vídeo no que expoñan as súas inquedanzas e sensibilidades, dando a coñecer a cidade na que desexan vivir dun xeito crítico e creativo.

O traballo terá unha duración máxima de 3 min, e será de inédito e de autoría propia. No caso de contar con música, a persoa ou colectivo participante deberá acreditar a autoría ou a propiedade dos dereitos dela.

Na cabeceira farase referencia ao certame "A cidade que eu quero" promovido por ADEGA.

Os traballos enviaranse a través da folla de inscrición cuberta cos datos da persoa ou colectivo participante e con unha ligazón privada para a súa visualización en liña.

A data límite para enviar os traballos é o 25 de febreiro.

Premios

As gañadoras do certame coñeceranse o día 18 de marzo.

Valorarase o espírito crítico en termos de sustentabilidade (ecofeminista), a comunicación e corrección no idioma (galego) e a linguaxe audiovisual.

O xurado estará formado por membros da delegación de ADEGA Lugo, Iago de Sant creador de MicroSoños e Ángeles Castro Dapena, arquitecta e urbanista.

Os premios recolleranse en Lugo.

PREMIO Margaritifera margaritifera para menores de 18 anos.

💚 Sesión co mago Antón en Lugo e unha cesta de produtos ecolóxicos do Mercado da Terra.

PREMIO Lutra lutra para maiores de 18 anos.

💚 Cota de socia de ADEGA por un ano e unha cesta de produtos ecolóxicos do Mercado da Terra.

2 PREMIOS Accésit Lucanus cervus

💚 Lote de libros e camisolas de ADEGA
Ligazóns.

Formulario de inscrición e envío do traballo

Fonte: ADEGA.

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
2 de fevereiro de 2021 19:04

_______

martes, xaneiro 26, 2021

Aqui Non: Por unha transición enerxética compatíbel coa biodiversidade e a paisaxe - Vídeo - Manifesto - Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica


Por unha transición enerxética compatíbel coa biodiversidade e a paisaxe

O vídeo da campaña «Aquí Non» que fixo a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, polo tema dous eólicos, onde ADEGA colaborou.


https://youtu.be/Au6zFwWfrv4

A campaña «Aquí Non» está apoiada por 103 organizacións.

Amigos de la Tierra
Amigos de la Tierra - Galicia - Amigos da Terra
Amigos de la Tierra - La Rioja
Asociación "El Cabezo"
Asociación "Salvemos A Comarca de Ordes"
Asociación A Morteira
Asociación Afectados polo Vertedoiro de Lesta
Asociación Ambiental Senda Nova
Asociación Asturiana d'Amigos de la Naturaleza - ANA
Asociación Biodevas
Asociación Cabrera Natural
Asociación Cova Crea
Asociación Cryosanabria
Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
Asociación de Amigos del Tejo y las Tejedas
Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana
Asociación de Desarrollo del Alto Ebro
Asociación de Estudios Ornitológicos del Bierzo "Tyto Alba"
Asociación de Naturalistas Palentinos - ANPA
Asociación Ecologista La Braña
Asociación Extremeña Sabio Mudo
Asociación Galega de Custodia do Territorio - AGCT
Asociación Herpetológica Española - AHE
Asociación Landarlan
Asociación Luna Verde
Asociación Monte Galego
Asociación O Ouriol do Anllóns
Asociación Pangea Verde
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA
Asociación para el Estudio y la Protección de la Naturaleza "Urz"
Asociación para el Estudio y Mejora de los Salmónidos - AEMS/Ríos Con Vida
Asociación para la Conservación y Estudio del Lobo - ASCEL
Asociación para la Defensa de la Naturaleza y los Recursos de Extremadura - ADENEX
Asociación para la Defensa de Los Recursos Naturales de Cantabria - ARCA
Asociación para la Defensa del Paisaje "El Cigüeñal"
Asociación para la Recuperación del Bosque Autóctono - ARBA
Asociación Petón do Lobo
Asociación Redmontañas
Asociación Ribera del Torío
Asociación Terra Sos-Tenible
Asociación Verdegaia
Asociación Viriatos
Ateneo Varillas
Bierzo Aire Limpio
Cantabria no se vende - CNSV
Colectivo Ciudadanos del Reino de León
Colectivo Ecologista de Avilés
Colectivo El Huerto del Pozo
Comité de Defensa de las Rías Altas
Conceyu País Llionés
Coordinadora Ornitolóxica d'Asturies - COA
Ecologistas en Acción - Castilla y León
Ecologistas en Acción - Navarra
Ecologistas Extremadura
Ecoloxistas en Acción - Galiza
El Bierzo Sentido
Federación de Asociaciones para la Defensa Animal en Cantabria - DEAN
Filón Verde
Fondo Navarro para la Protección del Medio Natural - Gurelur
Fundación Global Nature
Fundación Lurgaia Fundazioa
Fundación Naturaleza y Hombre - FNyH
Fundación Oso Pardo - FOP
Fundación para la Conservación del Quebrantahuesos - FCQ
Fundación Savia por el Compromiso y los Valores
Geotrupes
Grupo Asturiano para la Conservación y Estudio de los Murciélagos
Grupo Ecologista de Madrigueras
Grupo Especialista en Invasiones Biológicas - GEIB
Grupo para el Estudio y Defensa de la Montaña Oriental de León - GEDEMOL
Grupu d'Ornitoloxía Mavea
Humanidad y Medio
Junta Vecinal de Valdavido
Mesa Eólica de las Merindades
Mutriku Natur Taldea
Nós Terra Maire
Organización Medioambiental "Ecologistas Acuho"
Plataforma "Salvemos Catasós"
Plataforma a favor de los Paisajes de Teruel
Plataforma Antiminería de Zamora "No en mi tierra"
Plataforma Aralar Bizinik
Plataforma Casalonga Limpa
Plataforma Ciudadana por una Transición Ecológica Justa
Plataforma Compostela-Ulla-Tambre
Plataforma de Afectados pola Destilería de Contimunde
Plataforma de Pobladores Rurales "León Ruge"
Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Protección da Natureza
Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica - PDCC
Plataforma para la Defensa de los Valles Pasiegos
Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre - Con-Ética
Plataforma pola Recuperación do Sar
Plataforma por el Futuro de la Montaña Central Leonesa
Plataforma Salvemos O Iribio
Plataforma Unitaria contra la Autopista Eléctrica
Plataforma Veciñal "Mina Touro O Pino, Non"
Red de Abogados de Defensa Ambiental - RADA
Red de Apoyo Mutuo en Respuesta a los Megaproyectos Energéticos - RECAEL
Red Galega por un Rural Vivo
Sociedad Española de Ornitología - SEO/Birdlife
Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los Mamíferos - SECEM
Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los Murciélagos - SECEMU
Sociedade Galega de Historia Natural - SGHN
Sociedade Galega de Ornitoloxía - SGO

Manifesto

Os detalles, os fundamentos da postura expresada, poden-se ler no manifesto homónimo. | Acceder/Baixar.

Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica

https://www.cordilleracantabrica.org

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
26 de janeiro de 2021 20:48

_______

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

venres, xaneiro 22, 2021

Boletín Informativo Ambiental Semanal de Radio Cerna: Primeiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns de Galiza, ... o anuncio do peche da térmica das Pontes por Endesa: Un fito histórico para os ecoloxistas e unha traizón de Endesa para os políticos galegos

Primeiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns de Galiza, e segundo no Estado, fai saltar as alarmas das que xa advertiran hai meses os ecoloxistas. Reclaman agora con maior contundencia o peche destas instalacións en todo o territorio galego, que acolle o 80% de todas as granxas de visión do Estado. A outra nova destacada da semana é o anuncio do peche da térmica das Pontes por Endesa. Un fito histórico para os ecoloxistas e unha traizón de Endesa para os políticos galegos. Todo isto e máis neste programa de Radio Cerna. [Boletín do 22 de xaneiro de 2021]



Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol

http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
22 de janeiro de 2021 10:26

_______

sábado, decembro 26, 2020

Dor e gloria da terra - Obra audiovisual curta elaborada por ADEGA Lugo, gañador do Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria no 2º certame de videocreación Lugo Cultural 2020


Premio Isidro Novo para Adega

Dor e gloria da terra

Lugo, 22 de decembro de 2020

Vídeo elaborado por ADEGA Lugo, gañador do Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria no 2º certame de videocreación Lugo Cultural 2020.


https://youtu.be/Z_A5D-WarGw

Canle de Adega.

Sen máis recibe unha fonda aperta ecoloxista.

Miguel Anjo González Garcia
Secretario Adega-Ferrolterra


Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de correos 481;
15480 Ferrol, (A Coruña).
adegatrasancos@adega.gal
www.adega.info


Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
23 de dezembro de 2020 13:01

_______

domingo, decembro 06, 2020

Radio Cerna presenta o seu novo Boletín informativo ambiental - ... a transición ecolóxica e os proxectos estrela da Xunta volven apuntar cara unha nova eucaliptización... - Proxecto Ríos, compostaxe ou fogares verdes, #Naturalmente - Audio e Vídeo


Boletín informativo ambiental de Adega

04/12/20

Ameaza a sombra de novas mareas negras cos casos de encallamento do buque afundido no día de onte en Vigo, ou co quimiqueiro que tivo que ser remolcado ao porto exterior da Coruña, nunha semana no que se celebra o 18 cumpreanos da catástrofe ecolóxica producida polo Mar Exeo, enfronte as costas da Coruña. Alén diso, a transición ecolóxica e os proxectos estrela da Xunta volven apuntar cara unha nova eucaliptización e a implantación masiva de eólicos nos montes galegos sen ningún tipo de ordenación. Ademais destas, outras novas conforman a actualidade ambiental galega desta semana. Escóitaa en Radio Cerna!


Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal

Programa #Naturamente coa UNED de Lugo

Por outra banda desde a delegación de Adega Ferrolterra presentamos o interesante o programa "NaturalMente" da UNED de Lugo con diversos proxectos de educación ambiental, como Proxecto Ríos, compostaxe ou fogares verdes.


https://youtu.be/zcTueKjSrLg

Canle de Adega| Acceder.

http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
5 de dezembro de 2020 19:53

_______

mércores, novembro 11, 2020

O camiño a casa - Respira a Vida - Como a contaminación do aire afecta ao teu corpo - Adega convida a visonar estas curtas da OMS, por unha mobilidade sostíbel


Desde a delegación de Adega de Ferrolterra, achegamos tres enlaces que se corresponden a tres vídeos feitos pola OMS, que tratan de porque debemos deixar os carros particulares aparcados na casa e mover-nos sempre que poidamos, por medios non contaminantes ou pouco contaminantes, como o tren e o autocarro. Son vídeos cortos moi interesantes e pedagóxicos e desde a delegación pedimos-vos, que lle dediquedes uns poucos minutos a velos.

O camiño a casa
17 de outubro, de 2016

Nove de cada dez acodes respiran un aire insalubre. A contaminación do aire é un asasino invisíbel que pode estar axexando, por exemplo, no camiño de volta a casa e ate nos nosos fogares.


https://www.youtube.com/watch?v=XYLCH-Oi8FE

Respira a Vida
3 de outubro, de 2016

Cal é a causa de 1 de cada 9 mortes? Que afecta a máis do 80% da poboación urbana, pero adoita ser invisíbel?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Coalición do Clima e Aire Limpo para Reducir os Contaminantes do Clima de Curta Vida (CCAC) uniron-se nunha campaña de sensibilización internacional chamada Respira a vida. A campaña centra-se en aumentar a conciencia sobre a contaminación do aire como unha ameaza tanto para a saúde pública como para o clima.


https://www.youtube.com/watch?v=Yq7sUVeZ3vk

Como a contaminación do aire afecta ao teu corpo
13 de marzo, de 2018

A contaminación do aire é unha ameaza invisíbel que axexa á nosa contorna, afectando a mozas e maiores. Aprende como ataca e se desliza silenciosamente máis aló das defensas do noso corpo, causando mortes por ataque cardíaco, derrames cerebrais, enfermidades pulmonares e cancro. Axuda a respirar vida de novo nas nosas cidades e a tomar medidas para protexer nosa saúde e o noso clima.


https://www.youtube.com/watch?v=vdhDnYdBDhQ

Canle da OMS: World Health Organization (WHO).

Axuda a devolver unha vida respirábel ás nosas cidades e actúa para protexer nosa saúde e o noso clima a través de:

http://BreatheLife2030.org

Sen máis recibe unha fonda aperta ecoloxista.

Ferrol, 9 de novembro, de 2020

Miguel Anjo González Garcia
Secretario Adega-Ferrolterra


Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de correos 481;
15480 Ferrol, (A Coruña).
Correo: adegatrasancos@adega.gal
Páxina electrónica: www.adega.info


Enviado por
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
9 de novembro de 2020 16:51

_______

xoves, novembro 05, 2020

Un novo disparate ecolóxico: facer da central de carbón das Pontes unha nova incineradora - Este mes conclúen as novas probas de queima conxunta de carbón e residuos orgánicos na central de carbón de ENDESA nas Pontes


Este mes conclúen as novas probas de queima conxunta de carbón e residuos orgánicos na central de carbón de ENDESA nas Pontes. A plataforma "Galiza, un futuro sen carbón", que as ve como un intento de perpetuar o gran centro de produción de electricidade sucia das Pontes, reclama transparencia verbo dos seus resultados á empresa e ás institucións. Independentemente deses resultados, é incuestionable a irracionalidade ecolóxica de querer facer da central de carbón tamén unha incineradora de residuos orgánicos (lodos de depuradoras de augas residuais e xurros de granxas).

Segundo ten transcendido, nas probas de co-combustión na térmica das Pontes empréganse mesturas de carbón (importado de Kazaxistán) e de residuos orgánicos en diferentes proporcións. Inicialmente probouse unha mestura de carbón ao 70% e residuos orgánicos ao 30%. Despois as porcentaxes foron do 60 e 40% e finalmente igualáronse [1]. Fica claro pois que a alternativa da co-combustión, denominada enganosamente dos "biocombustibles", implicaría a continuidade da queima de grandes cantidades de carbón, o combustible fósil máis contaminante.

A das Pontes é a única central de carbón de España, e talvez do mundo, para a que se contempla a posibilidade da co-incineración de residuos como falsa solución socioambiental. E, ao que todo apunta, iso non é debido tanto á iniciativa da propia Endesa como á presión exercida pola Xunta, o Parlamento (co respaldo dos tres partidos que o conforman hoxe) [2], do Concello das Pontes e dos sindicatos maioritarios. E, por se  non abondase, a vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno estatal tamén amosou o seu apoio á co-combustión, [3] malia supoñer unha "transición ecolóxica cara atrás".

A ferreña resistencia política e sindical ao fin da insustentable queima de carbón na nosa terra está a chegar a límites inconcebibles, ao apostar por opcións ambientalmente disparatadas que distraen da urxente implementación dunha auténtica transición xusta que non deixe atrás tampouco aos traballadores das auxiliares de ENDESA e aos camioneiros. E cando a mobilización social en defensa do clima liderada pola mocidade obriga a agochar posicións trumpianas,  as institucións e axentes sociais defensores do carbón poñen a tope a maquinaria do lavado verde presentándonos o que non é máis que proseguir a queima de carbón, agora tamén con residuos, como un exemplo de economía circular e transición enerxética xusta. Cando é exemplo evidente e notorio de todo o contrario.

A co-incineración de residuos orgánicos, no caso de ser economicamente rendible para ENDESA, suporía a continuidade indefinida dun ou dous dos catro grupos que forman a central de carbón das Pontes, cada un deles cunha potencia de 350 MW.  ENDESA consolidaría así un enorme centro de xeración de electricidade sucia e cambio climático, integrado, ademais de por unha central de carbón-incineradora de residuos orgánicos de 350-700 MW, pola veciña central de ciclo combinado a gas natural, de 800 MW, operativa desde 2008. A potencia da central de carbón de Meirama, pechada en xuño pasado, era de 550 MW, mentres que a da incineradora de SOGAMA é de 50.

Notas

[1] A información sobre as mesturas utilizadas procede de membros do comité de empresa da central de carbón das Pontes, citados en https://www.elcorreogallego.es/galicia/inquietud-en-endesa-as-pontes-IC4994930.

[2] https://unfuturosencarbon.org/o-parlamento-galego-teima-na-irresponsabel-defensa-da-central-de-carbon-das-pontes/.

[3] Nun comunicado divulgado o mesmo día en que Endesa anunciou a solicitude formal de peche da central de carbón das Pontes, o 27 de decembro de 2019, o Ministerio para a Transición Ecolóxica declarou confiar "no resultado positivo das probas que permitirán manter activos dous grupos da planta con co-combustión de biomasa". Este comunicado está dispoñible en https://www.miteco.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/el-ministerio-para-la-transici%C3%B3n-ecol%C3%B3gica-velar%C3%A1-por-el-cumplimiento-de-los-compromisos-empresariales-con-los-trabajadores-en-as-pontes-y-carbo/tcm:30-506027.

Ligazóns

Web de Galiza, un futuro sen carbón

Publicado en Web Adega. | 3 de novembro de 2020

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal


Canle de Nós Televisión. - Para Sementar Futuro !
Nós Televisión somos unha televisión galega, en galego e centrada no país. Atópanos no dial 119 de R, nas redes sociais en nostelevision.gal.

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de correos 481;
15480 Ferrol, (A Coruña).
Correo: adegatrasancos@adega.gal
Páxina electrónica: www.adega.info

Enviado por:
Inácio
-inaciogz@gmail.com
5 de novembro de 2020 08:01

_______

Reportaxe de Nós Televisión, sobre o proxecto 'Rías Sostíbeis' de ADEGA - O sector do mar contra o lixo mariño - Rías Sostíbeis fronte os microplásticos


O lixo mariño é aínda un descoñecido para boa parte da sociedade. O impacto no mar de contaminantes como os microplásticos repercute tanto na actividade económica como na nosa propia saúde. Dende o movemento ecoloxista, sinalan: é hora de afrontar este problema.


https://youtu.be/3wDlIYQwENM

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal


Canle de Nós Televisión. - Para Sementar Futuro !
Nós Televisión somos unha televisión galega, en galego e centrada no país. Atópanos no dial 119 de R, nas redes sociais en nostelevision.gal.

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de correos 481;
15480 Ferrol, (A Coruña).
Correo: adegatrasancos@adega.gal
Páxina electrónica: www.adega.info

Enviado por:
Adega - Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
2 de novembro de 2020 20:47

_______

martes, novembro 03, 2020

Unha análise para o recoñecemento, a reflexión e a acción no día mundial da alimentación - Apostar polos mercados de produtos locais e de proximidade, xunto co apoio para as tendas de produtos producidos de maneira sustentábeis...


O 16 de Outubro foi o día mundial da alimentación, desde a delegación comarcal de Adega achegamos unha análise para a reflexión e a acción, na data sinalada, centrandonos no desperdicio de alimentos, algo que alcanza unhas dimensions terribeis. Achegamos dous enlaces con dous vídeos sobre temática da efeméride, moi interesantes e didáticos. Desde ADEGA pretendemos deste xeito intentar crear conciencia ambientalista, nun maior número de persoas na nosa sociedade.

Sen máis recibe unha fonda aperta ecoloxista.


Miguel Anjo González Garcia
Secretario Adega-Ferrolterra


DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Este 16-O celebrase o día mundial da alimentación e desde ADEGA-FERROLTERRA, queriamos aproveitar para facer unha chamada de atención, no referido ao grave problema que supón o desperdicio de alimentos, que se produce en xeral, en todo o planeta. Nos próximos anos vai haber un aumento da demanda de alimentos, sobre todo polo crecemento da poboación, mais nun contexto onde o sistema de alimentación está fundamentado no agro-negocio, o cal está acabando coa fertilidade das terras, xunto co cambio climático (responsábel moi importante o Agro-negocio), todo isto vai ter consecuencia na diminución e aumento dos períodos de seca que con certeza vai producir que nunha agricultura, a cal, o 80% depende da irrigación por choiva, estea esta, nun futuro, en serios problemas, para seguir producindo alimentos. Ademais esta auga, na maioría dos países, destinase e secuestrase, para as grandes industrias, reducindo a auga das pequenas explotacións e do consumo humano. Con esta diminución dos recursos, xunto coa competencia producida polo cambio climático, por estes recursos, vai facer que se siga depredando o medio ambiente, tendo graves consecuencias, na seguridade alimentaria e nos medios de vida, de millóns de persoas en todo o planeta.

O desperdicio de alimentos supón o 30% dos alimentos producidos. Esta perdida prodúcese en todos os países e en todas as fases da vida dos alimentos. No referido ao consumidor, é máis agudizado nos países desenvolvidos (90-120kg por persoa- ano) que nos países en vías de desenvolvemento (8-15Kg por persoa- ano). Isto ven a supor, perto de mil cincocentos millóns de Tm de comida. No estado español tirase perto de 8Tm de comida ao ano segundo OCU (Espanha). Cabe sinalar, que o sistema económico é tamén moi responsábel desta perdida, xa que produce o rexeite de moitos alimentos, se non cumpren por exemplo uns determinados requisitos estéticos, ademais de facer da alimentación humana, o principal negocio lucrativo do planeta.

O DESPERDICIO DE ALIMENTOS TEN CONSECUENCIAS COMO:

1. Consumo de recursos: Os alimentos desde a súa produción-almacenamento- distribución- venta e consumo, consumen recursos de todo tipo, sen que ao final o alimento cumpra a súa función.

2. Ten efectos sobre o medio ambiente: Produce-se unha perdida de habitats quer terrestres quer mariños, sen que estes alimentos cheguen a ás persoas. A perdida de alimentos é tan grande no planeta, que supón perto do 30% das terras cultivadas. Ademais supón perto de 3.3 Gtm de gases de efecto invernadoiro ao ano.

3. Favorece as desigualdades: quer nos países en desenvolvemento quer nos países desenvolvidos. Nos primeiros en forma de menor soberanía alimentaria, máis fame, máis inseguridade alimentaria, máis pobreza extrema, maior diminución de ingresos e nos segundos, en forma de sobre-peso, problemas crónicos asociados a dieta etcétera.

4. Custes económicos: Perto de 700 mil millóns de $ en custes medio ambientais relacionados co cambio climático (deforestación, perdida de biodiversidade, etcétera). Perto do billón de $ en contaminación con agro-tóxicos. Custes non contábeis como por exemplo, os peixes que se descartan, a subida do prezo dos alimentos por este dispendio etcétera.

DESDE ADEGA-FERROLTERRA SOLICITAMOS:

Un cambio de paradigma no que atinxe a alimentación das persoas, onde se volva aos tempos do pasado inmediato, onde eran as pequenas produtoras as que alimentaban as cidades, as que alimentaban ao planeta. Apostar polos mercados de produtos locais e de proximidade, xunto co apoio para as tendas de produtos producidos de maneira sustentábeis, incluso subvencionado estes produtos, para que non haxa na sociedade desigualdades tamén no referente a alimentación, onde unhas parte da cidadanía teñan acceso pola súa situación económica aos alimentos de verdade e outra parte da cidadanía teñan que ir aos alimentos de peor calidade, pola súa situación económica. Cabe sinalar que perto do 90% das novas enfermidades, son producidas polo que comemos.

Máis no referente á perdida de alimentos, nós como consumidoras:

• Favorecer as compras a granel. Deste xeito compramos as cantidades necesarias.
• Escapar das ofertas, sobre todo as de 2x1. Polo xeral, as datas de caducidade do alimento están moi próximas.
• Facer a planificación das comidas como moi lonxe dunha semana.
• Conxelar os alimentos sobrantes.
• Reutilizar eses alimentos para facer outras comidas.
• Mercar aquilo que imos consumir.
• Esixir o etiquetado visíbel e claro, das datas de caducidade dos alimentos.

BIBLIOGRAFÍA:

OCU (ESPANHA).
FAO (Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e aAagricultura).

Heroínas da Alimentación

O mundo está cheo de persoas heroínas da alimentación, desde agricultoras, xornaleiras, obreiras, ate condutoras, dependentas, praceiras, representantes de goberno ou voluntariado solidario, ..., aquelas persoas que malia desafíos distintos, como a actual pandemia de COVID-19, traballan duro para garantir que os alimentos cheguen das granxas ás nosas mesas. Celebremos os seus grandes esforzos este Día Mundial da Alimentación.



Día Mundial da Alimentación 2020 - Covid-19

Música: INFINITE-14667 | Artista: Julien Glabs, SACEM | JUST 160 Orchestral Ostinati and Arpeggios 2


Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de correos 481;
15480 Ferrol, (A Coruña).
Correo: adegatrasancos@adega.gal
Páxina electrónica: www.adega.info

Enviado por:
Adega Trasancos
-adegatrasancos@adega.gal-
2 de novembro de 2020 08:45

_______