Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferrol. Amosar todas as publicacións

mércores, decembro 09, 2015

Manifestación Comarcal en defensa do Naval - Ferrolterra Esixe Solucións - Domingo 13 de Decembro, ás 12 do mediodía desde o Inferniño


Manifestación Comarcal en defensa do Naval

Os comités de empresa de Navantia-Fene e Navania-Ferrol, así como os delegad@s de persoal e membros de comités das compañias auxiliares, convocaron para este domingo 13 de decembro, unha grande Manifestación Comarcal en Defensa do Naval. Que saírá sobre ás 12 do mediodía desde o Inferniño de Ferrol.

A industria do naval, supón a principal riqueza industrial das nosas comarcas, xunto aos varios miles de metros de peirao na contorna da nosa Ría. Parte-se coa vantaxe da titularidade pública da industria naval principal e das súas infraestruturas. En Ferrol pode-se construír de todo, mais principalmente buques de todo tipo, artefactos offshore e artefactos para o desenvolvemento e xeración das enerxías renovábeis. Igual que se podería reformar, reutilizar e reciclar os mesmos buques e artefactos.

Poderíamos ter estaleiros e industria punteira en funcionamento que producira a riqueza que necesitamos, se os gobernos quixeran.

Por iso este Domingo 13D, todas e todos á rúa, "Ferroltrerra Esixe Solucións".
__________

mércores, febreiro 25, 2015

Segundo datos oficiais do IGE e o INE, Ferrol xa baixa da cifra psicolóxica dos 70.000 habitantes, en concreto dá unha cifra de 69.259 correspondentes ao 1 de xaneiro de 2014.


Cifras poboacionais de referencia. | Ano 2014.

Segundo datos oficiais do IGE e o INE, Ferrol xa baixa da cifra psicolóxica dos 70.000 habitantes, en concreto dá unha cifra de 69.259 correspondentes ao 1 de xaneiro de 2014.

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe (24-02-2015) na súa web as Cifras poboacionais de referencia, correspondentes ao 1 de xaneiro de 2014.

As Cifras de poboación, estatística realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), proporciona unha estimación da poboación residente no polo de agora Reino de España, en cada comunidade autónoma, provincia e illa (nas provincias insulares), desagregada segundo características demográficas básicas, coma o sexo e a idade. Estes datos son empregados como cifras poboacionais de referencia en todas as operacións estatísticas do INE (enquisas, Contabilidade Nacional, indicadores, etc.) e son transmitidas a nivel internacional como datos oficiais de poboación de España a todos os efectos.

A partir da información proporcionada polas Cifras de población, o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, até o nivel municipal, para o ámbito galego. Preséntan-se neste momento os resultados obtidos con data de referencia o 1 de xaneiro de 2014, por sexo e grupos quinquenais de idade, en todos os concellos, e por sexo e idades simples para os sete grandes concellos de Galicia.

Máis información e as táboas na web do IGE.

Acceso ao resumo de resultados da operación: Cifras e Poboación.

Cifras poboacionais de referencia de Ferrol.

O ano en que Ferrol chegou a ter máis habitantes foi en 1981 que dan unha cifra de 87.691 habitantes.

Algúns do datos que se poden atopar nas táboas citadas.

      Ano   Total     Homes   Mulleres

      2005  75.560  35.120  40.440
      2006  74.863  34.777  40.086
      2007  74.020  34.409  39.612
      2008  73.540  34.278  39.262
      2009  73.119  34.181  38.938
      2010  72.634  33.975  38.658
      2011  71.965  33.714  38.251
      2012  71.249  33.447  37.802
      2013  70.130  32.890  37.240
      2014  69.259  32.466  36.793

IGE. Cifras poboacionais de referencia.
Estas cifras están baseadas nas Estimacións intercensais de poboación do INE, até o ano 2012, e nas cifras de poboación do INE a partir de 2013
(24-02-2015)

Foto da Manifestación en Ferrol 24 de febreiro de 2013, de Fermín Goiriz Díaz. | Publicada (24.02.2013) en Álbum de fotos da manifestación polo futuro do sector naval en Ferrol.

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/catalogo/peticioninfo.jsp
web: http://www.ige.eu

Información baseada na enviada por:
ige.novidades@ige.eu
-ige.novidades@ige.eu-
24 de fevereiro de 2015 10:00

_______________

venres, setembro 27, 2013

Fin de ciclo: Ferrol na illa de Robinson Crusoe, ... Por Alexandre Carrodeguas


Por Alexandre Carrodeguas [*]
27.09.2013


Estamos na metáfora de Robinson Crusoe. Robinson naufraga, chega a praia e cos restos do naufraxio constrúese un cabano, para sobrevivir tirar e ir vivindo, triste sino tamén ferrolano, e sobrevive. Na bisbarra Ferrolá atopámonos o borde do naufraxio, se non temos naufragado xa, despois de mais de 30 anos  da mal chamada "reconversión", parece que estamos chegando o borde do precipicio. Estamos xa no tempo de facer crise, como nas enfermidades; ou nos decantamos pola  sanación ou polo naufraxio total.

Tense demostrado xa despois de todos estes anos, que as institucións desta democracia formal, autonómicas, centrais ou municipais ou se activan pola presión do movemento veciñal real, como elementos transformadores ou non serven  para nada. Son mortos viventes. Zombis.

Levamos moitos anos de "sobrevivencia" de zonas ZID,  ZUR e tutti quanti  temos na nosa memoria colectiva. Namentres a nosa cidade segue a deriva, agardando "acontecementos" emanados das autoridades disque competentes. Non temos xa horizonte, e seguimos como no 84 cando o xeógrafo Enrique Clemente Cuvillas escribía aquel seminal "Desarrollo Urbano y crisis social en Ferrol". Crise social, desvertebración urbana, declive demográfico etc. E seguimos e seguimos a escoitar as mesmas "arengas" por parte dos poderes públicos, mais que competentes xa definitivamente "incompetentes".

Os Feijoos de quenda; onte con fábricas italianas do vidro SIV, hoxe con Pemex e os seus floteis pantasmas; fume, fume, mentiras e cintas de vídeo, como na película... E a nosa xente máis vella,  máis escéptica e máis cansada. Agardando o non se sabe xa ben o que.  Con  20.OOO parados na comarca e co 30 por cento dos comercios pechados dende 2007, perdendo mil habitantes ao ano, e cun 52 por cento de taxa de actividade, a que  agardamos conveciños e conveciñas?. Abonda xa non?

Unha cidadanía cansada de escoitar ese rum-rum eterno de falsidades, de ver como os seus fillos e fillas seguen a emigrar aos Vigos, Londres ou París, buscando unha vida de seu, que esta nosa súa cidade non é capaz de darlles. Vendo como todo se nos cae a cachos; "se vende, se alquila, se traspasa ...". Adeus Ferrol Vello, adeus o barrio da Magdalena, adeus Canido... os predios cáense, os negocios péchanse e como diría a nosa Rosalía; Este vaise aquel vaise e tí Ferrol só quedas sen xente que te poida traballar. En fin para que seguir; a atmosfera de pesimismo e "mal fario"  todo o invade.

Estamos  como na metáfora da rá, que se esta cocendo e é incapaz de saltar para salvarse.

Ante este panorama desolador debería xa de chegar o momento de abandonar o metafórico refuxio de Crusoe. De deixar de agardar que o clima mellore e berrar todos xuntos polo futuro da nosa cidade. De iniciar a nova travesía. E xa que estamos nesta situación excepcional de catástrofe social, sería o tempo de marcarnos como horizonte un proceso que conduza a un novo escenario de creba democrática. A dimisión da actual corporación municipal. Vivimos tempos de "excepción" e non podemos continuar mais nesta situación de miseria total. Temos unhas institucións autistas que pensan mais en como perpetuarse que en resolver os problemas dos cidadáns. Temos un alcalde que non se plantexa a alternativa real de manterse partidariamente disciplinado ao partido de Barcenas ou defender a esta sufrida cidade. E parece decantarse definitivamente polo primeiro.

E temos precedentes, como ten documentado o historiador Bernardo Maiz, quen ten escrito como en 1932 ante o intento de reducir e desmantelar a construción naval militar e o despido de traballadores tomouse unha drástica decisión. O día 18 de maio do 32 as corporacións municipais de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Mugardos, Serantes, .... presentaron unanimemente a súa dimisión "a causa do conflito obreiro provocado polos despidos nos estaleiros de Ferrol [...] sendo estes uns dos Concellos afectados polos paros e en solidaridade".

Debería de chegar pois o inicio deste novo "proceso constituínte", de construción dun novo Ferrol. Despois da folga comarcal do pasado día 12 de xuño; De catro plenos de "excepción" onde se escoitaron os ecos desta cidade "agonizante", non queda outra que marcarnos como horizonte a dimisión da actual corporación municipal. Deberíamos participar todos e todas. Sabemos que non podemos seguir así,  sin rumbo, sen unha luz que nos dé esperanza. Non podemos seguir desgastándonos nunha especie de "rito procesional", sen ningún tipo de efectividade, tipo Hámster, sen poder saír nunca da roda eterna. Esta "esterilidade" está a matarnos pouco a pouco. Temos que iniciar xa a travesía, outro camiño ten que ser  posible: 'Corporación municipal dimisión xa!'   Este sería a nosa divisa. O lema que marcaría a alborada.

O futuro será noso se o queremos. Fin de ciclo. Rompamos a dependencia da senda e iniciemos un novo camiño.

Podemos perecer na travesía, pero como nos diría tamén o grande Gramsci; Mais vale morrer no camiño que pararse e morrer. Botémonos xa ao mar,  veciños e veciñas. Ferrol merece seguir vivindo.

O futuro está agardando por nos!

Nota.- A imaxe é de Edu Pereira sobre a apocalipse que suporía un Ferrol sen o naval.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
27 de setembro de 2013 02:56

____________________________

venres, agosto 10, 2012

A sub-subcontrata da subcontrata , da contrata, do Goberno Municipal


O goberno municipal do dereitista e antidemocrático Partido Popular, contratou a unha empresa o amaño de furados na cidade, que presenta un estado moi crítico. A maioría das persoas que transitamos pola cidade, sexa en vehiculo ou a pé, sabemos que Ferrol está cheo de fochas e nalgún caso moi perigosas polo seu tamaño e profundidade. Despois de moitas denuncias e sobre todo da DENUNCIA sobre o Malgasto na Praza de España e do perigoso da situación do túnel,  o malgoberno municipal, do dereitista e antidemocrático Partido Popular, elaborou un "Plan expres" dotado con 300.000 euros, para paliar este problema que dura máis dun ano. Mais ollo! quen é a contrata, ou a subcontrata da contrata que comezou a traballar polas rúas de Ferrol a finais do més pasado? Onte mesmo na rotonda do Diapasón, na zona das Telleiras, o perigo rondaba a obra, un grande tractor con inmenso remolque ocupaba o paseo e carril-bici, un tractor cunha soa placa de matricula especial na parte traseira da cabina. O remolque non tiña nengún tipo de identificación. Unha pequena furgoneta sen identificar tamén, na parte central da rotonda sen luces de señalización de obra, tres operarios sen medidas de proteción. Unha pequena apisonadora manual, martelo neumático traballando sen proteción, a señalización só consistía en tres conos, ... O accidente laboral de onte en Canido, onde morreu un obreiro é un aviso. Os accidentes ocurren e a responsabilidade na prevención tamén é do MalGoberno Municipal de José Manuel Rey Varela. Os sindicatos deberan controlar este asunto.

Enviado:
Centro Media Independente e Comunitario de Ferrol Terra
cmic@deferrolterra.org
9 de agosto de 2012 23:03
_____________________

Mais umha vez, umhas Festas de Verao alheias à cultura galega e à participaçom popular


Analisada a programaçom das Festas de Verao que acabam de começar em Ferrol, NÓS-Unidade Popular chega à conclusom de que dificilmente se poderiam gastar de pior maneira os 200 mil euros malbaratados polo governo local.

A assistência passiva a eventos protagonizados por estrelas de segunda fila do panorama espanhol, junto à marginalizaçom dos conteúdos galegos protagonizados polo próprio tecido social ferrolano nos mais diversos ámbitos culturais, voltam a caraterizar as Festas de Verao organizadas polo governo local do Partido Popular.

Dificilmente poderiam gastar-se de maneira mais injustificada os 200 mil euros que, segundo a edil Susana Martínez, custam ao governo do PP e, portanto, a todos os ferrolanos e ferrolanas, estas festas. Como noutras ocasions, a falta de imaginaçom e de compromisso com a nossa cultura manifesta-se numha programaçom musical protagonizada por figuras televisivas, nalguns casos de terceira categoria, que venhem usurpar o protagonismo que deveria corresponder às formaçons musicais do nosso país e do próprio Ferrol, de maior qualidade e inseridas na nossa realidade social.

Os governantes do PP continuam a pensar que fazer umhas boas festas consiste em pagar contratos caros para passear polos nossos cenários um Loquillo, umha Ana Torroja ou uns Duncan Dhu, figuras do panorama musical televisivo espanhol 25 anos atrás, ou um Bustamante como estrela mais recente e igualmente adscrita à cultura paifoca que nos vendem na televisom. Entre outras consideraçons, os milhares de euros que esses grupos e cantores vam cobrar irám longe de Ferrol e da Galiza, conseqüência da falta de compromisso do PP com o investimento público no próprio tecido social e cultural ferrolano e galego, em tempos de grave crise como os que vivemos.

Já em termos artísticos, nom temos nada contra nengum tipo ou estilo musical, mas chama a atençom a insistência com que nos bombardeiam cada ano com zarzuelas e outras músicas espanholas, como se nom existissem estilos musicais fora das fronteiras mentais espanholas, ou como se na Galiza nom se produzisse boa música e boa cultura nas mais diversas manifestaçons.

Os conteúdos galegos e locais brilham pola sua ausência, em lugares secundários da programaçom e sem ter em conta o critério lingüístico na hora de tentar dar protagonismo e prestigiar o nosso idioma na elaboraçom da programaçom. Nos poucos casos em que aparecem nomes galegos, o critério parece ter sido o grau de identificaçom do artista em questom com o próprio Partido Popular, daí que Manuel Manquinha volte a visitar-nos.

A todo o anterior, haveria que acrescentar, também um ano mais, a total falta de abertura à participaçom do tecido associativo e vicinal ferrolano na hora de elaborar a programaçom destas Festas.

A iniciativa do PP situa-se, portanto, nas antípodas do que deveriam ser umhas Festas de Verao ferrolanas, galegas e participativas.

Merecem, por isso, o rejeitamento de NÓS-Unidade Popular e de qualquer entidade ou pessoa comprometida com os valores da participaçom social e a valorizaçom da nossa língua, música e cultura nacionais.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

Ferrol, 7 de agosto de 2012

Enviado por:
Bruno Lopes Teixeiro
-brunotrasancos@gmail.com-
7 de agosto de 2012 00:48

__________________

mércores, xuño 13, 2012

Chamamento a todo o tecido asociativo de Ferrol para participar nunha xuntanza aberta, hoxe Mércores 13 de Xuño en Esteiro - Xuntanza por un Ferrol saudábel, por un investimento xusto e racional: Non á dilapidación de centos de miles de euros máis na Praza de España -Porta Nova


Praza de España-Porta Nova-Mércores-13 xuño


Estades CONVOCAD@S para unha xuntanza este vindeiro Mércores-13 ás 20 h no local da A. Veciñal de Esteiro, co obxecto de informar da reunión mantida co alcalde este pasado venres sobre as obras de superficie da Praza de España, que teñen un custo inicial de 700.000 euros, máis os 56.000 que xa custou a elaboración do novo proxecto.
                           
Ante a decisión do goberno local de iniciar unhas obras innecesarias na praza, comentaremos que medidas imos tomar para tratar de evitar esta nova acción que como sabedes rexeita a cidadanía e queremos convocar a todo o tecido asociativo de Ferrol a que asista a esa xuntanza ou que nos faga chegar o seu apoio e incorporación a esta Plataforma Asociativa que demanda que se remate a Praza de España xa e que eses cartos se destinen a outras demandas que necesita a cidade de Ferrol e a súa cidadanía.

Nesta xuntanza queremos tamén acordar que accións e mobilizacións levamos a cabo para evitar que se sigan a enterrar cartos de maneira innecesaria na Praza de España, ocasionando un novo prexuizo para, ademais da cidadanía en xeral, os comerciantes e hostaleiro dese entorno que xa levan tendo que sofrir 10 anos de obras e, cando xa estaban case rematadas, o Concelleiro de Urbanismo e Obras, Guillermo Evia e o Partido Popular, quere levantar toda a Praza de novo.
                           
Convocan esta xuntanza:
                           
A. Veciñal de Esteiro; A.Veciñal San Xurxo; A.Veciñal San Pablo de Catabois; A.Veciñal Santa Mariña; A. Veciñal Prioriño; A. Veciñal San Román de Doniños; A. Veciñal O Rosario-Inferniño; A.Veciñal Ultramar; A. Veciñal San Xoán- Bertón; A. S.C. López Bouza; A. S.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21.

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
11 de junho de 2012 10:49

________________

mércores, marzo 03, 2010

Abren un Blogue para sensibilizar e debater sobre a necesidade de abrir Ferrol ao mar, derrubando o muro do arsenal militar




A derruba da muralla do arsenal é un vello soño do pobo de Ferrol que quere ver o mar, a perspectiva da súa ría e contemplar a infraestrutura arquitectónica do arsenal: unha valiosa obra de enxeñería que consta de numerosos edificios de importante categoría artística.
  • Queremos ver integrados na nosa estrutura urbanística, polo menos, os lugares que están militarmente desafectados.
  • Queremos contribuír á transformación de Ferrol para convertela nunha cidade máis habitable, humana e atractiva: substituír o actual muro (que contra toda lóxica e estética aínda permanece en pé) contribuiría a acadar este obxectivo.
  • Queremos trasladar, á opinión dos ferroláns e ferrolás, un tema que sempre lles preocupou e que desde o goberno local nunca se abordou coa suficiente seriedade e determinación.
  • Queremos que a cidadanía participe activamente nas decisións que afectan ao deseño da nosa cidade.http://milrazonscm.blogspot.com/

Por estas razóns solicitamos que se abra Ferrol ao mar.

Blogue: http://milrazonscm.blogspot.com/

Información baseada na enviada por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
3 de março de 2010 11:18

domingo, setembro 13, 2009

A Exposición pública a Ordenanza municipal de Limpeza e recollida de residuos do Concello de Ferrol

O pasado 8 de Setembro, saíu publicado no BOP d'A Coruña a "Aprobación inicial da Ordenanza municipal de Limpeza e recollida de residuos do Concello de Ferrol" que foi aprobada en sesión plenaria o pasado 30 de xullo de 2009, polo que se  somete a información pública por un prazo de trinta días, a partir da súa publicación no BOP, para o obxecto de presentación de reclamacións e suxestións, segundo reza o propio acordo plenario.


O Concello anima a entidades e veciños a achegar as súas propostas sobre a Ordenanza de Limpeza
Venres, 11 de setembro de 2009

A concelleira María López explica que a norma pretende fomentar a reciclaxe e evitar conductas incívicas a pé de rúa. A norma permite sustituír as sancións económicas por traballos en beneficio da comunidade no campo ambiental. A edil remite de novo ás entidades do Consello de Medio Ambiente o documento, agora en fase de exposición pública

A concelleira de Servizos e Medio Ambiente, María López, informou esta semana de que a nova Ordenanza de Limpeza e Recollida de Residuos de Ferrol entrou na súa fase de exposición pública para a presentación de alegacións. Motivo polo cal a edil anunciou que o departamento que dirixe remitirá de novo ás entidades do Consello Municipal de Medio Ambiente o documento, aprobado inicialmente en pleno sen ningún voto en contra. Así mesmo e co fin de facilitar a consulta, López tamén sinalou que a ordenanza está colgada na web municipal www.ferrol.es (Normativa municipal). Neste contexto, María López animaba a particulares e asociacións a achegar as súas propostas, como fixeron no seu momento os grupos políticos, de tal maneira que se mellore o contido da mesma.

A edil explicaba que o regulamento vixente data de 1994, polo que o goberno local vía necesario elaborar unha nova normativa que se adaptase á realidade actual. A nova Ordenanza de Limpeza se adecúa así á Lei de Residuos de Galicia aprobada o ano pasado e incorpora conceptos e prácticas pouco coñecidas hai 15 anos como a valorización de residuos ou a reciclaxe. O obxetivo: mellorar o estado da cidade, o servizo ao cidadán e a preservación do medio. A ordenanza tamén contempla sancións económicas. En todo caso, como novidade, se establece a posibilidade de sustituír o pago económico por traballos en favor da comunidade e centrados no eido medio ambiental.

Máis polo miúdo, a ordenanza regulará comportamentos cidadáns pouco cívicos e prohibirá así, entre outras cuestións, arroxar calquer tipo de residuo á vía pública; cuspir e satisfacer necesidades fisiolóxicas na rúa; a reparación, limpeza e lavado dos vehículos en espazos públicos; baleirar, verter e depositar calquera clase de material residual tanto nas calzadas como nos solares; derramar auga sucia e verquer, mesmo na rede de saneamento, calquer tipo de residuo industrial líquido, sólido ou solidificable.

A ordenanza tamén establece un horario para regar as prantas ou ben sacudir as alfombras: de 6 a 8 da mañá. E, para a limpeza de escaparates, tendas e postos de venda deberá de facerse sempre de tal xeito que non moleste ao viandante e no horario comprendido entre as 24.00 e as 08.30 horas. Asemade e para os propietarios de animais de compañía, a norma indica que deberá de evitarse que fagan as súas deposicións nas vías públicas, dirixíndoos cara á rede de sumidoiros e recollendo os excrementos en bolsas axeitadas, integrándoas dentro dos circuitos habituais de recollida de residuos -sanecanes- ou en bolsas impermeables, perfectamente pechadas e depositadas nas papeleiras. Neste punto, a concelleira avanzou que o Concello habilitará a curto prazo áreas específicas na cidade para que as mascotas fagan as súas necesidades.

Respeto da colocación de carteis, pancartas, bandeirolas ou pegatinas na vía pública está prohibida a súa colocación fóra dos lugares expresamente habilitados. O mesmo sucede coas pintadas na vía pública, tanto sobre as rúas, beirarrúas e mobiliario urbano, como sobre os muros, paredes, estatuas e monumentos, agás as pinturas murais feitas sobre os valados dos solares, peches de obra, paredes medianeiras vistas e elementos con carácter provisorio ou aquelas feitas sobre elementos expresamente dispostos para este fin. Así mesmo, queda prohibido arroxar sobre a vía pública toda clase de panfletos, textos impresos ou similares.

A ordenanza tamén favorece e potencia a separación en orixe, así como as prácticas tendentes á reciclaxe. Un obxetivo no que a Administración local xoga un papel fundamental, xa que precisa pór a disposición do cidadán os medios necesarios para que este convirta en hábitos este tipo de prácticas coas que se contribúe, dende a esfera particular, á preservación do medio. Tamén con ese obxetivo se regulan os residuos de construcción e demolición. Preténdese con esta norma reducir en orixe a xeneración deste tipo de desfeitos e fomentar a utilización e a reciclaxe dos que se produzan, asegurando que os destinados a operacións de eliminación reciban previamente un tratamento adecuado.

Finalmente, a futura ordenanza de limpeza contempla sancións para aqueles que incumplan a norma que van desde os 750 euros para as infraccións catalogadas como leves; de 751 a 1.500 euros para as calificadas como graves, e dos 1.501 ata os 3.000 euros para as infraccións moi graves. Asemade e en función das circunstancias de cada caso e por medio dun procedemento adicional de execución se poderán conmutar as sancións económicas por traballos en beneficio da comunidade. Esta medida será especialmente aplicable ás accións ou omisións constitutivas de actos vandálicos como sustraer, incendiar, romper ou pintar o mobiliario ou equipamento urbano destinado á xestión dos residuos ou limpeza viaria, a realización de pintadas ou inscricións, así como a realización de necesidades fisiolóxicas na vía pública.
Fonte: ferrol.es
__________________________

luns, agosto 17, 2009

Festas de Ferrol: mediocridade, alienaçom e esbanjamento

O programa de festas de Ferrol volta a ser decepcionante. Parece que todas as forças políticas com representaçom na corporaçom municipal concordam no tipo de festas que há que organizar, e nom existem grandes diferenças de critério nem sequer na hora de contratar actuaçons. O populismo trapalheiro substitui qualquer critério de equanimidade, de tratar de contentar também sectores cujos gostos nom estám representados nos media.

É claro que se o método para confeccionar um programa de festas que sintonize com aquilo que o povo quer é umha consulta na Internet, vai haver amplos sectores que nom vam participar, porque nom sabem utilizar a Internet ou porque nom tenhem acesso, ou porque simplesmente nom conhecem a iniciativa. O programa responde a umha concepçom segundo a qual nom cabem mais gostos do que aqueles que vam associados à cultura do consumo e da trivialidade.

É um verdadeiro desfile de horrores da rádio-fórmula. Como aspectos positivos, poderíamos ressaltar que há duas actuaçons de músicos galegos de certa qualidade (Som do Galpom e Fuxan os Ventos) e que o programa está editado integralmente em galego, o que nom é pouco num concelho onde o seu máximo representante despreza o nosso idioma de maneira permanente na sua actividade institucional. De resto, a incorrência no de sempre deixa quem esperaria algo mais de imaginaçom e diversidade na concepçom de um programa de actos festivos umha sensaçom de aridez e de tédio absolutos.

O pessoal que escuita rock nas suas diferentes variantes, folc, música tradicional, jazz, blues... também tem direito a sentir as festas como suas. Por outra parte, que a Galiza e os artistas galegos, com preferência para quem trabalhar em galego nom sejam o referente central, relega esses artistas e o tecido industrial que os move a um carácter marginal que nom merecem. Som do Galpom ou Fuxan os Ventos nom deveriam ser apenas umha nota exótica no programa. As festas de Ferrol devem ser festas de Ferrol, nom festas de umha cidade madrilena ou manchega.

Para finalizar, voltamos a reclamar umha maior abertura para a verdadeira participaçom popular na elaboraçom dos programas de festas, e umha abertura para o mundo cultural que no mundo se expressa na nossa língua, o ámbito conhecido polo nome de lusófono.

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 15 de Agosto de 2009

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
16 de agosto de 2009 16:12

__________________________________

venres, maio 08, 2009

O goberno local anuncia o inicio das obras de reparación da cuberta do pavillón do Manuel Masdías

  • O edil Angel Mato apunta que, con cargo aos 13,3 millóns de euros do Plan E, comezarán no prazo máximo de 15 días
  • Explica que así llelo trasladaron onte á dirección do centro os concelleiros de Educación e de Deportes nunha xuntanza

Ferrol, 07 de maio de 2009.-

O concelleiro de Urbanismo, Angel Mato, informou esta mañá do inminente inicio das obras de reparación da cuberta do pavillón polideportivo do colexio público Manuel Masdías, en Caranza, dando cumprimento así ao compromiso adquirido polo alcalde da cidade, Vicente Irisarri, e a concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, no último pleno ordinario. Neste senso, o edil explicaba que os traballos se executarán con cargo aos fondos do Plan Ê concedidos polo Goberno central e destacaba que se trata dunha actuación prevista polo equipo de goberno dende o ano pasado, previamente ao paso do ciclón Klaus pola cidade. O prazo de execución: dous meses. Enviaba, deste xeito, unha mensaxe de tranquilidade á comunidade escolar deste centro ferrolán e destacaba que o curso 2009-2010 comezará cun pavillón totalmente remozado. De feito, a propia titular de Educación e o edil de Deportes, Manuel Santiago, se desprazaban no día de onte ao centro para informar á dirección deste feito ao tempo que aproveitaban a visita para comprobar o nivel de seguridade das instalacións na actualidade.

Máis polo miúdo, o responsable das políticas urbanísticas da Administración local apuntaba que a finais de 2008 a titular de Educación trasladaba á area de Urbanismo a necesidade de intervir en varios centros escolares do termo municipal. Unha iniciativa criticada no seu día polos grupos da oposición, tal e como recordaba Mato, ao considerar que excedían das competencias propias do Concello. Nesta liña, Mato destacaba a obriga do equipo de goberno de garantir uns servizos públicos de calidade a tódolos ferroláns e ferrolás. Política na que se enmarca a decisión do Concello de incluir esta actuación dentro dos proxectos seleccionados pola Administración local con cargo aos 13,3 millóns de euros aprobados para Ferrol polo Goberno central ao abeiro das medidas adoptadas para combater o actual contexto de crise económica. E, ao fío, lembraba que se incluíran nove actuacións para oito centros escolares ferrolás.

A partir de entón, se poñían en marcha os mecanismos para contratar estas obras, que daban como froito que o pasado 10 de marzo se iniciara a licitación e se adxudicara definitivamente o 20 de abril á firma especializada en cubertas Empresa Metalúrgica Pontesa S.L. Unhas obras, engadía o edil, cuxo importe ascende a 66.000 euros, mentres que o prazo de execución é de dous meses. Consistirán na demolición da cuberta e na instalación dunha nova. E, ao fío, o edil apuntaba que os traballos darán comezo no prazo máximo de 15 días.

Finalmente, o concelleiro de Urbanismo destacaba o compromiso do goberno local para atender as necesidades dos centros públicos escolares do municipio. E, ao fío, lembraba que no marco dos Fondos Estatais o Concello ten previsto intervir en sete centros máis.

Saúdos; Gabinete de Comunicación
____________________
Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol
Praza de Armas s/n – 15402 Ferrol – (A Coruña)
Teléfono 981 94 40 13 – Fax 981 94 40 19
gabineteprensa@ferrol.es

__________________

mércores, maio 06, 2009

O Colectivo Ártabra 21, organiza un Foro Cidadán de Reflexión e Debate sobre Deporte, Lecer e Tempo Libre, no Concello de Ferrol

O Colectivo Ártabra 21, organiza un Foro Cidadán de Reflexión e Debate sobre Deporte, Lecer e Tempo Libre, no Concello de Ferrol, este Xoves, 7 de Maio, ás 7 da Tarde no Ateneo Ferrolán, onde están previstas as seguintes intervencións:
  • Xan Ramírez que participa na asociación "Ferrol Deporte" como membro do "Clube de Montaña de Ferrol"
  • Mel Sanxoán que participa na "Escola Deportiva Inferniño"
  • Miguel López Pérez que preside a "Asociación Veciñal -Fontelonga- de Esteiro"
  • Juán Martínez Montero que participa na ANPA do "Colexio Público Recimil"
  • Manuel Santiago Pérez que é o Concelleiro de Deportes e Participación Cidadán
  • Inácio Martínez Orero do "Colectivo Ártabra 21" como coordenador do foro.
O acto consistirá en respostar as seguintes preguntas:
  • Pensas que en Ferrol faltan infraestruturas deportivas e de lecer ?
  • Pensas que hai unha demanda social destas infraestruturas deportivas e de lecer ?
  • Que é o que lle falta a Ferrol, no campo deportivo e de lecer, segundo a túa opinión ?
  • Pensas que as instalacións d'O Montón deberían estar abertas a toda a veciñanza en xeral ?
  • Pensas que hai unha infrautilización das instalacións deportivas dos centros públicos de ensino ?
  • Pensas que é necesario a contrución do proxectado "Centro Deportivo e de Lecer da Praza de España" e por que ?
Exposición dos motivos:

Desde o Colectivo Ártabra 21 queremos facer un pequeno foro de debate e reflexión sobre deporte, lecer e tempo libre no Concello de Ferrol, partindo dun feito polémico como é o proxectado "Centro Deportivo e de Lecer da Praza de España".

Nos últimos tempos, tanto con este goberno municipal como no anterior, e mesmo desde o conxunto da oposición política, apoiados co voto ou abstendo-se, percebe-se un apoio total a unha costosa infraestrutura que supostamente responde a unha demanda cidadá. Estamo-nos referindo ao "Centro Deportivo na Praza de España", de 5.325,40 m2, de superficie a construír, segundo anteproxecto aprobado. Unha infraestrutura soterrada de dúas plantas, dentro das cais están previstos espazos para actividades deportivas [entre as que o goberno municipal destaca salas de musculación e de exercicios cardiovasculares] e 897,70 m2 para unha piscina de 25X12 m, spa e relax. A maiores trata-se dunha infraestrutura deportiva e de lecer que a súa xestión e explotación vai ser privatizada, será unha empresa privada a que faga, supostamente, negocio coa prestación deste servizo.

Desde o Colectivo Ártabra 21, isto leva-nos a unha reflexión que queremos trasladar a sociedade e debater neste foro cidadán:

As obras de construción e remodelación da Praza da Porta Nova [Praza de España], comezadas en Maio de 2002 foron todo un cúmulo de despropósitos, dun proxecto inicial que parecía cumprir todas as espectativas de mellora da contorna, dedicando unha maior superficie da praza a zona peonil, soterramento do tránsito rodado, ..., pasou-se ao intento de facer un grande centro comercial "plantificado" nun edifio de 21 m de altura no medio da Praza. Pasou de todo perante este proceso: tres gobernos municipais, intervencións da inspección da Xunta, tres ou catro proxectos, denuncias xudiciais con imputacións graves, mobilizacións, ... O asunto foi toda unha "epopeia" e o das obras pasan xa de seis anos [Maio de 2002]. Podemos falar do túnel toda unha obra-despropósito que "aos dous días" da súa inauguración tivo que ser pechado, para súa reforma ... e pechado de novo por inundacións e outra vez máis, e sigue e seguirá ... ao facer o centro de "Lecer e Deportivo", esta-se hipotecando a posibilidade futura de reformar o túnel e regular o tránsito soterrado, como estaba deseñado todo o conxunto nun principio dentro dun modelo de cidade. Está iso reflexionado ou este asunto vai-se pechar en falso ? ... E ao final cos cartos de tod@s [a cidadanía] indemnizamos con varios millóns de euros á empresa ABECONSA, cando tiña que ser esta xunto aos concelleiros responsábeis de semellante despropósito os que pagaran co seu patrimonio tanta irresponsabilidade. Mais agora o que nos interesa non é o asunto da remodelación en superficie que parece ser que o que se vai facer é o mellor posíbel nas circunstancias actuais cunha praza case rematada a nivel estrutural. O que nos interesa é o proxectado "Centro Deportivo e de Lecer da Praza de España".

En primeiro lugar, desde o noso ponto de vista non entendemos os elevados gastos en infraestruturas de "lecer e deportivas" soterradas baixo cemento!, nos tempos de crise, non haberá outros investimentos necesarios ?. Nunha cidade coa poboación tan envellecida como a de Ferrol [*], non haberá que pensar en infraestruturas de atención as persoas maiores ? O deporte e o lecer pode-se praticar nas múltiples instalacións deportivas infrautilizadas que hai nas escolas e institutos, nas praias e parques. Ese proxecto que nós non compartíamos nen compartimos, mais dentro da súa [a deles] lóxica do imaxinario do pensamento único, era para tempos de bonanza económica, mais agora que aínda non se sabe o alcance da crise, pensamos que compre unha maior reflexión ao respecto, pois non cremos que estexamos para malgastar os fondos que haxa, independentemente de quem poña o diñeiro, nen para hipotecar-se ... Tampouco estamos de acordo coas privatizacións dos servizos públicos, ... Fai falta un seguimento e unha posición do movimento social e veciñal ao respecto. Consideramos que non hai que ter tanta presa ...

En segundo lugar, non entendemos que se pode falar de déficit en infraestruturas deportivas e de lecer, claro está que ao mellor é que non se teñen en conta a cantidade de medios que hai na cidade, os dos centros escolares, os privados dos diferentes clubes como os do "club del Campo" ou os públicos de uso clasista, exclusivista e privado como son os d'O Montón con canchas de Tenis, Baloncesto, Fútbol, Mini-golf, Ximnasios, Squash, Padel, Piscinas [no número de 6], Aulas Multiusos, Embarcacións, discotecas, restaurantes, cafeterías, lavado de Vehículos, porto deportivo, ... e un sinfín de servizos, con miles de metros cuadrados pagados co diñeiro de tod@s, mais que só poden utilizar uns poucos. Isto vai seguir sendo así ?

En terceiro lugar, consideramos que se confunde "progreso" con construír máis, máis crecimento, máis productividade, ter máis, e máis, ... ao principio do su mandato o Alcalde Sr. Irissarri soñaba cunha cidade de máis de 100.000 habitantes como obxectivo, aínda teñen que estar esas palabras nas hemerotecas, Sr. Alcalde, progreso non será aumentar a calidade de vida das persoas, acadar un maior benestar, ter saúde, ser mais feliz, ... ter máis convivencia entre a veciñanza, aprender a vivir mellor con menos, aprender a gozar da natureza, da nosa contorna, da nosa Ría. ..., progresar en relacións humanas, en convivir, en compartir, en benestar social, en saúde, en solidariedade, en vivenda digna para tod@s, en traballo digno para tod@s, en atencións ás persoas maiores, nunha cidade con menos coches, con menos contaminación, con máis transporte público: suficiente, ecolóxico e eficaz ...

En cuarto e último lugar, saudamos a política do Concello pola instalación de parques biosaudábeis, polo servizo de bicis públicas, pola construción de paseos saudábeis, ... mais falta un apoio decidido a mellorar e reparar as infraestruturas deportivas existentes nos centros educativos e abrir estas á cidadanía fora de horario escolar, reparar e reformar as prazas públicas lugar de reunión e lecer, que esta non sexa unha política transversal, senon a principal.

O Colectivo Ártabra 21, convida a participar neste Foro, en especial, ás persoas vinculadas ao movimento asociativo e veciñal da cidade, ainda que está aberto a todas as persoas interesadas no tema sobre o que debatiremos e reflexionaremos.

[*] Algúns datos Estatísticos:
  • En 2007 índice de envellecemento: 151,9.
  • Por cada 100 persoas de menos de 15 anos hai 152 maior de 6.
  • En 2008 a poboación de Ferrol era de 74.696 persoas, das cais maiores de 65 anos eran: 16.920 persoas.
  • O 22,65 % dos habitantes de Ferrol teñen máis de 65 ano.
Fonte: Instituto Galego de Estátistica
____________________

sábado, marzo 28, 2009

Demandan unha campaña municipal de limpeza de fachadas

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
27 de Marzo de 2009 14:59


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo o comunicado de prensa do Grupo Municipal de EU demandando unha campaña de limpeza de fachadas e de información e concienciación. Grazas pola atención prestada. Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, venres 27 de marzo de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA QUE SE REALICE UNHA CAMPAÑA MUNICIPAL DE LIMPEZA DE FACHADAS
  • UNHA CIDADE QUE QUERE SER PATRIMONIO DA HUMANIDADE E DIVERSIFICAR O SEU TECIDO ECONÓMICO CO TURISMO ESIXE ESTA INICIATIVA MUNICIPAL, RECLAMOU A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL DE EU
O grupo Municipal de Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal o lanzamento dunha campaña municipal intensiva de limpezas de fachadas, que permita recuperar a imaxe e atender o deber de conservación da nosa cidade. Campaña que tente facer cumprir a norma de disciplina urbanística, na que aténdese o deber de manter en condicións de seguridade, salubridade e ornato público as edificacións.

Unha cidade como Ferrol que aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade, e que ten no eido da promoción turística un rubro importante para conquerir unha adecuada diversificación das súas actividades económicas ten que ser especialmente coidadosa coa imaxe que como comunidade transmitimos aos visitantes.

Esquerda Unida entende que esta campaña debe ter dúas fases: unha primeira que comprenda ao conxunto de edificios municipais e públicos comezando polo concello. Nunha segunda fase se atenderá ao resto das edificacións privadas. Neste segundo momento cobra unha dimensión fundamental o lanzamento dunha campaña complementaria de información e concienciación cara á cidadanía. Nesta segunda fase, cando o propietario non atenda os seus deberes, Esquerda Unida sostén que terá o concello que atendelos de xeito subsidiario, segundo se recolle na norma.

Campaña de limpeza de fachadas que ten dúas facianas: limpeza e ornato, xunto co complemento indispensable dunha campaña de información e concienciación , que incida na necesidade e valor de manter coidadas as fachadas dos inmobles da nosa cidade.

O noso concello conta cunha máquina especial para a limpeza das fachadas, máquina que supuxo un desembolso oneroso para o noso concello e que ten que ser aproveitada e amortizada cun uso dilixente da mesma.
______________

venres, marzo 06, 2009

EU sobre a Praza de España e negociaicón orzamentaria

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
6 de março de 2009 14:33


Estimad@s compañeir@s: vanvos dúas notas en relación a Praza de España e a negociación orzamentaria.
Un saúdo, Ramiro Marier

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA ENTENDE URXENTE RETOMAR A NEGOCIACIÓN SOBRE OS VINDEIROS ORZAMENTOS
YOLANDA DÍAZ RECLAMA FACER DOS ORZAMENTOS UNHA FERRAMENTA DE BENESTAR E COHESIÓN SOCIAIS AO SERVIZO DA CIDADANÍA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida considera indispensable e urxente retomar as negociacións orzamentarias para conquerir que a nosa cidade non perda a oportunidade de acadar uns orzamentos ambiciosos no eido social, na participación cidadá e no que atinxe aos investimentos.

En reiteradas ocasións ao longo destes meses o Grupo Municipal de EU ten comunicado de xeito público a necesidade de non paralisar a negociación orzamentaria en atención o valor central que posúen os orzamentos como ferramenta para o desenvolvemento das políticas públicas xeradoras de emprego e prestatarias de servizos públicos. Aínda o 16 de febreiro, rexistrouse un escrito dirixido á concellería de facenda notando esta relevancia e urxencia.

Esquerda Unida mantén unha total disposición a acadar un acordo co PSdG-PSOE que permita recualificar os orzamentos e convertelos nesa ferramenta para gañar benestar e cohesión sociais para a cidadanía que está a reclamar Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal.

Nese sentido, Esquerda Unida entende que a emenda á totalidade presentada contempla aspectos fundamentais no eido da dotación orzamentaria para desenvolver a primeira experiencia de orzamentos participativos, para atender as necesidades específicas da zona rural, para acadar un volume significativo dos investimentos e a súa priorización para poder recuperar sobranceiros espazos públicos, ou para xerar emprego estable e con dereitos no eido dos servizos públicos de benestar social dependentes do concello; sen esquecer a relevancia das nosas achegas no que atinxe o capítulo I do orzamento, en materia de persoal.

Cabe destacar que acadar un acordo entre as forzas progresistas e de esquerdas da cidade cobra importancia diante do acceso ao poder na Xunta de Galicia da expresión política da dereita, do PP. Xa que logo, o noso Grupo Municipal insta ao Goberno Municipal a retomar as negociacións que permitan acadar un orzamento social e inversor para este exercicio.


Yolanda Díaz Pérez, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, en relación ao proxecto para o subsolo da Praza de España manifesta o seguinte:

A Praza de España , a súa configuración final, é un problema herdado de dous mandatos atrás e o cal pola súa relevancia e urxencia urxe que a actual Corporación lle dea unha resposta pública e pronta. Herdanza na que Esquerda Unida quere subliñar que non ten ningunha responsabilidade.

A Praza de España amosa un exemplo flagrante do peor urbanismo, o xurdido da improvisación e que supuxo para a nosa cidade un serio atranco ao inutilizar un espazo público de enorme relevancia asemade das complicacións derivadas para o tráfico viario.

Herdanza problemática mais resoluble. Esquerda Unida xa manifestou en reiteradas ocasións a súa vontade de acadar unha solución de compromiso que sen satisfacer o cento por cento a ninguén sirva para arranxar unha problemática que lastra o desenvolvemento da cidade e gravita pesadamente sobre a propia imaxe da cidade na nosa cidadanía.

Esquerda Unida quere manifestar a súa satisfacción xa que se acadou – no tempo do goberno conxunto co PSdG-PSOE – o compromiso de que non habería en superficie ningunha construción consonte os compromisos programáticos contraídos nas pasadas eleccións municipais.

Esquerda Unida entende que é indispensable resolver con celeridade a configuración de futuro da Praza de España. Nolo demanda a todos os Grupos Políticos a cidadanía, nolo demanda o benestar da cidade de Ferrol. Demandas que pesan na determinación de Esquerda Unida para contribuír de xeito decisivo a arranxar esta problemática.

O proxecto presentado non é – e queremos subliñalo – o de Esquerda Unida, mais a nosa determinación de exercer unha acción política pegada aos intereses xerais da cidadanía, das cidadás e cidadáns críticos e lúcidos que nos entregaron a súa confianza leva ao noso Grupo Municipal a estra en disposición de respaldar un proxecto que alomenos conteña as seguintes características:
  • I.- Consideramos ínfimo o canon da concesión e, xa que logo, interesamos que alomenos se incremente nun 10% a aboar en anualidades nas que se incremente segundo a taxa de inflación para evitar a desvalorización do importe do canon.
  • II.- Como xa manifestamos en reiteradas ocasións entendemos que as instalacións deportivas do subsolo teñen que estar o dispor de toda a cidadanía, sen que valan tratos preferenciais para entidades e asociacións, as cales xa contan con outras instalacións onde se dispensa ese tratamento.
  • III.- Semella necesario que o emprego que se xere sexa estable e con dereitos.

Ferrol, 6 de marzo de 2009

Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Voceira do Grupo Municipal de EU
_________

martes, outubro 28, 2008

A abstención de EU e o rexeitamento da oposición tomba o regulamento de grandes cidades que pedía o PSOE en Ferrol

[Nunha foto de Kiko Delgado, o 16 de Xuño de 2007, logo de asinar o Pacto de Goberno entre o PSOE e EU-IU, Yolanda Díaz e Vicente Irisarri, fechan o acordo con abrazo e beixo]

[Nunha foto de Kiko Delgado, o 27 de Outubro de 2008, o desencontro no Pleno Municipal]

Pola importancia da noticia, transcribimos o publicado pola axencia Europa Press hai unhas horas, máis adiante publicaremos opinións e documentación ao respeito deste asunto.

AMP-A abstención de EU e o rexeitamento da oposición tomba o regulamento de grandes cidades que pedía o PSOE en Ferrol

Irisarri e Díaz piden desculpas polo "espectáculo" dos últimos días e o PSOE analizará desde mañá a situación do Goberno local

FERROL, 28 Oct. (EUROPA PRESS) -

A abstención de Esquerda Unida e os votos en contra dos tres grupos da oposición evitaron hoxe a aprobación no Concello de Ferrol do regulamento da Lei de grandes cidades que defendía o alcalde socialista, Vicente Irisarri, como "ferramenta" para afrontar un goberno en solitario sen os seus socios de EU.

Nun pleno municipal de case cinco horas de duración e coa presenza de máis de 200 veciños, o Goberno de coalición de PSOE e EU aparcou temporalmente as súas acusacións mutuas das últimas semanas, aínda que escenificou as súas discrepancias na votación do Regulamento da Lei de grandes cidades, que foi rexeitado cos votos en contra do PP (7), Independentes por Ferrol (3) e BNG (2) e coa abstención de EU (4), fronte aos votos afirmativos do PSOE (9).

A tenente de alcalde e líder de EU, Yolanda Díaz, pediu a retirada do regulamento da orde do día do pleno para tratar de chegar a un acordo co PSOE. Tras un receso, mantívose o punto no debate plenario e o PSOE defendeu a "imprescindible urxencia" da aprobación dunha norma que cualificou como necesaria para a "modernización" da cidade, pero que finalmente non foi aprobada.

Irisarri defendeu a norma por considerar que se trataba de "unha boa lei" que trata de buscar "a eficacia da xestión municipal" para calquera equipo de goberno e que permitirá a Ferrol "homologarse" co resto de cidades galegas que xa contan con esta normativa.

A primeira tenente de alcalde e portavoz de Esquerda Unida mostrou con todo o seu rexeitamento á norma --que si votara antes do período de alegacións, no debate plenario celebrado o 18 de xullo--, porque incide en formulacións dun "goberno tecnócrata", que non apoia a "participación cidadá" nin un modelo de "orzamento participativo".

Yolanda Díaz lamentou que non se aceptasen algunhas das alegacións presentadas por partidos políticos e colectivos veciñais, nas que se reclamaba a limitación das accións permitidas a cargos non electos ou a porcentaxe do 2,5 por cento previsto para altos cargos. Anunciou que non apoiaría ao PSOE nunha proposta "diametralmente oposta" aos seus posicionamentos políticos.

Así, o voto de abstención dos catro concelleiros de EU-EU deixou ao PSOE de Vicente Irisarri (nove concelleiros) a mercé da oposición, PP, IF e BNG, que finalmente rexeitou a normativa.

RUPTURA DE PACTO

En todo caso, a polémica sobre as acusacións cruzadas por PSOE e EU-EU durante a última semana estivo presente no debate plenario, e os distintos grupos da oposición reclamaron información sobre se a aprobación da lei suporía a ruptura efectiva do pacto de coalición, tras 16 meses de goberno, e o inicio dun mandato socialista en solitario e minoría.

Neste contexto, os aínda socios de goberno fixeron fronte común contra os envites da oposición e, en concreto, do portavoz do PP, José Manuel Rei Varela, quen reclamou información sobre o "grotesco espectáculo" dos últimos días, nos que Irisarri e Yolanda Díaz "rivalizaron" en "ver quen dicía a maior barbaridade".

"Vaia tropa temos no Concello", asegurou, parafraseando "a Romanones", e acusou á coalición de "unha irresponsabilidade" que puxo ao concello "ao bordo do abismo" e que "ha mancillado a imaxe de Ferrol" nunha "guerra sen cuartel".

O portavoz "popular" asegurou que o goberno de coalición foi "unha pantomima", "unha farsa", case como "un matrimonio non consumado" que hoxe "pide a nulidade matrimonial", nun pleno municipal que Rei Varela cualificou dun intento de Irisarri por obter a "confianza" da corporación.

DESCULPAS

Vicente Irisarri, que xunto con Yolanda Díaz pediu "desculpas" polo "espectáculo" e o "esperpento" dos últimos días, acusou a Rei Varela de "rezumar odio e rancor" e tratar de "ferir de morte" ao bipartito cun discurso "duro e agresivo" que faltaba á "verdade" dun goberno que só trata de "sacar a Ferrol do punto no que o deixou a dereita". Tamén a primeira tenente de alcalde, Yolanda Díaz, reprochou o discurso "frívolo" do PP e o seu intento de facer "carnaza".

As críticas á escenificación da crise dos últimos días tamén estivo presente no discurso de Independentes por Ferrol, que en todo momento insistiu en coñecer se os socios de goberno tiñan previsto finiquitar o seu pacto ou manter a súa coalición. Tampouco o BNG pasou por alto a crise, aínda que neste caso centrou o seu voto negativo nas consideracións de que a norma é "regresiva" e instaurará a "dedocracia".

A pesar de que o pleno municipal avanzou durante máis de catro horas na incerteza sobre a decisión que adoptarían os distintos socios de goberno, antes do debate sobre o regulamento, Esquerda Unida-Esquerda Unida escenificara na súa abstención sobre a reforma da praza de Armas unha primeira mostra das súas desavinzas co PSOE. Aínda así, o proxecto foi aprobado, xa que os socialistas contaron co apoio dos grupos da oposición.

Ao termo do pleno, tanto Vicente Irisarri como Yolanda Díaz declinaron realizar declaracións, pero fontes socialistas confirmaron que a partir de mañá o alcalde podería realizar valoracións sobre o sucedido nun pleno municipal, que chegou despois de que durante media hora, xusto antes do seu inicio, os 13 concelleiros de goberno tratasen de axuntar posturas, nun último intento de diálogo.
______________

mércores, abril 16, 2008

Protocolo de Colaboración e, dentro do marco dos principios de coordinación, colaboración e ... entre Vicepresidencia da Xunta e o Concello de Ferrol

PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR E O CONCELLO DE FERROL PARA A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR A TRAVÉS DE FÓRMULAS DE COLABORACIÓN ESTABLE

En Ferrol, a 15 de abril de 2008.

REUNIDOS

Dunha parte, Don Anxo Manuel Quintana González, Vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, nomeado por Decreto 213/2005, do 3 de agosto, publicado no Diario Oficial da Galicia (DOG) nº 149, de 4 de agosto –corrección de erros do 5 de agosto-, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

Doutra parte, Don Vicente Luis Irisarri Castro, na súa condición de Alcalde do Excmo. Concello de Ferrol, en uso das facultades que lle confire o artigo 124 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e demais normativa concordante en materia de réxime local,

As partes comparecentes recoñécense competencia e capacidade legal para formalizar o presente Protocolo de Colaboración e, dentro do marco dos principios de coordinación, colaboración e respecto mutuos que deben informar todas as relacións interadministrativas,


EXPOÑEN


PRIMEIRO.-

Que o Estatuto de Autonomía de Galicia encomenda aos poderes públicos galegos a obriga de promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, amais de remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude, facilitando a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social.

Que a Comunidade Autónoma galega ostenta competencias, con carácter exclusivo, tal e como se desprende do contido do artigo 27 do seu Estatuto de Autonomía, en materia de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comunitario.

Que, con base na referida atribución competencial, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais (DOG, nº 76, do 23 de abril), co obxecto de ordenar e regular os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais definido como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia, e que atribúe á Administración Autonómica, entre outras, as competencias de planificación e programación xeral dos servizos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma, a ordenación e coordinación do sistema de servizos sociais, a homologación, rexistro e control de centros e servizos e o estudo das necesidades e problemáticas suscitadas no eido dos servizos sociais.


SEGUNDO.-

Que o Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, atribúelle ao citado Departamento da Administración autonómica, entre outras competencias e funcións, o deseño, coordinación, avaliación e, se é o caso, a xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de Benestar, incluíndo as políticas de xuventude, inclusión social, atención aos discapacitados e persoas maiores, ademais de para o deseño, coordinación, avaliación e xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de xénero, loita contra a discriminación por razón de sexo, igualdade entre mulleres e homes, loita contra a violencia de xénero e calidade de vida persoal e familiar.

Igualmente, o citado Decreto atribúelle competencias para a xestión, coordinación, asistencia técnica, seguimento, avaliación e control de programas, servizos e centros relativos á conciliación da vida laboral e persoal e á protección da infancia.


TERCEIRO.-

Que os entes locais, de conformidade co previsto na Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais de Galicia, na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e demais normativa de aplicación en materia de réxime local, ostentan competencias para a prestación de servizos sociais e promoción e reinserción sociais, ademais de para a execución de programas destinados á infancia, xuventude, muller e terceira idade.

Que os concellos se configuran como as institucións máis próximas aos cidadáns e, en consecuencia, están en situación de avaliar en mellores condicións o grao de diversidade da demanda de atención social, artellar a oferta e optimizar os recursos, polo que se considera necesario o establecemento de liñas de colaboración de carácter estable entre a Xunta de Galicia e os entes locais galegos co obxecto de coordinar as actividades de planificación para a mellora e ampliación da oferta actual en materia de servizos de igualdade e benestar.


CUARTO.-

Que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinaron, en data 24 de abril de 2006, un Protocolo de colaboración para a xestión dos servizos sociais de ámbito local, con especial atención á xestión integral das escolas infantís, no que se contemplaba, entre outras posibles iniciativas, a creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar como medio idóneo de desenvolvemento da cooperación interadministrativa en materia de servizos de igualdade e benestar, dando así cumprimento ao compromiso recollido no Acordo entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se establece o contido e desenvolvemento do Pacto Local que rexerá na Comunidade Autónoma de Galicia.


QUINTO.-

Que con data 3 de xullo de 2006 asinouse o Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e diversos concellos galegos, para a constitución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, quedando este formalmente constituído en sesión de data 10 de xullo de 2006.

Que de conformidade cos seus Estatutos, publicados no Diario Oficial de Galicia, nº 131, de data 7 de xullo de 2006, o Consorcio ten como misión primordial a participación na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local (centros de prestación de servizos sociais de atención especializada e tamén centros de prestación de servizos sociais de atención primaria cando así o solicite o concello interesado), con atención especial á xestión integral das escolas infantís, no ámbito territorial dos entes consorciados.

Que o Consorcio nace así, de acordo ás súas finalidades e competencias, co obxecto de implantar un modelo homoxéneo de prestación de servizos sociais:

* Garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recurso suficiente e equilibrada territorialmente;

* Incremento dos niveis de cobertura, intensidade e horario de atención dos distintos servizos e prestacións;

* Distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación, asignando equitativamente o uso e acceso aos recursos sociais dispoñibles, a través de procesos de planificación previa, e tendo como principio de actuación o mantemento das persoas no seu entorno propio.

Que coa creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar arbítrase unha fórmula innovadora de xestión no eido das políticas de provisión de servizos de igualdade e benestar, orientada á consecución dunha maior flexibilización no acceso e uso dos recursos, así como á mellora dos dispositivos de coordinación, coa finalidade última de garantir, en calquera caso, a prestación dun servizo de calidade e con niveis suficientes de cobertura poboacional e territorial.


SEXTO.-

Que as parte asinantes coinciden na conveniencia e necesidade de xuntar esforzos e impulsar, dende o ámbito das súas respectivas competencias, e mediante os instrumentos legais oportunos, iniciativas, programas, proxectos e accións conxuntos dirixidos a mellorar as condicións de vida e sociais das persoas que presentan especiais necesidades de protección social en Galicia, coa finalidade última de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade.

De conformidade co exposto, as partes, en virtude da representación con que interveñen, acordan a subscrición do presente Protocolo de Colaboración, de acordo ás seguintes


CLÁUSULAS


PRIMEIRA.-

Por medio do presente Protocolo, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar manifesta a súa vontade de mellorar o financiamento dos servizos sociais municipais que desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos, dentro do medio máis próximo ao usuario e ao seu contorno, dos programas básicos de actuación que se levan a cabo desde o primeiro nivel de atención, así como da atención a sectores de poboación con problemáticas diferenciadas.

En consecuencia, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar manifesta a súa intención de artellar os instrumentos e mecanismos necesarios para incrementar o financiamento que recibe o Concello de Ferrol para a prestación dos devanditos servizos sociais, especialmente no que se refire ao servizo de axuda a domicilio.

Proba do anterior é que, xa o pasado ano 2007, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar incrementou o financiamento recibido polo Concello de Ferrol no ano 2005 nunha contía de 164.614,71 euros. Dita contía veu a supoñer un incremento do 113,12% do financiamento recibido, desglosándose nos seguintes conceptos:

- Axuda no fogar.............................................200.000 euros.

- Xestión de programas..................................110.136,14 euros.

Por todo o exposto, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar pon de manifesto a súa vontade de que o referido incremento se consolide nos vindeiros anos.


SEGUNDA.-

O Concello de Ferrol manifesta a súa vontade de integrarse no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de conformidade co procedemento establecido ao efecto nos Estatutos do Consorcio, publicados no Diario Oficial de Galicia, nº 131, da data 7 de xullo de 2006, como Anexo ao Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e diversos concellos galegos para a constitución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

En virtude do anterior, o Concello de Ferrol expresa a súa intención de adoptar o acordo de integración no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na primeira sesión ordinaria do Pleno que teña lugar tras a sinatura do presente Protocolo de Colaboración.


TERCEIRA.-

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar manifesta a súa vontade de incrementar o número de prazas residenciais públicas coa fin de acadar progresivamente os índices de cobertura recomendados no Plan Xerontolóxico Nacional e paliar, en consecuencia, o déficit de prazas existente.


CUARTA.-

As partes asinantes manifestan a súa vontade de colaboración na creación e xestión dos programas e actividades seguintes nos vindeiros anos:

  1. Programa de construción, mantemento e xestión de dúas Escolas infantís e dunha ludoteca.
  2. Programa de construción e xestión de vivendas dotacionais en réxime de alugueiro para xóvenes e maiores.
  3. Programa de construción, mantemento e xestión dunha Residencia para persoas maiores, de carácter referencial.
  4. Programa de construción, mantemento e xestión de dous Centros de Día.
  5. Programa de xestión da casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero.
  6. Programa de construción, mantemento e xestión dun centro de asesoramento afectivo-sexual “Quérote”.
  7. Programa de construción, mantemento e xestión dun centro de inclusión e emerxencia social.
Para a consecución destes obxectivos, o Concello de Ferrol manifesta a súa vontade de facilitar a dispoñibilidade dos terreos e/ou equipamentos necesarios para a ubicación dos centros de nova creación, arbitrando as partes asinantes, nos instrumentos de desenvolvemento do presente Protocolo, os mecanismos de colaboración necesarios para a súa construción e posterior mantemento. Non obstante o anterior, as partes asinantes manifestan a súa intención de encomendar a construción e a xestión das escolas infantís e dos centros de día ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sen prexuízo da posible incorporación do resto de equipamentos previstos no parágrafo precedente, de conformidade cos requisitos e procedemento que, de ser o caso, se establezan.


QUINTA.-

Serán causas de resolución do presente Protocolo de Colaboración, o mutuo acordo das partes e o incumprimento das cláusulas contidas nel.


SEXTA.-

Para o seguimento e coordinación das accións previstas no presente Protocolo, créase unha Comisión Mixta e paritaria na que estarán representadas cada unha das partes afectadas polo mesmo. Esta Comisión, que se reunirá por petición de calquera das partes, será o mecanismo de actuación conxunta para garantir a efectividade do Protocolo.


SÉTIMA.-

O presente Protocolo ten carácter administrativo, quedando excluído da aplicación do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, ao abeiro do disposto no artigo 3.1.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño; debendo aplicarse, non obstante, os principios do devandito texto legal para a resolución das dúbidas ou lagoas que puideran presentarse.


OITAVA.-

Os conflitos que se susciten en desenvolvemento do presente Protocolo serán coñecidos, en primeira instancia, pola Comisión de Seguimento do Protocolo e, en caso de non chegar a un acordo, as partes someterán as cuestións litixiosas ao coñecemento dos tribunais do orde xurisdicional contencioso-administrativo.


NOVENA.-

O presente Protocolo de Colaboración entrará en vigor o día da súa sinatura e terá unha vixencia de catro anos, podendo prorrogarse a súa duración por períodos anuais, salvo denuncia expresa de calquera das partes. Dita denuncia deberá formalizarse por escrito cunha antelación mínima de tres meses á data en que se desexe deixar sen efectos o Protocolo e, sen prexuízo das actuacións que, nese momento, estean iniciadas, as cales deberán ser rematadas en todo caso de acordo ao estipulado na data da denuncia.

Baixo os termos referenciados e en proba de conformidade, asinan ambas partes o presente Protocolo de Colaboración, no lugar e data indicados no encabezamento.

O VICEPRESIDENTE DA IGUALDADE E DO BENESTAR DE FERROL
Anxo Manuel Quintana González

O ALCALDE DO CONCELLO
Vicente Luis Irisarri Castro
________________

xoves, marzo 13, 2008

NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica

De: Nosup-trasancos
Para: artabra21@gmail.com

Data: 13 de março de 2008 15:37

Asunto: NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica



NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica

Em pleno século XXI, a esquerda continua na Galiza sem contar com referentes institucionais válidos, que mantenham um mínimo de dignidade e coerência com ideias tam básicas como o laicismo e a clara divisom entre Igreja e Estado.

Se alguém pensava que IU podia representar essa esquerda tam necessária, a sua histórica decisom de financiar Semana Santa católica em Ferrol com 70.000 euros, aumentando em 45% as ajudas anteriores, esclarece onde se situa, por cima da retórica e as grandes palavras, o grupo municipal de Izquierda Unida-Esquerda Unida em Ferrol.

Naturalmente, os ultras situados à frente da Coordenadora de Confrarias mostrou já a sua satisfaçom polo que denominárom, com toda a razom, “grande salto qualitativo e quantitativo”. Com efeito, supom um salto qualitativo comprovar que umha força supostamente de esquerda, republicana e laica dedique imensos recursos ao financiamento de celebraçons religiosas tingidas ano após ano do mais rançoso sabor reaccionário. Umhas celebraçons em que os militares espanhóis desfilam com as suas bandeiras monárquicas junto às autoridades católicas que, ao longo do ano, se encarregam de esclarecer quais som as suas posiçons em temas como o aborto, a igualdade de direitos para homossexuais e o respeito à nom confissionalidade do Estado, manifestando-se do braço do PP e da extrema-direita em várias ocasions nos últimos anos.

NÓS-Unidade Popular quer lembrar que a Coordenadora de Confrarias ferrolana é liderada pola conhecida ex-dirigente do PP Meca Arcos, ligada familiarmente à extrema-direita franquista na nossa cidade. É esse sector o que é favorecido por umha instituiçom pública, a Cámara Municipal de Ferrol, que deveria dedicar o dinheiro da área cultural a tantos aspectos em que esta é deficitária polo abandono crónico das instituiçons.

Em lugar disso, IU prefere ficar bem com as confrarias católicas e com o reaccionário bispado de Mondonhedo-Ferrol. Parece-nos fundamental que o Ferrol progressista, laico e de esquerda tome nota do uso que o governo alegadamente ‘progressista’ está a fazer do voto cedido por tantos trabalhadores e trabalhadoras para reclamar umha política de esquerda.

Nem a escusa do turismo nem a defesa de umha cultura elitista e confissional podem justificar umha medida que nem o PP e IF tinham tomado, com um apoio tam desproporcionado a atender aos gastos das festas de umha Igreja milionária como é a católica, caracterizada pola sua aberta oposiçom às ideias do progresso e a justiça social.

Que será o próximo, converter a COPE em emissora de referência e dedicar-lhe o dinheiro do departamento de serviços sociais e normalizaçom lingüística?

Ferrol, 13 de Março de 2008

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

nosup-trasancos@nosgaliza.org
______________

xoves, decembro 20, 2007

Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra212gmail.com
Data: 20 de dezembro de 2007 14:36
Asunto: Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol


O Consello Local de Esquerda Unida-Izquierda Unida de Ferrol vén de presentar alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol. Con tal motivo, fixo chegar hoxe, mediante a súa oportuna entrada no Rexistro Xeral deste Concello, e dirixido ó alcalde da cidade, Vicente Irisarri, o documento que en tal sentido aprobou a organización.

Adxuntamos o texto íntegro das alegacións.

Enlace coas alegacións nos Arquivos Ártabros.
_______________

Enlaces de interese desde a Wikipedia:
___________

Lexislación e Normas sobre o Biodiesel:

27.08.2007 >>PDF
09.10.2006 >>PDF
26.09.2006 >>PDF
18.09.2006 >>PDF
07.09.2006 >>PDF
14.08.2006>>PDF
04.08.2006 >>PDF
01.08.2006 >>PDF
29.07.2006 >>PDF
22.07.2006 >>PDF
15.07.2006 >>PDF
02.07.2006 >>PDF
___________