Amosando publicacións coa etiqueta Praza da Porta Nova. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Praza da Porta Nova. Amosar todas as publicacións

mércores, abril 25, 2007

Esixen ao Alcalde que cumpra a legalidade e deteña de xeito inmediato o edificio da Praza da Porta Nova

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de Abril de 2007 14:39
Asunto: Esixen ao Alcalde que cumpra a legalidade e deteña de xeito inmediato o edificio da Praza de España

ESQUERDA UNIDA-IU ESIXE AO ALCALDE QUE CUMPRA A LEGALIDADE E DETEÑA DE XEITO INMEDIATO O EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA

ESQUERDA UNIDA-IU demanda ao Alcalde que cumpra a legalidade e de exemplo de cidadanía cumprindo a lei, paralizando a construcción dun edificio ilegal. Non pode haber unha legalidade esixente para coa cidadanía e outra, vulneradora da mesma para os responsables públicos.

A nosa organización forma parte da longa lista de convocantes da concentración cidadá que haberá mañán, xoves, 26 de marzo, na Praza do Concello, ás 18:30 horas, para esixir a paralización inmediata das obras e en defensa dunha Praza de España libre de calquer edificio, un espazo central apara artellar unha cidade relacional, onde a calidade de vida d@s veciñ@s teña unha imbricación profunda coa recuperación dos espazos públicos e abertos, onde o tránsito peónil faga habitable a cidade.

Entendemos que nos atopamos diante dunha obra ilegal, innecesario e usurpadora do espazo público.

Mañán abordarase no Pleno unha moción asinada polos tres grupos, ESQUERDA UNIDA-IU, PSdg-PSOE e Bloque Nacionalista Galego para demandar a paralización dunha obra que nos furta un espazo que é de td@s os ferroláns.

ESQUERDA UNIDA-IU demanda dun goberno en bancarrota política e legal ( Menáncaro, Praza de España... ) que non tente hipotecar o futuro desta cidade cando a lexislatura vai rematada. Que escoite o clamor popular para deixar libre a Praza, para o disfrute público da cidadanía.

mércores, abril 18, 2007

Comunicado consensuado das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de Abril de 2007 17:57
Asunto: Comunicado consensuado das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos



POSICIÓN CONSENSUADA POLAS ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS E CONTRA A CONSTRUCIÓN DO MACRO-EDIFICO NA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], DIANTE DO DITAME DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E DA ACTITUDE DO GOBERNO MUNICIPAL.-

As entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, reunidas no día de hoxe en Ferrol, nos locais do Ateneo Ferrolán, acordamos a seguinte posición diante do ditame da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes onde notifica a aprobación definitiva da modificación puntual do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol que ten por finalidade a recualificación de solo urbano no ámbito da Praza da Porta Nova que, até o de agora, figuraba no planeamento urbanístico municipal como sistema xeral viario. Solo urbano no que o Concello de Ferrol en sesión Plenaria, cos votos de PP e IF, acordou levar adiante unha intervención urbanística ilegal, innecesaria e usurpadora dos espazos públicos.

En primeiro lugar, reafirmámonos na necesidade urxente de que se paralicen as obras xa, e se acabe dunha vez por todas con esta irresponsabilidade.

En segundo lugar, manifestamos a nosa reprobación da actitude "chulesca" do Alcalde Sr. Juncal e os concelleiros do goberno municipal que co ánimo de confundir á cidadanía, en tempo electoral, fan alarde da súa perversa interpretación do ditame de Política Territorial, seguro que pensando niso de "en río revolto, ganancia de pescadores".

En terceiro lugar, criticar o grado de ambigüidade e incoherencia deste ditame que aínda que é claro á hora de cualificar os acordos plenarios como nulos de pleno dereito, deixa aberta a posiblidade de que se poda edificar para equipamentos públicos en parte dese solo urbano agora recualificado. Ademais seguimos mantendo a nosa crítica á comunicación de febreiro pasado da Consellería de Medio Ambiente por innecesaria e malintencionada e a anterior da Dirección Xeral de Urbanismo onde requería a paralización das obras, mais dando un inxustificábel prazo de tres meses.

En cuarto lugar, queremos facer fincapé en que os acordos das sesións plenarias de 24 de novembro de 2004 e de 16 de marzo de 2005 son nulos de pleno dereito. E que a nova recualificación que modifica puntualmente o PXOM en vigor, aprobada por Política Territorial, aínda que permita o cambio de uso do solo non ten carácter retroactivo, polo que os acordos plenarios citados carecen de legalidade e, polo tanto, deben ser revocados. Polo que persistir na actitude de " que as obras van a continuar pese a quen lle pese" como ten manifestado o Alcalde Sr. Juncal, non deixa de ser persistir nun delito, tipificado no código penal como prevaricación, polo que a actuación da fiscalia faise necesaria.

En quinto lugar, queremos manifestar que todo este "negocio político-económico", do Goberno Municipal coa empresa concesionaria-construtora ABECONSA, e a irresponsabilidade que manifestan os gobernantes municipais, pode ter un custe importantísimo para as arcas municipais, en definitiva para os cartos de todas as veciñas e veciños de Ferrol. Polo que, con todas as consecuencias, non imos permitir que os membros deste Goberno Municipal e os concelleiros e concelleira que o sustenta co seus votos e que aprobaron no seu día a ilegalidade, dando o visto bon ao macro-edifio e ao conxunto de despropósitos, en forma de planeamentos urbanísticos, concesións e acordos, saían impugnes deste "guisado", polo que imos demandar a súa inhabilitación para ocupar cargo público e que paguen co seu patrimonio persoal, no caso de que esta irresponsabilidade cause custes ao Concello, é dicir ao conxunto da cidadanía de Ferrol.

En sexto lugar, aledámonos de que o Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, ... se desprazara até a cidade para explicar o xa mencionado ditame, e advertir da ilegalidade do macro-edificio e do conxunto do planeamento urbanístico da Praza, ademais dos ilegais acordos plenarios. Así como tamén das declaracións públicas do Presidente da Xunta de Galicia na súa visita de hoxe á cidade, que veu reiterar o xa dito o venres polo Delegado de que as obras son "ilegais e ilegalizábeis". Polo que tomamos nota das súas palabras, e as gardamos na nosa memoria colectiva, para esixir social e politicamente o seu cumprimento.

E en séptimo e último lugar, desde o movimento cidadán que conformamos as entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos reiteramos que a obra segue sendo

ilegal, innecesaria e usurpadora de espazos públicos.

Polo que chamamos á mobilización social na defensa dos espazos públicos e contra actuación do Goberno Municipal neste planeamento urbanístico, polo que mantemos a convocatoria da concentración cidadán, para o xoves, día 26 de Abril, na Praza do Concello, ás 18:30 hrs, para mostrar a nosa repulsa a actuación do Goberno Municipal e demandar a paralización das obras xa, rexeitar a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova e que esta quede limpa e libre, para uso e goce de toda a cidadanía.

En Ferrol, a 16 de de abril de 2007

No nome das entidades convocantes

Mel Sanxoán e Inácio M. Orero

Nota.-
Achegamos o mesmo texto en ficheiro anexo en formato -doc- de software privativo Microsft-Windows
Achegamos o mesmo texto en ficheiro anexo en formato -odt- de software libre GNU-Linux
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra da construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

Cartaz da Concentración do vindeiro 26 de Abril en Ferrol

Clicando acima da imaxen podes ampliar o cartaz nunha nova xanela, para baixalo ao teu computador e facer fotocopias, para colocar pola rúa, ou se prefires difunde a convocatoria pola rede.


luns, abril 16, 2007

Escolma de noticias que se publicaron este fin de semana, 14 e 15 de abril, relacionadas co asunto do macro-edificio da Praza da Porta Nova

Pola importancia das noticias que se publicaron en diferentes medios neste fin de semana, 14 e 15 de abril, relacionadas co asunto do macro-edificio que se está construíndo na Praza da Porta Nova, publicamos unha escolma das mesmas cos correspondentes enlaces aos diferentes medios, para achegarse até a noticia completa.

Lembrar ao tempo que este luns 16 de abril, as entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos reunense no locais do Ateneo Ferrolán, ás 19:00 hrs, para analizar o ditame administrativo da Xunta e emitir unha opinión consensuada ante a nova situación.

Pois consideran "os convocantes" que as manifestacións públicas dos responsábeis municipais, necesitan urxentemente, desde o noso ponto de vista, unha resposta do movimento cidadán enmarcado nos Convocantes das mobilizacións pola defensa dos espazos públicos, dado a nosa responsabilidade e compromisos na oposición mantida contra actuación do Goberno Municipal e o seu planeamento urbanístico na Praza da Porta Nova.


Escolma de noticias do domingo 15 de abril de 2007:

__________________

Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 15 de Abril de 2007

O Concello di que a praza de España está legalizada
O concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, saíu onte ao paso das declaracións do delegado provincial de Política Territorial, Jacinto Parga, nas que afirmaba que a obra da praza de España é ilegal e ilegalizable. Evia pediu aos políticos que asuman a decisión dos técnicos da Xunta.

Enlace coa noticia no Diario de Ferrol

_____________________________________

Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 15 de Abril de 2007

Convocan unha reunión urxente para analizar o informe de Política Territorial
As entidades convocantes das movilizaciones en defensa dos espazos públicos convocan unha reunión urxente, dirixida ás agrupaciones que integran esta plataforma cidadá, para analizar a resolución administrativa da Xunta e emitir unha opinión consensuada ante esta nova situación. A asemblea terá lugar mañá no local do Ateneo Ferrolán, ás sete da tarde.

Enlace coa noticia completa no Diario de Ferrol

_________________________

Diario de Ferrol
Ferrol | Domingo, 15 de Abril de 2007

Sestayo pide a Caride que explique no Parlamento a situación da praza ferrolana
A deputada socialista Beatriz Sestayo acaba de rexistrar unha pregunta con carácter urxente no Parlamento galego para a súa resposta oral en pleno da conselleira de Política Territorial, María José Caride, co obxectivo de que aclare en que situación urbanística queda a praza de España logo da resolución dictada pola Dirección Xeral de Urbanismo respecto de a modificación de usos.

Enlace coa noticia completa no Diario de Ferrol

________________________________

La Opinión de A Coruña
O CONCELLEIRO ACUSA Ao GOBERNO GALEGO DE FACER "ELECTORALISMO"
Evia esixe á Xunta que acepte a modificación do plan xeral
O responsable de Urbanismo suscita á Consellería de Política Territorial que asuma o dictame dos seus propios técnicos.
Redacción.Ferrol
O Goberno municipal de Ferrol esixiu onte á Xunta de Galicia que renuncie "a realizar electoralismo barato" coas obras da praza de España, lugar no que se constrúe un edificio de 21 metros de altura nun espazo declarado "para usos varios".

Enlace coa noticia completa noen La Opinión de A Coruña
______________


Escolma de noticias do domingo 14 de abril de 2007:

_______________

Diario de Ferrol
14 de abril de 2007
O alcalde pide responsabilidades á oposición por dicir que a obra era ilegal
"Queremos transmitir a nosa satisfacción polo contido do informe da Dirección Xeral de Urbanismo, porque dá a razón e apoia o labor realizado polo goberno local". Así se manifestou o alcalde, Juan Juncal, un día logo da emisión do dictame favorable sobre a praza de España.

Enlace coa noticia completa no Diario de Ferrol

________________

Diario de Ferrol
14 de abril de 2007
Pita-Romeu afirma que se a actuación iniciouse foi grazas á súa xestión en Urbanismo
Un dos membros do equipo de goberno que onte se mostraba máis satisfeito co informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo era Francisco Pita-Romeu (IF), concelleiro de Urbanismo ata o pasado verán, cando foi cesado polo alcalde e substituído por Guillermo Evia (PP).

Enlace coa noticia completa no Diario de Ferrol

_____________________

Diario de Ferrol
14 de abril de 2007
A Xunta ameaza con levar ao Concello aos tribunais
O delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Jacinto Parga, acudiu a Ferrol na tarde de onte para explicar o alcance da aprobación da modificación puntual do PXOM na praza de España e, sobre todo, advertir das consecuencias de non paralizar as obras.

Enlace coa noticia completa no Diario de Ferrol

_____________________

Diario de Ferrol
14 de abril de 2007
Roi Xordo pedirá a nulidad do acordo da aprobación inicial do proxecto
A Federación Roi Xordo compareceu en roda de prensa para analizar o informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo e subliñar, ademais do seu rexeitamento ao proxecto actualmente en ejecución na praza de España e valorar que a Xunta manteña o requerimiento de paralización dos traballos, que presentarán nos próximos días un escrito ao Concello solicitando a nulidad do acordo plenario de 21 de xaneiro de 2005, no que se aprobou inicialmente o proxecto e abríase o período de alegaciones. Así, César Manso, un dos responsables da entidade, destacou que a federación presentou no seu día unha reclamación por non modificar os usos do chan da praza, reclamación que foi rexeitada, "cando agora vese que era certo que tinga que ser aceptada", dixo.

Enlace coa noticia completa no Diario de Ferrol

_______________________

El Correo Gallego
La Xunta llevará ante el juez al Concello de Ferrol si no paraliza las obras
El alcalde, Juan Juncal, da por zanjado el problema ·· Política Territorial le exige que anule los acuerdos plenarios "ilegales" antes del 27 de mayo
F. CASAL• FERROL
Cun "acabouse o problema" resumiu onte o alcalde de Ferrol, Juan Juncal, a decisión da Dirección Xeral de Urbanismo de aprobar a modificación dos usos na polémica praza de España. Ao mesmo tempo, nunha comparecencia eufórica xunto ao seu concelleiro de Urbanismo, Juncal rexeitou de plano que o Concello de Ferrol vaia paralizar as obras de construción do polémico edificio obxecto de controversia na praza.
Poucas horas despois, o delegado provincial da Consellería, Jacinto Parga, reafirmábase na opinión do seu departamento respecto diso: "O edificio é ilegal e ilegalizable, e se Ferrol non paraliza as obras, a Xunta acudirá ao contencioso administrativo", é dicir, levará á administración ferrolana ante os tribunais de xustiza, afirmou.

Enlace coa noticia completa en El Correo Gallego

____________________________

La Voz de Galicia
Sábado, 14 de Abril de 2007
A Xunta di que a obra da praza de España é «ilegal» e «ilegalizable»
Política Territorial esixe que se paren os traballos, a pesar de aprobar a recualificación do chan
O Concello garante que o edificio central terá uns usos «dotacionais públicos»
Os dous locais de hostalería están en construción e o edificio xa ten as dúas plantas subterráneas case listas.
Está previsto para xullo ou agosto a finalización. O total de superficie urbanizada supera os 16.700 metros cadrados.
A reforma da praza de España, que o próximo mes cumprirá cinco anos desde que entrou alí a primeira picaraña, móvese con complicado equilibro entre o programa urbanístico e a dialéctica política cando restan apenas 40 días para as eleccións.

Enlace coa noticia completa en La Voz de Galicia

___________________

La Voz de Galicia
Sábado, 14 de Abril de 2007
«Algún quería que a obra non acabase ata o 2009»
INDEPENDENTES POR FERROL
Outro dos actores que participou de forma activa na reforma da praza de España, Francisco Pita-Romero , tamén valorou como «unha boa noticia» a recualificación do chan desa contorna aprobada pola Xunta. «Se o Concello non fose capaz de adoptar o cambio de usos en outubro do 2004, as obras na praza non arrincarían ata este mes», dixo quen fose edil de Urbanismo entre xuño do 2004 e xullo do 2006. «Así -continuou- a reforma non estaría ata mediados do 2009, que eu creo que é o que algúns querían», en referencia aos grupos da oposición e colectivos sociais que rexeitan esa obra. Para o edil independente «demostrouse que o proceso era legal».

Enlace coa noticia completa en La Voz de Galicia

_______________________

La Voz de Galicia
Sábado, 14 de Abril de 2007
«Espero unha desculpa de quen intentou paralizar»
PARTIDO POPULAR
O alcalde, Juan Juncal, e o edil de Urbanismo, Guillermo Evia, ambos do PP, reiteraron onte que a obra se axusta á lei» e que a resolución da Xunta, autorizando a modificación do PXOM para permitir un edificio na praza «vénnos a dar a razón». Juncal instou aos tres grupos da oposición a que se desculpen por intentar paralizar as obras». Evia recordou que o Concello abriu a recualificación do chan por dous procedementos diferentes aprobados en dous plenos: un para a obra na superficie e outro para toda a praza, «tamén para o aparcadoiro, que tamén sería ilegal», dixo Juncal. Coa aprobación da modificación do PXOM e a nova redacción «acabouse o tema», dixo o edil.

Enlace coa noticia completa en La Voz de Galicia

____________________

La Voz de Galicia
Sábado, 14 de Abril de 2007
«Se non fréase a reforma, ou 28 de maio denunciaremos»
FEDERACIÓN VECIÑAL ROI XORDO
Para a Federación Veciñal Roi Xordo, que agrupa a máis dunha decena de asociacións sociais de Ferrol e da ría, a recualificación aprobada pola Xunta «non legaliza nada» e, polo tanto, o que se está acometendo en en a praza de España «segue a ser unha ilegalidade», como apuntaba o seu portavoz para asuntos de Urbanismo, César Manso. A entidade recorda que está vixente unha resolución de Política Territorial na que ordena paralizar os traballos en marcha, precisamente a instancias de Roi Xordo. O prazo finaliza o 27 de maio. «Se non se para isto, ou día 28 iremos presentar unha denuncia». A entidade presentou unha reclamación ante a Fiscalía pola reforma, procedemento «que segue aberto».

Enlace coa noticia completa en La Voz de Galicia

_______________________

Galicia-Hoxe
Sábado, 14 de Abril de 2007
URBANISMO
A Xunta anuncia accións xudiciais contra o Concello de Ferrol se non paraliza as obras da Praza de España
13.04.2007 19.25h. Política Territorial asegura que a recualificación do solo aprobada onte non legaliza o edificio de 21 metros da Praza

Enlace coa noticia completa en La Voz de Galicia

____________________

sábado, abril 14, 2007

Convocatoria dunha reunión para este Luns 16 de Abril no Ateneo Ferrolán

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de Abril de 2007 12:25
Asunto: Convocatoria de reunión para este Luns 16 de Abril no Ateneo Ferrolán

Convocatoria dunha reunión de todas as entidades Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra da construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España], para analizar a resolución administrativa da Xunta e emitir unha opinión consensuada ante a nova situación.

As manifestacións públicas dos responsábeis municipais, necesitan urxentemente, desde o noso ponto de vista, unha resposta do movimento cidadán enmarcado nos Convocantes das mobilizacións pola defensa dos espazos públicos, dado a nosa responsabilidade e compromisos na oposición mantida contra actuación do Goberno Municipal e o seu planeamento urbanístico na Praza da Porta Nova.

Por todo isto convocamos a unha reunión urxente nos locais do Ateneo Ferrolán, o vindeiro Luns 16 de abril, ás 19:00 hrs. Esta reunión non se realiza no lugar habitual en Esteiro, porque os locais da A.V. Fontelonga están ocupados.

Ferrol, a 14 de Abril de 2007
Asinado.-
Mel Sanxoan
Inácio M.Orero
_________
Anexo:

Así daba a noticia a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte:


Política Territorial aproba a modificación do PXOM de Ferrol sobre a Praza de España

* Dita modificación ten por finalidade a recalificación dunha superficie de 18.056 m2 de solo urbano que, ata o de agora, o planeamento municipal clasificaba como sistema xeral viario.

* O mesmo PXOM ferrolán establece que as actividades permitidas nesa superficie quedan restrinxidas exclusivamente a usos públicos de servizo directo aos cidadáns.

* A Consellería mantén o requirimento para que o Concello anule os acordos plenarios que amparaban as obras da Praza de España por ser nulos de pleno dereito.

Santiago, 12 de abril de 2007.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol que ten por finalidade a recalificación dunha superficie de 18.056 m2 de solo urbano no ámbito da praza de España que, ata o de agora, figuraban no planeamento urbanístico municipal como sistema xeral viario.

A Orde relativa á reordenación dos sistemas xerais de equipamentos comunitarios, zonas verdes e de espazos públicos no que atinxe á praza foi asinada pola conselleira María José Caride e remitida ao Concello de Ferrol. Na mesma apróbase a modificación do PXOM nos termos propostos polo Concello de Ferrol, á excepción do epígrafe 1.3 da memoria que fai referencia a que os novos espazos libres sirvan para compensar incrementos de edificabilidade noutras actuacións públicas que requiran maiores reservas dotacionais, cuestión esta que foi rexeitada pola Dirección Xeral de Urbanismo.

A proposta aprobada implica que esta superficie se reparta da seguinte maneira: 12.0521 m2 destinados a sistema local de espazos libres públicos, 2.979 m2 cualificado como sistema xeral viario e os 3.025 m2 restantes para sistema xeral de equipamentos comunitarios públicos que, segundo a modificación puntual, poden albergar dous volumes de 4,5 metros de altura nos que se localizan as saídas do aparcadoiro soterrado e un edificio de planta baixa e seis alturas, que non poderá sobrepasar os 21 metros.

O propio artigo 118 do PXOM de Ferrol especifica de xeito pormenorizado que as actividades e instalacións permitidas nas superficies destinadas a usos públicos ou colectivos para servizo directo dos cidadáns son unicamente as de carácter docente, deportivo, sanitario e asistencial, socio-cultural, relixiosos, público-administrativo, cemiterios, mercados e abastecemento e servizos urbanos. Polo tanto, o edificio que, segundo a modificación do PXOM se pode construír na praza de España, tan só poderá ser destinado en exclusiva aos usos de carácter público anteriormente mencionados.

Non obstante, a Consellería de Política Territorial mantén o requirimento efectuado o pasado 27 de febreiro para que o Concello suspenda as obras de edificación da Praza de España e revise os acordos plenarios adoptados para o cambio de uso dos terreos nese ámbito e de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da zona. Política Territorial reitera que ditos acordos (celebrados en sesións plenarias de 24 de novembro de 2004 e de 16 de marzo de 2005) son nulos de pleno dereito ao non estar contemplados no PXOM. Cómpre salientar que a modificación puntual do PXOM aprobada agora e que permite o cambio de uso destes terreos non ten carácter retroactivo, polo que os acordos plenarios adoptados con anterioridade carecen de legalidade e, polo tanto, deben ser revocados.


--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra da construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

A aprobación da modificación do uso do solo, non legaliza para nada a obra que se está a acometer na Praza da Porta Nova

Nesta cidade estamos gobernados por uns ineptos e ignorantes, fan como se a cousa non fose con eles, "cándidas "persoas, din que non teñen a culpa do seu mal-goberno e intentan desviar a cuestión, como vós alumnos, imitan aos seus de Madrid [chámense Zaplana, Aceves ou Rajoi na mentira do 11-M e outras]. Xa nos teñen acostumados a rodas de prensa de impacto, até o Alcaide falou de que daba por "zanjado" o asunto e de seguido di que as obras van a continuar pese a quen lle pese, mais ben que desoíndo, desafiando, o ditame do organismo competente da Xunta de Galicia.

Lembremos a chulería manifesta, cando a Federación de Asociacións Veciñais "Roi Xordo" fixera público o informe do Servizo e Inspección, sobre a Praza, o coro de Evia e Pita-Romero, ameazaron con levar aos tribunais a dita Federación e aos funcionarios que emitiran o informe por suposta filtración e falta de debida custodia de documento público, cando a propia lexislación vixente obrigaba aos funcionarios autonómicos a entregar dito informe.

Poda que a Xunta non teña mais remedio que acceder ao cambio de uso do solo, pois poda que sexa que non hai argumentos legais para non facelo, mais a manipulación da resolución por parte dalgún medio de comunicación e os propios gobernantes municipais obrigaron a desprazarse até a cidade ao Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial, ... para explicar o xa mencionado ditame, non exento de incoherencia, mais si moi claro nos aspectos dos ilegais acordos plenarios e do ilegal da obra que se está facendo na Praza. O ditame da Xunta impide un edificio para usos privados, como tamén os edificios das dúas cafeterías que se están construíndo. Até o propio túnel entre a avenida do Rei e a de Vigo, é ilegal dado que a súa financiación corre baixo a claúsula de concesión do xa mencionado macro-edificio, acordos que agora a Consellería ven de resolver que son ilegais e nulos de pleno dereito. Ou este Goberno Municipal é parvo ou moi irresponsábel, pois non se poden entender as reaccións triunfais de Alcalde e concelleiros do grupo de goberno, nin se queira en clave electoralista, pois este despropósito pode supoñer moito diñeiro para as arcas municipais, é dicir os cartos de toda a cidadanía de Ferrol.

A obra segue sendo ilegal e innecesaria.

O movimento cidadán enmarcado nos Convocantes das mobilizacións pola defensa dos espazos públicos e contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova, debería reunir-se en pleno o mais axiña posíbel e analizar a resolución administrativa da Xunta, para emitir unha opinión consensuada ante a nova situación.

O movimento cidadán, antes de coñecerse o informe da de Política Territorial, xa tiña convocada unha mobilización para o xoves, día 26 de Abril, que consistirá nunha concentración cidadán na Praza do Concello, ás 18:30 hrs, para mostrar a súa repulsa a actuación do Goberno Municipal e demandar a paralización das obras xa, rexeitar a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova e que esta quede limpa e libre, para uso e goce de toda a cidadanía.

Así recollen os medios de información e algún de [des]información convencionais:

Diario de Ferrol

La Opinión de A Coruña
Vieiros
Galicia-Hoxe
O Xornal
El Correo Gallego
La Voz de Galicia

________

Desde a Plataforma Ártabra 21 reafirmamo-nos no dito no Comunicado a toda a cidadanía, leido na manifestación na defensados espazos públicos, do 4 de marzo de 2007 e no Manifesto á Cidadanía consensuado por todas as entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos e contra a construción dun macro-edificio na Praza da Porta Nova.
________________________

A Junta entrega a Porta Nova ao PP e IF para que especulem com os nossos espaços públicos

De: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Abril de 2007 19:14
Asunto: A Junta entrega a Porta Nova ao PP e IF para que especulem com os nossos espaços públicos

A Junta entrega a Porta Nova ao PP e IF para que especulem com os nossos espaços públicos

A Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular quer fazer pública a sua indignaçom pola decisom da Direcçom Geral do Urbanismo da Junta da Galiza, de permitir a construçom de um prédio de 5 andares e 21 metros de alto em plena Porta Nova, um dos cada vez mais escassos escassos públicos existentes no centro urbano de Ferrol.

A decisom tem a gravidade acrescentada de deixar o povo de Ferrol, que se tem manifestado repetidamente contra semelhante aberraçom urbanística, desprotegido perante os seus governantes locais, empenhados em especular com o solo público, neste caso mediante umha requalificaçom para evitar os impedimentos legais existentes.

A qualificaçom actual de zona viária em que nom podem ser construídos edifícios foi o motivo alegado pola Junta para, com bom critério, ordenar a paralisaçom das obras. No entanto, o governo municipal do PP e IF afirmou com total descaramento que esquivaria a lei com umha requalificaçom à medida dos seus interesses urbanísticos e privatizadores.

Agora comprovamos como, de maneira inaudita, a Direcçom Geral de Urbanismo da Junta, em maos do PSOE, aceita a jogada de Juan Juncal e companhia, e dá via livre à modificaçom do PGOM e legaliza a mutilaçom de umha das praças mais emblemáticas do nosso concelho. Umha decisom que condena à indefensom o povo de Ferrol diante das máfias políticas e da construçom (PP, IF e Abeconsa) que estám em plena ofensiva contra os espaços públicos e zonas verdes do concelho, estabelecendo um perigoso precedente.

NÓS-Unidade Popular, como parte do movimento popular que nos últimos meses se manifestou repetidamente polas ruas de Ferrol contra a política urbanística do PP e IF, e contra a construçom do edifício na Porta Nova, ratifica a sua aposta em continuar a luta vicinal contra a especulaçom e pola paralisaçom definitiva das obras da Porta Nova. Esperamos que a totalidade de entidades populares que nos manifestamos mantenham a necessária firmeza em defesa dos nossos espaços públicos e contra a especulaçom urbanística.

Assembleia Comarcal de NÓS-UP em Trasancos

Ferrol, 13 de Abril de 2007

venres, abril 13, 2007

A Dirección Xeral de Urbanismo emite un ditame onde resolve autorizar o cambio de uso para a Praza da Porta Nova

A resolución da Dirección Xeral de Urbanismo, ven dar unha de cal e outra de area ao Goberno Local, por unha banda autoriza o cambio de uso do solo da praza e por outro reitera que o Concello ten que parar as obras do macro-edificio por ser ilegais os acordos plenarios onde se tomou a decisión e que hai dúbidas razonabeis sobre o uso que se lle pretende dar. O que si non hai dubida é da incoerencia de tal dictamen administrativo, mais eles saberán porque o fan. Desde o movimento cidadán seguimos manifestando a nosa oposición ao proxecto, aíndaque agora se poida legalizar a construción dun edificio público, mais segue sendo un proxecto innecesario e ilegal no seu uso final dado que só pode ser destinado a equipamentos públicos, polo que a principal razón que esgrimian desde IF-PP que era pagarlle a ABECONSA as obras coa privatización do uso do macro-edificio por dúcias de anos, perde todo valor, por tornarse insevíbel e ilegal tal claúsula da concesión. Desde o movimento cidadán seguimos amosando a nosa oposición ao planeamento municipal da Praza da Porta Nova, reivindicando a paralización das obras e que se abra un dialogo social para consensuar un novo proxecto que respecte o uso público da Praza, limpa e aberta para goce de toda a cidadanía.

A mobilización popular, consistirá nunha concentración cidadán o vindeiro xoves, 26 de abril, ás 18:30 hrs, na Praza do Concello de Ferrol, coincidindo coa celebración do Pleno Municipal Ordinario.

_____________________

Así daba a noticia a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte:

Política Territorial aproba a modificación do PXOM de Ferrol sobre a Praza de España
  • Dita modificación ten por finalidade a recalificación dunha superficie de 18.056 m2 de solo urbano que, ata o de agora, o planeamento municipal clasificaba como sistema xeral viario.
  • O mesmo PXOM ferrolán establece que as actividades permitidas nesa superficie quedan restrinxidas exclusivamente a usos públicos de servizo directo aos cidadáns.
  • A Consellería mantén o requirimento para que o Concello anule os acordos plenarios que amparaban as obras da Praza de España por ser nulos de pleno dereito.

Santiago, 12 de abril de 2007.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol que ten por finalidade a recalificación dunha superficie de 18.056 m2 de solo urbano no ámbito da praza de España que, ata o de agora, figuraban no planeamento urbanístico municipal como sistema xeral viario.

A Orde relativa á reordenación dos sistemas xerais de equipamentos comunitarios, zonas verdes e de espazos públicos no que atinxe á praza foi asinada pola conselleira María José Caride e remitida ao Concello de Ferrol. Na mesma apróbase a modificación do PXOM nos termos propostos polo Concello de Ferrol, á excepción do epígrafe 1.3 da memoria que fai referencia a que os novos espazos libres sirvan para compensar incrementos de edificabilidade noutras actuacións públicas que requiran maiores reservas dotacionais, cuestión esta que foi rexeitada pola Dirección Xeral de Urbanismo.

A proposta aprobada implica que esta superficie se reparta da seguinte maneira: 12.0521 m2 destinados a sistema local de espazos libres públicos, 2.979 m2 cualificado como sistema xeral viario e os 3.025 m2 restantes para sistema xeral de equipamentos comunitarios públicos que, segundo a modificación puntual, poden albergar dous volumes de 4,5 metros de altura nos que se localizan as saídas do aparcadoiro soterrado e un edificio de planta baixa e seis alturas, que non poderá sobrepasar os 21 metros.

O propio artigo 118 do PXOM de Ferrol especifica de xeito pormenorizado que as actividades e instalacións permitidas nas superficies destinadas a usos públicos ou colectivos para servizo directo dos cidadáns son unicamente as de carácter docente, deportivo, sanitario e asistencial, socio-cultural, relixiosos, público-administrativo, cemiterios, mercados e abastecemento e servizos urbanos. Polo tanto, o edificio que, segundo a modificación do PXOM se pode construír na praza de España, tan só poderá ser destinado en exclusiva aos usos de carácter público anteriormente mencionados.

Non obstante, a Consellería de Política Territorial mantén o requirimento efectuado o pasado 27 de febreiro para que o Concello suspenda as obras de edificación da Praza de España e revise os acordos plenarios adoptados para o cambio de uso dos terreos nese ámbito e de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da zona. Política Territorial reitera que ditos acordos (celebrados en sesións plenarias de 24 de novembro de 2004 e de 16 de marzo de 2005) son nulos de pleno dereito ao non estar contemplados no PXOM. Cómpre salientar que a modificación puntual do PXOM aprobada agora e que permite o cambio de uso destes terreos non ten carácter retroactivo, polo que os acordos plenarios adoptados con anterioridade carecen de legalidade e, polo tanto, deben ser revocados.
_______

Como tratan a noticia nos medios informativos convencionais:

A noticia no Diario de Ferrol -I-

A noticia no Diario de Ferrol -II-

A noticia en Vieiros

A noticia en Galicia-Hoxe

A noticia en La Opinión de A Coruña

A noticia en El Correo Gallego

A noticia en O Xornal

A noticia en La Voz de Galicia

xoves, abril 12, 2007

Van a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Abril de 2007 19:03
Asunto: Van a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún


ESQUERDA UNIDA-IU vai a seguir loitando para que o espazo da Praza de España sexa público e non teña edificio algún


ESQUERDA UNIDA-IU acaba de ter coñecemento de que a Xunta de Galicia ven de aprobar a modificación do Plan Xeral, nunha decisión que facilita ao goberno municipal avanzar nos seus planes de privatizar ao espazo da Praza de España mediante a construcción dun edificio.

A Xunta aínda mantendo a nulidade dos acordos plenarios, abre unha fiestra ao ladrillo dos interesese conómicos privados, pois facilita que o goberno da dereita en Ferrol acorde nun novo Pleno a construcción na Praza de España. Mais hoxendía segue a ser ilegal o que o goberno municipal está afacer na Prza de España.

ESQUERDA UNIDA-IU quere facer constar que se revelan certeiras as críticas que fixemos a un prazo tan longo para deter as obras como foron os tres meses, que permítelle agora a dereita ferrolán legalizar esta privatización do espazo público da Praza de España. A resolución da Xunta sobre a legalidade das obras amósase como un papel mollado, habida conta que habilita ao Concello para legalizar o edificio e “aquí no ha pasado nada”.

Bástaríalles con convocar un novo pleno, anular os acordos anteriores, referidos a concesión administrativa e autorización de obrar a Abeconsa, e volver a acordar exactamente o mesmo, para logo proseguir cas obras. A Xunta con este acordo desvirtúa absolutamente o espíritu da LOUGA ao facer unha lectura tolerante e superflexible da mesma.

O aceptar a Xunta o cambio de uso, permite que baixo a noción de servizo urbano pódase colar unha utilización privatizadora da Praza de España. E dado que o PXOM vixente admite que se poida entregar unha concesión para estos servizos urbanos, atopamonos seguro diante da construcción dun centro comercial.

A nosa organización lembra a cidadanía en xeral, e ao pequeño comercio en particular, cal e a sorte desgraciada que lle resta a éste cando chegan as grandes superficies; só hai que botar contas: nos anos noventa do pasado século por cada centro comercial que abriu no país pecharon case 200 establecementos de pequeno comercio. Xa o dicía Saramago na Caverna.

Sinalar tamén que a resolución feita pública pola Xunta de Galicia tamén imposibilita a chapuza urbanística que este Goberno Municipal pretendía perpetrar co convenio de defensa, consistente en relacionar o exceso de edificabilidade do Cuartelillo de Marinería cunha cesión inexistente na praza de España (inexistente por canto antes da modificación puntual hai a mesma cantidade de solo público que despois da modificación, cambiando tan só os usos previsto para este solo público)

ESQUERDA UNIDA-IU vai seguir a traballar coa meirande parte do movemento asociativo e veciñal ferrolán para preservar o espazo da Praza de España como un ámbito público libre de edificacións e que sirva ao noso propósito de reconstruir unha cidade relacional ao servizo da mellora da calidade de vida cidadá.

mércores, abril 11, 2007

Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, xoves, ás 18:30 hs, na Praza do Concello de Ferrol

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 13:22
Asunto: Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, Xoves, ás 18:30, na Praza do Concello de Ferrol.

Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, Xoves, ás 18:30, na Praza do Concello de Ferrol, para esixir a paralización das obras do macro-edifio na Praza da Porta Nova.


Comunicamos que na Reunión da tarde de onte no local social de Fontelonga, Acordamos facer un CHAMAMENTO SOCIAL para realizar unha CONCENTRACIÓN CIDADÁ para o xoves día 26 de abril ás 6, 30 horas da tarde na Praza do Concello, coincidindo co PLENO ORDINARIO.

Ferrol a 11 de Abril de 2007.
Xosé M. Sanxoán

MOBILIZACION

CONCENTRACIÓN SOCIAL

Os CONVOCANTES en defensa dos espazos e prazas publicas, reunidos este martes á tarde do día 10 de abril no local social da Asociación Veciñal de Fontelonga .

Considerando as circunstancias que rodean a construción do EDIFICIO DA PRAZA DE PORTA NOVA , PRAZA DE ESPAÑA , analizamos :

1º.- Que o Goberno Local continúa e acelera a construción do EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA sen que se observe ningunha intención de buscar solucións ou alternativas que satisfaga e convenza a cidadanía.

2º.- Que OS CONVOCANTES seguemos sempre a defender unha PRAZA LIBRE DE EDIFICIOS e de todo IMPACTO VISUAL para goce e uso de toda a cidadanía .

3º.- Que ante o INFORME DESFAVORABLE da DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO DA XUNTA DE GALICIA , recomendando A PARALIZACION DE OBRAS, este Goberno omite este mandato nun claro desafío institucional.

4º.- Solicitar unha entrevista co Fiscal para nos informar se ten constancia de observar unha clara infracción urbanística e denunciar estes feitos solicitando a paralización xudicial das obras con caracter urxente.

5º.- Que ademais do mal gusto e feísmo en xeral desta Praza que toda a cidadanía ven observando :

A C O R D A M O S :

FACER UN CHAMAMENTO A TODA A CIDADANÍA DE FERROL, PARA REALIZAR UNHA CONCENTRACIÓN CIDADÁ DIANTE DO PAZO MUNICIAPAL , PRAZA DE ARMAS, O XOVES, DÍA 26 DE ABRIL A PARTIR DAS 6, 30 HORAS DA TARDE.

SOLICITAREMOS E MESMO ESIXIREMOS A PARALIZACION DAS OBRAS DOS EDIFICIOS DA PRAZA DE ESPAÑA- PORTA NOVA.

Ferrol a 10 Abril de 2007.

Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

sábado, abril 07, 2007

10 de abril, xuntanza das entidades convocates das mobilizacións na defensa dos espazos públicos

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de Abril de 2007 10:40
Asunto: XUNTANZA DOS CONVOCANTES EN DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS


Pola presente vos convocamos a unha xuntanza que terá lugar no local da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga " para o vindeiro martes día 10 de abril ás 19 horas e na que se valorará a situación de non paralización das obras do Edificio da Praza de España, por parte do Goberno Municipal de PP-IF, desobedecendo a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia e tamén se tomarán decisións sobre que medidas imos facer de cara a impedir que continúen as obras do Hito Emblemático.

A ninguén se lle escapa da urxencia da xuntanza e da súa importancia, polo que vos pedimos que fagades o esforzo de asistir á mesma.

X. Miguel López

Ferrol a 1 de Abril de 2007.

Os CONVOCANTES.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural López Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol

_________________________

O día 15 conclúe o prazo para a emisión do informe da Xunta relativo á modificación de usos da Praza da Porta Nova
________________________

venres, abril 06, 2007

O día 15 conclúe o prazo para a emisión do informe da Xunta relativo á modificación de usos da Praza da Porta Nova

Pola importancia da noticia publicada no xornal comarcal Diario de Ferrol, a transcribimos a continuación, recordando que o vindeiro Martes día 10 de Abril, ás 19:00 hrs, terá lugar unha reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga".
______________

Para ampliar clicar acima da imaxen


Diario de Ferrol
Ferrol | Venres, 6 de Abril de 2007


O día 15 conclúe o prazo para a emisión do informe da Xunta

A Dirección Xeral de Urbanismo, dependente da Consellería de Política Territorial, estase tomando con calma a emisión do informe relativo á modificación de usos da praza de España, trámite necesario para poder acometer os traballos actualmente en fase de ejecución. Segundo informaron fontes do departamento que dirixe a socialista María José Caride, o prazo para a emisión do dictame conclúe o día 15 deste mes -domingo-, polo que todo apunta a que entre esta semana e a próxima o director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, traslade ao Concello ferrolano a súa decisión respecto diso.

REDACCIÓN > FERROL

De feito, as mesmas fontes consultadas aseguraron que este organismo de Política Territorial está traballando en devandita cuestión, á vez que subliñaron que a decisión final non se dará a coñecer públicamente ata que o Concello ferrolano sexa informado do contido do informe.

Como se recordará, desde que en novembro de 2004 o pleno da corporación aprobou inicialmente, cos votos favorables do grupo de goberno -PP e IF- e o rexeitamento da oposición -BNG, PSOE e EU-IU-, a modificación puntual do Plan Xeral para adaptar os usos da praza de España á nova situación -de sistema xeral viario a equipamientos públicos-, a Dirección Xeral de Urbanismo situouse en varias ocasións. Así, o organismo que dirixe Ramón Lueje emitiu un primeiro informe desfavorable meses despois e, desde entón, requiriu diferente información ao Concello sobre o expediente en cuestión.

Malia a petición expresa do alcalde e do concelleiro de Urbanismo á Xunta para agilizar a resolución final, solicitude reiterada nestes últimos meses, o certo é que a Dirección Xeral de Urbanismo estase facendo esperar e todo apunta a que consuma ao máximo, ou prácticamente, o prazo de tres meses de que dispón para a emisión do dictame.

Consultado respecto diso, o edil de Urbanismo, o "popular" Guillermo Evia, mostrouse convencido de que o informe da Dirección Xeral de Urbanismo "ten que ser" favorable, xa que, ao seu xuízo, a modificación aprobada inicialmente adáptase á normativa urbanística. Ademais, afirmou que, en todo caso, os condicionantes nunca poderían referirse á altura do edificio "emblemático", en relación, dixo, ao propio Plan Xeral de Ordenación Municipal.

"Se quixésemos, poderiamos facer un inmueble de 150 metros de altura", aseveró o edil, que puntualizou que, en calidade de arquitecto, só podería aceptar como válidas algunhas puntualizaciones relativas ás reservas de zonas verdes na praza.

Aínda que a Dirección Xeral de Urbanismo aínda non se pronunciou sobre devandita modificación puntual, si trasladou o pasado mes de febreiro un requerimiento ao Concello de Ferrol de paralización das obras de urbanización da praza de España, medida para a que concedeu un prazo de tres meses -este expira, curiosamente, o día das eleccións municipais, o 27 de maio-. Este escrito foi o resultado dunha inspección realizada por técnicos do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña.

Tamén, tras unha denuncia formulada pola Federación Roi Xordo, actuou a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que requiriu diversa información ao Concello.

____________________

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
____________________

xoves, marzo 29, 2007

Se o Alcalde dá a palabra esta será a Intervención no Pleno do Concello de Ferrol dos Convocantes ... pola Defensa do Espazos Públicos

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 17:48
Asunto: PALABRA NO PLENO DOS CONVOCANTES

Envio este RELATORIO para dar letura no PLENO DE HOXE se o ten a ben o Sr. Alcalde....para comunicarlle que toda a cidadanía rexeita a nova e moderna - PRAZA OXIDADA que ninguén entende.

Ferrol a 29 de Marzo de 2007

Os Convocantes ...

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.



Intervención no Pleno do Concello de Ferrol dos Convocantes ... pola Defensa do Espazos Públicos.

29 de Marzo do 07.


Sr. Alcalde, Sras. Concelleir@s-, veciñas e veciños de Ferrol .

Queremos dirixirnos a todas e a todos no nome do colectivo de CONVOCANTES na Defensa das PRAZAS , PARQUES e dos Espazos Públicos.

Vimos de realizar unha serie de manifestacións na que participaron os cidadáns e a maioría das entidades, sindicatos e organizacións de Ferrol para defender a Praza da Porta Nova - Praza de España do proxecto especulativo que se está executando, un edificio ilegal de 21 metros de altura e de 7500 metros cadrados de superficie destinado a servizos privados en concesión a unha empresa durante 60 anos, que non ten cabida no actual PXOM de Ferrol.

O edificio é por tanto ilegal, pero sobre todo é innecesario.

Quen precisa un edificio de oficinas nun espazo público cando a cidade ten centos de locais baleiros ?

Preguntamos ao Sr. Alcalde se o edificio ten como finalidade oficinas públicas ou privadas ?

-Rogamos que nos responda.

Sr. Alcalde, Concelleiros e concelleira do Partido Popular fagan caso e sexan respectuosos coas recomendacións da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galiza, rexeiten o edificio paralizando de xeito inmediato as obras. Non agarden a que sexa a Xustiza quen lles obriguen a paralizar as obras, fágano vostedes; escoiten á cidadanía de Ferrol que con independencia da opción política, maioritariamente rexeitan esa construción, non pechen os ollos e os ouvidos, escoiten á cidadanía

Paren as obras xa!.

Sr. JUNCAL,ASINE O DECRETO DE PARALIZACION DE OBRAS.

Sr. Alcalde teña o gusto de non castigar ao pobo cunha PRAZA OXIDADA.!

Sres. de Independentes por Ferrol : Sabemos que este era o seu proxecto e que ía ligado ó derrubamento do Barrio de Recimil ( felizmente protexido pola Xunta de Galicia). Se é certo que lles interesa Ferrol, fagan o que o pobo de Ferrol demanda ¡ O pobo de Ferrol non quere o edificio na Praza de España!. Non promovan máis proxectos especulativos nas prazas públicas ¡ Xa está ben ! deixen a Praza de España, a Praza de Sartaña para uso e gozo do conxunto da cidadanía e non para beneficio duns poucos.

Grupos municipais da oposición BNG, PSOE e Esquerda Unida, cumpran co seu papel e de non conseguir a paralización das obras, que todos e todas agardamos, presenten de maneira conxunta, todos cantos recursos legais pódanse presentar contra unha edificación ilegal e innecesaria.

No caso de que non se acorde a paralización das obras, participen de maneira decidida en todas cantas iniciativas cidadáns se fagan para conseguir en primeiro lugar a paralización e en segundo lugar o abandono do proxecto do edificio da Praza da Porta Nova.

Sras. Concelleiras e Sres. Concelleiros non queremos facer máis mobilizacións para impedir o “ Hito emblemático.

Apelamos á súa responsabilidade e ás súas obrigas para coa cidadanía de Ferrol, escoiten o seu clamor e voten de maneira unánime a paralización das obras. Oferten e abran unha mesa cidadá, con todos os axentes sociais, políticos e a participación cidadá para buscar unha solución, que ten que pasar de xeito inequívoco por unha Praza de España, por unha Praza da Porta Nova libre de edificacións.

Apelamos ó seu sentido común, á súa conciencia e o seu compromiso de servizo á cidadanía, para que voten a paralización inmediata das obras.

- Están vostedes cometendo unha ilegalidade e dando ás costas á cidadanía.

-Están vostedes construíndo a PRAZA mais fea e horrible do mundo mundial.

Ningún ferrolán quere ista PRAZA.

REXEITAMOS ESTA MALA IMITACION DUN DESGUACE DE BUQUES OXIDADOS.

POR UNHA PRAZA LIBRE DE TODO IMPACTO VISUAL !!

¡¡ Simplemente queremos UNHA PRAZA DE CALIDADE PARA USO E GOZO DE TODA A CIDADANIA !!

Moitas grazas.

Ferrol 29 de Marzo de 2007.

mércores, marzo 28, 2007

Moción conxunta dos grupos da oposición pola paralización das obras da Praza da Porta Nova

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de marzo de 2007 19:58
Asunto: MOCION PRAZA DE PORTA NOVA - PRAZA DE ESPAÑA


Enviovos a MOCION presentada polos grupos da Oposición Esquerda-Unida, PSOE, BNG, petición de PARALIZACION DE OBRAS DO EDIFICIO DA PRAZA DE PORTA -NOVA , PRAZA DE ESPAÑA...

Saúdos

mel sanxoán

--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com



AO ILMO. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

Os Grupos municipais de ESQUERDA UNIDA-IU, PSdG-PSOE e BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ante V.I. comparecen presentan a seguinte moción ao Pleno da Corporación municipal do Concello de Ferrol con base nos seguintes

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Dirección Xeral de Urbanismo mediante resolución asinada polo Director Xeral de Urbanismo, de data 23 de Febreiro de 2.007 require ó Concello de Ferrol para que proceda á revisión de oficio dos acordos adoptados polo Pleno do Concello de Ferrol en sesión celebrada o 24 de Novembro de 2.004, para o cambio de usos dos terreos no ámbito da Praza de España e en sesión celebrada o 16 de Marzo de 2.005, polo que se aprobou definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público” polo procedemento previsto no art. 102 da Lei 30/1192 de 28 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común” por ser nulos de Pleno Dereito.

O revisión de oficio dos acordos plenarios requiren o informe previo do Consello Consultivo de Galicia, informe que na súa tramitación pode ter un prazo estimado de dous meses, polo que, obviamente urxe iniciar os trámites necesarios para proceder á revisión de oficio dos acordos plenarios de data 24 de Novembro de 2.004, 21 de Xaneiro de 2.005 e 16 de Marzo de 2.006.

Un mes despois de ditada a Resolución por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, o Concello de Ferrol non deu ningún paso para cumprir co Resolución ditada o 23 de Febreiro de 2.007, é máis, o ritmo das obras incrementouse seguindo as ordes ditadas polo Concello de Ferrol.

Perante a neglixencia do Grupo de goberno do Concello de Ferrol os

Grupos asinantes entendemos que a nosa moción gaña razóns e urxencia co requirimento da Dirección Xeral de Urbanismo, que con data de 23 de febreiro require a revisión de oficio dos acordos municipais adoptados polo Pleno do Concello de Ferrol na sesión de 24 de novembro de 2004 e de suspensión dos efectos do acordo do devandito Pleno; cómpre non esgotar o prazo de tres meses contemplado na lei e atender ao pronunciamento autonómico para non incorrer nunha flagrante ilegalidade. Dacordo co cal, proponse ao Pleno da Corporación que adopte os seguintes:

ACORDOS

A inclusión no próximo Pleno Ordinario do Concello de Ferrol dos seguintes puntos na Orde do Día:

1. Inicio do Procedemento Administrativo de revisión de oficio do acordo plenario de 24 de Novembro de 2.004 polo que se acordou o cambio de usos da Praza de España e do acordo plenario de 16 de Marzo de 2.006 polo que se aproba definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público coa seguinte

Proposta de Resolución: Que se declaren nulos de Pleno Dereito o acordo Plenario de data 24 de Novembro de 2.004 polo que se acordou o cambio de usos da Praza de España e do acordo plenario de 16 de Marzo de 2.006 polo que se aproba definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público en base ós seguintes

Fundamentos de Dereito:

  • a. Os terreos de referencia están clasificados polo vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol aprobado definitivamente o 28 de Decembro de 2.000 como solo urbano, sistema Xeral Viario
  • b. O sistema Xeral viario é unha denominación xeral do planeamento cuxa alteración debe suxeitarse, dacordo co disposto polo artigo 93.3 e 4 da Lei 9/2002, o procedemento previsto, para a tramitación e a aprobación do planeamento, tal e como se evidencia coa tramitación polo concello da modificación puntual que ten por obxecto recualificar o solo de sistema xeral viario previsto no Plan Xeral de Ordenación municipal, propoñéndose a súa cualificación como sistema xeral de espazos libres e zonas verdes nunha parte e sistema xeral de equipamento comunitario noutra.
  • c. O acordo do Pleno do Concello de Ferrol de data 24 de Novembro de 2.004, para cambio de usos no ámbito da Praza de España, foi adoptado prescindindo total e absolutamente do procedemento previsto polo artigo 93 da Lei 9/2002, para a modificación do planeamento, polo que incorre en causa de nulidade de Pleno Dereito do artigo 62.1.e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.
  • d. A modificación do sistema xeral viario, en ningún caso pode ampararse no procedemento do artigo 47.4 da Lei 9/2002 de 30 de Novembro de Ordenación Urbanística e protección do medio rural, que soamente está previsto para o cambio de uso daqueles terreos que o planeamento urbanístico reserve para equipamento públicos, e non aqueles que forman parte do sistema xeral viario como é o caso
  • e. O acordo do Pleno do Concello de Ferrol de data 16 de Marzo de 2.005, de aprobación do proxecto de urbanización da Praza de España, e as obras consistentes na construcción dun edificio de dúas plantas de soto e cinco plantas e dous locais,están a vulnerar a normativa que resulta de aplicación, artigo 115 do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, que establece as condicións xerais da rede urbana do sistema xeral viario, dispoñendo no seu apartado c): no subsolo das vías urbanas poderanse implantar aparcamentos subterráneos públicos nas condicións previstas nestas normas, sen prexudica-la funcionalidade rodada e os usos públicos en superficie preservando o carácter de dominio público de solo e subsolo.. De acordo co establecido no Art. 213.2 da Lei 9/2002 de 30 de Decembro de Ordenación Urbanística e protección do medio rural, as licenzas ou ordes de execución que se outorguen con infracción da zonificación ou uso urbanístico das zonas verdes, espazos libres, dotacións ou equipamentos públicos previstos no planeamento serán nulas de pleno dereito. En consecuencia, o acordo de aprobación do proxecto de urbanización incorre en causa de nulidade de Pleno dereito do artigo 62.1.g) da Lei 30/1992 de 26 de Novembro, que establece que son nulos de Pleno Dereito os actos das administracións cando así se estableza expresamente nunha disposición de rango legal.
  • f. O acordo de data 16 de Marzo de 2.005 , é nulo de Pleno, porque trae causa do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Ferrol en data 24 de novembro de 2.004, incurso en causa de nulidade de pleno dereito, artigo 62.1.e) da Lei 30/199 de 26 de Novembro, por ter sido ditado prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido.
  • g. Conforme ó disposto polo artigo 212.2 da vixente Lei 9/2002 do 30 de Decembro, procede a revisión de oficio dos acordos municipais referenciados, polo procedemento previsto no artigo 102 da Lei 30/1992 de 26 de Novembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por incorrer en causa de nulidade de pleno dereito do artigo 62.1.e) e 62.1.g) da Lei 30/1992
2.- Solicitar informe ó Consello Consultivo de Galicia respecto á nulidade dos acordos adoptados nos Plenos do Concello de Ferrol de datas 24 de Novembro de 2.004 e 16 de Marzo de 2.006

3.- Proceder de xeito inmediato á paralización das obras de construcción dun edificio de 21 metros de altura na Praza de España.

Polo Grupo de EU-IU
Polo Grupo do BNG
Polo Grupo do PSdG-PSOE

venres, marzo 23, 2007

Reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, luns, día 26 de marzo

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de Marzo de 2007 18:27
Asunto: CONVOCATORIA- EDIFICIO PORTA NOVA

CONVOCATORIA- EDIFICIO PORTA NOVA

Estamos CONVOCADOS para o luns, día 26 de marzo ás 6, 15 h. da tarde no local social da Asociación Veciñal FONTELONGA.

Debate respecto a MOCIÓN a presentar polos grupos da oposición de PARALIZACIÓN DE OBRAS NA PRAZA DE PORTA NOVA, despois de mandar a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Urbanismo o INFORME CONTRARIO ó EDIFICIO, que como sabedes invitamos aos grupos políticos da oposición a presentala para introducir o debate na ORDE DO DIA deste Pleno e solicitar a PALABRA.

Analizaremos a proposta dunha CONCENTRACIÓN CIDADÁN diante do pazo do Concello o mesmo día 29 antes da celebración do Pleno Ordinario de fin de mes.
Asdo.

Polos Convocantes

Miguel Lopez
Xosé M. Sanxoan

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

venres, marzo 16, 2007

Reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, coa oposición municipal de Ferrol

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de Março de 2007 18:44
Asunto: Reunión CONVOCANTES - GRUPOS POLITICOS OPOSICIÓN


Por acordo da XUNTA DE CONVOCANTES do pasado mércores-14 , decidímos reunirmos cos Partidos políticos da Oposición co obxecto de propoñer unha MOCION conxunta no vindeiro PLENO ORDINARIO de fin de mes que esixa á PARALIZACIÓN DE OBRAS DO EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA - PRAZA DE PORTA NOVA.

Hoxe , venres-16 a partir das 11 45 horas, principiamos unha rolda de reunión cos grupos da Oposición , comezando con Esquerda Unida , Yolanda Díaz, manifestandolle a proposta dos CONVOCANTES no senso de presentar a MOCION CONXUNTA solicitando á PARALIZACIÓN DE OBRAS e acatar o cumprimento que recomenda o INFORME DA DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO.

Yolanda Diaz, compromete súa disponibilidade de presentar ista MOCION.

Continuamos co Grupo do PSOE , que tamén estará en disposición de presentala se así o decide o grupo.

Remata a rolda de reunións co BNG, que manifesta a sua predisposición a apoiar a MOCION.

Ferrol a 16 de Marzo de 2007.

Os CONVOCANTES.


--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

martes, marzo 13, 2007

14 de marzo,xuntanza das entidades convocantes na defensa dos espazos públicos

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de marzo de 2007 18:33
Asunto: CONVOCATORIA CONVOCANTES - PRAZA DE ESPAÑA- PORTA NOVA


Estamos CONVOCADOS para unha XUNTA DE CONVOCANTES, mércores-14 ás 7,15 horas da tarde no local social da A. Veciñal de FONTELONGA.

Orde do día.

- Contabilidade de ingresos e gastos da Manifa.

- AVALIACIÓN da pasada MANIFA do dia 4.

- Propostas e futuras actuacións .

Ferrol a 13 de Marzo de 2007

Saúdos

Os Convocantes en defensa dos espazos publicos e contra o EDIFICIO da Praza.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

mércores, marzo 07, 2007

Diario de Ferrol: A Fiscalía solicita a identidade dos que apoiaron o proxecto da Praza de España

Polo seu interese transcribimos esta noticia aparecida hoxe no xornal comarcal Diario de Ferrol, referente a unha petición ao Concello de Ferrol da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para que lle informe sobre quen apoiou co seu voto, no seu momento, o proxecto da Praza da Porta Nova.

Diario de Ferrol
Ferrol | Mércores, 7 de Marzo de 2007

A Fiscalía solicita a identidade dos que apoiaron o proxecto da Praza de España

Enmarcado dentro das dilixencias informativas, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dirixiuse ao Concello, mediante un escrito recibido pola administración local o 2 de marzo, para requirir nova información relativa ás obras da praza de España. En concreto, solicita ao Concello que certifique a identidade das persoas que resolveron ou votaron a favor dos acordos do proxecto de urbanización deste espazo, a modificación da cualificación do chan e a concesión de dominio público. Tamén pide que informe de que medidas adoptou para paralizar esta intervención. Como se recordará, foi a Federación Roi Xordo a que puxo este tema en mans da Fiscalía.

REDACCIÓN > FERROL

A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volveuse a dirixir ao Concello ferrolano, como xa o fixo o pasado mes de outubro, para requirir unha serie de informacións relativas ao proxecto de urbanización da praza de España. O escrito, que entrou por rexistro o 2 de marzo e ao que tivo acceso este diario, enmárcase dentro das dilixencias informativas abertas a raíz dunha denuncia formulada contra a intervención pola Federación Veciñal Roi Xordo.

En primeiro lugar, e como dato especialmente significativo, o fiscal pide ao goberno local que certifique a identidade de "as persoas que resolveron ou votaron a favor dos acordos cuxa resolución foi remitida a esta Fiscalía e relativos ao proxecto de urbanización, á modificación da cualificación do chan e a concesión de dominio público, concretando neste último caso as condicións establecidas respecto diso".

A este respecto, cabo recordar que os acordos plenarios aos que a Fiscalía fai alusión saíron adiante grazas aos votos favorables da coalición de goberno, Partido Popular e Independentes por Ferrol, mentres que a oposición, BNG, PSOE e Esquerda Unida-Esquerda Unida, tanto no caso da aprobación do proxecto, en ejecución na actualidade pola empresa Abeconsa, como na modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para este ámbito, manifestáronse en contra.

A Fiscalía do TSXG tamén solicita ao Concello que remita os expedientes relativos ás decisións anteriormente expostas, para, finalmente, pedir que a administración ferrolana informe achega das medidas adoptadas para paralizar a obra de urbanización.

Como se recordará, a Federación Vecinal Roi Xordo decidiu fai uns meses acudir ás vías administrativa e xudicial ante o que eles consideran como unha actuación ilegal. Ata o momento, a Fiscalía continúa, como o demostra este último escrito, coas dilixencias previas antes de tomar unha determinación respecto diso, mentres que a Dirección Xeral de Urbanismo xa emitiu un requerimiento de paralización dos traballos, que ata o momento non foi cumprido polo Concello -este dispón dun prazo de tres meses, tal e como se indica no propio documento remitido ao Concello de Ferrol-.

O alcalde, Juan Juncal, expresou que non asinará o decreto de paralización mentres que non conte cunha base xurídica para facelo; por iso é polo que pida un informe ao secretario municipal.
____________________________

Noticia orixinal no Diario de Ferrol
____________________________

martes, marzo 06, 2007

Crónica da terceira manifestación na defensa dos espazos públicos, contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova


De novo a chuvia foi a compañeira da manifestación celebrada o pasado domingo, 4 de marzo, na defensa dos espazos públicos contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova.


Apesar do mal tempo reinante, foron varios centos de persoas as que se achegaron até a Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para saír en manifestación até a Praza do Concello. Un mar de paraguas baixaron pola Rúa Real berrando contra o mal goberno municipal, para que se paralicen as obras xa.


Ningún edificio na praza, foi tamén algo que se deixou patente, en alusión a unhas declaracións do candidadto a alcaldia polo PSOE, Sr. Irisarri, onde insinuaba que a solución pasaría por facer un edificio de menor altura, cousa que pode estar en consonancia con que a Dirección Xeral de Urbanismo, dese un prazo de tres meses para a paralización das obras, cando parece ser, segundo a lexislación vixente, poderíanse paralizar como máximo nun mes.


Unha vez na Praza do concello, Miguel López, da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", fixo lectura do Comunicado no nome das entidades convocantes, tamén se dirixeu ás persoas congregadas, Mel Sanxoan da Plataforma Ártabra 21, para manifestar que seguiremos mobilizandonos até acadar os nosos obxectivos dunha praza libre, limpa de edificios para uso e goze de toda a cidadania.

__________________

Enlace coa Galería Fotográfica da manifestación do 4 de marzo de 2007

Enlace coa páxina onde está o Comunicado que se leu na Praza

Enlace coa páxina onde está o Manifesto á Cidadanía
__________________


Enlaces coa noticia nos medios convencionais:

Diario de Ferrol

Diario de Ferrol - Editorial

Galiza-Hoxe

La Voz de Galicia

La Opinión de A Coruña

Faro de Vigo

El Correo Gallego
___________________

Comunicado a toda a cidadanía, leido na manifestación na defensados espazos públicos, do 4 de marzo de 2007

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de Março de 2007 14:08
Asunto: MANIFESTO 4 de MARZO-07


Veciñas e veciños de Ferrol.

Por terceira vez estamos aquí para defender os espazos públicos, que son os lugares de encontro para toda a cidadanía , sen distincións de clase ningunha. E estamos aquí obrigados pola teimosía daqueles que tentan enganar á xente , dicíndolles "te escuchamos" ou dicindolles " Ferrol o único importante", cando en realidade só escoitan a voz dos seus intereses partidistas.

Como ben sabedes , os espazos públicos son a herdanza máis importante dunha cidade, neles se reflicte a calidade de vida dos veciños e veciñas. Neles acontecen os feitos máis importantes da historia colectiva da cidadanía, e é a nosa obriga e a nosa responsabilidade trasmitir esa herdanza ás futuras xeracións, a poder ser, aumentada e mellorada.

Nembargantes, algúns políticos querennos facer crer , que a calidade de vida non ten nada que ver co desfrute dos espazos públicos e das zonas verdes.

Queren facernos crer que o progreso faise unicamente a base de ladrillo e cemento, e que é necesario utilizar os espacios públicos, para construír edificios e centros comerciais, que despois entregan nas mans de empresas privadas, que acadan grandes beneficios, explotando o que é de todos e todas nós.

Nesta cidade temos exemplos dabondo. Ameazan con destruír paraxes naturais, con cambiar prazas públicas por centros de ocio privados, con demoler barrios enteiros, con cambiar centros culturais por centros comerciais…

Concretamente, na Praza de España da nosa cidade, o Grupo de Goberno do Concello está a executar unha obra ilegal nun espacio público, que é ademaís absolutamente innecesaria.

Unha obra que, de levarse a cabo, suporía hipotecar unha importante parte de aquel espazo público, por un período de 60 anos. É dicir, que durante 60 anos, ese espazo estaría roubado á cidadanía.

E, ¿cómo se xustifica semellante atropelo?

Pois dicindo que a obra é legalizable. Ou sexa, primeiro se constrúe, e despois o Plan de Urbanismo se adapta ó que xa está feito. É unha aplicación práctica da "lei do embudo", xa que toda a cidadanía debe adaptarse ó Plan Xeral de Ordenación Municipal, agás o Goberno Municipal de Ferrol que fai o que lle peta.

¡MAIS A NOSA OPOSICIÓN NON É SÓ PORQUE O EDIFICIO SEXA ILEGAL! A NOSA OPOSICIÓN É PORQUE O EDIFICIO, ADEMAIS DE ILEGAL, É ABSOLUTAMENTE INNECESARIO . ¿ Para que se precisa un edificio de oficinas nunha Praza Pública cando hai centos de locais comerciais baleiros en toda a cidade de Ferrol ?

Saudamos a resolución de Política Territorial instando ao Concello de Ferrol á paralización inmediata das obras, era o que agardabamos e era o que viñamos demandando ¡ A paralización das obras! .Pero queremos que esa paralización se faga de maneira inmediata e non que se dean tres meses de prazo o Goberno Municipal de Ferrol para a sua paralización. Este prazo de tres meses dado pola Xunta de Galicia, máis parece tira-la pedra e esconde-la mán. ¿ Por qué un prazo de tres meses?.

Pero que quede claro.

¡ LEGAL OU ILEGAL, NON QUEREMOS NINGÚN EDIFICIO NA PRAZA!

Estabamos en contra do edificio antes da resolución de Política Territorial, e estaremos en contra do edificio se algún día fose legal construir un edificio na Praza de España.

Non Sr. Juncal, non Sr. Fernández. Non queremos que sigan regalando o patrimonio público a empresas privadas .

Non queremos un urbanismo que consista na expoliación dos espazos pertencentes ó pobo mantidos xeración tras xeración, co esforzo de todos e de todas.

Os ferroláns e as ferrolás queremos que se reurbanicen e melloren as prazas e rúas da cidade, que sexan accesibles e compartibles por toda a cidadanía e non couto privado de negociantes desaprensivos. Queremos que a prioridade número un do urbanismo municipal sexa a mellora das rúas e prazas, as zonas verdes e deportivas, os xardíns e os parques urbanos.

Queremos que se remate de maneira inmediata a tapa do aparcamento da Praza de España para poder desfrutar dela, vostedes saberán por que nono fixeron en catro anos

Sr Alcalde cumpra Vostede co que promete : Escoite á cidadanía que lle está a decir que non quere edificios na Praza de España, nin máis altos nin máis baixos. Ningún edificio na Praza de España.

Faga caso da resolución da Xunta de Galicia e paralice inmediatamente as obras do Hito Emblemático, non agarde os tres meses, fagao xa.

Sr. Alcalde non agarde a que sexa a Xustiza quen lle obrigue a paraliza-la obra fagao Vostede xa.

¡NON Ó EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA!

¡NON ÓS USOS PRIVADOS DUN ESPAZO PÚBLICO!

¡PAREN AS OBRAS XA!

MARZO DO 2007.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.