Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade. Amosar todas as publicacións

domingo, marzo 04, 2012

Tan actual que mete medo: "Terra de ratos", por Tommy Douglas

Coraxe, amigos meus non é demasiado tarde para construir un mundo mellor

"Terra de Ratos"

Fábula política difundida por Tommy Douglas [*], prominente activista e político, elixido en 2004 como "O canadense máis grande de todos os tempos". Recoñecido como pai do paso do sistema de saúde canadense ao modelo de Asistencia Sanitaria Universal.


http://youtu.be/UtTW72F8xo0


[*] Thomas Douglas (20 de outubro de 1904 - 24 de febreiro de 1986). Nacido en Escocia, foi pastor Bautista, prominente político socialdemócrata canadense, líder da Federación Cooperativa da Commonwealth de Saskatchewan (CCF) a partir de 1942 e o sétimo primeiro ministro de Saskatchewan desde 1944 a 1961. Conduciu o primeiro goberno socialista de Norteamérica e introduciu o sistema de saúde público universal en Canadá. Cando o CCF (Federación Cooperativa da Commonwealth) uniuse co Congreso do Traballo Canadense para formar o novo partido democrático, elixírono como o seu primeiro líder federal e serviu nese posto entre 1961 e 1971.

En 1930 casou con Irma Dempsey, estudante de música na universidade de Brandon. Tivo unha filla, a actriz Shirley Douglas, e adoptaron máis adiante á súa segunda filla Joan, que foi enfermeira. A través de Shirley, el é avó do actor Kiefer Sutherland.

En 2004, votárono "o canadense máis grande" de todos os tempos nun concurso televisado a nivel nacional, organizado pola Canadian Broadcasting Corporation. A Miniserie "O xigante da pradería: A historia de Tommy Douglas", foi filmada entre febreiro e maio de 2005 e emitida en CBC en dous capítulos os días 12 e 13 de marzo de 2006. [Wikipedia][Google]

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
4 de março de 2012 01:19
______________

Concentración n'A Graña en defensa da sanidade pública contra o peche do consultorio médico - Vídeos - Galería Fotográfica


Concentración Cidadá do Domingo 4 de Marzo, ás 12 do mediodía fronte ao consultorio médico que a Xunta de Galicia pretende pechar. A veciñanza leva pechada cinco días para que non desmantelen o servizo de saúde que leva aberto máis de 70 anos. Tamén estivo presente na Concentración, o apoio á iniciativa Iniciativa Lexislativa Popular -ILP- en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública, recollendo sinaturas.

Presentou o acto o compañeiro Lois Méndez da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Intervención da presidenta da asociación veciñal d'A Graña, Azucena Muiños.


http://youtu.be/kWwfAWuF9AA

Intervención do representante da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública,
Miguel López.


http://youtu.be/QncHm9NUROo


Publicado na Canle de Ártabra 21

Galería Fotográfica de Susete'70

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Hoxe, domingo 4 de marzo, ás 12 do mediodía na Graña, en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola defensa da sanidade pública

Ártabra 21: Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Vídeo

Ártabra 21: A veciñanza da Graña continua na loita pola defensa do Consultorio Médico - O Domingo 4 de Marzo concentración cidadán pola Defensa da Sanidade Pública - A loita veciñal nos medios

Ártabra 21: A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol manifesta a súa total oposición ao peche do Consultorio da Graña
_________________

Hoxe, domingo 4 de marzo, ás 12 do mediodía na Graña, en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola defensa da sanidade pública

Aínda que chova, "Móvete pola Sanidade Pública". Hai paraugas e chuvasqueiros. Non faltes á cita de hoxe, Domingo 4 de Marzo de 2012, ás 12 do mediodía na Graña,  en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola Defensa e Promoción da Sanidade Pública.

Veciñas e veciños, levan días pechados no consultorio médico d'A Graña, representantes da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, están ao pé da veciñanza axudando na súa xusta loita, en defensa dun servizo público esencial para a súa saúde e calidade de vida. Non queren perder o que é unha conquista co 70 anos de antigüidade. Temos que gañar e só gañaremos se somos moitos e moitas demandando o que é de xustiza: Médico, ATS e Consultorio n'A Graña. Onte estivemos n'A Capela demandando o novo Centro de Saúde comprometido, hoxe estaremos n'A Graña, mañá ... en todas as mobilizacións contra os recortes, contra esta Estafa chamada "Crise". Non faltes !!

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Vídeo

Ártabra 21: A veciñanza da Graña continua na loita pola defensa do Consultorio Médico - O Domingo 4 de Marzo concentración cidadán pola Defensa da Sanidade Pública - A loita veciñal nos medios
____________________

sábado, marzo 03, 2012

Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Vídeo

Concentración do Sábado 3 de Marzo de 2012 n'A Capela

Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol. Pasadas as 11 da mañá, foron moitas as persoas que se concentraron diante do actual Centro de Saúde.

En primeiro lugar dirixiu-se á veciñanza o Alcalde da localidade, para reclamar-lle á Xunta de Galicia a construción do novo Centro de Saúde para A Capela, centro comprometido no seu momento. A construción do mesmo quedou paralizada pola Xunta de Galicia, xunto con outros centros das comarcas (Ares, Cedeira e Narón).

Miguel López, portavoz da mencionada Plataforma fixo a lectura do comunicado público en apoio das reivindicacións da veciñanza d'A Capela e denunciou as políticas e xestión da Xunta para a sanidade pública galega, facendo fincapé en como afectan esas políticas na Comarca.

Lois Méndez, tamén da Plataforma, falou da loita veciñal polo Consultorio d'A Graña e chamou a amosar a solidariedade d@s presentes e a participar na concentración cidadá que terá lugar mañá Domingo, 4 de Marzo.

O acto cidadán continuou, para promocionar a Iniciativa Lexislativa Popular -ILP- en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública e recoller sinaturas para a mesma.


http://youtu.be/X6YbLe2iSJg


Blogue da Plataforma:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

MAÑÁ, DOMINGO 4 DE MARZO, VEMO-NOS N'A GRAÑA, ÁS 12 DO MEDIODÍA, EN SOLIDARIEDADE COA VECIÑANZA, EN DEFENSA DO CONSULTORIO E A DESIGNACIÓN DUN NOVO MÉDICO [+INFO]
___________________

A veciñanza da Graña continua na loita pola defensa do Consultorio Médico - O Domingo 4 de Marzo concentración cidadán pola Defensa da Sanidade Pública - A loita veciñal nos medios


PASA-TE POLO CONSULTORIO OU ENVÍA COMUNICADOS, TELEGRAMAS, CARTAS OU POSTAIS  DE APOIO A:

A atención da Veciñanza e Loita
CONSULTORIO MÉDICO DA GRAÑA
Real Alta, 24
15590 - A GRAÑA - FERROL

Peche no Consultorio da Graña

Desde o pasado mércores día 29, veciños e veciñas do barrio da Graña de Ferrol están pechados no Consultorio para reclamarlle ao SERGAS que cubra a praza do médico e que non o peche. O SERGAS aproveita unha sentenza xudicial para facer un novo recorte nas prestacións asistencias desta Área Sanitaria e pechar así o Consultorio no canto de dotalo cos profesionais precisos para darlle a prestación necesaria ás parroquias afectadas.

Acode ao consultorio e apoia aos veciños da Graña, Brión, A Cabana e San Felipe.

Pola dotación do Consultorio con todo o persoal necesario !!!

Domingo 4 de Marzo: Concentración diante do Consultorio da Graña, para impedir o seu peche

Non nos moverán. Solidarízate cos veciños e veciñas que loitan por defender o Consultorio da Graña.

Noticias nos medios:
Diario de Ferrol

Galicia Hoxe

La Voz de Galicia

Television informativos

TV Ferrol

El Correo Gallego

El País

Antena3

Máis noticias relacionadas nos medios

Fontes:

http://www.cig-saude.org/ferrol/

http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Información baseada na enviada por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
2 de março de 2012 22:59
________________________

martes, febreiro 28, 2012

Domingo 4 de Marzo: Concentración diante do Consultorio da Graña, para impedir o seu peche - Sábado 3 de Marzo: Concentración na Capela en demanda da construción do Centro de Saúde


Consultorio A Graña

O vindeiro domingo día de 4 Marzo ás 12 do mediodía haberá unha concentración cidadá diante do Consultorio da Graña, para impedir que a Consellería de Sanidade, co consentimento do Xerente de Área e da Alcaldía de Ferrol( que non dín nada na súa defensa), poidan pechalo como é a súa pretensión.

O consultorio da Graña leva aberto desde o ano 1940 e presta servizo a 800 usuarios e usuarias, moitos deles maiores de 65 anos.

A concentración está convocada polas entidades veciñais de A Cabana, A Graña, Brión e San Felipe e conta co apoio da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol. Esta concentración foi acordada nunha asemblea veciñal celebrada onte na Graña, cunha numerosa participación.

A noticia no Diario de Ferrol:

Rexeitamento ao peche do consultorio da Graña dos veciños afectados



O sábado día 3 de Marzo ás 11 horas hai unha concentración na Capela para reclamar a construcción do novo Centro de Saúde que estaba comprometido.

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
28 de fevereiro de 2012 08:00
______________________

luns, febreiro 27, 2012

Hoxe, 27 de febreiro, Asemblea Permanente no Complexo Hopitalario Arquitecto Marcide - Prof. Nova Santos - Naval

Asemblea Permanente no CHAMNS

A Asemblea convocada hoxe Luns, 27 de Febreiro de 2012, ás 12 do mediodía no Salón de Actos do Arquitecto Marcide.

decidiu darlle o carácter de permanente á propia asemblea.

Para as 5 da tarde está programado un novo pleno da mesma.

POLA RETIRADA DO PROXECTO DE LEI DE MEDIAS NO EMPREGO PÚBLICO. [Agora di que son temporais]

MARTES, 28 DE FEBREIRO DE 2012, 10:00 H

CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALICIA POLA RETIRADA DO PROXECTO DE LEI DE MEDIAS NO EMPREGO PÚBLICO

Por necesidades do servizo non podes acudir?

Colga no teu posto de traballo este cartaz.


Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
27 de fevereiro de 2012 13:51 http://www.cig-saude.org/ferrol/
___________________

sábado, febreiro 11, 2012

Númerosa participación na concentración en demanda do novo Centro de Saúde para Ares e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da Sanidade Pública

Un importante número de veciños e veciñas de Ares déronse cita hoxe diante do Centro de Saúde de Ares na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol en demanda da construción do novo Centro de Saúde de Ares. Construción que ten paralizada a Xunta de Galicia, como ben explicou Xosé Miguel López, portavoz da Plataforma, durante a lectura dun comunicado en nome da Plataforma. Aproveitouse a ocasión para dar a coñecer a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública da que forma parte a nosa Plataforma e que agora mesmo atópase na etapa de recollida de sinaturas. Así é que un bó número de veciños e veciñas de Ares aproveitaron para asinar nos pliegos.









Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
plataformadspferrol@gmail.com-
11 de fevereiro de 2012 15:13
________________

luns, febreiro 06, 2012

Este Sábado 11 de Febreiro, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, mobiliza-se en Ares, para reclamar a construción do centro de saúde acordado

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, vai demandar este Sábado 11 de Febreiro de 2012, a construción do novo Centro de Saúde que xa estaba acordado facer nesta Área, xunto aos d'A Capela, Cedeira e Narón. A Xunta de Galicia non asignou partidas económicas nos Orzamentos de 2012 para a construción dos novos centros acordados entre as administracións locais e autonómica.

A Plataforma convoca unha Concentración ás 11 da mañá frente ao antigo centro de saúde de Ares, onde ademais de protestar e demandar as infraestruturas acordadas, a Concentración dará cabida á recollida de sinaturas de apoio á PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA POPULAR, PARA A DEFENSA E A PROMOCIÓN DA SANIDADE E PÚBLICA EN GALIZA, que se van recoller durante os meses de Febreiro, Marzo e Abril de 2012.
  • Porque a saúde é un dereito, non un negocio.
  • Porque a crise non a poden pagar as persoas enfermas.
  • Porque imos defender os servizos públicos e de calidade que merecemos.
Apoia coa túa sinatura a Iniciativa Lexislativa Popular e participa nas mobilizacións da
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol e da plataforma galega 'SOS Sanidade Pública'.

Tedes nas seguintes ligazóns o cartaz -pdf, A3, en negro ou en azul- para publicitar a concentración do vindeiro sábado 11 de Febreiro en Ares:


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
6 de fevereiro de 2012 16:08
_______________________________

venres, febreiro 03, 2012

O que nos agarda: "A Sanidade madrileña suscita límites á asistencia a crónicos"


A Sanidade madrileña suscita límites á asistencia a crónicos

"Ten sentido que un enfermo crónico viva gratis do sistema?", pregúntase a viceconselleira de Asistencia Sanitaria da comunidade

PÚBLICO MADRID 03/02/2012 07:01 Actualizado: 03/02/2012 10:30

"Ten sentido que un enfermo crónico viva gratis do sistema?". A pregunta fíxolla nun acto público a mediados de xaneiro Patricia Flores, viceconsejera de Asistencia Sanitaria da Comunidade de Madrid, que considerou na mesma intervención que hai que pensar que "o sanitario ten un fin".

Tamén advertiu de que "non podemos comer toda a torta dun bocado ou nos empacharemos", en referencia á necesidade de estratificar correctamente aos pacientes segundo a súa condición clínica. Así mesmo, criticou que actualmente, "cando un paciente necesita atención domiciliaria ou institucional, o sistema debe incorporarse ao seu ritmo de vida; non é o usuario o que debe incorporarse ao sistema".

Fontes da Consellería de Sanidade indicaron onte a Público que o que a viceconselleira quería dicir en realidade coas súas palabras é que hai pacientes crónicos que, polo seu estado, poden ser mellor atendidos nunha residencia que nun hospital de agudos.

De feito, na intervención da viceconselleira, que foi recollida o 23 de xaneiro polo Diario Médico, Flores considerou que "hai moitos recursos públicos solapados na atención a crónicos" e que os departamentos de Sanidade e Servizos Sociais "teñen que traballar xuntos". "Nos últimos anos centrámonos en dotar infraestructuras, algo que xa acabou, en parte porque a crise obriga a iso; agora debemos pensar non no que, senón en como traballar", engadiu.

Fonte: Público

Nota de interese:
No sitio orixinal da noticia, no xornal estatal Público, poden-se consultar até o de agora sobre uns 378 comentarios. A maioría moi interesantes e esclarecedores. Recomendamos entrar no no citado xornal.
______________________________

xoves, febreiro 02, 2012

Valoración dos tres anos de xestión do saínte Xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Luís Verde Remeseiro - Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, diante do cese do Xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Luís Verde Remeseiro, e parte do seu equipo directivo queremos facer unha valoración dos tres anos da súa xestión.

Consideramos que o Sr. Verde Remeseiro non foi un bo xerente para a Sanidade Pública en Ferrol, limitouse a desenvolver os proxectos comprometidos do anterior equipo e a ser un Xerente submiso e obediente o que seguramente lle asegurou o premio de ir destinado a unha Área moito máis grande, a de Santiago, e que leva asociado unha retribución moito máis alta.

O seu balance é negativo e foron tres anos perdidos, para mellorar a calidade asistencial, de xestión e de recursos humanos desta Área Sanitaria.
  • Permitiu que o Hospital Naval quedase sen o investimento dos 63 millóns de euros comprometidos para a súa mellora e posta ó día en tres anos.
  • Permitiu que a Área de Ferrol quedase fóra do Plan de Alta Tecnoloxía do Servizo Galego de Saúde.
  • Baleirou de contido asistencial o Hospital Novoa Santos.
  • Incrementou a derivación de doentes a Centros Concertados e nunca esixiu o cumprimento da Lei de Incompatibilidades.
  • Pechou, desde o mes de xuño, máis camas hospitalarias outras veces e mesmo servizos como unha das plantas de Pediatría que non se pecharan nunca.
  • Consentiu que o Plano Funcional do Complexo cada ano se fose rebaixando na súa contía , pasando a 600.000 euros no 2011 e a 68.000 euros no 2012, quedando por debaixo de Áreas Sanitarias con moita menos poboación.
  • Non foi quen de que se retomase a construción do Centro de Saúde das Somozas, nin de comezar as obras comprometidas no Centro de Saúde de Serantes.
  • Calou diante da non asignación económica nos Orzamentos da Xunta para a construción dos novos Centros de Saúde da Capela, Ares, Cedeira e Narón.
  • No seu mandato foron privatizados o Servizo de Mantemento do Hospital Naval e subministros (almacén) da área sanitaria.
  • Seguen, en varias especialidades, longas listas de espera, que mesmo se viron incrementadas como uroloxía, traumatoloxía é un importante aumento de usuarios derivados a centros concertados de Ferrol e doutras áreas sanitarias.
No apartado de persoal:
  • Non deu cobertura nas baixas, permisos, vacacións, sobrecargando ao persoal con máis traballo do que lles correspondía e indo en detrimento da calidade da asistencia.
  • No verán non se contrataban médicos/as e enfermeiros/as de desprazados nos Centros de Saúde onde se facía.
  • Volveuse aos contratos de luns a venres.
  • Volveuse aos contratos de media xornada.
  • Negábase, de maneira sistemática, dereitos dos/as traballadores/as é incumprindo a súa promesa de poñer en funcionamento unha gardería pública, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
En resumo tres anos de retroceso na calidade asistencial na área sanitaria de Ferrol.

Desde a Plataforma queremos denunciar tamén o continuo cambio de Xerentes na Área Sanitaria o que fai difícil planificar un traballo a medio prazo.

Agardamos que o novo xerente da Área Sanitaria, Angel Facio Villanueva, non siga as directrices do anterior e sexa un defensor dos intereses da Sanidade Pública, non sexa submiso coa Consellería de Sanidade e pelexe por que a Área Sanitaria de Ferrol non sufra a discriminación á que estivo sometida estes últimos tres anos.

Ferrol, a 1 de febreiro de 2012.

Asdo./ Xosé Miguel López e Lois Méndez, portavoces da Pdspf

plataformadspferrol@gmail.com

http://plataformadspferrol.blogspot.com/

http://www.sos-sanidadepublica.org/
______________________

martes, decembro 20, 2011

Coincidindo co debate da Lei de Acompañamento dos orzamentos sanitarios para o ano 2012, SOS Sanidade Pública convoca unha Concentración en Compostela, para o Mércores 21 de Decembro - A Plataforma ... de Ferrol organiza un Autobusus


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, acordou secundar a convocatoria que desde SOS Sanidade Pública organizaron, para facer chegar ao Parlamento de Galicia o rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012.

Concentración

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha Concentración para o Mércores 21 de Decembro, ás 5 da Tarde diante do Parlamento de Galicia, aos representantes das Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e as organizacións que a integran coincidindo co debate da Lei de Acompañamento dos orzamentos sanitarios para o próximo ano, diante do Parlamento de Galicia.

Na concentración a Plataforma fará entrega aos parlamentarios dunha bolsa de supervivencia que deberan levar aqueles enfermos que sexan hospitalizados nos centros públicos, se sae adiante a estratexia do presidente Núñez Feijoo de facer pagar os servizos de comida, limpeza, hixiene, etc.

Aínda que á mesma están convocados representes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública e das organizacións que integran SOS Sanidade Pública, facemos extensivo o chamamento a todos os cidadáns que queiran a que se somen á mesma, dado que os recortes e privatizacións afectaran gravemente a todos os galegos/as e quen residen na CCAA.

Autobús dede Ferrrol

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, pon un Autobús para facilitar o traslado a Santiago de Compostela a toda aquela persoas que querían acudir a Compostela á mobilización do día 21D convocada por S.O.S. Sanidade Pública. Entre diversas entidades que formamos parte da Plataforma organizamos un autobús que sairá mañá día 21 de decembro de 2011, ás 15:15 horas da parada de buses d'As Pías, fronte ao Monumento ao 10 de Marzal. O regreso está previsto para as 18:15 horas.

Telefono de contacto

Todas as persoas interesadas en acudir neste autobús deberán anotarse no número de teléfono 670264501.
PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!

NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON Á PRIVATIZACIÓN !!
Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
_____________

sábado, decembro 03, 2011

A CIG-Saúde denuncia as mentiras sobre a atención sanitaria ás persoas sen recursos e desempregadas

CIG-SAÚDE DENUNCIA: "AS MENTIRAS SOBRE A ATENCIÓN SANITARIA AS PERSOAS SEN RECURSOS E DESEMPREGADAS/OS"

A continuación reproducimos o escrito dirixido á Xerencia da Área Sanitaria de Xestión Integrada de Ferrol, en relación a unha das maiores agresións da Consellería de Sanidade, ás persoas máis débiles: os recortes de prestacións sanitarias a inmigrantes, paradas/os de longa duración e persoas sen recursos.

A/A. XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA DE FERROL.

A Orde da Consellería de sanidade de 5 de Setembro de 2011 (DOG 173, 29 de Setembro do 2011) “Pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento o dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego”, na súa aplicación práctica supón, que as persoas que tiñan solicitado a tarxeta sanitaria como persoas sen recursos antes do 29 de setembro, teñen médico asignado, poden ser citados e teñen a prestación farmacéutica.

Despois do 29 de Setembro, as persoas sen recursos que se encontren en tramitación da tarxeta sanitaria teñen garantida tan só a asistencia de urxencia/emerxencia.

As/os solicitantes dunha atención sanitaria, tanto urxente como non urxente vénse na obriga de asinar un compromiso de pago. Por entrar máis en detalle, son clasificados como usuarios “PRIVADOS” e quedan rexistrados como “persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. Só asistencia urxencia/emerxencia”.

A todo isto aclarar que a Orde da Consellería engade unha serie de requisitos para poder acadar unha asistencia sanitaria completa:
- No caso de persoas sen recursos económicos: se require unha antigüidade como residente no estado Español mínima de 183 días. Polo tanto, unha persoa que non cumpra este requisito estará sen ningún tipo de prestación ata que teña a antigüidade antes citada e poida solicitar PSR, tendo nese momento dereito tan só a unha prestación de urxencia/emerxencia.

- No caso dos desempregados: ter estado como traballador activo ou agotada a prestación ou o subsidio de desemprego no período comprendido nos 12 meses anteriores a solicitude. Polo que unha persoa que non cumpra este requisito se atopa que ten dereito tan só a unha prestación de urxencia/emerxencia.

Esta orde da Consellería de Sanidade deixa as persoas sen recursos económicos suficientes, esperando por unha tarxeta sanitaria que tarda meses en ser concedida, tendo dereito tan só a unha atención sanitaria urxente co correspondente compromiso de pago e o que é moito máis grave deixa sen asistencia sanitaria de ningún tipo ás persoas maiores de 18 anos sen recursos, que leven menos de 183 días en España.

Resulta indignante que a Consellería de Sanidade diga que é a única Comunidade Autónoma que “garante de oficio a asistencia sanitaria a desempregados de longa duración e persoas sen recursos”. Un verdadeiro insulto para toda a poboación, sobre todo para as persoas con maiores dificultades.

De todos é sabido que antes desta Orde da Consellería de Sanidade unha persoa sen recursos que estaba en tramitación da súa tarxeta sanitaria, tiña dereito a asistencia sanitaria en iguais condicións que o resto dos usuarios do SERGAS (podía pedir cita no seu médico, tiña dereito a medicamentos, tiña dereito a consulta cun especialista, etc.).

Podemos afirmar que a Consellería está a mentir, a proba desta afirmación está na orde da Consellería publicada en DOG, nas informacións sobre os protocolos remitidos aos profesionais responsables da tramitación da tarxeta sanitaria e aos centos de persoas que a día de hoxe non teñen dereito a acudir a unha consulta médica nin a ter medicamentos.

Por todo o anteriormente exposto solicitamos da Xerencia de Xestión Integrada da Área Sanitaria de Ferrol unha resposta ás seguintes preguntas:

1ª.- Unha persoa que este empadroada na Área Sanitaria de Ferrol e non teña 183 días de residencia no estado Español:

Ten dereito a consulta médica, non urxente? Ten dereito a medicamentos? Ten dereito á asistencia sanitaria igual que unha/un traballadora/or en activo? Ten dereito á atención de urxencia/emerxencia? No caso de solicitar ou facer uso dalgunha de estas prestacións, ten obriga o persoal da Área sanitaria de Ferrol de facturar o servizo?

2ª.- Unha persoa que este empadroada na Área Sanitaria de Ferrol, que cumpra os requisitos para a tramitación do PSR e que teña a súa solicitude en trámite:

Ten dereito a consulta médica, non urxente? Ten dereito a medicamentos? No caso de solicitar ou facer uso dalgunha de estas prestacións, ten obriga o persoal da Área sanitaria de Ferrol de facturar o servizo e de que a persoa asine un documento de compromiso de pago?

3ª.- Unha persoa que nos 12 meses anteriores á solicitude de tarxeta sanitaria, non tivera estado cómo traballadora/or en activo, ou percibise o subsidio de desemprego:

Estaría na situación reflexada no punto 2?

4ª.- Se a resposta é si, nos remitimos ás preguntas realizadas no punto 2.

Cantas persoas se atopan, no momento actual, na Área Sanitaria de Ferrol, nalgunha das situacións anteriormente reflectidas?

Ante a gravidade da situación, quedamos á espera dunha resposta.

Ferrol a 21 de novembro de 2011.

Asdo:
Ana Mª Arto Blanco.
Secretaria Comarcal CIG-Saúde Ferrol.

Ana Arto 647938026
Sandra Martínez 630594691
Merche Díaz 670264501
Local Marcide 981334566
www.cig-saude.org
scigasf@sergas.es


Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
2 de dezembro de 2011 20:08
_____________

venres, decembro 02, 2011

A taxa de reposición na sanidade pública, ou como eliminar postos de traballo e deteriorar o sistema público de saúde

CIG-SAÚDE: QUÉ SIGNIFICA A TAXA DE REPOSICIÓN NO SERGAS?

O fin das OPE - Traslados sen prazas - Listas de contratación paralizadas

Interesante folleto da CIG-Saúde que explica en poucos pasos as políticas de desmantelamento do sistema sanitario público no aspecto da redución de persoal. En tres anos pensan reducir miles de postos de traballo, até un 7% do persoal actual do SERGAS.


Ana Arto 647938026
Sandra Martínez 630594691
Merche Díaz 670264501
Local Marcide 981334566
www.cig-saude.org
scigasf@sergas.es

Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
2 de dezembro de 2011 19:54
____________________

mércores, novembro 16, 2011

Convocatoria do Pleno da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública -Area Sanitaria de Ferrol: Mércores día 30 de Novembro


Convocatoria do Pleno da Plataforma

Pola presente se convoca un Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o mércores día 30 de novembro, ás 18 no local da AV de Esteiro e coa seguinte orde do día:
  1. Renovación da Portavocía (actualmente a exercen Salustiano Gómez, presidente da AV de Valón e Xosé Miguel López, presidente da AV de Esteiro) e da Comisión Pemanente da Pdspf(actualmente está composta por CCOO, CIG, UGT, ALCER, AGAVIDA, Diversidade Funcional, AV de Caranza, AV de Valón, AV de Esteiro e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol), se procede.
  2. Nomeamento dunha persoa para a xestión da Páxina da Plataforma e do Correo da mesma (a petición do actual responsable Fran Iglesias)
  3. Planificación da campaña de sinaturas da ILP nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
  4. Elaboración dun Plano de Traballo da Pdspf para o ano 2012 contra os recortes de dereitos: Parados de Longa Duración; Inmigrantes; Implantación do pago por receitas ós pensionistas, do Transporte Sanitario non Urxente, de 10 euros pola renovación da Tarxeta Sanitaria e dos recortes de persoal e privatización de servizo.
  5. Información económica.
  6. Preguntas e suxestións.

Polos temas que se van tratar e pola necesidade de darlle un impulso á Plataforma diante dos novos recortes que se van producir despois do 20 de novembro, é absolutamente necesaria a asistencia de tódalas entidades que conforman a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

De todos depende a continuidade da mesma

Asdo./ Xosé Miguel López Pérez


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
16 de novembro de 2011 08:17
29 de novembro de 2011 17:27
______________________


Documento de interese:


Memoria -Provisional- 2010 da Area Sanitaria de Ferrol



Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denuncian que a Xunta de Galicia rompe o principio de Universalidade e Equidade da Sanidade Pública

Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo rexeitan as restricións ao acceso ao sistema sanitario público establecidas pola Consellería de Saúde da Xunta de Galicia

Ártabra 21: Cando o delito é ser PSR -Persoas Sen Recursos Económicos Suficientes, ... Por Susana Alaníz González

O SERGAS aplica, ás persoas sen recursos, recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria - CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal.

Diario nº 173 de data 09.09.2011 ORDE do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

Tamén pode-se descargar, a orde, en formato PDF:

Descargar PDF

DECRETO 209/2011, do 27 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
__________________________

luns, novembro 14, 2011

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denuncian que a Xunta de Galicia rompe o principio de Universalidade e Equidade da Sanidade Pública


SOS SANIDADE PÚBLICA DENUNCIA: RUPTURA DO PRINCIPIO DE EQUIDADE E UNIVERSALIDADE NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA.

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública denunciamos que a Xunta de Galicia rompe os principio de Universalidade e Equidade da Sanidade Pública, deixando ás persoas con menos recursos sen dereito á asistencia sanitaria.

A Orde de 5 de setembro de 2011, actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes (PSR), das persoas que se atopan en situación de desemprego (Código 29), e das persoas estranxeiras. No protocolo de aplicación da orde se deixa as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria sen dereito a ter médico asignado, a poder ser citados e a ter prestación farmacéutica. Só se lles recoñece dereito á asistencia de urxencia e emerxencia (agás no caso dos menores e das mulleres embarazadas, que manteñen estes dereitos). Ademais disto, no protocolo se indica que as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria serán clasificados como PRIVADOS e se lle fará asinar un compromiso de pago da asistencia realizada.

O mesmo protocolo establece trabas no acceso á tarxeta Sanitaria para os estranxeiros. A partir do próximo 1 de xaneiro, o Sergas esixirá unha antigüidade mínima no padrón de 183 días para poder solicitar a Tarxeta Sanitaria, indispensable para garantir a Asistencia Sanitaria.

Esta condición previa para acceder á Tarxeta Sanitaria vai limitar o seu acceso á atención primaria nos centros de saúde. A Lei Orgánica sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social (decembro 2009) establece no seu artigo 12: "Os estranxeiros que se atopen en España, inscritos no padrón do municipio no que teñan o seu domicilio habitual, teñen dereito á asistencia sanitaria nas mesmas condiciones que os españois" sen incluír período mínimo de empadroamento como agora fai o Servizo Galego de Saúde.

A Xunta de Galicia vulnera o principio de UNIVERSALIDADE recoñecido na Lei 8/2008 de Saúde de Galiza:
Artigo 4º.-Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria.


1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma. E tamén o da EQUIDADE en saúde, definida pola OMS, que implica a igualdade de oportunidades e a diminución de diferenzas en saúde ao nivel máis baixo posible, mediante a igualdade de acceso, a igualdade de utilización por un mesmo problema e a igualdade na calidade da atención.

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública consideran que estas medidas son un paso máis na precarización da sanidade pública e na perda dun dereito humano fundamental que é o dereito á protección da saúde, implementando unha política de desigualdade, o que nos obriga a facer un novo chamamento ao conxunto da cidadanía, que antes ou despois se verá afectada, a que tome tódalas medidas necesarias para defendela. So se a maioría social se mobiliza e mostra o seu rexeitamento a estas políticas poderemos paralas e así defender á Sanidade Pública.

Médicos do Mundo e SOS Sanidade Pública
Santiago, 8 de novembro de 2011.

Difunde:

Ana Arto 647938026
Sandra Martínez 630594691
Merche Díaz 670264501
Local Marcide 981334566
www.cig-saude.org
scigasf@sergas.es

Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
14 de novembro de 2011 20:28
_____________________

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Sos Sanidade Pública
__________________________________

Enlaces relacionados:

Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo rexeitan as restricións ao acceso ao sistema sanitario público establecidas pola Consellería de Saúde da Xunta de Galicia

Ártabra 21: Cando o delito é ser PSR -Persoas Sen Recursos Económicos Suficientes, ... Por Susana Alaníz González

O SERGAS aplica, ás persoas sen recursos, recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria - CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal.

Diario nº 173 de data 09.09.2011 ORDE do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

Tamén pode-se descargar, a orde, en formato PDF:

Descargar PDF
__________________________

venres, novembro 04, 2011

Entrevista ao portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol Terra - 26.10.2011 - Vídeos

O pasado 26 de Outubro de 2011, unha canle de televisión local, entrevistou a Miguel López Pérez presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol Terra. Pola súa importancia reproducimos os vídeos que xa están colgados na rede e desde Ártabra 21 pregamos a súa máxima difusión.

Primeira Parte - 10min. 24seg.

http://youtu.be/NUxKnnJ1AGQ

Segunda Parte - 9min. 42seg.

http://youtu.be/_Ysjf5fDZTg

Terceira Parte - 7min. 57seg.

http://youtu.be/75jUcpNBPw0


Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Sos Sanidade Pública

Información baseada na enviada por:
Xose.Miguel.Lopez.Perez@sergas.es
-Xose.Miguel.Lopez.Perez@sergas.es-
3 de novembro de 2011 12:12
__________________

sábado, outubro 29, 2011

Cando o delito é ser PSR -Persoas Sen Recursos Económicos Suficientes, ... Por Susana Alaníz González

Por Susana Alaníz González [*]
28.10.2011

O sistema sanitario español é un sistema solidario, público e gratuíto, grazas aos impostos e as achegas salariais da poboación activa e, coa garantía que supón a Constitución Española, todas as persoas teñen dereito a acceder a el.

É un sistema universal e gratuíto, ou o era ?.

Porque a partir do 9 de Setembro e con orden asinada pola Conselleira Pilar Farjas no DOGA -Diario Oficial de Galicia, dítase un novo regulamento que pon límites á Tarxeta Sanitaria, e o máis grave, á atención médico sanitaria non urxente.

Isto vai dirixido ao chamado PSR, ou sexa PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS SUFICIENTES. E aquí vén o paradoxo :

O SERGAS pon como requisito para obter a Tarxeta sanitaria, 183 días de empadroamento , como antigüidade mínima e empadroado eses días sucesivamente no mesmo lugar onde se pide a Tarxeta, que ademais terá un custo de dez euros -10€.

Os inmigrantes "ilegais", aqueles recentemente chegados, e as persoas con dificultades socio económicas que acudan a un centro de saúde sen Tarxeta Sanitaria, non serán atendidos, deberán ir a Urxencias, e sexa cal for a situación da súa saúde deberán previamente asinar: un compromiso de pago, polos servizos médicos recibidos .

A ONG Médicos do Mundo, pregúntase: Como esperan que paguen, se este regulamento vai dirixido ás persoas sen recursos?

A concellería aduce que este novo regulamento faise para SIMPLIFICAR TRÁMITES, ou EVITAR A FRAUDE Á SEGURIDADE SOCIAL, sen mirar que son outros os camiños para ofrecer unha atención sanitaria igualitaria, universal e sen restricións.

Desde a área de Inmigración da Asociación Cutural Fuco Buxán , denunciamos este atropelo que non fai máis que atentar contra o dereito dos máis desfavorecidos a favor dunha asistencia sanitaria que non rebaixe senón que a garanta.

Pola DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E CONTRA Os RECORTES SANITARIOS !

[*] Susana Alaníz González, é responsábel da Área de inmigración da Asociación Cultural Fuco Buxán, membra do Foro Galego de Imigración, e dirixe o Progra radiofónico "Sen Fronteiras" en Rádio Filispim, 93.9 da FM.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

______________

Enlaces relacionados:

O SERGAS aplica, ás persoas sen recursos, recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria - CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal.

Diario nº 173 de data 09.09.2011 ORDE do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

Tamén pode-se descargar, a orde, en formato PDF:

Descargar PDF
__________________

mércores, outubro 26, 2011

A Sanidade Pública non está en Perigo pona en perigo o PP - Mobilizate ! este Xoves 27 de Outubro, ás 8 da Tarde - Toda Galiza en Pé na Defensa da Sanidade Pública

O deterioro progresivo na calidade asistencial da sanidade pública é notorio nesta área sanitaria e no conxunto de Galicia, os continuos recortes máis as privatizacións de moitos servizos feitos pola Consellería de Sanidade poñen en perigo o sistema sanitario galego coa xustificación da crise económica:

Os servizos tecnolóxicos quedarán en mans de empresas privadas, a colaboración público-privada (PFI), neste caso aplicada a renovar os equipos de alta tecnoloxía como TAC, resonancias magnéticas, radiografías dixitais ou mamografías nos centros hospitalarios públicos, conxuntamente co servizo de compras (suministros de material), mantemento de centros sanitarios, central de chamadas para cita en atención primaria, construción de hospitais e centros de saúde.

Ao mesmo tempo con estas privatizacións de servizos, a limitación da taxa de reposición de efectivos nun 10% no SERGAS nos anos 2011 ata o ano 2014, reducirá o persoal en máis de 3.000 traballadores/as, dos datos que se recollen no Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS, de aquí a 2013 xubilaranse 2.330 traballadores/as: "O resultante será que en 2014 o Servizo Galego de Saúde reducirá o cadro de persoal en 2097 traballadores/as".
Retornamos á situación en precario existente no ano 2006 na contratación do persoal ao prohibir tamén, a taxa de reposición, facer nomeamentos de interinidade, o que suporá que as coberturas que se efectúen serán en condicións precarias, mediante contratos de día, ou a media xornada, reforzos de garda, a redución de persoal da sanidade pública galega provocará que a prestación do servizo sexa, en 2014, inviable.

O SERGAS propón convocar este ano a OPE de FEAS, para esta convocatoria teríanse en conta as vacantes existentes desde o ano 2009; 1.762 prazas vacantes dotadas orzamentariamente (estas non son todas as  prazas vacantes  do SERGAS, pero o resto están cubertas con contratos temporais, non con nomeamento de interinidade).  Como hai que aplicar a taxa de reposición do 10%, a oferta de prazas sería de 176 prazas. Non se convocarían todas as especialidades. Asistencia Sanitaria elaborará un informe das necesidades do SERGAS, en base a este informe decidiríanse as especialidades a convocar e en que  áreas sanitarias se convocarían.

Nesta área sanitaria están xa reducindo persoal en diversos centros de saúde e hospitais , prazas en Mugardos, Cariño, Ortigueira, Serantes , Caranza, de enfermaría, Celadorxs, técnic@s en coidados de enfermaría, matronas… etc. Estes recortes consolídanse na amortización e supresión de prazas no SERGAS, na diminución drástica de cobertura por ausencia do persoal titular (xubilacións, falecementos, vacacións, baixas por enfermidade, días libres, etc.) e peches de servizos, supoñendo unha acumulación de tarefas que fai inviable unha adecuada práctica asistencial, na atención hospitalaria como en atención primaria, centros de saúde é servizos que desenvolven a súa actividade en moitas ocasións co 50% do persoal.

A construción dos novos centros de saúde de Ares, A Capela, Cedeira, Narón segue paralizada, sen data de licitación das obras e do seu inicio, supoñendo neses concellos unha imposibilidade de mellorar a prestación sanitaria, A dotación e mellora do Hospital Naval está totalmente paralizada, non se acometen as obras necesarias para poder utilizar ese centro ao 100% da súa capacidade.


A diminución dos concertos coas entidades colaboradoras do sistema público: ASFEDRO, ALCER, Ambulancias, ... ademais de supoñer unha degradación da prestación de servizos socio-sanitarios levará aparellado en moitas ocasións a redución do cadro de persoal de traballadorxs de estas empresas.


A Consellería de Sanidade pretende introducir no transporte de enfermos en ambulancia, a eliminación do técnico-axudante nas ambulancias medicalizadas, a supresión do uso universalizado das ambulancias sanitarias. A eliminación da obrigatoriedade de pago por parte do Sergas destes servizos, o que supón o copago -Repago- dos mesmos, conxuntamente coa supresión das ambulancias asistenciais do 061 en varias localidades de Galicia…

Cobrarase @s usuari@s pola renovación ou reposición do cartón sanitario: 10€, o que supón un novo imposto indirecto, cunha taxa que se aplicará a todos os cidadáns independentemente do seu nivel de renda por un servizo que ata agora era gratuíto.

Este conxunto de decisións supoñen un paso máis na estratexia da Xunta de Galicia de desmantelamento dos servizos sanitarios públicos, terá graves consecuencias na asistencia sanitaria, a calidade da mesma e o dereito á asistencia universal e gratuíta dos cidadáns e cidadás de Galicia. Nun sistema público o persoal presta a asistencia sanitaria que sexa máis adecuada para a saúde do paciente e non estarán avaliando se esa proba ou tratamento é cara, rendible ou beneficiosa para as arcas dunha empresa, senón se é necesaria e beneficiosa para o estado de saúde d@ paciente. No sistema privado NON PRIMARÁ O BENESTAR SANITARIO, SI NON, SI SE GAÑA MÁIS DO QUE SE GASTA.l


Porque temos razóns, porque temos dereitos, por unha sanidade pública de calidade de tod@s e para tod@s, o xoves 27 de outubro ás 20 horas facemos un chamamento a toda a sociedade para acudir a concentración na Praza de Armas de Ferrol, convocada por máis de 50 entidades (Sindicatos, partidos políticos, AA. veciñais, Asociacións de enfermos de diversas patoloxias que configuran a plataforma pola defensa da sanidade pública da área sanitaria de Ferrol), para amosar o seu rexeitamento a PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA.

Así mesmo a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, apoia é participará activamente na manifestación 'Polo Emprego' do vindeiro Domingo día 6 de Novembro, nesta Comarca, convocada de xeito unitario polas centrais sindicais.

Ademáis destas mobilizacións a Plataforma SOS presenta no parlamento galego a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da sanidade pública galega. A Iniciativa subscrita por representantes de todas as organizacións (plataformas de Ferrol, Ourense, Santiago, Vigo, Monforte, Barbanza, Pontevedra, A Coruña, O Barco, Burela, Lugo Cangas, Moaña, Salnes, Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia -COGAVE- é por os sindicatos CC.OO., SATSE, UGT e CIG; así como os grupos políticos do BNG, PSOE e Esquerda Unida). que integran SOS propón catro puntos:
1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos
2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia
3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.
4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.


Lois Méndez Pérez, membro da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol e da Executiva Nacional da Federación da Sanidade da CIG -Cig-Saúde.


Fonte: Rolda de Prensa realizada en Ferrol o 25 de Outubro de 2011



Enviado por:

LOIS MENDEZ
-loismendez@telefonica.net-
26 de outubro de 2011 08:15
__________________

Enlace relacionado:

Reportaxen sobre a Manifestación contra a privatización da Sanidade Pública que se celebrou o Domingo 11 de Abril de 2010 en Ferrol - Audio, Vídeo, Fotos, Artigos, ...
___________________________________

luns, outubro 24, 2011

A sanidade pública en perigo, ... Por Suso Díaz

Por Suso Díaz [*]
24.10.2011

A sanidade pública está en perigo; a Xunta de Feijóo ten diminuído o seu presuposto en 245 millóns de euros con consecuencias negativas para o sistema público e para a cidadanía. E non está en perigo pola crise, nin porque o sistema sea insostible como predican os mercaderes do privado: quen a pon en perigo son as políticas neoliberais de Feijóo. O mesmo que o goberno de Esperanza Aguirre vén desmantelando os servizos públicos dende hai anos, cando España era o pais que máis medraba de Europa, o mesmo faría Feijóo: os ataques á sanidade, ao ensino e os servizos sociais obedecen a súa concepción neoliberal e non a outras consideracións. De feito onde non goberna o PP os servizos públicos e, en concreto, a sanidade non pasan por estas vicisitudes.

Así, a Xunta está nun proceso de desmantelamento da sanidade pública por varias vías: diminución da plantilla en 3.300 traballadores ata o 2013 debido a non cobertura do 90% das xubilacións e ao incumprimento do Plan de Mellora da primaria; peche de quirófanos e eliminación das consultas polas tardes nos hospitais públicos; eliminación de servizos e privatización doutros; peche de plantas e servizos nos meses de verán, carencia da unidade de reconstrución para a asistencia das mulleres con cancro de mama no Arquitecto Marcide....

En coherencia cos seus principios privatizadores, 2 hospitais e 19 centros de saúde van ser construídos con financiamento privado o que vai significar uns custes moi superiores. Por exemplo, o hospital de Vigo, con 400 camas menos, custará 723 millóns de euros a pagar en 20 anos fronte aos 400 millóns en 15 anos que custaría de se facer pola Sociedade Pública de Inversión. Onde queda a tan cacarexada “austeridade”?

Outro aspecto escandaloso son os concertos cos centros privados que deberían ser excepcionais e só para solventar casos de urxencia. Sen embargo, a Xunta utilízaos como forma de potenciar á sanidade privada, que non podería subsistir sen eles. Trata con elo de establecer estratexias privatizadoras da sanidade ao facilitar unha prestación non pública. Así mesmo é escandaloso que, en boa parte, os profesionais que derivan os pacientes dos hospitais públicos son os mesmos que os atenden nos centros privados, sen que a Xunta faga nada para impedir esa ilegalidade. Así o Consello de Contas denuncia nos seus informes como no hospital privado Juan Cardona “existen unha serie de facultativos do Arquitecto Marcide que prestan servizos no hospital concertado”.

En fin, se o presidente da Xunta quixera potenciar a sanidade pública tería que modificar radicalmente as súas políticas. Debería implantar unha xornada de tarde similar á da mañán para conseguir un uso racional dos centros sanitarios, mellorar a calidade da asistencia e tender a eliminar as listas de espera. Debería utilizar os concertos como fórmula excepcional, crear unha central de compras a nivel de Galicia para abaratar o custes, instalar oficinas de farmacia nos centros de saúde que subministren os medicamentos nas doses exactas receitadas e adoptar medidas para chegar, no medio prazo, a un uso de xenéricos do 50%.

Sei que non vai facelo porque as políticas neoliberais do presidente da Xunta camiñan cara á privatización dos servizos públicos esenciais: os e as traballadoras como cidadáns e usuarios non deberíamos permitilo. Por iso os sindicatos de Galicia deben avanzar na convocatoria dunha folga xeral na súa defensa, si é necesaria, sobre de todo despois da previsible chegada do PP ao goberno do estado. De momento a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca unha mobilización en Galicia o 27 de Outubro, ás 8 da tarde, na súa defensa: participemos todos e todas enchendo a Praza de Armas de indignación para impedir o desmantelamento dun sector tan vital para o benestar da cidadanía.

Publicado no "Diario de Ferrol".

[*] Suso Díaz, foi Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia
[+ Info]
_________