Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sanidade. Amosar todas as publicacións

martes, xullo 10, 2012

Rajoy e a desigualdade ... por Pablo Vaamonde

As medidas adoptadas polo goberno para afrontar a crise converteron a España no país da eurozona con maiores desigualdades de renda. Así o afirma Fernando Salgado nun artigo (La Voz, 01-07-12): “o custe da recesión recae sobre o lombo dos traballadores asalariados e das capas máis humildes da sociedade”. Somos campións de Europa no fútbol mais tamén somos os primeiros noutra clasificación: España é o país da zona euro con maior distancia entre os máis ricos e os máis pobres, o máis desigual dos 17 países que comparten moeda única.  

Este país está nunha situación económica moi delicada. Con 5.6 millóns de parados e case dous millóns de fogares con todos os seus membros sen traballo as familias teñen que botar man dos aforros para afrontar os gastos correntes: o consumo familiar xa supera, por primeira vez, á renda. Máis dramática é a situación dos mozos: o 52 % dos menores de 25 anos non teñen traballo, a mesma porcentaxe que en Grecia. 

Na vez de mirar para o norte de Europa estamos a seguir a senda de EEUU que ten, segundo Joseph Stiglitz, o nivel de desigualdade máis alta de calquera dos países avanzados. Afirma que na actualidade o soño americano é un mito e “hai unha clara tendencia á concentración de ingresos e riqueza na cima, ao valeiramento das capas medias e a un severo aumento da pobreza”. Recorda que, nos anos 2009 e 2010, o 1% dos estadounidenses con maiores ingresos quedouse co 93% do aumento da renda. Ademáis, durante a recesión, os banqueiros, que arruinaron aos pobres mediante préstamos predatorios e prácticas abusivas e levaron a economía mundial e as propias empresas á ruína, recibiron xenerosas bonificacións. 

Vicenç Navarro entende que cando son os moi ricos os que deciden como se utiliza a riqueza, a sociedade ten  problemas graves, porque non invirten para crear emprego senon para conseguir máis diñeiro, “e como se poden sacar máis cartos das actividades especulativas que das inversións productivas resulta que se crea moi pouco emprego”. Quen debe guiar a utilización da riqueza, evitando os seus usos non sociais, é a cidadanía a través do Estado. Cando o capital estivo regulado e as diferenzas de renda eran menores que agora (1945-1980) o benestar social medrou máis que no período neoliberal (1980-2011), no que o capital puido facer o que quixo. A actual crise é o resultado.
Por eso Stiglitz cuestiona a peculiar “teoría do derramo”, moi extendida nos anos noventa, a cal  defende que enriquecer aos de arriba redunda en beneficio de todos. Segundo esta teoría os bos resultados macroeconómicos favorecen en primeiro lugar aos máis ricos para, posteriormente, ir derramándose ao resto da sociedade. A realidade en América Latina, nos EEUU e agora no sur de Europa demostra ben ás claras que o crecemento económico, por sí só, non mellora as condicións de toda a sociedade senon que mesmo pode afondar nas desigualdades.  

Estas teorías, que son difundidas como verdades científicas, pretenden xustificar o inxustificable: a acumulación obscena da riqueza en poucas mans, a explotación dos traballadores e dos pobres e o saqueo das arcas públicas coa complicidade de certa clase política. Estas aseveracións non son froito da ciencia senon da ideoloxía. O que hai detrás é un xeito de entender a vida, as relacións entre as persoas e organización social. Porque hai unha facción da sociedade situada ideolóxicamente nun momento histórico previo á revolución francesa (“liberté, egalité, fraternité”) que defende a desigualdade dos seres humanos. Teñen nostalxia daqueles tempos en que a sociedade estaba perfectamente clasificada: amos e criados, señores e servos, poderosos e súbditos.
 
Os franquistas Luis Moure Mariño e Gonzalo Fernández de la Mora defenderon a súa posición supremacista, que negaba a igualdade entre as persoas, en dous libros publicados nos anos oitenta (“La desigualdad humana”, “La envidia igualitaria”). Mariano Rajoy (un mozo de trinta anos  que comezaba a súa carreira política) publicou dous artigos en El Faro de Vigo (1983 e 1984), nos que reseñaba eloxiosamente estes textos. Lonxe da ambiguedade na que se instalou máis tarde aquí deixa ben clara a súa interpretación do mundo e revela as liñas mestras do seu ideario. Son as mesmas ideas que inspiran agora a súa actuación política. No primeiro dos artigos o actual presidente do goberno afirma textualmente:

“Este libro constituye una prueba irrefutable de la falsedad de la afirmación de que todos los hombres son iguales (…) La estirpe determina al hombre y es un hecho objetivo que los hijos de ´buena estirpe` superan a los demás (…). La desigualdad natural del hombre viene escrita en el código genético (…). La búsqueda de la desigualdad tiene múltiples manifestaciones: en el ansia de ganar, en la lucha por el poder, en la disputa por la obtención de premios, honores, condecoraciones, títulos nobiliarios (…). Todo ello constituye la demostración matemática de que el hombre no se conforma con su realidad. Es la lucha por desigualarse. Todos los modelos que predican la igualdad (…) son radicalmente contrarios a la esencia misma del hombre, y suprimen el natural instinto a desigualarse, que es el que ha enriquecido al mundo y elevado el nivel de vida de los pueblos (…) La imposición de la igualdad privaría a los más capaces de esa iniciativa más provechosa para todos que la igualdad en la miseria, que es la única que hasta la fecha han logrado imponer”. 

Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña

martes, xuño 19, 2012

SOS contra o veto do PP a Inicitiva Lexislativa Popular - O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra a privatizacion saúde



SOS contra o veto do PP a Inicitiva Lexislativa Popular

Ante o veto do Grupo do Partido Popular a que o Parlamento de Galicia debata a Iniciativa Lexislativo Popular e defensa do sistema sanitario público e da potenciación da Atención Primaria e en contra da súa deterioración e privatización a pesar de cumprir con todos os requisitos esixidos pola lexislación electoral e do propio Parlamento, a Plataforma SOS Sanidade Pública quere:
  • 1.- Denunciar este comportamento antidemocrático que menospreza a vontade cidadá e vulnera a Constitución e as leis electorais que dan aos cidadáns a posibilidade de elevar ao Parlamento proposicións de lei para o seu debate e aprobación (sempre que teñan respaldo suficiente debidamente controlado pola Comisión Electoral como é o caso).
  • 2.- Expor que a Iniciativa tivo un enorme respaldo, habendo recolleu máis de 45.000 o que supón superan con fartura as 15.000 esixidas para a súa toma en consideración polo Parlamento.
Consideramos que esta negativa pretende acalar a vontade líberamente expresada por miles de galegos que de manase voluntario mostraron o seu rexeitamento á privatización e apoian os seus sistema sanitario público. O PP non acepta manter un debate que deixaría novamente en evidencia a súa intención de desmantelar e privatizar a sanidade pública galega para entregala a grupos empresariais, bancos e aseguradoras privadas afíns aos seus intereses.

A Plataforma SOS fai un chamamento á cidadá para que esixa a este partido que acepte as regras da democracia e anuncia que convocara no seu momento as mobilizacións oportunas para conseguilo.

Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública

www.sos-sanidadepublica.org


O PP impide o debate da Inicitiva Lexislativa Popular contra privatizacion saúde

O Grupo Popular do Parlamento de Galicia utilizou a súa maioría absoluta para vetar o debate no Parlamento de Galicia da Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública contra a privatización dos centros sanitarios e a favor da xestión pública dos mesmos e da potenciación da Atención Primaria (en situación de precariedade incompatible co funcionamento racional e eficiente do sistema sanitario).

A Iniciativa Lexislativa Popular reuniu todos os requisitos legais esixidos polo Parlamento e a Comisión Electoral para a súa presentación e trámite e reuniu máis de 45 firmas perfectamente acreditadas en apoio da mesma.

Esta decisión mostra
  • O talante antidemocrático e autoritario do Partido que se atreve a bloquear un mecanismo de participación social recoñecido e regulado pola Constitución Española e polo ordenamento xurídico galego.
  • O temor a que a cidadanía coñeza o proceso de privatización e deterioro da sanidade pública galega perpetrado polo Goberno da Xunta de Galicia polas serias consecuencias electorais que pode ter para o PP.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esixe ao Grupo Popular que acepte o debate democrático da Iniciativa no Parlamento e retire o veto á tramitación da mesma, en caso a Plataforma contrario convocará á cidadanía galega a mostrar a súa repulsa a un comportamento tan prepotente e antidemocrático.

É perigoso para a convivencia desprezar a vontade e o esforzo de miles de galegos que exerceron o seu dereito democrático a expresarse e a presentar as súas propostas ao Parlamento da súa Comunidade Autónoma para o seu debate e posible aprobación.


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
______________________

venres, xuño 08, 2012

A privatización da sanidade pública. Qué significa? ... por Edmundo Fayanás Escuer


Dentro da política de recortes que está sufrindo o noso sistema de protección social, un dos máis significativos é o da sanidade pública. Debemos ser conscientes de que isto é totalmente evitable se aplicásemos unha política económica distinta do neoliberalismo.

Dinnos que esta política económica é a única posible, e en consecuencia, que debemos aceptala con resignación cristiá. Os que afirman isto, só fan política ideolóxica de dereitas, onde a única finalidade é preservar e aumentar os beneficios dos ricos, subtraéndoos da inmensa maioría dos cidadáns.

Que significa a privatización sanitaria?
O primeiro  argumento utilizado, é que se gasta moito na sanidade pública, cun custo que a nosa economía non pode soportar. Isto é mentira como veremos posteriormente.

Debemos saber, que o noso país é un dos países da Unión Europea dos 15 que gasta menos por habitante en sanidade. O seu custo é de 1.673 euros anuais fronte aos 2.103 euros da media europea. Só o 4,1 % da poboación adulta traballa no sector sanitario do noso país, un dos máis baixos, pois na UE-15 (países de desenvolvemento  parecido ao noso) é do 6,6%.

Nos últimos dez anos, o crecemento  sanitario foi do 2,7%, mentres que nos países da OCDE foi do 4,1%. Como di Vicenc Navarro “gran parte do crecemento sanitario en España foi no sector privado. España é un dos países nos que a poboación paga máis por servizos  sanitarios privados, e iso é consecuencia do subdesenvolvemento do sector sanitario público”. A solución pasa inevitablemente non por recortar en sanidade  pública, senón en investir  máis. Si impóñennos Europa, reclamemos ser europeos non só nos recortes, senón que queremos selo coas mesmas prestacións sociais.

O gran problema non é o gasto do Estado senón a falta de ingresos. No ano 2007, os ingresos do Estado español era do 41.1 % do seu PIB e a dos países da zona euro era do 45,5% do PIB. No ano 2011, os ingresos do Estado español baixa ao 34,5% do seu PIB, mentres que os da eurozona é do 44,4 % do seu PIB. Este é o problema, un problema de fiscalidad , onde os ricos néganse a pagar o que deben en función da súa riqueza económica.

É a sanidade privada máis barata e eficiente?
Desde fai anos, escoitamos á neoliberal Esperanza Aguirre, que hai que privatizar a sanidade pública, porque a privada é moito máis barata e eficiente. Que mellor que utilizar os datos, que aparecen nos orzamentos da Comunidade de Madrid, presidida por ela  mesma, para que non se me acuse de manipulador e podamos responder a este mantra neoliberal da Sra. Aguirre.

No ano 2010, a comunidade de Madrid tiña o presuposto /cama/ ano nos seus centros públicos en 277.375 euros, fronte aos 434.686 euros dos seus concertos cos hospitais de xestión  privada ou semiprivada. No ano 2011, o orzamento /cama/ano nos centros públicos foi de 307.187 euros, fronte aos 485.970 euros dos privados ou semiprivados, é dicir , un 58,2% máis cara a cama no sistema privado que no público onde está a eficiencia económica Sra. Aguirre? Por que sistematicamente nos minte. Estes datos están nos seus orzamentos, míreos e rectifique.

Vexamos outros datos. A Comunidade de Madrid concerta camas coa multinacional sanitaria sueca Capio nos seus distintos hospitais por 535.000 euros ou por exemplo  paga por unha cama na Fundación Jiménez Díaz por 675.000 euros. Que ten que dicir a Sra. Aguirre a estes  datos extraídos dos seus orzamentos? A pesar do escándalo destes  datos, nos orzamentos de 2011 incrementáronse os fondos destinados á sanidade privada nun 30%, mentres que os recortes na sanidade pública madrileña supuxeron un 9%.

Seguindo o modelo de xestión  semiprivada da sanidade, a Comunidade de Madrid abriu sete hospitais con criterios de xestión  semiprivada. O seu custo de construción  estaba presupostado en 701 millóns de euros. Con todo, a xestión semiprivada, cando se termine de pagalos resultará o seu custo nuns  5.000 millóns de euros, é dicir  cun encarecemento de máis de 700%. É isto unha xestión eficiente ou un saqueo?

En Navarra, a Cámara de Comptos  cuestionou os custos dos concertos coa Clínica Universitaria (OPUS DEI) e outros privados, ao consideralos excesivamente altos.
O modelo neoliberal, polo que se rexe Esperanza Aguirre, é o sistema sanitario norteamericano. Estados Unidos ten un gasto sanitario o máis elevado da OCDE, chegando ao 17% do seu PIB, sendo o reino do negocio das empresas privadas sanitarias. O 20% da poboación norteamericana non ten ningunha cobertura sanitaria e o resto con moi  escasas coberturas, por suposto moi lonxe das que dá calquera sistema sanitario público europeo. O seu sistema sanitario é pésimo, salvo en catro  hospitais de renome . As súas empresas sanitarias e farmacéuticas son as raíñas do beneficio en Wall  Street, onde o que importa é o beneficio e nunca a persoa.

O gasto sanitario español rolda entre o 9-9,5% do PIB e o do eurogrupo sobre o 12% con potentes sistemas públicos e amplas coberturas, atendendo ao cento por cento da poboación, cousa que non fai o sistema norteamericano. En calquera  avaliación obxectiva non ten cor entre o sistema europeo sanitario e o ínfimo norteamericano.

Si se consegue impoñer o sistema privatizador de Esperanza Aguirre temos asegurado, que teremos moitas menos prestacións e as que ofrezan moito máis caras, o negocio é o negocio. Denunciouse, que no sistema privado realízanse moitísimas intervencións quirúrxicas innecesarias coa finalidade de obter  máis beneficios.

Resulta descarado que os sectores que apoian a redución do gasto público sanitario por insostenible, son os mesmos que piden fortes desgravacións fiscais para  os seus seguros sanitarios privados.

Outro modelo a analizar é o sistema sanitario holandés de xestión  por mutuas, que foi imposto pola dereita política. A cobertura sanitaria é universal e obrigatoria. O Estado fixa os límites dos servizos de saúde  esenciais. A súa xestión está en mans  de aseguradoras privadas que non poden rexeitar a ninguén, xa sexan doentes crónicos ou anciáns. O custo  a pagar polo asegurado é duns 170 euros mensuais. Abarca esta cobertura a atención dos médicos de familia, hospitais, especialistas e obstetras.

O obxectivo  da dereita política holandesa era que deixando a sanidade en mans  de entidades privadas, lograríase un mellor servizo sanitario, libre de regulacións  e sen listas de esperas, é dicir , aplicar as ideas neoliberales. Que sucede dez anos logo da súa implantación? A revista Saúde 2000, ao falar do sistema holandés cuantifica, que hai uns 150.000 holandeses sen seguro sanitario e máis de 320.000 son insolventes e non poden pagar devandito seguro, polo que xa son un 5% da poboación que en 2011 están sen cobertura sanitaria.

O outro  obxectivo era conseguir unha redución do gasto sanitario. Seguindo os datos da Central de Estatística, Holanda destinou a sanidade  o 14,8% do seu PIB no ano 2009, moi por encima da media europea e case un 60% máis que o noso país. Nos datos sanitarios de 2010 houbo un desviou de máis de 1.400 millóns de euros. En consecuencia, a partir de 2012, son reducidas as prestacións da cobertura básica. Vexamos algunhas consecuencias, en fisioterapia, as vinte primeiras sesións correrán a cargo do paciente. Haberá que pagar unha parte maior das medicinas e a prima de seguranza sanitaria sobe un 30% pasando de 170 euros a 210, é dicir  pagar máis para que che dean menos. 

Este é o modelo fracasado de sanidade  privada que nos quere impoñer o PP. Poderíanos explicar Esperanza Aguirre quen son os membros executivos da multinacional sanitaria sueca Capio que tantos beneficios obtén en Madrid? Sóalles os Lamela, Guemes e compañía, todos eles conselleiros de sanidade  nos gobernos de Esperanza Aguirre.

Xa podemos ver que é o modelo neoliberal sanitario, onde a calidade e eficiencia económica brila pola súa ausencia, o que nos está a impoñer o Partido Popular. Privatización sanitaria significa un retroceso en prestacións, onde o benestar do home é substituído polo negocio. Hai uns dereitos humanos básicos, sanidade, educación, pensións…. Que nunca deben estar baixo a óptica privada, senón que deben ser uns bens exclusivamente públicos. Defendamos os dereitos públicos.

Edmundo Fayanás Escuer é Licenciado e Profesor de Historia e redactor de El Inconformista Digital

Fonte: Rebelión

Rebelión publicou este artigo  co permiso do autor mediante unha licenza de Creative  Commons, respectando a súa liberdade para publicalo noutras  fontes.


luns, xuño 04, 2012

Manifestación na Defensa da Sanidade Pública - Santiago de Compostela, Domingo 3 de Xuño de 2012 - Fotos



Fotos: Susete'70.

---

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
____________________

SOS Sanidade Pública, 'Rumba das Apertas' na Quintana - Vídeo


Cantiga "RUMBA DAS APERTAS" na manifestación en defensa da sanidade e educación publicas do domingo 3 de xuño en Santiago de Compostela. Nos movemos contra os ataques das mafias politico-financeiras para desfacerse do estado social o converter os dereitos fundamentais no seu negocio privado.


http://youtu.be/H9SXKV4N2JA

Publicado en 03.06.2012 por carlosvidalojea

Licenza Creative Commons (reutilización permitida)

Enviado por:
Carlos Vidal
-carlosvidalojea@gmail.com-
3 de junho de 2012 21:16
______________

xoves, maio 31, 2012

Moi interesante entrevista en "Voces de Ferrol" - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en rolda de prensa - Audio - Chamamento á participación na Manifestación do Domingo 3 de Xuño en Compostela - Autobuses

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol celebraou unha Rolda de Prensa o pasado martes día 29 de Maio pasadas as once e media da mañá na Galería Sargadelos de Ferrol onde unha amplia representación, no nome de 46 entidades que a conforma, fixo un balance da Campaña de recollida de Sinaturas a prol da Iniciativa Lexislativa Popular na comarca de Ferrol, onde se recollerom máis de 8.300 asinaturas; falou-se da situación da Área Sanitaria e se presentou a Manifestación convocada por SOS Sanidade Pública, da que esta plataforma de Ferrol formamos parte, que se vai celebrar o domingo día 3 de xuño ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.


Para desplazar-se a Compostela haberá servizo de autobuses con saída do Monumento ao 10 de Marzo no Pilar ás 10 da mañá, parando en Caranza e Fene . O prezo son 7 euros e cada entidade debe anotar ás persoas que van a ir e trasladarllo a Luís: 654782028 ou Ana: 647938026 antes do venres ás 12 do mediodía.

A rolda de prensa no Diario de Ferrol:

A Plataforma da sanidade denuncia o peche de dúas plantas hospitalarias de xuño a outubro.

***

Entrevista moi interesante e un bon argumentario para concienciar e mobilizar.

O xoves, 31 de Maio, unha moi boa entrevista de 26 minutos no programa "Voces de Ferrol", presentado por Maria Meizoso Dopico, estiveron presentes Ana Arto e Elena Casal en representación da Plataforma:

Ir a descargar

______________

venres, maio 25, 2012

Numerosas persoas concentráronse en Ferrol pola defensa da Sanidade Pública e contra as medidas e recortes dos gobernos do PP - Vídeo, Fotos, Enlaces, Novas


Hoxe venres, 25 de Maio, ás 6 da Tarde vai ter lugar a Asemblea Plenaria da Plataforma, no Local da Asociación Veciñal de Esteiro

Nota.- Prégase un esforzo de asistencia á mesma nun momento de especial gravidade para a Sanidade Pública, ademais da preparación da manifestación do 3 de Xuño en Compostela.

...

SOS Sanidade Pública convocou en toda Galiza mobilizacións en defensa da Sanidade Pública contra as medidas e recortes do PP e dos gobernos dereitistas de Mariano Rajoy e Alberto Nuñez Feijóo. En Ferrol a Concentración foi á 7 da tarde na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta. Interveu na Concentración o portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

A continuación o vídeo e a transcrición da intervención do voceiro da Plataforma e SOS Sanidade Pública, Miguel López, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro.


http://youtu.be/bZYj8GuJNns


Boa tarde veciñas e veciños de Ferrolterra.

Moitas grazas por acudir á convocatoria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, esta plataforma cidadá agrupa, neste momento a 44 entidades diversas: asociacións sociosanitarias, veciñais, culturais, partidos políticos, sindicatos e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol, entidades defensoras da sanidade pública e preocupadas polos anuncios privatizadores, de redución de orzamentos en materia sanitaria e de absoluta falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Non será esta, desgraciadamente, a última vez que nos teñamos que mobilizar en Defensa da Sanidade Pública, volveremos a facelo o día 3 de xuño ás 12 do mediodía na Alameda de Compostela. Pero estamos seguros que cada vez irán en aumento as mobilizacións de todas aquelas persoas que, votasen ó partido que votasen, non queren que se fagan recortes, se privatice e se establezan repagamentos en aquilo que en todas cantas enquisas se fan aparece como máis valorado por toda a cidadanía do Estado Español.

Estes días do Sr. Núñez Feijoo, que xa leva recortado o orzamento da Consellería de Sanidade en 300 millóns de euros desde que preside a Xunta de Galicia, fala de privatizar o que, segundo el, non sexa esencial na sanidade e fala de que esa privatización da xestión, que é o que vai facer no novo Hospital de Vigo, vai resultar máis rendible para a cidadanía.

Non di o Sr. Núñez Feijoo que  na Comunidade de Madrid a maior parte dos hospitais públicos e moitos centros de saúde, están xestionados por organismos privados que levaron á Sanidade Pública de Madrid a ser a peor do Estado Español. Iso é o que quere o Sr Núñez Feijoo e o Partido Popular para Galicia, quere levarnos a ser a peor ou unha das peores sanidade do Estado. Non o imos consentir.

Pon como exemplo de modelo de xestión ao Hospital Povisa de Vigo, non se lembra o Presidente da Xunta dos mortos por aspergillus, non sabe que Povisa,  hospital privado que ten un concerto anual de 72 millóns de euros que supoñen o 74% dos seus ingresos, é o que ten maior lista de espera de todos os hospitais do Sergas. Non sabe que a cidadanía que ten, obrigatoriamente, como Hospital de referencia a Povisa, Cangas, Moaña, etc., rexeitan ter a ese Hospital como Hospital de referencia e queren ser atendidos na Sanidade Pública. Será un modelo POVISA  por que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pertencía a ese grupo empresarial? Trátase diso Sr. Feijoo?

En Galicia xa tivemos un exemplo de fracaso absoluto na privatización da xestión sanitaria: Foron as Fundacións Sanitarias que promoveron os Señores Romay Becaría desde a Consellería de Sanidade e Alberte Núñez Feijoo á fronte do Servizo Galego de Saúde. As  fundacións sanitarias dos hospitais de Verín, Barbanza, Salnés e Cee que tiveron que ser rescatadas, para poñelas en valor polo Sergas, hoxe son hospitais públicos. O Sr . Nuñez Feijoo non quere aprender dos seus erros e segue turrando contra o aguillón.

O que queren o Sr Rajoy e o Sr Feijoo amparándose na crise, provocada pola Banca e os grandes monopolios que sufrimos as clases populares, é de que as aseguradoras, construtoras, laboratorios e mesmo bancos entren a facer negocio na Sanidade Pública, non se trata de mellorar a xestión, niso estaríamos todos de acordo, non é mellor a xestión privada que a pública tampouco se trata de facer sostible un sistema que xa é sostible, do que se trata é de poñer a andar as políticas neoliberais fracasadas de Margaret Thacher, de converter a sanidade pública nun negocio, por unha banda e por outra banda deixar unha sanidade de dúas velocidades unha de beneficencia e outra para quen poida pagarse os tratamentos.

O sistema é sostible xa que por cada 6 euros que no Estado Español, se dedican a Sanidade Pública, na Unión Europea dedícanse 9 euros e aínda así temos, con menos investimento, mellores resultados. Por que hai que atacar un sistema que nos beneficia a todos e todas e do que maioritariamente nos sentimos satisfeitos. A resposta é clara: Para convertelo nun negocio para uns poucos.

Se o sistema fose insostible, que non o é, do mesmo xeito que se meteron millóns de euros en socorrer á Banca Privada e se permite que os seus directivos, a pesar da súa nefasta xestión, se leven millóns e millóns de euros, non habería que socorrer o Sistema Sanitario Público antes que á Banca Privada, antes que ao ladrillo?

Agora o Partido Popular que recortar 7000 millóns de euros máis na Sanidade Pública, será para tapar o burato de Bankia? Pensará Núñez Feijoo poñer a xestionar á Sanidade Pública Galega a Rodrigo Rato ou a algunha das empresas nas que é directivo como por exemplo CAPIO Sanidade, da que tamén é accionista Ignacio López del Hierro, marido de Dolores de Cospedal e que se están facendo coa xestión de moitos hospitais e centros de saúde en varias comunidades autónomas ?.

Acaban de aprobar o  Real Decreto-Ley 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e que, como acabamos de dicir, recorta 7.000 millóns de euros na Sanidade Pública.

Mentres anuncian eses recortes, perdoan a ladróns, defraudadores, narcotraficantes e lles van permitir branquear os seus capitais, algúns deles manchados de sangue, a cambio de que paguen o 10% do defraudado.

Anuncian o incremento no repago dos medicamentos ós traballadores en activo e, por vez primeira, o repago dos medicamentos ós pensionistas, incremento no pago dos doentes crónicos, sempre esmagando ós colectivos máis desfavorecidos, e xa anuncian máis recortes, algún deles de carácter xenófobo o ir directamente contra os inmigrantes, repago de próteses e ortopróteses  e tamén o repago polo transporte sanitario non urxente. E deixando fóra da prestación a maiores de 26 anos e as mulleres separadas ou divorciadas que nunca cotizasen. Deixando fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, colectivo  en diminución pola crise, e que realiza un escaso uso dos servizos e un reducido gasto sanitario, pretendendo criminalizalos e culpabilizalos.

Tamén efectúan recortes nos cadros de persoal do Sergas que, por moito esforzo que fagan os traballadores e as traballadoras, acaban afectando á calidade asistencial que teñen dereito a recibir os doentes. Precarizan as condicións de traballo e recortan os dereitos laborais e tamén os seus salarios.

Dende o 2011 ata decembro do 2013 vanse xubilar 1.695 traballadores e traballadoras no Servizo Galego de Saúde co que unha parte do cadro de persoal fixo vaise reducir.

Hai que lembrar que a Xunta de Galicia foi a primeira en establecer un decreto de transporte sanitario non urxente que permitía cobrar ós usuarios e usuarias o Decreto 11/2011 do 20 de xaneiro, hai 14 meses. Agora di o Sr. Feijoo que non pensa aplicalo. Se non pensa aplicalo para que o fixo? Ou é que non pensa aplicalo este ano por que estamos en época electoral pero despois si que pensa aplicalo?

En Galicia temos unha poboación moi avellentada, xeograficamente moi dispersa e coas pensións máis baixas do Estado.

As medidas do Partido Popular van ter en Galicia unha especial incidencia, sobre todo entre pensionistas e enfermos crónicos. Como van pagar o trasporte sanitario pensionistas de Cedeira, Ortigueira, Mañón, etc cando vaian a recibir un tratamento de Diálise, Rehabilitación, Quimioterapia, etc no Arquitecto Marcide cando teñen unhas pensións medias que non chegan a 600 euros?

Como van a pagar o transporte sanitario non urxente cando teñan que acudir ó Centro Oncolóxico da Coruña a recibir un tratamento de Radioterapia?. Un transporte en ambulancia custa actualmente 50 euros o traxecto de ida e volta na mesma Área Sanitaria e a isto hai que sumarlle uns 50 euros se hai que ir a outra Área Sanitaria.

Canto suporá para un doente en diálise durante anos e anos? E para un doente que teña que recibir un tratamento de Radioterapia na Coruña?

Isto é o que acaba de Decretar o Partido Popular: Perseguir a pensionistas, inmigrantes e doentes crónicos.

Non falan de perseguir a fraude fiscal e mesmo a perdoan. Non falan dos 5.000 millóns e euros que tiveron de beneficio no ano 2010 as Mutuas de Accidentes de Traballo, moitos deles obtidos ao derivar á Sanidade Pública, como enfermidades comúns o que son enfermidades profesionais. Non falan de aplicar a Lei de incompatibilidades e sendo sabedores das moitas irregularidades e ilegalidades que se cometen, nesta comarca sabemos moi ben onde se fan esas prácticas fraudulentas, prefiren mirar para outro lado. Non diso non falan, prefiren perseguir a traballadores e traballadoras e a pensionistas.

A Xunta de Galicia espera ingresar coas políticas de repagamento 155 millóns de euros. Si se aplicasen medidas  baseadas na mellora da eficiencia e o uso racional dos recursos,  para mellorar a calidade e seguridade da atención sanitaria e os niveis de saúde da cidadanía:

Reducir nun 50% os medicamentos innecesarios. Reducir nun 50% os ingresos por reaccións adversas aos fármacos. Reducir nun 30% os efectos adversos durante a hospitalización. Reducir en 1/3 as estancias hospitalarias inadecuadas. Reducir nun 10% a frecuentación á urxencias hospitalarias que non son ingresadas. Traspasar o 25% das consultas hospitalarias á Atención Primaria. Suporía un aforro de 539 millóns de Euros. 384 millóns máis dos que se queren recadar co repago.

Debe quedar claro para todo o mundo que os recortes, privatizacións e ataques contra a Sanidade Pública non teñen nada que ver coa situación económica, non nos deixemos enganar, ten que ver cunha posición ideolóxica de querer acabar con ela e crear un imposto sobre a enfermidade  e sobra a vellez, establecendo copagamento en servizos onde non o había anteriormente. Non se busca mellorar a xestión do Sistema Sanitario Público o que se busca e á súa privatización. Non van a parar e ten que ser a cidadanía na rúa que paremos a súas políticas absolutamente regresivas.

A sanidade pública é un dos piares esenciais do estado do benestar, a atención sanitaria como un dereito dos cidadáns e o acceso aos servizos ten que ser universal e gratuíto, sen ningunha restrición. O financiamento da sanidade pública debe realizarse cos impostos dos cidadáns e a prestación debe ser fundamentalmente pública e, se fose posible, totalmente pública, o sector sanitario privado será, sempre que sexa preciso, subsidiario e complementario.

A Sanidade Pública é o ben máis prezado que temos, as maiores queixas son polas listas de espera, e en épocas de crise e paro, faise aínda máis necesario. Non deixemos que o convertan nun negocio.

A resposta a esa agresión e a eses recortes é a mobilización na rúa en Defensa da Sanidade Pública, Universal e Gratuíta, financiada a través dos impostos, coas mesmas prestacións como tiñamos ata a chegada do Partido Popular o Goberno do Estado e da Xunta e incrementando as prestacións que sexa posible incrementar.

O presente da Sanidade Pública está ameazado polas políticas neoliberais do Partido Popular, que so buscan o beneficio privado en detrimento do público. O futuro da Sanidade Pública vai depender da vontade que teñamos a cidadanía. O Partido Popular ten a maioría absoluta no Parlamento, pero non ten a maioría social, esa maioría social que considera a Sanidade Pública un ben imprescindible, pero que ten que manifestalo abertamente nas rúas, temos que conquistar as rúas temos que dicirlles abertamente a Rajoy e Feijoo que a Sanidade Pública non se toca nin moito menos se recorta.

Hoxe estamos en Ferrol mobilizándonos e estaremos máis veces, todas as que sexan preciso, non imos a parar, temos a razón e tamén temos a forza. O domingo día 3 de xuño as 12 da mañá estaremos na Alameda en Compostela.

A saúde non é un negocio nin é negociable.

Moitas grazas.

Ferrol a 24 de Maio de 2012.

Asdo./ Xosé Miguel López Pérez, portavoz da Pdspf.


A nova nos medios convencionais comarcais:

A concentración contra os recortes sanitarios congregou a máis de 300 persoas  [ir a 'Diario de Ferrol' - 25.05.2012]

[ir a 'La Voz de Galicia' - 25.05.2012]

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Fotos de Susete'70.

-----

Nova de interese:

Galicia | O Sergas pecha este verán o 10 % das camas, 117 máis que o pasado
Os centros con máis recursos operativos serán os do Área da Coruña | Por Elisa Álvarez - [ir a 'La Voz de Galicia' - 25.05.2012]
_____________________

mércores, maio 23, 2012

En toda Galiza están convocadas mobilizacións contras as medidas do goberno dereitista do PP que pretenden desmantelar a Sanidade Pública - En Ferrol a cita é para este Xoves 24 de Maio


CONTRA OS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

CONCENTRACIÓN
Xoves 24 de Maio ás 7 da Tarde
na Praza Amada Garcia
diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol


As medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta Galicia, introducen cambios fundamentais sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria.

Coas medidas aprobadas, o Partido Popular:

1º.-  Acaba  co  sistema  sanitario  universal  como  un  dereito  básico  da  cidadanía  e introduce un modelo de aseguramento no que para ter dereito á asistencia sanitaria no marco da Sanidade Pública  hai que ser “asegurado”, deixando fóra aos que non reúnan esa condición.

2º.- Deixa fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, colectivo  en diminución pola crise,e que realiza un escaso uso dos servizos e un reducido gasto sanitario. A desculpa do “turismo sanitario” non pode xustificar a perda do carácter universal do dereito á asistencia sanitaria. Tamén deixa fora aos maiores de 26 anos que non teñan “cotizado”.

3º.- Reduce a oferta de servizos da sanidade pública, crea tres grupos de servizos e introduce o  copago (repago) en servizos esenciais  como a prestación farmacéutica,  ortoprotésica, a prestación con produtos dietéticos e o transporte sanitario non urxente(diálise, rehabilitación, quimioterapia, etd). Creaunha Carteira  común de  servizos accesorios, que pode ser financiada co copago ou a través de aseguradoras  privadas. Os recortes nos servizos afectarán especialmente ás mulleres.

4º.- Establece un sistema de copagos que afectan esencialmente aos pensionistas e enfermos    crónicos,    dificultando    o    acceso    a    medicacións    e    prestacións    sanitarias indispensables para a súa saúde, converténdose nun novo imposto á enfermidade.

5º.-  Inclúe  un  novo  “medicamentazo”  xa  que  anuncia  a  retirada  das  prestacións farmacéuticas  da  carteira básica, incrementando o copago, e retira medicamentos moi usados do financiamento público.

6º.- Incorre en intromisións graves nas competencias da Xunta de Galicia, limitando a súa capacidade de organización da asistencia sanitaria, tal e como recolle o Estatuto de Autonomía.

7º.- Cambia as condicións laborais do persoal da sanidade pública, diminuíndo o seu número e precarizando as súas condicións de traballo, coa conseguinte perda de calidade no servizo prestado.

8º.- Privatiza a xestión de áreas sanitarias, hospitais e centros de saúde, encarecendo o servizo e empeorando a súa calidade.

---

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
23 de maio de 2012 08:42

____________________

mércores, maio 16, 2012

Pode a Xustiza investigar os recortes?


O Defensor do Paciente pediulle ao Fiscalía Superior de Xustiza de Galicia que investigue sobre os "recortes brutais" no SERGAS porque "atentan contra a saúde e a vida" dos cidadáns. Por exemplo, denuncia "infeccións cirúrxicas" nun hospital ferrolá, cuxo xerente o acusa de alarmista.

Nun comunicado de prensa, a asociación inclúe neses "recortes" o peche de hospitais e de centros de saúde e demoras na asistencia por falta de persoal médico-sanitario. Unha situación que provoca, "que a asistencia está a ser deficitaria" no que se refire a listas de espera. "O 100% dos cidadáns cunha espera prolongada chega cun agravamento que en moitos casos é irreversible", denuncia, ao que suma "urxencias colapsadas, atentando á intimidade" e "pacientes revoltos".

Neste sentido, o Defensor do Paciente lembra que os pacientes "non teñen como obrigación soportar a mala xestión dos que gobernan" ou a "incoherencia dos copagos que tamén atentan contra aqueles que non poden sufrilos".

Hospital Juan Cardona de Ferrol

Esta institución pon coma exemplo o que acontece no Hospital Juan Cardona de Ferrol. "Realizan certas actuacións que preocupan enormemente porque, ao parecer, estanse producindo numerosas infeccións cirúrxicas, sendo especialmente graves as que afectan os implantes de PTC e PTR".

"Hai uns días o xerente reuniu aos traumatólogos por este motivo e comentoulles que tivesen mais coidado. Un deles, que hai dous anos denunciara na Inspección Médica que o hospital lles obrigaba a reutilizar material desbotable despois de esterilizarlo e negouse a iso, comentou que podía ser debido a que se realizaban obras no bloque cirúrxico sen deter a actividade, a que o ritmo de intervencións era alto e que non había nin material suficiente nin tempo para esterilizarlo correctamente".

"Crear alarma"

Ante esta denuncia, o xerente deste hospital respondeulle ao Defensor do Paciente que "como sempre o seu interese era crear alarma e que o que tiñan que facer era ser máis coidadosos". "Entenderá esta preocupación como lexítima", dille esta institución no escrito ao fiscal superior de Galicia, ao que piden unha entrevista persoal para exporlle estes feitos.

Finalmente, pide unha investigación "e depuración de responsabilidades" por entender que "pode haber un presunto delito por pór en risco a unha poboación tal delicada como son os enfermos". "A enfermidade non é un xogo e isto parece ser o que cren os mandatarios de sanidade cos recortes que están a realizar", finaliza.

Fonte: Galicia Confidencial | A Coruña | 16/05/2012

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
16 de maio de 2012 17:32
__________________

domingo, abril 29, 2012

Unha multitude de traballadoras e traballadores desafiaron á chuvia e mobilizaron-se en Ferrol, baixo o lema "Coa educación e a sanidade non se xoga"


Unha multitude de traballadoras e traballadores desafiaron á chuvia e mobilizaron-se en Ferrol, baixo o lema "Coa educación e a sanidade non se xoga". Foi este domingo, 29 de Abril de 2012, nunha manifestación pola defensa dos servizos públicos da sanidade e da educación. A mobilización tiña lugar, despois de que o goberno español acordara unha serie de medidas económicas, nas que formulaba un recorte económico de 10.000 millóns de euros en sanidade e educación. Acordo moi grave, non só polo inxusto do recorte que imos pagar a Clase Traballadora unha vez máis, senón porque tan só pasaran uns días desde a aprobación dos orzamentos estatais, onde non se contemplaban tales recortes: improvisación ou tomadura de pelo? Non cremos que fora improvisación, todo teñen-no moi preparado e pautado, teñen razón as centrais sindicais convocadoras cando din que "Queren acabar con todo".

A manifestación partiu do Inferniño pasadas as 12 do mediodía. "Rajoi escoita o público non se toca", "Sanidade pública e universal, para todas igual", "Máis represión, menos cultura, isto é unha ditadura", "O público é servizo, o privado beneficio", "Si isto segue igual, Folga Xeral", "Europa escoita, o público non se toca", ... foron algunhas das consignas que se berraron no transcurso da manifestación. Esta rematou na Praza do Concello, onde Xoán Rubia leu un Manifesto da Plataforma Social en Defensa do Estado de Benestar e dos Servizos Públicos.

Perante a manifestación e posterior concentración, ademais das faixas das centrais convocadoras, podían-se ver faixas de de xubilados, da ANPA do IES Sofía Casanova, de Lazos ProSolidariedade e Sen Papeis de Ferrol, de Esquerda Unida, do Colectivo Forxa e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol.

As mobilizacións tiverón lugar en toda Galiza e no resto do, polo de agora, Reino de España. A manifestación estaba convocada polas centrais sindicais CCOO, UGT e USTG.

Fotos de Susete'70

Información baseada na enviada por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
29 de abril de 2012 15:27
______________

venres, abril 06, 2012

O goberno do, polo de agora, Reino de España elimina dos orzamentos a partida destinada ao Plan Nacional sobre a Sida

Nos orzamentos xerais do Estado, para este exercicio 2012, eliminouse a partida destinada ao Plan Nacional sobre a Sida. Deste departamento dependen a maior parte dos programas de prevención do VIH que realizamos as organizacións da sociedade civil. Todo fai prever que a decenas de miles de persoas, sobre todo a aquelas máis vulnerables, se lles privará dun dereito. O dereito a preservar a súa saúde. O dereito a non infectarse de VIH

Carlos Varela
Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol


LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975


Enviado por:
Elena Casal Mera (Google+)
-elenacasalmera@gmail.com-
5 de abril de 2012 23:34
_____________

luns, marzo 26, 2012

Apoio da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol á Folga Xeral do dia 29 de Marzo

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol (integrada en SOS- Sanidade Publica) adhírese á Folga Xeral, convocada polo conxunto dos sindicatos, polos EFECTOS NEGATIVOS DA REFORMA LABORAL SOBRE A SAÚDE.

Tamén participaremos nas dúas manifestacións que na comarca de Ferrol se van celebrar ese dia, lamentando que non se faga unha manifestación unitaria. As 12 horas estaremos no Inferniño na Manifestación de CCOO, UGT e USTG e os acompañaremos ata o Café Avenida, para logo, diante do Edificio da Xunta agardar pola convocada pola CIG e acompañalos ata a Praza de Armas.

A reforma laboral aprobada polo Goberno terá efectos moi significativos para a Saúde dos traballadores. A reforma modifíca o articulo 52.b do Estatuto dos Traballadores de maneira que permite o despedimento de aqueles traballadores que teñan ausencias entre o 20 ao 25% da xornada laboral, incluíndo nas mesmas ás baixas por enfermidade común de duración inferior aos 20 días, sen ter en conta a taxa de absentismo da empresa (tal e como sucedía ata agora en que se necesitaba que esta fose superior ao 2,5%).

Que significa esta modificación?

Que un traballador cunha xornada de 40 horas semanais pode ser despedido se esta 8 días de baixa en 2 meses.

Que efectos ten sobre a saúde esta situación?
  • Haberá unha diminución do número de baixas por enfermidade, sobre todo por procesos agudos, en que os propios traballadores serán os que non queiran unha baixa a pesar de estar enfermos, fenómeno este que xa se detectou nos últimos anos, debido ao aumento do paro.
  • Como as enfermidades non diminuirán, e máis que probable que as persoas que estean enfermas continúen traballando cos efectos que iso leva asociados: Diminución da capacidade de traballo, problemas na baixa do rendemento e/ou na calidade da produción.
  • Un aumento da accidentabilidade porque traballadores coas súas capacidades físicas diminuídas teñen unha maior propensión a padecer accidentes laborais.
  • A presenza de traballadores con enfermidades infecto-contagiosas nas empresas serán un risco para a propagación das mesmas na contorna laboral, e nos casos en que os traballadores teñen atención directa aos cidadáns converteranse nun foco de diseminación e contaxio da enfermidade.

Deixando de lado o que significa de perdida de dereitos dos traballadores, esta reforma implica tamén un risco para a saúde dos mesmos directamente e para o conxunto da poboación dun xeito indirecto, xa que vulnera algunhas das leis sobre saúde pública (Lei Xeral de Sanidade, Lei Xeral de Saúde Pública) e o articulo 43 da Constitución que garante o dereito á protección da saúde.

Asdo./Xosé Miguel López e Lois Méndez portoces da Pdspf.

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
26 de março de 2012 18:47
____________________

domingo, marzo 18, 2012

Continúa a campaña de recollida de sinaturas a prol da ILP en Defensa da Sanidade Pública


No día de hoxe, sábado 17 de Marzo de 2012, a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, continuou recollendo sinaturas a prol da ILP en Defensa da Sanidade Pública, en contra da xestión privada de Hospitais e Centros de Saúde,  polo mantemento das Áreas Sanitarias, polo desenvolvemento da Atención Primaria e contra o Copagamento.

No Barrio de Esteiro instalouse unha mesa entre as 11 e as 13 horas na que se recolleron máis de 200 sinaturas. En Ferrol xa superamos o número de 3000 sinaturas recollidas.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviados:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de março de 2012 23:12
__________________

sábado, marzo 17, 2012

Os veciños e veciñas da Graña levantan o peche


Na asemblea celebrada hoxe día 16 de marzo do 2012 ás 20 horas nos locais do consultorio médico da Graña, e convocada polas AA.VV. de : A Graña, A Cabana, Brión e Serantes ademais da plataforma pola defensa da sanidade pública de Ferrol:

Os veciños/as asistentes decidiron despois da votación na asemblea as seguintes propostas:
Dar por rematado o peche indefinido dos usuarios/as do consultorio MEDICO da Graña por:
Despois de máis de 15 días de peche indefinido e por razón humanitarias e ao constatar diversos problemas de saúde das persoas moitas delas cunha avanzada idade, que mantiñan o peche, como alteración das patoloxías que xa viñan padecendo hipertensión, diabetes, etc. que se viron alteradas por mor do peche (non seguir un proceso regulamentado de comidas, exercicio físico, etc.) ademais dos procesos de estres, ansiedade, etc, aconsellan proceder a dar por rematado o peche ininterrompido e facer unha vixilancia activa dos recursos materias para que non sexan trasladados a outras dependencias. Sempre trasladamos a opinión pública que estaríamos ata que o corpo aguantase pois a saúde das persoas é o máis importante.
Continuar a demandar a consulta de medicina e enfermaría como se viña desenvolvendo nos últimos 70 anos, no consultorio da Graña coa presenza física do médico e enfermeira.

Continuar coas mobilizacións e outras iniciativas diante do Defensor do Pobo, a Xerencia de Área Sanitaria e do Concello de Ferrol para que se desenvolva a actividade sanitaria no Consultorio da Graña, que por dereito e por xustiza coa presenza dun profesional médico da familia corresponde na actuación dende 1940 neste consultorio polo SERGAS.

Avaliar como positivo a decisión de non pechar as instalacións modernas do consultorio da Graña e de darlle utilidade ao investimento feito na adecuación para desenvolver actividade sanitaria, cunha utilidade para os veciños durante toda a semana.

Agardamos que os procesos e programas de enfermaría a desenvolver os luns, mércores e venres, polo SERGAS de 12 a 14 hrs. e actividade os martes e xoves de 12 a 14 hrs, polo Concello de Ferrol, axude a paliar as deficiencias de non contar cun médico de familia para exercer a súa actividade no consultorio da Graña a unha poboación de preto de 800 usuarios/as e cunha porcentaxe dun 35 % de maiores de 65 anos ademais da dispersión xeográfica no que moitos núcleos de poboación non dispoñen de servizo de transporte público axeitado.

Avaliamos como insuficiente a proposta feita no seu conxunto polo Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ferrol, ata conquerir que se repoña a consulta médica na Graña, e seguiremos a demandar das administracións competentes unha resolución satisfactoria ao conflito xurdido por un erro da Consellería de Sanidade da que os usuarios/as sofren ás consecuencias “os erros da administración xamais deben prexudicar aos cidadáns”.

Agradecer a todas persoas e entidades que amosaron a súa solidariedade coas persoas que mantiñan o peche e defenderon ás súas iniciativas, manifestacións, concentracións é manifestaron o seu rexeite aos recortes sanitarios como dificultar o acceso ao sistema sanitario no nivel máis básico “a accesibilidade ao médico de familia en atención primaria”, e comunicarlles a todos e todas que a loita continúa ata conquerir unha solución ao conflito que só ten unha solución “repoñer a actividade asistencial sanitaria no consultorio da Graña con profesionais de medicina de familia é enfermaría".

Aos usuarios da Graña, Brión, A Cabana e Serantes poderán intentar recortarlles os servizos sanitarios pero xamais poderán as administración públicas quitarlle a súa dignidade polo que seguirán a demandar o que por dereito e xustiza lle corresponde e ademais estarán moi vixiantes do cumprimento das actuacións sanitarias e socio-sanitarias indefinidas no tempo a desenvolver polo SERGAS e o Concello de Ferrol para que se cumpran os proxectos prometidos de atención aos cidadáns da Graña e o seu entorno e manifestar que a pesar da avanzada idade de moitos usuarios/as saberán recoñecer no futuro a quen tiveron da súa parte nesta loita, e quenes amosaron por acción ou omisión compracencia co peche do consultorio.

A Graña, a 16 marzo 2012.


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol



Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de março de 2012 08:31
_____________________

xoves, marzo 15, 2012

Lembrando que hoxe, Xoves 15 de Marzo, ás 7 da tarde, temos unha cita na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, en solidariedade coa veciñanza en loita polo Consultorio Médico da Graña e en Defensa da Sanidade Pública


As asociacións veciñais de Brión, A Graña, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña. O xoves 15 ás 19 horas na Praza de Armas de Ferrol haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que so pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro. Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.

Lembrar que os veciños destes barrios están a facer un peche no Consultorio desde a pasada semana. Acode ao centro e solidarízate cos veciños afectados.

Pensamos que detrás do peche do Consultorio da Graña pode agocharse a intención de pechar tamén os de : Ferrol Vello, O Val, Pedroso, Maniños, Mera e Espasante.

Se non nos mobilizamos en contra dos recortes da Sanidade Pública, cada vez teremos menos dereitos.

Nota de Última hora

Hoxe pola mañá houbo unha reunión coa Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Esta fixo unha proposta ás asociacións veciñais e a Plataforma que non foi aceptada por estas. Polo tanto, o peche no Consultorio como a Concentración seguen adiante. Ademais, hoxe pola tarde ás 19 horas, o médico e presidente de AMICOR Carlos Piñeiro ofrecerá no Consultorio da Graña unha Conferencia, e o venres a partir das 19:30 haberá unha actuación, tamén no Consultorio, da artista ferrolá María Manuela.

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Concentración en defensa do Consultorio da Graña: Xoves 15 de Marzo, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
14 de março de 2012 12:03

__________________

domingo, marzo 11, 2012

Concentración en defensa do Consultorio da Graña: Xoves 15 de Marzo, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol


Concentración en protesta polo peche do Consultorio da Graña e en Defensa da Sanidade Pública
Participa ! Non faltes ! Todas e Todos somos necesari@s

As asociacións veciñais da Graña, Brión, A Cabana e Serantes xunto á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol convocan un novo acto de protesta polo peche do Consultorio da Graña.

Este xoves 15 de Marzo de 2012, ás 7 da Tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, haberá unha concentración para demandarlle á Xunta de Galicia unha solución viable para o Consultorio da Graña; solución que só pode pasar pola dotación co persoal necesario ao centro. Non podemos permitir que o SERGAS aproveite unha sentenza xudicial para facer un novo recorte asistencial na nosa comarca.

Lembrar que as veciñas e veciños destes barrios están a facer un peche no Consultorio desde a pasada semana. Acode ao centro e solidarízate coa veciñanza afectada.

Se queres colaborar coa veciñanza pechada no Consultorio podes difundir a convocatoria descargando este cartaz, imprime e reparte o cartaz (A3 e pdf), pega no local da asociación, no sindicato, no mercado, na panadería, onde vexas que podes facé-lo, temos que axudar-nos entre todas e todos. A unidade e solidariedade na loita é moi necesáría.

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Concentración n'A Graña en defensa da sanidade pública contra o peche do consultorio médico - Vídeos - Galería Fotográfica

Ártabra 21: Hoxe, domingo 4 de marzo, ás 12 do mediodía na Graña, en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola defensa da sanidade pública

Ártabra 21: Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Vídeo

Ártabra 21: A veciñanza da Graña continua na loita pola defensa do Consultorio Médico - O Domingo 4 de Marzo concentración cidadán pola Defensa da Sanidade Pública - A loita veciñal nos medios

Ártabra 21: A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol manifesta a súa total oposición ao peche do Consultorio da Graña
_________________

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
11 de março de 2012 16:14
____________

mércores, marzo 07, 2012

Resposta da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, ante as calificadas como "sesgadas e desafortunadas" declaracións da Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que manifestou que "non hai ningún recorte nos servizos sanitarios"


Nota de prensa da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Saíndo ó paso das desafortunadas e sesgadas declaracións da Conselleira de Sanidade, efectuadas no día de onte os medios de comunicación.

Queremos manifestar o seguinte:
  • A Conselleira amosa un total descoñecemento sobre o que pasa na Sanidade Pública e máis concretamente no peche do Consultorio da Graña.
  • Non é certo que se teña producido descenso da poboación adscrita o Consultorio da Graña que leva aberto desde 1940.
  • Non é certo que a accesibilidade o Centro de Saúde de Serantes sexa máxima. Desde núcleos rurais como Liñares, Martín, San Cristobo, Brión, San Felipe, etc a comunicación, a través do transporte público, con ese centro de Saúde de Serantes e deficitaria e insuficiente e ningún dos autobuses conta con medios adaptados a discapacitados en cadeiras de rodas.
  • Descoñece a Conselleira que o Centro de Saúde de Serantes, aínda que con anos de retraso, vai ser ampliado proximamente, debido o espazo insuficiente, e por mor das obras a calidade asistencial vaise ver mermada, moito máis se lle envían os 800 usuarios/as do consultorio da Graña.
  • A Conselleira de Sanidade está utilizando unha sentencia xudicial, motivada por un erro administrativo do Sergas e da Consellería de Sanidade na oferta da praza e pola non comparecencia do Sergas e da Consellería de Sanidade no contencioso administrativo presentado polo facultativo que prestaba o servizo no Consultorio e contra o que os usuarios non teñen nada, para pechar unha instalación que leva 70 anos funcionando e que segue a ser absolutamente necesaria.
  • A Conselleira non sabe que a maior parte da poboación atendida no Consultorio da Graña e maior de 65 anos.
  • En Ferrol hai recorte nos servizos sanitarios xa que se pecha un Consultorio aberto nun local propiedade do Concello de Ferrol.
  • A Consellería está incumprindo, de maneira unilateral, un convenio co Concello de Ferrol, polo que este facilita un local e se fai cargo da limpeza e do mantemento e a Consellería presta a asistencia sanitaria no Consultorio da Graña.

Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, pensamos que o Alcalde de Ferrol é o Xerente da Área Sanitaria teñen que informar mellor á Conselleira de Sanidade do que pasa, xa que as súas declaracións amosan un descoñecemento total da realidade e non admisible nun membro da Xunta de Galicia.

O Alcalde da cidade é o que ten a chave para que se arranxe a situación, conta co respaldo de tódolos grupos municipais de Ferrol, e ten que defender a reapertura inmediata, esta semana, do Consultorio da Graña. Non pode andar con medias tintas e ten que de maneira decidida defender esta instalación que está pechada por decisión política e non por necesidades asistenciais.

El é o alcalde de toda a cidadanía de Ferrol, é presidente da Fegamp e ten un peso importante dentro do Partido Popular. A decisión do peche é política e a decisión da reapertura ten que ser tamén política. A solución e doada e barata

O Alcalde da cidade non pode ser un mero transmisor dos acordos do Concello, ten que defender os intereses da cidade. Neste caso os intereses dos veciños e veciñas de A Cabana, San Felipe, A Graña e Brión.

É de dereito e é de Xustiza.

Ferrol a 7 de marzo de 2012.

Asdo./Xosé Miguel López e Lois Méndez, portavoces da Pdspf

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Concentración n'A Graña en defensa da sanidade pública contra o peche do consultorio médico - Vídeos - Galería Fotográfica

Ártabra 21: Hoxe, domingo 4 de marzo, ás 12 do mediodía na Graña, en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola defensa da sanidade pública

Ártabra 21: Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Vídeo

Ártabra 21: A veciñanza da Graña continua na loita pola defensa do Consultorio Médico - O Domingo 4 de Marzo concentración cidadán pola Defensa da Sanidade Pública - A loita veciñal nos medios

Ártabra 21: A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol manifesta a súa total oposición ao peche do Consultorio da Graña
_________________

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
7 de março de 2012 12:56
_____________________