xoves, maio 29, 2008

O BNG débelle 3,7 millóns de euros ás caixas de aforros galegas

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.co,
Data: 27 de maio de 2008 23:11
Asunto: O BNG débelle 3,7 millóns de euros ás caixas de aforros galegas



O BNG débelle 3,7 millóns de euros ás caixas de aforros galegas

Caixa Galicia e Caixanova fixeron públicos os seus informes de goberno corporativo, nos que están obrigados a facer constar as operacións que realizan con partidos políticos e coa administración. Os partidos galegos débenlle ás dúas entidades financeiras ao redor de cinco millóns de euros. O BNG é, con diferenza, a forza cun descuberto máis importante, dun total de 3.714.000 euros, seguida a moita distancia polo PSdeG-PSOE, con 870.000 euros, e o PP, con 292.000.

Con respecto aos últimos anos, o BNG vai aumentando o seu saldo negativo coas caixas de aforros, dos 2.4 millóns que debía en 2005, aos 2.7 de 2006, até a cifra actual de 3.7. Pola contra, dende ese mesmo ano 2005 no que se produciu o cambio de goberno na Xunta o PSOE foi rebaixando a súa débeda, dende o 1.1 millóns até os 870 mil actuais. Pola súa banda, o PP sempre se moveu en cifras moi inferiores, chegando a un máximo en 2006 (672 mil euros de débeda), moi reducido doce meses despois.

Por entidades, Caixa Galicia é o principal acreedor de BNG e PSdeG-PSOE, mentres que o PP concentra a súa débeda na entidade viguesa. A parte máis importante da débeda dos partidos corresponde a cantidades arrastradas doutros exercicios, sendo o BNG a única forza que xestionou empréstitos de importancia no 2007, uns 600 mil euros con Caixanova a un ano, e 335 mil con Caixa Galicia a 24 meses.

Concellos endebedados

O Concello da Coruña é o que acumula unha débeda total máis importante coas dúas caixas galegas, sumando máis de 79 millóns de euros. A moita distancia atópase Ferrol, con 22 millóns de euros, aínda que en proporción co seu orzamento esta resulta unha cantidade importante. Na mesma situación están Pontevedra ou Lugo, con débedas de 18.3 e 15.6 millóns respectivamente. Todas estas cidades teñen negociado estes empréstitos e avais con Caixa Galicia.

Outros concellos máis pequenos que tamén deben cartos ás entidades financieiras con Carballo (4.2 millóns), Oleiros (4.2), Arteixo (3.2), Vilalba (2), Ribeira, Noia e Betanzos (1.7 cada un), A Pobra do Caramiñal (1.6) e Fene e Monforte (1.1). En canto ás restantes entidades públicas, destaca a débeda contraída pola Universidade de Santiago, que recibiu case 18 millóns de euros de Caixa Galicia.

Documentos

___________

Noticia publicada por Vieiros


Creative Commons License

Vieiros está baixo unha licenza Creative Commons.
______________

mércores, maio 28, 2008

Concentración Pacífica na defensa do Cabo Primeiro da Fragata Extremadura Jorge Miguel Gago Chao

De: santiago diaz-garzón morillo -xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 28 de maio de 2008 15:32

Asunto: Concentración Pacífica na defensa do Cabo Primeiro da Fragata Extremadura Jorge Miguel Gago Chao



CONCENTRACIÓN PACIFICA E SILENCIOSA
Mans Brancas
CONCENTRACIÓN PACIFICA E SILENCIOSA


O VENRES, 30 DE MAIO, ÁS 12:30 hrs.
FRONTE Á ENTRADA AO ARSENAL MILITAR DE FERROL

APOIANDO AO CABO PRIMEIRO
JORGE MIGUEL GAGO CHAO

EXPEDIENTADO POR DICIR A VERDADE DO ACCIDENTE DA FRAGATA EXTREMADURA [*]

Transparencia e Claridade !
______________

[*] Refirense ao estourido dunha caldeira do buque o 19 de decembro de 2005. No accidente, faleceran o mariñeiro Erik Noval Gómez e o cabo Javier Pérez Castrillón.
__________

Noticia de Europapress.-
O cabo Chao denuncia ante o xuíz presións da Armada para que non fale sobre o sinistro da Fragata Extremadura
Mantén que desapareceron documentos que probarían que altos mandos coñecían a situación de perigo que provocou o accidente

Galicia - Hoxe
EN PRIMEIRA PERSOA
“Os mandos puideron evitar o sinistro”
O cabo primeiro, Jorge Miguel Gago Chao, perdeu en decembro de 2005 dous amigos no tráxico accidente da fragata ‘Extremadura’. A súa denuncia sobre a neglixencia da Armada na explosión e a “desaparición de probas” reabre este caso
Por PATRICIA HERMIDA

Jorquera pregunta por posíbeis novidades na investigación do accidente da Fragata Extremadura
[GZnación / Redacción / 23 Mai 08]
___________

Esixen que se aclare o destino dos 278.182 € comprometidos para a construción do local veciñal de Canido

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de maio de 2008 22:42
Asunto: Informacion iniciativas BNG



Informacion iniciativas BNG

---------- Forwarded message ----------
From: BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Date: 2008/5/28
Subject: RV: Informacion iniciativas BNG
To: BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-


O BNG esixe que se aclare o destino dos 278.182,01 € comprometidos para a construción do local veciñal de Canido.

O grupo municipal do BNG esixiu esta mañá ao goberno local que aclare o destino dos 278.182,01 € comprometidos pola empresa Albantur para a construción do local veciñal de Canido, logo de que a construción deste inmoble sexa asumida pola Vicepresidencia da Xunta de Galiza.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, emprazou ao Alcalde da Cidade o socialista Vicente Irisarri a aclarar primeiramente se o Concello xa procedeu a cobrar este importe, pendente de aboar desde o ano 2005, e por outra banda a saber se o mesmo vai ser invertido polo Concello en melloras para este barrio ou se vai adicar a outros fins.

Para o BNG, logo de que a construcción do Centro Cívico de Canido vai ser costeada na súa integridade pola Vicepresidencia da Xunta de Galiza, compre esclarecer que vai acontecer con esta cantidade de diñeiro que a empresa Albantur debe aboar ao Concello como compensación polas melloras urbanísticas do seu proxecto de urbanización da rúa Pérez Parallé ao trocar os usos hoteleiros dun inmóbel por usos residenciais.

Xoán Xosé Pita defendeu a necesidade de que exista a máxima transparencia posíbel neste tema, posto que este barrio ten moitas deficiencias que poderian ser subsabadas con estes fondos económicos que non se van invertir no que estaba previsto.

Como se lembrará a finais do ano 2005 o Pleno do Concello tomaba o acordo (coa única abstención do BNG) de "aceptación remuneratoria da entidade Albantur para a construcción dun local para a asociación de veciños de Canido". Que contemplaba a cesión dun solar, na rúa Alegre (antiga Fenya) e o pago de 278.182,01 € para o fin antes mencionado.

Ferrol a 28 de maio de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
--
Xosé Manuel Pazo Blanco
manolopazo@gmail.com
_______________

Non máis bombas de acio

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 28 de maio de 2008 17:14

Asunto:Non máis bombas de acio


Non máis bombas de acio

---------- Forwarded message ----------
From: Raquel Pérez -xabaquela@mundo-r.com-
Date: 2008/5/28
Subject: Non máis bombas de acio
To: lupe ces -lupeces@gmail.com-


As bombas de acio mutilan e matan a miles de nenos aínda anos logo de caer. Políticos en Dublín están negociando un tratado que podería prohibir o seu uso? fai oír a túa voz:

NON MAIS BOMAS DE ACIO!

Amig@s,

Esta semana, en Dublín, finalizaranse as negociacións para un acordo mundial sobre as bombas de acio. Compañías produtoras de armas en moitos dos países están presionando a gobernos crave para diluír o tratado con lagoas xurídicas. Temos dous días para recordarlles a eses mandatarios que traballaban para nós?os seus cidadáns, e non para as elites económico-militares.

Estas bombas non matan só durante as guerras, se non meses e anos despois. As pequenas submuniciones que conteñen seguen activas e explotan cando os nenos ou outras persoas recóllenas, deixando miles de feridos e mutilados e matando a moitos inocentes. A maioría dos países apoian a súa erradicación completa, pero un grupo de políticos?incluíndo a delegación de España, queren debilitar o tratado enchéndoo de "peros" e excepcións.

Se centos de miles de nós mobilizámonos antes do fin das negociacións este venres, poderemos convencer aos gobernos que dubidan entre un tratado estrito ou un que ceda ás demandas das produtoras de armas. Segue o enlace seguinte para unirche á campaña e enviar unha mensaxe aos gobernos en Dublín:

http://clusterviena.wordpress.com

As negociacións e o futuro tratado son o froito de anos de arduo labor de centos de miles de cidadáns e activistas. Un dos pioneiros do movemento, o serbio Brainslav Kapatanovic, perdeu ambas as pernas e mans, e gran parte dos sentidos da vista e o oído. Brainslav está en Dublín loitado por un tratado, e escribiunos isto pedindo o apoio do Mundo:

A bombas de acio son das máis perigosas hoxe en día. A maior parte das vítimas son civís. Este tipo de armas non teñen lugar nun mundo civilizado.

Esta semana a maioría dos gobernos do Mundo reuníronse en Dublín para acordar un tratado sobre este tipo bombas. É un momento histórico para a comunidade internacional. Algúns gobernos están intentando debilitar o tratado con excepcións que permitan o uso de certos tipos de bombas de acio. É inaceptable pór os intereses de industria militar por diante das persoas como eu.

Os gobernos dos países ricos non sempre escoitan ás vítimas de conflitos que parecen afastados, pero si escoitan aos seus propios cidadáns. Por favor manda unha forte mensaxe ao teu goberno e pídelle que apoie un tratado para a prohibición absoluta de bombas de acio.

Activistas como Brainslav loitaron durante anos para obter a reunión en Dublín, e están moi preto de gañar. Necesitan da nosa voz colectiva para amplificar a súa mensaxe. Segue o enlace seguinte para mandar unha mensaxe urxente e ver o mapa interactivo para ver cales países aínda producen ou reservan bombas de acio:

http://www.avaaz.org

En 1997, un movemento popular marcou unha vitoria para a humanidade e gañou o premio Nobel da Paz logrando prohibir as minas terrestres. Esta semana o noso movemento podería tamén facer historia e salvar miles de vidas.

Con esperanza,

Ben, Pascal, Ricken, Galit, Graziela, Paul, Iain, and Veronique ? todo o equipo de Avaaz.

PD: Para saver máis podes visitar:
http://www.stopbombasracimo.org
http://www.elmundo.es

A ambigua posición española:
http://actualidad.terra.es

Sobre Avaaz?

Avaaz é unha organización independente e sen ánimo de lucro cuxa misión é asegurar que os valores e opinións da maioría da xente sexan tomados en conta nas políticas que nos gobernan. "Avaaz" significa "voz" en varios idiomas asiáticos e europeos. Avaaz non acepta diñeiro de gobernos nin de empresas e o seu equipo esta baseado en oficinas en Londres, Nova York, Wáshington, Xenebra, Paris e Rio de Janeiro. Non se che esqueza visitar as nosas páxinas Facebook e Myspace e Bebo

Avaaz ten oficinas en Nova York, Rio de Janeiro e Londres. Poder escribir ao 260 Fifth Avenue, 9th floor, New York, NY 10001 Ou.S.A.
____________________

Enlaces relacionados:

Noticias publicadas no xornal estatal "Público"

Entre os seus produtos figuran "granadas de mortero", minas anticarro , grandes bombas penetradoras de aviación e as tristemente soadas "bombas de racimo". ...

... a utilizar bombas de racimo, de fósforo branco, ambas prohibidas pola IV Convención de Xenebra, e outras armas químicas ata o momento non identificadas. ...
_________________________

domingo, maio 25, 2008

Martes 27 de Maio, Asemblea xeral Ordinaria da Plataforma Ártabra 21, ás 7 da tarde nos locais do Ateneo Ferrolán

ASEMBLEA ORDINARIA DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21
27 maio de 2008

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, convócavos para unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ás 7 da tarde do martes día 27 de Maio no ATENEO FERROLÁN.

Orde do día:
  1. Lectura e aprobación , se procede, da ACTA da ASEMBLEA anterior.
  2. Estado de contas.
  3. INFORMACION XERAL - URBANISMO: SARTAÑA; RECIMIL; PRAZA DE SARTAÑA; PRAZA DE PORTA NOVA- PRAZA DE ESPAÑA ; MENÁNCARO.
  4. DESEMBARCO DE MERCADORIAS INSALUBRES E PERIGOSAS NOS PORTOS DE FERROL.- CLINKER.
  5. DEBATE E ANALISE DE INSTALAR UNHA CELULOSA EN FERROLTERRA.
  6. MANIFESTACION DO DÍA 8 DE XUÑO CONTRA A PLANTA DE GAS.
  7. Suxestións e preguntas.
Ferrol a 23 de maio de 2008.

A Xunta Coordinadora –
Asdo.
Amadeo Varela
José R.Jove
Inacio Martinez
Juan E. Fernandez
Bruno Lopes
Xosé M. Sanxoán
______________

De novo La Voz de Galicia pública unha intencionada información "non veraz" sobre REGANOSA

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de maio de 2008 23:12
Asunto: NOVAS INEXACTITUDES DE "LA VOZ DE GALICIA"


NOVAS INEXACTITUDES DE "LA VOZ DE GALICIA"

NOVAS INEXACTITUDES DE "LA VOZ DE GALICIA"
POR FAVOR CIRCULAR ESTA MENSAXE ENTRE AMIG@S E COÑECID@S
NON PERMITAMOS MANIPULACIÓNS E FALSIDADES NOS MEDIOS

Remítennos un artigo sobre Reganosa, publicado hoxe en "La Voz de Galicia", para comentalo. Está escrito, por B. Couce e contén unha valoración tergiversada sobre a produción de gas natural por as plántas regasificadoras españolas durante o mes de abril. A interpretación basta que se fai dun informe de Enagás de data 21 de maio de 2008 parece indicar que Reganosa ten un papel destacado no conxunto do estado español. Nada máis lonxe da realidade.
[ver o artigo en: http://www.lavozdegalicia.es]

Vaiamos á noticia publicada hoxe sábado día 24 de maio de 2008. Titúlase así:

"A planta de gas da ría ten xa un maior uso que as de Huelva e Cartaxena".

Aqueles lectores que soamente len os TITULOS das noticias entenderán que Reganosa ten xa un papel relevante no sector do GNL. No entanto, nunha parte do artigo di que o de "maior uso" refírese á PORCENTAXE de utilización, pois compara o rexistrado por Reganosa, que é do 47% [da súa capacidade total] fronte aos de Huelva e Cartaxena que son do 43% e 39% respectivamente. Di tamén que esta capacidade equipárase á planta máis grande do país, a de Barcelona. O lector sinxelo e como se adoita dicir "da rúa", non vai entrar no tema das porcentaxes ou no seu significado e menos para este caso. A estes lectores quédalles a mensaxe de que Reganosa "úsase" máis que as súas irmás de Huelva e Cartaxena e xa se "tutea" coa de Barcelona.

Por esta razón e analizando o informe de ENAGAS cremos que sería máis profesional e veraz o artigo se se escribiu como segue:

Titular: "A planta de gas da ría de Ferrol foi a de menor uso de todas as plantas españolas"

Redactamos o artigo:

Segundo o último informe(*) de ENAGAS, a subministración de gas natural inxectado á rede nacional durante o mes de abril por parte das regasificadoras españolas foi dunha media de 136.303 m³ GNL/ día, é dicir, 931 GWh /día.

A cifra total mensual (mes de abril) en termos absolutos foi de 27.594 GWh dos cales Reganosa forneceu 1670 GWh, o que representa un 6% do total nacional. As porcentaxes das outras plantas foron: Barcelona, 25´50%, Huelva 19%, Cartaxena 15%, Bilbao 15% e Sagunto 19´5%, polo que Reganosa foi a regasificadora española de menor produción.

O mesmo informe indica, páxina 8, que Galiza consumiu no mes de abril soamente o 2% do total nacional, uns 893 GW.h., o que significa que Reganosa tivo que exportar á "meseta" a metade da súa regasificación. É moi significativo que habendo traballado Reganosa ao 47% da súa capacidade teña que "exportar" fóra de Galicia a metade dese gas regasificado, logo de fornecer gas natural ao conxunto dos consumidores galegos.

Por outra banda, non debemos esquecer que España está recibindo gas por gasoduto desde Alxeria nunhas condicións contractuais moi estritas xa que debe consumir a cantidade de gas contratado de forma prioritaria pois se non o fixese tería que pagalo igual. Ademais, a partir de finais do próximo ano porase en funcionamento outro gasoduto, de nome MEDGAZ (desde Omán ata Almería) o que complicará máis a operatividade das regasificadoras españolas ao aumentar a dispoñibilidade de gas por gasoduto, un gas moito máis barato que o GNL e xa que logo máis atractivo para os consumidores. A crecente demanda de gas natural licuado dos países do Leste (China, India, Corea e Xapón, máis recentemente EE.UU.) está facendo subir o prezo deste gas de forma notoria, chegando ata a desviar buques gaseros da súa ruta orixinal cara a outros clientes dispostos a pagar un prezo superior.

Terminamos o artigo. Parécevos máis clarificador?

Máis comentarios: Unha vez en funcionamento o novo gasoduto MEDGAZ a capacidade total das regasificadoras españolas estará tan sobredimensionada que o presidente de ENAGAS, Sr. Llardén está propondo que España sexa o "HUB" do gas natural licuado de toda Europa. Isto significa que seremos os subministradores de gas de Europa, soportando todos os riscos e molestias que supón estas plantas tan perigosas e máis aínda no noso caso ao tela en fronte das nosas casa e nunha ría moi angosta e sen saída dos buques gaseros en caso de urxencia. Estas declaracións de Llardén supón unha clara evidencia de que a planta de Reganosa non era necesaria. Así mesmo, tampouco vemos a necesidade de construír outra planta regasificadora en Xixón.

Queremos aclarar que este Colectivo universitario está soamente en contra da localización da planta de Reganosa e non entramos na maior ou menor rendibilidade das empresas gasistas. Soamente queremos aclarar as mensaxes confusas e manipuladores sobre esta perigosa e ilegal planta de gas que se adoitan verter de forma intencionada en certos artigos xornalísticos.

Sabemos que esta planta será, ao final da súa historia, un símbolo da incompetencia dos seus promotores, dos políticos e medios de comunicación que a apoiaron. Estamos confiamos en que tarde ou cedo, o Tribunal Supremo ditará de forma inequívoca unha sentenza xudicial contra a localización da planta.

Saúdos,
www.f-cape.org

(*) O informe pódese consultar en http://www.enagas.es
_______________________
Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor a Planta de gas (GNL) dá ría de Ferrol.
__________________________-

Segundo e terceiro día da Folga de Fame do activista do Movimento Humanista, Jose Álvarez, na campaña europea "Non ao Escudo Estelar"

De: santiago diaz-garzón morillo -xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de maio de 2008 03:45
Asunto: Segundo e terceiro día da Folga de Fame do activista do Movimento Humanista, Jose Álvarez, na campaña desarmaentista "Non ao Escudo Estelar" que pretende instalar EE.UU. en Europa coa complicidade de varios gobernos europeos


Segundo e terceiro día da Folga de Fame do activista do Movimento Humanista, Jose Álvarez, na campaña desarmamentista, pacifista e antimilitarista "Europa di Non ao Escudo Estelar" que pretende instalar EE.UU. coa complicidade de varios gobernos europeos

Maio 23, 2008
Segundo día de folga de fame en Ferrol

SEGUNDO DÍA DE FOLGA DE FAME EN FERROL

A xente facilitou unha mesa, cadeira, materiais para facer unha pancarta.

Foron chegando apoios de todas as idades e condicións

Necesitamos máis xente, computadores portátiles, máis pancartas, ...

Imprescindíbel:

O vídeo sobre o escudo estelar

Presidio permanente e folga de fame indeterminada en Bolonia



Maio 24, 2008
Terceiro día de folga de fame en Ferrol

JOSE ÁLVAREZ CONTINÚA DIFUNDINDO COA SÚA FOLGA DE FAME
A CAMPAÑA NON AO ESCUDO ESTELAR

A súa acción ten sentido porque a campaña vai logrando máis difusión e activismo en toda Europa, co cal imos gañando en presión popular. ¡É posible impedir que se estableza esta base militar no corazón de Europa!!. É necesario que as persoas, colectivos e organizacións de Ferrol non permanezan indiferentes e fagan súa esta campaña. A súa intención é continuar coa folga de fame, pero para que repercuta ao mínimo na súa saúde pedimos desde aquí voluntarios que queiran facer quendas de 24 horas de xaxún para relevarlle.

É necesario asinar a petición e conseguir o maior número de firmas. Necesitamos que se achegue xente con computadores portátiles para facilitar a recollida de firmas en liña.

Imaxes da campaña Non ao Escudo Estelar en diversas cidades

Enlace coa noticia orixinal
______________

sábado, maio 24, 2008

A Concellaría de Participación Cidadá quere poñer en marcha un proceso de diálogo social, para traballar a proposta de Participación Cidadá

Estimada Señora, Estimado Señor:

A Concellaría de Participación Cidadá quere poñer en marcha un proceso de diálogo social, que integre ás entidades asociativas do municipio, así como ao propio Concello e ao conxunto da cidadanía na identificación de espazos de interese compartido e a súa tradución en propostas de traballo consensuadas. Preténdese, en definitiva, promover a participación cidadá e asentar potencialidades de cooperación entre os axentes sociais e a institución municipal.

Como punto de arranque deste proceso, o próximo mércores 28 de maio, celebrarase a primeira xuntanza do Grupo de Traballo conformado polo tecido asociativo ferrolá coa idea de traballar a proposta de reforma do Regulamento de Participación Cidadá. A reunión celebrarase no Salón de Plenos do Concello ás 20:00 h. Nesta Comisión realizarase unha reflexión colectiva acerca das necesidades que afronta a participación desde as asociacións e da cidadanía, así como das potencialidades que pode incorporar o proxecto de reforma do Regulamento de Participación Cidadá do Concello.

Neste sentido, quixéramos transmitirlle o noso interese en contar cunha representación da súa entidade, coa idea de que as cuestións abordadas e as conclusións que se formulen poidan ser do seu interese. Para calquera cuestión pode chamar ao teléfono de coordinación técnica do proceso (Rosa Muñíz Castro 627 570 949) ou da Concellaría de Participación (981 944 000 ext 219).

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

Javier Galán Pérez

Concelleiro de Participación Cidadá
___________________

Folga de Fame de Jose Álvarez, do Movimento Humanista, na Praza do Concello de Ferrol, dentro da campaña: "Europa di non ao Escudo Espacial"

Comunícovos o meu intento de contribuír á difusión da campaña "Europa di non ao Escudo Espacial" en Ferrol (unha das cidades máis militarizadas de Europa desde fai practicamente tres séculos) iniciando fronte ao Concello da cidade unha folga de fame indefinida a partir do mediodía do xoves 22 de maio.

Como cidadán europeo -nacido nesa cidade- no exercicio dos seus
dereitos (como mensaxeiro de Silo, en espírito) servireime da comunicación directa con toda persoa que se aproxime exhortando a todo o mundo a difundir a campaña e a colaborar cos obxectivos fixados na mesma con todos os medios non-violentos ao noso alcance.

Debo de dicirvos que tal como preséntanse as cousas inicio esta campaña só, a corpo descuberto e sen fárragos loxísticos. Aberto a todo o mundo (a toda individuo ou organización que vexa de interese común sumarse nesta denuncia) a miña intención está dirixida a lograr que a xente mesma -non indiferente ao obxectivo- sexa a que sobre a marcha proporcione os medios necesarios para ampliar as nosas comunicación e a difusión resultante. Pola miña banda, comezo a campaña tan só cunha cartolina pintada a rotulador e un teléfono móbil.

Un saúdo moi cordial, cun abrazo, para todos os amigos.

Jose.

PD.1: Proporciono aquí o múmero do meu teléfono móbil (José Alvarez: 696928977) para todo o que queira porse en contacto comigo, recordándovos que é conveniente deixar unha mensaxe previa -de texto ou de voz- se se chama desde un teléfono que aínda non figure na miña axenda, pois para saber en todo momento con quen estou falando non responderei aos números que non recoñeza.

PD.2: Como carezo de coñecidos con experiencia nunha folga deste tipo, agradecereivos tamén se me facedes chegar algunhas recomendacións sanitarias que puidesen ser de utilidade para inimizar o dano á miña saúde. Moitísimas grazas.

______
Noticia enviada por:
santiago diaz-garzón morillo -xantia@mundo-r.com-
Jose Manuel Aracemi -josemanuelaracemi@hotmail.com-

Enlace co artigo orixinal

Enlace coa web da campaña:
"Europa di non ao Escudo Espacial"


Nota.-
Foto: Primeiro día de folga de fame ferrol
__________________

xoves, maio 22, 2008

Aumentan as amezas de REGANOSA: Manifestación en Ferrol o 8 de Xuño

>De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de maio de 2008 19:09
Asunto: XUÑO 8 : MANIFESTACION CONTRA AS NOVAS AMEAZAS DE REGANOSA


XUÑO 8 : MANIFESTACION CONTRA AS NOVAS AMEAZAS DE REGANOSA

Reganosa é o maior escándalo de corrupción política, económica e mediática da democracia e pode chegar a converterse nunha enorme traxedia de seguir coa súa actividade no interior da ría. Non existen medios materiais nin técnicos capaces de evitala diante dos elevados riscos de accidentes.

Tras 8 anos de loita, en defensa da vida e do ben común, agora, ante as NOVAS AMEAZAS DE REGANOSA:

- Voadura da canle de entrada a ría.
- Ampliación da capacidade de regasificación.
- Transporte de GNL en camión cisterna.
- Emprazamento da Celulosa na nosa Ría

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Convoca unha MANIFESTACIÓN
Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas, no Porto de Curuxeiras – Ferrol

Nunca é tarde para defendernos, nunca é tarde para evitar unha traxedia.
¡ Movilicémonos ¡
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Acude e da difusión
_____________________


_________

Boletín nº 14 do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/
______________________

Comeza a privatización da Caixa de Aforros de Galicia

Privatización da Caixa de Aforros
A Dirección de Caixa Galicia prepara a saída a bolsa
A privatización da primeira Caixa de Aforros do país entra na súa fase final, a Dirección da empresa prepara a súa saída a bolsa coa emisión de cotas participativas, instrumento semellante ás accións que cotizarán en Bolsa. Esta posíbel emisión, que debería ser aprobada pola Xunta de Galicia, súmase á entrada de capital privado na Corporación Caixa Galicia.
logo Caixa Galicia

É público que a federación de Banca da CIG non comparte o modelo de xestión da Caixa Galicia e, nestes últimos anos, ten denunciado en numerosas ocasións a reconversión incesante que sacude á entidade galega desde o ano 2005. “Non podemos estar a favor dun novo modelo de xestión empresarial neoliberal e, polo tanto, especulativo no económico e moi agresivo no laboral. Unha xestión que nos ten levado a onde estamos hoxe”, afirman desde a sección sindical da CIG de Caixa Galicia.

Xunto a isto, explican que ao longo dos últimos meses o persoal, nomeadamente o da rede de oficinas, tivo que facer fronte con moi pouco apoio da Dirección, a numerosos rumores sobre a situación da Caixa. Porén, engaden que malia non compartir o modelo de xestión, “desde a CIG gardamos silencio público por responsabilidade. Agora, ante os novos pasos que pretende poñer en marcha a Dirección, é o momento de dicir: ata aquí chegamos”.

As diferentes axencias de cualificación alertaron xa o pasado ano da excesiva exposición de Caixa Galicia ao sector do ladrillo, rebaixando a cualificación da débeda e alertando sobre posibles riscos para a solvencia, o que unido á crise financeira internacional podía provocar falta de liquidez.

Neste senso as noticias sobre Astroc, Colonial ou agora sobre a aplicación da Lei Concursal á inmobiliaria Urazca, son malas noticias anunciadas, froito da especulación no sector do ladrillo.

Ante esta situación, explica a sección sindical, a Dirección da Caixa ten afrontado a crise con medidas dispersas para incrementar recursos propios mellorando o core-capital e para conseguir liquidez: a venda de préstamos de difícil cobro; as desinversións de participacións en empresas; a entrada de capital privado na Corporación ou o anuncio da posíbel venda dos locais das oficinas de fóra de Galiza son algunhas delas. Todas estas medidas provocaron e provocan rumores e incerteza entre os clientes e os traballadores e traballadoras.

Agora, nunha fuxida cara adiante, a Dirección de Caixa Galicia pretende solicitar autorización á Asemblea Xeral para a emisión de cotas participativas, apostando pola entrada de capital privado e polo tanto pola privatización da Caixa de Aforros de Galicia.

“Sempre dixemos que ese era o obxectivo da Dirección, reconvertir a Caixa para privatizala; o tempo unha vez máis pon a cada un no seu sitio”, subliñan.


Enlace co artigo orixinal na páxina da CIG


____________________

mércores, maio 21, 2008

Día Internacional das Mulleres pola Paz, o Desarme e a Desmilitarización


A Coordenadora Comarcal de Ferrolterra, organiza o sábado 24 de Maio, a proxeçom do filme AS TARTARUGAS TABÉM VOAM. Este filme, que tem a característica de ser protagonizado por crianzas que vivem nos campos de refugiados, mantém entre o realismo, a fiçom e mesmo algumha pincelada cómica, o drama da guerra na mais descarnada das súas olhadas, o futuro negado às crianzas. A pequena protagonista do filme queda atrapada e sem saida numha realidade de violencia patriarcal estrema.

Ao remate da proxeçom invitara-se ás pessoas asistentes a compartilhar as suas reflexons. Será o sábado 24 às 19hs no salom de actos do Ateneo Ferrolán.
_____________
24 de Maio de 2008

Coordenadora Local de Ferrol da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Enlaces de interese:
___________

Atila en Galiza

Atila en Galiza
12:26 20/05/2008
de Xabier Vázquez Pumariño

Unha das leis máis interesantes que o goberno bipartito saca adiante, a lei sobre a paisaxe, non está a recibir cobertura mediática á altura do que merece nin da transcendencia que (quizais) vaia ter dita lei. Tampouco vexo que na rúa nin en ámbitos máis concretos haxa moito debate sobre o tema, a pesares das xornadas que organizou o Consello da Cultura Galega. Non sei cal pode ser a explicación ante tal mostra de molicie. A non ser, claro está, que a paisaxe nos sexa completamente indiferente. Quen o diría!

Poderiamos verter toneladas de análises conceptuais sobre a paisaxe, a súa concepción teórica, acepcións en diferentes linguas, culturas e contextos, as súas compoñentes, percepción, obxectivación, etc. pero quizais baste dicir que efectivamente é algo subxectivo, inda que non por iso pouco importante ou obxectivable; podería dicirse, intersubxectivo.

Así que unha lei sobre a paisaxe vén a darlle caracter xurídico a un ben. Ata agora non o tiña. Podiamos dicir que tal ou cal actuación estragaba tal ou cal paisaxe en maior ou menor medida sen que iso tivera maior transcendencia que un berro no medio dunha noite solitaria. Tamén vén a cualificar e cuantificar as paisaxes, en certo modo a darlle contido á intersubxectividade de todos os galegos e galegas (ou non).

Así que políticos de todas as divisións e pelaxes, técnicos, empresarios, cidadáns de todo tipo, lugar e condición non saben o que se lles vén enriba. Creo que algúns (políticos) poderán pensar que como aprobaron tan demoníaco instrumento porque, en definitiva, a valoración paisaxística vaise ter que incorporar aos estudos de avaliación ambiental estratéxica, aos estudos de impacto ambiental, etc. Ningún plan, programa ou proxecto que teña caracter territorial vai quedar á marxe. Sen dúbida debería ser unha celebración para todas aquelas persoas que teñan un mínimo de sensibilidade polo territorio, un mínimo de amor polo país, un mínimo de responsabilidade coas xeracións futuras, un mínimo de consideración polo medio ambiente e un mínimo de respecto pola memoria colectiva e a historia.

Ata aquí todo ben. Quizais habería que preguntarse se a lei chega tarde ou considerar que chega cando pode chegar.

A outra cara

O que realmente é preocupante é se vai servir para algo, para preservar algo, algunha cousa, algo pequeno, mínimo. Dígoo á luz das últimas decisións do goberno galego que saca esta lei. Destaco, inda que habería varias máis, cinco:

1. O plan acuícola que estragará paisaxes litorais de excepcional valor por moito que fagan marabillas para esconder as piscifactorías.

2. A nova lei da minería recentemente aprobada e que legalizará ilegalidades que supoñen auténticas brutalidades paisaxísticas. Qué se pode dicir que non estea xa máis que dito?. Se se trata de postos de traballo, suxiro legalizar o tráfico de estupefacientes, de armas, de madeira ilegal, a prostitución, as carreiras ilegais de coches, etc. A de postos de traballo que sairían á luz!. Sen dúbida, axudaría que as corporacións bancarias galegas tiveran participación nestes negocios.

3. O novo plan eólico. Baste dicir que neste momento hai instalados uns 2000 MW, pois ben, pretendese chegar aos 6500 MW co que de facto converteremos o país nun gran espazo industrial. No futuro rara será a serra, monte, outeiro o prego do terreo que non luza un parque eólico. O seu impacto territorial pode ser 1.000 veces o do plan acuícola pero claro, no interior do país non queda ninguén.

4. A nova lei forestal permitirá a degradación dos nosos montes en función da súa industrialización que levará aparellada a súa simplificación e uniformización. Os incendios que esta lei está a prender (en 15 anos aproximadamente) farán o resto.

5. As concentracións parcelarias que destrúen de xeito fulminante algunha das paisaxes máis valiosas do país: o mosaico agrosilvopastoral, producto da interacción secular entre a natureza e o home. Cómpre dicir que o paradigma da concentración como dinamizador das rendas labregas non se sostén hai anos, pero hai que facer un canto á inercia, perversa manifestación do conservadorismo. Sería máis interesante traballar os recursos humanos e a comercialización, claro que iso é máis complexo e habería que comezar admitindo que os recursos humanos son mellorables.

Chama poderosamente a atención que o bipartito estea participado por unha formación nacionalista. Ao final, en nome do país estrágase o país coma se fose en nome de Deus, de Alá ou dalgunha exótica divindade sen cuestionamento ningún, inda que dende a consellería de cultura se fagan chamamentos á preservación do patrimonio por parte dos cidadáns. Nada que ver coa postura mantida hai unha década co gallo dos parques eólicos do Xistral. Só falla dicir “é que agora o facemos nós”.

E quen pode facer algo? Ten senso a estas alturas? Visto dende fóra, o ecoloxismo galego atravesa horas baixas, dos partidos mellor esquecer. Tan só “Galiza non se vende” parece ter algo que dicir, en definitiva, unha plataforma cidadá aglutinadora de sensibilidades pero que ten diante un muro. Así que non se pode ser optimista.

Ide sacándolle fotos as paisaxes que vos gusten.

Enlace co artigo orixinal no xornal dixital galego Vieiros
_____________

O Comité Cidadán de Emerxencia a Vigo, o Domingo 25 de Maio, na defensada Ría

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 17:14
Asunto: Domingo 25 de Maio: MANIFESTACION EN DEFENSA DA RÍA DE VIGO



Diante do novo Plan de Ampliación do Porto os colectivos integrados na Rede A RÍA NON SE VENDE convocan unha manifestación en defensa da Ría de Vigo, o seu primeiro e principal recurso natural.

A manifestación terá lugar o vindeiro Domingo, 25 de Maio 2008, partindo da Praza da Estrela, ás 12 horas, e rematando en Bouzas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, súmase a esta reivindicación e convoca a solidaridade e a participación.

O autobús sairá da Praza de Galicia de Ferrol (frente ó Teatro Jofre), ás 9 horas.

A viaxe de retorno, partirá de Vigo ás 17 horas. ( Prezo: 10 €).

Pódese reservar praza ate o venres, 23, no telefº: 690612737

Máis información:

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

_______________

Enlace relacionado:

O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría
_____________

O Courel está en perigo, salvé-mo-lo !

O Courel está en perigo, a acción social é unha baza a xogar. O sendeirista Dant fai este vídeo coa súa beleza para o seu blog e para expresar o que de verdade é este entorno, unha marabilla natural.

Visita o blog
http://www.senderista-iar.blogspot.com

Música de Luar na Lubre



__________

Enlace relacionado:

SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

O Courel: Europa advirte con ultimatum á Xunta de Galicia
____________

Argumentario que fai chegar o BNG aos Portavoces Municipais sobre a polémica do traslado da Celulosa de Pontevedra [ENCE - ELNOSA]

______________________________

SECRETARÍA DE ACCIÓN MUNICIPAL

ARGUMENTARIO POLÉMICA SOBRE TRASLADO DE ENCE

1.- Apelar á prudencia e ao rigor, non especular e menos alimentar irresponsabelmente loitas localistas.

2.- Hai que actuar con responsabilidade, discreción e prudencia. Cando exista un proxecto firme, se coñeza e se plantexen ubicacións entón falaremos.

3.- A día de hoxe o importante para nós é que existe a posibilidade de que se formalice un proxecto industrial de grande valor para o país. Un proxecto industrial:

a) Galego, con capital galego.

b) Que por primeira vez faría revertir os beneficios da enerxía eólica que produce o país nun proxecto industrial autóctono, para xerar riqueza e emprego en Galiza.

c) Que pretende non un simple traslado, senón unha nova planta que ademais complete o ciclo produtivo cunha papeleira facendo realidade unha vella aspiración.

d) Que solucionaría o grave problema de ubicación actual de ENCE, en terreos de dominio público marítimo-terrestre, nun espazo que non é apto para esta actividade e que impide o desenvolvemento urbano de Pontevedra e Marín e a recuperación e rexeneración da ría de Pontevedra.

4.- O BNG non está por cambiar un problema dun lugar a outro. Ese non é o obxectivo, hai que traballar, e nesa liña se está traballando desde o Goberno galego, por superar o problema, non por cambialo de lugar. Apóstase por un novo proxecto industrial, unha nova planta que se terá que ubicar loxicamente en espazos industriais preparados para acoller esta e calquera outra actividade industrial.

5.- Polo tanto, está fóra de lugar polemizar sobre hipotéticas localizacións sen coñecer aínda o proxecto industrial e as propostas de ubicación. O importante agora é desexar éxito a calquer intento de construír un proxecto industrial galego potente.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2007 [2008]
_______________

Xoves 22 de Maio: Lectura no Inferniño "Día das Letras"

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 09:26
Asunto: LETRAS GALEGAS- LECTURA EN GALEGO- CHARLA


LETRAS GALEGAS- LECTURA EN GALEGO- CHARLA

A Xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, CONVICAVOS a participar nunha LECTURA en galego este xoves- 22 a partir ás 5, 30 horas da tarde no salón de actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO.

AURORA VARELA, escritora- filologa galega , impartirá unha charla sobre o siginificado das LETRAS GALEGAS desde a súa perspectiva e visión intelectual e persoal a partir das 6, 30 horas da tarde neste centro municipal.

Animamos a veciñanza destes barrios a participar nunha breve LECTURA voluntaria e persoal, elixindo obra e autor.

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
________________

O Comité Cidadán de Emerxencia ante a posible localización da Celulosa na nosa Ría

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 09:23
Asunto: Nota de prensa do CCE ante a posible ubicación da Celulosa na nosa Ría



Diante das noticias recollidas nos medios de comunicación segundo as cales, unha serie de empresarios xunto a Empresa Nacional de Celulosas faríanse co control de complexo industrial de Ence en Pontevedra e pretenderían recolocalo noutros lugares, citando entre outros ao Porto Exterior de Ferrol. Diante isto, o CCE manifesta:

Amosar o noso apoio a Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra como así o fixemos acudindo a pasada mobilización, para esixir o traslado de Ence e denunciar os atrancos a este compromiso da Xunta de Galicia. Unha longa loita a desenvolvida pola Plataforma, que a pesar dos atrancos abrirase paso, para por fin acadar a recuperación da Ría de Pontevedra como patrimonio de todos.

Na Ría de Ferrol está a se acometer a maior agresión medioambiental neste pais coa a planta de gas de Reganosa, instalada ilegalmente e en funcionamento dende fai un ano, que ameaza a vida de miles de persoas, a Ría e o Patrimonio. Os promotores de Reganosa pretenden agora ampliar a capacidade de regasificación e a Autoridade Portuaria a voadura da canle de entrada, a pesares da súa inutilidade, pos os gaseiros nunca poderán cumprimentar a normativa de emerxencia dentro da Ría de Ferrol.

As novas recollidas nos medios nestes días relativas ao posible emprazamento da celulosa de Ence no Porto Exterior de Ferrol, os silencios institucionais, cando non as advertencias a "discrecionalidade", poñen de manifesto que a política depredadora levada a cabo por e para beneficio dunha minoría, só pode materializarse coa complicidade institucional, tal e como vemos a cotío no acontecido na Ría de Ferrol o longo dos últimos anos.

O CCE denuncia esta política encamiñada a sacrificar a Ría de Ferrol, segundo o guión establecido no ano 97 no libro promovido pola Xunta de Fraga e titulado "Elementos para unha ordenación integral dos usos do medio litoral de Galicia", e chama a toda cidadanía de Ferrolterra a dicir basta , acudindo a manifestación do próximo día 8 de xuño as 12h que sairá do Porto de Ferrol para defender a vida, a Ría e o Patrimonio, impedir a materialización das novas ameazas e esixir a paralización de Reganosa.

Ferrol a 20 de Maio de 2008

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

__________

Enlace Relacionado:

Argumentario que fai chegar o BNG aos Portavoces Municipais sobre a polémica do traslado da Celulosa de Pontevedra [ENCE - ELNOSA]
___________



_________
Boletín nº 14 do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/
____________

O Courel: Europa advirte con ultimatum á Xunta de Galicia

De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 01:08
Asunto: Europa advirte con ultimatum



Incrible o que arrisca a Xunta de Galicia no Courel !


SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea, tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas, coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

Ver noticia en galiciae.com

A Comisión Europea advirte graves irregularidades nas seguintes canteiras:

1.- La Campa, canteira en explotación no Concello de Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, ocupa máis de un Km. do río Luruda. Autorizada pola Xunta en xuño do 2007, cando xa foran advertidos pola Comisión Europea.
Ver vídeo denuncia “El Escarabajo Verde”, de dúas partes, 12 + 12 minutos,

Ollo! para que se poña en marcha o vídeo tes que buscar debaixo da pantalla parte 1 ou parte 2 e preme.

2.- «La Ilusión Fracción Segunda», en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, norma aprobada o “martes trece” de maio no Parlamento de Galicia. A Xunta presumiu de tela anulada no 2007, pero non foi tal.

3.- “Cupa II, fracción 3ª”, en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.

4.- “Cupa II, fracción 2ª”, incriblemente emprazada xunto ao “monumental” Pregue Tumbado do Courel, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia.

Lei de ordenación da minaría de Galicia

Coa recentemente aprobada Lei de ordenación da minaría de Galicia, a Xunta e o Parlamento de Galicia habilitaron o instrumento necesario para encher o Courel con máis e máis canteiras, agora que a pizarra entrou en crise por mor da baixa na construcción e por a entrada de China e Brasil no mercado da lousa, así outras canteiras do Courel teñen serios problemas de viabilidade.

O caso é abrir e abrir canteiras para logo indemnizar ás empresas cando teñan que pechar, e a restauración xa se fará tamén con fondos públicos.

Que pasa co Parque Natural do Courel?

A Xunta está adiándoo sucesivamente, en espera da aprobación e desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, para adiantarse coa declaración de “Concello Mineiro”

Como podes colaborar con SOS Courel ?

1.- Difundindo este comunicado todo canto poidas.
2.- Picando neste vídeo de Youtube para achegalo ao millón de visitas.
3.- Tamén podes mercar o documental “Unha lousa sobre o Courel
4.- Para quen queira axudar nos procedementos xudiciais de SOS Courel >> Nº de CONTA

Saúdos

Courel, 21 maio de 2008

Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel,
NIF G27362474
607 22 58 87
soscourel@mundo-r.com

________________

martes, maio 20, 2008

Historia da traizón aos cidadáns e enfrontamentos co poder económico, político e mediático: Reganosa na ría de Ferrol "O salario do Silencio"

Historia da traizón aos cidadáns e enfrontamentos co poder económico, político e mediático: Reganosa na ría de Ferrol
"O salario do Silencio"

Miguel Angel Llana
Rebelión - 19-05-2008

Un ano despois de que un buque criogénico de Gas Natural Licuado, GNL, o "Espírito de Galicia" entrase na ría de Ferrol protexido desde a costa polas forzas antidisturbios, estreouse en Xixón "O salario do Silencio", un "Documental de compromiso social" como así o denominan os seus autores Mabel Rivera e Enrique Banet. Un proxecto que aposta con decisión polos cidadáns, polo medio ambiente, o urbanismo sostible, pola ecoloxía respectuosa co medio xunto a unha explotación racional dos recursos e a súa repartición solidaria. Con esta formulación, de entrada, xa se pode asegurar que o documental carece, non só de calquera financiamento oficial dos que se din representar aos cidadáns, senón que conta co seu rexeitamento e un organizado "Silencio" ao redor da súa existencia e contidos. E, precisamente, é o Silencio o que pretende romper o documental ao narrar a loita que desde 2001 vén mantendo o Comité Cidadán de Emerxencia, CCE, contra o poder económico, o político e as institucións que din ser e terse polos xenuínos representantes dos cidadáns cando, habitualmente, están xustamente en fronte ou detrás ou ao mando das forzas antidisturbios creadas e encargadas de manter a orde e o "Silencio" ou cando non están dando leña como é habitual e criminalizando aos movementos sociais como unha medida máis de represión, precisamente, de "os nosos" representantes.

A proxección do documental e as charlas impartidas en Xixón están relacionadas co plan previsto de situar outra regasificadora no porto do O Musel de Xixón, no interior da bahía, con dous tanque de 200.000 m3 cada un, ampliables a outros dous tanques máis e a construción de ata 11 centrais de ciclo combinado nunha rexión, como Asturias, que xa exporta máis da metade da enerxía eléctrica que produce; algo similar ao que está sucedendo en Galicia.

O documental percorre a dura historia que precede ao proceso da instalación da Regasificadora en Mugardos e continúa coa denuncia das irregularidades cometidas, e que se seguen cometendo, pero agora de forma cruenta porque os perigos e prexuízos que a súa instalación e funcionamento supón no corazón da ría de Ferrol son reais e non só un proxecto.

O documental é un intento lúcido de dar a coñecer e facer chegar aos cidadáns todos os aspectos relacionados con semellante despropósito, é un intento de romper o Silencio, de informar.

Durante o desenvolvemento do proxecto e a construción da Regasificadora, houbo mobilizacións sociais pero non todas acordes e unánimes. Tamén houbo enfrontamentos. Reganosa enviou a un grupo de azafatas que percorreu as poboacións máis afectadas, casa por casa, facendo unha enquisa e tomando nota dos desempregados que había en cada domicilio e insinuando a posibilidade dun futuro laboral mellor. Quen llo creron, naturalmente apoiaron entón o proxecto de principio a fin e, ademais, ían atopar emprego. Quen non só non o creron, senón que ademais viron que a Regasificadora suporía un detrimento para o ecosistema da ría e o rexeitamento para calquera nova empresa ou actividade que quixese establecerse na zona e a fuxida paulatina das existentes, evidentemente rexeitaron o proxecto. Algo parecido sucedeu coas propiedades e coas expropiacións que tamén ocasionaron problemas entre veciños.

A incerteza, a necesidade, a pouca información e sobre todo a desinformación e o "Silencio", xogaron un papel importante no proceso. Pero aínda queda por engadir ao complicado do conflito a actitude dos partidos políticos do PP, PSOE e BNG que claudicaron, un tras outro, salvo honrosas dimisións dalgún militante, que si se produciron, pero non moitas. Tamén houbo expulsados, algo que debese ruborizar aos partidos responsables e sen esquecer as destitucións políticas ordenadas polos políticos destes partidos de modo case "manu militari" executadas sobre os cargos públicos que se atreveron a discrepar ou a non aprobar as decisións ditadas en favor do poder económico.

Pero, en cambio, no movemento cidadán si houbo novidades e sorpresas. As contradicións e os enfrontamentos antes mencionados entre veciños non puideron ocultar a realidade do problema. Durante 111 días medio centenar de persoas permaneceron encerradas no concello de Mugardos, á beira da Regasificadora en construción, desde finais de xullo ata mediados de outubro. A solidariedade antepúxose a calquera diferenza superflua anterior. O peche converteuse nun lugar de convivencia e de comunicación. rompeu o "Silencio" tan ben gardado polas autoridades e polos partidos políticos ao servizo do poder económico. Finalizado o peche, a experiencia foi tan positiva que todos os protagonistas buscaron outro lugar onde seguir compartindo e discutindo os problemas aínda pendentes da comunidade. Coma se dun milagre tratásese, as desconfianzas e receos entre veciños foron diluídas, superadas, coa convivencia do peche no que moitos máis querían participar sen que houbese espazo para todos. Seguramente esta é a semente que comparte e onde nace "O salario do Silencio" cando con este achegamento de tantos días de peche no concello de Mugardos, os cidadáns ao compartir os seus problemas tamén compartiron a súa solidariedade e romperon o "Silencio" que as institucións, as autoridades, os medios de comunicación e os partidos políticos habíanlles imposto e negáronlles.

Só coa convicción, a técnica e a profesionalidade foi posible realizar "O salario do Silencio" para romper a desinformación e a ignorancia e aventar aos catro ventos que outra sociedade un pouco máis democrática, moito máis democrática, si é posible.

________
Nota. Datos técnicos:
Xénero: documental de compromiso social.
Duración 55 minutos.
Dirección, cámara e dicción: Enrique Banet
Produción, documentación e locución: Mabel Rivera
Rodada en exteriores de Mehá, Mugardos, Fene, Perlío e Ferrol.
www.namchefilms.es
produccion@namchefilms.es

"O salario do Silencio" é unha produción independente. Os beneficios que se obteñan da súa distribución en DVD irán destinados á Confraría de Mariscadores da ría de Ferrol.

Compras do DVD:
http://www.namchefilms.es/namchefilms_000022.html

Enlace co artigo orixinal
________________

Mabel Rivera e Enrique Banet, produciron e realizaron o documentario "O Salario do Silencio". [Trailer]





_____________

luns, maio 19, 2008

O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría

De: A Ría non se vende -arianonsevende@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de maio de 2008 12:31
Asunto: O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría





O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría


25 DE MAIO DE 2008, ás 12 na Praza da Estrela
MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DA RÍA DE VIGO

A rede de colectivos A RIA NON SE VENDE, composta por diversas asociacións que cobren coas súas actividades todo o perímetro da ría viguesa e integrada ao tempo na rede nacional GALIZA NON SE VENDE, entende que son moitas as razóns para convocar esta manifestación en defensa do patrimonio natural, social, económico e cultural da Ría de Vigo.

En primeiro lugar debemos valorar a situación actual produto de políticas destrutivas por parte das diferentes administracións: recheos, contaminación, depuración ineficaz, alteración das correntes mariñas e destrución dos recursos pesqueiros e marisqueiros, urbanismo salvaxe e destrución da paisaxe, portos deportivos privatizadores, unha Autoridade Portuaria caótica e depredadora, desprezo pola identidade e patrimonio cultural...

Fronte a isto, A RIA NON SE VENDE defende:
  • A preservación da Ría de Vigo como fonte de vida, traballo e riqueza natural.

  • A defensa da explotación pesqueira e marisqueira fronte á especulación urbanística e industrial, apostando polo mantemento dos máis de 15.000 postos de traballo que dependen directamente dos recursos produtivos da Ría de Vigo.

  • A eliminación da contaminación actual mediante a aplicación de medidas racionais de separación de pluviais, control de vertidos, xunto á utilización de sistemas de depuración de demostrada eficacia e non contaminantes.

  • A paralización inmediata dos proxectos de recheos previstos pola Autoridade Portuaria de Vigo e o levantamento dos infrautilizados.

  • O punto final para a instalación de máis portos deportivos na ría, así como reclamar a aplicación da lei nos xa existentes.

  • A consideración efectiva da Ría de Vigo como un ben público de disfrute colectivo, mediante a conservación da súa paisaxe e forma de vida, fronte a destrución da natureza a mans de intereses políticos e particulares.
Por todo isto, cremos compartir razóns e esperanzas con toda a veciñanza que vivimos nesta Ría de Vigo, non queremos malvivir baixo unha faixa de cemento, merda e iates de luxo. E polo tanto convidamos a todos os sectores sociais que sintan súa a defensa da Ría de Vigo, a participar na MANIFESTACIÓN DO 25 DE MAIO ás 12:00 h. dende a Praza da Estrela até Bouzas.

A RÍA NON SE VENDE
http://arianonsevende.org

Vigo, 19 de maio de 2008
_________________
___________

As actividades do Ateneo Ferrolán entre o 19 e 24 de Maio

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de maio de 2008 12:28

Asunto: ACTIVIDADES NO ATENEO FERROLÁN [Semana do 19 ao 24 de maio]



ACTIVIDADES DO 19 AO 24 de MAIO


MARTES DE CINE NO ATENEO FERROLÁN ABRIL-MAIO:
CICLO “A LITERATURA E O CINE”
AS PROXECCIÓNS SERÁN OS MARTES ÁS 7 DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS DO ATENEO FERROLÁN; A ENTRADA É DE BALDE.


MARTES Día 20 DE MAIO.-
  • 20 DE MAIO A VERDADE SOBRE O CASO SAVOLTA, DRAMA POLÍTICO. AUTOR EDUARDO MENDOZA
  • · ANO 1978 DURACIÓN 130 min.
  • · DIRECTOR Antonio Drove
  • · GUIÓN Antonio Drove & Antonio Larreta (Novela: Eduardo Mendoza)
  • · MÚSICA Egisto Macchi
  • · FOTOGRAFÍA Gilberto Azevedo
  • · REPARTO José Luis López Vázquez, Ovidi Montllor, Omero Antonutti, Charles Denner, Stefania Sandrelli.
  • · SINOPSE Barcelona entre os anos 1917 e 1923. As loitas entre os traballadores anarquistas e os donos da fábrica de armas Savolta agravanse cando estes queren esmagar o movemento con asasinos pagados e intrigas, para así ocultar os seus comercios ilegais con Alemaña.
MÉRCORES Día 21 DE MAIO .-
  • O próximo mércores día 21 de maio no Ateneo Ferrolán terá lugar unha charla informativa sobre a "Rehabilitación e Urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol-Vello", organizada por CCA Ferrol A Magdalena.
  • Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre:
    "O PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas".
  • A partir das 20,30 horas o concelleiro coordinador do área de urbanismo, o Sr. Mato e o concelleiro de rehabilitación e urbanización o Sr. Reimúndez informarán sobre:
    "As obras de reurbanización do Barrio da Magdalena: ampliación do aparcamento da Plaza de Armas, urbanización da superficie da Plaza de España e obras previstas para as rúas".
  • ACTO PÚBLICO E ABERTO

XOVES Día 22 DE MAIO.-
  • Ás 18 horas: ASEMBLEA INFORMATIVA ASOCIACIÓN GALEGA DE FIBROMIALXIA
  • Ás 19,30 – ASEMBLEA PSOE

SÁBADO Día 24 DE MAIO.-
  • DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ
  • Ás 19 horas: PROXECCIÓN DA PELÍCULA: “AS TARTARUGAS TAMÉN VOAN”. Organiza: MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.

EXPOSICIÓNS no ATENEO FERROLÁN: AXENDA
  • Até o 31 de maio. FOTOGRAFÍAS DE INTERMON: “AS MULLERES COCIÑANDO FUTURO” (1ª Planta)
  • Até o día 28 de maio MOSTRA DE ALUMNOS DE JUAN GALDO (2ª planta)

¡¡¡ REHABILITACIÓN DO ATENEO FERROLÁN XA !!!!

______

ATENEO FERROLÁN - Fundado en 1879 “UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA”


www.ateneoferrolan.org
e-mail: a_ferrol@teleline.es
| Telf.: +34 981 357 970
| Fax: 981 354 098

Dirección Postal:
Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402
| FERROL [A Coruña]

____________

domingo, maio 18, 2008

No Ateneo Ferrolán: A reahabilitación e urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello, Mércores 21 de Maio

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de maio de 2008 19:03
Asunto: CHARLA: A REHABILITACIÓN EN FERROL



CHARLA: A REHABILITACIÓN EN FERROL

O próximo mércores día 21 de maio no ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena 202-204) terá lugar unha charla informativa sobre

A REHABILITACIÓN E URBANIZACIÓN NOS BARRIOS DA MAGDALENA E FERROL VELLO

organizada por CCA Ferrol A Magdalena:

Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre o PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas.

A partir das 20,30 horas o concelleiro coordinador do área de urbanismo, o Sr. Mato e o concelleiro de rehabilitación e urbanización o Sr. Reimúndez informarán sobre as obras de reurbanización do Barrio da Magdalena: ampliación do aparcamento da Plaza de Armas, urbanización da superficie da Plaza de España e obras previstas para as rúas.

ACTO PÚBLICO e ABERTO

[+ Info na Web do Ateneo Ferrolán]
__________
e-mail: a_ferrol@teleline.es
Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal:
Rúa Magdalena 202-204, 1º.
CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303


_________________