luns, setembro 01, 2008

Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza, expresidente da UNESCO, o Xoves 4 de Setembro

Suspendida a conferencia de Federico Mayor Zaragoza

Por problemas de enfermidade, D. Federico Mayor Zaragoza non pode asistir no día de hoxe - 4 de setembro- tal como tiña previsto, a Inauguración do curso da UIMP en A Coruña "La nueva ciudadanía global y los movimientos sociales: ecologismo, pacifismo y feminismo; suspendese polo tanto tamén a Conferencia prevista para as 20 h. baixo o titulo "Democracia local y global de subditos a ciudadanos la gran transición" , no salon do Vicereitorado ( campus de Ferrol) e organizada por Fuco Buxan ,.

De acordo con D. Federico Mayor establecerase unha nova data para levar a cabo o acto agora suspendido.

Rogamos acepten as nosas disculpas. [04.09.2008 17:03]
______________

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com

Data: 31 de agosto de 2008 23:21
Asunto: Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza



Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza Organizada pola Asociación Cultural FUCO BUXÁN coa colaboración da Universidade de A Coruña o próximo Xoves, 4 de setembro, ás 20:00 hrs. no Salón de Actos do Vicerreitorado - Campus de Esteiro, en Ferrol, na que intervirá D. Federico Mayor-Zaragoza (Ex Director Xeral da UNESCO e Copresidente do Grupo de Alto Nivel para á Alianza de Civilizacións) e que leva por título :

"Democracia Local e Global: de Súbditos a Ciudadáns, a grande transición".

O acto será presentado por Manuel A. Rodríguez Carballeira, Presidente da A.C. Fuco Buxán.

Dita conferencia forma parte do Ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO, no que prestixiosos analistas indagan nas claves político-sociais do noso tempo desde perspectivas diversas.

Entrada libre.

Enlace a web "CULTURA DE PAZ"

Semblanza do conferenciante

____________

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_______________

domingo, agosto 31, 2008

Este venres, 29 de Agosto, tivo lugar unha nova concentración de protesta, pois ese mesmo día o buque metanero "LNG Abuja" entrou na Ría

Este venres, 29 de Agosto, tivo lugar unha nova concentración de protesta, pois ese mesmo día o buque metanero "LNG Abuja" entrou na Ría con miles de metros cubicos de GNL para a Planta de Gas de REGANOSA.


Este buque fai o nº 28 en 18 meses de funcionamento da Planta. Son 28 buques cargados con GNL que cada vez que, un deles, entra na Ría, poñen en perigo a seguranza de miles de persoas, é por iso polo que cada vez que entra un buque con GNL nos seus tanques, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha mobilización en sinal de protesta e para denunciar o conxunto do despropósito gasístico instalado no corazón da nosa Ría, en Punta Promontorio no concello de Mugardos.

Este venres, a concentración voltou ser moi sonora e cargada de forza e razóns, como non podía ser doutra maneira, dada a calidade humana e a consciencia cidadá do grupo de voluntarias e voluntarios do citado Comité que manteñen un alto grado de compromiso, orgullo e dignidade.

Mentras tiña lugar a sonora concentración, o buque estaba descargando o gas nos macrotanques de Mugardos, máis no caso de producirse unha emerxencia este buque non podería saír da Ría, dado que só o pode facer, auxiliado por remolcadores; con marea parada en pleamar diurna; con visibilidade superior a 800m e os ventos inferiores a 54Km/h, como así lembraba o compañeiro "Lalán" na súa intervención.

Todas as normativas sobre estes buques metaneros e as instalacións portuarias [por exemplo a UNE - NE 1532 de obrigado cumprimento] din que en caso de emerxencia, os buques, terían que saír polos seus propios medios a mar aberto, neste caso sería imposíbel de cumprir.
___________

xoves, agosto 28, 2008

As organización ecoloxistas e plataformas veciñais, dispostas a defender o litoral galego en todos os campos e impedir a aplicación do Plano Acuícola


As organizacións ecoloxistas e plataformas veciñais, dispostas a defender o litoral galego en todos os campos e impedir a aplicación, na práctica, do Plano Acuícola


O Consello Xeral da Xunta, como se preveía, aprobou hoxe o "Plano Galego de Acuicultura" que é unha -revisión- do anterior e nefasto “Plano Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega” elaborado, e aprobado en funcións, polo goberno Fraga [PP], máis coñecido como Plano Acuícola.

O goberno bipartito [PSdeG-PSOE /BNG], aprobou o citado plano, sen ter enconta, o fundamental, das máis de mil alegacións presentadas; á oposición do conxunto das organizacións ecoloxistas e ambientalistas galegas; ás numerosas plataformas veciñais; a sectores universitarios; ás advertencias de técnicos de Política Territorial.

Este 28 de Agosto de 2008, consumo-se a decisión política de seguir apostando por unha económia productivista, esquilmadora, especulativa e non sustentábel, apostando por unha industria de "macrofabricas de contaminación mariña". O Plano Acuícola é desde hoxe a principal ameaza contra o património natural do noso litoral.

ADEGA dixo:" ... consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán máis de 3 millóns de m2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo millóns de Hm3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados".

"... O máis grave é que un governo que se dí "progresista" aposte por modelos de desenvolvemento depredadores e insustentábeis, sacrificando o potencial e os recursos endóxenos do litoral a maior gloria das contas de beneficios das transnacionais do peixe de plástico".

"Non deixa de ser un paradoxo que Galiza, cun dos ecosistemas mariños máis produtivos e potentes do mundo, aposte por cultivar os peixes en terra dándolle as costas, mesmo comprometendo esa riqueza natural da que directa e indirectamente viven milleiros de persoas en todo o país. Centos de millóns de euros en subvencións públicas van ser agasallados ás empresas acuícolas en forma de axudas directas e indirectas (máis do 50% dos investimentos por planta), empresas para as que se vai expropiar a prezo de saldo os millores espazos da costa ..."

A Rede Galiza Non Se Vende dixo: "... o executivo galego aprobou a que será unha das máis grandes desfeitas que se producirán no litoral galego: a construción de 13 novas piscifactorias e a consolidación doutras 11 xa existentes, algunhas delas ocupando terreos da Rede Natura. ..."

"... Esta privatización encuberta do litoral suporá outorgar ás grandes multinacionais a explotación de extensas superficie agora adicadas á extracción tradicional dos recursos mariños suprimindo así os medios de manutención de milleiros de familias. E iso sen esquecer a grave contaminación que estas plantas acuícolas ocasionan ao medio mariño cuxa riqueza vese esquilmada pola avaricia das grandes multinacionais. ..."


Mobilización sonora e contundente

Mentras se consumaba a agresión ao noso litoral, coa aprobación do Plano Acuícola, frente aos edificios administrativos da Xunta en San Caetano, tiña lugar unha concentración de representantes de diversas organizacións ecoloxistas como VERDEGAIA, GREENPEACE, ADEGA, ... e plataformas veciñais como a de Quilmas, Corrubedo, Oia, Seráns, Arou, Camelle, Xove, ... e a Rede Galiza Non Se Vende que se mobilizaban con firmeza contra esta decisión política que vende o noso litoral ás "multinacionais do rodaballo dopado" como así os denominan @s compañeir@s de ADEGA. Grande sonoridade con ritmo e consignas como "As mellores piscifactorias son as nosas rías", "Goberne que goberne, Galiza non se vende", "A mellor acuicultura é a pesca de baixura", ... era o que destacaba na citada mobilización. [Nunha noticia publicada por Vieiros pode-se ver un vídeo con importantes declaracións]


A postura do pp

O PP volve pedir barra libre para o sector acuícola
O PSdeG defende que é un documento amplamente consensuado. Galiza Non se Vende organiza unha concentración este xoves contra o documento. [Noticia completa en Vieiros]


A patronal do "rodaballo dopado" moi contenta coa decisión política

Os produtores de rodaballo aplauden a aprobación do Plan Acuícola
Defenden que a medida é máis que unha "decisión política" por contar cunha "vintena" de informes técnicos favorábeis.[Noticia completa en Vieiros]


A loita continua

ADEGA dixo: "... Para cada unha das localizacións das macroplantas temos preparado unha batería de accións, propostas e iniciativas novidosas que van facer moi difícil levar a termo os proxectos previstos. ..."

A Rede Galiza Non Se Vende, diversas plataformas veciñais e as organizacións ecoloxistas, anunciaron protestas, accións xudiciais e administartivas, ... todo un conxunto de iniciativas, en defensa do litoral galego, para impedir a aprobación dos planos sectoriais.


Artigos de interese:

Touriño impón a inclusión do Plano Acuícola no que pode ser o último consello da lexislatura
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
Xoves, 28 de Agosto do 2008


A realidade da acuicultura industrial: STOLT solicita permiso de vertido... 20 anos despois !!!
Federación Ecoloxista Galega
___________________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia[26.08.2008]
______________________

Documentación:

A Xunta aproba o Plan Galego de Acuicultura [28.08.2008]

A Consellería de Pesca informou no Parlamento do resultado das alegacións ao Plan Galego de Acuicultura [03.03.2008]

O novo Plan Galego de Acuicultura bota a andar coa súa publicación no DOG [30.06.2007]

O texto do novo Plan Galego de Acuicultura pódese consultar na páxina web da Xunta de Galicia a través do enlace http://www.xunta.es/conselle/pe/publicacions/pga.html ou a través da web da Consellería de Pesca (http://webpesca.xunta.es).

Pesca presenta ao sector o borrador do Plan Galego de Acuicultura [12.01.2007]
___________________

As imaxes da explosión en Forestal do Atlántico son de setembro do 2007

A nova que publicou Artabra 21 às 01:48 hrs do 28/08/08 na súa primeira edición e ampliada logo en dúas edicións máis, en relación a un accidente ocurrido en "Forestal del Atlántico" corresponden realmente a setembro do 2007. A fonte que enviou as imaxes as databa no día de onte [27.08.2008] polo que deu lugar a confusión. A noticia se reafirmou ao dar outra fonte información das sereias de alarma que se escoitaron en Mugardos. Ártabra 21 continua investigando sobre a orixe destas imaxes e o porqué non apareceron publicadas antes. Desde Artabra 21 pedimos desculpas pola confusión creada e reafirmamonos no compromiso de continuar informando dun xeito crítico e veraz sobre todo o relacionado coa planta regasificadora de Mugardos.

Explosión en "Forestal del Atlántico", empresa do Grupo Tojeiro que está á beira de REGANOSA, no mesmo complexo químico-industrial de Punta Promontorio en Mugardos.


Onte, 27 de Agosto de 2008, sobre as 12 do mediodía comezan a soar as sereias, non era un simulacro, en "Forestal del Atlántico" pasaba algo, saía moito fume e pasou o que mostra o vídeo. Agardamos que haxa unha explicación da Dirección da Empresa, así como das autoridades locais, pois a estas alturas Barcia e Irisarri xa tiñan que estar pedindo e dando explicacións a cidadanía e diante dos medios de comunicación. Tamén calan os responsábeis da nosa seguridade na Xunta de Galicia e na Delegación do Goberno. E como non os medios de comunicación convencionais ocultan o accidente e iso que soaron as alarmas. Onde están os polític@s, coas súas potentes maquinarias electorais ?.



Video postado por Susete70 -
A web de Susete

"ATENT@S AO 'PEACHO PEPINO' QUE SAE DISPARADO DA CHEMINEA, CARA AO INTERIOR DA PLANTA PETROQUÍMICA, APARTE DAS MILES DE TONELADAS QUE ALMACENA DE PRODUCTOS TÓXICOS, INFLAMABLES E PERIGOSOS, TEN ENCOSTADA A SÚA DEREITA A ILEGAL PLANTA DE GAS CONSTRUÍDA NO INTERIOR DA RIA DE FERROL (REGANOSA)". Susete70

Comentario de Artritris en Chuza !:

"Ás 12 do mediodía de onte mércores comezaron a soar sereas en Punta Promontorio. Eu, que non quixen pecar de paranoico, non lle din moita importancia malia vivir a 450 metros e escoitar as sereas perfectamente, pero pechei as fiestras da casa, non fora ser o demo... Finalmente parece que non era unha simple "proba de son" e efectivamente, saltaran as alarmas pola explosión dunha cheminea da planta petroquímica. A ver se cando menos a prensa informa do que pasou. Menos mal que o becho leva aí catro días... " [28/08/08 01:58]
[Enlace co Comentario Orixinal]

[Complexo Químico-Industrial de Punta Promontorio - Mugardos- Ría de Ferrol]
_____

Actividade de Forestal del Atlántico, S.A.:


Fabricación de colas e resinas.
para a industria do taboleiro e impregnación de papel cunha ampla gama de produtos como son as colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol.

Parque de almacenamento e terminal marítimo de líquidos:
Forestal dispón de tanques de almacenamento cunha capacidade total aproximada de 280.000 m3 preparados para hidrocarburos e produtos químicos, e de instalacións portuarias para a carga e descarga de buques-tanque.

Distribución de produtos petrolíferos.
Forestal leva traballando dende 1997 non mercado de fueloleos.

Coxeración de electricidade e vapor:
Forestal posúe a súa propia planta de coxeración cunha potencia eléctrica instalada de 25 Mw para consumo eléctrico propio, exportación á rede e produción de vapor para a utilización na planta.

Actividades "ambientais":
Forestal ven desenrolando dende vos seus inicios a xestión de residuos MARPOL tipos A, B e C en conexión coa limpeza, deslastre e desgasificación de buques.

Porto de sólidos:
Cunha superficie de almacenamento de 50.000 m2, unha liña de atracada de 400 m. de lonxitude e un calado mínimo de 14m.
____________

mércores, agosto 27, 2008

Perigo! de novo está previsto que este Venres, 29 de Agosto, entre un buque cargado con GNL dentro da Ría, ante isto está convocada unha concentración


Perigo!! de novo está previsto que este Venres, 29 de Agosto, entre un buque gaseiro [LNG ABUJA] cargado con miles de toneladas de GNL, dentro da Ría. Ante isto está convocada, por parte do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, unha nova concentración na Praza Amada García diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Con este serán 28, os buques cargados con GNL que van a entrar na Ría de Ferrol desde maio de 2007, coa perigosa carga para REGANOSA, poñendo en perigo a seguridade e vida das miles de persoas desta comarca, coa complicidade das autoridades, locais, autonómicas e estatais. Mais outra vez, terá a resposta do movimento opositor á Planta de Gas que denunciará na rúa e ante a opinión pública a entrada do buque e todo o despropósito gasístico, por perigoso, ilegal e corrupto.

Buque: "LNG ABUJA", Bandeira : Bahamas, eslora: 285,40 m., manga: 45,7 m.
Capacidade: 126.500 m3 – Antiguedade: 28 anos


Concentración Sonora, de Protesta e Reivindicativa

Ante a chegada do buque gaseiro o Comité Cidadán de Emerxencia, anunciou, como ven sendo habitual nestes casos, unha nova acción de protesta na rúa o vindeiro venres, 29 de Agosto, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Participa e Difunde a convocatoria !!

A Ría é Nosa e Non de Reganosa !! Planta de Gas Fora da Ría !!
______________

Participa, ponte en contacto:

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________________

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”]:

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado]:

Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de ...
Convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro ...

Manifesto 17 de Febreiro de 2008 da Rede Galiza ...
A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral ...

Rolda de Prensa colectivos contra Plano ...
Asunto: Roda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola Rolda de Prensa colectivos contra ... Contido: PRÓXIMAS ACCIÓNS CONTRA O PLANO ACUÍCOLA Asisten: ...

Malpica e Camelle manifestanse contra o ...
O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte ... Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ...

4 de Novembro. marcha nacional contra o ...
4 de Novembro. marcha nacional contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia ... Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un ...

... o convite para unha manifestación nacional ...
Asunto: MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA ... NON AO PLANO ACUÍCOLA! A COSTA É GALEGA, E NON DE NORUEGA! Co patrocinio de: ...

Algúns artigos de opinbión ao redor de ...
Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. ...

O 15 de Novembro, concentración en Muxia na ...
O 15 de Novembro, concentración en Muxia na Defensa da Costa, contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia, convocada pola Plataforma Veciñal de Merexo ...

Manifestación en Malpica o vindeiro domingo ...
Asunto: 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro, domingo, contra o Plan Acuicola. ...

Unha grande mobilización na Defensa do ...
Miles de persoas manifiestan-se en Corrubedo en contra do Plano Acuícola ... Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21 ...

Informacións sobre a Marcha Nacional na ...
2 nov 2007 ... NON AO PLANO ACUÍCOLA VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA Facemos un chamamento a todos os colectivos, ...

Valoración da Plataforma Medioambiental de ...
E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, ...

Presentada a Rede Galiza Non se Vende
... do Courel a Corrubedo, as explotación mineiras, REGANOSA, o Plano Acuícola, ... Moitos despropósitos en pouco tempo, e o PP frotando-se as mans, . ...

Marcha a Corrubedo (Novo horario)
"Non o Plano Acuícola" Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas. Desde FERROL Saída de autobuses (Correos - Praza de Galicia) ás 8,45 horas * ...

Crónica: a mobilización social que volve
... xa que van desde o rexeitamento do Plan Acuícola que pretende ... desas augas e volve situar nun primeirísimo plano o papel da autoorganización social e ...

Confirmado lugar, data e hora para a ...
14 nov 2007 ... no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de ... acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para ...


Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia [26.08.2008]

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola ...
___________________

martes, agosto 26, 2008

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

Convocatoria Urxente: Xoves 28 de Agosto, ás 11 da mañá en San Caetano, Santiago de Compostela

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola.

Este proxecto, amplamente rexeitado, expropia terreos nalgúns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega, para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa. Unha actividade económica antiecolóxica (fan falla tres quilos de peixe bravo para producir un quilo de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxístico e que compite coa actividade pesqueira artesanal.

A rede de colectivos GALIZA NON SE VENDE convoca con urxencia para este xoves, día 28 de agosto, unha concentración en Compostela. Ás 11:00 da mañá en San Caetano. Acude e mostra o teu rexeitamento ás políticas que favorecen aos grandes grupos empresariais perxudicando ao interese xeral.

XOVES 28, ÁS 11 DA MAÑÁ EN SAN CAETANO

AS MELLORES PISCIFACTORÍAS SON AS NOSAS RÍAS

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE


__________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

________________

Informe: Arrestaron a catro persoas implicadas en conspiración para asasinar a Obama

Informe: Arrestaron a catro persoas implicadas en conspiración para asasinar a Obama

A canle de televisión de Denver CBS4 está informando que polo menos catro persoas están arrestadas por un posible complot para asasinar a Barack Obama, no que se planeaba dar morte ao candidato durante o discurso de aceptación que deu o xoves pola noite na Convención Nacional Demócrata. Estes homes están detidos por cargos de posesión de drogas ou armas. Un dos sospeitosos díxolle ás autoridades que ían "a dispararlle a Obama desde un lugar estratéxico, cun rifle con mira telescópica, a unha distancia de case 700 metros". Fontes da policía dixéronlle a CBS4 que se lle preguntou directamente a un dos sospeitosos se foran a Denver a asasinar a Obama, e este respondeu que si. O domingo, a policía arrestou a Tharin Gartrell durante un control de tránsito de rutina nun área residencial periférica de Denver. Dentro da camioneta que alugara, a policía atopou dous rifles- un deles con mira telescópica-, un chaleco antibalas, caixas de municións, radios portátiles e supostos narcóticos. Logo as autoridades foron a un hotel local e arrestaron a un cómplice de Gartrell, chamado Shawn Robert Adolph. A policía logrou arrestalo logo de que saltou desde a fiestra dun sexto piso para evitar ser capturado. As fontes dixeron que Adolph tiña unha esvástica, e que se cre que está vinculado a organizacións defensoras da supremacía da raza branca. O FBI e o Servizo Secreto están investigando o presunto complot.

________

Xa está publicado o Boletín de Noticias e os audios "Os titulares de hoxe" correspondentes a hoxe, Martes, 26 de Agosto de 2008, no

Blog para difundir Democracy Now! desde Galiza:

http://democracia-xa.blogspot.com/

__________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en todo o mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa. [+ Info]

_______________

Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de agosto de 2008 17:09
Assunto: Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol



Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

Nos últimos dias, deparamos com umha desagradável, ainda que relativa, surpresa na política da coligaçom governante na nossa cidade. O edil de Obras, Miguel Reimúndez, anunciou a assinatura de um contrato de privatizaçom do serviço de manutençom de ruas e passeios, de maneira semelhante a como se privatizou, no seu dia, a manutençom dos jardins ferrolanos.

Segundo diversos meios, será um contrato de dous anos em que o concelho se compromete a pagar 1.000.000 de euros e com o qual, segundo Reimúndez, vai "agilizar-se" o procedimento administrativo para a execuçom das obras, que até agora demorava até quatro semanas pola burocracia excessiva e a falta de meios próprios para acometer as obras menores.

É verdade que o serviço de manutençom municipal nom funciona como deveria. É verdade que é um tema de suficiente importáncia, polo que afecta no dia a dia da vizinhança, para que seja afrontado de maneira realista e resolutiva. É necessária umha brigada de obras dependente da administraçom local, com meios e pessoal suficientes para atender as necessidades.

Em lugar disso, a 'soluçom' proposta por IU consiste em aplicar as políticas do Partido Popular, imitadas cada vez mais também polo PSOE e polo BNG. Essas políticas partem da desatençom às necessidades do trabalho público para assim justificar as privatizaçons, que nom resolvem o problema e hipotecam os recursos públicos.

Nom é nada novo, nem sequer em Ferrol. Antes, partidos como o PP, PSOE e BNG assinárom contratos privatizadores de serviços como a água, o lixo ou a manutençom de jardins.

Como sempre nestes casos, parte-se de umha realidade: o mau funcionamento de umha área e, em lugar de fazê-la funcionar, decide-se pô-la em maos de umha empresa privada, favorecendo o lucro dos empresários e a precarizaçom das condiçons de emprego. Quer dizer, o governo renuncia a governar e contrata umha empresa que o faga no seu lugar, enquanto contribui para desacreditar os mesmos serviços públicos que renunciou a fazer funcionar.

De NÓS-Unidade Popular denunciamos a aplicaçom de receitas neoliberais como a que propom agora Izquierda Unida em Ferrol, e reivindicamos umha reforma dos mecanismos e recursos que afectam à área da manutençom de obras, pondo a funcionar umha brigada pública de manutençom e obras menores, para que funcione como deve sem deixar de ser o que sempre foi: um serviço público.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 26 de Agosto de 2008
_________________________

"Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
26 de agosto de 2008 15:15
Assunto: "Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

"Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

A seguir reproduzimos o correio recebido do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol em relaçom ao nosso comunicado sobre a escassa presença de livros em galego na 'Biblioteca Móvel' de Doninhos:

"Boas tardes, Dende o Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol facilitamos a relación de fondos bibliográficos da biblioteca móbil ubicada en Doniños. Libros ofertados: 342. Dos que: Libros en inglés: 43. Libros en castelán: 145. Libros en galego: 154. Achegamos relación completa cos títulos das obras. Grazas".

A seguir, apresentamos umhas consideraçons finais, encaminadas ao próprio Concelho, sobre o caso e acompanhamo-las de quatro imagens da referida Biblioteca.

Agradecemos a vossa informaçom relativa ao fundo editorial disponível na chamada 'Biblioteca Móvel' de Doninhos. Contodo, e sem afám de fazer deste assunto casus belli, queremos também fazer algumhas consideraçons que consideramos importantes na hora de desenvolver iniciativas como essa:

1. É bom saber que existem mais livros em galego dos que estám à vista do público.

2. Porém, o mais importante nom é isso, e sim o facto, denunciado por nós no comunicado que figemos público, de que o galego é quase 'invisível' no expositor de livros existente em Doninhos. O espanhol é claramente hegemónico e o espanhol, como inglês, é residual nos livros infantis e inexistente nos livros para adultos. Enviamos-vos umhas fotos do expositor para que o comprovedes.

3. É verdade que, no interior do expositor, há mais livros em galego, mas os livros ocultos nom contam. É importante pô-los à vista e nom utilizar o galego como simples conta estatística.

4. Poderíamos ainda indicar que o uso do galego por parte das pessoas encarregadas do serviço é, nalgum caso, nulo, inclusive quando as usuárias e usuárias se dirigem a elas em galego. Isso tem também a sua importáncia.

Em definitivo, mantemos a nossa crítica, achamos que fundamentada e construtiva, e esperamos que, sobretodo de cara ao futuro, esta positiva iniciativa tenha mais em conta a necessidade de visualizar a presença de livros em galego.


______________

A Asociación Ferrol Deporte, manifestase sorprendida polas declaracións do Partido Popular, sobre unha piscina de 50 mts no Bertón

De: Ferrol Deporte -ferroldeporte@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de agosto de 2008 07:48
Asunto: sobre piscina de 50 mts no Berton



A Asociación Ferrol Deporte, manifestase sorprendida polas declaracións do Partido Popular, sobre unha piscina de 50 mts no Bertón.

Xa no anterior mandato municipal, con Juan Juncal como Alcalde, como na propia Consellería de Vivenda, como ós actuais gobernantes municipais, está asociación de entidades que engloba a 6 das mais representativas do deporte ferrolan, mostraron a sua disconformidade, co plantexamenteo feito para o Bertón, pois as parcelas adicadas ó espazo deportivo, son "recortes" que foron quedando.

Ningunha con posibilidades, por tamaño e posibilidade de equipamento, de facer unha instalaciòn digna, para un barrio que se supón que vai a ser o espallamento de Ferrol, así como para paliar os deficits deportivos que ten Ultramar.

No deporte, sempre se pensa a posteriori a base de parches, por iso dende FerrolDeporte, se chama a planificación futura, tanto de infraestructuras como de política deportiva en xeral.

Así pois FerrolDeporte, sauda que na actualidad o Partido Popular, pense no futuro, pero quere facer un chamamento para que todos os partidos pensen no futuro, coa participación das propias entidades deportivas.

Ferrol 26/08/08

FERROL DEPORTE
Aptdo.297 - Ferrol
________

Enlaces Relacionados:

Club Natación Ferrol
Club Ria Ferrol
Balonmano Ferrolterra
Club Montaña Ferrol
Club Remo A Cabana
Grupo Bazán

Nos Arquivos Ártabros:
O espazo deportivo no desenvolvemento futuro do novo barrio do Bertón
Carta á Consellería da Vivenda

_____

A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de agosto de 2008 19:05
Asunto: A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol


A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol

O que se anunciou como um projecto inovador que levasse a leitura aos areais de Ferrol, a começar polo de Doninhos, está a servir para promover quase exclusivamente a leitura em espanhol, com excepçom de algumha rareza em galego e em inglês.

A iniciativa, fruto da colaboraçom entre as áreas da Educaçom e da Cultura, junto com o Ministério espanhol do Ambiente, contradi a suposta vontade normalizadora expressada por umha parte do governo municipal, e com a própria existência de um Conselho Municipal de Língua em que os representantes institucionais se comprometêrom a assumir o uso normal do galego nas actividades da instituiçom local ferrolana.

Será que Sofía Vasques, responsável do serviço, desconhece que em Doninhos também há banhistas galegofalantes? Ou será que ela e os restantes responsáveis políticos pensam que o espanhol necessita umha promoçom especial frente ao galego?

Da Fundaçom Artábria pedimos ao governo municipal que preside Vicente Irisarri, e em concreto às áreas de Cultura e de Educaçom, que rompam com as inércias antigalegas, rectifiquem e aproveitem a positiva iniciativa da 'Biblioteca Móvel' para promover a leitura em galego.

Comissom de Língua da Fundaçom Artábria

Ferrol, Trasancos, 24 de Agosto de 2008


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

__________

luns, agosto 25, 2008

O Comité Cidadán de novo na rúa para denunciar a entrada na Ría dun novo buque cargado con GNL para REGANOSA

[Foto: Xoán Porto - sob uma licença Creative Commons....a saída das tropas invasoras coincidiron coa entrada do gaseiro "LNG "Norman Lady" en Reganosa, á que lle adicaron algún improperio ;-) - Marcha polos Montes de Brión- Clicar acima para ampliar ]

O Comité Cidadán de novo na rúa para denunciar a entrada na Ría dun novo buque cargado con GNL para REGANOSA

A entrada na nosa Ría, dun novo buque gaseiro, o "LNG NORMAN LADY" que fai o nº 27 desde Maio do pasado ano, cargado con GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA, fixo que o Comité Cidadán de Emerxencia convocara unha nova concentración na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol, este Domingo 24 de Agosto de 2008, ás 8 da Tarde.

Desta vez sorprendeu a forza e ganas coas que as mulleres e homes do Comité Cidadán denunciaron o despropósito gasístico e a corrupción que o acompaña. Consignas denunciadoras e reivindicativas, acompañaron a sirenas, pitos, matracas, ... que se podían escoitar a trescentros metros no contorno da Praza. Para finalizar o acto diante de case un cento de persoas, interveu o compañeiro "Lalán", Coordenador do Comité Cidadán, reiterando a vontade de continuar na loita até acadar os nosos obxectivos. Dixo: "Este vello buque, de máis de 35 anos, xa tivo un accidente importante, ao chocar o 13 de Novembro do 2002 co submarino nuclear norteamericano -Oklahoma City- no Estreito de Gibraltar". Falou do acidente de hai uns dias na cidade canadiana de Toronto, onde extoupou un tanque de gas propano, 2000 veces menos de capacidade que os de REGANOSA, onde tiveron que evacuar a máis de 1000 persoas. Nomeou o innomeábel Plano de Emerxencia para REGANOSA, estabelecido para un radio de 400 metros desde o centro das instalacións gasísticas, un Plano que só pretende cubrir un expediente administrativo, totalmente fora da realidade e tramposo, pois a localización actual da planta de gas, no corazón da Ría, supón un risco potencial enorme para toda a poboación que moramos nesta comarca que atenta contra a nosa seguridade e a nosa vida. Plano de Emerxencia dunha Planta que xa non tiña que estar localizada aí, transgredindo normativas importantes de seguridade e sentido común, só explicábel polos grandes intereses económicos e a corrupción política, unha Planta que só beneficia a uns poucos e perxudica a toda unha comarca.

A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA!!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
A LOITA CONTINUA !!
_________
Boletín nº 14 do Comité Cidadán de Emerxencia [2008]
Boletín nº 13 do comité Cidadán de Emerxencia [2007]
Boletín nº 12 do Comité Cidadán de Emerxencia [2005]
___________________

PARTICIPA !!
Ponte en contacto co Comité Cidadán:
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

COLABORA !!
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
C/C en BBVA, titular:
Ángeles Cuadrado e outros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0232-77-0201521046

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES80 0182 0232 7702 0152 1046

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________________

Resumo Semanal de Democracy Now!, 18 ao 22 de agosto de 2008

Resumo Semanal de Democracy Now!, 18 ao 22 de agosto de 2008
Sábado 23 de agosto de 2008

Duración aproximada : 00:13:37 e 00:13:24

Producción: URCM , Radio Pacífica


O audio do Resumo Semanal atopa-se nos siguientes enlaces:

dn18-22agos2008parte1.MP3
6.2 MB

-Converter a outros formatos-

dn18-22agos2008parte2.MP3
6.1 MB

-Converter a outros formatos-


Enlace orixinal en URCM:
http://audio.urcm.net/spip.php?article2854

________________________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en Estados Unidos e o resto do mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa.[+ Info]

Blog para difundir Democracy Now!desde Galiza:
http://democracia-xa.blogspot.com/

____________

sábado, agosto 23, 2008

XIX Marcha polos Montes de Brión, Domingo 24 de Agosto de 2008

XIX Marcha polos Montes de Brión, Domingo 24 de Agosto de 2008

Un ano máis unha andaina de lecer e reivindicación histórica, percorrerá un dos espazos máis fermosos doa nosa contorna, pola mañá ás 10:30 hrs, sairá a lancha que cruzará a nosa degradada Ría até o Castelo de San Felipe, durante o percorrido poderemos ver o despropósito gasístico que a empresa REGANOSA instalóu ilegalmente en Punta Promontorio, coa complicidade das administracións e a maioría dos partidos políticos, e desde alí iremos por S.Cristobal e Cariño, onde poderemos observar a fermosa paisaxe, mais tamén podemos darnos conta do angosto da canle da Ría, duns 4.000 metros de longo, mais moi estreita e de pouco calado, cunha canle sumerxida de apenas 11,30 m de profundidade e 160 m de largo e en zig-zag, cun fondo de cascallo e rocha que teñen que surcar os buques metaneiros cargados con GNL que entran na Ría con destino a REGANOSA, poñendo en perigo a vida de miles de persoas. Mesmo ese día está prevista a entrada do "LNG Norman Lady" que terá que entrar en pleamar diurna, con práctico a bordo e catro remolcadores que auxiliarán ao buque desde “Prioriño Chico- Punta Coitelada” até o Peirao de Mugardos que construíu "Forestal do Atlántico" alegalmente, e do que o Sr. Tojeiro tirou euromillonarias plusvalias coa súa venda a REGANOSA. Logo hai que subir até Monteventoso, onde a a paisaxe brilla pola súa fermosura e desde alí , baixada até Confurco e subida até os Montes de Brión. Aquí xa a paisaxe é total, nada se escapa á vista, mais hai que ter coidado pois a veciñanza de Brión estanos agardando para darnos unha malleira, pois as persoas que disfrutamos da andaina somos os "ingleses invasores". Mais hoxe non é como hai 208 anos, onde eran días de violencia, morte e sangue, pois todo remata en Liñares, pouco antes das dúas da tarde, cun bon xantar e música.

Pola tarde non estaría de mais achegarse á Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, onde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ten convocada unha concentración, ás 8 da Tarde, en protesta pola entrada na nossa Ría do citado buque metaneiro.


Para información sobre a Marcha de Brión, visitar a interesante web do Clube de Montaña de Ferrol:
http://www.clubmontanaferrol.com/brion.html

venres, agosto 22, 2008

Domingo 24 de Agosto, concentración cidadá en protesta pola entrada na Ría dun novo buque gaseiro, o vello metanero de 35 anos "LNG Norman Lady"

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de agosto de 2008 16:19
Asunto: Domingo, 24 de agosto: CONCENTRACION (Entrada 27º Gaseiro)



Domingo, 24 de agosto: CONCENTRACION (Entrada 27º Gaseiro)

Anunciada a chegada a nosa ría do gaseiro nº 27
coa súa carga de GNL para Reganosa,
o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
convoca unha
CONCENTRACIÓN
DOMINGO, 24 de Agosto, ás 8 da tarde

Ante o Edificio da Xunta de Galicia
Praza Amada García (xunto á Praza de España)

Acode e difunde

Buque esperado: "LNG NORMAN LADY" Bandeira: Noruega
Eslora: 249,5 m. manga: 40,08
Antiguedade: 35 anos (Construído o 11.05.1973)
Capacidade : 87.600 m3

Este vello buque xa tivo un accidente importante,
ao chocar o 13 de Novembro do 2002
co submarino nuclear norteamericano "Oklahoma City"
no Estreito de Gibraltar.

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

______________

xoves, agosto 21, 2008

Medindo a Felicidade

Interesante artigo postado por Ortigueira Sostible na web da Rede Galiza Non Se Vende:



Medindo a Felicidade

Onde vivimos importa: Non é só un tópico nin se pode reducir a slogan dunha Consellería. Á marxe das circunstancias persoais e da nosa propia capacidade para atopar felicidade, o benestar depende incuestionablemente da posibilidade de levar unha vida digna e saudable, e isto é estadísticamente mais probable nuns lugares que en outros. Dende fai moito se tenta facer unha distribución xeográfica da felicidade cuantificando o nivel de benestar dos estados: Ata fai pouco se facía cun único parámetro, o crecemento económico, que reflectía a riqueza destes e se concretaba nas cifras do PIB e a renta per cápita. Actualmente este indicador está sendo moi cuestionado porque non expresa moitas das variables das que depende o nivel de satisfaccións dos cidadáns. De feito, o PIB pode aumentar, e nomeadamente o fai, en situacións de guerras e catástrofes naturais, e pode tamén ser moi elevado en estados onde non se respectan os dereitos civís ou onde existen diferencias económicas extremas. Ademais, as cifras do PIB se nutren de actividades económicas positivas tanto como da industria armamentísta e outras de moi dubidoso beneficio social.

O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) elaborado pola ONU introduce na medición, ademais do PIB, outros dous importantes indicadores do benestar social: A esperanza de vida e a educación (taxa de alfabetización de adultos, taxa de matriculación nos distintos niveis de ensinanza e anos de duración da educación obrigatoria). Este medidor revela xa (informe IDH 2008) que os índices elevados de PIB non se corresponden sempre coas outras variables do IDH, mesmo en EEUU. ...

...

Acceder ao artigo completo na Web da Rede Galiza Non Se Vende
ou de Ortigueira Sostible. [Con comentarios de interese]
__________________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza

Difundindo desde Galiza o Boletín de Noticias, do 21 de Agosto de 2008, de Democracy Now!
http://democracia-xa.blogspot.com/

Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en Estados Unidos e o resto do mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa. Democracy Now! emítese en Pacifica, NPR (Radio Pública Nacional), estacións de radio comunitarias e universitarias; en canles comunitarias por cable, PBS (televisión pública), televisión por satélite (DISH network: Free Speech TV canle 9415 e Link TV canle 9410; DIRECTV: Link TV canle 375), como un "podcast" por internet, todo desde un proxecto que nasce en Downtown Community Television Center (Centro Comunitario de Televisión da Cidade), un centro de medios de comunicación comunitarios no barrio de Chinatown en Nova York.

O "Informe de Guerra e Paz " de Democracy Now! proporcionanos acceso, a persoas e puntos de vista raramente escoitados nos grandes medios convencionais, incluíndo xornalistas independentes e internacionais, xente corrente de todas partes do mundo que resulta afectada directamente pola política exterior de EEUU, dirixentes de organizacións de base e activistas pola paz, artistas, académicos e analistas independentes. Ademais diso, o Informe de Guerra e Paz mantén debates reais ... debates entre persoas que están substancialmente en desacordo, por exemplo entre o portavoz da Casa Branca ou o Pentágono por unha banda e activistas prol paz polo outro.

Que é Democracy Now ?
Democracy Now! , a voz da esquerda.
Artigo de Le Monde Diplomatique(.pdf)


A hora completa do programa de radio e televisión Democracy Now! -- "O Informe de Guerra e Paz" -- sae en inglés (texto, audio, e vídeo) en www.democracynow.org. A continuación o noticiero "Os titulares de hoxe" e a síntese en español da hora completa do programa. O audio e o texto atópanse en www.democracynow.org/es

Blog para difundir Democracy Now!desde Galiza:
http://democracia-xa.blogspot.com/

Estes son "Os titulares de hoxe" [21.08.2008]:

* Informe: 79 millóns de estadounidenses teñen problemas para pagar as súas contas médicas
* Axentes do FBI poderían obter máis facultades para investigar a calquera persoa
* Morren preto de corenta persoas en atentado con bomba en fábrica de armas de Paquistán
* Negociadores iraquís e estadounidenses conclúen proxecto de acordo de seguridade
* Enquisa indica que McCain ten unha vantaxe de cinco puntos porcentuais sobre Obama
* Anuncio de Obama critica vínculos de McCain con colega de Abramoff
* McCain dixo sobre restituír o servizo militar obrigatorio: ?Non estou en desacordo?
* Libby é interrogado sobre carta falsificada pola CIA
* Informe: Lume amigo da OTAN matou tropas francesas en Afganistán
* Dúas anciás chinesas enfrontan posibilidade de ser obrigadas a ir a campo de traballo por presentar permiso para protestar
* Funcionario de ONU advirte sobre sistema de alimentación neocolonial
* Tribunal ditamina que pasaxeiros poden impugnar a súa inclusión en lista de quen non poden viaxar en avión
* 150 mortos en accidente aéreo en España
* Grupos indíxenas peruanos pon fin a protestas despois de que lei de terras é rexeitada
* Ex oficial indonesio de intelixencia acusado de asasinar a activista
* Morre congresista de Ohio Stephanie Tubbs Jones, de 58 anos
* Falece ex líder chinés Hua Guofeng, de 87 anos

____

Boletíns Informativos
Democracy Now!
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
____________

Moi urxente 7 gatiñ@s para adoptar xa!

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de agosto de 2008 11:54
Asunto: Gatos urgente




Ola a tod@s:

Bos días, temos un caso moi urxente de 7 gatiños de entre mes e medio e dous meses que ou se dan pronto ou vanse sacrificar. Se sabedes de alguén que queira un gatiño por favor que se poña en contacto con nosotros chamando ao 617 040 992 ou escribindo ao correo@asociacioncometa.com
Un saúdo e grazas.
__________

Para mais información:

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA

r/Manoel Antonio, 4-1º Narón

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.com
____________