Activistas pola paz interrompen o discurso de McCain
McCain foi interrompido dúas veces por membros do grupo pola paz Code Pink (Código Rosa). Un dos manifestantes foi identificado como Adam Kokesh, membro do grupo Veteranos de Iraq contra a Guerra. Kokesh portaba unha pancarta que dicía "Non pode gañar unha ocupación" dun lado, e do outro "McCain vota contra os veteranos". No seu discurso McCain defendeu o seu apoio ao aumento de soldados en Iraq levado a cabo polo Presidente Bush.
- O Senador John McCain dixo: "Loitei pola estratexia acertada e porque houbese máis soldados en Iraq cando non era o máis aceptado. E cando os expertos dixeron, cando os expertos dixeron que a miña campaña estaba acabada, eu dixen que prefería perder as eleccións que ver ao meu país perder unha guerra".
Arrestan a 400 persoas durante o último día da convención republicana
As protestas continuaron durante o último día da Convención Nacional Republicana. Centos de persoas participaron nunha protesta organizada polo grupo Youth Against War and Racism (Mozos contra a Guerra e o Racismo).
- Un manifestante dixo: "A misión hoxe é, supoño, traer aos soldados de regreso, e pór fin á guerra inxusta e ilegal por beneficios económicos en Iraq. Creo tamén, que non hai que elixir a John McCain este outono, porque iso significaría continuar co mesmo plan de batalla terrible que vivimos desde o ano 2003".
________
Os Titulares de Hoxe [05.09.2008]
* McCain acepta candidatura republicana
* Activistas pola paz interrompen o discurso de McCain
* Arrestan a 400 persoas durante o último día da convención republicana
* Obama descobre opinións en común con Ou?reilly en Fox News
* Abramoff foi condenado a 4 anos de prisión
* Libro: O goberno estadounidense dirixe extenso programa de espionaxe do goberno iraquí
* O Pentágono pide que se atrase a redución de soldados en Iraq e un aumento na ocupación de Afganistán
* Estados Unidos arresta a xornalista iraquí e á súa familia
* Taxa de suicidios no exército achégase a cifra marca
* Karzai visita sitio de ataque letal de EE. UU.
* Crece a indignación en Paquistán por ataque de EE. UU.
* Morren 90 persoas en Haití por tormenta tropical Hanna
* Alcalde de Detroit declárase culpable e renuncia por caso de perjurio
* Avogada pide pericia mental para unha prisioneira paquistaní procesada
* Cheney presiona para que Xeorxia sexa membro da OTAN
* ONU: a axuda ás nacións pobres queda atrasada
Xa está publicado o Boletín de Noticias e os audios "Os titulares de hoxe" correspondentes a hoxe, Venres, 5 de Setembro de 2008, no
Blog para difundir Democracy Now! desde Galiza:
__________
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en todo o mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa. [+ Info]