venres, setembro 19, 2008

A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño acordamos na ultima reunión solicitar a entrada na Plataforma do Cabo 1º Gago Chao...

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de setembro de 2008 23:10
Asunto: ADHESION PLATAFORMA CABO GAGO CHAO



A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño acordamos na ultima reunión solicitar a entrada na Plataforma do Cabo 1º GAGO CHAO...

PLATAFORMA GAGO CHAO

A Xunta directiva da Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, acordou na ultima reunión solicitar a súa entrada na PLATAFORMA CABO CAGO CHAO co fin de axudar e manifestar nosa solidariedade con todos os afectados .

Nosa asociación respecta todos os acordos e comunicados desta Plataforma reivindicativa na defensa da liberdade de expresión do Cabo 1º JORGE MIGUEL GAGO CHAO, pois estimamos que súas denuncias deben ser tomadas en consideración por se houbera algún tipo de neglixencia.

Pensamos que este fatal accidente ocorrido na Fragata “Extremadura” no Nadal do 2005 en Ferrol, debe ser investigado e aclarar se ás mortes dos mariñeiros Erik Noval Gómez e Francisco Javier Pérez Castrillón puideron ser evitadas.

En canto as Ordenanzas Militares que causan este exceso co encarceramento do Cabo Gago pensamos que deben ser actualizadas e acatar o principio constitucional de todo cidadán de salvagardar a LIBERDADE DE EXPRESIÓN, sexa cal sexa a institución na que traballa.

Ferrol a 18 de Setembro de 2008.

A Presidenta
Ana J. López Díaz
O Secretario
asdo. Xosé M. Sanxoán Caamaño

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com

_________________

xoves, setembro 18, 2008

O desastre de Baroca, a solidariedade con Cuba é necesaria xá

De: Comunistas da Galiza P.C.P.E.
-comunistasdagaliza@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de setembro de 2008 22:08
Asunto: A SOLIDARIEDADE CON CUBA É NECESARIA E AXIÑA: o desastre en Baracoa



A SOLIDARIEDADE CON CUBA É NECESARIA E AXIÑA: o desastre en Baracoa


Galería Fotográfica do paso do Furacán por Baracoa - Cuba -
_______

[En poucos minutos]
_________

Información oficial de datos preliminares sobre os danos ocasionados polos furacáns Gustav e Ike

A acción combinada dos furacáns Gustav e Ike en ventos, choivas e inundacións ao seu paso practicamente por todo o país, entre o 30 de agosto e o 9 de setembro, incluídos os efectos previos e posteriores á súa entrada e saída do territorio nacional, convértena sen ningunha dúbida na máis devastadora na historia destes fenómenos meteorolóxicos en Cuba con relación á magnitude dos danos materiais ocorridos. [+ Info nos Arquivos Ártabros]


Comunistas da Galiza P.C.P.E

http://comunistasdagzpcpe.blogspot.com/

http://www.pcpe.es/
______________________

Exposición no Ateneo Ferrolán

De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de setembro de 2008 12:28
Asunto: Che é d@s Revolucionários




O Che no Ateneo Ferrolán
Ate o 15 de outubro, na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán (1ª planta), poderemos ver a exposición de carteis biográficos do CHE

"CHE É D@S REVOLUCIONARI@S"


______________


Ateneo Ferrolán
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

____________

mércores, setembro 17, 2008

Chalar en Pontedeume sobre o Lago das Pontes e o Río Eume: Venres 19 de Setembro

De: manuel dominguez
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de setembro de 2008 17:30
Asunto: Charla organizada por Verdegaia e o colectivo Fusquenlla sobre a problemática do lago das Pontes e o río Eume



O venres 19 de Setembro, ás 19:30, terá lugar en Pontedeume unha organizada por Verdegaia e o colectivo Fusquenlla sobre a problemática do charla o lago das Pontes e o río Eume.

Interviran:
  • Xosé Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC;
  • Mónica Arto, secretaria do núcleo comarcal de Verdegaia,
  • Concha Ferreiros, química e membro de Adega.

O acto terá lugar no IES Breamo (c/Ricardo Sánchez, a rúa que leva cara ao río, collendo á dereita ao chegar á gasolineira antes da ponte)
Un saúdo

Manuel
Fusquenlla
http://sospontedeume.com/
__________________

“A Limpar o Mundo”, este ano imos limpar a praia de Esmelle de Ferrol o Sásbado, 20 de Setembro

De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 17 de setembro de 2008 16:48

Asunto: Campaña A Limpar o Mundo




COMUNICADO DE PRENSA, PREGASE A SÚA DIFUSIÓN:
ASUNTO: limpeza da Praia de Esmelle dentro da campaña “A Limpar o Mundo” [15/09/2008]


A Sociedade Galega de Historia Natural delegación de Ferrol leva varios anos colaborando coa campaña “A Limpar o Mundo”, este ano imos limpar a praia de Esmelle de Ferrol o día 20 de setembro de 11:00 a 13:00 horas . Punto de encontro: Lugar onde se instala a caseta de socorrismo.

Convídase as persoas e colectivos para protexer e mellorar o medio ambiente para as xeracións futuras participando nacampaña ecolóxica global, A Limpar o Mundo. Xuntos estamos combatendo o problema da cantidade de lixos que atopamos en espazos naturais.

O evento ten lugar como parte dunha das campañas ecolóxicas globais de carácter comunitario de máis éxito, A Limpar o Mundo. Na campaña participan cada ano uns 35 millóns de voluntarios de máis de 110 países, uníndoos co propósito común de limpar, reparar e conservar o noso medio ambiente.

A Limpar o Mundo ofrece ás xentes de todo o mundo a oportunidade de unirse para loitar contra os problemas medioambientais locais. Non importa en que lugar do mundo esteas, ti podes cambiar as cousas? dixo Ian Kiernan *AO, Fundador e Presidente da Limpar o Mundo e Laureado co premio Global 500 do PNUMA.

En 2008, A Limpar o Mundo anima aos seus membros a entrar en acción a nivel local para que axuden a loitar contra o cambio climático. Programas de educación sobre a conservación da enerxía, sementar de árbores, xornadas nas que os empregados camiñen aos seus lugares de traballo e proxectos para reducir a cantidade de désechos son algunhas das actividades que poden realizar os membros.

A Limpar o Mundo naceu en Sidney, Australia en 1993 e está desenvolvida en conxunción co Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA). A campaña aúña os esforzos de organizacións non gobernamentais, grupos comunitarios, colexios, gobernos, empresas e individuos para mellorar a calidade do auga, limpar as rúas, parques, canles e bosques locais e educar aos nenos sobre o medio ambiente.

A Limpar o Mundo está desenvolvida en conxunción co seu Socio Principal, o PNUMA. A Patrocinan Brambles e Qantas. Google Inc. é o seu Socio tecnolóxico. National Geographic Channels International é o Medio de comunicación asociado. Benefactores son o Goberno Australiano, a través do seu Ministerio de Asuntos Exteriores e Comercio, Armor e Marriott International Inc.

Se desexas máis información sobre A Limpar o Mundo visita www.cleanuptheworld.org chama ao 61 2 9692 0700 ó envía un e-mail a info@cleanup.com.au

* AO: Orde de Australia, concedida por realizar un gran servizo a Australia ou á humanidade enteira.

Para calquera aclaración sobre a actividade poñerse en contacto coa Sociedade Galega de Historia Natural delegación de Ferrol, de luns a venres de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 no número 981352820.
___________

Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co n1 584918. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N1 AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente
.
__________

Colabora:
Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ferrol


_______________
Sociedade Galega de Historia Natural
Dende1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: sghnferrol@terra.es
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com
__________________


Concentración Antitaurina en Negreira, Domingo 21 de Setembro

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Libera! Galicia -galicia@liberaong.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de setembro de 2008 09:27
Asunto: Concentración antitaurina Negreira 21 Septiembre



Concentración antitaurina Negreira 21 Septiembre

CONCENTRACIÓN ANTITAURINA, 21 DE SETEMBRO, 16:30 horas Ó CARÓN DO CAMPO DE FÚTBOL JESUS GARCÍA CALVO DE NEGREIRA

Convoca:
Plataforma Galicia, mellor sen touradas.

Saídas dende:
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
O Carballiño
Pontevedra

Remítese ás organizacións galegas adheridas á Plataforma "Galicia, mellor sen touradas".

--
Asociación Animalista LIBERA!
www.liberaONG.org

Rubén Pérez Sueiras
Tel. 606 53 05 70
@. galicia@liberaong.org


NEGREIRA E AS INVASIÓNS BÁRBARAS
:

NON Á TAUROMAQUIA EN NEGREIRA!

CONCENTRACIÓN 21 SEPTIEMBRE – 16,30HS

ADEGA e as organizacións da campaña GALICIA MELLOR SEN TOURADAS convocan unha concentración para expresar o rexeitamento do pobo galego ó festexo taurino con novillos que serán sometidos a todo tipo de vexacións, festexo autorizado polo Concello de Negreira, cidade que ata o día de hoxe NON CONTABA CON FESTEXOS TAURINOS. ¿VAS PERMITILO?

VEN E DI NON Á TAUROMAQUIA EN NEGREIRA!

DOMINGO 21 SETEMBRO – 16:30hs

XUNTO O CAMPO DE FÚTBOL JESÚS GARCÍA CALVO, NEGREIRA

Transporte dende:

* Santiago de Compostela: 15:30hs Estación de autobuses

Contacto: ADEGA 981 570 099

* A Coruña: 14:45hs Praza de Ourense

Contacto: Libera! 606 530 570

* Ourense: 13:30hs Esplanada das Lagoas (ó carón da Comisaría de Policía)

Contacto: Amigos da Terra 988 374 318

(Faltan O Carballiño y Pontevedra).

Adhiren:

GALICIA: ADEGA · Amigos da Terra · Asociación Cometa · Asociación Gatocan · Asociación Aldea Felina · Colectivo cívico Matar por Matar Non · Plataforma Pontevedra Antitaurina · Organización Activista de Redondela · Verdegaia · Asociación Abeiro.

ESPAÑA: Fundación para la Adopción, Apadrinamiento y Defensa de los Animales, FAADA · Colectivo Andaluz Contra el Maltrato Animal, CACMA · Fundación Altarriba · Animalistes de Manlleu · Asociación de Veterinarios Abolicionistas de la Tauromaquia, AVAT · Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal, PACMA · Proyecto Gran Simio

INTERNACIONAL: Accâo Animal (Portugal) · ANIMAL (Portugal) · League Against Cruel Sports (Reino Unido) · The Humane Society of the United States · The Humane Society International · Dyrevern Alliansen (Noruega)
_________

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234
__________

NÓS-Unidade Popular reclama a retirada definitiva da urbanizaçom num espaço protegido de Valdovinho

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org -nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de setembro de 2008 09:54
Asunto: NÓS-Unidade Popular reclama a retirada definitiva da urbanizaçom num espaço protegido de Valdovinho



NÓS-Unidade Popular reclama a retirada definitiva da urbanizaçom num espaço protegido de Valdovinho

NÓS-Unidade Popular quer aderir às vozes que, de diferentes entidades ambientalistas, políticas e sociais da comarca de Trasancos, venhem denunciando o negócio urbanístico previsto polos governantes municipais de Terra Galega e a empresa ‘Construcciones Gallegas, SA”, que inclui a construçom de 69 chalés num terreio inserido no LIC Costa Ártabria, da Rede Natura 2000.

Além disso, a agressom ambiental afectaria a umha zona húmida rica em aves e ao castro da Frouxeira, estando por isso catalogada a zona como “especialmente protegida” polo seu interesse patrimonial. Todo isto dá ideia do disparatado projecto, cuja única explicaçom é o enriquecimento de umha empresa e as comissons e/ou financiamento irregular que, mais do que provavelmente, essa obra irá supor para os regionalistas de Terra Galega.

A obra incumpre flagrantemente a actual legislaçom autonómica de dostas, e supom umha fraude afirmar que pode levar-se a cabo por ter umha licença de 2003, anterior à aprovaçom da lei actual.

NÓS-Unidade Popular exige umha intervençom da Junta da Galiza para evitar que se consume mais umha agressom à costa galega, a investigaçom das actividades da empresa e dos políticos que a protagonizam, e umha actuaçom legal e administrativa contundente, que sirva de medida exemplarizante a outros especuladores e promotores da corrupçom urbanística na Galiza.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular em Trasancos

17 de Setembro de 2008
__________________

Os Feitos Consumados

Continuamente, os sufridos cidadáns temos coñecemento de operacións fraudulentas nos municipios, realizadas por "políticos" desaprensivos, que aproveitando o poder que lles confire unha maioría de representantes, toman importantes decisións -aínda que só sexa por un voto de diferenza- que logo resultan ser ilegais.

O sistema empregado, con diversas variantes, adoita ser case sempre o dos "feitos consumados". Por exemplo: Nun municipio calquera, decídese nun Pleno realizar unha obra importante e contrátase para iso a unha determinada empresa. Máis adiante descóbrese a ilegalidade do asunto e páranse as obras, pero o "negocio" xa está asegurado, porque haberá que indemnizar á empresa ou empresas contratadas.

En Ferrol temos varios exemplos deste tipo de irregularidades, como a Praza de España, Menáncaro, a Praza de Sartaña, etc, que lle van a custar ao Concello -é dicir, a todos os cidadáns- un bo puñado de euros.

Ante este estado de cousas, que se adoitan atopar en numerosos municipios, a nivel autonómico e estatal, resulta incomprensible e ata case sospeitosa, a ausencia dunha lei que faga imposibles este tipo de desmáns. En efecto, se se declarasen nulos este tipo de contratos realizados por mor dunha decisión ilegal, ou se se responsabilizase economicamente aos autores desa decisión, seguramente os políticos "oportunistas" pensaríanllo mellor antes de embarcarse nese tipo de aventuras.

Por iso, é necesario pechar esa porta aberta á corrupción, co cal, posiblemente eliminaríanse da escena pública a maioría deses falsos políticos, que só buscan "o pelotazo" como medio de enriquecemento persoal.

A pregunta pois, vai dirixida aos lexisladores actuais: Para cando unha lei contra os "feitos consumados"?

amadeo -avarela36@mundo-r.com-

A Consellería de Política Territorial, ..., da Xunta de Galicia, somete a información pública o Plano de Estradas

POLÍTICA TERRITORIAL SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PLAN DIRECTOR DE ESTRADAS, QUE PLANIFICA AS INFRAESTRUTURAS DE GALICIA ATA 2020

Baixar noticia [15/09/2008 14:00] en fortmato PDF

Os interesados dispoñen de dous meses para presentar as alegacións que consideren oportunas, que serán debidamente estudadas co fin de incorporar as melloras pertinentes

O Plan, que suporá un investimento de 16.000 millóns de euros, garante a vertebración racional e eficiente do territorio xa que multiplica a competitividade, persegue o reequilibrio e incrementa o benestar dos cidadáns

Contempla un total de 662 actuacións da Xunta sobre o 74 por cento da rede autonómica de estradas, o que supón un investimento de 8.000 millóns, cifra similar á que investirá Fomento nas súas vías

Nesta ligazón podedes descargar o plano e o informe medioambiental. Hai 60 días de prazo para alegar

http://www.cptopt.xunta.es/portal/cidadan/pid/2218

apertas
--
-----------------------------------------------
Xan Duro
Tesouraría. Comisión Permanente de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.cospesnaterra.info
www.consomesoudevoras.info
___________________

Anuncio DOG Plan de Estradas (pdf)

Informe de Sostibilidade Ambiental PDEG (pdf)

Plan Director de Estradas de Galicia (pdf)

___________________
De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2008 07:48
Asunto: Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego



Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego

PARTICIPA NO PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO
Santiago de Compostela, 5 a 7 de decembro de 2008
http://www.forosocialgalego.org

Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego
Fai a túa adhesión, propón as túas actividades.
O 30 de setembro remata o prazo para propor actividades!!!

1-. Por primeira vez en Galiza terá lugar un Foro Social Galego (FSGal), enmarcado no proceso do Foro Social Mundial e cumprindo a súa Carta de Principios. O FSGal non é unha organización, nin un colectivo, nin unha rede, nin pretende representar á sociedade civil... É un espazo de converxencia entre movementos sociais, de intercambio de ideas e de artellamento de accións, de procura de alternativas á orde neoliberal imperante no planeta.
---------
CONVOCATORIA DO FSGAL: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=12&Itemid=40
CARTA DE PRINCIPIOS: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=14&Itemid=31
QUE É O FSGAL: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=1&Itemid=32

2-. O FSGal desenvolverase de xeito horizontal, coa adhesión e compromiso dos diferentes movementos sociais galegos e con actividades propostas e autoxestionadas por estes. Non ten, xa que logo, unha dirección, tan só un Consello dinamizador encargado de coordinar todas as propostas para elaborar un programa e de procurar e facilitar os espazos necesarios para o desenvolvemento do Foro. O dito Consello, formouse por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o pasado 26 de xaneiro en Compostela.
--------
MÁIS SOBRE COMO PARTICIPAR: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=16&Itemid=35

3-. Para participar no FSGal cada colectivo ou persoa individual debe primeiro facer a súa adhesión. Os cartos destas adhesión certifican o compromiso co proceso do FSGal e sobre todo garanten a independencia do mesmo, que non solicitará subvencións nin acepta patrocinio de empresas. As adhesións poden facerse até o 15 de novembro (a non ser que se queiran propor actividades, ver seguinte punto) e será de 100 euros por colectivo ou de 10 euros por persoa a titulo individual.
---------
PARA FACER AS ADHESIÓNS: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=33

4-. Para propor actividades e metelas no programa do FSGal existe un mecanismo na páxina web do foro. Antes de propor unha actividade os colectivos deben facer a adhesión ao FSGal. Para garantir o desenvolvemento e publicidade da actividade (locais, programa, etc.) existe unha cota de 100 por cada actividade que se comparte entre varios colectivos, pois priorizaranse actividades conxuntas entre colectivos ou organizacións para evitar a repetición de temas. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES REMATA O 30 DE SETEMBRO!!!
---------
PARA INSCRIBIR ACTIVIDADES: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=34

5-. Persoas ou colectivos dipsot@s a colaborar na organización do FSGal poden presentarse como voluntarias.
---------
PARA FACERSE VOLUNTARI@: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=45

Apertas,
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego


____________

Novas Noticias: Urbanización na Saiña (Adega)

De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE
-couteiro@hotmail.com-
ADEGA-TRASANCOS
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2008 08:33
Asunto: Urbanización na Saiña (Adega)



Urbanización na Saiña (Adega)


Prezado/a amigo/a:

Adxúntoche nova información polo da coñecida urbanización. Curiosamente as argumentacións tiradas na prensa emanadas da Xunta e do concello non somos quen de acadalas por escrito. Será por que só levamos 2 anos detrás delas!

O BNG anunciou no Pleno municipal que ían meter o tema no xulgado por vía administrativa. É un proceso lento mais efectivo.

Desde Adega seguimos traballando con novas iniciativas na axenda. Seguiremos informando!

Un sáudo. Carlos Outeiro.
____________

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

[Clicar acima da imaxe para ampliar]
_________

NÓS-Unidade Popular, contra a Lei de Partidos e em defesa dos direitos democráticos: nom à ilegalizaçom de ANV

De: NÓS-UP -imprensa@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 17 de setembro de 2008 01:56

Assunto: NÓS-Unidade Popular, contra a Lei de Partido e em defesa dos direitos democráticos: nom à ilegalizaçom de ANV



16 de Setembro de 2008
NÓS-Unidade Popular, contra a Lei de Partidos e em defesa dos direitos democráticos: nom à ilegalizaçom de ANV

Hoje mesmo temos conhecimento da decisom tomada, de maneira fulminante, pola Sala Especial do Tribunal Supremo, contra um dos partidos democráticos de maior trajectória histórica no Estado espanhol: Acçom Nacionalista Basca, fundado em 1930, perseguido e ilegalizado por Franco e agora também polos seus herdeiros políticos.

Denunciamos o silêncio cúmplice de todo o arco parlamentar que na Galiza apoia, por activa ou por passiva, a deriva antidemocrática que sofre o regime monárquico espanhol nos últimos anos, da qual a Lei de Partidos é um dos expoentes mais claros.

É intolerável e radicalmente contrário aos direitos fundamentais pretender retirar da legalidade qualquer expressom política democrática e representativa como som todos e cada um dos partidos bascos ilegalizados nos últimos cinco anos: Batasuna, Euskal Herritarrok e, agora ANB. Por isso, na Galiza, NÓS-Unidade Popuar levanta mais umha vez a voz para denunciar a falta de direitos políticos existente no Estado espanhol, especialmente visível no País Basco, onde a terceira força política, que representa centenas de milhares de pessoas, está fora da lei, enquanto bandos fascistas de todo o tipo desenvolvem as actividades xenofobas, racistas e violentas com total impunidade por todo o Estado espanhol.

NÓS-Unidade Popular reclama, mais umha vez a revogaçom imediata da Lei de Partidos e a restituiçom dos direitos civis e políticos ao conjunto do povo basco, como passo prévio ao reconhecimento às naçons basca, catalá e galega do democrático direito de autodeterminaçom.

Permanente Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 16 de Setembro de 2008

____________

http://www.nosgaliza.org
________________

A asociación Cometa organiza: unha "Exposición benéfica de pintura"

De: Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de setembro de 2008 01:53
Asunto: Exposición benéfica de pintura




Exposición benéfica de pintura

Ola a todos, queremos invitarvos a visitar a exposición de pintura e escultura que a Asociación COMETA organiza, coa colaboración do Padroado de Cultura do Concello de Narón e dá pintora Rosa Fernandez Salanova. A inauguración terá lugar ou vindeiro venres 19 as 20,30 horas na Sala de Exposicións dá Biblioteca Municipal de Narón. A mostra permanecerá aberta ata ou 5 de outubro e nela poderánse admirar obras doadas por artistas de toda Galicia, que poderán ser adquiridas a prezos moi reducidos. Vos beneficios servirán para financiar as actividades dá Asociación, fundamentalmente para ou proxecto de albergue para animais abandonados que desde hai tempo tentamos por en marcha. Agardamosvos.

Saudos !

___________

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234
_______________
__________

martes, setembro 16, 2008

O "LNG Bilbao Knutsen" ten previsto entrar na Ría este 18 de Setembro, o Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2008 20:57
Asunto: Convocatoria xoves 18 . Gaseiro nº 30




Estando prevista a entrada na Ría, dun gaseiro, o "LNG Bilbao Knutsen", que fai o nº 30 dos que levan arribado a Planta de Gas, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACION – MANIFESTACIÓN
Xoves, 18 de Setembro, ás 8 da tarde
Ante o Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García – Praza de España – Ferrol


Datos do Buque:
Nome.- "LNG Bilbao Knutsen"
Bandeira .- España
Capacidade:- 138.000 m³
Eslora.- 284m
Manga.- 42,50 m
Calado.- 12,30 m


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

Fervesteiro: "Unha Lousa sobre O Courel" este próximo venres, 19 de Setembro, ás 20:00 hrs, nos cines Duplex de Ferrol

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Reeenvio: mriver@fundaciongaliciaverde.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de setembro de 2008 18:39
Asunto: Unha Lousa sobre O Courel no "Fervesteiro"


Ola a tod@s,
e perdón sobre todo á xente da zona de Ferrol-cidade, porque andamos tan desbordados que case nos esquecemos de avisarvos da proxección do docu Unha Lousa sobre O Courel este próximo venres, 19 de Setembro, ás 20:00, nos cines Duplex de Ferrol (Travesía Moreno, 3) dentro da programación do Fervesteiro, que ofrece unha programación estupenda para divertirse sen deixar de loitar, así que a ver se vos animades.

Bicos e seguímonos vendo de tódolos xeitos,

Mabel & Enrique.


Unha lousa sobre o Courel é un traballo documental que recolle a problemática xurdida en torno ás canteiras de lousa que ameazan con destruír un dos baluartes máis emblemáticos de Galicia, para convertelo nunha zona mineira de explotación duns recursos esgotables a curto ou medio prazo. A cambio, estánse a hipotecar outras posibilidades de futuro sustentable para esa comarca, como sería a creación dun Parque Natural que protexese e puxese en valor a zona con maior biodiversidade de Galicia.

Gracias ao silencio (ou á manipulación) dos medios, á colaboración dos políticos e á actividade empresarial máis depredadora, conseguíuse que os escasos habitantes do Courel contemplen a canteira da Campa (no concello de Folgoso) como a súa única posibilidade de emprego, ao tempo que se foi instalando entre a poboación a idea de que un Parque Natural traería coutos de caza só para ricos “de Madrid”, mentres que outras actividades tradicionais como a gandería e a agricultura se verían limitadas, ou mesmo prohibidas. O resultado é unha poboación dividida entre os que están a favor da canteira e os que se mostran a favor do Parque Natural. Existe gran desconfianza e medo a falar abertamente destas dúas fontes de ingresos: a canteira, co seu durísimo traballo, o seu inmenso custo ambiental e o seu tempo de explotación limitado; e o Parque Natural como alternativa de sustentabilidade e permanencia.

A gran desinformación que se foi tecendo en torno a esta situación está sendo contestada por grupos de veciños que queren defender, por riba de todo, os valores culturais do Courel e crear para os seus habitantes postos de traballo de calidade e que garantan o futuro do inmenso legado recibido dos seus antergos.

Este traballo documental ten por obxectivo dar a coñecer esta situación, crear debate entre a cidadanía e procurar un posicionamento claro en defensa do noso patrimonio cultural e medioambiental. Nel participan prestixiosos científicos e colaboradores que non dubidaron en dar a cara en defensa do que nos pertence a tod@s.

Namche Films está formada por Henrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, edición e cámara. Colabora no guión coa actriz Mabel Rivera, quen tamén se encargou da produción executiva, documentación e voz en off.

Unha lousa sobre o Courel é o segundo traballo dunha serie iniciada con O Salario do Silencio. Producido tamén de maneira independente, sen ningún tipo de subvención, está orientado ao mercado do DVD. Ofrécese en dobre versión (galego e español), e os beneficios da súa venda irán destinados a axudar á Asociación Ecolóxico-Cultural SOS-Courel na súa loita pola conservación dun patrimonio único e irrepetible do que nos sentimos partícipes tódol@s galeg@s.


Santiago de Compostela, 2 de Febreiro de 2008.
_____________

ENTRE O 12 E O 20 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR A SEXTA EDICIÓN DO FESTIVAL DO FERVESTEIRO, CON NOVO CIRCO E CABARET, CHARLAS, DEBATES, PROXECCIÓNS, ... E MÚSICA, DEDICADO Á DEFENSA DO TERRITORIO E Á REDE GALIZA NON SE VENDE

http://www.fervesteiro.org/

______

domingo, setembro 14, 2008

A Nosa Terra Diario Dixital publica unha reportaxe "Vivir ao lado de Reganosa"

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de setembro de 2008 13:58
Asunto: Viideo: "Vivir ao lado de Reganosa"



Preocupación dos veciños e veciñas de Reganosa

Vivir ao lado de Reganosa


Redacción - ANT - Diario Dixital. Xa van 29 gaseiros os que entraron na ría de Ferrol desde a implantación da regasficadora situada en Mugardos no ano pasado.
12.09.2008 | 18:58

Situada en plena ría de Ferrol, a terminal de gas de Mugardos funciona a pleno rendimento aportando anualmente 3,6 millóns de metros cúbicos de gas natural, ofrecendolle suministro, entre outras, ás centrais eléctiricas de Endesa e Unión Fenosa en As Pontes e Arteixo, respectivamente.

Mais Reganosa está no punto de mira dos cidadáns galegos, en especial daqueles que viven na comarca de Ferrolterra.

Situada a escasos metros das casas, a planta de gas licuado pon en dúbida que se cumpran as medidas de seguridade nas que se establece que unha central destas caraterísticas debe estar, polo menos, a 2 kilómetros do núcleo poboacional máis próximo.

O Comité de emerxencia de Ferrol e veciños afectados levan meses chamando a atención sobre a situación de perigo que están a vivir cada día e cada vez que un buque gaseiro entra na ría de Ferrol para chegar até a planta.

O pasado 10 de setembro entrou na ría o gaseiro número 29 para arribar en Reganosa. Esta vez, o buque puido entrar sen ningún problema ou empedimento, despois de que meses atrás mariñeiros da zona se manifestasen en plena ría impedindo a entrada dos gaseiros. Porén os veciños e veciñas da zona seguen denunciando a situación de ilegalidade de Reganosa incumplindo as medidas de seguridade.

ANT TV estivo con varios veciños da zona para ver como se vive ao lado dunha planta gaseira e escoitar as súas preocupacións.

Enlace co Artigo orixinal e Video de Bocixa e Raquel Rey en ANT Diario Dixital

_______________

sábado, setembro 13, 2008

Chávez expulsa ao embaixador estadounidense en solidaridade con Bolivia

Como resposta á expulsión do embaixador boliviano en Estados Unidos, o Presidente Hugo Chávez deu 72 horas de prazo a embaixador Patrick Duddy para abandonar chan venezolano. Chávez ademais anunciou que se avaliarán as relacións con Estados Unidos e responsabiliza a ese goberno do que poida ocorrer co envío de cru a ese país.

___________

Facer click en calqueira video para ve-lo
Poden-se ver outros en radiomundial.com.ve

_____________

YVKE Mundial, RNV
Xoves, 11 de Sep de 2008. 7:17 pm


O Presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, anunciou este xoves a expulsión do país do embaixador dos Estados Unidos en Venezuela, Patrick Duddy, dándolle un prazo de 72 horas para que saia de Venezuela. O Xefe de Estado tomou a decisión logo de que o Departamento de Estado norteamericano decidise expulsar de Estados Unidos ao embaixador de Bolivia, iso en suposta reciprocidade á expulsión do embaixador de Estados Unidos en Bolivia, Phillip Goldberg, acusado polo Presidente Evo Morais de colaborar coa desestabilización no seu país.

"Comezamos a evalúar as relacións diplomáticas con ese país", dixo Chávez referíndose aos Estados Unidos. "Acábannos de informar que Estados Unidos expulsou ao embaixador boliviano. E para que Bolivia saiba que non está soa, son as 7 e 15 minutos", dixo mirándose o reloxo. "A partir deste momento, ¡ten 72 horas o embaixador ianqui en Caracas para saír de Venezuela! ¡En solidariedade con Bolivia, o pobo de Bolivia e o goberno de Bolivia!" Tamén solicitou ao Chanceler Nicolás Maduro, o retiro do embaixador venezolano en EEUU, Bernardo Álvarez. "Que veña dunha vez, antes que o boten de alá".

Váianse ao carallo, ianquis de merda, que aquí hai un pobo digno! (...) Aquí estamos os fillos de Bolívar, os fillos de Guaicaipuro, os fillos de Tupac Amarú, e estamos resoltos a ser libres". Reiterou a intención do Goberno venezolano de establecer relacións con Estados Unidos en base á solidariedade e a soberanía. "Cando haxa un novo Goberno, mandaremos un novo embaixador".

"Fago responsable de todo isto e o que poida ocorrer ao goberno de Estados Unidos, que anda detrás de todas as conspiracións contra os nosos pobos. Fago responsable ao goberno de Estados Unidos polo envío petroleiro de Venezuela a aquel país. Se viñese algunha agresión contra Venezuela, pois non haberá petróleo para o pobo nin para o goberno de Estados Unidos. Nós, ianquis de merda, sáibano, estamos resoltos a ser libres, pase o que pase e custe o que custe."

Ratificou nunha acto de masas celebrado na cidade de Porto Cabelo, que Venezuela é solidaria co goberno boliviano, que nestes momentos vive a violencia opositora. "Non abandonaremos á filla de Bolívar, Bolivia".

"comezamos a demoler o golpe, hai uns que se están indo do país, xa hai persoas detidas"

Enlace orixibnal:

http://www.radiomundial.com.ve
_______

A policía dos partidos [Un artigo de Amy Goodman directora de "Democracy Now!"

A policía dos partidos
Publicado o 10 de setembro de 2008
Por Amy Goodman


As convencións nacionais demócrata e republicana xa acabaron, pero o seu financiamento e execución seguen resultando polémicas. Arrestos en masa de manifestantes pacíficos, excesiva violencia policial, desprezo xeneralizado pola Declaración de Dereitos e o acoso e arresto de xornalistas ensombreceron o que debería ser unha celebración da democracia. Os "comités anfitrións", entidades legais que organizan e pagan as convencións, funcionan como arcas repletas de fondos irregulares a disposición dos partidos, fóra das restricións impostas ao financiamento das campañas electorais. Gran cantidade de importantes empresas (e un par de sindicatos) que teñen prohibido doar fondos ilimitados aos partidos políticos, podían achegar o que desexaban aos comités anfitrións das convencións en Denver e St. Paul, Minnesota.

Segundo un artigo recente da revista National Underwriter, "Tanto o Comité Nacional Republicano como o Comité Nacional Demócrata negáronse a facer comentarios sobre as súas decisións respecto ao contrato de seguros, e ata eludiron facer público que empresa aseguraba as súas respectivas convencións." Bruce Nestor, presidente da sede en Minnesota do Asociación Nacional de Avogados (National Lawyers Guild), que despregou a unha gran cantidade de observadores legais polas Cidades Xemelgas de St. Paul e Minneapolis para protexer os dereitos legais dos cidadáns, díxome: "De feito, St. Paul negociou co comité anfitrión republicano a inclusión dunha cláusula especial no contrato de seguro que estipula que os primeiros 10 millóns de dólares de responsabilidade civil por demandas xurdidas a consecuencia da convención serán achegados polo comité anfitrión. A cidade está moi orgullosa de lograr este acordo. É a primeira vez que algo así se negocia entre unha cidade e o comité anfitrión. Pero basicamente significa que nós [a cidade] podemos incumprir a lei e non teremos que pagar por iso". Segundo o Minnesota Independent, máis de 40 xornalistas foron arrestados ou detidos durante a Convención Nacional Republicana.
[Ler o artigo completo no Blog "Difundindo Democracy Now! desde Galiza"]

Democracy Now!
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

__________________________

venres, setembro 12, 2008

Máis de 1000 persoas exixen xustiza e democracia na concentración de apoio ao cabo da Armada Jorge Miguel Gago Chao e e lembran a Erik e Francisco



Máis de 1000 persoas exixen xustiza e democracia na concentración de apoio ao cabo da Armada Jorge Miguel Gago Chao, lembran aos compañeiros falecidos no accidente, Erik Noval e Francisco Pérez Castrillón, e reclaman que se esclarezan os feitos do acontecido na Fragata Extremadura.

A concentración e posterior marcha pola contorna da Porta do Dique do Arsenal Militar foi toda un ha manifestación de apoio ao "Cabo Gago", baixo o lema conxunto dunha Plataforma Cidadá que se constituíu no seu apoio e para defender o dereito á "Liberdade de expresión", pola retirada do expediente e sanción, e pola "transparencia e claridade". Sindicatos, asociacións veciñais e sociais, así como algúns partidos políticos, forman parte desta Plataforma.

___________

Enlaces relacionados:

A noticia en Europa Press

O cabo Gago apela á súa presunción de inocencia ante o arresto por falar do accidente da Fragata Estremadura
__________

xoves, setembro 11, 2008

Resisten dous anos subidos ás secuoias para evitar a súa tala.

Manifestantes de Berkeley poñen fin a acción na defensa dunhas árbores

En California, catro persoas finalizaron a súa acción de case dous anos na copa de varias secuoias en Berkeley. Os manifestantes estiveron vivindo nunha arboreda da Universidade de Berkeley desde fins de 2006 nun esforzo por evitar a tala das árbores destinada a facer espazo para a construción dunhas instalacións deportivas por valor de moitos millóns de dólares. A sentada chegou ao seu fin logo de que traballadores e policías utilizasen estadas para arrestar aos manifestantes que se atopaban na copa da última secuoia que quedaba e que tiña unha altura de máis de 27 metros. A árbore foi cortada horas máis tarde.

_______

Xa está publicado o Boletín de Noticias Democracy Now! do 11 de setembro, 2008, podense escoitar os titulares en Español

"Os Titulares Hoxe"
11 de setembro de 2008 21:25

* Informe: O goberno de Bush aprobou os ataques unilaterais a Paquistán
* Abrandan: Estados Unidos non está gañando en Afganistán
* Iraq cancela acordos petroleiros sen chamado a licitación con empresas occidentais
* A ONU pide 108 millóns de dólares para axudar a Haití
* Morales pídelle ao Embaixador de Estados Unidos que se vaia de Bolivia
* Investigación descobre subornos, sexo e consumo de drogas no Departamento do Interior vinculados á industria petroleira
* Obama e McCain estarán presentes en conmemoración do 9/11
* Obama desestima acusacións de sexismo de McCain
* Informe: 40 xornalistas detidos e arrestados na CNR
* Barr pide a Paul que o acompañe en fórmula presidencial
* Kucinich presenta nova petición de xuízo político con 50.000
__________

Difundindo Democracy Now! desde Galiza
Outra óptica para dar as noticias ou as outras noticias, Democracy Now! (Democracia Xa!) é un programa de difusión diaria en Estados Unidos e o resto do mundo que se transmite a través de máis de 700 emisoras de radio e televisión en Estados Unidos, América Latina e Europa.[+ Info]
____________________________
Boletíns Informativos
Democracy Now!
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
__________
Que é Democracy Now ?
Democracy Now! , a voz da esquerda.
Artigo de Le Monde Diplomatique(.pdf)

______________

Trapalhada apresenta o seu novo trabalho esta sexta-feira na Fundaçom Artábria

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para:
artabra21@gmail.com
Data: 10 de setembro de 2008 09:48
Asunto: Trapalhada apresenta o seu novo trabalho esta sexta-feira na Fundaçom Artábria


Trapalhada apresenta o seu novo trabalho esta sexta-feira na Fundaçom Artábria

Esta sexta-feira visitarám a Fundaçom Artábria o grupo de Ska corunhês Trapalhada. @s de Monte Alto apresentarám o seu novo trabalho 15.002: Espirito de Luita, que podedes comprar no Local Social.O preço do bilhete será de 3 euros para nom sóci@s e 2,5 para associad@s. Se queres também podes comprar o bilhete + CD por 8 euros.O concerto começará às 22.30h. Passa-o!


-- A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro15403 Ferrol - GALIZATelefone do Centro Social: +34 981369099Fax do Centro Social: +34 981369920Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

mércores, setembro 10, 2008

O futuro de Recimil

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data:10 de setembro de 2008 13:07
Asunto: O futuro de Recimil


O futuro de Recimil

O futuro de Recimil está tan negro como o de Menáncaro, Sartaña, etc.

O día 26 de xuño, Diario de Ferrol publicaba unha entrevista co concelleiro de vivenda e obras, Sr. Reimúndez, na que afirmaba que “después del verano comenzarán las obras en el edificio del antiguo Bambú Club” e que, “También se concretará un marco de rehabilitación en Recimil, que casi con total seguridad será un ARI”.

O longo da entrevista, se informaba do transcendental papel que xogará a Empresa Municipal de Vivenda e Solo que, ó parecer, estará en marcha en cinco ou seis meses. Segundo o concelleiro, “El valor de Recimil es altísimo y si lo administramos correctamente será una inyección importante de recursos económicos para la ciudad”.

Consultado o Sr. Reimúndez sobre este asunto, nos confirmou estas previsións, fixando para setembro o comezo das obras no edificio do Bambú e a case seguridade de solicitar o ARI para ol resto da rehabilitación do barrio.

Esta afirmación do edil de vivenda nos alerta sobre a posibilidade dun cambio ideolóxico no seno de EU/IU, sobre a cuestión das Casas Baratas, pois se antes defendía con toda firmeza o aspecto social da barriada, agora parece que se quere converter ó Concello nunha Empresa inmobiliaria a as nosas vivendas nun negocio rendible para a cidade.

É dicir, que despois de sermos estafados e espremidos cunhas rendas de aluguer carísimas nos primeiros anos de ocupación das vivendas, nos que os cartos recadados nas Casas Baratas empregábanse para outras necesidades do Concello, agora seremos os encargados de inxectar “importantes recursos” para a cidade. E mentres, perdóanselle intereses e contribucións a Navantia, Defensa, etc.
_____________________


martes, setembro 09, 2008

Informe 2007 do MpDC e subscrición ao GZnación - EN MOVEMENTO

De: Movemento polos Dereitos Civís
-campanha@movemento.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de setembro de 2008 16:24
Asunto: Informe 2007 do MpDC e subscrición ao GZnación - EN MOVEMENTO



Informe 2007 do MpDC e subscrición ao GZnación - EN MOVEMENTO

O xornal EN MOVEMENTO (que iniciou a súa andaina en novembro do 2007) xunto co xornal dixital GZnación.com xa sae a rúa mensualmente coa cabeceira GZnación – EN MOVEMENTO e ten unha tirada de máis de 45.000 exemplares que intenta chegar a todos os recunchos da nosa xeografía para dar conta das noticias máis relevantes, afondando na realidade que nos rodea e ofrecendo unha visión máis esclarecedora do momento social e político polo que atravesa o país.

Con esta mensaxe querémoste animar a que te subscribas ao xornal e apoies así a andaina desta nova publicación. Isto é tan facil como clicar nesta ligazón, cumprimentar os teus datos e facer xa, coa túa tarxeta de crédito ou número de conta, o pago do subscrición anual.

Por outro lado o MpDC ven de estrear unha loxa virtual na que xa pon a venda o informe anual do ano 2007. Este é o sexto informe que o MpDC edita e conta coa colaboración de Dionisio Pereira, Alejandro Martín, Miguel Fernández, Begoña Ares, Tareixa Paz, Rocío Blanco, Vera Cruz, Miguel Ángel Fernández, Xosé María Rodríguez, Nemesio Barxa, Anxo Louzao, Xosé Xoan Melón, Suso Seixo, Manuel Martín, Fins Eirexas, Andrés Fariña, Mª Carme López, Begoña González e Iván Fernández.

Lémbrate que coa compra deste informe e do resto dos produtos da loxa estarás colaborando co mantemento do Movemento polos Dereitos Civís.

Grazas pola túa atención e esperamos contar coa túa colaboración.

Renato Núñez
__________________

http://movemento.org/

http://www.gznacion.com/
________________

O BNG insta a PSOE-IU a aclarar o seu posicionamento sobre a urbanización de Menáncaro

De: Ferrol BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de setembro de 2008 10:08
Asunto: Informacion BNG


O BNG insta a PSOE-IU a aclarar o seu posicionamento sobre a urbanización de Menáncaro

O grupo municipal do BNG instou hoxe ao alcalde da cidade a aclarar o posicionamento do goberno do concello a respecto da urbanización de Menáncaro logo da contratación como asesora do equipo de goberno dunha das redactoras do Plan de Sectorialización que contempla a destrución da carballeira para levantar vivendas unifamiliares e un hotel.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, amosou a súa preocupación polo retraso que o goberno municipal acumula na tramitación do expediente de paralización da urbanización de Menáncaro que pode concluír na invalidez do acordo adoptado pola Corporación municipal hai máis dun ano asi como que os promotores deste proxecto teñan vía libre para acometer o mesmo.

O BNG quer saber como vai influir no posicionamento da equipa de goberno local, PSOE-IU, o feito de que unha persoa vinculada directamente á redacción deste Plan forme parte do plantel de persoal de confianza do Goberno Local e máis traballando directamente como asesora do departamento de urbanismo.

O portavoz nacionalista, Xoán Xosé Pita, advertiu que o BNG vai estar vixiante aos movementos de PSOE-IU co fin de evitar que unha urbanización totalmente irracional se desenvolva na carballeira de Menáncaro.

Ferrol a 8 de setembro de 2008
_______________

Martes 9 de setembro ás 20:30 hrs no pub Borsalino á charla-tertulia Que tes na caldereta?, que contará coa coordinadora de Ferrol da Marcha Mundial

De: Patricia Sáez Pérez -patriciasp_3@hotmail.com-
A. C. Lefre de Caldereta
lefre@lefredecaldereta.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de setembro de 2008 22:43
Asunto: Martes 9 de setembro ás 20.30 horas no pub Borsalino á charla-tertulia Que tes na caldereta?, que contará coa coordinadora de Ferrol da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.



A Asociación Cultural Lefre de Caldereta quere convidarvos o martes 9 de setembro ás 20.30 horas no pub Borsalino á charla-tertulia Que tes na caldereta?, que contará coa coordinadora de Ferrol da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

O motivo desta charla-tertulia non é outro que o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de outubro en Vigo. O lema deste encontró será: "Cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo, cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres".

Será un espazo para que todas as delegadas dos cinco continentes debatan e organicen futuras accións mundiais. Nestes dous días haberá un foro sobre Soberanía Alimentaria e unha feira; farase un milladoiro como símbolo da unión e da forza de tódalas mulleres no mundo para camiñar cara a nosa liberdade e rematará coa marcha polas rúas de Vigo.

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

www.feminismo.info
marchagaliza@feminismo.info
tlf: 986 442 194 / 671 695 968

Non faltedes o martes 9 de setembro ás 20:30 horas.
Xuntamos cartel.
Gracias pola difusión

A.C. Lefre de Caldereta
lefre@lefredecaldereta.com
http://www.lefredecaldereta.com/
_____________

Valdoviño, ubicado ao final da punta dereita da praia da Frouxeira temos o entorno da Saiña, onde se está iniciando a construcción dunha urbanización

500 m DE PROTECIÓN DA COSTA GALEGA VALDOVIÑO, FICA NA GALIZA?

No concello de Valdoviño, ubicado ao final da punta dereita da praia da Frouxeira temos o entorno da Saiña, onde se está iniciando a construcción dunha urbanización á beira do mar para un total de 69 vivendas unifamiliares e un hotel, promovido por CONSTRUCCIONES RIAS GALLEGAS, S.A. e asumido pola administración local e autonómica.

A parcela obxecto do interese urbanístico ubícase lindando con zona Ramsar e zona Zepa, integrada na súa totalidade no LIC Costa Ártabra ES110002 e, xa que logo, incluída na Rede Natura 2000. A existencia de hábitats catalogados como prioritarios (recoñecido pola administración galega) implica que “só para fins relacionados coa saúde humana e a seguridade pública se podan executar alteracións do contorno, ou por imperioso interese público logo de consultar á Comisión Europea” (Directiva 92/43/CEE, relativa á protección dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna silvestres e Real Decreto 1997/1995). Esta consulta á Comisión Europea non se executou. Demandamos, maís unha vez, que a Consellaría de M.A. exerza as súas responsabilidades e poña fin a este despropósito.

Polo feito de lindar con zonas Zepa e Ramsar cómpre avaliar o impacto ambiental que tal concentración humana produciría. Esta necesidade foi recoñecida pola propia Consellaría de M.A. máis posteriormente anulouna cun suprendente informe no que asume consideracións como esta: “se puede observar su total inclusión en un ámbito de características urbanas; tanto por la edificación de la práctica totalidad de las parcelas próximas, como por su disposición rodeándola totalmente”. Unha simple ollada á parcela permite desbotar totalmente este argumento.

Exiten actualmente na parcela unhas enormes gabias (denunciadas por Adega xa en agosto do 2006) que non se poden corresponder co permiso dado desde o concello para obras de urbanización. Como non foran autorizadas, a Consellaría de Política Territorial ten que obrigar a repoñer a parcela ás súas anteriores características sen admitir que as pretendan facer pasar por un posterior estudo arqueolóxico de dimensións desproporcionadas (até 84 m). Asemade, a licencia para o proxecto de urbanización (U.A. 2 na Saiña – Valdoviño), ten un prazo de execución das obras por un periodo de 1 ano, como estabelece no seu apartado 5 o informe favorábel asinado polo arquitecto municipal o 01/08/2003. Xa que logo, cómpre tramitar novamente a documentación urbanística, o cal se podería facer através da presentación dun Plano Especial, a aprobar pola Xunta, en cumprimento da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do meio rural de Galiza, se a parcela estivese catalogada como urbana consolidada, cuestión esta que non cumpre por ser urbana non consolidada. A Consellaría de Política Territorial ten que asumir as súas competencias e facer cumprir a lei.

A mesma clasificación da parcela como urbana é contraria á Lei 9/2002, xa que no seu artigo 12 estabelece a necesidade de integración na malla urbana para esta clasificación. Calquera persoa pode corroborar por fotografía aerea ou visitando o entorno a total ausencia desta característica xa que era un entorno natural non degradado até a chegada de CONSTRUCCIONES RIAS GALLEGAS, S.A. Cómpre por tanto que a Consellaría de Política Territorial elimine a declaración como solo urbano das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia da Coruña por ser manifestamente ilegal.

Valdoviño, 8 de setembro do 2008

Carlos Outeiro Baamonde

Vicesecretario Adega-Trasancos

O Comité Cidadán convoca nova concentración - manifestación, este Mércores, 10 de Setembro, ante o anuncio da entrada na Ría dun novo buque con GNL

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de setembro de 2008 23:48

Asunto: CONCENTRACIÓN mércores 10, e artigo de X.M. Sarille



Agárdase a arribada, o vindeiro mércores, dun vello gaseiro de case trinta anos que fai o número 29 dos que entran na nosa Ría, cargados de Gas Natural Liquado, con destino a Reganosa, incumprindo todas as medidas legais de seguridade e de prudencia e poñendo en grave risco a toda a poboación circundante.


Ante este feito, o Comité Cidadán de Emerxencia reitera o seu rexeitamento a este tráfico perigoso, á ilegal ubicación da Planta de Gas e á irresponsabilidade das Autoridades competentes, convocando como é xa costume unha

CONCENTRACIÓN - MANIFESTACIÓN

Mércores 10 de setembro, ás 8 da Tarde

Ante o Edificio da Xunta [Praza Amada García, xunto á Praza de España de Ferrol]


Características do Buque:
"LNG TENAGA SATU"
Antigüedade: 29 anos (1.01.1979)
Bandeira : Malaysia Capacidade: 130.000 m3
Eslora: 280 m.
Manga: 41,6 m.
Calado:11,72 m.

Convidámosvos a ler o interesante artigo "Tragando sabres" de Xosé Manuel Sarille, fundador da Mesa pola Normalización Lingüística, pubricado o pasado día 5 en A Nosa Terra. Atópase na nosa web: www.comitecidadan.org

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
________________________