xoves, novembro 13, 2008

Última hora sobre o peche, de Galiza Non Se Vende, en edificios administrativos da Coruña, Vigo, Ourense, Compostela, Ferrol, Mugardos e Rivadavia

Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, Mugardos e Ribadavia e fixeron entrega do manifesto no Concello de Cangas

Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Dous activistas foron detidos en Vigo polas forzas de seguridade que actuaron violentamente contra os pechados. Todos eles foron identificados pola policía e negoúselles o dereito a presentar un escrito no rexistro. O peche dos activistas foi pacífico en todo momento e non se comprende a actitude violenta da policía que chegou a rachar a pancarta de Galiza Non Se Vende.


Consellaría de Medio Ambiente. Compostela


Concello de Ourense


Ed. Adminsitrativos Xunta de Galicia. Vigo


Ed. Admin. Xunta de Galicia. A Coruña


Concello de Ferrol


Concello de Ribadavia


Concello de Mugardos

___________

Enviado por:

Xan Duro

xan.duro@usc.es

13 de novembro de 2008 17:03
Tesouraría. Comisión Permanente de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.cospesnaterra.info

____________

A rede Galiza non se Vende péchase simultáneamente en edificios administrativos de A Coruña, Vigo, Compostela, Ferrol, Mugardos e Ribadavia

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 13 de novembro de 2008 10:50

Asunto: Peche de hoxe nos Concellos de Ferrol e Mugardos




Peche de hoxe nos Concellos de Ferrol e Mugardos


Hoxe xoves 13 de Novembro 6º aniversario do afundimento do Prestige, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol, está a realizar un peche nos Pazos do Concello de Ferrol e Mugardos entre ás 10 e as 13 horas, coincidindo con outras movilizacións en moitos Concellos de Galicia Organizados pola REDE GALIZA NON SE VENDE En demanda de solución saos problemas e agresións medioambientais que estamos a padecer.

Nesta Comarca, de xeito especial pola ameaza da Planta de Gas de Reganosa e do perigo do tráfico ilegal de gaseiros na nosa Ría.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

______

Galería de Fotos dos Peches na Galiza
[Á medida que van enviando fotos estas van-se engadindo á galería]


__________


Hoxe, ás 10 da mañán, activistas dos colectivos integrantes da Rede Galiza Non se Vende, inciciaron peches simultáneos nos seguintes edificios administrativos:

- Ferrol: Edificio do Concello. Contacto para a prensa: Rafael Pillado tfno. 664 330 624
- Mugardos - Edificio do Concello. Contacto para a prensa: Luz Marina 699 548 246
- Vigo: Edificios Administrativos da Xunta. r/ Concepción Arenal. Contacto para a prensa: Xosé Reigosa. 647965193
- Compostela. Consellería de Medio Ambiente. Contacto para a prensa: X. García 648717652
- A Coruña. Edificio Administrativo da Xunta en Monels. Contacto para a prensa: Alfonso: 606816047
- Ribadavia. Concello de Rivadavia. Contacto: María Ogando. 680118479

Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Manifesto 13 NOVEMBRO. Rede Galiza non se Vende

Hai seis anos un barco-lixo carregado de fuel-lixo viaxaba de Europa a África. Un accidente fronte às costas galegas foi transformado en catástrofe por gobernantes incapaces e autoritarios, agachados tras a propaganda e a mentira. A cidadanía saíu á rúa como nunca antes fixera. Non se podía repetir esa destrución ambiental. Non se podía repetir esa forma de gobernar.

Apoiada naquela vaga de dignidade cidadá, a mudanza acabou por chegar ao goberno autonómico. Custou traballo ventilar aquela apodrecida Elsinor. Agora, seis anos máis tarde, o pantasma do pai de Hamlet vaga desacougado polos corredores pedindo vinganza. Mudou o goberno, pero... mudaron as políticas?

Non é a primeira vez que se conmemora tan fatídico día. Hoxe tamén hai acto oficial: forma parte dun ritual cínico, no que só se bota a vista atrás para seguir tirando proveito daquela traxedia á que non se debería chamar accidente. Claro que non debemos esquecer. Nós tampouco esquecemos. Non esqueceremos nunca como centos de milleiros de galeg@s berramos NUNCA MÁIS, convencidos de que de alí en diante algo había mudar definitivamente.

Que pouco aprendemos daquela experiencia! Neste novo 13 de Novembro denunciamos que temos dentro un perigo moitísimo maior, con efectos que son calquera cousa menos “accidentais”.

Porque se gravísimos, case irreparables, foron os danos provocados por aquela catástrofe, non menores son os que cabe agardar das políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Pero ben lonxe de marcar claramente distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, o goberno “bipartido” da Xunta de Galicia seguíu apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galicia e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de todo o sistema económico que, baixo a etiqueta de progreso, o que fai é vender os nosos recursos ás grandes transnacionais, hipotecando o noso futuro e atacando as bases da nosa propia soberanía.

Denunciamos con toda contundencia:
  • Recheos inxustificados e alarmante contaminación urbana e industrial nas rías
  • Degradación dos ríos por contaminación e encoros
  • Plan acuícola devastador de costa virxe
  • Plan de portos deportivos privatizador e destrutor da costa
  • Plan eólico deseñado para os intereses empresariais
  • Plan de minaría destrutor do rural e cuestionábel rehabilitación de zonas mineiras mediante a construción de megalagos (Meirama, As Pontes)
  • Degradación continuada do Courel, Ancares e Trevinca
  • Urbanismo masificador e salvaxe
  • Industrias perigosas e contaminantes: Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Alcoa, Megasa, Meirama, SOGAMA, Ferroatlántica, Carballeda de Avia, etc.
  • Plan de residuos destrutor de chan rústico e ambientalmente inviabel
  • Proliferación desmesurada de polígonos industriais sen planificación
  • Plan de vivenda protexida especulativo pensado para os promotores
  • Plan de estradas sobredimensionado e irracional
  • Plan Vigo Íntegra deseñado para as construtoras
  • Directrices de Ordenación do Territorio ilegais feitas sen contar coa participación cidadán
  • Modelo de transporte insostible e destrutor (TAV, transporte privado..)
  • Abandono do rural, eucaliptización e desmantelamento da agricultura e gandería
  • Intento de desmantelamento do sector pesqueiro ( Lei de Pesca)
  • Desprotección insultante do medio natural e da Rede Natura
  • Degradación acelerada da paisaxe, desaparición de espazos singulares (Fragas do Eume, Covas do Folón, Gándaras de Budiño..)
  • Falta de compromiso real na recuperación dos núcleos históricos das vilas
  • Desprezo ao patrimonio cultural (V.A.C. Costa da Morte, A-76, destrución de castros..), despilfarro no Gaiás
  • Plans urbanísticos masificadores e especulativos e áreas metropolitanas depredadoras e desestruturadoras do territorio
  • Control interesado dos medios de comunicación e amordazamento das opinións críticas
  • Desprezo ao ben común, parcialidade interesada cara ao gran capital
  • Cultivo do clientelismo electoral
  • Parcialidade do estamento xudicial e desprotección do débil
E fronte a isto esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva... Que supere o actual sistema (auto)destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

Goberne quen goberne, Galiza non se vende!

Terra viva e vida digna para tod@s!
__________________

mércores, novembro 12, 2008

Manifestación en Ferrol, o Xoves 13 de Novembro, convocada pola CIG: “Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital”

Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital

Con manifestacións simultáneas nas sete cidades de Galiza e A Mariña culmina a primeira etapa da campaña que a CIG puxo en marcha para denunciar aos responsábeis da actual situación de crise económica e as repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas adoptadas até o de agora polos distintos gobernos. Unha campaña na que se demanda que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.

Ferrol: Xoves 13 de Novembro, saída ás 19:30 da Avenida de Esteiro a altura da Praza da Paz "José Couso".

Tamén haberá manifestacións en : Viveiro [A Mariña], A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

O capitalismo neoliberal e as organizacións políticas que fomentaron a súa implantación son, segundo explicou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, os principais responsábeis da actual situación de crise económica.

Por iso a CIG considera inadmisíbel que se estean a pór grandes cantidades de recursos públicos en mans dos mesmos que provocaron a crise para que sigan especulando na bolsa e que se favoreza aínda máis a concentración no sector bancario no canto de destinar eses cartos a reforzar e fomentar a economía produtiva. “É un atentado que debería estar tipificado como delito contra a clase traballadora”.

Nacionalización da banca

Fronte á decisión adoptada polo goberno español de desviar cartos públicos para soster ás entidades financeiras e reproducir o actual sistema, a CIG propón a nacionalización da banca, creando un Banco Público Galego que permitira canalizar os recursos públicos cara o sector produtivo e cara á protección das economías familiares.

Os orzamentos da Xunta

Para a CIG os orzamentos da Xunta son pouco ambiciosos e pouco expansivos e deberían ir a un déficit maior. A previsión é dun máximo do 1% do PIB e “habería que endebedarse máis para fomentar a economía produtiva e contrarrestar a falta de investimento privado facilitando o acceso ao crédito para a pequena e mediana empresa”.

Contrarreforma fiscal

A CIG aposta tamén por unha contrarreforma do sistema de fiscalización. Nos últimos anos derivouse cara un modelo de fiscalidade claramente regresivo, incrementando os impostos indirectos, que son os que pagamos todos independentemente dos ingresos, fronte aos directos.

[+ Info na web da CIG]

_____________

Autoconvocatoria para unha reunión sobre a iniciativa Lexislativa Popular relativa ao Sector Naval: venres 14 de Novembro

De: AVV FERROL VELLO -avvferrolvello@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de novembro de 2008 16:49
Asunto: Iniciativa Lexislativa Popular




Iniciativa Lexislativa Popular


REUNIÓN EN RÉXIME DE AUTOCONVOCATORIA SOBRE A INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR RELATIVA AO SECTOR NAVAL

Cremos que o conxunto da sociedade estaría disposta a defender unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre o sector naval, singularmente sobre a recuperación do antigo astaleiro de Astano para a construción naval civil.

Tendo en conta que temos unha Consellería de Industria disposta a reabrir a antiga Astano á produción naval civil, uno dos motores económicos para o benestar da nosa comarca.

Con mais razón se cabe no contexto da profunda crise económica mundial na que vivimos, e que nada ten que ver cosector da construción naval civil.

Un sector vivo e en auxe que obriganos a non desaproveitar nin as instalacións de Fene nin a experiencia e recoñecido prestixio dos nosos profesionais.

Por esta razón, convócase unha reunión, para o vindeiro Venres 14 de novembro ás 19:00 horas no Pavillón 4 A de FIMO, onde se aprobará entre todos os asistentes o texto da Iniciativa Lexislativa Popular e se abordarán todos os pasos necesarios para a súa explicación no seo da sociedade e para a súa tramitación parlamentaria.

Esperando a implicación social neste traballo, a prol do futuro da nosa comarca.

Un saúdo

________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es

_______________________

Reunión Aberta a toda persoa interesada na defensa dos animais, sábado 15 de Novembro, no Ateneo Ferrolán, convocada por Cometa

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de novembro de 2008 21:17
Asunto: Reunión sábado 15 no Ateneo Ferrolán




Reunión sábado 15 no Ateneo Ferrolán


Boas tardes, informámosvos que este Sábado día 15, ás 12,00 do mediodía, celebraremos no Ateneo Ferrolán unha reunión aberta, á que pode asistir calquera persoa interesada, na que se tratará principalmente a situación da canceira municipal de Ferrol, e as accións a tomar para evitar que se contrua algo que nos venden como un grande avance (calquera cousa éo cando non hai nada), e en realidade é unha volta atrás de polo menos 10 anos, sendo xenerosos. Como dixo un socio, píntannos de rosa unha cousa que é negra.

Un saúdo, esperámosvos.
__________

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
_______________

Contra a violencia machista: este mércores 12 de Novembro concentración en Ferrol en repulsa polo asasinato dunha muller en Vilaboa

De: lupe ces -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de novembro de 2008 00:27

Asunto: concentraçons


CONCENTRACIÓNS, MÉRCORES 12 DE NOVEMBRO, ÁS 8 DA TARDE, NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL E DIANTE DO MARCO EN VIGO, EN REPULSA POLO ASASINATO DUNHA MULLER EN GALIZA

A Marcha Mundial das Mulleres quere manifestar a súa dor e a súa repulsa polo asasinato dunha muller a máns do seu ex-compañeiro sentimental na área de servizo da autopista en Vilanova.

Unha vez máis temos que constatar que o machismo mata, que as cotas de liberdade conseguidas polas mulleres teñen un alto coste en vidas humanas; que a desobediencia e o cuestionamento da autoridade masculina ten un prezo que a sociedade non valora na xusta medida.

Xa é hora de que a sociedade que está a prol da igualdade se comprometa dun xeito máis activo e contundente contra o machismo que provoca esta violencia. Nón é suficiente unha lei; non abonda con castigar aos agresores; é preciso cuestionar todas e cada unha das estructuras que fomentan ou sosteñen a desigualdade.

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa diante deste novo asasinato expresando así o noso rexeitamento a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso firme e sen trégua na loita contra o machismo.

--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

Xuntanza- rede de troco, mercado, ... este venres, 14 de Novembro

De: noe -olaolaoola@hotmail.co-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de novembro de 2008 23:17
Asunto: xuntanza- rede de troco, mercado



OPAÍ !!

Esta sexta-feira (ou venres) temos de ultimar tódolos detalles deste mercadiño de troco.

Malia que a rede funcione sobretodo por internet, a idea é pór cada certo tempo un posto real ao que se poida ir trocar en persoa, cadaquen coas súas cousas...

Vémonos todas e todos ás 8 e 1/2, no centro social da Asociazón de Veciñas de Ferrol Vello.

Isto é a carón do peirao de Curuxeiras; vindo dende a Praza Vella, na segunda rúa que sobe pasando por baixo dun arco entre as casas; onde están as mesiñas dos bares, a carón mesmo da botica.

A idea é que fique xa todo decidido e as tarefas distribuídas... isto xa non ten volta atrás...!!!

Unha aperta moi forte
(e pásao a quen lle poida intersar!)
__________

martes, novembro 11, 2008

"Democracy Now!" ofreceu unha cobertura Especial sobre as Eleccións 2008 en EEUU

DN!: Cobertura Especial: EEUU/Eleccións 2008

"Democracy Now! en español" 5 de novembro de 2008 20:30

Neste envío, Democracy Now! en Español inclúe a cobertura especial sobre as históricas eleccións presidenciais en Estados Unidos, que deron a vitoria ao candidato demócrata de orixe afro-estadounidense Barack Obama. A sección especial inclúe catro avances informativos realizados a mesma noite do martes do 4 de novembro con material exclusivo de audio, entrevistas e traducións. Algúns dos contidos están dispoñibles só en texto (ao final do envío) e outros teñen un audio asociado. Tanto os medios gráficos como as radios poden usar estes materiais libremente sempre que se cite a fonte. Agradecemos que nos informen que utilizaron as nosas producións.

Todos os nosos materiais poden atopalos en www.democracynow.org/es
______________________

SECCIÓN COBERTURA ESPECIAL

Cuarto Avance Informativo Eleccións 2008
Audio 4: Juan González analiza a vitoria de Obama: "Non se sabe se o cambio que Obama propón vai representar un cambio no desenvolvemento do imperio dos EEUU".
Análise do resultado das eleccións presidenciais, por Juan Gónzalez, co-presentador de Democracy Now! e columnista do New York Daily News. Comentarios exclusivos para Democracy Now! en Español.

Terceiro Avance Informativo Eleccións 2008
Audio 3: Roberto Lovato, de New América Media, pon en perspectiva a vitoria de Obama: "Barack Obama non chegase onde el esta sen o labor de nós, que fomos unha voz no deserto político de EEUU".
Análise do resultado das eleccións presidenciais, por Roberto Lovato, editor asociado de New America Media e frecuente colaborador con The Nation Magazine. Entrevista exclusiva con DN! en Español.

Segundo Avance Informativo Eleccións 2008
Audio 2: Vox Populi/A voz da rúa 2: testemuños afroestadounidenses e latinos do Bronx.
Shena Bonnet: "Espero que cando di que quere cambiar para mellor e para a xente, realmente espero que cumpra coa súa palabra, porque Estados Unidos vaille a esixir que renda contas. ? Sinto que ir votar dáche poder. E cando tes poder dentro teu, aí é cando podes facer que o candidato polo que votas fágase responsable dos seus actos. Ese é o primeiro paso. O segundo paso é considerar a túa situación e comprender que o candidato que estás elixindo tamén debe querer de verdade o que é mellor para tí".

Primeiro Avance Informativo Eleccións 2008
Audio 1: Vox Populi/A voz da rúa 1: testemuños de observadores electorais e de latinos do Bronx e Harlem.
Temas: Niveis históricos de participación de votantes. Algúns problemas á hora de votar (comentarios de Ian Inaba, de Vídeo the Vote). Testemuños de votantes latinos do Bronx e de Harlem.

_____________

SECCIÓN DE ENTREVISTAS DESTACADAS

Eleccións 2008: Pennsylvania (só texto)
Informe desde o barrio de Green Ridge en Scranton, Pennsylvania do co-presentador de Democracy Now! Juan Gonzalez na cobertura da mañá do 4 de Novembro. Scranton é cidade natal de Joe Biden, zona industrial disputada nun estado disputado. Baluarte demócrata. Preocupación inicial sobre se o voto branco vai ir a Obama.

Rosa Clemente, candidata do Partido Verde á Vice Presidencia opina sobre Obama e latinos en EEUU (só texto)
Antes de que se coñecese oficialmente a vitoria de Barack Obama, Democracy Now! entrevistou a Rosa Clemente, candidata de orixe portorriqueña á vice-presidencia polo Partido Verde, organizadora comunitaria e activista orixinaria do Bronx de movementos que representan a novos afro-latinos. Nas súas declaracións, Clemente referiuse ás expectativas que a maioría dos votantes depositan en Obama, a necesidade de asumir unha axenda máis progresista, alerta sobre algúns dos perigos de posturas anti-immigrantes e anti-latinas, e sobre a visibilidade de América Latina no contexto estadounidense.

Colin Powell apoia a Barack Obama (21 de Outubro do 2008) (só texto)
Barack Obama acepta o apoio de Colin Powell a pesar do papel desempeñado polo ex Xeral á hora de xustificar a guerra de Iraq. Comentarios de David Sirota, columnista sindicado no ámbito nacional e membro da Campaign for America's Future [Campaña polo futuro dos EEUU] e de Glen Ford, xornalista veterano e redactor principal de BlackAgendaReport.com, sobre os posibles intereses de Powell, a compatibilidade entre Powell e Obama en relación a unha plausible continuidade da política exterior estadounidense no contexto bélico no Oriente Medio.

Debate Obama McCain (só texto)
O debate McCain-Obama en Nashville, Tennessee mostra posturas similares en política exterior. Enfasis de Obama en Paquistán e Afghanistan (8 de Outubro, 2008).

___________

*Colaboraron na cobertura especial: Lili Rauch, Marc Masmiquel, Fernando G. Herrero, Verónica Gelman, Gabriela Diaz Cortez, Carmen Rivera, Eva Lewis, Patricia Buraschi, Clara Ibarra, María Eva Blotta e Andrés Thomas Conteris.



Democracy Now!

Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

_______________

mércores, novembro 05, 2008

60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos 1948-2008

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de novembro de 2008 11:19
Asunto: 60 ANIVERSARIO DA DECLARACION UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS (1948-2008)



60 ANIVERSARIO DA DECLARACION UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS (1948-2008)

Benquerida amiga, benquerido amigo:

Achego en arquivo adxunto o Cartel e a Declaración que o Seminario Galego de Educación para a Paz (Fundación Cultura de Paz) elaborou en relación co 60 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS que, como sabe, terá lugar o vindeiro 10 de Decembro.

Tamén poderá atopar un amplo Programa de Actividades en relación con esta conmemoración.

Ademais, na páxina web: www.sgep.org poderá entrar no apartado específico creado con este motivo onde, permanentemente, iremos incorporando materiais, documentos, propostas didácticas, videos, cancións que, sen dúbida, serán de axuda nas iniciativas e actividades que no seu ámbito organice e promova.

Agradecendo de antemán a súa colaboración na difusión desta proposta, aproveito para trasladarlle un saúdo cordial.

Atentamente,

Manuel Dios Diz
Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.
FUNDACIÓN CULTURA DE PAZ

[Clicar acima das imaxens para ampliar]

Novena convocatoria para o Grupo de Análise e Proposta: Regulamento de Participación Cidadá de Ferrol

De: Participación Cidadá -participacion@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de novembro de 2008 10:37
Asunto: Convocatoria 9 gap 6-11-08



Convocatoria 9 gap 6-11-08

Achégovos unha nova convocatoria para o Grupo de Análise e Proposta. É unha toma de contacto.
Un saúdo. Espero a vosa resposta

A/A das Persoas que conforman o Grupo de Análise e Proposta

Estimada amiga, Estimado amigo:

Despois da última reunión do Grupo Análise e Proposta (GAP) do pasado martes 28 de outubro, achegamos unha nova convocatoria para o xoves 6 de novembro as 19.30 horas no Salón de Plenos.

O tema a tratar sería o proceso de reforma do Regulamento de Participación Cidadá e unha posta en contacto con todos vós por parte de Manuel Santiago, novo concelleiro delegado da Áréa de Participación Cidadá.

Para calquera cuestión, poden poñerse en contacto co Departamento de Participación Cidadá (981 944 000 ext. 219; participacion@ferrol.es).

Agradecendo a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

Ferrol, 3 de novembro de 2008

O concelleiro delegado de Participación Cidadá,

Manuel Santiago Pérez
___________________________

Borrador de regulamento de participación veciñal
__________

Urxente !! Necesitanse casas de acollida para seis cahorros

De: Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 5 de novembro de 2008 00:43
Asunto: Urxente !!



Hai seis cachorros de moi poucos días que foron atopados nun colector e necesitan casas de acollida ata que poidan comer sos. Por favor, se alguén pode facerse cargo dalgún ata o destete, é moi urxente.

Podeis contactar a través deste correo ou chamando ao teléfono 617 040 992

Grazas
___________

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
________________

Exposición "O Exilio Galego en Venezuela"

De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de novembro de 2008 16:57
Asunto: Exposición "O Exilio Galego en Venezuela"




Exposición "O Exilio Galego en Venezuela"

Venezuela ocupou un notábel lugar como país de acollida de exilados galegos que fuxían da represión franquista, entre eles Xosé Velo Mosquera, Manuel Otero Castelao, Xosé Sesto ou Xoán Noia. Mesmo rompeu relacións diplomáticas co goberno de Franco, recoñecendo ás autoridades da República como único goberno español lexítimo entre 1945 e 1948.

A exposición está organizada por Xurxo Martínez Crespo, coordinador da edición Venezuela do xornal dixital Vieiros, e consta de vinte paneis fotográficos editados por Fesga (Fundación para o Estudo da Cuestión Social e Sindical de Galiza).

A exposición “O Exilio Galego en Venezuela”, estará na primeira planta da sala de exposicións do Ateneo Ferrolán, do 6 ao 15 de novembro.

http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0

_________________________________

Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303
___________

luns, novembro 03, 2008

Resposta de Cometa a intervención, no pleno Municipal de Ferrol, de María Lópe, Concelleira de Servizos de Ferrol

De: Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 2 de novembro de 2008 22:47
Asunto: Resposta de Cometa a intervención da Concelleira de Servizos de Ferrol



Resposta de Cometa a intervención da Concelleira de Servizos de Ferrol

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS MINTE

A Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA quere aclarar algunhas falsedades escoitadas no pleno do pasado día 30 de boca da Concelleira de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Ferrol, a Sra. María López:

María López afirmou no pleno que o proxecto de rehabilitación da canceira de Mougá conta con “sás” para animais en corentena, o cal é falso. Calquera pode comprobar que o proxecto técnico non contempla a instalación de hospital, quirófano, sás de corentena ou zonas para outros animais. Ademais os canís son insuficientes e non garantizan o benestar dos animais.

Asegura a concelleira que ofreceu á asociación COMETA a xestión da futura canceira. Pero a realidade é que ao longo do ano que levamos loitando porque Ferrol construa un refuxio tal ofrecemento non existeu. Si que fumos nos quen, desde o principio, quixemos deixar ben claro que COMETA nunca se encargaría dun centro que non garantizase o benestar dos animais ou obrigase a matalos, como ocorrería co proxecto que o concello defendía, e que finalmente insiste en levar a cabo. Pensamos que unha asociación que defende os dereitos dos animais e se preocupa polo seu benestar non pode de ningunha maneira involucrarse na morte innecesaria dun animal, moito menos levar a cabo sacrificios continuos. E parecenos unha falta de respecto pedir a calquera persoa preocupada polos animais que mate a aqueles que está a defender.

Sorprendeunos tamén escoitar que desexa contar co noso asesoramento, cando o certo é que o concello nunca tivo en conta toda información que durante mais dun ano esforzamonos por ofrecer á Sra. López, quen en todo momento actuou a espaldas de COMETA e sen recoller ningunha das nosas peticións.

Pero o peor que tivemos que escoitar o pasado xoves foi a desprezable mentira sobre a historia de Panchito. Panchito era un can abandonado que efectivamente foi recollido e sacrificado nun concello da comarca de Ferrolterra que non é Ferrol. Hai meses decidimos que sería o merecido protagonista dunha campaña para loitar por un refuxio comarcal para animais abandonados e pola fin dos sacrificios na comarca. Pero en ningún momento se dixo, como afirma a concelleira, que Ferrol tivese que ver coa súa recollida ou sacrificio. Pensamos que o que impulsa a María López a facer falsas acusacións contra COMETA, e ademais nun foro no que sabe que non temos posibilidade de defendernos, non é mais que un intento de despretixiar á asociación, tentando ocultar con mentiras a súa falta de argumentos. Non sabemos a traves de que escura maniobra obtivo a concelleira a información sobre a historia real de Panchito, que só coñecían os socios de COMETA, entre os que, por suposto, non se conta María López.

Preguntase a concelleira, nunha nova demostración de hipocresía, porque “molestamos” a Ferrol cando outros municipios están na mesma situación. Se actualmente levamos a cabo as nosas protestas neste concello é porque vai a emprender unha obra que determinará o futuro dos seus animais abandonados. E agora cando temos a oportunidade de ter un refuxio que garantice o seu benestar e o seu dereito á vida. Pola contra os nosos gobernantes, no lugar de avanzar cara a un Ferrol moderno e sensible cos animais, dos que todos somos responsables, deciden voltar ao pasado, construindo unha canceira na que poder seguir matando.

Todo isto non significa que non continuemos coa loita en toda a comarca, loita que a propia concelleira ferrolá dinamitou hai algo mais dun ano, desconvocando de xeito unilateral unha xuntanza entre COMETA e responsables de practicamente todolos concellos de Ferrolterra para falar da posibilidade de ter un refuxio comarcal. A asociación COMETA loita polo dereito á vida de todos os animais da comarca, sexan do concello que sexan, e parecenos lexítimo facelo así. Son eles os que insisten en localismos que non interesan nin aos animais nin a os nosos asociados.

Se tan seguro está o goberno municipal de Ferrol de estar facendo o mellor no que se refire a canceira, que respondan á sinxela pregunta que lles foi formulada no pleno. Na rehabilitación da canceira de Mougá, ¿estase a ter en conta o benestar dos animais? Nos sabemos que non, e é a nosa obriga decilo, e ademais temos razóns que o demostran.

DEIXEMOS DE MATALOS!!!

Para máis información:

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
_________________

Protexer as Eleccións

Protexer as eleccións
Columna de Amy Goodman, 29 de Outubro, 2008

O Día das Eleccións achégase, e con el, unha proba da integridade do noso sistema electoral. A quen se lles permitirá votar, quen serán privados dese dereito? Quen poderán usar papeletas tradicionais, quen usarán máquinas de votación electrónica? Estarán os centros de votación abertos o tempo suficiente para o histórico nivel de participación que se espera?

O experimentado activista Harvey Wasserman é co-autor de catro libros sobre as eleccións e os dereitos dos votantes. El afirma que John Kerry gañou en Ohio en 2004. Por que mirar atrás? A Wasserman preocúpanlle os intentos do Partido Republicano de Ohio, que conta coa axuda da Casa Branca de Bush, de impugnar a inscrición dos novos votantes rexistrados en Ohio:

"O Partido Republicano está intentando privar do dereito ao voto a estas 200.000 persoas cando cuestiona o seu dereito a votar e pide á Secretaria de Estado, Jennifer Brunner, que permita a cada condado investigar e eliminar das listas, se así o deciden, a votantes que teñan discrepancias menores entre os datos da lista de votantes e os seus números de Seguridade Social ou da licenza de conducir. E a Secretaria de Estado correctamente demostrou que moitos destes erros proveñen de erros tipográficos producidos cando as axencias gobernamentais introducen os números no sistema".

[Ler o artigo completo no Blog "Difundindo Democracy Now! desde Galiza"]



Democracy Now!

Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

__________________________

domingo, novembro 02, 2008

Novo blog de Goberno de Progreso Ferrol

De: Cidadáns por un Goberno Municipal de Progreso
-gobernodeprogreso@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de novembro de 2008 17:53
Asunto: Novo blog de Goberno de Progreso Ferrol




Novo blog de Goberno de Progreso Ferrol


Comunicarvos que, en relación ao MANIFESTO promovido por un grupo de cidadáns e cidadás, a título persoal, ante a situación do Concello de Ferrol, co obxetivo de recuperar un Goberno Municipal Progresista e de Esquerda, habilitouse un blog para seguimento desta iniciativa, onde podedes ler o manifesto, ver a relación de asinantes actualizada periódicamente e coñecer todo o que vaia saindo nos medios e páxinas web sobre este tema.

http://gobernodeprogresoferrol.blogspot.com

Aquelas persoas ou entidades que desexen adherirse a este Manifesto, poden comunicalo, a través de e-mail, a esta dirección electrónica:

gobernodeprogreso@gmail.com

_______

Cidadáns/as por un Goberno Municipal de Progreso en Ferrol.
gobernodeprogreso@gmail.com
http://gobernodeprogresoferrol.blogspot.com
______________________

En Caranza, unha vez máis: Planta de Gas Fora da Ría !!


Na Praza e Baixo do Centro Cívico de Caranza, tivo lugar, este 1 de Novembro o acto final da campaña "A Ría, na Rúa", cun Magosto Popular e a Exposición Colectiva dos 10 murais de 3,10 X 2,00 metros, confeccionados o pasado día 25 de Outubro, por 10 artistas da Comarca, nun acto revindicativo e de denuncia contra o despropósito gasístico de REGANOSA, coa localización dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Este acto estaba previsto facelo no centro de Ferrol, mais por mor das previsións meteorolóxicas, de mal tempo, como así se confirmaron, trasladouse para Caranza.

Moitas foron as persoas que desde as 5 da tarde pasaron polo lugar. Música, chourizos, touciño, castañas, refrescos e viño no falataron no Magosto Popular.

A imensidade da exposición colectiva non deixou apreciar o importante patrimonio cultural colectivo que significan eses 10 murais, pois o espazo de exposicións do Centro Cívico, quedou pequeno para albergar as obras d@s artistas ferrolan@s. A organización comprometeuse a facer unha nova exposición coas 10 obras cando o tempo o permita nun espazo aberto.

A Asociación Veciñal de Caranza sorteou unha fermosa e práctica bicicleta entre as cabazas talladas que nenas e nenos realizaron nun improvisado obradoiro.

O acto finalizou coa intervención do coordenador da campaña, Xoam López, onde reiterou a denuncia contra REGANOSA, deu un repaso ao desenvolvimento da campaña "A Ría, na Rúa", á importancia das obras realizadas e agradecendo as colaboracións recebidas. A continuación houbo unha hora música e cancións populares. A loita continua !

________

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://www.comitecidadan.org


http://a-ria-na-rua.blogspot.com/
__________________