mércores, outubro 14, 2009

Esquerda Unida e o Mercado Municipal de Caranza


  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA   RECLAMA   A REMODELACIÓN   DO MERCADO DE CARANZA 
  • ESQUERDA UNIDA  CONSIDERA QUE NON SE PODE ADIAR MÁIS NO TEMPO O ARRANXO DAS DEFICIENCIAS DO CENTRO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida  demanda do Goberno Municipal que  acometa a remodelación inmediata do mercado de Caranza, que presenta  un crecente e inaceptable  deterioro.

A nosa organización vén mantendo un seguimento da situación do centro que nos levou a incorporar no documento de acordo orzamentario co Goberno Municipal unha cláusula que recollía en particular a necesidade de acometer a remodelación e arranxo das deficiencias do devandito espazo. 

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, expresou a necesidade e urxencia de acometer a devandita remodelación, adiada unha e outra vez, para adecuar o centro as necesidades e esixencias da veciñanza de Caranza.

Urximos outra vez máis ao Goberno Municipal  a que poña en execución os acordos  asinados entre o Goberno e Esquerda Unida. En concreto, a nosa organización achegou nese acordo orzamentario  que se financiaría a operación da remodelación do mercado con cargo aos cretos non utilizados do préstamos subscrito polo concello polo importe de 4,8 millóns de euros.

Esquerda Unida está certa que sera ben para a veciñanza de Caranza contar neste ano coa remodelación do mercado que poña fin a anos de deterioro e proxectos nunca realizados.


Enviado por:
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
14 de outubro de 2009 14:13

Prezad@s amig@s: achegamos un Informacións do Grupo Municipal de Esquerda
Unida demandando a remodelación do mercado de Caranza
__________________

Esquerda Unida e a semana de mobilizacións contra a pobreza


  • O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA  MANIFESTA A SÚA ADHESIÓN  Á SEMANA GALEGA  DE MOBILIZACIÓN CONTRA A POBREZA 
  • ESQUERDA UNIDA VAI PARTICIPAR NA MOBILIZACIÓN  ORGANIZADA POLA REDE SOCIAL  FERROLTERRA E ANIMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE
  • A NOSA ORGANIZACIÓN SUBLIÑA A INCOMPATIBILIDADE DA POBREZA  CO EXERCICIO DOS DEREITOS DEMOCRÁTICOS
O Consello Local de Esquerda Unida  quere manifestar o seu apoio  á Semana  Galega de Mobilización contra a Pobreza, que vai ter na nosa cidade unha actividade mobilizadora e de concienciación organizada pola Rede Social Ferrolterra, este xoves, consistente nunha concentración e votación popular no Inferniño, a partires das 18:00 horas.

A nosa organización  considera necesario e inaprazable acadar un pacto galego  que permita que a nosa sociedade sexa quen de cumprir os obxectivos de mínimos recollidos e ampliamente incumpridos  da chamada Ronda do Milenio.

Esquerda Unida considera inaceptable  que nas nosas sociedades se manteñan bolsas de pobreza e exclusión social  que ameazan a preto do 20% da nosa cidadanía sen que os poderes público fagan nada para coutar o déficit social de 7 puntos do PIB que temos co gasto social coa Unión Europea.

A nosa organización subliña o carácter de incompatibilidade que supón a pobreza para o exercicio dos dereitos democráticos recollidos na Constitución e o Estatuto. Todos os esforzos sociais e políticos dirixidos a rematar coa pobreza semellan  valiosos de seu e merecentes de que a nosa organización traballe arreo e en colectivo coas entidades da Rede para acadar ese obxectivo.

Ferrol, 14 de outubro  de 2009
Consello Local de EU Ferrol

Enviado por:
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
14 de outubro de 2009 14:27


Estimad@s amig@s: vai no arquivo unha nota do Consello Local de EU Ferrol en relación coa semana de mobilizacións contra a pobreza.
Recibide un saúdo.

Asdo. Ricardo Ledo
Secretario de Organización
__________________

Autocarros que saem desde diferentes lugares da Comarca para ir até Compostela à Manifestaçom Nacional em defensa da nossa Língua

Autocarros que saem desde diferentes lugares da Comarca para ir até Compostela à Manifestaçom Nacional em defensa da nossa Língua que se celebrará o Domingo 18 de Outubro, com saída prevista às 12 do meio-dia desde a Alameda.


  • Saída às 10:00 horas, desde as imediaçons da Praça de Galiza em Narom, passando por Neda. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Eva, no móvel 607 082 232.

  • Saída às 10:00 horas, desde a Praça de Galiza em Ferrol [Diante do Edifício de Correios]. O retorno será sobre ás 3 da Tarde. O contacto é Ana, no móvel 689 392 861.

  • Saída às 10:00 horas, desde a Praça do Concelho de Fene. O retorno será sobre ás 5 da Tarde. O contacto é Ana, no móvel 696 633 772.

  • Saída às 10:00 horas, desde a Praça do Concelho d'As Pontes. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Velucho, no móvel [pendente].

  • Saída às 09:15 horas, desde a Rotonda da Praça de Galiza de Cedeira, passando por Valdovinho. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Xavi, no móvel 647 585 384.

  • Saída às 10:00 horas, desde diante do Concelho de Mugardos, passando por Ares. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Fernando, no móvel 699 821 073.

  • Saída às 10 da manhá, desde Pontedeume. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é [pendente], no móvel [pendente]. [Todo pendente de confirmar].

  • Saída às 09:45 horas, desde a Praça do Concelho de Sam Sadurninho. O retorno será ao final da manifa quando rematem todos os actos. O contacto é Suso, no móvel 670 854 329.

Web da Plataforma Cidadá:
http://www.queremosgalego.org



Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos
http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
14 de outubro de 2009 20:18
_______________________

Pegada Ecolóxica: E a túa camisola?



Para pensar

Boa Noite:

A aberración do sistema é inaceptábel.

A emisión de CO2, medido en Kg, é 50 superior o peso da propia prenda.

10,75 kilos de CO2 e outros gases efecto invernadoiro é a pegada ecolóxica dunha camisola de manga larga de 220 gramos en algodón para señora. Tívose en conta o propio consumo da prenda: lavados, ferro, secados... E isto é extrapolable a moitas outras mercadorias. Puro absurdo.

Fonte: Otto-Group: 220 Gramm Textil, 11 Kilogramm CO2 [En Alemán]


Enviado por:
Luis Valle
-vallelegido@gmail.com-
14 de outubro de 2009 20:36

__________________

Enlaces relacionados de interese:
__________________

Mércores 14 de Outubro nova Xuntanza Cidadá sobre os orzamentos participativos


Convocatoria reunión Orzamentos Participativos

Estimados/as veciños/as,

Continuamos co traballo nesta nova fase de achega de propostas cidadás dentro dos Orzamentos Participativos 2009. Polo cal, convocamos unha reunión para o próximo mércores 14 de outubro de 18,00 a 20,00 horas no Teatro Jofre, 2º andar (entrada pola porta principal). O cambio de lugar débese a que neste edificio imos poder custodiar (ordenar e traballar) coas propostas.

Esta xuntanza vai dirixida aos representantes das Mesas de Propostas (rural e urbana), ao Grupo Motor e ao GAP. É un bo momento para coñecernos e, sobre todo, aproveitar e intercambiar o coñecemento e experiencia das persoas que xa levan máis tempo vivindo o proceso. Trataremos os seguintes puntos:
  • Valoración do proceso asembleario: organización, resultados, participación, etc.
  • Accións para reforzar o proceso.
  • Datas das seguintes reunións e prazos.
  • Mesa de Propostas: obxectivos, xuntanzas e posibles dúbidas a resolver.
Atentamente,

Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es

Enviado por:
Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
9 de outubro de 2009 13:40

__________________

 
Enlaces relacionados:


Venres, 28 de agosto de 2009
O edil Manuel Santiago dá conta dos acordos adoptados polo Grupo Motor e o GAP na súa última reunión de traballo. As charlas para difundir este proceso continuarán hoxe, no local da Xunta Veciñal de Doniños, a partir das 19 horas

Orzamentos participativos


Documentos interesantes:

Blog que informa sobre:

_______________________

martes, outubro 13, 2009

Moderar os salarios?


Por Juan Torres López
12.10.2009


O Secretario de Estado de Economía, José Manuel Campa, volveu a declarar que o que necesita a economía española é que se moderen os salarios. Non me estraña que diga unha cousa así. É ben coñecido que se trata dun prestixioso economista liberal que non disimula as súas posicións ideolóxicas. Noutras ocasións defendeu abaratar o despedimento ou que as caixas de aforro se convertan en sociedades anónimas.

Os liberais pensan que os problemas relativos ao emprego ou desemprego son só asuntos do mercado laboral e que, xa que logo, resólvense mediante o xogo dos prezos que determinan os movementos da oferta e a demanda de traballo. Por iso afirman que para xerar emprego (é dicir, para diminuír a oferta sobrante de traballo) o que hai que facer é reducir o prezo do traballo, os salarios, ben directos ou indirectos. E en consecuencia o que propón, como os sabios académicos que asinaron o documento dos 100, non é, en definitiva, senón que se establezan condicións máis favorables para que os empleadores reduzan os seus custos laborais.

Fai moitos anos que sabemos que iso é unha falacia. Algo tan irreal como a crenza nos automatismos e na autosuficiencia dos mercados que defenden eses economistas e que levou a xerar unha crise financeira global como a que se produciu nos últimos tempos.

É evidente que as condicións en que se desenvolva o mercado de traballo influirán dalgún modo no volume do emprego que xera a economía. Pero de aí a desprezar todo o demais e a considerar que só reducindo o prezo do traballo vaise a crear mais emprego hai unha distancia que só se pode salvar se detrás desa proposición hai algo máis que é fácil de adiviñar: unha política que beneficia aos grandes empresarios e que termina aumentando as rendas do capital á conta de non crear máis emprego ou de crealo en condicións cada vez máis miserables.

A creación ou destrución de emprego non depende só do que ocorra no mercado de traballo, como queren facernos crer os economistas liberais como Campa, senón tamén no mercado de bens e servizos e ata na situación xeral da economía. Aínda que estes economistas cálanllo, o certo é que, se non hai suficiente demanda efectiva, por moi baixos que sexan os salarios non se vai a crear emprego porque as empresas contratan a máis traballadores non porque os seus salarios sexan máis baixos senón porque van obter máis beneficios.

Impondo un réxime de salarios baixos o que se produce é unha situación na que a demanda efectiva está constantemente restrinxida. É unha estratexia que o que crea é escaseza e que limita o crecemento potencial da economía, que é o que ocorreu nos últimos decenios e xusto o contrario do que agora habería que procurar. E, ao mesmo tempo, propor, como fan Campa e os economistas liberais, que os salarios baixen para que a nosa economía sexa máis competitiva é sinxelamente condenala ao empobrecimiento e a insostenibilidad.

De verdade que o que necesita a economía española, cando o presidente do goberno fala de cambio do modelo produtivo, é especializarnos en actividades que só necesitan oferta de traballo barata? Agora resulta que a aposta é competir como fan os países máis atrasados, ofrecendo salarios reducidos e non mellorando o noso tecido produtivo mediante a calidade, a innovación e a produción de bens e servizos de vangarda?

Pero, como digo, non me estraña que un economista da dereita liberal faga estas formulacións. O que me produce sorpresa, frustración e pena é que unha persoa que ten esa ideoloxía sexa o segundo máximo responsable da política económica dun goberno socialista no que tantos millóns de persoas confiaron para mellorar as súas condicións de vida.

A que estamos xogando? Como é posible que un goberno socialista pida máis contención salarial nun país onde o 63% dos traballadores gana menos de 1.100 euros mensuais e onde o número de mileuristas aumentou en sete millóns nos tres últimos anos? E que o faga sen máis fundamento que o que proporciona un liberalismo que, por moi útil que sexa á gran patronal, é unha ideoloxía trasnoitada que xa foi posta en solfa cientificamente fai un século.

E non é só unha cuestión de sensibilidade social, de estar preferentemente tratando de favorecer a quen teñen rendas mais baixas, que xa é importante. E, por suposto, o que se supón que esperan dun goberno socialista os seus votantes e simpatizantes. É que ademais, como comentei máis arriba, propor baixar aínda máis os salarios é insistir nun modelo que levou a que a nosa economía sexa máis débil e inestable que as da nosa contorna. E que agora nos levaría a saír máis tarde e con máis limitacións da crise.

Os informes da OCDE puxeron de relevo que España foi o único país dos que pertencen a ese organismo no que os salarios baixaron no período 1995-2005: seica imos ser tan inxenuos como para non entender que iso non tivo nada que ver coa gran perda de emprego que agora padecemos e que moi posiblemente se consolide durante bastante tempo?

Propor, como fai o Secretario de Estado de Economía, o empobrecimiento dos traballadores como política de saída da crise (en realidade, propono sempre, pois conducen con piñón fixo na expansión e a recesión, no auxe e na crise: sempre baixar os salarios) non é soamente unha aberración desde o punto de vista social. O é igualmente como estratexia económica. O que a nosa economía necesita é máis demanda efectiva, máis capital social, máis innovación, máis coñecemento básico e aplicado e máis igualdade. É dicir, máis riqueza e mellor repartida e non máis traballadores pobres e máis diferenzas sociais, como propón os ideologizados economistas de dereitas como o Secretario de Estado de Economía.

Publicado na Revista Sistema Dixital

Web de Juan Torres:
http://juantorreslopez.com

Enviado por:
Juan Torres López
-juantorres@uma.es-
12 de outubro de 2009 14:16

__________________

"Últimas iniciativas en intervención institucional na violencia contra as mulleres", este Martes 13 de Outubro, da man da A.C. Lefre de Caldereta


A.C. Lefre de Caldereta. Q tes na Caldereta?.
(13/10 ás 20.30 horas. Borsalino)

Ola a todas e todos,

O martes 13/10 ás 20.30 horas no Pub Borsalino continuamos como tódolos 2º martes de cada mes coas nosas charlas-tertulias na actividade Q tes na Caldereta?. Esta vez contamos cunha muller de grande traxectoria, tanto en experiencia profesional a nivel docente, coordinadora, asesora, educadora e traballadora social, como en experiencia vital.

Estará con nós Mª Jesús Olivares Rodríguez, máis coñecida como Chus que actualmente é Traballadora Social do Concello de Ferrol (Dirección da Casa de Acollida de mulleres); Achegarémonos da man de Chus a que nos conte máis sobre as últimas iniciativas en intervención institucional na violencia contra as mulleres, as políticas, obradoiros etc que se estan a levar a cabo hoxe en día e os recursos das mulleres contra a violencia machista.

Agardamos por todas e todos vos. Non faltedes.

Difundide.

Saúde
A.C. Lefre de Caldereta

Enviado por:
A.C Lefre de Caldereta
-lefre@lefredecaldereta.com-
12 de outubro de 2009 20:25
_______________________

luns, outubro 12, 2009

Carta de Xesús Gómez "Miño" en solidariedade con Katy Wergen


Estando a dez mil quilómetros, con un océano por medio, quero manifestar a miña solidariedade ca familia de Katy Wergen, a mapuche galega exemplo de integración neste País, Muller loitadora, mai exemplar e galega de convicción…

Coñézoa ben, dende fai anos, cando preocupados polo feito migratorio puxemos cabeza en crear unha asociación que velara polos seus dereitos e axudara a súa integración, facendo máis levadeira a súa convivencia nun País como o galego de cultura tan diferenciada a súa de orixe.

Mesmamente resúltame indignante que a xenofobia, o racismo máis reaccionario e rancio se cebe nesta Muller e na súa familia, coñecedor en primeira persoa como son dos esforzos de Katy por integrarse e axudar a integrar a outros inmigrantes, espallando a nosa cultura e dándonos a coñecer a nós galegas e galegos a do seu orixinario País, onde por certo o feito de ser dunha etnia riquísima culturalmente e ben antiga, segue a pelexar polo seu recoñecemento diferenciado cal é a do pobo mapuche…

Daqueles anos, e da lembranza das loitas a prol das regularizacións dignas, e da pelexa pola melloría dunha inxusta lei de estranxeiría que segue a ser violadora dos dereitos humanos máis elementais, recoñecidos na Declaratoria Universal dos Dereitos Humanos de 1948, quedounos un afecto e aprecio que no meu caso lávame a admiración pola valentía desta muller nas péleas contra as adversidades que na vida cotidian van xurdindo. Katy foi un referente entre a colectividade migratoria en Ferrol terra, e sempre deu consellos no senso da integración e coñecemento da cultura galega. E así consta nos estatutos da asociación que da nosa man veu a luz: ASMIREFE, asociación migratoria de retornados e emigrantes de Ferrol Terra.

E meritorio que logo de viaxar a o seu Chile natal, atraída polos ditos da melloría e rexurdir do seu país, e vendo que non todo era tal e como o pintaban, retorna a Ferrol e empeza de novo a súa vida nesta cidade pola que sempre amosou unha querenza.

Resulta paradoxal e indignante, que unha persoa que tanto loitou por traballar a prol da integración da colectividade inmigrante, sexa hoxe vítima desa minoría que perdeu a memoria histórica e que se esqueza de que a primeira condición dos galeg@s e ser agradecidos a Terra que nos da o pan… (Tal era o pensamento dun galego que andivo por acó, que morreu o ano 50, e que foi enterrado na Chacarita no mesmo cemiterio que onte despediamos a Negra Mercedes Sosa. O galego do que falo, era naturalmente rianxeiro, era Castelao). E as mesmas causas que dende o século IXX levaron a emigración a centos de miles de compatriotas, son as que fan que hoxe a onda vaia de retorno á vella Europa, non sen recoñecer que as políticas neoliberais aplicadas con rigor nas ditadura que os pobos do Sur sufriron nos anos 70-80, acentuaron a expulsión á emigración a centos de miles tamén …

Neste senso quero deixar ben clara a miña solidariedade neste caso, e adherirme á mobilización que o vindeiro 18 de Outubro o Foro Galego de Inmigración convoca.

Finalmente non poido deixar de pasar esta oportunidade para facer un comentario, precisamente ao fío do que o pasado luns dicía un informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, elaborado con datos de 182 países menbros da ONU :

Un dos autores deste informe; Jeni Klugman, afirmaba que os gobernos deberan ser máis permisivos e axustados a dereito, propoñendo un “entorno normativo” que permita aproveitar os beneficios da inmigración, pero tamén corrixir algúns “conceptos erróneos” e “estereotipos negativos” sobre este fenómeno como aquel de que os emigrantes “quítannos o emprego”, ou “viven a conta dos nosos impostos”, ditos tales que abundan según Klugman, en algúns medios de comunicación.

Queda Dito, máis como galego e ser humano, que como presidente de honra de Asmirefe, toda a miña solidariedade pública coa mapuche galega Katy Wergen.

Xesús Gómez "MIÑO"

Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
8 de outubro de 2009 11:40

___________________

Este Luns 12 de Outubro: Reportaxe sobre Honduras na TV


O Luns 12 de Outubro, ás 24.00 h. en TV Cuatro, Reportaxe sobre Honduras de Jon Sistiaga:

Honduras: Manual para un Golpe de Estado”,

Agora pode-se ver un pequeno Avance do documentario.

O pretixioso periodista Jon Sistiaga viaxa ao segundo estado máis pobre de América para falar cos protagonistas desta tráxica opereta política e retratar a vida dun país Baixo o toque de queda.



fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es




Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
11 de outubro de 2009 15:35

___________________

Acto en Ferrol, este Xoves 15 de Outubro: Ferrolterra, por un Pacto Galego contra a Pobreza


Dende a Rede Social Ferrolterra - integrada por ás seguintes ONG’s e asociacións: Solidariedade Internacional, Mundo Cooperante, Lena, Enxeñería sen Fronteiras, Axuda en Acción e A.C. Fuco Buxán – queremos vos informar do acto previsto na cidade de Ferrol, dentro da Semana Galega de Mobilización contra a Pobreza, enmarcada dentro da campaña promovida pola Coordinadora Galega de ONG's para o Desenvolvemento.

Acto de Ferrol:
  • Xoves 15 de Outubro de 18:00 a 20:00 horas

  • Na Praza do Inferniño – Ferrol

  • Concentración e votación popular (con urna)

  • A prol dun Pacto Galego Contra a Pobreza

Pretendemos, que este Pacto Galego sexa asumido polo Parlamento de Galicia e se implementen as políticas necesarias que require o cumprimento dos Obxectivos do Milenio
:
  1. Compromisos para aumentar a Axuda Oficial ao Desenvolvemento, ata acadar o 0,7% do PIB da nosa Comunidade Autónoma.

  2. Compromisos na ponteciación de campañas de sensibilización para a cancelación da Débeda Externa dos países subdesenvolvidos.

  3. Compromiso co cambio das políticas comerciais inxustas que rexen as relacións económicas cos países do Sur: consumo responsable, compra pública éticas, comercio con xustiza...

Pretendemos, que o compromiso pola erradicación da pobreza sexa real, permanente e sostido, fóra da loita partidista e electoral.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
12 de outubro de 2009 12:10

___________________

A nena entende español?


Por Francisco Castro [*]
10.10.2009


Máis dunha vez, e de dúas, teño escrito arredor das cousas que me pasan (case que escribo, que teño que aturar) en relación ao costume, rariño, de lles falar en galego aos meus fillos e que eles me falen a min igual. A xente, que é de natural boa (non hai nin un chisco de retranca no que veño de escribir) métese a conta disto en sarillos dos que despois lles costa saír e que, máis aló da anécdota (aínda que non necesariamente divertida) serven para nos ofrecer unha clase, e de balde, sobre a sociopsicolingüística do país.

O outro día estaba coa miña bebé de ano e medio agardando para subir no ascensor. Ao meu carón, unha agradable veciña comezou a lle facer aloumiños e a lle falar con agarimo. Xa saben, como lle facemos sempre ás crianzas. Nunha determinada altura, a señora parou supetamente para ollarme, moi seria e preguntarme, en perfecto galego: “E a nena entende o español?” Diante da cara de parvo que se me puxo, e que deixaba claro o meu estupor diante da pregunta, ela seguiu falando: “claro, é que como vós só lle falades en galego pois non sei se me entende”.

Por sorte o ascensor chegou e a conversa rematou aí.

Como antes dixen, esta anécdota (xa saben por que dixen que non tiña por que ser necesariamente divertida) é toda unha clase de sociopsicolingüística. A señora realmente cre, e faino dende unha inocencia absoluta, como cren os de Galicia Bilingüe (GB) (pero sen inocencia), que é posible, neste noso país, que un neno non aprenda o castelán se lló se lle fala en galego. Iso é radicalmente imposible. Non aprender castelán, aínda que non cho falen (que llo falan; hai máis familia, está a tele, moitos veciños, outros cativos e cativas, etc,... é dicir, unha morea de espontáneos axentes castelanizantes) é absolutamente imposible. Mais a señora pensábao. Os pais desta son rariños e, xa que logo, igual a nena vive nunha especie de autismo lingüístico social ou algo así.

A realidade, máis ben, é xustamente a contraria. É posible que as e os nenos castelanfalantes non dean aprendindo, aínda que vivan en Galicia, o idioma propio (en moitas familias ninguén o fala, as teles –agás unha– non o empregan, os veciños tampouco, a meirande parte dos nenos e nenas, cando menos nas cidades, outro tanto ... ). Mais o seu oposto é absolutamente imposible.

Que alguén lle explique isto aos de GB. En español, por suposto.

Fonte: anosaterra.org

[*]Francisco Castro, escritor, nado en Vigo en 1966. Gañador, este ano 2009, do Premio Blanco-Amor con "Spam", unha novela sobre "a mentira electrónica que é internet"

Blogue persoal de Francisco Castro:
http://www.blogoteca.com/franciscocastro/



Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
10 de outubro de 2009 12:41

___________________

sábado, outubro 10, 2009

Video da Concentración Reivindicativa, con bocadillos solidarios, en CPI de Atios Valdoviño


A comunidade educativa do CPI de Atios do concello de Valdoviño, comezou este curso cun recorte de profesorado e 60 solicitudes de prazas para o comedor escolar sen poder ser atendidas. Todos os xoves veñen realizando unha concentración. A do pasado Xoves 8 de Outubro, consistiu en compartir un bocadillo, tanto o alumnado que conseguiu praza no comedor, como o que non a obtivo. Acudiron tamén a este "bocadillo solidario" unha parte significativa das familias e do profesorado, e quen non puido acudir, comunicou o seu apoio. No vídeo, que recolle a intervención de Montse Fernández, presidenta da ANPA, explícanse as reivindicacións da comunidade escolar e as futuras mobilizacións.

Video do acto:





Enviado por:
lupe ces

-lupeces@gmail.com-
10 de outubro de 2009 07:34

http://lupeces.blogspot.com/

venres, outubro 09, 2009

A loita contra a especulación en Cangas, o conflito de Massó: Nova xornada kafkiana no Salgueirón - A presenza de antidisturbios de León en Cangas xa non pasou desapercibida dende a mañán



Antidisturbios en Massó

Nova xornada kafkiana no Salgueirón. A presenza de antidisturbios de León en Cangas xa non pasou desapercibida dende a mañán. Perfectamente coordinados, agardaron a que chegaran tres camións de Excongal para intentar unha vez máis a entrada ás obras do pretendido peirao deportivo do complexo residencial Marina Atlántica, do que lembramos carece de licenza municipal, plan viario ou calquera outro tipo de eses pequenos detalles burocráticos que nos afectan ao resto dos mortais.

Chegaron os camións sobre a unha da tarde á entrada do camiño da cheminea acompañados de técnicos, obreiros da empresa, o avogado da mesma, a notario de Cangas, o capitán dos antidisturbios e unha patrulla do posto de Cangas. Chamaron á policia local que se personou  inmediatamente e estiveron tomando nota da situación do camiño e dos coches alí aparcados que impedían o paso dos camións. Lembrar que no vial non hai sinal ningún de prohibido aparcar, que se atopa en casco urbano e polo tanto fora da xurisdición da garda civil e que é o único vial de acceso ao Salgueirón que aínda non ten restrición de peso, aínda que hai informes que aconsellan a limitación e probablemente a colocación do sinal que o limite será na próxima xunta de goberno local.

O capitán ausentouse prácticamente unha hora, e cando votou foise a parlamentar cos representantes da empresa e inmediatamente chegaron o camión celular e catro furgonetas de antidisturbios perfectamente ataviados coa súa armadura de faena.

A situación tensouse como anticipo dunha inminente carga, aínda sen saber ben se algún guindastre ía intentar retirar os coches aparcados no vial.

Ao parecer a policía local argumentou que non tiña claras as súas competencias sobre o vial e finalmente non apareceu ningún guindastre, retirándose sobre as catro os camións cargados de pedra e os antidisturbios, entre as afectuosas ovacións dos mariñeiros e veciños alí congregados, nun número de aproximadamente cen. Colorín colorado, o martes máis.

www.cangasnonsevende.org

Enviado por:
foro social de Cangas
-forosocialpoladefensadopobo@yahoo.es-
9 de outubro de 2009 19:57
________________________

Convocatória da plataforma reintegracionista Galego Sempre Mais para o 18 de Outubro




Prezados amigos e amigas,

Enviamos-vos o cartaz e o manifesto aprovado pola plataforma Galego Sempre Mais, formada por centros sociais e entidades reintegracionistas, chamando a participar na manifestaçom em defesa do galego convocada para o 18 de Outubro em Compostela.

O reintegracionismo participará com um bloco próprio com o lema "Contra o bilingüismo, pola hegemonia social do galego", reclamando umha outra política lingüística baseada na oficialidade principal e plena do galego e na unidade lingüística galego-luso-brasileira.

Posteriormente ao 18 de Outubro, os colectivos que integramos a Plataforma iniciaremos um processo de criaçom de umha nova entidade nacional normalizadora de carácter normalizador, para o qual convocamos umha reuniom aberta em Compostela no dia 21 de Novembro.

Toda a informaçom relativa à nossa participaçom na mobilizaçom normalizadora do 18 de Outubro podedes encontrá-la no site de Galego Sempre Mais (http://www.galegosempremais.net/).

Cumprimentos,

Plataforma Galego Sempre Mais

Anexos:

Enviado por:
Bruno Lopes Teixeiro
brunotrasancos@gmail.com
info@galegosempremais.net

9 de outubro de 2009 15:19
________________

Actividades culturais do Ateneo Ferrolán na semana do 13 ao 16 de Outubro de 2009

Martes 13 de Outubro ás 19:00 horas, 1º Ciclo de Imaxes contra o esquecemento

Dentro dos Martes de Cine: O ciclo da Memoria Histórica, en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática, proxectarase:

"MUERTE EN EL VALLE"
Director : Christina Hardt.
Duración : 50 minutos

SINOPSE
Unha moza norteamericana, neta dun enlace da guerrilla antifranquista, investiga a morte dos eu avó ate atoparse co asasino. Christina Hardt naceu en Nova York, pero a súa nai era orixinaria dun pobo da provincia de León, chamado El Valle. Os eu avó foi asasinado pola guarda civil en 1948. Cincuenta anos despois dese asasinato, Christina viaxa ao seu pobo, cámara en man, para investigar qué foi exactamente o que aconteceu. Partindo dun certificado de defunción que asegura que os eu avó morreu a causa dunha hemorraxia interna, Christina inicia as súas pesquisas ate chegar a entrar na casa do home que aplicoulle ao seu avó a Lei de Fugas. O documental "Muerte en El Valle" é un poema á memoria, á recuperación desde o presente, dunha parte da nosa historia que unha nova xeración, a dos netos, non está disposta a que caiga no esquecemento.


Mércores 14 de Outubro, das 19:00 ás 20:00 horas, "Atenea" o programa de radio do Ateneo Ferrolán en Rádio Filispím

En principio, o programa terá unha periodicidade mensual, aínda que se a cousa funciona e a xente se anima, poderiamos chegar a semanal.

Desde o Ateneo Ferrolán, facemos un chamamento aos socios e socias para que, se lles interesa, se animen a participar nesta nova actividade radiofónica e
axuden a facer o programa.

O programa Atenea, emitirase en Rádio FilispiM 93.9 da FM:

Consulta a Grella Filispiniana http://www.opaii.blogspot.com/


Venres día 16 de Outubro ás 20:00 horas,  inauguración da Exposición Colectiva de pintura e gravado varios artistas:

Do 16 ao 28 de Outubro na sala de exposicións 2ª planta
  • María Piensos (A Coruña)
  • Mely Secas (Vigo)
  • Lola España (A Coruña)
  • Óscar Cabana (A Coruña)
  • Hugo Ariaslobo (Colombia)
  • Pacho Díaz-Granados (Colombia)
  • Ramón Lugo (Colombia)
Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879 “Un Lugar de Encontro para a Cultura”
http:// www.ateneoferrolan.org
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

Enviado por:
ATENEO FERROLAN
-administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
9 de outubro de 2009 18:34

__________________________

Un novo Virus ataca aos servizos públicos, fundamentalmente a sanidade pública, estudia os seus síntomas e protéxete da nova "GriPeP"

CIG-Saúde pon en marcha unha campaña para alertar sobre a “GriPeP” e os seus efectos na sanidade pública

Paralizouse o Plan de Mellora da Atención Primaria, o Plan de Saúde Mental e baleirouse de contido a Mesa Sectorial

Anemia orzamentaria; adelgazamento extremo, provocado pola diminución de recursos, servizos e persoal; conxestión, patente no incremento galopante das listas de espera e malestar xeral e irritación, que se contaxia a usuarias e usuarios e profesionais, son algunhas das características da “GriPeP”. Un mal do que alerta a CIG-Saúde e que ameaza con estenderse polos centros sanitarios públicos.

CIG-Saúde vén de pór en marcha unha campaña dirixida ao persoal sanitario e á poboación en xeral para informar das consecuencias que as políticas neoliberais que está a aplicar o novo goberno teñen sobre o sistema sanitario público e sobre a asistencia que se está prestando.



María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde -que presentou a campaña en rolda de prensa acompañada por varios membros da executiva da federación- explicou que desde o PP estase a promover un proceso de privatización encuberto pola vía da descapitalización do sistema aplicando o “rodillo parlamentario”. Unha descapitalización que se traduce en redución dos investimentos, redución de gastos, redución de persoal e aumento, en consecuencia, das listas de espera. Mecanismos que provocan o progresivo desprestixio do sistema e dos profesionais e que abocan aos usuarios a recorrer á sanidade privada, que é percibida, cada vez máis, como mellor.

Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, deste xeito, “os usuarios ven como se recortan dereitos básicos que contempla a Lei Xeral de Sanidade como a universalidade e a gratuídade”, ao tempo que se favorecen os intereses dos grandes lobbys empresariais, para os que a sanidade “é un codiciado negocio do que obter beneficios e non un servizo”.

Abuín alerta de que o PP pretende calcar en Galiza os modelos sanitarios implantados en comunidades nas que xa estaba gobernando, como Madrid ou Valencia. Comunidades nas que se tomou á súa vez como modelo o proceso de privatización que se deu en Gran Bretaña, e que tivo consecuencias nefastas. “Ao final é un sistema moito máis caro, porque o sistema público sempre ten que ir ao rescate, e os grandes lobbys empresariais son quen o definen pero quen paga é o sistema sanitario público”, sinala.


Diminución da actividade nos centros hospitalarios


O primeiro síntoma da “GriPeP” xa se está a advertir na diminución da actividade nos centros hospitalarios. Manuel González Moreira, membro da executiva de CIG-Saúde asegurou que “temos hospitais con camas baleiras, non por fata de doentes, non porque non haxa lista de espera, senón porque, por recorte do gasto, están deixando de facer actividade e polo tanto está empeorando a calidade do servizo sanitario que reciben os usuarios”.


Paralización do Plan de Mellora na Atención Primaria e do de Saúde Mental


González Moreira subliñou ademais que malia existir un acordo para a atención primaria –Plan de Mellora de Atención Primaria-, dirixido fundamentalmente a incrementar a capacidade de resolución neste servizo, e que consistía en incrementar os profesionais para conseguir ratios de pacientes máis axeitados ás necesidades dos usuarios, esta paralizado.

O mesmo ocorre co Plano de Saúde Mental, que era a grande esquecida da sanidade pública e para a que tamén estaba previsto incrementar os recursos materiais e humanos. “Todos estes síntomas, xunto coa anemia orzamentaria e o adelgazamento de recursos e servizos, quen o van sufrir non somos tanto os traballadores como os usuarios. Por iso queremos que con esta campaña a información chegue a eles e que sexan eles quen tamén lle fagan fronte”.


A Mesa Sectorial e o acordo de equiparación, desaparecidos


Se ben é certo que as consecuencias das políticas privatizadoras do PP van afectar de forma especial aos servizos que se prestan, os propios traballadores e traballadoras e as organizacións sindicais xa están a padecer os primeiros síntomas da “GriPeP”. Xan Ramón Fernández, da executiva da CIG-Saúde lembrou que até o de agora existía un sistema de negociación que pasaba pola reunión da Mesa Sectorial, na que estaban representados traballadores/as e administración, onde se trataban todos os problemas relativos ao sistema sanitario.

Porén, “desde que chegou o goberno PP a mesa perdeu todas as súas funcións, houbo algunhas convocatorias simplemente informativas, pero cargáronse a negociación. É un retroceso nunca visto en todos os anos que levamos de sindicalismo e de negociación co SERGAS”, lamentou Fernández, quen engadiu que “coa cantidade de problemas que hai enriba da mesa é imprescindíbel recuperar a Mesa Sectorial”.

En concreto, o representante da executiva da CIG-Saúde salientou, entre outros, a necesidade de negociar o sistema de traballo polas tardes para o persoal facultativo ou a suspensión do acordo retributivo que se pretende aplicar ao persoal estatutario.

Neste sentido, Abuín matizou a intención do goberno de Núñez Feijoo de facer pagar a crise aos traballadores e traballadoras da sanidade pública, ao non incluír nos orzamentos previstos para o vindeiro ano as partidas necesarias para garantir a súa equiparación salarial, acordada xa no ano 2008 e a aplicar nun período entre 2008 e o 2012. Un acordo salarial que no 2010 se traduciría nun incremento de retribucións dunha quinta parte do total referido ao lustro.

O acordo supuña incrementar as retribucións, en conceptos como nocturnidade, traballos en domingos e festivos ou nas noites do 24 e 31 de decembro e que en Galiza o persoal percibe moi por debaixo do que o fan os profesionais doutros sistemas de saúde.


Máis belixerantes que nunca

Desde a CIG-Saúde advirten que de manterse esta postura de intransixencia por parte do PP “seremos máis belixerantes que nunca e intentaremos non só mobilizar aos traballadores, senón tamén á cidadanía”, para defender o sistema sanitario público, advertía Victor Vila, outro dos membros da executiva da federación.

Unha mobilización que a CIG-Saúde entende que debe comezar pola denuncia por escrito nas unidades de Atención ao Doente das interminables listas de espera ou das probas diagnósticas que non chegan nunca e que derivará, se a situación persiste en mobilizacións na rúa.
  • Acceder ou Baixar : "A NOVA PANDEMIA" - Folleto explicativo en formato -pdf- que se atopa no servidor da CIG-Saúde.
--
Enviado por:
Cig Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
8 de outubro de 2009 00:18




CIG-Saúde Ferrol
981334566
www.cigsaudeferrol.blogspot.com

____________________________

xoves, outubro 08, 2009

Videos da Ruada en Ferrol en defensa da Lingua, deste Xoves 8 de Outubro convocado pola plataforma cidadá "Queremos Galego"


Este Xoves, 8 de Outubro polas rúas de Ferrol transcurriu unha ruada reivindicativa organizada por Queremos Galego, plataforma recientemente constituida na comarca de Ferrol Terra, para a defensa do galego, como resposta social á situación de emerxencia que vive a nosa lingua e ás agresións que mesmo parten desde as institucións autonómicas.

Un detalle da intervención de Xaquín Campos, un dos portavoces da plataforma cidadá Queremos Galego, na comarca de Ferrol Terra.



Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=7eT0Pf30QPA



Detalle do reteiro reivindicativo pola rúas de Ferrol.





Web da Plataforma Cidadá
:
http://www.queremosgalego.org
_____________________________

Rolda da Rebeldía: Que, falamos?


  • O Encontro Irmandiño chama a un debate para a reformulación do nacionalismo de esquerdas.
  • A Rolda da Rebeldía procurará unha organización político social que transcenda o modelo clásico e que estea á altura das exixencias sociais do país.

ROLDA DA REBELDÍA
O Encontro Irmandiño chama a un debate para a reformulación do nacionalismo de esquerdas

A Rolda da Rebeldía procurará unha organización político social que transcenda o modelo clásico e que estea á altura das exixencias sociais do país.
Vieiros - Redacción - 07.10.2009

A "revolta ideolóxica, política e social" do Encontro Irmandiño (EI) está en marcha. A primeiros de decembro celebrarase o primeiro encontro enmarcado na Rolda de Rebeldía, coa que esta formación nacionalista pretende "iniciar un proceso de busca dunha organización político-social que transcenda o inservíbel modelo clásico e que estea á altura das exixencias políticas da esquerda social do noso país".

O obxectivo é reunir "á meirande representación posíbel da esquerda política transformadora e da esquerda social galegas" e debater sobre tres eixes temáticos fundamentais. O primeiro destes puntos refírese ao modelo clásico do funcionamento dos partidos: o EI pregúntase como se debe construír un novo referente suxeito-político-social, cal é o modelo organizativo do que se debe dotar e se é necesario o acceso ás institucións. O segundo eixo céntrase nas canles de comunicación, participación e irmandade entre a esquerda social e a esquerda política. Finalmente, o terceiro apartado cuestionará os mecanismos e accións que debe emprender o nacionalismo de esquerdas para afondar na creación de masas críticas que exixan un cambio radical no modelo de sociedade partindo da realidade galega.

Dende EI pretenden que este debate sexa o máis aberto posíbel polo que animan á cidadanía e aos movementos sociais de esquerdas do país a participar. O prazo de inscrición rematará o 10 de novembro para colectivos e o 20 para cidadáns. Ademais, até o 31 de outubro poden enviarse achegas, reflexións, propostas de debate ou ampliación dos eixes temáticos. Así, chaman ao diálogo, do que apuntan que nacerá o entendemento, "e do entendemento os mecanismos para avanzarmos en obxectivos comúns, sen límites, sen medo a experimentar, sen utilizacións e con atrevemento e sinceridade".

Fonta: vieiros.com

Enviado por:
Rolda de Rebeldía (EI)
-roldaderebeldia@encontroirmandinho.org-
8 de outubro de 2009 20:40

_______________________

Enlaces relacionados:
_____________

mércores, outubro 07, 2009

Concerto de Victor Aneiros, o Xoves 8 de Outubro no Centro Cultural "Torrente Ballester"

Concerto VICTOR ANEIROS: CC.Torrente Ballester- Ferrol o 8/10/09



O próximo 8 de outubro chegará ao Centro Cultural Torrente Ballester o blues de alma galega co guitarrista VICTOR ANEIROS. Interpretará temas do seu último traballo "Heroe Secreto", no que se inclúe o tema "Miña bala perdida", nomeado aos Premios da Música 2009 como mellor tema en galego.

No concerto fará un repaso dos seus anteriores traballos, e contará coa voz de Julie Guravich como invitada.

Concerto VICTOR ANEIROS o 8 Outubro 2009 ás 22:00 h CC. Torrente Ballester.

Logo deste concerto o grupo meterase de cheo na gravación do que será o seu quinto traballo, que verá a luz na primavera do 2010.

Nel contará coas colaboracións, entre outros de, Javier Vargas ou Mauri Sanchis; virtuoso do órgano hammond, que tocou ou gravado con estrelas da talla do propio Vargas, Kepa Junkera, Raimundo Amador, Bill Evans, Dean Brown, J. DeFrancesco e Popa Chubby, entre outros.
MP3 - Miña bala perdida

MP3 - Na barra

Web de Babel de Sons:
http://www.babeldesons.com/

Enviado por:
BABELdeSONS
-babeldesons@babeldesons.com-
6 de outubro de 2009 16:09
___________________________

O mal estado de conservación do edifio, a tardanza do Concello en executar as obras de reforma e o temporal, puideron co Ateneo Ferrolán: a auga inunda todo o Edificio

VOLVE A INUNDARSE O EDIFICIO DO ATENEO FERROLAN

www.ateneoferrolan.org


VOLVE A INUNDARSE O EDIFICIO DO ATENEO FERROLAN, DENDE A SÚA BIBLIOTECA ATE O AUDITORIO ONDE SE ESTABA PROXECTANDO UNHA PELÍCULA E INUNDOUSE ENTEIRO.

REHABILITACIÓN DO EDIFICIO DO ATENEO FERROLAN XA!

POR RESPECTO AO NOSO PATRIMONIO!



Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879 “Un Lugar de Encontro para a Cultura”
http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

Enviado por:
ATENEO FERROLAN
-administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
6 de outubro de 2009 21:17

___________________________

martes, outubro 06, 2009

Esquerda Unida sobre decisión Audiencia no caso Prestige


  • ESQUERDA UNIDA FELICÍTASE POLA DECISIÓN DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA QUE DA A RAZÓN A EU AO  IMPUTAR DE NOVO A LÓPEZ – SORS NO CASO PRESTIGE 
  • YOLANDA DÍAZ, COORDINADORA NACIONAL DE EU, ANUNCIA UNHA BATERÍA DE INICIATIVAS PARLAMENTARIAS NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
Esquerda Unida quere manifestar a súa satisfacción pola decisión da Audiencia Provincial da Coruña, que da a razón ao recurso de apelación presentado,  entre outras, pola nosa organización en relación co que fora director xeral da mariña mercante, José Luís López – Sors

Esquerda Unida vén mantendo ao longo destes anos a relevancia das decisións de López – sors en orden a alonxar ao buque da costa e, xa que logo, o posterior naufraxio do navío. No auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña apóntanse que coexisten cumulativamente todas as condicións para depurar en xuízo oral a presunta responsabilidade criminal ... a título de imprudencia grave.

Tiñamos razón en perseverar como acusación porque non pode ser que a desgraza do Prestige reste impune. Esquerda Unida está a estudar coa nosa representación legal as implicacións e pasos a seguir de agora en diante.

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, adianta que vaise levar ao Congreso dos Deputados un conxunto de iniciativas en relación co Prestige. Sendo a primeira delas unha pregunta parlamentar ao Goberno en relación coa responsabilidade dun cargo público agora de novo imputado.

Esquerda Unida agarda que o auto da Audiencia abra o camiño para a depuración plena das responsabilidades pola catástrofe do Prestige. Depuracións que ten que servir como exemplo do que nunca máis  teñen que facer as autoridades públicas nun caso semellante: antepor  criterios de oportunismo no canto de adoptar as medidas  de protección máis garantistas e racionais.

Compostela, 6 de outubro  de 2009

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
6 de outubro de 2009 18:08


Prezad@s compañeir@s: achegamos nota de prensa en relación co auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña imputando de novo - dándolle a razón a Esquerda Unida - a López - Sors e as inicitivas a seguir no Parlamento.

Gabinete de prensa de EU

___________________________

Comezan en Ferrol os peches nas Escolas Oficiais de Idiomas para exixir a retira da circular 5/2009

Noticias desde a Cig-Saúde
06.10.2009


As protestas prolongaranse até o 22 de outubro de xeito ininterrumpido en seis centros Profesores/as e delegados/as sindicais iniciaban por volta das 7:00 horas do luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada da circular 5/2009 emitida pola Consellaría de Educación o pasado mes de xullo. A medida de protesta estenderase a outros centros do País até o vindeiro 22 de outubro e vai acompañada dunha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación e ao Director Xeral de Educación.


[Foto peche do 05.10.2009]

Arredor dunhas 50 persoas iniciaban este luns 5 de outubro un peche na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para exixir a retirada das instrucións remitidas pola Consellaría o pasado verán a respecto do funcionamento destes centros. A medida, que forma parte do conxunto de accións que as organizacións sindicais e o profesorado están levando a cabo en contra da circular, dá continuidade á folga convocada o pasado 9 e 10 de setembro nas EEOOII, secundada pola maioría dos docentes.

Dende a CIG-Ensino critican a teima de Educación por aplicar unha circular que vai supor unha modificación á baixa das condicións laborais do profesorado, unha redución importante do persoal (xa se teñen eliminado máis de 30 postos) e traerá un empeoramento da calidade das ensinanzas de idiomas.

Con estas medidas, a Consellaría busca pór en tela de xuízo o ensino público, xa que en vez de estender o ensino dos idiomas en centros públicos, recorta e diminúe a súa calidade anulando mesmo as aulas complementarias de reforzo”, lamenta o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.


Falta de negociación


Para a CIG tamén resulta inadmisíbel a actitude da Consellaría de Educación que, ante a petición unánime dos/as profesores/as e organizacións sindicais para a retirada da circular e o inicio de negociacións na Mesa Sectorial, até “hoxe non achegou ningunha resposta”. “O conselleiro está amosando o seu talante arbitrario e ditatorial, xa que non foi capaz de abrir o diálogo a respecto desta cuestión. Pero non dubidou, a través do Director Xeral de Educación e Formación Profesional, en difamar o traballo do profesorado con afirmacións e mentiras para poñer en cuestión o traballado dos docentes diante da opinión pública”, afirma Louzao.

Dende a CIG-Ensino agárdase que os peches, que se prolongarán até finais de mes e afectarán a seis escolas (Ferrol, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense e Santiago), leven a Consellaría a recapacitar sobre os seus posicionamentos.


Medidas complementarias


Os peches nas Escolas Oficiais de Idiomas completan toda unha serie de accións a prol da retirada da circular, que pasan pola recollida de sinaturas entre profesores/as e alumnos/as, resolucións dos claustros e Consellos Escolares ou a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e ao Director Xeral de Educación, José Luís Mira Lema.

O peche na Escola de Ferrol continuará até ás 7:00 horas do mércores 7 de outubro, momento no que collerá a quenda o profesorado do centro de Pontevedra (7 e 8 de outubro), para continuar os encerros en A Coruña (13 e 14 de outubro), Vigo (15 e 16 de outubro), Ourense (19 e 20 outubro) e finalmente Compostela (21 e 22 outubro).
  • ADIANTE OS PECHES NO ENSINO!!!
  • EN DEFENSA DUN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE!!!
  • A CRISE DO CAPITAL, QUE A PAGUE O CAPITAL...NON OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS!!!
Enviado por:
Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
6 de outubro de 2009 19:27

_______________

O TSXG anula a declaración de impacto ambiental da piscifatoría de Rinlo - Ribadeo



O TSXG ven de emitir Sentenza  no contencioso administrativo interposto por ADEGA contra a resolución da Xunta do último goberno Fraga, que aprobaba a piscifatoría de Foxo Longo en Rinlo (Ribadeo) promovida por ACUINOR S. L. Deste xeito, quedan invalidadas tanto a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) feita pola Xunta como as licenzas de obra e actividade concedidas a ACUINOR polo concello de Ribadeo. Nos seus fundamentos, o tribunal estima unha “infracción relevante que vicia a DIA” por inobservancia da lexislación ambiental de protección da Rede Natura 2000. Trátase pois, dunha sentenza histórica para o ecoloxismo e a sociedade galega: é a primeira vez que a Rede Natura ve recoñecida a súa protección polo alto tribunal galego fronte ao proceder dalgunhas administracións e empresas para as que as leis ambientais son só papel mollado, e as avaliacións ambientais un incómodo trámite que completar con estudos de impacto e declaracións a medida.





[Obras de ACUINOR na Rede Natura. Amplía!]

No caso a piscifatoría de Rinlo, o tribunal recoñece afeccións ao LIC das Catedrais, por fragmentación e degradación dos hábitats protexidos alí presentes, mesmo hábitats prioritarios que por ameazados requiren medidas de especial conservación.

Na súa sentenza, o TSXG indícalle á Xunta que, na DIA non observou o establecido nos apartados 3 e 4 do artigo 6 da Directiva de Hábitats e do Real Decreto 1997/1995, no que coincide coa interpretación que sempre fixo ADEGA:

Art. 6. Medidas de conservación […]
  • 3. Calquera plano o proxecto que, sen tener relación directa coa xestión do lugar o sen ser necesario para esta, poida afectar de xeito apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros planos ou proxectos, someterase a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, que se realizará de acordo coas normas que sexan de aplicación, de acordo co establecido na lexislación básica estatal e nas normas adicionais de protección ditadas po as Comunidades Autónomas, tendo en conta os obxectivos de conservación de dito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4 deste artigo, as Comunidades Autónomas correspondentes só manifestarán a súa conformidade con dito plano ou proxecto tras asegurarse que non causará perxuizo á integridade do lugar en cuestión e, de proceder, tras sometelo a información pública.
  • 4. Si, apesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o lugar e a falla de solucións alternativas, debera realizarse un plano ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluidas razóns de índole social ou económica, as Administracións públicas competentes tomarán cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global de Natura 2000 quede protexida. No seu caso, as Comunidades Autónomas comunicarán ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación as medidas compensatorias que teñan adoptado e este, através da canle correspondente, informará á Comisión Europea.

No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente poderanse alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde. Neste último caso, através da canle correspondente, haberá que consultar, previamente, á Comisión Europea.




[Defendendo a legalidade. Amplía!]

O TSXG considera que, como amosan os informes do IBADER, do SEPRONA, e mesmo da propia D. X. de Conservación da Natureza da Xunta, “a execución do proxecto construtivo conleva unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats 1230 e 4040* [prioritario], con perxuizo para a integridade do lugar” polo que a DIA non resulta conforme a dereito por non observar os trámites previstos nos artigos 6, tanto da Directiva 92/43/CEE como Real Decreto 1997/1995 para un espazo da Rede Natura no que quedou abondosamente probado a presenza de hábitats prioritarios.




[Imaxes do xuizo civil. Amplía!]

Esta sentenza culmina un longo proceso xudicial iniciado trala denuncia de ADEGA contra as actuacións da Xunta e ACUINOR no caso da piscifatoría de Rinlo. Até hoxe, os tribunais viñeron dando sistemáticamente a razón a ADEGA: primeiro, absolvendo aos nosos activistas dunha denuncia penal por coaccións tras paralizar as obras ilegais da piscifatoría; a continuación, acordando unha decisiva -pois do contrario quedaría desvirtuada a anulación do DIA- paralización cautelar das obras; logo, desestimando a demanda civil interposta por ACUINOR reclamando a ADEGA unha indemnización de 30.000 € e, finalmente, anulando a DIA e as licenzas de obra e actividade do proxecto.

O caso da piscifatoría de Rinlo exemplifica o desprezo pola legalidade, polo noso patrimonio natural e pola cidadanía que practican algunhas empresas coa colaboración necesaria das administracións: declaracións ambientais á medida e fraudulentas; licenzas ilegais; sospeitas de corrupción por manexo de información privilexiada, deixación de funcións administrativas, modificacións lexislativas á medida e tramitacións “exprés”; inxustiza social e desprezo pola cidadanía ao permitir a algúns facer o que non poden os veciños…



[Afeccións de Touriñán á RN. Amplía!]

No entanto, as repercusións do fallo do TSXG van máis aló do caso concreto de Rinlo. A sentenza sinala na súa fundamentación, argumentos extrapolábeis a moitos outros proxectos e actividades que non foron obxecto dunha tramitación ambiental axustada ás leis que protexen a Rede Natura (como o escandaloso caso das turbeiras do Xistral, entre outros). O TSXG portanto, traslada a proba á administración, que debe demostrar de xeito obxectivo que non existe impacto negativo nin se perxudicará á integridade do LIC ou ZEPA. E de haber hábitats prioritarios, só poderá alegar consideracións relacionadas coa saúde e a seguridade pública ou relativas a consecuencias positivas no ambiente ou, previa consulta á Comisión, razóns imperiosas de interese público de primeira orde.

Tal podería ser tamén o caso da planta de acuicultura de Cabo Touriñán. Malia a estar incluida en Rede Natura e afectar a hábitats prioritarios (véxase o propio Plano Acuícola coa cartografía do Inventario Nacional de Hábitats, na que 1/3 da superficie da planta, 120.000 m2, sitúase sobre hábitats prioritarios), o último governo Fraga aprobou o proxecto sectorial de Touriñán cunha DIA favorábel. Apesar das afeccións críticas sinaladas no Estudo de Impacto e ao informe contrario da COTOP, a administración Fraga deciudíu saltarse os trámites que o TSXG sinala como preceitivos, a respeito da protección da Rede Natura, na súa fundamentación da sentenza de ACUINOR. Como se pode querer recuperar agora un proxecto cuxa tramitación foi tan fraudulenta como a de Rinlo? A que intereses serve o goberno Feijóo coa súa fixación con Touriñán?

Por último, ADEGA quere dar as grazas a todas as persoas e colectivos que apoiaron este proceso, mesmo arriscando a súa integridade e patrimonio. Primeiro e fundamentalmente, aos veciños e veciñas, compañeiros e compañeiras ecoloxistas que parando as obras iniciaron o camiño do éxito. Non esquecemos tampouco ás institucións e investigadores que amosaron a súa dilixencia, coherencia e compromiso ambiental malia ás presións. E, finalmente á equipa legal que, acreditando na causa ecoloxista, soubo defender brillantemente os intereses que non son só os de ADEGA, senón os de toda a cidadanía galega.

Compostela, 6 de outubro de 2009.

Documento de interese:
Fonte: adega.info
_________