O Comité Cidadán de Emerxencia teima en seguir informando á cidadanía de que Reganosa é unha ameaza para a vida humana e o medio ambiente e pode chegar a converterse nunha enorme traxedia, no caso dun accidente na Planta ou nun dos buques gaseiros que entran na Ría para descargar no peirao de Punta Promontorio. Nesta localización, dentro da Ría, con miles de persoas que moramos na súa contorna, non hai Plan de Emerxencia capaz de facer fronte á catástrofe que provocaría, tendo en conta ademais o efecto dominó dun potencial accidente, ao estar na beira dun perigoso complexo petroquímico do Grupo Tojeiro [Forestal del Atlántico - Imegasa], con miles de metros cúbicos de fluídos tóxicos e cun enorme potencial explosivo e contaminante.
O paso do tempo veu acumulando novos feitos que apoian e aumentan os argumentos do movimento de oposición a Reganosa. Un recente informe da Comisión Nacional da Enerxía -CNE- [elaborado a finais de 2009], advertiu da baixa utilización de Reganosa, cunha caída de produción catro veces superior á da media do Estado. O angosto do canle da Ría, as condicións de seguridade establecidas pola Capitanía Marítima para poder entrar nela, e as condición meteorolóxicas do Golfo Ártabro levan impedido a entrada de 14 buques dos 63 que levan entrado desde Maio de 2007 [máis do 22 %]. O último gaseiro cargado con GNL, que tiña programada a entrada na Ría, o "LNG Madrid Spirit" tardou case tres días en poder descargar o GNL-LNG na planta regasificadora por causas meteorolóxicas. E por último, xa por dúas veces Reganosa puxo en perigo o conxunto do sistema gasístico ao pasar os límites mínimos de gas almacenado, tendo que intervir a xestora gasista e emitir ordes precisas, advertencias e unha ameaza de paralización da planta.
Reganosa é un fraude ao País, produto da corrupción e o engano, cun só propósito, a especulación e o ilexítimo enriquecemento duns poucos, a consta de pór en perigo a nosa seguridade, a vida e a Ría. Reganosa non só é perigosa e ilegal, senón que tamén é unha planta innecesaria que se alimenta economicamente dos fondos públicos, en definitiva do diñeiro de tod@s, só beneficiosa para os seus promotores e coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais, e dalgúns medios de comunicación que fan bandeira, manipulando, des-informando e ocultando todo o referente a Reganosa, en beneficio dos seus intereses económicos e ideolóxicos.
Fronte a un "Maloserá !!!" que ocorra un accidente que se converta nunha traxedia, que deixa nas mans do azar a nosa vida, propomos un "Maloserá !!!" que coa mobilización social, a organización e a loita, ... teimando nos argumentos, concienciando, demandando, solicitando, esixindo, denunciando, advertindo, investigando, estudando, observando, informando, marchando, ocupando, unindo, convencendo,... non consigamos a paralización da actividade de Reganosa e o seu desmantelamento. Planta de Gas Fora da Ría !!!
No Boletín nº16 pode-se ler:
O Boletín distribue-se impreso en todos os actos organizados polo Comité e pode-se acceder e baixar neste enlace:
Boletín nº16 do Comité Cidadán de Emerxencia - Marzo 2010
__________________
Campaña de solidaridade económica para sufragar gastos do peritaxe no proceso aberto no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.
O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) leva o procedemento nº 966/2004 contra a autorización de construción das instalacións de Reganosa. Causa que se ven desenvolvendo nos tribunais desde o ano 2004.
Na fase de probas, o Tribunal, a petición da avogada que leva o caso, designou por sorteo un perito xudicial, mariño mercante, para que realice un informe sobre diferentes aspectos relacionados coas limitacións que poden ter as manobras dos buques gaseiros nas súas entradas e saídas da Ría de Ferrol para a subministración da planta de regasificación.
A provisión de fondos -que ascende a 4.200 euros- xa foi ingresada no xulgado.
Para recuperar o diñeiro adiantado solicítouse unha achega extraordinaria, en función da dispoñibilidade particular de cada persoa ou asociación.
Este informe considérase de moito interese pola relación directa que supón o tráfico de gaseiros cargados de GNL con riscos para toda a poboación da ría.
Grazas a colaboración de moitas persoas e algunha entidade, lévanse recaudado xa 1550 euros.
O CCE, mostra o seu agradecemento polas aportacións recibidas e animamos a quen poidan colaborar, para que ingresen na conta bancaria do Comité Cidadán de Emerxencia.
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
__________________________

- Ampliación de proba no recurso que se sigue,
desde o ano 2004, contra a autorización de construción de REGANOSA, no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. - O 21% dos gaseiros que descargaron en REGANOSA
tiveron dificultades por mor das condicións meteorolóxicas. - Xa van dúas!
REGANOSA pon en alerta à xestora técnica do sistema gasístico, ao rozar os mínimos de seguridade no gas almacenado. - Arde e explota!
Un novo accidente, nunha planta de produción de enerxía eléctrica a base de gas natural en EEUU, demostra unha vez máis que as teses do CCE non son, por desgraza, alarmismo. - Campaña de solidaridade económica
para sufragar gastos do peritaxe no proceso aberto no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. - REGANOSA unha ameaza
tamén para o noso patrimonio histórico. - Xulgados 14 mariscadores
polos sucesos de maio do 2007 que permitiron romper o muro de silencio que existía sobre a loita cidadá contra REGANOSA. - Bruxelas valorará
a denuncia contra REGANOSA, ampliada con novos datos. - Continuan as concentracións
de denuncia pola entrada ilegal de gaseiros. - Presentadas alegacións
ao Plan de Emerxencia Municipal do Concello de Ferrol - Comezar a casa polo tellado
Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa (PEE), quen mal anda mal acaba! - Unha emotiva homenaxe
lembra o falecemento hai dous anos de Carmelo Teixeiro, o seu compromiso inquebrantable co futuro da nosa Ría, a saúde e a vida das miles de persoas que habitamos esta comarca. - Dun erro faise un enterro
As ensinanzas da traxédia de Els Alfacs - Quen a fai a paga
REGANOSA está obrigada a manter unha conta con fondos para pagar os custes do desmantelamento. - Fártase un de comer e beber, pero non de saber
Sabías que... - 10 anos de mentiras
A quen che enganou unha vez, nunca mais has de crer.