mércores, agosto 29, 2012

Denuncian a visita electoral e o catálogo de incumprimentos que acumula a ministra Ana Pastor - Anuncian iniciativa no Congreso para acadar unha decisión a prol do financiamento público e inmediata construción do dique flotante

INFORMACIÓNS   DO GRUPO MUNICIPAL   DE ESQUERDA UNIDA

O GRUPO MUNICIPAL DENUNCIA  A PARÁLISE DUNHA MINISTRA QUE SOMENTES  PRIVATIZA O SERVIZO PÚBLICO DO  FERROCARRIL E NON ACHEGA RECURSOS PARA DESENVOLVER AS IMPORTANTES INFRAESTRUTURAS DA NOSA CIDADE
YOLANDA DÍAZ SUBLIÑA QUE DURME NO CAIXÓN DO DESINTERESE UNHA ALTERNATIVA SUSTENTABLE PARA CONECTAR POR FERROCARRIL O PORTO EXTERIOR
NON HAI AVANCES NA CONEXIÓN DE FERROL CO EIXE ATLÁNTICO E SE AGREDEN OS SERVIZOS DE CERCANÍAS  E REXIONAL DE FEVE

O Grupo Municipal de Esquerda Unida ten que valorar de xeito extraordinariamente negativo a visita da ministra de Fomento, quen vai consumindo o mandato sen avanzar nada que non sexa o decreto que tenta segregar e privatizar o servizo público ferroviario. Esquerda Unida considera que apenas estamos diante dunha visita que non é outra cousa que unha primeira cortina de fume electoral para agochar as miserias da Xunta.

Yolanda Díaz, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal, expúsolle á ministra   o ridículo dun Porto Exterior, rendible, con movemento e que se atopa bloqueado pola falla de conexión ferroviaria. A Voceira defendeu a necesidade de atender as moitas alegacións presentadas á chamada alternativa sur, de insufribles custes medioambientais para a nosa ría, e subliñou que EU avoga por que se resolvan as devanditas alegacións e se proceda a modificar o trazado para logo licitalo con celeridade. Quizabes a falla de dilixencia do ministerio  explique o silencio da ministra aos requerimentos efectuados pola Voceira do Grupo de Esquerda Unida.

Yolanda Díaz formulou toda unha serie de preguntas en defensa do servizo público do ferrocarril e do anunciado ERE. Privatización e recortes que están á orde do día e que dende outubro golpearían en particular a Ferrol mediante a redución de servizos rexionais e de cercanías do FEVE. Esquerda Unida vai presentar ao Pleno do concello unha iniciativa de acordo para manter liñas e servizos, asemade de levar ao Parlamento do Estado o inaceptable recorte en servizos que teñen demanda e cumpren unha función de servizo público.

A loita dos traballadores ferroviarios xa se expresou na folga estatal do día 3 e vai continuar na defensa dun servizo público gravemente ameazado. EU vai manter o seu pleno apoio ás demandas e loitas dos e das ferroviarias.

O noso Grupo Municipal  lamenta o nulo investimento realizado dende o Ministerio para conectar a Ferrol co Eixe Atlántico, verdadeiro no de comunicacións ferroviarias galego. Non se poñen cartos e se adía sine die calquera investimento para acadar esa conexión. Semella que este si é un investimento que debería comprometer o Ministerio e non o chamado AVE, que dista de ser o que necesita a nosa cidadanía e as mercadurías galegas.

En materia de rehabilitación do barrio de Recimil tamén houbo o  silencio do desinterese por un xeito económico e social de situar  o barrio cun equipamento deste século.

En resumo, visita electoral onde non houbo ningún compromiso e apenas palabras para xustificar unha xestión nefasta por contraria aos servizos públicos que demanda en xustiza a nosa cidadanía.

AS GRADAS BALEIRAS, OS DESPEDIMENTOS DE TRABALLADORES CONTINÚAN: ESA É A HERDANZA QUE DEIXA FEIJÓO E NA QUE SEMELLA SEGUE O MINISTERIO E A SEPI
O GRUPO PARLAMENTARIO VAI RECLAMAR A COMPARECENCIA URXENTE DOS RESPONSABLES MINISTERIAIS PARA ABORDAR O FINANCIAMENTO PÚBLICO DO DIQUE FLOTANTE

O  Grupo Municipal de EU denuncia a pasividade ministerial para resolver neste mes de agosto a construción do dique flotante. Javier Galán lembra que as gradas están baleiras  e os despedimentos de traballadores continúan  namentras o Ministerio e a SEPI  deixan correr os días sen importarlles ren a situación dramática da comarca. Semella un escándalo social esta pasividade ministerial.

Esquerda Unida chama a atención das administracións públicas que goberna en exclusiva o PP acerca da insostible situación social e de desemprego que se deriva da tardanza en tomar decisións que o noso Grupo Municipal como a grande  maioría da sociedade ferrolán reclama hai moitos meses. En concreto rematando 2009, EU presentara a primeira emenda aos orzamentos do Estado para conquerir este investimento produtivo.

EU vai rexistrar unha petición urxente no Congreso dos Deputados para pedir  a comparecencia dos responsables ministeriais e da Sepi de xeito que poidan en sede parlamentaria definir os criterios que van rexer para poder construír o dique flotante.

Dique flotante que para Esquerda Unida ten que ter un compromiso de construción inmediato e debe contar con financiamento público.

No pasivo da herdanza que deixa o goberno de Núñez Feijóo quedan os anuncios de fume con acento mexicano así como a negativa a incoporar nos orzamentos da Xunta un partida orzamentaria para construír o dique flotante. Así como o pretendido gran centro de reparacións do naval nas instalacións de Astano. Queda un pasivo de mentiras e incumprimentos e a súa secuela de paro e devastación social.

Ferrol, martes 28 de agosto  de 2012

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
28 de agosto de 2012 14:11

Prezadas/os amigas/os: achegamos dúas INFORMACIÓNS do Grupo Municipal. Nunha denunciamos a visita electoral e o catálogo de incumprimentos que acumula a ministra Ana Pastor en materia de conexións ferroviarias, porto exterior ou rehabilitación. Noutra, anunciamos unha iniciativa no Congreso para acadar unha decisión a prol do financiamento público e inmediata construción do dique flotante, nun intre onde as gradas restan baleiras e continúan os despedimentos. Saúdos, Ramiro Marier

____________

martes, agosto 28, 2012

O mércores 5 de Setembro nova xuntanza do tecido asociativo de Ferrol para abordar as accións contra o Malgasto do Goberno dereitista do PP na cidade


O tecido asociativo de Ferrol, agrupados na Plataforma Contra o Malgasto do Diñeiro Público, volve-se reunir en Asemblea, o Mércores 5 de Setembro, ás 19:30 horas, no local da Asociación Veciñal de Esteiro. A análise do seguimento do Malgasto do Goberno Municipal, a situación de recollida de sinaturas para solicitar a Consulta Popular e as novas accións, figurarán na orde do día da citada xuntanza veciñal.

Na actualidade forman parte da Plataforma: AAVV de Esteiro, AAVV de San Xurxo, AAVV San Pablo de Catabois, AAVV de Santa Mariña, AAVV Prioriño, AAVV San Román de Doniños, AAVV O Rosario-Inferniño, AAVV de Ultramar, AAVV de San Xoan- Berton Asociación, Asociación  SC López Bouza, Asociación C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán e Colectivo Ártabra 21

Documentación:
Escrito ao Alcalde (08.06.2012)

Panfletos.

Folla divulgativa.

Escrito para a recollida de sinaturas solicitando unha Consulta Popular.

Moción ao Pleno (Rexistrada o 12 de Xuño de 2012).

Intervención no Pleno (28.06.2012).

Enviada por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
28 de agosto de 2012 18:23
______________

O "LNG Adamawa", cargado con GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Xoves 30 de Agosto - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora, ás 8 da Tarde no Peirao de Curuxeiras


Estando prevista a entrada na Ria do Gaseiro cargado con GNL, nº 125 “LNG Adamawa” o Comité Cidadán de Emerxencia convoca CONCENTRACIÓN xoves, 30 de agosto 2012, ás 20 hs, no Peirao de Coruxeiras – Ferrol.

Características do buque: 
Nome.- LNG Adamawa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 289 m, Manga.- 48 m, Puntal.- 62.75 m, Calado.- 12 m, Capacidade.- 141.000 m³ de GNL


XOVES 30 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE
CONCENTRACIÓN NO PEIRAO DE CURUXEIRAS,
NO PORTO DE FERROL
NO BARRIO DE FERROL-VELLO


  
PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?



Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia

para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com

www.comitecidadan.org


...........

Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995



"Os servizos públicos e os negocios privados", novo artigo de opinión de Pablo Vaamonde

Cando o PP ocupou o poder en Galicia en 2009, Núñez Feijóo afirmou que levaría a cabo políticas de austeridade pero sen reducir os orzamentos de sanidade, educación e servizos sociais. Minteu doblemente: estes departamentos son os máis atacados polas súas actuacións mentres que, durante o seu mandato, a débeda de Galicia medrou o triplo que co goberno bipartito. En 2009 a débeda autonómica equivalía ao 7,7% do PIB. Nos tres últimos anos a débeda medrou de 4.282 a 7.381 millóns de euros. Esto representa un incremento de 3.099 millóns de euros na débeda,  que equivale xa ao 12.8% do PIB (5 puntos por enriba do herdado). En resumo, os tres anos de suposta austeridade e solvencia económica do actual goberno da Xunta tradúcense nun incremento da débeda en máis de 1.000 millóns de euros por ano.

A pregunta que xurde é ven sinxela: cómo é posible que aumente a débeda autonómica a pesares dos tremendos recortes que están a sufrir os servizos públicos e os cidadáns? Obviamente porque hai menos ingresos pero tamén porque as decisións deste goberno non conducen ao aforro público senon ao desvío de diñeiro público a mans privadas, utilizando todos os mecanismos posibles dentro da legalidade vixente. Dí Antón Baamonde, no seu libro A derrota de Galicia que “no goberno galego senta xente firmemente partidaria da identidade, pero non da galega, precisamente”. Tamén podemos afirmar que temos uns dirixentes públicos que non cren no sector público ao que agreden de xeito sistemático e procuran debilitar progresivamente transferindo orzamentos e funcións a mans privadas.

O Partido Popular afirma que a xestión privada é mellor que a pública. Por eso o goberno de Núñez Feijóo contratou á empresa Eulen (da que é apoderada a súa irmá Micaela) para realizar a atención telefónica e xestión da documentación das persoas afectadas polas preferentes. Para poder adxudicar directamente (sen concurso no DOG) a Xunta dividiu o servizo aos afectados por provincias, para que non superase o límite económico estabelecido. Este proceder xa o realizou esta Xunta noutras ocasións en relación coa mesma empresa. O grupo Eulen tamén consigueu que o concello da Coruña(presidido por Carlos Negreira, compañeiro e amigo de Núñez Feijóo) lle adxudique a xestión da rede de bibliotecas da cidade por máis de dous millóns de euros, sen que tivese ningunha experiencia previa neste tipo de actividade (até o de agora era requisito indispensable para poder presentarse a concurso).

Chegounos esta información durante o mes de agosto mentres o presidente disfrutaba das súas merecidas vacacións en Póvoa de Varzim, localidade do norte de Portugal moi coñecida polo seu casino. Alí foi parado por un garda de tráfico por exceso de velocidade. Despois dunha discusión accedeu a pagar a sanción correspondente. O presidente galego tamén tivo tempo, durante o descanso estival, paraxantar nun restaurante da Estrada con Rajoy, Louzán, Jove (ex-propietario de Fadesa) e varios alcaldes da zona. Ainda que acudiron nos coches oficiais foi unha xuntanza informal, fora de axenda. Non trascendeu nada sobre o tratado nese encontro. Non sabemos se falaron dos servizos públicos ou de negocios privados. Se cadra era unha celebración gastronómica e só loubaron a calidade das viandas. Quén sabe? Ou estarían a falar, por un casual, do próximo adianto electoral?
 
Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.
 
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||| |||||||||||| |||| ||| 

luns, agosto 27, 2012

"Lenin. O revolucionario que non sabía demasiado", un libro recomendado para as prazas do 15M, ... Por Pascual Serrano

Por Pascual Serrano
24.08.2012


Reseña de "Lenin. O revolucionario que non sabía demasiado". Vladímir Ilich Lenin (Edición de Constantino Bértolo)

Un libro recomendado para as prazas do 15M

Nestes momentos de convulsión capitalista están aparecendo moitos libros de pequeno formato que buscan facerse un oco na procura cidadá de interpretacións alternativas do que acontece, posto que o pensamento dominante xa mostrou ser unha fraude. Pero poucos deles fano botando a vista atrás e recuperando aos clásicos revolucionarios. Esta breve antoloxía de textos de Lenin é un destes e na súa ampla introdución, o seu compilador, Constantino Bértolo, recoñece que está pensando en todos eses cidadáns, na súa maioría novas, que tomaron as rúas e prazas españolas no que se veu a chamar o 15M.

Propor a un movemento que non quere saber de partidos políticos, que renega de líderes e que repudia as xerarquías organizativas, un libro recompilatorio de textos e pensamentos do fundador do maior partido de masas -xunto co Partido Comunista de China-, do primeiro dirixente histórico dunha revolución obreira triunfante e quen logrou desenvolver a máis operativa e estruturada organización proletaria do mundo -os soviets- é, sen dúbida, dunha audacia impresionante por parte de Constantino Bértolo. E, na miña opinión, tan audaz como necesario e digno de agradecemento. E, ademais, aínda que non o pareza, é un signo de humildade de quen mediante palabras que non son súas intenta propor e suxerir.

Oxalá este libro circule entre as prazas indignadas españolas e o 15M madrileño de 2011 aprenda do outubro de Petrogrado de 1917.

Lenin. El revolucionario que no sabía demasiado”. Vladímir Ilich Lenin (Edición de Constantino Bértolo). La Catarata. 2012

www.pascualserrano.net


[*] Pascual Serrano (Valencia, 1964) é un xornalista e ensaísta español moi crítico cos medios de comunicación como grandes grupos empresariais. Colabora con varios medios españois e latinoamericanos abordando medios de comunicación e política internacional. [Fonte: A Wikipedia]. O seu último libro é "Contra a neutralidad. Tralos pasos de John Reed, Ryzard Kapuścińsky, Edgar Snow, Rodolfo Walsh e Robert Capa" . Editorial Península. Barcelona
_______________

domingo, agosto 26, 2012

Non é unha "chapuza" é un crime, de novo o goberno español lexisla contra as persoas máis desprotexidas


Ante as medidas do goberno dereitista do Partido Popular, presidido por Mariano Rajoy, o chefe da "oposición", o Sr. Rubalcaba, calificaba ás medidas contra os desempregad@s de "chapuza", cando realmente é un crime. "Persoas" con varios salarios multimillonarios, e plans de pensións, xubilacións e indenizacións de superluxo, son capaces de atacar ao colectivo de traballadores máis vulnerábel "@s sen emprego", xeneralizando e alimentando a sospeita, do chamado "fraude" dos pobres, sobre millóns de traballadores que non poden acceder a un emprego digno que este Sistema (O Capitalismo) é incapaz de crear. Non teñen reparo en declarar amnistías fiscais para capitalistas e especuladores, e para facilitar o branqueo do diñeiro procedente do narcotráfico e da trata e explotación sexual de mulleres.

Varios medios de comunicación falan da letra pequena do Real Decreto-lei aprobado polo Goberno Español que prorroga o programa de axuda para as persoas que esgoten a súa prestación por desemprego. Fan mención que a publicación no BOE das medidas anunciadas, desvelou novas esixencias para quen queiran acollerse ao mesmo. Que coa nova normativa, @s desempregad@s, van ter máis difícil acceder a este subsidio,  que ademais de agardar dous meses para poder solicitar o subsidio, terán que demostrar á administración que, efectivamente, buscaron emprego "de xeito activo" durante polo menos un mes completo.

Estes vergoñentos políticos fieis servidores do Capital, estiveron xogando co pan de moitas miles de persoas, coa incerteza de garantir o dereito á vida e á seguridade. Non se pode xogar co pan da xente, nen cos dereitos fundamentais. Todo o mundo ten dereito a unha renda básica para poder vivir con dignidade, á alimentación, á vivenda, á sanidade, á educación, ao traballo, ... á liberdade, e un Estado ten que garantir este dereito. Se este Sistema non garantiza estes dereitos, non vale e hai que cambia-lo. O primeiro é conseguir que se vaian estes corruptos e servidores do Capital, hai que bota-los! Logo a pola constituínte.

Documentación.-
BOE: Real Decreto-lei 23/2012, de 24 de agosto, polo que se prorroga o programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego.
________________

Así foi a segunda xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo


Non paran e xa teñen programado máis, son as cidadás e cidadáns de "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos". Unhas mobilizacións innovadoras e creativas, ... denunciar construindo; denunciar facendo, denunciar traballando;  denunciar que se podería crear emprego; denunciar o abandono do noso patrimonio cultural, natural e histórico; denunciar a situación inxusta de desemprego; denunciar o malgasto, ... ademais gañan en autoestima, gañan en confraternización, gañan en amistade, gañan na satisfacción que dá o traballo comunitario e ben feito, ... gañan en que se están mobilizando.

Desta vez foi na Batería de San Cristovo, era a segunda xornada neste mesmo lugar, e aínda queda unha terceira ou máis xornadas. Desta vez centraronse na limpeza da "parte central da fortaleza, e na muralla exterior ao mar".

Segundo as súa propias palabras "os traballos nesta ocasión, a pesar de ser máis xente que nunca, e de dispor de máis rozadoras, foi moi lento. Hai toxos que o cobren todo, case parecen árbores. Unha veciña comentaba, que fará 4 anos dende a última vez que se limpou algo a zona".

E continúan "Teremos que ir con sumo coidado nos labores, pois as hedras que deixaron crecer ao seu antollo, cobren por completo as murallas e actualmente forman parte da estrutura e axudan na suxeición das pedras".

Desta vez  o colectivo contou con novas incorporacións, até a dunha veciña do lugar, así como a colaboración de dous nenos que axudaron como o que máis.

De novo manifestaron a súas reivindicacións centradas no malgoberno local: "Esiximos ao grupo de goberno municipal, que saiba estar á altura das circunstancias e que recapaciten sobre o malgasto de 700.000 euros para a Praza de España, eses cartos poden axudar a paliar as necesidades de moitas familias da comarca. Esiximos a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos".

Tamén fan mención, as Cidadás e Cidadáns de Acción Directa, ao que o propio Concello ten públicado na súa páxina web no primeiro paragrafo do 'cutre' apartado de Candidatura Ferrol Patrimonio da Humanidade:

"A importancia histórica e cultural do conxunto formado polos castelos da ría de Ferrol e do Arsenal Militar, froito da racionalidade da Ilustración, é de sobra coñecida por todo os ferroláns. Estas instalacións constituían, no século XVIII, a maior base naval militar de Europa e facían da ría un fortín inexpugnable desde o mar, tal e como amosan as infrutuosas incursións inglesas".

Despiden-se facendo referencia a este detalle da web do Concello con humor e un até a volta nunha nova xornada de traballo comunitario:

"Esta vez as malas herbas lograron acabar con esa fama de inexpugnables que nos deron os ingleses"

"Grazas a tod@s e ata a seguinte, que será a III Xornada de traballo na Batería de San Cristovo".

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os telefonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enlaces relacionados:
Información baseada na enviada por:
recuperaciondeespazospublicos
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
26 de agosto de 2012 00:21
___________________

sábado, agosto 25, 2012

Nova medida criminal do Goberno Español tomada no último Consello de Ministros: A reforma do Goberno para facilitar desafiuzamentos fomenta a seguridade xurídica de propietarios e sector financeiro e dá as costas á exclusión social de miles de familias


A Apdha mostra a súa máis absoluta decepción ante a modificación dá Lei de Enjuiciamiento Civil para axilizar desafiuzamentos

Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), en España leváronse a cabo 46.559 desafiuzamentos no primeiro trimestre de 2012, 185.145 desde 2007 (Andalucía sitúase á cabeza con 72.900). Miles de familias sen fogar viven na máis absoluta precariedade, co 35% de pobreza en Andalucía, sendo a media española do 22%. Neste contexto, o Goberno, co -suposto- obxecto de solucionar o problema do dereito á vivenda, modificou hoxe a Lei de Enjuiciamiento Civil para favorecer a seguridade xurídica dos propietarios e crear máis desprotección para os inquilinos.

No noso país sempre prevaleceu, e fomentouse desde as Institucións Públicas, a cultura da propiedade. Segundo datos de 2010 de Eurostat, un 83% da cidadanía reside nunha vivenda da súa propiedade, fronte ao 17% restante que aluga principalmente (porcentaxe algo máis elevada en Barcelona, que rolda o 25%).

Con todo, a finais de 2010 había 687.523 vivendas baleiras que non achaban comprador. Pero ese número era só de vivendas de nova construción, a el debemos engadir os miles de desafiuzamentos que se están producindo ao mes durante os últimos dous anos. O Censo de Poboación e Vivendas de 2001 do INE estaba xa en máis de tres millóns nas casas baleiras.

A Asociación Prol Dereitos Humanos de Andalucía -APDHA- considera que esta reforma realizouse para atender as demandas do sector financeiro, que necesita alugar vivendas a curto prazo e facilitar ao máximo os desafiuzamentos para acelerar os procesos.

É esa a solución que se lle dá ás miles de familias avocadas a vivir hacinadas, en condicións insalubres ou directamente na rúa? Cantos cidadáns en situacións de vida indignas, por mor dunha crise que non provocaron, fan falta en España para que o goberno garanta o dereito universal á vivenda?

O dereito ao uso e goce dunha vivenda digna é hoxe en día un luxo, cando debería estar garantido para toda a cidadanía e non soamente para beneficiar a quen se enriquecen e especulan con este dereito básico. Os cidadáns e cidadás debemos levantar a voz e esixir aos gobernos nacionais e autonómicos que lexislen xa para que todas as persoas teñan cubertas as súas necesidades básicas, cúmpranse os dereitos constitucionais e os dereitos humanos. Debemos levantarnos e esixir un cambio de rumbo. Debemos obrigar a quen gobernan a que o fagan para a cidadanía e non para os mercados, os especuladores e o capital.

Reivindicamos algunhas medidas que se poderían aprobar no día de hoxe, e que moitos movementos sociais están esixindo xa:
  1. Cesamento inmediato da privatización do parque público de vivenda de todas as Administracións Públicas (Estado, Comunidades Autónomas e Concellos); unificación da administración de todas as existentes.
  2. Cesamento inmediato da venda do patrimonio público de chan.
  3. Reorientar toda a actividade de promoción e investimento público destinada a vivenda, cara á vivenda pública en aluguer e cara á rehabilitación (neste caso, con contraprestacións sociais por parte dos propietarios que se beneficien de tales axudas).
  4. Creación dun Banco Público que sirva, entre outras cuestións, á política pública de vivenda.
  5. Erradicación da infravivenda satisfacendo a necesidade dunha vivenda digna.
  6. Expropiación da facultade de uso por tempo determinado das vivendas de propiedade privada que permanezan desocupadas de xeito habitual durante un ano, para cedelas en arrendamento, incluíndo o enorme parque de vivendas das entidades bancarias, así como expropiación das vivendas de protección oficial en mans dos bancos tras execucións hipotecarias, para que retornen á súa función de uso social.
  7. Expropiación das vivendas cuxos propietarios desatendan o seu deber legal de conservalas en adecuadas condicións de habitabilidade, xa as teñan arrendadas ou baleiras, para, previa a súa rehabilitación, cedelas en arrendamento.
  8. Despenalización polo Parlamento Español da ocupación pacífica de vivendas deshabitadas.
http://www.apdha.org/index.php


Na Galiza:


________________

Hoxe segunda xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo - Así foi a "Acción sorpresa", limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona d'A Cabana

Hoxe sábado, día 25 de agosto de 2012, as compañeiras e compañeiros de 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" teñen pensado acometer a Segunda Xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo. Sobre as 9 da mañá tiñan previsto comezar os traballos da segunda xornada, que se poden prolongar até as 2 da tarde. ainda que o mesmo colecttivo xa sinala que "... a xornada de traballo é libre, en función do tempo de que dispoña cada persoa", polo que non fai falta de dispor de toda a xornada pra achegar-se até San Cristovo, para cooperar nas labouras de recuperación do espazo público.

Acción sorpresa na Cabana

Segundo publican no seu blogue e tamén se fixo eco o xornal comarcal 'Diario de Ferrol' cunha ampla reportaxe na páxina seis da edición de onte, o Colectivo de cidadáns e didadás, 'Acción directa de Recuperación de Espazos Públicos", volveu ao traballo comunitario perante a semana cunha "acción sorpresa", onde realizaron a "limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona de A Cabana, para seguir coa súa política de denuncia do abandono e deterioro dos bens patrimoniais e paisaxísticos da nosa cidade".

@s Comuner@s de 'Acción Directa' resaltan que "dito lavadoiro encóntrase nunha das rutas propostas polo Concello de Ferrol na súa páxina web" o Lavadoiro de San Antonio d'A Cabana.

Detallando os traballos realizados no lugar do lavadoiro, din que "As obras incluíron tanto a limpeza da zona coma o selado do lavadoiro xa que as súas fugas impedían o enchido do mesmo. Amais este colectivo ten proxectado a reparación dunha fonte anexa a dito lavadoiro, xa que o seu estado de deterioro causa a fuga da auga polos seus muros e impide o seu uso".

Fan mención que esta 'acción sorpresa' foi acometida só polo sector de sempregad@s do Colectivo querendo poñer de manifesto "a nosa petición de contratación de desempregad@s por parte do Concello de Ferrol para acometer o mantemento dos bens do mesmo", din.

Continuan no seu argumentario "Outros lavadoiros do municipio foron obxecto de centos de miles de euros de inversión para a súa 'restauración' e lles cambiaron totalmente a fisionomía pasando a ser máis unha nova construción. Non estamos en contra de ditas obras pero pensamos que hai outras obras prioritarias para o noso municipio, por exemplo a creación de beirarrúas nesta zona da comarca".

Por último fan un chamado para quen quixer se una á acción directa, nun novo xeito de mobilización cidadá:"Queremos recordar a tódolos cidadáns concienciados coa deterioración continua dos nosos espazos naturais, patrimonio e espazos públicos, que o noso grupo está aberto á participación".


Antes da acción comunitaria
Despois da acción comunitaria

* * *

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os telefonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/

"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

A Noticia no xornal dixital 'Praza Pública':

"Se o Concello non o fai, facémolo nós"

___________________

xoves, agosto 23, 2012

A policía detén o rapeiro mallorquín Valtonyc polas letras das súas cancións

Tras varias horas en comisaría, Josep Miquel Arenas, Valtonyc, foi posto en liberdade mais con cargos

Non é algo novo no Estado español. Sábeno ben desde grupos de música como Negu Gorriak, Reincidentes ou SA até pallasos como Pirritx eta Porrotx. E cómpre non esquecer a Suso Vaamonde. As letras do que cantas pódenche crear problemas, e non poucos. Vén de sabelo, hai unhas horas, un rapeiro de Mallorca,  Josep Miquel Arenas, Valtonyc, que foi detido pola policía española por mor do que canta, letras contundentes contra a monarquía, a clase empresarial... Todo iso en catalá, claro, máis un 'valor' á hora de ser sospeitoso. Foi posto en liberdade e imputado de dous delitos.


Segundo informan diversos medios, a detención do rapeiro deriva da denuncia da organización Círculo Mallorquín, que considera que as letras do artistas aldraxan diversos estamentos e entidades do Reino de España, alén de entenderen que ameaza de morte varios dirixentes do Círculo. Segundo relata no seu twitter o propio  Valtonyc, unha vez saído da comisaría, os policías ameazárono: "Tu y tu amigo Pablo Hassel (outro rapeiro combativo) lo vais a pagar caro".

No vídeo que acompaña a noticia, o rapeiro balear leva unha camisola do grupo galego de rock proletario Mencer Vermello.


Fonte: Sermosgaliza

A Orde Criminal do Mundo - Paga a pena parar-se a escoitar e ver este interesante documentario, non nos deixará indiferentes - Vídeo


Documentario, moi actual e imprescindíbel para a areflexión e a acción,, realizado polo programa En Portada (da RTVE en 2008), sobre a orde mundial que goberna o mundo actual.

Poucas veces o título dun programa resumiu mellor o seu contido. Porque a chamada orde mundial non só é desapiadada e inxusta, senón criminal. Así o describen dous dos intelectuais máis lúcidos: o escritor uruguaio Eduardo Galeano e o sociólogo suízo Jean Ziegler, apoiados polos testemuños de personalidades que se enfrontan sobre o terreo as consecuencias desa orde criminal.

Seis anos atrás, cando comezamos a rodaxe desta reportaxe de En Portada, nada facía presaxiar as contradicións do capitalismo que acabarían desencadeando na crise financeira máis grave desde 1929, cuxos enormes retrocesos sociais estamos sufrindo. Con todo, xa entón resultaba evidente a perversión internacional do sistema económico, e dunhas institucións políticas sometidas aos designios dese deus cruel, implacable, todopoderoso, que denominamos libre mercado (O Capitalismo).

Galeano e Ziegler cuestionan ese ordenamento, que se presenta como o único razoable e indiscutíbel para construír o mellor dos mundos posíbeis. A inxustiza radical que latexa na base da repartición desigual en que se basea a economía mundial desenvolveu mecanismos amorales de dominio, a partir dunha doutrina -por non chamarlle ideoloxía- sen outros valores que os bolsistas, establecendo unha orde internacional que Ziegler define como mortífero e absurdo e, en palabras de Galeano, 'converteu ao mundo nun manicomio e un matadoiro'.


http://youtu.be/nyJrOcuPaqg


Guión: Vicente Romero
Imagen: Jesús Mata, Miguel del Hoyo
Sonido: Carlos Dias Oliván, Francisco Rueda.

Nota.- Quen son o escritor uruguaio Eduardo Galeano e o sociólogo suízo Jean Ziegler?

Web persoal de Eduardo Galeano:

http://eduardogaleano.org/

Eduardo Galeano no:

Buscador do Google.

Jean Ziegler no:

Buscador de Google.

O documentario no:

Buscador de Google.
________

mércores, agosto 22, 2012

O poder somos todas e todos - Vídeo - Manuel Monereo Pérez


"A peor burbulla en España é a burbulla mental. A sociedade está paralizada, nun dobre estado de shock".

Con motivo da celebración da Academia de Pensamento Crítico en Valencia, Manuel Monereo [*] reflexiona sobre o estado actual das cousas e o camiño cara a un cambio verdadeiro.

[*Manuel Monereo Pérez é analista político, avogado laboralista, investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais, e ex-deputado de Esquerda Unida.


http://youtu.be/qpY3bg-f2cU

Publicado o 18.07.2012 por
_______________

As centrais sindicais volven a mobilizar-se baixo o lema "Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruinen" - Venres 24 de Agosto


As centrais sindicais volven a mobilizar-se baixo o lema "Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruinen".

Desta vez a mobilización consistirá nunha concentración o vindeiro Venres 24 de Agosto, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. A concentración terá lugar ás 12:30 horas, convocada polas centrais CCOO, CIG e UGT

Participa ! Non faltes!


Información baseada pola enviada por:
cig-saude.asf@sergas.es
-cig-saude.asf@sergas.es-
22 de agosto de 2012 14:46

____________

Festival a prol do Ateneo Ferrolán en defensa da súa sede social - Xoves 23 de Agosto no Palco da Música do Cantón

O xoves 23 de agosto a partir das 8 da tarde 
no Palco da Música do Cantón de Molíns.
FESTIVAL EN APOIO AO ATENEO FERROLÁN 
E A SÚA SEDE
musicas, letras, teatro, artes plásticas .... 

Acude e difunde!

No acto participarán coa música, as letras, o teatro, as artes plasticas: O Grupo Raparigos, Eva Veiga, Grupo Zanfonas de Trasancos, Helga Méndez, María Manuela, Tonecho Varela, Guillermo Ferrándiz, Manolo Bacallau, Rubén Artabe, Luis Rapela, Suso Basterrechea.

Dende xa, damoslle as grazas as colaboracións para levar a cabo este acto.


Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña) Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/
Ateneo-Ferrolan/


134569549934117
Faite soci@! Colabora con nos!Para axudas e aportacións económicas:
C.c. en NovaGaliciaBanco, titular: Ateneo Ferrolán
2080.5198.16.3040012213

Enviado por:
Ateneo Ferrolán

22 de agosto de 2012 11:45
______

martes, agosto 21, 2012

Xa son catro as xornadas de traballo na Horta Comunitaria de Caranza


Este Martes 21 de Agosto foi a cuarta xornada na Horta Comunitaria de Caranza. Desde as 6 da Tarde até pasadas as 9 da noite. Preparando a terra, cavando en profundidade e unha capa espesa de palla e herba, para facer unha cama baixo terra. A terra necesita mover-se despois de máis de trinta anos, logo poñer unha cama que garde un pouco de humidade cando se regue ou chova, onde podan ir as raíces. O vindeiro luns 27 de Agosto, nova xornada, mais desta vez @s comuner@s teñen previsto ir até as hortas comunitarias de Canido.

Fotos de Susete'70.

Enlaces relacionados:

___________

luns, agosto 20, 2012

Rolda de prensa de apoio a Lazos - Vídeo


O pasado Luns 20 de Agosto de 2012, o local de Lazos estaba ateigado de xente, representantes de máis dunha vintena de entidades querían amosar o seu apoio público á asociación Lazos Pro Solidariedade - Comité Anti-Sida de Ferrol. Esta entidade está atravesando moitas dificultades de supervivencia por mor dos recortes sociais das diferentes administracións entre as que están o propio Concello de Ferrol. Aínda non chegara o mediodía cando deu comezo a rolda de prensa convocada polo propio Lazos. Despois da benvida e os agradecementos pasaron á lectura de tres comunicados, Carlos Varela, Cecilio e José Torregrosa foron as persoas encargadas de ler os comunicados, o da propia entidade convocante, o das usuarias e usuarios do centro asistencial e por último o das entidades solidarias con Lazos e a súa importante laboura contra a exclusión social, a xustiza e a saúde.

Fotos de Susete'70.

_______________