domingo, maio 19, 2013

Ferrol: pisos baleiros e veciñas sen casa - O Concello retén vivendas públicas desocupadas desde fai anos, mentres 116 familias agardan nunha lista de espera


"Pensaba que nunca na miña vida ía ter unha casa". Silvia Conchado ten 23 anos, un marido que lle saca un puñado de euros á chatarra e nas mareas e tres pícaros de nove, oito e tres anos. Desde que se casou viviu apertada no piso dos seus sogros coa súa prole e dous cuñados. Sen traballo nin máis ingresos que a Risga (Renda de Integración Social), en 2010 solicitou unha vivenda pública no barrio ferrolano de Recimil. Dous anos e catro meses despois, os Servizos Sociais acábanlle de entregar as chaves dun dos 992 inmuebles que o Concello de Ferrol ten neste barrio (879 vivendas e 113 baixos comerciais).

Fai dúas semanas que a familia Suárez Conchado entra e sae a miúdo dun terceiro piso de tres habitacións adxudicado por 30 euros ao mes que lles encanta pero no que aínda non poden vivir. "Non teño mobles nin quentador para bañar aos nenos", explica. Ela estaba no número uno dun listado de 116 familias que teñen adxudicado un piso social nas chamadas Casas Baratas de Recimil. Do 1 ao 30 de decembro do 2010, 267 veciños reencheron unha solicitude que lles esixía, entre outras cousas, levar tres anos censados en Ferrol. 151 quedaron excluídos. Desde entón, adxudicáronse dúas vivendas e os outros 114 beneficiarios esperan impacientes a súa quenda. Algúns, como Pilar ou Laura, en situacións que rozan o drama. Son a cruz que ilustra o paradoxo de que existan pisos públicos baleiros e xente sen casa nin recursos.

Pilar González é octogenaria e analfabeta. Con 85 cumpridos, cobra unha pensión non contributiva de 300 euros e paga 220 de aluguer. Come na Cociña Económica e ocupa o número 37 da lista. Laura García, chilena de 59 anos (é española filla de exiliado), chegou á casa de acollida de Ferrol fai anos co seu bebé de 10 meses fuxindo dun matrimonio que lle deixou profundas secuelas psicolóxicas. "Até o can tiña máis voz que eu", relata. O seu pai, Antonio, foi un dos republicanos galegos que acabou amontoado nun campo de concentración francés do que saíu rumbo a Chile a bordo do Winnipeg, nunha travesía que promoveu o poeta Pablo Neruda en 1939.

"Traballei como unha burra limpando casas pero non coticei nada". Fai 16 anos que vive nunha casa chea de humidades en Ferrol Vello pola que paga 186 euros. Cos 315 euros da axuda social paga o aluguer e mantén a un fillo de 21 que estuda Ingeniería na Universidade. "Non coñezo un cine nin malgasto un céntimo", explica esta muller, que ten que sobrepoñerse a diario a unha depresión crónica. Ocupa o número 65 dunha lista con moitas familias monoparentales como a súa e quédanlle poucas esperanzas de poder mudarse en breve. "Si a xente necesita as casas, por que non as dan?".

Estefanía é o número 23. Con dous fillos de catro e oito anos e un marido en paro, paga "un pastizal" de aluguer (330 euros). Está "farta" de que a mareen e todo lle soa a "tomadura de pelo". Moitos trámites e dous anos de espera para nada. "Fas o correcto, segues os pasos e vai outro e dá unha patada na porta e quédase co piso. Enténdoo, porque hai que buscar un teito para os fillos, pero non é xusto", razoa.

O goberno municipal de Ferrol di que entregará unhas 30 vivendas nos próximos meses. Farao a contagotas e sen datas concretas. Os activistas de Stop Desafiuzamentos fixeron os seus cálculos e defenden que hai polo menos unhas 60 vivendas libres. "Para que adxudican 116 si só van dar 30?", protesta unha afectada.

A penúltima oferta municipal de vivendas en Recimil foi en 1993 e rexíase por un regulamento dos anos 50. O Concello tardou outros 17 anos en reabrir a convocatoria. Case todos os gobernos trataron de poñer orde no padrón de Recimil e frear aos okupas até tapiando con tixolos as portas e fiestras de picos vacantes.

En 2008, o PSdeG empezou un censo que o Executivo actual, do PP, retomou. En marzo, enviaron a unha vintena de axentes voluntarios da Policía Local a facer horas extra de porta en porta por todo o barrio no enésimo intento de saber quen e cantos ocupan cada vivenda, legal ou irregularmente. O titular do contrato non sempre coincide co residente nunha maraña tramposa tecida entre familiares e amigos para beneficiarse de alugueres de renda antiga a prezos case testemuñais que van de 3 a 30 euros, contan as veciñas.

"Sabemos de xente que vive en chalés pero aguantan as casas por si algún día fanlles falta. Hai moito trapicheo con eses pisos, e consentido", denuncia outra.

A irrupción da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, que agrupa aos antidesafiuzamentos e á comisión que reivindica o dereito a unha vivenda digna, elevou a presión sobre o goberno para que responda con feitos ás 114 familias que aínda agardan pola vivenda que se lles adxudicou. Xa interromperon os dous últimos plenos. O 12 de abril plantáronse no rexistro para presentar 34 queixas e din que seguirán pelexando polas súas casas. A semana pasada o alcalde recibiu no seu despacho a unha comisión de activistas e afectados. "Moi cordial pero sen contido. Manteñen que darán 30 casas pero fáltannos outras 86", resume Susana Alaníz, de Stop Desafiuzamentos.

As beneficiarias de vivendas para "familias vulnerábeis" pagarán de 30 a 100 euros mensuais en función dos seus ingresos durante cinco anos prorrogábeis e obriga aos inquilinos a respectar unhas normas de convivencia. Incumprir-las é un dos motivos para rescindir o aluguer. O Concello se reserva dúas casas para realoxar a desafiuzados e outras dúas para casos de emerxencia social que tutelará a Xunta. O Plan de Oportunidades que o rexidor José Manuel Rey Varela publicita como un dos fitos do seu mandato asignou este ano 300.000 euros á rehabilitación dunha decena de pisos en Recimil. Outros 18.000 euros mensuais dedícaos a axudas de emerxencia social: aluguer, facturas e recibos de familias en situacións peliagudas.

Reportaxe de Lorena Bustabad no xornal 'El País' - 19.05.2013
___________________________

sábado, maio 18, 2013

Non queremos ser estranxeiras na propia patria: 17 de Maio de 2013, a defensa do galego volve encher as rúas de Compostela


O outro día o presidente Feijoo dicía de nós que queriamos patrimonializar a lingua. E nós o que lle pedimos a el é iso mesmo: que patrimonialice un pouquiño o Día das Letras. Nós convidamos a todo o mundo que quixer a que se apropie da lingua”. Deste xeito comezaba Carlos Callón o seu discurso ante unha Praza da Quintana ateigada nunha nova manifestación de Queremos Galego no 17 de maio, convocada baixo un lema claro: Non queremos ser estranxeiras na propia patria. No 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, este verso de Rosalía encabezou unha marcha que volveu censurar con dureza a política lingüística da Xunta de Núñez Feijóo.

Nos últimos anos o habitual é que en cada manifestación se sumen novos agravios e decisións do Goberno galego contrarias á lingua. Nesta ocasión de novo o ensino foi protagonista ao coincidir neste venres a aprobación na Lei Wert por parte do Consello de Ministros. “Fálannos de harmonía e de bilingüismo e hoxe, Día das Letras Galegas, o Consello de Ministros aproba unha lei que financia con cartos públicos a ignorancia do noso idioma. Non llo consentiremos”, dixo Carlos Callón, que tamén lembrou que "estes dias van facer 30 anos da aprobación da Lei de Normalización lingüística. 30 anos de incumprimentos e de vulneracións. O galego é a única lingua oficial do Estado Español que perde falantes". Do mesmo xeito, denunciou que os medios de comunicación públicos levaron a cabo “un veto en contra da manifestación”, que non tivo espazo ningún nos informativos de TVG e RG nas pasadas semanas.

Mais neste ronsel de criticas Callón tamén celebrou algunhas "boas novas", coma a toma en consideración da ILP Valentin Paz Andrade: "É moi necesaria e queremos que se aprobe a lei e que se aplique". Ou tamén o feito de que "mantemos a tensión mobilizadora. En Galicia nos últimos anos vivíronse as meirandes manifestacións que se deron en todo o planeta en defensa dun idioma”.

Callón lembrou tamén que “hai milleiros de castelanfalantes que tentan utilizar o galego sempre que poden e onde teñen ocasión. Sabemos que hai moitos falantes de castelán manifestándose aqui hoxe. Porque saben que o galego une e que agora máis ca nunca é necesario que defendamos o noso idioma”. O presidente da Mesa concluíu que “o Día das Letras non é o día para poñer unha máscara e finxir o que despois non se é o resto do ano. O Día das Letras é un día para exercermos os nosos dereitos lingüísticos. A lingua é o noso rostro. O noso rostro individual e o noso rostro colectivo


Milleiros de persoas

Sol e chuvia alternáronse nunha marcha na que "Sempre en Galiza, sempre en galego", "Non renunciaremos á nosa lingua" ou "Nas aulas de Galiza, queremos galego" foron algúns dos lemas máis coreados polos milleiros de pesoas que tamén acusaron a Feijóo de ser "inimigo do galego". Unha vez máis, cando a cabeza da marcha xa entraba na zona vella compostelá, a súa parte final aínda estaban saínda da Alameda para facer un percorrido que cambiou o seu camiño habitual ao non pasar pola rúa Nova, onde se celebraba o acto institucional do Día das Letras por parte da Real Academia Galega.

Os discursos abríronse coa interpretación da Alborada de Rosalía por parte do gaiteiro Emilio da Baña. Rosalía estivo moi presente, tamén na lectura dun poema dos Cantares gallegos a cargo da nena Icía Outeiro, moi aplaudida polos milleiros de manifestantes, o mesmo que a actriz Isabel Risco, que conduciu o acto.

Houbo referencias e críticas máis ou menos veladas ás declaracións realizadas hai uns días polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Por exemplo, animouse a "axuntarse e apertarse fortemente, coma as nais e os pais apertan os fillos e fillas". E, de igual xeito, escoitáronse en varios momentos berros de "Alonso Montero, inimigo do galego".

Na marcha tamén se puideron ver algúns narices vermellos na honra de Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado neste 17 de maio, así como faixas da maioría de formacións políticas galegas, agás o PP, nunha xornada na que a crise tamén tivo presenza. "Sen galego e sen traballo, manda carallo", berraron uns manifestantes que volveron pedir "poder vivir en galego". Nunha das primeiras intervencións dende o estrado díxose unha frase pero que ben podería servir como conclusión: "Bolaño estaría orgulloso de ver así hoxe a praza".


Reaccións dos partidos

O Portavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Abel Losada, salientou que a través da lei de normalización lingüística, “votada por todo o Parlamento”, foise construíndo un consenso que “o Goberno presidido por Feijóo ten rachado de maneira unilateral”. Losada denunciou que o PP antepoña unha ideoloxía “excluínte coa lingua galega” ao que “debera ser un patrimonio de todos”.

Pola súa banda, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, esixiulle á Xunta de Galiza o cumprimento das obrigas estatutarias que lle competen para prestixiar a nosa lingua e para garantir o seu uso no ensino, na xustiza, na sanidade, na administración e na sociedade, en xeral e para garantir o uso da toponimia oficial. Vence tamén puxo de manifesto que a Xunta de Galiza ten que repartir de xeito igualitario os fondos aos medios de comunicación, “tamén para os medios en galego, e non só para os que emiten e publican en castelán”. Ademais, o portavoz nacional do BNG reclamoulle á Xunta de Galiza e a Feijóo que “retiren, dunha vez, o decreto do plurilingüismo, máxime cando foi sentenciado polo TSXG pola ilegalidade e impertinencia nos seus artigos fundamentais”. “É o momento de que o Goberno galego dea un paso atrás na súa estratexia de agresión contra a lingua”, sinalou.

De igual xeito, a executiva nacional de Esquerda Unida considera que “a dereita de Feijóo goberna en contra da nosa lingua” e lembra a Castelao cando dicía que “o apagamento dunha lingua corresponde á dexeneración do pobo que a fala”, pois “aqueles que pretenden relegar a nosa identidade ás catacumbas da dignidade, son os mesmos que renegan do seu pasado. A nosa lingua non se apaga aínda que o goberno de Feijóo teña como un dos obxectivos a destrución progresiva da cultura e da lingua proletaria do noso pobo”.

Pola súa banda, Compromiso por Galicia celebrou este xoves actos polo Día das Letras en Muros e na Coruña. Neste último acto Xoán Antón Pérez-Lema acusou o alcalde Negreira de seguir “o camiño marcado durante 23 anos polo alcalde Vázquez” e afirmou que “a discriminación contra o galego é ilegal, atenta contra os valores do civismo democrático, afástase da tradición liberal e galeguista da cidade e manifesta, ao tempo, unha absoluta falla de atención ás oportunidades sociais e económicas do futuro, como a da lusofonía”.

Publicado en Praza Pública.

_______________________

venres, maio 17, 2013

A Yolanda Díaz pregunta ao Feijoo polas súas perigosas amizades con Marcial Dorado e Manuel Cruz - Vídeo


A vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, preguntoulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, polas súas perigosas amizades co narcotraficante Marcial Dorado e tamén con Manuel Cruz "coñecido en Ferrol polos seus negocios co narcotráfico e ser guerrilleiro de Cristo Rey entre outas cousas". Feijoo evita contestar as preguntas de AGE, mais tampouco nega ningunha das denuncias feitas pola vicevoceira de AGE.


http://youtu.be/Hkd-f95fjCk

Fonte: http://alternativagalega.com/
______________

Trece medios de comunicación presentaron a "Asociación de Medios en Galego"


Un día gozoso para a lingua galega


Trece medios de comunicación -- Radiofusión, Valminor.info, Novas da Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Certo, Que Pasa na Costa, O compás da Costa, Tempos Novos, Terra chá.xa, Crónica 3 e a Nova Peneira-- presentaron a "Asociación de Medios en Galego", unha nova entidade que ten como obxectivo organizarse para manter e potenciar o galego, garantir a pervivencia da lingua nos medios, traballar pola dignificación do xornalismo e procurar vías de financiamento que garantan a súa sustentabilidade.

O acto de presentación tivo lugar este xoves na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela e nel os representantes dos distintos medios destacaron a necesidade de traballar xuntos para loitar pola supervivencia do galego nun tempo de crisis no que, ademais, a Xunta de Galicia, dalle ás costas aos medios que usan esta lingua. A asociación xurdiu a raíz da campaña Vitaminas para o galego. Unha iniciativa que naceu en decembro de 2011 e que ao longo do pasado ano suscitou un importante apoio cidadán, que demostrou a sensibilidade existente na sociedade galega a respeito destas cuestións.Esta asociación --na que tamén pediron o ingreso os xornais A Voz de Vilalva e Cadernos de Comunicación e Análise-- destaca que o galego non é un obstáculo para comunicarse en Galicia. "Por iso queremos reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común. Un espazo que promova novas fórmulas de presenza da lingua e cultura galegas en Europa e no mundo e antes de nada en Galicia", apuntan nun manifesto que deron a coñecer este xoves. "Temos unha lingua propia, unha cultura que nos enriquece, nos diferencia e nos globaliza, unha xente que ama a súa terra e un País que nos une a todos. Por iso, é imprescindible que haxa medios en galego, que a xente os apoie, que os políticos os respecten e que as institucións os axuden. Unha sociedade de seu non pode permitirse o luxo de darlle as costas a unha herdanza de centos de anos", engaden. Por iso, a Asociación de Medios en Galego procurará defender os intereses dos medios de comunicación en galego, contribuir ao proceso de asentamento do sector dos medios de comunicación de información xeral na lingua propia de Galicia, consolidar un espazo de comunicación en galego, fomentar a presenza pública, tanto individual como conxunta, dos medios de comunicación en galego ou promover iniciativas lexislativas e administrativas que beneficien ao sector. Ademais, desenvolverá accións, eventos e campañas de sensibilización tendentes a visibilizar na sociedade a existencia dos medios de comunicación en galego, intercambiará coñecementos e información e promover proxectos comúns que axuden a desenvolver de forma efectiva os fins da asociación e contribuirá ao proceso de normalización lingüística.

Nova Lei de Publicidade Institucional

Outra das finalidades desta nova institución de defensa do galego é abrir canles de diálogo coas distintas administracións públicas, partidos políticos e organizacións profesionais para analizar a actual situación dos medios en galego e artellar unha nova Lei de Publicidade Institucional que teña en conta todo o espectro dos medios que usan este idioma. Tamén, representará ao sector e actuará diante das administracións locais, provinciais, nacionais e estatais en todo aquelo quen afecte aos medios de comunicación en galego.Finalmente, debatirá colectivamente a situación laboral do sector dos medios en galego para mellorar a súa situación e asesorará ás entidades produtoras de medios en galego para facer fronte aos problemas profesionais comúns. Esta asociación, tamén contribuirá á profesionalización do sector de xeito que as empresas se doten de estruturas sólidas que garantan a proxección de cada medio conseguindo a independencia económica

Fonte: http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=14904
__________________________

luns, maio 13, 2013

Axuda Urxente para Lazos - Necesitan Alimentos


LAZOS PRO SOLIDARIEDADE - COMITÉ ANTI-SIDA DE FERROL
NECESITA AXUDA URXENTE
POR FALTA DE ALIMENTOS PARA A SÚA LABOR SOCIAL

A Asociación Lazos Pro Solidariedade, que participa no Encontro Social de Ferrol Terra, é unha entidade sen ánimo de lucro de afectados/as polo VIH, as drogas e de profesionais do ámbito sociosanitario fundada en novembro de 1995. Ademais de enfocar a súa actividade na prevención, información-formación-sensibilización e grupos de auto-axuda, en referencia ao VIH, desenvolve unha actividade asistencial moi importante, como apoio psicosocial, formación e axuda para o desenvolvemento persoal, asesoramento diante das administracións e os xulgados, axuda á inclusión social e laboral, punto de encontro e axuda ao benestar para persoas moi vulnerábeis, ...

Onte sábado 11 de maio de 2013, en Ferrol, Lazos Pro Solidariedade lanzaba un SOS, porque se lle remataban as existencias de alimentos coa que realiza a súa labor social. Solicitaban axuda urxente, pois no seu local social almorzan entre 35 e 50 persoas todos os días, un pouco de leite, galletas, café, azucre. Ademais tamén axudan a unhas 70 familias, sen recursos, que atenden no seu Programa e para levar a casa. Para estas fai falta leite, azucre, galletas, colacao e algo de pasta, pois parece ser que o banco de alimentos, non lles vai facilitar alimentos até dentro de dous ou tres meses. É por iso que demandan solidariedade a quen poida  e desexe achegar alimentos ao seu local social.

Ferrol, 12 de Maio de 2013

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

PARA A ENTREGA DE ALIMENTOS:
Local de Lazos
Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol
Teléfonos: 981350777-698147975
Correo electrónico: comiteantisidaferrol@gmail.com

Horario de atención:
  • de 09.30 a 13.30 Luns a Venres (días laborais)
  • de 16.00 a 20.00 Martes e Xoves (días laborais)

--

Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
13 de maio de 2013 21:23
________________

domingo, maio 12, 2013

Autoconvocatoria: Asemblea Aberta a toda a cidadanía para abordar o asunto do malgasto de máis de 812.000 euros na Praza de España - Este martes 14 de Maio, ás 7 da tarde, na Escola de Idiomas de Ferrol


O goberno municipal de Ferrol, pretende gastar por enésima vez, centos de miles de euros nunha nova remodelación da Praza de España, cando xa se levan dilapidados máis de 16,5 millóns de euros, segundo medios de prensa.

Das 15 empresas que optaban a facer a obra de remodelación, foi seleccionada, a UTE (Unión Temporal de Empresas) formada por Extraco S.A. e Prace Servicios y Obras S.A. que rebaixou a oferta en case 100.000 euros, con respecto á cantidade fixada no prego de condicións, que ascendía a 916.000 euros. A remodelación da Praza terá un custo inicial de 812.000 euros, máis os xa gastados 56.000 euros que custou o proxecto, segundo datos facilitados desde o propio Concello.

Desde hai tempo diferentes entidades veciñais, sociais e culturais, veñen opoñéndose ao malgasto na Praza. Tamén os tres partidos da oposición. Mesmo nos últimos meses o Colectivo Cidadá 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos' ven denunciando este malgasto  "... comunicámoslles que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa para impedir que esa obra se execute. Pedimos a colaboración de toda a cidadanía de Ferrol para que nos axuden a parar este despropósito".

A maioría das entidades opositoras ao malgasto, consideran que os centos de miles de euros, que se pretenden gastar na Praza de España, non se deben gastar aí, pois hai outras necesidades urxentes e algunhas de actuación inmediata que se deben de abordar xa. Sobre todo, Ferrol que ten un índice enorme de desemprego, segundo a EPA, máis do 32%, necesita que o diñeiro que se pretende dilapidar nunha nova remodelación da Praza, podería-se empregar, principalmente, en atender os problemas de emerxencia social e en xerar emprego.

Autoconvocatoria


En réxime de Autoconvocatoria, vai ter lugar unha Asemblea Aberta a toda a cidadanía e a todo o tecido asociativo, no salón de actos da  Escola de Idiomas o martes 14  de maio ás 19:00hs, para abordar o asunto do malgasto de máis de 812.000 euros nun novo proxecto de remodelación da Praza de España.



____________

Quen matou ao Crecemento Económico - Vídeo


Corto animado de 6 minutos producido polo Post Carbon Institute e a editorial New Society. Trátase dun resumo do suscito central proposto polo último libro de Richard Heinberg titulado "O Fin do Crecemento", narrado polo mesmo autor. O video mostra con claridade que estamos ingresando nun novo paradigma completamente diferente a todo o coñecido, no cal xa non poderemos dar por sentado que a economía global e todas as actividades humanas do presente seguirán o seu rumbo de crecemento exponencial sen fin: Os límites naturais existen, e estámonos topado con eles.

Subtitulada en español pola Rede da Transición da Comarca Andina, Patagonia (Arxentina).

Quen Matou ao Crecemento Económico de Horatiux on Vimeo.

Máis información na páxina do noso sitio web dedicada ao libro que é a base deste curto:

sites.google.com/site/sinpetroleo/biblioteca/heinberg4

Enviado por:
Miguel Anxo Abraira
https://www.facebook.com/miguelanxo.abraira
10 de maio de 2013 08:34

__________________

sábado, maio 11, 2013

O Grupo Municipal de EU insta ao goberno á modificación dos orzamentos para destinar partidas de obras á creación de emprego e á atención de necesidades sociais


O Grupo Municipal de EU insta ao goberno á modificación dos orzamentos para destinar partidas de obras á creación de emprego e  á atención de necesidades sociais.
Suso Basterrechea, coordinador local de EU, considera unha falta de respecto aos/ás desempregados/as da nosa cidade que centos de miles de euros das arcas municipais sexan dilapidados en obras puramente ornamentais.
O voceiro Javier Galán afirma que queda demostrado, pola vía dos feitos consumados, que o alcalde,Jose Manuel Rey Varela,abandonou a loita polo emprego en Ferrol, cunha taxa insostible do 32%.

O grupo municipal de EU sentencia tallante: os criterios de gasto público do Concello de Ferrol e  cruel e antipolítica, xa que entendemos a política no sentido clásico, como a tarefa de acadar o ben común. Agora ben, o Partido Popular parece entender a política como un exercicio de tanatoestética, é dicir, a maquillaxe dos mortos. Na regresión histórica que se nos propón como saída económica quizais, para algúns, que xa pensan na volta dos faraóns, embalsamar e momificar serán actividades de futuro.

A cidade esmorece. Os comercios pechan. As gradas de Navantia perduran baleiras. Os servizos sociais esfúmanse cara outra cidade ou  déixanse morrer por asfixia económica. Os salarios baixan, os prezos públicos e privados suben. Os dramas persoais de xente sen recursos galopan sobre as conciencias da caste política. Mentres todo isto é a vida real, o alcalde sorrí nos barrios prometendo captación de comercios, grandes avenidas, prazas magníficas e a grandilocuente humanización da cidade, iso que veñen en chamar Ferrol 2020.

Sr Alcalde: para que  unha cidade se cualifique como  humana o primeiro que debe facer e cargar de dignidade aos seus habitantes. Nunha situación de emerxencia social, económica e política, soterrar os problemas non é propio do mandato ao que o somete a cidadanía, e un incumprimento manifesto do cargo que ostenta e causa obxectiva de dimisión por incapacidade sobrevida.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida esixe un cambio de rumbo e as modificacións orzamentarias suficientes que permitan espertar a cidade non no estético, senón no ético e, en consecuencia, instamos a dotar partidas para:

1.- A creación dun Plan de emprego municipal. Nunha cidade coa taxa de desemprego máis elevada do país non contamos ni tan sequera con orientadores laborais, tendo que acudir os/as ferroláns/ás a cidades veciñas como Narón, para poder recibir ese servizo de atención básico no momento actual.
2.- Un Plan retribuído de formación e outro de reciclaxe laboral para desempregados/as de máis de 50 anos. A renda básica para a cidadanía, máis alá da burocratización dun RISGA imposible, é un dereito a conquistar, unha inversión en dignidade máis rendible en termos sociais que seguir queimando o erario público nunha Praza de España, estandarte da política ornamental inservible para os dereitos básicos: vivenda, sustento, traballo.

3.- Poñer ao servizo da cidadanía a riqueza social da que dispón a cidade: as vivendas de Recimil, rehabilitadas debidamente e con garantías públicas de función social.

4.- Reducir a externalización de servizos, eufemismo que agocha a entrega de servizos que deberían ser públicos a empresas amigas, e activar a Bolsa de emprego do Concello, que xa existe pero se conserva en formol en sotos ocultos, mentres contratas e subcontratas precarizan o emprego derivado dos servizos municipais.

Está moi ben visitar os barrios, previamente hixienizados, como salmóns postos no anzol do mandatario, pero mentres o alcalde sorrí anunciando inversións millonarias nas pedras da cidade, miles de desempregados nas mesmas casas dos barrios que visita, soportan o peso de mundo, e permanecen abandonados a súa sorte pola inacción municipal. Dende EU, pedimos a dimisión por dignidade política do alcalde de Ferrol, as súas políticas quedou demostrado que non serven, que provocan indignación e carraxe, e que debe deixar paso a outras alternativas que gobernen dende o fondo dos problemas da xente e non dende as formas da mercadotecnia.

Grupo Municipal de Esquerda Unida.

Ferrol a 11 de maio de 2013

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
11 de maio de 2013 16:51

_______________

Festa, Cambio de Tempada, na Tenda de Troco, este Sábado 11 de Maio, desde as 12 do mediodía


Festa, Cambio de Tempada, na Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega


Día: Sábado 11 de Maio de 2013.
Hora: Desde as 12 do medio día
Lugar: En Caranza (Ferrol) na Traseira do Mercado Municipal

Co motivo do cambio de tempada na tenda queremos convidarvos a una festa este sábado 11 de Maio a partir das 12 do mediodía así que ir alixeirando os armarios chegou o tempo da manga curta e dos tirantes

Ademais faremos "De Troco un pouco" isto quere dicir que trocaremos roupa na tenda como vimos facendo ate agora e no espacio exterior poderemos trocar entre nós outros obxectos (libros, xoguetes, discos, material deportivo, ferramenta...) tamén propoñemos aproveitar esta ocasión para trocar sementes xa que estamos no tempo de plantar.

Como noutras ocasións cada un pode levar algo para picar e sería estupendo que viñese acompañado da receita así tamén as trocamos,alí haberá bebidas a prezos moi económicos.

Animádevos a pasar una boa xornada facendo "De Troco un pouco"!.

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:
Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)

web:
http://tendadetroco.blogspot.com.es/

Facebook:
http://www.facebook.com/detroco.armeria

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/153341068178655/
_____________

xoves, maio 09, 2013

Concentración 'Salvemos A Malata', na Praza do Concello de Ferrol, este Venres 10 de Maio


Esixamos que o tren vaia polo norte. Non á morte da Malata!! non ao tren pola alternativa Sur.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/545521628819379/

Blogue:
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/

No facebook:
https://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538
____________

Galiza é unha mina - DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15280


Galiza é unha mina.


CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ANUNCIO do 1 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Julia 2 número 7155.

Partillo mapa coa zona subliñada.

Na zona de dereitos mineiros, dúas igrexas, centos de vivendas, paraxes naturais inesquecibles...

Mentres a Xunta prepara o plano sectorial de actividades extractivas:

Nacho
Verdegaia
Rede Galiza Non Se Vende

Enviado por:
Jorganes
-jorganes@gmail.com-
8 de maio de 2013 21:34

_______________

FSM 2013: O modelo de desenvolvemento - Maria Saludas por attactv - Vídeo


FSM 2013: O modelo de desenvolvemento / Maria Saludas por attactv

O crecemento de América Latina séguese medindo con indicadores como o PIB, un indicador que nada di sobre como se produce, para quen e que se produce. O modelo de inserción global coloca a América Latina no rol de productor de materias primas, onde prolifera entre outros o extractivismo salvaxe para a exportación onde os únicos beneficiados son as grandes corporacións. María Elena Saludas reflexiona sobre un modelo de crecemento infinito dentro dun planeta finito e sobre as relacións entre poder político e poder económico. María Elena Saúdas é membro de Attac Arxentina.


FSM 2013 - O modelo de desenvolvemento / Maria... por attactv

Fonte: http://www.attac.tv/

Enviado por:
ATTAC.TV
attactv@gmail.com
8 de maio de 2013 20:47
____________________

mércores, maio 08, 2013

9 de Maio. Folga Xeral no Ensino contra a LOMCE - Non á Reforma Wert


Dúas plataformas cidadáns conformadas ambas por sindicatos e organizacións relacionadas coa comunidade educativa, convocan a Folga Xeral deste Xoves 9 de maio de 2013, mais as mobilizacións na rúa irán por separado. A convocatoria é estatal e galega, mais parece que as plataformas reivindicativas non encaixan ou non se quixeron encaixar. De todos os xeitos, en Ferrol, quen quixer pode participar nas dúas convocatorias pois unha vai ter lugar pola mañá e outra pola tarde.

Trta-se de rexeitar a LOMCE.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para as 11:30hs, desde a Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta.

Pola tarde quen convoca é a a Plataforma en Defensa do Ensino Público, ás 19:30hs, tamén desde a Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta.

Para máis información:
____________

ADEGA informa de vindeiros eventos e actividades: Roteirrios polos canóns do Sil e o Mao; Terra, Mar e Xente 'Xornada sobre o Territorio; e Debate da ILP sobre o Reciclaxe no Parlamento Galego


ADEGA-Informa: Vindeiros eventos e actividades


→11 e 12 de maio: ROTEIRRÍOS 2013 POLOS CANÓNS DO SIL E DO MAO (RIBEIRA SACRA)

sil.jpg
A fin de semana do 11 e 12 de maio o Proxecto Ríos organiza o segundo Roteirríos do 2013. Desta volta achegarémonos á bacía do Sil para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade. O roteirríos será de dous días, a noite do sábado ao domingo a pasaremos no Albergue da Fábrica da Luz en Parada de Sil, equipamento turístico aberto recentemente ubicado nunha antiga fábrica da luz deste concello.

Entre as actividades previstas está o sábado 10 un roteiro polo Canón do río Mao, dende Forcas até a Fábrica da Luz e o domingo 11 realizarnos un percurso circular polo Canón do Sil.

O prezo da estancia é de 21€ e inclúe a cea do sábado, a durmida en liteiras e o almorzo do domingo: http://afabricadaluz.com/. O número de prazas é limitado se estás interesada/o en participar podes inscribirte por teléfono 981.57.00.99 ou por correo electrónico ( ramses@adega.info ).

PROGRAMA


Sábado 10
11.00h Comezo do Roteiro en Forcas
12.30h Baixada ao río Mao
13.30h Xantar
15.00h Continuamos o roteiro
17.30h Parada nas tumbas antropomórficas
19.30h Chegada ao Albergue
21.30h Cea
Características do roteiro do sábado: A lonxitude aprox. é de 7 km. O percorrido é moi sinxelo xa que iremos todo o tempo pola antiga levadada da Fábrica da Luz que sigue a curva de nivel (700msnm) que nos ofrecerá unhas vistas impresionantes do Canón do Mao. Abandonaremos a levada para descender até o río a comer (este será o único tramo un pouco máis complicado) e despois retomaremos o camiño para seguir até o albergue.

Domingo 11

9.00h Almorzo
10.30h Comezo do Roteiro en Parada de Sil
13.30h Chegada ao Mosteiro de Santa Cristina e xantar
15.00h Continuación do roteiro
17.00h Chegada a Parada de Sil
Características do roteiro do domingo: A lonxitude aprox. é de 12 km. O itinerario é circular e percorre varias aldeas e lugares da parte ourensana da Riberia Sacra, podendo desfrutar das vistas do Canón do Sil.
Durante os dous percorridos iranse facendo paradas explicativas sobre a zona, biodiversidade, etc.


→11 de maio, sábado: TERRA, MAR E XENTE. XORNADA EN DEFENSA DO TERRITORIO EN COMPOSTELA

alt

Data: 11 maio 2013, 10.00-19.00 horas.
Lugar: Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Parque de Vista Alegre, Rúa Salvadas. Santiago de Compostela.

Organiza: BNG, Fundación Galiza Sempre e Os Verdes (Alianza Libre Europea)

PROGRAMA
:

10.00: Inauguración
  • Ana Miranda, Eurodeputada do BNG.
  • Xesús Veiga, Presidente da Fundación Galiza Sempre.
  • Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.

A TERRA

10.30-11.30: Conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade
Modera: Ana Pontón, Deputada responsable de medio ambiente do BNG no Parlamento galego
Participantes:
  • Daniel López Vispo, Profesor. Membro de Adega.
  • Fins Eirexas, Responsable de enerxía e cambio climático de Adega.
  • Alfredo López. Membro de CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).
Debate: Conclusión e propostas.

11.30-12.30: Desenvolvimento rural, política forestal, transxénicos
Modera: Tereixa Paz, Deputada do BNG, responsable de agricultura no Parlamento galego.
Participantes:
  • Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
  • Xurxo Álvarez, Presidente de Federación Rural Galega (FRUGA).
  • Colectivos Fragas do Eume.
  • Miguel Méndez. Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Debate: Conclusión e propostas

12.30-13.30: Problemática da minería en Galiza
Modera: Carme Adán, portavoz de Industria do BNG no Parlamento galego.
Participantes:
  • Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009.
  • Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, experta en dereito medioambiental.
  • Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental.
  • Francisco García Trigo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
Debate: Conclusión e propostas

13.30-14-30: Pausa para xantar

A AUGA

15.00-16.30: Saneamento integral do litoral mariño e dos ríos, xestión e protección das costas e espazos fluviais.
Modera: Ana Miranda, eurodeputada do BNG
Participantes
  • Luis Rodríguez, presidente Asoar-Armega de pesca artesanal e marisqueo.
  • Serxio Regueira, Presidente da Plataforma Saneamento Ria de Vigo.
  • Manuel Cao, Patrón Maior Confraría de A Coruña-Plataforma Saneamento da Ría do Burgo.
  • Joam Luis Ferreiro Caramés, Biólogo da Confraría de Barallobre.
  • Antón Masa. Plataforma Defensa Ría de Pontevedra.
Debate: Conclusión e propostas.

A XENTE

16.00-17.30: Xestión de residuos: situación actual, Iniciativa Lexislativa Popular, alternativas á incineración e outras experiencias de fóra de Galiza.
Modera: Mar Vila, membro da Executiva nacional do BNG.
Participantes:
  • Manuel Soto Castiñeira, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña.
  • Marta Domínguez, técnico de proceso do Complexo Medio ambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
  • Joan Marc Simon, director executivo de Zero Waste Europa.
  • Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa.
Debate: Conclusión e propostas.

17.30: Proxección do filme "Trashed", producido por Jeremy Irons, que aborda o problema da xestión de residuos a nivel planetario.

19.30: Clausura da xornada
  • Ruben Cela: Portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela. (pc)
  • Tania Ameneiro: Coordinadora Técnica da Fundación Galiza Sempre


→14 de maio, martes: DEBATE DA ILP DA RECICLAXE NO PARLAMENTO GALEGO

Por segunda vez na historia do Parlamento, este vindeiro martes 14 de maio a partires das 10:30h vaise debater unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre os residuos, co obxecto de que a Xunta cumpra as leis e adique recursos á redución, reutilización, reciclaxe (3Rs) e compostaxe en troques de seguir financiando a incineración de SOGAMA.

Co respaldo de case 22.000 galegos e galegas que queremos outra política de xestión de residuos máis ecolóxica e solidaria, o voceiro da Comisión Promotora o prof. Manuel Soto Castiñeira, catedrático de Enxeñaría Química da UDC, subirá á tribuna do Parlamento a defender un ambiente máis san para todos e todas.

Acode este martes14 ao Parlamento para amosares o teu apoio á proposta e faille ver á Xunta que a incineración e o vertido que perpetra SOGAMA cos nosos residuos é, ademais de caduco, contaminante e caro, un sistema contrario ás leis que promoven a reciclaxe.

Participa na concentración de apoio fronte ao Parlamento este martes 14 a partires das 10:30h

Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info , en Facebook e Twitter.

Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-
8 de maio de 2013 19:12
_____________

En Bolivia, segue a grave situación, unha folga mineira pode rematar en Golpe de Estado

BOLIVIA E UNHA FOLGA QUE PODE TERMINAR EN GOLPE DE ESTADO // SEGUE GRAVE A SITUACIÓN

8 de maio 2013
  • BOLIVIA E UNHA FOLGA QUE PODE TERMINAR EN GOLPE.
  • FRONTE Aos ACONTECEMENTOS GRAVES QUE SE ESTÁN PRODUCINDO EN BOLIVIA, ONDE UN SECTOR DA COB MAGNIFICA UNHA MEDIDA DE FORZA.
  • POR REIVINDICACIÓNS QUE SE PODEN SOLUCIONAR TRANQUILAMENTE NUNHA MESA DE DIÁLOGO CO GOBERNO POPULAR, É NECESARIO ESTAR.
  • ALERTAS PARA QUE ESTA SITUACION NON DERIVE NUN GOLPE DE ESTADO.
  • DESPUES DO FALECEMENTO DE HUGO CHÁVEZ, É EVIDENTE QUE O IMPERIALISMO ESTÁ ACELERANDO A SÚA MARCHA PARA DESESTABILIZAR NON SÓ A VENEZUELA
  • SENÓN A TODOS OS GOBERNOS QUE O ENFRONTAN. RECIENTEMENTE O PRESIDENTE EVO MORALES EXPULSOU Á USAID YANQUI DE BOLIVIA, E AGORA, "CASUALMENTE".
  • ESTALA ESTE NOVO CONFLITO.
  • TODO TEN QUE VER CON TODO.

SOLIDARIEDADE CO POBO E O GOBERNO DE BOLIVIA!!

RESUMO LATINOAMERICANO

URXENTE BOLIVIA


Ministro de Goberno informa de 100 detidos e exhibe explosivos que transportaban nunha ambulancia

La Paz, 8 maio (ABI).- O ministro de Goberno, Carlos Romeu, informou o mércores nunha conferencia conxunta cos ministros de Economía e da Presidencia, que nos últimos operativos da policía, para evitar as mobilizacións violentas dos mineiros que dinamitaron a ponte de Cayhuasi, detivéronse a 100 persoas que pasarán ao Ministerio Público para a correspondente investigación e mostrou a ambulancia decomisada aos mobilizados na que transportaban máis de 375 quilos de explosivos.

Romeu cualificou a mobilización de violenta contra a poboación, contra a policía boliviana, que para evitar prexuizos nas persoas que necesitan viaxar habilitou rutas alternas para facilitar o desprazamento e evitar o conxestionamento vehicular.

'Secuestrouse unha ambulancia equipada para prestar auxilio á poboación pero estábase trasladando unha gran cantidade de anfo e de dinamita, 15 bolsas con peso de 25 quilos, equivalente a 375 quilogramos desa sustancia química cun poder multiplicador e expansivo da dinamita', explicou, para graficar o perigo que supón manexar esa cantidade de explosivos que, segundo un informe técnico, estableceu que ten un gran efecto destrutor.

O Ministro de Goberno recordou que está en vixencia un Decreto Supremo que prohibe utilizar explosivos en mobilizacións sociais que foi aprobado polo Goberno logo da morte dun mineiro tralo enfrontamento entre mineiros cooperativistas e asalariados na Paz.

Romeu explicou que malia a tarefa de persuasión da policía, para evitar a violencia que 'podería terminar coa vida de persoas inocentes', os mineros responderon con dinamitas, pedras e paus, e particularmente os mobilizados na ponte de Cayhuasi que, ao influxo de bebidas alcohólicas e antes a desesperación de que o tránsito vehicular era normal, dinamitaron a estrutura desa ponte 'que sufriu danos considerables'.

'Procedeuse á detención de polo menos 100 persoas que portaban dinamitas, pedras, provocando ás persoas e aos policías. Pasarán ao Ministerio Público, tamén se ha decomisado un minibús con outra cantidade de dinamita e outra ambulancia na que se desprazaba xente con algo de material explosivo', explicou.

Romeu asegurou que esa situación é preocupante porque ademais identificouse que algunhas persoas están intentando alterar a orde 'atacar e agredir á policía co afán de alcanzar notoriedade e vitimizar a mobilización'.

'Chamamos a que reflexionen, este non é o camiño que se debe seguir para expresar unha acción colectiva', subliñou ao asegurar que o Goberno non pechou o diálogo e suscitou varias propostas para resolver a demanda de modificación da Lei de Pensións, nó central da mobilización.



Ministro Quintana di que hai dirixentes da COB que expresan linguaxe de vez de Estado

A Paz, 8 maio (ABI).- O ministro da Presidencia, Juan Ramón Quintana, dixo o mércores que hai dirixentes da Central Obreira Boliviana (COB) que están expresando unha linguaxe de vez de Estado, segundo constatou o Goberno en discursos antidemocráticos deses líderes sindicais.

'Hai dirixentes que están expresando a linguaxe do golpe de Estado, porque escoitamos a dirixentes da Central Obreira Departamental de Cochabamba dicir, que así como subímolo ao Presidente Evo (Morais), ímolo a tombar, ese é a linguaxe golpista, ese é a linguaxe antidemocrático, ese é a linguaxe que usurpa a soberanía popular', denunciou.

En conferencia de prensa ditada en palacio de Goberno, Quintana advertiu que algúns dirixentes da COB 'están torcendo a verdade' sobre o incremento do fondo solidario para incentivar o conflito e a radicalidade.

Quintana pediu aos traballadores mobilizados que sexan 'moderados nas súas linguaxes e afástense de calquera tentación golpista'.

'Pedirlles que non se acheguen peligrosamente aos proxectos golpistas aos que xa nos afixeron o 2008, os prefectos golpistas e separatistas', dixo.

Indicou que a linguaxe do golpismo e as ameazas de toma institucións públicas son 'sinais de intolerancia antidemocrática e dunha inclinación perigosa á desestabilización'.

'Queremos reiterar o noso pedido de dialogo de que retorne a COB á mesa de traballo, evitemos o suicidio colectivo de Huanuni e pedir algúns dirixentes da COB que se parezan máis ás súas bases e afástense das tentacións de violencia, de golpismo, de toma de institucións públicas como o sinalaron de xeito temeraria', instou.

A COB reclama unha renda de xubilación de ata 8.000 bolivianos para os mineiros que aportaron 35 anos e de 5.000 bolivianos para outros sectores; en contrapartida, o Ministerio de Economía suscitou un máximo de 4.000 para o sector mineiro e de 3.200 para os demais asalariados.


Ministro Quintana: mineros de Huanuni están acelerando un suicidio colectivo ao acatar paro da COB

La Paz, 8 maio (ABI).- O ministro da Presidencia, Juan Ramón Quintana, afirmou o mércores que os traballadores da Empresa Minera de Huanuni (EMH) están acelerando un 'suicidio colectivo' e a destrución da súa propia fonte de emprego ao acatar o paro convocado pola Central Obreira Boliviana (COB).

'Dicirlles aos compañeiros mineiros que con este paro están acelerando un suicidio colectivo e a destrución da súa propia empresa, están acelerando a cancelación da súa propia fonte de emprego', dixo nunha conferencia de prensa.

O luns, a Central Obreira Boliviana (COB) iniciou un paro xeral de actividades, ademais do bloqueo de camiños, que desde onte se masificou coa participación dos traballadores mineiros.

As medidas de presión do ente matriz dos traballadores están orientadas a lograr unha xubilación de 8.000 bolivianos para os traballadores do subsolo e 5.000 bolivianos para o resto dos sectores.

Quintana revelou que a empresa Huanuni, que emprega ao redor de 5.000 traballadores, atravesa un período perigoso na súa economía desde o mes de febreiro, a raíz da baixa dos prezos dos minerais e que co paro de actividades estaríase alcanzando unha 'catástrofe'.

'Huanuni está ao bordo do colapso económico, xa sexa polos altos costos laborais que ten esta empresa, pola baixa na cotización dos minerais e hoxe día agrégase este escenario de alto risco, escenario do paro', sostivo.

Precisou que un só día de paro de actividades nese centro mineiro, que foi nacionalizado en outubro de 2006 e posteriormente, en 2008, foi declarada como empresa pública nacional estratéxica mediante decreto, xera a perdida de medio millón de dólares.

'O Ministro de Minería (Mario Virreira) foi absolutamente claro e sinalou que por día de paro laboral en Huanuni pérdese medio millón de dólares e xa son tres días que temos parado Huanuni e polo tanto o risco do seu colapso é inminente', advertiu.

Nese sentido, o Ministro da Presidencia cuestionou a actitude dos traballadores desa empresa, e indicou que no canto de parar os seus labores, deberían 'preservar este patrimonio, as súas fontes de traballo, os seus ingresos para as súas familias e preservar a económica de Huanuni e as áreas circundantes'.

'Convocamos aos compañeiros mineiros de Huanuni a que retornen ás súas fontes de traballo, a que protexan a súa fonte laboral, a que protexan o seu patrimonio económico', dixo Quintana.

Ademais, informou que o Goberno non transferirá 'nin un só centavo' a esa empresa minera, para solucionar a súa situación económica, porque 'hoxe (os traballadores) son responsables dos que poida ocorrer nesa empresa', declarada como estratéxica.


Mineros fixeron 'voar' a ponte de Caihuasi



La Paz, 8 may (ABI).- O viceministro de Réxime Interior e Policía, Jorge Pérez, confirmou o mércores que os mineiros mobilizados na localidade orureña de Caihuasi destruíron a ponte desa zona.

A autoridade, en contacto con radio Panamericana, dixo que 'entendemos as mobilizacións, pero xa destruír pontes por onde pasa o transporte público e privado é un dano terrible á economía do país, aos bolivianos e á produción'.

O luns, a Central Obreira Boliviana (COB) iniciou un paro xeral de actividades, ademais do bloqueo de camiños, que desde onte se masificou coa participación dos traballadores mineiros.

As medidas de presión do ente matriz dos traballadores están orientadas a lograr unha xubilación de 8.000 bolivianos para os traballadores do subsolo e 5.000 bolivianos para o resto dos sectores.

Pérez deplorou o que sucedeu e informou que hai dous uniformados feridos, aínda que dixo que aínda a Policía traballa no lugar co obxectivo de repoñer a circulación vehicular.

Agregou que os bloqueos na Apacheta (estrada La Paz-Oruro) e en Caracollo foron despexados xa que logo ambas rutas atópanse expeditas.

Os únicos puntos obstaculizados, mencionou son a avenida Branco Galindo en Cochabamba onde os bloqueadores pediron á Policía permanecer un par de horas máis e en Bermejo, Tarija.

Finalmente a autoridade considerou que debe prevalecer o diálogo para solucionar calquera demanda.


Dirixente campesiño condena actitude violenta de mineiros que destruíron unha ponte e queimaron cultivos

Oruro, 8 maio (ABI).- O dirixente da Federación Sindical Única de Traballadores Campesiños de Oruro (FSUTCO), Sabino Pizarro, condenou o mércores a actitude 'delincuencial dos mineros' que, con explosivos destruíron a ponte sobre o Río Lequepalca, entre Cayhuasi e Caracollo, ademais de queimar varios cultivos da zona.

'Está ben que reivindiquen as súas demandas pero que non prexudiquen os sembradíos de alfalfa, cebada, faba, pastizales para o gando que foron queimados e pisoteados, ademais constitúe un acto de terrorismo o destruír unha ponte. Que non esperten ao león durmido, poderíanse arrepentir', advertiu á ABI.


Ministro de Traballo pide á COB non 'encapricharse' coa violencia e acudir ao diálogo


La Paz, 8 maio (ABI).- O ministro de Traballo, Daniel Santalla, pediu o mércores á Central Obreira Boliviana (COB), non 'encapricharse' coas marchas, bloqueos e actos de violencia, senón acudir ao diálogo co Goberno para buscar unha saída racional ás súas demandas.

'Lamentablemente o capricho dalgúns dirixentes da COB, non son todos, son algúns os que primeiro chaman a esta mobilización que non foi total e agora non queren negociar cos ministros', dixo aos xornalistas.

Este mércores cúmprese o terceiro día da folga xeral indefinida que declarou a COB en demanda dun incremento ás rendas de xubilación.

'Estámoslles convocando a eles, para que de xeito social e fraterna podamos restablecer o diálogo', agregou Santalla.


Mobilizacións intentan cercar a cidade de Cochabamba


Cochabamba, 8 maio (ABI).- Por instrucións da Central Obreira Boliviana (COB) as mobilizacións aproxímanse á cidade de Cochabamba co propósito de cercar a cidade, con centos de persoas que demandan a modificación da Lei de Pensións, mentres a policía permanece expectante en varios puntos da cidade, constatou un xornalistas da ABI.

'Ao momento, temos como oito puntos de bloqueo. Na cidade de Cochabamba, temos polo Río Rocha e o distribuidor Muyurina e polo Río Huayculi. Hai outros dous pola ponte Tacata en Quillacollo', informou o sub comandante departamental da Policía, Alberto Suárez.

Explicou que a policía ten a orde de facer só seguimento nos puntos do corte do tráfico de motorizados, aínda que dixo que actuará, si xorden accións de violencia contra a propiedade pública, motorizados do transporte público ou contra os transeúntes.

O xefe policial informou tamén que chegou un 'forte' continxente policial desde Santa Cruz, para reforzar as tarefas de vixilancia e posibles intervencións nos puntos de bloqueo.

Mentres tanto, miles de persoas transitan por vías alternas entre a cidade de Cochabamba e Quillacollo, aínda que decenas de camións de alto tonelaxe.

Resumo Latinoamericano e do Terceiro Mundo
Diarios de Urxencia
Director: CARLOS AZNAREZ
www.resumenlatinoamericano.org
http://resumenlatinoamericano.blogspot.com/
A contrainformación ao día.
Información, opinión e denuncia de Latinoamérica e o Terceiro Mundo.

Fotos:
RSL ABI
O ministro da Presidencia, Juan Ramón Quintana (Foto:ABI)
O ministro de Traballo Daniel Santalla (Foto: Arquivo)
Mobilización de traballadores mineiros (Foto: Ilustrativa/ABI)
Axencias

Enviado por:
Resumen Latinoamericano
resumen@nodo50.org
8 de maio de 2013 19:51

___________

Á folga do ensino do 9 de Maio cómpre ir masivamente para rexeitar o ataque dos gobernos da oligarquía contra os servizos públicos

9 DE MAIO, EN TODO OS CENTROS DE ENSINO, FOLGA!

A folga é a ferramenta que temos @s traballadores para amosar a nosa forza.

Á folga do ensino do 9 de Maio cómpre ir masivamente para rexeitar o ataque dos gobernos da oligarquía contra os servizos públicos, que queren privatizar en aras dos beneficios dos grupos empresariais privados, convertendo á mocidade obreira e popular en man de obra barata e obrigando ás familias a endebedarse para poder custear aos seus fillos uns estudos básicos.

Decimos NON á LOMCE

porque

-pon á educación ao servizo da patronal

-financia á privada cos cartos públicos

-impón aos centros públicos criterios de xestión de empresas privadas

-promove a competitividade entre centros de ensino

-coloca unha carreira de obstáculos aos/ás estudantes con menos recursos

-empeora as condicións laborais dos traballadores do ensino e do persoal de servizos

A LOMCE afonda na liña das anteriores reformas educativas ditadas pola Unión Europea para mercantilizar o sistema educativo en todas as súas etapas.

@s comunistas non queremos a volta a etapas anteriores, á LOE ou á LOGSE: defendemos a educación pública como parte da nosa loita por un sistema educativo alleo á lòxica capitalista, ao servizo da clase obreira e do pobo traballador. Libre do dominio da oligarquía parasitaria e dos monopolios capitalistas.

Cómpre ligar a loita do sector educativo á loita do conxunto de traballadores do resto de sectores, tanto públicos como privados, para deter a agresión que estamos sufrindo e organizar a resposta obreira e popular confluindo nunha nova Folga Xeral que faga valer a unidade e a forza da clase obreira. Sen nós non se move nin unha engrenaxe do sistema capitalista


POR UNHA EDUCACIÓN AO SERVIZO DO POBO TRABALLADOR
TOD@S Á FOLGA DO 9 DE MAIO!
A por outra Folga Xeral!

www.pcpe.es
www.cjc.es

comunistasdagaliza@gmail.com

Enviado por:
Comunistas da Galiza P.C.P.E.
-comunistasdagaliza@gmail.com-
6 de maio de 2013 16:16

_____________

Esquerda Unida de Ferrolterra une a súa voz á gran maioría da comunidade educativa para esixir a retirada do proxecto da LOMCE e apoia a Folga Xeral e as mobilizacións deste 9 de maio

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIA A FOLGA E AS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS CONTRA A LOMCE DO 9 DE MAIO

Esquerda Unida de Ferrolterra une a súa voz á gran maioría da comunidade educativa para esixir a retirada do proxecto da LOMCE, que se promova un amplo debate público, coa participación de expertos e de todos os sectores do ámbito escolar, para alcanzar unha diagnose compartida sobre as causas dos principias problemas do noso sistema educativo e expor medidas concretas con recursos suficientes para que sirvan para estender e mellorar a nosa educación pública.

O vindeiro 9 de maio EU fai un chamamento a toda a cidadanía a participar en todas as manifestacións convocadas. Ao mesmo tempo, en liña coa vontade de artellar frontes contra o sistema de dilapidación de servizos públicos, EU pula pola unidade sindical e a unidade de loita contra un inimigo común, que é o sistema neoliberal que abandeira o Partido Popular, verdadeiro esnaquizador dos dereitos sociais do pobo. EU lamenta a existencia de dúas convocatorias diferenciadas e insta ás organizacións sindicais para que cheguen a acordos que permitan unha loita decidida e unitaria contra a demolición da democracia.

Fronte á reforma do Ministro Wert, imposta e antidemocrática, adoutrinadora e discriminatoria, mercantilista e recentralizadora, EU aposta por unha educación libre, laica, pública, de calidade e con recursos, que respecte e motive ao profesorado e que permita o exercicio do dereito a igualdade na educación, tanto dos docentes como do alumnado. EU Ferrolterra estará, como sempre estivo, nas mobilizacións cidadás contra unha lei ditada ao servizo de intereses privados, relixiosos e de mercado.

Ferrol, 7 de maio de 2013

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de maio de 2013 14:08

Boas. Adxunto enviamos comunicado de apoio do Consello Comarcal de EU á folga e mobilizacións de ensino contra a LOMCE. Consello Comarcal.

____________

O que debes saber sobre CARREFUR, ALCAMPO, EL CORTE INGLES... - Vídeo


Quen controla o que comemos? Que é a agroindustria e como funciona? Que relación garda coa fame no mundo? Que alternativas hai? Son algunhas das preguntas que Ester Vivas do Centro de Estudos sobre Movimentos Sociais (CEMS) da Universidade Pompeu Fabra, intenta explicar nestes 16 minutos moi clarificadores sobre o noso modelo alimentario.


__________

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) oponse ao decreto dos comedores escolares

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presentou a semana pasada alegacións en contra do Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

As alegacións comezan facendo notar que, sendo unha medida que atinxe directamente ás familias, non se teña en conta a lexislación autonómica e internacional en materia de familia e dereitos de infancia e adolescencia.

O motivo fundamental da oposición é a nova modalidade de financiamento que eliminaría a gratuidade do servizo, pasando a pagarse unha cota por día de utilización do comedor (entre 1 e  4,50 euros, en función da renda). AGAMME argumenta que a gratuidade do servizo é un dereito que as familias non deben perder, especialmente nun momento como o actual no que se suman á taxa de desemprego, as continuas medidas de recortes do goberno (eliminación das axudas por nacemento ou adopción, redución da axuda por fillo/a menor de tres anos a cargo, de dependencia, etc) e a suba do custe da vida. Ademais alega en contra da fiabilidade da renda como único medio para obter datos económicos das familias, dada a reestruturación dos núcleos familiares e as relacións de dependencia ocasionadas polo empobrecemento continuado da poboación galega.

AGAMME propón a ampliación da gratuidade do servizo a todo alumnado escolarizado en centros públicos non universitarios. Ademais considera necesario, para paliar as previsibles consecuencias da crise sobre a economía familiar, a implantación de almorzos de media mañá.

As alegacións presentadas fan fincapé no elemento discriminatorio que presenta o Proxecto de Decreto en canto á atención á poboación rural pois, especialmente naquelas zonas da xeografía galega na que esta se atopa moi dispersa, os nenos e as nenas deben realizar desprazamentos longos para acudir aos centros educativos, polo cal o uso do comedor non é opcional senón necesario. A alternativa dos “tupper” atenta contra os principios de calidade de vida e benestar para a infancia e adolescencia galegas, tal e como AGAMME fai constar no seu escrito.

Por outra banda, alega AGAMME que tal e como está presentado o Proxecto de Decreto non se estaría favorecendo a conciliación da vida familiar e laboral. Sinala, asemade, a marcada desviación dos orzamentos da Xunta de Galicia na interpretación da expresión austeridade, pois mentres se tramita o Proxecto de Decreto, os cinco colexios concertados que seleccionan ao alumnado por xénero percibiron este ano un total de 3.000.000 de euros.

Outra cuestión que se aborda é o modelo de xestión dos comedores, que segundo expresa AGAMME debería ser unicamente público. Igualmente faise referencia á  calidade dos alimentos, propoñéndose o consumo de alimentos de produción local e ecolóxica.

Para máis información poden contactar coa AGAMME no correo agammeferrol@gmail.com ou no teléfono 636142012

http://agamme.org/

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
8 de maio de 2013 11:50

Bo día, Dende a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) adxuntamos nota de prensa para informar das alegacións presentadas pola asociación contra o Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares, publicado pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Agradecemos a difusión da nota de prensa enviada. Se precisan máis información poden solicitala neste correo electrónico ou no teléfono 636142012. Un saúdo atento, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).

___________________

De fondo Reganosa: Explosión dun camión cargado con gas en Ecatepec (México), máis de vinte persoas falecidas e de medio centenar feridas


Onte, 7 de Maio de 2013, en San Pedro Xalostoc - Ecatepec (México) un camión cisterna que transportaba gas licuado, por unha autoestrada estatal, a poucos quilómetros da Capital, chocou e produzo unha gran explosión, orixinando máis de vinte persoas falecidas e máis de medio centenar feridas, pois aínda habia persoas desaparecidas entre os restos derruídos dun poboado próximo á autoestrada, onde se produzo o sinistro mortal  A destrución foi case total nun radio de 500 metros.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, emiteu un comunicado, onde alerta sobre a localización de Reganosa no corazón da nosa Ría que aumenta exponencialmente o seu perigo sempre que entra un buque con GNL/LNG para descargar en Punta Promontorio. Dí o Comité Cidadán: "... Ante estes casos, por forza temos que pensar nas tráxicas consecuencias que suporían para a nosa comarca de producirse un accidente grave na Planta de Gas de Reganosa – cun volume de almacenamento de 150.000 Tm, - o que equivale a varios milleiros de camións cisterna ...".
Continua a nota do Comité: "... Desde o CCE, pola seguridade de todos e todas, exiximos, unha vez máis, das Administracións a paralización da actividade de Reganosa, en execución da Sentenza do Tribunal Supremo que ratificou a ilegalidade do seu emplazamento ...".

Din as noticias de axencias ao pouco de producir-se o accidente:
Polo menos 19 persoas morreron e máis de 30 resultaron feridas pola explosión dun camión cisterna que transportaba gas este martes nunha autopista nos arredores da Cidade de México, segundo o máis recente balance das autoridades, aínda preliminar.

"Desafortunadamente rexístranse 27 vivendas afectadas e 19 falecidos", reportou na súa conta de Twitter Pablo Bedolla, alcalde de Ecatepec, un municipio situado ao noroeste do área metropolitana de Cidade de México onde se rexistrou o accidente.

Anteriormente, as autoridades locais deran parte de 18 mortos e 36 lesionados, 13 deles de gravidade, polo estalido do combustible que transportaba o camión, que aparentemente envorcou.

O condutor do vehículo accidentado logrou sobrevivir e está "detido nun hospital onde recibe atención médica", dixo na súa conta de Twitter Salvador Neme, secretario de Seguridade Cidadá do Estado de México, ao que pertence Ecatepec.

A explosión ocorreu pouco antes das 05H30 locais (10H30 GMT) no quilómetro 14 da autopista que une a capital mexicana coa cidade de Pachuca (estado de Hidalgo, centro) ao seu paso polas inmediacións dunha comunidade de Ecatepec (ao redor de 1,6 millóns de habitantes).

Nese punto, a vía transita preto da humilde comunidade de San Pedro Xalostoc (Ecatepec), onde polo menos unha vintena de vivendas resultaron afectadas pola explosión, informou Neme.

Os bombeiros e equipos de rescate seguen traballando nos escombros dos inmobles en busca doutras posibles vítimas.

Trala explosión, imaxes de televisión mostraban vehículos calcinados e algunhas vivendas en ruínas das que aínda saía fume. A onda expansiva da explosión alcanzou un área duns 500 metros, segundo reportes de prensa.

Ao parecer o accidente orixinouse porque un camión cisterna propiedade dunha empresa privada "impactou co muro de contención da autopista e envorcouse, causando a explosión", dixo á AFP a oficina de prensa do departamento de Protección Civil do Estado de México.

A esa hora da mañá, a autopista Cidade de México-Pachuca, que se mantivo pechada tralo accidente, adoita rexistrar un tráfico intenso pola gran cantidade de traballadores que se dirixen aos seus labores na capital mexicana.

Nos últimos meses, México viviu outros mortais accidentes causados por gas ou petróleo.

O 31 de xaneiro, 37 persoas morreron e máis de 120 resultaron feridas por unha enorme explosión na sé da paraestatal Petróleos Mexicanos (Pemex) na capital mexicana que as autoridades atribuíron a unha acumulación de gases.

En setembro pasado, outro estalido deixou 30 mortos nunha instalación de gas próxima á fronteira con Estados Unidos (Ciudad Madero, Tamaulipas, cerca de la zona fronteriza de Reynosa).

En decembro de 2010 rexistrouse outra explosión nun oleoduto no centro do país, ao parecer causada por un intento de roubo de combustible, que deixou 29 mortos e máis de 50 feridos.

Outros enlaces deste accidente que nos remiten desde o Colectivo Universitario Opositor a Planta de Gas Licuado (GNL) da Ría de Ferrol (Galicia) - Ferrol-CAP,


PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
____________