mércores, setembro 24, 2014

Continuamos marchando, obxectivo o 29N, por "Pan, Traballo e Teito" - Nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra este mércores 24 de Setembro, ás 18:30hs, no Ateneo Ferrolán


Continuamos preparando a marcha até o 29N, unha nova Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrol Terra, vai ter lugar este mércores, 24 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, mais desta vez está convocada para as seis e media da tarde. Non faltes, organicemos o combate contra a pasividade, organícemo-nos para mobilizar e concienciar, co obxectivo dunha sociedade máis xusta e igualitaria, acabar coa pobreza e a violencia, polo "pan, traballo e teito".

Á rúa que xa é hora !   Si se pode!

XII asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

A nova Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra,  terá lugar o mércores 24 de Setembro de 2014, ás 18:30 no Ateneo Ferrolán.

Ademais de convocar a todas as persoas interesadas a titulo particular, facemos un chamamento á asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debaterán puntos fundamentais sobre a mobilización que se planea celebrar o vindeiro 29 de Novembro en Santiago de Compostela.

Os puntos a debater serán os seguintes:
  1. Elección de moderador.
  2. Proposta de engadido ó manifesto redactado para a mobilización do 29-N. Punto non resolto na anterior asemblea. Volvo a incluír o texto da proposta de Alberto Espiñeira.

    Podedes acceder ó manifesto na seguinte ligazón:
    https://docs.google.com/document/d/1AzGFgvOnWGhzkklWoRtUFs_q0D1V5KTMQTfopVlZbsg/edit?usp=sharing

    Versión curta.

    A engadir despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil. Un paro que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro.

    Versión longa.
    A engadir tamén despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil. Un paro que é unha negación do dereito ó traballo, e que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro, e iso é unha decisión política, o repartir as cousas de isa maneira.

    De novo o paro é outra estafa, nos medios de comunicación dise que a economía ten que medrar por riba do 2,5% para que se xenere emprego, e polo que se ve, se non hay crecemento ten que haber xente que non teña nin pan, nin traballo, nin teito, nin a dignidade que iso conleva.

    E podemos facer a seguinte reflexión, ¿non será que o problema está no reparto que fan da riqueza, e de como manexan a mesma para someter a xente?, pero non, botanlle a culpa a un parámetro económico, que lle chaman o 2,5 %.
  3. Horario da manifestación do 6N: introducido a proposta de Alberto Espiñeira. Parécelle moi cedo as 18:00h para que participe a xente que está traballando.
  4. Evolución das tarefas definidas para o 29N, e asignación de novas tarefas.
    • Temos pendente de asignar responsables para as seguintes tarefas:
      • Transporte a Santiago o día 29 de Novembro.
      • Establecer contactos con Somos Maioría, Marea Ártabra e outras novas formacións políticas.
  5. Rogos e preguntas
Un saúdo,

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA !!!

________________

Soas nom!, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
24.009.2014

Mónica , hoje nom pensei só em ti. Pensei em todas as mulheres ameaçadas, extorsionadas... e pensei em todas as nenas de dezasseis anos que nom vam ser obrigadas a ser nais. Demitiu o ministro, desbotou-se a lei... alegremo-nos.

Mónica, hoje nom pensei só em ti, mas levo dias pensando em ti. Ainda que nunca te vejo soa. Sempre com Elisa, a de Cabanas, que che acompanha em silêncio, como se o feito de que o seu assassino, depois dum ano, esteja ainda falando livre, a condena-se a ela, ainda depois de morta, a um silencio profundo.

Mas eu nom veia o dia no que falar contigo. Mais bem, nom queria vê-lo, porque me faltava valor. Valor para fazer-che as perguntas que nom sei se contestarás. Valor, porque hai que ter valor para olhar-vos a todas vós, assassinadas, suicidadas, mortas polo machismo.

Mas permite Mónica que intente compreender como fuches quem de ter ti tanto valor, como foi que juntaches forças para dizer nom, como fuches quem de falar co teu assassino, de liberdade, da tua liberdade. Tantas e tantas horas mantendo a vida, del, das tuas filhas, da família e doutras famílias...  Mas el nom queria a vida, nom queria às filhas, nom sabia querer-te a ti, e nom sabia querer-se a el mesmo...

O machismo é umha erva invasora que destrói os coraçons. Um mal cancro que devora ao ser humano e sementa morte. Um ébola mortal para a felicidade. Ti olhaches de fronte, quiseste soa combater à besta. Sabemos que soas nom podemos. Mulheres valentes! Soas nom! Nom queremos mais mortes!
[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.
_______________

- A Sororidade, é uma dimensão ética, política e prática do feminismo contemporâneo (construir desconstruindo, apoio mutuo, feminismo, afetividade, unidade na luita, ...).
________________________

martes, setembro 23, 2014

Entregan escrito no Decanato dos Xulgados de Ferrol para que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos Dereitos Humanos



Como estaba previsto, hoxe 23 de Setembro de 2014, desde STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, mobilizamo-nos diante do edificio dos Xulgados de Ferrol para apoiar a entrega do escrito no Decanato, co obxctivo de que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos Dereitos Humanos e outras disposicións e convenios internacionais, reclamando que se apliquen as sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea respecto de moitos aspectos da lexislación hipotecaria española que a considera contraria ao disposto no dereito europeo.

Esta mobilización encadramo-la na campaña que a nivel estatal comezaron hoxe as Plataformas de Afectados pola Hipoteca e outros colectivos afíns. É a conta atrás para tombar a Lei Hipotecaria española. Esta acción foi simultanea na maioría dos Xulgados Decanos do conxunto do territorio do Estado.

Clica para Acceder/Baixar o escrito que entregamos no Decanato dos Xulgados de Ferrol.

Saúde e vivenda Digna !  Si se pode !   #Limite24D

Fotos de José PardoRaúl Salgado. e Jorge Meis.

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
---

A nova nalgúns medios:
  • Reclaman ante o xulgado de Ferrol a paralización dos desafiuzamentos | A plataforma Stop-Desafiuzamentos urxe a suspensión das execucións hipotecarias | La Voz de Galicia | 23 de setembro de 2014 18:07 | Ir a Web.

  • Stop Desafiuzamentos pide ao xuíz decano de Ferrol o fin das execucións hipotecarias | Raúl Salgado | @raulsalgado | Ferrol 360 | Martes 23 setembro 2014 | 10:54 | Ir a Web.

  •  STOP-Desafiuzamentos solicita por escrito aos xuíces de Ferrol que paren os desafiuzamentos | Carmela López - Diario de Ferrol | Actualizado 24 Septiembre 2014 - 01:30 h.| Ir á Web.
Para máis información ver enlaces sobre o asunto no noso sitio-e:
O Dereito universal a unha vivenda, digna e adecuada, como un dos dereitos humanos, aparece recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos no seu artigo 25, apartado 1 e no artigo 11 de Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (PIDESC) | Ir á Wikipedia. (Moi ampla e boa información).
____________

luns, setembro 22, 2014

Urxente: Convocada concentración diante dos Xulgado de Ferrol apoiando o escrito que se vai entregar no Xulgado Decano, para que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos DDHH

A plataforma STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha concentración cidadá diante dos Xulgado de Ferrol apoiando o escrito que se vai entregar no Xulgado Decano, para que @s xuíces encargad@s procedan á suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria pola vulneración constante dos Dereitos Humanos e outras disposicións e convenios internacionais, reclamando que se apliquen as sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea respecto de moitos aspectos da lexislación hipotecaria española que a considera contraria ao disposto no dereito europeo. Esta mobilización encadra-se na campaña que a nivel estatal que comezan as Plataformas de Afectados pola Hipoteca e outros colectivos afíns: "Comeza a conta atrás para tombar a Lei hipotecaria. ¡ Si se pode !  #Limite24D", con entrega simultánea na maioría dos xulgados decanos do conxunto territorio do Estado.

Día: Martes 23 de Setembro.

Lugar: Diante dos Xulgados de Ferrol.

Hora: Pola mañá ás 10:00 horas.

Obxectivo: Concentrar-se en protesta pola vulneración constante dos Dereitos Humanos nos procedementos de Execución Hipotecaria e apoiar o escrito que se lle vai entregar no Xulgado Decano solicitando:
que se facilite o labor xurisdicional do partido xudicial de Ferrol aos/as xuíces encargados das execucións hipotecarias, entregando-lles a:
  • a Sentenza do TXCE Simmental, EU:C:1978:49,
  • a Sentenza do TXUE AZIZ EU:C:2013:164,
  • a Sentenza do TXUE Sanchez Morcillo,EU:C:2014:169,
  • a Sentenza do TXUE Monika Kusionava EU:C:2013:34,
para que @s xulgadores tras ter coñecemento das violacións do artigo 47 da CDFUE (Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea) cometidas poidan proceder a anular os procedementos de execución hipotecaria e subsidiariamente caso de non facelo, os suspendan e susciten cuestión prexudicial achega da lexislación vixente en materia de execución hipotecaria, especialmente a aprobada 5 de setembro de 2014 por ser contraria ao articulo 47 da CDFUE, á directiva 93/13 e á doutrina consolidada do TXUE.
E a suspensión inmediata dos procedementos de Execución Hipotecaria dada a vulneración constante do art. 38 e 47 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, así como de Convenios Internacionais nos que o Reino de España é parte e levan parellos a violación de DDHH, pola responsabilidade que xeraría á Administración de Xustiza.
Ademais de considerar de xustiza e un dereito humano inalienábel, o dereito a unha vivenda digna e adecuada para todas as persoas, a nivel legal consideramos que os procedementos de execución hipotecaria, tramitados de acordo cunha norma contraria ao dereito comunitario, e xa que logo ilegal, debe ser declarados nulos. E tal declaración de nulidade implica a anulación de todos os seus efectos así como a reparación do dano causado.

Para máis información ver enlaces sobre o asunto visitar o noso sitio-e:
Saúde e vivenda Digna !
¡ Si se pode !  #Limite24D

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
____________________

domingo, setembro 21, 2014

Grabación da Asamblea Aberta realizada polo Grupo de Traballo de Podemos Ferrol, para tratar a situación do Sector Naval, o 20 de Setembro no Ateneo Ferrolán - Vídeo


Hai unhas horas que rematou a Asemblea Aberta do Grupo de Traballo de Podemos sobre o Sector Naval. Co obxectivo de compartir e debater análises e propostas respecto do Sector Naval da Ría de Ferrol. O acto que se celebrou o sábado 20 de Setembro de 2014, no Ateneo Ferrolán, contou cun importante número de persoas presentes na sala de actos, mais tamén foi retransmitido en directo por internet. E máis tarde colgado na rede no canle de Podemos Ferrol. O vídeo dura case dúas horas e o son non é moi bon, mais pode-se escoitar prestando atención. Desde Ártabra 21 consideramos esta Asemblea de interese, é por iso que a continuación a colgamos no noso sitio-e.


http://youtu.be/kXReakHrnCw

Foto do Arteaga, na grada nº1 de ASTANO (Navantia Fene) en 1973.podemos.ferrol@gmail.com

https://www.facebook.com/podemos.ferrolterra

https://www.facebook.com/Podemos.Ferrol

https://twitter.com/PodemosFerrol

http://podemos.info/

https://www.facebook.com/pages/Podemos/269212336568846
___________________

sábado, setembro 20, 2014

Será que Podemos em galego?, ... Por Valentim Fagim e José Ramom Pichel


Por Valentim Fagim e José Ramom Pichel [*]
20.09.2014


Uma das grandes surpresas nas recentes eleições europeias, Podemos, está-se a sediar na Galiza por meio dos Círculos, as entidades que agrupam aderentes de uma dada povoação.

Podemos está a contribuir, ao nosso ver com uma linguagem muito bem articulada, para identificarmos com claridade aqueles grupos humanos que, governe quem governar, são os que afinal sempre decidem: as elites económicas, técnicas e políticas de portas giratórias, hoje no governo, amanhã no grande empresariado. O que eles chamam de “Casta”.

Como método para combater a tal “Casta”, Podemos propõe a democracia direta dentro da própria organização. E isto para nós também é muito boa notícia.

Na Galiza, espaço onde se falam diariamente as duas línguas românicas com maior número de falantes, português (galego) e espanhol (castelhano), está a se debater a língua oficial de comunicação de cada círculo.  Alguns decidiram, para espanto de muitos, que a tal língua ia ser o castelhano.

Partindo da realidade inegável de o castelhano ser a língua cada vez mais comum nas gerações de galeg@s mais nov@s, estas decisões colocam a língua tradicional dos galegos, o galego, como uma língua de futuro complexo, apesar de ter uma projeção internacional, como se sabe, desaproveitada até o momento. Se não vale nem para comunicar com os galegos, então para que vale?

O único que não temos claro é se as pessoas que marcaram o castelhano como língua de comunicação oficial em Podemos, têm toda a informação das causas profundas para falarem uma língua diferente à das suas avoas. Os autores deste texto falávamos em castelhano até os 15 anos numa cidade como Vigo para depois mudar e assim reconectar-nos com elas.

Na altura, não éramos totalmente conscientes de porque falávamos castelhano. Talvez fosse por:
  • Ser a língua imposta pola “Casta” com as suas leis e decretos (p.e. já desde o 1768, na Real Cédula de Aranjuez de Carlos III que proíbe o ensino e os julgados noutra língua que não seja a castelhana)
  • Ser a língua que a “Casta” industrial e económica, que se expandiu sobretudo desde finais dos anos 60, a partir do “Plan de estabilización” franquista. Na Galiza, uma das suas consequências mais marcantes foi o êxodo do rural para as cidades galegas, e o início da perda de transmissão familiar da língua galega.
Nós não éramos conscientes de que os argumentos interiorizados polo mundo que nos rodeava: “en castellano para que nos entiendan todos”, “somos libres para hablar la lengua que queramos”, eram e são, na verdade, argumentos criados pola casta.  Argumentos desenhados para nada mudar, para não virem ameaçado o seu estatuto. Argumentos para transformar, no fundo, uma Galiza bilingue numa sociedade aborrecidamente monolingue em castelhano, como Madrid ou Múrcia.

Não éramos conscientes, como de tantas outras cousas, de que a língua que usávamos não nascia de uma decisão tão livre como gostávamos de crer.

[*] Publicado em PGL.gal, por Valentim Fagim e José Ramom Pichel a 3 de Julho de 2014 | Na página do Portal Galego da Língua hai comentários.
______________

A loita polo dereito a unha vivenda digna en Aríns - Cargas policiais e detencións de varios activista de Stop-Desafiuzamentos - Foron desafiuzados un matrimonio, home e muller en paro, dous menores e unha anciá


A mañá de hoxe, ducias de antidisturbios rodeaban a unha casa dunha familia no barrio de Aríns do concello de Compostela, sobre ela pesaba unha orde de desafiuzamento.

Activistas de Stop-Desafiuzamentos de Compostela, pasaron a noite do xoves ao venres acompañando á familia, mentres intentaba-se sen éxito que no xulgado paralizaran o desafiuzamento até atopar unha saída digna ao dereito a un fogar que temos todo ser humano.

A compañeira María e outr@s activistas de Stop-Desafiuzamentos, estiveron dentro da vivenda, algún activista logrou pasar a barreira policial que impedía a comunicación coas persoas que permanecían na casa.

No transcurso da mañá produciron-se cargas policiais e detencións de varios activista de Stop-Desafiuzamentos de Compostela e outr@s activistas sindicais, ...

Despois das cargas policiais e detencións a familia decidiu abandonar a casa, non podían aguantar a violencia policial contra as persoas que os defendían da inxustiza, que defendían o dereito humano a unha vivenda que ampara as leis, tratados, convenios e declaracións internacionais.

Foron desafiuzados un matrimonio (Carlos e María), home e muller en paro, dous menores e unha anciá que quedaron na rúa. Responsábeis da Xunta e do Concello, pasaron da situación de emerxencia social que provocaba o lanzamento da vivenda habitual da familia compostelá, pois non se lles facilitou ás vítimas do despexo un teito alternativo no momento do desafiuzamento. As compañeiras e compañeiros de Compostela estiveron xestionando esa posibilidade, dereito que non se lle pode negar á que queda sen casa por mor do seu empobrecemento e falta de rendas, ao quedar sen emprego, e sobre todo se hai menores polo medio. Tería que intervir neste caso a fiscalía de menores para paralizar o desafiuzamento, amparando-se nos dereitos das crianzas.

Quen demandou á familia de Aríns non foi un banco ou entidade financeira, senón un particular ao que a familia afectada acusan de estafa.

Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio de Ferrol Terra queremos amosar a nosa solidariedade e apoio coa familia desafiuzada as compañeiras e compañeiros activistas de Compostela.

Fotos de Candidatura do Povo de Compostela e outr@s na rede:
https://www.facebook.com/candidatura.dopovo

Vídeo do lanzamento da vivenda de Aríns (Compostela)

http://youtu.be/3Ir8t83mNp0?list=UUJhZ6kRLEOROJPQQiD5j-Cg



Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
20 de setembro de 2014 01:18
______________

venres, setembro 19, 2014

Unha Asemblea do Naval Aberta a toda a cidadanía, para debater e compartir análises e propostas respecto do Sector Naval da Ría de Ferrol, organizada polo Circulo de Podemos


O grupo de traballo do Naval de Podemos en Ferrolterra convoca para este Sábado 20 de Setembro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204), unha Asemblea Aberta a toda a cidadanía, para debater e compartir análises e propostas respecto do Sector Naval da Ría de Ferrol.

Podemos fai un chamamento á participación neste acto a toda a cidadanía.

podemos.ferrol@gmail.com

https://www.facebook.com/podemos.ferrolterra

https://www.facebook.com/Podemos.Ferrol

https://twitter.com/PodemosFerrol

http://podemos.info/

https://www.facebook.com/pages/Podemos/269212336568846

___________________
    

O Pobo Escoces exerceu o "Dereito a decidir", baixo fortes presións da oligarquía do Reino Unido e do "Deus Mercado" - Un exercicio do Dereito de Autodeterminación Nacional que xa de por si supón gañar en democracia, gañar en soberanía


Desde Ártabra 21 consideramos moi interesante todo este proceso e o exercicio do "Dereito a decidir" por parte do pobo escocés, este 18 de Setembro de 2014.  "Dereito a decidir", que se exerceu baixo fortes presións da oligarquía do Reino Unido e do "Deus Mercado", mais que foi un exercicio do Dereito de Autodeterminación Nacional que xa de por si supón gañar en democracia, gañar en soberanía. Neste artigo, transcribimos
os primeiros apuntes no xornal dixital 'Praza Pública' sobre o resultado e o proceso no referendum de autodeterminación escocés. 'Praza Pública' anuncia que seguira ampliando a información sobre o tema, polo que recomendamos entrar na seu sítio-e. 'Sermos Galiza' tamén contribúe á información con moi bos e amplos reportaxes e opinións, polo que tamén recomendamos acceder ao sitio-e do xornal galego.

Na foto, publicada en RadioFusión, representantes de nacións sen estado en Edimburgo, de organizacións integradas na Alianza Libre Europea [*]

Escocia queda no Reino Unido, pero terá máis autogoberno

Escocia seguirá no Reino Unido. O "non" á independencia escocesa impúxose no referendo celebrado este xoves, segundo os resultados oficiais, co 55,5% dos votos fronte a preto dun 44,5% do si, unha vez publicados os datos das 32 circunscricións rexionais nas que está dividida Escocia.

Segundo eses datos, preto do 85% dos máis de catro millóns de escoceses chamados ás urnas participaron no referendo sobre a independencia. Unha vez coñecidos os datos da circunscrición de Highland, a derradeira en rematar o escrutinio, os votos a favor de seguir no Reino Unido foron 2 millóns e 1,6 apostaron pola independencia.

O si logrou imporse en só catro das áreas electorais, aínda que levou Glasgow, a maior de todas. Alí os independentistas lograron un 53% dos votos. Na capital, Edimburgo, o non obtivo o 61% dos sufraxios. Aberdeen, outra das grandes cidades escocesas, tamén caeu ao lado unionista.

Cameron, satisfeito pola unión das "catro nacións"

Tras coñecer que o resultado era definitivo, o primeiro ministro británico, David Cameron, expresou a súa satisfacción pola decisión do pobo escocés de "manter xuntas ao catro nacións", tras a vitoria do non á independencia de Escocia. "Son un apaixonado do Reino Unido, pero tamén son un demócrata; podería ter prohibido o referendo, pero preferín que o pobo escocés falase", di, nun contexto no que, lembra, esta decisión partiu do "respecto" á elección do Scottish Nacional Party en 2011, en cuxo programa se incluía "un referendo de independencia". "Respectamos a maioría do SNP e démoslle ao pobo escocés o dereito de falar" nunha votación que "será lembrada como unha poderosa manifestación da fortaleza e vitalidade da nosa vella democracia".

Nunha declaración ante a porta da residencia oficial de Downing Street, Cameron sinalou que o "resultado foi claro" e é unha "oportunidade" de cambiar "para mellor" a forma en que a unión é gobernada tras unha votación que, ao seu xuízo, pecha o debate da independencia escocesa para unha "xeración". Neste contexto Cameron diríxese tamén aos "escoceses escépticos" coas súas promesas de maior autogoberno. "O pobo escocés vai ter máis poder" en áreas como a xestión dos impostos e dos orzamentos e tamén dos servizos públicos nun proceso que, reitera, comezará de inmediato.

Pola súa banda, o ministro principal escocés Alex Salmond asegurou que acepta "o veredicto" do pobo escocés, á vez que instou a facer o mesmo aos partidarios do 'si'. Nun acto en Edimburgo no que foi recibido cunha ovación, Salmond agradeceu a Escocia "os centos de miles de votos a favor da independencia" e expresou a súa satisfacción polo bo ton no que se desenvolveu a campaña e a normalidade da xornada electoral.

Unha observadora galega como garante dun proceso "limpo e transparente": Ir a web.

Praza Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].

Sitio-e do referendum sobre a independencia de Escocia (Scotland), onde se pode acceder aos resultados e outras informacións:
http://scotlandreferendum.info/

[*] Organizacións integradas na  Alianza Libre Europea:

___________

Acerca de Ernesto Laclau, ... Por Íñigo Errejón - Populismo e hexemonía - Atreverse no sur de Europa cos retos de como converter o descontento e sufrimento de maiorías en novas hexemonías populares


Por Íñigo Errejón [*]
19.09.2014


Aínda que na miña casa da infancia había algún libro seu nas estanterías, non foi até o meu último ano de licenciatura cando lin a Ernesto Laclau xunto a Chantal Mouffe -a súa compañeira sentimental e intelectual, nun seminario do profesor Javier Franzé no ano 2005-2006. Recordo que o fragmento de "Hexemonía e estratexia socialista" pareceume unha lectura densa e complicada, á que despois regresaría lapis en man, pero que con todo fixo xa que se me cambaleasen algunhas certezas e abriume un campo de curiosidade intelectual ao que logo me dedicaría. Tempo despois, pasando por Bos Aires tras un ano de estancia de investigación en Bolivia, compreime "A Razón Populista", xa obsesionado por comprender o nacional-popular en Latinoamérica e apaixonado por algunhas das súas ambivalencias. Era o ano 2009. En maio de 2011, tres días despois do 15M, defendín na Universidade Complutense a miña tese doutoral: "A loita pola hexemonía do MAS en Bolivia (2006-2009):unha análise discursivo" na que o traballo de Ernesto Laclau (de novo: e de Chantal Mouffe) e da súa escola neogramsciana ocupaban xa un lugar teórico central.

Fai uns días, introducindo un acto co Vicepresidente do Estado Plurinacional de Bolivia, Álvaro García Linera, sen dúbida outra gran cabeza do cambio de época latinoamericano, pensaba que "non é fácil presentar a alguén a quen se leu moito". Doume conta agora de que menos aínda o é escribir un obituario de alguén, afastado e próximo, a quen sen habelo coñecido estudouse moito.

Onte domingo, faleceu en Sevilla o teórico político arxentino Ernesto Laclau (1935-2014), que se doutorara en Oxford da man de Eric Hobsbawn e actualmente era profesor emérito de Ciencia Política na Universidade de Essex, onde fundou unha escola teórica dedicada á análise do discurso e a ideoloxía como prácticas que conforman suxeitos. Laclau deixounos unha obra que representa quizá o máis importante dos desenvolvementos teóricos do concepto de hexemonía de Antonio Gramsci.

A traxectoria intelectual de Ernesto Laclau cruza constantemente as fronteiras das disciplinas (historia, filosofía, ciencia política) e refuta o prexuízo conservador da incompatibilidade entre rigor e compromiso: en cada paso da súa carreira son inseparables a solidez académica e a curiosidade e implicación intelectual nas disputas do seu tempo e o seu posible percorrido emancipador. Laclau escribe de xeito meticulosa e sistemática, pero tamén viva, polémica e irresistible.

Procedente na súa mocidade do Partido Socialista da Esquerda Nacional de Abelardo Ramos, e partindo dun marxismo en diálogo co fenómeno popular do peronismo ("o peronismo fíxome entender a Gramsci", afirmaba) o corpo central da súa obra orientouse a pensar o concepto de hexemonía, nunha discusión aberta con Gramsci a partir dun desenvolvemento orixinal e non canónico -case herético- dos seus conceptos e intuicións inacabadas. As preguntas de como funciona a capacidade de crear consenso e lexitimidade e, en particular, como e baixo que condicións os de abaixo son capaces de darlle a volta á súa subordinación e conformar un bloque histórico que dirixa e organice a comunidade política, son nucleares no pensamento de Ernesto Laclau.

"Hexemonía e estratexia socialista" (1985) é a obra principal de Laclau e Chantal Mouffe, un libro fundante de todo un enfoque teórico. Nel proponse unha comprensión da política como disputa polo sentido, na que o discurso non é o que se di -verdadeiro ou falso, desvelador ou encubridor- de posicións xa existentes e constituídas noutros ámbitos (o social, o económico, etc.) senón unha práctica de articulación que constrúe unhas posicións ou outras, un sentido ou outro, a partir de "datos" que poden recibir significados moi distintos segundo se seleccionen, agrupen e, abrigo, contrapoñan.

Que o sentido non estea dado senón que dependa de equilibrios e pugnas é a base da democracia e non unha ameaza, como pretende o pensamento conservador que quere reducir a política á xestión do decidido noutro lugar. De acordo con este enfoque, a política non sería similar nin ao boxeo (mero choque ou xestión entre actores xa existentes) nin sequera ao xadrez (alianzas, movementos e tácticas con pezas xa dadas) senón a unha continua "guerra de posicións" -con episodios de movementos, pero tamén de conxelación institucional de equilibrios de forzas, está claro- por constituír os bandos (as identidades), os términos, e o terreo mesmo da disputa. A fragmentación das posíbeis identidades e a súa continxencia non dá lugar aquí a unha celebración das particularidades nin ao mito conservador do fin do antagonismo, senón a unha conciencia da necesidade insubstituíble da política, de articular e xerar imaxinarios que xunten e mobilicen.

Este poder é a hexemonía: a capacidade dun grupo de presentar o seu proxecto particular como encarnando o interese xeral (un particular que xera en torno a si un universal), unha relación continxente, sempre incompleta, contestada e temporal. Non se trata só de liderado nin de mera alianza de forzas, senón da construción dun sentido novo que é máis que a suma das partes e que produce unha orde moral, cultural e simbólico no que os sectores subalternos e até os adversarios deben operar cos términos e sobre o terreo de quen detenta a hexemonía, convertida xa en sentido común que non se pode crebar desde a absoluta exterioridade que condena á irrelevancia.

Neste modelo xogan un papel principal os "significantes flotantes", similar ao dos outeiros privilexiados desde as que se domina o campo de batalla. Trátase daqueles símbolos ou nomes portadores de lexitimidade pero que non están ancorados a un sentido determinado e xa que logo poden servir de catalizadores e estandartes dun conxunto de fragmentos ou reclamacións desatendidas que se convertan nun "nós" político con vontade de poder, o cal require sempre a definición dun "eles" responsabilizado dos problemas. Non é unha operación de descrición, é de xeración de sentido.

Con todo é sen dúbida en torno á discusión do concepto "maldito" de populismo cando Laclau adquiriu o seu maior impacto mediático e político. En "A Razón Populista" (2005) analiza as premisas elitistas e sustancialmente antidemocráticas que están detrás da identificación entre "pobo" e "baixas paixóns que poden exaltar os demagogos", e postula que a ameaza para as democracias contemporáneas non vén do seu sobreuso plebeio senón do seu estreitamento oligárquico, por minorías que escapan ao control popular. A continuación, propón unha conceptualización do populismo radicalmente distinta ao seu uso mediático pexorativo e vago: entendelo non como un contido ideolóxico senón como unha forma de articular identidades populares -típica en momentos de crises e incapacidade de absorción institucional, descontento e dislocación das lealtades previas- por dicotomización do espazo político fronte ás élites que son simbólicamente agrupadas: Unha "plebs" que esixe ser o único "populus lexítimo". Unha nova fronteira parte horizontalmente o campo debuxando un novo "eles" fronte ao que producir unha identidade popular que desborda as metáforas que antes repartían posicións. A carga ideolóxica en cada caso dependería da natureza e xestión desa fronteira.

Esta conceptualización do populismo fai das categorías de Laclau unha referencia imprescindible para entender as experiencias de cambio político, formación de gobernos nacional-populares e reforma estatal en Latinoamérica a comezos do século XXI; pero ao mesmo tempo pode ser a causa do ninguneo ou a hostilidade cara a este "último Laclau" en España pese á súa influencia intelectual e recoñecemento académico en Europa e Latinoamérica. Porque hai que recordar que as experiencias latinoamericanas de inclusión e expansión democrática prodúcense entre a hostilidade do pensamento conservador e a incomprensión da maior parte da esquerda para a que o populismo é unha falsificación ou distracción máis ou menos daniña das verdades xa constituídas.

Como hai que recordar tamén da man de Marco d'Eramo no seu artigo "O populismo e a nova oligarquía" (New Left Review 82) que en Europa se atravesa un momento significativo no que a medida que avanza a ofensiva oligárquica, o empobrecemento e o desprezo das élites polo pobo até como instancia lexitimadora, aumentan as acusacións de "populismo" contra calquera mostra de descontento ou reivindicación do papel dos moitos nos asuntos comúns. Unha latinoamericanización da política na europa meridional que achega as discusións e pon por primeira vez os compás mirando ao sur, non para copiar senón para traducir, reformular, saquear o arsenal de conceptos e exemplos. Unha latinoamericanización que se desprega por arriba pero tamén por abaixo. Non é un segredo para ninguén que algunha iniciativa política recente no noso país non sería posible sen a contaminación intelectual e a aprendizaxe dos procesos vivos de cambio en Latinoamérica, e dunha comprensión do rol do discurso, o sentido común e a hexemonía que é clara debedora do traballo de Laclau entre outros.

Ernesto Laclau faleceu cando máis falta facía, no filo dun momento de incerteza e apertura de gretas para posibilidades inéditas. Para pensar os desafíos da sedimentación da irrupción plebeia e constituínte nos estados latinoamericanos e para atreverse no sur de Europa cos retos de como converter o descontento e sufrimento de maiorías en novas hexemonías populares. Déixanos fronte a esa tarefa pero non sos, senón cunhas categorías vivas e unha veta aberta e rica de pensamento audaz e radical, a estudar, traducir e levar máis aló dos seus contornos, como fixese el mesmo coas ideas de Antonio Gramsci, atoparlle aliados insospeitados, ocos inadvertidos e potencialidades non previstas. Deixa sementado, xunto con moitos outros, o caudal intelectual e político dunha América Latina que ha expandido o horizonte do posíbel e devolveunos a política como creación, tensión e apertura. Tamén como arte cotiá e plebeio. Unha América Latina que demostra que ás veces, con máis audacia e creación que esencias, con máis estudo que dogmas, con máis insolencia que garantías e manuais, si se pode.

Publicado o 22 de Abril de 2014, na web do, recen creado, Centro Estratéxico Latinoamericano de Xeopolítica -CELAG: http://www.celag.org/

[*] Íñigo Errejón, Doutor e investigador en Ciencia Política na UCM e responsable de estratexia e comunicación de Podemos.

Notas.-

Ernesto Laclau (Bos Aires, 6 de outubro de 1935 - Sevilla, 13 de abril de 2014), foi un teórico político arxentino frecuentemente chamado postmarxista. Era investigador, profesor da Universidade de Essex, e Doutor Honoris Causa da Universidade de Bos Aires, Universidade Nacional de Rosario, Universidade Católica de Córdoba, Universidade Nacional de San Juan e Universidade Nacional de Córdoba. Entre os seus libros máis mencionados atópanse "Hexemonía e Estratexia Socialista" (1985) e "A Razón Populista" (2005). Era Director da revista "Debates e Combates"[Wikipedia].

Chantal Mouffe, (Charleroi, 1943) é unha politóloga belga. Xunto a Ernesto Laclau deu o pé á corrente filosófica chamada posmarxismo, na que se repensa a herdanza marxista ao beirado das transformacións sociais das últimas décadas, período chamado por algúns teóricos modernidade tardía ou postmodernidade. Xunto a Laclau, foron activistas nas loitas sociais dos anos 60's. O pluralismo agonístico é revisado en gran parte das súas obras; unha defensa acérrima da democracia como proxecto político fronte a correntes menos abertas, como as que se formaron ao beirado dos socialismos reais. Con todo, unha das teses que defende de Karl Marx é a da historia do home como historia do conflito. Así, sen ese antagonismo, "a sociedade non pode existir". [Wikipedia]
  • Libro "Hexemonía e Estratexia Socialista" - "Hegemonía y estrategia socialista(1985), 328 páxinas, en español, formato pdf : Acceder/Baixar.
  • Sitios-e sobre o libro "A Razón Populista" - "La Razón Populista" (2005), no bucador libre DuckDuckGo.

Enviado:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
17 de setembro de 2014 10:58

____________

xoves, setembro 18, 2014

Admitido, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión que denega a nulidade do novo PXOM de Mugardos en execución de Sentencia


Admitido o Recurso de Casación contra a decisión que denega a nulidade do novo PXOM de Mugardos en execución de Sentencia.


O Tribunal Supremo cuestiona as manobras do Concello de Mugardos para legalizar Reganosa.

O día 15 de setembro o Tribunal Supremo comunicou ás asociacións que constitúen o Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) que admitía o seu recurso de casación, presentado por ter aprobado o Concello de Mugardos no ano 2012 unha modificación urbanística que pretendía legalizar a instalación de Reganosa.

Esta modificación foi aprobada polo Concello de Mugardos e a Xunta de Galicia coa máxima urxencia, en apenas 15 dias, debido a que o mesmo Tribunal Supremo en sentencia inapelable, o dia 22 de abril do ano 2012, ditaminaba a ilegalidade de Reganosa.

O CCE, e o Tribunal Supremo, considera esta aprobación como unha manobra e un intento das institucións para saltarse a sentencia do T.S. motivo polo cal admite o recurso.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc



Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
18 de setembro de 2014 00:12

________________

Enlaces de interese relacionados:

Ártabra 21: Rolda de Prensa sobre a Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental - Fotos e Vídeo - Nota de Prensa, Audios e Fotos remitidas polo Comité

Ártabra 21: Rápido, depresa, correndo e prevaricando, a Xunta de Galicia apurou-se a aprobar unha modificación do PXOM mugardés co ánimo de chulear a Sentenza do Tribunal Supremo que declara a Reganosa ilegal


Ártabra 21: O Supremo anula o cambio do PXOM de Mugardos que amparou a Reganosa. O Concello aprobou fai apenas dous meses a revisión do plan xeral para blindar a regasificadora . "A sentenza non cuestiona a legalidad da planta", sostén, o alcalde do BNG, Xosé Fernández Barcia
___________________________

Unha nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra terá lugar este xoves 18 de Setembro, no Ateneo Ferrolán


XI Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra

Nova Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, que terá lugar o xoves 18 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, ás 19:30hs.

Esta Asemblea é aberta a todas as persoas que queiran participar, mais pregamos especial asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debatirán puntos fundamentais sobre a mobilización que se planea celebrar o vindeiro 29 de Novembro en Santiago de Compostela.

Os puntos a debatir serán os seguintes:

1.- Elección de moderador/a.

2.- Definición e reparto de tarefas relacionadas coa mobilización do 29-N

3.- Proposta de engadido ao manifesto redactado para a mobilización do 29-N. Coa fin de axilizar, incluímos a proposta realizada por Alberto Espiñeira.

Versión curta. A engadir despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil.
Un paro que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro.
Versión longa. A engadir tamén despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil.
Un paro que é unha negación do dereito ó traballo, e que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro, e iso é unha decisión política, o repartir as cousas de isa maneira.
De novo o paro é outra estafa, nos medios de comunicación dise que a economía ten que medrar por riba do 2,5% para que se xenere emprego, e polo que se ve, se non hai crecemento ten que haber xente que non teña nin pan, nin traballo, nin teito, nin a dignidade que iso conleva.
E podemos facer a seguinte reflexión, ¿non será que o problema está no reparto que fan da riqueza, e de como manexan a mesma para someter a xente?, pero non, botanlle a culpa a un parámetro económico, que lle chaman o 2,5 %.
Proposta inicial de Manifesto: : Acceder/Baixar.
4.- Rogos e preguntas.

Non faltes, participa !!


Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Información baseada na enviada por: Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
17 de setembro de 2014 23:54
______________

mércores, setembro 17, 2014

Apupan ao Rei, a Feijóo, a Wert e a Vázquez por inaugurar o curso nun centro público mentres se desmantela o sistema educativo - Vídeo


A CIG-Ensino denuncia que se limitou o dereito de manifestación durante a visita do monarca español ao centro Ben-Cho-Shey de Ourense

CIG-Ensino denunciou esta mañá, no decurso da concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público coincidindo coa inauguración do curso escolar no centro Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, a hipocrisía das institucións que participaron no acto: Monarquía, Xunta, Ministerio e Consellaría de Educación.


Veñen inaugurar o curso, nun centropúblico, institucións que son precisamente as artífices do seu desmantelamento”, afirmou Anxo Louzao.

O secretario nacional da CIG-Ensino denunciou ademais que malia ter solicitado e concedido, en tempo e forma, o permiso de concentración, a policía impediu ás persoas congregadas diante do centro Ben-Cho-Shey colocarse en fronte do propio colexio.

Louzao explica que as e os asistentes á mobilización foron desprazados varios metros para que cando pasara a comitiva “os señores monarcas non nos viran”.

Pero o máis grave é que un grupo dunhas 40 ou 50 persoas foron retidas a un quilómetro de distancia e non se lles permitiu avanzar até que non pasaron os reis. Unha actuación policial coa que a CIG-Ensino considera que se conculcaron os seus dereitos fundamentais, nomeadamente o dereito á liberdade de expresión.

A pesar disto, a Plataforma conseguiu o seu obxectivo, desenmascarar este tipo de actos que Louzao cualificou como “propagandísticos, cargados de cinismo e hipocrisía”, ao que engadiu que “non nos pasa desapercibido que sexa a monarquía española quen veña inaugurar o curso a Galiza porque tanto esta institución, como o ministro de Educación,ou a consellaría, están ao servizo da españolización, da defensa dos intereses do ensino privado, clasista e confesional”.

Para a CIG-Ensino é “unha tomadura de pelo, un sarcasmo e unha provocación” que se inaugure ademais o curso nun concello e nun centro “ao que se lle negou no seu día a ampliación dunha unidade e porén simultaneamente,se concertaba con dous centros privados no mesmo concello”.

O portavoz da plataforma e secretario nacional de CIG-Ensino tamén considerou outra provocación que para o acto oficial se escollera precisamente un centro que leva o nome de Ben-Cho-Shey, “unha persoa da historia do noso país que tiña ideais diametralmente opostos ao que poden representar as institucións e persoas que están inaugurando este curso”, dixo.

Con esta mobilización a Plataforma e a CIG tiñan ademais como obxectivo denunciar a posta en marcha dun curso escolar conflitivo, pola supresión de 63 unidades no ensino público mentres se amplían en 79 as unidades no privado concertado e pola aplicación da LOMCE, que introduce novos recortes na ensinanza pública, pon en tea de xuízo a igualdade de oportunidades e o dereito á educación.

A este respecto Louzao denunciou o “cúmulo de despropósitos” da consellaría, pola publicación dos currículos cando xa estaba comezado o curso e a actitude do propio conselleiro de Educación “sobre o que pesa máis o seu posicionamento ideolóxico, a súa submisión absoluta aos mandatos de Madrid e a defensa dunha visión retrógrada e reaccionaria do ensino que o seu deber de estar ao servizo dun sistema educativo galego de calidade, que defenda a normalización lingüística e que garanta unha praza e un ensino de calidade a todas e todos os cidadáns galegos”.

Publicado en CIG-Ensino | 16.09.2014

__________________

A-pagar a Luz - Vídeo - Analizamos o modelo enerxético, os seus desequilibrios, as súas irritantes peculiaridades... Pero tamén as alternativas posibles, viables e reais hoxe e aquí


Analizamos o modelo enerxético, os seus desequilibrios, as súas irritantes peculiaridades... Pero tamén as alternativas posibles, viables e reais hoxe e aquí. Preguntámoslle ao economista Adrián Dios e a Angel Montero, un dos impulsores da primeira cooperativa enerxética galega.

O sector enerxético e os seus desequilibrios son fonte de queixa histórica. As continuas subas do prezo da luz fronte ao incalculable potencial produtor do noso País é unha das principais situacións de afogamento económico que podemos constatar hoxe en día. Afondamos na análise do sector, nas súas contradicións e tamén en alternativas posibles e reais hoxe e aquí.

Adrián Dios é economista, intenso coñecedor do sector enerxético e pedagóxico especialista nun mundo no que, como el explica, os beneficios caen do ceo. Ángel Montero é un dos impulsores da primeira cooperativa enerxética galega, mirándose ao espello do que é plenamente habitual no resto de Europa. Contrastamos a teoría e a práctica para evidencia que é posible entender para mudar.

Quinteiro é un proxecto comunicativo de comarca do Umia.

Canle: Quinteiro do Umia.

Sitio-e de Quinteiro: http://quinteirodoumia.wordpress.com/.


http://youtu.be/LuhQ_hZeVLg


Publicado por Quinteiro do Umia| 16.09.2014.

A Nosa Enerxía Soc. Coop. Galega:
http://nosaenerxia.com/

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
17 de setembro de 2014 16:05

________________

Representación Audiovisual "Falando Claro" de Pepe Sendón, este xoves día 18 de setembro ás 20hs no Ateneo Ferrolán


O xoves día 18 de setembro no salón de actos do Ateneo Ferrolán ás 20 h.
Representación Audiovisual "FALANDO CLARO" un traballo de PEPE SENDÓN sobre a figura de Claro José Sendón Lamela.

A historia do anarquista de Louro, Claro José Sendón Lamela (1897-1937)


Somos Cultura. Salvemos o Ateneo

Soci@s: 4 € /// Non Soci@s: 6 €

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!
https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
17 de setembro de 2014 17:22
____________________

A Alternativa Galega de Esquerda reclama á Xunta que actúe para protexer os fondos da biblioteca e da hemeroteca do Ateneo Ferrolán


O Concello de Ferrol xoga a asfixiar a histórica agrupación cultural malia que os materias que atesoura pertence á rede de bibliotecas de Galicia e contan cunha figura especial de salvagarda


As obras de mellora do edificio cedido polo Concello de Ferrol ao Ateneo da cidade, realizadas entre 2010 e finais de 2012, desembocaron nun ataque do Partido Popular á unha das institucións culturais senlleiras da cidade, por extensión, do país. Os seus importantes fondos de hemeroteca e biblioteca -con coleccións de máis de 450 cabeceiras e 7.500 volumes, respectivamente- atópanse en mans da empresa Mudanzas Félix, que reclama 39.000 euros pola súa almacenaxe durante o tempo que durou a reforma. O concello, gobernado polo PP e cun alcalde mergullado na Operación Pokemon, négase a pagalos, aínda que adquirira o compromiso previo de facelo. “O Ateneo, fundado en 1879, sempre tivo problemas en épocas de ditaduras e de réximes autoritarios. Agora é o PP de Ferrol, de xeito sibilino, que ataca a institución”, expuxo esta mañá o seu presidente, Eliseo Fernández, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia coa viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda Yolanda Díaz e o deputado Xabier Ron.

Precisamente o grupo parlamentario de Díaz e Ron esixiu á Xunta que asine un convenio de colaboración co Ateneo que “garanta as condicións materiais necesarias para que os fondos da biblioteca hemeroteca teñan condicións óptimas de preservación e consulta nas dependencias” da agrupación. Mañá, na comisión parlamentaria de cultura, Alternativa Galega de Esquerda defenderá unha proposición non de lei (pnl, no documento anexo) neste sentido. ”Pedimos este convenio coa Xunta”, explicou Yolanda Díaz, “para que sufrague o gasto do almacén e os materiais do Ateneo volvan ao seu lugar. Se o PP non o acepta, será unha actitude delitiva, e non só en termos metafóricos”. A biblioteca do Ateneo de Ferrol está declarada polo Goberno autónomo como de “titularidade privada de especial interese” e dende 1996 intégrase na Rede de Bibliotecas de Galicia. “Todo este asunto”, denunciou o parlamentario Xabier Ron, “tamén amosa a incompetencia do responsábel de Cultura na Xunta, o señor Anxo Lorenzo, que a preguntas dos xornalistas respondeu que non coñecía o tema”.

Eliseo Fernández ofreceu datos da efectiva mestura de ineficacia e mala vontade do Partido Popular das administracións local e nacional. “Os 39.000 euros que reclama Mudanzas Félix serían menos se o concello cumprise o seu compromiso e pagase nada máis rematar as obras no Ateneo, a comezos de 2013”, lembrou. A reforma do edificio, situado no histórico barrio da Ilustración, a Magdalena, custou un millón de euros así que, engadiu Fernández, “non se entende que o concello non pague agora os 39.000 euros que o Ateneo non ten”. O alcalde ferrolán, Jose Manuel Rey Varela, nin sequera recibiu á dirección do Ateneo, malia que esta llo solicitou en repetidas ocasións, xa dende antes de que estourase o problema actual. “O que vemos é como o PP aposta por aparatosas infraestruturas culturais baleiras”, concluíu o presidente do Ateneo, o historiador Eliseo Fernández, antes de remachar: “Nós pedimos sensibilidade, comprensión e xustiza”.

Antes da chegada do Partido Popular á alcaldía ferrolá, un convenio municipal contribuía ao funcionamento do Ateneo ferrolán. Ese convenio desapareceu. Unha manifestación cidadá percorreu onte as rúas de Ferrol en apoio á histórica agrupación cultural.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Foto: o historiador e presidente do Ateneo Ferrolán Eliseo Fernández, a viceportavoz de AGE Yolanda Díaz e o deputado Xabier Ron.

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
Gabinete de comunicación do grupo parlamentario
Tania Porta e Daniel Salgado
606 675 524 / 619007734
tania.porta@parlamentodegalicia.es
daniel.salgado.garcia@parlamentodegalicia.es
prensa@alternativagalega.com
twitter.com/alternativagz
http://www.facebook.com/AlternativaGalega
http://www.youtube.com/user/HaiAlternativa?feature=mhee

Enviado por:
Paula
-pmeizoso@gmail.com-
17 de setembro de 2014 13:32

_______________