Juan Antón Mora en Esmelle, este Xoves 9 de Outubro, ás 6 da tarde, en Esmelle, no local social da Asociación Veciñal, propoñendo un debate no que trataran-se temas como a soberanía alimentaria e os Bosques de Alimentos, a aplicación do deseño de permacultura noutros ámbitos, estratexias para a substentabilidade e a autoxestión nas cidades, aproveitamento de espazos comúns e públicos ou os modelos de convivencia, ...
---
Hai persoas que dedican a súa vida a intentar demostrarnos que si se quere, pódese. Juan Antón é unha delas. Desde o seu bosque de alimentos de Alzira, Valencia, Juan suscítanos a súa alternativa para paliar o fame alí onde ataque. Dámosche entrada a súa casa para que coñezas un pouco máis a unha das figuras crave da permacultura ibérica.
Na cortometraxe dirixida polo recentemente falecido artista canadense Frédéric Back "The man who planted trees / L'homme qui plantait deas arbres" (1987) un pastor anónimo decide reforestar un esquilmado val situado nos Alpes, na rexión de Provenza. Ao longo de 40 anos e tras un proceso de observación do comportamento da natureza, o pastor Bouffier continúa plantando árbores, até converter a zona, xa na súa senectude, nun exuberante bosque.
Do mesmo xeito Juan Antón Moura (11 de Novembro de 1935) leva máis de 15 anos demostrándonos que a autonomía alimentaria é posible a través do seu bosque de alimentos situado entre os laranxais de Alzira (Valencia). Máis de 80 especies diferentes de árbores, arbustos e plantas pelexan e loitan por facerse un oco e florecer, sempre cunha única premisa: que dean un froito comestíbel. Porque para Juan "onde hai un bosque de alimentos non hai fame" e o fame é "o principal problema do mundo". Por iso cultiva todo tipo de especies, locais ou non, de tempada ou non, invasivas, trepadoras, oriundas de diferentes zonas climáticas do planeta. Porque o importantes é que fructifiquen e dean comida, así que para Juan Antón trátase de probar até atopar o equilibrio e si funciona, si un grupo de árbores parece levarse ben e prosperar, pois adiante. Para Juan a vida é acción, é facer, é crear e experimentar.
El e todo o que fai son o exemplo de que pode facerse si se quere facer, como cando logo dunha visita a Honduras onde foi a axudar a crear outro bosque comestíbel, coñeceu a un raparigo que traballaba limpando coches. Este contoulle que o que a Juan custáballe o seu paquete de tabaco diario supoñía practicamente a súa xornada de traballo e Juan non o dubidou, deixou o tabaco e comezou a aforrar diariamente o prezo do paquete e media que se fumaba. Co diñeiro que conseguiu aforrar durante anos comprou dúas hectáreas de terra no Congo e a través dunha ONG conseguiu iniciar un proxecto para crear un bosque de alimentos e unha vivenda. O proxecto non saíu como el esperaba e algunhas persoas con non moi boas intencións aproveitáronse da súa boa vontade (Juan explícao nas súas charlas conectándoo con outros conceptos sociais e de modelos de convivencia), pero el non deixa no seu empeño e a día de hoxe está desenvolvendo un novo proxecto aínda máis ambicioso e supervisado por el mesmo en Senegal, onde viaxará nas próximas datas.
Para Juan, "onde hai un bosque de alimentos non hai fame" e o fame é "o principal problema do mundo".Nada máis entrar no bosque de alimentos de Alzira, un acórdase do gran permacultor e biólogo xaponés Masanobu Fukuoka e a súa "revolución dunha brizna de palla". Do mesmo xeito que Fukuoka, Juon Antón deixa que a natureza se mesture "ao seu aire" e limita a intervención humana ao mínimo para simplemente condicionar o resultado final de cara á optimización e o aproveitamento máximo do espazo. Para el existen dous tipos de agricultura, "a da dependencia" que nos constrinxe á utilización de produtos químicos externos para poder obter unha produción decente e a da propia natureza, que crea os seus propios alimentos e sostense sen a necesidade de intervención exterior, creando ecosistemas equilibrados. No seu bosque uno pode atopar desde plátanos até papaias, pasando por todo tipo de froitas, hortalizas e verduras de tempada e os inevitables laranxeiras, típicos na rexión.
De feito Juan Antón explica moi ben como o problema do monocultivo de laranxeiras fixo dano a toda a rexión, un campo privado dos seus propios recursos para rexenerarse logo de décadas de agroquímicos e no que constantemente deben combater as pragas con todo tipo de praguicidas. Son estas pragas recorrentes no horto de Juan? Non. Aplicando os métodos que Alwin Seifert, un paisaxista alemán , aínda que adscrito ao réxime nazi, fixo achegas de interese ao mundo da ecoloxía que expón no seu libro "Agricultura Sen Venenos" e baseándose nas súas observacións decatouse de que as propias árbores ocúpanse de extinguir as pragas perniciosas e de que a propia natureza encárgase de que sobrevivan as árbores máis resistentes e mellor adaptadas, as que teñen unha sabia máis amarga que non atrae ao pulgón, por exemplo.
Do mesmo xeito que Fukuoka, Juan Antón deixa que a natureza se mesture "ao seu aire" e limita a intervención humana ao mínimo para simplemente condicionar o resultado final de cara á optimización e o aproveitamento máximo do espazo
Juan leva anos invitando a todo aquel que queira comprobar todo isto cos seus propios ollos todo o que aquí se describe. Rara é a semana na que non recibe a algún visitante interesado polo ruído que está xerando a súa aposta decidida polos bosques de alimentos como camiño cara á autonomía alimentaria. Si estás perto de Alzira ou de paso el está encantado de recibir visitas e colaborar con quen estea disposto a sumar e a prender e, por suposto, a ensinarlle. Unha vez dentro da súa casa ao visitante tamén lle sorprenderá a variedade de especies que se aglutinan no invernadoiro ou as diferentes disposicións que en forma de hortos colgantes, maceteiros de toda índole ou enredadeiras asómanse por paredes e tellados. Pepinos, guindillas, tomates cherry teñen oco á beira dalgunha das variedades do popular kalanchoe.
Juan é en definitiva un permacultor dos pés á cabeza e un home sabio e bo que intenta axudar aos demais a través da súa experiencia, o seu coñecemento e o seu bosque de alimentos, estendendo a idea por toda a península e outras latitudes.
Unha vez dentro da súa casa ao visitante tamén lle sorprenderá a variedade de especies que se aglutinan no invernadoiro ou as diferentes disposicións que en forma de hortos colgantes, maceteiros de toda índole ou enredadeiras asómanse por paredes e tellados
Home de acción e viaxeiro incansábel son decenas os proxectos cos que colabora ou colaborou e centos as charlas e coloquios que ofreceu ou moderado.
Nese sentido, Larutanatural enorgullece-se especialmente de contar con el como un dos seus colaboradores e de poder levar o seu coñecemento xunto cos nosos compañeiros de Pumido ao Natural no val de Esmelle, en Ferrol (Galiza).
Publicado en 'La Ruta Natural'. | 04.10.2014 | Ir a Web.
http://youtu.be/AOk3am_6ewE
Enlace moi interesante | SideWays é unha webserie documental que propón episodios multimedias presentando iniciativas sociais inéditas. | A través de SideWays, queren dar a ver iniciativas positivas e orixinais, nas cales os seus creadores impulsan camiños solidarios e inovadores, a miúdo vinculados cunha utilisación intelixente da rede. |Ir a Web.
Información baseada na enviada por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
forosocialdeferrolterra@gmail.com-
Colectivo Pumido Natural
-pumidoaonatural@gmail.com>
7 de outubro de 2014 23:35
_______________