luns, marzo 16, 2015

Mareas Cidadás e Iniciativas Municipalistas reuníronse en Pontevedra para acadar formulas de colaboración - A Marea Ártabra participou no Encontro - A declaración de Pontevedra: A Cooperación dos Espazos de Unidade


Marea Pontevedra foi a anfitrioa este domingo dunha xuntanza de Mareas Cidadás e Iniciativas Municipalistas de distintas cidades e vilas de Galicia. | A Marea Ártabra participou no Encontro. | A declaración de Pontevedra: A Cooperación dos Espazos de Unidade.


Tal como sinalou o candidato da Marea Pontevedra, Luís Rei, “desde Pontevedra, queriamos poñer os consensos da Marea Pontevedra ao servizo do resto das Mareas e facilitar espazos de cooperación efectivos
Para Marea Pontevedra tratase “de candidaturas municipalistas, de unidade cidadá, e soberanas nas nosas decisións; pero non candidaturas localistas senón que temos visión nacional.

De candidaturas de cambio local, pero entendemos tamén que existe un cambio global que non debemos perder de vista.

De candidaturas democráticas e contrarias a manter estruturas como as deputacións, pero somos conscientes da importancia que estas teñen na vida diario dos nosos concellos
”.

Nesa dirección o encontro serviu para aprobar unha declaración que co titulo “a cooperación dos espazos de unidade” vai ser enviada ás case cuarenta iniciativas cidadás para a súa adhesión.

Entre as mesmas estará Marea Atlántica e as outras Mareas das sete cidades galegas (Compostela Aberta, Lugo Novo, Marea de Vigo, Marea Ártabra, Ourense en Común, e a propia Marea Pontevedra), ademais de outras de vilas como Ames Novo, Ribadeo en Común, Boiro Novo, Ribeiro en Común, Betanzos Novo, Marea Marín, entre outras.

A DECLARACIÓN DE PONTEVEDRA
A COOPERACIÓN DOS ESPAZOS DE UNIDADE


Reunidas en Pontevedra Mareas Cidadás e Iniciativas Democráticas que concorreremos ás próximas eleccións municipais DECLARAMOS:
As eleccións europeas de 2014 deixaron aberta no sistema político bipartidista unha fenda que reforza o discurso social de que o cambio é posible e, asemade, estimula a acumulación de forzas nun ambicioso e esperanzador proceso de unidade popular.

Nesta conxuntura, as vindeiras eleccións municipais constitúen unha oportunidade única para avanzar cara á creba democrática, na estela do ciclo aberto polo movemento democratizador do 15M hai catro anos. Este avance reclama proxectos de auto-organización popular e unidade de acción coma os que están artellando mancomunadamente as forzas políticas e sociais incardinadas nun espazo de ruptura co réxime.

Promovidos por distintos axentes sociais e políticos activos, constituídos en cidadanía auto-organizada, os procesos de conformación de candidaturas populares están xa espallados por un gran número de concellos de todo o país, conformando un abano amplo e diverso.

Somos candidaturas municipalistas, de unidade cidadá, e soberanas nas nosas decisións; pero non somos candidaturas localistas senón que temos visión nacional.

Somos candidaturas de cambio local, pero entendemos tamén que existe un cambio global que non debemos perder de vista.

Somos candidaturas democráticas e contrarias a manter estruturas como as deputacións, pero somos conscientes da importancia que estas teñen na vida diario dos nosos concellos.

A confluencia desde a base, xerada para dar respostas ás dinámicas propias de cada localidade, pídenos agora un segundo paso cara á conformación dunha rede que outorgue a máxima visibilidade á aposta por ese proceso de ruptura no conxunto do país, para posteriormente cooperar desde as institucións e nos gobernos municipais para mudar a realidade.
Facemos un CHAMAMENTO a todas as candidaturas municipais do espazo de ruptura a sumarse a esta declaración como actores principais e decisivos e buscar formulas de colaboración cara as leccións municipais de maio.

Pontevedra, a 15 de Marzo, de 2015

A Declaración en formato pdf | Acceder/Baixar.

Fonte web da Marea de Pontevedra.

A noticia en diferentes medios:

Galicia Confidencial | 15.03.2015 | As "Mareas Cidadás" inician o proceso de unión para as municipais. | As distintas candidaturas de unidade popular non desartan alianzas para trasladar o cambio ás deputacións. Destacan que son as continuadoras das protestas do 15M e apuntan que "o cambio é posible". | Ir á Web.

Praza Pública | 15.03.2015 | Mareas municipais apostan por formaren unha "rede" con "visión nacional". | Ir á Web.

Europa Press | 15.03.2015 |     
Mareas cidadás reivindican a "soberanía" das súas decisións. | Marea Pontevedra insta a todas as candidaturas municipais do "espazo de ruptura" a sumarse á declaración aprobada este domingo. | Ir á Web.
_____________

sábado, marzo 14, 2015

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do LNG 'Iberica Knutsen', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Luns 16 de Marzo, ás 7 da Tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 16 DE MARZO, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

O "LNG Iberica Knutsen", ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 16 de Marzo de 2015. Un buque gaseiro, de máis de 277 metros de eslora, 43,44 de manga e un calado de 11,2m, que pode cargar sobre uns 138.000 de m³ de gas natural licuado (LNG / GLN). O "LNG Iberica Knutsen" vai enfilar a súa proa para entrar pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.000 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos, onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los día, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos (Punta Promontorio). De entrar este buque, será o número 190 que descarga, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


O 11 de Maio de 2012 ditou-se a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de março de 2015 10:26
_______________

venres, marzo 13, 2015

As Marchas da Dignidade Ferrolterra, volven a Madrid o sábado 21 de marzo, coa Columna Galega - Para apuntar-se nos Autobuses hai un telefono o 603213863


O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID, CAMIÑO DA FOLGA XERAL
A PAN TRABALLO E TEITO O POBO TEN DEREITO!!


Hai un ano, o 22 de marzo do 2014, un millón de persoas manifestabámonos en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega das Marchas da Dignidade apoiando a necesidade de combater tanta agresión. Agora, de novo, miles de persoas dos diferentes territorios e nacións do estado, e centos de loitas e causas xustas berraremos “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!. En Madrid a Columna Galega partirá andando da estación de tren de Chamartín ás 15:00hs até os xardíns do Descubrimento, na zona de Colón (6,4 km) onde rematará a marcha con un gran acto final onde confluirán na Praza de Colón, ás 6 da tarde (18:00hs) todas as Marchas que proceden dos diferentes territorios e nacións do Estado.

Prezo do AUTOBÚS A MADRID (Ida/Volta): 28 euros | Saída ás 6 da mañá do sábado 21 de marzo, DESDE FERROL, da Praza Dez de Marzal, entre as Casas Baratas e As Pías, pasando por Caranza, Fene e Cabanas e volta desde Madrid entre as 11 e 12 da noite

Telef. das Marchas da Dignidade Ferrolterra para anotar-se nos Autobuses: 603 213 863

De interese:
  • Buses de 55 prazas, adaptados para o aceso de persoas con mobilidade reducida que usen cadeira de rodas, cómodo, con baño, neveira pequena para quen queira poñer arrefriar algo e cafeteira.
  • Prezo do billete (ida e volta) 28 euros.
  • Límite para anotarse 19 de Marzo ás 18:30 horas.
  • Límite para anotarse as persoas que usen cadeira de rodas 17 de Marzo ás 18:30 horas.
  • Quen queira vir nos autobuses ten que dar o seu nome e un teléfono de contacto.
  • A cada marchista se lle entregara un billete e unha folla de ruta con todos os datos básicos e os números de telefono das persoas responsábeis de cada autobús.
  • SAÍDA ás 06:00hs do sábado 21 de Marzo desde a praza "10 de marzal" en Ferrol (entre as Pías e as casas Baratas).
  • PARADAS para recoller a marchistas: Caranza, Fene e Cabanas.
  • MANIFESTACIÓN cando cheguemos a Madrid concentrámonos a Columna Galega na estación de Chamartín e saímos andando até Colón, son sobre 6,4 Km. Onde se finalizará a Marcha .
  • VOLTA entre as 23:00 e as 24:00 do sábado 21 de marzo.
  • Recomendacións calzado cómodo, mirar a predición do tempo en Madrid para saber a roupa de abrigo a levar, levar bocadillos e auga.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Telefono: 603 213 863



Vindeiros eventos das Marchas da Dignidade Ferrolterra
:

Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
13 de março de 2015 00:28
__________________

O Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia, vén corroborar o que veñen denunciando desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e as diferentes plataformas locais e a galega SOS Sanidade Pública - Achega-se o texto do informe

Valoración sobre o informe da Comisión de Bioética

O Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia (cuxa publicación foi bloqueada pola Consellería de Sanidade o que desencadeo a dimisión de 7 membros da mesma), vén corroborar o que vimos denunciando desde fai tres anos:
  1. Que o Real Decreto Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde atenta contra a universalidade a equidade e a accesibilidade á asistencia sanitaria,.
  2. Este cambio na lexislación, esta xerando desigualdades inxustas e inaceptables, eticamente, desde a óptica sanitaria, xurídica e social.
  3. A necesidade imperiosa de derrogar este instrumento legal que pretende reducir gasto sanitario, a costa de recortar o dereito fundamental á saúde de todos e todas as cidadás e cidadáns, teñan ou non traballo ou a posibilidade de cotizar como as persoas inmigrantes ou a mocidade en desemprego.
Desde a nosa Asociación queremos denunciar a incapacidade da actual Xunta de Galicia de tolerar a menos crítica, aínda que proveña dunha Comisión cuxos membros foron elixidos pola propia Consellería (o que supón que son da súa confianza) e que reflicte unha situación de fraxilidade política e deterioro ético incompatibles coa función de xestionar o sistema sanitario público galego.

12 de marzo, de 2015

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública -AGDSP.

Informe da Comisión Galega de Bioética sobre a Desigualdade na Asistencia, | aprobado o 17 de Setembro de 2014. | Ocultado pola Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, perante todos estes meses | 16 páxinas en formato pdf | Acceder/Baixar.

O asunto na rede a través do buscador libre (gnu-linux): DuckDuckGo.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
13 de março de 2015 01:06

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_________________

Presentación en Ferrolterra da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres: "Corpo e Territorio" - Coa actuación de Saravá Criolo no Ateneo Ferrolán, o mércores 18 de marzo


PRESENTACIÓN DA IV ACCIÓN INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Presentación en Ferrolterra da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres: "Corpo e Territorio"

Día: Mércores, 18 de marzo de 2015.
Hora: Pola tarde, ás 19:30hs.
Lugar: En Ferrol, no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).

Esta acción consistirá nunha Caravana Feminista Europea que nos servirá para visibilizar e conectar movementos, loitas e resistencias de mulleres.  Comezou no Kurdistán Turco o día 8 de Marzo e cruzará Europa de leste a oeste e de norte a sur, para finalizar en Portugal o 17 de Outubro deste ano 2015, e que pasará por Galiza do 5 ao 11 de Outubro.

Convidámosvos a que coñezades o proxecto e que participedes del en calquera parte do seu percorrido. Convidámosvos especialmente a que vos unades a esta Caravana no seu paso por Galiza.

Actuarán para nos SARAVÁ CRIOLO e teremos bebida e algúns petiscos.

MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
13 de março de 2015 00:58
_________________

xoves, marzo 12, 2015

A Marcha Mundial das Mulleres pide a dimisión de Verónica Casal como Concelleira-Delegada de igualdade de Ferrol


A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES PIDE A DIMISIÓN DE VERÓNICA CASAL COMO CONCELLEIRA-DELEGADA DE IGUALDADE

A Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra quere denunciar publicamente a actitude que mantén con esta organización a Concelleira-delegada de Igualdade Verónica Casal dende que ocupa o seu posto como Concelleira.

A súa primeira actuación foi enviarnos á policía municipal para prohibirnos o pintado das siluetas que a Marcha facemos nas concentracións que convocamos cando unha muller é asasinada vítima da violencia machista na Galiza.

O seu seguinte paso foi denegarnos unha subvención, fronte ao que presentamos recurso, e do que nunca tivemos unha resolución oficial pero si extraoficialmente soubemos que fora resolto ao noso favor. O resultado foi que non recibimos a subvención. Era o que realmente querían.

Pero a cousa non quedou aí tampouco, elaboran o III Plan de Igualdade e “casualmente” a MMM é a única organización que non foi chamada a participar nas mesas de traballo constituídas para a elaboración do Plan.

No ano 2014 solicitamos dúas veces por escrito a través do Rexistro Xeral do Concello e unha vez de palabra no grupo municipal do PP entrevista coa concelleira para falar con ela, e darlle solucións a negación do pintado das siluetas, e tal a súa prepotencia que non se dignou  contestarnos.

Pero no último Consello Sectorial , a unhas preguntas da compañeira da Marcha que asistía a ese Consello, a Concelleira reafirmou a súa negativa a reunirse nunca máis coa MMM coa escusa de que na única reunión que tivera con nos debido ao tema das siluetas sentírase insultada por unha das nosas compañeiras, que efectivamente lle dixo que demostraba moi pouca sensibilidade co tema da violencia machista. A Concelleira-delegada botouna da reunión, por suposto as catro compañeiras que alí estabamos abandonamos esa reunión polo inxusto da expulsión da compañeira. Facerse a ofendida foi a única saída que ela atopou á reunión que estabamos a manter.

Que tipo de política é Verónica Casal?? Qué tipo de políticas de Igualdade pretende levar adiante sen atender ás propostas e incluso ás críticas da cidadanía??? Qué tipo de demócrata é Verónica Casal e o Goberno que a mantén no seu posto?

A CL da MMM pide a dimisión da Concelleira-delegada de Igualdade Verónica Casal pola insensibilidade cara os temas da súa concellería, por antidemócrata e por prepotente.
--
MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
12 de março de 2015 20:50
_________________

Foto da Concelleira de Igualdade e Xuventude, Verónica Casal Míguez, nunha rolda de prensa en Xullo de 2014 | Arquivo da web do Concello de Ferrol.
____________________________

A Columna Galega das Marchas da Dignidade, denuncian á RENFE e o Ministerio de Fomento por boicotear o 'Tren da Dignidade' - As columnas locais reaccionan masivamente contratando dúcias de autobuses que sairán desde todos os recunchos da Galiza


A Columna Galega das Marchas da Dignidade, denuncian á RENFE e o Ministerio de Fomento


Despois de ter preacordado con Renfe a contratación de dous trens charter para viaxar a Madrid o vindeiro 21 de marzo, a dirección desta empresa, asumindo directrices políticas da Ministra de Fomento e utilizando diversos estrataxemas, vólvese atrás para intentar impedir que os Galegos e Galegas esteamos presentes nas Marchas da Dignidade que teñen previsto confluír en Madrid, na céntrica Praza de Colón o sábado 21 de Marzo, ás 6 da tarde nun grande acto de encontro, diversidade, loita e reivindicación.

Manolo Camaño, un dos portavoces da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, nun acto abarrotado de público celebrado onte en Vigo, onde tamén interviñeron Diego Cañamero e Willy Toledo, afirmou: “A decisión política de Ana Pastor e os seus secuaces de impedir de que viaxemos en tren a Madrid, ímola responder aínda con máis 'dignidade'. Comprometémonos desde aquí a levar o dobre de xente que estaba prevista nos dous trens, e sairán autobuses de toda a xeografía galega. O 21-M, si ou si, imos ateigar Madrid”.

O 21 DE MARZO, SÍ OU SÍ VOLVEMOS A MADRID

"SI A CAPACIDADE DOS DOUS TRENS DÁ PARA ENCHER ONCE AUTOCARES, IMOS A LEVAR 25... "
---

O BOICOT AO TREN GALEGO DA DIGNIDADE FAI QUE ESTEMOS TRABALLANDO "A TODO TREN" PARA ENCHER 31 AUTOBUSES A MADRID O 21M- SI OU SI O 21 DE MARZO.A DIGNIDADE GALEGA ESTARÁ EN MADRID

Xa temos planificado o desprazamento a Madrid. Informaremos, con tempo, sobre os lugares e horas concretas de saída. Os teléfonos para o cambio dos billetes de tren vendidos e novas reservas son os que xa se repartiron e podedes atopar neste blogue . Abaratase o prezo (que agora estará entre 25 e 30 euros) e aumenta a rebeldía para acudir a Madrid. Ponte en contacto ca xente das marchas da Dignidade da túa comarca.

"Si as prazas do tren as cubrimos con 11 autobuses, a previsión agora son levar 31".

"Se non queren caldo, sete tazas."

O 21 DE MARZO, SI OU SI VOLVEMOS A MADRID

CONTRA ESTES GOBERNOS, CONTRA O CAPITAL, HAI QUE BOTALOS XA!!!

PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE

ESCALETA INFORMATIVA...... CONTACTOS PARA A RESERVA DE PRAZAS NOS 30 BUSES QUE SAIRÁN DE GALIZA PARA MADRID O 21M


A PESARES DA CENSURA SOBRE A NOTICIA, TRAS A AMPLA DIFUSIÓN EN NOTA DE PRENSA, NON SE PODEN CALAR AS VOCES, NIN AGOCHAR AS ATINADAS VERBAS IMPRESAS EN PAPEL SOBRE O BOICOT AO TREN GALEGO DA DIGNIDADE. PÓDENSE OUVIR E PÓDENSE LER, AÍNDA QUE TEÑAMOS QUE BUSCALAS ... LIBERDADE E DIGNIDADE PARA A PRENSA XA!!!!



Marchas da Dignidade Ferrolterra

http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Telefono: 603 213 863



Vindeiros eventos das Marchas da Dignidade Ferrolterra
:

__________________

É o crecemento a única saída? Políticas municipais decrecentistas, ... Por Luís González Reyes

Polo seu interese, desde Ártabra 21 recomendamos a lectura e estudo, deste moi interesante artigo do activista ecoloxista, Luís González Reyes que nos recomendan desde o Portal do Decrecemento e que foi publicado no xornal de economía "O salmón Contracorrente" (El Salmón Contracorriente). Bon proveito, saúde e liberdade.

Por Luís González Reyes [*]
12.03.2015


É o crecemento a única saída? | Políticas municipais decrecentistas.

O decrecemento poderíase resumir como o movemento tendente a axustar a actividade das sociedades aos recursos dispoñíbeis nun determinado territorio de maneira que as necesidades humanas estean cubertas de forma universal e sostíbel no tempo.

No contexto de aquí e hoxe, o decrecemento significa, polo menos, dúas cousas: redución do consumo de materia e enerxía, e redistribución da riqueza. O primeiro dos factores xa está ocorrendo parcialmente (é especialmente patente o descenso do consumo de petróleo). E o consumo reducirase aínda máis como consecuencia do colapso do capitalismo global que está sucedendo e que será especialmente duro no noso contexto [1]. Con todo, esta redución non pode cualificarse de decrecemento xusto. Por unha banda non se está realizando cunha reordenación do modelo de produción e consumo. Menos aínda se está cambiando o sistema económico, polo que a degradación ambiental está aumentando en lugar de diminuír. Actúase coma se estivésemos aínda nun "mundo baleiro", cando a nosa contorna está "saturada". Este descenso do consumo dista moito de ir por bo camiño por un segundo factor: en lugar de avanzar cara a sociedades máis igualitarias, está agravando as brechas de desigualdade.

Axustar o metabolismo humano aos condicionantes biofísicos da contorna pasa por reducir o consumo de materia e enerxía, o que require medidas que, ademais de diminuír a extracción de recursos bióticos e abióticos, maximice a reutilización e o reciclaxe, centre a economía no local, e obteña a enerxía de fontes solares. Tamén implica ensanchar o espazo de fontes dispoñíbeis a longo prazo mediante unha economía baseada en biocompostos, máis que na minería. Ademais, require superar o "mundo saturado", recuperando unha biosfera que volva permitir ter marxe de erro ás sociedades deixando territorios non humanizados, que desfaga o camiño andado no Antropoceno cara a unha era na que o conxunto do planeta non estea fortemente condicionado polo ser humano.

Os cambios de gran calado que van ser necesarios para avanzar cara a un decrecemento xusto só poderán ser impulsados pola autoorganización social. Con todo, iso non quere dicir que as institucións actuais non poidan axudar a catalizar eses cambios. Moitas das competencias políticas para favorecer este decrecemento xusto residen en ámbitos supraestatais (UE, OMC, TLC); outras, en niveis estatais; pero desde as comunidades autónomas e desde os municipios pódense facer tamén moitas cousas. Sen ánimo de esgotalas todas, nin de anular outras, presentamos algunhas propostas.

Desde o ámbito local pódese favorecer a pechadura de ciclos
1. Políticas de redución dos residuos. Entre outras estarían as de diminución do envasado mediante medidas de apoio da venda a granel ou sistemas de devolución e retorno de envases.

2. Impulsar formas de compartir recursos en lugar de usalos de forma privada. Isto é aplicable ao transporte, as lavadoras, e moitos outros obxectos, non só aos libros dunha biblioteca.

3. Introdución da recolleita selectiva de materia orgánica mediante medidas como o porta a porta ou o quinto contedor, que están tendo resultados moi bos en pequenos municipios (por exemplo do País Vasco) e grandes (como é o caso de Milán). Notas de Ártabra 21.- Na Comarca do Alto Eume, temos o caso do Concello de San Sadurniño gobernado polo BNG, con Secundino Garcia Casal de Alcalde e a colaboración de ADEGA [Ferrol 360 | Web Concello ]. Donosti (Guipuzkoa) proba o quinto contedor. A recolleita e tratamento do lixo e residuos pode ser unha oportunidade para a creación de emprego.
A contorna próxima é o lugar idóneo para promover un modelo alimentario sostíbel
4. Impulsar dietas pouco carnívoras, e baseadas en alimentos de tempada, de proximidade e de cultivo agroecolóxico. Os municipios, ademais de mediante ordenanzas e a política fiscal, poden impulsar isto nos espazos de restauración colectiva que controlan (escolas infantís, centros de persoas maiores, hospitais). Tamén favorecendo a creación de grupos de consumo mediante a cesión de espazos e recursos persoais e materiais para iso.
O municipio e a comunidade autónoma pode procurar unha ordenación do territorio con perspectiva ecosistémica
5. Planificación e execución dun urbanismo de proximidade, é dicir, achegar os servizos que as persoas necesitan para lograr que a maioría dos desprazamentos se poidan facer andando. Experiencias deste tipo xa existen, por exemplo en Friburgo.

6. Rehabilitación do parque residencial co fin de conseguir unha drástica redución do consumo enerxético.

7. Fomento do aluguer fronte á construción de nova vivenda, incluíndo o impulso a cooperativas de dereito de uso. Isto supón cambiar a lóxica de propiedade privada, inherente ao capitalismo.

8. Diminución de espazo nas cidades para os coches en beneficio do transporte público, a bicicleta e o peón. Especialmente urxente é a moratoria na construción de máis infraestruturas de transporte (autovías, superportos, aeroportos, alta velocidade) nas que hai competencias a nivel autonómico.

9. Posta en marcha de políticas de reconexión entre os mundos rural e urbano encamiñadas a unha "rerruralización" social. Un bo compendio desas políticas é a elaborada no recente Congreso Internacional de Economía Solidaria. Entre moitas outras, desempeña un papel determinante a recalificación de terreos urbanos en rústicos.

10. Leis de protección do territorio encamiñadas a frear o extractivismo e a degradación ambiental, así como a liberación de transxénicos e compostos tóxicos. Neste ámbito ser podería seguir o ronsel das zonas libres de transxénicos ou de fracking.
Na contorna próxima e de pequena escala é posible potenciar as industrias verdes
11. Fomento do desenvolvemento de polos industriais baseados na enxeñería e química verde. Este modelo produce bens biodegradábeis cun baixo consumo enerxético, sen usar compostos tóxicos no proceso e nos que os residuos duns procesos convértense en materias primas doutros.

12. Medidas de aumento da eficiencia en todos os campos, tendo en conta que son necesarias, pero non suficientes. Isto implicará o investimento público para este fin.

13. Priorizar nos concursos e compras públicas as empresas respectuosas co medio ambiente e a xustiza social.
O municipio é un lugar privilexiado para fomentar o uso da enerxía xusta, de orixe solar e xestionada democraticamente
14. As administracións poden sumarse ás iniciativas que desenvolven as enerxías renovables a pequena escala e de forma cooperativa.

15. Impulsar e sufragar estudos de adecuación enerxética.

16. Profundización das ordenanzas municipais de impulso da instalación de enerxías renovábeis en vivendas e espazos públicos.

17. Propiciar a bioconstrución, no caso de que se requirise construír novos edificios.

18. Poñer en marcha unha Lei de Cambio Climático encamiñada á estabilización da concentración de CO2 a nivel planetario en 350 ppm mediante medidas de redución drástica das emisións de gases de efecto invernadoiro.
Os circuítos curtos, propios do municipio e a comunidade autónoma, son favorábeis á economía local, ecolóxica e solidaria
19. Impulso á creación de moedas locais que centren a economía no territorio próximo. Estas moedas xa existen en moitas cidades e, ademais, hai experiencias de impulsos municipais, como é o caso do SOL Violette, lanzado en Toulouse pola cidadanía coa axuda do concello.

20. Incentivar a economía solidaria e ecolóxica reorientando profundamente as políticas de fomento do "emprendimento".

21. Reforma tributaria de maneira que se pague en función da renda, e do consumo de materia e enerxía.

22. Políticas de prezos (da auga por exemplo) que non só penalicen o malgasto, senón que incorporen criterios de xustiza, á vez que garanten o acceso básico ao recurso.

23. Realizar auditorías cidadás á débeda pública, e abolir as ilexítimas e odiosas, xa que a débeda é un dos principais motores do crecemento.

24. Diminuír incentivos ao consumo. Un exemplo sería a limitación e o control da publicidade. Como pouco, as administracións municipais e autonómicas poderían reducir o espazo público dedicado a ela.

25. Incentivar o consumo de produtos de proximidade mediante medidas como os selos propios.

26. Loitar contra a firma de calquera novo tratado de libre comercio.

27. Fomento da agricultura ecolóxica, o transporte público, as enerxías renovábeis, etc., como sectores que crean máis emprego que os seus actuais contrapartes sucias.

28. Medidas encamiñadas ao reparto do traballo produtivo (como incentivos fiscais ás empresas que poñan en marcha unha xornada laboral de 35 horas) e reprodutivo (por exemplo, mediante campañas de posta en valor das tarefas de coidados).
No ámbito autonómico residen moitas das competencias en materia de educación para a sustentabilidade, pois son elas as que concretan o currículo marcado polo Ministerio
29. Inclusión nos currículos oficiais de contidos críticos, que atendan ao medio ambiente, a igualdade de xénero, a interculturalidade e a democracia desde a base. Todo iso debe facerse de forma transversal e explícita no traballo de aula.

30. Subvención de iniciativas de creación de materiais curriculares (libros de texto, unidades didácticas, material complementario) elaborados desde unha perspectiva decrecentista.

31. Impulsar e destinar recursos económicos, lexislativos e persoais a apoiar metodoloxías de ensino-aprendizaxe inclusivo e democrático, como, por exemplo, as comunidades de aprendizaxe.
Moitas destas políticas é probábel que teñan o visto bo do groso da cidadanía, sobre todo si se explican ben e se sitúan no contexto de crise sistémica do que xorden. Con todo, outras contarán cun importante rexeitamento de parte da poboación. Para superar ese rexeitamento farán falta dúas cousas. A primeira serán movementos sociais fortes que as empuxen mediante a súa mobilización e a creación de estruturas sociais que permitan unha vida digna ás persoas en sintonía coas necesidades decrecentistas. A segunda é avanzar cara á democratización social, entendendo que o xeito máis eficiente de levar a cabo cambios profundos a nivel social é que as persoas sexan protagonistas destes cambios, non articulacións verticais.

[1] Esta afirmación sustentámola extensamente Fernández Durán, Ramón e González Reyes, Luís: "Na espiral da enerxía" (En la espiral de la energía). Libros en Acción e Virus, 2014 [+Info] - No buscador libre DuckDuckGo. Fonte: Portal do Decrecemento. |  O xornal de economía "O salmón contracorrente" (El Salmón Contracorriente).

[*] Luís González Reyes -Madrid, 1974, é profesor e membro de Ecoloxistas en Acción, onde participa na súa Secretaría Confederal desde a fundación (e foi durante nove anos cocoordinador da organización). Actualmente é parte de Garúa S. Coop. Mad., onde se dedica á formación e a investigación en temas relacionados co ecoloxismo e a pedagoxía. Tamén traballa en FUHEM, onde é o responsable do desenvolvemento transversal dos contidos ecosociais nos seus tres centros escolares. É autor ou coautor dunha decena de libros con contidos que abarcan distintas facetas do ecoloxismo social. Ademais é doutor en químicas. Ecoloxismo, pedagoxía, investigación e moita enerxía. O seu Twitter.
__________________________

Un tratado inmenso, ... Por Gustavo Duch - Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP) - Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións

Gustavo Duch [*]
12.03.2015


Unha pregunta para vostede. Si fose parlamentario ou parlamentaria, de esquerdas ou de dereitas, non importa, rebaixaría as normativas alimentarias para dar permiso a que nos nosos mercados se poidan vender pollos que saíndo do matadoiro estiveron bañados, digo mergullados, en cloro, ou carne de vaca e porco tratada con ácido láctico?

Daría o seu voto favorable a retroceder uns anos e que nas granxas o uso de hormonas e antibióticos campe ás súas anchas?

Tería problemas éticos en facer máis flexible o uso de pesticidas nos nosos campos aceptando aqueles que se demostran son responsables da morte de millóns de abellas?

Ou de permitir doses máis altas daqueles que en combinación con tantos outros que xa están presentes, acaban combinados no noso sangue -como quen fai un cocktail- sen saber que efecto pode ter esta mestura?

Deixaríase convencer para que as etiquetas que informan do que conteñen o que compramos non tivesen que levar tantos datos, que en fin, total, ninguén llas le?

Aceptaría todo tipo de transxénicos nos nosos pratos?

Ou, e desculpe tantas preguntas, daría un paso atrás naquelas normativas que viñeron a "humanizar" un pouco o trato e o benestar dos animais de granxa?

Pois mire, parece ser que a resposta xeral é que non, que un parlamento no seu san xuízo, onde a precaución estivese presente, non aceptaría este tipo de cambios nas normativas hixiénico-alimentarias.

Desde fai máis dun ano, e polo xa demasiado habitual sistema de filtracións, tanto a sociedade civil europea ¡como o propio Parlamento Europeo!, coñecemos que o descrito podería suceder si saen airosas as negociacións secretas que entre a Comisión Europea e os EEUU están levando adiante para asinar un tratado que liberalice aínda máis as relacións comerciais entre as dúas beiras do Atlántico. As reaccións están sendo substanciais pois numerosas organizacións de todos os países europeos estamos traballando coordinadamente para impedir esta firma e, loxicamente, no Parlamento Europeo tanto pola presión cidadá no cogote, tanto por responsabilidade pública ou por haberse sentido ninguneados, non reina o clima propicio para aceptalo.

Entón, podémonos quedar tranquilos? As multinacionais que esperaban redobrar as súas ganancias nestas operacións soñadas rendéronse?

Pois non, claro que non. Como cita o informe "Exborrando Dereitos" de VSF-Xustiza Alimentaria Global, só o mencionado sector de aves de curral, calcula que si a través da firma da "Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento (TTIP)", que así se chama o tratado, eliminásense as barreiras normativas que impiden que desde 1997 teñamos en Europa polos hormonados, con sobredoses de antibióticos e un baño de cloro para que reluzan, poderían estar comercializando máis de 500 millóns anuais de US $ á UE. E como isto é só un exemplo do moito diñeiro que soñan embolsar, xa poden vostedes imaxinarse que os lobbies da agroindustria están desde os seus despachos orquestrando unha nova estratexia.

Nova pero vella. Como dicía é obvio que será moi complicado que, con segredos ou non, se aprobe en Europa unha regulación, ou unha desregulación, que abre a porta a máis transxénicos, a máis pesticidas e todo sen etiquetar, así que están optando por esperar ao momento adecuado, cando os focos apáguense. Xa temos experiencias similares.

En concreto o deseño de acordo que promoven estes lobbies e que a Comisión Europea está aceptando, consiste en incluír entre os puntos do Tratado a figura dun "Consello de Cooperación Regulatoria". Co argumento de dispoñer dun espazo permanente e dinámico para abordar aquelas diferenzas que "de saída" xa existen, como aquelas que poidan ir aparecendo, e así ir atopando unha armonización de normativas, ponse en marcha un aparello fóra do control cidadán e até político onde se capacita a un grupo de técnicos a ir tomando as decisións que consideren. As bonitas noites de verán, cando a xente baila nas verbenas populares, será cando por multiconferencia decidirase o que comeremos, quen o producirá e como o producirán. Unha bomba nocturna á soberanía alimentaria dos nosos pobos.

O citado informe explica moi ben como nun dos últimos documentos filtrados, a propia Comisión Europea propón un funcionamento para este Consello de Cooperación Regulatoria que, sospeitosamente cal correa de trasmisión, recolle á perfección o desexado polos grupos de presión. Sintetizando, proponse que
  1. para tomar decisións a directriz principal sexa os seus resultados desde o punto de vista do comercio, imos que o que lles move é que se venda máis a costa de calquera outra cousa;
  2. que para tomar decisións hanse de contar coas achegas das partes interesadas, léase, as corporacións; e
  3. que quen negociarán e decidirán serán organismos técnicos que moitas veces xa foron denunciados porque a súa composición, despois de que as portas viren e virado, son de persoas moi próximas ás propias empresas interesadas.

Nestas rutas da neoliberalización hai unha lóxica esmagante. Canto máis grande é o mercado e máis aberto está, as leis da competencia fan que gañen aquelas que se fixeron grandes a base de explotar ao persoal, ao medio ambiente e fagocitar ás máis pequenas. Iso dicía, unha lóxica que esmaga.

Deixarémonos esmagar por un tratado tan inmenso?


Publicado no Blogue Palabre-ando. | 1 de marzo de 2015.

[*] Gustavo Duch Guillot, veterinario, escritor e activista social. Cofundador de Veterinarios Sen Fronteiras. Director da revista "Soberanía Alimentaria, Biodiversidade e Culturas", membro do Consello Científico de ATTAC España. Blogue Persoal e Twitter.

Diari ARA
Palabre-ando


Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez[arroba]navantia.es-
12 de março de 2015 08:14
___________________

mércores, marzo 11, 2015

Asemblea Cidadá de inscritos ao Círculo de Podemos Ferrol, hoxe mércores 11 de marzo, ás 7 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño


A falta de Secretar@ Xeral e Consello Cidadá, un grupo de inscritos no Círculo Podemos Ferrol promove para hoxe mércores 11 de Marzo, unha Asemblea Cidadá en Ferrol, que está previsto que se celebre, no Centro Cultural Carvalho Calero ás 7 da tarde. O obxectivo é promover unha candidatura de unidade popular que concorra ás eleccións municipais previstas para Maio deste ano.

Asemblea Cidadá de inscritos ao Círculo de Podemos Ferrol

Día: Mércores 11 de Marzo de 2015.
Hora: 19:00hs.
Lugar: Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

Esta nova convocatoria, realizada o pasado venres en rolda de prensa, terá que afrontar o anuncio feito onte, polo Consello Cidadán de Podemos Galicia, a través dun comunicado que chegou a Ártabra 21 que manifesta que "tras as continuas solicitudes por parte de persoas inscritas en Podemos Ferrol, e dada a falta de órganos constituídos e polo tanto lexitimados para avanzar no proceso de implantación de Podemos na cidade, analizou na xuntanza do propio consello do martes 10 de marzo de 2015 en Vigo, a formación dun Equipo Técnico Municipal Transitorio ata a convocatoria do novo proceso de elección municipal que tal e como estableceu a Comisión de Garantías Estatal non será antes de xuño deste ano 2015". Tamén manifestan que en poucos días darán a coñecer mediante rolda de prensa ás persoas que conformaran ese equipo técnico que se fará cargo do circulo de Podemos en Ferrol.

De todos os xeitos as persoas integrantes de Podemos Ferrol que promoven a Asemblea Cidadá, formularán aos seus inscritos a proposta de traballar para conseguir convencer ao resto de forzas políticas, a confluencia nun programa transformador, para poder concorrer ás municipais nunha candidatura de unidade popular.

Segundo medios presentes na rolda de prensa, Carlos del Río, un dos catro candidatos que se presentaron a Secretario Xeral do partido no concello, fixo un chamamento a outras forzas que "actualmente están tamén barallando presentarse, a unirse a este proxecto, para que sexa unha candidatura única, forte, potente e ilusionante para o pobo de Ferrol".

Foto de Praza Pública, Asemblea de Podemos Ferrol en Xuño de 2014.
________________

As marchas da Dignidade Ferrolterra organizan a proxección do documental "Angrois no esquecemento" e un posterior debate, este Venres 13 de marzo ás 7 da tarde


Proxección "Angrois no esquecemento" e posterior Debate.

Venres día 13 de marzo ás 19:00hs.
Salón de actos do Ateneo Ferrolán

Rúa Madalena, 202-204 | Entrada de balde.

ANGROIS NO ESQUECEMENTO

Sinopse: Máis dun ano despois da traxedia do Alvia 04155 en Angrois, as vivencias persoais e as interrogantes sobre por que descarrilou o tren aquel 24 de xullo seguen no pensamento dos que lles tocou estar alí.

Vítimas, familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son a única voz deste documental de testemuñas. Intentan ir superando aquela data, recordando os seus, mentres acusan as institucións de facer todo o posible para deixar Angrois no esquecemento sen esclarecer a verdade.

Idioma: Galego e castelán.
Ficha técnica:
Guión e Dirección: Emilio Carral e Susana S. Recouso.
Imaxe: Marcos Budiño e Fran Piñeiro.
Música: Kevin MacLeod.
Produción: Colectivo audiovisual Lentes Diverxentes.
www.lentesdiverxentes.com | www.facebook.com/angroisnoesquecemento


Organiza: Marchas da Dignidade Ferrolterra

http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Telefono: 603213863

Vindeiros eventos das Marchas da Dignidade Ferrolterra:

TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL
https://www.facebook.com/events/835864166480712/


O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID
https://www.facebook.com/events/863612993696349/

__________________

Gobernar e Pedras, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
11.03.2015


Gobernar

Dixo o Sr. Feijóo, referíndose ás próximas eleccións, que o importante non era gañar, senón gobernar. Coido que esa afirmación precisa dunha serie de aclaracións que deberían esixir os votantes medianamente sabidos, se queren coñecer as verdadeiras intencións do actual presidente. Porque hai moitos xeitos de gobernar: gobernar ben ou mal; gobernar para todos ou só para os amigos; gobernar para o país ou para o partido; gobernar a calquera prezo ou con honradez e transparencia … Nembargante, tendo en conta que case todo o mundo sabe que, o primeiro obxectivo dun partido político é a propia supervivencia e, despois de ter visto e oído tantas estafas, amaños, caixas A, B, C, sobres volantes e contas bancarias clandestinas, só algúns despistados necesitarán esas aclaracións. É dicir, que a toma do poder é indispensable para poder manter todas esas trampulladas e os abondosos soldos, dos que son sinalados polos que reparten os cargos. Paréceme a min, claro. 

Pedras

Co gallo da celebración dos próximos comicios, estanse a producir unha serie traballos emprendidos pola Xunta e algúns Concellos, cunha clara intención electoralista, que inclúe inauguracións e actos de colocación da “primeira pedra”. Aínda que todo o mundo sabe que tanta actividade só busca a “compra dun feixe de votos”, a verdade é que o sistema sóelles dar bos resultados, porque a xente non acaba de entender que o que hai que celebrar non é a colocación da primeira pedra, senón a posta da derradeira, sempre que a obra realizada sirva para beneficio da cidadanía, porque tamén hai primeiras e derradeiras pedras colocadas para esbandallar unha praza ou poñer unha planta de gas onde máis dano ecolóxico fai e onde maior perigo representa. É unha mágoa que a xente caia na trampa que supón estar catro anos sen facer ren, gardando todo o choio para última hora e así nos contentar, sen deixarnos pensar que detrás poden vir outros catro anos de “calma chicha”.

Publicados no Diario de Ferrol | 10 e 11 de Marzo de 2015.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________

Tabú, ... Por Iván Rivas

Por Iván Rivas [*]
11.03.2015


Si a marzo de 2015 o goberno municipal permanece en silencio fronte a un novo proceso de reestruturación no Sector Naval, despois de producirse xa o desmantelamento da industria auxiliar, e de recorrentes anuncios sen concreción, é porque este tema supón un verdadeiro tabú na cidade. Que ninguén queira falar sobre por que os estaleiros da ría van cara a súa desaparición, senón é para demandar unidade fronte á “dereita”, ou para culpar a herdanza da “esquerda” é a proba de que a razón pola que o sector naval esmorece nesta cidade é un tema prohibido. Trinta anos despois, non creo que ninguén dubide que se os nosos estaleiros non producen, non é máis que por unha decisión do Estado, compartida por gobernos de España de “esquerda” e de “dereita”, e que o primeiro paso para mudar isto é sinxelo. Só esixe que enfrontemos a realidade desde aquí e non desde Madrid, e que contemos cun goberno municipal que alce a voz fronte á apisoadora do Estado, despois, comezará o complicado.

Publicado no Diario de Ferrol, o 10 de Marzo de 2015.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012. Candidato á Alcaldía polo BNG - Asembleas Abertas, para as próximas eleccións locais que previsibelmente se celebren o 24 de maio deste 2015. Ten conta no facebook: https://www.facebook.com/ivan.rivasrico .
___________

Podemos Narón organiza unha Andaina polo Xuvia, este sábado 14 de marzo ás 5 da tarde - Lecer e Primeiro debate que afrontará o estado de degradación da ría na que vivimos


O vindeiro sábado 14 de marzo, concentrarémonos fronte á igrexa de Santa María de Neda (a beiras do Río Belelle) ás cinco da tarde, para realizar unha camiñada na contorna do estuario do río Grande de Xuvia. Con iso daremos a coñecer o primeiro dos Grupos de Debate nos que está traballando o CCM coa participación de colaboradores externos. Si fai bo tempo aproveitaremos para merendar, así que trae as túas viandas, roupa e calzado cómodo, a ruta non ten dificultade algunha, polo tanto, podedes vir acompañade@s de vos@s peques, familia e/ou amigos.

Alí presentaremos o cartel do primeiro debate programado que afrontará o estado de degradación da ría na que vivimos. Durante a camiñada non imos centrarnos en exclusiva neste problema senón que faremos unha introdución ao coñecemento que temos da mesma e segundo se vaia desenvolvendo a marcha falaremos da súa historia, a súa morfoloxía, a súa biodiversidade, a situación da pesca, o marisqueo, a industria, os deportes náuticos e todo o que é característico a este contorna.

Isabel Allegue.
Prensa e Redes de Podemos en Narón
podemosnaron@gmail.com
http://www.facebook.com/podemosnaron
http://www.facebook.com/groups/podemos.naron/
https://twitter.com/PodemosNaron
Whatsapp e Telegram 687 464 463

Enviado por:
Podemos Narón
podemos.naron@gmail.com-
9 de março de 2015 20:00

Boas tardes: De novo por aquí, achégote unha nova iniciativa do Consello Cidadan de Podemos en Narón. Vaise a levar a cabo esta fin de semana. Graciñas pola difusión, Unha aperta. Isabel Allegue. Prensa e Redes de Podemos en Narón.

_____________

O Consello Cidadá Galego inicia a formación dun Equipo Técnico que xestionará Podemos en Ferrol - Comunicado da nova formación política sobre a situación na cidade

Comunicado de Prensa

O Consello Cidadá Galego inicia a formación dun Equipo Técnico que xestionará Podemos en Ferrol.

Hoxe, martes 10 de marzo de 2015 o Consello Cidadá Galego reuniuse en Vigo e decidiu iniciar o proceso de conformación dun Equipo Técnico para xestionar Podemos Ferrol.

Nos próximos días convocarase unha rolda de prensa para presentar o Equipo.

O Consello Cidadán de Podemos Galicia, tras as continuas solicitudes por parte de persoas inscritas en Podemos Ferrol, e dada a falta de órganos constituídos e polo tanto lexitimados para avanzar no proceso de implantación de Podemos na cidade, analizou na xuntanza do propio consello do martes 10 de marzo de 2015 en Vigo, a formación dun Equipo Técnico Municipal Transitorio ata a convocatoria do novo proceso de elección municipal que tal e como estableceu a Comisión de Garantías Estatal non será antes de xuño deste ano 2015.

As irregularidades detectadas no proceso municipal por empresas externas (Agora Voting e Open Kratio) que xestionan o sistema de votación telemática de Podemos demostran que o sistema é fiable polo que en Podemos non caben as trampas por parte de ninguén.

Nos próximos días convocarase unha rolda de prensa, en base á decisión tomada no Consello Cidadán, presentando ao Equipo e anunciando as medidas adoptadas para dotar ás persoas inscritas en Ferrol dun órgano provisional que poda dar continuidade a Podemos na cidade.

Inés Mallada
Responsable de prensa de Podemos Galicia
Contacto de prensa
prensa@galicia.podemos.info
691789282
https://twitter.com/podemos_galicia
https://www.facebook.com/podemosengalicia

Enviado por:
prensa@galicia.podemos.info
-prensa@galicia.podemos.info-
10 de março de 2015 20:14

Moi boas, Adxunto comunicado sobre a formación dun Equipo Técnico Municipal Transitorio impulsado polo Consello Cidadá Galego de Podemos. Espero sexa de interese a súa difusión. Moitas grazas
.
_______________

Actividades fin de semana en Pontedeume do Colectivo Terra - Venres 13 de marzo: Mesa redonda sobre a xestión dos nosos montes - Sábado 14 de marzo: Actuación do cantante de Limodre Roger de Flor, con novos temas


Actividades fin de semana en Pontedeume do Colectivo Terra

Venres 13 de marzo:
"A xestión dos nosos montes: Problemática e alternativas" tres relatores tentarán aclararnos diferentes cuestións que afectan aos nosos montes como a eucaliptización, situación na Galiza, problemáticas,...

Sábado 14 de marzo:
Actuación do cantante de Limodre Roger de Flor, con novos temas.

Esta próxima fin de semana o Colectivo Terra realiza dúas actividades

A primeira será o venres 13 de marzo ás 20:00 na Casa da Cultura. Baixo o título "A xestión dos nosos montes: Problemática e alternativas" tres relatores tentarán aclararnos diferentes cuestións que afectan aos nosos montes como a eucaliptización, situación na Galiza, problemáticas,... Opcións, cultivos alternativos, exemplos reais, beneficios,... Ademais da situación das axudas, viabilidade económica,... Haberá tempo para o debate e tentarase aclarar as diferentes dúbidas que xurdan.

A segunda actividade da fin de semana será un concerto o sábado 14 ás 20:30 no noso local (Rúa Boa Vista, 8). Visitaranos o cantante de Limodre Roger de Flor. Presentaranos novos temas así como os máis clásicos do seu repertorio. Non podedes faltar a esta cita. A entrada será de balde e pasarase a gorra ao final da actuación.

Roger de Flor (vídeo):
https://www.youtube.com/user/videosrogerdeflor

Colectivo Terra (Pontedeume).
Correo-e:
colectivoterra@gmail.com
Blogue do Colectivo:
http://colectivo-terra.blogspot.com.es/


Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
10 de março de 2015 20:19
_______________

"Igualdade e Empoderamento: Accións e propostas" - Mesa Redonda no Ateneo Ferrolán hoxe mércores 11 de marzo, ás 8 da tarde - Acto polo Día Intenacional das Mulleres


Acto polo 8 de marzo. Día Intenacional das Mulleres

O Ateneo Ferrolán organiza unha mesa redonda baixo o titulo:

IGUALDADE e EMPODERAMENTO: Accións e propostas

O mércores 11 de marzo no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán ás 20:00hs.

Desde o Ateneo Ferrolán, queremos sumarnos aos actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres, facendo un acto onde presentaremos distintos proxectos de empoderamento da muller, entendendo que só desde o empoderamento de cada unha das mulleres podemos acadar unha socidedade xusta e igualitaria.

Presentaremos ao grupo de traballo pola igualdade do CEESG (Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia) “As Fiaderias”, a Revista Feminista “Revirada” e a Libraría de Mulleres Lila de Lilith.

Tres proxectos diferentes, un mesmo obxectivo:
a visibilización das mulleres nunha sociedade patriarcalizada.

Intervirán:
  • Noelia Darriba, do grupo de traballo pola igualdade do CEESG “As Fiadeiras”.
  • Giada Maria Barcellona, integrante da equipa da Revista Feminista "Revirada".
  • Llerena Perozo Porteiro, colaboradora da Libraría de Mulleres “Lila de Lilith”.
Ateneo Ferrolán


Un lugar de encontro para a cultura, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!

https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl

http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
10 de março de 2015 13:26
_______________

luns, marzo 09, 2015

Xornadas sobre o saneamento do rural ferrolán - Loca Social de Esmelle, o xoves, 12 de marzo, ás 19:30hs



Xornadas, en Esmelle, sobre o saneamento do rural  ferrolán

Falara-se dos novos sistemas sostíbeiss de saneamento das zonas rurais que poden incluso xerar traballo entre a propia veciñanza e as diferentes opcións que baralla o goberno local neste eido.

Aquí como chegar:
http://www.valledeesmelle.com/index.php/es/como-llegar

Enviado por:
Pablo Iglesias
-cidadansversustanquestormentas@gmail.com-
5 de março de 2015 17:58http://cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/

_________________