sábado, abril 25, 2015

"O Synn Féinn e a sociedade irlandesa están a realizar un esforzo admirábel por facer avanzar os acordos de paz", di a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra en Belfast, onde participou nunha delegación de observación internacional do Proceso de Paz irlandés


Lídia Serna: "O Synn Féinn e a sociedade irlandesa están a realizar un esforzo admirábel por facer avanzar os acordos de paz". | A eurodeputada de AGEe participou durante esta semana nunha delegación de observación internacional do Proceso de Paz irlandés. | Entrevistouse en Belfast co presidente e vicepresidenta do Synn Féinn, activistas comunitarios e líderes sindicais.


Ao longo desta semana a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, estivo participando nunha delegación internacional organizada polo grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) a Irlanda, co obxectivo de afondar na situación actual e facer un seguimento do Proceso de Paz irlandés.

A través desta iniciativa, xunto a AGEe, eurodeputados e eurodeputadas da coalición grega Syriza, da formación euskalduna Bildu e do Partido Comunista Portugués (PCP) tiveron a oportunidade de coñecer mellor os avances do Proceso en Irlanda, onde malia a teren pasado xa dazasete anos dende a firma do Acordo de Venres Santo (1998) a división entre comunidades é inda palpábel, polo que "segue a haber grandes esforzos por parte do Synn Féin e distintos colectivos sociais para achegar as dúas comunidades e acadar unha verdadeira situación de convivencia", resaltou Senra, "a día de hoxe, inda hai muros que dividen as comunidades".

Dentro das actividades planificadas, as e os integrantes desta delegación internacional tiveron onte a oportunidade de se entrevistar con Declan Kearney, presidente nacional do Synn Féin, quen lles trasladou que nestes momentos, aliás de traballar por conseguir facer avanzar o Proceso de Paz e chegar á reunificación de Irlanda, unha das principais prioridades da súa formación é poñer fin ás políticas de austeridade impostas pola Troika. A delegación do GUE/NGL mantivo tamén un encontro ca Ministra Jr. Jennifer McCann, da man da cal coñeceron a Asamblea de Irlanda do Norte en Stormont, poboación que dá nome aos acordos a través dos cales dotouse a Irlanda do Norte de institucións políticas propias.

Lídia Senra desprazouse onte canda outras eurodeputadas/os a Belfast Occidental, onde mantiveron unha xuntanza con activistas comunitarios para debater sobre o impacto do financiamento da UE a proxectos que son fundamentais para seguir avanzando no achegamento de ámbalas dúas comunidades. Posteriormente reuníronse tamén con líderes sindicais irlandeses, que lles trasladaron unha análise do impacto das políticas de austeridade no eido laboral que, ao igual que está a acontecer na Galiza, estanse vendo traducidas en paro, precariedade e emigración.

A xornada de hoxe, que pon fin a esta misión de observación internacional, deu inicio cun encontro ca vicepresidenta do Synn Féin, Mary Lou McDonald e, seguidamente, tamén con John Douglas, presidente do Congreso Irlandés de Sindicatos. Marry Lou McDonald explicou ás eurodeputadas do GUE/NGL a situación na que se atopa nestes momentos Irlanda, reiterando as nefastas consecuencias da actuación da Troika. Lídia Senra interesouse tamén concretamente pola realidade das mulleres irlandesas en canto a participación política, ao que McDonald respostou que alta afiliación de mulleres ao partido estase a traducir nunha presenza cada vez maior nos órganos de dirección e cargos públicos, se ben expresou igualmente a necesidade de avanzar na loita polos dereitos das mulleres e, nomeadamente, polo dereito ao aborto.

As eurodeputadas/os do GUE-NGL coñeceron tamén de perto algúns dos temas sociais que están a ocupar a axenda de debate da sociedade irlandesa, tales como o referendo sobre o matrimonio homosexual que terá lugar o vindeiro 22 de maio, ou a loita social pola xestión pública da auga, á que se achegaron a través de integrantes da campaña irlandesa "Dereito á auga". Asemade, Senra acompañou unha entrega de firmas en demanda de liberdade para o cidadán irlandés de 19 anos Ibrahim Halawa[1], actualmente preso nun cárcere exipcio.

A eurodeputada de AGEe valorou esta misión de observación internacional moi positivamente, estimando que a posibilidade de poder coñecer máis sobre a situación tanto de Irlanda do Norte como de Irlanda, "axudará a seguir estreitando os lazos entre as forzas de esquerda do GUE/NGL", salientando que esta mutua colaboración "fará avanzar o dereito a decidir dos pobos" e axudara a "conseguir vencer ás políticas de austeridade e do Neoliberalismo".


Bruxelas, 24 Abril 2015.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL).
|
Tlf: 609 845 861
|
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:
Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
ageeneuropa@gmail.com
24 de abril de 2015 19:09

________________

O alcalde e Manzaneda alentou a practicar a "insubmisión política" e "devolver os espazos populares á xente do común", nun acto no Parlamento Europeo en Bruxelas, onde tamén dixo: "Hai que devolver ao pobo os servizos que o Capitalismo está privatizando"


Davide Rodríguez: "Hai que devolver ao pobo os servizos que o Capitalismo está privatizando" . | O alcalde e Manzaneda alentou a practicar a "insubmisión política" e "devolver os espazos populares á xente do común". | Deu a coñecer o éxito das veciñas/os e o Concello na loita pola remunicipalización do servizo de comedor escolar do CEIP Manzaneda.


No marco da xuntanza Reformas territoriais, austeridade e tratados de libre comercio: Que alternativas? Que alianzas?, convocada pola Rede de autoridades locais progresistas de Europa (REALPE) e o Grupo da Esquerda Unitaria Europea -Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) -no que Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) está integrada-, o alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez (Anova Irmandade Nacionalista), expuxo hoxe no Parlamento Europeo en Bruxelas unha análise en clave galega sobre o impacto a nivel municipal da aplicación das medidas de austeridade impostas pola Troika, facendo fincapé en propostas de traballo e acción cas que enfrontar o capitalismo neoliberal dende o ámbito local.

Rodríguez, que encetou a súa intervención agradecendo que as persoas participantes nesta xuntanza da rede Realpe tiveran debullado “de xeito tan humano” os problemas que se están a sufrir a nivel municipal, criticou duramente a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local -coñecida tamén como a “Lei Montoro”-, “unha lei que se basea en recortar dereitos e privatizar servizos a favor do Capitalismo e sempre na contra das e dos habitantes", unha lexislación que foi recorrida diante do Tribunal Constitucional por aproximadamente 2.000 municipios e que mesmo foi cuestionada polo Consello de Estado ao respeito do seu encaixe constitucional.

O alcalde de Manzaneda puxo de manifesto a obviedade da estratexia de privatización que está a instaurar nestes momentos o Partido Popular no Estado español, sinalando que "no noso país, Galiza, temos un presidente que é especialista en privatizar servizos públicos, e os que non dá privatizado, destrúeos directamente", ao tempo que lembrou que a nivel estatal Mariano Rajoy, "é máis do mesmo".

O CEIP de Manzaneda como exemplo de loita

Para ilustrar as estratexias de loita contra a privatización e a prol da remunicipalización dos servizos públicos na Galiza, Davide Rodríguez deu a coñecer en Bruxelas o exemplo paradigmático do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Manzaneda, un centro escolar ende estudan 23 nenos e nenas, no que este ano a Consellería de Educación pretendeu suprimir o servizo de comedor "para traer un cátering dende unha cidade que está a 200km de Manzaneda", adxudicándollo ademais á empresa Serunión, nestes momentos investigada pola Fiscalía logo de ter sido denunciada tras térense detectado larvas de vermes na comida subministrada en distintos comedores escolares.

Fronte a esta situación, "dende o propio Concello, con moita presión social e moito apoio político, conseguimos remunicipalizar outra vez o servizo", relatou, "e agora as nosas nenas e nenos están comendo comida de calidade, cociñada in situ e con produtos mercados na nosa terra".

Rodríguez pechou a súa intervención arengando a "entrar nas institucións" e, unha vez dentro, "aplicar os principios políticos que aplicamos nas nosas organizacións", para deste xeito transformar a realidade institucional, "devolver ao pobo estes servizos que o Capitalismo está a privatizar", e "facer das nosas institucións unhas institucións accesíbeis, próximas, e debidamente financiadas".

"Practiquemos a insubmisión política a estas leis que nos están a impor", reivindicou o alcalde de Manzaneda, convidando aos membros de corporacións locais presentes neste encontro a establecer "bases e medidas de democratización política", así como "prácticas e espazos de decisión da xente", baixo o principio do compromiso de "devolver os espazos populares á xente do común".

Bruxelas, 23 de Abril 2015.

REFORMAS TERRITORIAIS, AUSTERIDADE E TRATADOS DE LIBRE COMERCIO: QUE ALTERNATIVAS? QUE ALIANZAS? | 23.04.2015 | Ir a Web.

VOCEIRO: Davide Rodríguez, alcalde de Manzaneda.

ENLACE Á INTERVENCIÓN:

https://www.youtube.com/watch?v=fyA7Q1euWIo&feature=youtu.be

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

[*] Lidia Senra, eurodiputada, da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, no Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europeia/Esquerda Nórdica Verde (AGEe - GUE/NGL).
|
Tlf: 609 845 861
|
lidia.senra@europarl.europa.eu



Máis información en
:
Información baseada na enviada por:
AGEe Europa
ageeneuropa@gmail.com
23 de abril de 2015 17:28

________________

xoves, abril 23, 2015

Presentación dunha xoia bibliográfica do século XVI, este Xoves 23 abril ás 18,30 h no Ateneo Ferrolán


A Biblioteca do Ateneo Ferrolán recibe por parte de Manuel Gil Cervera a doazón da biblioteca persoal do seu tío José Fontenla Ruza e dunha xoia bibliográfica do século XVI do taller do impresor renacentista Cristobal Plantino en Amberes. Esta doazón vai ser presentada o xoves 23 de abril no salón de actos do Ateneo, ás 18:30 horas.

O Ateneo Ferrolán ten os seus fondos bibliográficos e hemerográficos depositados nunha empresa de mudanzas dende o ano 2010, a consecuencia das obras no edificio municipal no que ten a súa sede e da posterior negativa do Concello de Ferrol de pagar os gastos derivados do almacenamento. Como consecuencia da imposibilidade de acceder aos fondos patrimoniais do Ateneo, a entidade ven realizando unha tarefa de recollida de fondos bibliográficos e hemerográficos entre os seus socios en réxime de cesión, para manter os servizos de biblioteca e hemeroteca que tradicionalmente viña prestando.

Na vontade de traballar culturalmente pola recuperación da cidade de Ferrol, tentamos fomentar o espírito xeneroso e colectivo dos homes e mulleres desta terra e a resposta ten sido enormemente positiva: Jaime López Fernández cedeunos unha completísima hemeroteca con algunhas publicacións de interese local, mentres José María López Dafonte depositou no Ateneo unha parte importante do seu arquivo familiar, que documenta boa parte da historia da educación nesta cidade a través da Escola de Artes e Oficios, da Escola Obreira dos estaleiros e da Academia Dafonte. Nos últimos tempos, a familia de José Fontenla Ruza depositou no Ateneo un pequeno fondo bibliográfico que agachaba unha xoia bibliográfica

A obra

Icones veterum aliquot, ac recentium medicorum, philosophorum que, elogiolis suis editae, opera I. Sambuci (Antuerpiae: Ex Officina Cristophori Plantini, 1574) = Varios iconos de vellos e recentes médicos e filósofos, cun eloxio editorial, obra de I. Sambuci (Amberes: Oficina de Cristophori Plantini, 1574)

Deste libro coñecense exemplares, na Biblioteca Nacional de España e na Universidade Complutense, na Biblioteca Nacional de Austria, Biblioteca Real de Bélxica, Biblioteca Nacional de Francia, e agora tamén, grazas á familia de José Fontenla Ruza na Biblioteca do Ateneo Ferrolán. Deste libro fixeronse novas edicións no século XVII e varias reproduccións facsímiles no século XX.

Gravados do libro:

1. Hygia
2. Apolo
3. Quirón
4. Esculapio
5. Macaonte
6. Homero
7. Pitágoras
8. Tales de Mileto
9. Hipócrates
10. Sócrates
11. Areteo de capadocia
12. Platón
13. Aristóteles
14. Teofrasto
15. Nicandro
16. Cratevas (Rizotomo)
17. Niger, Sextius N.
18. Celso, Aulo Cornelio
19. Galeno
20. Dioscórides
21. Xenócrates de Calcedonia
22. Plinio Segundo, Cayo
23. Paulus Aegineta
24. Rufo de Efeso
25. Apollonius
26. Tarent, Heraclius
27. Pamhilus de Amore
28. Montano, Juan Bautista
29. Fernel, Juan
30. Trincavelli, Víctor
31. Dubois, Jacques
32. Vesalius, Andreas
33. Gesnerus
34. Guenther, Johann, von Andernach
35. Brassavola, Antonio
36. Giovio, Paolo
37. Fuxius
38. Agricola, Georg
39. Cornarius
40. Mattioli, Pietro Andrea
41. Salviani, Ippolito
42. Rondelet, Guillaume
43. Alexandrinus, Julius
44. Cratón, Juan
45. Biesius, Nicolás
46. Altomarus
47. Massa, Nicolás
48. Hadr. Iunius
49. Argenterio, Giovanni
50. Cuspianus, Johannes
51. V. Cordus
52. Becan, Juan
53. Cardano, Jerónimo
54. Scaligero, Giulio Cesare
55. Vettori, Benedetto
56. Crasso, Julio Pablo
57. Montagnana
58. Savonarola, Johannes Michael
59. Lazius, Wolfang
60. Curtius
61. Bock, Jerónimo
62. Paracelsus
63. Séneca
64. Strabo
65. Crescenzi, Pietro de
66. Ficino, Marsilio
67. Sambucus, Johannes

O autor

János Zsámboky ou János Zsámboki ou János Sámboki, (nome humanista: Johannes Sambucus, ou Johannes Pannonicus Sambucus; 1 de xuño de 1531 – 13 de xuño de 1584) foi un erudito humanista húngaro: médico, filólogo e historiador. Zsámboky naceu en Trnava (en tempos históricos denominada Tyrnavia, Tyrnau, Nagyszombat). Foi o autor dos máis renombrados libros húngaros. Tamén escribiu os Icones Veterum alícuota ac recentium Medicorum Philosophorum Que en 1574, publicado en Antwerpen. Murió, de 53 años de edad, en Viena.

O impresor

Christoffel Plantijn, chamado Christophorus Plantinus en latín y Cristóbal Plantino en castelán (Saint Avertin, c. 1520 - Amberes, 1589) foi un editor, impresor e libreiro flamenco (aínda que Saint Avertin está na actual Francia e Amberes no antigo Marquesado de Amberes). A súa formación como encadernador recibiuna en París. Fíxose célebre por obter de Felipe II os dereitos de impresión en exclusiva dos textos relixiosos, feito que fixo florecer a súa imprenta. Encargouse con Arias Montano da impresión da Biblia Políglota Rexia e foi nombrado por elo architipógrafo regio por Felipe II. Foi membro da Familia Caritatis. A súa imprenta en Amberes, denominada Officina Plantiniana, conservase convertida en Museo Plantin-Moretus, polo seu xenro e heredeiro, Jan Moretus. Foi denominado como “O impresor do humanismo”.

O ilustrador

As ilustracións están atribuidas a Pedro Van der Borcht “O Vello”. Pieter van der Borght  ou Peter van der Borght (c. 1540 -1608) foi un pintor flamenco do renacemento, debuxante e gravurista. Está considerado un dos pintores botánicos máis destacados do Século XVI. Non se sabe moito sobre a súa vida. Naceu en Mechelen. Hai indicios de que Pieter van der Borcht probablemente era o fillo de Jacques van der Borcht. Jacques van der Borcht era un artista que foi considerado en 1562 como o decano da Guilda de San Lucas en Mechelen. Está constatado que Pieter van der Borcht traballaba desde Mechelen para a imprenta de Christopher Plantin en Amberes. Van der Borcht fixo gravados para moitas publicacións científicas de Plantin, como as obras de Rembert Dodoens, Carolus Clusius e Matthias de l'Obel.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

O Ateneo Ferrolán nas redes sociais:

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Apoia e difunde a Campaña de Apoio e Defensa do Ateneo Ferrolán Patrimonio da Cidade: Blogger e Facebook.

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa.
Titular Ateneo Ferrolán.

ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
22 de abril de 2015 18:5

-------------

Hoxe xoves 23 de Abril, ás 11:30hs, concentración aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra esixindo emprego e renda básica xa - Participa !!


TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL

Queremos conseguir dar-lle cara humana ao problema do paro (e non un mero dato estatístico). Non pararemos de facer presión até que se cumpran as demandas que 1.341 traballadoras e traballadores firmaron e entregaron no rexistro da Xunta e do Concello de Ferrol, e que se van levar ao resto dos concellos das tres comarcas. Demandamos un plan de choque contra o paro, contratando xa directamente das listas do paro a 500 persoas. E unha renda básica para todas as persoas que están no paro e non teñen ningunha prestación.

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Telefono e Correo-e de Contacto:

603 213 863 |marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Clicar acima da imaxe para ampliar

Sitios en Internet:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

_____________

mércores, abril 22, 2015

A Marea Ártabra organiza estos días dous actos sobre asuntos de actualidade que afecta ás condicións de vida da veciñanza: un sobre o Sector Naval e outro sobre as consecuencias da privatización do Rexistro Civil



A Marea Ártabra organiza estos días dous actos sobre asuntos de actualidade que afecta ás condicións de vida da veciñanza. Unha sobre o unha charla coloquio sobre a situación do sector naval en Ferrol e a outra sobre as consecuencias da privatización do Rexistro Civil.

Mércores 22 de Abril, o sector naval a Debate.
Marea Ártabra organiza unha charla coloquio sobre a situación do sector naval en Ferrol, coa participación de Rafael Pillado, Moncho Yañez e Fernando Ramos. Dita charla tera lugar o próximo mércores 22 ás 20 horas no local electoral de Marea Ártabra sito na Rúa Rochel 14 con entrada tamén pola Rúa Magdalena 5

Xoves 23 de Abril, as consecuencias da privatización do Rexistro Civil.
Marea Ártabra organiza pora o vindeiro Xoves 23 ás 19 horas na Galeria Sargadelos unha charla coloquio a cargo de Pablo Valeiras Ríos, portavoz de Alternativas na Xustiza sobre as consecuencias da privatización do Rexistro Civil.

Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

A Marea Ártabra é un proceso asambleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.


Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

WEB: Mareaartabra.gal
TWITTER: @mareaartabra | #MareaArtabra
E-MAIL: info@mareaartabra.gal
FACEBOOK: Marea Ártabra
YOUTUBE: Marea-Ártabra

Local electoral:

Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.
Teléfono: 633 352 131

Enviado por:
Marea Ártabra
-mareaartabra@gmail.com-
20 de abril de 2015 22:46
21 de abril de 2015 13:20

_____________

luns, abril 20, 2015

Roteiro da Explotación: "Rana Plaza esta en todas partes", organizado pola Marcha Mundial das Mulleres, para o venres 24 de Abril, desde as 7 da tarde


"O homicidio industrial masivo ocorreu ás 9 da mañá do 24 de abril. No edificio derrubado, construído ilegalmente, había cinco fábricas de roupa con 2.500 traballadoras. Esas cinco fábricas son Ether Tex, New Wave Bottoms, New Wave Style, Phantom Apparels e Phantom-TAC. Crese que esas fábricas produciron para varias marcas occidentais coñecidas, como Mango, Primark, C&A, KIK, Wal-Mart, Children?s Place, Cato Fashions, Benetton, Matalan e Bon Marchei.

O 23 de abril, o día anterior ao afundimento, apareceron grandes gretas estructurales nos alicerces que soportaban o "Rana Plaza", pero o propietario do edificio Sohel Rana e os donos das fábricas de roupa non fixeron caso ás autoridades locais que lles deron a orde de evacuar, mentres que as tres tendas e o banco que se atopaban na planta baixa atenderon a advertencia e evacuaron. Un obreiro da confección de Rana Plaza tiña que traballar tres días sen salario por cada xornada laboral perdida, razón pola cal os traballadores resistíanse a permanecer seguros na súa casa o 24 de abril
"

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra organiza o Roteiro da Explotación baixo o lema "Rana Plaza esta en todas partes"

ROTEIRO DA EXPLOTACIÓN: "RANA PLAZA ESTÁ EN TODAS PARTES"

Data: Venres 24 de Abril de 2015.
Hora: Desde as 19:00hs (7 da Tarde).
Saída, Percorrido e remate: Desde a Praza do Concello de Ferrol, pasando pola Rúa Real até a Praza de Amboaxe.

Ao longo da Rúa Real hai unha mostra de todas estas firmas ás que denunciamos como provocadoras desta masacre en "Rana Plaza" e noutros moitos lugares do mundo.

Este 24 de Abril, recordamos a masacre de "Rana Plaza" en Bangladesh onde no ano 2013, morreron e quedaron feridas máis de 1.000 mulleres ao se derrubar o edificio onde amoreadas, en condiciones inhumanas e a cambio dun salario inmoral, traballaban para marcas occidentais tales coma Benetton, The Children's Place, DressBarn, Mango, Monsoon e Primark, así como para empresas de distribución coma El Corte Inglés.

E estas historias que nos poden parecer lonxanas, non escapan á realidade da industria textil galega; onde observamos como grandes firmas como INDITEX, deciden deslocalizar a produción de roupa en Galiza provocando graves condicións de explotacións noutras partes do mundo e numerosas perdas de emprego no país.

Nós, militantes da Marcha Mundial das Mulleres, unidas en solidariedade, estamos xuntas para denunciar a cobiza capitalista e o patriarcado que explotan e expropian os corpos das mulleres e o seu traballo produtivo.


--

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
20 de abril de 2015 11:19
________

Enlace relacionado en Ártabra 21:
O desastre de Rana Plaza - Bangladesh: duras críticas ás marcas de roupa pola súa desapiadada indiferenza - 397 persoas mortas confirmadas.

A traxedia do "Rana Plaza" no buscador libre DuckDuckGo.
_______________

domingo, abril 19, 2015

Candidatura de Esquerda Unida de Narón - Municipalizar - O TTIP non é un tratado, é un atentado


Candidatura de Esquerda Unida de Narón

En Esquerda Unida Narón celebramos o pasado xoves día 16 de Abril unha asemblea aberta  no local social de A Gándara co obxectivo de levar a cabo unha votación mediante o sistema de lista aberta para configurar a orde da lista dos postos 2 a 21, o cabeza de lista André Abeledo Fernández actual coordinador local de EU Narón xa tiña sido escollido como cabeza de lista en asemblea o pasado 10 de Abril. Finalmente o orde da candidatura de EU Narón para as municipais é o seguinte:
1. André Abeledo Fernández; 2. María Belén Aneiros López; 3. Jorge Juan Rego Gárate; 4. Roberto Villasuso Vázquez; 5. María Belén Iglesias Berrocal; 6. Antonio López Pita; 7. Argemiro Montero Martiño; 8. Carmen María Uriondo Pita; 9. Juan José Teijeiro Couce; 10. María dolores López García; 11. Marcelino Bermúdez Fraguío; 12. Víctor Manuel García García; 13. Tamara López Díaz; 14. Luís Miguel García Pita; 15. Raquel Abeledo Fernández; 16. Rubén Méndez Otero; 17. María Luísa Agra Parada; 18. Manuel Ángel Prados Rego; 19. Rosa Estefanía Fernández Vigo; 20. Xosé María Alonso Luaces; 21. José Manuel Prado Serantes; 22. María Josefa Prado Suárez; 23. Antonio Luís Gómez Sánchez; 24. Miguel Rego Casas.
En Esquerda Unida de Narón queremos que esta candidatura sexa a de todas e todos os cidadáns de Narón, e facemos un chamamento a todas as naronesas e naronesas a participar nas nosas asembleas, pretendemos abrirnos a cidadanía para coñecer de primeira man os problemas do noso concello. 

Municipalizar

Dende  Esquerda Unida Narón​ non paramos de repetir a importancia de municipalizar, pero por que, e para que?, creemos que a ninguén se lle escapa que cando un concello pon en mans privadas un servizo este servizo pasa a ser un negocio, a empresa privada ten que ter beneficios, e para logralos ten poucos camiños, e todos eles negativos para a cidadanía.

Por unha banda encarecer o servizo, por outra mal pagar e ofrecer emprego precario, ou ben baixar a calidade do servizo.

Nos defendemos que é preciso municipalizar os servizos básicos para conseguir xusto o efecto contrario, abaratar o servizo, conseguir xerar emprego de calidade, e mellorar a calidade do servizo.

O municipalizar estes servizos os beneficios derivados dos mesmos repercutirían directamente no concello, e non quedarían en mans privadas, o xerar emprego de calidade isto axudaría a súa vez a reactivar o consumo, pois un traballador con un salario digno e un emprego fixo pode consumir, a formula é moi simple, e si se quere se pode.

O TTIP non é un tratado, é un atentado

O sábado día 18 de Abril saín a rúa como tanta outra xente para mostrar o meu rexeitamento o TTIP, a do sábado foi unha acción global de protesta contra un "tratado" que é mais ben un ATENTADO contra as liberdades, é realmente un paso mais da ditadura das multinacionais e dos chamados "mercados", este atentado ven disfrazado de "tratado de libre comercio", ven envolto en papel de agasallo, ven a calada e as agachadas, pero é un atentado contra a soberanía dos pobos, contra os dereitos das traballadoras e os traballadores, é un atentado contra a natureza e contra a saúde alimentaría, o TTIP é un elaborado plan de fin de conquista das oligarquías para impoñer a ditadura do capital a todos os niveis das nosas vidas.

Na Praza de Armas de Ferrol eramos pouca xente, pero vin algunha xente que non tiña visto ates, e varias mozas, os que tomaron a palabra o fixeron para dicir cousas moi interesantes, a parte boa que me levo é que hai compañeiras e compañeiros ben informados tentando contar a verdade a cidadanía, a mala é que dende as organizacións que debemos liderar esta loita estamos fallando en algo.

Quédanos tempo, pero non moito.

André Abeledo Fernández

CPL EU NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de abril de 2015 17:54
19 de abril de 2015 19:05
19 de abril de 2015 19:56
_______________________

sábado, abril 18, 2015

A Marea Ártabra convoca este sábado, 18 de Abril, ás seis da tarde o seu primeiro acto público no barrio de Caranza - A Marea Ártabra contra o TTIP, vai participar ás 12:30 no acto unitario da Praza de Armas de Ferrol


A Marea Ártabra convoca este sábado, 18 de Abril, ás seis da tarde o seu primeiro acto público no barrio de Caranza. No local social do Galicia de Caranza. Trátase dunha Asemblea Aberta onde se van explicar as liñas básicas deste movemento cidadá e presentar as persoas que conforman a súa candidatura para as próximas eleccións municipais. O debate aberto a continuación abordará cales deben ser as liñas prioritarias de actuación da Marea Ártabra no barrio.


A  MAREA  ÁRTABRA  APOIA  A  MOBILIZACIÓN  INTERNACIONAL  CONTRA  O TTIP


Desde a Marea Ártabra queremos convidar a todos e todas as nosas veciñas, a mobilizarse o próximo 18 de abril en contra do Tratado de Libre Comercio da UE con EE.UU.
Este tratado contradí todos os valores e principios nos que se basea a Marea Ártabra para construír a súa alternativa municipal.

Na Marea Ártabra queremos transparencia e democracia participativa. O TTIP estase negociando con total escurantismo. A cidadanía non ten aceso aos documentos, e non vai ser consultada, vía referendo, por exemplo, para a súa aprobación.

Na Marea Ártabra consideramos que a defensa dos servizos públicos, e a remunicipalización dos servizos agora privatizados (auga, recollida de lixo, dependencia, apoio familiar, menores...) é fundamental para poder exercer dereitos fundamentais, asegurar a igualdade no seu aceso e optimizar recursos. O TTIP vai significar a privatización dos servizos públicos para seguir converténdoos en niño de negocio das grandes empresas.

Na Marea Ártabra entendemos que o dereito á saúde de todas e todos, debe ser un eixe vertebrador das políticas municipais. O TTIP vai representar a quebra constante dese dereito, non só pola privatización da sanidade, senón pola desregularización do comercio de produtos tranxénicos, a legalización de sustancias non autorizadas ata agora para uso alimentario, o levantamento da cláusula de prevención, e a distribución e control de fármacos.
Na Marea Ártabra queremos recuperar o concello para as veciñas e veciños, para que exerzamos nel a soberanía, con responsabilidades e dereitos. O TTIP vai colocar ás multinacionais por riba da soberanía dos estados, de maneira que calquera conflito entre unha destas grandes empresas e os gobernos europeos, vaise resolver ante entidades de mediación privadas. As normativas laborais, o salario mínimo, a normativa sobre produtos financeiros... vanse adaptar á baixa, collendo de Europa ou de EE.UU., aquelas normativas que máis favorezan aos intereses das grandes empresas.

A cidadanía de Ferrol ten que tomar conciencia urxentemente, da necesidade de participación e de resposta colectiva e organizada, para enfrontar todos estes plans que desde os poderes económicos, collidos da man do poder político, están intentando impoñernos.

Marea Ártabra estará o sábado 18 de abril mobilizándose na praza do concello de Ferrol, ás 12:30hs, na concentración convocada pola Plataforma Ferrolá contra o TTIP, para unirse ao clamor europeo contra esta ameaza.


Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook

A Marea Ártabra é un proceso asambleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.


Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

WEB: Mareaartabra.gal
TWITTER: @mareaartabra | #MareaArtabra
E-MAIL: info@mareaartabra.gal
FACEBOOK: Marea Ártabra
YOUTUBE: Marea-Ártabra

Local electoral:

Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.
Teléfono: 633 352 131

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
17 de abril de 2015 22:45
_____________

venres, abril 17, 2015

Foro: En común, xuntando mans para gañar en benestar e saúde, acto organizado por Anova en apoio á candidatura de Ferrol en Común


Foro Anova sobre Benestar e Saúde


Anova-Ferrol organiza o Foro: En común, xuntando mans para gañar en benestar e saúde, que terá lugar o luns 20 de abril, as 18.00 h, na Sala de exposicións do Ateneo Ferrolán. Un acto en apoio á candidatura de Ferrol en Común.

A este foro foron convidadas entidades e persoas directamente relacionadas co tema.

Animámosvos a acudir!

Anova-Ferrol
http://anova.gal/

Conta no facebook:
https://gl-es.facebook.com/anova.ferrol.7

Conta no twitter:
https://twitter.com/anova_ferrol


Información baseada na enviada por:
Anova Ferrol
-ferrol@anova.gal-
17 de abril de 2015 09:32

_____________

O TTIP e as ameazas máis importantes para a sanidade pública - Porque mobilizar-nos contra o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos entre a Unións Europea e os EEUU - En Ferrolterra, o 18 de Abril, ás 12:30hs na Praza de Armas


CONTRA DO TRATADO DE LIBRE COMERCIO


Desde xuño de 2013 a Comisión Europea,  e o Departamento de Comercio de EE UU están negociando unha Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento (TTIP), que non se aprobará antes de 2016. Esta negociación caracterizouse pola opacidade e a falta de transparencia malia que os acordos afectan aos cidadáns.  A crise económica é a xustificación dun proxecto que pretende liberalizar as relacións comerciais USA UE, aínda que en realidade está dirixido a consolidar normas e lexislacións que amparan aos fondos de investimento e ás grandes empresas multinacionais.

Este Tratado e unha continuación dos Acordos da Organización Mundial do Comercio e a Unión Europea sobre Liberalización de Servizos que supuxeron a privatización dos servizos públicos  na UE.  O TTIP pon os intereses das multinacionais  por diante dos dereitos cidadáns.

O proceso de negociación con conta coas organizacións da sociedade civil como sindicatos, organizacións ecoloxistas, veciñais, de consumidores e ata dos gobernos elixidos democraticamente (negóciao a Comisión Europea que non esta sometida ao control do Parlamento Europeo). Sen embargo as multinacionais e os lobbies de presión han tido a  oportunidade de participar e influenciar nas propostas.

Principais claves do acordo:
  • Limitar a soberanía dos gobernos facilitando as demandas das multinacionais para a posta en práctica de políticas que afecten aos seus intereses.
  • Outorgar ás grandes empresas amplas facultades para impugnar novas leis polos gobernos, o que fará irreversibles ás privatizacións dos servizos públicos..
  • Abrir aos mercados sectores crave dos países europeos como a enerxía, as patentes, a sanidade pública, ou a soberanía alimentaria.
  • Desregular os servizos financeiros, coa eliminación das restricións en materia de transaccións financeiras e da comercialización de produtos financeiros derivados (un dos desencadéantes da crise).
  • Desenvolver o chamando Mecanismo de Solución de Diferenzas entre Inversor e Estado (ISDS), con normas para protexer a seguridade xurídica dos inversores que inclúe disposicións contra a expropiación de servizos de interese público ou a libre circulación e transferencia de fondos.
Os obxectivos en materia sanitaria do Tratado están dirixidos a eliminar medidas reguladoras (non arancelarias) que afectan ao comercio:  Condicionar as normas europeas que obrigan á transparencia dos ensaios clínicos dos laboratorios farmacéuticos; reducir as regulacións ambientais e alimentarías que garanten a calidade e seguridade dos mesmos;  incrementar os dereitos de propiedade intelectual das empresas farmacéuticas prolongando os períodos das patentes de medicamentos e innovacións tecnolóxicas; e protexer o investimento das empresas privadas nos sistema sanitarios.

As ameazas máis importantes para a sanidade pública contidas no Tratado son:
1º. - Os gobernos non poderán recuperar os servizos externalizados ou privatizados, aínda que sexan un desastre e os seus gastos exorbitantes (como os hospitais PFI de Madrid ou de Vigo, que multiplican por sete o seu custo real).  As empresas poderán protexer os seus investimentos cun Arbitraxe Inversionista - Estado, que outorga ás corporacións o dereito de demandar a un goberno que tome decisións que danen as súas ganancias, á marxe dos tribunais nacionais de xustiza.  A concesión de indemnizacións dos investimentos das empresas nos sistemas sanitarios públicos supoñerá unha seria ameaza para a capacidade dos gobernos de intervir na defensa do interese público.

2º.- Os gobernos non poderán fixar prezos para os produtos farmacéuticos, promover medicamentos xenéricos, aplicar programas para control do tabaquismo ou da seguridade e calidade dos alimentos:
  • Prolongar o tempo de vixencia das patentes dos medicamentos a máis de 20 anos.
  • Atrasar a entrada dos xenéricos no mercado.
  • Reducir os requisitos para as patentes, para facilitar a comercialización das innovacións biotecnolóxícas.
  • Incrementar o período de protección dos datos dos medicamentos biolóxicos a máis de 12 anos (entre 4 8 na actualidade).
  • Garantir a presenza dos laboratorios nos organismos estatais  que fixan as políticas de prezos (Dirección Xeral de Farmacia e Axencia Española do Medicamento), mediante as chamadas Garantías Procesáis.

3º.- A Converxencia Regulamentaria esta dirixida a suplantar a  OMS no establecemento de normas de rexistro, calidade, seguridade e eficacia dos medicamentos, en función dos intereses das multinacionais.

4º.- Crear un Comité Industria-Gobernos para monitorizar o cumprimento do acordo (patentes, normas de xenéricos, fixación de prezos e reembolsos).
Todas estas medidas incrementarán de xeito brutal os gastos sanitarios, poñerán en risco a sustentabilidade dos sistemas sanitarios públicos, dificultarán o acceso aos medicamentos, aumentarán a irracionalidade do sistema, e afectarán á saúde da poboación xerando maior mortalidade e carga de enfermidade.


Principais consecuencias:
  • Diminución das esixencias de seguridade para os consumidores (comercialización dos alimentos transxénicos ou a desinfección de poios mediante cloro , prohibidos en Europa e aprobados en Estados Unidos).
  • Recortes e perda de control público en educación formación, desenvolvemento científico e dereitos de propiedade intelectual, ao servizo das grandes corporacións privadas.
  • Precarización das condicións laborais e salariais dos traballadores sanitarios, destrucións de emprego nos servizos sanitarios e sometemento da súa actuación aos intereses empresariais.
  • Desaparición das regulacións medio ambientais que garanten a saúde pública como a autorización do fracking para obter gas do subsolo utilizando produtos químicos, que poden contaminar os acuíferos ou as prospeccións petrolíferas sen control.
Por todo  isto esiximos a paralización das negociacións do tratado.

Chamamos a cidadanía galega a apoiar ás mobilizacións  do  18 de abril, na Xornada Global contra el TTIP.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Enviado pola:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
16 de abril de 2015 23:28

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_______

FERROLTERRA NA MOBILIZACIÓN GLOBAL DO SÁBADO 18 DE ABRIL

Ás 12:30hs na Praza de Armas, diante do palacio Municipal de Ferrol

Facemos un chamamento á cidadanía de Ferrolterra e a todas as organizacións presentes na cidade a que se mobilicen o 18 de abril contra este tipo de tratados de libre comercio que pretenden facer máis efectivo o trasvase de riqueza cara as elites.

En Ferrolterra sumámonos cunha Concentración - Acción - Asemblea Popular Aberta, na Praza de Armas.

Á diversidade de tácticas e accións solidarias que se preparan a redor de todo o planeta para contribuir a informar buscando a participación e mobilización da xente, rumbo a un novo modelo económico e de comercio que funcione para o beneficio de todas as persoas e o planeta, agora e no futuro.

Non ao TTIP !!

________________________

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia o rocambolesco despedimento do Xerente da EOXI de Vigo, sen ningunha explicación máis ou menos racional - Este cese é un paso máis no caos de xestión do proceso de construción do Novo Hospital co financiamento privado

Diante da información aparecida na prensa de que Mario González foi cesado como Xerente da EOXI de Vigo, de xeito precipitado, sen esperar sequera á recepción da obra do Novo Hospital polo SERGAS, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar que:

1.- Este cese é un paso máis no caos de xestión do proceso de construción do Novo Hospital co financiamento privado. Este cese/dimisión imprevisto reflexa perfectamente a incapacidade da Consellería para xestionar con criterios de racionalidade a nova infraestrutura, tan necesaria para corrixir os déficit sanitarios da área de Vigo.

2.- Aos problemas de financiamento, aos atrasos de máis de 3 anos na entrega do proxecto por falta de fondos da Concesionaria; aos recortes de camas, módulos, superficie e equipamento; ao traslado do laboratorio; á perda de servizos de referencia en favor do Complexo Hospitalario de Santiago e de POVISA; ao mantemento da empresa de xestión privada GALARIA; e ao falseamento e ocultación dunhas listas de espera desproporcionadas, engádese agora o rocambolesco despedimento do Xerente, sen ningunha explicación máis ou menos racional.

3.- Esta decisión envolta de opacidade, rumoroloxía e sospeitas supón unha nova burla aos profesionais e traballadores do CHUVI e do conxunto da área, (que soportan todo tipo de decisións que lesionan os seus dereitos e a súa dignidade laboral) e sobre todo á cidadanía da área que leva anos padecendo uns servizos insuficientes para as súas necesidades, sen que desde a Administración do PP se lles proporcione a máis mínima explicación, pese a pagar estes recursos cos seus impostos.

4.- Desde a Asociación esiximos da Conselleira de Sanidade que, de xeito inmediato, ofreza unha información transparente, que explique que está pasando no Hospital, cales son os motivos do cese do xerente, e as causas do atraso na entrada en funcionamento do Novo Centro.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

16 de abril, de 2015

Enviado pola:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
16 de abril de 2015 23:23

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_______

Presentada unha batería de iniciativas no Parlamento Galego, a través da Alternativa Galega de Esquerda (AGE), contrarias á ampliación de Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, informa que foron presentada unha batería de iniciativas no Parlamento Galego contrarias á ampliación de Reganosa a través da Alternativa Galega de Esquerda (AGE).


Polo referido, o grupo parlamentar da AGE presenta a seguinte interpelación:
- Apoia o goberno galego a construción dun novo tanque e a ampliación das capacidades gasísticas da planta de gas de Reganosa malia ser unha instalación ilegal, perigosa e innecesaria?

- Como apoia a Xunta unha ampliación da capacidade de regasificación cando a demanda de gas está a caer e a ráteo de utilización da planta de Reganosa cae cada ano?

- Que previsión de investimento manexa a Xunta para a totalidade do proxecto de amplaición da planta de gas radicada no interior da ría de Ferrol?

- Que previsión de axudas públicas tería ese proxecto de ampliación das capacidades de regasificación nas diversas formas de axudas, exencións e bonificacións?

- Non contempla a Xunta realizar os trámites oportunos para conquerir o deamantelamento da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol?
Polo referido, o grupo parlamentar da AGE presenta a seguinte proposición non de lei:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a que denegue os permisos oportunos para ampliar as capacidades de almacenamento e regasificación da planta de gas de Reganosa.

- O Parlamento Galego insta ao goberno da Xunta a realizar as accións oportunas para desmantelar a planta de gas de Reganosa do seu emprazamento no interior da ría de Ferrol.

Comité Cidadán de Emerxencia: Iniciativa contraria á ampliación de Reganosa

Engadimos documento da iniciativa do Grupo AGE no Parlamento de Galicia, contra a ampliación da Planta de Gas de Reganosa (e restantes documentos ampliatorios desta iniciativa, para maior información).

Documentos

Achegamos o enlace, aos Arquivos Ártabros, para Acceder/Baixar, cinco documentos -en formato pdf- coas iniciativas de AGE presentadas no rexistro do Parlamento o 16 de Abril de 2015:
Prescrita Reganosa C VI 090036342, 3 páxinas. | Pregunta para a súa resposta escrita, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

PC Reganosa C VI 090036343, 3 páxinas. | Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

PNC Reganosa C VI 090036341, 3 páxinas. | Proposición non de lei para o seu debate na Comisión VI, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa (Para o seu debate en Comisión). | Acceder/Baixar.

PNC Reganosa C VI 090036340, 3 páxinas. | Proposición non de lei para o seu debate na Comisión VI, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa (Para o seu debate no Pleno). | Acceder/Baixar.

INT Reganosa C VI 090036339, 3 páxinas | Interpelación, relativa a pretensión de ampliar as instalacións da planta de gas de Reganosa. | Acceder/Baixar.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de abril de 2015 20:36
_______________

Socialismo Democrático de Ferrol apoia o acto unitario da Plataforma Cidadá contra o TTIP que se celebrará o sábado 18 de Abril e denuncia "a vergoñenta, infame, clasista e ideolóxica Amnistía Fiscal os ricos"

Socialismo Democrático de Ferrol Apoia e Participará na Concentración do Vindeiro Sábado 18 de Abril as 12:30 na Praza de Armas convocada pola Plataforma Cidada de Ferrolterra contra o Tratado de Libre Comercio( TTIP) pra rexeitar este Tratado.

Socialismo Democrático de Ferrol apoia, sumase e participara na Concentración do Vindeiro Sábado 18 de Abril as 12:30 horas na Praza de Armas de Ferrol convocada pola Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o Tratado de Libre Comercio (TTIP) pra rexeitar e opoñerse a este Tratado. O portavoz de Socialismo Democrático de Ferrol Celso Posada fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrolterra a que acuda, participe e apoie esta Concentración contra un Tratado de Libre Comercio Neoliberal, antisocial, antidemocrático e lesivo, un tratado en palabras de Posada escurantista que e un golpe de estado das multinacionais e grandes corporacións americanas contra a democracia, contra a clase traballadora, contra a Soberanía Nacional dos estados, contra os servizos públicos (Sanidade, Ensino) e contra o medio ambiente e que unicamente traerá recortes salvaxes nos dereitos sociais e laborais, privatización dos servizos públicos, precariedade laboral, paro, pobreza e desigualdades sociais. Socialismo Democrático de Ferrol participa na Plataforma Cidadá de Ferrolterra Contra o Tratado de Libre Comercio e rexeita e oponse rotundamente o Tratado de Libre Comercio (TTIP).

Socialismo Democrático de Ferrol Exise a Dimisión Inmediata do Ministro de Facenda Cristóbal Montoro pola sua vergoñenta, infame, clasista e ideolóxica Amnistía Fiscal os ricos

Socialismo Democrático de Ferrol a través do seu Portavoz Celso Posada esixe a Dimisión Inmediata do Ministro de Facenda Cristóbal Montoro pola súa vergoñenta, infame, clasista Amnistía Fiscal os ricos, as grandes fortunas e grandes empresas. Celso Posada Portavoz de Socialismo Democrático de Ferrol di que o Ministro de Facenda Cristóbal Montoro coa súa clasista, infame ideolóxica e vergoñenta Amnistía Fiscal permitiu o fraude fiscal das grandes fortunas e grandes empresas, permitiu que personaxes corruptos como Bárcenas, Pujol e Rodrigo Rato evadiran impostos, tiveran o seu diñeiro en paraísos fiscais ou branquearan o seu capital. Posada denuncia que a Amnistía Fiscal do Ministro de Facenda Cristóbal Montoro o que buscaba unicamente era incrementar os privilexios e as ganancias das elites económicas e financeiras e que estas cada día incrementaran mais e mais os seus beneficios mentres que as clases traballadoras o Ministro Montoro súbelles infamemente os impostos, báixalles salvaxemente os seus salarios e condénaas coa reforma laboral do PP á precariedade laboral, ao paro e a traballar en traballos precarios, temporais e con soldos de miseria.

Socialismo Democrático de Ferrol é unha corrente política conformada por militantes de base do PSdeG PSOE.

Web oficial da corriente a nivel estatal:
http://socialismodemocratico.org/

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
16 de abril de 2015 23:01
_________________

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada do LNG 'Castillo de Villalba', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Lúns 20 de abril 2015, ás 7 da Tarde

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 20 DE ABRIL, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

O "LNG Castillo de Villalba" (Posición Actual), ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 20 de Abril de 2015. Un buque gaseiro, de GRANDE PORTE máis de 284 metros de eslora, 42,50 de manga, un puntal de 57,70 e un calado de 11,4m, que pode cargar sobre uns 138.000 de m³ de gas natural licuado (LNG / GLN). O "LNG Castillo de Villalba" vai enfilar a súa proa para entrar pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.000 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos, onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los día, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos (Punta Promontorio). De entrar este buque, será o número 192 que descarga, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Foto de Romarin, tirada do blogue de Juan Carlos Díaz Lorenzo, | O LNG Castillo de Villalba no Porto de Mugardos, con O Seixo no fondo.

Xa van facer tres anos desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de abril de 2015 20:31
_______________