luns, maio 21, 2007

Os afectados esixenlle ó Concello que solucione o problema das expropiacións de Canido


De: Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 21 de Maio de 2007 12:16

Asunto: Os afectados esixenlle ó Concello que solucione o problema das expropiacións de Canido


Tres meses despois de que o concelleiro de Urbanismo de Ferrol, Guillermo Evia, comprometésese publicamente a darlle unha solución ós veciños do barrio de Canido afectados polas expropiacións das súas vivendas, esta segue sen chegar. En declaracións ó Diario de Ferrol (29 de xaneiro de 2007), Evia anunciaba que lle daba á empresa un prazo dunha semana para chegar a un acordo económico cos veciños ós que o Concello intentou desaloxar en varias ocasións. A día de hoxe aínda non se subscribiu con todos os expropiados.

O goberno local aprobou en 2004 que 18 inmobles das rúas Insua e Curral do Chapón custaban un total de 224.932 euros ( unha media de 12.000 euros por casa). Na zona unha empresa madrileña, Albantur, pretende construír unha urbanización de máis de 260 vivendas. O proceso expropiatorio acumula unha serie de irregularidades que motivaron as críticas do Valedor do Pobo. A institución que dirixe Ramón Vázquez Sandes denunciou que os criterios de valoración das vivendas "non se corresponden cos previstos na Constitución". Así mesmo manifestou que os veciños teñen dereito a ser realoxados "nunha nova vivenda, preferentemente no sector por urbanizar".

Evia comprometeuse, tamén ante a prensa e nunha reunión persoal cos afectados, a "seguir as dilixencias do Valedor" se a promotora non pagaba uns prezos razoables polas casas expropiadas. Os veciños esixen ó Concello que non eluda as súas responsabilidades e poña fin ó calvario no que desde fai máis de dous anos ven sumidos varios anciáns que non entenden como a Administración pública pódelles "roubar" as súas casas.

Actualmente son dúas as persoas que residen nas súas vivendas e non asinaron o acordo. Para solucionar, dunha vez por todas, o problema, os veciños están dispostos a renunciar a un piso na nova urbanización sempre que polo menos se lles ofreza polas súas vivendas un prezo non insultante. Albantur négase a pagarlle a unha das veciñas os 81.000 euros que pide pola súa casa (máis os honorarios do avogado) ó consideralos excesivos. A cantidade demandada responde á taxación realizada por un perito seguindo o método residual, previsto pola lexislación para calcular o valor dos inmobles expropiados.

Todo o proceso de negociación -iniciado tras as presións dos veciños e despois de que o programa Caia Quen Caia forzase o compromiso do alcalde, Juan Juncal- foi unha chapuza. A empresa negouse a satisfacer as demandas desta propietaria, e non obstante si que chegou a un acordo con outros afectados por cantidades similares. Unha das familias plantouse á hora de asinar para intentar evitar que se deixase descolgada a esta persoa afectada.

Os veciños esixenlle ó Concello que apreme á empresa para chegar ó acordo ou que de non producirse de forma inmediata cumpran por unha vez a súa palabra e acaten a recomendación do Valedor do Pobo.

luns, maio 14, 2007

Domingo, 20 de maio: Paseo urbano polos despropósitos municipais, en Ferrol


Domingo, 20 de maio
Paseo urbano polos despropósitos municipais

A Plataforma Ártabra 21 xurde a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural.

A Plataforma Ártabra 21, nace en Ferrol, mais coa intención de ser unha entidade de participación cidadá de ámbito Comarcal. Xurde, como a confluencia de diversos colectivos veciñais agredidos como consecuencia dunha política urbanística e de ordenación do territorio especulativa e insubstentábel. Mais o compromiso é abranguer todos os aspectos da vida social, política, cultural, deportiva, medioambiental, lingüística, veciñal, ...

Nos debates constituintes afirmábamos:

Que a cimeira de Rio de Janeiro de 1992 concluíu coa necesidade de que a cidadanía tomase parte nas decisións que atinxen a sustentabilidade dos asentamentos humanos.

Posteriormente na Carta das Cidades Europeas Cara a Sustentabilidade (Carta de Aalborg-1994), partindo dunha realidade caracterizada polo esgotamento enerxético do planeta, a destrución sistemática do medio ambiente natural e un paulatino empeoramento da calidade de vida, as cidades europeas apostan por percorrer un camiño cara a substitución das actuais fontes de enerxía de orixe fósil por fontes de enerxía renovábeis, pola mellora da calidade de vida e a protección do medio ambiente.

Neste camiño trazado na Carta de Aalborg defendíase a PARTICIPACIÓN CIDADÁ coma un dos eixes imprescindíbeis para acadar estes obxectivos.

Na actualidade, máis dunha década despois da Carta de Aalborg, vemos como no noso entorno urbano e natural inmediato, lonxe de camiñar na liña proposta por este documento, as diferentes administracións teiman en levar a termo proxectos que atentan en contra da calidade de vida da cidadanía, (e moitas veces tamén en contra da súa propia seguranza), depredando e degradando o patrimonio cultural e natural herdado, desenvolvendo políticas territoriais, urbanísticas e enerxéticas insustentábeis.

Desde Ártabra 21 temos o empeño de que as cousas poden e deben cambiar, e o camiño que encetamos vai nesa dirección, hoxe somos 16 colectivos, mais outros xa solicitaron a entrada na Plataforma, agardamos ser mais en pouco tempo. Mais o noso obxectivo non é ser mais, senon que a cidadanía participe e exerza os seus dereitos. As actividades de Ártabra 21 van nesa dirección.

A Plataforma Ártabra 21 ven manifestando a súa preocupación polo que está acontecendo en Ferrol pola actitude do GOBERNO MUNICIPAL [PP-IF] de desprecio á cidadanía.

Foi imposíbel a PARTICIPACIÓN CIDADÁN con este Alcalde e grupo de goberno, coas súas actitudes antidemocráticas que pensamos indicaron unha postura HOSTIL CUNHA PARTE MOI IMPORTANTE DO MOVIMENTO SOCIAL DA CIDADE DE FERROL E CONTRA A PROPIA CIDADANÍA QUE IGNOROU E DESPRECIOU.

Son demasiados FRONTES OS QUE ESTE GOBERNO DEIXA ABERTOS, interpretando equivocadamente o que é gobernar democráticamente, facendo ouvidos xordos ás demandas da cidadanía, sen diálogo, e actuando nunha especie de depotismo seudodemocrático, facendo o que lle peta, intentando coacionar ao movimento social, escondendo inconfesabeis intereses.

A Plataforma Ártabra 21, espera xestos esperanzadores e un cambio de rumbo, tomando decisións correctoras ao que respecta a PRAZA DE SARTAÑA, BARRIO DE RECIMIL, PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], FRAGA DE MENÁNCARO, LEIXA, MANDIÁ, OS CORRAIS, CHA DE BRIÓN, CANIDO, FERROL-VELLO, ... preocupad@s tamén por certas actitudes dalgúns grupos, desde as bancadas da oposición municipal. Vexase a actitude, destes, diante da inseguridade que representa a PLANTA DE GAS dentro da Ría, vexase a falta dunha actitude crítica cos poderes mediáticos, en concreto co Grupo -Voz, ou non interpoñer recursos de reposición ou mesmo, se é o caso, recursos contenciosos contra decisións municipais claramente ilegais e lesivas para os intereses xerais da cidadanía.

A PA21, non se vai deixar coacionar por ningún goberno municipal, e seguirá firme nos obxectivos e conviccións. Seguirá na liña da denúncia, concienciación e mobilización social, para conseguir obxectivos de xusticia social, participación cidadán, defensa dos espazos públicos, respecto e defensa do medio ambiente. ... e un desenvolvimento sostíbel.

O Goberno Municipal do Concello de Ferrol continua co seu empeño de facernos crer que o progreso consiste en encher as cidades de cemento, construír sen mais, para especular, para beneficiar a uns poucos que xa verten de privilexios. Agardemos que se se produce un cambio non sexa continuista nestas políticas de cemento.

É por todo isto polo que convocamos un PASEO URBANO POLOS DESPROPÓSITOS MUNICIPAIS, pois se por algo se caracterizou estes catro anos de goberno municipal da dereita [PP-IF], foi pola cantidade de despropósitos que pretendía levar a cabo e apoiar: usurpar espazos públicos para beneficiar intereses privados; construir sen ser necesario; onde hai espazos naturais de grande interese ecolóxico e paisaxístico, apoiar urbanizacións especulativas; demoler en vez de rehabilitar; espoliar á veciñanza, botando das súas casas sen realoxalas; abandoar os barrios ...

O domingo, 20 de maio, partiremos as 11 da mañá desde a Praza de Sartaña, onde comezaremos un paseo urbano, a pé e en bici, ao cal convocamos a toda a veciñanza de Ferrol, por algúns dos pontos quentes dos despropósitos municipais. Despois de Sartaña, pasaremos por Recimil, Praza da Porta Nova [Praza de España], Baluarte de Canido [simbolizando a zona rural], Rúa Insua en Canido, e remataremos na Praza Vella de Ferrol-Vello, ás 12½ pasado o mediodía. En cada parada denunciaremos os despropósitos municipais e formularemos as reivindicacións veciñais, deixando unha etiqueta indicativa.

  • Para que a Praza de Sartaña siga sendo sempre pública.

  • Pola Rehabilitación integral do barrio de Recimil, tendo en conta a situación social e idade dos seus moradores, poñendo especial énfasis no respeito á dignidade das persoas.

  • Por unha Praza da Porta Nova [Praza de España] sen macro-edificio, para uso e goze de toda a cidadanía.

  • Para que a Fraga de Menáncaro sexa un espazo natural protexido libre da especulación urbanística.

  • Para que se teña en conta, informe e haxa diálogo coa veciñanza do rural na resolución dos seus problemas [Os Corrais, Mandiá, ...]

  • Para que se protexa o Cha de Brión da especulación e de políticas visionarias onde o único valor é o cemento e o desenvolvemento insostíbel.

  • Par que se teñan en conta as alegacións ecoloxistas e veciñais ante o Proxecto do Polígono Industrial de Leixa.

  • Para que a veciñanza da Rúa Insua de Canido, sexa tratada con dignidade, e se lles pague un prezo xusto pola sua vivenda e un realoxo digno.

  • Pola rehabilitación integral de Ferrol-Vello, comezando pola casa de Ricardo Carvalho Calero, dando cumprimento aos acordos plenarios.

  • Polo desaparición de muros na cidade, para que Ferrol sexa unha cidade aberta ao mar.

  • Pola devolución das instalacións militares ao povo de Ferrol sen coste para a cidadanía.

  • Pola eliminación de barreiras arquitectónicas que imposibilitan o disfrute da cidade ás persoas discapacitadas.

  • Polo saneamento integral da Ría.

  • Para impedir a entrada de buques gaseiros dentro da Ría: Planta de Gas Fóra da Ría.
Blog artabra21.blogspot.com
Correio-e: artabra21@gmail.com

domingo, maio 13, 2007

Nota informativa do Comité Cidadán de Emerxencia sobre a concentración do 12 de maio de 2007, no peirao de Ferrol

Na concentración de hoxe no peirao de Ferrol participaron unhas 2000 persoas, desde as 12 ata as 13 horas. Recolléronse firmas en tres mesas, nas que se dispuxeron xogos de catro escritos, nos que cada persoa ten que asinar catro veces, a fin de solicitar o cese ás respectivas instancias superiores que nomearon a Francisco Barroso Palomino, Manuel Ameijeiras Vales, Jorge Cao Ruiz e Amable Dopico Freire aos que se considera que poderían prohibir a entrada do gasero Galicia Spirit ou cederon a presións politicas ou económicas.


Moito antes de finalizar a concentración esgotáronse as copias de escritos que se habian levado para asinar, totalizando 560 firmas e quedando moitos participantes para asinar en proximos dias, polo cal faráselles chegar copia dos escritos por email e para que os devolvan asinados ata o mercores próximo, nalgunha das Asociacións integradas na Asemblea Cidadá, entre elas o Ateneo Ferrolan, onde desde o luns pola mañá podran recollerse exemplares dos escritos para asinar quen non teñan forma de recibilo por email. O Mercores habera xuntanza do CCE pare recoller as firmas.

Quen sexan de fóra de Ferrol rógase que as copias orixinais asinadas envíenas por correo postal a : Comité Cidadan de Emerxencia, Ateneo Ferrolan Rúa Magdalena 204, 1º,Ferrol 15401, a mais tardar con data de saida o vindeiro mércores. Así mesmo por email a comitecidadan@iespana.es o aviso do envío e número de firmas, a fin de esperar por elas.

Ás 13 horas Montserrat Garel, actuando como portavoz do Comité Cidadán, leu o manifesto que se acompaña como anexo a esta nota.


Así mesmo pola megafonia o Coordinador Carmelo Teixeiro comunicou o seguinte:

1) A cidade de Ferrol ten que estar moi agradecida aos traballadores do mar, que unha vez mais defendérona. Os mariscadores, traballadores domar que viven da riqueza que extraen da Ría, coas súas actuacións integradas no Comité Cidadán escribiron unha pagina moi positiva da historia de Ferrol en defensa da vida, a riqueza da ría e a legalidad. O Comité Cidadán considérase solidario e comprometido con eles e apoiaralles nas súas reivindicacións á Xunta de Galicia. (Para que esta non cometa o erro de darlle a Reganosa parte de vára de poder que as urnas soamente dan a quen se presentan ás eleccións).

2) O gaseiro Galicia Spirit saleu hoxe cara ás 7,15 horas coincidindo coa baixamar, é dicir, en marea parada pero con menor calado debido a que ía en lastre ou baleiro sen carga por haber descargado as 140.500 m3 de gas natural licuado no tanque oeste que ten construído Reganosa, non podendo facelo no outro porque aínda non está terminado (sufriu un atraso despois do incendio que no mesmo orixinouse no pasado mes de outubro). Iso quere dicir que nas instalacións de Reganosa esta almacenada unha cantidade elevada de gas natural licuado que constitúe unha ameaza e un perigo para a poboación próxima á que Reganosa esta ameazando no caso dun accidente grave.

3) Un dos candidatos á Alcaldía de Ferrol di hoxe nun medio que "Hai que ir pensando en cambiar a Reganosa de ubicación", o que se entende que a Planta de Gas debe ser situada no Porto Exterior. Entendemos que tamén a Xunta de Galicia debe ir pensando nunha Planta de Gas no Porto Exterior, para unha plataforma gasista con futuro e segura, xa que a Planta de Reganosa é un proxecto en precario económicamente e que ameaza á poboación, polo que mais tarde ou cedo será paralizada, esperando que sexa clausurada o mais pronto posible e antes de que ocorra un accidente grave que podería provocar unha catástrofe.

4) Finalmente deuse a coñecer que no día de onte os mariscadores están sendo represaliados con inspeccións provocadoras da garda civil que se entende son ordenadas para algunha finalidade impresentable nunha democracia na que non é de recibo perseguirlles ou provocarlles tal e como ocorreu onte venres. Os mariscadores seguen á espera de que a Xunta de Galicia comprométase a pagar o día perdido o pasado 9 de maio por mor da entrada do gasero Galicia Spirit e as perdidas que a eles lles cause os danos que Reganosa orixine na Ría de Ferrol.


_________

De: Carmelo Teixeiro -carmeloteixeiro@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Maio de 2007 00:30
Asunto: Escritos para firmas pedindo o cese dos responsábeis das autorizacións para a entrada do buque gaseiro na Ría de Ferrol


Estos son os catro escritos para recoller firmas.

Hai que firmar os catro, porque como veredes cada escrito se pide o cese de un distinto irresponsable da entrada do gaseiro Galicia Spirit, segun se explica en cada un dos escrtitos.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia
_________

______________________

_______________________
Enlace coas Galerías Fotográficas da PA21:

Escrito de petición de cese de Amable Dopico Freiro, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol

Excma Sra. María José Caride Estévez
Edificios Administrativos –
San Caetano, s/n –
15704 Santiago de Compostela

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros. Por iso o actual Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro pasado comprometeuse a que esixirá o cumprimento de todos os condicionados.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despues de que estean resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un ?Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses? de Reganosa en base á que o 9 de maio ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO o cese de Amable Dopico Freiro, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, quen non exerceu as súas competencias para prohibir a entrada do buque gasero Galicia Spirit na Ría de Ferrol, provocando unha ameaza á vida da miles de habitantes, sen facer previamente ningunha instrución para verificar se existían suficientes garantías, pese a que con data 4 de maio de 2007 envióuselle un escrito cunha mención expresa dos condicionados que ten Reganosa, advertíndolle que debería prohibir a entrada do Galicia Spirit na Ría de Ferrol.


__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Escrito de petición de cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galicia

Excma Sra. María José Caride Estévez
Edificios Administrativos –
San Caetano, s/n –
15704 Santiago de Compostela

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despois de que esten resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un ?Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses? de Reganosa en base á que o 9 de maio ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO de Vd o cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galicia, por ordenar que a policía autonómica antidisturbios e a garda civil do mar favorecesen pola forza devandita entrada do buque gasero Galicia Spirit, provocando un grave risco e ameaza para a vida da miles de habitantes, sen facer previamente ningunha instrución para verificar se existían suficientes garantías pese a que o 13 de marzo e o 4 de maio por escrito informóuselle dos condicionados de Reganosa e de que en setembro pasado o Goberno no Congreso dos Deputados, por dúas veces comprometeuse a esixir o seu cumprimento.



__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Escrito de petición de cese de Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña

Excmo Sr. Ministro de Industria
Paseo de la Castellana 160 s/n
28071 Madrid.

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros. Por iso o actual Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro pasado comprometeuse a que esixirá o cumprimento de todos os condicionados.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despois de que estean resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un "Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses"? en base á que o pasado 9 de maio cara ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO de Vd o cese de Francisco Barroso Palomino, porque se prestou a asinar un "Acta de posta en servizo parcial" que non é legal porque Reganosa ten sen resolver a súa autorización de construción suxeita a condicionados cuxa cumplimentación é imposible dentro da angosta Ría de Ferrol, nun espazo encostado a un complexo petroquímico, no que Reganosa está construíndo unha planta de Gas. Tal acta de 4 de maio foi o pretexto para a entrada pola forza do gasero Galicia Spirit cargado de GNL ameazando a vida da poboación próxima.

__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Escrito de petición de cese de Jorge Cao Ruiz, Capitán Maritimo de Ferrol

Excmo Sr. Director General Marina Mercante
Paseo de la Castellana 67
Madrid 28071

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros. Por iso o actual Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro pasado comprometeuse a que esixirá o cumprimento de todos os condicionados.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despois de que estean resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un ?Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses? de Reganosa en base á que o 9 de maio ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO de Vd o cese de Jorge Cao Ruiz, Capitan Maritimo de Ferrol, quen autorizou a entrada do buque gasero Galicia Spirit na Ría de Ferrol, cargado de gas natural licuado, provocando unha ameaza á vida da miles de habitantes, sen facer previamente ningunha instrución para verificar se existían suficientes garantías. Con data 4 de maio de 2007 envióuselle escrito cunha mencion expresa e clara sobre os condicionados que ten Reganosa, advertíndolle que debería prohibir a entrada do gasero Galicia Spirit na Ría de Ferrol.

__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Nota informativa do Comité Cidadán de Emerxencia sobre a concentración do 12 de maio de 2007, no peirao de Ferrol

Na concentración de hoxe no peirao de Ferrol participaron unhas 2000 persoas, desde as 12 ata as 13 horas. Recolléronse firmas en tres mesas, nas que se dispuxeron xogos de catro escritos, nos que cada persoa ten que asinar catro veces, a fin de solicitar o cese ás respectivas instancias superiores que nomearon a Francisco Barroso Palomino, Manuel Ameijeiras Vales, Jorge Cao Ruiz e Amable Dopico Freire aos que se considera que poderían prohibir a entrada do gasero Galicia Spirit ou cederon a presións politicas ou económicas.

Moito antes de finalizar a concentración esgotáronse as copias de escritos que se habian levado para asinar, totalizando 560 firmas e quedando moitos participantes para asinar en proximos dias, polo cal faráselles chegar copia dos escritos por email e para que os devolvan asinados ata o mercores próximo, nalgunha das Asociacións integradas na Asemblea Cidadá, entre elas o Ateneo Ferrolan, onde desde o luns pola mañá podran recollerse exemplares dos escritos para asinar quen non teñan forma de recibilo por email. O Mercores habera xuntanza do CCE pare recoller as firmas.

Quen sexan de fóra de Ferrol rógase que as copias orixinais asinadas envíenas por correo postal a : Comité Cidadan de Emerxencia, Ateneo Ferrolan Rúa Magdalena 204, 1º,Ferrol 15401 , a mais tardar con data de saida o vindeiro mércores. Así mesmo por email a
comitecidadan@iespana.es o aviso do envío e numero de firmas, a fin de esperar por elas.

Ás 13 horas Montserrat Garel, actuando como portavoz do Comité Cidadán, leu o manifesto que se acompaña como anexo a esta nota.
Así mesmo pola megafonia o Coordinador Carmelo Teixeiro comunicou o seguinte:
1) A cidade de Ferrol ten que estar moi agradecida aos traballadores do mar, que unha vez mais defendérona. Os mariscadores, traballadores domar que viven da riqueza que extraen da Ría, coas súas actuacións integradas no Comité Cidadán escribiron unha pagina moi positiva da historia de Ferrol en defensa da vida, a riqueza da ría e a legalidad. O Comité Cidadán considérase solidario e comprometido con eles e apoiaralles nas súas reivindicacións á Xunta de Galicia. (Para que esta non cometa o erro de darlle a Reganosa parte de vára de poder que as urnas soamente dan a quen se presentan ás eleccións).

2) O gaseiro Galicia Spirit saleu hoxe cara ás 7,15 horas coincidindo coa baixamar, é dicir, en marea parada pero con menor calado debido a que ía en lastre ou baleiro sen carga por haber descargado as 140.500 m3 de gas natural licuado no tanque oeste que ten construído Reganosa, non podendo facelo no outro porque aínda non está terminado (sufriu un atraso despois do incendio que no mesmo orixinouse no pasado mes de outubro). Iso quere dicir que nas instalacións de Reganosa esta almacenada unha cantidade elevada de gas natural licuado que constitúe unha ameaza e un perigo para a poboación próxima á que Reganosa esta ameazando no caso dun accidente grave.

3) Un dos candidatos á Alcaldía de Ferrol di hoxe nun medio que "Hai que ir pensando en cambiar a Reganosa de ubicación", o que se entende que a Planta de Gas debe ser situada no Porto Exterior. Entendemos que tamén a Xunta de Galicia debe ir pensando nunha Planta de Gas no Porto Exterior, para unha plataforma gasista con futuro e segura, xa que a Planta de Reganosa é un proxecto en precario económicamente e que ameaza á poboación, polo que mais tarde ou cedo será paralizada, esperando que sexa clausurada o mais pronto posible e antes de que ocorra un accidente grave que podería provocar unha catástrofe.

4) Finalmente deuse a coñecer que no día de onte os mariscadores están sendo represaliados con inspeccións provocadoras da garda civil que se entende son ordenadas para algunha finalidade impresentable nunha democracia na que non é de recibo perseguirlles ou provocarlles tal e como ocorreu onte venres. Os mariscadores seguen á espera de que a Xunta de Galicia comprométase a pagar o día perdido o pasado 9 de maio por mor da entrada do gasero Galicia Spirit e as perdidas que a eles lles cause os danos que Reganosa orixine na Ría de Ferrol.

Manifesto do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, leido na concentración do 12 de maio de 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou na XI Asemblea Cidadá a convocatoria desta concentración porque dende o mércores 9 de maio de 2007 ás 9:30 da mañá, as poboacións da Ría de Ferrol estamos sometidas a unha ameaza real día e noite, logo da entrada ilegal e pola forza do buque Galicia Spirit que trae Gas Natural Licuado para descargar e facer probas, autorizadas irregularmente, na planta que Reganosa está construíndo en Mugardos.

Dita autorización foi asinada, en A Coruña, o día 4 deste mes, por D. Francisco Barroso Palomino, Director Provincial del Área de Industria y Energía, organismo da Administración do Estado. Esta irregular acta de probas foi a utilizada como pretexto para burlar a lei e demostra unha vez mais, a estratexia empregada por Reganosa dos feitos consumados.

Con esta concentración queremos:

  1. Que a cidadanía exprese o seu rexeitamento pola entrada ilegal na Ría dun buque gaseiro cargado con 140.500 m3 de Gas Natural Licuado; pola súa descarga nos tanques de Reganosa sen ter terminadas as obras, sen ter todos os preceptivos permisos e sen ter cumprimentados os condicionados da súa autorización de construcción; e pola imposible saída de urxencia dos buques en caso de accidente. Provocando todos estes feitos un alto risco para a vida humana nas poboacións próximas a Ría.

  2. Que a cidadanía esixa por escrito o cese dos responsables desta situación de perigo. O Capitán Marítimo, D. Jorge Cao Ruiz; o Presidente da Autoridade Portuaria, D. Amable Dopico Freire; o Director da Área de Industria Y Energía de A Coruña, D. Francisco Barroso Palomino; e o Delegado do Goberno, D. Manuel Ameijeiras Vales. A todos eles polas responsabilidades que tiveron asinando as autorizacións que permitiron co gaseiro entrara pola forza na Ría.

  3. Denunciar que a entrada do buque gaseiro Galicia Spirit na Ría de Ferrol é un feito moi grave similar á decisión do alonxamento do Petroleiro Prestige. Naquel caso tratábase dun accidente, coa decisión equivocada de apartalo da costa en base a un informe técnico amañado. Agora co gaseiro, Galicia Spirit, e á inversa, amparándose nunha irregular acta para autorizar probas provisionais a Reganosa, o introducen na Ría de Ferrol, ameazando á vida da poboación. Acta na que tamén, se escudou o Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras Vale, para ordenar o emprego da forza antidisturbios, sen realizar previamente, a mínima labor de instrucción, co fin de verificar se eran certos os condicionados que Reganosa ten sen cumprimentar, ou que son imposibles, como as distancias ás poboacións, ou a saída de urxencia de buques gaseiros e que se lle comunicaron por escrito o 13 de marzo e o 4 de maio deste ano.

    No Comité Ciudadano pensamos que esta semana libramos unha importantísima batalla, decisiva para gañar esta guerra, polo que non se pode interpretar como unha derrota, aínda que conseguiran meter o gaseiro.

    Por un frente impedimos por catro veces que o Galicia Spirit non entrara na Ría e só conseguírono meter empregando as forzas de seguridade dun estado de dereito ao servicio da ilegalidade e dos intereses de unha empresa privada chamada Reganosa e ameazándonos e mesmo intentando agredirnos aos cidadáns e traballadores do mar que tratábamos de pedir que se cumprira a lei.

    Por outro frente conseguimos romper os muros de silencio. Agora fóra de Ferrol e mesmo de Galicia se sabe que Reganosa está fóra da lei e que quere facerse dona da nosa Ría. Xa é denunciado por algúns xornalistas como un caso clamoroso de corrupción política, financiera e mediática.

    Tamén nesta semana conseguimos que algúns políticos, como o Alcalde de Mugardos ou o mesmo Presidente de Reganosa, D. Félix Alonso, recoñecieran publicamente que Mugardos non é a ubicación adecuada para unha Planta de Gas.

    Así, todo o acontecido motívanos aínda mais para continuar defendendo a vida humana, a riqueza marisqueira e a legalidade polas vías administrativa e xudicial, ademais de promover a movilización da cidadanía e seguir informando á sociedade, a fin de que sexa paralizada a actividade na Planta de Gas de Reganosa e que sexa expulsada fóra da Ría.

    Para rematar quero facerme eco das palabras dunha compañeira do Comité que prologa o libro publicado estes días “ Muros de silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El caso Reganosa, onde dí: ” aínda hoxe é posible evitar o que estamos seguros será considerado o día de mañá como un dos grandes escándalos político-económico de Galiza durante a democracia.

Por todo iso seguimos dicindo: ¡Planta de Gas Fóra da Ría! e ¡A Ría é nosa e non de Reganosa!

sábado, maio 12, 2007

Mais de 1200 persoas na concentración contra REGANOSA e para pedir o cese dos responsábeis da entrada do buque gaseiro na Ría

Foron máis de 1200 as persoas que se concentraron hoxe no peirao de Ferrol, para rexeitar a entrada do buque gaseiro, "Galicia Spirit", da naviera de UNIÓN FENOSA, na Ría de Ferrol que foi obstruida durante dous días polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, coa valiosa e imprescindíbel colaboración do colectivo de mariscador@s da Ría, ecoloxistas e outras organizacións sociais. A protesta rematou coa lectura dun comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia.

Hoxe pola mañá saía da Ría sobre as 7:30 hrs o buque gaseiro que foi protagonista durante estes días dun dos agrávios mais importantes, dos últimos tempos, que recibeu a nosa Comarca. Mais deixou unha carga de GNL nun dos tanques de REGANOSA. A partires de hoxe, a Ría é muito máis insegura. Á perigosidade de que por si tiña o complexo químico que o magnate Tojeiro ten instalado en Punta Promontorio, no concello de Mugardos, unense agora a planta regasificadora coa descarga de 145.000 metros cúbicos de gas natural licuado (GNL), poisibelmente destinados a ENDESA, que deixou o Galicia Spirit no peirao de REGANOSA.

Na concentración participou unha parte importante da populación, co apoio dun grande número de organizacións, colectivos e outras entidades, entre elas a da nosa Plataforma Ártabra 21.

Mentras durou a concentración moitas persoas asinaron os escritos onde se pide o cese dos responsábeis das administracións públicas que autorizaron o comezo da actividade na instalación: do Capitán Marítimo de Ferrol, Jorge Cao; do Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Amable Dopico; do Delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameixeiras; e do responsábel da Área de Industria da Coruña, dependente do Ministerio de Industria, Francisco Barroso, que foi o que asinou o acto de funcionamento en probas da planta regasificadora [REGANOSA]. Responsábeis do Comité Cidadán de Emerxencia, anunciaron, ante o grande número de persoas que quería asinar para pedir o cese, que se ían facer máis cópias dos escritos e dar de prazo até o mércores que ven, para recollida de asinaturas que se poderán entregar no Ateneo Ferrolán.

Venderonse moitos exemplares do libro "Muros de Silencio" que é todo un documento argumental e práctico para mellor entender o porqué e o como puideron instalar a planta de gas en Punta Promontoiro.

No transcurso da concentración representantes do Comité Cidadán de Emerxencia fixeron númerosas declaracións aos medios presentes, reafirmandose en que REGANOSA minte e que as autorizacións do acto das probas e de entrada do gaseiro na Ría son un despropósito e ilegais, por iso é polo que se pide o cese das autoridades que asinaron os permisos.

Denunciouse a falta dun plano de emerxencias en todos os concellos da comarca, mais sobre todo no de Mugardos por ser o concello onde está instalada a planta de gas, concello onde foron entregados estes días númerosas peticións de explicacións ao concello como máximo responsábel da seguridade no termo municipal. Ningún concello ten elaborado ese Plano de Emerxencias, mais a entrada do buque na Ría, a descarga de GNL e as probas da planta, foron levadas a cabo sen haber un Plano de Emerxencias, nin homologado, nin feito.

Reiterouse de que a chegada doutro gaseiro sería contestada coa mesma contundencia coa que se fixo co "Galicia Spirit", porque REGANOSA "non acredita unha distancia de seguridade á populación, nin que os gaseiros poidan saír da Ría en caso de emerxencia".

___________________

Enlace coas Galerías Fotográficas da PA21:


_______________________________

Enlaces de interese:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Ferrol Cape

Noticiário de Noroeste: Planta de Gás Fora da Ria


___________________________________

venres, maio 11, 2007

Água das fontes calai, ó ribeiras chorai, que eu não volto a cantar



Águas e pedras do rio
Meu sono vazio
Não vão acordar
Águas das fontes calai
Ó ribeiras chorai
Que eu não volto a cantar

Rios que vão dar ao mar
Deixem meus olhos secar
Águas das fontes calai
Ó ribeiras chorai
Que eu não volto A cantar

Águas do rio correndo
Poentes morrendo
P'ras bandas do mar
Águas das fontes calai
Ó ribeiras chorai
Que eu não volto A cantar

Rios que vão dar ao mar
Deixem meus olhos secar
Águas das fontes calai
Ó ribeiras chorai
Que eu não volto A cantar

ZECA AFONSO

Sábado 12 de maio, ás 12 de mediodía, concentración no peirao de Ferrol: Planta de gas fóra da Ría - REGANOSA NON !!

Á TODA A CIDADANÍA DA COMARCA DE FERROLTERRA

A raíz da entrada do gaseiro, chamado Galicia Spirit, desde o mércores 9 de maio de 2007 ás 9,30 da mañá en adiante a poboación da Ría de Ferrol está sometida a unha ameaza real día e noite, polo risco dun accidente grave que poden provocar sustancias perigosas na planta que REGANOSA está construíndo ou no buque gaseiro que alí está atracado.

Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar unha concentración nos peiraos de Curruxeiras en Ferrol, ás 12 da mañá do sábado próximo día 12 de maio de 2007, coa finalidade de que:

a) A cidadanía manifeste o seu rexeitamento á entrada ilegal dentro da Ría dun buque Gaseiro cargado con 140.500 m3 de Gas Natural Licuado, para descargalo nos tanques que a empresa Reganosa está construíndo, sen ter todos os permisos, sen ter cumprimentado os condicionados da súa autorización de construción e que deben ser cumprimentados antes da posta en funcionamento, entre eles os riscos para a vida humana nas poboacións próximas e a saída de urxencia dos buques gaseiros, ambos imposibles de cumprimentar, polo que é ilegal a acta de probas outorgado o 4 de maio pola Área de Enerxía desa Subdelegación que serviu de pretexto para burlar a lei coa entrada do devandito buque gaseiro.

b) A cidadanía exixa por escrito o cese do Capitán Marítimo de Ferrol D. Jorge Cao Ruiz, do Presidente da Autoridade Portuaria D. Amable Dopico Freire e do Delegado do Goberno D. Manuel Ameijeiras Vales, por permitir a entrada do gaseiro Galicia Spirit cargado de gas natural licuado, a partir do cal iníciase un risco, permanente día e noite, de accidente grave que ameaza a vida da poboación próxima e á riqueza marisquera dentro de Ría de Ferrol.

Así mesmo o Comité Cidadán de Emerxencia acordou continuar coas actuacións por vía administrativa, xudicial, de mobilización e información á sociedade, a fin de que sexa paralizada a actividade na Planta de Gas de REGANOSA.


PERIGO !!

UNHA BOMBA DENTRO
DA RÍA DE FERROL

CONSEGUIMOS PARAR O GASEIRO
SÓ USANDO A FORZA
LOGROU ENTRAR


PARA EXIXIR A SÚA EXPULSIÓN

TODA FERROLTERRA CONCENTRADA
NO PORTO DE FERROL


CONVOCA:
COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA DA RÍA DE FERROL

xoves, maio 10, 2007

Botárom lixo no meu verde jardim


Opinión: lupe ces
De: -lupeces@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de Maio de 2007 17:27
Asunto: Opiniom: Botárom lixo no meu verde jardim



Botárom lixo no meu verde jardim

Comecei a minha faixa, escolhim cores moi vivas e um lenço firme, que terme, como umha vela do vento que zoa quase sempre nas minhas janelas cara à Ria. A minha casa sinala à direita, na outra banda, à planta regasificadora de Reganosa. Por isso ainda que queira, nom podo mais que pensar nela um dia sim e outro também. Sílvio Rodríguez soa na minha cabeça "han tirado basura en mi verde jardin, si descubro al culpable de tanto desastre lo va a lamentar".

Estes días especialmente intensos reconciliarom-me coa minha cidade. Umha cidade que parecia estar resignada a viver enxurrada. Umha cidade que com cada maré adormecia ou acordava ao cheiro dos seus própios escrementos. Mas a minha cidade está viva. Escuitei umha frase que nom sei bem a quem pertence, mas que di "as pessoas nom vivem em sociedade, construem sociedade para viver". A minha cidade está viva porque ante umha ameaça como a que representa REGANOSA construe um movimento cidadá de autodefesa. Um movimento que se ergueu hai mais de seis anos, mas que nestes quatro últimos dias conseguiu um dos momentos mais emotivos vividos a nível colectivo na cidade. As concentraçons no peirao de Curuxeias, a saída dos barcos, o seu regresso co froito recolhido arrincando aplausos e opai! das pessoas que os agardavamos... ainda que ao fim o gaseiro entrou. Ganharom, como soem ganhar-lhe em Ferrol, a quem se organiza contra as injustizas, pola força. Mas é triste pensar que detrás dessas ordes e detrás dessas decissons já nom estám os de sempre, agora estám os de sempre e alguns mais. Triste é reconhecer que alguns som amigos e amigas, ou velhos camaradas militantes noutras barricadas. Triste é escuitar umha frase repetida até fartar "em Ferrol esta-se criando um clima de inseguridade que vai fazer que o empresariado fuxa coas suas inversons a outra parte", e que essa frase nom saia da boca dos de sempre, senom dos de agora. Triste é que o "desarrollismo" dos anos sesenta se instale na Conselharia de Industria, mentres o mundo fai, mais decididamente que nunca, umha condena do modelo económico que o inspirou.

Nom sei que tipo de pactos podem desembocar num despropósito tam grande como é nestes momentos a planta de gás do concelho de Mugardos.

Nom sei que tipo de políticas avalam um apoio sem medida a um grupo empresarial que nunca se destacou polo seu contributo ao bem comúm.

Nom sei que tipo de políticas avalam um fazer os ouvidos xordos ante tanta voz do movimento cidadá que alerta do perigo para a cidadania.

Nom sei que tipo de políticas avalam o considerar que a ameaza da planta de gás queda superada polo interesse estratégico que tem.

Nom sei. Mas o que sim sei é que essas políticas nom me representam, e o dia 27 irei dar o meu voto pola Ria, pola vida, por essa cidade viva e nom escrava dos pactos e os interesses económicos.Esta cidade coa que me reconciliei estes días, onde vemos caras novas e também velhas. Esta cidade onde a soldadura uniu as aristas que levamos cada quem ao lombo, para unir-nos porque está ameazada a nossa vida.

Estou pintando a minha faixa para pendurar da minha janela porque ainda queda muito caminho por andar. E coloquei o livro "Muros de silencio" ao pé da minha almofada, porque Henrique Barrera nolo recomendou hoje como um livro para a luita, que devemos estudar para ordear bem os nossos argumentos e seguir dando o debate por um modelo de desenvolvimento respetuoso coa vida e o meio. Do resto penso que está todo em marcha, quando menos já sei dumha nova cita cidadá no peirau, e umha nova reuniom do Comité de Emerxencia, e umha nova Asemblea Cidadá...

--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

Polo futuro do noso mar: planta de gas fóra da Ría, 9 de maio de 2007

De: Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
ADEGA-TRASANCOS

adegatrasancos@adega.info
Para: artabra21@gmail.com

Data: 10 de maio de 2007 11:11

Asunto: Polo futuro do noso mar: planta de gas fóra da ría, 9 de maio de 2007


Polo futuro do noso mar: REGANOSA fóra da ría, 9 de maio de 2007
galispirit.jpg Ferroltera arrastra un déficit histórico nas infraestruturas: onte o tren, hoxe as EDAR... Pola contra, a comarca perdeu miles de postos de traballo e a ría ficou convertida nunha cañeira. O recente peche de amplas áreas ao marisqueo é reflexo da desfeita ambiental consecuencia de políticas alleas ao medio e á sociedade. Agora coa entrada do primeiro metaneiro, irónicamente chamado Galicia Spirit, consúmase un novo atentado contra o mar e o futuro da ría de Ferrol.

bloqueo2.jpg Que ninguén nos supoña en contra do progreso. En ADEGA avogamos sempre pola promoción das enerxías renovábeis asumindo, como paso intermedio, a progresiva substitución das térmicas de carbón polos ciclos combinados.
Pero a instalación de REGANOSA dentro da ría resposta só a intereses empresariais, poñendo en perigo o dereito á saúde e a un medio ambiente san da cidadanía, alén do medio de vida de numerosas persoas.

A ubicación en Mugardos da regasificadora resposta a un intento de aforrar custos por parte da empresa a costa de que a sociedade asuma un alto risco. Sempre mantivemos que a ubicación menos mala era o porto exterior, e seguimos pensando que esta opción aínda é posíbel.

humb1.jpg E por isto que ADEGA chama á poboación de Ferrolterra a opoñerse ao seguinte chanzo que pretende facilitar o trasego de metaneiros pola bocana: a voadura dos baixos na entrada da ría. Este feito constituiría un novo atentado ecolóxico, na xa longa lista de agresións e irregularidades deste caso, polo que hoxe máis que nunca seguimos a exixir unha REGANOSA fóra da ría.

mércores, maio 09, 2007

Convocatoria da XI Asamblea Cidadá de Ferrolterra: Xoves, 10 de maio de 2007

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 09/05/2007 18:10
Asunto: Convocatoria da XI Asamblea Cidadá de Ferrolterra



A tódalas entidades sociais e persoas, integradas na Asemblea Cidadán de Ferrolterra

URXENTE

XI ASEMBLEA CIDADÁ DE FERROLTERRA

Xoves, 10 de maio de 2007

as 20,00 horas

Sala de Actividades da A.VV. de Ferrol Vello

Rua do Curro 1, Ferrol

Ante a chegada de un buque gaseiro cargado de GNL e sua entrada na Ría de Ferrol e atraque as instalacions que está construindo Reganosa, por o Comité Cidadá de Emerxencia acordóuse a convocatoria da XI Asamblea Ciudadá para as 20 horas do xoves 10 de maio, con este único punto.

Saúdo

Carmelo Teixeiro
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Enlace co Blog do Comité Cidadán de Emerxencia

Reganoxo

9 de Maio de 2007 16:57
Para: artabra21@gmail.com


Convocatoria a medios de comunicación- Jueves 10 de mayo

Mañana jueves, el presidente de Reganosa, Félix Alonso Encinas, el alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia y el conselleiro de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia, Fernando Blanco Álvarez, asistirán al acto de presentación de la llegada del primer buque metanero a la terminal de Reganosa, en Mugardos.

Los mismos estarán a disposición de los medios gráficos una vez rematado el acto en las propias instalaciones de la regasificadora. A continuación se servirá un cóctel.

Fecha: Jueves 10 de mayo

Hora: 17 horas

Lugar: Instalaciones de Reganosa, en Mugardos


Se ruega c onfirmar acreditación antes de las 19 horas de hoy, en los teléfonos 981 575 244 o 981 575 249

INCIS
Edificio Área Central
Planta primera, local 31 N-O
Polígono de Fontiñas
15707- Santiago de Compostela
Tlfns: 981 575 244/ 981 575 249
Fax: 981 575 256
suarez@incis.net

CONFIDENCIALIDAD. El contenido de esta comunicación, así como el de toda la documentación anexa, es confidencial y va dirigido únicamente al destinatario del mismo. En el supuesto de que usted no fuera el destinatario, le solicitamos que nos lo indique y no comunique su contenido a terceros, procediendo a su destrucción.

En cumplimiento de la Ley Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Personal, le informamos que los Datos Personales de usted, que se encuentran en nuestras Bases de Datos, recabados con su consentimiento, forman parte de un fichero automatizado que se encuentra registrado en la Agencia Española de Protección de Datos. Estos datos solamente serán utilizados para realizar una correcta gestión de nuestra relación comercial. Si lo desean, podrán ejercitar en todo momento los derechos de acceso, cancelación u oposición, remitiendo un correo electrónico a la dirección info@incis.net

Algunhas Fotografías: un despligue impresionante, por terra, mar e aire, impídenos bloquear o metaneiro.

De: Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-

ADEGA-TRASANCOS
-
adegatrasancos@adega.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de Maio de 2007 16:37

Asunto: ¡UN DESPLIEGUE IMPRESIONANTE POR TERRA MAR E AIRE IMPIDENOS BLOQUEAR Ó METANEIRO!

¡UN DESPLIEGUE IMPRESIONANTE POR TERRA MAR E AIRE IMPIDENOS BLOQUEAR Ó METANEIRO!

Cun despliegue impresionante de forzas policiais, da Garda Civil, Policia Local e Exercito, consiguiron bloquear ás iniciativas da Cofradía de Mariscadores, Comité Cidadán, e tódolos colectivos que estamos diante da ilegalidade da planta de gas e da circulacion de gaseiros,...e o gaseiro poido entrar na ría de Ferrol e atracar no peirao de Reganosa.

Afortunadamente non houbo incidentes salientables.

Hoxe mesmo as 20 hs na Facultade de Humanidades de Ferrol preséntase un libro sobre este tema: "Muros de Silencio".

Ir pensando se merece a pena poñer unha denuncia diante da fiscalía, ou algunha outra inciativa

Unha aperta

Antonio García

Adega-Trasancos

Ferrol

Para ampliar clicar acima das fotos








Convocatoria de roda de prensa dos profesionais de Urxencias e Emerxencias de Ferrolterra

De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de Maio de 2007 16:12
Asunto: Convocatoria de roda de prensa dos profesionais de Urxencias e Emerxencias de Ferrolterra

Convocatoria de roda de prensa dos profesionais de Urxencias e Emerxencias de Ferrolterra

O Colectivo de Profesionais de Urxencias e Emerxencias da area de Ferrolterra convocan a tódolos medios periodisticos de España a unha roda de prensa que terá lugar hoxe Mércores a 19:30 h. no Ateneo Ferrolán na Rua Magdalena, nº 202, Ferrol.

Ofreceremos a nosa opinión sobre os riscos dun buque metaneiro e de unha planta de gas, asi como dos dispositivos implementados na actualidade para facer frente a unha eventual catástrofe nesta industria.

Sen outro particular reciban un cordial saúdo.

Portavoz:
Carlos Lareo
Enfermero e Comisionado para Catástrofes do 061 de Ferrol

Tfno. 619 083 499

Denuncian a actuación da Subdelegación do Goberno, polo emprego da forza pública para amparar as irregularidades dunha empresa privada

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de Maio de 2007 15:18
Asunto: Denuncian a actuación da Subdelegación do Goberno, polo emprego da forza pública para amparar as irregularidades dunha empresa privada.


ESQUERDA UNIDA-IU DENUNCIA A ACTUACIÓN DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO, CO EMPREGO DA FORZA PÚBLICA PARA AMPARAR AS IRREGULARIDADES DUNHA EMPRESA PRIVADA.

ESQUERDA UNIDA DEMANDA UN PRONUNCIAMENTO DOS PRIMEIROS CANDIDATOS DO BNG E PSOE EN FERROL

Esquerda Unida-IU quere denunciar a actuación da subdelegación do goberno, que hoxe pola mañán empregou a forza pública para amparar a entrada dun gaseiro que non podería entrar na ría se as autoridades públicas fixeran súa a obriga de cumplir coa lexislación europea sobre seguridade.

A nosa organización considera lamentable a ausencia do PSOE e do BNG está mañán no peirao de Curuxeiras. Lamentable porque alén das posicións políticas que defendan hoxe estas dúas forzas, semella que deberían ter estado ao carón da cidadanía para defender o dereito a manifestar a nosa oposición e a legalidade vixente. Legalidade vixente que non consiste como equivocadamente a entende o subdelegado: ordeno e mando; legalidade vixente que ten que amparar a cidadanía no exercicio pacífico dos dereitos democráticos .

Requerimos a que os primeiros candidatos do PSOE e o BNG avancen cal é a súa posición política neste asunto. Si para contentar a Reganosa vale todo, ou si aínda quedan límites na defensa da cidadanía onde poidamos contar con eles.

O Coordinador Xeral de Izquierda Unida intervirá hoxe no Congreso dos Deputados para esixir responsabilidades polos feitos que están a acontecer en Ferrol, contr a legislación vixente e contra a seguridade do pobo de Ferrolterra.

O subdelegado do goberno cumpriu a súa ameaza e fixo un desplegue – a todas luces desproporcionado – de medios e persoal para impedir a cidadanía de Ferrol manifestar o seu rexeitamento a planta, até o punto de nos impedir en diferentes momentos estar na baranda do peirao. O subdelegado non tivo reparo en bloquear a saída das embarcacións dos mariscadores, conculcando o seu dereito ao traballo. O subdelegado non tivo reparos en preparar dende a noitiña unha operación perejil contra o pobo de Ferrol, contra a bisbarra. E en malgastar recursos económicos neste operativo para amparar as irregularidades nas que está incurrir Reganosa. O desplegue policial acabou por provocar feridas e lesións en varios mariscadores, que en modo algún tentaron violencia algunha sobre as forzas de seguridade, e que aínda así foron agredidos por ela.

A nosa organización política esixe transparencia sobre as ordes e directrices do operativo policial, e o seu custo. Voltamos a pedir a dimisión co Subdelegado.

Esquerda Unida-IU constata con mágoa que a Xunta de Galicia segue , pois, presa dese convenio de ferro asinado noutro tempo, as agochadas por Fraga, e que ata tamén a Touriño e a Quintana. ESQUERDA UNIDA-IU volta a demandar que a Xunta de Galicia denuncie ese convenio e proceda a facer cumplir as normativas europeas de seguridade, otrosí da pertinente estudo de impacto ambiental.

ESQUERDA UNIDA-IU sabe que si o pobo de Ferrol se dota dunha expresión política contraria á posta en funcionamento da planta, ésta terá que cambiar de ubicación. A tal esforzo comprometemos o noso traballo.

Pola demissom de Manuel Ameixeiras: nem um voto para os repressores do povo!

De: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de Maio de 2007 13:30
Asunto: Pola demissom de Manuel Ameixeiras: nem um voto para os repressores do povo!


A Assembleia Comarcal de Trasancos de NOS-Unidade Popular quer somar-se às vozes que de diversas entidades do movimento popular tenhem reclamado a imediata demissom do representante do governo espanhol na Galiza, Manuel Ameixeiras.

Esse sinistro personagem tem já acumulado suficientes actuaçons repressivas contra o nosso povo como para termos que continuar a aturar a sua chuleria espanhola. A agressom de hoje às pessoas concentradas no porto de Corujeiras de Ferrol é só um novo capítulo do seu já extenso historial repressivo.

Porém, as responsabilidades políticas devem apontar mais alto, ao PSOE e ao BNG, co-responsáveis máximos do projecto irracional de planta de gás no coraçom da ria de Ferrol. Se bem é certo que foi o PP o primeiro que concebeu esse engendro ao serviço dos lobbies financeiros e empresariais que configuram Reganosa, na actualidade é o bipartido à frente da Junta o que está a manter o rumo dos planos da burguesia mais predadora.

Em concreto, exigimos ao conselheiro da Indústria e integrante do Comité Central da Uniom do Povo Galego (UPG), Fernando Branco, que esclareça se apoia, nom só a estratégia empresarial e institucional de Reganosa, mas também a estratégia policial e repressiva contra o movimento popular que, ao contrário dele e da sua força política, nom se vendeu ao capital empresarial e especulador de Tojeiro e companhia.

NÓS-UP quer chamar à reflexom do povo trabalhador perante as iminentes eleiçons municipais: nem a direita espanhola, iniciadora do projecto de Reganosa, nem a falsa esquerda vendida, defenderám os interesses da maioria. Som todos iguais, e nengum deles merece os nossos votos.

Queremos expressar também a nossa solidariedade às pessoas agredidas e feridas pola actuaçom das forças repressivas.

O caminho é continuar a organizar os sectores populares, caminhar para a unidade e conformar forças próprias ao serviço do povo trabalhador, que no futuro podam dar também a batalha no plano eleitoral.

A ria é nossa, nom de Reganosa!

PSOE, BNG, PP: a mesma merda é!

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 9 de Maio de 2007

martes, maio 08, 2007

De novo abortado o intento de entrar na Ría do buque gaseiro Galicia Spirit, con destino á Planta Regasificadora de REGANOSA en Mugardos [08.05.2007]


__________________________________

Hoxe pola mañá o buque gaseiro Galicia Spirit abortou desde un principio o seu intento de entrada na Ría, polo que non sabemos se agardan á chegada de efectivos da garda civil do mar e outros efectivos para abrirse paso ou pretenden outras medidas represivas en terra para conseguir a entrada na Ría hoxe na pleamar da tarde, mais pode ser que REGANOSA non poda facer as probas con gas como así se denuncia desde as fileiras do Comité Cidadán de Emerxencia.

Onte á tarde a resposta cidadán foi importante en apoio do Comité de Emerxencia, mariscadores e mariscadoras, ecoloxistas e outras organizacións sociais que se desplazaron en embarcacións até a bocana da Ría para impedir a entrada do buque gaseiro. Foron máis de 350, as persoas que se desplazaron até o peirao de Ferrol para manifestar o seu rexitamento ante o intento de REGANOSA coa complicidade das autoridades locais, autonómicas e centrais, de meter o buque gaseiro na Ría.

Non sabemos o que pode pasar hoxe á tarde, mais está convocada unha nova concentración ás 19:30 hrs no peirao de Ferrol, para quen estexa disposto a ir en lancha, pois pode facelo, non hai sitio para todo o mundo mais o que queira ten que estar antes das 19:30 hrs na zona do peirao deportivo. A concentración cidadán será ás 8 da tarde.

A razón está con nós, mais a mobilización popular é fundamental para virar as posicións políticas de defensa de REGANOSA de influintes dirixentes políticos dos partidos do abano parlamentar e o desproposito que significa situala dentro da Ría, calquer persoa cun mínimo de intelixencia sabe que non hai ningunha xustificacíón racional que explique o actual emprazamento de REGANOSA dentro da Ría, a non ser o mero negocio especulativo que non só contou co apoio político e económico da administración Fraga-Aznar, senón que os Concellos de Mugardos e As Pontes, gobernados polo BNG e do conxunto dos partidos que teñen representación no actual Parlamento Galego PP, PSOE e BNG, consideran estratéxica a planta regasificadora de Mugardos para Galiza, sen importarlles que é un perigo potencial iminente e tráxico, para o conxunto da populación que vive ao redor da Ría de Ferrol.

Se esta planta é tan estrátéxica como para poñer en perigo a máis de 100.000 persoas, como é que está en mans privadas e a súa continuidade está ao arbitrio dos debatares bolsísticos e de OPAS das grandes multinacionais financieras e da enerxía. Seguimos tendo uns partidos políticos acomplexados e irresponsábeis, cuns dirixentes políticos que perderon toda perspectiva dunha realidade cruda e que é necesario collela con valentia e honestidade, sen deixarse exclavizar polo capital comprador de vontades, usurero e depredador, neste caso da nosa Ría e das nosas vidas.

Hoxe a nosa PA21 tiña organizada unha Mesa Redonda pola tarde no Ateneo Ferrolán, a cal decidimos aplazala para máis adinte dandolle prioridade ás mobilizacións convocadas polo Comité Cidadán de Emerxencia.

Desde a Plataforma Ártabra 21 chamamos á mobilización popular e a secundar a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para hoxe 8 de maio, ás 8 da tarde no peirao de Ferrol.

Enlace coa Galería Fotográfica nos Arquivos Ártabros
[38 fotografías de Alberto Saavedra da Asoc. Vec. Ferrol-Vello]

________________

____

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Maio de 2007 07:07
Asunto: Abortado por segunda vez a entrada dun primero gaseiro para Reganosa


Achego vos envio unhas fotos do boqueo esta mañá do gaseiro Galicia Spirit no seu primeiro intento (abortado) ás oito da mañá, hora da primeira plealmar diurna, de entrar na Ría de Ferrol para descargar GNL nas instalacións que constrúe Reganosa, son o pretexto de probas de funciónamento para as que Reganosa non ten autorización, entre outros motivos porque non ten terminadas as obras quie segun os promotores estan practicamente terminadasd, pero que no Ministerio de Industria non constan como terminadas.

Pero ademas Reganosa ten unha utorización de construcción irregular cuns condiciónados que non ten resoltos, algúns deles son imposibels de resolver, como a distancia á población e a saída de urxencia de buques gaseiros, tal e como se di nos escritos que o venres pasado entregáronse por rexistro ao Capitan Maritimo Jorge Cao, ao Presidentel da Autoridade Pôrtuaria Amabel Dopico e ao Delegado de Goberno Manuel Ameijeiras, que tamén achego, advertíndolles que deberían prohibir a entrada do buque gaseiro cargado de GNL que Reganosa pretendia para estes dias, sen tgarantias de que poida polos seus medios e á maior rapidez posibel como esixe a norma EN-1532.

Somente pola ameaza á población próxima e pola imposíbel saída de urxencia sería unha ilegalidade e unha irresponsabilidade que ese gaserio cargado de GNL entrase na Ría de Ferrol. Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia e os mariscadores que coas súas lanchas axudaron ao bloqueo do Galicia Spirit esta mañá estiveron defendendo a legalidad e o seguinte paso deberia ser que as autoridades competentes prohiban a entrada de buques gaseiros na Ría de Ferrol onde entraron buques gaseiros en lastre ou vacios para reparar pero nunca entrou un gaseiro cargado de GNL.

Na baixa mar do luns ás 14:01 entrou o buque gaseiro Madrid Spirit en lastre é dicir sen carga con destino a Navantia para reparar. Ao non ter carga puido entrar ás dúas da tarde no momento de baixamar con marea parada según requiren as normas de navegación da Ría de Ferrol (mentres baixa ou sobe o mar hai unhas fortes correntes na canle duns 4 kilometros de longo por uns douscentos cincuenta metros de ancho). É un buque gaseiro gemelgo do Galicia Spirit, ambos propiedade de Fenosa e construídos en Corea.(?)

O nome de Galicia Spirit, para os habitantes de Ferrolterra é un insulto sarcastico, dunha parte por ser construído en Corea cando na Ría de Ferrol hai astilleros capaces para construír eses buques, Doutra banda o que queira entrar con ese nome na Ría de Ferrol cunha carga que ameazaría á vida humana e para unhas instalacións que tamén amenazarian a riqueza marisquera da Ría.

En canto a que o Conselleiro de Industria di que Reganosa ten todos os permisos, é que non se decata e aconséllaselle que lea a documentación que lle entregamos fai un ano ao Director Xeral de Industria Anxo Calvo Silvosa, no canto de repetir o que lles contan os promotores de Reganosa quen en ata nos tribunais dixeron que na Ria de Ferrol esta habituada á entrada de gaseiros, unha falsedad indicativa da irresponsabilidad de quen pretenden poñer en funciónamento unha instalación perigosa e escúdanse en dicir que é moi segura, cando nos estandares actuais da industria non é suficiente dicir que é segura, pois hai que acreditalo e Reganosa non acreditou que sexa segura, nin seguise terminou a obra e por iso non pode ter autorización de funciónamento.

O Galicia Spirit volvio a fondear na Ría de Ares, despues dun segundo intento tambiern abortado ás 20,15, hora da pleamar diurna do dia 7 de maio de 2007. Mentres siga fondeando na Ria de Ares eds que non abandola a idea de novos intentos de entrar nas seguintes pleameres diurnas. (Un barco dos seus dimensións e cargado só pode entrar ou saír coa pleamar diurna.


As pleamares dirnas seguintes son:
Martes 8 de maio ás 08:48, (1ª do dia )para ir nas lanchas hai que estar no peirao ás 07:14, para apoiar desde o peirao ás 08:00.
Martes 8 de maio: ás 21:10, (2ª) a esa hora xa esta posto o sol, non debería entrar pero pode intentalo, para ir nas lanchas hai que estar no peirao ás 19:30, para apoiar desde o peirao ás 20,15.
Mércores 9 de maio, ás 09:52, unica pleamar diurna: para ir nas lanchas hai que estar no peirao ás 07:45 , para apoyra desde o peirao ás 08:30

Saúdos cordiais
Carmelo Teixeiro

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

_________

Fotografías do bloqueo do Galicia Spirit antes da bocana da Ría de Ferrol

Para ampliar clicar acima da foto






___________________