domingo, agosto 29, 2010

Memoria, dignidade e loita: Unha emotiva homenaxe a Segundo Vilaboy Martínez [1918-1947] tivo lugar en Ferrol


O loitador comunista tivo onte unha significativa homenaxe en Ferrol. A iniciativa foi popular, partiu dun grupo de xente nova ligada á loita anticapitalista coa única pretensión de "darlle unha merecida homenaxe ao combatente e loitador antifranquista".


A xornada foi completa, máis antes todo un traballo foi-se desenvolvendo: os contactos coa familia, a recollida de material, os apoios solidarios e sobre todo o contribuído polo activista e historiador Bernardo Máiz Vázquez que leva toda unha vida, entre moitas outras iniciativas, a recuperar a memoria histórica da "longa noite de pedra" que foi a Ditadura Franquista: a vida, a represión, a resistencia, ...


A xornada comezou, ás 5 da tarde, cunha ofrenda floral no Cemiterio de Catabois onde están os restos do loitador, no cadro 352. Un numeroso grupo de persoas percorreu o cemiterio até chegar ao lugar onde se desenvolveu a homenaxe. Flores de vivas cores, a fouce e o martelo, unha bandeira vermella, presidían o acto, ... ao vento unha bandeira tricolor, de fondo a música que saía da gaita do mestre Agulló. O compañeiro Fran, abriu o acto, explicando a súa orixe e agradecendo a familiares, a Bernardo Máiz, a Xam Tavia, ao mestre gaiteiro Agulló, aos grupos de música, ... e a todas as persoas que fixeron posíbel a realización do acto. Unha pequena semblanza do loitador antifranquista foi seguida da lectura dunha carta que Segundo Vilaboy Martínez escribeu o día anterior do seu asasinato a "garrote vil", aos 29 anos de idade, o 19 de Decembro de 1947, no Cárcere de Caranza en Ferrol. Pechou-se o acto coa interpretación da Internacional e do Himno Galego.


De novo no Bertón, comezou un novo acto, pasadas as 6 da Tarde. Leu-se unha emotiva carta de Bernardo Máiz que por motivos de sáude, pois padece unha enfermidade moi grave, non puido asistir ao acto como era o seu desexo. No seu lugar, o compañeiro Xan Tavia, foi o encarregado de levar o acto. Proxectou-se un documental: "Xan de Xenaro: memoria de 32 anos", sobre a vida dun guerrilleiro veciño de Limodre. Unha produción do Taller de Vídeo Municipal de Fene, baseada nun guión de Agustín Fernández Paz e do propio Bernardo Máiz. Logo o compañeiro Xam Tavia fixo unha pequena semblanza de numerosos homes e mulleres que formaron parte da resistencia galega contra a ditadura franquista e que loitaron coas armas nas mans pola restauración da legalidade democrática e a República, até chegar a Segundo Vilaboy Martínez. Do cal se repartiu un pequeno folleto conmemorativo -de 16 páxinas- con importante e significativa documentación. Para finalizar escoitamos a canción "Silencios na memoria" do grupo A Quenlla, da cal se nos repartiu a letra a todas as persoas presentes.


Despois dun acto de confraternización, chegou o concerto da man de RPG 7, MOSSIN NAGANT e MENCER VERMELLO. Por certo que a iniciativa comezou a raiz de que dous dos sobriños netos de Segundo Vilaboy, pertencen ao grupo de rock proletario de Vallekas RPG 7.


A xornada todo un suceso, Segundo Vilaboy Martínez, permanecerá na nosa memoria, como un traballador, comunista, loitador e comprometido. E non podemos esquecer nunca que a fera fascista está aí, con diferentes camuflaxes políticos, máis disposta a aplicar a tortura e o garrote, contra a liberdade e a loita dos pobos e a clase traballadora pola súa emancipación, co único obxectivo de manter os seus privilexios e a súa dominación.

O sitio na rede do evento, ten toda a información e documentación sobre Segundo Vilaboy Martínez, á que se pode acceder e baixar.

http://homenaxeasegundovilaboy.blogspot.com/

homenaxeasegundovilaboy@gmail.com
_____________________

O guerrilleiro comunista que preferiu morrer a delatar

Homenaxe a un ferrolán executado polo garrote vil

Por Lorena Bustabad
29.08.2010

O seu nome de guerra era Villa. Botouse ao monte durante a II Guerra Mundial para combater o fascismo. Confiaba en que os aliados derrocarían a Franco. Contan que baixo a culata da súa mosquetón, Segundo Vilaboy, gravou unha estrela vermella de cinco puntas sobre a fouce e o martelo. Foi capturado tras un enfrontamento a tiros coa Garda Civil.

Un consello de guerra sumarísimo condenao á morte o 31 de outubro de 1947. Tiña 29 anos. Dous días antes de morrer, executado a garrote vil no cárcere de Caranza, escribiu unha carta de despedida aos seus camaradas: "Se que se aproxima o meu fin. Vexo as caras dos gardas que se darán un festín sanguento en vésperas da Noiteboa. Así son estes que se chaman católicos".

Unhas 60 persoas -familiares, e grupos de esquerdas vinculados á memoria histórica- renderon onte unha homenaxe a Segundo Vilaboy Martínez (Ferrol, 1918-1947) no cemiterio municipal de Catabois, onde descansan os seus restos.

Obreiro, guerrilleiro, republicano, Vilaboy foi o secretario político do Comité do Partido Comunista en Ferrol. O historial da súa vida parécese ao guión dunha película que o historiador Bernardo Máiz Vázquez quixo rescatar do esquecemento. Durante anos, Máiz mergullou nos arquivos militares do franquismo e recuperou parte dos documentos que lle serviron para ganduxar a curta vida e cruel morte do guerrilleiro ferrolán, e que recompilou en Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra. Ferrol 1936-1975.

Vilaboy ingresou no estaleiro de Ferrol ao finalizar a Guerra Civil como plomero-tubero. A súa intensa vinculación ao PC, obrigouno a pasar moi pronto á clandestinidade nas filas do Exército Guerrilleiro de Galicia. Integrou a IV agrupación da resistencia galega, A Pasionaria.

A finais de maio de 1947, unha bala de nove milímetros deixouno malferido cerca do río Bellele, a medio camiño entre Neda e Fene, durante un intercambio de disparos con axentes da Garda Civil. Trasladárono ao hospital de Mariña de Ferrol. Operárono e só dous días despois, comezaron a interrogarlle.

"Non importou que estivese moribundo. Primeiro foron os interrogatorios, de 12 e 14 horas ata que, esgotado, perdía o sentido. Despois as torturas", escribiu na súa cela, en decembro de 1947, horas antes da súa execución. Unhas flores sobre a súa tumba e un sonoro tributo musical a cargo de Mencer Vermello, RPG7 e Mossin Nagant recordaron onte a Segundo Vilaboy Martínez 63 anos logo da súa morte.

Publicado no xornal estatal "El Pais" o Domingo 29 de Agosto de 2010
_____________________________

sábado, agosto 28, 2010

Presencia en Ferrol do "Climabus" -Bus didáctico contra o cambio climático: Do 27 ao 30 de Agosto

A MIRILLA
O bus ecoloxista chega á cidade

Por Alba Lago
28.08.2010

A Mirilla de hoxe ábrea un vehículo especial, que se pasea por practicamente todos os recunchos da Península, a pesar de estar xa xubilado e ser un bus urbano. Durante a súa vida laboral, transportaba aos cidadáns do municipio de Burgos e axudaba así ao medio ambiente, aforrando a circulación de moitos automóbiles particulares. Agora, segue colaborando co planeta e acolle a exposición itinerante Climabús: "Non cambies o clima, cambia ti", unha campaña posta en marcha no ano 2007 pola Fundación Osíxeno, co patrocinio do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino e a colaboración do Concello de Burgos, que doou o autobús. No seu cuarto ano, o proxecto percorre, desde o 18 deste mes e ata finais de setembro, Galicia, Asturias e Castela e León e onte chegou á cidade ferrolá, onde permanecerá co freo botado ata o vindeiro luns. Atópase detido na praza de Armas e pode ser visitado, de forma completamente gratuíta, en horario de 11.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 21.00 durante o fin de semana e de 10.30 a 14.30 e 16.30 a 20.30 o luns. Pequenos xestos, grandes solucións. Os principais obxectivos desta iniciativa, que onte puido coñecer o concelleiro ferrolán de Medio Ambiente, Rafael Fernández Beceiro, consisten en concienciar á xente da existencia do problema do cambio climático e fomentar condutas que axuden a palialo. Para iso, o autobús conta con 15 paneis que se centran na análise de tres puntos: as causas, o impacto e as posibles solucións. Como explican o coordinador da campaña, Urs Lüders, e o monitor, Carles Ripoll, a maioría destas consisten en -pequenos xestos- que se poden introducir facilmente na vida diaria. Algunhas resultan bastante coñecidas, como optar pola bicicleta ou o transporte público para moverse dentro das cidades ou utilizar lámpadas de baixo consumo, mentres que outras se antollan rechamantes e pregoan o consumo preferente de produtos locais ou o uso do botijo. Tamén as hai extremadamente sinxelas, como deixar apagada a pantalla do computador nos breves intervalos de tempo nos que non se usa. E algunhas que supoñen maior esforzo pero que se revelan enormemente eficaces. Por exemplo, illar as vivendas do frío e a calor con la de ovella, placas de yeso e celulosa ou adobe. Ademais, estas receitas permiten aforrar diñeiro e sen que se produza unha diminución da calidade de vida. Porque do que hai que mentalizarse é de que intentar frear o cambio climático non implica renunciar nin á tecnoloxía nin ao benestar.

Publicado en Edición Comarcal dun xornal convencional

http://www.fundacionoxigeno.org


Información baseada na enviada por:
Antonio García Jiménez
angaji@yahoo.com
28 de agosto de 2010 11:06


Saúdos, presencia en Ferrol do "Climabus" (Bus didáctico contra o cambio climático) por se vos apetece. Reenvio informacion da presenza en Ferrol do Bus contra o cambio climatico que estara en Ferrol ata o proximo luns por se vos apetece asisitir/participar. Eu estiven e bastante interesante.
Unha aperta.
_________________

Informe especial: Folga de fame de presos políticos mapuches en Chile


Informes Especiais | 27/08/2010 | Pulsar Agencia Informativa

CHILE-MAPUCHE

32 presos mapuche levan máis de 40 días en folga de fame en Chile. Considéranse detidos políticos pola aplicación da Lei Antiterrorista. Foron encarcerados por accións de recuperación de territorios ancestrais.

Os comuneiros mapuche realizan a súa folga de fame nos cárceres de Temuco, Concepción, Angol, Valdivia e Lebu.

Para depor o xaxún esixiron o fin da aplicación da Lei Antiterrorista en causas mapuches. Tamén esixen que os comuneiros non sexan xulgados por tribunais militares.

Para rematar, demandaron a "desmilitarización" nas zonas Mapuche e que as terras ancestrais sexan devoltas ás diferentes comunidades orixinarias.

Os comuneiros detidos están acusados por distintas accións de resistencia e recuperación de territorios ancestrais usurpados.

Unha nova entrega dos informes especiais de sériea "Linguas Longas".(PÚLSAR)

Non deixes de escoitar este interesante audio:
Informe especial Agencia Informativa Púlsar.

Escoitar online ou baixar: archivo mp3

[audio de 7 min. 21 seg. (5,03 Mb.)]
Despacho enviado pola "Axencia Informativa PULSAR"

www.agenciapulsar.org
pulsar@agenciapulsar.org


Enviado por:
Pulsar Agencia Informativa
-suscripciones@agenciapulsar.org-
27 de agosto de 2010 21:23
_______________


Mapuches from Nacho Salgado on Vimeo.


Cando o pobo mapuche conseguiu derrotar aos invasores da coroa española non imaxinaron que a súa loita non fixera máis que empezar.

"Mapuches: historia dunha resistencia" é un retrato da situación actual de conflito que vive este pobo orixinario chileno.

É o testemuño dos que aínda continúan resistindo por manter a súa identidade como pobo, por conservar as súas raíces, a súa cultura e o seu territorio.

E é unha homenaxe a aqueles que se quedaron polo camiño ... (Ángela López)
________________________

Este Domingo, 29 de Agosto, Teatro ás 8 da Tarde no Torrente: "Chamada desde o máis alá"

VILANO PRODUCIÓNS, convídavos ao ENSAIO XERAL CON PÚBLICO, da súa nova montaxe "CHAMADA DESDE O MÁIS ALÁ", unha obra de Fusa Guillén [fusa@ya.com - fusa@vilanoteatro.org].

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Este Domingo,29 de agosto ás 20:00 h, na antiga Capela do Hospital no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

Moitos bicos!!

Agardámosvos!!

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
27 de agosto de 2010 16:47
http://bartoletaferrol.spaces.live.com
_________________________

venres, agosto 27, 2010

A violencia machista acaba coa vida doutra muller, desta vez en Lugo: A Marcha Mundial das Mulleres convoca mobilizacións, unha delas en Ferrol

Convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres ante un novo asasinato machista.

Concentración de repulsa ante esta nova morte, en Lugo, de Montserrat, asasinada polo seu marido esta madrugada. Expresamos así o noso rechazo a esta acción criminal e reclamamos á sociedade galega un compromiso máis firme e sen tregua na loita contra o machismo.

A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración, hoxe venres día 27 de agosto ás 20.00h na Praza do Concello de Ferrol.

Combatamos o machismo, todas e todos! Fora os machistas da nosa sociedade! Fora o machismo das nosas vidas! Nin unha morta máis!


Pregamos a súa difusión e asistencia


Marcha Mundial das Mulleres
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:


Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
26 de agosto de 2010 19:27
http://lupeces.blogspot.com/
________________________

martes, agosto 24, 2010

Graves incumprimentos na entrada na Ría do gaseiro nº 72 -"LNG Sokoto", cargado con miles de toneladas de gas natural licuado par Reganosa


SOBRE ENTRADA DO GASEIRO Nº72” LNG SOKOTO”

No día de hoxe un novo barco gaseiro o LNG SOKOTO cargado con gas natural licuado entrou sobre as 16,30 h na Ría de Ferrol para suministrar a planta de Reganosa.Unha nova entrada ilegal por canto os barcos gaseiros cargados non poden cumplimentar a normativa de navegabilidade -EN1532-dentro da Ría nunha situación de emerxencia que requiere que o gaseiro poida poñer rumbo a mar aberto polos seus propios medios.


Debemos lembrar que o canal de entrada da Ría é de 4.5 Km de lonxitude, cun ancho navegable de 150 m, e que neste percorrido o gaseiro ten que cambiar de rumbo 6 veces.


As circunstancias da entrada do LNG SOKOTO, amosan o incumprimento das propias "Normas de seguridade para a entrada, desatraque e saída dos grandes barcos gaseiros na Ría de Ferrol", fixadas pola propia Capitania Maritima de Ferrol, que esixen, entre outras precaucións, unha visibilidade mínima de 1.200 m, que hoxe non se cumpria no momento da entrada como pode observarse nas fotografias que se tomaron polo CCE e que se aportan.


O CCE denuncia unha vez mais a temeridade daqueles que eluden a súas obrigas, supeditando o interes xeral e o cumprimento da legalidade aos intereses de Reganosa, a costa de expoñer a poboacion que vive no entorno desta Ría aos riscos evidentes.

Ferrol a 23 de Agosto de 2010


¡DIFUNDE E PARTICIPA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxenciacomitecidadan@gmail.com
23 de agosto de 2010 23:33
________________________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: O "LNG Sokoto" cargado con ducias de miles de m3 de GNL-LNG para Reganosa, ten prevista a súa entrada na Ría o Luns 23 de Agosto: O Comité Cidadán convoca acción protesta

Web da Autoridade Portuaria: Normas de seguridade para a entrada, desatraque e saída dos grandes barcos gaseiros na Ría de Ferrol
__________________________________

domingo, agosto 22, 2010

O "LNG Sokoto" cargado con ducias de miles de m3 de GNL-LNG para Reganosa, ten prevista a súa entrada na Ría o Luns 23 de Agosto: O Comité Cidadán convoca acción protesta



Este Luns, 23 de Agosto de 2010, un outro buque gaseiro, o "LNG Sokoto", cargado con miles de Tm de Gas Natural Licuado, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, para descargar o GNL-LNG na Planta de Gas, no Porto de Punta Promontorio -Mugardos. Con este serán 72, os buques gaseiros que descargarán nos tanques de Reganosa. Non hai moitos días que o facia o “Iberica Knutsen”. Cada vez que entra, cargado, un gaseiro, este aumenta o potencial perigo que por si mesma ten a planta de Reganosa ilegalmente construída no corazón da nosa Ría. Non só polo perigoso operativo de entrada pola sinuosa canle, senón que tamén perante as máis de 24 horas que dura a descarga do gas.

Estas descargas producen-se cando seismos económicos de moitos grados, sacuden o accionariado de Reganosa que pretende deixar nas mans dunha multinacional de Fundos de Inversións, especialista en especulación financieira, a "estatéxica" planta de gas. Mais disto xa informará o Comité, con todos os datos na man, logo da sua análise.

Diante da anunciada entrada do gaseiro que fai o 72, desde que en Maio de 2007, entrara ilegalmente, o "Galicia Spirit", logo de ser bloqueado por varias veces, e polo que ainda hai un proceso xudicial pendente, o Comité Cidadán convoca unha acción de denuncia e protesta, cunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 8 da Tarde, na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Características do Buque:
Buque monocasco construído en 2002
Bandeira: Bermudas - Eslora: 288,75 m - Manga: 48 m - Calado: 11,5 m - Capacidade: 135.000 m3.

¡DIFUNDE E PARTICIPA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
22 de agosto de 2010 00:08
__________________

sábado, agosto 21, 2010

Evolución das reformas laborais no Estado español




Evolución das reformas laborais no Estado español

Contido da "webinars" por páxinas:

1. Adro
A RENDICIÓN DO ESTADO AOS INTERESES DO CAPITAL
A desregulación do mundo do traballo

2. Estatuto d@s Traballadores/as [1980]
* Abarata o despedimento
- Reduce o tope máximo da indemnización por despedimento improcedente de 48 a 42 mensualidades
* Establece o despedimento libre
- A empresa é quen decide entre indemnizar ou readmitir á persoa despedida, antes esta decisión era da traballadora ou traballador

3. Reforma laboral de 1984
* Forte impulso á contratación temporal
- Descausaliza o contrato temporal de fomento do emprego para persoas desempregadas
- Contrato en prácticas : amplía o período de tempo durante o que pode facerse este contrato até os 4 anos seguintes á obtención do título, na redacción orixinal eran 2 anos
- Contrato para a formación : o límite de idade para facer este contrato pasa dos 18 aos 20 anos e non existe para as persoas con minusvalía
- Contrato de lanzamento de nova actividade : permite renovalo cada 3 meses cunha duración máxima de 3 anos.
Antes Agora Idade avanzada Todas as persoas desempregadas Capacidade laboral diminuída Primeiro emprego

4. Reforma das pensións 1985
* Aumenta o período mínimo de cotización para acceder a unha pensión de 10 a 15 anos
* Amplía o período de cálculo da pensión de 2 a 8 anos
* O aumento das pensións será en función do IPC previsto

5. Decretazo de 1992
* Grave ataque á protección por desemprego
Antes - Agora [Decretazo 1992]
* Amplía o período mínimo de cotización para cobrar desemprego
Pasa de 6 meses a 12 meses
* Diminúe a cantidade a cobrar por desemprego 80%
Antes: BC durante os primeiros 6 meses 70%
Decretazo: BC de 6 meses a 12 meses 60%
Antes: BC nos seguintes meses 70%
Decretazo: BC durante os primeiros 6 meses 60%
* Rebaixa a prestación mínima SMI 75% SMI
* Reduce o período ce cobro da prestación
- 1 ano cotizado = 6 meses
- 1 ano cotizado = 4 meses
* Suprime a exención fiscal da prestación por desemprego

6. Reforma laboral de 1994
* Impulsa os contratos lixo para a mocidade
- Contrato de aprendizaxe : substitúe ao anterior contrato para a formación empeorando todos os seus aspectos
. Aumenta a idade máxima para este contrato dos 20 aos 25 anos
. Pode celebrarse por un mínimo de 6 meses e un máximo de 3 anos
. Remite a súa remuneración ao disposto no CC
- Contrato en prácticas :
. Duración mínima de 6 meses e máxima de 2 anos. Antes non existía duración mínima
. Permite unha remuneración menor respecto a un
. traballador/a con contrato normal: 60% durante
. o primeiro ano e 75% durante o segundo ano

7. Reforma laboral de 1994
* Facilita e abarata o despedimento:
- Elimina a nulidade dos despedimentos disciplinarios por defectos formais
- Amplía as causas do despedimento obxectivo
. Técnicas, organizativas e de produción
. Simplifica a tramitación por causas económicas
- Reduce o prazo de preaviso para o despedimento por causas obxectivas
Antes Agora Menos de 1 ano de antigüidade = 1 mes 1 mes Menos de 2 anos de antigüidade = 2 meses 2 anos ou máis de antigüidade = 3 meses

8. Reforma laboral de 1994 -I-
* Legaliza as ETTs
* Permite a distribución irregular da xornada
- Permite unha xornada máxima diaria de 12h, antes eran 9h
- Permite superar as 40h semanais
* Ataca á negociación colectiva
- Legaliza as cláusulas de descolgue salarial
- Facilita as modificacións substanciais das condicións de traballo

9. Reforma laboral de 1994 -II-
* Reduce a remuneración mínima das horas extraordinarias
* Limita os supostos do contrato de fomento do emprego
Antes Agora Superior nun 75% á hora ordinaria Non pode ser inferior á hora ordinaria ET 1980 Reforma 1984 Reforma de 1994 Idade avanzada Todas as persoas desempregadas Maiores de 45 anos Capacidade laboral diminuída Máis de 1 ano de antigüidade no desemprego Con minusvalía Primeiro emprego

10. Reforma das pensións 1997 -I-
* Amplía o período de cálculo da pensión de 8 anos (reforma 1985) a 15 anos
- Oa reforma será progresiva até chegar aos 15 anos en 2001

11. Reforma laboral de 1997 -II-
* Xeneraliza ás subvencións ás empresas en forma de bonificacións das cotas patronais á Seguridade Social
* Abarata o despedimento
- Crea o contrato de fomento da contratación indefinida co despedimento barato de 33 días por ano traballado cun máximo de 24 mensualidades nos seguintes supostos:
. Persoas de 18 a 29 anos
. Maiores de 45 anos
. Persoas con discapacidade
. Todos os contratos temporais convertidos en
. indefinidos durante o ano seguinte

12. Reforma laboral de 1997 -III-
* Elimina dous contratos temporais
- Fomento do emprego
- Lanzamento de nova actividade
* Substitúe o contrato de aprendizaxe polo de formación
- Reduce a idade máxima aos menores de 21 anos, con dúas excepcións:
. Nas persoas con minusvalía non existe límite de idade
. Persoas de obradoiros de emprego 24 anos
- Duración do contrato de 6 meses a 2 anos ampliábeis a 3 anos por CC
- Permite cobrar un salario inferior ao SMI, só é remunerado o traballo efectivo

13. Reforma laboral de 2001 -I-
* Abarata o despedimento
- Elimina os salarios de tramitación no despedimento disciplinario cando a empresa recoñece a improcedencia
- Xeneraliza o contrato de fomento da contratación indefinida:
. Persoas de 16 a 29 anos
. Mulleres en profesións onde están subrepresentadas
. Maiores de 45 anos
. Persoas desempregadas con máis de 6 meses de antigüidade
. Persoas con discapacidade

14. Reforma laboral de 2001 -II-
* Aumenta a precariedade
- Contrato de inserción : contrato temporal para realizar obras ou servizos de interese xeral para as Administracións Públicas
- Contrato de formación : elimina o límite de idade nos seguintes supostos
. Persoas estranxeiras durante os dous primeiros anos do seu permiso de traballo
. Persoas que leven máis de tres anos no desemprego
. Persoas en situación de exclusión social
. Persoas de programas de obradoiros de emprego

15. Reforma laboral de 2006
* Abarata unha vez máis o despedimento
- Elimina os salarios de tramitación no despedimento por causas obxectivas cando a empresa recoñece a improcedencia
- Xeneraliza unha vez máis o contrato de fomento da contratación indefinida
. Todos os contratos temporais convertidos en indefinidos antes do 1 de xaneiro de 2007
. Todas as mulleres
. Homes menores de 31 anos e maiores de 45
. Desempregados con 6 meses de antigüidade
. Persoas con discapacidade
. Persoas en exclusión social

16. Reforma laboral de 2010

17. Contrato indefinido co despedimento barato
* Reforma 1997
* Reforma 2001
* Reforma 2006
* Reforma 2010
* Maiores de 18 e menores de 30 anos
* De 16 a menores de 30 anos
* Menores de 31 anos
* Maiores de 45 anos
* Mulleres desempregadas en profesión subrepresentadas
* Todas as mulleres
* Mulleres en profesión con menor índice de emprego feminino
* Máis de 1 ano de antigüidade no desemprego
* Máis de 6 meses de antigüidade no desemprego 6 meses de antigüidade no desemprego 3 meses de antigüidade no desemprego
* Persoas con discapacidade
* Persoas en exclusión social
* Persoas que durante os dous anos anteriores foran contratadas exclusivamente con contratos emporais ou viran extinguido un contrato indefinido

18. Máis precariedade
* Evolución da contratación temporal
* Máis do 90% dos novos contratos asinados cada ano son temporais
* A taxa de temporalidade do Estado español é do 34%, a media da UE-15 non chega ao 13%

19. Principais regresións no sistema de dereitos e garantías no traballo
* Para despedir a unha traballadora ou traballador ten que existir unha causa
* No caso de despedimento improcedente ademais da correspondente; indemnización cóbranse tamén os salarios de tramitación
* A indemnización por despedimento improcedente é de 45d/ano traballado cun máximo de 42 mensualidades
* A igual traballo igual salario
* As persoas que traballan na mesma empresa teñen o mesmo CC

20.GASTO SOCIAL EN % DO PIB (ano 2005)

21. Imaxe


Fonte: Confederación Intersindical Galega - CIG
_____________________

No Pleno Municipal do 26 de Agosto, debatira-se unha moción de Esquerda Unida en apoio da Folga Xeral do 29S

Á ALCALDÍA DO CONCELLO DE FERROL


retirada integra da contrarreforma laboral


Yolanda Díaz Pérez, Voceira do GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA, de conformidade co disposto no artigo 104 do Regulamento Orgánico do Concello de Ferrol, e co artigo 97.2 do vixente Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A situación de crise económica e social derivada da aplicación das políticas económicas neoliberais da globalización capitalista está a producir unha catástrofe social no país e no Estado sen precedentes na nosa historia nos últimos trinta anos. Os datos do desemprego, onde hai que anotar preto de cinco millóns de traballadoras e traballadores no paro no conxunto do Estado, sumados os datos de paro rexistrado no noso país en xullo que contan 209.789 persoas e atopándose un terzo das mesmas sen recibir xa prestación por desemprego, sumados a realidade de precariedade, economía mergullada, carestía da vida e desafiuzamentos configuran unha realidade negra que está a cargar nas costas das clases traballadoras os custos da crise provocada polas políticas favorables ao capital, nomeadamente o financeiro e especulativo.

Neste contexto se teñen producido nos últimos meses unha avalancha de medidas adoptadas polo Goberno central de ataque sen concesións ás conquistas históricas da clase traballadora e dos sectores populares: o paquete de medidas de axuste por importe de 15.000 millóns de euros e que terá continuación no vindeiro orzamento e a contrarreforma laboral tramitada como Lei de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo son chanzos sobranceiros da estratexia gubernamental.

A devandita contrarreforma laboral non vai servir nen para crear emprego nen para reducir a escandalosa precariedade que padecen as traballadoras e traballadores galegos e do conxunto do Estado. Está deseñada para facilitar e abaratar os despedimentos, que xa son na práctica libres, porque amplía as causas para elo e reduce os dereitos de indemnización das traballadores e traballadores. Vai supor un reforzo para o poder empresarial á hora de modificar as condicións de traballo en todo o que atinxe a horarios, mobilidade xeográfica e funcional, etc. Xunto con iso debilita a tutela xudicial efectiva como garantía para a clase traballadora e a negociación colectiva, así como privatiza a xestión do desemprego coa aceptación da intermediación laboral privada.

Unha cuestión fundamental é o ataque que supón esta contrarreforma en canto debilita a negociación colectiva, ao facilitar as empresas a adopción de medidas de descolgue. Cómpre non esquecer que a negociación colectiva constitúe un ferramenta fundamental na defensa dos intereses da clase traballadora.

Incluso privatiza a xestión do desemprego, no canto de potenciar o servizo público de emprego, e amplía o campo de actuación das ETT,s aos sectores de risco e mailo emprego público.

As medidas son inxustas e erradas, porque o mercado de traballo adoece dunha excesiva e negativa flexibilidade externa como amosan as taxas de temporalidade e as facilidades para despedir (o exemplo son os máis de 13 millóns de contratos temporais asinados en 2009, en plena crise económica, nun contexto marcado pola destrución de emprego). As medidas a adoptar son outras moi distintas tanto no eido estrutural – para sentar as bases dun modelo produtivo e social sustentable - canto na conxuntura, no que atinxe a recuperar o creto para a economía produtiva, e impedir que o axuste fiscal programado polo Goberno deprima aínda máis a economía, prexudique a creación de emprego e alimente como resultante o déficit público.

Mais a espiral antisocial dun goberno obsecuente coas recomendacións do FMI, Banco Mundial e Comisión Europea, anuncia que á volta do verán vaise atacar o sistema público de pensións para alongar a idade de xubilación, que no noso país está por riba da media da UE e para mudar as bases de cálculo da vida laboral coa intención de reducir o monto final da pensión a percibir polo traballador. Medidas coherentes coa estratexia de debilitar o sistema de reparto e facer avanzar o de capitalización privado, verdadeiro programa final neste eido do capital financeiro.

Doutra banda, o Grupo Municipal de Esquerda Unida rexeita a falsa política da austeridade fiscal, que supón que teñamos unha das tributacións máis reducida e cunha menor progresividade, isto é, o paraíso para o capital e a burguesía nas súas fraccións máis acaudaladas. Valga o exemplo de que só a recuperación da progresividade fiscal perdida nos últimos 20 anos suporía un incremento de 66.000 millóns de euros anuais, que permitirían financiar a creación de emprego nos sectores como o da atención á dependencia, ensino ou sanidade, que forman parte dos dereitos económicos e sociais recollidos na Constitución, superando a fenda no gasto social que segue a separarnos dos estándares de benestar da UE.

En resumo, son moitos os ataques que están a sufrir as clases traballadoras, autónomos e pequeno empresariado para que o Goberno do Estado satisfaga as esixencias do gran capital. Son este conxunto de ataques aos nosos dereitos como traballadores e traballadoras os que levan ás centrais sindicais de clase CC.OO. e U.X.T. a convocar para o día 29 de setembro unha xornada de folga xeral para enfrontar as medidas aprobadas polo Goberno central que recortan dereitos sociais e que suprimen dereitos das traballadoras e traballadores.

O noso concello ten o deber cívico de tomar posición nunha cuestión política e social da meirande magnitude para a nosa sociedade. Xa que logo, o Grupo Municipal de EU formula, para a súa toma en consideración polo Pleno do concello de Ferrol, a seguinte proposta de ACORDOS:

Primeira.- O Pleno do concello de Ferrol acorda demandar do Goberno central a retirada integra da contrarreforma laboral tramitada no Congreso dos Deputados como Lei de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo e insta a este a retomar o diálogo social a partires das preocupacións e demandas das centrais sindicais de clase.

Segunda.- O Pleno do concello de Ferrol acorda instar ao Goberno central a que non aprobe ningunha reforma no eido das pensións que supoña unha redución respecto dos dereitos recoñecidos hoxendía ás traballadoras e traballadores, en particular o que fai o alongamento da idade de retiro ou á ampliación da base de cálculo da vida laboral.

Terceira.- O Pleno do concello de Ferrol acorda dar traslado destes acordos ao Goberno do Estado e á Comisión Executiva da Confederación Sindical de CC.OO. e á Comisión Executiva Confederal da UXT.

Ferrol, 18 de agosto de 2010.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Voceira do Grupo Municipal de EU

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
18 de agosto de 2010 13:14

Prezad@s amig@s: achegamos unha moción presentada polo Grupo Municipal de EU en apoio da folga xeral convocada para o día 29 de setembro e que se debatirá no Pleno do concello do día 26 de agosto. Grazas polo voso interese. Un saúdo, Ramiro Marier
_____________________________

domingo, agosto 15, 2010

E co “Iberica Knutsen”, farían 71 os buques gaseiros cargados con GNL-LNG, os que entrarían na Ría para Reganosa: O Comité Cidadán convoca nova acción de protesta este Luns 16 de Agosto de 2010


Anuncian a entrada na Ría, do buque gaseiro “Iberica Knutsen”, coa súa perigosa carga para Reganosa. De entrar, serían 71 os metaneiros cargados con GNL-LNG, os que puxeran en perigo a toda a poboación que moramos na contorna da Ría de Ferrol.

Unha vez máis o corrupto e perigoso despropósito gasístico, amosa o seu portencial destrutivo coa entrada na Ría dun novo gaseiro. Se xa de por si a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría, é moi perigosa, cando entra un gaseiro na Ría, esta perigosidade aumenta exponencialmente. O gaseiro ten que sortear un sinuoso, longo, estreito e pouco caudaloso canle de entrada. E só pode entrar cando se dan unhas condicións meteorolóxicas determinadas. Nengún buque -grande ou pequeno- pode estar navegando pola Ría. A menos de 200 metros non pode estar outro buque ou embarcación, só os dos práticos, Guardia Civil e remolcadores. @s mariscadores teñen que paralizar as súas faenas.  Logo a operación de descarga do gas, converte-se, durante horas, nunha auténtica bomba de reloxería que até que esta non acaba, o perigo de accidente é enorme. Ante calquer hipotético accidente que se producira no complexo, o buque tería que saír a mar aberto polos seu propios medios. É por iso polo que sempre emproa cara a boca da Ría e hai un ou dous remolcadores encostados mentras dura a descarga do perigoso fluído. Mais ante a imposibilidade de saír a mar aberto, a Autoridade Portuaria, designou un lugar para o buque que sería o fondeadeiro de Santa Lucia, a 400 m da Planta -frente as casas baratas de Mugardos- e que, ademais, non ten o calado suficiente para alberga-lo. É por iso que cando foi o incendio nun transformador en Forestal del Atlántico, o pasado 20 de Abril deste ano, -a poucos metros de onde se estaba descargando o gas- non se moveu o buque do peirao. Todo o mundo sabe, e sobre todo os seus promotores, que esta planta nunca se debeu instalar dentro da Ría. Mais a codicia duns poucos, que xa o teñen todo, e a ambición persoal de falsos e mequetrefes e a corrupción política, permitiron semellante despropósito. Algúns alegaban a disculpa case perfecta: "Reganosa é estratéxica para Galiza", mais agora a crua realidade, vai poñendo a acada quen no seu sitio, e a Planta de Gas, vai caendo pouco a pouco en mans do capital especulador, en mans de fondos de inversións, ao que so lles interesa un coxuntural negocio de compra-venda. Iso !!, que o Grupo Tojeiro xa vai ter un competidor, en Punta Promontorio, niso da especulación. Por outra banda a planta ve-se inecesaria, os datos son contundentes, traballa baixo mínimos, até algunha vez ten posto en perigo o propio sistema, tendo que intervir a xestora gasística no seu auxilio. Doe que sexa o diñeiro de tod@s nós, o diñeiro público o que teña que manter todo este despróposito.


CONVOCATORIA:

Diante do anuncio da chegada do, xa coñecido, LNG “Iberica Knutsen”, o Comité Cidadán convoca nova acción de denuncia e protesta: Concentración Sonora, este Luns 16 de Agosto de 2010, ás 8 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Características do buque:
Nome: Iberica Knutsen - Bandeira: Noruega - Eslora: 277 m - Manga: 43.4 m - Puntal: 26 m - Calado: 12.1 m, Capacidade: 138.148 m3

¡DIFUNDE E PARTICIPA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de agosto de 2010 13:22
_____________________

sábado, agosto 14, 2010

O Foro Social das Américas en Marcha: a "Ciranda Internacional de Informação Independente", remite-nos as últimas novas


Foro Social das Américas
En Paraguai, na cidade de Asunción, do 11 ao 15 de Agosto
Información Actualizada - 14 de Agosto de 2010

Ciranda Internacional de Informação Independente
Para que outro mundo seja possível, é preciso reinventar a comunicação

Últimos rexistros do Foro Social Américas en Ciranda

América está em marcha (fotos da marcha do IV FSA, o 11)
por Terezinha Vicente/ Ciranda
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/america-esta-em-marcha

Haiti preocupa Fórum Social dás Américas
by Karol Assunçãou/ Adital
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/haiti-preocupa-ativistas-do-forum

Rigoberta Menchú Hai que globalizar as loitas
por Juan Ortega/Medio a Medio - 12 de agosto de 2010
Se a xente levántase e loita: hai esperanza, sinalou a premio Nobel da Paz 1992, durante a inauguración do IV Foro Social das Américas (FSA)
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/rigoberta-menchu

Rigoberta Menchú fala aos mapuches (vídeo) - 12 de agosto de 2010
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/rigoberta-menchu-4571

Un diálogo sobre comunicación e integración
por ColectivoSur Bolivia
Encontro ha debatdo as políticas públicas destinadas a afianzar os procesos de democratización da comunicación en curso, con participación social; e o seu achegue para a integración dos pobos.
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/un-dialogo-sobre-comunicacion-e

Democratización das comunicacións en América Latina: avances, logros e retrocesos
Falarán Liliana Belforte sobre o proceso da Lei de medios en Arxentina, Rubén Ayala sobre o proceso en Paraguai, Aleida Calleja de México sobre As lexislacións de radiodifusión en América Latina e o Caribe e María Pía Matta cun mapeo da rexión en materia da democratización das comunicacións.
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/democratizacion-de-as

Em marcha atei que todas sejamos livres
Terezinha Vicente. Foto: Rita Ronchetti/Ciranda
Construindo lutas e alternativas feministas nas Américas foi painel concorrido non primeiro dia do FSA, organizado pela Marcha Mundial de Mulheres, com diversas militantes latino americanas. À noite, houve ou lançamento do vídeo realizado sobre a Marcha de dez dias realizada em março, em SP.
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/em-marcha-ate-que-todas-sejamos

Foro Social de Radios en Asunción
A cobertura radial farana en conxunto a Axencia de Noticias PULSAR de AMARC
ALC e a Asociación Latinoamericana de Educación Radiofónica ALER.
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/foro-social-de-radios-en-asuncion

Comunicacións en loita
Un reporte da situación latinoamericana e dos diálogos desde o Foro Social das Américas - Juan Ortega, ECO
http://www.ciranda.net/article4576

Memoria e Rebeldía
No marco do Foro Social Americas, realizaranse un taller e mostra para repensar colectivamente as prácticas comunicativas audiovisuais e identificar outros modos de articulación e colaboración mutua.
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/memoria-e-rebeldia

Amplas expectativas sobre o Foro Social das Américas en Paraguai
9 de agosto de 2010
A cuarta edición do encontro desenvolverase nas instalacións do Consello Nacional de Deportes, en Asunción desde o mércores 11 de agosto ata o domingo 15.
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/con-amplas-expectativas-comezase

"Ningún ser humano é ilegal"
Chamamento para construír o primeiro Tribunal Internacional de Conciencia dos Pobos en Movemento, no espírito do Tribunal Russell e do Tribunal Permanente dos Pobos, e da tradición que nutriron de tribunais independentes de conciencia en todo o mundo.
http://www.ciranda.net/ciranda-mundi/article/ningun-ser-humano-é-ilegal

As atividades de Assunçãou
Aquí o programa completo de actividades autogestionadas.
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/as-atividades-de-assuncao

Dakar abre consulta pública sobre os eixos temáticos da edición 2011
O Consello Internacional invita ás\/vos oarticipantes a avaliar se as súas loitas e temas inclúense nos eixos propostos e a enviar as súas contribucións ata o 10 de setembro.
http://www.ciranda.net/fsm-2010-wsf/article/dakar-abre-consulta-publica-sobre


Nota.-  As noticias e reportaxes están en Portugués e Castelán
Ciranda participa da cobertura compartida do IV FSA - FSA Al Día

Ciranda Américas
http://www.ciranda.net/mot/forum-social-dás-americas

FSA Al Día
http://fsainfo.rits.org.br

WSF Ciranda - RSS
http://www.ciranda.net/spip.php?page=backend

Enviado por:
Ciranda Internacional de Informação Independente
ciranda@ciranda.net
13 de agosto de 2010 19:03
________________________


_______________________________________

Que é o Foro Social das Américas

O Foro Social das Américas (FSA) é parte do proceso Foro Social Mundial (FSM), que iniciou en 2001 e pasou a constituírse no máis amplo espazo para a articulación de iniciativas sociais, o desenvolvemento de pensamento crítico e a construción de alternativas á orde neoliberal, baixo o común convencemento de que "Outro Mundo é Posible"

O Foro Social Mundial (FSM), que en xaneiro 2010, celebrou os 10 anos de permanencia novamente congregáronse na cidade brasileira de Porto Alegre para evocalo, dentro do mesmo, o Foro Social Américas (FSA) pasou a constituírse nun dos principais espazos para a construción dunha nova axenda global e cidadá. En tal sentido, aspira converterse nun gran movemento de ideas que se alimenta da diversidade de posibilidades humanas, en contraposición ao pensamento único dominante.

O Consello Hemisférico do Foro Social Américas reunir en Asunción, Paraguai, os días 20 e 21 de xullo do 2009, de modo converxente co Cume dos Pobos do Sur, onde se acordou que a cuarta edición do Foro Social das Américas, correspondente ao ano 2010, realizarase na cidade de Asunción, do 11 ao 15 de agosto, no predio do Consello Nacional de Deportes. Esta decisión reflexa o común compromiso tanto de diversas organizacións, entidades e movementos sociais e populares paraguaios, como daquelas que se articulan a nivel hemisférico, para facer deste novo encontro un fito no fortalecemento das loitas, as alternativas e o pensamento propio que avanzan na nosa América.

Todo en:

Foro Social das Américas
www.forosocialamericas.org

Información operativa IV Foro Social Américas
www.fsapy2010.org

Foro Social Mundial
www.forumsocialmundial.org.br
Foro Social Galego
www.forosocialgalego.org

____________________________

venres, agosto 13, 2010

Xornada homenaxe ao combatente e loitador antifranquista, Segundo Vilaboy Martínez, en Ferrol o 28 de Agosto de 2010.


Homenaxe a Segundo Vilaboy Martínez
En  Ferrol, o Sábado, 28 de Agosto de 2010

Ferrolán, traballador dos estaleiros e Secretario Político do comité ferrolán do Partido Comunista, foi asasinado no ano 47 a garrote no cárcere de Caranza despois de ser detido, torturado e paseado pola Garda Civil durante días polos distintos lugares da comarca coa intención de que delatara aos seus camaradas, cousa que non foron quen de conseguir.

Obreiro e comunista, adicou toda a súa vida á loita pola liberdade da súa clase. Podemos lembrar a súa participación, canda aos seus irmáns, na coñecida como folga do aceite nos estaleiros. Segundo Vilaboy era un combatente e un loitador, un exemplo de compromiso e adicación á loita antifranquista, e ademais, como lembran os máis achegados, unha gran persoa, un verdadeiro Camarada, alguén no que se podía confiar, todo un exemplo a seguir.

Actos da xornada
  • 17:00 Ofrenda Floral no cemiterio de Catabois. Cadro 352.
  • 18:30 Charla a cargo de Bernardo Máiz Vázquez (Historiador).
    "Segundo Vilaboy no Antifranquismo Galego (136-1954)"
    Bar Chimarrao (Rúa Sartaña 61)
  • 21:30 Concerto:
    RPG 7
    MOSSIN NAGANT
    MENCER VERMELLO
    Bar Chimarrao(Rúa Sartaña 61)
    Entrada 5€

Agardamos a máxima difusión posible desta xornada.

Máis información na web www.homenaxeasegundovilaboy.blogspot.com

Enviado por:
Homenaxe a Segundo Vilaboy
-homenaxeasegundovilaboy@gmail.com-
10 de agosto de 2010 17:15
__________________________

Este Domingo, 15 de Agosto de 2010, Feira de Troco en Ferrol


Este domingo Feira de Troco

Opa! Este domingo celebraremos unha nova feira de troco en Ferrol, coma cada tercer domingo de cada dous meses será na praza Vella a partires das 11:00 da mañá.

Trae algo que xa non uses e trócao por algo que precises, así evitamos un consumismo innecesario e todo queda a nivel local, fomentamos as relacións sociais, evitamos os transportes e pasamos unha bonita mañá ollando artiluxios e cousas interesantes.

Libros, menaxe, xoguetes, roupa, calzado... discos, potas, impresoras, froita, magdalenas!! ;)

graciñas!

pásao!! www.trocaferrol.org e no Facebook: Troco Ferrol



Enviado por:
Elena Ärtäbrä
-elenuli@hotmail.com-
12 de agosto de 2010 16:21
___________________

xoves, agosto 12, 2010

Perseidas e a danza planetas: 12 e 13 de Agosto de 2010

Có gallo das bágoas de San Lourenzo, chuvia de estrelas das Perseidas, e como todolos anos a Sección de Astronomía e Contaminación Lumínica da Sociedade Galega de Historia Natural convoca as persoas interesadas en acompañarnos para a observación deste acontecemento:

Lugar: Praia de Esmelle. Punto de encontro, caseta de socorrismo (lembramos que non se pode acceder con vehiculos ata este punto)
Día: 12 de agosto de 2.010
Hora: 22:00 horas

A observación realizarase no areal, polo que prégase o máximo repecto có sistema dunar e vexetación do lugar así como non deixar lixos.

Que poderemos ver:

No comenzo da observación poderá verse a "Danza dos planetas", cara o oeste, Mercurio, Venus (O luceiro) e Saturno, cunha Lúa crecente na que poderemos ver a Lúa Cincenta, un pouco máis tarde tamén poderá verse Xúpiter e os seus satélites.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

As Perseidas neste ano teñen o punto máxima intensidade sobre as 03:00 da maña do día 13 aínda que segúndo vaia oscuerecendo despois do solpor xa se deixarán ver.

Por outra banda tamén poderán observarse as constelación típicas do verán, así como o paso dalgún satélite artificial

Prégase levar roupa de abrigo así algo para poder tumbarse e mirar o ceo.

Astronómia e contaminación lumínica da SGHN Ferrol

Enviado por:
ASTRONOMIA
astronomia@sghn.org-
11 de agosto de 2010 13:46
Prégase a súa difusión
___________________

Sociedade Galega de Historia Natural
Desde 1973 estudando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL (A Coruña)
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20 mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e:
ferrol@sghn.org
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com

_________________________

Enlaces relacionados:

______________________________

"Moncho Reboiras a Loita Continua !!!": Homenaxes no 35 aniversario da súa morte

Como ven sendo habitual, Ferrol converte-se, cada 12 de Agosto, no lugar principal de recoñecemento e lembranza da figura de Moncho Reboiras Noia.

Un 12 de Agosto de hai 35 anos era asasinado, no nº 27 da Rúa da Terra, o Compañeiro Moncho, logo dunha persecución de madrugada por varias rúas de Ferrol. Este feito tivo porén unha importante carga de entrega solidária e mesmo heroica, pois posibilitou, deste xeito, que poideran fuxir Elvira Souto Presedo e Lois Rios Paredes militantes da UPG que con el vivian nun "piso franco" da Rúa do Hospital no mesmo Ferrol.

En 2009 o Goberno Español recoñeceu oficialmente a Moncho Reboiras como vítima da ditadura franquista e que sufriu persecución e violencia até lle daren morte e outorgou-lle un recoñecemento persoal que supón a súa rehabilitación institucional.

O pasado 7 de Agosto deste ano 2010, tivo lugar en Imo-Padrón, lugar onde naceu o Compañeiro Moncho, unha especial lembranza por parte de amig@s, familiares e compañeir@s, que constituiron, "desde unha opción non partidaria e non excluínte", a Comisión Moncho Reboiras 35 aniversario, que organizou unha serie de actos a xeito de Homenaxe Popular, baixo o lema “Moncho Reboiras patrimonio de todas as galegas e galegos de ben” -para máis información pode-se acceder a súa páxina web.

En Ferrol, hoxe van ter lugar dous actos, un organizado pola UPG, partido senlleiro do nacionalismo de esquerdas [1964-2010] que está integrado no BNG e outro dunha das organizacións do independentismo, constituida en 2001, Nós-UP:
  • A UPG concentrara-se ás 7 da tarde na Praza do Concello, para dirixir-se ao nº27 da Rúa da Terra onde faran unha ofrenda floral, logo terá lugar un acto político no Cantón -máis información na web da UPG.

Interesante artigo de Carme Verde Diego no "Terra e Tempo":

Do mito ao home:o compromiso social de Moncho Reboiras

O seu compromiso cos mais desfavorecidos conducírono a descubrir unha terra explotada, asoballada, colonizada, sometida non soamente económica e politicamente senón tamén social e culturalmente


Xan Carlos Garrido en 2009, publicaba en Vieiros este interesante artigo:

Moncho Reboiras
_____________________

Outras forzas políticas conmemoran o 35 aniversario da morte Moncho Reboiras con actos noutros lugares da Galiza:
_________________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Ferrol 12 de Agosto de 2009: Conmemoración do 34 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras

_______________________________

luns, agosto 02, 2010

Noticias en medios de comunicación convencionais indican que o Banco Pastor tamén vende a súa participación en Reganosa

Banco Pastor vende a súa participación en Reganosa

Víase vir ... Tras a venda do 21 % de Endesa, o Banco Pastor desfaise do seu 5 % na Pranta de Gas de Reganosa. Posiblemente, a non demorar moito, o farán Caixa Galicia (10 %) e Caixanova (5%).

Todos eles dician, hai pouco, que era estratéxica para Galicia .... Este Comité Cidadán de Emerxencia dixo sempre que, ademáis de perigosa e contaminante, é totalmente innecesaria.

A nova nos medios de comunicación:
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
2 de agosto de 2010 15:14
______________________________

Demandas do Grupo Municipal de Esquerda Unida á Xunta de Goberno do Concello de Ferrol

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA QUE SE PROCEDA Á ELABORACIÓN DUN PLAN DE INFANCIA E ADOLESCENCIA

PROPICIAR UNHA MEIRANDE PROTECCIÓN INTEGRAL Á INFANCIA E DESENVOLVER CANLES AXEITADAS PARA A PARTICIPACIÓN DAS NENAS E NENOS E ADOLESCENTES NA VIDA DA CIDADE, OBXECTIVOS DO PLAN

O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclama a elaboración do Plan de Infancia e Adolescencia, resultado dun acordo plenario de xuño de 2009 a raíz dunha moción presentada polo noso Grupo Municipal. Plan integral que faga unha análise da poboación infantil e adolescente e en particular dos sectores dela que se atopan en situación de risco social; que planifique as políticas dirixidas cara a ela, xunto coa sistematización das políticas das outras administracións públicas; e que contemple a dotación dos recursos axeitados para a satisfacción das diversas problemáticas e maila coordinación dos recursos humanos e materiais das diferentes administracións.

A nosa organización lamenta que vencido xa un ano dende a aprobación da moción nada se teña feito polo Goberno Municipal para abordar esta acción, que o noso entender supón un chanzo de actuación fundamental para atender as problemáticas da infancia e a adolescencia. Unha vez máis amosa o Goberno Municipal a súa incapacidade para aplicar as ideas e propostas acordadas no Pleno.

Esquerda Unida demanda xunto coa elaboración do devandito Plan, a constitución dun Consello Municipal da Infancia que propicie e favoreza a participación das nenas e nenos nas súas problemáticas xunto coas distintas entidades e asociacións que traballan nelas.

Esquerda Unida defende que a nosa cidade se integre na rede de Cidades Amigas da Infancia, que auspiciado polo organismo internacional da UNICEF ten como obxectivo pular pola aplicación no eido local da Convención dos Dereitos da Infancia.

Coñecer a situación real da infancia na nosa cidade a partires da realidade da falla de datos desagregados para analisar pormenorizadamente as súas necesidades semella unha primeira acción a acometer.

Inafancia que cómpre subliñar é suxeita de dereitos. Suxeito que necesita de espazos de participación nos que ir gañando a práctica de exercer responsabilidades, asemade da pedagoxía para convivir nos valores da solidariedade e a liberdade.

As nenas e nenos, as e os adolescentes son dos colectivos máis atacados polas políticas neoliberais a causa da súa febleza e, xa que logo, a nosa sociedade ten que producir espazos para a súa implicación nos diferentes programas municipais que os atinxen, na educación, na vivenda, na educación vial, etc.

Porque son o futuro temos unha especial obriga para atender e prover o seu avenir.

Ferrol, luns 2 de agosto de 2010


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA LA ELABORACIÓN DUN CENSO DOS LUGARES ONDE SE EMPREGARON OS ÁRIDOS NON INERTIZADOS

ROBERTO ARTABE CONSIDERA NECESARIO A REALIZACIÓN DE CATAS NOS DIFERENTES LUGARES ONDE SE UTILIZARON PARA COÑECER A SÚA COMPOSICIÓN E PREVIR OS POSIBLES RISCOS PARA A SAÚDE PÚBLICA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida formulou nas últimas Comisións informativas de Medio Ambiente unha dupla demanda en relación cos áridos non inertizados chegados de Holanda. Materiais que segundo o informe da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental presentan riscos a causa das altas concentracións de betúns e xofre ao non terse sometido os tratamentos precisos para eliminar ditas substancias. Tan é a sí que a súa definición precisa é a de residuo e non a de árido reciclado.

O concelleiro Roberto Artabe vén formulando nas últimas Comisións a demanda de que se proceda a elaborar un censo que catalogue os diferentes sitios onde se utilizou este material. Xunto a isto, o concelleiro de Esquerda Unida, considera necesario que se realicen catas nos lugares onde se utilizaron para coñecer a súa composición e delimitar os riscos, toda vez que os lixiviados poden permanecer activos até medio século.

A reclamación que efectúa o Grupo Municipal de Esquerda Unida semella congruente cunha política de saúde pública que atenda o principio de prevención de riscos. O devandito informe da Secretaría Xeral xa alertaba dunha serie de riscos:
  • Risco que está en relación co uso que se faga do devandito material de residuo e a posibilidade de que se atope en exposición co ser humano e o propio medio ambiente.
  • Risco de afectación ás canles e medios próximos o seren os hidrocarburos aromáticos policíclicos substancias perigosas para o medio físico e que poden chegar ás persoas ao través da cadea alimentaria.

Xa que logo, o Grupo Municipal de EU reclama do Goberno Municipal que proceda a elaboración dese censo de lugares onde se teñen utilizado estes materiais e logo disto, proceda á realización dunha serie de catas para coñecer o estado e composición destes residuos.

Ferrol, venres 30 de xullo de 2010

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
2 de agosto de 2010 12:30


Prezad@s amig@s: achegamos dúas Informacións do Grupo Municipal de EU. Un primeiro formula a demanda de elaboración dun Plan de Infancia e Adolescencia, que se aprobou no Pleno de hai 13 meses a instancias dunha moción presentada polo noso Grupo.


Un segundo Infromacións reclama, en aplicación do principio de prevención no eido da saúde pública, a elaboración dun censo dos sitios onde se empregaron os áridos non inertizados e a realización de catas para coñecer estado e composición. Todo elo atendendo aos riscos que se poidan derivar para persoas e medio físico, segundo se recolle nun informe da Secretaría Xeral da Xunta de Calidade e Avaliación Ambiental.


Saúdos, Ramiro Marier
___________________

domingo, agosto 01, 2010

Interesante documentario: "Poison fire" - Fogo venenoso - abusos da explotación do gas e petróleo na Nixéria (Lexendada en Castelán)

Reganosa importa gas -LNG-GNL- do delta do Nixer. Sobre este tema, xa temos informado en máis ocasións desde Ártabra 21

Non nos podemos quedar sen ver este interesante documentario que apresentamos dividido en tres partes

Nixéria

Poison fire (lume venenoso) é un magnífico documental de Lars Johansson (subtitulado ao español por http://antimperialista.blogia.com ), que ilustra de forma maxistral o saqueo e o espolio dos recursos naturais ao que se ven sometidos os pobos africanos polas compañías occidentais, coa complicidade e o apoio das institucións internacionais e os gobernos locais corruptos.

Lars Johansson pon-nos o exemplo da explotación do petróleo nixeriano, no Delta do Níxer, por parte da multinacional anglo-holandesa Shell. Unha explotación que provocou un auténtico desastre ecolóxico e humanitario, pois debido á vertedura de millóns de toneladas de residuos de petróleo e a queima do gas, produciu-se unha destrución, sen precedentes, do ecosistema da zona. Cultivos, chan, auga, aire, fauna e seres humanos víron-se fatalmente afectados; decenas de miles de nixerianos e de nixerianas morren prematuramente cada ano, por cancro e enfermidades respiratorias asociadas a quéimaa de gas; a economía local está totalmente arruinada pola destrución da agricultura, a gandería ou a pesca.

A pesar de que multitude de leis e resolucións xudiciais, locais e internacionais, esixiron a Shell o cesamento das súas actividades contaminantes no Delta do Níxer, a complicidade do goberno e das institucións internacionais, permitiu á compañía petroleira continuar coa súa actividade criminal.

Shell, ademais, foi acusada múltiples veces do financiamento de grupos paramilitares culpables da morte de centos de activistas sociais que pedían o cesamento das operacións da compañía en Nixeria, e de sementar o caos entre poboacións enteiras, para que se marchasen de zonas nas que posteriormente se levaron a cabo extraccións de petróleo.

Máis información en:
http://www.poisonfire.org/

Poison fire (Fogo venenoso) 1/3, (Lexendada en Castelán)



Poison fire (Fogo venenoso) 2/3, (Lexendada en Castelán)



Poison fire (Fogo venenoso) 3/3, (Lexendada en Castelán)



Fonte: http://www.youtube.com/user/internacionalistaVA
____________________

Delta do Nixer

Exibir mapa ampliado

____________________________