martes, xullo 10, 2012

A instancia do movimento veciñal, tivo lugar unha reunión con responsábeis municipais, sobre o incumprimento da actual 'Ordenanza de Terrazas' e a nova normativa que se está fraguando de costas ao, xa citado, movimento veciñal


Desde a AV de Esteiro queremos clarexarlles que á xuntanza coas entidades asociativas, na que asistiron arredor de 20 entidades (non asistiu ningunha do barrio da Madalena), non estivo presente o Concelleiro de Urbanismo e Obras, Guillermo Evia, que sí estivo presente na xuntanza cos empresarios da Hostalería e Comercio. É coñecido por todos e, desde a Asociación Veciñal de Esteiro, o temos denunciado repetidamente, que ese concelleiro non se reune con ningunha entidade veciñal.        

Asistiron Alejandro Lantry, José Manuel Vilariño, José  Polo, e unha técnica de Urbanismo.

Nesa xuntanza foi-nos entregado o borrador da nova ordenanza, que xa leva meses discutindose cos empresarios de Hostalería.
        
Na xuntanza de onte o Concelleiro Alejandro Lantry manifestou que na actualidade, a maioría de terrazas incumpría a actual ordenanza, o que motivou a pregunta de : Por qué o Concello non facía cumprir a legalidade? Que garantías ía haber de que a fixese cumprir no futuro?

Denunciou-se a situación de ocupación grave do espazo público en Ferrol Vello, Praza de Amboaxe, Inferniño e Avenida de Esteiro.

Por parte das Asociacións de discapacitados denunciouse que non se contase previamente con eles antes de facer Ordenanza ningunha e da necesidade de harmonizar as terrazas coa accesibilidade das persoas. Denunciouse a pasividade do Concello diante da colocación de bocois en beirarrúas estreitas que impiden a circulación das persoas e moito máis se teñen algúnha discapacidade é se propuxo que o colectivo de discapacitados tiña que ser, preferentemente, escoitado na elaboración de Ordenanzas.

Foi motivo dunha denuncia especial a intalación ilegal dunha terraza pechada e que ten persianas de ferro no Cantón, xunto á rúa do Carme e outra na rúa Coruña, xunto ao Xulgado que invade un xardín e mesmo cortaron unha árbore para a súa instalación. Non houbo resposta por parte dos Concelleiros. A instalación de mostradores na rúa, que prohibe a actual ordenanza e tampouco contempla a futura, como ocorre en Ferrol Vello e na Praza de Amboaxe.
        
Por parte das Asociacións de diversidade funcional manifestou-se que as terrazas non se debían autorizar pegadas aos edificios xa que dificultaban a circulación das persoas con visión reducida e que precisan do tacto para a súa orientación.

Se demandou que se regulase a instalación de televisores na rúa e que na Rúa Dolores e Galiano e en todas aquelas que están permanentemente pechadas ao tráfico que as terrazas se instalasen no centro da rúa e non pegadas aos edificios.

Tamén se propuxo que a Ordenanza nos se quedase na Regulación sobre Terrazas, senón que se regulase a utilización, en xeral, do espazo público, en rúas e prazas.
        
Como idea xeral se lle trasladou ao Concello que ten que primar o goce dos espazos públicos, especialmente nas Prazas, por parte da cidadanía fronte aos intereses lucrativos dos empresarios da Hostalería. Se manifestou a vontade de que se permita a instalación de terrazas, pero sen a colocación de elementos fixos na rúa e revisando a taxa de ocupación que se considerou "a prezo de saldo" nestes momentos e nunca excedendo o ancho do establecemento nin a ocupación de máis dun terzo da rúa. Non se permitirán terrazas onde a beirarrúa teña menos de tres metros.
        
Quedamos comprometidos a presentar alegacións, a través do rexistro ou por correo electrónico, antes do mércores día 18 de xullo e se propuxo que na Comisión de Seguimento que se vai crear para analizar solicitudes concretas que non figuran na Ordenanza, ademais dos técnicos do Concello haxa representantes das asociacións de diversidade funcional e das veciñais.


A noticia da reunión cos empresarios da Hostalería e Comercio nos medios:

O Concello trata con hosteleros e veciños a estética das terrazas
Díario de Ferrol

O Concello pide que as terrazas respecten a estética da cidade | Esixe que o seu deseño teña en conta o «valor patrimonial» de Ferrol
La voz de Galicia

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544, Mobil: 620485450
E-mail: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog: http://rachandobarreiras.blogspot.com

Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
10 de julho de 2012 12:06
Ordenanza de terrazas. Por se fora do voso intéres. Mari Morado.

________________

As dúas somos mamás - Denuncian discriminación no Rexistro Civil de Ferrol


Denuncian discriminación no Rexistro Civil de Ferrol

As dúas somos mamás

Un matrimonio formado por duas mulleres denuncia unha discriminación no Rexistro Civil de Ferrol. A parella tivo dous mellizos e foinos inscribir no xulgado de paz de Fene, concello de onde é natural unha delas. Como xa había un precedente, a funcionaria púxose en contacto co xulgado de Ferrol do que depende. Aló indicáronlle que non era posible inscribir aos pequenos no Libro de Familia do matrimonio. Debían inscribirse como fillos naturais, mentras que a esposa tería que adoptalos e figurar como nai adoptiva. Finalmente foi o concello de Outeiro de Rei de onde é natural unha das nais, o que inscribíu aos pequenos no rexistro co único requisito de presentar o DNI das duas e o Libro de Familia, do que dispoñen despois de casar hai dous anos.

Radiofusion  10.07.2012
http://www.radiofusion.eu/

Enviado por:
Radiofusion
-radiofusion@radiofusion.eu-
10 de julho de 2012 11:55

_________

Resolucións da Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganosa, celebrada en Caranza o 9 de Xullo de 2012 - Fotos e Audios - Documentación - Cartaz VI Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos



Resolucións da Asemblea Cidadá. Fotos e audio
.

Onte, lúns 9 de xullo de 2012, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, e cunha nutrida representación das entidades que o conforman e numerosas participacións personais, celebrouse a Asemblea Cidadá, na que se analizou a situación actual da Planta de Gas, tras a Sentenza do Tribunal Supremo que ven a confirmar a ilegalidade da ubicación de Reganosa e das actuacións administrativas que autorizaron o seu funcionamento.

Súmase agora a súa condición de ser unha Planta innecesaria, deficitaria, destrutora do medio e da economía da Ría e unha ameaza permanente para a poboación, unha nova e grave situación: Declarada xudicialmente ilegal, carece de cobertura de riscos ante calquera dano producido.

Coincide a celebración desta Asemblea co fallo xudicial (unha condena de sete meses, seis de seis e unha absolución) contra os oito mariscadores acusados de impedir no 2007 a entrada dos gaseiros. Aquelas accións, como toda a cidadanía sabe, e o xulgado decide ignorar, foron convocadas polo CCE participando nelas, amais de numerosos mariscadores, máis de duascentas persoas cuxa autoinculpación foi desestimada, nun claro intento de desvincular o tema do que era a súa principal motivación: A defensa da vida e da ría fronte a ameaza de Reganosa e do ilegal tráfico de gaseiros.

A Asemblea acordou seguir amosando a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras do mar, e continuar co seu apoio caso de recorrerse a sentenza.

Para o CCE e para a Asemblea Cidadá quedou claro que a sentenza inapelable do T.S. Marca unha nova etapa de traballo que irá centrada en esixir dos poderes públicos a paralización da actividade de Reganosa.

Desde o ámbito institucional, se emprenderán accións ante o Valedor do Pobo, a Fiscalía Anticorrupción, e os Parlamentos, instando o peche de Reganosa e a depuración de responsabilidades. Tamén no eido local serán presentadas Mocións solicitando o posicionamento dos Concellos ante a nova situación da Planta.

Nas próximas datas terán lugar unha serie de accións encamiñadas a dar a coñecer a cidadanía todas estas actividades emprendidas.

Rematou a Asemblea, convidadando a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, que partirá ás 17 hs, do venres 20 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar aprox, as 9 da noite á Praza do Mercado de Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e viandas como é habitual.


Audios da Asemblea:

1 .- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -1



Ir a descargar


2.- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -2



Ir a descargar


3.- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -3



Ir a descargar


Audios: Comité Cidadán.


Fotos:  Susete'70Galería do Comité Cidadán.
--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Documentos:
RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
Enlace para acceder ou baixar o Cartaz da VI Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos, formato -pdf: |Ir ao Cartaz|
 

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de julho de 2012 10:44

______________

Acto de solidariedade, en Ferrol, coa loita dos mineiros de Asturias, León e Aragón: Mércores 11 de Xullo - A loita mineira e a crise do xornalismo - Vídeo


Persoas pertencentes ás asociacións Fuco Buxán, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos e Colectivo Ártabra 21, nun encontro espontáneo, valoraron que era necesario que na nosa comarca se convocara algún acto de solidariedade coa loita dos mineiros de Asturias, León e Aragón. Polo que acordan, mediante este correo, convocar a unha asemblea-concentración aberta, a todas as organizacións e persoas que queiran mostrar a súa solidariedade e recadar axuda económica para a caixa de resistencia da loita mineira.

Asemblea-Concentración Aberta
o vindeiro mércores día 11 de Xullo, ás 21:00 hs,
na Praza do Himno Galego do barrio de Esteiro,
coincidindo coa mobilización en Madrid das columnas mineiras que estiveron marchando a pé no transcurso desta semana.

Ferrol, 9 de Xullo de 2012

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
10 de julho de 2012 00:35

http://lupeces.blogspot.com/

_______________



A loita mineira e a crise do xornalismo



O pasado 22 de xuño comezou a III Marcha Mineira, unha aposta dos mineiros de dar visibilidade á protesta ante o cerrazón do Goberno a negociar o recorte de 200 millóns de euros que levaría á desaparición do sector do carbón no país. Está previsto que cheguen o 11 de xullo a Madrid, onde se prevé que haxa miles de persoas apoiando as reivindicacións do sector, o único realmente mobilizado en plena época de recortes no gasto social, axudas multimillonarias á banca, medicamentazos e ameazas de subidas do IVA e doutros impostos.

As concas mineiras levan desde o 30 de maio en folga indefinida, cun apoio importante da poboación, tanto nas zonas afectadas como no resto do país, que, compartindo ou non todos os seus métodos de protesta, entende que se están xogando o pan dos seus fillos.

Non se repetiu este apoio nos medios de alcance nacional, que pasaron de ignorar o conflito, a destacar só as accións de violencia ou os xestos de apoio político no Congreso á loita mineira, a irrupción das mulleres dos traballadores no Senado (coa consiguente expulsión) ou a negativa de Juan Morano, senador do PP, a apoiar unhas contas públicas que certificaban a morte do sector mineiro no país. Nos últimos días, en gran medida grazas ao apoio dos líderes de UGT e CCOO á Marcha Negra, nas escaletas dos informativos de televisión puidéronse ver colas co día a día do periplo cara á capital.

Ante a evidencia duns medios que, en xeral, non están prestando atención ao conflito, os mineiros decidiron organizarse: abriron contas de Twitter, que manteñen moi activas, para contar o que ocorre cada día (@PorAsturies , @Mineros_Leon @MarchaNegra ), crearon unha radio comunitaria e emiten un programa diario da Marcha Negra (http://www.javiermanzano.es) e, en xeral, decidiron dar as costas aos medios de comunicación tradicionais, actitude máis que xustificada si se ten en conta o ocorrido hoxe.

O ministro de Industria convocou onte aos sindicatos mineiros a unha reunión para desbloquear o conflito. Durante a reunión, non só non ofreceu ningunha alternativa, senón que insistiu en que o Plan do Carbón acaba en 2018 e que non se pode renegociar, nun exemplo de desviar a atención porque do que se trata hoxe é de tratar que se cumpran cos acordos asinados até 2018.

Ao mesmo tempo que seguen os peches de mineiros e a Marcha Negra, un grupo volveu a facer visible o conflito cortando estradas e liñas férreas; onte houbo 11 detidos e hoxe volvéronse a producir incidentes, o que motivou que os antidisturbios entren, de novo, a Ciñera, León, onde volveron a manter un duro enfrontamento cos mineiros que alí resistían. Hai polo menos detidos, e seguramente non che decataches do ocorrido porque ningún medio de comunicación considera que isto sexa noticia.

A axencia Europa Press envorcou o primeiro teletipo ás 17.04 horas de hoxe (Titular: “Os antidisturbios interveñen en Ciñera (León) despois de que un grupo de mineiros cortase a N-630 e a liña férrea”) e os informativos de televisión seguen centrados nas celebracións da Eurocopa, polo que non emitiron nin sequera colas do ocorrido, malia que os veciños falan dunha forte presenza policial e de uso de material antidisturbios de xeito indiscriminado.

Por outra banda, Juan Morano adiantou que solicitará a súa baixa como militante do PP e abandonará o Grupo Parlamentario Popular da Cámara Alta, de modo que pasará a formar parte do Mixto, despois de que se coñecese que a Dirección Nacional do PP suspendeulle temporalmente de militancia e abriulle expediente polas críticas vertidas contra o Goberno e por romper a disciplina de voto na aprobación do recorte no sector do carbón.

Desde fai anos vénse falando dunha crise do xornalismo en canto ao modelo (o choque co modelo que impulsan as novas tecnoloxías, unido á crise económica, materializada no número de anunciantes, levaron a 7.000 xornalistas ás listas do paro).

Con todo, tanto a adoración deportiva á selección española de fútbol como o silencio informativo ante unha noticia que cumpre case todos os principios que mencionamos antes para que un feito sexa noticiábel certifican que a crise empeza pola base do negocio. Moitos xa non saben diferenciar unha noticia do que non o é, de maneira que a reflexión comeza desde a mesma base: Ás cinco W ás que hai que dar resposta (Quen, como, cando, onde e por que en inglés) engádense agora outros interrogantes aínda máis importantes: Quen son, que fago e onde vou?

Neste contexto, poderían tomar o ocorrido hoxe en Ciñera, e o silencio mediático, como o principio dunha reflexión profunda. Non somos optimistas respecto diso.



Fonte: COOP57



http://youtu.be/FlnOn3qYBbE
__________________

luns, xullo 09, 2012

Un Cru espertar - O colapso do petroleo - Vídeo Subtitulado

Un documentario imprescindible no que se nos advirte maxistral e desesperadamente do gran erro da sociedade actual: ignorar que os combustibles fósiles non poderán seguir abastecendo a ritmos crecentes as economías, tampouco as dos poucos países ricos, e crer ademais que temos substitutos por si escaseasen o petróleo e o gas natural e que eses substitutos pódense implantar da noite para a mañá. E non son os gobernos e os directivos das corporacións os desinformados, eles sábeno. É o cidadán da coche (“do montón” debería ser pero non é) o que non quere baixarse del e aplaude políticas de crecemento económico. Os políticos non poden facer máis que o que nós lles pidamos, esas son as regras que a cidadanía ditou e son as que agora ten: cabo pois que os cidadáns dean o primeiro paso, avisando aos seus representantes de que están listos para asumir as políticas necesarias para organizar unha contorna económica radicalmente máis simple, non podemos botarlles a culpa do crecemento aos nosos representantes mentres á vez pedímoslles crecemento sen obxectivo algún e a perpetuidade.

E para iso fai falta, está claro, que os cidadáns coñezan a realidade, para que poidan decidir apoiar esas medidas. O documental Un cru espertar pode axudar a iso.

Un Crudo despertar - El colapso del petroleo | Subtitulado from Humanidad en Transicion on Vimeo.


Ficha técnica
Dirección: Ray McCormack. Basil Gelpke.
Título Orixinal: “A Crude Awakening: The Oil Crash”
Guión: Basil Gelpke, Ray McCormack
Produción: LAVA Productions AG
Productor: Basil Gelpke, Ray McCormack
Montaxe: Giorgia Wyss
Fotografa: Frank Messner
Música: Daniel Schnyder, Philippe Kuhn
País: Suiza
Ano: 2006
Duración: 85′

Fonte: http://cinereverso.org/
______________________

Conclusións da importante reunión do Comité Cidadán de Emerxencia con Esquerda Unida

Conclusións da importante reunión de traballo EU - CCE

O pasado día 6, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mantivo unha entrevista cunha delegación de Esquerda Unida, encabezada polo deputado no Congreso, José Luis Centella.

No transcurso da reunión analizouse todo o concerniente á perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, a súa condición deficitaria e innecesaria, amáis da recente Sentenza inapelable do Tribunal Supremo que confirma a ilegalidade da ubicación de Reganosa.

Por parte do CCE confírmase a determinación das máis de 60 entidades sociais que o compoñen para continuar unha loita de máis de 10 anos, agardando unha favorable resolución que poña punto final a esta ameaza permanente, acadando o peche definitivo da Planta.

Esquerda Unida vai levar a cabo unha serie de accións, no eido institucional, exixindo o peche de Reganosa :
Desde o Congreso dos Deputados para levar o escándalo Reganosa á Fiscalía Anticorrupción do Estado.

Desde o Consello Comarcal de EU, presentando de inmediato aos Plenos dos concellos da comarca unha moción para que éstes se pronuncien ante a ilegalidade manifiesta na que se encontra a Planta, tras o fallo do Supremo, e reclamando a creación dunha Comisión de Investigación que depure as responsabilidades das ilegalidades e connivencias entre os poderes económicos e políticos.

O Comité Cidadán de Emerxencia e EU afirmaron a súa decisión de manter ate o final a máis estreita colaboración para gañar seguridade e vida para a nosa veciñanza e a nosa ría, para derrotar o escándalo Reganosa.

Ler o Comunicado de EU

Lúns 9 de xullo:  Asemblea Cidadá, aberta a toda a cidadanía, 20 hs, no Instituto Carvalho Calero, Avda. Castelao, Caranza.

Venres 20 de xullo:  ás 17 hs, desde o Parque Carmelo Teixeiro de Caranza,  VI Marcha a pé a Mugardos.



Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de julho de 2012 14:34

_____________

A segunda Burbulla, ... Por Enrique Barrera

Por Enrique Barrera [*]
09.07.2012


Hai outra burbulla en España esperando o seu momento para estalar: a gasística. As empresas enerxéticas fixeron desde o 2006 unha aposta errada pola construción de 50 ciclos combinados que funcionan actualmente ao 20% da súa capacidade e de cinco novas plantas regasificadoras, até chegar a nove, máis que ningún outro país de Europa (Francia só ten dúas e Alemaña ningunha). Son activos tóxicos que a banca mantén sobrevalorados nos seus balances. Nesta bomba de reloxería financeira ocupa un lugar preferente REGANOSA, declarada ilegal polo Tribunal Supremo fai unhas semanas, que non alcanza o 40% do seu funcionamento previsto, que estivo 65 días no mínimo técnico e outros 285 por baixo. O resultado é o seguinte:  forte endebedamento do sector, subida artificial da tarifa que pagamos os usuarios e frenazo ás enerxías renovábeis.

Publicado no Diario de Ferrol o 4 de Xullo de 2012.

[*] Enrique Barrera Beitia, ferrolán que naceu en Zaragoza en 1955, profesor, historiador e investigador. Está integrado entre outras entidades na A. C. Fuco Buxá e na asociación 'Memoria Histórica Democrática.

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
4 de xullo de 2012 11:56

http://www.comitecidadan.org

_____________________

domingo, xullo 08, 2012

Tras 2 semanas nas concas mineiras, o equipo de documentalistas de LaTele.cat, foi testemuña dun hostigamento constante, día, tarde e noite, ... - Vídeo



http://youtu.be/jkUTkep-eBw


Tras 2 semanas nas concas mineiras, o equipo de documentalistas de LaTele.cat, foi testemuña dun hostigamento constante, día, tarde e noite por parte dos mineros ás forzas de seguridade do estado, plantando barricadas e defendéndoas desde a dominación do terreo, a guerra de guerrillas e a acción directa. Tamén suscitando enrroques nos pozos desde os que se manteñen autovías estradas e vias ferreas bloqueadas por horas. A resposta policial, lonxe de afrontar o problema de face, non entra á batalla. Incluso os representantes policiais teñen un ton comprensivo e conciliador que é pouco habitual, tanto como que alguén lles plante cara no seu terreo: a violencia.

Malia as oportunidades de gastar material antidisturbios contra os mineros na barricada, as forzas de seguridade do estado estase dedicando a atemorizar á poboación que, ao seu xeito, está envorcada na loita dando ánimos, alimentos, recollendo diñeiro, facendo sentadas, protestando pacificamente en apoio aos que plantan cara con algo máis que as mans espidas.

Asaltos a casas, disparos e gaseamentos á poboación e aos encerrados nos pozos, hostigamiento nas estradas, destrución de bens privados... Esta é a política de quen queren parecer traballadores. Non se dan conta que o lobo, por moita pel de ovella que lle poñan os medios, sempre será LOBO.

Desde LaTele.cat queremos poñer o acento na total desinformación que está habendo sobre unha folga indefinida que leva xa case 50 días, cos encerros máis longos da historia, que realizou máis de 500 cortes de vías defendidos con foguetes, que ten unha marcha negra ás portas de Madrid co pobo da capital envorcada, ao que se unen outras empresas en folga ou os parados.

ÁNIMO MINER@S. Tendes/Tedes a moral, a razón e tamén a forza.

Publicado en 08.07.2012 por



Información baseada na enviada por:
Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
8 de julho de 2012 23:02

__________________

Benefician á Banca, reprimen ao Pobo, a política de Rajoy e do goberno dereitista do Partido Popular -PP - Vídeo

Man dura co pobo, man esquerda cos banqueiros (Declaracións a RT TV) 7 de xullo de 2012

Os feitos demostran que, por parte de autoridades europeas e o FMI, como sempre ocorreu, non hai ningunha vontade de ser xenerosos, de ser condescendentes, de buscar solucións que poidan beneficiar aos pobos. Neste aspecto teñen unha man durísima. Téñena moi branda, téñena de seda cando se trata de apoiar aos bancos, de salvar aos banqueiros (…) O arma que ten o pobo grego é poñer fin ao pago da débeda ata que non se renegocie”.



[*] Juan Torres López, Granada -1954, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web "Ganas de Escribir" -www.juantorreslopez.com- e coordena a páxina web dedicada a información económica -www.altereconomia.org-

Enviado por:
Juan Torres López
-envios@juantorreslopez.com-
8 de julho de 2012 10:01
________

Quen viviu por encima das súas posibilidades?, ... Por Alberto Garzón Espinosa

Por Alberto Garzón Espinosa [*]
08.07.2012

Desde que comezou a crise é común escoitar nos debates unha manida frase que asegura que os españois vivimos por encima das nosas posibilidades. De forma paralela se insta a que "isto o arranxemos entre todos", citando o lema dunha campaña que as cámaras de comercio lanzaron ao comezo da debacle económica. Tanto se repetiron ambas ideas que moitos, até entre os máis críticos, asumíronas e interiorizado como verdadeiras. Con todo, non hai nada máis afastado da verdade.

É certo, por exemplo, que a economía española como un todo está profundamente endebedada co exterior. Isto quere dicir que o noso país puido gozar de crecemento económico e creación de emprego grazas a que tiñamos un modelo baseado nas débedas, as cales á súa vez sostiñan a burbulla inmobiliaria. Así, cando deveu a crise quedámonos no paro e coa carteira chea de débedas con outros países como Alemaña. Pero aí non termina o relato.

Observando os datos comprobamos que, por exemplo, o endebedamento público -o do Goberno do país, das comunidades autónomas e dos concellos- foi realmente reducido. Reducido en comparación con outros países e reducido en comparación co endebedamento de fogares e empresas. Así, no ano 2007, ao comezo da crise, as débedas do Goberno eran do 50% do PIB mentres que as débedas das familias rozaban o 100% e as das empresas alcanzaban o 200%. Os datos lanzan por terra o populismo de dereitas que de todo responsabiliza a un gasto público que, efectivamente, foi en todo caso moi pouco eficiente.

Por outra banda, é importante sinalar que nin todas as familias endebedáronse coa mesma intensidade nin todas as empresas tiveron o mesmo comportamento "irresponsable". Así, segundo o Fondo Monetario Internacional, o 10% máis rico dos fogares ten a día de hoxe o 40% das débedas totais dos fogares, mentres que o 95% das débedas empresariais pertencen ás grandes empresas -aquelas que teñen máis 250 persoas empregadas-. Estes datos sinalan unha obviedade: os máis ricos endebédanse por cantidades moi superiores e fan crecer extraordinariamente a débeda total da economía española.

O Banco de España confirmou este feito e asegura que só un 16,5% dos fogares máis pobres ten algunha débeda pendente, mentres que esa porcentaxe é do 64,7% entre os fogares máis ricos. Ademais, as débedas dos máis pobres adoitaron ter como motivo a compra dunha primeira vivenda, imposible de comprar sen recorrer á hipoteca, mentres que no caso dos máis ricos o obxectivo era a compra de segundas e terceiras propiedades inmobiliarias.

Así pois, non todos vivimos por encima das nosas posibilidades. Máis ben poderíamos afirmar que son os máis ricos os que viviron por encima das nosas posibilidades, posto que o seu crecente endebedamento -con motivos de especulación inmobiliaria e financeira- foi socializado polos distintos gobernos nacionais e actualmente estámolo pagando a maioría con altas taxas de paro e menores ingresos cos que facer fronte a unhas débedas moi inferiores. As traballadoras e traballadores, e as pequenas e medianas empresas deste país estamos pagando a borracheira duns poucos, moi adiñeirados, que ademais llas están arranxando para saír da crise aínda máis ricos.

Podemos chamalo estafa, roubo, extorsión ou sinxelamente loita de clases, pero é evidente que fronte ao populismo de dereitas hai que enfrontar a elegancia e rigurosidade dos datos económicos. En cada discusión, debate ou coloquio debemos evitar que nos absorba unha ideoloxía que baixo unha aparencia de inxenuidade esconde os mesmos intereses de quen nos están esmagando nesta crise.

[*] Alberto Garzón Espinosa, andaluz (Sevilla e Malaga) que naceu en Logroño en 1985, é economista, escritor e activista nos movimentos sociais e políticos andaluces. Investigador universitario que na actualidade ocupa un escaño, por Malaga, no Parlamento Español, no Grupo d'A Esquerda Plural. Participa no Consello Científico de Attac.

Blogue persoal:
http://www.agarzon.net/

Enviado por:
GRUPO de APOYO Izquierda Plural
7 de julho de 2012 20:09
http://oncediputados.blogspot.com.es/

______________

A Esquerda Plural co Comité Cidadán de Emerxencia - Iniciativas de traballo para facer cumprir a legalidade que incumpre o escándalo Reganosa


COMUNICADO  DO CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol,  sábado 7 de xullo  de 2012

ESQUERDA UNIDA  VAI LEVAR O ESCÁNDALO REGANOSA Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN DO ESTADO
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA TRASLADOU A EU O CONXUNTO DE NOVIDADES E  TRABALLOS REALIZADOS PARA DESENMARCARAR O ESCÁNDALO REGANOSA
O CONSELLO COMARCAL DE EU PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN NOS DIFERENTES CONCELLOS PARA RECLAMAR O CUMPRIMENTO DA SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO E A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN

Logo da xuntanza mantida onte a instancias do Comité Cidadán de Emerxencia cunha delegación de EU encabezada polo deputado no Congreso, José Luis Centella, acadouse o compromiso de que Esquerda  Unida  desenvolverá os trámites pertinentes no Congreso dos Deputados para levar o escándalo Reganosa á Fiscalía Anticorrupción do Estado, para que esta tome cartas nun asunto que ameaza a seguridade de todas e todos nós e a riqueza natural da ría.

Asunto Reganosa que trenza ilegalidades manifestas, caso da recente sentenza firme do Tribunal Supremo, unha morea de incumprimentos de normativas de seguridade e de carácter ambiental, e unha paradigmática maridaxe entre o poder económico e os obedientes poderes políticos, que chegou ao extremo de asinar un acordo secreto polo que a Xunta de Galicia se obriga a subvenir as necesidades da planta, si ou si,  nunha das actuacións máis escandalosas do que fora ministro da ditadura, Manuel Fraga.  A sentenza firme do Supremo deixa en evidencia as connivencias entre poderes públicos e negociadores económicos, e o fai ao afirmar a nulidade da modificación puntual do plan de Mugardos, feita para cohonestar un negocio privado. Nulidade que arrastra ao conxunto de actuacións subseguintes para pór en funcionamento da devandita planta de gas.

A reunión de traballo (na que se pasou repaso aos últimos feitos e traballos realizados)  celebrada onte no local veciñal de Esteiro, puxo de manifesto a determinación das máis de 60 entidades sociais agrupadas no Comité para continuar unha loita de máis de 10 anos e que non deixa de arroxar esperanza sobre a súa resolución final, como está a pór de manifesto os reiterados pronunciamentos dos tribunais de xustiza. Esquerda Unida vai axudar, no eido institucional, en todo o posible para denunciar e reclamar unha solución de xustiza, que pasa polo peche, dunha planta innecesaria e perigosa, no interior da ría.

O Consello comarcal de EU vai presentar neste mes, aos plenos ordinarios dos concellos da comarca, unha moción que obrigue aos poderes públicos a se pronunciar diante da flagrante ilegalidade na que se atopa a planta logo da sentenza firme do Tribunal Supremo. Moción que vai reclamar dos poderes públicos a creación dunha comisión de investigación que clarexe e depure responsabilidades na morea de irregularidades, ilegalidades e connivencias espurias entre os poderes económicos e os políticos. Na moción se quere chamar a atención sobre o dispendio de cartos públicos (máis de cen mil euros en costas procesais) derivados da retirada do concello de Ferrol do recurso que agora se vén de gañar no Tribunal Supremo. Gasto de cartos públicos que adquire máis relevancia se cabe no actual momento de crise social e recesión económica.

O Comité Cidadán de Emerxencia e EU afirmaron a súa decisión de manter ate o final a máis estreita colaboración para gañar seguridade e vida para nosa veciñanza e a nosa ría, para derrotar o escándalo Reganosa.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de julho de 2012 13:39

Prezadas/os amigas/os: achegamos un comunicado de EU, logo da xuntanza mantida onte co Comité Cidadán de Emerxencia, a instancias de este, para abordar novas iniciativas de traballo para facer cumprir a legalidade que incumpre o escándalo Reganosa. Saúdos, Ramiro Marier.

________________

Palabras desde a Marcha Negra - Vídeo


Desde a marcha negra e as comarcas mineras de León, dan a súa opinión sobre os temas que envolven os problemas do sector. Xubilacións, fondos mineros, o futuro dos pobos mineros e a necesidade de visibilizar a situación.



http://youtu.be/b3ELNUQecjM



Publicado en 07.07.2012 por

_________________

xoves, xullo 05, 2012

Nova xuntanza do tecido asociativo de Ferrol para abordar as accións contra o Malgasto do Goberno dereitista do PP na cidade


O tecido asociativo de Ferrol, agrupados na Plataforma Contra o Malgasto, volve-se reunir en Asemblea, este Xoves 5 de Xullo, ás 8 da Tarde, no local da Asociación Veciñal de Esteiro. A análise do pasado Pleno Municipal, a situación de recollida de sinaturas para solicitar a Consulta Popular e as novas accións, figurarán na orde do día da citada xuntanza veciñal.

Alhunas fotos das protestas no Pleno Municipal do pasado 28 de Xuño de 2012 (Plataforma Contra o Malgasto, Afectad@s pola Participacións Preferentes, funcionari@s municipais).

Documentación:
Escrito ao Alcalde (08.06.2012)

Panfletos.

Folla divulgativa.

Escrito para a recollida de sinaturas solicitando unha Consulta Popular.

Moción ao Pleno (Rexistrada o 12 de Xuño de 2012).

Intervención no Pleno (28.06.2012).

______________

O preocupante futuro do persoal non-sanitario do Sergas: Asemblea convocada pola CIG-Saúde - Martes 10 de Xullo


Información moi importante para o persoal non-sanitario do Sergas (fixo, interino, eventual e o que está nas listas de contratación).

Ante a grave situación que está atravesando o PERSOAL NON SANITARIO DO SERGAS, a CIG-SAÚDE, convoca unha ASEMBLEA, o Martes, 10 de Xullo de 2012, da que se celebrarán varias sesións:

Sesións da Asemblea Martes 10 de Xullo.

Sesións de Mañá:
11:00 h. no Hospital Arquitecto Marcide.

Sesións de Mañá:
14:00 h. no Hospital Naval.

Sesión de Tarde:
18:00 h. no Hospital Arquitecto Marcide.

Orde do día:
Situación do Persoal non Sanitario: privatización, mobilidade forzosa, Central de chamadas en Atención Primaria, OPE e Traslados, etc…

Nota.-
Esta é unha Asemblea moi importante, para o persoal non-sanitario do Sergas, porque se van a tratar temas que afectan ó persoal non sanitario, como son; a mobilidade forzosa, a privatización de persoal non-sanitario, a desaparición de OPEs (Ofertas Públicas de Emprego), ...

CIG-Saúde
Ana Arto 647938026
Sandra Martínez 630594691
Merche Díaz 670264501
Local sindical 981334566
scigasf@sergas.es
www.cig-saude.org/ferrol

Enviado por:
cig-saude.asf@sergas.es
5 de julho de 2012 13:36
__________________

Esquerda unida informa da visita do diputado José Luis Centella do grupo Esquerda Plural, para informar-se e abordar a problemática de Navantia e o despropósito de Reganosa - Por outra banda demanda un impulso ao proceso de eliminación dos vestixios fascistas que aínda restan en Ferrol


INFORMACIÓNS   DO GRUPO MUNICIPAL  DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol,  xoves 5 de xullo de 2012 

JOSÉ LUIS CENTELLA, DEPUTADO DE IU- A ESQUERDA PLURAL, VISITA O ESTALEIRO PÚBLICO FERROLÁN E MANTERÁ UN ENCONTRO DE TRABALLO COS COMITÉS DE EMPRESA.
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA MANTERÁ UNHA REUNIÓN DE TRABALLO CO DEPUTADO, QUE TAMÉN  ABORDARÁ NA SÚA VISITA  UN EXHAUSTIVO ABANO DAS CUESTIÓNS PENDENTES PARA MELLORAR A VIDA DA NOSA CIDADANÍA.

José Luis Centella, deputado de IU- A ESQUERDA PLURAL no Congreso, no que asume a portavocía do grupo, realiza unha visita de traballo a nosa cidade para abordar as problemáticas máis urxentes e importantes que temos, nomeadamente a dramática situación do sector naval público radicado na ría. Xunto con esta cuestión, Centella fará un repaso con diferentes entidades sociais das cuestións formuladas por EU no Congreso con vistas a mellorar as condicións materiais da nosa cidadanía nos diferentes eidos, indo o abano  dende as cuestións de saneamento e axudas públicas á industria até os temas de rehabilitación e memoria histórica, pasando polas infraestruturas ferroviarias.

O Deputado manterá un encontro de traballo cos comités de empresa de Navantia Ferrol e Navantia Fene (as vellas e combativas Bazán e Astano) logo dunha botadura que deixa as gradas dos estaleiros públicos baleiras e cun horizonte de despedimentos masivos para este verán, namentras os gobernos do PP xogan co fume da propaganda e coa fame das familias que xa están no paro ao negarse a construír o dique flotante e non acadar nova carga de traballo, asemade de non facer nada para superar os atrancos que se poñen á construción naval pública.

Logo desa xuntanza o deputado manterá tamén un encontro protocolario coa dirección do estaleiro.

O sector naval público e as iniciativas que vén mantendo neste eido a formación política de esquerdas e ecoloxista no Congreso son a primeira problemática que de xeito monotemático en horario de mañán traballará nas reunións a manter. Mais logo, xa en horario de tarde, o deputado xirará xuntanzas con varias entidades da cidade para atinxir outras temáticas da meirande relevancia e actualidade.

A petición do Comité Cidadán de Emerxencia, se manterá no local veciñal de Esteiro un encontro de traballo cunha delegación de EU na que participará José Luis Centella para pór en común as últimas novidades na situación ilegal de Reganosa así como para informar das iniciativas parlamentares en curso por parte de Esquerda Unida. A xuntanza será ás 18:00 horas  no local veciñal de Esteiro.

Ou logo, máis tarde, contra ás 19:30 horas, Centella coñecerá de primeira man os traballos e denuncias que dende a SGHN se levan a cabo ante o fraude nos áridos non inertizados e outras cuestións ambientais, así como se tratarán as accións  que Esquerda Unida vén de realizar no ámbito institucional para que se atenda unha situación irregular que ameaza a saúde pública e o medio ambiente.


Ferrol,  xoves 5 de xullo de 2012

O GRUPO MUNICIPAL  RECLAMA  A FUNDICIÓN DA ESTATUA ECUESTRE DO DITADOR PARA FACER UN MONUMENTO ÁS VÍTIMAS E LOITADORES CONTRA O FASCISMO.
ESQUERDA UNIDA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A CONCLUÍR A RETIRADA DOS VESTIXIOS FASCISTAS QUE AÍNDA RESTAN NA CIDADE.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida considera que é tempo abondo para, logo de transcorrido un decenio da retirada da estatua ecuestre do ditador, acadar unha solución definitiva con ela. Solución que non pasa por tapala con panos ou agochala da vista da cidadanía, e si en fundir a peza para coa súa resultante erguer un monumento conmemorativo adicado ás vítimas da ditadura e as persoas que loitaron nesa “longa noite de pedra” para recuperar as liberdades e os dereitos propios dunha cidadanía libre e crítica. Tal fora a proposta formulada por EU no mandato pasado, cando se conqueriu que deixara de ser foco de visitas e fotografías.

Esquerda Unida  quere lembrar que aínda son demasiados os vestixios franquistas que restan no termo municipal e que faltan as normas de convivencia dunha sociedade que se quer democrática. Dende o rueiro do Arsenal militar ate o escudo que coroa o vello edificio das aduanas, pasando por bustos de represores e criminais da ditadura como Camilo Alonso Vega que resta nos xardíns do centro hospitalario Juan Cardona, son varias as formas que honran a ignominia da ditadura e da guerra civil feita ao pobo que se dera como forma de goberno á República democrática de traballadores de toda clase, segundo proclamou a Constitución republicana.

Esquerda Unida insta a alcaldía da cidade a dirixir e alentar o proceso que conclúa a retirada de todas e cada unha das placas, estatuas e demáis honras adicadas a aqueles que mantiveron a España e ao noso país cautivos dun réxime criminal. O Goberno Municipal débe de dirixirse as institucións que corresponda, como por outra banda ten feito EU, para que cumpran os contidos da lei 52/2007, que no seu artigo 15 preceptúa a retirada de símbolos e monumentos públicos referidos ao golpe de Estado, á guerra civil e a subseguinte represión e ditadura.

Esquerda Unida vai continuar, no entanto, coa súa laboura de denuncia e reclamación nos diversos eidos institucionais e fornecendo a laboura fundamental do tecido asociativo de memoria histórica e de republicanismo que son os protagonistas da ofensiva de dignidade que vai paseniñamente liberando aos espazos públicos desa simboloxía fascista.


Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
5 de julho de 2012 13:51

Prezadas/os amigas/os: achegamos dúas INFORMACIÓNS do Grupo Municipal. Neles damos conta da axenda de traballo de José Luis Centella, deputado de IU- A ESQUERDA PLURAL no Congreso, que mañán manterá un encontro de traballo cos comités de empresa de Navantia Ferrol e Navantia Fene, asemade doutras reunións nas que vai abordar as diversas e outras porblemáticas da nosa cidadanía, nomeadamente o escándalo Reganosa que se abordará nunha reunión convocada a instancias do Comité Cidada de Emerxencia. O outro INFORMACIÓNS demanda ao Goberno Municipal que impulse o proceso de eliminación dos vestixios fascistas que aínda restan na nosa cidade. Saúdos, Ramiro Marier

___________

O Comité Cidadán de Emerxencia mantivo unha xuntanza con representantes do Grupo Parlamentario do BNG en Compostela, sobre a última Sentenza ditada polo Tribunal Supremo que ilegaliza a Reganosa - O Comité Cidadán convoca dúas citas de moita importancia: Asemblea Cidadá (9 de Xullo) e Marcha a Pé até Mugardos (20 de Xullo)


Na súa última reunión plenaria o comité Cidadán de Emerxencia acordou facer unha xira informativa e deliberativa cos grupos políticos -en diferente ámbito, para informar do contido da Sentenza do Tribunal Supremo que ilegaliza a Planta de Gas -Reganosa, instalada en Punta Promontorio (Mugardos), no mesmo corazón da nosa Ría. esta é unha nota enviada polo Comité logo de que tivera lugar a reunión co Grupo Parlamentar do BNG en Compostela.


Reunión do CCE co Grupo do BNG no Parlamento de Galicia

Xuntanza dunha representación do CCE co Grupo Parlamentario do BNG, no Parlamento de Galicia o dia 3 de Xullo de 2012

A xuntanza celebrase despois da petición cursada polo Comité Cidadán de Emerxencia a todos os grupos do Parlamento de Galicia, tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo que anulou a modificación do PXOM de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa.

Asistiron a reunión: polo Grupo do BNG; Ana Ponton Mondelo e Fernando Blanco Parga e polo CCE, Luz Marina Torrente López, Manuel A. Rguez. Carballeira, Eliseo Zaera Rios, Humberto Fidalgo Couce.

Por parte do CCE, fíxose unha exposición do percorrido administrativo, xudicial e mobilizador ata esta sentenza do Supremo, lembrando o carácter perigoso da planta de Reganosa, unha ameaza para miles de persoas, que acelera a destrución do ecosistema da Ría, sendo ademais unha instalación deficitaria que nos custou, no ano 2011, perto de 58 millóns de euros. Tamén se puxeron en coñecemento do BNG, as actividades irregulares de Reganosa coa carga e descarga de GNL, as novas agresións á Ría, como o dragado da canle de entrada, ou o numero de dias baixo mínimos da planta durante o 2011.

Tendo en conta que a ilegalidade da planta de Reganosa e insubsanable, o CCE recabou unha actuación decidida e coherente do Grupo Parlamentario do BNG o través das seguintes iniciativas parlamentarias:

Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia, o axeitado cumprimento da sentenza do Supremo

Abrir unha Comisión de investigación sobre a actividade de Reganosa.

Ferrol, a 3 de xullo de 2012

--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
4 de julho de 2012 16:41

__________

Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
______________________________

Actos convocados polo Comité Cidadá:

ASEMBLEA CIDADÁ
O LÚNS 9 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE
NA SALA DE ACTIVIDADES
DO IES CARVALHO CALERO DE CARANZA

MARCHA A PÉ FERROL-MUGARDOS
O VENRES 20 DE XULLO, ÁS 5 DA TARDE
SAÍDA DESDE O PARQUE 'CARMELO TEIXEIRO' DE CARANZA
REMATE NA PRAZA DO MERCADO DE MUGARDOS
CUN ACTO FESTIVO E REIVINDICATIVO

_______________________________________________

A nova formación política 'CompromisoXGalicia' presenta-se en Ferrol - Xoves 5 de Xullo


Lucía Vizoso encargara-se, esta tarde do Xoves 5 de Xullo de 2012,  de presentar a nova formación política 'CompromisoXGalicia'. Este acto que pretende ser informativo e participativo, contará coa presencia de varios representantes das organizacións que integran a formación ecogalegista. A cita será ás 7 da tarde na Galería Sargadelos, esquina rúa María e rúa Rubalcaba.

Para máis información:

http://compromisoporgalicia.blogaliza.org/

_____________________

A Cooperativa Integral Galega presenta-se en Ferrol - Xoves 5 de Xullo na SCRD 'San Carlos' de Esteiro - 1º Xira Galega de Palestras sobre Cooperativas Integrais

A Cooperativa Integral Galega, proxecto de renovación económico e social integral, público e autoxestionario, ten o pracer de anunciar as datas da 1º Xira Galega de Palestras sobre Cooperativas Integrais:

Martes 3. OURENSE. 20:30 - “Anacos da Cidade”- R/Paseo, Galerías vía Cambre, entreplanta, local 15

Mércores 4. A CORUÑA. 20:30 - “Asociación Alexandre Bóveda” - R/Olmos, 16-18, 1º

Xoves 5. FERROL. 20:30 - Local Social SCRD "San Carlos” - R/ Fernando VI, bloque 3, Esteiro

Venres 6. SANTIAGO DE COMPOSTELA. 20:30 - “PANXEA” - R/da Rosa 36

Que é e cales son os obxectivos dunha cooperativa integral?:

A Cooperativa Integral xurde das premisas de crear unha nova economía de subsistencia e transición, capaz de unificar os proxectos necesarios para o cambio político e social. Estes proxectos, moitos deles xa existentes, deben dar cabida a profesionais e colectivos que desexen traballar dentro dun marco de relacións máis humanas e xustas.

A Cooperativa Integral é un organismo vivo, horizontal, inclusivo e participativo, que permite desenvolver e articular actividades que sirvan para xerar traballo digno e útil e un consumo sostible e responsable. É un proxecto de autoxestión económica e política igualitaria e asemblearia que reúne tódolos elementos que compoñen a economía: produción, consumo, financiamento e moeda propia, e ó mesmo tempo, procura integrar tódolos ámbitos da vida: traballo, vivenda, saúde, cultura, educación, etc.

A curto prazo, as nosas metas serán:

• Posibilitar o autoemprego (cooperativas de traballo, bolsas de emprego).
• Reducir a dependencia do euro e estimular o crecemento de moedas sociais a través de redes de cooperación (ecoredes).
• Reducir os prezos e facilitar a venda directa de produtos locais, ecolóxicos e artesanais (grupos de consumo).
• Facilitar solucións colectivas a persoas insolventes e/ou en risco de exclusión social.
• Proporcionar a posibilidade de aforro comprometido con proxectos de innovación social, ética e sostible, ao marxe do sistema bancario tradicional (cooperativas de autofinanciamento).
Os obxectivos, a longo prazo, son os seguintes:
• Construír unha rede de relacións económicas cooperativas e solidarias entre persoas e empresas sociais, alleo ás flutuacións dos mercados.
• Abrir espazos que proporcionen servizos realmente necesarios: Centrais de Abastecemento, Oficinas de Vivenda, Redes de Albergues, Centros de Educación e Aprendizaxe Colectivo, Centros de Saude Autoxestionaria e proxectos de autoemprego vinculados a necesidades reais.
• Transformar a sociedade outorgando o poder real ás persoas; para iso crearase un sistema propio de seguridade e previsión social para garantir a cobertura das necesidades básicas de tódolos membros.

Contactos:
Rafa (658614626)
Diego (677140488)

+ Info:
http://coiga.arkipelagos.net/
https://www.facebook.com/groups/cooperativaintegralgalega/
cooperativaintegralgalega@riseup.net

_____________________

mércores, xullo 04, 2012

O futuro urbanístico de Canido (Plan Urban) a debate - Mesa Redonda coa participación dos grupos municipais dos partidos políticos con representación no Concello de Ferrol


A Asociación Sociocultural 'Muiño do Vento', no comezo da súa andaina, que agardamos sexa longa e semente un presente e un futuro de transformación para unha sociedade do "Ben Vivir" e de democracia participativa, organiza unha mesa redonda no local social da S.R.D. Canido Canido, ás 20:30 horas, deste Xoves, 5 de Xullo de 2012. O acto leva por titulo "O futuro urbanístico de Canido: Plan Urban", onde están convocados a participar representantes dos grupos municipais dos partidos políticos con representación institucional no Concello de Ferrol.

Para contactar: SEGANHO@terra.es

Web do Programa Urban: |Ir web |
__________________________

Festival Folk na Praza do Inferniño - Venres 6 de Xullo - I Festival InferniñoFolk - Actuan: 'Alen de Ancos' e 'Estimaba que Viñeras'


A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño  e a Asociación Cultural Terra Meiga, organizamos un FESTIVAL FOLK para o vindeiro VENRES, día 6 a partir das 8 h da tarde no Palco da Música da Praza do Inferniño.

Neste  Festival I INFERNIÑOFOLK, contaremos cos Grupos de música folk "ALÉN DE ANCOS"  e  “ESTIMABA QUE VIÑERAS”, coa colaboración da Deputación provincial d´A Coruña, dentro da programación de cultura e o concello de Ferrol.

Alén de Ancos

Alén de Ancos é un grupo de Ferrol en constante actualización desde o seu nacemento no 2007. Despois de diversas probas musicais, o estilo defínese como FolkFusión dada a mestura de cancións tradicionais con outras de composición propia.

Levando as rendas da sonoridade musical temos whistles e uilleann pipe, sempre apoiados nos acordes de guitarra e piano, e seguindo os ritmos de bodhran e caixón.
Esta nova agrupación naceu coma un ‘hobby’ para un grupo de amigos que se coñeceran no seo de diferentes entidades e bandas da comarca. Pouco a pouco, e tras moitas horas de ensaio, déronlle forma ó seu son ata elaborar un estilo propio.

A traxectoria musical do grupo comeza coas actuacións esporádicas en pequenos locais e festivais cercanos a Ferrol, ata consolidarse definitivamente con un concerto no XII Quantum Music Festival organizado polos alumnos da Facultade de Física de Santiago de Compostela, aló polo 2008.

Despois deste gran debut coma grupo propiamente dito, participamos na inauguración dos “Mércores Folk” da xa clausurada Sala RunRum; Contratáronnos coma músicos-actores no Asalto ó Castelo de Monterrei (Ourense), dous anos consecutivos; Colaboramos no “Festival Benéfico En Feminino” organizado por AECOFE no 2008; Quedamos como semifinalistas no Concurso Escenario PRAU 2010 de Cantabria; Entre outras actuacións, tamén tocamos  en lugares como Neda (Belelle Folk 2009), Lires (Cee 2011), Carballo (2011), e San Sadurniño (San Pipote 2011).

Destacamos neste ano:
  • Ferrol Lidera 16 Marzo 2012 (Ferrol). Accésit 100 €.
  • Finalistas Proyecto Runas 2012 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
  • Festival Irmandiño de Moeche
Actualmente teñen unha nova maqueta gravada co persoal técnico de Groove Punch Studios e así ter máis oportunidades á hora de solicitar novas actuacións.

Os integrantes de Alén de Ancos son: Pablo Díaz [Gaita e Whistles]],  Fausto Escrigas [Saxo e Whistles], Rubén Gómez [Guitarra], Aitor Rodríguez [Percusións], Iago Casal [Teclado], Carlos Caaveiro [Uilleann pipe], e Dolores Melgar [Pandeireta].

Recomendamos que visiten a páxina: www.facebook.com/alendeancos

Contacto: alendeancos@gmail.com


Estimaba que Viñeras


O Grupo Folc “ESTIMABA QUE VIÑERAS” (Música folk con ritmos de rock e blues) nace alá polo ano 2007 en San Xoan de Piñeiro, Mugardos.

A súa música é unha mistura de pezas de gaita tradicionais co poemario galego e propio do noso país todo isto acicalado cun toquiño rock que lle aporta carácter á festa.

Os compoñentes veñen de distintos estilos musicais, o que lle aporta diversidade ao repertorio.

Ante todo son un grupo de amigos que gostan da música do país.

Contan xa cunha ampla cantidade de actuacións entre as que caben destacar algunhas de relevancia: "FESTIFOLK SAN XOAN DE PIÑEIRO" en Mugardos, "FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA" no Muiño de Pedroso-Narón (Agora a edición deste ano vai-se celebrar no Paseo do Río Xuvia en Narón), "FESTIVAL ANTROSPINOS" en Taragoña-Riaxo, "FESTIVAL SOLIDARIO, UNHA MAN POR HAITÍ" en Pontedeume, no "FESTIVAL IRMANDIÑO" de Moeche e nun sinfín de actuacións en festas e sociedades culturais da nosa bisbarra.

Son: Carliños, Tino, Andrés, Moncho, Mon (fundadores e cando que eles queiran Rubén e Serxio Platas), ademási o novo e flamante Guitarrista Gabi, e o estelar acordeoanista Diego Feal.

Saúdos

asdo. Xose M. Sanxoán
asdo. Basilio Baamonde

Enviado por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
3 de julho de 2012 23:04

_______________

martes, xullo 03, 2012

A Xunta ocultou un informe para facer un dragado que beneficiou a Reganosa - Os técnicos alertaban do “deterioro” que causaría a obra executada na Ría de Ferrol - Reportaxe de Lorena Bustabad


A Xunta ocultou un informe para facer un dragado que beneficiou a Reganosa

Os técnicos alertaban do “deterioro” que causaría a obra executada na Ría de Ferrol

O informe existía e era claramente negativo. Con todo, a Xunta non o incluíu no expediente ambiental que remitiu en 2010 ao Ministerio de Medio Ambiente, do que dependía a aprobación dun novo dragado na Ría de Ferrol feito á medida de Reganosa nun espazo parcialmente protexido dentro dos límites da Rede Natura.

O dragado executouse entre outubro e decembro de 2011 para retirar 2.575,06 metros cúbicos de roca e area que, teóricamente, restaban calado e entorpecían a navegación cara aos astilleros e a regasificadora de Mugardos. O porto de Ferrol utilizou explosivos para eliminar catro agullas de roca granítica da canle de entrada a ríaa sen que a Administración central ou galega puxesen traba algunha. Parte dos fondos mariños afectados integraban o LIC Costa Ártabra de especial protección natural.

Seis meses despois, e coas obras xa rematadas, Adega destapou un informe técnico da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta, fechado o 23 de xullo de 2010, que di con claridade que o dragado é “ambientalmente incompatible” coa conservación dos espazos e especies do fondo mariño “tanto dentro como fóra da Rede Natura”. “Provocaría un importante deterioro na zona protexida e afectaría negativamente á composición e estrutura dos fondos mariños”, conclúe o documento. Destaca, ademais, que na ría ferrolá identificáronse “18 especies novas para a ciencia” e que a perforación afectaría a dúas especies protexidas e outras dúas prioritarias. Os ecoloxistas engaden que se eliminaron sen contemplacións e con voaduras submarinas dúas formacións rochosas habitadas por 65 e 83 especies diferentes cada unha.

Durante os últimos dous anos, mentres o proxecto de mellora de calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol continuaba o seu periplo administrativo, este informe incómodo e desfavorable permaneceu oculto nalgún caixón da Consellería de Medio Ambiente. Sen argumentos en contra, o ministerio autorizou a obra o 13 de decembro de 2010, desbotando as alegacións de ecoloxistas e mariscadores.

Aínda que a zona do dragado tocaba espazos protexidos, na resolución ministerial non figuraba o informe do organismo competente -Conservación dá Natureza- que aparentemente non se pronunciou aínda que legalmente debía facelo. Con todo, a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) foi favorable e apoiábase nun informe positivo pero “incompleto”, -a xuízo de Adega- da Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Días antes de comezar a dragar, a Autoridade Portuaria de Ferrol recibiu unha resolución de Conservación da Natureza que daba o visto bo ao calendario da obra, o último trámite antes de perforar. O permiso asinábao o mesmo xefe de servizo que un ano antes rubricara o primeiro informe crítico. Curiosamente, e segundo os ambientalistas, a autorización final do dragado xustificábase facendo referencia ao mesmo informe técnico que o desaconsellaba polos danos que ía causar nun espazo protexido.

En Adega obtiveron o informe negativo de Conservación case de rebote tras recorrer ao Valedor do Pobo ante as trabas que lles poñía a Xunta para consultar o expediente. O documento que lles faltaba por ver confirmou as súas sospeitas. “O dragado foi totalmente irregular e unha chafallada administrativa”, afirman. O departamento de Agustín Hernández explica que tralo primeiro informe negativo do servizo provincial a Dirección Xeral pediu unha “aclaración complementaria” que tivese en conta “dous anexos que concluían que o impacto sería mínimo e sen afección á fauna”.

Os ecoloxistas levaron o caso ante a fiscalía e elevaron a súa denuncia á UE. Consideran que a “reiterada ocultación” deste informe constitúe un posible delito de prevaricación.


Máis calado para gaseiros

Todas as alegacións que Adega presentou en 2010 contra o proxecto para mellorar o calado da Ría ferrolá estaban enfocadas a probar que era unha obra pensada por e para Reganosa. O primeiro gran dragado da Ría realizouse en 1990. Retiráronse 72.730 metros cúbicos para despexar unha canle de 4 quilómetros e 160 metros de ancho. O segundo dragado empezouse a cociñar en marzo de 2007, dous meses antes de que Reganosa iniciase a súa actividade.

O prego que a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao redactou en marzo de 2011 para adxudicar a obra expón que se detectaron “áreas de risco” preto dos castelos da Palma (Mugardos) e San Felipe onde non se alcanzan os 12 metros de profundidade que figuraban nas cartas marítimas, o GPS dos buques. O dragado con explosivos que adxudicaron á empresa Sato por 252.188 euros buscaba “ampliar as marxes de seguridade” para a trasfega de buques cara a Navantia Fene e Ferrol, o porto interior e a planta de gas.

Para Adega, Reganosa foi a empresa máis beneficiada por un dragado “inapropiado” deseñado á mantenta “para arranxar os graves problemas do tránsito de gaseiros no interior da Ría”. Os buques que entran ao taller de reparacións de Navantia Fene-Ferrol viaxan sen carga e necesitan menos profundidade.

Por Lorena Bustabad | Ferrol 29 XUN 2012

Publicado en 'El País' | 29.06.2012

Foto tirada da estupenda Galería de Roberto - Ferrol.

Máis ...

A noticia na web de ADEGA:

A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra |Ir á web|

O Informe de referencia:

Informe Técnico sobre os valores do medio no proxecto "Mellora dos calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol" | delegación Territorial da coruña - Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural 23.07.2010 - Servizo d Conservación da natureza. |Ir ao Informe en formato PDF|


  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
______

domingo, xullo 01, 2012

Foi a primeira Festa Intercultural de Ferrol Terra, organizada pola Asemblea Sen Papeis - Fotos - Testemuños: "Unha viaxe cara ao edén" (Vídeo)


Pola mañá cedo en Caranza chovía a chuzos, tan forte que de novo dentro do Mercado facían falta paraugas para protexese da chuvia. A cuberta segue sen reparar, por moitas promesas e proxectos do malgoberno dereitista do Partido Popular -PP. Paralelamente, as asociacións do barrio realizaban a súa segunda xornada para a elaboración dun proxecto comunitario para o Mercado e a Traseira. Carlos e Ana preparaban o que era a infraestrutural da Festa, na Traseira do Mercado, nas inmediacións de Rádio Filispim. Limpeza, bebida, comida, fogóns, potas, equipo de música, ... Había que ultimar todo. A media mañá saíu o sol e xa non se volveu a poñer até o solpor. Compañeiras e compañeiros da Asemblea Sen Papeis, comprometeran-se a agasallar-nos cociñando para un numeroso grupo de persoas que estaba previsto que participaran na cita, como así foi. O menú intercultural, cuscús e arroz , os dous con polo. Mentres uns conciñaban, ás 12 do mediodía daba comezo unha Mesa Redonda nos locais de 'Fuco Búxan'. Máis de cincuenta persoas estiveron atentas a tan interesante palestra. Dúas testemuñas contan a vivencia persoal dende que decidiran emigrar do seu país, cara a un mundo descoñecido para mellora-las súas condicións de vida (Testemuños: "Unha viaxe cara ao edén" -Vídeo), acompañadas por Laura Bugallo (Recoñecida activista en Inmigración); María Teresa Bustamante (Avogada) e o noso compañeiro Carlos Varela (Asociación Lazos Pro Solidariedade) un dos impulsores da Asemblea Sen Papeis.

Xa pola tarde comezou o Xantar Comunitario de confraternización, e máis tarde terían lugar as actuacións músicais, con tamborada africana, Manolo Bacallao, Luís Enrique Culshaw e Bitxo Bola. No medio desta actuación os traceurs, que así se chaman os practicantes de parkour, fixeron unha demostración das súas habilidades e ao remate do seu percorrido, na Traseira, continuou a festa coa música.

As fotos de Susete deixaron testemuña, da alegría e o bon desenvolvemento da Festa dos Sen Papeis.

Ningunha persoa é ilegal !!

Tod@s somos emigrantes !!


Enlace de referencia:

1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis - 30 de Xuño de 2012

Fotos: Susete'70.


Contacto:

senpapeisferrol@gmail.com

Tamén no facebook.

A Asemblea Sen Papeis Ferrol, conforman a Comisión de Inmigración do Encontro Social de Ferrol Terra.


Testemuños: "Unha viaxe cara ao edén" (Vídeo).

Documentario publicado en 30.06.2012 por Asemblea Sen Papeis-Ferrol.

Testemuños recolleitos pola Asemblea Sen Papeis Ferrol de Mike e Alex quen contan desde a súa infancia en Dakar (Senegal), a decisión de partir cara a Europa, os seus soños, etc...

Texto ao comezo do Libro "O meu nome é Ninguén" de Carla Fibla e Nicolás Castellano e texto final de "A historia que puido ser" de Eduardo Galeano.




http://youtu.be/cMavTnj52XM

___________________________