martes, novembro 20, 2012

Convocada a Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol - Mércores 21 de Novembro - Participa


Convocada a Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol.

Día: Mércores 21 de Novembro de 2012.
Hora: 18:00hs.
Lugar: Local da Asociación Veciñal de Esteiro (En Ferrol, na rúa Fernando VI, Bloque I baixo - 981933223).
Obxectivos: Deliberar sobre o traballo realizado pola Plataforma e o futuro da mesma, para o cal acompaña-se unha carta do portavoz-coordinador Xosé Miguel López Pérez que sitúa o punto onde está o debate, polo que se prega tanto a lectura da mesma como a asistencia ao citado Pleno.

Carta convocatoria da Asemblea Plenaria da Plataforma

No mes de decembro de hai case tres anos, a Asociación de Veciños de Valón e a Asociación Veciñal de Esteiro convocamos a todo o tecido asociativo de Ferrol para constituír unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, plataforma cidadá non partidaria, pioneira en Galicia a anticiparse en denunciar e opoñerse aos recortes que se albiscaban no horizonte, algúns xa feitos realidade e outros moitos máis anunciados e, caso de non paralos, serán tamén pronto unha realidade.

Foron moitas entidades as que pouco a pouco se foron incorporando ata chegar a máis de corenta que hoxe conforman a Pdspf. Foron moitas as cousas que fixemos e moitas as mobilizacións que convocamos e nas que participamos, tanto na comarca de Ferrol (Ferrol, Ares, A Capela, A Graña) como en Compostela, Pontevedra, O Barco, Monforte, Vigo, Burela, etc.

Campaña de reclamación contra as listas de espera, denuncias da situación das mesmas e denuncias da marxinación da Área Sanitaria de Ferrol por parte da Xunta de Galicia baixo a presidencia de Núñez Feijoo.

Actos de información e denuncia en diferentes concellos da Área Sanitaria.
Participación en mobilizacións en defensa do conxunto dos servizos públicos en xeral e en defensa da comarca.

Foron tres anos de moito traballo, sempre mellorables por suposto, pero que nos últimos meses están indo a menos, seguramente por causas moi diversas: As continuas mobilizacións comarcais, eleccións sindicais, municipais, xerais e autonómicas, fan que moitos dos compoñentes da Plataforma teñan moitas ocupacións, ademais do traballo na Pdspf o que leva a esgotamento e cansazo.

Tamén é posible que o interese ou a necesidade de que a Pdspf se estea cuestionando ou haxa que cuestionala.

A Pdspf, non está paralizada nin nunca o estivo, tivo momentos de máis actividade e de menos actividade (o mesmo que lle ocorre as entidades que a conforman, sindicatos, partidos, asociacións diversas, unhas veces teñen máis actividade e outras menos). Sería moi longo de explicar, poderá facerse na xuntanza, todo o que levamos feito en case tres anos.

O resultado das eleccións autonómicas van a supoñer que o Partido Popular pretenda seguir recortando, privatizando e establecendo repago ás prestacións da Sanidade Pública, polo que a Pdspf segue sendo, na miña opinión, unha necesidade e unha ferramenta válida e eficaz na Defensa da Sanidade Pública.

Para falar da situación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da necesidade da súa continuidade ou da súa disolución, para darlle máis impulso ou rematar coa súa actividade está convocado un Pleno da mesma para o vindeiro mércores día 21 de novembro ás 18 horas no local da AV de Esteiro (prégase a máxima puntualidade) coa seguinte orde do día:
 Análise da situación da Sanidade Pública na comarca e en Galicia e do futuro da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

 Renovación da Comisión Permanente e do Portavoz-Coordinador (no caso de que continúe a Pdspf).

 Renovación do mantemento do blog da Pdspf e do correo electrónico (no caso de que continúe a Pdspf).

 Preguntas e suxestións.
Pola importancia do momento e dos temas a tratar facemos un chamamento especial á asistencia de tódalas entidades que conforman a Pdspf á asistencia a dita xuntanza, nos vai o futuro da Plataforma niso, e á máxima puntualidade.

Un saúdo a todos e grazas pola vosa asistencia.

En Ferrol, a 15 de novembro de 2012.

Asdo./ Xosé Miguel López Pérez, portavoz-coordinador

A Plataforma.

Blogue da Plataforma:
http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

Correo-e da Plataforma:
plataformadspferrol@gmail.com

Forman parte da Plataforma da Área Sanitaria de Ferrol: A Revolta de Trasancos C.S. - A.C. Fuco Buxán - A.VV. A Cabana - A.VV. Caranza - A.VV. Covas - A.VV. Esteiro -A.VV. Ferrol Vello - A.VV. O Cruceiro de Canido - A.VV. O Cruceiro de Meá - A.VV. O Lago-Doniños - A.VV. O Rosario-Inferniño - A.VV. Prioriño - A.VV. San Fernando-Recimil - A.VV. San Pablo de Catabois - A.VV. Santa Eulalia de Limodre - A.VV. Santa Mariña - A.VV. Serantes - A.VV. Ultramar - A.VV. Valle de Esmelle - A.VV. Valón - AFINOR(Fibromialxia) - AGAVIDA - ALCER - AMICOR - Asociación de Diabéticos Ferrolterra - Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra - ASPANEMI - Ateneo Ferrolán - B.N.G. - C.I.G. - CC.OO. - COGAMI-FERROL - Colectivo Ártabra21 - CPS de San Valentín - CSIF - Esquerda Unida -Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas - Grupo Rural de Narón - Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol - PSdeG-PSOE - Teima-Sindrome de Down - Terra Galega - U.G.T. - U.S.T.G. - Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol.

A Plataforma de Ferrol Terra participa na plaforma galega  'SOS - Sanidade Pública'.
Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
19 de novembro de 2012 12:47

http://avesteiro.blogspot.com.es/
____________

luns, novembro 19, 2012

Sobre o que ocorre en Gaza, ... por Carlos Taibo

Por Carlos Taibo [*]
19.11.2012


Nos últimos días tiven que escoitar con relativa frecuencia que o que sucede en Gaza a estas horas -as accións militares israelís- é culpa das milicias de Hamás. Ou, por dici-lo doutro xeito, que si estas non bombardeasen territorio israelí, nada estaría acontecendo. A ese argumento convén oporlle os que seguen.

1. Malo é que se intente describir un conflito de longo alento sobre a base do que, en relación con el, ten acontecido nun período de tempo tan breve como próximo. Para entender o que ocorre en Gaza nestas horas hai que prestar atención á historia de Palestina desde 1947, e entón aparecen con claridade "o poderoso e o débil", "o invasor e o invadido", "o colonizador e o colonizado". ¿Que diríamos dun exame do desembarco de Normandía que, focalizando en exclusiva a atención no que ocorreu aqueles días, interpretase sen máis que a Wehrmacht alemana era un exército que se defendía fronte ás iras incontidas dos comandantes aliados?

2. É dolosa, en particular, a ignorancia do sucedido en Gaza desde moito tempo atrás. Parece obrigado falar do amoreamento de palestinos expulsados das súas casas e terras, da represión, a segregación e a explotación. E nos últimos anos do bloqueo. Cando se decide ignorar todo isto, é moi sinxelo chegar á conclusión de que quen lanzan esos foguetes son, sen máis, loucos islamitas que actúan de maneira airada e caprichosa. Aínda que non teño intención algunha de defender a súa conduta, esta última nace dun escenario insoportable, e dun rueiro sen saída. Hamás, en singular, é un produto insorteable -tal vez desexado- da política de Israel. Non ten nacido da nada.

3. Curioso resulta que as máis das veces non se preste atención a unha discusión importante: á relativa á proporcionalidade -á falta dela- das accións militares israelís. Agora coma sempre, o número de mortos do lado palestino é moito máis alto que o do lado israelí. O feito de que entre os mortos palestinos se inclúan con extraordinaria frecuencia civiis inocentes, e crianzas, sitúanos ante o que só pode cualificarse como terrorismo de Estado. ¿Que é peor: o terror que exerce un grupo ‘privado’ ou o que desprega unha maquinaria estatal que, por se fora pouco, autocualificase como Estado de dereito e desfruta dun franco recoñecemento internacional? Máis alá do anterior, convén recear da idea de que Israel non pretende outra cousa que dar réplica ás agresións que padece: esa leria témola escoitado moitas veces cando o obxectivo dos gobernantes israelís era proseguir, sen mais a conquista de territorios e coa súa secuela máis común en forma de expulsión e exterminio de poboacións palestinas. Recupérense ao respecto as sabias palabras que Noam Chomsky difundiu nas últimas horas.

4. Deixemos as cousas claras: quen bombardean Gaza son, en realidade, as potencias occidentais. Hai tempo que estas outorgaron a Israel un papel relevante: o de xendarme rexional que debe acabar con calquera que plante cara ao proxecto colonial que defenden na rexión máis tensa do planeta. De aí, por certo, o silencio conivente dos nosos gobernantes ante o que ocorre en Gaza.

Carlos Taibo

www.carlostaibo.com

[*] Carlos Taibo Arias -Madrid 1956, é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e activista social, partidario activo do movimento polo "Decrecimento". Forma parte do Consello Editorial de "Sin Permiso" e "Altermundo" | + info |
___________

Paremos a masacre do goberno de Israel contra os palestinos - Concentracións o 19N


Durante as últimas 48horas o exército israelí, por terra e mar, atacou máis de 156 obxectivos na Banda de Gaza. Un novo círculo horroroso e sanguinario desencadeouse causando consecuencias mortíferas para o pobo palestino, que desde fai moito tempo é vítima da política imperialista de Israel e dos seus aliados, os EE.UU. e a OTAN.

O ministro israelí de Defensa, Ehud Barak, puxo en marcha a máis de 30.000 soldados para levalos a Gaza. Segundo a última información máis de 10 camións que transportan tanques e vehículos blindados estanse desprazando cara a devandita área.

Pola súa banda os gobernos de EE.UU., Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Canadá proporcionaron abertamente coartada á agresividade israelí ao culpar por igual ao agresor e ás vítimas.

A FSM denuncia, do xeito máis rotundo posible, os ataques asasinos de Israel contra a Banda de Gaza. Unha vez máis a Federación Sindical Mundial non permanece neutral fronte á descarada masacre actual contra os palestinos que merecen un estado palestino coas fronteiras de 1967 e co seu capital no leste de Xerusalén.

Esta actuación agresiva contra o pobo palestino, que forma parte da xeral escalada de agresividade imperialista no Oriente Medio contra Siria e Irán, ten que acabar xa.

Chamamos ás organizacións sindicais do Mundo a expresar activamente a súa solidariedade coa loita do pobo palestino e a reclamar o final inmediato desta masacre en contra súa.

Fonte: Federación Sindical Mundial - FSM
____________

CONCENTRACIÓNS SOLIDARIAS -GALIZA CON GAZA
     
Luns 19 de Novembro de 2012

Ás 20:30hs.

Galiza
      
Nestes días estamos a vivir unha nova ofensiva criminal de Israel contra a poboación civil de Gaza. Os bombardeos son continuos e o número de vítimas mortais non deixa de aumentar.

Desde esta páxina iremos publicitando os distintos actos solidarios, achega a túa convocatorio. Actos convocados:

  • Compostela, venres 16, 20:00h, praza do Toural.
  • Ourense, sábado 17, 20:00h, praza Maior.
  • A Corunha, lúns 19, 20:30h, o Obelisco
  • Vigo, lúns 19, 20:30, Farolde Príncipe
  • O Barco de Valdeorras, lúns 19, 20:30, frente ao Concello
  • Ferrol, lúns 19N, ás 20:30, fronte ao edificio administrativo da Xunta, na Praza Amada Garcia.
  • Cangas, lúns 19, 20:00, fronte ao Concello
___________________

Ideas pacíficas para protestar este Nadal


Nadal sen cartóns de crédito

Cidadáns e movementos sociais estámonos mobilizando para dar unha resposta aos atropelos que todos estamos sufrindo nos últimos tempos. Pero os políticos no poder están respondendo con violencia, con moita violencia, e intentos de criminalización.

Por lóxica (e é o que buscan) a xente esta empezando a ter medo a saír á rúa, a manifestarse.

Ben, ... Usemos a cabeza, sexamos creativos!! Usemos a loita pacifica, a non violencia.

Que é o que mais lles pode amolar aos bancos e a moitas multinacionais agora mesmo? Cal é o único idioma que entende esta xente?:

QUE LLES TOQUEMOS O PETO!!

NADAL SEN CARTÓNS DE CRÉDITO:

Fagamos un propósito: Compremos os agasallos de Nadal a pequenas empresas e autónom@s locais (o artesán que fai bixutería, a amiga que ten unha tenda no barrio, o pasteleir@ que fai os turróns artesáns, o moz@ que vende no mercado...)

O pequeno comercio estáo pasando fatal.

Fagamos que o diñeiro chegue a persoas próximas e non a grandes multinacionais. Así, máis persoas terán un Nadal mellor.

E á hora de pagar ... non pagar con cartón de débito / crédito, para evitar o lucro de bancos e multinacionais financeiras (dependendo do cartón pódenlles aplicar comisións de ata un 6%).

Apoiemos á xente, apoiemos negocios locais que vendan cousas de produción local. Deixa de dar diñeiro aos bancos e bota unha man ao teu veciño, que o esta pasando fatal...

SE UN CONSUMIDOR CONSCIENTE ... !!!

"Se queres cambiar ao mundo, cámbiache a ti mesmo." Mahatma Gandhi

Ilustración: "O Apalpador", de Leandro Lamas.

Enviado por:
antonio Mesejo Cerdido
-tonomesejo@hotmail.com-
18 de novembro de 2012 20:52

_________________

domingo, novembro 18, 2012

As nais do rural en loita pola calidade educativa - Vídeos de moito interese


No verán do 2012 un grupo de nais de Samos, O incio, Cervantes, Navia de Suarna, ... érguense en defensa da educación dos seus fillos e fillas no medio no que decidiron vivir: a montaña e o rural galego (Vídeo realizado por FILMIKA).


http://www.youtube.com/embed/k98VG_K7_Cc


http://www.youtube.com/embed/OxKm_lkhJ7E


_____________

xoves, novembro 15, 2012

O 14N Xornada de Loita Social en Europa e Folgas desde Grecia a Portugal


Reportaxe na canle internacional de televisión 'Rusia Today', sobre a Xornada de Loita Social en Europa e Folgas desde Grecia a Portugal deste 14N de 2012.



Máis Info en:

Rusia Today TV
_______________

mércores, novembro 14, 2012

Programa Especial Folga Xeral, 14N 2012 - Rádio FilispiM, 93.9 FM - Ferrol Terra - Aúdio


Cobertura Xornada Europea Folga Xeral -14N2012 


Logo da estupenda cobertura da manhá dos nosos companheiros de CUAC FM de A Corunha, cuxo sinal enlazamos en Rádio FilispiM, os integrantes de Rádio FilispiM en Ferrol, recollimos o testigo e continuamos informando xa na tarde.

O programa especial comezou as 18:00 h. e rematou cara as 20:00. No estudio estiveron:

  • Cholo Martínez.
  • Miguel Reimundez.
  • Pablo Melaski
  • Miguel Castro 
  • Paula Meizoso
  • e o Pequeno Monstro.
O programa estivo dividido nas seguintes seccións:
  • O porque da convocatoria da Folga Xeral do 14N.
  • Como transcorreu, repercusión, datos no local, País, Estado e Europa.
  • Como a vivimos cada quen. Crónicas persoais dos integranes do Colectivo/Radio.
  • Documentos sonoros rexistrados polos reporteiros de Rádio FilispiM. -  Cobertura polos medios, terceiro sector medios que cubriron, cobertura de Cuac FM. Conexión vía dúplex con Radio ELA, libre de Madrid.
  • Partiicipación activa dos ouvintes, telefono directo, twiter, facebook...
  • Valoracións finais.
Aúdio do Programa de Radio:



Ir a descargar


Fonte: http://opaii.blogspot.com.es/
_____________

A Folga Xeral do 14N en Ferrol Terra - Galería Fotográfica



Ante a moi grave situación que estamos a padecer en Ferrolterra, Galiza, ... e no resto de Europa, como consecuencia das decisións adoptadas, pola chamada troika (BCE, FMI e CE) e polos seus encargados, os gobernos de Ferrol, Madrid e Compostela, do dereitista Partido Popular que en forma de orzamentos, privatizacións, recortes públicos e de dereitos sociais e laborais, están saqueando os nosos bens, o noso patrimonio social, o noso tecido produtivo e económico, arruinando-nos como País e empobrecendo-nos como Pobo, o 14 de novembro foi convocada unha folga xeral e xornada de loita social en Europa. O obxectivo desta mobilización era o de dar un golpe coordinado en todo o continente ao poder do capital transnacional e financeiro, que está ditando aos seus encargados, os gobernos, medidas de recortes e reformas que nos levan á pobreza e á máis absoluta das desproteccións e perda de dereitos. Están roubando miles de millóns de euros a todo o pobo e ás arcas públicas para pagar a débeda ilexítima e os seus intereses, para rescatar a súa banca e as súas grandes empresas.

Pensionistas, desempregad@s, labreg@s, estudantes, pequeno empresariado e comercio, autónom@s, inmigrantes con papeis, sen papeis, mozas e mozos... foron chamados a mobilizarse, xunto aos traballadores e traballadoras en activo, e facer da xornada europea de loita social, o primeiro dos últimos dias dos gobernos que en Europa son obedientes á troika (FMI,BCE,CE), e están dispostos a pagar aos grupos financeiros, unha devida ilexítima, antes do que asegurar o noso dereito á saúde, á educación, a unha vivenda digna, a un retiro tranquilo e con seguridade, e crear os postos de traballo necesarios, que permitan unha vida en condicións dignas.

Vencer á Troika e aos seus gobernos encargados!

Xuntos e xuntas temos poder para facelo!

Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio á folga xeral e xornada de loita social en Europa.

Fotos Susete'70.
__________

domingo, novembro 11, 2012

Cara um governo de concentraçom?, ... Por Lupe Ces

 

Por Lupe Ces [*]
11.11.2012


Hoje na concentraçom de repulsa polas últimas mortes associadas aos desafiuzamentos, havia micrófono aberto e lim o comunicado da Plataforma das Afectadas eAfectados pola Hipoteca. Um comunicado descarnado, duro, que inclue umha crítica ao PSOE pola sua actuaçom sobre este tema ao longo dos catro anos de existência da Plataforma, e também pola soluçom negociada co PP que acaba de anunciar.
Foi umha decisom tomada na casa porque o comunicado é moi clarificador. Tomei essa decisom, ainda sendo consciente de que ia haver na concentraçom umha importante representaçom do PSOE.
Hai companheiras e companheiros do PSOE com os que compartilho loitas no bairro, na cidade, na comarca... e fixo-se-me doloroso. Mas a situaçom é grave e cumpria aclarar cousas.
Som das que penso que o PSOE, com esta decisom no tema dos desafiuzamentos, em vésperas dumha Folga Geral, vem de lavar-lhe a cara ao PP com esse acordo sobre a moratória. Um acordo, que como denuncia a Plataforma das Afectadas e Afectados pola Hipoteca vai ser só um parche.
As alternativas da PAH som moi claras: paralizaçom de todos os desafiuzamentos de vivenda habitual quando se trate de devidas de boa fe. Daçom em pago retroactiva. Reconversom do parque de vivendas que acumulan as entidades financeiras num parque público de aluguer social.
Em todo caso, parece que estamos ante a primeira posta em escena do que poderia ser um governo de “concentraçom nacional” PP-PSOE. Um lavado de cara da direita no governo, para que a cidadania entendamos que co diálogo entre estas duas forças maioritarias, podem-se conseguir cousas. Umha primeira posta em escena que nos deixa na indefensom ante a Troica e as consequências desse segundo resgate que está a cair.
Às vezes escoitar a verdade doe, e dize-la também. Mas viver na ignorancia da verdade pode traer consequências dramáticas. Consequências que pretendemos evitar coa folga do 14N, e ilhando socialmente ao PP. Mas o PSOE, mais umha vez, prefire salvar a banca, será porque som da “casa”?

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
___________

Marcha da 'Culebra Social' por Ferrol - Martes 13 de Novembro de 2012 - En apoio á Folga Xeral e da Xornada de Loita Europea do 14N

Clicar acima da imaxe para ampliar

Participa na culebra social en apoio á Folga Xeral e Xornada de Loita europea.

O martes 13 de Novembro ás 9 da mañá na praza de Armas en Ferrol.


A culebra, facer unha culebra, saír en culebra... Chámase así nos estaleiros, cando as traballadoras e traballadores van por todos os talleres da factoría chamando ás compañeiras e compañeiros a unha asemblea, a un paro ou folga..

A culebra social a conformariamos as persoas que queiramos ir de praza en praza, coma se foran talleres, por toda a cidade coma se fora a factoría, chamando ás compañeiras e compañeiros a debater, falar, escoitar en asembleas abertas e participar na Folga Xeral.

A cita de comezo é o martes 13 de Novembro, ás 9 da mañá na Praza de Armas en Ferrol.

-Abrimos unha asemblea onde eleximos a unha voluntaria e un voluntario para moderar os debates, coller as palabras e mirar que nos dé tempo a chegar á seguinte praza.

-Saímos en culebra con música, repartindo panfletos, e todo o que se nos ocurra para chamar a atención, carteis,..

Taller nº1 -  9'30 da mañá Praza do Himno Galego en Esteiro.

-Asemblea aberta

Taller nº2 10'30 da mañá diante do Mercado Municipal de Caranza.

-Repoñer forzas con bocatas, café..

-Asemblea aberta

Taller nº3 12'00 do mediodía na Praza de Porta Nova no Inferniño.

-Asemblea aberta

Taller nº4 13'00 do mediodía na Praza Amada García diante edificio da Xunta

-Asemblea aberta

-Remate da culebra

Contacto:

Telefono - 605455340 (André)
Correo-e - andremartinezces@gmail.com

Fonte: http://ferrolterra-folgaxeral.blogspot.com

***

sábado, novembro 10, 2012

Concentración en repulsa aos desafiuzamentos e en solidariedade coas vítimas da banca - Domingo 11 de Novembro, ás 12 do mediodía

Ante a indignación provocada na sociedade polos recentes suicidios de xente que ía ser desafiuzada da súa vivenda, xorde de forma espontánea unha convocatoria de concentración nas redes sociais.

Esta terá lugar o domingo, día 11, ás 12:00h. na Praza de Armas de Ferrol

Baixo o lema;

"Concentración en repulsa aos desafiuzamentos e en solidariedade coas vítimas da banca"

Paremos esta eiva, por unha banca pública, pola dación en pagamento, polos alugueres sociais, por unha rede de vivendas sociais, polo dereito á vivenda e á dignidade.

No evento especificase que é unha concentración cidadán, con micro aberto para quen queira falar.

--
Desde: Colectivo Cidadá de 'Acción directa pola recuperación dos espazos públicos'

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enviado por:
antonio Mesejo Cerdido

-tonomesejo@hotmail.com-
10 de novembro de 2012 09:16
____________

NON ESTÁS SÓ

Telefones de interese:

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Comisión de Dereito á Vivenda Digna (Stop-Desafiuzamentos)


- Elena Casal  - 637799350 (só polas tardes)
- Rafael Pillado - 633100354
- Inácio Martínez - 645158113
- Luis Matalobos - 644256364)



Rede Social de Ferrol Terra

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
______________________________

venres, novembro 09, 2012

Declaración da Alianza Social Galega de apoio á Folga Xeral do 14N


DECLARACIÓN DE APOIO Á FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO
As organizacións e entidades que formamos parte da Alianza Social Galega subscribimos un manifesto fundacional no que rexeitamos as políticas de recortes sociais e de dereitos desenvolvidas polos Gobernos de Galicia e do Estado desde maio de 2010, que nos levan a un cambio de modelo social e, polo tanto, a unha sociedade máis inxusta e menos igualitaria. O empobrecemento masivo, a eliminación progresiva do dereito do traballo e o desmantelamento dos mecanismos e redes de protección social son políticas neoliberais que pretenden acabar co estado do benestar e esixen unha mobilización contundente.

A Alianza Social Galega acorda de maneira unánime, na súa reunión do 31 de outubro de 2012, sumarse á folga xeral porque comparte os seus obxectivos: rexeitamento á reforma laboral e aos recortes nas pensións, nas prestacións por desemprego e nos salarios e emprego público; contra a deterioración no ensino e a sanidade, a paralización da lei de dependencia, o repagamento farmacéutico, as privatizacións dos servizos públicos, a rebaixa nas restantes políticas sociais, o aumento do IVE, a amnistía fiscal, o desmantelamento dos nosos sectores produtivos básicos e, nomeadamente, do sector produtor agrario; e contra todas aquelas medidas que incidirán negativamente na actividade económica e no emprego, afondando na crise. As políticas de axuste tamén afectan aos traballadores e traballadoras autónomos, que sofren a suba do IVE e das retencións, a diminución da protección social e a falta de crédito así como o impacto das medidas de carácter xeral que provocan contracción do consumo na hostalería, no comercio e nos restantes servizos, prexudicando tamén as pequenas empresas.

Por todo o devandito, consideramos que existen razóns suficientes para secundar a folga xeral do 14 de novembro e facemos un chamamento á cidadanía a participar nela.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012

A Mesa pola Normalización Lingüística; ACSUR Galicia; Asemblea de Cooperación Pola Paz; Asociación Fuco Buzán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confederación Intersindical Galega (CIG); Confraría Pescadores Póboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGs; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega d Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galiza Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma Defensa Ensino Público; Plataforma Defensa Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa Ensino Público; Plataforma polo Emprego (Asociación); Plataforma Queremos Galego; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Nacional de CCOO de Galicia; Sindicato Traballadores e Traballadoras Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; Unión de Autónomos de Transporte Carretera e Mar; UGT Galicia; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade.


Enviado por:
Inacio Martínez

-inaciogz@gmail.com-
9 de novembro de 2012 13:40
________________

Auto-Convocatoria, para persoas e representantes do movemento asociativo de Ferrol, para organizar un apoio activo á Folga Xeral do 14N


Auto-Convocatoria, para persoas e representantes do movemento asociativo de Ferrol, para organizar un apoio activo á Folga Xeral do 14N

Día
: Sábado 10 de Novembro
Hora: 11:00 hs.
Lugar: local social da Asociación Veciñal de Esteiro

A principios de Outubro deste ano, as centrais sindicais CCOO, CIG e UGT, chamaban ao tecido social, veciñal, cultural, ..., para constituír unha Alianza Social Galega, ante a moi grave situación que estamos a padecer en Galiza, como consecuencia das decisións adoptadas polos gobernos de Madrid e Compostela, do dereitista Partido Popular que en forma de recortes públicos e de dereitos sociais e laborais, están saqueando os nosos bens, o noso patrimonio social, o noso tecido produtivo e económico, arruinando-nos como País e empobrecendo-nos como Pobo.

Na primeira reunión da Alianza Social Galega, participaron 60 organizacións sindicais e sociais, das máis representativas da Galiza.

Na primeira reunión, celebrada o 8 de Outubro, acordaron constituír a
Alianza Social Galega como un espazo plural e sectorial, de debate e acción, para a mobilización contra as políticas de recorte, para xerar o maior espazo de unidade e mobilización fronte aos recortes sociais e en dereitos, e na formulación de alternativas sociais fronte á crise.

Na segunda reunión celebrada 18 de Outubro, elaborou-se o Manifesto Fundacional que conten as principais propostas da Alianza.

Ademais das tres forzas sindicais promotoras, forman parte desta Alianza, outras organizacións sindicais; Sindicatos Agrarios; ONGs de diferente tipo;  entidades culturais, federacións de ANPAS, asociacións de autónom@s; asociacións e federacións veciñais; sindicatos e asociacións estudantís; plataformas como SOS Sanidade Pública; asociacións de afectados de diferentes tipo; entidades culturais; e outras.


Os obxectivos desta Alianza, non só se concentran na acción e mobilización, senón que tamén pretenden demostrar que hai alternativas á crise, ás actuais políticas e ao actual modelo.

O 31 de Outubro a Alianza Social Galega acordaba por unanimidade apoio a convocatoria de Folga Xeral do 14N, a través dunha Declaración Pública dirixida a todo o pobo traballador galego.

É por todo isto polo que na pasada Asemblea de Sentinelas do Mandato Popular, do 3 de Novembro de 2012, analizabamos no segundo punto da orde do día a convocatoria de Folga Xeral do 14N e o papel que esta Asemblea debería cumprir neste proceso. En todas as intervencións falouse do apoio á unidade sindical; de como afrontar a ofensiva de ameazas e represalias que as traballadoras e traballadores van sufrir no posto de traballo se queren secundar a convocatoria; da necesidade de incorporar a esta mobilización a autónomos, desempregados e desempregadas, e outros sectores sociais, que están a sufrir as consecuencias das políticas neoliberais, e de como non están aínda suficientemente explicadas as razóns para esta Folga. E acordou-se de tomar a iniciativa de solicitar dos sindicatos a convocatoria urxente na comarca da rede
Alianza Social Galega, para canalizar a colaboración e apoio aos sindicatos do movemento social e cumprir os obxectivos da Folga Xeral do 14N en Ferrol Terra.

Quedou encargada unha pequena comisión de persoas vinculadas ao movemento sindical de intentar que as centrais sindicais promotoras da Alianza Social, convocaran unha Asemblea da Alianza Social Galega en Ferrol Terra, para organizar un apoio activo á Folga Xeral do 14N. Os responsábeis das centrais sindicais, ao non poñer-se de acordo entre eles, rexeitaron a nosa proposta, e acordaron tratar o asunto de convocar a Alianza Social, para máis adiante. As centrais sindicais só van convocar unha Asemblea Informativa, para este luns 12 de Novembro, ás 6 da tarde, no Salón de Actos dos locais sindicais de CCOO de Ferrol, sitos no cruce das rúas María e Carmen.

Mais está promovida, por diferentes persoas integrantes do movemento asociativo e sindical da comarca, unha xuntanza en réxime de Auto-Convocatoria, para este Sábado 10 de Novembro, ás 11 da mañá, no local social da Asociación Veciñal de Esteiro, sito na Rúa Fernando VI, Bloque I baixo de Ferrol (Telef. 981933223).

PARTICIPA !!




Enviado por:
Asemblea Popular Alternativa
-asemblea.apoio.alternativa@gmail.com-
9 de novembro de 2012 13:40
_____________

A violencia machista arrebata unha nova vida na nosa Comarca, a Marcha Mundial das Mulleres convoca un acto de repulsa na Praza do Concello de Ferrol, hoxe venres, 9 de Novembro


Concentración en repulsa polo asasinato machista da nosa veciña Marisol

Diante dunha nova morte violenta contra unha muller, desta vez na nosa comarca, en Sedes (Narón), a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración de denuncia e repulsa en diferentes lugares da Galiza. En Ferrol, a Coordenadora Local, convoca hoxe Venres, 9 de Novembro de 2012, na Praza do Concello, ás 8 da Tarde.

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968
Coord. Ferrolterra: 696732735
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 671695968
Comunicaçom: 698159764

http://www.feminismo.info

 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:


____________

A C.N.T de Ferrol convoca folga para o 14 de Novembro

A C.N.T de Ferrol convoca folga para o 14 de Novembro

Para CNT o 14 de Novembro debe ser un paso máis cara a novas e máis contundentes mobilizacións, ata conseguir reverter as medidas antiobreiras dos distintos gobernos.

CNT veu traballando desde o día posterior á folga xeral do 29M por unha nova convocatoria de folga, e por unha campaña de mobilizacións xeneralizadas que vaian máis aló das convocatorias de 24 horas, e teñan a capacidade de conseguir a retirada da reforma laboral, das sucesivas reformas legais en favor da banca e a gran patronal.

Nese sentido CNT presentou unha convocatoria de folga propia e diferenciada na que chama a clase obreira da comarca, en activo ou en paro, a estudantes e xubilados a mobilizarse contundentemente contra as políticas antiobreiras do goberno e das institucións europeas, e a facelo de forma crítica co sindicalismo de concertación e pacto social, entendendo que esta convocatoria é un paso necesario pero non suficiente, e que necesitamos levantar, xunto a outras organizacións e colectivos anticapitalistas, as bases dun movemento social amplo e con capacidade de ir máis aló dos limitados obxectivos e medios que o chamado cume social propuxo.

Para CNT, é hora de ir a por todas e enfrontar de xeito decidido o ataque e o saqueo contra a clase traballadora. Afrontamos xa que logo esta convocatoria apostando pola unidade de clase, desde a base, na rúa e nos piquetes, co convencemento de que debemos levantala sobre prácticas distintas das do modelo sindical de concertación e pacto social, que demostrou repetidas veces que é incapaz de enfrontarse á a ofensiva xeneralizada do poder empresarial e financeiro que sufrimos.

CNT chama por iso, a desbordar o guión prestablecido do sindicalismo institucional o próximo 14N, dando á folga a contundencia e a extensión que a situación esixe, apostando desde o día seguinte pola continuidade das mobilizacións, cando xa desde o goberno prepáranse novas medidas contra a clase traballadora que satisfagan as esixencias do rescate das institucións financeiras.

8 de Novembro de 2012

Secretaria de Prensa e Propaganda.

C.N.T de Ferrol

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
ferrol@cntgaliza.org
-ferrol@cntgaliza.org
8 de novembro de 2012 22:40
_______________

A CIG pon en marcha un web específico para a xornada de paro xeral do 14-N


A CIG pon en marcha un web específico para a xornada de paro xeral do 14-N

Entrevista con Xesús Seixo sobra as causas da folga
Video-reportaxe "13 folgas xerais co sindicalismo nacionalista. A pola 14!"

A entrevista con Suso Seixo é un dos principais contidos da web que o sindicato vén de poñer en marcha para centralizar toda a información sobre a xornada de paro, na que tamén se poden atopar as respostas ás preguntas máis frecuentes sobre o dereito a secundala ou un repaso polas 13 folgas xerais nas que participou o sindicalismo nacionalista.

"O goberno español do PP decidiu arrasar os nosos dereitos, destruír millóns de empregos, causar pobreza, marxinalidade, deixarnos sen futuro. Todo para alimentar unha grande estafa. Non temos outro camiño como pobo e como clase traballadora. A folga xeral debe mostrar a nosa disposición de resistencia e de loita contra este saqueo".

Enviado por:

Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
9 de novembro de 2012 13:28
________

luns, novembro 05, 2012

O Movemento Social de Ferrol Terra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda realizou a súa segunda Asemblea

O Movemento Social de Ferrol Terra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda realizou a súa segunda Asemblea, onde analizou os resultados das pasadas eleccións galegas do 21O, acordou un apoio activo á Folga Xeral do 14N e decidiu como se autoconvoca.

Crónica aproximada da II Asemblea Popular do Movemento Social de Ferrol Terra

A II Asemblea Popular do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio á coalición de Alternativa Galega de Esquerda, reuniu no Auditorio de Narón a 72 persoas vinculadas aos movementos veciñais, sindical, feminista, ecoloxista e cultural. Unha asemblea que comezou elixindo ás dúas persoas, un home e unha muller, que coordinaron o desenvolvemento da mesma, que transcorreu desde ás oito da tarde ás dez da noite.

1º No primeiro punto da orde do día figuraba a análise dos resultados electorais. Todas as intervencións lamentaban non ter conseguido o primeiro dos obxectivos da coalición que era ter arrincado a maioría absoluta ao PP. Mais tamén se sinalaba que esta maioría absoluta se tiña acadado con tan só o 24% dos votos posíbeis, ao que hai que sumar a perda de mais de 135.000 votos, ao respecto das pasadas eleccións galegas celebradas en 2009. Todos estes factores, fan que o próximo goberno da Xunta parta de escaso apoio popular (unha minoría dunha persoa de cada catro). Comentouse tamén a perda de apoio dos partidos da oposición (Psoe-Bng), mais de 350.000 votos que, ademais da febleza da súa oposición na anterior lexislatura, sumaron, nas formas na campaña electoral, cunha homologáción co PP, sendo este o maior beneficiado. Sinalouse tamén a nosa incapacidade para conectar cos mais de 70.000 votos nulos e brancos que mostraron doutro xeito a indignación cidadá, e a incapacidade para frear o aumento da abstención (Dos case medio millóns de votos que perderon os partidos que se sentaban nas bancadas do Horreo, a grande maioría foron para a abstención e o voto nulo e branco).

Resaltáronse os valores da Alternativa Galega de Esquerda que fixeron posible os resultados tan positivos en tempo récord de: a xenerosidade para unirse as catro formacións políticas; a activación dun sector da cidadanía máis consciente en apoio ao proxecto; o papel das redes sociais para canalizar ese apoio e amplificar a mensaxe; o papel de Beiras, xunto a moitas outras persoas, que souberon explicar o proxecto de AGE, que é moito máis que unha proposta programática.

En todas as intervencións insistíase na necesidade de afortalar e ampliar a coalición; de constituír, o grupo parlamentar, como un poder obediente á cidadanía e á súa expresión organizada, os movementos sociais; de non defraudar ás esperanzas da cidadanía e construír as ferramentas que posibiliten a organización popular ao redor deste proxecto.

2º No segundo punto da orde do dia analizouse a convocatoria de Folga Xeral do 14N e o papel que esta asemblea debera cumprir neste proceso. En todas as intervencións falouse do apoio á unidade sindical; de como afrontar a ofensiva de ameazas e represalias que as traballadoras e traballadores van sufrir no posto de traballo se queren secundar a convocatoria; da necesidade de incorporar a esta mobilización a autónomos, desempregados e desempregadas, e outros sectores sociais, que están a sufrir as consecuencias das políticas neoliberais, e de como non están aínda suficientemente explicadas as razóns para esta Folga.

Aprobouse a iniciativa de solicitar dos sindicatos a convocatoria urxente na comarca da rede Alianza Social Galega, para canalizar a colaboración e apoio aos sindicatos do movemento social e cumprir os obxectivos da Folga Xeral do 14N en Ferrol Terra. De efectivizar este acordo quedou encargada unha pequena comisión de persoas vinculadas ao movemento sindical.

3º Por último acordouse que as persoas que convocaron esta segunda asemblea, xunto ás que se sumaron na propia asemblea, fagan, despois do 14N unha nova convocatoria.

Narón, a 2 de novembro de 2012

A Comisión para convocar a seguinte Asemblea quedou constituída por:

Rafael Pillado, Lupe Ces, Suso Díaz, Elena Casal, César Pena, Lucia Vizoso, Miguel López, Carlos Varela, Suso Pazos, Lalán, Alexandre Carrodeguas, André M. Ces, Daniel A. Martínez, Marcelo R. Serantes, Pablo Portero, Paula Meizoso, Inácio Martínez e Mel Sanxoan.

***
Nota 1.- Esta Comisión tería só por obxecto: acordar día, hora e lugar da vindeira Asemblea, fixar os seus obxectivos  e elaborar a proposta de orde do día.

Nota 2.-Quen observe que se omitiron, ao seu parecer, asuntos significativos tratados na Asemblea que faga a súa contribución enviando un correo a:

asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

--

ASEMBLEA DE SENTINELAS DO MANDATO POPULAR

Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda

Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com

**

Enviado por:
Asemblea Popular Alternativa
-asemblea.apoio.alternativa@gmail.com-
3 de novembro de 2012 19:57
_________________

sábado, novembro 03, 2012

Temos a enerxía para combater o cambio climático, ... Por Amy Goodman


Por Amy Goodman [*]
03.11.2012


Millóns de vítimas do furacán Sandy quedáronse sen enerxía eléctrica, pero aínda teñen a enerxía para enfrontar o cambio climático. Os medios omiten sistematicamente o vínculo entre os eventos climáticos extremos e o arrequecemento global. Como consecuencia desta catástrofe, a xente estase dando conta, cada vez máis, de que o clima cambiou e que as consecuencias diso son nefastas.

O Dr. Jeff Masters, meteorólogo fundador do sitio web de meteorología Weather Underground, é a excepción á regra. Mentres Sandy azoutaba a Costa Este de Estados Unidos, pregunteille a Masters achega do impacto que ten o cambio climático nos furacáns. "Cando aumenta moito a temperatura dos océanos, hai máis enerxía con potencial destrutivo. Os furacáns toman a calor do océano e convérteno na enerxía cinética dos seus ventos", afirmou.

O blog de Masters tivo tanto éxito que foi adquirido pola cadea The Weather Channel. Mentres o furacán Sandy avanzaba pola costa cara ao norte, Masters dicíame: "Ao aumentar a temperatura dos océanos, a tempada de furacáns faise máis longa. Na última década houbo sobradas probas de que a tempada de furacáns estase facendo cada vez máis longa, comeza antes e termina máis tarde. Entón é máis probable que se produza unha situación deste tipo, na que unha tormenta de finais de outubro atópase cun sistema de baixa presión típico do inverno e prodúcese esta inusual combinación do choque entre unha forte tormenta que vén do nordés do continente e un furacán que vén da costa. Isto provoca todo tipo de efectos destrutivos".

Mitt Romney debe estar arrepentido de realizar o seguinte comentario sarcástico durante o seu discurso na Convención Nacional Republicana, días despois de que o furacán Isaac estivese preto de azoutar Tampa, Florida, onde se desenvolveu o evento: "O Presidente Obama prometeu que frearía o aumento do nivel dos océanos e que curaría ao planeta. Eu prométolles que os axudarei a vostedes e ás súas familias". Romney sacoulles unha gran gargallada a quen estaban presentes para nomealo como candidato á presidencia. Ninguén se está rindo agora. As vítimas fatais do furacán Sandy en Estados Unidos ascenden a máis de 98, e 8 millóns de persoas quedáronse sen electricidade. Os cálculos iniciais estimaron o custo do dano en decenas de miles de millóns de dólares.

Esta recente postura de Romney con respecto ao cambio climático non é para nada sorprendente, xa que é coherente co seu xiro á dereita, que marca un afastamento das súas posicións anteriores. En 2007 dixo no programa de CNBC -Kudlow and Company: "Pero hai algo acerca do que non teño dúbidas, o planeta estase quentando e hai moitos motivos para utilizar menos enerxía e facelo ademais en forma máis eficiente e para desenvolver as nosas propias fontes de enerxía no país que nos permitan ser máis independentes das fontes estranxeiras".

Tampouco deberiamos restarlle responsabilidade ao Presidente Barack Obama. Recorden os debates presidenciais, onde fixo alarde de ser un promotor dos combustibles fósiles. "A produción petroleira está en aumento, a produción de gas natural está en aumento", afirmou no segundo debate, realizado na Universidade de Hofstra. "Apoio os oleodutos e a produción petroleira". O cambio climático non foi mencionado en ningún dos debates presidenciais, nin sequera unha vez, nin polos candidatos á presidencia dos principais partidos, nin polos moderadores do debate.

Masters atribúe a falta de debate ao poderoso lobby da industria dos combustibles fósiles: "Estámonos referindo ao sector do gas e do petróleo...practicamente a base da economía industrializada. Con este tipo de tormentas, a xente espabilará algún día e dirá: 'Que está ocorrendo ...Quizá non deberiamos xogar coas forzas que fan posible que vivamos no planeta Terra'. ... É necesario que empecemos a pensar na auto-preservación canto antes. Isto é tan só o comezo. Estamos en 2012, que sucederá en 2030 se xa estamos sendo testemuñas de tormentas como esta?"

ThinkProgress analizou 94 noticias publicadas nos principais xornais na semana previa á gran tormenta. O cambio climático non foi mencionado nin unha soa vez. Un informe de 600 páxinas publicado en novembro de 2011 pola Autoridade de Investigación e Desenvolvemento Enerxético do Estado de Nova York avalía en detalle os posibles efectos do cambio climático en cada aspecto do estado. O resumo brinda unha longa lista de desastres que probablemente afecten ao Estado de Nova York nos próximos anos: de inundacións a secas, do aumento do nivel do mar que provocará o desprazamento de comunidades enteiras á inundación de todo o sistema de trens subterráneos da cidade de Nova York. Sóalles coñecido?

Mentres se restablece a enerxía ás millóns de persoas que quedaron sen electricidade, hai unha enerxía que non nos poden quitar. Trátase do poder de decidir, en particular agora que se achegan as eleccións: que o problema do cambio climático e o que podemos facer respecto diso xamais volva excluírse do debate nacional.

Publicado o 2 de Novembro de 2012 en Democracy Now!

Denis Moynihan colaborou na produción xornalística desta columna.

© 2012 Amy Goodman

Texto en inglés traducido por Mercés Camps. Edición: María Eva Blotta e Democracy Now! en español, spanish@democracynow.org

Amy Goodman é a condutora de Democracy Now!, un noticiario internacional que se emite diariamente en máis de 550 emisoras de radio e televisión en inglés e en máis de 350 en español. É co-autora do libro "Os que loitan contra o sistema: Heroes ordinarios en tempos extraordinarios en Estados Unidos", editado por Le Monde Diplomatique Cono Sur.

-Audio en español-
_____________

Texto traducido, ao Galego, por Ártabra 21, apoiando-se nos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.  

Enlaces de interese:
Enviado por:
"Democracy Now!"
-boletin@democracynow.org-
2 de novembro de 2012 22:18

____________

O Colectivo de Cidadáns 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos' dá por rematado o traballo comunitario de recuperación do Castelo de San Cristovo


Traballo rematado na Batería de San Cristovo por parte do Colectivo de Cidadáns 'Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos'

Tal como anunciamos, damos por finalizadas os labores de limpeza na Batería de San Cristovo. Os traballos nesta fortaleza consistiron na limpeza do miradoiro exterior, interior da fortaleza, limpeza de muros, roza dun corredor circundante, e amoreado da maleza.

A pesar de dar por finalizadas as xornadas de traballo en San Cristovo, vari@s compañeir@s do colectivo seguirán asistindo días alternos por semana co fin de erradicar por completo a hedra dos muros.

O próximo sábado comezaremos a recuperación doutro espazo público de Ferrol en estado de abandono.

Malia a apatía e desconsideración demostrada por parte do goberno municipal, pois non obtivemos resposta ao noso escrito entregado por rexistro, nin retiraron os restos de maleza que solicitamos, non desistiremos no noso empeño de parar o despilfarro previsto para a Praza de España de 700.000 euros de diñeiro público, queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación dá natureza, paraxes e patrimonio dá cidade, á parte de xerar un beneficio adicional para o comercio dá nosa cidade, que ben necesitado que está.

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os teléfonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
________________

Altos cargos da Xunta con 'carrito', e non como Gordillo


O mércores 24 de outubro en 'La Voz de Galicia' na sección' 'El pulso de la ciudad' , asinada por Pablo Portabales, aparecía a seguinte noticia:

"Imaxínense, coa que está caendo, ter unha chea de fillos. É o caso da familia Vidal-Pardo Lado, que teñen tres nenos pequenos, e que onte recibiu no Hipercor de Marineda unha axuda en forma de carro da compra con produtos de primeira necesidade cedidos por empresas da comunidade e valorado en 300 euros. Todo grazas ao programa obxectivo 2000, posto en marcha polo Corte Inglés e AGAFAN (Asociación Galega de Familias Numerosas)".

Dado as penurias que está pasando a maioría da poboación, unha congratúlase do premio, aínda que vendo a foto non se sabe quen é o afortunado e quen o representante do Corte Inglés. A cousa cambia se se descobre que os agraciados son nin máis nin menos que José Vidal Pardo, Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, e a súa esposa Cayetana Lado Castro-Rial Directora Xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, non baixan entre ambos dos 8.000 euros mensuais.

Con información deste tipo non é de estrañar que a prensa estea en crise, o incríbel é que non entre en barrena. Alguén dixo que non hai que deixar que a realidade estrague unha boa historia, niso estaría pensando o autor ao dar semellante información. Ler o xornal ultimamente é entrar nunha realidade Matrix total.
Chama tamén a atención que con millóns de parados, lles vaia a tocar o carriño a altos cargos da Xunta, están tocados polos deuses.

De vivir Luís Carandell seguro que incluiría a noticia na súa Celtiberia Show.

Outros cargos de José Vidal- Pardo
http://es.linkedin.com/pub/francisco-vidal-pardo/49/953/1

Perfil de Cayetana Lado Castro- Real
http://es.linkedin.com/pub/cayetana-lado-castro-rial/56/aa9/22b
http://www.pladesemapesga.com/index.php?name=News&file=article&sid=39819
http://www.semanaverde.es/html/es/institucion-ferial/patronato.html

Recomendamos ir ao Blogue de Ángeles García Portela, onde está a noticia orixinal, onde hai interesantes comentarios. Como tamén nas webs onde se reproduce a noticia, con interesantes comentarios:
http://exvoz.canalblog.com

http://www.galiciaconfidencial.com

Fonte: angelesgarciaportela.com
________________

Oposición veciñal a que un edificio público, o Antigo Hospicio, reconstruído na súa totalidade con diñeiro público, se ceda, en parte, para unha Asociación de Empresarios


Desde a Asociación Veciñal de Esteiro queremos manifestar a nosa total oposición a que un edificio público, o Antigo Hospicio, reconstruído na súa totalidade  con diñeiro público, se ceda, en parte, para unha Asociación de Empresarios, que non puxo nin un euro para a súa rehabilitación que foi sufragada pola Xunta de Galicia, Deputación da Coruña , Concello de Ferrol e o Plan Urban. As condicións de cesión non se saben, cando menos non son  públicas, nin por canto tempo, nin a que prezo. Tamén se lle van a subvencionar os cursos que se impartan por parte de esa Asociación de Empresarios?. Nos cursos que se impartan hai compromiso de colocación para os asistentes que superen o curso?. Por qué esa Asociación de Empresarios non aluga un local, dos moitos que hai baleiros e imparte neles os cursos? Onde foi o proxecto de facer o Centro de Formación de Hostalería na Feira de Mostras?. Pensa o Concello de Ferrol ceder este ou outros locales públicos a outras Asociacións de Empresarios?.

Mentres se cede unha parte dun edificio pùblico a  Asociación de Empresarios de Hostalería (por definiciòn con ánimo de lucro) se crea un conflito co Ateneo Ferrolán, ocupando unha parte do seu local coa Asociación de Veciños do Centro e coa Sociedade Artística Ferrolán. Quen o entende? Por que, en lugar de cederllo a Asociación de Empresarios de Hostalería, que repetimos non puxeron nada para a súa rehabilitación, non se lles cede a estas dúas entidades, ou a  outras moitas entidades de carácter social, sen ánimo de lucro que non teñen aínda local para desenvolver as súas actividades?. Vaise privatizar a xestión do antigo Hospicio como se fixo co Jofre, Torrente, etc.?

Reiterar a nosa oposición total a esa cesión.

http://www.lavozdegalicia.es/

http://www.diariodeferrol.com

Xunta Directiva da AV de Esteiro



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/




Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
2 de novembro de 2012 17:43

_____________

Enlace de interese:

PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO ANTIGO HOSPICIO MUNICIPAL SITUADO NO BARRIO DA MAGDALENA
________________

Con Reganosa de fondo: un camión cisterna cargado con gas explota e deixa 22 mortos e 111 feridos en Riyadh, capital de Arabia Saudí


Ante estes sucesos é inevitábel lembrar que da Planta de Gas de Reganosa, en Mugardos, sae un tráfico frecuente de camións cisterna, que atravesan unha comarca densamente poboada. Unha ameaza máis, como o tráfico dos gaseiros na Ría, por mor da localización ilegal da Planta, perigo permanente para toda a cidadanía da comarca.

Destacamos que oito concellos da Galiza utilizan plantas satélite de GNL, ás que o combustible chega por medio de camións cisterna cargados en Mugardos. Dos máis de 2.000 camións que xa levan saído da terminal de Mugardos, dous terzos deles foron para fora de Galiza. Todo este tránsito de camións cisterna entraña un grave perigo.

O pasado 23 de Abril, tivo que ser cortada a autovía A-6 n'As Nogais ao envorcar, un camión cisterna cargado de gas natural licuado -LNG-GNL que ía en sentido de Madrid, procedente do cargadeiro de cisternas de Reganosa, en Mugardos. O tránsito foi desviado á estrada N-VI. Foron mobilizados, os Bombeiros de Sarria e o Grumir de Becerreá, ante unha pequena fuga que presentaba a cisterna. Ademais foron desaloxadas varias casas e cortada a autovía nos dou sentidos, segundo informacións do sevizo de emerxencias 112 que foi o recibiu o aviso do envorco do camión no quilómetro 441 da A-6 ao seu paso polas Nogais, preto da entrada do túnel de Doncos. O cinturon de seguridade foi de 600 metros.


En Riyadh, capital de Arabia Saudí: Vinte e dúas persoas morreron e 111 resultaron feridas

O estalido tras o choque afectou a un viaduto, multitude de vehículos e varias casas de Riyadh. en  Arabia Saudita


Vinte e dúas persoas morreron e 111 resultaron feridas, segundo a información dun responsable da Defensa Civil, logo de que nun accidente de estrada en Riyadh un camión tanque que transportaba gas explotou logo de chocar contra unha das estruturas dunha ponte.

O balance da explosión na capital de Arabia Saudita e tamén a cidade máis activa comercial e economicamente do país, "elevouse a 22 mortos e 111 feridos", declarou o responsable.

Un balance anterior, obtido de fontes da Defensa Civil, informaba de 14 mortos e 60 feridos neste accidente que se produciu nunha estrada do leste da capital saudita.

O portavoz da Defensa Civil en Riyadh, Mohamed al Hamadi, citado pola axencia oficial SPA, explicou que a explosión tivo lugar logo dunha fuga de gas do camión tanque, provocada polo accidente.

"Unha explosión e un incendio producíronse logo dunha fuga de gas que se propagou polo sector. Rexistráronse importantes desfeitas, ademais de varios accidentes de estrada", engadiu Hamadi, quen aduciu que ademais dos falecidos había "varias vítimas" con múltiples feridas.

Hamadi indicou que un área próxima, onde había maquinaria de construción, resultou severamente danada.

"Debido a un accidente de estrada, un camión tanque que transportaba gas incendiouse", logo de "chocar contra unha ponte", indicara antes á AFP unha fonte dos servizos de seguridade sauditas.

"É normal que a explosión dun camión tanque que transporta carburante incendie todo o que lle rodea", engadiu esta fonte.

Un fotógrafo da AFP puido comprobar que os equipos da Defensa Civil evacuaban a dous corpos carbonizados no lugar do incendio.

Un primeiro reporte contabilizou en decenas os coches que quedaron danados logo de haberse incendiado.

A explosión alcanzou tamén aos edificios próximos que resultaron seriamente danados.

Segundo as testemuñas, no momento do accidente un autobús prendeuse lume e quedou bloqueado na metade dunha ponte, mentres que un camión caeu do viaduto debido ao estalido, indicaron testemuñas.

En Riyadh, poboada por cinco millóns de habitantes, o panorama que deixou o estalido devolveu á memoria dos seus habitantes o recordo dun pasado de guerras.

O viaduto foi pechado temporalmente á circulación, logo de que o impacto desestabilizou a súa estrutura, mentres que os barrios situados ao redor do estalido ofrecían unha imaxe desoladora con vehículos danados ou queimados e restos de cristais, pedras e metais regados polo chan.

Diversas fontes: expreso.ec, teinteresa.es, edition.cnn.com (fotos e vídeo), gmanetwork.com.


Enlace de referencia:

Ártabra 21: Accidente dun camión cisterna cargado con gas natural licuado LNG/GNL, na autovia A-6 no termino municipal de As Nogais - O Camión procedía da Plante de Gas de Reganosa, en Mugardos

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
2 de novembro de 2012 20:21
______________

xoves, novembro 01, 2012

Convocatoria da II Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda - Venres 2 de Novembro - Auditorio da Praza de Galicia do Concello de Narón

II Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda

O pasado 28 de setembro, o Centro Cívico Carvalho Calero, acollía a celebración dunha asemblea de cidadáns e cidadás, activistas do movemento social de Ferrolterra, en apoio á candidatura de Alternativa Galega de Esquerda.

Como resultado desta asemblea, asinábase un manifesto onde, ademais de amosar as razóns deste apoio, a propia asemblea convertíase en sentinela do mandato popular.

Criábase así un espazo de reflexión e activismo político, fora das estruturas das organizacións políticas, de participación directa da cidadanía e confluencia das distintas opcións e visións que apoian a Alternativa Galega de Esquerda.

As persoas abaixo asinantes, que participamos nesta primeira Asemblea, tomamos a iniciativa de convocar unha segunda Asemblea no Auditorio da Praza de Galicia do Concello de Narón (situado na mesma praza onde está o Centro de Saúde, a mesma Casa do Concello e enriba dun centro comercial), para o venres 2 de novembro ás 20hs, coa seguinte orde do dia:
  1. Análise dos resultados electorais e perspectivas de futuro.
  2. A Folga Xeral o 14 de novembro.
  3. Propostas de auto-organización da Asemblea do Movemento Social.
En Ferrol, a 27 de outubro de 2012

Asinan esta convocatoria: Rafael Pillado, Lupe Ces, Suso Díaz, Elena Casal, César Pena, Lucia Vizoso, Miguel López, Suso Pazos, Lalán, Alexandre Carrodeguas, André M. Ces, Daniel A. Martínez, Marcelo R. Serantes, Pablo Portero, Paula Meizoso, Inácio Martínez, ...

ESPALLA E DIFUNDE !!

Contacto:

ASEMBLEA DE SENTINELAS DO MANDATO POPULAR

Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio á candidatura da Alternativa Galega de Esquerda

Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com
---

Concentraçom em Ferrol - Sílvia em Liberdade - A Audiência Nacional ordena ingresso em prisom para Júlio


Na manha do 1 de novembro o independentista detido esta semana numha montagem policial, sem precedentes nos últimos tempos, passou a declarar diante do juíz Eloy Velasco, quem ordenou o seu ingresso em prisom sem fiança. Júlio foi trasladado á prisom de Soto del Real. A incomunicaçom prolongou-se até a declaraçom diante do juíz, onde nom puido estar presente o seu avogado, e na que nom declarou.

Segundo nos relataron os avogados das pessoas detidas, a prova pola que enviam á prisom ao Júlio é umha carta que aparecera num registro policial num domicílio na operaçom do 30 de novembro do pasado ano. Este documento está escrito a mám, e aínda que nom está asinado mais que pola legenda DMQE (denantes mortos que escravos), é atríbuido pola investigaçom ao Júlio. Neste texto, supostamente segundo a versom policial, se relatava o estado das contas de Resistência Galega naquela altura.

Montagem policial

Neste caso, e já que sería escandaloso de mais que, depois da operaçom policial, ficaram as dúas pessoas detidas em liberdade, o Júlio é enviado a prisom, por ser o suposto autor desta missiva.

Liberdade sem fiança para Silvia

Silvia declarou também esta manha diante do juíz, que lhe mantém a imputaçom de colaboraçom com banda armada, mas é mui provável que na próxima semana deixe de estar imputada neste processo judicial.

Os dous independentistas relatarom-lhes aos avogados que o trato fora correcto nas dependencias policiais, mas no traslado de carro de Ferrol a Madrid, a Silvia figérom-lhe um interrrogatorio agresivo as policias que a acompanharom na viagem, submetendo-a a pressom psicológica, e ameaçando-a co seu ingresso em prisom.

Umha prova mais da montagem policial é o facto de que na noite da detençom de Silvia e Júlio, os Policias lhe advertiram a Silvia que colhera cartos para o autocarro ou comboio de volta desde Madrid. Isto mostra que desde o primeiro momento conheciam a febleza das suas acusaçons neste caso.

Fonte: galizalivre.org

Hoje, Quinta-Feira, 1 de Novembro, às 20:00 horas concentraçom na Praça Amada Garcia, de Ferrol, dinte do edifício administrativo da Xunta de Galicia, para fazer-lhe um recebimento a Sílvia e pedir a liberdade para Júlio. Acto organizado por Ceivar.

Enviado por:
Inacio Martinez
-inaciogz@gmail.com-
1 de novembro de 2012 18:15

_______________