martes, marzo 26, 2013

As traballadoras e traballadores de FIMO Ferrol levan sete meses sen cobrar - FIMO pertence á Cámara de Comercio e ao Concello de Ferrol - Acción de protesta diante do Pazo Municipal


As traballadoras e traballadores solicitaran a principios do pasado outubro unha xuntanza co grupo de goberno do Concello ferrolano, pero esta non se levou a cabo pola falta de vontade política. O Concello non fixo efectiva a aportación económica deste ano , pese a ostentar o 45% do conxunto de accionistas, fronte ao 55% que ten a Cámara de Comercio, que xa leva 2 anos sin aportar nin un euro.

Denuncian a privatización de feiras, que serían rentables para poder paliar a actual situación que padecen, pero parece que prefiren darlle as ganancias a empresarios amigos.

Ademais das débedas cos traballadores/as en activo, FIMO ten que facer fronte ás tres sentenzas xudiciais perdidas a favor de tres dos cinco despedidos da entidade.

Enviado por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
26 de março de 2013 15:21
http://ferrolsuso.blogspot.com/
_____________

As falsas polarizacións, ... Por David Rodríguez

" ... non hai mudanza sen sociedade civil organizada e coñecedora da súa forza, é dicir, sen suxeito político consciente e articulado ... "

De entre as trifulcas máis recorrentes no seo do bizantinismo interno da esquerda política ningunha é tan aborrecida e habitual como aquela que establece a polarización ideolóxica dentro da organización entre unha pola gradualista socialdemócrata e outra vangardista revolucionaria. Estas foron, co permiso dos libertarios, as dúas grandes estratexias históricas da esquerda, polo menos en Europa, para transformar politicamente a realidade.

A estratexia vangardista revolucionaria triunfou, á hora de tomar o poder e dirixir o Estado, na revolución do 1917; pero a incapacidade de levar á práctica as promesas dun mundo mellor chegaría ao paroxismo co colapso da URSS en 1989. Por outra banda, a imposibilidade de que a revolución se propagase tamén por Europa occidental demostrou, xa naquel incipiente século XX, que a experiencia rusa sería máis unha excepción ca unha norma.

A estratexia socialdemócrata conseguiu os seus propios triunfos, sobre todo despois da segunda guerra mundial e en boa medida pola existencia como ameaza xeopolítica e polo de atracción utópico para as clases traballadoras occidentais da Unión Soviética, pero este triunfo provocou a condición de posibilidade da súa propia derrota futura: a integración material e ideolóxica das clases traballadoras no capitalismo. Derrota hoxe incuestionable cando asistimos ao espectáculo patético que ofrecen uns partidos socialdemócratas impotentes para evitar o desmantelamento do estado do benestar.

E é que como dicía o historiador Josep Fontana nunha entrevista recente:
"Rematou unha época, a da vella política máis ou menos socialdemócrata, nas que as cousas se negociaban. É difícil darse de conta de ata que punto, durante 200 anos houbo efectivamente uns medos que xustificaron que quen tiñan os recursos nas súas mans aceptasen negociar. Eran uns medos irracionais. Pero eran medos. Agora, a exixencia á xente para que baixe os seus soldos estase a converter nunha cousa sistemática. Rematou negociar. Decidiron que as cousas teñen que mudar e que imos a un proceso de crecemento da desigualdade".
Pero se esas categorías que hoxe polarizan absurdamente ás esquerdas políticas non son máis ca falsas polarizacións produto da incapacidade da propia esquerda para pensarse de xeito crítico a si mesma, cales son as categorías que deberían actuar coma verdadeiros estremos polarizantes na vida interna das organizacións? Na miña opinión a polarización real no seo da esquerda política radica nestas dúas contraposicións:

A primeira, a que se dá entre os que saben que non hai mudanza sen sociedade civil organizada e coñecedora da súa forza, é dicir, sen suxeito político consciente e articulado, e os que pensan que, sexa na modalidade reformista socialdemócrata ou sexa na modalidade vangardista revolucionaria, é posible seguir a exercer de representantes sen representados. De vangarda sen masas. De partido sen movemento.

A segunda das contraposicións é aquela que se dá entre os que apostan pola democracia radical no seo das organizacións e os que seguen a concebir estas coma coutos pechados, a modo de altos mandos militares, nos que pairan pequenos grupos dirixentes e fontaneiros de medio pelo. Nesta cuestión é especialmente absurda a contraposición entre reformistas e revolucionarios se tanto dentro dos herdeiros dunha tradición como nos da outra é posible atopar inimigos da democracia radical, dos liderados compartidos, da toma de decisións colectivas, da socialización da información e da apertura total á participación social.

O Funambulista Coxo

Publicado o 24 de Marzo de 2013 no blogue ofunambulistacoxo.blogspot.com.

Ártabra 21: David Rodríguez: Palabras para a guerra en curso - Retomando a Palabra (Libro) - Descarga: David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
______________

O escrache é ilegal, violento e eu non querería sufrilo, vale, e que? , ... Por Isaac Rosa

Por Isaac Rosa [*]
26.03.2013

O escrache é ilegal, é violento, e eu non querería que ninguén mo fixese a min na miña casa. Tres obviedades que non merecen que lles dediquemos nin un minuto, e con todo levamos varios días entrando ao trapo de quen queren levar o debate ao seu calello sen saída para tourearnos con facilidade.

Non merecen un minuto, así que lle dedicarei medio: o escrache é ilegal e violento como o é calquera acción de protesta que se salga do formato "manifestación autorizada e que se disolve á súa hora": é ilegal e violento como ilegal e violento era acampar en Sol, rodear o Congreso, parar desafiuzamentos, ocupar bancos ou montar piquetes na folga.

De modo que, ante a repetida acusación de ilegalidade e violencia, antes que seguirlles o xogo e entrar a discutir si é máis violento poñer pegatinas ou botar pola forza a unha familia da súa casa, ou si é máis ilegal un escrache que un desafiuzamento baseado nunha lei abusiva, habería que contestar: "si, o escrache é ilegal e é violento, e que?"

O terceiro argumento co que acurralan aos prol-escrache é tamén tramposo: gustaríache que cho fixesen a ti? Cada vez que un político ou un tertuliano móstrase comprensivo cos escraches, lánzanlle o mesmo dardo: gustaríache que os antiabortistas plantásense ante a túa casa con megáfonos e cacerolas e perseguísenche pola rúa? Aquí tamén, no canto de perder o tempo en desmontar ese tipo de comparacións, habería que contestar: "non, non me gustaría, e que?"

En realidade os activistas, os desafiuzados e quen loitan con eles, non teñen este tipo de dúbidas: eles sempre contestaron "e que?" Aínda que ás veces entren ao trapo, non perden moito tempo en discutir con quen sempre levan as de gañar pois xogan con cartas marcadas. Simplemente actúan.

Somos outros os tiquismiquis, os que á frase "eu comprendo os escraches" engadimos sempre algunha coletilla: "sempre que sexan pacíficos", "sempre que respecten o domicilio privado", "sempre que teñan coidado cos fillos", "sempre que non molesten aos veciños"... Somos outros, quen nunca habemos ter medo de que nos boten de casa e por iso instintivamente empatizamos máis co malestar do deputado sitiado que co sufrimento da familia desafiuzada. Somos outros, quen non fomos aínda moi golpeados pola violencia económica e por iso espántanos calquera cousa que alguén etiquete de violento.

Pero gústenos ou non, fai tempo que nesta partida alguén deu un puñetazo sobre a mesa, cambiou as regras e rompeu a baralla. E non foi a PAH. Ao contrario, os antidesafiuzamentos non empezaron polos escraches, senón que antes de chegar ata aquí subiron todos os chanzos previos: confianza no sistema (que os deixou tirados), denuncias nos xulgados (pero a lei hipotecaria os desamparaba xudicialmente), peticións aos gobernantes (oídos xordos), manifestacións (ignoradas ou reprimidas), paralización de desafiuzamentos (recibindo a cambio máis policía), recollida de firmas e presentación dunha ILP (que o PP resistiuse a admitir a trámite, e pensa rexeitar), e agora, logo de consumir todos os cartuchos anteriores, o escrache.
Son eles, quen responden "e que?", os que agora se arriscan a sufrir un escrache moito máis potente: o tridente político, policial e mediático que nos próximos días acosará á PAH, a criminalizará e manipulará, e non cesará ata ver a Ada Colau entrar esposada na Audiencia Nacional.

Publicado en ZonaCrítica de eldiario.es.

[*]Isaac Rosa Camacho -Sevilla, 1974, é escritor e activista de esquerdas. Anque naceu en Sevilla, viveu en Extremadura e agora reside en Madrid. Publicou as novelas "La malamemoria" (1999), posteriormente reelaborada en "¡Otra maldita novela sobre la guerra civil!" (2007), "El vano ayer" (2004) e "El país del miedo" (2008). Con "El vano ayer" obtivo o Premio Rómulo Gallegos (2005), o Premio Ojo Crítico e o Premio Andalucía de la Crítica, e foi levada ao cine por Andrés Linares co título de "La vida en Rojo". A súa última novela, "El país del miedo", recibiu o Premio Fundación José Manuel Lara á mellor novela de 2008. Isaac Rosa. Tivo o honor de remplazar a Javier Ortiz na columna que publicaba no xornal "Público" logo do seu pasamento. Agora colabora co xornal dixital eldiario.es. Outras obras: "Adiós muchachos" (1998, teatro), "El ruido del mundo" (1998, novela), "Kosovo. La coartada humanitaria" (2001, ensaio), ...
________________

O Foro Social Mundial deste ano realizarase desde o 26 e até o 30 de marzo na capital tunisiana, onde naceu a chamada Primavera Árabe. Paralelamente tamén se realizará a terceira edición do Foro Mundial de Medios Libres

Un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario

Hoxe comeza o Foro Social Mundial en Tunez. O FSM, xunto ao movimento 15M, é o encontro mundial que inspira ao movimento social desta comarca que tece a Rede Social de Ferrol Terra, cos seus tres alicerces básicos: o Encontro Social, o Foro Social e a Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Desde hai ano e medio, desde setembro de 2011, que foi cando realizamos a primeira edición do Foro Social de Ferrol Terra, comezamos unha andaina de organización da sociedade civil no ámbito comarcal. Inspirando-nos na Carta de Principios do FSM, comezamos a organización en rede do movimento social que compartilla no fundamental conceptos, prácticas e principios  que fomos tecendo e asimilando na construción da rede. A práctica e demanda da democracia participativa; a defensa da democracia radical; o exercicio da toma de decisións de forma colectiva; a horizontalidade e as asembleas e espazos abertos; o compartillar e socializar a información; as políticas en defensa da liberdade, de transparencia, e das de colaboración e cooperación; a promoción da economía social e o cooperativismo; as relacións solidarias e o compartir recursos e coñecementos; o apoio mutuo; a defensa do medio natural e a soberanía alimentaria; a defensa dos espazos públicos para uso e goce da cidadanía; o dereito a unha vivenda digna e a defensa da sanidade, ensino e servizos públicos; o construtivismo social e o que se chama construción do Socialismo do Século 21, en toda a súa diversidade, son as bases sociais e políticas, nas que se asenta a rede social na que participa o Colectivo Ártabra 21.


O Foro Social Mundial deste ano realizarase desde o 26 e até o 30 de marzo na capital tunisiana, onde naceu a chamada Primavera Árabe. Paralelamente tamén se realizará a terceira edición do Foro Mundial de Medios Libres

Máis de 30 mil persoas pertencentes a unhas 4.600 organizacións sociais, políticas e alternativas, de polo menos 127 países, estarán presentes desde este martes (26.03.2013) na inauguración do Foro Social Mundial (FSM) Túnez 2013, o maior expoñente actual dos movementos que impulsan un desenvolvemento alternativo á globalización dominante no mundo, baixo un lema común: "Outro Mundo é posible".

A enviada especial de teleSUR ao evento, Esther Yañez, confirmou que se esperan máis de 30 mil persoas de pouco máis dun centenar de países, quen participarán en máis de mil talleres sobre cambio climático, economía, política e primaveras árabes, entre outros temas de índole social.

A xornalista destacou, a través da conta na rede social Twitter (@EstherteleSUR), que ás 16:00hs locais (15:00 GMT) darase inicio ao Foro cunha gran marcha de apertura desde a chamada Praza 14 de Xaneiro da cidade capital.

Así mesmo adiantou que a primeira actividade que se emprenderá este martes será a Asemblea de Mulleres, no Campus Universitario do Manar.

O evento estenderase até o venres 30 de marzo e preséntase como unha iniciativa para tratar temas como os dereitos das mulleres, a mocidade e a cultura, a importancia da Primavera Árabe na conxuntura actual, ademais das consecuencias e posibles solucións da crise económica global e a ecolóxica.

A páxina web do evento precisa que, ademais de realizarse onde naceu a Primavera Árabe, o FSM deste ano será significativo porque se discutirá en detalle o seu futuro como encontro de multitudes.

@s organizadores da cita recoñecen que outras mobilizacións sociais, como o Movimento Ocupemos, teñen agora un papel trascendente. Para eles, ese feito implica a necesidade evolucionar e integrarse a outras iniciativas mundiais que perseguen o mesmo obxectivo.

Simultáneo ao FSM, realizarase a terceira edición do Foro Mundial de Medios Libres, onde centos de representantes de medios participarán en talleres e debates, coa finalidade de crear un área de medios libres, cunha participación preponderante dos medios comunitarios e alternativos sen fins de lucro.

Así mesmo, outro foro paralelo será o Campamento da Mocidade, que congregará a persoas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos, e ofrecerá un espazo para deportes, bailes, competencias gastronómicas e debates..

Francia e Túnez encabezan a lista de participantes, posto que cada un estará representado por uns 300 grupos. Brasil, Bélgica, Italia e Marruecos tamén terán unha importante presenza cunhas 50 organizacións cada un.

teleSUR-PL-Euroexpress/MARL

A web galega do altermundismo:

http://www.altermundo.org/
_______

NÓS-UP apela à rebeliom contra o roubo das preferentes. Assinalemos os culpáveis e os seus cúmplices. Impidamos o saqueio ao povo!

NÓS-Unidade Popular manifesta o seu total rejeitamento à decisom do Governo espanhol e do FROB de impor umha quitaçom de 43% sobre as participaçons preferentes e subordinadas com as que Novagalicia Banco defraudou milhares de famílias galegas das classes populares. Um verdadeiro roubo do aforro galego (uns 1.700 milhons de euros) para satisfazer as necessidades da oligarquia financeira.

Da mesma maneira, queremos expressar o nosso apoio às pessoas afetadas e à luita que estám a desenvolver para recuperar o seu dinheiro. Encorajamo-las a seguirem a luita contra esta injustiça até conseguir a devoluçom de 100% das suas poupanças. Animamo-las a seguirem denunciando e assinalando os culpáveis e os seus cúmplices do PP, a todos os que legitimam e permitem que o aforro galego vaia ser roubado para salvar os oligarcas da Banca europeia.

O Partido Popular está a ser retratado na sua essência antipopular. A sua defesa dos interesses dos banqueiros e o abandono à sua sorte de milhares de compatriotas está a ser justamente assinalada polas plataformas de afetados/as com as suas açons na rua e também nos plenos municipais de diversos concelhos ou noutras instituiçons. Alegramo-nos de que o PP e os seus representantes sintam a pressom do povo e tenham que fugir e ocultar-se para evitar a ira popular.

Som mais de 64.000 as famílias que ao logo de todo o País fôrom enganadas, milhares de pessoas convertidas contra a sua vontade em investidoras durante a última década. As antigas caixas (Caixa Galicia e Caixanova), apoiadas numhas normas feitas para o seu exclusivo benefício polos governos espanhóis, nom duvidárom à hora de especular com o dinheiro de famílias trabalhadoras e agora, mais umha vez, pretendem que sejam os recursos do povo os que paguem as suas dívidas e a sua crise. Nom podemos permiti-lo!

NÓS-Unidade Popular exige a devoluçom íntegra do dinheiro às pessoas vítimas dos enganos. Tampouco aceitamos que umha parte do mesmo seja “devolvido” em forma de açons de Novagalicia Banco. Reiteramos que estas pessoas nom pretendiam fazer inversons financeiras, simplesmente assegurar o poupado durante anos de trabalho.

Tal como assinalamos no Programa Tático para a Rebeliom Popular (PTRP) consideramos que é mais necessária que nunca a criaçom de um Banco Nacional Galego que, garantindo a segurança da poupança das e dos seus clientes, sirva à economia produtiva real, alheio à economia especulativa e às práticas de usura inerentes à banca privada capitalista. Um Banco Nacional Galego que empreste créditos com juros meramente testemunhais ao conjunto d@s assalariad@s.

As contradiçons entre os interesses das classes populares galegas e os da oligarquia que sustém o regime espanhol som a cada vez mais evidentes. O povo galego carece de poder para fazer frente às políticas que a Uniom Europeia e o Estado espanhol ditam em contra dos nossos interesses. A soberania nacional, um poder ao serviço do povo galego e das suas necessidades, é absolutamente imprescindível para poder levar avante políticas alternativas.

É necessária umha autêntica rebeliom popular, a organizaçom e a acumulaçom de forças rebeldes que permitam mudar a correlaçom de forças e superar a realidade de miséria à que nos condena o regime capitalista espanhol.

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Compostela, 25 de março de 2013

Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones: Porta-Vozes: 651 089 971 (Alberte Moço) 659 306 973 (Rebeca Bravo) | Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza


Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
26 de março de 2013 16:28

______________

Mobilizacións contra un despedimento dunha traballadora do servizo de limpeza do Complexo Hopitalario do SERGAS na Área Sanitaria de Ferrol


Desde hai semanas veñen-se producindo concentracións contra o despedimento dunha traballadora de FERROSER, contrata que ten adxudicado o servizo de limpeza do Complexo Hopitalario Universitario de Ferrol -CHUF (nova denominación do CH Arquitecto Marcide - Nova Santos - H. Naval). Este mércores 27 de marzo, ás 12:30hs, está convocada unha nova concentración, co respaldo de forma unitaria do Comité de Empresa, a Xunta de Persoal e as centrais sindicais (CIG, COG, UGT e USTG).  Todas as convocatorias teñen lugar na entrada principal do Hospital Arquitecto Marcide, cunha moi importante participación de traballadoras e traballadores que se opoñen a un despido arbitrario e amosan a súa solidariedade coa compañeira despedida.

Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
26 de março de 2013 13:52

http://www.cig-saude.org/ferrol/

__________

De fondo Reganosa: Malos tempos para os ciclos combinados


Presentamos un artigo, enviado por Ferrol-Cape, sobre un dos aspectos do modelo enerxético implantado no, polo de agora, Reino de España. Unha das xustificacións da existencia "estrátéxica" de Reganosa, eran os ciclos combinados construídos n'As Pontes e Sábón, e o aínda "pendente" de construción en Meirama. Mais o ciclos combinados, que son as centrais nas que máis custo ten a xeración de enerxía, polo elevado prezo do gas natural licuado, están na actualidade paralizados ou a moi baixo rendemento, ao igual que a Planta de Gas localizada en Mugardos. Desde Ártabra 21 consideramos importante transcribir este artigo polo seu interese, dentro da loita que libramos contra a instalación de Reganosa no corazón da nosa Ría.


España importa xa enerxía de Portugal porque é máis barata
Os novos impostos soben o prezo dos megavatios producidos

Botando unha ollada ao saldo de intercambios internacionais de enerxía eléctrica dos últimos cinco anos, dispoñíbeis na web de Rede Eléctrica de España (REE), resulta que España é exportadora neta de luz a Portugal, Marrocos e Andorra, e importadora de Francia (salvo no 2010). Como acabará o 2013 é unha incógnita, pero, de momento, nos dous primeiros meses deste ano, a tendencia cambiou. En xaneiro e febreiro, por razóns 'conxunturais', segundo Rede Eléctrica, España comprou a Portugal máis electricidade da que lle vendeu. É dicir, o saldo foi importador. Fontes de REE apresuráronse a explicar que se trata dunha situación temporal que non ten por que consolidarse ao longo do ano, provocada por un exceso de produción de enerxía renovábel no país veciño. Esas tecnoloxías abaratan o prezo do megavatio que circula polo tendido eléctrico. Pero iso mesmo ocorreu aquí, en España, tamén en xaneiro e febreiro. Así que esa soa explicación non serve.

Outras fontes do sector enerxético engaden a clave que faltaba para acabar de entender ese fenómeno. Indican que producir enerxía en España desde xaneiro é máis caro que en Portugal e, xa que logo, resulta máis rendíbel importala que xerala. Isto é así porque a chegada do ano novo coincidiu coa entrada en vigor de novos impostos eléctricos. Un deles penaliza aos centros produtores cun 7 % sobre a facturación anual e outros gravan o uso de combustíbeis para o seu uso industrial e até o almacenamento de residuos nucleares. No país veciño non se aplican eses novos gravames.

O director de Política Enerxética da Asociación Empresarial Eólica (AEE), Heikki Willstedt, explica que até xaneiro "ambos mercados ían ao unísono, estaban ao mesmo nivel, até en España era máis barata a enerxía". Até a chegada dos novos impostos. Heikki augura que o aumento da dependencia enerxética do exterior non será cousa só de dous meses e que se repetirá o resto do ano. Outras fontes son máis cautas e apuntan a que hai que ver como evoluciona o mercado eléctrico nos próximos meses para confirmar o saldo importador con Portugal.

Pero a como van os megavatios nun e outro país? En xaneiro, o prezo medio en España foi de 50,50 euros por megavatio hora e de 48,53 en Portugal. Ao mes seguinte, foron 45,04 en España e 43,74 euros en Portugal. A falta de que acabe marzo, baste poñer como exemplo os prezos alcanzados o pasado día 20: España, 40,20 euros; Portugal, 36,17.

'Caput' a ciclos combinados

Si o mercado nacional de enerxía deixou de ser competitivo, que ocorrerá? Pecharanse centrais? Posiblemente esta sexa a puntilla que faltaba para acabar coas centrais de ciclo combinado (funcionan con gas natural e vapor de auga). Estas instalacións son as que xeran a enerxía máis cara (polo custo do combustible, que está polas nubes) e, xa que logo, son as últimas en poder competir no mercado. A elevada xeración eólica e hidráulica -as renovábeis teñen prioridade no mercado- xa afecta negativamente a estas centrais e só un repunte milagroso da demanda podería facer necesarios os ciclos combinados.

Artigo de F. Fernández | 25.03.2013 | públicado no xornal "La Voz de Galicia".

Foto: Proceso de construción da planta de ciclo combinado d'As Pontes en decembro de 2006.

Enviado por:
Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
26 de março de 2013 10:23

http://www.f-cape.org/

_____________

Enlace relacionado nos Arquivos Ártabros:

O asunto das Centrais Térmicas de Ciclo Combinado na Galiza - Informe do Colectivo Ártabra 21 para o Comité Cidadán de Emerxencia -17.03.2010.

http://arquivosartabros.blogspot.com.es/2010/03/o-asunto-das-centrais-termicas-de-ciclo.html

___________________

domingo, marzo 24, 2013

Acción Directa retira "máis de 300 kg de residuos retirados da praia de Cariño"


Este sábado, o noso colectivo limpou a praia de Cariño (Próxima ao Porto Exterior), esta limpeza enmarcase dentro dunha campaña a nivel global organizada por “Surfrider Foundation”, coñecida tamén como Iniciativas Océano.

Nas tarefas de limpeza retiramos máis de 300 kg de residuos, na súa maioría plásticos, e cantidade de madeiros. Tamén limpamos a canalización do regato que desemboca na praia, este estaba totalmente obturado, o cal facía que a auga erosionase nun punto concreto, dando lugar á derruba da canalización, a mesma foi subvencionada con fondos da UE e atopase nun pésimo estado de consevación.

O obxectivo principal desta campaña é de concienciar á opinión pública sobre as verteduras e residuos que rematan nos océanos. Para facernos una idea, na actualidade, cada segundo rematan no mar 206 kg de refugallos flotantes, que veñen sendo unha das principais causas de mortandade de moitas especies marinas. 

Na mesma campaña, @s compañeir@s do "Océano Surf Club" de Ferrol acometeron a limpeza da praia de Doniños.

Premer para ver a galería fotográfica

Convidamos a toda a cidadanía a participar con nós na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopase información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.
_____________

martes, marzo 19, 2013

Apuntamento sobre a XIV A.N. do BNG, ... Por David Rodríguez


Onte (17.03.2013) celebrouse a XIV Asamblea Nacional do BNG na que unha palabra foi a grande protagonista do día: soberanía. E porén, se o discurso do recén electo Portavoz Nacional é indicativo do proxecto que se pretende poñer a andar un ten a impresión de que, malia ser a palabra soberanía citada unha e outra vez, o problema real da soberanía non se debateu a fondo preferíndose camiñar, en todo momento, pola afirmación independendista a respecto de Madrid (ante a cal quen isto escribe non ten o maior reparo, distinto será calibrar se iso é, como dicía Vence citando a Lenin, ir un pasiño por diante do pobo ou ir a un ano luz do mesmo) ao tempo que se era máis ambiguo a respecto do que o propio Vence chamou o eixe: Bruxelas-Frankfurt-Berlín. E é que malia recoñecerse que "en realidade España desapareceu coa peseta" e que "están agora entregando servilmente a capacidade de decisión a institucións para-democráticas da Eurozona" a única proposta estratéxica que se albisca na folla de rota do BNG é a confrontación Galiza-España (entendidas ambas realidades coma dous todos indivisos) deixando a cuestión europea, polo menos nese discurso do Portavoz Nacional, no limbo da indefinición cando non presentándoa, implicitamente, como a terra prometida á que están conseguindo acceder outros procesos independentistas coma o catalán, o vasco ou o escocés (nacións todas elas nas que, a diferenza da nosa, si hai burguesías autóctonas ás que o espírito neoliberal da eurozona lles puidese interesar moito). Vence relatou no seu discurso unha listaxe de agresións centralistas. Pero se un as analiza ben, pode ver que, salvo pequenas excepcións, só nas que teñen que ver co aparato institucional e coa esfera cultural non está detrás o diktat da Troika. Un aparato institucional e cultural, o da Transición, que preparou ao Estado para a financiarización, para o ingreso na UE e para a asunción de Maastricht e Lisboa, e que, agora que o sistema financeiro quebrou, entrou en crise tamén en España e está a servir para agredir, ademais de ás clases populares galegas, tamén ás clases populares españolas.

Xusto porque neste momento a política económica xa non depende desa España que morreu coa peseta algúns pensamos que é necesaria unha estratexia política para outros niveis que sobardan o estado- nación (e non creo que isto sexa troskismo enaxenado nin toninegrismo flower power como ironizou Vence). Poderase debatir se o que compre é formular directamente a saída da eurozona con todos os males e apocalipsis que disque provocaría ou artellar unha política de alianzas para tratar de reformala. Unha eurozona, por certo, na cal o eixo esquerda-dereita tamén está fortemente imbricado no eixo centro-periferia e na que o Estado Español no seu conxunto -coma Portugal ou Grecia- é periferia; aparecendo os seu movementos emancipadores, polo tanto, máis coma potenciais aliados nesta conxuntura que coma inimigos a batir.

O que desde logo entendo que non se pode é eludir o tema dicindo que iniciar un proceso como o que está a iniciar Escocia ou Catalunya xa chega para acadar a arelada soberanía, porque a teimuda realidade estanos a dicir que iso non é certo.

Na mesma Asamblea de onte, un dos momentos máis emotivos foi o da intervención de Joana Mortágua, delegada do Bloco de Esquerdas. Polo que puiden seguir nos medios e redes sociais -non sei se antes ou despois da convidada falar- a militancia do BNG comezou a entoar o Grândola Vila Morena. Algo que debeu resultar ben emocionante. Pero para min o verdadeiramente significativo de todo o acontecido nesta intervención da dirixente do Bloco de Esquerdas foi a súa afirmación de que "Portugal é hoje um país colonizado. Nós não temos apenas uma dívida que pagar mais temos um regente, um colonizador que nos diz quando pagar essa dívida (...) e portanto o povo portugués tambem luta hoje pela sua soberania". Isto é, veu dicir Mortágua, Portugal é hoxe unha nación que, malia contar formalmente cun aparato de Estado (o mesmo ca Chipre, Grecia, España e Italia) está a ver como as súas elites desangran o país (tal como fai, por certo, CIU en Catalunya co apoio de ERC) e a comprobar que tampouco é soberana no económico; o cal, estaremos de acordo, é a cerna de calquera caste de soberanía.

Persoalmente penso que o estado das autonomías colapsou. Comprendo logo que o soberanismo (termo que prefiro con moito a nacionalismo) sexa o camiño a seguir. Pero porque entendo que o colapso é do Estado Español en conxunto considero que hai marxe de manobra para establecer alianzas coa esquerda española tanto na procura dun proceso constituínte que inclúa o dereito a decidir das nacións sen estado e que deixe aberta a forma final que democraticamente tomará ese estado (é dicir, que recupere o que era o proxecto da ruptura democrática previo á Transición), como na procura de crear un gran polo europeo antineoliberal e soberanista que ou ben reforme a eurozona -se é que esa proeza é posible- ou ben devolva aos pobos a capacidade de decisión sobre as cuestións económicas.

O Funambulista Coxo

Publicado o 18 de Marzo de 2013 no blogue ofunambulistacoxo.blogspot.com


Ártabra 21: David Rodríguez: Palabras para a guerra en curso - Retomando a Palabra (Libro) - Descarga: David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

_______________

luns, marzo 18, 2013

Banco de Alimentos de Emerxencia Social


En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia.

Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas.

Necesítanse con urxencia cueiros para un neno (Talla 6), produtos de limpeza e hixiene persoal e calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxe, tipo; arroz, cereais, lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc..

Calquera asociación, partido político, sindicato, colectivo, etc. que queira sumarse a esta campaña de recollida de alimentos e incluír o seu local, pode comunicalo nesta páxina ou ben chamando o tlf: 637 567 497

Os locais habilitados polo momento para a recollida destes alimentos son:
* Asociación Lazos Pro-Solidariedade
Dirección: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo, Ferrol
Horario: Lúns a Venres de 09:00 a 14:00hs.

* Asociación Cultural "Fuco Buxán"
Enderezo: Rúa Armada Española n.º 32, Ferrol
Horario: Mércores de 11:30 a 13:00hs.

* Tenda de Troco (Armeria Soc. Coop. Galega))
Enderezo: Parte traseira do Mercado de Caranza
Horario: Lúns, Mércores e Venres de 11:00 a 13:00
Lúns, Mércores e Xoves de 17:00 a 20:00hs.

* Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos"
Enderezo:: Rúa Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2, (Vivendas As Rosas de Caranza), Ferrol. Para deixar axudas a calquer hora mais antes chamar por telefono ao coordenador (André) ao telefono 605455340.

* Esquerda Unida Ferrol
Enderezo: Sol, 124, entrechán esquerda
Horario: Mércores de 18:00 a 20:00hs.

Envento Banco de Alimentos de Emerxencia Social no facebook:
http://www.facebook.com/events/150067935156137/

Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra:

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com



Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop

Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

_____________________________

domingo, marzo 17, 2013

O venres 22 de Marzo: Acto de presentación dos Comités para a Unidade Obreira (CUO) en Ferrol

Acto de presentación dos Comités para a Unidade Obreira (CUO) en Ferrol.

O Grupo Promotor dos CUO-Galiza ten programado un acto de presentación para o vindeiro venres 22 de marzo, ás 19:30 horas, na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.

Faise un chamado á participación de todos os traballadores e traballadoras da comarca para coñecer de primeira mao en qué consiste esta iniciativa unitaria de clase.

Para poñerse en contacto cos CUO-Ferrol:
cuoferrol@gmail.com

Para solicitar máis información a nivel nacional:
cuogaliza@gmail.com

Enviado por:
cuo ferrol
-cuoferrol@gmail.com-
17 de março de 2013 17:23

________________

Enlace relacionado:

http://www.unidad-obrera.org/

________________________

venres, marzo 15, 2013

Europa declara ilegal a lei española dos desafiuzamentos - O Tribunal de Xustiza da Unión Europea deu un varapalo á normativa española sobre desafiuzamentos, confirmando a ilegalidade do procedemento español de execución hipotecaria desde fai vinte anos - Hoxe Venres, 15 de Marzo, en Esteiro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos




Europa declara ilegal a lei española dos desafiuzamentos

Comunicado do equipo xurídico da PAH respecto da sentenza da UE

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) deu un varapalo á normativa española sobre desafiuzamentos, confirmando a ilegalidade do procedemento español de execución hipotecaria desde fai vinte anos. O TJUE, de obrigado cumprimento para os xuíces españois, pasa por encima até da normativa estatal e conclúe que se vulnera de forma clara os dereitos fundamentais das persoas afectadas e concretamente o dereito á defensa. A lei actual non dá ao afectado mecanismos de oposición efectivos para facer valer os seus dereitos no marco do procedemento de ejecución actual.

Os procedementos de execución hipotecaria en curso deben ser paralizados de oficio e de forma inmediata, posto que a normativa que os regula é ilegal.

A sentenza dá importantes facultades de actuación nos procesos vixentes aos xuíces. A declaración do procedemento como ilegal abre amplas vías para alegar a nulidade dos procedementos que se tramitaron até agora.

Tivo que ser un tribunal europeo quen se pronuncie ante a impasibilidade dun Goberno e dun Parlamento cegos e xordos, incapaces de atender o clamor popular e dar solución ao drama social que os desafiuzamentos provocaron e seguen provocando hoxe. O TJUE dá tamén con esta sentenza unha labazada ao Tribunal Constitucional español, o cal viña avalando un procedemento de execución hipotecaria que se demostrou claramente ilegal.

As inmediatas estratexias xurídicas posibles ante o fallo do TJUE serán analizadas este sábado nunha reunión de avogados da PAH.

A sentenza é un respaldo ao contido da Iniciativa Lexislativa Popular
, cuxas medidas cuestionaban-se polo seu carácter retroactivo. Á luz da doutrina do TJUE a retroactividade non só é unha posibilidade recoñecida na Constitución, senón unha necesidade. Unha necesidade xa que se suscita a nulidade das execucións hipotecarias realizadas desde o ano 1993, data da Directiva na que se basea a sentenza para declarar ilegal o procedemento español. Non pode sosterse que unha persoa sexa condenada a pagar unha débeda perpetua derivada dun procedemento ilegal.

Esta sentenza reafirma a importancia da mobilización cidadá a favor das medidas da ILP, unhas medidas de mínimos que se están debatendo no Parlamento, e as cales dan resposta ás formulacións de respecto aos dereitos fundamentais das persoas afectadas.

¡Si Se Pode!

14 de Marzo de 2013

Documentación:

SENTENCIA DO TRIBUNAL DE XUSTICIA (Sala Primera) de 14 de marzo de 2013, no asunto C-415/11. Formato -pdf.

Tribunal de Xustiza da Unión Europea - COMUNICADO DE PRENSA nº 30/13 - Luxemburgo, 14 de marzo de 2013 - Sentencia no asunto C-415/11 - Mohamed Aziz / Catalunyacaixa. Formato -pdf.

A noticia na web de prensa do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).


LEMBRAR, HOXE VENRES 15 DE MARZO XUNTANZA DE STOP-DESAFIUZAMENTOS, EN ESTEIRO DE 5 A 7 DA TARDE.
[CONVOCATORIA]

|||||||||||||||||||||||||||||

Outras novas:

|||||||||||||||

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/



Enviado por:
Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
15 de março de 2013 00:17

martes, marzo 12, 2013

Información da Extensión en Ferrol do Ciclo "Vidal Bolaño, Recuperado: Citas Audiovisuais" do Centro Dramático Galego -CDG

Para comezar as celebracións do Ano Vidal Bolaño, elexido pola Real Academia Galega para adicarlle o Día das Letras Galegas 2013, a Asociación de Amig@s do Teatro Jofre, en colaboración co Centro Dramático Galego, organiza a presentación en Ferrol do ciclo:

VIDAL BOLAÑO RECUPERADO: CITAS AUDIOVISUAIS

Un ciclo de proxeccións de fragmentos de obras teatrais gravadas do autor comentadas por dous especialistas: Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro.

Inma López Silva
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, Doutora en Filoloxía pola mesma Universidade, é investigadora e crítica teatral. Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto.
Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramático, con sede en Vigo, no Departamento de Teoría e Historia das Artes Escénicas.

Xosé Manuel Fernández Castro
Profesor e escritor galego. Como dramaturgo ten publicado “Misterio en Guernica” (2007) de Baía Edicións, gañadora do III Premio Barriga Verde de textos para teatro de títeres (modalidade adultos) no 2005. Como ensaista publicou “A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño” (2011), Edicións Laiovento e Xunta de Galicia.

Roberto Vidal Bolaño é unha peza clave do teatro profesional galego. Ata tal punto que sen a súa figura non se entenden as artes escénicas do país.

A Roberto Vidal Bolaño
Quen poidera recuperalo…
O noso amigo.
Foto da Roda de Prensa

Na AATJ, nunha extensión do programa do CDG , “Vidal Bolaño, recuperado”, queremos contribuir a manter viva a súa memoria e a súa obra, tan fundamental para as artes escénicas do noso país e tan estimada polos amigos do teatro.

Convidámos a participar nesta celebración da súa vida como autor, dramaturgo, director, intérprete, animador, amador, home de teatro e do teatro galego.

Os que tivemos a mágoa de perdelo tan novo e o gusto de disfrutalo mentras vivía e creaba pregamos ós que non tiveron a oportunidade de coñecer a súa obra e que saben del polos libros de texto, que se acheguen e compartan connosco estas sesións.

Porque en tempos de crise e confusión, Vidal Bolaño deixa unha pegada do valor e da integridade, da vocación e da adicación que só nos amosan os grandes. Na súa vida. Na súa obra que é unha enorme inversión en futuro.


Un saúdo
Gonzalo Rodríguez


Facebook en Galego:
http://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-de-Amigs-do-Teatro-Jofre/169774808740?sk=wall

Anexos: Adxuntamos Programa da extensión de Ferrol e Información de Ciclo completo do CDG.      

Enviado por:
Asociacion de amigos do teatro Jofre
-asociaciondeamigosdoteatrojofre@mundo-r.com-
11 de março de 2013 15:28
________________

luns, marzo 11, 2013

Galerías fotográficas das manifestacións do 10 de Marzo en Ferrol - Día da Clase Obreira Galega

VI Semana de Poesía Salvaxe (Ferrol) - Petición de colaboración co proxecto cultural a falta de financiamento institucional



Descrición do proxecto

É un proxecto feito realidade, e que por sexta vez levaremos a termino os días 24, 25, 26 e 27 de abril deste ano 2013.

Os primeiros anos contamos con apoios públicos pero este ano e seguindo a tónica xeral, tanto por cambios na corporación como pola crise como xustificación, non contamos con esa axuda. Poderiamos dicir que isto é o mais consecuente coa concepción que temos do feito poético.

Dispostos como estamos a facer realidade esta cita unha vez mais, acudimos a esta vía de financiamento con total esperanza.

Con esta cantidade levaremos a bo termino o seguinte programa:

Concibindo a poesía, a palabra poética como unha poderosa manifestación de todo aquilo que fai posible que habitemos o Mundo, durante estes días voaremos os poemas, a poesía polas rúas, esquinas, mercados, prazas e demais lugares públicos da cidade diezmada de FERROL (A Coruña).

CATORCE POETAS TOMASEN As RÚAS, PRAZAS E MERCADOS, E COA COLABORACIÓN DOUTROS CREADORES, POÑERÁN Os seus POEMAS, As súas VOCES EN MANS DE TODOS.

(O numero definitivo sera maior pois contamos con invitados e invitadas, que participando activamente, non figuran no programa provisional)

Cada ano a cita foi cobrando a dimensión dun acontecemento coa humildad que lle é inherente á palabra encarnada. Son mais dunha ducia de poetas de todos os recunchos da Península Ibérica, os que acoden. E a súa presenza fai dos días unha festa de resistencia e dignidade, de creatividade espida onde a palabra restáurase e recobra a súa poder de nomear a vida, e así facer posible sabernos no corazón dos días.

DETALLES DE RECOMPÉNSALAS

O 8 de abril pechamos o financiamento do proxecto.

RECOMPÉNSALAS faranse chegar escrupulosamente a cada unha das persoas e entidades que colaboren con este proxecto.

RECOMPÉNSALAS SERANVOS ENVIADAS UNHA VEZ TERMINE A SEMANA DE POESÍA SALVAXE E ANTES DO 30 DE XUÑO, MENOS O LIBRO -ANTOLOGÍA DA POESÍA SALVAXE, que vos enviaremos no Outono

Os PDF cunha selección de poemas de todos os poetas participantes na SALVAXE POESÍA , así como os cuadernillos coas biografías e imaxes de cada poeta e das súas intervencións.

FAREMOS QUE CONSTE Os NOMES DE TODOS Os COLABORADORES.

O libro ANTOLOGÍA DA POESÍA SALVAXE 2007-2013, recibirano aqueles que participen con 20 euros. Os que doen 50 euros ou mais, recibirán TRES EXEMPLARES do mesmo libro.

Sera unha edición de mil exemplares, dos cales irán numerados e asinados aqueles destinados aos colaboradores neste proxecto.

Farase todo o posible para que este nas librerías no próximo Outono

Todos estades invitados a visitarnos durante eses días, 24, 25, 26 e 27 de Abril, e vivir connosco a experiencia da poesía nas rúas, Mercados e prazas de Ferrol, cidade da Ilustración, cidade atlántica, tallada polo océano como unha cornisa de espuma, onde os acantilados son criaturas que se alimentan das adorables singraduras, e das rosas dos ventos.


A QUE DESTINAREMOS O DIÑEIRO

O diñeiro destinásese a catro apartados:

1º DIÑEIRO DE PETO PARA Os INVITADOS

2º HOTEL

3º PUBLICIDADE, para a cal contamos con apoios desinteresados de persoas que realizan a maquetación dos cadernos e do libro.
Os carteis, cuadernillos, e tarjetones sairannos a prezo de custo.

4º O son, dúas columnas e mesa de mesturas, micrófonos e altofalantes, serannos cedidos pola ASOCIACIÓN DE VECIÑAL DE ESTEIRO, e o seu uso e manipulación correrá a cargo de técnicos ao que si se lle pagase unha cantidade.

e 5º a posterior edición do libro, que unha parte será sufragada pola asociación cultural FUCO BUXAN.

A SEMANA DE POESÍA SALVAXE


Enviado por:
Lefre de Caldereta Ferrol
lefredecaldereta2006@gmail.com
10 de março de 2013 22:51
______________

domingo, marzo 10, 2013

O Recuncho a polo seu programa radiofónico nº 128, este Martes 12 de Marzo de 2013, no 93.9 da FM ou por Internet


Martes, 12 de Marzo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Rádio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

O Recuncho” nº 128 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
  • Conexión telefónica con Paco García Trigo, da Plataforma pola defensa de Corcoesto.
  • Invitado: Juan C. Valle “Karlotty”: VI Semana da Poesía Salvaxe.
  • O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: Os “Miudiños” de Vicente Araguas
  • Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Martín Códax
  • Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
  • Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
  • Música: Fuxan os Ventos
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com

e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040


Os Noso Blogues:

Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Facebook:http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan
Google+:https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
10 de março de 2013 23:37
__________________

Conferencia, en Ferrol, da Plataforma en Defensa de Corcoesto sobre a problemática da minaría a ceo aberto e os seus perigos - Mércores 13 de Marzo




A MINA DE CORCOESTO: IMPACTO E CONSECUENCIAS

CONFERENCIA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DE CORCOESTO NA SEDE ABERTA

O vindeiro mércores 13 de marzo, ás 19:30 horas, na sede de Esquerda Unida en Ferrol (Rúa do Sol 124, entrechán esquerda), a Plataforma pola defensa de Corcoesto dará unha charla-conferencia sobre a minaría contaminante a ceo aberto, o seu impacto medio ambiental e as nefastas consecuencias que pode ter para a poboación e a economía primaria. Asemade, porase de manifesto o fraude e os enganos do Partido Popular, en canto a creación de emprego e desenvolvemento da economía local, cando o que realmente existe é especulación pura e entrega da terra a multinacionais estranxeiras sen escrúpulos por un puñado de euros.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

http://www.euferrol.org/

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org


facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
9 de março de 2013 21:57

__________________

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración sonora en Ferrol, o Luns 11 de Marzo, ante o anuncio de entrada do LNG "Coral Energy" na Ría, cargado con gas natural licuado, para a perigosa e ilegal Reganosa


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
ÁS 7 DA TARDE, DO LUNS 11 DE MARZO

E unha vez máis un buque gaseiro ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, cargado con miles de toneladas de LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.

O LNG "Coral Energy" que é o nome do buque agardado, de entrar, faría o 138 gaseiro para a planta regasificadora de Mugardos, desde que o fixera, en Maio de 2007, o "Galicia Spirit" ...

A entrada na Ría deste buque gaseiro, fai saltar a alarma social do despropósito gasista que é Reganosa, instalada no corazón da nosa Ría, a poucos metros dos núcleos de poboación, poñendo en perigo ás miles de persoas que moramos na súa contorna.

O Comité Cidadán de Emerxencia, como ven sendo habitual, convoca unha nova acción de denuncia e protesta, unha Concentración sonora que terá lugar en Ferrol, o mesmo Luns, 11 de Marzo de 2013, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque:
Nome.- Coral Energy, Bandeira.- Holanda, Eslora.- 155 m, Manga.- 22 m, Puntal.-22.70 m, Calado.-8.6 m, Capacidade.- 15.600 m³ de GNL
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
Twitter :  @ComitCEmerxenc

www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de março de 2013 11:31
___________

A Historia non nos absolverá: 'Hugo Chavez', a desinformación da realidade, ... Por Pascual Serrano

Por Pascual Serrano [*]
10.03.2013


Os trece anos de presidencia de Hugo Chávez en Venezuela e o desenvolvemento da revolución bolivariana pasarán á historia como o maior fenómeno político mundial do que máis cousas contaron os medios de comunicación para, paradóxicamente, desinformar da realidade. Comecemos polas odiosas comparacións.

Mentres en España votabamos a gobernos que levaron a un 21,1% da poboación por baixo do limiar de pobreza e disparaban un 45% a pobreza infantil, o Hugo Chávez estigmatizado nos nosos medios reducía a pobreza de Venezuela un 44%, segundo datos da CEPAL, o que supoñía que cinco millóns de venezolanos deixaron de ser pobres.

Venezuela ocupou, por cuarto ano consecutivo, o primeiro posto rexional en apoio á democracia, cun 77% de respaldo popular que se demostra cunha participación electoral de máis do 80 %, o 55% da cal votou a Chávez nas últimas eleccións presidenciais
. En 1998 a participación era tan só do 54%. En España, en cambio, un 86% asegura que a situación política é mala ou moi mala e un 93% de españois está a favor de modificar a Constitución. Nas últimas eleccións xerais a abstención, xunto co voto nulo e o branco, sumaron o 30%, e Mariano Rajoy foi presidente do goberno polo apoio ao seu partido de tan só o 22% dos españois.

Mentres Hugo Chávez subiu o gasto social ao 60% de todos os ingresos nacionais percibidos, en España, en 2010, foi do 25,7% do PIB. Cando España se converte no país con máis desigualdade social da eurozona, Venezuela, entre 1998 e 2008, viu unha disminución do 17'9% desta desigualdade social, segundo a CEPAL.

Mentres 14 millóns de venezolanos acceden a alimentos subsidiados polo Estado e o 61% da poboación venezolana comprou este ano alimentos en puntos de venda do Estado, en España aumenta o IVA dos alimentos do 8 ao 10% e decenas de miles de cidadáns dependen da caridade de comedores sociais privados para subsistir.

Durante 2011 o goberno venezolano repartiu 146.022 vivendas entre os máis empobrecidos. En España, segundo o Consello Xeral do Poder Xudicial, prodúcense 526 desahucios diarios (Público, 2-10-2012).

Grazas a estas políticas, Hugo Chávez foi o líder político que máis apoio recibeu ao ir logrando na urnas e na rúa do seu país durante máis dunha década pero, curiosamente, é o que sufriu en España máis editoriais críticos, máis insultos, máis acusacións de dictador, máis mentiras e máis conspiracións mediáticas para derrocarle. Ao final os medios lograron o seu obxectivo: que Hugo Chávez tivese unha mala imaxe en España. Segundo o Barómetro do Real Instituto Elcano de decembro de 2010, Chávez era con diferenza o líder peor valorado polos españois: recibe un 1,7 nunha escala de 10. Pero non son os españois quen deben elixir ao presidente venezolano, son os venezolanos, e estes non eran reféns dos medios españois porque podían apreciar cada día as súas políticas. Non é a primeira vez que a valoración dun líder político é moi diferente fose que dentro do seu país. Mentres os cidadáns soviéticos maldicían a Mijaíl Gorbachov, ao que responsabilizaban do derrube da súa confederación e o fin das axudas estatais, a opinión pública internacional, grazas á campaña mediática mundial, vía no último presidente soviético o home que levaba a democracia á Unión Soviética.

Sen dúbida a opinión pública que posúe máis rigor e coñecemento do líder é a que vive baixo as súas políticas e non a que as coñece a través de medios de comunicación. Xa que logo podemos afirmar que as vítimas do crime mediático non foron nin Hugo Chávez nin os venezolanos. foron os cidadáns españois, aos que se lles negou a posibilidade de coñecer e comprender o que sucedía en Venezuela.

Na historia de Venezuela, de toda América Latina, e no recordo de todos os homes e mulleres do mundo que busquen a verdade entre as tebras desinformativas dos grandes medios, Hugo Chávez quedará como o líder que mellorou como ninguén as condicións de vida dos venezolanos máis desfavorecidos, que impulsou dun modo xa irreversible a unidade latinoamericana e que deu ánimos e esperanzas á humanidade de que un mundo máis xusto, fóra do capitalismo, é posible. Por iso os venezolanos seguíanlle votando e a súa revolución seguirá adiante. Moitos españois quedáronse sen saber todo iso. Ese é o crime mediático do que a historia non nos absolverá.

www.pascualserrano.net

Fonte: http://www.pascualserrano.net/noticias/carta-a-una-cajera-de-mercadona

[*] Pascual Serrano (Valencia, 1964) é un xornalista e ensaísta español moi crítico cos medios de comunicación como grandes grupos empresariais. Colabora con varios medios españois e latinoamericanos abordando medios de comunicación e política internacional. [Fonte: A Wikipedia].
_______________

sábado, marzo 09, 2013

Segunda xornada de Acción Directa en Defensa dos Espazos Públicos no mirador e xardíns d'A Cabana


Remate dos traballos de limpeza no mirador e xardíns de A Cabana

II xornada de traballo nos xardíns que lindan co CIS (Centro de Innovación e Servizos) de A Cabana, a semana pasada xa limparamos a zona do Miradoiro, nos traballos acometidos hoxe limpamos máis de 2.000 m2 deste espazo público.

Chamounos poderosamente a atención unha foxa séptica que hai nos xardíns, esta ten dúas tapas plásticas sen ningunha suxeición. Tamén queremos deixar constancia que esta semana romperon parte do valo de madeira, e a cimentación que suxeita o resto do valo perdeu a terra que aguanta do mesmo.

Nesta xornada de traballo participamos 10 persoas, a alegría foi contar coa colaboración de Laura, unha nena pequena de aproximadamente uns 7 anos, filla dunha compañeira, que traballou máis duro que moitos dos adultos que participamos. Contamos con ela para as próximas accións, aínda que só sexa para facernos unha visita.

Instamos ao actual goberno local para que recapacite sobre o malgasto de 916.426,06 euros previsto para construción unha zona verde na Praza de España.

Pensamos que a actual situación de emerxencia social que están a pasar moitas familias, ten que ser motivo abondo como para que esa obra se paralice de inmediato.

Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo municipais, para a reparación, limpeza, e saneamento dos espazos públicos da cidade, ou ben, para a reparación das vivendas de titulación municipal, co fin de crear o necesario "Parque de Vivendas de Aluguer e Refuxio Social".


Convidamos a toda a cidadanía a participar con nós na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopase información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións.

_____________

Concentración convocada polo BNG, diante do edificio interxeneracional de Telleiras, para esixir a apertura e entrega inmediata das vivendas existentes neste edificio propiedade da Xunta de Galiza - Hoxe Sábado, 9 de Marzo en Ferrol


CONCENTRACIÓN PARA ESIXIR A APERTURA E ENTREGA DAS VIVENDAS DO EDIFICIO INTERXENERACIONAL DE TELLEIRAS
O BNG CHAMA A VECIÑOS/AS E ENTIDADES A SUMARSE A ESTA CONVOCATORIA

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol decidiu convocar unha concentración para o sábado 9 de marzo, às 12:30 horas, diante do edificio interxeneracional de Telleiras para esixir a apertura e entrega inmediata das vivendas existentes neste edificio propiedade da Xunta de Galiza.

O BNG considera totalmente inxustificábel que a Xunta de Galiza manteña esta infraestrutura pechada desde que finalizou a súa construción aló polo ano 2009, igualmente incomprensíbel é a xustificación reiterada que o Goberno Local de Ferrol fai deste modo de proceder da Xunta de Galiza incapaz de entregar as vivendas as persoas que resultaron beneficiarias das mesmas.

O BNG convoca esta concentración às portas deste edificio coa idea, de ser posíbel, de realizar unha cadea humana que rodee o mesmo como xeito de esixir a necesidade de que a administración galega axilice a apertura deste edificio que supón facilitar o aceso à vivenda na nosa cidade.

O BNG quere convidar a participar nesta convocatoria a todas as persoas e entidades da nosa cidade preocupadas coa problemática existente na sociedade actual debido às dificuldades para o aceso a unha vivenda digna polo que é inexplicábel que as administracións públicas manteñan un parque de vivenda baleiras e sen darlle uso.

O BNG lembra que a Xunta de Galiza construiu este edificio destinado a aloxamento para mozos e maiores, con centro de día de atención a maiores e servizos comúns. Asi mesmo lembran que este inmoble coñecido como o “Edificio Interxeneracional de Telleiras”, esta dotado con 53 vivendas de 2 e 1 dormitorios algunhas delas adaptadas e no que ademais se contemplaba o espazo para acoller un centro de día no seu baixo. Este edificio, cuxa construción comezou no ano 2007 e finalizou no ano 2009, está desde entón e até a actualidade pechado e sen uso algún.

Evento no facebook:
http://www.facebook.com/events/424820870938779/

Web BNG Ferrol:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/

Web BNG Ferrolterra:
http://www.bng-galiza.org/ferrolterra/
_________________

Hoxé Sábado, 9 de marzo, Xosé Manuel Beiras estará en Ferrol

Hoxe en vésperas do 10 de Marzo de 2013, "Día da Clase Obreira Galega", 41 Aniversario dos acontecementos históricos de marzo do 72, onde caían abatidos polas balas da policía da ditadura fascista 'Daniel Niebla e Amador Rey' e case un cento de persoas feridas e ducias de traballadores e traballadoras detid@s, a Coordenadora Comarcal de Anova Irmandade Nacionalista organiza unha visita do Portavoz Nacional da Coordenadora Nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras Torrado.

Ás 12 do mediodía está previsto que comece unha  Charla coloquio sobre a situación política de Galicia na Galería Sargadelos. Sobre ás 13:30hs realizara-se unha Ofrenda floral no monumento adicado ó 10 de Marzo e ás 14.30 hs haberá un Xantar con militantes e simpatizantes na sala de de festas A Concha.

______________

"Aos que nos queren facer pagar os custos da crise económica témolos que combater na rúa" ... Esquerda Unida polo 10 de Marzo



Comunicado do Consello Local de Esquerda Unida-Ferrol

Aos que nos queren facer pagar os custos da crise económica témolos que combater na rúa. Tamén nas institucións pero fundamentalmente na rúa con organización e mobilización. A aqueles que sosteñen, financian ou ou alimentan a engranaxe do mecano que funciona só succionando suor e transformando sufrimentos en capital temos que combatelos até o final.

Estamos nas vésperas da celebración do 10 de Marzo, o Día da Clase Obreira Galega, data na que o noso país celebra e reivindica a loita heroica dos traballadores ferroláns que desafiaron a represión da ditadura franquista para reclamar de maneira pacífica os seus dereitos como traballadores e asemade deron un pulo formidable á loita polas liberdades democráticas.

A data do 10 de Marzo de 1972 ten unha significación sobranceira para a construción dunha alternativa democrática e transformadora ao noso país, porque supuxo sen ningún xénero de dúvidas unha masiva deslexitimación social da ditadura. Dende o ámbito económico da produción, a clase traballadora acadou unha grande onda expansiva de simpatía e solidariedade de amplos sectores sociais e populares, que leron na espiral de violencia e represión da ditadura a súa radical incapacidade para manter un réxime de iniquidade.

Hoxe, como hai corenta e un anos é o momento do pobo e da súa unidade;a fraude, os paraísos fiscais e a corrupción duns poucos son o empobrecemento da maioría; os desafiuzamentos, o desemprego e a corrupción son a expresión da violencia social contra a maioría na que se sostén o actual estado de cousas. É o momento de poñer en primeirísima liña os intereses dos que non teñen outra maneira de poder vivir que vender o seu pelexo, a súa forza de traballo. Cómpre sermos xenerosos e traballar continuamente a prol da unidade de clase, da unidade de todos/as os/as traballadores/as.

O Consello Local de Esquerda Unida anima a toda a cidadanía combatente a acudir aos actos conmemorativos do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, convocados polas organizacións sindicais e facer desta data un fito na loita contra os gobernos do PP.

Adiante!

Viva o dez de marzo.

Viva a unidade de clase traballadora.

Consello Local de Esquerda Unida-Ferrol

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org


facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
8 de março de 2013 14:10

Bos días; adxuntamos o manifesto e cartaz do Consello Local de Esquerda Unida con motivo do dez de marzo. Saúdos.

_____________