venres, abril 12, 2013

Como en toda Galiza, a CIG saíu en Ferrol á rúa contra as últimas reformas que precarizan as condicións laborais da mocidade, dificultan as xubilacións anticipadas e o acceso ao subsidio a maiores de 55 - Seixo chama a preparar novas mobilizacións, sen descartar unha folga xeral antes do verán, ante o anuncio do PP de novas reforma


Seixo chama a preparar novas mobilizacións, sen descartar unha folga xeral antes do verán, ante o anuncio do PP de novas reforma

A CIG celebrou esta tarde concentracións en todas as cidades para manifestar o seu rotundo rexeitamento ás últimas reformas aprobadas polo goberno de Mariano Rajoy. Medidas que precarizan as condicións laborais da mocidade; que dificultan as xubilacións anticipadas e que endurecen as condicións para acceder ao subsidio a maiores de 55 anos. En Compostela, o secretario xeral, Suso Seixo, alertou de que o PP prepara unha nova batería de reformas que pretende aprobar no Consello de Ministro do 26 de abril, contra as que “haberá que preparar novas mobilizacións, sen descartar a convocatoria dunha folga xeral antes do verán”, dixo.

O secretario xeral da CIG denunciou as últimas medidas aprobadas en Consello de Ministros. Nomeadamente o R.D. Lei 4/2013, do 22 de febreiro, polo que se aproba un plan de contratación a menores de 30 anos e modifícase a regulamentación das ETTs, entre outros, e o R.D. Lei 5/2013, do 15 de marzo, no que tamén se muda a regulamentación e requisitos para a xubilación parcial e anticipada; o fomento da xubilación en activo e recórtase o subsidio de desemprego para maiores de 55 anos.

Para Seixo estas medidas non supoñen nada novidoso con respecto ao que veñen sendo as políticas do PP, “ recortar dereitos, proporcionar man de obra barata á patronal e sacar medidas especialmente duras cos sectores máis desfavorecidos e os que están a sufrir de forma máis directa as consecuencias da crise económica”, denunciou.

A este respecto subliñou a gravidade de aprobar unha nova regulamentación para os contratos a menores de 30 anos, subvencionados, que permiten salarios inferiores aos 500 euros e, nalgúns casos, mesmo sen dereito a prestación. Regulamentación que vén  empeorar as xa precarias condicións contempladas nos contratos de formación e prácticas.

Denunciou que se favoreza a contratación de xubilados/as mantendo o 50% da súa pensión, nunhas condicións moi beneficiosas para a empresa. Unha medida coa que se dificulta, dixo “a incorporación ao mercado laboral de traballadoras/es en paro e que é, na práctica, discriminatoria no sentido de que non todos os xubilados/as chegan a esa idade nas mesmas condicións físicas e económicas”.

Tamén denunciou que se retrase a idade de xubilación parcial dos 61 aos 63 anos, camiñando aos 65 anos para o ano 2027, así como o atraso da idade de xubilación anticipada: a voluntaria de 63 a 65 anos, con 35 anos de cotización e a forzosa, de 61 a 63 anos, con 33 anos de cotización. “Fórzase así a manter no emprego ás persoas de sectores que precisan dun forte desgaste físico e dificúltase o acceso ao emprego de parados/as”.

Xunto a isto, sinalou que se dificulta ou retira un dereito a un colectivo de traballadores/as dos máis afectados pola crise e con máis dificultades de volver a atopar emprego: o de maiores de 55 anos. “Para ter dereito ao subsidio de desemprego a renda per cápita familiar non pode superar o 75% do SMI e sofren un prexuízo duplo ao privalos duns ingresos, pero tamén dunha cotización para a xubilación”. Unha medida que para Seixo é exemplo da visión “clasista e elitista” da sociedade que ten o PP.

Máis reformas o 26 de abril

Respecto do anuncio dun novo paquete de reformas a aprobar no Consello de Ministros do vindeiro 26 de abril, advertiu que o que se pretende, por exixencia da UE, é abaratar máis o despedimento; rebaixar os salarios; subir os impostos indirectos e non revalorizar as pensións en función da carestía da vida.

Séguese a insistir nas políticas de sempre, que non serven para reactivar a economía e saír da crise. Políticas que pretenden que os custos da crise caian nas clases populares”, denunciou, “mentres a banca e as grandes empresas campan ás súas anchas, fan despedimentos masivos e seguen evadindo impostos a través dos paraísos fiscais”.

O secretario xeral da CIG lembrou que nestes anos incrementáronse os cartos depositados neses paraísos fiscais, que xa ascenden a 24 billóns de euros. “Estamos a falar pois dun goberno de monicreques, dun PP vinculado á corrupción e dunha UE ao servizo da banca. Unha UE que mentres exixe austeridade e duras reformas económicas, colabora na especulación coa débeda pública levando aos estados á ruína e empobrecendo a millóns de cidadáns”, concluíu.

Ante esta situación proclamou que o goberno do PP “non nos representa” e que esta UE, “non nos interesa” e fixo un chamamento a seguir a mobilizarse, atentos/as ás medidas que se aproben o día 26 porque se son segundo o previsto “haberá que preparar novas mobilizacións, sen descartar a convocatoria dunha folga xeral antes do verán”.

Fonte: Avantar.
Fotos: Susete'70.
___________________

xoves, abril 11, 2013

Estrea na Galiza do documental "Co teu diñeiro", de Iker Espúñez


As organizacións AMARANTE Setem e Fiare Galiza en colaboración con Adicae, Coop57 e AIS O Peto, organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas.

A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez (que se despraza a Galiza exclusivamente para estar presente nas sesións) nas cidades de Vigo e Pontevedra. Asemade con posterioridade esta actividade desenvolverase noutras moitas cidades e vilas do país.

Neste documental no que non se pretende sentar cátedra, tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa no que se busca que cada persoa tire as súas propias conclusións.

O documental está producido por MOBIOLAK. Dura cerca de 70 minutos e despois da súa proxección haberá unha charla-coloquio con responsábeis de Amarante Setem, Fiare Banca Ética e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, e na que poderá participar todo o público asistente.

A entrada será libre até completar aforo.

Proxección do documental.

Compostela: Martes, 16 de abril de 2013, ás 19:00 horas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da U.S.C., Avda. do Burgo s/n, Campus Norte.

Vigo: Mércores, 17 de abril de 2013, ás 19:30 horas, no Centro Cívico de Teis, Rúa Camiño Maceiras s/n.

Pontevedra: Xoves: 18 de abril de 2013, ás 20:00 horas no Teatro Principal, R/ Paio Gómez Chariño 6.

PARA MÁIS INFORMACIÓN OU SOLICITAR UNHA ENTREVISTA CO DIRECTOR DO DOCUMENTAL
Pode-se contactar con: Xosé Luís Riveiro
Tlef: 658 019 221
ou correo-e:  xolosinho@gmail.com


SINOPSE:


Este documental pretende reflexar as prácticas financeiras alternativas á banca convencional que podemos atopar na actualidade no estado español.

A crise, motivada en grande parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os/as seus/súas clientes/as. Até qué punto a sociedade é consciente da forma en que se emprega o seu diñeiro?

Con este documental pretendemos facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias:inversións en empresas de armamento, en multinacionais con amplos historiais de incumprimento de dereitos laborais e humanos dos/as traballadores/as, en empresas enerxéticas que realizan obras ecoloxicamente inadmisíbeis en países do sur cuxa poboación está desprotexida por ausencia de lexislación ou gobernos corruptos, desfiuzamentos, etc.

Miles de personas prexudicadas no mundo polas accións de empresas avaladas, financiadas e habitualmente impulsadas por entidades bancarias que, mentres no seu ámbito local presumen de transparencia e empregan o marketing como un constante lavado de imaxe, utilizan o diñeiro dos seus clientes para xerar máis diñeiro sen preocuparse polas consecuencias que conleva.

Ante esta situación presentamos alternativas: a banca ética e as redes de economía solidaria. Dentro da banca ética este documental focaliza grande parte do seu discurso en FIARE, cooperativa de aforro e crédito de creación relativamente recente que, ano tras ano, realiza unha actividade exemplar neste ámbito, e que en Galiza conta xa cunha forte implantación e co apoio de moitas persoas e entidades socias.

PROTAGONISTAS:

En “Con tu dinero” quíxose dar voz a persoas e organizacións involucradas nunha banca ética, social e limpa, como por exemplo:

FIARE. Peru Sasia, director e un dos fundadores do proxecto Fiare, un banco ético de implantación en todo o estado. Do mesmo xeito, organizacións que obtiveran crédito nalgún dos campos aos que Fiare presta o seu apoio.

SETEM. Alberto Cereijo, director da ONGD Setem Hego Haizea, e unha das persoas responsábeis da campaña Finanzas éticas desta organización.

Oikocredit. É unha das principais institucións financerias privadas de inversión para o desenvolvemento no mundo, sobre todo en países do sur.

Representantes de redes de economía solidaria.

Arcadi Oliveres. Profesor universitario. Poderiamos dicir, unha “personalidade” na materia que tratamos, con grande facilidade de palabra e grandes dotes comunicativas.

Jordi Calvo. Centro Delás de Estudios pola Paz de Justicia i Pau. Participante das campañas “BBVA sen armas” e “Santander sen armas”.

COOP57. É unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sostibilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.

Jesús Carrión. ODG-Observatorio da débeda na globalización. É un centro de investigación das relacións Norte-Sur e da xeración de débedas contraídas entre comunidades durante o actual proceso de globalización.
Juan Hernández Zubizarreta. Profesor da UPV-EHU.

Completan o documental: Centre Delás (Justicia i Pau) / Plataforma contra el BBVA / Ivanei Dalla Costa - MAB / Javier Ortega - Cooperativa Grupo La Veloz / Ugo Biggeri - Banca Popolare Etica / Iñigo Hernani - La montañuela Rosa / Miró - Coop57 / Ramon Pascual - Coop57 / Jorge Berezo - Oikocredit Euskadi / Carlos Ballesteros - Fiare / Cristina de la Cruz - Fiare / Carlos Askunze - Reas / Andrés Esteban - Financiación Solidaria (Zaragoza) / Fernando Sabín - Mercado social de Madrid / Santiago Membibre – Peñascal Kooperatiba / Carlos Taibo - Universidad Autónoma de Madrid.

Asociación Galega AMARANTE Setem
Rúa de San Pedro, 67
15705 COMPOSTELA
Telefax 881 978 705
www.amarantesetem.org


Enviado por:
AMARANTE Setem
-amarantesetem@amarantesetem.org-
11 de abril de 2013 12:49
_________________

Manifestación en Carballo, o domingo 14 de Abril, en defensa de Corcoesto e Bergantiños, contra o destrutivo proxecto mineiro

O domingo que vén, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha manifestación contra a mina de Corcoesto en Carballo. Será a manifestación central das mobilizacións que estamos a facer, por iso queremos conseguir un bo número de persoas nela.

Creamos un evento no facebook, para difundila. Tamén se pode mandar a información por correo, por teléfono, ou en persoa. Por favor, difundide, compartide e convencede. Temos que ser unha morea de xente! Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente. Non é só un problema de Corcoesto. Non é só un problema de Bergantiños. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui.

Falemos agora, para que calen para sempre!

Agardámoste o domingo ás 12:00 en Carballo, no aparcamento do Haley, para dicirlle á Xunta con voz alta e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio.

Fonte: Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
______

Afetad@s pola desidia do goberno local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución

SOLIDARIZATE E APOIA, ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA DESIDIA DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP FERROLÁN, NA ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS PROTEXIDAS DE RECIMIL, PARTICIPANDO ESTE VENRES 12 DE ABRIL, ÁS 11.30HS DIANTE DO CONCELLO DE FERROL.

Afetad@s pola desidia da Xunta de Goberno Local de Ferrol, na adxudicación de vivendas protexidas de Recimil, reclaman unha solución a súa situación de falta de vivenda.


O mércores 9 de abril, desde as 6 da tarde, tivo lugar unha Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil. No transcurso da Asemblea escoitaron-se testemuños de situacións dramáticas. Houbo un debate a fondo sobre o que estaba pasando coas vivendas de Recimil desde 2010.

Acordou-se presentar o vindeiro Venres 12 de Abril, ás 11:30hs, no rexistro do Concello a seguinte reclamación:

" ...

EXPOÑO:

Que por resolución da Xunta de Goberno Local, figuro na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, co nº___. Que sei que hai vivendas baleiras aptas para vivir que só necesitan sinxelas reformas ou reparacións. Que non se pode permitir que estean tapiando as vivendas baleiras e pola contra estas non se adxudiquen.  Que a miña situación económica segue sendo moi difícil e que necesito que se me adxudique unha vivenda sen demora.

...

SOLICITO:

Que teñan a ben atender esta reclamación e se me adxudique e entregue xa, algunha das vivendas baleiras protexidas de propiedade municipal do barrio de Recimil.

...
"

Ao tempo acordou-se nomear unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por persoas da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra que soliciten unha reunión co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, para reclamar as nosas demandas.



Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/
_____________________

luns, abril 08, 2013

Convocatoria da XX Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra – Martes 9 de Abril de 2013

XX Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Proposta de obxectivos e orde do día para a XX Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Martes 9 de Abril.
Lugar: En caranza, no local de Arméria Soc. Coop. Galega, na Traseira do Mercado Municipal.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.

A proposta de obxectivo da reunión, é a de debater e acordar sobre:
o Encontro; Arméria Soc. Coop. Galega: Consello Reitor, Tenda de Troco, Locais, ....; a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, ...); Informar e decidir sobre a proposta de Radio Buguina para a acción unitaria "Carga de Dignidade"; ...

Proposta de orde do día:

Punto previo: Aprobación ou modificación da orde do día.
  1. Pasos que se están dando para ultimar a legalización de Arméria Soc. Coop (escritura Pública, CIF e contas).  E sobre os locais da Traseira do Mercado Municipal de Caranza e outros asuntos da Cooperativa. Tenda de Troco.
  2. Rede de Apoio Mutuo. Proposta de actividade para promover o traballo nas hortas de Canido e Caranza. STOP-Desafiuzamentos. Alimentos Solidarios. Peto Solidario. Comisión de Xustiza Social.
  3. Información e toma de decisións sobre a proposta de Radio Buguina para a acción unitaria "Carga de Dignidade"; ...
  4. Outros asuntos de interese, propostas, rogos e preguntas.
Moderará a reunión Bea Cana.

Ferrol Terra, 5 de Abril de 2012
__________________

O "Plan de Oportunidades", as vivendas protexidas de Recimil e a Asemblea convocada por Stop-Desafiuzamentos


Desde hai días Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, está activando a reivindicación de entrega das vivendas protexidas de Recimil. Diante da reclamación de entrega dunha vivenda de emerxencia social ás persoas que quedaban desamparadas polos desafiuzamentos nos últimos meses, recibiamos sempre a mesma resposta: "non hai vivendas en Recimil en disposición para entregar". Os servizos sociais non dispoñen deste recurso para solucionar os problemas de grave emerxencia social. Mais o Alcalde en varias roldas de prensa, actos e mesmo cando presentou o seu "Plan de Oportunidades", facía mención a estas vivendas e daba cifras, mesmo falaba de orzamentos. Non sabemos onde van os orzamentos dispostos do pasado ano, nin que o que se está a facer cos deste. O único que sabemos é a resposta dos servizos sociais, de que eles só teñen os recursos que ofrecen. Os responsábeis políticos unha vez máis, ou menten ou son uns irresponsábeis. Non só non son capaces de adecuar unhas poucas vivendas para emerxencia social, senón que non teñen pensado dar resposta ás necesidades de 116 persoas con escasos recursos, que están á espera de que se lles entregue unha vivenda protexida en Recimil desde o pasado mes de Xullo, que foi cando se publicaron as listas definitivas de persoas que reúnen os requisitos para ser adxudicatarias.

Desde as nosa filas teñen-se entregado chaves ao Concello de vivendas aptas para vivir, mais o Concello o que fixo foi tapiar as vivendas que se lle entregan ou que atopa deshabitadas. O sistema é: previa visita da policía para comprobar se vive alguén na vivenda, chegan un par de operarios no nome do Concello, retiran a manilla da porta e a tapian con tixolo e logo pintan de marrón escuro. A pasada semana xa ían máis de 60 vivendas tapiadas. Mentres a xente está sen vivenda o Concello dedicase a tapialas. Que é o que está pasando?

Diante desta situación Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, comezou unha actividade de localización e contacto coas persoas que figuran na lista de espera, para activar unha campaña de demanda aos responsábeis municipais, para que poñan a disposición das persoas afectadas as vivendas protexidas de Recimil xa.

Nunha Asemblea previa celebrada a finais de marzo, en Esteiro, acordou-se convocar unha nova Asemblea de persoas afectadas, co noso apoio, coa intención de definir xa unha serie de accións encamiñadas a conseguir os citados obxectivos dunha morada onde poder vivir.

A citada Asemblea terá lugar o vindeiro Mércores, 10 de Abril, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

Ferrol, a 7 de Abril de 2013

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/


Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
8 de abril de 2013 00:51
_____________________

martes, abril 02, 2013

A Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume após un ano desde o fatídico incendio que arrasou unha boa parte do Parque Natural

   De Marzo de 2012 a Marzo de 2013. A finais deste mes de marzo cumprirase un ano do fatídico incendio que arrasou unha boa parte do Parque Natural das Fragas do Eume.

UN ANO MÁIS DE INOPERANCIA E DESPREZO ÁS FRAGAS DO EUME

A finais deste mes de marzo cumprirase un ano do fatídico incendio que arrasou unha boa parte do Parque Natural das Fragas do Eume. As Fragas do Eume é a unhas das xoias medioambientais de Galicia, pois é o bosque de clima atlántico mellor conservado de todo Europa. Nel atopase case a totalidade da fauna e da flora que existe en Galiza e incluso podemos atopar neste recuncho de difícil acceso especies case desaparecidas no resto do planeta. Mais o dito con anterioridade tan só serviu para que a Xunta de Galicia declarase este bosque como o Parque Natural das Fragas do Eume o 30 de Xullo de 1997. Declaración fortemente contestada polo propietarios das fincas ubicadas nas 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos da Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes ao limitarlles a explotación forestal sen contraprestación económica ou doutra índole.

Despois de máis de 15 anos da declaración do Parque Natural e dun incendio que chegou ao corazón da fraga desde a Plataforma para a Defensa das Fragas non podemos máis que indignarnos pola deixades absoluta coa que actuaron os distintos gobernos da Xunta de Galicia por non terse aprobado o PRUX (Plan Reitor de Usos e Xestión) do Parque.

A falla de previsións e a descoordinación na extinción do incendio por parte da Dirección do Parque e da Xunta de Galicia fixo que a indignación popular se reflectise en concentracións por toda Galiza que foron contestadas con boas palabras por parte dos responsables políticos pero que na práctica non chegaron máis aló pois o certo e que despois dun ano do incendio tan só se actuou timidamente e nas zonas visibles (entorno do mosteiro, estradas asfaltadas) coa colocación dalgunha barreira vexetal para evitar a erosión producida pola chuvia. No corazón da fraga xusto onde as ladeiras son máis empinadas non se fixo ningún tipo de actuación e polo tanto a erosión foi e é moi alta con frecuentes desprendementos durante todo este inverno. A vexetación que esta colonizando a zona queimada son principalmente eucaliptos e no mellor dos casos xestas, toxos e fentos que se van converter en combustible para futuros incendios. Unha inspección as zonas máis danadas deixan en evidencia que moitas árbores autóctonos, mesmo centenarias non van abrochar nesta primavera ou no mellor dos casos que sexa a súa derradeira primavera con vida por culpa de ter a codia morta en todo o seu perímetro. A deixades da administración no tocante a recuperación do parque e en traballar para evitar a continua eucaliptización do parque non existiu nin co anterior director do parque Luís Costa nin co actual Jorgue Vázquez e proba da absoluta insensibilidade que existe por parte dos distintos gobernos da Xunta e Goberno do Estado e o feito que no Real Decreto-lei 25/2012 se excluíse de xeito intencionado o Parque Natural das Fragas do Eume pois dito Real Decreto só prevé medidas de apoio as persoas e os bens afectados polos incendios ocorridos desde o 1 xuño de 2012. O mesmo Real Decreto mesmo ignora o incendio das Fragas do Eume pese a repercusión nos medios de comunicación de europeos.

http://www.boe.es/boe/dias/2012/09/08/pdfs/BOE-A-2012-11409.pdf

Desde primeros del mes de junio se han producido grandes incendios en distintos puntos de la geografía española que han calcinado miles de hectáreas y movilizado numerosos medios terrestres y éreos para su extinción y para la puesta en marcha de las tareas de evacuación”.

Se trata de incendios especialmente virulentos que se han cobrado la pérdida de varias vidas y cuya extensión y propagación resultan destacables”.

A actitude da Xunta de Galicia pero nomeadamente da consellería de Medio Rural e do Mar e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non pode máis que provocar a nosa máis enérxica repulsa pois a súa deixedes, desprezo, falla de profesionalidade, insensibilidade, cariño ao propio, ignorancia, prepotencia conlevou que nin sequera intentasen que o Goberno do Estado incluíse o incendio das Fragas do Eume nas medidas do Real Decreto 25/2012 en base ao apartado 3 do artigo 1º.

“3. El Gobierno, mediante real decreto, podrá declarar, con delimitación de losmunicipios y núcleos de población afectados, la aplicación de las medidas previstas en este real decreto-ley a otros incendios y tormentas de características similares que hayan acaecido o puedan acaecer, en cualquier Comunidad Autónoma, desde su entrada en vigor hasta el 1 de noviembre de 2012” .

Tampouco podemos deixar de citar a actitude da Unión Europea que non é outra que non saber da existencia deste tesouro a nivel europeo e polo tanto permitir a súa desaparición paulatina. Este feito contrasta coa obsesión co cemento realizando e apoiando obras e infraestruturas moitas das veces duplicadas e/ou inútiles. A actitude desta superestrutura (Unión Europea), non só, no caso do incendio das Fragas do Eume, senón tamén nos continuos accidentes mariños ocorridos nas costas galegas sen que se teña tomado ningunha medida para prever e minimizar as consecuencias pode levarnos a pensar que a súa existencia atenta mesmo contra a seguridade vital dos galegos e galegas.

As Fragas do Eume seguen vivas e a sensibilidade popular para defende-las tamén segue viva e por estes dous motivos a Plataforma das Fragas do Eume vai por en marcha nos vindeiros días medidas para levar á primeira plana das redes sociais e dos medios de comunicación a existencia das súas marabillas e tesouros naturais xunto coa súa problemática e abandono.

PLATAFORMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS.

https://www.facebook.com/plataforma.defensafragasdoeume
_______________

Basta de impunidade! As relaçons comprovadas entre Feijó e o narco Marcial Dorado exigem demissom imediata do presidente da Junta

A saída à luz pública das fotografias que confirmam as relaçons estáveis existentes entre diferentes dirigentes, cargos públicos e estruturas do Partido Popular com capos do narcotráfico na Galiza deve ser avaliada como um facto da máxima gravidade que exige mais que umha ridícula conferência de imprensa como a que ontem protagonizou Núñez Feijó.

NÓS-Unidade Popular e o conjunto da esquerda independentista galega leva anos denunciando a existência de umha corrupçom generalizada que vai além das doaçons, comissons e outras “colaboraçons” por parte do empresariado aos grandes partidos, com destaque para o Partido Popular.

A antiga amizade entre o máximo representante do PP na Galiza, atual presidente da Junta, e um dos capos da máfia galega fica provada, somando-se a outros factos igualmente graves, como as fotos do presidente espanhol Mariano Rajoi num barco propriedade de um dos principais clans mafiosos do nosso país, realizadas no ano 2009 e nunca explicadas polo seu protagonista.

Longe de se produzir umha investigaçom a fundo desses dous factos e doutros conhecidos em diferentes níveis e estruturas da atividade política-institucional por parte do PP, relacionado com redes de contrabandistas e narcos, a impunidade parece garantida, o que permite que o próprio Feijó inche o peito e diga que vai manter a sua atividade “sem medo”.

A demissom de Núñez Feijó deveria ser imediata e ir acompanhada da investigaçom pendente das atividades de um partido totalmente apodrecido por umhas finanças obscuras e uns tesoureiros corruptos desde a etapa de Manuel Fraga até a atual. As várias ocasions em que se constatou a atividade irregular do aparelho financeiro do PP, desde o Caso Naseiro em 1990 até o atual Caso Bárcenas, nom servírom para deter essas atividades económicas ilegais. O possível apoio económico de máfias de diverso tipo, como as da droga na Galiza, supom um nível superior no nível de possível corrupçom e deveria levar a umha perseguiçom real das atividades de financiamento do principal partido institucional.

NÓS-UP considera escandalosa a impunidade que os corruptos venhem exibindo na Galiza e no Estado espanhol, maior quanto mais graves som os factos que lhes som atribuídos. Tendo em conta a implacável repressom que sofrem coletivos populares de todo o tipo como conseqüência das cada vez mais difíceis condiçons económicas que o nosso povo padece, consideramos esse tratamento diferenciado por parte da Justiça a prova irrefutável do caráter degenerado da pseudo-democracia espanhola e bourbónica atual.

Nom pode entender-se que a cascata de casos de corrupçom que afetam as cúpulas políticas na Galiza e no Estado espanhol continuem sem provocar nengumha demissom, sendo o exemplo de Núñez Feijó o mais recente exemplo da impunidade que carateriza as obscuras atividades do Partido Popular.

Só a pressom popular em defesa da ruptura democrática, contra a corrupçom e pola soberania nacional galega permitirá combater o esquema corrupto enquistado nas entranhas do atual sistema capitalista espanhol.

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 2 de abril de 2013

Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones: Porta-Vozes: 651 089 971 (Alberte Moço) 659 306 973 (Rebeca Bravo) | Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza


Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
2 de abril de 2013 12:37

_______________________

Acción Directa (e voluntaria) contra o abandono do patrimonio


Cada sábado, desde hai case un ano, un grupo de persoas de Ferrolterra traballa voluntariamente na reparación, mantemento e limpeza de "zonas verdes, cunetas, edificios do patrimonio arquitectónico ou zonas naturais de especial interese" da comarca e da cidade de Ferrol. É o colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, que vén de sumar un novo elemento á súa lista de recuperacións: os restos da antiga muralla defensiva da cidade.
    Os restos da antiga muralla defensiva da cidade é o último espazo rehabilitado polo colectivo
É tan só un máis dunha morea de espazos rehabilitados, limpados ou recuperados por este grupo, no que hai xente desempregada, pero tamén membros con traballo. Foi en setembro de 2009 cando na zona da Malata se atopou "posiblemente o último achado arquitectónico con carácter histórico de Ferrol". Os restos daquela muralla permaneceron desde aquela semiocultos pola maleza, á espera dun informe da Dirección Xeral de Patrimonio que non deu chegado. "A falta de interese por parte do Concello e da Xunta quedou patente", denuncia Acción Directa, que vén de limpar os devanditos restos, ademais de transplantar unha maceira de varios anos que crecía enriba deles e de erradicar varias cepas da especie invasora plumeiro da Pampa.

Nesta ocasión, foron unhas sete persoas as que participaron na recuperación. "Outras veces son máis e outras menos", tal e como aclara Marcos Meizoso, membro e fundador de Acción Directa, que lembra como xurdiu a idea. "Fun dar un paseo pola senda ártabra de Covas e vin un letreiro que indicaba a existenca do antigo lavadeiro de ouro e cobre da zona; achegueime a velo e era vergoñento comprobar en que estado se atopaba aquilo, desfeito e cheo de silvas e toxos", lembra. A partir de aí, e coa axuda das redes sociais, púxose en contacto con xente que rapidamente accedeu a conformar un grupo que vai camiño de comprar un ano dun traballo tan voluntario como meritorio.
    Acción Directa denuncia o "abandono, desleixo e mal estado" dos espazos públicos en Ferrol
Ademais das súas accións, o colectivo leva tempo denunciando o Concello de Ferrol e as empresas contratadas para o mantemento dos espazos públicos polo "abandono, desleixo e mal estado" destes  na cidade e arredores e esixindo "a optimización dos recursos municipais e das empresas que prestan eses servizos para que sexan visibles".

Unha das súas reivindicacións, e obxectivo común do grupo, é a paralización do investimento de 916.000 euros de cartos público na praza de España, "ao que agora se lle suma outro despropósito, o anuncio de malgasto dun millón de euros para recuperar os baixos da Costa de Mella e a remodelación dos xardíns de San Francisco".
    Solicitan que os cartos destinados á praza de España ou á Costa de Mella se destinen a contratar parados para a reparación dos espazos públicos da cidade
"O que pretendemos é buscar a forma de dar emprego á xente. Pensamos que os cartos que se empregan na praza de España ou na Costa poderíanse empregar en contratar grupos de persoas desempregadas para que fagan estes traballos de limpeza e recuperación", conta Marcos Meizoso. A proposta chegou, a través de carta, xa hai tempo ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que aínda non respondeu. Partidos da oposición apoiaron a idea, pero nada se sabe tampouco desde hai meses.

Mentres, Acción Directa continúa facendo un traballo que debería ser levado a cabo polas administracións. "Temos unha cidade cun potencial turístico e cultural enorme, pero o abandono que sofre é tremendo e iso prexudícaa", insiste Meizoso, que recorda tamén o elevado nivel de desemprego que sofre a comarca. "Aínda que fose mediante contratos parciais, o traballo continuado de varias persoas sería moi efectivo, sobre todo se se fai acotío e non como adoita facer o Concello, que vai unha vez ao lugar e non volve en anos", aclara.

Os exemplos de espazos recuperados son moitos e variados. O Muíño do Santo, o río Sardiña, o parque monumento Torrente Ballester, a Batería de San Carlos, a de San Cristovo, a fonte de Chamorro, o lavadoiro da Barca... Unha morea de zonas limpadas e rehabilitadas por un grupo voluntario que non cobra nin un peso por un traballo que non fan as administracións.

Por Miguel Pardo - @DePunteirolo

Publicado en Praza Pública.

Baixo licenza Creative Commons by-sa.
___________________

luns, abril 01, 2013

A violencia machista arrebata unha nova vida en Lugo, a Marcha Mundial das Mulleres convoca un acto de repulsa na Praza do Concello de Ferrol, hoxe Luns, 1 de Abril


A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DUNHA MULLER EN LUGO

Unha vez máis temos que concentrarnos para amosar a nosa repulsa polo brutal asasinato a mans do seu marido dunha muller en Lugo.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O silencio fainos cómplices, non sexamos cómplices.

O VINDEIRO LUNS 1 DE ABRIL ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza

Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968
Coord. Ferrolterra: 696732735
Coord. Compostela: 647735737
Coord. Vigo: 671695968
Coord. Ourense: 652140217
Comunicaçom: 698159764

http://www.feminismo.info


 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:


_______________

domingo, marzo 31, 2013

Concentración por nova entrada ilegal de gaseiro na Ría - Vídeo e Fotos


Onte celebrouse unha nova concentración, ante a entra na Ría do "LNG Lagos", convocada polo Comité Cidadá de Emerxencia para a Ria de Ferrol. Este buque gaseiro fixo o 140, desde a entrada do Galicia Spirit en maio de 2007. O compañeiro Fernando Ocampo tomou a palabra, nesta ocasión para recordar que a planta está a funcionar pese ás sentencias reprobatorias que existen contra ela, a última ditada polo Tribunal Supremo.

Esta loita cidadá que non cesa, ten como obxectivo a defensa da vida e da Ria de Ferrol, seriamente ameazadas pola existencia desta planta regasificadora no medio dun asentamento tan densamente poboado. Unha planta que, como ven denunciando este Comité Cidadá, nestes momentos está a funcionar como mero almacén de gas para operacións especulativas no mercado gasista.



Vídeo: Ártabra 21.

Fotos: Susete'70.
__________

No nome de Elena Dumitro, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
30.03.2013


Foi-me dificil atopar nos jornais, nas televisons, nas redes sociais... o seu nome. Ela , Elena Dumitro, fria, sem vida, depois de parir quatro para o mundo, desfazia-se em sangue e frio de baldosa, numha rua da Milagrosa, na cidade de Lugo. A vida roubada a golpe de machada. Ela, Elena Dumitro, dim que é a número 13. Com seguridade ergueu-se esse dia preocupada polo que comer, e querendo que todo fora bem. Nom sabia que ia pagar coa vida essa batalha. Dera moitas. Sabia como começavam e algo nela impedia-a calar e outorgar. Arriscava-se em cada umha delas, às vezes nom moi consciente, de até onde podia ou nom porfiar sem correr muito perigo. Esta última batalha perdeu-na definitivamente. As mans das vizinhas, arrastrando-a longe do campo de batalha nom conseguiram salva-la, tam só coloca-la no espaço público como umha combatente mais, umha combatente abatida.

Hai semanas aparecia nos médios de comunicaçom um inquérito onde se refletia que umha parte da povoaçom opina que a violência machista nom tem soluçom, que é algo inevitável, que sempre existiu. Também opina que as leis aprovadas resultam ineficaces para rematar coa violência machista. Hai algo de sabia intuiçom nestas opinións que vam em aumento, porque as leis, as políticas de igualdade, mesmo a mobilizaçom cidadá que segue a cada assassinato, nom fai albiscar o fim desta violência. Mais ao contrario, parece recrudescer e mostra-se imparável e cruel. É certo que na memória colectiva sempre existiu, mas as altas tasas de suicídio entre os agressores; o assassinato de filhas e filhos menores para infringir a morte em vida, e o incremento do número de moças assassinadas, falam dum fenómeno social com expresons novidosas que quando menos, precisa dum fondo análise ou doutras leituras para a sua comprensom e a sua erradicaçom.

Em todo caso, estamos ante umha batalha cruenta que gera sofrimento, destruçom, feridas e morte. Um guiom que se perpetua e se reproduze em múltiples escenários e na transversalidade social e generacional. Eu afirmo, como o afirmara já hai mais dumha década a feminista galega Begonha Caamanho, que é umha guerra.

Esta guerra, coma todas as guerras, mata. É umha guerra de dominaçom. É a guerra que o Patriarcado livra contra as mulheres do mundo. Umha guerra da que nom se dam partes nem nas grelhas informativas nem nas análises políticas. Esta é umha guerra nom reconhecida, oculta. Nom porque nom se nos informe das mais encarnecidas batalhas, aquelas que incluem soldado-suicida por exemplo, ou porque desde as organizaçons sociais e políticas nom se condenem os feitos e se reivindiquem medidas para luitar contra o que se considera umha “lacra”, senom porque ao nom reconhecer a existência desta guerra, como tal guerra, fai-se umha análise errada em quanto aos mecanismos e recursos que deveram por-se em marcha para conseguir a paz. Umha paz que traia a justiça e a liberdade para as mulheres.

O Patriarcado faz a guerra às mulheres do mundo cum exercito ingente de homens, algumhas mulheres e instituiçons e recursos. Trata-se dumha guerra de dominaçom moi prolongada no tempo. Leva vantaje na guerra psicológica e de propaganda, utilizando médios e centros criadores de opiom e ideológicos. Leva vantaje porque governos, instituiçons religiosas e educativas mostram essa dominaçom como natural ou de orde divina todos os dias. O Patriarcado tem vantaje também nos enfrontamentos corpo a corpo, pois estes campos de batalha som milhons em todo o planeta, mas ao entrarem no terreio do privado fam-se invisibeis, e as mulheres devem dar em solitário essa batalha fronte a um soldado bem armado ideologicamente e às vezes mesmo programado para matar.

As mulheres loitam, rebelam-se contra os péons do Patriarcado. Dam a batalha pola liberdade, contra a injustiça da opressom. A discriminaçom, a escravitude, a submissom, esmaga-as coma umha lousa nas cousas cotiás e nas extraordinárias, em cada minuto cos seus segundos das suas vidas. A sua resposta provoca a violência machista. A chama da liberdade que arde nelas provoca a reacçom da mente machista, do soldado do Patriarcado, para imponher a submissom. Mas essas batalhas dam-nas na mais absoluta soidade. Aí atuam o medo, o sentimento de culpa e a presom social que destroem a autoestima. O Patriarcado vence as mais das vezes nom só porque tem tecidas alianças cos poderosos cos que se retroalimenta para perpetuar-se, senom porque se enfronta a um exército de mulheres desorganizado e dividido em milhons de células de resistência, mas sem a suficiente conexom. Um exército que apenas conta com organizaçons próprias que conformam um inusual movimento social, o feminismo, moi atomizado, que nunca conseguiu a hegemonia social e que nestes momentos a nível planetário conta com poucas alianças e muitos inimigos. Inimigos com tanto poder que mesmo bombardeiam e destroem países inteiros e borram da categoria de cidadania ao 50% da populaçom, mediante leis sharias, leis de família e outras ordenaçons políticas e sociais tam gorentosas para o Patriarcado e tam uteis para o Império agonizante. Inimigos com tanta influência que logram centrar a esperanza dum mundo melhor na eleiçom dum Papa numha das instituiçons mais misogenas da história da Humanidade.

É preciso reformular a estratégia. Som tempos de cambio. Fala-se do fim dum ciclo histórico. Desde o feminismo temos que reflexionar sobre que papel nos toca jogar neste momento de cámbios. Que caminho tomar se queremos que o fim desta guerra chegue quanto antes, e sobre todo, que a sinatura da paz conleve a desapariçom do Patriarcado, que nom à desapariçom dos homens e mulheres que servem nas suas filas. Todo aponta a que essa nova estrategia aponta a dous frontes de luita: a guerra de propaganda ideológica, e a batalha pola deserçom massiva dos homens que servem ao Patriarcado.

Eis quatro puntadas para começar a tecer a peça:
  • Arrincar do discurso feminista a vitimizaçom. Som combatentes, luitadoras pola liberdade, nom som vítimas. Enfrontam-se ao opressor, desafiando a autoridade patriarcal, as normas do poder. Exercem a liberdade de amar, de desamar, de decidir, de opinar, do sem permisso ... som activistas da igualdade, mas som activistas sem consciência de se-lo e sem organizar.

  • Incluir aos homens no compromisso e no activismo feminista, impulsando desde as organizaçons e movimentos transformadores mistos a sua participaçom e visualizaçom nas políticas de igualdade e na elaboraçom de alternativas ao patriarcado. Impulsar a horizontalidade nesta luita, ampliar ao colectivo masculino a falta de hierarquias que sempre praticou o movimento feminista. Criar e fomentar liderazgos masculinos neste campo, impulsando o liderazgo feminino noutros campos de luita muito masculinizados.

  • Reformular o discurso feminista para romper a barreira que separa as activistas das até agora chamadas vítimas. Nem som vítimas, nem todas somos vítimas. Deveremos conformar umha grande irmandade em rebeldia. Criar redes e alianças que visibilizem as resistências. As pequenas e ailhadas, e as mais grandes e colectivas. Animar a que essa resistência nom se faga em ilhamento, senom unindo-se, organizando-se, participando, para estar mais seguras, para medrar, para aprender das resistências das outras.

  • Fortalecer o movimento feminista, impulsando alianças entre os distintos colectivos e participando com voz própria na construçom dos novos sujeitos políticos transformadores que estam a agromar tanto na Europa coma no norte de Africa. Feminismo é democracia, ou se preferimos, nom hai democracia sem o reconhecimento dos direitos do 50%.
[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom
____________

venres, marzo 29, 2013

Galiza Ano Cero, unha televisión diferente para o país


"Xuntas. Sen ánimo de lucro. En código aberto e baixo licenzas libres. Dende abaixo á esquerda. Outra televisión". Con este lema preséntase Galiza Ano Cero, un "proxecto de activismo audiovisual", en palabras dun dos seus voceiros, que botará andar nuns quince días na web co seu primeiro programa de debate político e coa súa primeira entrevista. Será a estrea dunha novidosa canle de televisión nacida dun grupo dunhas quince persoas que se abre desde xa á participación de todo aquel que queira colaborar.
Galiza Ano Cero botará andar nuns quince días co seu primeiro debate e entrevista colgada na Rede
Constituídos arredor dunha asociación cultural recentemente creada, este grupo de xente viu neste proxecto algo "máis necesario que nunca". "Hai un secuestro integral da democracia e dos espazos de comunicación democrática", unha eiva e unha necesidade que comprobaron logo de promover nun local da Coruña unha serie de coloquios políticos con motivo das pasadas eleccións autonómicas e que acadaron moito máis éxito do previsto, tanto polo público presente nos faladoiros como polo seguimento que obtiveron a través da súa difusión na internet.

"Naquel momento decidimos probar cun foro de debate situado radicalmente á esquerda, coa intención de abrir unha canle de debate nun momento crítico tanto para a cidadanía como para a esquerda", explican. Aquela experiencia funcionou moi ben, malia todos os atrancos atopados, e foi o que lles animou a dar un paso máis que se traducirá nesta canle de contidos audiovisuais periódicos que prevé colgar cada quince días debates e entrevistas. Será, aproximadamente, a partir de dentro de dúas semanas.
O inicio da canle coincidirá co comezo da campaña de 'crowdfunding' na busca de apoios
Será tamén daquela cando se abra unha campaña de crowdfunding coa que se intentarán conseguir os fondos suficientes para continuar cunha aventura que, como mínimo, prevé emitir periodicamente ata o verán. Se todo vai ben, Galiza Ano Cero ficará. Para conseguilo, ademais das achegas, agardan tamén contar "coa colaboración de toda persoa que queira participar, tanto para difundir os seus contidos como para achegar man de obra". De feito, e pouco despois de colgar o seu primeiro trailer, foron xa varias as persoas que se puxeron en contacto co grupo para axudar. A outra forma de apoiar: asociándose a Galiza Ano Cero a través dunha cota mensual.

"O proxecto non ten ánimo de lucro, nin en principio nin ao final, pero iso non significa que non teñamos o propósito de remunerar o traballo de quen colabore con nós", explica un dos voceiros, que aclara que o proxecto "non é profesional", pero que si conta con xornalistas e xente mundo audiovisual. A partir de agora, Galiza Ano Cero está aberto a todo o mundo e pon á disposición daquel que queira difundir os seus proxectos unha serie de ferramentas, como a web, o equipo humano, as cámaras ou o espazo físico.
O proxecto pretende ser unha ferramenta ao servizo de quen queira difundir os seus contidos audiovisuais
"A xente ten unha visión política da vida e entendemos que é necesario ter unha ferramenta como esta; este é o principio, pero a idea é que se vaia construíndo con todas as mans que se animen a facelo. Non temos intención ningunha de patrimonializalo", explican, tras aclarar que a canle "nada ten que ver coa política partidaria ou profesional", senón, precisamente, con toda a política e activismo social que fica fóra dese espazo pechado. "Entre os nosos obxectivos está que isto acabe sendo  unha canle de crowdfunding en si mesmo, un espazo onde a xente poida producir e difundir os seus contidos audiovisuais", recordan. "Será a xente quen decida se quere ou non que o proxecto continúe", rematan.

Por Miguel Pardo - @DePunteirolo

Fonte: http://praza.com/movementos-sociais/3984/galiza-ano-cero-unha-television-diferente-para-o-pais/

________________

Relacionado

Conta no facebook:
https://gl-es.facebook.com/galizaanocero

"Non ocultamos que, para montar #outraTV en Galiza, ollamos no espello de diferentes experiencias de outras latitudes que de algunha forma, son xa parte do substrato #GalizaAnoCero. Mentres vamos cociñando novas pilulas #GAC vos deixamos algún documento que nos parece de interese ao fio da relación entre transformación, antagonismo e televisión.. camiñar preguntando, que din no Zapatismo.. hoxe, o exemplo do movemento de Telestreets italianas".

http://www.globalproject.info/



________________

xoves, marzo 28, 2013

Eles ou nós, ... Por José María Villot

Por José María Villot [*]
28.03.2013

Eles teñen o poder político e o económico. Engaden os seus púlpitos, organizacións, cátedras ou medios de comunicación "todo vale" desde onde predican o que non exercitan.

Están en todas partes: en Europa e Wall Street; aparecen baixo o expediente dos "ERE" ou no caso Gürtel.

Viven en Valencia, Compostela, Sepúlveda, Nova York...

Son incombustíbeis. Permanecen no machito, desde Isabel, Fernando e a Inquisición. Xa figuraban naquel libro secreto "que debías comprar no estranxeiro, por certo" sobre "as cen familias que mandaban en España". Pasamos do "baixo palio" de Franco ao "todo vale de Aznar" inaugurando a burbulla urbanística e aí seguimos.

Segue a mesma casta. Na banca, as empresas nacionalizadas; os xefes das grandes empresas construtoras que xa facían os seus negocios con Franco. Medraron coa pesca, o ladrillo e a minería bendicidos polos políticos e agrupados baixo sonoros nomes e apelidos.

Teñen tamén a súa cota parte nos poderes do Estado: só hai que buscar na lista de "beneficiados" (polos soldos obscenos de cobran) no Consello de Contas, o propio Consello de Estado ou entre os altos cargos da xudicatura.

Aquí "tivemos" nesa lista de protexidos a Barrié, Fernández-Sousa, Villar Mir por citar un trío dabondo coñecido.

Son unha casta. Son os que deciden o prezo do petróleo; as cotas pesqueiras, os prezos do leite. O longo das saias e a gravidade dos pecados capitais ... doutros.

Son os que crearon e usan os paraísos fiscais e gobernan para si mesmos a costa dunha maioría á que se lle rebaixan os salarios e os dereitos.

A aristocracia e os villanos "cidadáns que vivían en vilas"; os de arriba e os de abaixo.

E necesitan man de obra barata, clientes para os bonos-lixo e xentes acovardadas co máis aló para quitarlles a vida na súa "acá" cotián.

Están entre a aristocracia do diñeiro, a empresa, a política, a opinión, a curia ... ou facéndoa a ola a Corinna, a raíña das comisións e os tratos. Ou son os trucos?

Son moitos, pero menos, moito menos que nós. Teñen o poder que lles dá a nosa suor e o noso esforzo. Teñen a complicidade de quen pediron o noso aval para representarnos, defendernos, axudarnos a cambio ¡como non! das taxas e impostos que dan "boa vida" á súa vida. Así que xa o saben: ou eles ou nós.

Publicados no xornal comarcal Diario de Ferrol, baixo a sección "Balcon do Pobo".

[*] José María Villot y Villot, xornalista e escritor, foi Director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia entre o 1 de xaneiro de 1988 e o 30 de Abril de 1989. Director das Xornadas de Análise con motivo do 50 aniversario da TVE e o 20 aniversario da TVG celebradas n'A Coruña en Outubro de 2006.

_____________

Paco (o papa), ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
28.03.2013

A rápida elección dun novo papa encheu de ledicia aos fieis católicos; e ao mesmo tempo serviu para esquecer a polémica que suscitou a dimisión do anterior, da que seguramente nunca se saberán os verdadeiros motivos. Como sempre, axiña comezou a propaganda das moitas virtudes do novo Pontífice que, pouco máis ou menos, serán como as dos anteriores, todos sen dúbida moi virtuosos.

Saliéntase o seu achegamento aos pobres, o que non significa distanciamento dos ricos; gábase a súa austeridade, que seguramente non implica a austeridade do seu entorno; e xa se supón que nos grandes temas pendentes do catolicismo nada se fará.

E non se trata agora da Inquisición, senón dos anticonceptivos, da homosexualidade, do aborto ou do celibato dos curas. E nada da posibilidade do acceso das mulleres ao sacerdocio. Interésanlles máis como criadas. Sendo así, de pouco serve a súa sinxeleza e humildade, aínda que nos permitan chamarlle o papa “Paco”.

Publicado no "Diario de Ferrol"

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
__________________

Un novo buque gaseiro, o "LNG Lagos", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 30 de Marzo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, na Praza Amada Garcia diante do Edificio da Xunta


O "LNG LAGOS", un antigo buque gaseiro, de máis de 37 anos, de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 30 de Marzo de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 140, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar, en Ferrol,  na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

CONCENTRACIÓN EN FERROL,
PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA,
ÁS 7 DA TARDE, DO SÁBADO 30 DE MARZO.



Características do buque:
Nome.- LNG Lagos, Bandeira .- Bermuda, Ano Construcion.- 1976, Eslora.-274.42 m, Manga.- 42, m, Calado.- 11.80 m, Puntal.- 26.14 m, Capacidade.- 122.000 m3 de GN .


  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com

www.comitecidadan.org



Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de fevereiro de 2013 18:47
---

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________

Marcha no comezo do Foro Social Mundial en Tunisia - Vídeo


Reportaxe en imaxes do primeiro día do Foro Social Mundial en Tunisia, o 26 de marzo de 2013. O Foro Social Mundial reúne-se coa Revolución da primavera.

O primeiro día do Foro Social Mundial comeza cunha forte e multicultural manifestación, que implica todo tipo de persoas, de personalidades da sociedade civil, as representantes mundiais de todo tipo de movimento social, persoas do común de todo o mundo. As imaxes mostran o mitin de apertura e entrevistas dalgunha personalidade da sociedade civil do mundo árabe e persoas clave da revolución tunisina. Saida Garrach avogada e feminista tunesina, Haucine Abassi secretaro xeral da Tunisian General Union of Workers, Sergio Bassoli CGIL international department, Samir Amin, Brasilian Indigenous, Tom Goldtooth director executivo da Indigenous Environmental Network headquartered at Bemidji, Minnesota. Realizado por Antonio Pacor e Manuel Bellino.


http://youtu.be/Bq8Oja5aUaE

A web galega do altermundismo:
http://www.altermundo.org/

A web do evento:
http://www.fsm2013.org/es
__________________

Grupo Parlamentario da Esquerda Plural: As nosas enmendas á Lei antidesafiuzamentoss


Onte martes (26.03.2013) o Grupo Parlamentario da Esquerda Plural (IU-ICV-CHA) presentamos seis enmendas á iniciativa lexislativa popular (ILP) da dación en pago impulsada pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH). Propoñemos, entre outras cousas, que a mera existencia de cláusulas abusivas nun contrato hipotecario sexa razón suficiente para que o seu titular poida opoñerse á execución hipotecaria, ademais de reclamar ao Goberno que cre unha Oficina de Atención ás persoas afectadas por cláusulas abusivas.

Da mesma xeito que fai uns días trasladamos as propostas da PAH en forma de enmenda ao Real Decreto de medidas urxentes ante os desafiuzamentos aprobado polo Goberno, nesta ocasión as nosas enmendas de adición á ILP pretenden adaptar a normativa hipotecaria vixente á sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), que fai uns días sentenciou que a lexislación española é contraria á directiva comunitaria de protección ao consumidor.

Para liquidar este feito, desde IU-ICV-CHA propoñemos que, "caso de execución do inmóbel da persoa hipotecada, admítase o rexeitamento da afectada fundamentado coa existencia de cláusulas abusivas no préstamo hipotecario", dando potestade ao secretario xudicial para convocar ás partes e "acordar a paralización do desafiuzamentos ou determinar a cantidade pola cal deberase continuar coa execución".

Por outra banda, a Esquerda Plural, coordinada neste asunto por Joan Coscubiela, propón a creación dunha Oficina de Atención ás Persoas Afectadas polas Cláusulas Abusivas que preste asesoramento aos cidadáns e emita ditames sobre o carácter abusivo ou non das cláusulas incluídas nos contratos hipotecarios. Esta oficina debería funcionar en coordinación entre o Goberno e as Comunidades Autónomas.

Así mesmo, se insta ao Goberno a modificar o IRPF para evitar que as operacións de dación en pago ou quitas de débeda poidan ser consideradas ganancias patrimoniais e estean, xa que logo, suxeitas a retencións tributarias.

Tamén cremos que os limiares fixados para acollerse ao Código de Boas Prácticas son excesivamente restritivos, polo que suscitan que se modifiquen para suprimir os condicionantes persoais ou familiares actualmente vixentes, e para elevar o teito de prezo máximo das vivendas susceptibles de acollerse ao mesmo. Así, ao noso xuízo só debería terse en conta si hai unha situación de insolvencia sobrevida, si trátase do domicilio habitual e si non se está en posesión doutros bens.

Na mesma liña, vemos necesario que a mediación e o arbitraxe xudicial sexa un paso "obrigatorio" e previo a calquera execución, e que durante o tempo que duren ditos procedementos suspéndanse tanto o desafiuzamento como a acumulación de intereses de calquera tipo. Así mesmo, defendemos que sexan os debedores os que poidan elixir libremente a que opción das recolleitas no Código "reestruturación da débeda, quita ou dación en pago" acóllense, en lugar de que sexa o banco o que o decida.

Con respecto ao Fondo Social de Vivenda, a Esquerda Plural insiste na súa petición de constituír un parque público co stock de vivenda que as entidades financeiras nacionalizadas traspasaron á SAREB (o "banco malo") e que "reúnan condicións de habitabilidad", así como as que sexan propiedade do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB).

Así mesmo, deberían incluírse neste fondo todas as vivendas baleiras que sexan propiedade de administracións e empresas públicas a calquera nivel.

Todas elas deberían estar a disposición dos afectados polas hipotecas por un período mínimo de cinco anos e contar cun prezo máximo protexido e adaptado á capacidade económica dos arrendatarios, de maneira que "en ningún caso sexa superior ao 30% dos ingresos mensuais do arrendatario individual, nin ao 20% dos ingresos do núcleo familiar".

En casos de insolvencia total ou ingresos persoal ou familiares inferiores a 450 euros mensuais, a renda mensual deberá ser cuberta polo fondo de aluguer social que corresponda.

Publicado no blogue do deputado de Chunta Aragonesista (CHA) pola Esquerda de Aragón no Congreso, Chesús Yuste.

Enviado por:
Grupo de apoio á Esquerda Plural
28 de março de 2013 19:22

http://oncediputados.blogspot.com.es/

___________________

mércores, marzo 27, 2013

Esquerda partidaria en Galiza. Un escenario aberto , ... Por David Rodríguez

Por David Rodríguez [*]
27.03.2013


Na camapaña das eleccións autonómicas de 2012 Xosé Manuel Beiras, o histórico dirixente do nacionalismo galego, citaba unha e outra vez ao Castelao da Fronte Popular para xustificar a coalición que Anova —organización nacionalista de esquerdas formada polos exBNG Encontro Irmandiño e outras forzas como a independentista e comunista FPG ou Movemento pola Base— viña de selar coas franquicias galegas de Izquierda Unida e Equo así como co pequeno grupo Espazo Ecosocialista. Aludía Beiras, fronte aqueles que consideraban a aposta pola transversalidade identitaria unha deriva perigosa, á situación de excepcionalidade provocada polo novo fascismo financeiro que, a diferenza do dos anos trinta, non precisa de desfiles de masas e histrións con casaco militar para manter aos pobos subxugados senón que lle basta o control da moeda e o movemento irrestricto de capitais.

200.000 votos e a posibilidade futura de desputar ao PSdG-PSOE  o posto de principal partido da oposición parecen un  bo indicativo de que a aposta, por máis arriscada que parecese nos círculos políticos nacionalistas, foi moi ben comprendida e refrendada eleitoralmente por unha cidadanía agredida que decidiu premiar a unión de forzas ante o que consideraba un inimigo común.

E porén, non está nada claro cal pode ser a continuidade desta coalición. Se o sentido común chamaría a reeditala (se é ampliada mellor que mellor) a outras escalas territoriais como poida ser a municipal, o certo é que Anova, que celebrará a súa primeira Asemblea Nacional en xuño, aínda non se posicionou claramente, alén dalgunha que outra declaración individual, sobre o futuro da mesma. Así, a día de hoxe, pode dicirse que dentro de Anova coexisten, de maneira máis ou menos explícita, dúas visións sobre este asunto. A de aqueles que apostan por seguir explorando a vía da cooperación con forzas da esquerda estatal sempre que, desde esta, se recoñeza a realidade nacional do pobo galego e o seu carácter de suxeto político (ao cal no axudaron, certamente, as recentes declaracións de Cayo Lara nas que consideraba que na cuestión do dereito a decidir catalán tamén se debía escoitar o que ten que dicir "o resto de España") e os que seguen cun ollo posto no BNG, que celebrou a súa Asamblea Nacional  este 17 de marzo cunha renovación importante da súa executiva e coa emerxencia na mesma dalgunhas caras que poden tender pontes de diálogo con Anova.

No Parlamento galego os nove deputados da Alternativa Galega de Esquerdas están a traballar coma un grupo cohesionado e a súa presenza no mesmo supuxo a entrada dunha corrente de vento fresco que forzou ao BNG a adoptar algunhas maneiras menos domesticadas das que viña utilizando  nesa institución. Pero mentres isto sucede n'O Hórreo a recomposición de todo o mapa da esquerda partidaria galega fai que o futuro das distintas organizacións e as súas estratexias estean no aire.

Polo que respecta a Anova estase vivindo no seu interior a pugna non só pola política de alianzas senón tamén a pugna polo modelo de organización que se quere para o futuro. Así, se moitos dos militantes máis activos apostan por un modelo de partido-movemento, cunha maior participación das bases, menos rixidez xerárquica, liderados compartidos, vontade de experimentación política e relevo xeracional; outra parte da organización móstrase máis cauta á hora de probar novas fórmulas organizativas e máis en liña coas vellas formas da política partidaria institucionalizada. O posicionamiento público de Xosé Manuel Beiras, por paradoxal e incluso incoherente que resulte nunha organización que fai bandeira do horizontalismo, será decisivo á hora de aclarar se Anova será ese partido da esquerda soberanista para os próximos 25 anos que o propio Beiras dixo desexar ou se esta non pasará de ser un estadio pasaxeiro para un regreso, coma fillo pródigo, á nave nodriza do BNG, xa sexa mantendo esa marca ou con outra que no futuro se poida acuñar.

Esquerda Unida, que celebrará Asamblea Nacional en abril, xa fixo pública a vontade da súa dirección de profundizar a relación con Anova arredor da coalición AGE, algo lóxico nun partido que até este momento apenas tiña presenza institucional en Galiza. Porén, entre os retos desta organización para que AGE poida ser un proxecto con futuro está conformarse como partido nacional galego, acadando unha autonomía orgánica que hoxe aínda non ten a respecto da estrutura federal de Izquierda Unida e asumindo sen medias tintas o dereito de autodeterminación dos pobos.

En canto ao BNG é obvio que a aparición de AGE está a condicionar toda a súa acción. Desde a postulación de Xavier Vencepersoa moi crítica, por exemplo, co proceso de fusión das caixas de aforros que o BNG avalou no seu momento— ao cargo de Portavoz Nacional, á reconsideración, polo menos retórica, da súa relación con movimientos sociais coma o 15M, até o de agora considerados polo Bloque pouco menos que coma metástasis españolistas e falsamente revolucionarios;  a asunción de certos prantexamentos que enarbolaba o Encontro Irmandiño cando aínda estaba integrado no BNG son indicativos de que, aínda que sexa de maneira implícita, estanse a recoñecer algúns erros. Pero ao tempo que isto sucede, a posible entrada no BNG dalgunhas forzas minoritarias independentistas coma Nós-UP  e parte do que foi Causa Galiza, ambas moi críticas con calquera tipo de colaboración con EU, parecen presaxiar o posible enroque do BNG nun soberanismo ensimismado —que xa está a provocar friccións entre aqueles que desde dentro do BNG observan esta estratexia coma o camiño máis corto á irrelevancia política—  e pouco proclive a unha política de alianzas amplas co resto da esquerda.

Tempo pois de impass o que se respira na esquerda partidaria galega nunha conxuntura política na que a excepcionalidade que Beiras describía na campaña electoral de 2012 non só segue vixente senón que probablemente se agudizará conforme o estado de putrefacción do réximen da segunda restauración borbónica siga avanzando e as exixencias da Troika continúen esganando aos pobos de Europa.

Nota.-Este artigo é a versión en galego dun artigo escrito a requerimento do xornal Diagonal e publicado na súa edición en papel da segunda quincena deste mes.

O Funambulista Coxo

Publicado o 27 de Marzo de 2013 no blogue ofunambulistacoxo.blogspot.com.

---

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Ártabra 21: David Rodríguez: Palabras para a guerra en curso - Retomando a Palabra (Libro) - Descarga:
______________

Outro interesante artigo relacionado:

Ártabra 21: As falsas polarizacións, ... Por David Rodríguez
__________________

Procesión da Cofradía do Flotel - Apesares da forte chuvia, o Naval saíu polas rúas de Ferrol en demanda de carga de traballo


Apesares da forte chuvia a "procesión" da 'Cofradía do Flotel' saíu, este 26 de Marzo de 2013, polas rúas de Ferrol. Muit@s operari@s do naval ferrolán enarborando buzos de traballo, reclamaron, un día máis, carga de traballo para os estaleiros da Ría. Un trono que representaba o buque flotel, supostamente encargado pola empresa petroleira mexicana Pemex.

Máis de 2.000 traballadoras e traballadoras foron despedidos das factorías, de Ferrol e Fene, nos últimos meses. A falta de previsión de carga de traballo, fai aparecer a sombra do desemprego masivo no naval ferrolán, a redución salarial e pode que un expediente de regulación de emprego forme parte das previsións da dirección da SEPI. As traballadoras e traballadores de Navantia seguen en loita, con moita 'Carga de Dignidade', esixindo carga de traballo.

Máis fotos na galería publicada no Diario de Ferrol.
___________

Trinta comercios locais, do concello de Pontevedra, asinaron o seu compromiso coa lingua

O Pazo de Mugartegui acolleu a sinatura pública de trinta comercios locais do seu compromiso coa lingua. É unha iniciativa incluída dentro programa Proba en Galego, unha campaña da Concellaría de Normalización Lingüística para dinamizar o uso do galego na pequena empresa e no comercio locais, un labor contínuo deste departamento dende o ano 2006.

Os obxectivos da campaña Proba en Galego son:
  • Dinamizar o uso do galego como lingua normal de comunicación no comercio e na pequena empresa
  • Implicar as persoas que traballan no sector do comercio e da pequena empresa na mellora do uso do galego coa clientela e coas empresas provedoras
  • Ofrecer espazos de reflexión e traballo para mellorar a calidade da lingua e a seguridade no seu uso no sector
  • Estimular a clientela falante de galego para que manteña a súa lingua nas relacións comerciais
  • Animar a clientela que non fala galego habitualmente a que probe a facelo
  • Facer visible o uso da lingua galega nas relacións comerciais que se establecen na cidade
  • Darlles continuidade ás campañas específicas para incrementar o uso do galego no comercio local e na pequena empresa
No acto as empresas asinaron o seguinte compromiso:

O comercio ao que represento: ......................................................... asinará no Concello de Pontevedra o documento de compromisos coa lingua galega que forma parte da campaña “Proba en galego”. Este requisito formal, que terá lugar o día 26 de marzo, ás 21 horas, dará acceso á participación na 1ª fase da campaña de publicidade. Para acceder ás seguintes fases a empresa manterá ao longo do ano 2013 os compromisos que se especifican a continuación.

Comprométome a que:

1ª fase:
  1. O galego será a lingua empregada nos avisos, por megafonía ou escritos, e carteis temporais que precise o negocio a partir da data de sinatura deste documento.
  2. No comercio comezaremos a atención á clientela en galego, para poñer en práctica a oferta positiva á que fai referencia o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
  3. Participaremos na campaña de publicidade, cun paquete de insercións publicitarias co texto íntegra e exclusivamente en galego. Os espazos publicitarios levarán a sinatura final “Proba en Galego”.
2ª fase :
  1. Manteremos os compromisos da primeira fase.
  2. Realizaremos en lingua galega, como mínimo durante o ano que dura a campaña, o resto da publicidade do comercio.
  3. Solicitarémoslle á xestoría que asesora o comercio ao que represento o uso da lingua galega na nosa relación comercial.
3ª fase:
  1. Utilizaremos a lingua galega nas relacións profesionais do comercio coas empresas provedoras e auxiliares.
  2. Demandaremos de todas as administracións públicas documentos e atención en lingua galega, para todos os trámites administrativos que teñan que ver co comercio ao que represento.
Durante todas as fases da campaña:
  1. O persoal que traballa no comercio levará un cartón de cortesía coa imaxe da campaña “Proba en galego”, que servirá de presentación e de convite a utilizar o galego.
  2. Participaremos no blog “Proba en galego”, específico para esta campaña; escribindo un pequeno texto relacionado coa campaña ou co uso do galego no comercio polo menos unha vez ao mes.
  3. Presentaremos a documentación que se especifica para avaliar o seguimento da campaña e o cumprimento dos compromisos: unha pequena compilación, en papel ou en formato electrónico, de fotografías e/ou mostras dos documentos empregados para cumprir os compromisos.
  4. De non poder demostrar o cumprimento destes compromisos, a empresa asumirá o pagamento da metade do importe da publicidade que a empresa aproveitou.
As empresas que asinaron este compromiso son:
•  Autocares Vda. de Cándido
• A Formiga no Carreiro
• Bolboretas de Papel
• Cafetería Tamanaco
• Centro de ensino ENOT
• Cervexaría O Gato Cheshire
• Cervexería O Grifón
• Corner Sports Bar
• Dicenfot  Fotografía
• Disney Pontevedra
• Droguería Moderna
• Entretementos Play
• Ernesto Filgueira
• Estouche Ben!. Centro de Terapias
• Flanagan, Cocktails & Gin
• Joyamar
• Juancartepiedra 
• Libraría Paz
• Lourdes Sampedro, Lencería.
• Olbe Téxtil
• Peral Moda.
• Portal 48, Espazo para a Creación
• Quercus, Armarios e Vestidores
• Rei Zentolo
• Restaurante O Eirado da Leña
• Saraiva, Centro de Día
• Ultramarinos O Cisne
• Viñoteca Bagos

Pontevedra, 26 de Marzo de 2013

http://www.pontevedra.eu/
_________________