martes, agosto 14, 2018

A pañoletada verde non fixo máis que empezar - Agamme coa pañoletada verde de Arxentina, unha marea verde de esperanza - ... lanzamos un saúdo ás compañeiras arxentinas e un agradecemento polo exemplo ao mundo de que o movemento contra o patriarcado segue forte e traspasa fronteiras


A pañoletada verde non fixo máis que empezar

Segundo a Organización Mundial da Saúde, nun informe de 2017 sobre a interrupción voluntaria do embarazo no mundo, “as leis máis restrictivas non reducen os abortos, senón que os aumentan e converten en clandestinos e inseguros”. O 45% dos abortos poñen en perigo a saúde da embarazada, sendo a pobreza e a vulnerabilidade social indicadores deste risco.

Un estudo de UNICEF sacaba á luz en 2015 estas cifras: No 16% dos embarazos en Arxentina a nai é unha adolescente e 3000 destas nais teñen entre 10 e 13 anos, o cal se traduce en que cada tres horas unha nena desta idade da a luz un bebé. Trátase de nenas que sofren abuso sexual, na maioría das ocasións non escolarizadas e que acceden ao sistema de saúde durante o parto.

Un número importante dos bebés de nais nenas nacen con problemas de desenvolvemento.

Os datos de diversos estudos de prevalencia do abuso sexual na infancia en diversos puntos do planeta son concluíntes: unha de cada catro nenas sofre violencia sexual, ademais ao menos o 80% é vitimizada por parte de familiares, nunha porcentaxe moi elevada o pai ou o padrastro.

A análise destes datos é clara: existe unha porcentaxe alarmante de partos en nenas menores de 14 anos no mundo, que se agudiza en estados nos que non se invirte en protección da infancia, en educación e onde se penaliza o aborto. Existe un componente económico moi relevante: son as nenas pobres as que se ven abocadas ao aborto inseguro ou a un parto que á súa idade implica un risco para a súa saúde e unha barreira para o seu desenvolvemento físico, educativo e emocional. Son nenas que sofren abuso sexual no máis completo silencio, que non teñen ningún servizo público a onde acudir para pedir axuda e que son estigmatizadas socialmente por su estado.

Arxentina decidiu onte ignorar a estas nenas, xunto cos miles de mulleres que esixen ter dereito de decisión sobre os seus corpos e as súas vidas. Nas imaxes de onte víase a profunda decepción desas mulleres que levan meses reclamando publicamente ese dereito, que formaron unha verdadeira marea de pañoletas verdes. Dende AGAMME lanzamos un saúdo ás compañeiras arxentinas e un agradecemento polo exemplo ao mundo de que o movemento contra o patriarcado segue forte e traspasa fronteiras. A pañoletada verde non fixo máis que empezar. Seguimos adiante.

Contacto:

Agamme Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, nace co obxectivo de conseguir melloras na protección á infancia e a adolescencia e na defensa dos seus dereitos.
agammeferrol@gmail.com

http://www.agamme.org/

https://www.facebook.com/Agamme.org

https://twitter.com/_AGAMME

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
10 de agosto de 2018 17:35

_________________

'Defender Ferrol é perxudicar aos poderosos', intervención de Iván Rivas no tributo a Moncho Reboiras, en 12 de agosto de 2018 - Vídeo


O pasado domingo 12 de Agosto, ao cumprirse o 43 aniversario do asasinato, pola policia franquista, do militante nacionalista de 25 anos, Moncho Reboiras, a Union do Povo Galego, realizaba na cidade de Ferrol un acto de tributo á súa memoria e exemplo. Reproducimos a intervención do concelleiro do BNG, Iván Rivas, en dito acto.


https://youtu.be/ssGNz_zzzBA

---
Ferrol 12 de agosto de 2018, no 43 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (Ramón Reboiras Noia). |  Ir áo buscador libre DuckDuckGo.

Recoñecemento de Moncho Reboiras, como vítima da Ditadura Franquista. | Paola Obelleiro. | 9 de agosto de 2009. | Ir á Web.
_________________

Fascismo Nunca Máis, ... Por Celso Posada Fernández - A ditadura torturou, asasinou, fusilou, encarcerou, represaliou, condenou ao exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres


Por Celso Posada Fernández [*]

13.08.2018

O pasado 30 de Xullo do 2018, fixen unha pequena intervención como público no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a Moción do Grupo Municipal do BNG e pra dicir alto e claro Fascismo Nunca Máis.

Na miña pequena intervención dixen alto e claro que en Ferrol @s demócratas NON queremos e NON imos a permitir de ningunha maneira que traian os restos do asasino e ditador fascista Francisco Franco, un dos maiores xenocidas do mundo, que en Ferrol @s demócratas queremos a retirada inmediata de toda a simboloxía franquista da nosa cidade e Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo.

A ditadura franquista foi un réxime de terror, un auténtico xenocidio contra o pobo traballador e o movemento obreiro, unha ditadura de clase, criminal que implantou unha salvaxe réxime fascista no Estado Español durante 40 anos.

Este réxime veu precedido por un infame golpe de estado fascista contra o goberno lexítimo e democrático da República saído das urnas e este golpe de estado foi alentado, promovido, auspiciado e orquestrado polas elites económicas, pola oligarquía española e pola xerarquía da igrexa católica (Nacional Catolicismo) que levou baixo palio o ditador Francisco Franco pra seguir defendendo e mantendo os seus privilexios e intereses de clase.

A ditadura torturou, asasinou, fusilou, encarcerou, represaliou, condenou ao exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres demócratas e loitadoras pola liberdade e fronte o fascismo, tanto socialistas, como nacionalistas, independentistas, comunistas, anarquistas, libertari@s, feministas, mestres/as, sindicalistas,...

En pleno século XXI e no ano 2018 aínda hai mais de 114.000 demócratas enterrad@s vergoñentamente nas cunetas e en fosas comúns e o fascismo sigue estando impune.

Hoxe é máis necesario que nunca dignificar as vítimas do franquismo, ilegalizar a Fundación Fascista Francisco Franco por apoloxía do franquismo, investigar todos os crimes da ditadura pra que non queden impunes e levar ante a xustiza a todas as persoas responsables dos crimes do franquismo e torturadoras e colaboradoras coa ditadura como Billy el Niño, El muñecas, etc.

Tamén é fundamental a Devolución Inmediata ao Pobo Galego do Pazo de Meirás que foi un espolio e un roubo do ditador.

Dende aquí toda a miña solidariedade c@s #19deMeiras.

Na miña intervención no Pleno Municipal de Ferrol pra apoiar a xusta e democrática Moción do BNG, lembrei que Ferrol é unha cidade rebelde, de longa traxectoria de loitas sociais das mulleres como a Revolta das Pedradas e de loitas do movemento obreiro,... Ferrol é a cidade onde naceron Pablo Iglesias Posse, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, as mulleres de Marzo do 72 e a cidade onde asasinaron a policía franquista española a Daniel Niebla, a Amador Rey e  ao  militante da UPG, nacionalista galego, comunista e loitador antifranquista e na defensa da democracia, das liberdades, do pobo traballador galego e dos dereitos nacionais da Galiza Moncho Reboiras Noia.

Xa por ultimo pra rematar agradecer o BNG que pensara en min pra defender a súa Moción, lembrar que pra ser Demócrata hai que ser Antifascista.

Verdade, Memoria, Xustiza e Reparación pra todas as vítimas do franquismo .

Fascismo Nunca Máis.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista,  Socialista, Republicano e de esquerdas. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas), na Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas (Modepen) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Artigos de Celso Posada en Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
13 de agosto de 2018 03:10
__________________

domingo, agosto 12, 2018

Tributo a Moncho Reboiras, este domingo 12 de Agosto en Ferrol, concentración na Praza de Armas ás 7 da tarde, ofrenda floral diante do portal nº27, onde foi asasinado, na rúa da Terra e acto no Cantón


Moncho Reboiras xa está na historia, mais é tamén presente e semente de futuro. O labor de autoorganización do povo galego e a loita por unha Galiza soberana e socialista teñen nel un referente imprescindíbel. Por iso lle rendemos tributo e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida.

---

Ferrol 12 de agosto de 2018, no 43 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras (Ramón Reboiras Noia). |  Ir áo buscador libre DuckDuckGo.

Recoñecemento de Moncho Reboiras, como vítima da Ditadura Franquista. | Paola Obelleiro. | 9 de agosto de 2009. | Ir á Web.
___________________________

sábado, agosto 11, 2018

Roteiro noturno polos petróglifos de Vilar Maior e observaçom das Perseidas este sábado 11 de agosto, com saída é às 20.00hs do Centro Social da Fundaçom Artábria, em Ferrol, na Travessa de Batalhons nº7 Esteiro

Roteiro noturno polos petróglifos de Vilar Maior e observaçom das Perseidas este sábado

O próximo sábado 11, repetimos o roteiro noturno aos petróglifos e Vilarmaior, na Comarca das Marinhas.

A saída é às 20.00hs do Centro Social e aproveitaremos a noite para observar, se as nubens o permitem, as Perseidas.

Por questons logísticas, ao deslocar-nos em carro, é precisso inscriçom prévia. Podes fazê-la no telefone 669 778 474 ou no correio-e: correiodeartabria@gmail.com.

A dificuldade é baixa e recomenda-se levar calçado comodo, roupa de abrigo, comida, lanternas...

O espaço de interesse divide-se em três lugares: O Torreiro (paróquia de Sam Pedro de Vilar Maior), Sua Lomba e Calvela-Montanhês (paróquia de Sam Jurjo de Torre). A maioria dos petróglifos descobertos som de caráter grométrico, mas há algum com forma antropomorfa, que pode ser único na Galiza.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
7 de agosto de 2018 20:09

________________

Hai só 73 anos que centos de miles de persoas foron asasinadas e mutiladas, e os efectos séguense sentindo hoxe en día, cumpriu-se esta semana o aniversario do lanzamento das bombas atómicas sobre as cidades japonesas de Hiroshima e Nagasaki, por orde do goberno de USAmérica: sete cousas que se deben saber


UN 6 DE AGOSTO DE 1945, HAI 73 ANOS QUE SE PRODUCÍA O PRIMEIRO ATAQUE NUCLEAR CONTRA PERSOAS. A POBOACIÓN CIVIL DE HIROSHIMA, FOI VÍTIMA DO ATAQUE ORDENADO POLO PRESIDENTE DE USÁMERICA HARRY S. TRUMAN. DÍAS DESPOIS, O 9 DE AGOSTO, ERA NAGASAKI A SEGUNDA CIDADE XAPONESA ATACADA CUNHA BOMBA ATÓMICA, MÁIS DE DUASCENTAS MIL PERSOAS VÍTIMAS DA NECIDADE HUMANA.

Hiroshima e Nagasaki: sete cousas que se deben saber

A próxima semana cúmprense 73 anos desde que dúas bombas atómicas foron lanzadas sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945. Centos de miles de persoas foron asasinadas e mutiladas, e os efectos séguense sentindo hoxe en día. Mais mentres as nubes de hongos convertéronse en símbolos icónicos da destrución masiva, e as grúas de papel nun símbolo de esperanza para un mundo libre de armas nucleares, hai moitas cousas que talvez non se saiba -ou que se esqueceu- que son realmente importantes si queremos asegurarnos de que isto nunca volva suceder.


#1 Máis de 210.000 persoas morreron.

A finais de 1945, o bombardeo causara a morte dunhas 140.000 persoas en Hiroshima e outras 74.000 en Nagasaki. Nos anos seguintes, moitos dos sobrevivientes enfrontarían leucemia, cancro ou outros terríbeis efectos secundarios da radiación.

"Cada persoa tiña un nome. Cada persoa era amada por alguén. Asegurémonos de que as súas mortes non foron en balde".

"Setsuko Thurlow, superviviente do bombardeo atómico de Hiroshima en agosto de 1945".

Discurso de aceptación do Premio Nobel da Paz, decembro de 2017

#2 As bombas foron detonadas no aire.

As bombas non teñen que golpear o chan para detonar. No caso das armas nucleares, a súa detonación no aire fai que a explosión teña un maior impacto xeográfico. Tanto "Little Boy" (a bomba de uranio lanzada sobre Hiroshima) como "Fat Man" (a bomba de plutonio lanzada sobre Nagasaki) foron detonadas no aire. Podemos obter máis información sobre o impacto que tería unha detonación na nosa cidade (Poñendo no localizador o nome de Ferrol e comprobaremos o impacto devastador que tería na nosa contorna), no aire ou en terra, a través da poderosa (pero aterradora) ferramenta interactiva da Fundación Outrider: Blast Radius of the Hiroshima Blast.

#3 Os primeiros en responder non podían axudar nese entón, e non poderían axudar agora.

Si hoxe se detonase un arma nuclear sobre unha cidade, os primeiros en responder -hospitais, bombeiros, organizacións de axuda- simplemente non poderían axudar. Este poderoso vídeo da Cruz Vermella explica por que: (Ver na publicación orixinal de ICAN).

A razón pola que sabemos isto é que a magnitude dos danos en Hiroshima e Nagasaki en 1945 fixo case imposíbel proporcionar axuda. En Hiroshima, o 70% de todos os edificios foron arrasados e queimados, 42 de 45 hospitais quedaron sen funcionar e o 90% dos médicos e enfermeiras faleceron ou resultaron feridos. En Nagasaki, as temperaturas do chan alcanzaron os 4.000°C e caeu choiva radiactiva. Como resultado, a maioría das vítimas morreron sen ningún coidado para aliviar o seu sufrimento. Algúns dos que entraron ás cidades logo dos bombardeos para prestar asistencia morreron máis tarde por mor da radiación.

#4 Os efectos duran até o día de hoxe.

A bóla de lume dunha explosión nuclear tarda uns 10 segundos en alcanzar o seu tamaño máximo, pero os efectos duran décadas e esténdense a través de xeracións. Cinco ou seis anos logo dos atentados, a incidencia de leucemia aumentou notablemente entre os supervivientes. Logo de aproximadamente unha década, os sobrevivientes comezaron a sufrir de cancros de tiroides, mama, pulmón e outros cancros a taxas máis altas do normal. As mulleres embarazadas expostas aos bombardeos experimentaron taxas máis altas de abortos espontáneos e mortes entre as súas bebés; os seus fillos tiñan máis probabilidades de ter discapacidades intelectuais, atraso do crecemento e un maior risco de desenvolver cancro. E para todos os sobrevivientes, os cancros relacionados coa exposición á radiación seguen aumentando ao longo da súa vida, ata ata hoxe, sete décadas despois.

#5 As Grúas de Papel son símbolos de paz e acción.

As grúas de papel son un símbolo tradicional xaponés de boa saúde, pero tamén chegaron a simbolizar aos hibakusha, os sobrevivientes dos bombardeos. Desde a icónica historia das 1.000 grúas de papel de Sadako até os incansábeis esforzos dos hibakusha para librar ao mundo das armas nucleares até hoxe mesmo, as súas historias son historias de esperanza e determinación que non deben perderse. Os superviventes dos bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki son testemuñas vivas do horror da guerra nuclear e cando falamos de armas nucleares, debemos falar dos verdadeiros efectos -inaceptábeis- que poden ter nos seres humanos. As grúas de papel non son só un símbolo de paz, senón tamén unha chamada á acción. Son un recordatorio de que debemos seguir presionando para ver o #endofnukes (fin das armas nucleares).

Para obter máis información, pode-se atopar un gran número de testemuños de hibakusha en liña, mais un bo punto de partida son as historias de Hibakusha e o proxecto de 1945, así como estas fontes do Museo Conmemorativo da Paz de Hiroshima e do Museo da Bomba Atómica de Nagasaki.

#6 Hai un xeito de asegurarse de que non volva suceder: o Tratado de Prohibición Nuclear.

O 7 de xullo de 2017, a ONU adoptou o Tratado sobre a Prohibición de Armas Nucleares. Este tratado histórico prohibe as armas nucleares e todas as actividades relacionadas con elas. Unha vez que entre en vigor, este tratado xurídicamente vinculante prohibirá ás nacións: Desenvolver, Probar, Producir, Fabricar, Transferir, Posuír, Almacenar, usar ou ameazar armas nucleares
ou permitir o emprazamento de armas nucleares no seu territorio.

O tratado tamén prohibe aos Estados axudar, alentar ou inducir a calquera a participar nalgunha destas actividades, e é o primeiro acordo internacional sobre armas nucleares que fai que os países tomen medidas sobre o legado sanitario e medioambiental do seu uso e ensaio no pasado.

Mais o impacto do tratado tamén vai máis aló das súas implicacións legais. Cunha prohibición en vigor, resulta máis fácil para todos os que se opoñen ás armas nucleares desafiar aos países e institucións que levan a cabo actividades relacionadas coas armas nucleares. Cada vez que alguén fala en contra das armas nucleares e di: "Creo que as armas nucleares son inhumanas, inmorales e ilegais. Todos os países deberían unirse ao Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares", quítalles legitimidade. Este tipo de estigmatización tivo un éxito incríbel no pasado, desde a eliminación doutras armas -como as minas terrestres e as armas químicas- até o cambio das normas sociais en torno aos comportamentos -como o tabaquismo-. Si todos seguimos presionando, podemos crear un mundo no que as armas nucleares sexan algo inaceptábel, case incríbel, do pasado. Así que digamo-lo en voz alta e digamo-lo a miúdo. E si estamos nun país que apoia as armas nucleares, ¡esixamos un cambio! Podemos atopar aquí 5 xeitos concretos de tomar acción.

#7 Países de todo o mundo: escoiten os chamados dos Hibakusha, unan-se ao Tratado de Prohibición Nuclear.

Tras decenios de campaña a favor dun mundo libre de armas nucleares, o Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares reviste gran importancia para os hibakusha. Unha enquisa recente entre 6.000 Hibakusha levada ao cabo por Kyodo News mostrou que unha gran maioría cre que Xapón debería unirse ao tratado da ONU que prohibe as armas nucleares, subliñando o seu descontento coa oposición do goberno ao acordo. Adherirse ao tratado representaría un recoñecemento por parte de Xapón dos dereitos e o sufrimento dos seus cidadáns afectados; continuar opoñéndose a el, doutra banda, podería verse como un rexeitamento aos mesmos.

O #nuclearban (prohibición nuclear) entrará en vigor cando 50 países asinen e ratifiquen o tratado. Os líderes mundiais deben prestar atención aos chamamentos dos Hibakusha e dos cidadáns interesados de todo o mundo, en favor dun futuro libre de armas nucleares.

7 de Agosto de 2018 (12:00 h.)

Pressenza | 04/08/2018 | Pressenza London | ICAN

Fonte: EntreNós.


Foto: Monumento da Paz de Hiroshima | De Oilstreet - Traballo propio, CC BY 2.5.
____________

xoves, agosto 09, 2018

AGAMME ante a reunion de Pedro Sánchez e a ministra de xustiza, Dolores Delgado, con Save The Children e o pianista James Rhodes - A Lei Integral Contra a Violencia cara á Infancia no horizonte


A situación de vulnerabilidade das crianzas, garda relación coa febleza e incipiencia do movemento na defensa dos Dereitos da Infancia. Un movemento que ten como reto a dificultade da autoorganización  do propio suxeito do movemento, as crianzas. É por iso que cada vez que unha iniciativa, por pequena que sexa, aparece no camiño como oportunidade para avanzar, non queda outra que parabenizarse.

Este é o caso do efecto que produciu, e mesmo que poida producir, a figura mediatica de James Rhodes, vítima de agresións sexuais continuadas na infancia, redactando unha carta e conseguindo unha entrevista co Presidente do Goberno e a Ministra de Xustiza Dolores Delgado, co acompañamento de Save The Children. Unha carta e entrevista que centrou por uns días o interese mediatico nun dos problemas máis agochados da nosa realidade, a violencia contra a Infancia, e o tabú de todos os tabús, o abuso sexual de menores e a resposta institucional ante estes delitos.

AGAMME, ante a posibilidade de que no mes de setembro comece unha iniciativa para a aprobación dunha Lei Integral Contra a Violencia cara á Infancia, quere manifestar:

1º Que a iniciativa debera recoller as propostas de asociacións e profesionais que levamos traballando neste campo, levando adiante iniciativas como a que conseguiu que se abrise unha investigación por parte da Comisión Europea, sobre a praxe xudicial no estado español en relación, entre outras, aos nenos, nenas e adolescentes vítimas de violencia sexual.

2º Que o goberno español debe comprometer enerxía e orzamentos, non só para promover e aprobar a lei, senón para desenvolvela e facela cumprir.

3º Que paralelamente á redacción e aprobación da lei, debe impulsar iniciativas que comecen a paliar os danos que a mala praxe xudicial infrinxe sobre as crianzas vítimas de violencia sexual e as súas familias, maiormente nais, froito da aplicación do SAP, inexistente Síndrome de Alienación Parental; aplicación da terapia da ameaza; falta de formación de funcionariado, operadores xudiciais e resto de profesionais que interveñen no proceso, ou a falta de medios (cámaras Gesell..) Trátase de comezar a aplicar, por exemplo, medidas como as que propón a UNICEF, publicadas no 2013, na “Guía de Boas Prácticas para a abordaxe de crianzas e adolescentes vítimas ou testemuñas de abuso sexual e outros delitos”

Desde AGAMME facemos un chamamento aos movementos sociais, e ás organizacións e redes de profesionais para que podamos converter esta oportunidade que se abre, nunha realidade de avance na defensa dos dereitos das crianzas.

Contacto:

Agamme Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, nace co obxectivo de conseguir melloras na protección á infancia e a adolescencia e na defensa dos seus dereitos.
agammeferrol@gmail.com

http://www.agamme.org/

https://www.facebook.com/Agamme.org

https://twitter.com/_AGAMME
____________

martes, agosto 07, 2018

De fundo Reganosa: Grave accidente dun camión cisterna cargado con gas licuado en Bolonia - Comunicado do CCE para a Ría de Ferrol


Na tarde de onte, en Bolonia (Italia), produciuse un grave accidente, ocasionado pola explosión dun camión cisterna cargado con gas licuado do petróleo (GLP), cun balance provisional de 2 mortos, un desaparecido (o condutor do camión) e uns 70 feridos (50 deles con queimaduras graves e numerosos afectados por impacto de vidros).

O accidente produciuse na autovía A-14, ao chocar o camión con outro e ser alcanzado por detrás por un terceiro. A enorme deflagración produciu o derrube dun paso elevado, unha enorme focha na calzada, alcanzando as chamas aos diferentes automóbiles de ao redor e a moitos outros, de dous concesionarios inmediatos (FIAT e PEUGEOT), estacionados baixo a ponte, o que supuxo unha serie de explosións en cadea, afectando tamén a numerosos edificios da zona, cuxo estado se está avaliando.

Este CCE amais de lamentar este accidente e condoerse das vítimas quere poñer de manifesto, como en cada ocasión que algo similar acontece, o perigo permanente da Planta de Gas de REGANOSA, no interior da nosa Ría, que de sofrer unha catástrofe multiplicaría de forma exponencial os efectos sinalados e tamén o risco que supón o continuo transvase de gas, en camións cisterna, (7.000 en 2015) entre a Planta de Mugardos e máis de 140 lugares ao longo de Galicia, tráfico innecesario que se produce por ter pechado o gasoduto de Tui, para darlle algo de sentido a esta instalación innecesaria e deficitaria.

PLANTA DE GAS : PECHE XA !



https://youtu.be/_ms-VBJSiT8

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
___________

domingo, agosto 05, 2018

En Muras, as formigas, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - O rumor da auga acordando os latexos angurientos e a desbocada conciencia arelando a bieita sabencia da libeliña que deslumbra a paisaxe abrindo as ás ao sol do serán


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
02.07.2018


En Muras, as formigas, o ar abafante detido na sombra da carvalleira, veira dun rio sen nome nen estirpe. Un río onde ninguén bañou igual após Heráclito.

Agostando a vida, rentes da terra esquencida do norde, felizmente deitada ventando a Gañidoira, a erva, estremecida, soña. Soña aqueles lentores outonais coa degolante sede dunha fogaxe inútil. As bolboretas albas e pardas, fuxidías e monocordes lembran a nena temesiña e triste que eu fun, nun eón infranqueável.

So dos calados carvallos, unha ringleira de formigas pasan. E os homes son coma formigas, na vila sen nome, dizía Ferrín naquel saudoso Crepúsculo. Unha coluna de formigas en marcha. Desprendida da saiva, río abaixo, unha folla de ameneiro isolada a navegar a nave tola, aboiando á toa. É o baile infernal.

Ecoan os berros xogorais dos meniños ao lonxe. Tráxica inocencia. Silencioso e cadente, o gume da gadaña a segar os monllos que albean o pan cotiá.

O rumor da auga acordando os latexos angurientos e a desbocada conciencia arelando a bieita sabencia da libeliña que deslumbra a paisaxe abrindo as ás ao sol do serán.

Quen sabe, teme menos, di o lembro. Eu, como Indra, coa mesma vaidade vacua ollo o desfile das formigas enfaenadas na busca da vida e enxergo, deitada a rentes da erva, como unha entomóloga do espírito, o sentido sen senso da vida, de todas as vidas. Renace aquel recendo criminal ao ácido fórmico cando en Prior alguén escaldara un formigueiro que ocupara unha propiedade privada. A violencia fonda que se espella no rio, no se deter naquel silenzo axexante, contemplativo.

O absurdo do livre albedrío na encrucillada do crepúsculo. A estrana fertilidade perseverante, a teimuda celebración das formigas enfariñadas do entroido, o inquisitorial proído do comezo da vida. O solpor devalando cun torrar de inxustiza.

No lombo do outeiro, de vagariño, albíscanse os muíños a moer, coa nacente bris, o gran vertolán deste intre.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que vai ter lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
2 de agosto de 2018 20:41

_____________

martes, xullo 31, 2018

Unha vez máis a Horta Comunitaria de Caranza en perigo. A presidenta da asociación veciñal volve á carga, na súa teima obsesiva contra as hortas urbanas do barrio - Mesmo o Alcalde, Jorge Suárez e Ferrol en Común, votaron con Ciudadanos e o Partido Popular, facendo gala dunha política clientelar, para contentar a Mapi Rodríguez Venancio, na súa cruzada particular contra toda iniciativa que no controla.


O luns 30 de xullo de 2018, tiña lugar en sesión extraordinaria urxente a continuación do Pleno de fin de mes, que se estivo celebrando o xoves da pasada semana. Foron cinco horas de Pleno e entre os puntos que quedaban por tratar, estaba unha moción do grupo municipal de Ciudadanos que presentaba a concelleira Ana Rodríguez Masafret e que apoiaba a presidenta da "Asociación de Veciños de Caranza", Mapi Rodríguez Venancio, que ten unha teima desmesurada contra a horta comunitaria de Caranza. Horta que foi creada hai xa uns 7 anos nuns terreos da Autoridade Portuaria, por ser parte dun recheo da enseada que baña a ribeira leste do barrio, sobre uns 4.800 metros cadrados que están cultivando, na actualidade, sobre unhas 35 persoas.

Mesmo a presidenta da asociación veciñal, Mapi R. Venancio, chega a mentir no Pleno na súa intervención, vítima da súa obsesión, falando de problema, chabolismo e que lle constaba de que había persoas que vivían nas hortas.

Non é a primeira vez que a presidenta da asociación veciñal quere desfacer-se das hortas, xa hai uns anos que o intentara, mais daquela brotara, case de inmediato, a solidariedade da xente e de asociacións do barrio como López Bouza, Fuco Buxán, A Revolta, as ANPAs dos centros públicos, a da asociación de mulleres e a de operadores do Mercado Municipal. Con esta solidariedade e cos medios que expuxeron o que estaban a facer nas hortas, conseguiu-se paralizar a mala intención de Mapi R. Venancio.

Agora coa desculpa da moción din que pretende "poñer a disposición dos veciños un horto urbano dentro do Parque do Montón". Mapi R. Venancio, pretende destruír as actuais hortas urbanas de Caranza, coa desculpa de abrir uns hortos no Montón. Non só o descoñecemento da realidade de cada cousa leva á concelleira Masafret a propoñer tal cousa, senón a manipulación de Mapi é a que, de xeito oportunista, pretende con esta moción eliminar a iniciativa das hortas de Caranza. As instalacións municipais do Montón, albergan un parque botánico con decenas de especies catalogadas (e máis de 1.200 árbores), unha zona de descanso (con mesas e bancos), unha edificación e uns poucos bancais para hortos didácticos (para cursos e visitas escolares), nunca colleiteiros, como son os das actuais hortas de Caranza. Peor foi a actitude dos grupos políticos municipais que apoiaron o terceiro punto da moción, PP, Ciudadanos e o do Alcalde Jorge Suárez, Ferrol en Común, sen ter en conta a opinión das persoas que na actualidade están traballando nas hortas urbanas de Caranza. Desastrosa actuación deste goberno municipal que clamaban pola participación cidadá antes de ser goberno municipal e mesmo que levan no seu programa o apoio a estas iniciativas que se dan en Caranza e noutros barrios da cidade.

No parque botánico do Montón, na zona do mesmo nome, onde se chegaron a investir máis de 700 mil euros de diñeiro público, hai un abandono absoluto por parte do goberno municipal. Un parque onde non hai nin vixilancia, nin mantemento. No que roubaron as portas, cun absoluto deterioro do recinto de protección, onde prolifera un vertedoiro incontrolado e o deterioro da edificación rehabilitada é patente. Unha edificación obxecto de vandalismo, onde desapareceron as cañeiras, a instalación eléctrica, as portas e as contras e xanelas. Tal é o abandono que uns sen teito, fixeron da edificación a súa vivenda. Esta é a terceira moción que o Concello aproba para "recuperar" de novo O Montón. Unha nova función de hipocrisía. Para tapar a súa incapacidade e mal goberno, queren utilizar, de chibo expiatorio, ás persoas que desde hai tempo fixeron da explanada improdutiva da ribeira de Caranza, unha zona produtiva, de agricultura colleiteira, de lecer e didáctica, de aprendizaxe de cultivos, onde se plantaron máis de 40 arbustos e árbores froiteiras, da creación de sistemas de rego e recollida de auga da chuvia, cría de aves de curral e elaboración de compost a través de residuos orgánicos, e un verdadeiro recreo para moitas persoas que gozan vendo traballar e contribuíndo coas súas vivencias pasadas na aldea... As hortas urbanas de Caranza, son un exemplo de convivencia en relación coa natureza e de obtención de produtos do campo de xeito ecolóxico para o autoconsumo...

Pasado o verán de 2015, o Alcalde Jorge Suárez, recen estreado como tal, visitou as hortas de Caranza e fixo unha reunión coas persoas que nelas traballaban, comprometendo-se a súa regularización e dotar de auga ás mesmas. Cousa que non cumpriu até a data, até tal punto que despois se lle volveu requirir que cumprira os seus compromisos e mesmo desprazou-se unha comisión para falar co Concelleiro delegado Luís Victoria, para solictar-lle un punto de auga demanda que non se atendeu. Ao final desta primavera e principios de verán, as comunitarias recolleron máis de 1.500 sinaturas para solicitar unha fonte no paseo de Caranza e que esta puidera dar servizo ás hortas, demanda que segue sen  resposta. Mais agora a resposta do goberno municipal, xa se ve cal é, actuar praticando unha política clientelar, favorecendo as obsesión dunha presidenta que teima con desfacer-se de todo o que non controla no barrio, nada se pode mover, nin iniciativa que saia adiante, sen a súa aprobación e consentimento, unha verdadeira actuación negativa para a participación e a felicidade das persoas que conseguen tirar uns poucos produtos da terra, sen facer dano a ninguén.

As hortas de Caranza, son un paso moi importante na autoxestión veciñal, o paso que ten que dar o goberno municipal é cumprir as súas promesas, axudar ás comuneiras e dotar de auga ás hortas, consensuar un regulamento coas persoas usuarias e facilitar máis espazos, mesmo no Bertón, para quen quixer cultivar en zona urbana.

---
O vídeo que segue é un detalle do Pleno, onde se tratou a moción citada, punto que durou case unha hora, os primeiros minutos son a intervención da presidenta da asociación veciñal Mapi R. Venancio.


https://youtu.be/DL-9unxAsMU


Manifesto da Horta Comunitaria de Caranza: Para que en Ferrol non falte o pan. | Acceder/Baixar. Este manifesto foi entregado por rexistro no Concello de Ferrol, logo de que o Alcalde visitara a Horta en Outubro de 2015.

Facebook da Horta Comunitaria de Caranza.

---

Colectivo Ártabra 21
artabra21@gmail.com
https://artabra21.blogspot.com/
---

Os restos do combatente antifascista Vicente Peña Tarrasa xa están en Ferrol

"O traballo da Asociación para a Recuperación da Memória Histórica ten dificultades" asi comezaba o acto cívico de recoñecemento e reparación no Auditorio do Concello do Val do Dubra. Unha asociación, a ARMH, que ven a contabilizar na Galiza, 18 fosas comúns exhumadas, e coa do adro da Igrexa do Páramo, ao pé do cemiterio, fan 19, cun total de 53 corpos recuperados do esquecemento e devoltos ás familias. O sábado 28 de xullo, foron entregados ás súas familias os restos de catro combatentes pola liberdade: José María Castelo Mosquera, Manuel Pena Camino, Manuela Teiga, e o veciño de Narón Vicente Peña Tarrasa.
Para acoller os seus restos estaban presentes catro xeracións descendentes de Vicente, a filla Antía, a neta Pim Patinho, a bisneta, arqueologa, que participou nos labores de exhumación, e o tataraneto, nascido durante o proceso de identificación dos corpos.
Deixamos para a súa visualización dous vídeos. O primeiro que recolle o momento da entrega dos restos, ante a presencia dos alcaldes de Nigrán e do Val do Dubra, por parte dun membro da ARMH; e o segundo das palabras que Pim Patinho pronunciou tras acoller os restos do seu avó, que inclúen uns apuntamentos biográficos de Vicente Peña Tarrasa.







ARMH,web oficial da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica
Nova sobre o acto desenvolvido no Auditorio de Bembibre
Nova no diario Público
Nova en Praza Pública

sábado, xullo 28, 2018

A rede 'Gas non é Solución', onde participa o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, pide ao goberno español que rexeite o gasoducto MidCat na vindeira cume con Francia - A aposta que desde a Unión Europea, se leva facendo nos últimos anos a favor do gas natural é un erro climático, enerxético e económico - Seguir sobrealimentando o actual sistema gasista só xerará máis malgasto de diñeiro público europeo e máis débeda ilexítima, unha vez que estes proxectos infrautilizados teñan que ser rescatados polo peto da cidadanía


España, Francia e Portugal reuniranse o 27 de xullo en Lisboa para avanzar nas interconexións enerxéticas. O gasoduto MidCat estará na mesa de negociación. Este gasoducto, que pretende duplicar a capacidade de interconexión entre España e Francia, non ten sentido desde o punto de vista climático, enerxético ou económico. A recentemente constituída rede Gas non é Solución, onde participa  o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, pide aos gobernos protagonistas deste cume, e moi particularmente ao novo goberno español, que rexeiten o proxecto.

Comunicado

A rede Gas non é Solución pide ao goberno español que rexeite o gasoduto MidCat no próximo cume con Francia.

España, Francia e Portugal reuniranse o 27 de xullo en Lisboa para avanzar nas interconexiones enerxéticas. O gasoducto MidCat estará na mesa de negociación. Este gasoduto, que pretende duplicar a capacidade de interconexión entre España e Francia, non ten sentido desde o punto de vista climático, enerxético ou económico. A recentemente constituída rede Gas non é Solución pide aos gobernos protagonistas deste cume, e moi particularmente ao novo goberno español, que rexeiten o proxecto.

A aposta que desde a Unión Europea, se leva facendo nos últimos anos a favor do gas natural é un erro climático, enerxético e económico. O sistema gasista europeo xa está ben dimensionado e é altamente resiliente fronte a situacións de estrés, como o demostraron varios informes. A inclusión dun número cada vez maior de proxectos gasistas na lista de interconexións enerxéticas europeas (a lista de Proxectos de Interese Común, PIC) responde a unha planificación enerxética que non atende ás necesidades reais. Os proxectos PIC benefícianse de trámites axilizados e acceso preferente ao financiamento comunitario e aos investimentos privados. Con todo, a planificación de infraestruturas de gas realízaa un organismo (ENTSO-G) onde se integran os principais operadores das redes de transporte de gas; é dicir, son as propias empresas, como a española Enagás, as que deciden que infraestruturas serán "necesarias" no futuro. Unhas infraestruturas que estas mesmas empresas se encargan de construír, nun claro caso de conflito de intereses. Seguir sobrealimentando o actual sistema gasista só xerará máis malgasto de diñeiro público europeo e máis débeda ilexítima, unha vez que estes proxectos infrautilizados teñan que ser rescatados polo peto da cidadanía.

Enagás é a empresa que se atopa detrás da construción do tramo español do MidCat, e tamén ten unha participación do 16% no TAP, o tramo transadriático do Corredor de Gas do Sur, outra das megainfraestruturas que xunto ao MidCat se planea construír en Europa. O goberno italiano xa suscitou recentemente que revisará a decisión de construír devandito gasoduto por consideralo innecesario. O goberno español ten agora unha oportunidade de ouro de facer o propio co MidCat. O ente francés regulador da enerxía (CRE) xa expresou no pasado dúbidas sobre o gasoduto, asegurando que non contribuiría á seguridade de fornezo para Francia e alertando de que incrementaría os prezos do gas para os consumidores. Un informe independente encargado pola Comisión Europea á consultora Pöyry e filtrado á prensa abundaba nas dúbidas sobre este proxecto. O informe de Pöyry demostra que o gasoduto só sería economicamente viábel si se dese un conxunto de condicións que as persoas expertas creen absolutamente improbábeis (como unha situación de mercado moi axustada do Gas Natural Licuado provocada por unha caída drástica do fornezo de gas desde Arxelia). O informe revela que apenas haberá fluxo de gas desde Francia a España e que non haberá nada de fluxo de gas desde o noso país cara ao país veciño a través do gasoduto; a construción do mesmo non aportará ningunha resiliencia adicional ao sistema gasista europeo en ningunha das hipotéticas situacións de estrés ensaiadas no estudo.

Isto choca de plano cos argumentos esgrimidos pola empresa española Enagás e polo anterior goberno do Partido Popular que defendían que o gasoduto converteríase nun garante da seguridade enerxética na Unión Europea, dado que o Estado español, grazas aos súas regasificadoras, contribuiría a diversificar as fontes de importación de gas na rexión e a independizar a Europa do gas ruso. Ademais, outra empresa española, Naturgy (Gas Natural Fenosa), asinou un contrato de 20 anos para importar Gas Natural Licuado desde a planta de licuefacción de Sabetta, que se atopa no círculo polar Ártico ruso, o que pon en dúbida dita garantía de seguridade enerxética, xa que desde xaneiro a planta regasificadora de REGANOSA (Ferrol) recibiu dous buques con gas ruso. Ao coñecerse o informe filtrado, a actual Ministra para a Transición Ecolóxica xa expresou na rede social Twitter que "Temos un serio problema á hora de identificar onde investimos no noso futuro", en relación á falta de idoneidade de seguir realizando grandes investimentos en proxectos enerxéticos que nos afastan do Acordo de Parides.

Aínda se está a tempo de rexeitar os grandes proxectos de infraestruturas gasistas europeos que nos ancorarán durante décadas a un modelo enerxético caduco, baseado en combustibles fósiles. Recentemente un informe de "Oil Change International" revelaba como os países do G20 planean investir 1,6 billóns de dólares en proxectos de gas natural. Este tipo de investimentos están en clara contradición cos obxectivos acordados no Acordo de París. A Unión Europea ten que romper con este modelo, e os gobernos español e francés poden marcar a senda neste sentido. Unhas infraestruturas gasistas concibidas para perdurar décadas non son compatíbeis cos tempos necesarios de reacción ante a crise climática, que nos obrigan a abandonar os combustibles fósiles de forma moito máis rápida. O gas é un combustible fósil que contribúe ao cambio climático, tanto pola xeración de emisións de CO2 na combustión como polas emisións fuxitivas de metano. O metano é un gas cun potencial de quecemento global 86 veces superior ao do CO2 nos primeiros 20 anos de vida. Emitir 1kg de metano é equivalente a 86 de CO2. Cada vez máis investigacións científicas demostran que as fugas de metano non estiveron ben contabilizadas e representan un problema climático maior do que se cría.

A nova ministra foi bastante crítica co desenvolvemento do gas e sempre lle recoñeceu un papel moi limitado na transición enerxética. Noutro tuit bastante recente criticaba o anuncio por parte de Renfe do primeiro tren do mundo de pasaxeiros impulsado por gas natural. Teresa Ribera é a primeira ministra no noso país que ostenta conxuntamente as competencias de política enerxética e cambio climático, e ten por primeira vez a posibilidade de condicionar aquela a este último. A rede Gas non é Solución considera que renunciar ao proxecto MidCat sería un primeiro paso lóxico nesa dirección.

Os colectivos que integran esta rede son: 350 Bcn, Aliança contra la Pobresa Energètica, Amigos de la Tierra, Asamblea Ciudadana contra el Gas en Gran Canaria, Asociación de Cultura Popular Alborada (Gallur), Berriztu!, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (Galiza), Ecologistas en Acción, Enginyeria Sense Fronteres (ESF), Equo, Equo Huelva, Ferrol-Cape, Fracking Ez, Fundación Renovables, Fundación Ecología y Desarrollo, Greenpeace España, Instituto Internacional de Derecho y Medio Ambiente, No Més Gas,Observatorio Crítico de la Energía, Observatori del Deute en la Globalització, Plataforma Ciudadana Zaragoza sin Fractura, Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, Plataforma Resposta al Midcat, Plataforma Salvemos Doñana, Podemos, SEO/BirdLife, Transport & Environment, WWF España, Xarxa per la Sobirania Energètica.350 Bcn, Aliança contra la Pobresa Energètica, Amigos de la Tierra, Asamblea Ciudadana contra el Gas en Gran Canaria, Asociación de Cultura Popular Alborada (Gallur), Berriztu!, Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Ecologistas en Acción, Enginyeria Sense Fronteres (ESF), Equo, Equo Huelva, Ferrol-Cape, Fracking Ez, Fundación Renovables, Fundación Ecología y Desarrollo, Greenpeace España, Instituto Internacional de Derecho y Medio Ambiente, No Més Gas, Observatorio Crítico de la Energía, Observatori del Deute en la Globalització, Plataforma Ciudadana Zaragoza sin Fractura, Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, Plataforma Resposta al Midcat, Plataforma Salvemos Doñana, Podemos, SEO/BirdLife, Transport & Environment, WWF España, Xarxa per la Sobirania Energètica.

Fonte: Observatori del Deute en la Globalització.


O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
27 de julho de 2018 18:42
____

I foliada-vermute ártabra este sábado 28 de julho, a partir das 13h, na Fundaçom Artábria, Travessa de Batalhons nº7 de Esteiro, em Ferrol


I foliada-vermute ártabra este sábado a partir das 13h

Amanhá sábado, 28 de julho, a partir das 13hs decorrerá no nosso Centro Social a primeira foliada-vermute ártabra.
Traz o teu instrumento e soma-te à festa!

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
27 de julho de 2018 14:09

_____________________

xoves, xullo 26, 2018

Fraude


Cosumou-se a terceira fase da fraude, a primeira foi cando o goberno do Alcalde Jorge Suárez decidiu non derogar a Taxa en setembro de 2015 e pasar a inacción sen levar a cabo os compromisos acordados e anunciados en Agosto de 2015 (auditar a EMAFESA, acudir á fiscalía, derogar a taxa, devolver os 800.000 euros cobrados irregularmente por Emafesa, entregar a depuradora á Xunta de Galicia -Augas de Galicia, denunciar os incumprimentos e as irregularidades e rescatar o servizo para facer EMAFESA 100% pública). A segunda fase da fraude foi, cando en abril de 2017 coa aprobación no Pleno, cos votos de Ferrol en Común e Partido Popular, do Convenio para a encomenda de xestión con Augas de Galicia e esta terceira fase consume a fraude ao aprobar o Pleno as contas e xestión de Emafesa.

Non é que o Alcalde Jorge Suárez e o seu goberno de Ferrol en Común, non tiveran o apoio político e social maioritario, para levar a cabo as políticas do seu programa electoral e de goberno, ou mesmo o aprobado nos plenos do verán de 2015, como se quere vitimizar, senón todo o contrario, aínda tendo o apoio político e social maioritario, este non quixo iniciar un proceso de transformación e cambio prometido e necesario para esta cidade, e deitou pola borda a oportunidade que se abría ao chegar ao poder local en maio de 2015. Facendo todo o contrario do que presuntamente tiña o mandato de facer.

Desde a Plataforma, anunciar que continuaremos na loita polo cambio e a transformación das políticas municipais no camiño do ben común e da substentabilidade, por unha cidade ao servizo das persoas e da defensa do medio ambiente, onde a institución municipal cumpra a súa función do bo goberno, da participación e da transparencia.

En Ferrol, a 26 de Xullo de 2018

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN

Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces

remunicipalizacion.plataforma@
https://plataformaferrol.blogspot.com
---

O Pleno nos medios:

2018.07.27 - Auga | Suárez e PP se alían para aprobar as contas de Emafesa de 2014 e 2015. | A oposición tomba o balance correspondente ao ano 2016 que considera inflado. | CHEMA CURRAL ferrol / la voz 27/07/2018 05:00 h. | «Fraude». Ese foi a mensaxe que lanzaron os integrantes da Plataforma de remunicipalización dúas servizos públicos mentres o pleno votaba onte as contas da empresa mixta de augas (Emafesa) correspondente aos anos 2014, 2015 e 2016. Cumpríronse as previsións. E o PP facilitou ao goberno de Suárez a aprobación dos balances dos dous primeiros exercicios -etapa na que eles ostentaron a alcaldía - mentres que as do ano 2016 cosecharon un rotundo rexeitamento. | Ir á Web.

2018.07.27 - Auga | Diario de Ferrol. | O Concello dá por válidas as contas de Emafesa referidas a 2014 e 2015. | Como era de esperar, un dos puntos máis polémicos na orde do día do pleno celebrado onte no Concello de Ferrol foi o referido á aprobación das contas de Emafesa dos anos 2014, 2015 e 2016. Debatéronse conxuntamente, aínda que se someteron a votación de forma independente. | Redacción - Ferrol 27 de Julio de 2018 (01:20 h.. | Ir á Web.

2018.07.27 - Auga | Galicia Ártabra Digital. |O pleno do Concello de Ferrol aproba as contas de Emafesa de 2014 e 2015. | 26 xullo, 2018 | Alegría a medias para o goberno de Ferrol liderado por Jorge Suárez, tras lograr sacar adiante no pleno ordinario celebrado na xornada do xoves, as contas da empresa mixta de augas Emafesa dos anos 2014 e 2015, pero en cambio non contou co apoio do PP para a aprobación das contas de 2016. | Ir á Web.

2018.07.27 - Auga | O pleno de Ferrol aproba as contas de Emafesa de 2014 e 2015, pero non as de 2016. | FERROL360 | Xoves 26 xullo 2018 | 17:57 | O pleno do Concello de Ferrol aprobou este xoves as contas de Emafesa dos anos 2014 e 2015, pero quedáronse no tintero as de 2016. O goberno local quedouse só na votación a favor das contas dese ano que acumulan 2,3 millóns de euros en perdas e desde a oposición recalcouse que están infladas en 2,6 millóns ao recoller a previsión de ingresos da taxa de saneamiento que non se fixo efectiva.  | Ir á Web.

Foto de José Pardo.
---

luns, xullo 23, 2018

A Plataforma denuncia que o Alcalde Jorge Suárez pretende o branqueo das contas de Emafesa, no vindeiro Pleno do 26 de xullo, aprobando as contas e os informes de xestión de 2014, 2015 e 2016 - O alcalde e o seu goberno de Ferrol en Común, xa non disimulan pois á vista das contas de Emafesa que van presentar a aprobación, e outras accións feitas ao longo do seu mandato sobre a taxa de depuración de augas residuais, están a confirmar a mesma política do Partido Popular, lesiva para os intereses da veciñanza e beneficiosa para o socio privado de Emafesa que aumenta o volumen de negocio e se lle pretende deixar cobrar unha taxa inxusta e con efectos retroactivos


O pasado 20 de xullo, tiña lugar unha rolda de prensa da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, na sá de comisiónss do Concello de Ferrol. No transcurso da rolda de prensa fixo-se público o seguinte

COMUNICADO

O próximo xoves 26 de xullo, o alcalde de Ferrol Jorge Suarez vai levar a pleno a aprobación das contas de EMAFESA dos anos 2014, 2015 e 2016. O alcalde e o seu goberno de Ferrol en Común, xa non disimulan pois á vista das contas de Emafesa que van presentar a aprobación, e outras accións feitas ao longo do seu mandato sobre a taxa de depuración de augas residuais, están a confirmar a mesma política do Partido Popular.

Desde esta Plataforma seguimos e seguiremos denunciando a xestión do goberno municipal en este asunto por ser lesiva para a maioría da veciñanza de Ferrol. Facemos este comunicado aos medios para informar do seguinte:

- Coas propostas que leva ao pleno do 26 de xullo se aprobará a xestión irregular de Emafesa e mesmo a do goberno anterior de Rey Varela (Partido Popular).

- Así mesmo se acepta que se nos cobrará unha taxa por un servizo de depuración inexistente que supón un ingreso “extra” nas contas de Emafesa perto de 800.000 €.

- Con estas contas vaise aprobar o recoñecemento dunha débeda que reclama a empresa Emafesa, pola que teriamos que pagar os recibos non cobrados dos anos 2015 e 2016, anteriores á posta en marcha da depuradora. Unha débeda que acordou recorrer o propio Concello diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia!!!!, hai apenas un mes (Pleno Extraordinario do 18 de xuño). Nós preguntámonos, ¿con que forza van defender ese recurso se por outra parte se aproban as contas que recoñecen a débeda?

- Tamén se aprobaría que teñamos que pagar, sen que existise ningún tipo de control nin a cobertura legal para realizalas, as obras de reparación e posta a punto da depuradora, que Augas de Galicia deixou fechada e sen funcionar e botándose a perder por falta de mantemento de conservación.

- E en consecuencia, este goberno municipal quere amparar novamente un Convenio con Augas de Galicia en forma de “encomenda de xestión” así como un Protocolo con EMAFESA (PEC), que deberan estar denunciados por irregulares e por lesivos aos intereses da cidadanía, que só benefician á parte privada SOCAMEX que aumenta o seu volume de negocio sen ter que licitar en libre concorrencia.

O alcalde Jorge Suárez e o seu goberno elixiron o camiño máis cómodo pero máis espiñento para a veciñanza: dobregarse aos intereses das grandes empresas, esquecendo o que prometera na campaña electoral e nos plenos e declaracións de xullo e agosto de 2015 como era: auditar a EMAFESA, acudir á fiscalía, derogar a taxa, devolver os 800.000 euros cobrados irregularmente por Emafesa, entregar a depuradora á Xunta de Galicia -Augas de Galicia- , denunciar os incumprimentos e as irregularidades e rescatar o servizo para facer EMAFESA 100% pública).

Agora asegura que ten que sanear a empresa para remunicipalizala no ano 2030!!!!! Mentres pecha as orellas e o corazón ás reclamacións interpostas por moitas veciñas e veciños de Ferrol ante as prácticas abusivas da empresa da auga e o saneamento (lecturas estimadas irregulares avultadas até 2 e 3 veces...).

A respecto do arquivo da denuncia interposta por esta Plataforma diante do xulgado, esta Plataforma quere comunicar que non recibiu aínda o auto, e que o Alcalde tampouco foi informado do mesmo (segundo o propio Xulgado). Se sae aos medios de comunicación é por informacións que lle chegan a el por outras vías privilexiadas, de xeito irregular, sen coñecer o auto, e polo tanto sen coñecer as razóns do posible arquivo da denuncia. Consecuentemente, esta Plataforma non se vai pronunciar de momento sobre o mesmo.

O alcalde Jorge Suárez ten que entender que as inxustizas e os abusos non se tapan coma o pó debaixo da alfombra. As inxustizas e os abusos, só se corrixen e se reparan. Mentres non sexa así esta Plataforma na defensa dos Servizos públicos pola Remunicipalización seguirá, como dixemos o principio do comunicado, denunciando as irregularidades e abusos en relación aos servizos públicos no nome da veciñanza.

Ferrol, a 20 de xullo de 2018

Documentos relacionados:

- Orde do día do Pleno. | Acceder/Baixar.

- 2014 Contas Emafesa. Auditoría. Informe de Xestión. | Acceder/Baixar.

- 2015 Contas Emafesa. Auditoría. Informe de Xestión. | Acceder/Baixar.

- 2016 Contas Emafesa. Auditoría. Informe de Xestión. | Acceder/Baixar.

Enlaces coa nova nos medios:


2018.07.21- Auga. | Diario de Ferrol. | A Plataforma pola Remunicipalización denuncia a aprobación de contas de Emafesa. | A Plataforma na defensa dos Servizos Públicos, pola remunicipalición asegurou onte que o pleno da próxima semana marcará "un antes e un despois" e onde o alcalde, Jorge Suárez, "vaise quitar a careta, pasando a defender a parte privada de Emafesa". | Ir á Web.

2018.07.21 - Auga. | La Voz de Galicia. | O Concello pasará, con efecto retroactivo, un novo recibo por sete meses de saneamiento. | A Plataforma de remunicipalización acusa a Suárez de dobregarse aos intereses do socio privado de Emafesa.   | Ir á Web.

2018.07.20 - Auga. |  Galici@Press. | A Plataforma pola Remunicipalización acusa a Jorge Suárez de "dobregarse aos intereses de grandes empresas". | Europa Press | venres, 20 de xullo de 2018, 17:58 . | Ir á Web.
---
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com |  https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

#Emafesa
---

xoves, xullo 19, 2018

Avante a República Galega - Em Ferrol, decorrerá umha ruada patriotica polas ruas do bairro da Madalena, este sábado 21 de julho que sairá às 12:30hs desde a Praça do Hino Galego de Esteiro


Sábado 21 às 12.30hs e por 4º ano consecutivo decorrerá a ruada patriótica polas ruas do bairro da Madalena. A saída será na Praça do Hino Galego em Esteiro.

A iniciativa parte de diversas entidades soberanistas da comarca de celebrar com umha Ruada Patriótica e festiva a comemoraçom do Dia da Pátria Galega deste ano 2018, no que se cumpre o 50 aniversário da primeira ocasiom na que o nacionalismo galego pôs em valor a data de 25 de Julho dando-lhe carácter de reivindicaçom do feito nacional da Galiza.

Ato que conta coa participaçom da Fundaçom Artábria, Bng Ferrol, Isca mocidade, Galiza Nova, Causa Galiza, Semente Trasancos, Erguer- Estudantes da Galiza, CIG-Ferrol e BRIGA.

Chamam a participar na ruada: "Avante a República Galega".

______________