Amosando publicacións coa etiqueta Rede Galiza Non se Vende. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rede Galiza Non se Vende. Amosar todas as publicacións

martes, maio 19, 2009

Reunión, hoxe martes 19 de Maio, para preparar a Mobilización da Rede Galiza Non Se Vende en Ferrol

Na Asemblea Nacional de Galiza Non Se Vende, celebrada o 25 de Abril, decideuse convocar dúas mobilizacións unha no sul que é unha manifestación en Vigo o 31 de Maio e outra no norte que é un roteiro por Ferrol que terá lugar o venres 5 de Xuño, ás 8 da Tarde, coincidindo co "Día Mundial do Medio Ambiente". O Roteiro fará paradas en diversos locais de entidades que teñen que ver cos socios de REGANOSA.

Para preparar esta mobilización da Rede, hai unha Autoconvocatoria, hoxe martes, 19 de Maio, ás 7 da Tarde no Ateneo Ferrolán, de todos os colectivos e organizacións da Comarca que participan na Rede Galiza Non Se Vende, reunión aberta a outras entidades interesadas na convocatoria.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
Por unha terra viva e unha vida digna para tod@s

info@galizanonsevende.org
http://galizanonsevende.org
________________________

venres, abril 24, 2009

A Rede Galiza Non Se Vende perante a mudanza de goberno

Rede "Galiza Non Se Vende" 24.04.2009

O 16 de Abril o Parlamento galego xurdido das últimas eleccións autonómicas investiu a Nuñez Feijóo como novo presidente da Xunta. De novo o PP volta gobernar Galiza. A Rede GNSV, formada na lexislatura que acaba e moi crítica co goberno saínte, desexa posicionarse publicamente a respecto do período que se abre coa maioría absoluta do Partido Popular.
A Rede Galiza Non Se Vende naceu en Novembro de 2007 como evolución da Rede Litoral Vivo, constituída en Febreiro do mesmo ano por diferentes colectivos ecoloxistas e sociais. A Rede GNSV xurdiu estando PSdeG-PSOE e BNG no goberno galego fronte a unhas políticas e prácticas ambiental e socialmente destrutivas, para defender un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.

Do Parlamento electo nas pasadas eleccións autonómicas sairá un novo goberno, máis, moi probablemente, debido á xa coñecida traxectoria do PP, non á mudanza de rumo que este país e todo o mundo necesita para saírmos da acumulación de crises que alimentamos e padecemos. Se o bipartito foi continuísta, do novo goberno e Parlamento, qué podemos agardar? E se nos guiamos polo labor do PP no goberno e na oposición, polo feito por PSdeG-PSOE e BNG durante esta lexislatura, polo discurso dos tres durante a campaña, e polas declaracións que vén facendo o novo presidente da Xunta… a situación é preocupante.

A Rede Galiza Non Se Vende olla con preocupación as declaracións que Alberto Núñez Feijoo vén realizando. Se grande é o seu desprezo pola lingua, que rexeitamos, maior aínda semella a súa falta de respecto pola terra. Todo indica que o novo goberno autonómico, escudado na crise, non se vai limitar a continuar coas políticas destrutoras do territorio senón que procederá ao seu endurecemento, sen corrixir as prácticas recentemente denunciadas polo Informe Auken no Parlamento Europeo, e empeorando con isto a xa grave situación ambiental e social, local e global.

Evidentemente a razón de ser de GNSV non desaparece coa mudanza de goberno. A Rede continuará a traballar por unha terra viva e unha vida digna para tod@s e farao goberne quen goberne, por iso continuaremos a esixir que se deteña a destrución do territorio e que este se ordene de forma democrática, participativa e seguindo criterios de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social.

Asfalto e formigón non son progreso. O tixolo e a marbellización do litoral galego non fan parte da solución, están no cerne do problema. A acuicultura industrial destrúe a terra e o mar. Os recheos nas rías estragan a riqueza natural destas. A minaría a ceo aberto erosiona a biodiversidade e mata o medio rural. Os portos deportivos indiscriminados alteran as correntes e destrúen recursos pesqueiros… As políticas de destrución ambiental e social son absurdas e suicidas, por moito que haxa quen se lucre con elas.

Goberno e Parlamento deberían comezar a lexislatura non atacando a nosa lingua e a nosa cultura senón comprometéndose á prohibición, de facto, de construír a 500 metros da costa e impedindo o emprego especulativo do territorio.

Completando de xeito efectivo e racional o saneamento integral e o tratamento de residuos urbanos do 100% da poboación galega.

Ampliando a superficie natural protexida e dotando de contido real ás diferentes figuras de protección, e respectando tamén paisaxe e patrimonio.

Promovendo o aforro enerxético, implementando redes de carrís bici, promocionando o transporte colectivo intermodal e de proximidade, e paralizando infraestruturas elitistas e agresivas como o AVE. E establecendo unha moratoria a novas autovías, das que Galiza posúe un quilometraxe por habitante moi superior á media española e europea.

Retirando as industrias perigosas e contaminantes e normativizando o seu troco cara a tecnoloxías limpas e sen riscos en espazos axeitados.

Respectando de xeito estrito a abundante lexislación e facilitando, en fin, a participación e libre expresión da cidadanía, tal como esixen as leis, e rendendo contas sen agardar aos resultados dunha nova consulta dentro de catro anos.

A grave crise mundial na que estamos inmers@s non é só económica e financeira senón tamén de modelo de desenvolvemento e enerxética. Se lle engadimos os negativos e irreversibles impactos do cambio climático, a única alternativa posible é un xiro radical que aposte firmemente por un decrecemento racional.

É necesario mellorar e desenvolver redes de transporte público de proximidade; a autosuficiencia, o aforro e a eficiencia enerxética cara ao emprego dun 100% de enerxías renovables e á progresiva eliminación do uso das que non o son; un urbanismo racional que contemple as necesidades reais de vivenda e solo industrial e unha atención máxima polo medio natural.

O respecto á organización tradicional do territorio, ós seus usos e á súa identidade, o potenciamento do sector primario, a promoción da agricultura ecolóxica e da soberanía alimentaria libre de transxénicos, son fórmulas ineludibles. Alén disto, a relación coas outras comunidades e pobos do estado, Europa e o resto do planeta ten que darse en igualdade de condicións, non con pura competitividade, senón con solidariedade e complementariedade.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
Por unha terra viva e unha vida digna para tod@s

info@galizanonsevende.org
http://galizanonsevende.org
______________________________

martes, marzo 17, 2009

Pódese mercar o azul do ceo ?

Por Alexandre Carrodeguas [1]

"España ten sufrido unha destrucción masiva na última década, xa que o cemento e o formigón teñen saturado esas rexións...o que constitue unna perda tráxica e irreparable da sua identidade e legado culturais, así como da sua integridade medioambiental, e todo elo principalmente pola avaricia e a conducta especulativa de algunhas autoridades locais e membros do sector da construcción que teñen conseguido sacar beneficios masivos destas actividades, " que "todas as administracións, central, autonómicas e locais teñen sido responsabeis de ter posto en marcha un modelo de desenrolo insostible" e que certa laxitude nos procesos xudiciais, non só teñen complicado o problema, senon que tamen teñen xerado unha forma endémica de corrupción"[2].

A rede Galiza Non se Vende esta formada por múltiples colectivos de todo o país, que se unen para traballar en rede pola defensa do noso territorio. Esta rede surxe ante o maltrato xeneralizado sufrido pola nosa terra, fruto da especulación salvaxe e deste modelo
depredador de crecemento economico, que equipara medre e benestar social.

A obsesión do goberno de Manuel Fraga ó igual que o caido bipartito, foi a de seguir unha política "desarrollista" de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos a mera condición mercantil. Os costes deste desenrolo económico externalizanse socialmente provocando a destrucción dunha natureza privilexiada como a galega. Con isto confunden o crecemento estadistico e o benestar xeral.

A venta do noso vento, da nosa costa, das nosas rias, do Courel, supón depredar o territorio fisico común para mercantilizalo en beneficio de só duns poucos.Privatizando beneficios e externalizando os costes sociais. Esta falsa modernización é a mesma que obriga a abandonar a terra a miles de labregos e labregas, para facelos dependentes dos mercados globais, asimilando falsamente "progreso" coa aniquilación do campesiñado. Alonxandonos cada vez mais da chamada soberanía alimentaria. Ou aquí na comarca de Ferrol, co abandono do marisqueo ea esquilmación da nosa ría.

Isto non é mais que o que algún marxista denomina "acumulación por desposesión", que consiste en arrincar das suas economias naturais os seus soberanos povoadores. O obxetivo é destruir as tradicións, e facer dependentes os povos orixinarios. Por iso a loita polo territorio non e unha loita romantica ou bucolica senón que é unha loita pola supervivencia, pola conservación da tradicíon.Contra este modelo revolucionario capitalista que necesita depredar os homes e as terras para segir acumulando capital nunha carreira sin fin.

Galiza Non se Vende pretende poñerlle freo a locomotora desbocada deste falso progreso; dos Aves contra os trens de proximidade, das piscifactorias contra a pesca tradicional, da ideoloxia dos megavatios e plantas de gas contra o consumo responsabel de enerxia, da proliferación de autoestradas contra o fomento doutros medios de trasporte como a bicicleta. Das grandes superficies contra o comercio tradicional ou as redes de troco. Tratase en suma dunha nova mentalidade, dunha nova cultura, que trate a terra non como un medio, do que podemos quitar beneficio, senon coma a nosa patria común da que todas e todos formamos parte.

Non ten que ser necesaria, non pode ser imprescindible destruncción do noso fogar común para acadar medios de vida, porque si asi fora non estaríamos senon correndo o camiño do suicidio colectivo.

O benestar colectivo non debe basearse na explotación nin das persoas nin da terra que habitamos. Este modelo caduco levounos a esta crise que todos padecemos. A saída dela non pode ser unha fuxida cara diante. Este modelo de "posta en valor", de confundir como decía o poeta valor e prezo, tennos levado a esta degradación sin precedentes, a esta crise civilizatoria da que vemos dificil saida. A esta cultura moral e material degradada que nos fai ser infelices. Temos que reconciliarnos xa coa terra e con nos mesmos. Para non seguir a maltratar os nosos semellantes e a terra da que formanos parte. E para isto iniciativas como Galiza Non se Vende son fundamentais, para que a loita compartida nos reconcilie coa nai terra, para constuir entre todos e todas unha cultura que xa non necesite destuir para poder vivir. Non se necesite nunca mais especular co patrimonio común para poder vivir. O camiño ten que sr outro, maís preto da carta do antigo xefe indio que dos cantos de serea dos novos barbaros.

Galiza Non se Vende é o freo desta locomotora que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures. Esta "valorización" do territorio ten que distinguir xa os bens de uso, os modos de vida, do expolio e despoxo da nosa terra. Vainos nelo a preservación da civilización que queremos legar os nosos fillos, non podemos tolerar mais o intolerable, porque como decía o vello xefe indio Seattle e como berramos en Compostela o pasado 15 de Febreiro:

Como se pode comprar o azul do ceo ou a calor da terra? Quen pode vender o vento, as ondas do mar ou a luz do mencer? O ser humano non pode posuír a terra, como tampouco pode ser amo do ceo, do frescor do aire ou do brillo da auga. Nós somos unha parte da Terra, e ela é unha parte de nós”.


Publicado no Suplemento Dominical Nordesia do xornal comarcal "Diario de Ferrol"
Domingo, 15 de Marzo de 2009

[1] Alexandre Carrodeguas, membro de VERDEGAIA -republicadetraballadoras@gmail.com-
[2] Do "Informe Auken"
_____________

venres, marzo 13, 2009

Asemblea Xeral da Rede Galiza Non Se Vende, en Compostela, Sábado 14 de Marzo

Asemblea Xeral da Rede Galiza Non Se Vende, en Compostela, Sábado 14 de Marzo de 2009, ás 10 da mañá nos locais da Gentalla do Pichel, coa seguinte orde do día provisional:
  1. Valoraçom da manifestaçom do 15 de Fevereiro.
  2. Comissons de trabalho: de energia, de resíduos, de relaçons com outras organizaçons…
  3. Propostas: Encontro, festival, caravana de charlas….
  4. Iniciativa popular de defensa integral do litoral e território da Galiza.
  5. Comissom jurídica: Denuncias contra o Plano Acuícola.
  6. Declaraçom de GNSV ante as ameaças do próximo governo.
  7. Revista da rede.
  8. Debate sobre se a língua tem que ser defendida desde a rede.
  9. Normativa que a RGNSV empregará nos seus documentos públicos.
  10. Multas.
  11. Postura da rede fronte a fábrica de celulosa.
  12. Vários.
info@galizanonsevende.org
http://galizanonsevende.org/
_____________

venres, marzo 06, 2009

Reganosa e a Rede Galiza Non Se Vende, no xornal de actualidade crítica "Diagonal"

Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
6 de Marzo de 2009 16:29


Diagonal [*]______________________

[*] DIAGONAL é un xornal de información de actualidade, debate, investigación e análise que, desde Madrid e grazas á participación de decenas de persoas en diferentes partes do mundo, edítase cada quince días. Ancorado na realidade dos movementos sociais que loitan por transformar a actual orde de cousas, de onde nace e nútrese, preséntase como unha alternativa comunicativa seria, de calidade e con vocación de ter unha ampla difusión social. ... [Ler máis + ]
_________

domingo, febreiro 15, 2009

Goberne quen goberne, Galiza Non Se Vende - Comunicado final da Manifestación deste Domingo 15 de Febreiro de 2009

[FOTO: R. Escuredo]

TEXTO ÍNTEGRO DO COMUNICADO LIDO NA PRAZA DA QUINTANA AO REMATE DA MANIFESTACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE O 15/02/09

Compañeiras e compañeiros:

Volvemos hoxe aquí, un ano despois da última cita, porque sobran os motivos.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están destruíndo os recursos naturais de Galiza, a súa biodiversidade e o seu patrimonio humano e cultural. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país ás grandes empresas multinacionais e ós grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto e inxusto modelo económico e social.

Políticas que, xordas e cegas diante das fondas crises económica, enerxética e ambiental que vivimos, pretenden seguir, como se nada pasara, na senda imposible do "crecemento económico continuado e ilimitado". Na trastornada senda de destruír máis, para producir máis, para consumir máis.

A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada. Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social:
  • Denunciamos o esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, por falta de políticas verdadeiramente sociais.
  • Denunciamos o proceso de marbellización do noso litoral. Especulación, recheos agresivos e paseos de formigón. Niveis de contaminación das nosas rías que as fan incompatíbeis coa pesca e o marisqueo. Un Plano de Portos Deportivos que pretende multiplicar por catro os que xa existen, enmascarando urbanizacións e apropiación privada do litoral, buscando tan só un bo negocio a conta da nosa costa.
  • Denunciamos un Plano Acuícola devastador das zonas mellor conservadas do litoral para proveito das empresas transnacionais. Un plano acuícola que ameaza Corrubedo, Quilmas, Corcubión, Merexo, Camelle, Arou, Seráns, Oia, e até 20 lugares máis.
  • Denunciamos un Plano Eólico caótico que non ten en conta áreas de alto valor ecolóxico, arqueolóxico, nin as zonas protexidas, que agasalla cos nosos montes ás compañias privadas de electricidade: Serra da Groba, Serra do Xistral, Serra de Careón, Serra do Suído e tantos outros lugares que nos queren encher de tarabelas
  • Denunciamos un Plano da Minaría, que é un triste modelo de espoliación do territorio, zonas de grande riqueza natural roídas pola cobiza: A Serra do Courel, a Terra Cha e moitas outras comarcas da Galiza.
Todos estes planos e desfeitas camúflanse baixo a mentireira cantinela da suposta creación de postos de traballo. Unha conta que só cuantifica os que se crean e nunca ten en conta os que se destrúen, tanto na pesca e no marisqueo, como na agricultura, na pequena industria ou no comercio tradicional.

Defendemos a pesca artesanal, totalmente desamparada no camiño programado cara a súa extinción.

Denunciamos a continuidade do modelo de concentracións parcelarias destrutoras de áreas de valor ambiental, agrícola e paisaxístico, que afondan nun modelo de agricultura industrial e insostible.

Esiximos medidas que eviten o progresivo abandono do rural e do agro, que nos fai ser dependentes, tendo que importar os productos máis básicos e, pola contra, fomenta a introdución dos perigosos transxénicos e dos cultivos enerxéticos.

Os nosos ríos están completamente contaminados e a degradación e sobre-explotación hidroeléctrica está matando a súa biodiversidade. Os vertidos aos ríos Umia, Tambre, Sar, Gallo, Alvedosa, Lagares, Lengüelle ou o desastre do Xallas, son só algúns exemplos

Os nosos montes están sufrindo un proceso de eucaliptización total, acabando coa biodiversidade autóctona, para beneficio exclusivo das celulosas. Un proceso estreitamente ligado aos incendios forestais que xera maior vulnerabilidade perante temporais como os que acabamos de padecer.

Industrias nocivas e perigosas espállanse por todo o país, como Reganosa, Ence, ou o proxecto de Parque de Residuos no Ribeiro...

Denunciamos os lagos artificiais d´As Pontes e Meirama polo perigoso impacto ambiental e social e denunciamos o posible traslado de Ence á localidade d´As Pontes.

Sufrimos un sistema de transportes que fomenta o uso do vehículo privado, significa a continua construción de carísimas autovías e supón un forte e irreversible impacto no territorio. Un sistema que nunca resolve definitivamente o problema da saturación do tráfico senón que o acrecenta. O Plano de Estradas de Galicia ou o Vigo Íntegra son bos exemplos de malgasto do diñeiro público na perpetuación dun sistema obsoleto e ineficaz, que leva aparellado o abandono do transporte público, terrestre, marítimo e ferroviario.

O golpe de gracia á nosa pobre rede de ferrocarril ven agora da man do AVE, que vai significar o peche de ducias de estacións e o desmantelamento do precario sistema de trens de proximidade, en aras dun negocio destrutor do territorio, elitista e enerxeticamente insustentábel.

A legalidade urbanística, ambiental e de patrimonio son sistemática e impunemente vulneradas coa complicidade das distintas administracións, cando non pola súa propia actuación e iniciativa. Os cascos vellos das vilas e cidades, o noso patrimonio histórico, arqueolóxico e natural son presa da destrución máis feroz, incluso os espazos que supostamente están protexidos.

Proliferación de parques industriais desproporcionados e sen planificación; directrices de ordenación do territorio simplistas e de óptica meramente urbana; proxectos de áreas metropolitanas impactantes e centralizadoras, como as de Coruña-Ferrol ou Vigo-Pontevedra; urbanismo masificador e salvaxe, campos de golf, depuradoras inoperantes, tratamento de residuos ineficaz e tantas cousas máis...

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido.

"Nós sabemos que a Terra non nos pertence, senón que somos nós os que lle pertencemos á Terra". (1)

Por iso non a podemos vender.

Pertencemos a unha terra antiga, montuosa e delicada, humanizada de xeito sustentable ao longo de séculos. Unha terra onde case cada lugar tivo e ten utilidade material e significado vital e que leva asociado, polo tanto, un importante patrimonio cultural, histórico, arqueolóxico e etnográfico. E un importante patrimonio inmaterial que está inserido na conciencia colectiva do País.

"Nós sabemos que o ser humano non creou o tecido da vida, senón que é tan só un fío del. E aquilo que fagamos a ese tecido farémonolo tamén a nós".(1)

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos. Non imos quedar indiferentes ante discursos que baleiran de contido as palabras, e agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

Como se pode comprar o azul do ceo ou a calor da terra? Quen pode vender o vento, as ondas do mar ou a luz do mencer? O ser humano non pode posuír a terra, como tampouco pode ser amo do ceo, do frescor do aire ou do brillo da auga. Nós somos unha parte da Terra, e ela é unha parte de nós".(1)

Por iso estamos aquí, para amosar que aínda mantemos intacta a nosa dignidade de pobo que non quere morrer. Para defender a paisaxe, a natureza, a Terra, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Para reclamar o noso dereito a unha terra viva e a unha vida digna.

Para berrar unha vez máis, con voz unánime, forte e clara:
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Compostela, 15 de febreiro de 2009

__________________________

(1) “Nosaltres som una part de la terra" Mensaxe do Gran Xefe Seattle ao presidente dos Estados Unidos de América no ano 1855. J.J. Olañeta, editor. Palma de Mallorca 2002.
_________________________

Enlaces de interese relacionados:
______________

luns, febreiro 09, 2009

Domingo, 15 de Febreiro, Manifestación en Compostela: Goberne quen Goberne, Galiza non se vende

http://1.bp.blogspot.com/_QExrwfv6Cnc/SYtw8wTUnHI/AAAAAAAAHgU/-_4npsns_Rk/s400/manirgnv.jpg

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa, xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande Manifestación Nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.

Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Terra viva e vida digna para tod@s!

Descargar o arquivo feito por Rádio Filispim



MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA

Domingo 15 de Febreiro ás 12 horas
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

http://galizanonsevende.org/
_____________

Rádio FilispiM, 93.9 FM
A rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.
http://www.opaii.blogspot.com
_______________

venres, febreiro 06, 2009

Ferrol, Sábado 7 de Febreiro: 4º Concerto da caravana de Galiza Non Se Vende

O 4º Concerto da Caravana da Rede "Galiza Non Se Vende", terá lugar en Ferrol, este Sábado 7 de Febreiro

O próximo sábado dia 7 de febreiro, a Caravana de Galiza Non Se Vende fai unha parada no Ferrol, cun pasaruas, polas ruas de Ferrol, desde as 19:00 e un grande concerto na Sala Run Run, ás 22:00. Actuarán os grupos: Vai (músicas do mundo) e Deskartes band (Ska desde Ponteareas)

Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais de este pais, o domingo 15 de febreiro, coincidindo co derradeiro concerto da Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se Vende convocamos unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00 da alameda.

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE

O 15 de febreiro tod@s a Compostela



http://galizanonsevende.org/
________________

xoves, xaneiro 22, 2009

A Caravana de "Galiza Nom Se Vende" chega até Corunha: Sábado 24 de Xaneiro na casa das Atochas

De: CaravanaGZNomSeVende -tone@fugaemrede.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de janeiro de 2009 12:56
Asunto: ConcertoCorunhaSabado20.30 SamesugasUltaqäns






A parada da Caravana de "Galiza Nom Se Vende" (iniciativa popular e autonoma de defessa do territorio) [http://galizanonsevende.org/] será este sábado a noite nas Atochas.

ATENTAS!!!!! CONCERTO!!!!


SÁBADO 24

LSO Casa das Atochas [R/Atocha Alta 14]
[http://www.myspace.com/casadasatochas]
20.30

antes do concerto, passarúas musical polo bairro de:
A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMENS SEM MEDO. 21:30

ULTRÄQÄNS (spiz-folq, Corunha)
[http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/995/38/#maxcomment1573]
SAMESUGAS (Compostela)
[http://www.myspace.com/samesugas]

Haverá também passes de vídeo, exposiçom e algumha que outra sorpresa!!!

infos: http://galiza.indymedia.org/gz/2009/01/18300.shtml

Organiça: Galiza Nom Se Vende
Colaboram: LSO Casa das Atochas, CSA Atreu! RDS Corunha.
___________________

xoves, xaneiro 15, 2009

Asemblea Ordinaria da Rede Galiza Non se Vende en Compostela: Sábado 17 de Xaneiro de 2009

Ola a tod@s

Esta mensaxe é só para lembrarvos que este sábado día 17 celebrarase a Asemblea Ordinaria da Rede Galiza Non se Vende.

A importancia da asistencia de tod@s a esta reunión é grande, pois temos diante a manifestación nacional en Compostela o día 15 de febreiro: falta menos dun mes.

Polo tanto agardámosvos o sábado, ás 10 da mañá na Xentalha do Pichel.

Saúde

A Comisión Coordinadora.

PROPOSTA DE ORDEM DO DIA:
  1. Manifestaçom do 15 de fevereiro, cartazes, roldas de prensa (ver de fazer varias em distintas cidades), campanha de faixas nas pontes e pintadas por todo o pais anunciando a mani, ver de fazer camisolas e autocolantes para vender antes da mani.
  2. Caravana, comentar como vai a organizaçom e possibilidade de faze-la em mais lugares.
  3. Feches e multas, valoraçom dos feches, e ver de denunciar desde a rede o intento de criminalizaçom, a perseguiçom e a represom mediante o envio indiscriminado de multas a membros dos colectivos sociais e ambientalistas.
  4. Assessoria juridica: Quedou-se, na assembleia passada em fazer umha lista de correio na que estariam advogad@s, licencia@s em direito e entendid@s no tema para assessorar e encaminhar os trabalhos jurídicos. Contar como vai o tema.
  5. Revista: Rosa de Casa Encantada e Lorena de Palhas@s em Rebeldia encargarom-se de fazer a prova do nº cero.
  6. Renovaçom da metade da Comissom coordenadora
  7. Varios: Plano eólico, Macrodepuradora do Lagares...
______________

venres, novembro 14, 2008

Video do Peche da Rede "Galiza Non Se Vende", na sede da Consellería de Medio Ambiente e ..., en Compostela, editado polo xornal "A Nosa Terra"



Compostela, a 13 de Novembro de 2008, no sexto aniversario do afundimento do Prestige
_________

xoves, novembro 13, 2008

Última hora sobre o peche, de Galiza Non Se Vende, en edificios administrativos da Coruña, Vigo, Ourense, Compostela, Ferrol, Mugardos e Rivadavia

Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, Mugardos e Ribadavia e fixeron entrega do manifesto no Concello de Cangas

Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Dous activistas foron detidos en Vigo polas forzas de seguridade que actuaron violentamente contra os pechados. Todos eles foron identificados pola policía e negoúselles o dereito a presentar un escrito no rexistro. O peche dos activistas foi pacífico en todo momento e non se comprende a actitude violenta da policía que chegou a rachar a pancarta de Galiza Non Se Vende.


Consellaría de Medio Ambiente. Compostela


Concello de Ourense


Ed. Adminsitrativos Xunta de Galicia. Vigo


Ed. Admin. Xunta de Galicia. A Coruña


Concello de Ferrol


Concello de Ribadavia


Concello de Mugardos

___________

Enviado por:

Xan Duro

xan.duro@usc.es

13 de novembro de 2008 17:03
Tesouraría. Comisión Permanente de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.cospesnaterra.info

____________

A rede Galiza non se Vende péchase simultáneamente en edificios administrativos de A Coruña, Vigo, Compostela, Ferrol, Mugardos e Ribadavia

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 13 de novembro de 2008 10:50

Asunto: Peche de hoxe nos Concellos de Ferrol e Mugardos




Peche de hoxe nos Concellos de Ferrol e Mugardos


Hoxe xoves 13 de Novembro 6º aniversario do afundimento do Prestige, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol, está a realizar un peche nos Pazos do Concello de Ferrol e Mugardos entre ás 10 e as 13 horas, coincidindo con outras movilizacións en moitos Concellos de Galicia Organizados pola REDE GALIZA NON SE VENDE En demanda de solución saos problemas e agresións medioambientais que estamos a padecer.

Nesta Comarca, de xeito especial pola ameaza da Planta de Gas de Reganosa e do perigo do tráfico ilegal de gaseiros na nosa Ría.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

______

Galería de Fotos dos Peches na Galiza
[Á medida que van enviando fotos estas van-se engadindo á galería]


__________


Hoxe, ás 10 da mañán, activistas dos colectivos integrantes da Rede Galiza Non se Vende, inciciaron peches simultáneos nos seguintes edificios administrativos:

- Ferrol: Edificio do Concello. Contacto para a prensa: Rafael Pillado tfno. 664 330 624
- Mugardos - Edificio do Concello. Contacto para a prensa: Luz Marina 699 548 246
- Vigo: Edificios Administrativos da Xunta. r/ Concepción Arenal. Contacto para a prensa: Xosé Reigosa. 647965193
- Compostela. Consellería de Medio Ambiente. Contacto para a prensa: X. García 648717652
- A Coruña. Edificio Administrativo da Xunta en Monels. Contacto para a prensa: Alfonso: 606816047
- Ribadavia. Concello de Rivadavia. Contacto: María Ogando. 680118479

Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Manifesto 13 NOVEMBRO. Rede Galiza non se Vende

Hai seis anos un barco-lixo carregado de fuel-lixo viaxaba de Europa a África. Un accidente fronte às costas galegas foi transformado en catástrofe por gobernantes incapaces e autoritarios, agachados tras a propaganda e a mentira. A cidadanía saíu á rúa como nunca antes fixera. Non se podía repetir esa destrución ambiental. Non se podía repetir esa forma de gobernar.

Apoiada naquela vaga de dignidade cidadá, a mudanza acabou por chegar ao goberno autonómico. Custou traballo ventilar aquela apodrecida Elsinor. Agora, seis anos máis tarde, o pantasma do pai de Hamlet vaga desacougado polos corredores pedindo vinganza. Mudou o goberno, pero... mudaron as políticas?

Non é a primeira vez que se conmemora tan fatídico día. Hoxe tamén hai acto oficial: forma parte dun ritual cínico, no que só se bota a vista atrás para seguir tirando proveito daquela traxedia á que non se debería chamar accidente. Claro que non debemos esquecer. Nós tampouco esquecemos. Non esqueceremos nunca como centos de milleiros de galeg@s berramos NUNCA MÁIS, convencidos de que de alí en diante algo había mudar definitivamente.

Que pouco aprendemos daquela experiencia! Neste novo 13 de Novembro denunciamos que temos dentro un perigo moitísimo maior, con efectos que son calquera cousa menos “accidentais”.

Porque se gravísimos, case irreparables, foron os danos provocados por aquela catástrofe, non menores son os que cabe agardar das políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Pero ben lonxe de marcar claramente distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, o goberno “bipartido” da Xunta de Galicia seguíu apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galicia e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de todo o sistema económico que, baixo a etiqueta de progreso, o que fai é vender os nosos recursos ás grandes transnacionais, hipotecando o noso futuro e atacando as bases da nosa propia soberanía.

Denunciamos con toda contundencia:
  • Recheos inxustificados e alarmante contaminación urbana e industrial nas rías
  • Degradación dos ríos por contaminación e encoros
  • Plan acuícola devastador de costa virxe
  • Plan de portos deportivos privatizador e destrutor da costa
  • Plan eólico deseñado para os intereses empresariais
  • Plan de minaría destrutor do rural e cuestionábel rehabilitación de zonas mineiras mediante a construción de megalagos (Meirama, As Pontes)
  • Degradación continuada do Courel, Ancares e Trevinca
  • Urbanismo masificador e salvaxe
  • Industrias perigosas e contaminantes: Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Alcoa, Megasa, Meirama, SOGAMA, Ferroatlántica, Carballeda de Avia, etc.
  • Plan de residuos destrutor de chan rústico e ambientalmente inviabel
  • Proliferación desmesurada de polígonos industriais sen planificación
  • Plan de vivenda protexida especulativo pensado para os promotores
  • Plan de estradas sobredimensionado e irracional
  • Plan Vigo Íntegra deseñado para as construtoras
  • Directrices de Ordenación do Territorio ilegais feitas sen contar coa participación cidadán
  • Modelo de transporte insostible e destrutor (TAV, transporte privado..)
  • Abandono do rural, eucaliptización e desmantelamento da agricultura e gandería
  • Intento de desmantelamento do sector pesqueiro ( Lei de Pesca)
  • Desprotección insultante do medio natural e da Rede Natura
  • Degradación acelerada da paisaxe, desaparición de espazos singulares (Fragas do Eume, Covas do Folón, Gándaras de Budiño..)
  • Falta de compromiso real na recuperación dos núcleos históricos das vilas
  • Desprezo ao patrimonio cultural (V.A.C. Costa da Morte, A-76, destrución de castros..), despilfarro no Gaiás
  • Plans urbanísticos masificadores e especulativos e áreas metropolitanas depredadoras e desestruturadoras do territorio
  • Control interesado dos medios de comunicación e amordazamento das opinións críticas
  • Desprezo ao ben común, parcialidade interesada cara ao gran capital
  • Cultivo do clientelismo electoral
  • Parcialidade do estamento xudicial e desprotección do débil
E fronte a isto esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva... Que supere o actual sistema (auto)destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

Goberne quen goberne, Galiza non se vende!

Terra viva e vida digna para tod@s!
__________________

domingo, setembro 21, 2008

O vindeiro Sábado 27 de Setembro de 2008, ás 10 da mañá, está convocada unha Asemblea Xeral da Rede "Galiza Non Se Vende"

O vindeiro Sábado 27 de Setembro de 2008, ás 10 da mañá, está convocada unha Asemblea Xeral da Rede "Galiza Non Se Vende", no local social do C.S. "A Gentalha do Pichel" [Sta. Clara, 21 Baixo], en Santiago de Compostela.

Orde do día:

1). Comentar o resultado da Asemblea extraordinaria do 20 de xullo.

2). Propostas de actividades.

Outros pontos propostos:
  • Organización de xornadas informativas sobre os problemas dos que tratamos na Rede a fin de dar a coñecer a nosa actividade e ampliar a nosa base social;
  • Na mesma liña do anterior (divulgar e darnos a coñecer), organizar unha caravana festiva que percorra diferentes lugares;
  • Caravana de Galiza Non Se Vende.
  • Mani en Fevereiro, antes das eleiçons.
  • Voto pola terra: Na Asemblea Extraordinaria do 20 de Xullo, falouse da posibilidade/necesidade de facer unha proposta de participación nas próximas eleccións; houbo compañeir@s que se comprometeron a concretar dita proposta, que agora vos presentamos.
  • Plano acuícola.
  • Asessoria jurídica e finanzamento desta.
  • Feches.
  • Plano Eólico.
  • Propostas de Campañas.
  • Manoel Santos da Plataforma Medioambiental de Corrubedo, propón incluir na O. do D. da próxima Asemblea o tema da participación no Foro Social Galego que se celebrará en decembro.
  • Varios.

sábado, setembro 06, 2008

Manifesto para o Festival da Poesia do Condado: Galiza sitiada

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de setembro de 2008 01:00
Asunto: Manifesto para o Festival da Poesia do Condado.


Manifesto para o Festival da Poesia do Condado

Galiza sitiada

¿Qué é o mundo? ¿Unha canteira para explotar os sus minerais con beneficio, ou un belo e fráxil xardín que coidar e mellorar ?

Na Galiza estamos sumidos nunha crise ecolóxico política que pon de manifesto o desfase existente entre as institucións políticas "representativas" que únicamente funcionan como axentes dos grandes poderes económicos e a povoación que sofre a depredación do territorio que habita. No noso país, trinta anos despois da chamada "transición" vivimos instalados no paraíso da corrupción político financieira que provoca un "desencanto" xeral e un desprezo pola legalidade vixente que nos converte no país do todo vale e todo se vende. Vivimos ata agora na economía dos "pelotazos " que ten propiciado unha degradación do territorio sen precedentes.

PÉNSASE QUE ESTE PAÍS, DE NATUREZA PRIVILEIXADA, O AGUANTA TODO. PERO XA NON. DAS SUXAS RÍAS, DO INFLAMABLE EUCALIPTAL E DAS FERIDAS MONTAÑAS AGROMA UN BERRO DE ALARMA QUE, POR MOITO QUE TURREN, NON PODEN CALAR.

Esta economía baseada na pura especulación é froito da connivencia dos poderes públicos cos "emprendedores" de turno sexan os Tojeiros, Joves, Caixas e tutti cuanti poidera facer negocio a costa de "poñer en valor" o noso territorio. Segundo estes, todos os recursos naturais son reducibles a mera condición mercantil, todo é pura mercancía, desde as nosas rías, os nosos montes, o noso vento etc. Todo serve para alimentar a máquina infernal do capitalismo, este capitalismo salvaxe que necesita expropiar os territorios para seguir acumulando, nun remedo daquela acumulación primitiva da que xa falaba o vello Marx. 1)

Todo este novo SUPOSTO milagre económico faise a costa do novo "deux machina" da producción, a base de "poñer en valor" os recursos naturais que són patrimonio do noso povo. Este novo saqueo a imitación do saqueo das antigas Indias e o resultado último do sistema economico capitalista que unicamente "produce" apartires da expoliación da terra, esquencendose daquelo que sabían os clasicos de que a Terra nai era a única que producia cos seus ciclos naturais.

Frente a todo iste xurden iniciativas como Galiza Non se Vende que articula a defensa do territorio galego como forma de opoñerse a este neomodelo de capitalismo delincuente que está a ser impulsado polas novas clases depredadoras. Loitando contra a ideoloxía dos megavatios, das regasificadoras, das canteiras, das piscifactorias, Aves; contra esta nova barbarie do chamado "progreso". O movemento que supón este povo organizado, construindo en compaña un novo mundo mellor. Contra este estilo de vida derrochador. Contra a obsesión das grandes megainfraestructuras que esquencen sempre que o pequeno é o fermoso.

Loitando contra este sistema baseado no consumismo sen freno e no individualismo máis atroz. Todos xuntos, o que antes se chamaba povo, loitando por unha nova economía moral da multitude no que non sexa necesario destruir o noso fogar común para poder vivir.Para vivir en paz coa terra. Non aspiramos a que este novo capitalismo galego se faga amigo da nosa terra, sabemos que iso non é posible, aspiramos a que a coartada dos "postos de Traballo" non sirva para seguir arrasando, para que non nos sigan vendendo as súas iniciativas como desenvolvemento cando o úneco que lles preocupa e o diñeiro.

Estamos xuntos para traballar por unha terra na que a nova oligarquia non logre impoñer o seu modelo corrupto, que xera desigualdade e fallas de liberdade real. Estamos contra esta falsa democracia dirixida por empresarios e politicos que dominan os chamados medios de comunicación e que funcionan como meros intermediarios dos grandes intereses corporativos.

Podesenos acusar como outrora se acusaba a algún partido do actual goberno como "os do non". Pero non, en evocación Celsoemilián, nos somos os do si, decimos sí a mellorar a calidade de vida das nosas xentes, Sí o Courel, Sí a Ría de Ferrol, Si os nosos Montes, Sí Quilmas, Corrubedo, Si a Laxe Brava, Si a Seiruga limpa. En fin sí a os nosos rios limpos, a nosa paisaxe, as nosas costas, a terra nai chea de vida… E por iso tomamos a rúa, para visibilizar o conflicto, para que se vexa como se pisotean as leises fundamentais do estado de dereito, como domina a arbitariedade, para que o conflicto nos interpele a todos. Para que a lei do minimo esforzo que é a lei dos cobardes non se faga popular. Nos paises onde prima a lei do silenzo o mais probable é que prime a inxustiza do orden antigo ou sexa o desorden que denunciaba o grande comunista italián. Acabemos cos que prefiren a inxustiza a un novo mundo compartido.

Este ano o festival de poesía do Condado adícase o Movimento Galiza Non se Vende e conflue nesa loita común de compartir as nosas soedades para que desemboquen nesa grande marea de alegría compartida que supón a loita colectiva. Os verdadeiros poetas sempre estiveron o lado dos que sofren, dos que són explotados, das xentes do común, e neste caso tamén están co país de nos. Decía alguén que o fascismo é o desprezo, que toda forma de desprezo prepara e instaura o fascismo. Acabemos xa co desprezo a nosa Terra e cantemos todos xuntos, poetas todos co grande Uxio:

Galicia
Será a miña xeneración que te salve?
Irei un día do Caurel a Compostela por terras liberadas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inútil
UXIO NOVONEIRA 1957

Quixera para rematar honrar a memoría de Carmelo Teixeiro, morto en Febreiro deste Ano. Este Militante da terra morreu de pé loitando pola Ría de Ferrol en contra da planta de Gas, fixo sempre o que puido para que o fogar de Breogan despertara do seu sono. Que a terra che sexa leve Carmelo.

Alexandre Carrodeguas

Membro da Rede Galiza Non se Vende

1)"A acumulación por despoxo e o segundo eixe da expansión contemporánea do capital. Este proceso, que significa abrir ao capital novas áreas e territorios para a valorización, estase realizando através de duas vías: i) disolución de formas puras ou híbridas da comunidade agraria (como o ejido mexicano ou os koljoses e sovjoses soviéticos) e a conversión da terra en mercancía: un proceso que ten significado en México a afectación de 3.5 millones de campesiños, o traspaso de terras colectivas a proxectos de inversión privada en deserolos inmobiliarios e turísticos e, según cifras do Banco Mundial, un éxodo rural de mais de 6 millóns de campesiños mexicanos na última década e a ii) privatización de bens e servizos públicos"

Rina Roux

En Agosto na Ría de Ferrol
_______________

xoves, setembro 04, 2008

4, 5 e 6 de Setembro terá lugar o XXII Festival da Poesia no Condado dedicado a Rede Galiza Non Se Vende

XXII Festival da Poesia no Condado
4, 5 e 6 de Setembro de 2008
A scd condado dedica o festival ao movimento galiza nom se vende Governe quem governe, Galiza nom se vende

Da SCD do Condado sentimos as justas demandas de 'Galiza Non Se Vende' como próprias e pretendemos que o vigéssimo-segundo Festival da Poesia sirva como ponto de encontro das entidades que confluem na plataforma, como altofalante do sentir popular e como homenagem a todas aquelas luitas que continuam a livrar-se ao longo do território nacional.

A SCD do Condado distinguiu-se sempre por identificar-se e apoiar as batalhas em favor dos interesses populares e vizinhais frente aos das empresas e políticos ao seu serviço. E desta maneira, continuamos sem desviar-nos do caminho andado, tentando aportar o nosso grao de areia à imprescindível tarefa de construir poder popular na Galiza de 2008.

* Perante possibilidade de que chova nas datas do Festival, estará habilitada umha grande carpa para as actividades previstas ao ar livre.

· Programa do XXII Festival da Poesia

· Como chegar a Salvaterra de Minho?


Endereço
SCD Condado
Rua Castelao, nº26
Salvaterra de Minho
36.450

Telefones
986 658 268 (Manolo)
986 658 036 (Carmen)
690 034 632 (Manolo)
655 185 171 (Xosé)

Correio Electrónico
info@scdcondado.org

Web
www.scdcondado.org

_______________

xoves, agosto 28, 2008

As organización ecoloxistas e plataformas veciñais, dispostas a defender o litoral galego en todos os campos e impedir a aplicación do Plano Acuícola


As organizacións ecoloxistas e plataformas veciñais, dispostas a defender o litoral galego en todos os campos e impedir a aplicación, na práctica, do Plano Acuícola


O Consello Xeral da Xunta, como se preveía, aprobou hoxe o "Plano Galego de Acuicultura" que é unha -revisión- do anterior e nefasto “Plano Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega” elaborado, e aprobado en funcións, polo goberno Fraga [PP], máis coñecido como Plano Acuícola.

O goberno bipartito [PSdeG-PSOE /BNG], aprobou o citado plano, sen ter enconta, o fundamental, das máis de mil alegacións presentadas; á oposición do conxunto das organizacións ecoloxistas e ambientalistas galegas; ás numerosas plataformas veciñais; a sectores universitarios; ás advertencias de técnicos de Política Territorial.

Este 28 de Agosto de 2008, consumo-se a decisión política de seguir apostando por unha económia productivista, esquilmadora, especulativa e non sustentábel, apostando por unha industria de "macrofabricas de contaminación mariña". O Plano Acuícola é desde hoxe a principal ameaza contra o património natural do noso litoral.

ADEGA dixo:" ... consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán máis de 3 millóns de m2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo millóns de Hm3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados".

"... O máis grave é que un governo que se dí "progresista" aposte por modelos de desenvolvemento depredadores e insustentábeis, sacrificando o potencial e os recursos endóxenos do litoral a maior gloria das contas de beneficios das transnacionais do peixe de plástico".

"Non deixa de ser un paradoxo que Galiza, cun dos ecosistemas mariños máis produtivos e potentes do mundo, aposte por cultivar os peixes en terra dándolle as costas, mesmo comprometendo esa riqueza natural da que directa e indirectamente viven milleiros de persoas en todo o país. Centos de millóns de euros en subvencións públicas van ser agasallados ás empresas acuícolas en forma de axudas directas e indirectas (máis do 50% dos investimentos por planta), empresas para as que se vai expropiar a prezo de saldo os millores espazos da costa ..."

A Rede Galiza Non Se Vende dixo: "... o executivo galego aprobou a que será unha das máis grandes desfeitas que se producirán no litoral galego: a construción de 13 novas piscifactorias e a consolidación doutras 11 xa existentes, algunhas delas ocupando terreos da Rede Natura. ..."

"... Esta privatización encuberta do litoral suporá outorgar ás grandes multinacionais a explotación de extensas superficie agora adicadas á extracción tradicional dos recursos mariños suprimindo así os medios de manutención de milleiros de familias. E iso sen esquecer a grave contaminación que estas plantas acuícolas ocasionan ao medio mariño cuxa riqueza vese esquilmada pola avaricia das grandes multinacionais. ..."


Mobilización sonora e contundente

Mentras se consumaba a agresión ao noso litoral, coa aprobación do Plano Acuícola, frente aos edificios administrativos da Xunta en San Caetano, tiña lugar unha concentración de representantes de diversas organizacións ecoloxistas como VERDEGAIA, GREENPEACE, ADEGA, ... e plataformas veciñais como a de Quilmas, Corrubedo, Oia, Seráns, Arou, Camelle, Xove, ... e a Rede Galiza Non Se Vende que se mobilizaban con firmeza contra esta decisión política que vende o noso litoral ás "multinacionais do rodaballo dopado" como así os denominan @s compañeir@s de ADEGA. Grande sonoridade con ritmo e consignas como "As mellores piscifactorias son as nosas rías", "Goberne que goberne, Galiza non se vende", "A mellor acuicultura é a pesca de baixura", ... era o que destacaba na citada mobilización. [Nunha noticia publicada por Vieiros pode-se ver un vídeo con importantes declaracións]


A postura do pp

O PP volve pedir barra libre para o sector acuícola
O PSdeG defende que é un documento amplamente consensuado. Galiza Non se Vende organiza unha concentración este xoves contra o documento. [Noticia completa en Vieiros]


A patronal do "rodaballo dopado" moi contenta coa decisión política

Os produtores de rodaballo aplauden a aprobación do Plan Acuícola
Defenden que a medida é máis que unha "decisión política" por contar cunha "vintena" de informes técnicos favorábeis.[Noticia completa en Vieiros]


A loita continua

ADEGA dixo: "... Para cada unha das localizacións das macroplantas temos preparado unha batería de accións, propostas e iniciativas novidosas que van facer moi difícil levar a termo os proxectos previstos. ..."

A Rede Galiza Non Se Vende, diversas plataformas veciñais e as organizacións ecoloxistas, anunciaron protestas, accións xudiciais e administartivas, ... todo un conxunto de iniciativas, en defensa do litoral galego, para impedir a aprobación dos planos sectoriais.


Artigos de interese:

Touriño impón a inclusión do Plano Acuícola no que pode ser o último consello da lexislatura
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
Xoves, 28 de Agosto do 2008


A realidade da acuicultura industrial: STOLT solicita permiso de vertido... 20 anos despois !!!
Federación Ecoloxista Galega
___________________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia[26.08.2008]
______________________

Documentación:

A Xunta aproba o Plan Galego de Acuicultura [28.08.2008]

A Consellería de Pesca informou no Parlamento do resultado das alegacións ao Plan Galego de Acuicultura [03.03.2008]

O novo Plan Galego de Acuicultura bota a andar coa súa publicación no DOG [30.06.2007]

O texto do novo Plan Galego de Acuicultura pódese consultar na páxina web da Xunta de Galicia a través do enlace http://www.xunta.es/conselle/pe/publicacions/pga.html ou a través da web da Consellería de Pesca (http://webpesca.xunta.es).

Pesca presenta ao sector o borrador do Plan Galego de Acuicultura [12.01.2007]
___________________

mércores, agosto 27, 2008

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”]:

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado]:

Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de ...
Convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro ...

Manifesto 17 de Febreiro de 2008 da Rede Galiza ...
A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral ...

Rolda de Prensa colectivos contra Plano ...
Asunto: Roda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola Rolda de Prensa colectivos contra ... Contido: PRÓXIMAS ACCIÓNS CONTRA O PLANO ACUÍCOLA Asisten: ...

Malpica e Camelle manifestanse contra o ...
O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte ... Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ...

4 de Novembro. marcha nacional contra o ...
4 de Novembro. marcha nacional contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia ... Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un ...

... o convite para unha manifestación nacional ...
Asunto: MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA ... NON AO PLANO ACUÍCOLA! A COSTA É GALEGA, E NON DE NORUEGA! Co patrocinio de: ...

Algúns artigos de opinbión ao redor de ...
Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. ...

O 15 de Novembro, concentración en Muxia na ...
O 15 de Novembro, concentración en Muxia na Defensa da Costa, contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia, convocada pola Plataforma Veciñal de Merexo ...

Manifestación en Malpica o vindeiro domingo ...
Asunto: 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro, domingo, contra o Plan Acuicola. ...

Unha grande mobilización na Defensa do ...
Miles de persoas manifiestan-se en Corrubedo en contra do Plano Acuícola ... Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21 ...

Informacións sobre a Marcha Nacional na ...
2 nov 2007 ... NON AO PLANO ACUÍCOLA VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA Facemos un chamamento a todos os colectivos, ...

Valoración da Plataforma Medioambiental de ...
E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, ...

Presentada a Rede Galiza Non se Vende
... do Courel a Corrubedo, as explotación mineiras, REGANOSA, o Plano Acuícola, ... Moitos despropósitos en pouco tempo, e o PP frotando-se as mans, . ...

Marcha a Corrubedo (Novo horario)
"Non o Plano Acuícola" Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas. Desde FERROL Saída de autobuses (Correos - Praza de Galicia) ás 8,45 horas * ...

Crónica: a mobilización social que volve
... xa que van desde o rexeitamento do Plan Acuícola que pretende ... desas augas e volve situar nun primeirísimo plano o papel da autoorganización social e ...

Confirmado lugar, data e hora para a ...
14 nov 2007 ... no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de ... acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para ...


Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia [26.08.2008]

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola ...
___________________