Amosando publicacións coa etiqueta Solidariedade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Solidariedade. Amosar todas as publicacións

domingo, xullo 03, 2022

As vidas negras importa - Concentración en Ferrol contra as mortes nas fronteiras #MasacreMelilla - Vídeo das intervencións e Fotos


"As vidas negras importa" Concentración en Ferrol contra as mortes nas fronteiras #MasacreMelilla

O pasado venres 1 e o sábado 2 de xullo tiveron lugar mobilizacións de repulsa, en cidades de todo o Estado, contra a brutal masacre acontecida na fronteira de Melilla o pasado 24 de xuño, baixo o lema "As vidas negras importa". As mobilizacións tamén o foron de solidariedade coas familias das persoas asasinadas e as centos de feridas na brutal masacre.  Segundo datos das organizacións de socorro e solidariedade, coas persoas refuxiadas e emigrantes, foron 37 as persoas que morreron na fronteira, persoas procedentes principalmente do sur de Sudán e do Chad. Lembraron-se ás miles de persoas que deixaron a súa vida intentando entrar na Unión Europea e demandou-se unha outra política migratoria que respecte os dereitos humanos e o dereito ao asilo e o de toda persoa a desprazar-se libremente.

En Ferrol realizouse unha concentración este sábado 2 de xullo, na Praza de Armas, diante do Concello, coa participación da significativa comunidade senegalesa asentada na Comarca e outros colectivos de diferentes nacionalidades. Organizacións de todo tipo participaron no acto, entre as que estaban a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas e Mobilidade Humana.

#Tod@sSomosInmigrantes

#MasacreMelilla


Galería de fotos
_______






















martes, maio 10, 2022

A dor allea non nos debe ser indiferente, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
10.05.2022


A DOR ALLEA NON NOS DEBE SER INDIFERENTE


Vivimos tempos de salvaxe ditadura do capital, de hexemonía do Neoliberalismo no que cada día se concentra máis e máis a riqueza, os privilexios e o poder nas mans dunha minoría privilexiada a costa do recorte dos dereitos, da dignidade, dos salarios da clase traballadora e das maiorías sociais. E todo isto debe-se a decisións políticas tomadas por organizacións políticas e por gobernos que actúan como esbirros e lacaios, como o brazo executor das políticas neoliberais e de salvaxes recortes ditadas ao servizo das elites económicas e financeiras e das grandes trasnacionais.

Ante isto e ante o perigoso e preocupante avance da ultradereita e o fascismo tanto no estado español, como na Europa e no mundo toca organizarse social, sindical e politicamente, dar a batalla cultural e ideolóxica dende unha pedagoxía democrática e antifascista, crear comunidade e moverse polos principios e valores do apoio mutuo, da solidariedade internacionalista, pola empatía e pola colectividade construída dende abaixo e de forma transversal e democrática.

Hai que dar unha resposta política e loitar fronte os valores neoliberais como son: o individualismo salvaxe, o consumismo exacerbado de bens innecesarios e a competitividade extrema e de fomentar valores como son: os do compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a colectividade e loita polo ben común e pola defensa do público, da democracia e das liberdades tanto colectivas como individuais.

Non hai democracia cando a riqueza e o poder están concentrados nunha plutocracia que vive a todo luxo a costa do recorte de dereitos, dos salarios, da dignidade e da liberdade da clase traballadora e das maiorías sociais.

Toca pasar a acción política e o compromiso social e político que a cidadanía e a sociedade civil se organicen en todos os ámbitos (sociais, políticos, culturais, veciñais, sindicais, estudantís,...) tanto dende os movementos sociais, como nas asociacións culturais, veciñais, no movemento ecoloxista, feminista, nos sindicatos de clase, nas plataformas na defensa da sanidade e do ensino público, na defensa das pensións e dos servizos públicos, nas PAHS e Stop Desafiuzamentos, nos centros sociais, nas radios libres e comunitarias, nas organizacións políticas de esquerdas.

Son tempos nos que as nosas liberdades e os nosos dereitos están seriamente ameazados pola ultradereita e por organizacións políticas racistas, machistas, clasistas, fascistas, lgtbifóbicas que enfrentan o último co penúltimo pra defender os privilexios dos seus amos a elites económicas.

Non deixemos que a resignación, a apatía, o medo, a represión nos desmobilicen e nos fagan persoas egoístas, individualistas e alleas o sufrimento, a dor e as inxustizas alleas, xa que nos afectan directamente tamén a nós mesm@s xa que MORREMOS CANDO GARDAMOS SILENCIO FRONTE AS INXUSTIZAS.

ANTE ELAS EMPATÍA, SOLIDARIEDADE, COLECTIVIDADE, COMUNIDADE, APOIO MUTUO, LOITA, ORGANIZACIÓN E MOBILIZACIÓN COLECTIVA.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. É un activista en diferentes movementos sociais de Ferrolterra. Militante do BNG e a UPG. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre.| No Facebook. | En Twitter. | Artigos en: Nós Diario, Diario de Ferrol, Galicia Confidencial, Ferrol 360, GalizaLivre, Praza Pública, El Comunista e Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
9 de maio de 2022 12:00

_______

mércores, abril 06, 2022

Pintos somos todos, deso se trata, a sentenza é contra todos, ... André Abeledo Fernández


André Abeledo Fernández [*]
06.04.2022


Desde que se soubo o procesamento de Xesús Anxo López Pintos, exsindicalista da CIG, da que chegou a ser o seu Secretario Comarcal, polos feitos que sucederon no marco dunha protesta convocada polos comités de Navantia e Poligal, con motivo dun acto electoral do PP en Ferrol, no inicio da campaña das eleccións autonómicas de 2012,  sempre me manifestei publicamente en solidariedade con Pintos.

E como concelleiro en Narón promovín a presentación de mocións nos concellos da Comarca.

Tamén son sindicalista, e membro do Comité de Empresa de Mercadona, empresa na que se deu unha importante loita contra a represión patronal, polo despido dun traballador por participar na Folga Comarcal do 12 de Xullo de 2013. Ante este despedimento, desatou-se un importante movemento de solidariedade, no que Pintos xogou un importante papel,

O caso de Pintos é un exemplo do retroceso lento pero inexorábel no exercicio dos dereitos civís que se está a vivir no Estado español  e dos métodos represivos e antidemocráticos aos que a dereita neoliberal recorre para acalar aquelas voces críticas coas súas políticas de recortes.  Fronte a isto ratifícome na defensa "intransixente" do sistema de garantías e liberdades, conquista histórica do movemento obreiro. Sen un estado garantista non hai democracia.

Manifesto o meu total apoio ao compañeiro Pintos: Non é de recibo que o noso compañeiro poida entrar na cadea por participar nunha protesta unitaria onde estabamos todas e todos aqueles que defendíamos o futuro da comarca de Ferrolterra. Naquela protesta estaban representados sindicatos, comités de empresa, partidos políticos, etc. A consigna debería ser ou todos ou ningún.

Pintos non pode ser a 'cabeza de turco que meta o medo no corpo as traballadoras e traballadores que queiran facer uso a lexítima protesta na rúa.

O xuízo contra Pintos foi un xuízo contra a clase traballadora máis consciente, e supón a aplicación máis desapiadada da inxusta 'lei mordaza'. Dende a esquerda a idea de que as traballadoras e traballadores poidan pagar con cadea a súa participación en protestas é inadmisible.

Unha sentenza para asustarnos a todos, a clase traballadora. O Supremo demostra con esta condena pola carga policial na que resultou ferido o noso camarada que é unha ferramenta política de represión, que non de xustiza.

A sentenza contra Pintos é un intento de maternos a todos o medo no corpo, para conseguir o noso silencio e que o medo nos paralice.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
3 de abril de 2022 17:29

_______

domingo, xaneiro 16, 2022

Julian Assange é un preso político - Free Assange! Carta Aberta ao Gobierno do Reino Unido - Apoia a campaña Internacional pola liberdade Julian Assange


Julian Assange é un preso político


Desde 2010, Julian Assange e WikiLeaks produciron un conxunto de publicacións xornalísticas sen precedentes, que revelan crimes de guerra e terribles violacións dos dereitos humanos por parte de Estados poderosos. Agora, Julian espera a decisión dun tribunal de extradición do Reino Unido, que pode resultar na súa entrega ás autoridades estadounidenses. Si isto sucede, é probable que Julian Assange pase o resto da súa vida nunha prisión de máxima seguridade.

Julian Assange é un preso político por alzar a súa voz e denunciar graves abusos contra os dereitos humanos. Defensores dos dereitos humanos, xuristas, xornalistas e defensoras do xornalismo libre, así como defensoras da liberdade de expresión, alzaron as súas voces para apoiar a Julian Assange esixindo a súa liberación e pedindo aos gobernos de Estados Unidos e Reino Unido que cesen a persecución contra Julian Assange.

Ao celebrar o Día dos Dereitos Humanos o 10 de decembro, queremos enviar unha carta aberta ao goberno do Reino Unido, cunha mensaxe clara: o mundo enteiro está vendo como Julian Assange está sendo tratado polo goberno do Reino Unido. É hora de poñer fin á persecución contra Julian Assange, agora. Non entreguen de xeito inxusto a Julian Assange.

Julian Assange debe ser libre!

Assange libre!

Apoia a campaña:

https://antiimperialistweek.org/es/assange-libre/
_______

luns, xaneiro 10, 2022

Maracá - Documentario en 8 cápitulos para denunciar o xenocidio indíxena no Brasil - 'Quando perguntam para nós se estamos com medo, nós temos respondido: apenas quem tem cicatrizes profundas sabe o remédio que cura'


Quando perguntam para nós se estamos com medo, nós temos respondido: apenas quem tem cicatrizes profundas sabe o remédio que cura” ...

A policía Federal de Brasil que preside a FUNAI desde o ano pasado, mandou procesar á principal organización indíxena do país, a APIB, por producir a serie de 8 capítulos chamada Maracá, feito en 2020 para denunciar o xenocidio indíxena. 


#VidasIndixenasImportan
#Maracá
#EmerxenciaIndigena

ISSO É UMA EMERGÊNCIA
Apoie e doe para o plano “Emergência Indígena”: https://bit.ly/DoeEmergencia Quando nossos maracás soam, estamos em movimento! Apresentamos, agora, a live “Maracá - Emergência Indígena” dividida em 8 episódios para ampliar nossa rede de apoios e ajudar o movimento indígena no combate dos efeitos da pandemia do novo coronavírus.

Podes vela en http://bit.ly/SerieMaraca

Por favor difunde o máis que poidas estes vídeos, os pobos orixinarios de Brasil agradécencho.

Canle ApibOficial.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
7 de janeiro de 2022 14:34

_______

mércores, decembro 01, 2021

A Rede Social Galicia Sur convoca en Vigo un novo Círculo de Silencio, para amosar o seu apoio ás persoas migrantes e refuxiadas e para denunciar a súa situación de indefensión e violación dos dereitos máis elementais



MOBILIZACIÓN DE ONGs E ORGANIZACIÓNS SOCIAIS EN APOIO ÁS PERSOAS MIGRANTES E REFUXIADAS


O xoves 2 de decembro ás 20:00, a Rede Social Galicia Sur convoca un novo Círculo de Silencio, desta vez na Praza de América, para amosar o seu apoio ás persoas migrantes e refuxiadas e para denunciar a súa situación de indefensión e violación dos dereitos máis elementais.

As organizacións que formamos parte da Rede Social Galicia Sur apelamos á conciencia de quen fan as leis e deciden politicamente a diferentes niveis, para que respecten os dereitos das persoas e a súa dignidade. Seguimos asistindo con dor ao drama, que se repite cada día, de tantas persoas que buscan un futuro mellor e que por migrar son perseguidas, enganadas, deportadas e con frecuencia asasinadas no mar. Persoas que camiñan polas nosas rúas e dormen á intemperie, sen padrón, sen traballo, sen amigos, padecendo o frío e a indiferenza da cidadanía. Por desgraza, son moitas as persoas deslumbradas polas luces do consumismo navideño e cegas ante os soños conxelados das inmigrantes, vítimas dunha lexislación que as criminaliza e condena á exclusión e á pobreza.

Dende un silencio que quere berrar a súa solidariedade coas persoas inmigrantes e refuxiadas, RECLAMAMOS políticas xustas:

1. Que erradiquen a Trata de persoas, protexan ás vítimas, especialmente a mulleres e menores, e que persigan a aquelas persoas e organizacións criminais que se enriquecen á conta das vítimas.

2. Que fagan dos nosos pobos e cidades terra de acollida, onde se garanta a atención ás necesidades básicas -alimentación, vivenda, saúde, traballo, redes…- das persoas migrantes.

3. Que asignen as partidas necesarias para unha adecuada política migratoria nos orzamentos xerais do Estado, Comunidades Autónomas, Deputacións e Concellos.

4. Que afronten as causas da migración involuntaria: conflitos armados, espolio dos recursos naturais, pobreza e desigualdade, cambio climático, corrupción… e garantan o desprazamento seguro das persoas que deciden saír dos seus países de orixe, sen poñer en risco a súa vida e a súa dignidade.

5. Que garantan os dereitos das persoas internas nos CIEs e que se proceda ao seu peche.

6. Que rexeiten tratados ilegais, inmorais e deshumanizantes que tratan ás persoas coma se fosen mercadoría.

comunidade cristiá "Cristo da Victoria" - Coia Baiona 9 b, 36209, Vigo (Pontevedra) | www.comunidadebasecoia.org | info@comunidadebasecoia.org
redes sociais: facebook.com/cristo.victoria - twitter.com/cristovictoria

Enviado por:
Comunidade Cristo da Victoria Coia
-trocoalternativo@gmail.com-
1 de dezembro de 2021 18:50

_______

xoves, novembro 25, 2021

A CGT de Ferrol mantén a concentración de hoxe xoves 25 ás 8 da tarde na praza de España (edificio da Xunta), en solidariedade coa loita obreira do metal de Cádiz


Hoxe pola tarde está convocada unha concentración por diferentes asociacións, partidos e a CGT, en solidariedade coa loita do metal en Cádiz. Loita que pola súa contundencia e a represión exercida contra a mobilización obreira, tivo repercusións mediáticas internacionais. Mais ao final conseguise un preacordo no convenio colectivo provincial, o que podería desmobilizar a concentración convocada para hoxe en Ferrol, ante o que a CGT fai un chamamento a manter a convocatoria, para hoxe ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.

A CGT de Ferrol mantén a concentración de hoxe xoves 25 ás 8 da tarde na praza de España (edificio da Xunta).

O preacordo alcanzado por CCOO e UGT nas negociación do convenio do Metal de Cádiz é moi insuficiente.

1) O incremento salarial (2% cunha revisión anual do 80% do IPC) queda lonxe dunha das reivindicacións máis sentidas polos traballador@s.

2) Aceptan que ós eventuais non se lles aplique o incremento salarial mes a mes, senón que se lles pague acumulado cando finalicen o contrato ou remate cada ano natural.

3) Aceptan unha ultractividade de 2 anos (é dicir, que unha vez rematada a vixencia do convenio, se non se asina outro nun prazo de dous anos, o convenio desaparecerá).

4) Aceptan que a folga “quedará desconvocada inmediatamente” cando os órganos de dirección dos sindicatos aproben o preacordo. A opinión dos traballador@s non parece importar moito.

A CGT de Cádiz e a Federación estatal do Metal rexeitan este preacordo e propoñen continuar a folga. Por tanto:

A CGT DE FERROL MANTÉN A CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN DESTA TARDE EN SOLIDARIEDADE CO METAL DE CÁDIZ.

CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO - Sección sindical unitaria en Navantia-Ferrol    Telf. int.: 1213    Móbil: 623 044 900    cgt.fe@navantia.es
_______

Nin tanques, nin tanquetas, nin metralletas: Cádiz un novo exemplo de dignidade, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
25.11.2021


Cando se trata de represión tamén vai por barrios, non é o mesmo no barrio de Salamanca que nunha comarca obreira, non é o mesmo cando sae a pasear a ultradereita, que cando sae a reivindicar os seus dereitos a clase traballadora.

Hoxe temos o exemplo en Cádiz, como tivemos en Ferrolterra, en Vigo, en Sestao, en Gamonal e cada vez que os traballadores saen a defender a súa dignidade, os seus dereitos, o seu presente e o futuro dos seus fillos.

A tanqueta é un simple exemplo de como os poderosos, as oligarquías, ven a clase traballadora como a un inimigo a bater, a dobregar, a escravizar.

Sonche clase traballadora, fillo e neto de traballadores, que mamou dignidade e exemplo de loita consecuente cando a mal chamada reconversión destruíu o presente e o futuro de toda unha comarca en Ferrolterra.

A folga, a protesta, a loita son as únicas armas das traballadoras e traballadores para enfrontarse a quen pretenden tratarnos como a seres inferiores, como a simple man de obra, como a cousas.

Os traballadores temos dereito a vivir para vivir, a ter familia, a ter dignidade, a non ser usados e espremidos ate a última gota.

Non queremos vivir para traballar, mellor dito malvivir para traballar, sin dereitos, con medo e reprimidos por leis como la lei mordaza.

Nin tanquetas, nin tanques, nin metralletas poden frear a xusta reivindicación da clase traballadora cando é consciente da súa forza e tamén das súas cadeas.

Sonche orgullosa clase traballadora e síntome parte dos máis, dos maioritarios en tódolos los sentidos. O poder teme que todas e todos tomemos conciencia.

Forza para os traballadores do metal en Cádiz, a clase obreira gaditana en loita pola súa u dignidade, polos seus sus dereitos e polo seu futuro.

Só o pobo defende ao pobo.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
24 de novembro de 2021 21:38

_______

xoves, outubro 07, 2021

1º Festival 'Utopía, o máis real posible' - Venres 8 e sábado 9 de outubro, no Centro Cívico de Canido (Ferrol)




Por fin… e desta vez vai!!!, por favor difundide e acudide. É unha actividade ben linda e por riba SOLIDARIA…

RESERVA DE PRAZA: Preme no enlace, cubre o formulario e envíao https://forms.gle/tpjBASp2rbSiLart6

facebook.UTOPIApjt

facebook.UTOPIA

elespanol.loimportantenoimporta

facebook.GabrielTizon


Compartimos o primeiro festival “UTOPÍA, O MAIS REAL POSIBLE”.

Sen promesas pero coa mellor das intencións, por aquí os esperamos:


VENRES 8 OUTUBRO

20:00 h – Presentación do proxecto Utopía.

21:30 h – Concerto grupo “INFUSIONES MUSICALES”.


SÁBADO 9 OUTUBRO

11:00 h – Obradoiro de “Amigas da horta” para nen@s coa construción dun hotel de insectos.

12:00: Actuación do grupo de Capoeira “Luanda” do mestre Raça.

13:30 h – Actuación do grupo “Quenindiole”, folk infantil.

14:30 h – Comida popular “Kebab Canidian” de lacón ou guacamole (vexetariano) con espaguetis de hortalizas de tempada e salsa de iogurt.

16:30 h – Obradoiro de realización de camisetas para nen@s.

18:00 – Exposición e obradoiro de xoguetes “O comenzo das cousas” para nen@s.

11:00 – 21:00 h – Mostra de “Cociñas solares” a cargo da Asociación Os Picos do Sol.

21:00 – Actuación “DJ Cesar Señor”.


VENRES E SÁBADO

– Exposicións fotográficas “REALIDADES CERCANAS” E “OS BICOS DOSREFUXIAD@S”, de Gabriel Tizón , no Centro Cívico de Canido e nas farolas da rúa Poeta Perez Parallé.

– Pequeno mercadillo de postos de venta e información do proxecto e outras culturas.

Ambigú ao longo das dúas xornadas.

https://www.utopiaproject.es/

Fonte: Asociación Veciñal de Canido.
_______

luns, agosto 30, 2021

Comeza en Ferrol o programa 'Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar' - Con este proxecto dáse luz verde a dúas vivendas de transición á vida autónoma para persoas usuarias do albergue municipal ou que veñan derivadas da mesa técnica de atención a persoas sen fogar


A boa vontade e o importante traballo social da asociación "Provivenda", contrasta coa mala política en vivenda do goberno municipal de Ferrol. O que non di o Alcalde Ángel Mato e a concelleira de Benestar Eva Martínez, que en Ferrol o Concello, ten un parque municipal de 1.000 vivendas públicas protexidas, con máis de 100 vivendas baleiras tapiadas e cada vez que unha inquilina entrega a chave, unha cuadrilla municipal corre a tapiar a porta da vivenda, independentemente de que esta vivenda que queda baleira estea ou non en condicións de habitabilidade. Mentres un centenar de persoas segue agardando desde hai unha década nunha lista municipal, para que se lle adxudique unha desas vivendas. Mais benvinda sexa a iniciativa se pode paliar os problemas de vivenda dalgunha persoa sen fogar.

Grazas ao financiamento do Concello de Ferrol, a Asociación Provivienda pon en marcha o programa "Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar".

Con este proxecto dáse luz verde a dúas vivendas de transición á vida autónoma para persoas usuarias do albergue municipal ou que veñan derivadas da mesa técnica de atención a persoas sen fogar. Estas vivendas darán resposta a oito persoas que accederán a unha vivenda compartida con acompañamento profesional para continuar avanzando no seu proxecto de vida a través dun aloxamento estable.

O Concello de Ferrol aposta polo labor de Provivienda para dar resposta ás necesidades das persoas en situación de rúa ou vulnerabilidade residencial dende o dereito á vivenda.

A Asociación Provivenda en Galicia poñerá en marcha o programa "Vivendas para a inclusión de persoas sen fogar" cun triplo obxectivo:
  • Facilitar o acceso a unha vivenda autónoma para persoas en situación de sinfogarismo.
  • Ofrecer un alugueiro seguro e cómodo ás persoas que teñan vivenda en propiedade.
  • Impulsar o dereito á vivenda.
A firma do convenio levouse a cabo hoxe 27 de Agosto, coa concelleira de Benestar Social Eva Martínez e o alcalde de Ferrol Ángel Mato. Trátase dun proxecto de continuidade para o que Provivenda contará con financiamento ata finais do 2022.

Para o desenvolvemento do proxecto Provivenda conta co apoio de Emaús Fundación Social dentro da alianza existente entre ambas as entidades en Galicia.
Aluguer con valor social

Desde hai 31 anos traballamos para que, ademais dun valor económico, as vivendas teñan valor social, porque non é unha mera transacción comercial, é contribuír a que o lugar no que vivimos sexa máis xusto, máis digno e respectuoso cos dereitos de todas as persoas.

Para as persoas propietarias son moitos os incentivos de alugar a súa vivenda con Provivenda:
  • Realizamos o inventario fotográfico do inmóbel.
  • Formalizamos o contrato de arrendamento.
  • Garantimos a cobranza da renda de alugueiro.
  • Contratamos un seguro multirrisco do fogar, abonando o seu custo durante o primeiro ano do contrato.
  • Xestionamos e abonamos o Certificado de Eficiencia Enerxética.
  • Proporcionamos axudas para a adecuación da vivenda.
  • Facilitamos o asesoramento, mediación e seguimento durante toda a vixencia do contrato.

✅ PARA PROPIETARIAS DE VIVENDA PARA ALUGAR:
Si queres alugar a túa vivenda en Ferrol, escribe a  pinoro@provivienda.org o llama al 627 350 763.


Fonte: Asociación Provivenda en Galicia.

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 5 e as 7 da tarde, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113

_______

venres, xullo 16, 2021

Basta xa! ... Por Gianni Minà - É unha situación inaceptábel e perigosa: hoxe é a quenda de Cuba, mañá podería ser, por intereses de todo tipo, calquera país que se desvíe do pensamento único


Por Gianni Minà [*]
16.07.2021


Hai sesenta anos e 12 presidentes, desatouse o embargo de Estados Unidos sobre Cuba. Obama, en decembro de 2014, declarou: "Fracasamos, non dobramos Cuba. É hora de cambiar".

Os cubanos demostraron, en todos estes anos, despois de ataques, oposición e sacrificios, que querían permanecer fieis aos seus ideais de independencia e xustiza social, segundo un modelo económico socialista. Cuba non só non se derrubou, senón que demostrou como o embargo económico sobre un pobo é unha das formas máis crueis de presión "diplomática" que se coñeceu.

Cuba sobreviviu tanto ao fracaso do socialismo real como ao do neoliberalismo real, cuxas distorsións, miseria e violencia aforraron a este pobo, a pesar das obxectivas dificultades dos que viven cada vez máis atrincheirados e practicamente morrendo de fame.

Durante todo este tempo os cubanos demostraron que non vivían nun "gulag tropical" xa que os medios sempre quixeron describir esta pequena illa dun xeito especioso: non se pode sobrevivir á crueza do período especial, con turistas que van e veñen, sen un consenso masivo que non se basea na represión.

Tampouco os Estados Unidos quixeron recoñecer a Revolución e o seu curso histórico.

A diplomacia norteamericana constrúese tamén de termos empregados como paus: para eles ditadura é todo o que é diferente da súa ideoloxía neoliberal, o concepto guevariano de muller e home novo, das persoas no centro, unha forma diferente do estado e sobre todo o o concepto de democracia e autodeterminación son case eliminados polo odio a todo o que "fede" ao comunismo.

Estados Unidos sempre intentou botar lama á reputación desta pequena illa que non ten riqueza, nin materias primas nas que confiar, senón só o poder da súa propia cultura e ideas: un prestixio "moral" que todas as nacións pobres, todas os pobos do Terceiro Mundo recoñecen a Cuba.

En 1998, grazas á axuda dun terceiro actor, o Vaticano, Karol Wojtyla abrira Cuba ao mundo ("e o mundo ábrese a Cuba" como dixo o papa Xoán Paulo II nun dos seus discursos históricos), Joseph Ratzinger tiña puxo fin ao conflito entre a Santa Sé e Cuba e recentemente o papa Francisco (que, coa confianza dun amigo, pedira a un ancián Fidel que rezase por el) deu un poderoso empuxe para facernos esperar a todos, finalmente, nunha mellora das relacións entre Cuba e Estados Unidos, co presidente Obama que decidira restablecer as relacións diplomáticas interrompido polo 61.

Pero se Obama botara unha man a Cuba, Trump antes e Biden agora, usaron e están a usar a súa política desestabilizadora para estrangular definitivamente esta pequena nación. Naquel momento, Obama deixara claro que os obxectivos que rexen a política exterior dos Estados Unidos non estaban cambiando, baseándose no seu modelo de democracia, ideal para todo o mundo e baseado na ideoloxía neoliberal. Simplemente confirmou "un cambio de método de enfoque".

Hoxe o método dos dous últimos presidentes está diante dos ollos de todos: o agravamento do bloqueo económico e a incitación ao malestar a través das redes sociais.

Se Obama, no seu discurso sobre o Estado da Unión, afirmou a necesidade de "poñer fin a unha estratexia que había tempo" que pedía "o final de medio século de política de bancarrota cara ao xardín" hoxe, en tempo de pandemia que axeonllou a todo o mundo, Trump puxo unhas 240 restricións máis á que é a lei máis inxusta, despois da lei Torricelli, a lei Helms-Barton.

En 1992, Bush Sr., coa Lei Torricelli, non só agudizou o bloqueo económico, dando lugar a un dos períodos máis escuros en Cuba, o "período especial", senón que violou por primeira vez o dereito internacional. De feito, todas as leis promulgadas en calquera país non se poden aplicar fóra das súas propias fronteiras; a lei Torricelli, pola súa banda, esténdese a todos os países do mundo, polo que, por exemplo, se algún barco entra nos portos cubanos, está prohibido entrar nos Estados Unidos nos seguintes 6 meses. Deste xeito, as compañías de navegación prefiren non comerciar con Cuba e Cuba, que é unha illa, ten que pagar moi caro para que a mercadoría se entregue á súa terra. Esta lei tamén inclúe sancións contra aqueles que prestan asistencia aos cubanos: se un país dá 100 millóns a Cuba, Estados Unidos está reducindo en 100 millóns calquera axuda a este país [1].

En 1996 Clinton adoptou a Lei Helms-Burton que, ademais de ser extraterritorial, tamén é retroactiva. Isto tamén está prohibido polo dereito internacional.

En 2004, o sádico fillo Bush, coa súa "Comisión de asistencia para unha Cuba libre" forzara aos cidadáns cubanos residentes nos Estados Unidos a repatriar só 2 semanas cada 3 anos, demostrando, non obstante, que era un parente próximo dunha familia que reside en Cuba. Reducira a remesa mensual a 100 dólares; con todo, se os familiares eran membros do Partido Comunista, a cantidade reduciríase a cero.

En 2006, entón, as restricións empeoraron, as empresas tiveron que escoller: ou comerciar con Cuba ou cos Estados Unidos. Para comerciar con Estados Unidos foi necesario (e é necesario) demostrar que os produtos vendidos non conteñen nada de orixe cubano; incluso, o consumo de produtos cubanos para os cidadáns estadounidenses pon en risco de sancións e / ou 10 anos de prisión.

Hoxe as 240 medidas contra Cuba impostas pola administración Trump pesan como unha lousa e teñen como único obxectivo estrangular o país economicamente, subverter a orde interna, crear unha situación de ingobernabilidade e derrocar a Revolución.

Parte destas sancións refírense ao título III da lei Helms-Burton que permite aos cidadáns estadounidenses ou cubanos que máis tarde se converteron en americanos demandar a empresas acusadas de "tráfico" de bens confiscados polo goberno cubano. A decisión de permitir procesos xudiciais nos Estados Unidos repercute negativamente nas perspectivas de captación de investimento estranxeiro, o que se suma aos obstáculos que xa existen debido ao marco regulador do bloque. Ate o momento hai 28 procesos xudiciais iniciados nos tribunais dos Estados Unidos. O meu compañeiro Da Rin en Sole 24 Ore enumera algúns casos paradoxais. [2]

En canto ás viaxes, a creación da lista de aloxamentos prohibidos en Cuba, que inclúe 422 hoteis e casas de alugueiro, desanimou aos turistas. Tamén se cancelaron os voos regulares e charter para todo o país, a excepción da Habana, cuxas frecuencias tamén eran limitadas. Estes 240 "axustes" inclúen a decisión de limitar a cantidade de remesas a 1.000 dólares por trimestre, a suspensión das remesas non familiares e a prohibición de enviar cartos de terceiros países a través de Western Union, que impuxeron novas restricións aos ingresos de moitos Cubanos. E tamén a creación por parte do Departamento de Estado da "Lista de entidades restrinxidas cubanas", coa que se prohibe ás persoas suxeitas á xurisdición estadounidense realizar transaccións financeiras directas. As empresas incluídas na lista son 231. Neste sector, xurdiu a decisión de non renovar a licenza comercial en Cuba da empresa hoteleira Marriott International, para sementar un clima de incerteza na comunidade empresarial. Meticulosa persecución da banca de Cuba. Tiveron lugar operacións financeiras e un notábel aumento dos informes de peches de contas bancarias, denegación de transaccións e outros obstáculos atopados por representacións diplomáticas e comerciais no exterior. Paralelo á estratexia contra Venezuela e co pretexto da suposta inxerencia de Cuba nese país, tomáronse medidas contra buques, navieiras, compañías de seguros e reaseguros vinculadas ao transporte de combustibles. Só en 2019 foron penalizados 53 buques e 27 empresas. Tamén hai unha presión considerábel sobre os gobernos para rexistrar ou denunciar os buques. Finalmente, o 11 de xaneiro deste ano, Cuba foi incluída na lista de estados que patrocinan o terrorismo; Tres días despois, aparece na lista de adversarios estranxeiros do Departamento de Comercio, baixo unha orde executiva asinada por Trump. Sobre a saúde, Estados Unidos impulsou o fin dos acordos con varios países e aumentou a presión sobre as organizacións multilaterais. Esta política hiperagresiva resulta na absurda situación na que esta illa caribeña creou máis dunha vacina contra o Covid, pero non pode vacinar á poboación porque non ten as xeringas necesarias (ou, por exemplo,os electrodos pregelados ou os catéteres cardíacos pediátricos ou o xel banal para ecografías) porque non hai ningunha empresa disposta a arriscar unha parada comercial de seis meses para vendelos en Cuba. Os italianos, os médicos cubanos da brigada Henry Reeve (buscado por Fidel Castro en 2005 por emerxencias e epidemias, especialmente o ébola, en África) no momento máis tráxico da pandemia que os atopamos: viñeron a Crema, para axudar no hospital de campaña e marcharon cando regresou a epidemia. Pero o contraste entre a narrativa histórica sobre Cuba e a humanidade destas persoas que se uniron á nosa chamada de axuda nun momento terríbel para o noso país foi demasiado escandaloso para algúns: ultimamente algúns dos nosos medios de comunicación están manchados de lama confundindo o traballo solidario como unha forma de escravitude, argumentando que foron forzados polo réxime cubano a traballar gratis ou mal pagado. Agardo ansioso a rebelión de todos os voluntarios e pacificadores que, polo seu ideal relixioso ou político, levan a cabo un proxecto de vida solidario.

Con todo, o Parlamento Europeo, espremido durante algún tempo entre os intereses dos Estados Unidos e o novo e desenfadado capitalismo chinés, considerou oportuno aprobar un proxecto de resolución titulado "Sobre os dereitos humanos e a situación política en Cuba" que tamén indica este aspecto sobre o traballo dos médicos cubanos, presentados por Vox (España), Irmáns de Italia e HSP-AS (Croacia), polo grupo de conservadores e reformistas europeos, polo PiS polaco, polo Partido Popular español (PP), pola alianza liberal Renew Europa, á que tamén se inclúen o FDP alemán e o Observatorio cubano de dereitos humanos, unha das moitas organizacións contrarrevolucionarias financiadas polos contribuíntes estadounidenses. O Observatorio cubano de dereitos humanos, de feito, recibiu da NED (National Endowment for Democracy) en 2017 máis de 120 mil dólares polas súas accións subversivas contra o goberno cubano.

Ultimamente, no panorama internacional, asistimos a un aumento dunha certa confusión de información procedente de realidades non gobernamentais. Na revista "América Latina e todo o sur do mundo" da que fun editor e editor do 2000 ao 2015, explicara con moita preocupación o caso de Reporter sains frontieres (Xornalistas sin Fronteiras) contra Cuba, cuxo director, Robert Menard, no 2008, renunciou para unir-se ás filas do Front National de Le Pen.

A resolución aprobouse entón con 386 votos a favor, 236 en contra e 59 abstencións. Polo tanto, este voto non foi causal, senón unha posición política precisa, tamén avalada por Italia, con voto contrario, o 26 de marzo, xunto con outros 14 países, en contra da resolución presentada ao Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas sobre "As repercusións negativas da economía sancións para o goce dos dereitos humanos que insta aos estados a eliminar, deter a adopción, o mantemento ou a aplicación de sancións contra outros países". Non obstante, o bloqueo económico é unha sanción aplicada polos Estados Unidos contra Cuba; ao votar en contra da suspensión das sancións, a Comunidade Europea confirma a necesidade do bloqueo como forma de presión sobre o goberno cubano.

Súper eficiente polo tanto con respecto á situación dos "dereitos humanos en Cuba", pero xordo e duro de corazón ás constantes chamadas do noso país e das ONG sobre os pateados dereitos humanos dos migrantes que cruzan o Mediterráneo para ter unha esperanza de vida, misericordia de contrabandistas sen escrúpulos e a miúdo atopando a morte para acollelos. Pero a comunidade europea, ultimamente, vive momentos de gran vergoña porque o seu embaixador na Habana, Borrell, nunha entrevista, non tiña realmente ganas de considerar a Cuba unha ditadura. Ruídos de roupa de trapo de Bruxelas, pero sensación de vergoña, cero.

Por certo, como queremos considerar a xa histórica xenerosidade dos habitantes de Lampedusa, que durante anos acolleron aos vivos e mortos que o mar espeta case todos os días? Explotación? Traballo mal pagado? Escravitude? Para a conciencia de todos a resposta. Só sei que hai quince anos escribín unha profecía sinxela sobre o mar de persoas desesperadas que terían afogado, atrapadas entre un control formado por guerras "que traen democracia" e unha explotación atávica do seu territorio.

Nos últimos días asistimos, en Cuba, á tormenta perfecta: estalou un gran brote de covidas 19 en Matanzas (o goberno enviou dúas brigadas de 60 médicos para alixeirar os hospitais case para derrubarse); a vida cotiá fíxose cada vez máis difícil, case imposible debido á dificultade para atopar produtos de primeira necesidade, pero tamén debido ao transporte, separado porque a gasolina escasea desde hai tempo; a agresividade da desinformación que parte de Miami e se agranda nas redes sociais, as protestas pasaron a ser "asalto ao réxime de Castro", falsas novas sobre o hipotético apoio dos artistas máis prestixiosos. A música une, a música divide, ao parecer.

Buena Fe, xunto cun nutrido grupo de artistas, confirmou, a súa posición de pertenza á esquerda, ás cámaras da televisión cubana. O cantante, que goza da simpatía de millóns de seguidores dentro e fóra da illa, remarcou: “Este país hai que defendelo por convicción. Ai dos que cometen erros e cren que todos os que defendemos a Revolución somos gilipollas. Coidado con isto! (...) Aquí hai moita xente que deu avida por este país, a nosa propia familia. Ese mesmo sangue está aí. Non traizoes ese sangue". Por outra banda, dous rapeiros, residentes na illa, Maykel Osorbo e El Funky xunto con outros músicos residentes en Miami, produciron a canción "Patria y vida" (parafraseando "Patria o morte" de Fidel) obtendo millóns de visualizacións. Algúns deles pertencen ao Movemento San Isidro, cuxa protesta dera inmediatamente a volta aos medios. O Departamento de Estado dos Estados Unidos apoiou de inmediato ao Movemento argumentando a necesidade de reforzar "a capacidade dos grupos da sociedade civil independentes en Cuba para promover os dereitos civís e políticos na illa" e condenou "a responsabilidade dos funcionarios cubanos nas violacións dos dereitos humanos". Unha metodoloxía xa maltratada no transcurso da vida política cubana Anayansi Castellón Jiménez, xefe do departamento de Filosofía da Universidade Central Marta Abreu de Las Villas, contextualiza nunha entrevista con Cubadebate [3]: "Hai unha especie de manual de operacións psicolóxicas das axencias militares e de intelixencia dos Estados Unidos, vímolo varias veces en Venezuela, Bolivia, Nicaragua, Ecuador, Arxentina e Brasil, como parte do laboratorio experimental permanente do imperialismo, que utiliza a mesma fórmula para xerar os pretextos que lles permitan activar máis sancións e incluso xustificar as súas aventuras bélicas. Eles crean o problema e prometen unha solución que leva a un maior sufrimento para os nosos pobos". Sempre existiu a desinformación sobre Cuba, a poderosa arma empregada polos Estados Unidos, que domina a fábrica de información e que agora ten os medios de comunicación ao seu cinto cada vez máis sofisticados tecnoloxías, onde é moi difícil verificar os límites entre verdade e ficción. Difícil, pero non imposíbel, aínda que neste momento nos centramos máis na rapidez, na inmediatez e non na verificación dos contidos. As redes sociais queren aparecer grandes plataformas "democráticas" neutras ás que todos poden acceder, pero en realidade son elas as portadoras dunha determinada ideoloxía, a da raza mestra. Agora é unha cuestión de feito o que está a ocorrer en torno a Facebook, xa responsábel do escándalo das noticias falsas durante a campaña electoral de Trump-Clinton e declarado responsábel, segundo as Nacións Unidas, Reuters e  New York Times , do xenocidio Rohingya, en Myanmar. É unha verdadeira guerra, de feito, unha guerra non lineal, como a definira Vladislav Surkov, un dos máis próximos colaboradores de Putin, realizada manobrando os medios e as redes sociais tradicionais: unha acción dirixida tamén a través de noticias falsas, destinadas a resolver conflitos. Os puntos de referencia e unha determinada narración son esvaídos deliberadamente fronte á opinión pública, aos medios de comunicación e aos responsábeis políticos. Todo depende dun traballo incesante de reputación e imaxe dos demais. Cuba (pero tamén outros países non aliñados) está incluída nesta guerra sen liñas hai moito tempo que os medios cambiaron, pero a técnica sempre é a mesma. En resumo, é unha guerra cómoda: aforras en armamento e vítimas militares e non arriscas a condenar a opinión pública internacional. O que está a suceder en Cuba, ademais, debe verse nunha perspectiva máis global: desde as eleccións ao Ecuador preocupado polas falsas novas arredor do candidato corso, as irregularidades para decretar a vitoria de Luis Arce en Bolivia; mesma situación en Perú con Pedro Castillo, a demonización continua de Nicolas Maduro, presidente venezolano, os intentos de impedir a candidatura de Lula no Brasil, son o froito podre dunha política que os Estados Unidos sempre tiveron para o seu "xardín".

O 23 de xuño, a ONU aprobou, case por unanimidade, a resolución para a fin do embargo sobre Cuba, que causou incalculables sufrimentos e danos durante varias décadas. Só dúas abstencións: os Estados Unidos e Israel. Obama, en 2016, decidira absterse, pero con Trump primeiro e agora con Biden volveu o voto en contra.

Hoxe asistimos a un Goliat que, non satisfeito coa súa violencia empregada contra quen non pode nin quere responder ás provocacións, bloquea os brazos de David para golpealo cada vez mellor.

É unha situación inaceptábel e perigosa: hoxe é a quenda de Cuba, mañá podería ser, por intereses de todo tipo, calquera país que se desvíe do pensamento único.

É unha situación inaceptábel para un país como Cuba, que é o portador dun sistema único no panorama político mundial ao que se uniu a súa xente.

É unha situación tan inaceptábel que me resulta imposíbel apartar a cara, como home e como xornalista.

Para rematar, gustaríame salientar o traballo da Asociación de Amizade Italia-Cuba, que leva décadas axudando a esta pequena illa. Nestes días está a facer todo o posíbel por recadar fondos para mercar 10 millóns de xeringas para a vacinación do pobo cubano. Necesítanse 800 mil euros para ser asignados ao Ministerio de Saúde Pública cubano [4] .

Temos que axudalos, para axudarnos a manternos humanos.

[*] Gianni Minà, é xornalista. Naceu en Torino (Italia), en 1959

[1] EMBARGO onte e hoxe - Axencia de intercambio de Cuba

[2] Cuba, detén o desexo: os Estados Unidos de Trump volven ao embargo por Roberto Da Rin (2 de maio de 2019)

[3] A verdade sempre é revolucionaria: Art, Libertade de expresión e diálogo dentro do socialismo por Yunier Javier Sifonte Dìaz

[4] CONTRA A PANDÉMICA XERINGAS DE 10 MILLÓNS PARA CUBA - Asociación nacional de amizade Italia - Cuba

Fonte: https://www.giannimina.it/
_______

xoves, xullo 15, 2021

Os mesmos contra Cuba, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
15.07.2021


Os mesmos contra Cuba

Os que apoian con silencios cómplices a venda de armas as ditaduras de Arabia Saudí, Marrocos e moitos outros, son os mesmos que están falando mal de Cuba.

Os mesmos xornalistas, tertulianos e políticos que dan as costas a represión e ós asasinatos de manifestantes en Colombia, agora falan de Cuba, nin lavándose a boca quitase-lles o olor a cloaca.

O réxime cubano detén a unha "activista" que estaba en directo cun programa de TV no Estado español.

Pero antes de detela moi amablemente deixan-lle volver a despedirse e mandar un mensaxe contra o goberno cubano.

Si fose en Colombia aparecería torturada, violada e decapitada en 36 horas, como pasa en Colombia cada día co silencio cómplice de Occidente.

Pero tranquilos, é Cuba, e non lle pasará nada.

Parece mentira que os mesmos que ordenan que nos den de hostias cando defendemos os nosos dereitos, os nosos empregos, ou tentamos de parar o desahufizamento dunha familia no Estado español, sexan os que esixen liberdade de manifestación en Cuba.

Os mesmos que falan das necesidades e carencias do pobo cubano mentres sacan importancia a un bloqueo ilegal e criminal que dura décadas.

Por que non levantan o bloqueo si non serve?, vai ser que o pobo cubano, que as vidas dos cubanos, importan-lles unha merda. Solo importa o obxectivo de poñer de xeonllos a Cuba.

"O bloqueo criminal que nos promete endurecer multiplica o honor e a gloria do noso pobo, contra o cal estrelaran-se os seus plans xenocidas" | Fidel Castro Ruz (2002).

🇨🇺 #CubaResiste

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
14 de julho de 2021 12:23

_______

En Guantánamo o pobo respondeu ás manifestacións de desacreditar á Revolución Cubana. Sobre o acontecido esta tarde versa o seguinte reporte


En Guantánamo o pobo respondeu ás manifestacións de desacreditar á Revolución Cubana. Sobre o acontecido esta tarde versa o seguinte reporte. Máis información en www.canalcaribe.icrt.cu

Síguenos tamén en redes sociais:
Twitter: https://twitter.com/CanalCaribeCuba
Facebook: https://www.facebook.com/CanalCaribeCuba

_______

mércores, xullo 14, 2021

Cuba fronte ó bloqueo, a inxerencia estranxeira e a hipocrisía de Occidente, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
14.07.2021

Cuba fronte ó bloqueo, a inxerencia estranxeira e a hipocrisía de Occidente


Os mesmos periodistas, tertulianos e políticos que dan as costas á represión e os asasinatos de manifestantes en Colombia, agora falan de Cuba, nin lavándose a boca quitase-lles o olor a cloaca.

En Colombia tódolos días aparecen cadáveres torturados, mutilados ou decapitados pero eso ós mamporreros do poder non lles importa.

Son os mesmos mamporreros que non dicían nada cando en Chile disparaban ós ollos ós manifestantes para deixar tortos a decenas de xoves.

Os mesmos acostumados a mirar cara outro lado e que agora poñen a súa ollada hipócrita sobre Cuba.

Non din nada contra un bloqueo ilegal, brutal e xenocida que se endureceu en plena pandemia tentando provocar unha catástrofe humanitaria.

As vidas do pobo cubano danlles igual, o obxectivo é destruír a Cuba como exemplo de resistencia anti-imperialista.

O único pecado de Cuba é ter feito unha Revolución Socialista nos fociños dos Estados Unidos, o desproporcionado castigo que  EEUU ten infrinxido a esta pequena illa do Caribe cun ilegal e criminal bloqueo e innumerables provocacións e agresións, entre os que está o intento de invasión militar a modo de desembarco en Playa Girón.

Cuba sufriu un castigo desproporcionado ademais de inxustificado, si pensamos que Cuba nunca ten agredido a EEUU, nin sequera Vietnam, onde perderon a vida miles de soldados norteamericanos, ten sufrido un bloqueo tan longo e brutal.

Estados Unidos e a CIA saben que Cuba, esa pequena illa que foi patio traseiro de EEUU, fixo unha gran revolución que lle devolveu a soberanía e a converteu nun exemplo e espello do mundo. Dende entón ten intentado derribala, afogala, porque ese exemplo do moito que se pode facer con moi pouco asusta-lles, non vaia a ser que se contaxie o exemplo por América e o mundo.

Unha verdade indiscutíbel dos logros da revolución cubana e unha frase para a historia dita por Fidel Castro, "hoxe millóns de nenos en todo o mundo durmirán na rúa, en Cuba ningún".

Cando se di hipocritamente que o goberno cubano obriga aos seus profesionais formados gratuitamente nas súas universidades a traballar durante dous anos para o Estado "esquecen-se" de que aquí se chama contrato en prácticas e que se traballa para unha empresa privada que non ten pagado os estudos, nin dado sanidade e unha casa onde vivir; "esquecen-se" de que moitas traballadoras e traballadores non poden pagarlles os estudos universitarios aos seus fillos e fillas, esquecen-se da parte que lles interesa.

Cando se compara que din que en Cuba se tortura teñen razón, para ser exactos na base militar norteamericana de Guantánamo. Si os Norteamericanos queren realmente acabar coa tortura en Cuba teñenno fácil: que pechen a base e devolvan o territorio o seu lexítimo propietario, o pobo cubano.

Cando compárase a Cuba co mal chamado "primeiro mundo", "esquecen-se" da súa situación xeográfica e de comparar a Cuba cos seus veciños, República Dominicana, Haití, México, Belice, Guatemala, Honduras e un longo etc…

En Cuba non hai desahfiuzamentos, non hai mendigos, non existe a desnutrición infantil, erradicou o analfabetismo, teñen a maior proporción de médicos por cada mil habitantes, sanidade e educación gratuítas e universais … a mín non me fales mal de Cuba.

Cuba envía médicos a calquera país do mundo que o necesite.

Cuba é sempre o primeiro país en ofrecer axuda humanitaria en resposta a unha catástrofe.

Cuba nin invade, nin bombardea a outras nacións. Non constrúe muros, non trafica con armas, drogas ou seres humanos.

Pero a Cuba chaman-lle ditadura e manteñen un bloqueo porque temen o seu exemplo.

Cuba Socialista ten sobrevivido a máis de 60 anos de bloqueo e guerra económica sin deixar de investir no benestar do seu pobo e conseguindo manter as conquistas da revolución.

Cuba conseguiu baixar a mortalidade infantil de 42% a tan só un 4%, un dato que pon a Cuba a cabeza a nivel mundial.

Cuba Socialista forma máis de 130 mil médicos, garantindo 1 médico por cada 130 persoas, co maior índice de médicos per cápita do mundo.

En Cuba socialista creouse a maior Facultade de Medicina do Mundo, graduando 1.500 médicos estranxeiros por ano, con 25.000 médicos graduados de 84 nacións.

Cuba Socialista envía máis de 30 mil médicos a colaborar en máis de 68 países do mundo sumando perto de 600.000 misións.

O pobo cubano ten o honor de ter logrado ser a única nación latinoamericana sin desnutrición infantil.

A pesar do ilegal bloqueo Cuba crea vacinas contra o COVID-19, contra o Cáncro e continúa investindo en investigación, conseguindo fabricar novos fármacos libres de patentes.

Cuba Socialista ten logrado que a súa poboación teña 79 anos de esperanza de vida ao nacer, un dato moi por acima da media latinoamericana.

Cuba Socialista eliminou o analfabetismo en tan só un ano, un fito histórico, o modelo de alfabetización cubano ten sido utilizado por todo o mundo.

En Cuba Socialista o porcentaxe de escolarización é do 100%, a educación é universal e gratuita en tódalas súas etapas.

Cuba ten logrado ser o único país que erradica a transmisión madre-fillo do VIH.

Cuba é o único país latinoamericano sen problema de drogas.

Cuba é o único país do mundo que cumpre a sostibilidade ecolóxica.

Os deportistas cubanos teñen logrado ter a maior cantidade de medallas olímpicas de Latinoamérica.

Como dixo Fidel na “Plaza de la Revolución”,  “hoxe millóns de nenos durmirán na rúa en todo o mundo, en Cuba ningún”, e o cumpriu.

De Cuba temen o exemplo e por ese motivo os mamporreros do poder dedícanse a mentir e difamar a revolución cubana sin descanso.

Ningunha revolución pode facerse sin o pobo, ningún goberno revolucionario pode manter o poder sin o apoio dunha amplía maioría social.

Tampouco ningunha ditadura do mundo houbese resistido sin os apoios das oligarquías nacionais e internacionais.

A ditadura de Franco no Estado español, de Trujillo na República Dominicana, de Batista en Cuba, de Pinochet en Chile, as ditaduras militares de Arxentina ou Brasil nunca houbesen podido soportar un bloqueo económico como o fan  Cuba ou Venezuela.

Porque esas dictaduras no tiñan o apoio social suficiente, pero puideron sosterse ca complicidade e o apoio dos EEUU e os seus satélites.

Cuba e Venezuela son exemplo de como a decisión dun pobo a resistir e defender o seu u modelo, a súa soberanía e a súa su revolución, da-lles unha forza capaz de enfrontarse unidos a calquera adversario exterior ou interior.

Tamén teñen demostrado como o socialismo funciona, en plena pandemia do COVID-19 Cuba e Venezuela teñen controlado o coronavirus dun xeito eficiente e exemplar.

Fan-no a pesar do endurecimento do brutal e ilegal bloqueo económico o que son sometidos polo imperialismo Ianqui e os seus mamporreros.

A pesar de estar loitando contra unha pandemia e un bloqueo. Os exércitos de médicos cubanos seguen chegando alá onde os necesitan.

Os médicos cubanos teñen loitado contra o COVID-19 en Europa, América, África…

Tamén os seus sus equipos de investigación traballan para atopar vacinas e fabrican medicamentos para loitar contra pandemias e epidemias.

Sin dúbida Cuba e Venezuela son un exemplo de solidariedade internacional, de resistencia, de loita, de valor e de sacrificio.

Pero supoño que como sempre todo vale contra Cuba.

Occidente os quere vivos ou mortos, provocar desabastecemento en plena pandemia, de medicamentos, de comida, de combustíbel, para tentar que a Revolución Cubana claudique por fame, por morte, ou por un baño de sangue.

Eu estou con Cuba e con a verdade.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
13 de julho de 2021 22:06

_______

luns, xullo 12, 2021

O Presidente da República de Cuba Miguel Díaz-Canel, comparece para rexeitar a campaña difamatoria e de descrédito promovida polo Goberno dos Estados Unidos contra Cuba a través do recrudecimiento do bloqueo, e a incitación á desorde pública, no medio da batalla contra a Covid-19 que emprende o país


Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba e Presidente da República Miguel Díaz-Canel Bermúdez compareceu hoxe en transmisión especial na TV nacional para rexeitar a campaña difamatoria e de descrédito promovida polo Goberno dos Estados Unidos contra Cuba a través do recrudecemento do bloqueo, e a incitación á desorde pública, no medio da batalla contra a Covid-19 que emprende o país.

Que ditadura é esta que trata de salvarlle a vida ao pobo, que buscou custe o que custe producir vacinas propias para combater a pandemia malia as limitacións de diñeiro.

Onde están os desaparecidos en Cuba?, Onde están os asasinados en Cuba?...

En Cuba as rúas son dos Revolucionarios? os que están alentando á desorde non queren para o país un ben de saúde, nós non imos entregar a soberanía nin a liberdade do noso pobo, estamos disposto a todo e imos combater nas rúas? estamos convocando a todos os revolucionarios do país a enfrontar estas provocacións con decisión e valentía?


Subscríbeche á nosa canle de Youtube para máis noticias de Cuba
http://bit.ly/cviCuba

Síguenos nas nosas redes sociais para estar actualizado
https://twitter.com/CVInternacional
https://www.facebook.com/CubavisionInternacional

#Cuba #CVInternacional

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
11 de julho de 2021 22:57

_______










luns, xuño 21, 2021

Día Mundial das persoas Refuxiadas - Vídeo do Acto de Solidariedade en Ferrol


En Ferrolterra, como en diferentes lugares de Galiza e do Planeta, este domingo 20 de xuño de 2021, realizou-se un Acto de Solidariedade, no Día Mundial das Persoas Refuxiadas. O acto tivo lugar na Praza do Inferniño de Ferrol, comezando ás 12 do mediodía, baixo a chuvia que non cesou, na case unha hora que durou o seu desenvolvemento.

A convocatoria e organización, correu a cargo dalgunhas das entidades que na nosa comarca, desenvolven unha actividade de apoio ás persoas refuxiadas e inmigrantes, como son Protección Internacional, Foro Galego de Inmigración, Padroado Concepción Arenal e a Rede Galega de Apoio ás Persoas  Refuxiadas. Entidades como a asociación Fuco Buxán e a Marcha Mundial das Mulleres, amosaron o seu apoio. Así como contou coa presencia de persoas que desenvolven a súa actividade en Cáritas e o Alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo que foron mencionados durante o acto.

O acto foi presentado e dirixido de xeito excelente por Avilio Chirivilla.

O comunicado oficial foi leido por Susana Alaniz do Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra e Paz Lorenzo do Patronato Concepción Arenal. A música de fondo foi interpretada pola violinista Estrela Gómez Viñas.

Posteriormente falou da súa experiencia persoal Brahim Benkassim que entrou sendo menor, hai máis de tres anos por Tarifa, no sur da Península e acabou en Ferrol, onde fixo os seus estudos e traballa, nunha loita pola superación persoal, digna de mención. Dedicando parte do seu tempo ao apoio a refuxiados e inmigrantes.

No transcurso do acto, aínda que con dificultades pola intensa chuvia que caía, estivo aberto o Libro de Apoio ás Persoas Refuxiadas, onde quen quixer podía expresar as súas ideas, propostas, pensamentos sobre a realidade das persoas refuxiadas.

Continuou unha disertación, do compañeiro Juan Chitty, sobre os dereitos das persoas refuxiadas amparados polas resolucións da ONU e outros asuntos legais e de procedemento. A interesante intervención tivo-se que acortar por mor do mal tempo.

Isabel López leu-nos un fermoso poema e dirixiu unhas palabras que tamén tivo que acortar a súa intervención polas inclemencias do tempo que apesares da chuvia seguiu desenvolvendo-se, rematando nun círculo de silencio, polas persoas ausentes que non conseguiron os seus obxectivos de liberdade e protección, na súa longa travesía dese os seus países de orixe.


No día Mundial das Persoas Refuxiadas seguimos reivindicando:

✔ Rutas legais e seguras sen condicións.

✔ O cumprimento dos convenios internacionais e as directivas e regulamentos europeos en materia de asilo e refuxio.

✔ O respecto dos dereitos humanos nas fronteiras e garantía na protección das persoas, en especial ás menores e as máis vulnerábeis.
_______