Membros da Plataforma achegaron-se na última hora da mañá de onte, 2 de xullo, até o Pazo Municipal, onde entregaron por escrito no rexistro municipal, o
recordatorio da petición de xuntanza, realizada o 21 do pasado mes de xuño. Unha solicitude de reunión coa alcaldía, para abordar este importante asunto de interese veciñal, como é o paso a cobro do recibo que Emafesa está enviando aos fogares abonados,
o recibo da depuración do período no que non se depuraba. Escrito onde reitera a solicitude de que teña a ben conceder unha reunión a membros desta plataforma veciñal na defensa dos servizos públicos. Agardamos que o Alcalde,
Angel Mato, dea satisfacción a esta solicitude, o máis axiña posíbel...
Non Pagar !
A Plataforma fai un chamamento a Non Pagar o recibo deste período. Considera que ten que haber outra solución que non sexa o saqueo á veciñanza. Máis de 6,16 millón con IVA, que pretenden que paguemos por un servizo que non se prestou. Non hai nada que xustifique o porque a veciñanza de Ferrol temos que pagar 31 meses máis que a veciñanza de Narón. A non ser a moi mala política dos anteriores alcaldes,
José Manuel Rey Vatela e
Jorge Suárez. A Plataforma agardamos que este alcalde,
Angel Mato, solucione esta inxustiza e non continúe co mal goberno. Mentres, a Plataforma chamamos a quen non pagou, que continúe sen pagar, e quen xa pagou e o fixo directamente no banco ou por domiciliación bancaria, que o devolva. Queremos unha saída negociada.
Os motivos para non pagar
✔ Emafesa
está pasando ao cobro, o recibo de depuración, como atrasos do período
(xaneiro-xuño de 2015), no que o sistema non funcionaba.
✔
Tratase dun recibo inxusto e avultado, denunciado pola Plataforma e
recoñecido polos propios concellos de Narón e Ferrol, así como polos
propios estudos independentes das consultoras Eudita e Otima.
✔ Durante ese período, na depuradora non estaba contratado persoal, nin conectada á rede eléctrica. e non podía funcionar.
✔ As augas residuais que chegaban eran só o 1,5% do total da capacidade e saían sen depurar directamente ao mar.
✔ O sistema non foi conectado até o 3 de abril de 2017. Até esa data vertía-se á ría o 98,5% das augas residuais.
✔ Os interceptores e tanques de tormenta non foron rematados, nin entregados, até marzo de 2017, nin sequera na súa totalidade.
✔ Na taxa que nos pasan a cobro, vai incluído o mantemento dos interceptores, tanques de tormenta, ... que se contratou en marzo de 2017 e comezou a facer-se só a partires de abril do mesmo ano.
✔
Pretenden que paguemos 31 meses máis que a veciñanza de Narón, cando o
sistema é o mesmo para os dous concellos (
depuradora, interceptores,
tanques de tormenta, ...) e comezou a funcionar o mesmo día tanto para
Ferrol, como para Narón.
✔ Na actualidade, está por resolver un recurso de apelación, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (
TSXG). Recurso interposto polo Concello de Ferrol
contra a Sentenza 62/2018, de data 25 de maio de 2018, na demanda
contencioso-administrativo, presentada pola parte privada de Emafesa (
Socamex SAU), contra a suspensión da taxa en setembro de 2015. Recurso que afecta ao último período que pretende cobrar Emafesa en próximos recibos (
do 18 de setembro de 2015 ao 31 de marzo de 2017), case 19 meses.
Puntos de Información da Plataforma no mes de Xullo:
A Plataforma organizou unha serie de Puntos de Información, para toda a veciñanza. En concreto
durante este mes de xullo, serán tres puntos, polas mañás con horarios de 10 a 12. En Caranza, O Inferniño e Canido, onde calquera veciña ou veciño se pode informar das dúbidas que teña ao respecto, e mesmo levar os recibos. Tamén dispoñemos dun teléfono, para quedar en persoa, co obxectivo de disipar ás dubidas legais que se tiveran, ao respecto das consecuencias de non pagar.
💧 ➤
Os martes, de 10 a 12 do mediodía, no
Centro Cívico de Caranza.
💧 ➤
Os mércores, de 10 a 12 do mediodía, no local da
Asociación Veciñal 'O Rosario' do Inferniño (
Quiosco da parada de taxis, entre a estrada de Castela e a Praza).
💧 ➤
Os xoves, de 10 a 12 do mediodía, no
Centro Cívico de Canido.
Teléfono de contacto para asuntos legais en relación ao non pago do recibo, de xeito gratuíto, só se dá información presencial: 656 92 07 63 (Guillermo Roca).
PLATAFORMA NA DEFENSA
DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e:
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web:
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook:
@RemunicipalizarFerrol | Twitter:
@municipalizarFT
__________